Marta Pazos, Quico Cadaval, Matarile e Patricia Vázquez, entre os candidatos aos Premios Max

Je suis narcissiste, a ópera dirixida por Marta Pazos, obtén cinco candidaturas, mentres que Los limones, la nieve y todo lo demás, de Matarile, Medida x medida, de PT Excéntricas, e A compañeira de piso, de Contraproducións, fanse con dúas candidaturas cada unha.   O Comité Organizador dos Premios Max de las Artes Escénicas deu […]

Estrela do día 4

Excéntricas estrea ‘Estrela do día’ na Coruña

Estrela do día é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Con dirección de Marcos PTT Carballido, dramaturxia de Quico Cadaval, e as interpretacións de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, o novo espectáculo de Excéntricas preséntase o sábado 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Medida x Medida

Medida x Medida

A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]

‘Eroski Paraíso’, o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo

Ademais, Manoliño Nguema, o documental que conta a historia do artista da Cidade dos Muchachos Marcelo Ndong, opta ao Premio ao Mellor Documental.   Esta mañá o Teatro Colón da Coruña acolleu o anuncio dos proxectos e profesionais finalistas nos XVIII Premios Mestre Mateo, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. Eroski Paraíso, […]

Medida x Medida

A conspiración | Manuel Xestoso | | Foto: Cristina Becerra |   Os especialistas en Shakespeare insisten moito en denominar Medida por medida “unha comedia escura”, probablemente porque o autor evitou coidadosamente tomar partido ante os temas morais, éticos e políticos que trata a obra, de tal xeito que a intención última resulta un tanto […]

‘Curva España’ de Chévere, Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA do Carballiño

O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre. Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva […]

Última xornada de Galicia Escena Pro

O apartado de ‘networking’ reforzouse este ano cos Cafescena, as Noitescena PRO e a figura do facilitador, quen impulsou e coordinou a axenda de xuntanzas entre os máis de 150 axentes culturais acreditados.   O mercado Galicia Escena PRO 2019 chega hoxe ao seu fin tras catro intensas xornadas de actividade arredor da exhibición de […]

O teatro que vén en 2019

Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019.   O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura […]

A cabeza do dragón

Outro Valle é posible | Manuel Xestoso | | Foto: Natasha Lelenco |   A clave, talvez, resida na escolla: elixir A cabeza do dragón como primeira obra de Valle Inclán representada en galego resulta tamén un manifesto. Valle nunca se librou dunha lectura casticista que, dalgún xeito, rebaixa a súa obra ao nivel do […]

‘Je suis narcissiste’, a ópera dirixida por Marta Pazos, finalista en tres categorías dos Premios Max

Organizados pola Fundación SGAE, os Premios Max das Artes Escénicas deron a coñecer os finalistas da súa XXIII edición. A reunión do xuri tivo lugar o 30 de abril vía telemática. Dos 386 espectáculos inscritos nesta edición, 159 resultaron candidatos, dos cales 35 chegaron á última fase, congregando a 60 finalistas.   Dos catro espectáculos […]