Setembro, 2022
09set20:00Home - Antón CoucheiroFETEGA | O CARBALLIÑO | TEATRO

Detalles
Un monologuista preséntase no teatro e comeza o show, fala da infancia, do que representa facerse maior, do colexio, dos amigos… Pouco a pouco, vaise decatando de que certos chistes
Detalles
Un monologuista preséntase no teatro e comeza o show, fala da infancia, do que representa facerse maior, do colexio, dos amigos… Pouco a pouco, vaise decatando de que certos chistes xa non lle fan graza. O espectáculo cambia o tono de stand-up para comezar a deconstruírse, ata un punto no que o propio cómico se cuestiona a súa forma de entender o mundo…
HOME é un espectáculo cómico e feminista, unha crítica mordaz sobre as distintas caras do machismo, unha comedia de xénero dexenerada, un show para rirse e revisarse. Reflexionando con humor sobre a crise actual da identidade masculina, sinala a desorientación ou a virulencia coa que moitos homes parecen reaccionar ante o feminismo.
HOME trata un tema delicado desmontando o propio xénero da comedia, cunha posta en escena sinxela e versátil, que vai do stand-up ao clown, do musical ás marionetas, da parodia ao absurdo, da risa ao drama. Antón Coucheiro, apoiándose nunha cuadrilla de bonecos, encarna a unha serie de personaxes inmaduros, reaccionarios e confusos, ata compoñer unha galería de actitudes micro e macro machistas.
HOME é unha comedia deconstruída e irreverente, un espello no que o público se verá reflectido. Cun sentido do humor directo e arriscado, quere facer rir e dar que pensar, nun momento social absolutamente necesario. Un espectáculo honesto e provocador, polémico e divertido, no que o propio Antón Coucheiro se cuestiona e se burla de sí mesmo.
Data
Venres, 9 Setembro 20:00