Premios Follas Novas

Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas

Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.

Só un home bo de Raúl Dans

Só un home bo

Lendo o título que Raúl Dans escolle para o seu texto, e despois de ter lido tamén a propia peza, cabe preguntarse onde é que está o “home bo” ao que fai referencia, ou mesmo se é que hai algún home bo agochado entre as súas cadeas de palabras. Pois na maneira de compoñelo, o tal título semella querer trasladar a idea de que alguén, despois de todo, ou malia todo, non deixa de ser unha boa persoa.

Francisco A. Vidal

Francisco A. Vidal recibe o III Premio ‘Laudamuco’

O gañador agradeceu “o celo posto na edición por parte de Edicións Positivas e a maiúscula sensibilidade coa cultura do Concello de Brión, tendo en conta ademais a data de entrega. Non só pola conmemoración da posta en escena do Laudamuco, senón tamén por preceder á celebración do 17 de maio, Día das Letras, e o 18 de maio, o Día das Irmandades da Fala. Porque letras e fala son os piares do teatro e do idioma”. Vidal Blanco tamén tivo palabras para “lembrar a todos os profesionais das artes escénicas, que non están a pasar polo seu mellor momento, e aproveito para aplaudir tantas iniciativas de apoio e solidariedade que vimos ao longo de todo este tempo de pandemia”.

FTMC Boletín de outubro 2020

FTMC – Boletín informativo # 10

Outubro 2020 Nesta décima entrega do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas, correspondente ao mes de outubro, achegámonos aos oficios do teatro a través da obra do dramaturgo e guionista Enrique Jardiel Poncela; ás pezas do coruñés Raúl Dans, Unha corrente salvaxe e Historia dunha descoñecida, publicadas recentemente por Laiovento; á programación […]

Galicia, Portugal e Castela e León comparten escena no Festival de Teatro Transfronteirizo

Do 4 ao 6 de maio a localidade salmantina de Peñaranda de Bracamonte acolle o Festival de Teatro Transfronteirizo, unha iniciativa da Federación de Grupos Aficionados de Castilla y León en colaboración co Ayuntamiento de Peñaranda de Bracamonte e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. O Festival insírese no marco da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador […]

Textos

Edición de textos   A partir do número 8, a RGT comezou a editar, dentro da mesma publicación, textos dramáticos. Inaugurou a colección 2132 un texto que nos ofreceu Roberto Vidal Bolaño cando lle comentamos o proxecto; a súa factura pode resultar dramaticamente heterodoxa xa que o propio autor o definiu como “fragmentos dun guión para un cómic”. Tamén de […]

Textos editados

Textos publicados na RGT “2132” (Exercicios para debuxantes intrépidos) Roberto Vidal Bolaño [RGT nº 8] Dito da herbería, Ruteboef / O arqueiro franco de Bagnolet, anónimo; traducción, Henrique Harguindey [RGT Nº 9] Mulieribus Dorotea Bárcena [RGT nº 10] Revelación e rebelión do teatro: misterio polemístico (sobre Gordon Craig) nunha xornada traducción, Yolanda Álvarez e Manuel Docampo [RGT […]

Día Mundial do Libro

Ultimamente non leo moito teatro

O Día do Libro non é o Día do Teatro. Porque xa hai un día que é o Día do Teatro. O Día do Liro tampouco é o Día da Poesía, porque xa hai un día que é o Día da Poesía. O Día do Libro é o Día da Novela. Os libros son novelas. Cando a xente le, ou fala de ler, refírese a que le novelas. Ou nin iso. A xente di ler libros cando en realidade len manuais de autoaxuda para perder peso. Como moito unha biografía ou un ensaio.

Home

Home: A Place Within

En Home: A Place Within de Ana Beatriz Pérez xunto coa Hedwig Dances de Chicago, a concepción poética e íntima, tamén lúdica, na coreografía, sumada á singularidade dos corpos e dos espazos, así como a montaxe e edición de vídeo, realizadas por Armando Martén, coa asistencia de Jacob Buerger, xeraron unha peza que nos libera dos efectismos e intrigas de guión das series de ficción e que, no entanto, nos mete en casa allea, para sentir a fascinación ante o fogar como fonte de movemento e expresión inefábeis.

Madre Coraje

Brecht despois de Brecht | Roi Vidal Ponte |     Hai dúas maneiras de facer unha crítica sobre a montaxe de Madre Coraxe e os seus fillos de Atalaya Teatro. A primeira delas, polemista, dura, implacable, fala dun teatro caduco, dunha estética pasada de moda, dunha interpretación que de tan expresionista chega a resultar […]