Diego Anido estrea ‘O deus do pop’ no Principal de Compostela

O deus do pop. Diego Anido

Despois dun extenso proceso de creación, que supuxo varias residencias artísticas en diferentes espazos, como o Teatro Ensalle de Vigo, esta fin de semana, Diego Anido estrea no Teatro Principal de Santiago de Compostela O deus do pop.

Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean ‘Semente de Nós’ en Ourense

Nós

Co gallo do centenario da publicación do Boletín Nós (1920-1936) o pasado ano, Sarabela Teatro e a produtora audiovisual Ollo Vivo presentan esta fin de semana Semente de Nós, un “docu-drama” co que indagar e celebrar a historia desta revista de enorme interese social e cultural. Este proxecto, que se poderá ver no Teatro Principal de Ourense o venres 29 e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado 30, “achega e espalla, desde unha perspectiva actual, unha parte representativa do legado inxente de Nós”, segundo as creadoras do mesmo. “Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos”, engaden. 

A Feroz estrea ‘Do pracer e da morte’

A Feroz 2 2

Será hoxe ás 19.30 horas na Sala Ártika, en Vigo, onde haberá tamén funcións mañá e pasado á mesma hora.

Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo

Sala Ártika de Vigo

O Centro Dramático Galego (CDG) participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo: Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.   Nononon é un novo espazo de creación e investigación […]

Incendiaria estrea en Cangas ‘Microspectivas dun marica millennial’

MicrospectivasMaricaMillenial02

A compañía Incendiaria estrea este sábado 14 de marzo ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo o espectáculo Microspectivas dun marica millennial. Davide González protagoniza esta peza unipersoal creada en co-produción co Centro Dramático Galego que afonda na memoria desde a música ao vivo e as artes do movemento.   Microspectivas dun marica […]

A compañía Pérez & Fernández estrea ‘Os nenos da varíola’ en Compostela

OsNenosDaVaríola

A compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego estrea a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola, o vindeiro xoves 28, no Salón Teatro de Compostela, ás 20:30.   O 30 de novembro de 1803 a “Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e […]

O Salón Teatro de Compostela acolle oito funcións de ‘Sofía e as postsocráticas’

SalonTeatroInversa

O Salón Teatro acolle catro pases matinais desde hoxe ao venres e outros catro nas tardes do xoves ao domingo, entre os que se inclúen dúas representacións inclusivas que terán lugar o día 13 en colaboración coa asociación Predif Galicia.   O equipo da compañía Inversa Teatro inicia hoxe unha estadía de seis días no […]

Xerpo Cultural chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Casquería e outras vísceras’

Casquería

Irene Moreira é a creadora e directora desta proposta, que lle propón ao público unha reflexión sobre a incapacidade social para detectar o talento e sobre a supervivencia das minorías   O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu […]

Presentados os proxectos da segunda edición das Residencias Paraíso

Residencias paraíso

O Colectivo RPM chega ao remate da segunda edición do programa Residencias Paraíso, que organiza co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), cun encontro en Santiago durante o que se presentaron os nove procesos artísticos impulsados este ano. A xornada, que se desenvolveu durante […]

Inversa Teatro estrea no Culturgal a súa nova montaxe

SofiaInversa

Sofía e as Postsocráticas poderá verse nesta nova edición do Culturgal, o día 30 ás 21:30 no Pazo de Cultura de Pontevedra.   Sofía e as Postsocráticas é a nova montaxe da Cía Inversa Teatro, unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partir de tres personaxes […]

Inversa Teatro estrea ‘Sofía e as postsocráticas’

Sofiaeaspostsocraticas2

ACTUALIZACIÓN: Por lesión dunha das actrices, Inversa Teatro adía a preestrea de Sofía e as Postsocráticas: o 30 de novembro será a preestrea no Culturgal, en Pontevedra, e o día 5 de decembro a estrea, no Auditorio Municipal de Vigo.    A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O […]

Os escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso, Premios de Honra da Mostra de Ribadavia

Carlos Alonso

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de concederlles o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” aos escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso [na imaxe], nun ano en que o festival lle outorgará un especial protagonismo á escenografía. Suso Montero traballa tanto no ámbito das Artes Escénicas como no sector audiovisual ou no deseño […]

Escénika 2018. Cursos de verán na ESAD de Galicia

theater 568051 1280

Seguindo coa colaboración de anos anteriores entre a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para a realización de cursos de verán, achégase a seguinte proposta de cursos:   Curso 1. Caracterización, indumentaria e audiovisuais para a escena Do 2 ao 6 de xullo (30 horas) Horario: De 9:00 […]

Xerpo Cultural estrea ‘Casquería e outras vísceras’ en Vigo

Casquería

Casquería e outras vísceras , dirixida por Irene Moreira e interpretada por Álex Sobrino e Olga Cameselle, estréase esta fin de semana na sala Ártika de Vigo (venres 1 e sábado 2 ás 21:30, e domingo 3 ás 20:00). A nova proposta escénica de Xerpo Cultural fala da substancia interior do ser humano. A través da […]

Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras

FOTO FAMILIA

Elisa e Marcela faise co premio ao mellor espectáculo, á mellor dirección, á mellor actriz protagonista e ao mellor texto orixinal. A galiña azul, de Tanxarina, leva o premio ao mellor espectáculo infantil   Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores e gañadoras. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta […]

Oito novos proxectos de danza nas Residencias RPM

Residencias paraíso

Seleccionáronse as propostas de Javier Martín, Cris Balboa, Ánxela Blanco, Marco Antonio Regueiro Fariña, Luz Prado, Gena Baamonde, Laura Iturralde con Montse Piñeiro, e Federico Vladimir Strate Pezdirc con Pablo Esbert Lilienfeld   A organización de Residencias Paraíso deu a coñecer onte os oito proxectos de danza que recibirán apoio económico e técnico na segunda […]

Elisa e Marcela

20171102 elisaemarcela 39 rrss 1

Os límites da comedia | Laura Porto | O teatro é marabilloso. Pode enganchar e aborrecer. Deixa indiferente, ensina, entretén, emociona e mesmo chega a anestesiar un pouco. Independentemente da calidade do que se amosa, o feito teatral sempre ten algo que nos transporta dalgún xeito a outro estado de conciencia, que nos fai querer […]

Oops! I did it again

bernardas

Oops! Xa o fixen outra vez ou O erro compulsivo. | Laura Porto |     A sociedade posmoderna, ou hipermoderna, ou o que queira que sexamos a estas alturas (se é que acaso somos máis que un tránsito entre épocas que non terá nome nin lle importará a ninguén) caracterízase principalmente porque todo o […]

Resaca

resaca

Teatro líquido | Manuel Xestoso | | Foto: Aitor Uve |     En Perplexo, a penúltima montaxe de ilMaquinario, filtrábase o pensamento de Zygmunt Bauman como sustento da idea de que o individuo contemporáneo perdeu os vínculos que o vencellaban coa sociedade e coas súas orixes. Os conceptos emanados do capitalismo globalizador –mobilidade, emprendemento, flexibilidade– […]

Ganas de ouvear

ganas ouvear 04

A admiración e a sospeita | Manuel Xestoso |   Hai médicos que dubidan da existencia do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, pero hai poucas dúbidas de que o que ese longo nome define é un mal que atinxe a unha gran parte da poboación nas sociedades contemporáneas. A multiplicación de estímulos tecnolóxicos […]

O feo

o feo

O espello da alma | Manuel Xestoso |     Que a aparencia externa –iso que os anuncios por palabras chaman “boa presenza”– se converteu nunha obsesión na nosa sociedade é algo que non admite dúbida. Tanto que xa case ninguén se atreve a repetir aquilo de que a verdadeira fermosura reside no interior (ou […]

‘Relato para un incendio’ ǀ 38ª MIT Ribadavia

295135045 466611102136685 826717567161938409 n

Adaptada ao espazo da igrexa da Madalena de Ribadavia, “Relato para un incendio” estréase entretecendo pasado e presente para poñer en relación os estudos que o antropólogo danés Gustav Hennigsen fixera durante os anos sesenta pola zona de Ordes e os incendios provocados por Carmen García Grela, veciña de Cerceda, no ano 2016.

Historia de amor

historiadeamor

Esa historia do amor | Roi Vidal Ponte |     Desde a invención da luz eléctrica a tecnoloxía formou parte dese todo que é o teatro. Desde a invención da roda. Teatrocinema bota man de elementos propios da tecnoloxía cinematográfica e o resultado é un espectáculo absorbente onde os efectos especiais (movementos de cámara […]