‘Resaca’ de IlMaquinario, parte como favorita nos María Casares

Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas O premio ao mellor espectáculo decidirase entre Elisa e Marcela, Resaca e Soño dunha noite de verán, mentres que A galiña azul de Tanxarina, Outono de Pistacatro, e Pum, Pum!’, de Baobab Teatro, competirán polo galardón ao mellor espectáculo infantil. | Foto: LaDiapo / AAAG |   A Asociación […]

XXI Premios María Casares: Tod@s @s premiad@s

|Foto: TRAGALUZ FOTOGRAFÍA/AAAG |   Mellor Maquillaxe: Trini F. Silva, por Voaxa e Carmín de ButacaZero Mellor Vestiario: Mari Seoane, por Voaxa e Carmín de ButacaZero Mellor Escenografía: Dani Trillo, por Foucellas de Talía Teatro Mellor Iluminación: Afonso Castro, por O tolleito de Inishmaan de Contraproducións / FIOT Carballo Mellor Música Orixinal: Terbutalina, por Eroski Paraíso de Chévere Mellor Adaptación […]

Nominados aos premios María Casares

O tolleito de Inishmaan e Eroski Paraíso, favoritos   As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 galardóns, e ‘Eroski Paraíso’, de Chévere, que opta a 8. Pola súa banda, ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Voaxa e carmín’, de ButacaZero, optan […]

CDG

Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG

O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.

Gustavo del Río

Gustavo del Río: “Para min é moi importante traballar sobre a diferenza. A necesidade de contar cousas que non son visíbeis”

Charlamos con Gustavo del Río (A Coruña, 1979) xusto despois da estrea na Casa da Cultura de Neda de Hugo, a nova peza d’Os Náufragos Teatro coa que continúan a explorar o universo da diversidade. Falamos con este actor, director e dramaturgo da importancia de amosar o diferente como algo “normal”, da necesidade dun teatro que fale dunha sociedade máis aberta e, en concreto, da súa contribución persoal e profesional para o colectivo LGTBIQ+.

Jacobo Sutil e Fran Núñez | Culturgal

Artes escénicas no Culturgal

O Culturgal desenvolveu a súa décimo terceira edición esta fin de semana pasada en Pontevedra e foi retransmitido tamén en streaming dende a web da feira a través de tres canles diferentes: Foro, Escena e Libro. Entre o 27 e o 29 de novembro presentáronse un gran número de proxectos culturais e ofrecéronse espazos de encontro para abordar temas relacionados coa situación actual e a cultura.

Escenas do cambio 2021

A sétima edición de Escenas do Cambio xa ten programación

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.

Poeta en Nova York

Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930).
É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade.

O CDG inicia os domingos de conciliación de ‘Neorretranca e Posmorriña’

A compañía pública ofrece este servizo gratuíto para que a cativada poida gozar dun obradoiro impartido por Elea López na Fundación Granell de Santiago mentres os seus maiores asisten á representación do espectáculo no Salón Teatro.   O Centro Dramático Galego (CDG) inicia pasado mañá os Domingos de Conciliación asociados á representación da súa nova […]