‘O palco e as lúas’ de Manuel Lourenzo, na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, 23 de febreiro, ás 20:00, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, Elsinor Teatro presentará O palco e as lúas, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo. A obra, de unha hora de duración, está composta por catro pezas breves (Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza), que serán interpretadas polo propio Manuel Lourenzo, Cristina […]

O Fiot entrega o Xograr de Outono a Manuel Lourenzo nunha fin de semana ateigada de teatro

Esta fin de semana no FIOT, a compañía suíza Baccalà estrea en Galicia Pss pss, represéntanse Commedia de Contraproducións e Iphigenia en Vallecas de Serana Producciones, continúa o ciclo Metro Cadrado e entrégaselle o Xograr de Ouro a Manuel Lourenzo.   A compañía suíza Baccalà estrea en Galicia o espectáculo Pss pss, esta fin de […]

Casilda Alfaro e Adrián Ríos: “Silda & Hadrián é un agasallo de Manuel Lourenzo sobre dúas formas de ver o teatro”

Casilda Alfaro e Adrián Ríos presentan este mércores 4 de xullo, ás 00.30, no Salasón, Silda & Hadrián, unha micropeza escrita por Manuel Lourenzo e dirixida por Salvador del Río e na que conflúen dúas xeracións e dúas formas de ver o mundo e o teatro. Conversamos cos dous intépretes do Morrazo para coñecer un pouco […]

Certame Manuel María 2020

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción.   O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e […]

Manuel F. Vieites e Catuxa López Pato, finalistas dos Premios ADE

O vindeiro 4 de febreiro, no Teatro de la Comedia de Madrid, terá lugar a entrega dos Premios ADE 2018, convocados pora Asociación de Directores de Escena de España. Estes premios outórganse anualmente mediante votación dos asociados da ADE. Entre os finalistas dos premios ADE figuran Manuel F. Vieites, como candidato ao Premio «Leandro Fernández […]

Inauguración da colección bibliográfica de Xoán Manuel López Eirís en Carballo

Hoxe, martes, día 9 de outubro terá lugar o acto inaugural da exposición bibliográfica dunha selección do fondo de máis de 2000 volumes doado ao Concello de Carballo por Xoan Manuel López Eirís. A inauguración terá lugar ás 19:30 horas na Biblioteca Rego da Balsa. Asistirán a familia de López Eirís, o alcalde de Carballo, […]

Manuel Tudela Díaz gaña o VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro

  O VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro –convocado pola erregueté (Revista Galega de Teatro) e a Asociación Cultural Entre Bambalinas– xa ten gañador. As bases propoñían unha adaptación dun fragmento da obra Caixa negra, de Fernando Epelde, editada no número 74 da revista, e a proposta de Manuel Tudela Díaz resultou vencedora. […]

FTMC – Boletín Informativo #23

Xaneiro-Febreiro-Marzo 2022 Debido a cuestións organizativas, durante este ano 2022 a periodicidade deste Boletín será trimestral. De todos os xeitos os seus obxectivos seguirán a ser os mesmos: dar conta dos fondos de libros e revistas de teatro e danza que están a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca Central Pública de Cangas. […]

Casilda Alfaro

Casilda Alfaro xa é ‘Xograresa de Outono’ do FIOT de Carballo

A actriz e membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro, Casilda Alfaro, recolleu onte, no Pazo da Cultura de Carballo, o Premio ‘Xograresa de Outono 2021’ do FIOT. Segundo o festival carballés, Alfaro é “unha das grandes traballadoras das artes escénicas en Galicia, impulsora de numerosas producións e fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)”. Con este nomeamento honorífico, o FIOT valora “a súa gran calidade como intérprete e o seu forte compromiso empresarial no sector das artes escénicas no noso país”.

Diana Sieira

Diana Sieira estrea ‘The Witch: un espectáculo ritual’ na Coruña

The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, Ela-Actriz, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as
tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

Estampa de Circo. 1974. Luís Seoane

Francisco Pillado Maior e o teatro

Non son as cousas nin os bens materiais o que permanece, son os feitos e os bens inmateriais. “Car la mort et les choses sont liées, car la mort e la matière morte ne font qu’un: comme le dit si magnifiquement Bossuet: Tout ce qui se mesure périt”, como escribe o dramaturgo Valère Novarina (Porque a morte e as cousas están ligadas, porque a morte e a materia morta son unha, como o di magnificamente Bossuet: Todo o que se mesura perece). O que quero compartir aquí non se pode medir, nin pertence ao ámbito do que caduca, do que se compra ou do que se vende, vai alén das modas e das tendencias. Quero tentar describir o legado vital que nos deixa un ser excepcional, con quen tiven a sorte de compartir algunhas teimas e algúns momentos inesquecíbeis. Trátase de Francisco Pillado Maior (1941-2021).

Falece Francisco Pillado Mayor

Falece Francisco Pillado Mayor, figura clave na dignificación do teatro galego

A súa maior achega foi o apoio a autores galegos mediante a edición dos seus textos en Edicións Laiovento. Dirixiu a editorial, creada en 1991 xunto con Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Couceiro, González Millares e Afonso Ribas, ata o ano 2014. A intensa dedicación a esta tarefa fixeron de Laiovento unha editorial de referencia, que publicou un amplo número de obras de ensaio, narrativa e teatro que, ben seguro, nunca terían visto a luz.

A contenda do río Miño

A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.