#camiños

#camiños, de ButacaZero, remata a súa viaxe esta fin de semana en Vigo

#camiños é un espectáculo de ButacaZero, en coproducción co Centro Dramático Galego. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores da peza, que conta coa propia dramaturga en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández, Pía Nicoletti e Noa Covelo. A obra aborda o tema da identidade galega desde unha perspectiva millennial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual e o playback coa pasarela de moda.

Velliñas

ButacaZero e Inherente Teatro estrean ‘Velliñas’

Todas as persoas que se acheguen este venres día 18 ás 18.30 h. á Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada poderán desfrutar da nova proposta de ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro: Velliñas, unha peza sinxela, con utilización da máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz tralos adiamentos provocados pola pandemia da COVID-19.

Inherente Teatro participa hoxe no ciclo “Mulleres en acción” en Gondomar

O Concello de Gondomar acollerá este mércores 20 de xuño, ás 12.00h na Praza do Concello, á décimo cuarta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas […]

camiños de ButacaZero

#camiños

O universal e o uniforme | Manuel Xestoso | | Foto: Javier Lojo |   Os procesos que nos conducen cara a iso que chamamos globalización poden tirar de nós cara a dúas realidades opostas: a universalidade e a uniformidade. Parece claro que non temos nada en contra de recibir culturas alleas nun intercambio xusto […]

Dramaturxia das mulheres

Insubordinación posdramática das mulheres | Afonso Becerra de Becerreá |     O mundo, a visión do mundo, do mundiño pequeno no que vivimos, é unha necesidade perentoria para tropezarmos menos ou para tropezarmos mellor, ou sexa, con menos dor. Pero para iso non nos basta só cos nosos ollos e coas nosas entendedeiras, precisamos […]

Anxo Manoel

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas

O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa escrita teatral, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. A decisión final estivo, coma sempre, nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel coa súa peza Utopía, interpretada polas actrices Sonsoles Cordón e Pía Nicolletti.