Marzo, 2023
Hai máis datas para este evento11/03/2023 20:00
10mar20:00Mofa e Befa: pirolíticos - ExcéntricasVIGO | SALA ÁRTIKA | TEATRO

Detalles
“MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS – PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo. Data: venres 10 de marzo ás 20:00h sábado 11 de marzo ás 20:00h domingo 12 de marzo ás 20:00h Recinto: Sala Ártika Prezo: Venta online:
Detalles
“MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS – PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.
Data:
- venres 10 de marzo ás 20:00h
- sábado 11 de marzo ás 20:00h
- domingo 12 de marzo ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 13 anos
Duración: 90 min
SINOPSE:
Con motivo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, pero mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo. Pirolíticos é esencialmente unha guía para orientar o público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólisis en 10 pasos sinxelos.
Do mesmo xeito que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado “sen carga total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas.
Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa e, por suposto, con música (nesta ocasión, cun marcado estilo perrallas rock) Pirolíticos escenifica situacións ben reconocibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólisis”.
Mofa & Befa saen do armario con lentes violeta e non quedan nada mal.
Ficha artística:
- Espazo Escénico e Atrezzo: Marcelino de Santiago, Kukas
- Espazo Lumínico: Octavio Mas
- Vestiario: Xulia Brens
- Música: Piti Sanz
- Grafismo: Natasha Lelenco
- Fotografía: Sabela Eiriz
- Vídeo: Sonia García (Seimeira Producións)
- Inventiños: Pepe Penabade
- Corrección Lingüística: Ana Triñáns
- Produción: Rubén G. Pedrero
- Autoría: Lucía Aldao e María Lado
- Dirección: Clara Gayo
Data
Venres, 10 Marzo 20:00