in

Teatro Aberto estrea ‘A trenza dos feitos amargos’

Xoán Carlos Riobó dirixe esta peza baseada no libro ‘Lola, filla de Cangas’, de Asun Bernárdez Rodal

Teatro Aberto cartel. (2)
Fragmento da imaxe do cartel da peza 'A trenza dos feitos amargos'

O grupo amador Teatro Aberto de Cangas estrea a obra A trenza dos feitos amargos mañá, venres 14 de xullo, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela. A peza, dirixida por Xoán Carlos Riobó, está baseada no libro Lola, filla de Cangas, de Asun Bernárdez Rodal, editado pola Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto.

En 16 cadros escénicos, vaise contando  a historia, feita a partir do fío das lembranzas, que deixou Lola Rodal Blanco. A súa familia estivo implicada en loitas sociais e políticas e sufriu a dura represión na rebelión militar contra a República que acabou poñendo a Franco no poder en España despois do ano 1936. O elenco está formado por Marina Fandiño, Xavier Fernández, Pilar Ferrari, Araceli Gato, Antón Lamapereira, Francisco Lariño, Pilar Malvido, Cristina Rial, Fina Rodríguez, Merchi Vidal e Serafín Villar.


Publicidade

Que é Teatro Aberto?

O grupo xorde dun proxecto presentado á dirección da Escola de Adultos do IES Rodeira de Cangas por Xoán Carlos Riobó e Antón Lamapereira durante o curso 2016-2017. Chámanlle Teatro Aberto porque este grupo “non está pechado en canto ás súas temáticas e porque desexa a colaboración doutras persoas que poidan integrarse nas diferentes tarefas que esixe unha produción teatral de carácter afeccionado”. As anteriores montaxes que realizaron son: Mulleres da mar tendida, Cea de noiteboa, Acción Teatral no Palco da Alameda Vella no Revoltallo da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) e Acción Teatral, A pandemia Covid 19, no Revoltallo da XXXVIII MITCFC.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Teatro Extremo

Festival Sementes: 28 anos sementando o presente e o futuro

'Il compleanno' de Tieffe Teatro Milano. Foto: Tommaso Le Pera.

‘O aniversário’ de Harold Pinter. Encenação de Peter Stein