Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia

Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia -dentro da programación do Festival Catropezas-, comisariado por Sólodos coa colaboración de Galicia Danza Contemporánea. Terá lugar os días 25, 26 e 27 de outubro. As compañías participantes de creadoras galegas foron seleccionadas como finalistas nas pasadas edicións do Festival Sólodos En Danza que se celebra en […]

Estela Lloves estrea no Festival Catropezas do Teatro Ensalle

Dentro do Festival Catropezas, que se desenvolve no Teatro Ensalle de Vigo durante o mes de novembro, Estela Lloves estrea nova peza, Sempreviva, a raíz da casa Arraiana. Será esta fin de semana: venres e sábado ás 22:00 e domingo ás 21:00. Os procesos creativos de Lloves, longos e profundos, comportan períodos de creación extensos con resultados […]

Colectivo Glovo EM·NA

Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza

Colectivo Glovo ennmarca este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”.

O teatro que vén en 2019

Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019.   O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura […]

Colectivo Glovo

EM·NA

EM·NA é a segunda peza do Colectivo Glovo de Lugo, formado por Esther Latorre (Lugo, 1990) e Hugo Pereira (Porto, 1994). Estreouse no Teatro Ensalle de Vigo, dentro do Festival Isto Ferve, o 26 de marzo de 2021, e puido verse tamén, nesa fin de semana, o 27 e o 28. EM·NA estivo en residencia na sala viguesa, onde Pedro Fresneda incorporou a acción lumínica. Un deseño de luz que redondea e amplifica aínda máis ese sentido dramatúrxico relacionado coa vibración e pulsado pola coreografía e polo envolvente espazo sonoro, que xera a música de BabyKatze.

Cambio de Foco | CDG e Sala Ártika

Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego

En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.

A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida.

Por favor ténteo novamente máis tarde

Por favor, ténteo novamente máis tarde

AveLina Pérez e Daniel Casquero forman unha parella que xoga tanto a tensión da atracción como a da repulsión. Son, na escena, dous universos que non chegan a tocarse, pero que sempre presentan unha liña de conexión. Malia que presenten dous espazos separados, poden estar a contar o mesmo. Ou poden contar cousas diferentes, estando sentados nun mesmo sofá, que aínda así, os presenta como separados por mil quilómetros.