Setembro, 2022
30set18:00Toupiciencia Show - A Xanela do MaxínMONICREQUES | INFANTIL | NEDA

Detalles
A Xanela do Maxín presenta este espectáculo de monicreques para público infantil e familiar no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego nun espazo de convivencia e
Detalles
A Xanela do Maxín presenta este espectáculo de monicreques para público infantil e familiar no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego nun espazo de convivencia e proximidade. Nel tamén se comparten experiencias e ábrese o camiño ao diálogo e interacción.
A Toupiña e o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.
Data
Venres, 30 Setembro 18:00
Dirección
Casa da Cultura de Neda
AV. ALGECIRAS, 61, 15510, Neda