Febreiro, 2023
Hai máis datas para este evento25/02/2023 20:00
26feb20:00Libre como os paxaros - Teatro do AtlánticoVIGO | SALA ÁRTIKA | TEATRO

Detalles
“LIBRE COMA OS PAXAROS – TEATRO DO ATLANTICO” na Sala Ártika de Vigo. Data: sábado 25 de febreiro ás 20:00h domingo 26 de febreiro ás 20:00h Recinto: Sala Ártika Prezo: Venta online: Entrada Anticipada: 10 €
Detalles
“LIBRE COMA OS PAXAROS – TEATRO DO ATLANTICO” na Sala Ártika de Vigo.
Data:
- sábado 25 de febreiro ás 20:00h
- domingo 26 de febreiro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 18 anos
Duración: 75 min
SINOPSE:
Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. Galega de pensamento libre. Chámase María Rosalía Rita de Castro.
Ficha artística:
- Elenco: María Barcala
- Autor: Rosalía de Castro/Xúlio Lago
- Dirección: Xúlio Lago
- Adaptación: Xúlio Lago
- Escenografía: Antonio Simón
- Deseño son: Vadim Yukhnevich
- Deseño iluminación: Xúlio Lago
- Vestiario: Susa Porto
- Música: Vadim Yukhnevich
Data
Domingo, 26 Febreiro 20:00