O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala dos XXVI Premios María Casares

XXVI Premios de Teatro María Casares

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos XXVI Premios de Teatro María Casares
Un total de 14 espectáculos compiten este xoves a partir das 20.45 h. polos galardóns durante a gala que, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, se pode seguir pola canle de youtube da AAAG:
https://www.youtube.com/c/PremiosdeTeatroMaríaCasares
Marián Bañobre, Nerea Brey, Marta Pérez, Rosa Puga Davila, Mónica de Nut e Sheyla Fariña conforman o elenco. O Proxecto X (Virxilio da Silva, Paco Charlín, Diogo Silva e a propia De Nut) poranlle música á cerimonia de entrega.

XXVI Premios de Teatro María Casares

'Cigarreiras' de Contraproducións. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo.

Os XXVI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores.
‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatre Romea, faise con tres premios (espectáculo, dirección para Cándido Pazó e escenografía para Dani Trillo), mentres que ‘Hugo’, de Os Náufragos Teatro, acada o premio na categoría de espectáculo infantil.

‘Terceiro acto’, do CDG, leva dous galardóns (actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduardo R. Cunha ‘Tatán’), igual que ‘Othello’, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau) e ‘Comando Comadres’, de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe).

Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Gala dos María Casares 2022 que conmemorará o centenario da actriz

Carlos alvarez ossorio gala maria casares

A gala contará cun elenco conformado por mulleres que se encargarán de poñer voz ás palabras da propia María Casares, xa que o espectáculo recollerá fragmentos das súas memorias.

Inversa Teatro estrea ‘O Péndulo’ dentro da programación de Vigocultura

Fusilados e represaliados no 1936

Inversa Teatro estrea O Péndulo, unha obra de teatro-documento que ten como referencia temporal e conceptual a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia.

Nova xunta directiva da AAAG

Xunta Directiva AAAG

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena, é unha das entidades con maior percorrido e proxección do tecido asociativo do noso sector cultural. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma. Entre as súas funcións, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos máis sobranceiros do calendario cultural en Galicia: os Premios de Teatro María Casares.

Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

A Escola Galega de Teatro Musical, estrea ‘O Candil, un musical galego’

OCandil

A Escola Galega de Teatro Musical, estrea o seu primeiro traballo profesional, O Candil, un musical galego. A compañía creada ao abeiro desta escola presentará este espectáculo o venres, 24 de xaneiro, no Fórum Metropolitano da Coruña, ás 21:00.   Rosa Puga Davila dirixe a Sara Fandiño, Lucía Sá, Iria Lamas e Lucas López nunha […]

A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG

A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública.   […]

O Conversatorio de Quico Cadaval, na Culturgal

Conversatorio

Quico Cadaval estará hoxe no Espazo Arte Contemporánea da Culturgal, a partir das 16:00, presentando a súa performance Conversatorio.   Conversatorio é unha work-in-progress de Quico Cadaval que se exhibiu pola primeira vez en xuño de 2008 na presentación do disco de Eclectica Ensemble no entorno do Centro Galego de Arte Contemporánea, exactamente a 5 […]

Dez citas coas artes escénicas en Culturgal

Culturgal2019

Este venres comeza Culturgal, tres días nos que as industrias culturais sacan músculo e amosan o tecido creativo do país. Reunimos aquí algunhas das citas na feira que marcarán a actualidade das artes escénicas do vindeiro ano. O programa completo pode consultarse aquí.   Venres 1. Culturgal comeza coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este […]

Aporía Escénica regresa ao Salón Teatro de Compostela

Aporia6cubos

Diana Mera é a autora e directora de 6 cubos negros en corpo branco, unha traxicomedia sobre a represión feminina na familia e na sociedade, moi influenciada polo universo de La casa de Bernarda Alba.   O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), recibe de novo a compañía viguesa Aporía Escénica, […]

Diana Mera: “Soga e Cinsa emerxeu dunha ferida moi grande que estaba por sandar”

Diana Mera

Falamos con Diana Mera, creadora escénica e directora de Aporía Escénica, co gallo da volta aos escenarios da última montaxe da compañía: Soga e Cinsa, un tríptico renacentista para 11 bruxas.