Maio, 2023
Hai máis datas para este evento28/05/2023 20:00
27mai20:00Backstage - Negro LópezVIGO | SALA ÁRTIKA | FAMILIAR

Detalles
“BACKSTAGE – NEGRO LÓPEZ” na Sala Ártika de Vigo. Data: sábado 27 de maio ás 20:00h domingo 28 de maio ás 20:00h Recinto: Sala Ártika Prezo: Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión En
Detalles
“BACKSTAGE – NEGRO LÓPEZ” na Sala Ártika de Vigo.
Data:
- sábado 27 de maio ás 20:00h
- domingo 28 de maio ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 5 anos
Duración: 50 min
SINOPSE:
Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Inmediatamente comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso… e todo porque o rexedor do teatro é todo un… pallaso.
Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.
Ficha artística
- Idea orixinal: Iván Davila
- Dirección: Chiqui Pereira
- Elenco: Iván Davila e Brais Iriarte
- Música e espazo sonoro: Brais Iriarte
- Escenografía e iluminación: José Faro “Coti”
- Deseño do cartel: Lucía Sánchez
Data
Sábado, 27 Maio 20:00