O Salón Teatro de Lalín acolle este domingo, 31 de marzo, a estrea de Contos ao pé da cama, da compañía lalinense Viravolta Títeres. A representación será a partir das 18:00 horas e, cun prezo de 3 euros, a beneficio da asociación Aspadeza. Contos ao pé da cama é un espectáculo de monicreques sobre “os […]
Procurando resultados para: viravolta
Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” galardoado co Premio de Honra da MIT de Ribadavia
O Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño da MIT de Ribadavia de 2022 recoñece a figura solidaria, amable, inqueda e sensible do actor Eduardo Cunha “Tatán.
A Barraca de Barriga Verde volve ás Festas da Ascensión de Santiago
Deste xeito, o público compostelán poderá ver por vez primeira as únicas cinco montaxes de títeres actualmente existentes que teñen a Barriga Verde como protagonista.
Roberto Pascual gaña o Premio Rafael Dieste cun texto sobre o papel da muller na inmigración
A obra Sophie non é o meu nome de guerra de Roberto Pascual foi a elixida polo xurado como gañadora do XX Premio Rafael Dieste 2021.
Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal
Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación pon en marcha o programa Prendendo Butacas que conta oito funcións de teatro en liña de compañías fundamentais da provincia.
Teatro infantil en Ourense para este Nadal na MOTI 2020
Unha edición con gran variedade de xéneros, desde o teatro de actriz-actor ata o teatro de monicreques, pasando polo teatro de rúa, teatro musical, danza e circo contemporáneo. Variedade tamén nas idades recomendadas, con pezas para bebés e público familiar.
Titiriberia 2020: o festival de títeres tradicionais comeza en Rianxo
O Festival Titiriberia celebrará a súa quinta edición na vila de Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. Un total de doce funcións conformarán o programa deste ano, no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros.
Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic
Aumenta o apoio ás propostas multidisciplinares e de artes do movemento entre as adxudicatarias, así como o apoio aos proxectos plurianuais de Talía e Chévere dentro dunha nova modalidade posta en marcha este ano. Vinte e nove novos proxectos doutras tantas compañías galegas repartirán 800.000 euros a través da adxudicación da convocatoria anual de […]
Narón programa unha decena de espectáculos para público familiar de setembro a decembro
As entradas para os espectáculos desta oferta cultural, dirixida a público infantil, xuvenil e familiar, están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade da programación dos espectáculos que se poderán ver entre os meses de setembro e […]
A Biblioteca da USC acolle as coleccións de carteis e folletos do proxecto do Museo Galego da Marioneta
O Museo Galego da Marioneta pechara en maio de 2019, despois de varias declaracións cruzadas entre a compañía Viravolta Títeres e o Concello de Lalín. Agora, a Biblioteca da USC garante a conservación e difusión destes documentos. A compañía Viravolta títeres fixo entrega das coleccións de carteis e folletos que formaron parte da Biblioteca do […]
O Teatro Principal de Ourense anuncia o programa para este semestre
O Teatro Principal de Ourense presentou a carteleira coa que retomará a súa actividade a partir de setembro e a través da que lle propón ao público da cidade das Burgas unha trintena de citas coas artes escénicas, a música e o cinema. A directora do Teatro Principal, Olga Mojón, acompañada do director xeral […]
Decepción do sector das artes escénicas ante o Plan de Reactivación da Xunta
Tristeza e decepción. O sector das artes escénicas séntese frustrado polo Plan de Reactivación presentado pola Xunta de Galicia. A cultura é unha das grandes prexudicadas pola crise provocada pola pandemia da Covid-19 e as artes escénicas, as que máis lonxe albiscan unha volta á normalidade. A promesa dun plan que lograse darlle resposta a […]
Á venda as entradas para o Festival de Marionetas María José Jove
O XV Festival de Marionetas María José Jove reune na Coruña comeza o vindeiro 26 de decembro. Na súa edición número quince, o certame inclúe cinco espectáculos. Durante cinco días (do 26 ao 30 de decembro), as familias contarán cunha serie de espectáculos de gran diversidade técnica e temática, que se celebrarán na sede da […]
Descentralización e recuperación dos monicreques tradicionais no Festival Titiriberia
‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ estenderá entre o 9 e o 15 de novembro unha programación que inclúe funcións escolares, animación do campo da festa na Feira de Francos, mesas redondas, mostras e cursos de formación para profesionais. O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio […]
O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros
O Auditorio Municipal de Ourense ofrecerá ata finais de decembro 15 funcións doutros tantos espectáculos de teatro para público adulto e infantil, como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Así quedou recollido no convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que foi asinado en […]
O monicreque tradicional desembarca nas aulas de Teo da man do Festival Titiriberia
A iniciativa ‘Da Barraca á aula’ inclúe obradoiros de construción de títeres tradicionais, talleres de guión, exposicións itinerantes, funcións e sesións de videofórum para as comunidades educativas dos centros de ensino do municipio teense. O Festival Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Teo e […]
Titirideza 2019 homenaxea o teatro de barraca
O programa comeza o vindeiro venres 13 e leva a Lalín cinco compañías que representarán cinco espectáculos de barraca. Os días 13, 14 e 15 de setembro, nas rúas e prazas de Lalín, o festival Titirideza convida a gozar de espectáculos diversos para público diverso. Un convite que se realiza a través do cartel […]
Ubú, flor do mal, por Henrique Harguindey Banet
Cando o ceo sobre nós é unha lousa pechada que fai reptar no chan o espírito a laiar e o horizonte semella unha soga apertada que afoga un día negro máis triste que o pesar. Cando a terra se vira en prisión lamacenta onde a Esperanza foxe, cal morcego voador, e bate contra os muros […]
Cidade Imaxinaria, catro horas de espectáculos e teatro circenses
Este sábado, 24 de agosto, celébrase na Cidade da Cultura de Compostela unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, que convida as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transformará o complexo do Gaiás nun mundo de fantasía, grazas a espectáculos e teatros circenses con música, xogos e […]
Eduardo Rodríguez Cunha, ‘Tatán’: “Nós, como Tanxarina, seguimos sendo uns románticos”
Tanxarina vén de recibir un diploma de recoñecemento da Asamblea Legislativa de la República de El Salvador –país que visitaron a finais de xullo- e do festival Fit-Ocelot, na categoría de “Traxectoria internacional”, polos seus máis de 30 anos de traballo. Con este motivo, recuperamos esta entrevista publicada no número 96 da edición en papel […]
En agosto, circo en Compostela
Catro compañías de novo circo –Punto Cero, UpArte, Kanbahiota e El Fedito– representarán durante este mes as súas obras nas rúas compostelás. Mañá, xoves 8 de agosto, chega a Compostela o espectáculo Y ahora qué?, da compañía Punto Cero, que levou o premio do público no Festival Artescena 2017. Será ás 19:30 horas, na praza da […]
A Academia Galega de Teatro esixe a continuidade do Museo Galego da Marioneta
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un manifesto no que mostra a súa repulsa ao recente anuncio de que o Museo Galego da Marioneta pecharía as súas portas a causa dos atrancos legais que impiden que adquira unha entidade xurídica propia. A Academia subliña a importancia histórica e cultural da colección e […]
O Museo da Marioneta pecha polos incumprimentos do Concello de Lalín
Viravolta reúne á prensa para explicar as razóns da desaparición do centro e achácalle ao Concello de Lalín demoras nos prazos, incumprimentos e falta de comunicación que en nada axudaron para a supervivencia do Museo. O Museo Galego da Marioneta pecha pola fartura que provoca bater coa realidade burocrática, pola demora institucional para outorgarlle […]
O Festival de Títeres de Redondela pecha con 30 actuacións
A xornada arrancará coa ruada participativa ‘Redondela é un conto’ dende a Portela, na que se anima ao público a vir disfrazado de personaxe fantástico. O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) clausurará esta 20ª edición cunha xornada chea do mellor teatro de monicreques polas rúas e prazas da vila. A […]
Quince compañías internacionais enchen Redondela de Títeres este sábado
A programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela refórzase este sábado con máis espectáculos itinerantes e música con compañías de El Salvador, Arxentina, Bélxica, Euskadi, Cataluña, Castela e León e Cantabria. O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) desprega hoxe sábado un completo programa con 25 actividades a cargo […]