A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública. […]
Categoría: Libros
Presentación do libro ‘As comedias de Tiruleque’ no Carballiño
Hoxe, xoves 21 de novembro, preséntase no Carballiño o libro As comedias de Tiruleque, que contén catro obras de teatro que no seu momento escribiu Pepe Prada para a compañía Tiruleque: Silicon Valley, Club PK2 (Comedia de Crimes e Sexo), Paga e cala (Pay and shut up) e O5 Co2no5 con cou54 d€ 3. A presentación […]
Presentación de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva
O vindeiro mércores 13 de novembro, ás 19:00, no Centro Cultural do Concello de Porriño, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, a obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES […]
Manuel Quintáns presenta en Brión un novo libro sobre Roberto Vidal Bolaño
| Foto: Quique Alvarellos | O vindeiro mércores 23 de outubro, ás 20:00, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Brión, presentarase o libro Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, escrito polo profesor Manuel Quintáns e publicado polo Centro Ramón Piñeiro. No acto participarán, ademais do propio autor, Valentín García Gómez, secretario […]
Jorge Rey presenta o seu novo libro dentro das actividades de Galicreques
Hoxe, xoves, 17 de outubro, o Festival internacional Títeres Galicreques ofrecerá un total de seis funcións repartidas pola Fundación SGAE, o Teatro Principal, o CSC de Fontiñas e a Carpa da Alameda. O protagonismo da xornada repartirase entre dous grandes actos: a estrea absoluta de Finisterrae, o último ultramarinos, da compañía galega Títeres Alakrán, e […]
Laiovento publica o ‘Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña’, a primeira obra impresa en galego
O descubrimento desta obra retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Edicións Laiovento vén de publicar O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña, unha obra de Salvador Francisco Roel que foi representada na Coruña en 1707 e impresa en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha […]
Bernardino Graña publica ‘Lobísimo do saco. Tres titiritadas’
A editorial Galaxia vén de publicar un volume que reúne tres obras teatrais para nenos de Bernardino Graña. Lobísimo do saco. Tres titiritadas, que foi presentado o pasado venres en Vigo coincidindo co 87º aniversario do escritor, contén dúas pezas recuperadas de revistas, Sinfarainín contra don Perfeuto e Os burros que comen ouro (nunca cabalos […]
Embora publica ‘A pequena compaña’, de Carlos Labraña
Edicións Embora vén de publicar A pequena compaña, obra de Carlos Labraña que gañou a VIII edición do Premio Estornela de Teatro para Nenos, convocado pola Fundación Neira Vilas, en decembro de 2014. O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez, destacara na acta de concesión do premio «a perfecta caracterización […]
Presentación no Festigal da ‘Obra Teatral’ de Manuel María
Manuel María. Obra teatral, editado pola Casa Museo Manuel María, presentarase o vindeiro día 25 de xullo na Galería das Letras do Festigal 2019, no campus sur de Santiago de Compostela, ás 17:30. Participarán nesta presentación María do Pilar García Negro, responsábel da edición, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María. Obra teatral reúne, por primeira […]
Presentación de ‘O Novo Teatro Galego en Perlío’, de Francisco Oti, en Fene
O vindeiro venres 12 de xullo de 2019, ás 20, no Local da Asociación de Veciños de Limodre (Fene), presentarase o libro O Novo Teatro Galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo, de Francisco Oti, publicado por Ediciones Invasoras. Acompañarán ao autor nesta presentación Justo Martínez Ardá e Gonzalo Rodríguez Calvo. As décadas de […]
Kalandraka anuncia a publicación do ‘Citizen’ de Chévere en xullo
A editorial Kalandraka anuncia para o vindeiro mes de xullo a saída ao mercado de Citizen, da compañía Chévere. Será o cuarto volume da Biblioteca de Teatro, que xa publicou anteriormente Río Bravo, Annus horribilis e outros musicais e Eroski Paraíso. Citizen inspírase no filme Citizen Kane, de Orson Welles, para contar a historia […]
Galaxia publica ‘O home traveseiro’ de Martin McDonagh
A Editorial Galaxia, vén de publicar O home traveseiro, de Martin McDonagh, en tradución de Manuel Vieites, un volume que fai o número 13 da súa Biblioteca ESAD, onde xa se publicaron obras doutros autores contemporáneos que marcan a dramaturxia contemporánea: Thomas Bernhard, Heiner Müller, Sarah Kane, Caryl Churchill… McDonagh é un dos autores dramáticos máis […]
Presentación en Compostela da ‘Historia de la danza contemporánea en España’
O sábado 25 de maio ás 12:30, no ambigú do Teatro Principal de Santiago de Compostela, presentarase o volume 1 da Historia de la danza contemporánea en España, editado pola Academia de las Artes Escénicas de España. O acto contará coa presenza de Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural e Festas do Concello de Santiago, […]
‘Eroski Paraíso’ gaña o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron onte a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Eroski Paraíso, de Chévere, editada por Kalandraka, foi a obra gañadora na categoría de Teatro. […]
Representación de ‘O valo’ na libraría Berbiriana da Coruña
Hoxe, venres 10 de maio, ás 19:30, Os Furabolos representarán, na Libraría Berbiriana da Coruña, O valo, de Carlos Labraña, obra coa que o autor conseguíu o IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2016. O valo –publicada por Xerais– é un texto que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz […]