Outubro, 2022
Hai máis datas para este evento08/10/2022 20:30
07out21:00Mofa & Befa. Pirolíticos - Producións Teatrais ExcéntricasCARBALLO | FIOT | TEATRO

Detalles
Co gallo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, pero mantendo
Detalles
Co gallo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, pero mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo.
Pirolíticos é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas.
Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa, e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) Pirolíticos escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.
Mofa e Befa saen do armario con lentes violeta e non lles quedan nada mal.
Compañía: Producións Teatrais Excéntricas En coprodución co FIOT (Festival Internacional Outono Teatro de Carballo).
Intérpretes: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira
Autoría: Lucía Aldao, María Lado, Clara Gayo
Dirección: Clara Gayo
Duración: 90 min
Data
Venres, 7 Outubro 21:00