Outubro, 2022
16out18:00Backstage - NegroLópezTEATRO CLOWN | VIGO | ESTREA

Detalles
Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas,
Detalles
Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso… e todo porque o rexedor do espectáculo é todo un… pallaso.
Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.
Compañía: NegroLópez
Espectáculo: BACKSTAGE
Xénero: teatro clown
Autoría: Iván Davila e Loïs Blanco
Dirección: Chiqui Pereira
Adaptación e vestiario: Iván Davila e Brais Iriarte
Escenografía e deseño de iluminación: José Faro “Coti”
Deseño de son e música: Brais Iriarte
Elenco artístico: Iván Davila e Brais Iriarte
Idade recomendada: + 4 anos
Data
Domingo, 16 Outubro 18:00
Organizador
VigoculturaConcello de Vigo