Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.
Procurando resultados para: xandra táboas
Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais
Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.
Presentado o volume que recolle os textos gañadores do Premio Abrente 2016
Os actos de celebración do Día Mundial do Teatro acolleron a presentación das obras Fendas e Todo sobre Eva, coas que Ernesto Is e Xandra Táboas, respectivamente, se fixeron ex aequo, co Premio Abrente de Textos Teatrais 2016. O galardón, que se convoca cada ano no marco da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, […]
Todo sobre Eva
Ninguén quere ser mazá | Roi Vidal Ponte | | Foto: Rosiña Rojo | MIT Ribadavia | O feminismo é a forza revolucionaria máis activa dos tempos modernos. Centra debates públicos e indaga en terreos onde non quixeramos entrar. Chámalle terrorismo aos asasinatos machistas e esixe dereitos e deberes desde uns fundamentos éticos […]
Comeza a XXXIII MIT Ribadavia 2017
A XXXIII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chega do 15 ao 24 de xullo cunha nova edición na que continúa coa aposta por prestar atención aos grandes mestres da escena mundial e a puxante tendencia de hibridación de xéneros escénicos. De igual xeito, neste 2017 a MIT acolle un apartado especial adicado […]