Vanesa Sotelo intervén hoxe n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña

Vanesa Sotelo presentará Contramateria hoxe, venres 26 de outubro, a partir das 20:30, na Fundación Luis Seoane da Coruña, dentro do Ciclo O Teatriño. O teatriño é unha actividade da Fundación Luis Seoane, comisariada por Camilo Franco, coa fin de pescudar unha relación directa entre actrices da escena galega e o público. Durante 45 minutos unha […]

‘Nome: Bonita’, de Vanesa Sotelo, escollida mellor obra teatral da última década

A obra de Vanesa Sotelo, directora da erregueté, resultou gañadora do Premio Mondoñedo10, que escollía na súa terceira edición, a mellor obra de literatura dramática editada nos últimos dez anos.   Nome: Bonita, de Vanesa Sotelo –directora da erregueté | Revista Galega de Teatro– foi escollida polo xurado do Premio Mondoñedo10 como a mellor obra […]

Espécies Lázaro

Espécies Lázaro

Atendendo ao seu ambiente marítimo, a peza navega entre as augas da historia como navega entre os dous países que colaboran na súa produción, xa que para esta ocasión o Teatro Art’Imagem contou coa participación da compañía galega Incendiaria, establecendo así unha nova comunicación entre Portugal e Galiza. A directora e dramaturga Vanesa Sotelo escribe e dirixe unha peza que comunica moitos outros aspectos alén de países. Nas Espécies Lázaro viaxan idiomas, espazos temporais, formas de facer teatro. É por iso que, para min esta peza podería ben ser definida como un “teatro líquido” precisamente pola fluidez coa que se transmiten tódolos diferentes aspectos que compoñen a súa partitura.

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Solos

Solos

Provisional Danza é xa unha compañía coñecida na nosa comunidade. Dirixida pola bailarina e coreógrafa madrileña Carmen Werner, as súas producións veñen aparecendo de xeito recorrente nas salas Ártika e Ensalle de Vigo, onde puidemos ver pezas como El abrazo, Quién eres, Una vez más ou De parte de ella. O selo persoal de Werner como coreógrafa marca unha liña que comunica as diferentes pezas mencionadas. Neste caso, nos Solos propostos por Provisional podemos respirar un aire semellante, mais non tan específico como nas pezas creadas por ela. Respiramos, si, un aire semellante a soidade urbana, envolta en cemento gris, mais matizada polas diferentes miradas dxs tres bailarín/xs que aparecen en escena, xa que cada un/hx delxs é x coreógrafx da súa propia peza.

Ártika

Comeza o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento na Sala Ártika

A compañía madrileña Provisional Danza, de Carmen Werner, será a encargada de dar o pistoletazo de saída coa súa montaxe Solos ao I Ciclo de Danza e Artes do Movemento que comeza hoxe na Sala Ártika e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros tres fins de semana deste mes de xuño no local da Avenida de Beiramar. O espectáculo, formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian López e Sebastián Calvo, poderá verse desde este venres 4 e ata o domingo 6 de xuño ás 20.00 h.

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.

A Creación do Anticorpo

Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas

O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.

Certame Manuel María 2020

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción.   O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e […]

Subscríbete á Erregueté en papel

A erregueté chega ao seu número 100

A pesar das dificultades destes tempos incertos, a erregueté | Revista Galega de Teatro non detivo a súa actividade, querendo manter o seu compromiso á hora non só de documentar o feito escénico senón tamén de ofrecer un espazo para o achegamento ás (e entre) creadoras e creadores e o seu traballo, e para a reflexión arredor de onde vimos, onde estamos e a onde podemos e queremos ir, tanto na escena galega como tamén neste medio de (encontro e) comunicación arredor dela.

Marta Núñez | Programadora VigoCultura

Marta Núñez: “Unha administración non pode buscar rendibilidade na programación cultural porque é un deber e un dereito para todos e todas”

Nos últimos meses, a programación teatral converteuse nun traballo de infarto e como responsable da programación de artes escénicas Vigocultura desde 2008, Marta Núñez vive en primeira persoa as súas esixencias. Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña e funcionaria do Concello de Vigo desde hai vinte anos, Núñez leva traballando na Área de Cultura […]

Tamara Andrés

Tamara Andrés, tradutora de ‘Os Satélite’: “Abordei a tradución coa orella posta na mocidade, coa ollada sobre a lingua no futuro”

Poeta en acción, Tamara Andrés (Combarro, 1992) é a tradutora de Os Satélite, de Ricard Gázquez: obra gañadora do XLIV Premi Born de Teatre. Graduada en tradución e interpretación e co desenvolvemento dunha tese centrada na poesía galega de autoría feminista, Andrés combina o seu traballo como tradutora e revisora co da formación e a […]

Ricard Gazquez

Ricard Gázquez: “Necesitamos atopar un universo simbólico propio para estar nun mundo tan agresivo como actual”

Ricard Gázquez acadou en 2019 o XLIV Premi Born de Teatre con Os Satélite. Finalista do Premi Born en 2016 con S’Horabaixa, entre os títulos da súa autoría figuran obras como Glásnost (2018), Cocina Límite (2016-2017), La Montaña Virtual (2014), La Lengua Atolodranda (2013), Follie en famille (2007) ou Niederungen (Premio Butaca ao Mellor espectáculo […]

O Fetega leva ‘A farsa das zocas’ polo mundo e inicia unha Escola de espectadores

O XXXI Festival de Teatro Galego – Celso Parada que se desenvolverá do 23 ao 26 de setembro no Carballiño continúa coa presentación das súas actividades paralelas. Para esta nova edición, o evento contará coa lectura dramatizada online de A farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero da man alumnado de Centros Galegos de Europa […]