Maio, 2023
Hai máis datas para este evento21/05/2023 18:00
20mai18:00A illa da deslembranza - Ártika Cía.VIGO | SALA ÁRTIKA | FAMILIAR

Detalles
“A ILLA DA DESLEMBRANZA – ÁRTIKA CÍA” na Sala Ártika de Vigo. Data: sábado 20 de maio ás 18:00h domingo 21 de maio ás 18:00h Recinto: Sala Ártika Prezo: Venta online: Entrada Anticipada: 8 € +
Detalles
“A ILLA DA DESLEMBRANZA – ÁRTIKA CÍA” na Sala Ártika de Vigo.
Data:
- sábado 20 de maio ás 18:00h
- domingo 21 de maio ás 18:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión
En taquilla: Entrada Xeral: 10 €
Idades recomendada: + 7 anos
Duración: 50 min
SINOPSE:
Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?
A Illa da deslembranza da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzheimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.
Ficha artística
- Dirección: Manuel Mansilla
- Asistencia de Dirección: Marcos Alonso
- Autoría e dramaturxia: Martín Martínez
- Reparto: Fernanda Barrio, Rocío Salgado e Martín Maez
- Deseño e construcción escenográfica: Gustavo Brito
- Música e Espazo sonoro: Anxo Fernández.
- Deseño de Iluminación: Javier Quintana
- Deseño de Vestuario: Fernanda Barrio
- Responsable Técnico: Javier Quintana
- Producción: Anxo Fernández
Data
Sábado, 20 Maio 18:00