Roberto Salgueiro gaña o IV Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra de Teatro de Cangas

O concurso rematou coa presentación oficial dos textos que participaron nas tres edicións anteriores do Torneo de Dramaturxia, publicados por Edicións Positivas. | Foto: Pro Light Estudio | A Sala de exposicións do Auditorio de Cangas acolleu a cuarta edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha actividade que se consolida como unha aposta firme […]

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Colección DiTeatro

A Colección DiTeatro de Positivas suma tres novos títulos

A Colección DiTeatro de Edicións Positivas sumou esta semana, coincidindo coa celebración do V Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, tres novos títulos dramáticos. Trátanse das oito pezas das dúas últimas edicións do devandito torneo organizado pola MITCFC e DramaturGA, así como unha peza inédita de AveLina Pérez, titulada Ese silencio.

Ernesto Is

‘Relato para un incendio’, de Ernesto Is, é o proxecto seleccionado na Bolsa de Dramaturxia da AGADIC

A Bolsa de Dramaturxia e Creación da AGADIC pretende favorecer a produción de dramaturxia galega contemporánea, impulsar a creación de espectadores para a dramaturxia galega, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, a busca da excelencia nos produtos culturais galegos. ‘Relato para un incendio’, o proxecto de Ernesto Is seleccionado nesta primeira convocatoria, desenvolverase nunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).

Festival de Teatro Universitario de Lugo

Presentado o programa do Festival de Teatro Universitario de Lugo

O programa desta xa tradicional cita da vida cultural da cidade amurallada inclúe o obradoiro Da palabra ao canto, do canto á palabra, impartido por Vicente Fuentes, quen tamén ofrecerá o relatorio A voz polo corpo e a palabra: unha necesidad’, ademais dunha intervención das marionetas elaboradas durante o taller de creación coordinado por Marga Portomeñe.

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

Carballo acolle Escena Norte Idea, unha xornada de reflexión sobre artes escénicas e interculturalidade

O proxecto Camiño Escena Norte chega a Galicia. O vindeiro 9 de outubro, o 28 Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, acollerá a xornada profesional Escena Norte Idea, unha iniciativa que pretende abordar o Camiño de Santiago do Norte como conector e vertebrador da diversidade cultural. A xornada forma parte da programación expandida do […]