Outubro, 2022
Hai máis datas para este evento29/10/2022 20:00
28out20:00El viento es salvaje (Fedra y Medea en Cádiz) - Las Niñas de CádizTEATRO | VIGO

Detalles
Dúas amigas. Tan amigas que son irmás. Só unha sombra sobre a súa amizade: “Mentres que unha crecía confiada mimada pola vida e alegre, a outra sentíase desgraciada..”. Despoxamos a Fedra
Detalles
Dúas amigas. Tan amigas que son irmás. Só unha sombra sobre a súa amizade: “Mentres que unha crecía confiada mimada pola vida e alegre, a outra sentíase desgraciada..”.
Despoxamos a Fedra e a Medea dos seus peplos e traémolas ata os nosos días, converténdoas en seres aparentemente grises. Só cando xurda o conflito asumirán de pronto unha fatalidade antiga, baixo cuxa influencia arrasarán con canto se interpoña no seu camiño. De fondo, Cádiz, unha cidade de perfil macondiano, onde todos os elementos cotiáns adquiren unha dimensión máxica que presaxia a traxedia: o perturbador vento de levante, anunciado pola frauta do afiador e pola presenza do circo nas aforas da cidade, o canto dos paxaros, o coro da veciñanza…
Unha traxedia atravesada de punta a punta pola risa. A herdanza da terra da que veñen e á que sempre volven, Cádiz, onde aprenderon que en toda historia terrible hai un paradoxo que pode levar á comedia; e, ao contrario, en todo arranque de humor, hai sempre un fondo tráxico.
Premio MAX Mellor Espectáculo Revelación 2020
Premio do Público Festival da Garnacha, Haro, 2020
Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro Festivo e Comico de Cangas do Morrazo, 2021
Premio do Público do Festival de Teatro Vegas Bajas 2021
Premio Ángeles Rubio Argüelles, outorgado polo Festival de Teatro de Málaga e o Teatro Cervantes, 2022
Compañía: Las Niñas de Cádiz
Espectáculo: EL VIENTO ES SALVAJE (FEDRA Y MEDEA EN CÁDIZ)
Xénero: teatro contemporáneo
Autoría, escenografía, deseño de son e coreografía: Ana López Segovia
Deseño de iluminación: Agustín Maza
Vestiario: Miguel Ángel Milán
Música: Mariano Marín
Elenco artístico: Alejandra López, Teresa Quintero, Ana López e Rocío Segovia
Idade recomendada: público adulto
Duración: 80 minutos
Prezo: 12 €
Data
Venres, 28 Outubro 20:00
Organizador
VigoculturaConcello de Vigo