No confín de… Nerea Brey

Nerea Brey

Nerea Brey é actriz. Na actualidade, protagoniza Despois das Ondas de ButacaZero e vén de estrear Entelequias da compañía Abismo Caracol. | Foto: Miramemira |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño varios a medio ler: El banquete de Platón, Fragmentos de un discurso amoroso, de Roland Barthes, Final del Juego […]

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala dos XXVI Premios María Casares

XXVI Premios de Teatro María Casares

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos XXVI Premios de Teatro María Casares
Un total de 14 espectáculos compiten este xoves a partir das 20.45 h. polos galardóns durante a gala que, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, se pode seguir pola canle de youtube da AAAG:
https://www.youtube.com/c/PremiosdeTeatroMaríaCasares
Marián Bañobre, Nerea Brey, Marta Pérez, Rosa Puga Davila, Mónica de Nut e Sheyla Fariña conforman o elenco. O Proxecto X (Virxilio da Silva, Paco Charlín, Diogo Silva e a propia De Nut) poranlle música á cerimonia de entrega.

Abismo Caracol estrea ‘Entelequias’ na Coruña

Entelequias Abismo Caracol

Entelequias, peza teatral escrita por Darío Autrán para a súa compañía Abismo Caracol, subirá o pano do Fórum Metropolitano da Coruña este xoves 18 de marzo. En escena, xunto ao propio Autrán, están as actrices Nerea Brey e Sabela Hermida, baixo a dirección de Xosé Leis. Esta proposta presenta unha estética elegante que leva o texto de Autrán a lugares afastados da realidade. A montaxe xoga con varios planos escénicos nos que a iluminación ten un papel fundamental na procura dun realismo sucio. 

XXVI Premios de Teatro María Casares

'Cigarreiras' de Contraproducións. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo.

Os XXVI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores.
‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatre Romea, faise con tres premios (espectáculo, dirección para Cándido Pazó e escenografía para Dani Trillo), mentres que ‘Hugo’, de Os Náufragos Teatro, acada o premio na categoría de espectáculo infantil.

‘Terceiro acto’, do CDG, leva dous galardóns (actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduardo R. Cunha ‘Tatán’), igual que ‘Othello’, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau) e ‘Comando Comadres’, de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe).

Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Gala dos María Casares 2022 que conmemorará o centenario da actriz

Carlos alvarez ossorio gala maria casares

A gala contará cun elenco conformado por mulleres que se encargarán de poñer voz ás palabras da propia María Casares, xa que o espectáculo recollerá fragmentos das súas memorias.

Inversa Teatro estrea ‘O Péndulo’ dentro da programación de Vigocultura

Fusilados e represaliados no 1936

Inversa Teatro estrea O Péndulo, unha obra de teatro-documento que ten como referencia temporal e conceptual a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia.

NarraSarria encherá o verán de contos e historias para cativos e adultos

NarraSarria

NarraSarria nace sendo o primeiro Festival de Narración Oral e Contacontos da vila luguesa. Unha actividade que levará oito espectáculos ás rúas de Sarria durante os domingos de xullo e o primeiro de agosto. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación do Concello de Sarria.

Diana Mera: “Soga e Cinsa emerxeu dunha ferida moi grande que estaba por sandar”

Diana Mera

Falamos con Diana Mera, creadora escénica e directora de Aporía Escénica, co gallo da volta aos escenarios da última montaxe da compañía: Soga e Cinsa, un tríptico renacentista para 11 bruxas.

Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

María Casares volve ao Salón Teatro no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego

Despoisdasondas

Teatro e cinema mestúranse en escena. En vivo e en directo asistimos á xeración da película que vemos en pantalla. Anacos de documentais e filmes proxectados axudan a contar a vida da grande actriz.   Tralo parón provocado pola Covid19, o I Congreso Internacional de Teatro Galego retoma o seu oco na axenda compostelana, e, […]

Ensaio aberto en Compostela da última montaxe de Abismo Caracol, ‘Entelequias’

Entelequias

A compañía Abismo Caracol, ofrece este venres, 14 de febreiro, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 19:30, un ensaio aberto da súa nova proposta escénica, Entelequias. En Entelequias, segundo a compañía, “presentamos unha narrativa diferente: comprendemos a totalidade da historia a través do punto de vista dos tres personaxes, cunha mistura do cinematográfico e o […]

Despois das ondas

Despois das Ondas

A viaxe (pola vida) de María Casares   A vida pasada son as lembranzas gardadas, contadas e recontadas, ás veces xa mesmo algo gastadas, distortas polo paso do tempo. Tamén o son aquelas que nunca saíron do noso interior, nin a través da voz, nin como liñas de tinta sobre o papel; e todas esas […]

Galicia Escena PRO comeza mañá en Compostela con seis espectáculos galegos

DespoisDasOndas4

A carteleira inaugural ofrece as obras infantís Mai Mai, de Baobab, e Ummm!! de Avento; as montaxes Liberto, de Marelas, e Despois das ondas, de Butaca Zero; a peza de teatro-danza A Gala, de Licenciada Sotelo, e a proposta de rúa Oh!Limpiadas, a cargo de Sincronacidas.   Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes […]

María Casares regresa á Coruña como protagonista de ‘Despois das Ondas’

Despoisdasondas

Este venres, no Teatro Colón, ás 20:30, a actriz María Casares volverá á escena como protagonista da obra Despois das ondas, de Ernesto Is, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña que agora converte en espectáculo teatral en coprodución con ButacaZero. As actrices Belén Constenla e Nerea Brey dan vida á actriz nunha […]

Aporía Escénica regresa ao Salón Teatro de Compostela

Aporia6cubos

Diana Mera é a autora e directora de 6 cubos negros en corpo branco, unha traxicomedia sobre a represión feminina na familia e na sociedade, moi influenciada polo universo de La casa de Bernarda Alba.   O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), recibe de novo a compañía viguesa Aporía Escénica, […]

Entrevista a Ernesto Is

ErnestoIs2 1

“Funcionamos cun pensamento moi resultadista, non se confía nunha idea que pode madurar ao longo dun proceso de traballo” | Vanesa M. Sotelo |   Ernesto Is (Xixón, 1988) vén de acadar o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro con Despois das ondas, unha peza teatral coa que recupera a memoria histórica a través da […]

Tras Tannhäuser

Tras Tannhäuser

Á fin os mozos tomaron os teatros   Tras Tannhäuser ten todas as cousas boas das compañías novas cargadas da paixón dos artistas mozos. E tamén ten todos os problemas que se derivan da mesma circunstancia. É, por iso, un espectáculo interesante no que prima a experimentación e o saber facer propio dun equipo formadísimo […]