O Auditorio Municipal de Cangas levará o nome de Xosé Manuel Pazos Varela

Xosé Manuel Pazos

Esta distinción une o nome do exalcalde ao do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela.

O compromiso de Xosé Manuel Pazos coa Revista Galega de Teatro

Xosé Manuel Pazos Varela

Pezas de teatro – María Soliño. Crónica de Pantagruel. A partir do Pantagruel de Rabelais. Dramaturxia en colaboración con Alberto Bokos. (nº 18 Primavera-Verán 1998) – ACT-TRESS Tres pezas de café teatro: [email protected] @s coarenta; Trío de tango; Cocó Glamour en cantada (da vida). (nº 45 Inverno 2005) – Ida e volta (nº 58 Primavera […]

Grande homenaxe ao grande Xosé Manuel Pazos

Xosé Manuel Pazos

A XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, abriu o 1 de xullo co acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Foi no Auditorio Municipal que, segundo confirmou a Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, nun emocionado discurso de louvanza á figura de Pazos, vai levar o nome do dramaturgo que impulsou a súa construción. Moitas das iniciativas culturais fundamentais da capital do Morrazo, con repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como é a propia Mostra de Teatro, que cumpre 38 anos, organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro e moitas outras actividades nas que o teatro era central.

Presentada unha iniciativa para nomear ao Auditorio Municipal de Cangas como ‘Xosé Manuel Pazos Varela’

Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela

A proposta, impulsada pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas – MITCFC, presentouse esta mañá no Concello da vila do Morrazo.

Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro

Xosé Manuel Pazos, Antón Lamapereira e Alba Cordeiro

Político, mestre e namorado do teatro. Xosé Manuel Pazos Varela foi unha peza crucial na evolución socioteatral en Cangas do Morrazo coa fundación da MITCF, a creación do Fondo Teatral María Casares ou a construción do Auditorio Municipal.

Adeus ao ‘Alcalde do Teatro’: morre Xosé Manuel Pazos Varela

Xosé Manuel Pazos

Home de teatro, o pasamento de Xosé Manuel Pazos Varela deixa un gran baleiro nas artes escénicas de Galicia. Tradutor, dramaturgo, produtor e mesmo actor, foi fundador da MITCF de Cangas e de Teatro de Ningures, ademais dun referente da actividade cultural da vila do Morrazo, da que foi o seu alcalde.

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.

Marta Pazos: «Utilizo o teatro para entender o lugar que ocupo no mundo»

AamnesiadeClio5

Co gallo da estrea de Siglo mío bestia mía, de Lola Blasco, que Voadora presentará a partir do vindeiro 11 de novembro no Centro Dramático Nacional de Madrid, recuperamos do noso número 99 a entrevista que lle fixemos a Marta Pazos con motivo da estrea de A amnesia de Clío, na que desvela moitas das claves […]

Isaac e o teatro independente, por Manuel Lourenzo

diaz pardo e seoane

Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo, unha figura transcendental na historia do país. Queremos lembralo con este texto en que Manuel Lourenzo –a quen agradecemos a súa xenerosidade– revela algúns dos elos que o ligaron ao nacemento do teatro profesional galego. | Texto: Manuel Lourenzo |   Na década dos sesenta […]

Presentación de ‘Teatro de Pintor’, de Xosé Vázquez Pintor

Vazquez Pintor

Xosé Vázquez Pintor presenta hoxe, ás 20:30, no salón de plenos de Cangas, o seu libro Teatro de Pintor. O autor estará acompañado polo alcalde do concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos, o dramaturgo Manuel Lourenzo, o mestre Antón Lamapereira e o artista Camilo Camaño Xestido. A obra literaria de Vázquez Pintor é eminentemente poética, […]

Carballo acolle a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

ConcursoEirís

Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O auditorio do Pazo da Cultura acollerá hoxe domingo a final da XIX edición deste certame, que este ano supera os 360 participantes. O acto, […]

300 escolares participaron no XVIII Concurso de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís”

ConcursoTeatroLidoEiris

Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso de Teatro lido Xosé Manuel Eirís. Este ano celebrarase o domingo 11 de novembro de 2018, no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, ás 18:00. Este ano sumáronse máis escolares […]

A MITCF de Cangas, Premio de Honra ‘Marisa Soto’ da AAAG

MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural.

Raquel Castro gaña o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia

Raquel gana o VI Torneo de dramaturxia de Galicia

Eva Vila e Salvador del Río foron os intérpretes da peza gañadora.

‘Amantis’, de Rebordelos, preséntase en Cangas

Amantis Rebordelos

‘Amantis’ indaga en como as redes sociais, o selfie, e o sexting inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

A Mostra de Cangas dá a coñecer o programa da súa 39ª edición

RODAPRENSA39MOSTRA01

Durante 16 días, do 24 de xuño ao 9 de xullo, a vila de Cangas acollerá teatro, danza, coloquios, presentacións, performance e exposicións

‘Emigrados’, da Aula de Teatro do Campus de Vigo

'Emigrados'. Aula de Teatro Universitario de Vigo.

O 28 de abril tiven o pracer de asistir á representación de Emigrados, a cargo da Aula de Teatro do Campus de Vigo e dentro da Mostra Internacional de Teatro Universitario, organizada por Teatro de Ningures.
Esta produción está feita a partir de textos perfectamente fiados e que crean unha atmosfera da que o público é participe. O elenco logra manter esa aura dramática con algúns tintes de comedia durante toda a obra e isto pon en valor o necesario e fermoso que é o teatro universitario.

Sarabela convértese na gran triunfadora duns Premios María Casares moi distópicos

Premios María Casares 2021

‘A lingua das bolboretas’ leva o premio ao mellor espectáculo e ‘Os nenos da varíola’ faise co premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala ambientada nunha distopía e dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira.

Casilda García Alfaro recibe o Premio Xograresa de Outono 2021

Casilda Alfaro. Foto: Diego Seixo

A actriz e activista cultural Casilda García Alfaro acaba de recibir o máximo galardón do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) 2021, que organiza a entidade Telón e Aparte.

Presentado o programa da 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

38 MITCFC

O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.

O FLIV celebra o Día Internacional do Teatro con lecturas dos textos da Erregueté

FLIV

Esta fin de semana desenvolveranse unha trintena de actividades relacionadas coa cultura que se poderán seguir en aberto dende a web do festival e que seguirán estando dispoñibles durante un ano para a súa consulta.

Juan Mayorga: “Nos últimos tempos redescubrimos o teatro como o espazo no que podernos escoitar”

Juan Mayorga

Falamos con Juan Mayorga, un dos dramaturgos máis representados, traducidos, estudados e premiados da nosa época. Autor, entre outras pezas, de Cartas de amor a Stalin, El cartógrafo, Himmelweg, El jardín quemado, Animales nocturnos, La lengua en pedazos, Hamelin ou La paz perpetua, o teatro de Mayorga fai dialogar o pasado co presente, o individuo coa súa sociedade e a moral coa barbarie.

Soga e Cinsa

Soga e Cinsa de Aporía Escénica

Unha peza ambiciosa, como se botan de menos no noso panorama e nestes tempos de restricións, cun elenco de nada menos que 11 actrices de idades e especialidades diversas, e que amosan unha comunidade especial, unha complicidade reflectida en moitos intres laterais, case tanxenciais, a través de acenos e xestos, agarimos, palabras e enfrontamentos.

Tamara Andrés, tradutora de ‘Os Satélite’: “Abordei a tradución coa orella posta na mocidade, coa ollada sobre a lingua no futuro”

Tamara Andrés

Poeta en acción, Tamara Andrés (Combarro, 1992) é a tradutora de Os Satélite, de Ricard Gázquez: obra gañadora do XLIV Premi Born de Teatre. Graduada en tradución e interpretación e co desenvolvemento dunha tese centrada na poesía galega de autoría feminista, Andrés combina o seu traballo como tradutora e revisora co da formación e a […]

Fondo Teatral María Casares

Fondo Teatral María Casares (FTMC) O Fondo Teatral María Casares está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo (Praza de San Xoán nº 10) e é o resultado dun convenio impulsado por Xosé Manuel Pazos Varela e asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da erregueté […]