Marzo, 2023
03mar20:30A Nai - Amorodio TeatroTEATRO | ARTEIXO

Detalles
O 3 de Marzo de 2023 ás 20.30h terá lugar a representación de A Nai de AmorodioTeatro no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A Nai, é unha obra teatral que conta
Detalles
O 3 de Marzo de 2023 ás 20.30h terá lugar a representación de A Nai de AmorodioTeatro no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
A Nai, é unha obra teatral que conta coa colaboración de: AGADIC, Xunta de Galicia, cos concellos de Ribadavia, Caldas de Reis, Santiago de Compostela e Rianxo, coa confiteria Sila e coas Bodegas Viña Costeira.
A Nai, recibiu o Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade da Deputación de Coruña.
Dirección: Marián Bañobre
Dramaturxia: Laura Porto
Elenco: Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco
Escenografía: As dúas e punto
Iluminación: Violeta Martínez
“La Madre”, era o nome en clave do enlace da rede clandestina de ferrocarril que pasaba por Ribadavia. As persoas que chegaban á estación, debían preguntar por ela para poder acadar a liberdade. Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez eran tres irmás ribadavienses que rexentaban o quiosco da estación de tren deste concello ourensá. Pero o que ninguén soubo ata despois da súa morte é que foron responsables de salvar arredor de 500 xudeus perseguidos pola Xestapo.”
A Nai, é un espectáculo multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro trazaremos relacións entre a vida e obra das irmás Touzas e as vidas dos intérpretes. Queremos, con esta peza, contar unha historia de loita pola liberdade e a igualdade dentro dun contexto dictactorial,.
Unha peza que fala do colectivo fronte ao individual. Da bondade fronte a crueldade. Que tipo de mundo nos gustaría deixar aos nosos predecesores?
Data
Venres, 3 Marzo 20:30