MIT de Ribadavia

Manolo Alcántara, El Espejo Negro e Roi Vidal, premiados no final da 37ª MIT de Ribadavia

A MIT de Ribadavia “seguirá apostando pola esixencia, a non cancelación de todo canto se poida levar a cabo e imaxinar, a calidade fronte á cantidade e a distinción da coherencia e do risco, o que permite o debate, alenta a crítica e fomenta os valores de respecto e convivencia. Cada vez é máis importante reafirmar os valores comunitarios e a MIT seguirá sendo ese festival popular e reflexivo onde recalar por un tempo prolongado para vivir unha experiencia concentrada de innovación e apertura, fronte aos individualismos e a insolidaridade”, apuntan desde a organización.

A “Procesión da Santa Bolaña” lembra a Vidal Bolaño en Compostela

Despois de tres anos sen celebrarse, este sábado 22 de decembro, á partir das 17:00 da tarde, regresa a Procesión da Santa Bolaña, unha procesión profana en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. A procesión partirá, como é tradición, do local da Asociación de Veciños “As Brañas de Andrés”, nos Pelamios para percorrer logo as rúas do […]

Fernando Castro Paredes gaña o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

Un xurado composto polos dramaturgos Sther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira e Manuel Núñez Singala, polo profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño a obra A derradeira bala de Fernando Castro Paredes, […]

Teatro Antroido leva este domingo o seu traballo ‘Rosalías’ a Ponteareas

Rosalías chega ao concello de Ponteareas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. A compañía Teatro Antroido estará este domingo, 25 de febreiro ás 19h00, no Auditorio Reberiano Soutullo de Ponteareas. Rosalías é un acto poético, didáctico e divertido co que Teatro Antroido pretende ofrecerlle ao gran público as facetas menos coñecidas desa grande […]

Mirada mirroire

Especulando a identidade | Roi Vidal Ponte |   Cando acudimos á danza contemporánea abrimos ben os ollos pero tamén o tronco e as extremidades. Sabemos que hai experiencias que só poderemos encontrar alí. A danza estimúlanos porque en renunciando á palabra devólvelle aos escenarios todo o que é verdadeiro e puro teatro. Porque fai […]

DraMITurga

A 37ª edición da MIT de Ribadavia despídese con DraMITurga

DraMITurga, proxecto no que seis dramaturgos/as (3 de Portugal e 3 de Galicia), escribiron cadansúa peza breve orixinal para esta ocasión. A partir desas 6 pezas, desenvolveuse un xogo no cal cada unha das 6 dramaturgas fai unha reescrita de cada unha das pezas das súas compañeiras. Isto estivo a xerar unha multiplicación de versións e reescritas que terá como resultado 36 pezas breves. DraMITurga anima, deste xeito, non só a creación contemporánea, senón tamén as conexións entre poéticas, estéticas e voces diferentes, dentro do eixo atlántico galego-portugués.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Julio Fernández

Espazo Meraki: obradoiros de artes escénicas e actos culturais en Pontevedra

Esta fin de semana haberá un obradoiro de voz coa actriz e cantante María Costas e o venres 28 haberá outro de dramaturxia co dramaturgo e editor Julio Fernández. Este novo espazo acolle tamén actos culturais, como a presentación do libro ‘DramaturGA 20: 11 textos breves’, tamén o venres 28 de maio, ou o recital da actriz e poeta Deborah Vukusic, o 11 de xuño.

FTMC Boletín de maio 2021

FTMC – Boletín informativo # 17

Maio 2021 Comezamos esta entrega do boletín de maio do Fondo Teatral María Casares, con dúas referencias ao tema “Teatro e Segunda República Española” que deixamos pendentes no anterior boletín. Deseguido, presentamos un estudo sobre Álvarez Blázquez, importante figura da cultura galega; dous textos dramáticos contemporáneos de Teatro en Vilo e Roi Vidal; e un […]

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.