Setembro, 2022

Detalles
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século e todo o que o rodea. Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea o comportamento
Detalles
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século e todo o que o rodea.
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea o comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un paseo lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol. Un paseo polo que se ve no campo e os arredores, e tamén un paseo polo oculto, polo que sucede fóra da nosa visión, nos vestiarios, nos palcos e mesmo no interior das cabezas dos protagonistas.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un choque entre a razón e a emoción.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un partido entre o cómico e o dramático.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un xogo entre os intérpretes e o espectador.
Que gane o mellor!
Textos: Nacho Carretero
Dramaturxia: José L. Prieto
Dirección: Tito Asorey
Produción executiva: Nacho Carretero, Xosé A. Touriñán, Javi Lopa, Álvaro Pérez Becerra e Fran Núñez
Escenografía: José Faro ‘Coti’
Iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Composicións musicais: Vadim Yukhnevich
Coreografías: Mónica García
Axudante de dirección: Sara Rey
REALIZACIÓNS:
Vestiario: Laura Baena
Coordinación e corrección de textos | Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Asistentes de produción: Keka Losada e Anxo Fernández
Fotografía: Aigi Boga
Vídeo: Jairo Iglesias
Deseño gráfico: Artur Galocha
Produción: Ainé. Álvaro Pérez Becerra
Duración: 100 min.
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos
Data
Xoves, 29 Setembro 20:00 - Domingo, 23 Outubro 20:00
Dirección
Salón Teatro - CDG
Rúa Nova nº 34 - 15705 Santiago de Compostela
Organizador
CDG - Centro Dramático GalegoO Centro Dramático Galego é unha unidade de produción dentro da AGADIC. Mais tamén é unha unidade de creación, con vida propia, un lugar onde xerar ideas, difundilas. E como tal débese desenvolver e expandir. O CDG é un referente e un apoio para a creación dramática galega.