Xaneiro, 2023
14xan21:00Recortes, caneos e outras formas de driblar - CDG e AinéTEATRO | LUGO

Detalles
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século e todo o que o rodea. Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea o comportamento
Detalles
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século e todo o que o rodea.
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea o comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un paseo lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol. Un paseo polo que se ve no campo e os arredores, e tamén un paseo polo oculto, polo que sucede fóra da nosa visión, nos vestiarios, nos palcos e mesmo no interior das cabezas dos protagonistas.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un choque entre a razón e a emoción.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un partido entre o cómico e o dramático.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un xogo entre os intérpretes e o espectador.
Que gane o mellor!
Textos: Nacho Carretero
Dramaturxia: José L. Prieto
Dirección: Tito Asorey
Produción executiva: Nacho Carretero, Xosé A. Touriñán, Javi Lopa, Álvaro Pérez Becerra e Fran Núñez
Escenografía: José Faro ‘Coti’
Iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Composicións musicais: Vadim Yukhnevich
Coreografías: Mónica García
Axudante de dirección: Sara Rey
REALIZACIÓNS:
Vestiario: Laura Baena
Coordinación e corrección de textos | Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Asistentes de produción: Keka Losada e Anxo Fernández
Fotografía: Aigi Boga
Vídeo: Jairo Iglesias
Deseño gráfico: Artur Galocha
Produción: Ainé. Álvaro Pérez Becerra
Duración: 100 min.
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos
Data
Sábado, 14 Xaneiro 21:00