Edicións Positivas publicará ‘Doppelgänger’, de Paula Carballeira

Edicións Positivas anuncia a publicación de Doppelgänger, de Paula Carballeira. A obra, que se estreará o vindeiro 24 de xaneiro no Salón Teatro, é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego, resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases. A primeira etapa de investigación e […]

Alentía, nos “Venres de Teatro” da Libraría Pedreira

O vindeiro venres 16 de novembro, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela continúa co seu proxecto “Venres de Teatro”. Nesta ocasión serán os compoñentes de Alentía Teatro, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas, os convidados a representar Manancial de Fantasía, un espectáculo que presenta varias historias vivenciadas por aprendices de pallasos que percorren o universo dos […]

Fundación SGAE publica ‘Raclette’, de Santiago Cortegoso, en edición bilingüe

A Fundación SGAE publicou dúas das obras finalistas a Mellor autoría teatral dos XX Premios Max de las Artes Escénicas: Raclette de Santiago Cortegoso e Solo son mujeres (Només són dones) de Carmen Domingo. Ambas publicacións súmanse á colección Teatroautor que edita a entidade e que conta con máis de 200 obras de teatro publicadas. O impacto de Raclette está fóra […]

Libros: novidades

  Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable […]

O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de ‘Divinas Palabras Revolution’

A versión en galego da obra teatral de Valle-Inclán Divinas Palabras realizada por Manuel Cortés e Xron para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global é obxecto do terceiro número da colección editorial O Papel do Teatro, creada para darlle difusión aos textos das producións propias da compañía […]

Vigo acolle a presentación do libro ‘Lembranzas da arte escénica’ de Maximino Queizán

A Casa da Cultura Galega en Vigo acolleu onte a presentación do libro Lembranzas da arte escénica, de Maximino Fernández Queizán. O volume, que vén de ser editado pola Deputación de Pontevedra, recolle as reflexións e a experiencia ao longo dos cincuenta anos da carreira teatral do creador vigués e complétase cun tratado de dirección […]