Outubro, 2022
07out20:00Outrora Nós - MevadeusTEATRO XESTUAL | VIGO | ESTREA

Detalles
Segundo a Real Academia Galega: Outrora adverbio 1.Hai tempo, antes. 2.Noutro momento. Catro xoves, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seríamos nós outrora nós? O amor e a
Detalles
Segundo a Real Academia Galega:
Outrora
adverbio
1.Hai tempo, antes.
2.Noutro momento.
Catro xoves, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seríamos nós outrora nós?
O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma.
Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.
Compañía: Mevadeus
Xénero: teatro xestual
Autoría: Mevadeus
Dirección: Alba Rodríguez Villar
Coreografía: Mevadeus
Escenografía e deseño de iluminación: As dúas en punto
Deseño de son: Brais Pombo, Inés Santos, Mara Neira e Bal Castro
Vestiario: As dúas en punto
Música: Mevadeus
Elenco artístico: Bal Castro, Mara Neira, Inés Santos e Brais Pombo
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto (+14)
Duración: 70 minutos
Data
Venres, 7 Outubro 20:00
Organizador
VigoculturaConcello de Vigo