#camiños

#camiños, de ButacaZero, remata a súa viaxe esta fin de semana en Vigo

#camiños é un espectáculo de ButacaZero, en coproducción co Centro Dramático Galego. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores da peza, que conta coa propia dramaturga en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández, Pía Nicoletti e Noa Covelo. A obra aborda o tema da identidade galega desde unha perspectiva millennial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual e o playback coa pasarela de moda.

Esther F. Carrodeguas

Esther F. Carrodeguas: “O conflito principal era que pasa cando non se contempla a idea de muller nin de home”

É un conflito todo aquilo que se afasta do binario, é dicir, do dualismo de xénero que establece ó feminino e ó masculino como as únicas casas posibles. Éo, un conflito, un territorio de tensión, porque supón o rexeitamento do réxime do NormalTM. Así, cada 14 de xullo dende o ano 2012, ante o non recoñecemento legal de identidades disidentes na maioría dos países do mundo (entre outras moitas discriminacións e violencias), dáse o Día Internacional das Persoas Non-Binarias. Nunha data máis preto, o 13 de novembro de 2020, estreouse Feminíssimas pola produtora de espectáculos teatrais De Ste Xeito, a primeira peza galega en incluír a unhe personaxe non binarie e en tratar de cheo, ou intentalo, a súa realidade detractora do cisheteronormativo. Falamos coa dramaturga da obra, Esther F. Carrodeguas a propósito da creación e inclusión na mesma dun personaxe non-binario.

Velliñas

ButacaZero e Inherente Teatro estrean ‘Velliñas’

Todas as persoas que se acheguen este venres día 18 ás 18.30 h. á Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada poderán desfrutar da nova proposta de ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro: Velliñas, unha peza sinxela, con utilización da máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz tralos adiamentos provocados pola pandemia da COVID-19.

Inherente Teatro participa hoxe no ciclo “Mulleres en acción” en Gondomar

O Concello de Gondomar acollerá este mércores 20 de xuño, ás 12.00h na Praza do Concello, á décimo cuarta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas […]

camiños de ButacaZero

#camiños

O universal e o uniforme | Manuel Xestoso | | Foto: Javier Lojo |   Os procesos que nos conducen cara a iso que chamamos globalización poden tirar de nós cara a dúas realidades opostas: a universalidade e a uniformidade. Parece claro que non temos nada en contra de recibir culturas alleas nun intercambio xusto […]

Dramaturxia das mulheres

Insubordinación posdramática das mulheres | Afonso Becerra de Becerreá |     O mundo, a visión do mundo, do mundiño pequeno no que vivimos, é unha necesidade perentoria para tropezarmos menos ou para tropezarmos mellor, ou sexa, con menos dor. Pero para iso non nos basta só cos nosos ollos e coas nosas entendedeiras, precisamos […]

Luís Prego

O Festival Atlántica comparte nas súas redes contos para a corentena

Xa están publicados os vídeos do venezolano Rubén Martínez e do galego Luís Prego baixo a etiqueta #ocontononpara Tras a cancelación do Festival Atlántica por mor das medidas tomadas para controlar a propagación do coronavirus, a organización do encontro está a publicar nas súas canles sociais unha colección de vídeos con contos gravados ex profeso […]