Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.
Categoría: por Afonso Becerra
Cuestión de egos
En Galiza tes que ir con coidado, case como se foses pisando ovos, para non ferir susceptibilidades nin egos, porque iso parece ser o que máis importa e pode foder ou dificultalo todo. O ego vén a ser como a leiriña, ten uns marcos e nin se che ocorra rozalos ou movelos un pouco.
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.