#camiños

#camiños, de ButacaZero, remata a súa viaxe esta fin de semana en Vigo

#camiños é un espectáculo de ButacaZero, en coproducción co Centro Dramático Galego. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores da peza, que conta coa propia dramaturga en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández, Pía Nicoletti e Noa Covelo. A obra aborda o tema da identidade galega desde unha perspectiva millennial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual e o playback coa pasarela de moda.

Las dos en punto | Voaxa e Carmín

Las dos en punto

Supón un acto de rebeldía seguir poñendo sobre as táboas montaxes como Las dos en punto onde se ve claramente a desobediencia civil dunhas mulleres que foron sinaladas como tolas ata o final dos seus días, que loitaron por sobrevivir grazas á caridade e que tiveron a coraxe de seguir adiante despois de ser violentadas.

32m2

ButacaZero leva o confinamento a escena en ’32m²’

A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m², o novo espectáculo de ButacaZero, pon o foco sobre a convivencia da sociedade coa precariedade e as desigualdades na súa vida cotiá a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación. Cuestións como a soidade, o abandono, as complexidades das relacións interpersoais ou o estrés e o os ritmos frenéticos impostos na “vella normalidade” serán algúns dos temas que se visualizarán nesta peza.

Velliñas

ButacaZero e Inherente Teatro estrean ‘Velliñas’

Todas as persoas que se acheguen este venres día 18 ás 18.30 h. á Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada poderán desfrutar da nova proposta de ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro: Velliñas, unha peza sinxela, con utilización da máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz tralos adiamentos provocados pola pandemia da COVID-19.

Ernesto Is, dramaturgo

Obradoiro de escrita dramática en Vigo a cargo de Ernesto Is

O dramaturgo Ernesto Is ofrecerá, do 23 de xuño ao 9 de xullo,un curso de escrita dramática no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica.   O obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde unha formulación eminentemente práctica, o alumnado coñecerá e traballará […]

Un proxecto de Ernesto Is resulta seleccionado para o programa ‘Nuevas Dramaturgias’ de Euskadi

O proxecto de Ernesto Is Canciones amarillas para flores tristes vén de ser seleccionado para se desenvolver ao longo dos próximos meses dentro do programa Nuevas Dramaturgias de Euskadi, coordinado por Teatro Arriaga Antzokia (Bilbao), Teatro Victoria Eugenia (Donostia Kultura) e Red Municipal de Teatros-Teatro Principal (Vitoria).   O obxectivo do programa Antzerkinguintza Berriak – […]

“O señorito da Reboraina” en Redondela

Hoxe preséntase unha versión dramática de O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo, no Auditorio Multiusos de Redondela. A adaptación dramática, versionada por Vanesa Sotelo, débese ao alumnado e profesorado da Escola de Arte Dramática (ESAD) en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Redondela. Trátase dun espectáculo realizado a través da integración do alumnado de […]

camiños de ButacaZero

#camiños

O universal e o uniforme | Manuel Xestoso | | Foto: Javier Lojo |   Os procesos que nos conducen cara a iso que chamamos globalización poden tirar de nós cara a dúas realidades opostas: a universalidade e a uniformidade. Parece claro que non temos nada en contra de recibir culturas alleas nun intercambio xusto […]