Mala Voadora presenta un díptico no CCVF de Guimarães

Moçambique ©JoséCarlosDuarte

Unha das mais recoñecidas compañías portuguesas representa o díptico formado por Moçambique e Amazónia, no Grande Auditório| do Centro Cultural Vila Flor. Foto: Jose Carlos Duarte |   Nesta última semana do mes, o Centro Cultural Vila Flor de Guimarãespresenta un díptico de pezas dunha das mais afirmadas compañías portuguesas, Mala Voadora: Moçambique e Amazónia, soben […]

‘Santa Inés’, de A Feroz Teatro, no FITEI de Porto

Santa Inés A Feroz

Santa Inés é un espetáculo sobre a liberdade, a obediencia, a violencia, o inefable, o misticismo na contemporaneidade, o que un mundo de lobos espera de nós -os cordeiros- e, o máis importante de todo: o que nós, os cordeiros, esperamos de nós mesmos e do mundo. A peza parte da memoria das visitas que Inés Salvado facía coa súa avoa ao Convento de Santa Clara, en Santiago de Compostela. 

O Teatro Nacional São Joao do Porto anticipa a súa temporada 2020-2021

CastroNunoCardoso

O Teatro Nacional São João do Porto avanza o seu programa para 2020-2021. O programa que se desenvolverá de agosto a marzo inclúe 15 estreas, tres producións propias, 4 producións internacionais e unha vintena de coproducións. Deste xeito, despois de ter suspendido a programación prevista para os espazos xestionados polo TNSJ –que inclúen o Teatro […]

O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa presentou a súa temporada 2020-2021

MarleneMonteiroFreitasBacantes

O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa vén de presantar os espectáculos e iniciativas da próxima temporada que se desenvolverá de setembro de 2020 a xullo de 2021. Ademais de novos espectáculos e festivais que acolle, o programa inclúe os espectáculos cancelados a causa da pandemia da covid-19. Máis de trinta propostas de creación […]

Contra

Contra e1570394329512

Deconstructing Eve   Faise a luz e unha longa corda pendura da grella. Polo fondo da escena aparece unha muller espida cunha mazá vermella nas mans. Agarra o extremo da corda que está no chan e pono á altura do seu ollar. Todas as alarmas iconográficas actívanse no público e, cando queremos decatarnos, xa estamos […]

O FITEI do Porto comeza cun programa dedicado á creación portuguesa

CinderelaLigiaSoares

O Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) comeza hoxe coa colaboración co Festival Dias Da Dança (DDD), organizando de mércores a domingo un programa dedicado á creación portuguesa e destinado a programadores internacionais. O obxectivo da chamada Semana + é concentrar varios espectáculos de danza e teatro para presentar a programadores doutros países […]

AGADIC apoiará a 30 compañías coas axudas á creación escénica 2021

Malasombra

Segundo a resolución de adxudicación, a dotación de 800.000 euros distribúese entre 16 propostas na modalidade de teatro, novo circo e maxia, sete na de nova creación, cinco na de danza de artes do movemento e dúas na destinada á actividade escénica de carácter trianual.

Papadopoulos, Jan Lauwers e Marta Pazos na volta dunha MIT de Ribadavia máis internacional

Eveldon de Papadopoulos na MIT

A MIT quere ser unha clara expresión de recuperación cultural, económica e turística, apostando pola calidade e a coherencia dun programa con catro coproducións galegas, varias estreas nacionais e internacionais, talleres e foros.

A MITCF de Cangas, Premio de Honra ‘Marisa Soto’ da AAAG

MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural.

Os XXIV Premios de Teatro ‘María Casares’ dan a coñecer hoxe as súas gañadoras e gañadores

Xerra Premios María Casares

Pódese seguir a entrega na canle de YouTube dos premios a partir das 20.00 horas.   Os XXIV Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, desvelarán hoxe, 9 de novembro, as súas gañadoras e gañadores. A entrega emitirase a través da canle en YouTube do certame, entre as […]

A MIT Ribadavia presentou o programa da súa 36ª edición

mit 2014 22

A estrea de Teatro en Vilo, o apoio á danza, o multipremiado espectáculo catalán Rebota Rebota y en tu cara explota, a coprodución con Antón Reixa, a retrospectiva en torno ó dramatugo e director Pablo Remón e a creación contemporánea centran unha MIT con reforzo de espectáculos gratuítos de rúa e o 70% galegos.   […]

Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares

Cristina Moreira

O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz. | Foto: LaDiapo |   A actriz, directora e cómica Cristina Moreira será a encargada de dirixir a Gala dos XXIV Premios de Teatro María […]

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

GalaMariaCasares

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]

Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares

premiomariacasares

A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns   Un total de 30 espectáculos e máis […]

Teatro documento, novo circo e construción da identidade na 35ª Mostra de Ribadavia

VoadoraHemosVenidoADarloTodo2

Chévere estrea o seu novo espectáculo, Curva España, e Federico Pérez, Santi Romay, e Evaristo Calvo presentan o seu novo proxecto escénico, Acumaser Opus, que estrea un espectáculo baseado en textos de Pinter e Beckett. | Foto: Rosinha Rojo |   A Mostra celebra o seu 35º aniversario cunha declaración de principios: “as dinámicas do […]

32 espectáculos nos XXIII Premios de Teatro María Casares

GalaMariaCasares

A primeira rolda de votacións abriuse onte, martes 22 de xaneiro, a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 11 de febreiro e del sairán as candidaturas finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns   Un total de […]

Concedidas as axudas á distribución de espectáculos da Agadic

grand 2151219 1280

A Xunta de Galicia adxudicou este ano 450.000 euros en subvencións para actividades de distribución nas industrias culturais, a través das que se apoia a presenza da cultura galega en diferentes localidades españolas e doutros 23 países. As contías aprobadas destínanse a cofinanciar os gastos asumidos por empresas culturais galegas no desenvolvemento de 538 actuacións […]

Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic

backstage2

Un total de trinta producións obtiveron a puntuación necesaria para acceder as axudas, entre eles, dúas de danza.    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública hoxe a relación de proxectos subvencionados e non subvencionados, puntuacións e contías concedidas ao abeiro da súa convocatoria de […]