Novembro, 2022
30nov21:00As alumnas - CulturactivaTEATRO | FESTIGUAL | A CORUÑA

Detalles
Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as
Detalles
Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
As Alumnas busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/ estético que se complementa coa participación de espectadores activos.
Escrita por Paula Carballeira e dirixida por Fina Calleja, está interpretada por Mónica Camaño e Anabell Gago.
Data
Mércores, 30 Novembro 21:00
Dirección
Centro Ágora
Organizador
FESTIGUAL