Ana Abad de Larriva gaña o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia

Ana Abad de Larriva premio abrente

O xurado decidiu por unanimidade conceder o premio ao texto titulado ‘A nunca vista’, cuxa autora resultou ser Ana Abad de Larriva

A MIT de Ribadavia convoca o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais

Premio Abrente 2021 Imaxe da MIT 3

O prazo de recepción está aberto ata o día 17 de xuño de 2022.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Ernesto Is scaled

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Premio Abrente

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

Marcos Abalde gaña o XV Premio Abrente coa obra ‘O tsunami’

Marcos Abalde

O Premio do Público é para Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo e Leira, de Nova Galega de Danza, que obtiveron a mesma puntuación no reconto final.   Un xurado composto polas actrices Fina Calleja e Rosa Puga e polo actor Fernándo González e presidido polo director da MIT de Ribadavia, Roberto […]

Convocado o XV Premio Abrente de Textos Teatrais

Premio Abrente

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia vén de convocar o Premio Abrente, co que inicia unha serie de actividades para visibilizar e poñer en valor a creación dramática galega actual. “O consolidado Premio Abrente e a súa edición en Difusora veñen a ser a plataforma de estímulo á escrita teatral máis innovadora segundo […]

Jose Luís Baños de Cos gaña o XIV Premio Abrente de Textos Teatrais

Premio Abrente

O Xurado do 14º Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT Ribadavia, presidido polo Director do festival, Roberto Pascual e composto pola dramaturga e actriz Avelina Pérez, polo actor Roberto Leal e polo director Álex Sampayo, deciden por unanimidade conceder o recoñecemento do Abrente 2019 ao texto titulado Asfixia e presentado baixo o lema “Sobre […]

Convocado o XIV Premio Abrente para Textos Teatrais

mitribadaviapublico

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Ourense) anunciou a convocatoria dunha nova edición do Premio Abrente para Textos Teatrais. Dotado con 3.500 euros e a publicación do texto na colección Abrente da Editorial Difusora, este premio quere ser “un dos elementos imbricado no estímulo e aparición de novas linguaxes e voces para a escena […]

Avelina Pérez gaña o XIII Premio Abrente

Candinsky

Un xurado composto por Iria Azevedo (actriz), Melania Cruz (actriz), Roi Vidal (dramaturgo e premiado na edición anterior), Roberto Pascual (Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, en calidade de secretario) e María Touza (Concelleira de Cultura, en calidade de Presidenta), resolveu conceder por maioría o 13º Premio Abrente de Textos Teatrais, ao texto titulado: O […]

Presentado o volume que recolle os textos gañadores do Premio Abrente 2016

todosobreeva4

Os actos de celebración do Día Mundial do Teatro acolleron a presentación das obras Fendas e Todo sobre Eva, coas que Ernesto Is e Xandra Táboas, respectivamente, se fixeron ex aequo, co Premio Abrente de Textos Teatrais 2016. O galardón, que se convoca cada ano no marco da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, […]

Convocado o XIII Premio Abrente de Textos Teatrais

PremioAbrente

A MIT de Ribadavia convoca a nova edición do Premio Abrente para textos teatrais, cunha dotación de 3.500 euros. A resolución da obra gañadora darase a coñecer no marco da 34ª edición do festival, que terá lugar entre os días 14-22 de xullo de 2018. O Premio Abrente, como se demostra coa obra dalgunhas autoras e autores […]

José Luis Baños de Cos gaña a oitava edición do premio de textos teatrais Varela Buxán

Jose Luis Banos de Cos 2

O xurado, que estaba formado por Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Esther Carrodeguas, escolleu esta obra, ‘Segunda morte’, por unanimidade de entre as 19 obras que se presentaran ao concurso.

A erregueté recibe o Premio da Crítica de Galicia 2021 polo número 100 da publicación

Erregueté Premio da Crítica

O Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas recaeu este ano na erregueté | Revista Galega de Teatro. Un galardón outorgado á edición do número 100 da publicación que supuxo un fito importante na historia da revista.

Roberto Pascual gaña o Premio Rafael Dieste cun texto sobre o papel da muller na inmigración

Roberto Pascual Premio Rafael Dieste

A obra Sophie non é o meu nome de guerra de Roberto Pascual foi a elixida polo xurado como gañadora do XX Premio Rafael Dieste 2021.

Francisco A. Vidal recibe o III Premio ‘Laudamuco’

Francisco A. Vidal

O gañador agradeceu “o celo posto na edición por parte de Edicións Positivas e a maiúscula sensibilidade coa cultura do Concello de Brión, tendo en conta ademais a data de entrega. Non só pola conmemoración da posta en escena do Laudamuco, senón tamén por preceder á celebración do 17 de maio, Día das Letras, e o 18 de maio, o Día das Irmandades da Fala. Porque letras e fala son os piares do teatro e do idioma”. Vidal Blanco tamén tivo palabras para “lembrar a todos os profesionais das artes escénicas, que non están a pasar polo seu mellor momento, e aproveito para aplaudir tantas iniciativas de apoio e solidariedade que vimos ao longo de todo este tempo de pandemia”.

Rosa Álvarez recibe o Premio de Honra da Fundación Aisge

ROSA ALVAREZ04

A recoñecida actriz ourensá Rosa Álvarez (Carballeda de Avia, 1950) é destinataria do Premio de Honra que concede a Fundación AISGE. A artista recibirá o galardón en recoñecemento ao conxunto da súa traxectoria o 3 de outubro durante a cerimonia de clausura do Festival Internacional de Cine de Ourense a mans da tamén actriz Isabel […]

Flor Maceiras recebe o Premio de Honra Marisa Soto deste ano

Flor Maceiras

A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de concederlle á actriz, directora e docente teatral Flor Maceiras o Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado durante a gala dos Premios de Teatro María Casares, o 26 de marzo, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. | Foto: AAAG | […]

‘A.K.A. (also known as)’, de Flyhard, e ‘Jauría’, de Kamikaze, Premios do Público en Ribadavia

AKAFlyhard

Empate no Premio do Público da MIT 2019. Os espectáculos A.K.A. (also known as), da compañía Flyhard de Cataluña e Jauría, dos madrileños Kamikaze, obtiveron a maior puntuación. | Foto: Rosinha Rojo |   A estrea en Galicia destes dous espectáculos non defraudou: o excepcional nivel interpretativo de Albert Salazar en A.K.A. aumenta o palmarés […]

Homenaxe a Ernesto Chao e á Agrupación Abrente na MIT

ernesto casares

| Foto: Tragaluz / AAAG |   A MIT reunirá á escena galega e ao público nun acto institucional e civil que quere recordar o legado e a memoria da Asociación Cultural Abrente, que tanto significou para a vida teatral de Ribadavia e a historia do teatro galego, e para homenaxear ao finado actor ribadaviense […]

Editadas as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María

LibrosCunqueiroMMaria

As edicións de 2018 destes galardóns recaeron respectivamente en AveLina Pérez, con Ás oito da tarde, cando morren as nais, e Paula Carballeira, con Somos os monstros.   A Xunta e Edicións Xerais acaban de publicar en réxime de coedición os dous títulos galardoados cos últimos premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro e Manuel María, […]

Premio de Honra Marisa Soto para as aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense

Cinzas

A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelles ex aequo á Aula de Teatro da Universidade de Santiago e á Aula de Teatro Universitaria de Ourense o Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado durante a gala dos Premios de Teatro María Casares, que nesta vixésima terceira edición terá […]

AveLina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María

AvelinaPaula

Ambos os galardóns entregaranse o domingo 2 de decembro en Pontevedra no marco da feira Culturgal. O xurado resolveu deixar deserto o XII Barriga Verde de textos para monicreques   Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é a obra gañadora do XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o máis lonxevo […]

Premios

Premios   Ao longo da súa traxectoria, a revista recibiu os seguintes premios: VII Premio Xiria ao Labor Teatral 1993 Medalla ADE 2006 Medalla CELCIT 2010 Premio FEGATEA 2010 Premio MÁCARA Teatro 2011 Premio de Honra ABRENTE 2013 Premio de Honra Marisa Soto 2016 da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Premio da Crítica […]

Rosa Álvarez recibe o Premio de Honra Marisa Soto

ROSA ALVAREZ04

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Rosa Álvarez o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta actriz e directora teatral, auténtica pioneira do teatro profesional galego. O premio será entregado durante a gala dos XXII Premios María Casares, que se celebrará o vindeiro […]

A PreMIT acolle a presentación de ‘Profetas’, de Ernesto Is

ErnestoIs2 1

É o primeiro dramaturgo que consegue por segunda vez este recoñecemento, e este texto preséntase agora editado dentro da colección Abrente da editorial Difusora.