Estoxo con obras de Xohana Torres de Engaiolarte

Engaiolarte recupera o teatro de Xohana Torres

O teatro de Xohana Torres estableceu paralelismos co da súa época. A súa estética decantouse cara a un culturalismo arrimado a unha fonda compoñente política. E nesa fusión entre a linguaxe elevada e o contido crítico reside grande parte da súa forza. Engaiolarte reedita dúas pezas da autora ferrolá: A outra banda do Íberr e Un hotel de primeira sobre o río.

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]

AC Alexandre Bóveda

Debate: ‘O teatro galego diante da pandemia COVID-19’

Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos  retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas.

Carabela | Galeatro

A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera a actividade escénica

Despois dos peches polo estado de alarma, o Centro Cultural muradán e o Teatro Rosalía Castro da cidade herculina son os primeiros espazos en reprogramar actuacións con Galeatro, Elefante Elegante, Ánxela Blanco, Funboa Escénica e Javier Martín.   A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) recupera a actividade escénica. A representación ás 18:00 no […]

Elefante Elegante: “Temos que dirixirnos ás crianzas co grao de responsabilidade e esixencia que require un adulto”

Neste 2020 a compañía Elefante Elegante, formada por María Torres e Gonçalo Guerreiro celebra 20 anos de vida e proxectos. A crise sanitaria desatada polo Covid-19 obrigou a adiar a estrea de Dreaming Juliet prevista para o 20 e 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Precisamente, na Coruña encontrámonos no […]

Narradorxs orais reclámanlle á Xunta a mellora da rede de contratación nas bibliotecas

O Colectivo de Narradoras e Narradores Orais de Galicia –integrado por 52 profesionais, asociacións, empresas galegas e cooperativas dedicadas á narración oral e que habitualmente desenvolven parte importante do seu traballo nas bibliotecas de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais– vén de asinar un manifesto […]

Danza da choiva

O didáctico non quita o valente | Manuel Xestoso |     O adxectivo didáctico aplicado ao teatro familiar tende a meter algo de medo: o pedagóxico adoita afogar o artístico e a instrución utilízase como coartada que xustifica o simplismo. Non é preciso lembrar a Brecht para asegurar que o didáctico non é incompatible […]

Kassa

Xira o mundo xira | Carla Capeáns |   Elefante Elegante chega a Compostela coa súa Kassa, un espectáculo de teatro visual que xira en torno ao drama da vivenda e dos desafiuzamentos. Pese ao dramatismo que evoca a propia historia, a compañía Elefante Elegante opta por temperar toda esa crueldade con culleradas de humor […]

Othello

Voadora estrea ‘Othello’ no Teatro de La Abadía

Tras A tempestade e O soño dunha noite de verán, Othello será o terceiro Shakespeare na traxectoria de Voadora. A compañía, dirixida por Marta Pazos, regresa ao madrileño Teatro de La Abadía, o cal coproduce a peza xunto á MIT de Ribadavia, o Teatro Nacional São João de Porto e Voadora. Nesta adaptación do clásico asinada polo dramaturgo Fernando Epelde, a compañía compostelá ofrece unha versión transgresora e atravesada pola posverdade e as violencias machistas, sen renunciar á hibridación de linguaxes e á plástica, selo de identidade das montaxes de Pazos.

Escenas do cambio 2021

A sétima edición de Escenas do Cambio xa ten programación

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.

Comeza o XVIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Do 29 de outubro ao 3 de novembro desenvólvese en Compostela a 18ª edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Fegatea (Federación Galega de Teatro Amador). Oito espectáculos conforman o programa que terá lugar no Teatro Principal e as rúas da cidade da man dos colectivos Escoitade, Lohengrín, Nova Escena, Avelaíña, Disfunción […]

Voadora leva ao Centro Dramático Nacional ‘Siglo mío, bestia mía’

A compañía Voadora presentará en coprodución co Centro Dramático Nacional o espectáculo Siglo mío, bestia mía do 22 de abril ao 31 de maio de 2020. Así se anunciou dentro da presentación da temporada 2019-2020 do CDN que inclúe 40 producións estatais e internacionais, xornadas e lecturas dramatizadas. Baixo a dirección de Marta Pazos, Voadora […]