Revista Galega de Teatro

Publicidade

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín Informativo #23

Xaneiro-Febreiro-Marzo 2022

Debido a cuestións organizativas, durante este ano 2022 a periodicidade deste Boletín será trimestral. De todos os xeitos os seus obxectivos seguirán a ser os mesmos: dar conta dos fondos de libros e revistas de teatro e danza que están a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca Central Pública de Cangas.

Tentarase que esta información recolla tanto os materiais xa existentes coma as novas achegas e asemade en cada un dos boletíns a escolma prestará atención ao que lle poida interesar aos profesionais, aos afeccionados e ao teatro escolar.

Unha orientación xurídica para a creación artística en Galicia, catro textos de dous grandes dramaturgos galegos, unha peza en castelán, un caderno de dramaturxia contemporánea máis unha versión escénica portuguesa suman a oferta que nesta ocasión ofrece o FTMC.

Unha iniciativa pola que brinda Manuel Lourenzo na dedicatoria do seu libro: Con emoción e un agradecemento sen límites para todas as persoas que lle deron vida ao Fondo Teatral María Casares… Gloriosa xente do Morrazo! Unha aperta ben forte. Manuel Lourenzo. Tirán, 25.01.2020.

Guía legal para autores e artistas de Galicia

de Ramón Rey García

Xunta de Galicia e Universidade de Santiago, 2021.

DFW nas profundidades da tristeza infinita

As cancións que lles cantaban aos cativos
de Raúl Dans

Edicións Laiovento, 2021

En opinión de Xaime Fandiño, profesor xubilado da USC e Creador audiovisual, esta guía está dirixida aos profesionais da creación en xeral, aos diferentes axentes da industria cultural e a todas aquelas persoas que, sen formación específica no ámbito xurídico, precisen consultar calquera aspecto legal relativo á autoría. Concibida desde unha vocación decididamente divulgativa e coa intención de dar a coñecer os aspectos básicos da lexislación sobre a creación artística, a obra non escatima o rigor académico. A colaboración de numerosos expertos de recoñecido prestixio, a través de artigo complementarios dos diferentes capítulos do libro, incrementan a aproximación a unha realidade complexa de xeito que o achegamento ao escenario dos dereitos de autor tanto do público xeral como especializado resulta máis doado, accesible e amable.

En DWF nas profundidades da tristeza infinda o autor afronta un audaz reto dramatúrxico entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de “non ficción”. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Walace e Jonathan Franzen.

A acción de As cancións que lles cantaban aos cativos ( XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvolvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía unha presa de ETA que ven de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.

A larva furiosa/ Adeus, Madelón

de Manuel Lourenzo

Espiral Maior, 2003

Mecanismo para viejo psiquiátrico y 7 locos auténticos

de Julio Fernández Peláez

Ediciones Invasoras, Teatro, 2016

O argumento de A larva furiosa, que finca a súa raíz no despertar da democracia, alerta sobre as pretensións das institucións políticas de se trocaren en patronal da cultura, feito históricamente constatado e que rebaixa o feito teatral á condición de fútil ornamento.

Adeus Madelón trata da manipulación que un poderoso consorcio informativo fai dun caso criminal. Seguindo os pasos dun proceso real que fora moi famoso por aqueles anos, o autor critica abertamente a utilización degradatoria -e interesada- da noticia.

En ambas obras campa con firmeza un compromiso ético e estético coa arte do teatro, que é tanto como dicir-son palabras do autor-coa dignidade conxunta dos seus actores e dos seus destinatarios.

Manuel Lourenzo ( Ferreira do Valadouro, Lugo 1943) dramaturgo, ensaísta, actor, director teatral e tradutor é unha das persoas máis sobranceiras do panorama teatral e cultural contemporáneo.

Como dramaturgo está en posesión, entre outros, dos premios Abrente, Ditea, Xeración Nós, Rafael Dieste e Premio Nacional de Literatura Dramática do Estado español.

Voces que procuran solucións imaxinarias ao conflito da existencia coma excepción, froito da casualidade insólita que é a vida mesma. Voces que xorden desde a confusión para afondar nela e facer do labirinto, unha caixa de luz.

Mecanismo para viejo psiquiátrico y 7 locos auténticos é un exercicio de escritura libre onde a poesía decide non aceptar convención escénica ningunha, ofrecéndose así ao vertixe dunha locuaz e luminosa loucura. Personaxes sen identidade cabalgan sobre a palabra que os anima e que lles da vida, para constituírse en seres capaces de construír lugares espidos nos que os sentidos espertan con cada fonema.

De cara a súa posible posta en escena o autor suxire que o reparto sexa para sete actores, nun espazo completamente baleiro sen entrada e saídas.

Este texto gañou o I Premio Cuenca a Escena.

Cuadernos de Dramaturgia Contemporánea. Nº 26.

Alicante, 2021.

O Gato Malhado e a Andorinha Sinha.

Versâo cénica de uma história de amor.

Teatro do Noroeste. Centro Dramático de Viana. Peças do Noroeste nº 3.

Neste último volume, editado pola Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos, subliñamos, dentro do capítulo dedicado aos autores e a dramaturxia actual, as colaboracións de Clàudia Cedó: la responsabilidad del autor”; de Patxo Tellería: Una breve reflexión sobre mi trabajo como autor e a de Vanesa Sotelo: Señales de humo en medio de la niebla.

No capítulo En torno al teatro, Fernando Cerón Sánchez-Puelles escribe sobre Dramaturgias en español; Eduardo Pérez Rasilla: La traslación de la palabra como estrategia dramatúrgica en la escena española contemporánea; Sonia Alejo: La primera Asociación territorial de Autoría Teatral. AVEET, hacer necesario lo invisible e finalmente David Ferré escribe sobre Apropiación cultural y traducción del valor estético al valor político.

Sinalamos que no FTMC, pola amabilidade do equipo de dirección da Muestra de Teatro Español Contemporáneo, recibimos todos os números dos Cuadernos de Dramaturgia Contemporánea. Polo demais recomendamos visitar a súa páxina www.muestrateatro.com na que se poden atopar, dentro do apartado Dramaturgias Actuales, os textos seleccionados nas convocatorias que realiza o Instituto Nacional das Artes Escénicas (INAEM). Entre outros os de Vanesa Sotelo, Fran Godón, Roi Vidal publicados en lingua galega.

Esta versión escénica do conto de Jorge Amado, está realizada por Alexandre Calçada, Ana Perfeito, Elisabete Pinto e Tiago Fernandez quen tamén a dirixíu.

O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá constitue moito máis que un texto para a infancia. Hai na obra unha contemporaneidade que só coñecen os grandes clásicos.

Enganase quen pensa que unha andoriña non pode namorar dun gato . Esta é a historia que a Mañá ouviu do Vento e contou ao Tempo. Unha historia de amor.

Unha reflexión sobre un mundo de prexuizos, desigualdades, inxustizas, incomprensión e pouco amor ou polo menos non o suficiente. Porque é iso que nos move e ilumina e é iso, amor, o que o mundo necesita.

O espectáculo O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, 143 montaxe do teatro do Noroeste-CDV, foi estreada o 27 de febreiro de 2020 no Teatro Municipal Sá de Miranda en Viana do Castelo.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Publicidade
Publicidade
close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.