# Erregueté > Revista Galega de Teatro ## Posts - [Otelo](https://erreguete.gal/2014/10/07/otelo/): “Así caen los imbéciles” | Camilo Franco |   Facer unha versión de Otelo con personaxes manipulados é o colmo da coherencia. Otelo pasa por ser unha obra sobre os ciumes pero é, en realidade, unha obra sobre a manipulación, sobre como as palabras exactas pronunciadas no momento oportuno inflúen nos actos para mal. Viajeinmóvil deixa a historia de Shakespeare reconcentrada en cinco personaxes, pero son catro en realidade os que moven a historia, esta historia de de manipulación e inducción. Unha historia contada con intérpretes de carne e óso e con bonecos de cabeza hierática e corpo algo fantasmal. En […] - [Dalí versus Picasso](https://erreguete.gal/2014/09/24/dali-versus-picasso/): Compromisos dubidosos Manuel Xestoso   Un encontro entre Dalí e Picasso nun apartamento parisiense en 1937. A cidade de Gernika acaba de ser bombardeada. Dalí acaba de rematar o seu cadro Construción branda con fabas fervidas (Premonición da guerra). Picasso recibe o encargo, do goberno da República, de presentar unha obra para o pavillón español da Exposición Internacional de París. O diálogo entre os dous grandes da arte –ambos exiliados– xira sobre a actualidade política e ambos retrátanse ante os acontecementos que están a ter lugar. O enfrontamento entre as tópicas dúas españas convértese nunha contenda entre dúas visións artísticas e […] - [O pack cósmico](https://erreguete.gal/2014/09/23/o-pack-cosmico/): Atravesando paredes | Carla Capeáns |   A compañía pontevedresa Bértola Teatro Desmontable chegou esta fin de semana á Zona C de Santiago de Compostela co seu espectáculo O pack cósmico que é, en realidade, unha triloxía de microteatro. En O que ten cu ten medo (a primeira parte da peza) os socios internacionais do presidente do goberno, membros todos eles do club Bilderberg, proporciónanlle un singular enxeño capaz de combater a crise. É na segunda parte onde toman un maior protagonismo as dúas secretarias do presidente, que por unha estraña Coincidencia cósmica comezan a dicir e a facer exactamente o […] - [Cena con amigos](https://erreguete.gal/2014/09/22/cena-con-amigos/): Fóra de campo | Camilo Franco |   Son interesantes os problemas dos demais? Son interesantes porque si ou porque non son nosos? Descontando o efecto lupa que o teatro é para os problemas, quizais a busca de un teatro inmediatamente humano teña máis que ver coa idea particular que cada quen teña do que é humano. A estatística asegura que hai poucas cousas que a humanidade leve practicado tanto como matar e, sen embargo, matar non parece humano. Case seguro que estamos de acordo en que os problemas das parellas son humanos. Quizais tanto como para identificalos como problemas xerais, […] - [Misterio cómico](https://erreguete.gal/2014/09/16/misterio-comico/): O desacato do xograr | Manuel Xestoso |   En 1969, cando foi escrita, esta obra tiña, sen dúbida, outro significado. Tamén o espazo xoga as súas cartas: en Italia, a omnipresencia da Igrexa en todos os campos da vida social –incluída a política– propiciaba unha lectura en clave de actualidade que talvez hoxe non somos quen de recoñecer. Teatro do Morcego xa a puxo en escena hai vintecinco anos e tamén o sentido era outro, máis apegado a unha sociedade que acababa de saír dun réxime que impuña o clericalismo e a confesionalidade como sinal de identidade. Non obstante, a […] - [Atlas de geografía humana](https://erreguete.gal/2014/09/15/atlas-de-geografia-humana/): A progresía ensimesmada e o teatro decorativo | Camilo Franco |   Ultimamente miro arredor e parece que hai moita xente que presume de intelixencia e que non percibiu que o ciclo cambiou. Ou se o percibe, segue mirando a outro lado a ver se non pasa nada. Pásalle a algunha xente de pretendido bo humor que di facer humor non comprometido pero saca punta do insólito V dos cataláns, ou tamén pasa con fenómenos do humor e a súa parroquia que acaban por entregar o seu patrimonio a uns xogos de palabras que, recoñecendo que son de grupos cultos, seguen falando […] - [Bye bye honey](https://erreguete.gal/2014/09/11/bye-bye-honey/): A realidade sen redención | Camilo Franco |   Hai dous xeitos de contar a historia: institucionalmente ou como é. Institucionalmente todo adquire unha pátina de transcendencia tirando a enganosa que é a que, en realidade, facilita a manobra de faltar á verdade. A historia como é ten menos verniz e pode ser que pareza perralleira porque a vida, tal cal é, ten bastante diso: desorganización e destempo. Normalmente son os institucionalistas quen acusan de falta de peso aos outros. Teñen moito ollo para iso. Bye bye honey é unha historia da vida mesma aínda que unha grande parte da poboación […] - [Máncasme man](https://erreguete.gal/2014/09/08/mancasme-man/): Unha fera indómita que fende as murallas | Afonso Becerra de Becerreá |   A noite do catro de setembro, no Clavicémbalo de Lugo, asistín a unha revelación teatral co texto Máncasme man. O home que mancaba as mulleres, escrito e actuado por Iria Acevedo. Un pequeno gran espectáculo de cabaré sobre o amor e o desamor, que consegue non caer nos tópicos temáticos nin no chiste fácil. Iria parece facer súa a máxima aquela de Thelonious Monk que avoga pola arte libre, sen as concesións ao que se supón que a xente demanda, na súa maioría educada (estragada) polos estándares […] - [Improperio D.F.](https://erreguete.gal/2014/09/01/improperio-d-f/): Improvisar e non morrer no intento | Inma López Silva |   Improvisar non é nada fácil. Non só require unha importante formación actoral que permita manexarse rapidamente en distintos rexistros, tendo en conta, dunha forma case automática, o contexto, a situación e as relacións con todo o que comparte escena co improvisador. Ademais fai falla ter chispa, rapidez mental, esa sorte de intelixencia enxeñosa que marca a diferenza entre a improvisación como exercicio e a improvisación como espectáculo. Así de atrevidos, xa que logo, son este grupo de novísimos actores e actrices que crearon a compañía Triatreros para ofrecer este […] - [Té con Kant](https://erreguete.gal/2014/08/25/te-con-kant/): Luces, democracia, acción! | Roi Vidal Ponte |   Facer participar ás destinatarias é un dos clixés do mundo contemporáneo. Vémolo nas mensaxes sobreimpresionadas dos programas televisivos e nas acampadas nas prazas do Movemento Indignado. Tanto no Gran Irmán como na televisión á carta, agora é a audiencia a que decide. No teatro, hai xa ben tempo que se acabou de romper a cuarta parede e que aceptamos a frontalidade e a narración cara a cara. Mais poucas veces coma en Té con Kant a relación entre escenario e público resulta tan verdadeira. E non só porque a obra se resolva […] - [Go on!](https://erreguete.gal/2014/08/22/go-on/): Depende | Camilo Franco |   Imos supoñer que Galicia é así: prados para a festa do cabrito, ríos para a festa da troita, arboredas para a festa do pulpo e pinares que move o vento para ese festival incendiario de todos os veráns. Os galegos temos dereito a rirmos de Galicia, pola brava e ao vivo. Temos dereito a rirnos moito máis do que temos dereito a mirar para outro lado. Pero o humor, como calquera outra cousa, é todo máis ou menos por un igual. O que cambia é que facemos con el. Go on! céntrase con moito ánimo nos […] - [Sigue buscando](https://erreguete.gal/2014/08/18/sigue-buscando/): O teatro baleiro á procura dos corpos | Roi Vidal Ponte   A ninguén se lle escapa que o teatro galego se divide entre quen pensa que hai que facer un teatro posdramático para conectar cun público novo e quen opina que esas pallas mentais son propias dunha elite de modernos urbanitas e que o que hai que facer é o teatro de toda a vida. Algúns resistimos no centro deste debate mudo, co único desexo de que o choque sexa cada vez máis forte e dea paso a unha definitiva normalización teatral que forneza os escenarios do mellor de cada […] - [Peor imposible](https://erreguete.gal/2014/08/12/peor-imposible/): Un xogo moi desvergonzado | Carla Capeáns |   Peor imposible é o cuarto espectáculo de Peter Punk, un pallaso galego que leva ás súas costas arredor de novecentas funcións. Máis de dez anos de traxectoria profesional fan de Peter Punk (Isaac Rodríguez) un dos pallasos de rúa máis coñecidos e recoñecidos de toda Galicia. Chega a escena un Peter Punk extasiado polo éxito acadado nas súas xiras internacionais e convencido de que xa nada pode saír mal. Pero o que non sabía Peter e que as cousas sempre poden ir a peor. Neste espectáculo de rúa hai divertimento, perigosos equilibrios […] - [Agardando estarás ti](https://erreguete.gal/2014/08/07/agardando-estaras-ti/): Tempo ao tempo | Manuel Xestoso |   Hai máis de sesenta anos que se estreou En attendant Godot e semella que o tempo segue xogando ao seu favor. O tempo, precisamente, é un dos temas principais da obra: o tempo interior, o tempo que se manifesta no fluír da conciencia. Agardando estarás ti é unha relectura de Godot que pon en primeiro plano esta dimensión temporal, pero que trata de lle engadir esa conciencia do tempo transcorrido dende a estrea da obra orixinal. O escenario está cheo de xornais vellos e, nalgún momento, un dos personaxes refírese a eles como […] - [As pombas de carboeiro](https://erreguete.gal/2014/08/04/222-2/): Os versos da historia | Camilo Franco |   Por motivos tratados profusamente case sempre aceptamos que a historia dos demais é superior á nosa. En xeral e acriticamente. Aceptamos a historia e, de aí, pasamos a aceptar que a ficción dos outros é mellor que a nosa. En xeral, sen discutilo. Como que cando alguén che pide que cites os teus autores favoritos a división do mundo consiste en saber se son norteamericanos, franceses, italianos ou sudamericanos (perdoade esta última xeneralización, pero somos así de brutos). Pola mesma operación tamén pensamos que a literatura popular é mellor a dos demais […] - [Trash](https://erreguete.gal/2014/07/27/188-2/): O futuro da música | Roi Vidal Ponte |   Xa van alá cen anos desque o pintor italiano Luigi Russolo escribira o seu manifesto sobre a música dos ruídos (L’arte dei rumori, 1913) enmarcado nese pistoletazo de saída que o futurismo foi para as vangardas do século pasado. Reivindicaban os futuristas unha arte completamente nova, moi dinámica, e por aí atoparon unha maneira de se enfrontar co público bastante nova e bastante dinámica que despois deu en se chamar performance. O propio Marinetti baseaba a súa renovación na estética do music-hall ou do circo; pero un circo feito na casa, […] - [Una niña](https://erreguete.gal/2014/07/27/186-2/): Refutación de Robinson | Manuel Xestoso |   Unha personaxe, unha muller, que vive excluída da sociedade –talvez nunha illa, talvez nunha beira agochada–, reciclando o refugallo que atopa, vivindo dos restos que desbota a sociedade da que se apartou. Podería lembrar á Suzanne de Leonard Cohen se non fose porque aquí o agónico está pasado polo filtro do clown, un pouco pola inxenuidade desconcertada de Jacques Tati. Un día, entre os restos que o mar lle devolve, aparece unha nena nunha botella e, con ela, o conflito: se inicia o diálogo coa inesperada visitante, pode perder a comodidade do seu […] - [Ultranoite no país dos ananos](https://erreguete.gal/2014/07/26/ultranoite-do-pais-dos-ananos/): Cara a cara coa derrota | Carla Capeáns |   Xa pasaron vinte anos dende aquela primeira Ultranoite na Sala Nasa de Compostela. Unha nova forma de facer e ver teatro que remataría por conquistar definitivamente ao público galego. A fórmula é a seguinte: unha manchea de realidade social e política aderezada con sátira e humor e degustada nun ambiente distendido e familiar. Pero chegou o día no que Chévere lle dixo adeus á Sala Nasa, mais non foi quen de despedirse das Ultranoites. Mudáronse ao Auditorio da Ramallosa (no Concello de Teo) e é alí onde tomaron asento como compañía […] - [Que vaya bonito](https://erreguete.gal/2014/07/26/que-vaya-bonito/): A dez centímetros de ti | Carla Capeáns |   Teatro de Cerca, nada no 2003 en Cataluña, é unha compañía formada por tres creadores que apostan por un “facer” diferente. Coñecidos e recoñecidos son os seus espectáculos “domésticos” nos que toman como escenario o salón dunha casa, o da túa ou o da miña. Que vaya bonito é unha festa. Unha festa con comida e bebida á que o público acode como invitado. Asistimos á festa sorpresa de despedida de David, que marcha vivir a México. Alí estamos todos, nós (amigos e familiares de David) e os seus dous irmáns. […] - [Decamerón, historias para tempos ruíns](https://erreguete.gal/2014/07/25/decameron-historias-para-tempos-ruins/): A arte do xograr | Manuel Xestoso |   Hai que comezar por matizar: un contacontos ao uso é unha figura que se pon por riba dos seus personaxes, que os utiliza como estratexia para seducir ao público. A relación co auditorio é directa e o éxito depende da súa habilidade para transmitir a narración, para establecer uns lazos co espectador que convenzan da veracidade da historia. Cándido Pazó opera de forma completamente oposta: ponse ao servizo dos personaxes para que sexan eles os que cheguen á platea, os que falen directamente á audiencia. Interpreta, simula, encarna os defectos e virtudes […] - [Alemania](https://erreguete.gal/2014/07/25/alemania/): Un esbozo | Manuel Xestoso |   É un esbozo de traxicomedia, ou se se quere, de sainete político. O teatro arxentino dos últimos anos tennos afeitos a contemplar familias disfuncionais que son, en realidade, metáforas dun país que afunde baixo unha crise sen precedentes. Alemania segue este ronsel e cóntanos a historia dun escritor que volve ao fogar que abandonou sen explicacións dezaoito anos atrás, para superar, coa que agora considera “a súa verdadeira familia”, o suicidio da súa nova esposa durante unha lúa de mel nos Alpes bávaros. Trátase, en realidade, de explicar como un colectivo que confía cegamente […] - [Sudado](https://erreguete.gal/2014/07/24/sudado/): Ata a realidade e máis alá | Camilo Franco |   O mesmo non é lóxico supoñer que o horizonte último do teatro é a realidade tal como a coñecemos. Pero hai algo na realidade que, por veces, o teatro tenta acadar seguindo estratexias diferentes. Pode ser que o teatro non persiga outra cousa que a potencia vital da realidade. A vida sucede. Quizais sexa iso o que quere ser o teatro. Unhas veces chega ata aí, outras veces queda na porta. Unhas veces tenta a imitación, outras ponse a distancia. Pode xogar a confundirse coa realidade ou pode marcar distancias […] - [Diante do espello](https://erreguete.gal/2014/07/24/diante-do-espello/): Cos espellos non se xoga | Camilo Franco |   Como hai 40 anos non existía twitter había un procedemento supostamente pedagóxico que consistía en repetir un ripio un número de veces suficiente ata que a forma substituíse ao fondo e fose capaz de disciplinar o comportamento das persoas ao seu enunciado. Por exemplo: detrás de cada espejo se esconde el diablo (non o traduzo porque igual é darlle unha natureza que non ten e porque a memoria opera de xeito moi particular cos idiomas e non sei a cita é tal cal). O proselitismo rancio pretendía apartarnos da visión de […] - [Ubu roi](https://erreguete.gal/2014/07/23/ubu-roi/): Urbanidade e poder | Manuel Xestoso |   Reconectar co espírito iconoclasta e transgresor que presidiu a estrea de Ubu roi hai xa máis dun século non é tarefa doada nesta época na que a provocación se converteu nunha estratexia de márketing. E, non obstante, Declan Donnellan conségueo grazas a unha idea brillante: imaxinar que a obra é a fantasía dun adolescente que se vinga, a través dela, do hipócrita mundo burgués dos seus pais. A mirada do fillo pousa, confusa e resentida, sobre os flirteos dos seus proxenitores, e o seu desquite consiste en rabuñar a aparencia de boas maneiras […] - [En un lugar del Quijote](https://erreguete.gal/2014/07/22/en-un-lugar-del-quijote/): Un (ca)baleiro ben encadernado | Roi Vidal Ponte |   Un día despois de que o espectáculo que os Monthy Python están a ofrecer ao público londinense fose retransmitido en directo por cines de todo o mundo, a compañía Ron Lalá (en coprodución co Centro Nacional de Teatro Clásico que dirixe Helena Pimenta) presenta en Ribadavia unha versión do texto cervantino na que fan gala do característico humor musical que eles denominan como “estilo Lalá”.  As casualidades e as comparanzas son odiosas, abofé; máis aínda cando un sae perdendo, cando ante o inxenio e o humor acedo do mítico sexteto británico […] - [A 20 de novembro](https://erreguete.gal/2014/07/22/a-20-de-novembro/): O espectador como acusado  | Manuel Xestoso |   A escola é a institución encargada de socializar ao individuo, de inculcarlle os valores que, supostamente, deberán rexer o trato cos seus semellantes. Pero, na sociedade capitalista contemporánea, tamén é o escenario da colisión entre dous patróns para se enfrontar co mundo. Por unha banda, os principios que se predican, altruístas e solidarios. Pola outra, os que realmente presiden as relacións entre os individuos: o afán de lucro e a competitividade. Esa contradición conduce inevitablemente a unha duplicidade que, no mellor dos casos, desemboca en hipocrisía; no peor, nunha violencia que, con demasiada […] - [Dot](https://erreguete.gal/2014/07/21/dot/): Novo espazo para xogar | Camilo Franco |   Danza e infantil son dous xéneros difícil de combinar. Non sei se polo reducionismo que rodea as artes escénicas para rapaces ou pola soberbia que, en ocasións non sempre puntuais, parece destinar a danza só a públicos adultos, iniciados, atentos. En fin, un público ideal. Pero públicos ideais non hai. Maduixa Teatre parece decidida en Dot a facer combinación con elementos que a convención xulga contraindicados para garantirse espectadores: xénero infantil, danza contemporánea e iso que con persistencia sorprendente seguen chamando algúns prescritores novas tecnoloxías. Pero non son novas, son as que […] - [Le sorelle Macaluso](https://erreguete.gal/2014/07/21/le-sorelle-macaluso/): Guerras de vida diaria | Camilo Franco |     Temos que supoñer que si. Que pararse a observar os comportamentos íntimos ou familiares mentres son tempos de bombardeos e guerras con outro nome, non é frivolidade senón o seu contrario. Que desviar a mirada do xeral para quedarse no particular non é outra cousa que un exercicio de prevención que, como todos, será convenientemente ignorado ou raposeiramente camuflado baixo a desorientante pintura dos eufemismos. Pero non. Todas as guerras son a mesma guerra. Chega con distinguir quen mata e quen morre. Na morte comeza a historia contada de Le sorelle […] - [A tempestade](https://erreguete.gal/2014/07/20/a-tempestade/): Por que facer Shakespeare? | Inma López Silva |   Malia ser un xenio, Shakespeare non o resiste todo. Precisamente esa é unha das poucas cousas que Shakespeare comparte co común dos mortais, e por iso resulta tan suxestivo poñelo a proba nesa liña, xogar a rompelo e a refacelo, levar ao límite da non teatralidade as súas obras case perfectamente aristotélicas, ben feitas por definición. É aí onde os artistas contemporáneos atopan en Shakespeare un dos poucos retos capaces de resistirse ás linguaxes da posmodernidade e a filosofías opostas ás que moveron ao xenio de Stratford e o levaron a […] - [Britânico](https://erreguete.gal/2015/07/18/britanico/): O persoal é o político | Manuel Xestoso |   Cando Narciso lle di a Nerón que o pobo “adora a man que o mantén encadeado” está definindo unha liña política que non empezou precisamente na época en que Racine escribiu esta peza e que, dende logo, non rematou naquela altura. A función dirixida por Nuno Cardoso pon de manifesto o estreito vínculo entre as paixóns intimas e a acción política, mais propicia tamén unha reflexión sobre como se entretecen estas dúas dimensións do desempeño do poder. As interferencias entre as razóns de Estado e os sentimentos persoais actúan sempre dun […] - [Um museu vivo de memórias pequenas e esquecidas](https://erreguete.gal/2015/07/16/um-museu-vivo-de-memorias-pequenas-e-esquecidas/): Unha voz con voces para re(con)stituír a memoria | Vanesa M. Sotelo |   O silencio pódese impoñer; o esquecemento, non. Por iso é preciso preparar o espazo para que a memoria fale. Con Um museu vivo de memórias pequenas e esquecidas, Joana Craveiro constrúe o dispositivo necesario para rescatar e amplificar as voces do pasado. Faino a través de historias individuais que atravesan as oito últimas décadas da historia de Portugal –desde a instauración da ditadura militar que daría orixe ao Estado Novo ata os corenta anos que sucederon á Revolución do 25 de abril. Concibido como teatro-documento, Un museu […] - [Il ritorno a casa](https://erreguete.gal/2015/07/15/il-ritorno-a-casa/): Confianza no texto | Manuel Xestoso |   Resulta difícil asistir, nos últimos tempos, a un espectáculo en que a tenacidade por analizar e debullar un texto alcance os niveis de teimosía que Peter Stein aplica a esta obra de Harold Pinter. Coma todos os clásicos, O regreso a casa admite lecturas moi distantes, mais o traballo de Stein céntrase aquí en radiografar escrupulosamente cada unha das posibilidades inseridas na escrita do autor. E iso ofrece novas posibilidades de ler unha peza que dende a súa estrea alimentou a polémica e, en non poucas ocasións, os malentendidos. Stein evita que a […] - [Malasombra](https://erreguete.gal/2015/07/11/malasombra/): Asombra ou non, a sombra? | Roi Vidal Ponte |   Non asombra: A este conto escénico pásalle o que aos filmes de acción: a maxia que conseguen os efectos especiais cae pola costa abaixo da febleza narrativa. Presume de estética naif coa coartada de estar baseada nos cómics de estética naif. Pero nos cómics de Max soe haber (ou polo menos había) máis onirismo, ou polo menos un onirismo máis desconcertante. Aqui as elementais pinceladas surrealistas confórmanse con remedar algún momento disney pero non procuran o muro de Pink Floyd máis alá dun uso puntual dos martelos. O lado político […] - [El Lazarillo de Tormes](https://erreguete.gal/2015/07/10/el-lazarillo-de-tormes/): Da fame e das aparencias | Manuel Xestoso |   A fame como motor do comportamento humano: velaí un principio que nos países occidentais tiñamos un pouco esquecido e ao que, desafortunadamente, comezamos a non ser tan alleos. O Lazarillo de Tormes orixinal retrata unha sociedade na que as aparencias prevalecen sobre a exactitude e a distancia entre clases sociais era case insalvable. Non soa, efectivamente, tan afastado dos parámetros nos que nos movemos ultimamente e, por esa razón, a picaresca española pode explicarnos algunhas cousas. A nova versión que dirixe Etelvino Vázquez permanece fiel a uns principios estéticos que cultiva […] - [La flauta mágica. Variaciones dei Furbi](https://erreguete.gal/2015/07/08/la-flauta-magica-variaciones-dei-furbi/): A construción da maxia en escena | Vanesa M. Sotelo |   O Premio Max 2014 ao mellor espectáculo musical non defraudou na súa presentación durante a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Na súa adaptación de La flauta mágica de Mozart, a compañía catalá Dei Furbi, ofrece unha síntese lúdica da obra na que ademais de poñer de relevo a maxia da escena potencia a calidade do saber facer dos actores. Para a súa dirección, Gemma Beltrán opta por unha proposta estilizada que facilita a entrada dun mundo simbólico e desafía o elenco a executar un traballo […] - [El extraño caso de la Marquesa de Vadillo](https://erreguete.gal/2015/07/05/el-extrano-caso-de-la-marquesa-de-vadillo/): Xogo e posibilidades | Vanesa M. Sotelo |   “As cicatrices indican de onde vés pero non cara onde vas”. Abrir posibilidades, buscar, divertir, presentar horizontes a partir das fendas da sociedade… foron sempre algunhas das funcións do teatro. El extraño caso de la Marquesa de Vadillo é unha excusa para xogar e abrir posibilidades. A partir da estrutura do xogo do cluedo, Teatro el Zurdo aposta polo xogo do teatro dentro do teatro e a fusión de realidades: por un lado, a da historia do asasinato da marquesa; por outro, a do traballo actoral e a relación do elenco con […] - [Bancarrota](https://erreguete.gal/2015/07/04/1089-2/): Este asunto do diñeiro | Camilo Franco |   Como as miserias humanas non cambian dun século para outro, os argumentos teatrais vanse mantendo no tempo con toda frescura. Debería sorprendernos máis a resistencia dos humanos a mellorar que a idea de que os clásicos son intemporais. Seguramente o diñeiro é o invento máis influinte da historia da humanidade. Inflúe na vida cotián e na marcha dos países. Ten un curioso ascendente sobre as actividades das persoas e, sobre todo, consegue unha curiosa resposta uniforme por parte da especie. Aínda máis: o diñeiro é unha das poucas que é tan importante […] - [Non toques os meus círculos](https://erreguete.gal/2015/06/30/non-toques-os-meus-circulos/): Reinventarse | Manuel Xestoso |   Malia o seu título, Non toques os meus círculos non fala de Podemos, senón dunha situación que podería dar lugar á consabida indignación cidadá: Tomás Canalejo, de profesión físico, é despedido do seu posto de traballo como investigador debido ás omnipresentes reducións do orzamento. A súa reacción, non obstante, trata de ser construtiva e, en consecuencia, decide reinventarse para crear un espectáculo que dea a coñecer a figura de Arquímedes de Siracusa entre a poboación. Este punto de partida define dende o principio o carácter do protagonista, un home entusiasta e cunha gran dose de […] - [Três dedos abaixo do joelho](https://erreguete.gal/2015/06/29/tres-dedos-abaixo-do-joelho/): Herdanzas sen testamento | Vanesa M. Sotelo |   “A nosa herdanza non está precedida por ningún testamento”, escribiu o poeta Renè Char. Dalgún xeito, este pensamento xorde a medida que se desprega sobre a escena o universo de Três dedos abaixo do joelho, de Tiago Rodrigues. O título do espectáculo, Três dedos abaixo do joelho, fai referencia á altura máxima que podían ter as saias das actrices durante a ditadura en Portugal. Baseada en documentos reais atopados nun arquivo de censura de teatro durante o réxime fascista, esta produción de Mundo Perfeito –estreada en 2012 en Lisboa- xoga coa “ironía […] - [Miguel de Molina al desnudo](https://erreguete.gal/2015/06/25/miguel-de-molina-al-desnudo/): Copla e memoria histórica | Afonso Becerra de Becerreá |   Existen historias e persoas, notables ou anónimas, que a historia oficial intentou borrar e terxiversar. As gadoupas da ditadura franquista e a súa longuísima tradición estendéronse alén das súas fronteiras cronolóxicas e, nalgunhas actitudes, aínda chegan ata a actualidade. As pegadas do nacionalcatolicismo parecen manterse indelebles nalgúns pensamentos e fíltrase por baixo dalgunhas portas, dalgunhas leis. A arte do teatro, asemblearia e social por natureza, e un bo espazo para que xermole a memoria histórica, para homenaxear e facerlle xustiza a aquelas persoas que, pola súa ideoloxía e/ou tendencias sexuais, […] - [Mirada mirroire](https://erreguete.gal/2015/06/23/mirada-mirroire/): Especulando a identidade | Roi Vidal Ponte |   Cando acudimos á danza contemporánea abrimos ben os ollos pero tamén o tronco e as extremidades. Sabemos que hai experiencias que só poderemos encontrar alí. A danza estimúlanos porque en renunciando á palabra devólvelle aos escenarios todo o que é verdadeiro e puro teatro. Porque fai da imaxe en movemento unha sorte de poesía tridimensional e dinámica, confirmando o o corpo humano como unha realidade en relación co seu contexto. Na danza contemporánea non todo é baile. Nin sequera estamos seguras de que o baile sexa o importante. Damos por suposto que […] - [Tropa fandanga](https://erreguete.gal/2015/06/20/tropa-fandanga/): Entre o milagre e a Revolución | Manuel Xestoso |   A revista goza de mala fama polos longos anos en que tratou de disimular que sobrevivía mentres afogaba nos seus propios tópicos. E, non obstante, na súa orixe compartía moitos elementos co cabaré literario, co burlesque, co music-hall. E, tamén, co teatro político. En Portugal, a revista autóctona serviu de único baluarte ante as impiedades da censura durante os anos da ditadura, e quizais iso é o que levou á compañía Teatro Praga a recuperar o xénero: reivindicar o espectáculo como forma popular de crítica. Conseguírono: Tropa fandanga semella unha […] - [Bilingue](https://erreguete.gal/2015/06/16/bilingue/): Unha xeración á busca do seu relato | Manuel Xestoso |   Estase a converter nun xénero: o teatro que fala sobre a imposibilidade de contar unha historia. O argumentario reúne combustible a partir dos sospeitosos habituais: Lyotard e a inoperancia dos grandes relatos, Derrida e a negación da estabilidade de ningún texto, Baudrillard e a eliminación de fronteiras entre o virtual e o real, Foucault e a autodisciplina dos sometidos a vixilancia continua… Semella que existe unha particular compracencia en aplicar unha lente analítica sobre os elementos do que sería unha “trama convencional” para explicar que xa non podemos operar […] - [Tal e como viñemos](https://erreguete.gal/2015/06/15/tal-e-como-vinemos/): Rir versus RIP | Afonso Becerra de Becerreá |     Vén de presentarse no V Vigo en Bruto do Teatro Ensalle unha nova compañía de teatro saída da ESAD de Galicia, nomeada Agulla de Marear, co seu Traballo Fin de Estudos na especialidade de Interpretación Xestual, titulado Tal e como viñemos. As actrices Lucía Hernández e María de las Llanderas fanlle unha especie de “xaque mate” á morte. “Neste espectáculo morro dezaseis veces”, di María antes de comezar unha parodia de escenas de tiroteo e morte, precedidas por flores e terra fresca. O humor naif en sketchs sobre tetiñas e […] - [Croquetas](https://erreguete.gal/2015/06/11/croquetas/): Muller e familia | Camilo Franco |   Neste momento non lembro quen era, pero cádralle bastante ben a Chejov, que as familias felices eran todas iguais pero as outras sufrían cada unha ao seu xeito. Eu sobre familias felices non teño experiencia, así que sempre supoño que todas son distintas, moi distintas. Este é un lugar, pero moito menos do que outro que anda extendido pola sociedade dese finais dos setenta: ese que di que no pasado todo era diferente (tirando a peor) e que agora as cousas son doutro xeito, máis amables, máis levadeiras. É un lugar común que parece […] - [La temperatura. El temperamento](https://erreguete.gal/2015/06/07/la-temperatura-el-temperamento/): Dor e amor | Afonso Becerra de Becerreá |   A danza, como movemento puro, adoita ser, na súa presenza, máis icónica que simbólica. No entanto, se se lle enxerta a polifonía informativa propia da teatralidade, a base de elementos que conlevan unha temperatura semántica, entón prodúcese un híbrido que tamén fai danzar significados. Velaí o traballo do vigués Fran Martínez Buceta, titulado A temperatura. O temperamento, que vén de estrearse no Teatro Ensalle da cidade olívica, o 5 de xuño de 2015. Fran Martínez estudou arte dramática na ESAD de Galicia e despois danza en Lisboa. En A temperatura. O […] - [A casa do avó](https://erreguete.gal/2015/06/05/a-casa-do-avo/): Didactismo indignado | Roi Vidal Ponte |   Moitas veces teimamos en trazar fronteiras que non existen e que continuan sen estar claras por moito que calquemos. As fronteiras entre o que é infantil e o que é adulto son desas que xeneran debate e pataletas. O espectáculo A casa do avó de Tanxarina preséntase como conto infantil ou para público familiar, pero unha mirada adulta podería ver nesta fermosa historia unha peza didáctica brechtiana. As partes que enfrontan o conflito están claras. Dunha banda tres malvados personaxes cuxos nomes conforman a palabra Ca-Pi-Tal, capital para entender a fábula. Da outra, […] - [Un solo de Charlie Parker (e isto non é unha crítica dunha obra de teatro), por Roi Vidal Ponte](https://erreguete.gal/2015/05/31/opinion-sax-tenor/): | Roi Vidal Ponte |   Un solo de saxo pode ser estimulante como a amañecida dun paxariño, pero de cotío adoita ser bastante triste. O mesmo acontece con todo o que arrodea ao teatro galego. As boas novas abrollan mes a mes en forma de inventiva, premios nacionais e estreas históricas, pero a xente do mundiño prefire chorar ás vacas fracas no canto de celebrar conquistas colectivas. A irrupción escintilante de toda unha xeración de intérpretes e creadoras, confirmada na última edición dos María Casares, é vista de esguello como unha ameaza olívica cando debería servir para recibir con alivio […] - [O quadro de uma família](https://erreguete.gal/2015/05/30/o-quadro-de-uma-familia/): Retrato da xente de orde | Manuel Xestoso |   Detrás de toda imaxe existe unha historia que non sempre se corresponde coas aparencias. Detrás de toda familia existe unha complexa trama de relacións de poder que revela as imperfeccións do ser humano. Detrás de toda foto de familia ocúltase unha sórdida metáfora de todas as miserias que a cultura debe reprimir para que a convivencia sexa posible. Por aí asoman as preguntas: Que validez ten un entendemento baseado na coacción dos instintos máis enraizados? Ata cando pode durar o finximento? Que ocorrerá cando a contención supere eses freos? A compañía […] - [Adiós Bienvenida](https://erreguete.gal/2015/05/28/adios-bienvenida/): Por que acaban as cousas? | Camilo Franco |   Por que acaban as cousas? A pregunta debe flotar estes días entre un sinfín de xentes sen ideas e, quizais menos, entre outro sinfín de xentes con elas. Por que acaban as cousas? A gran enciclopedia da música pop di que todo o que empeza ten un final e con ese sentido irrebatible da consecuencia todo final debería ser predecible. Pero hai quen non escoita música pop e quen tampouco ten sentido da consecuencia. E tampouco tivo oportunidade de ver Adiós Bienvenida de Mimaia Teatro. Porque esta pregunta, por que acaban […] - [Illas Atlánticas](https://erreguete.gal/2015/05/19/illas-atlanticas/): Naufragando contra as brúxulas | Roi Vidal Ponte |   Comezos: Ao principio foi a dúbida: Como comezar? De que forma atraer a atención do público sen caer en fórmulas trilladas, sen semellar un ronsel epigonal de Angélica Lidell ou de Ana Vallés? Monólogo limiar. Prólogo interpretativo. As palabras, medidas, resoan coa forza xusta para enganchar. Largádevos de aquí: Despois, Alfredo Rodríguez intenta imaxinar un xeito orixinal de comezar un espectáculo e acaba botando por fóra todo un vómito de queixas contra a casta teatral, contra a academia universitaria e a crítica especializada, convidándo(n)os a entrar na escuridade da verdade escénica […] - [Fémina Sapiens](https://erreguete.gal/2015/05/14/femina-sapiens/): Un horizonte moral de doce mil euros | Manuel Xestoso |   Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por falta de efectivo. Noutras palabras, pártese da cuestión sobre os vínculos entre razón e ética –e as alusións a Heidegger son o suficientemente ilustrativas– para acabar nun terreo moi semellante ao que exploraba Virginia Woolf en Un cuarto de seu. Seguindo o libro de Woolf, sabemos […] - [Sax tenor](https://erreguete.gal/2015/05/10/sax-tenor-2/): Reivindicación de clase | Camilo Franco | | Foto: Filipe Ferreira |   E aquí estamos outra vez enfrontados a Roberto Vidal Bolaño sen que el cambiase nin a circunstancia mellorase. Como se el tivese chegado a ese limbo particular formado por algúns textos escolares, os escenarios sen patios de butacas e as baldas de libros galegos nos centros comerciais. Pasa con Vidal Bolaño que aínda que poida conseguir algunhas cousas insólitas acaban pasando por comúns, como se o que é natural para el fose natural para o mundo. É insólito que un dramaturgo galego acabe estreado por un teatro nacional. […] - [Sax tenor](https://erreguete.gal/2015/05/08/sax-tenor/): Un acontecemento extraordinario | Manuel Xestoso |   Que unha cultura como a galega –que non conta co aparato dun estado propio para defendela– consiga que un dos seus dramaturgos máis senlleiros se infiltre na programación dun Teatro Nacional doutro país é un acontecemento extraordinario que debería, cando menos, provocar expectación. Pero, curiosamente, a posta en escena desta obra de Vidal Bolaño por parte do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa non levantou en Galicia o interese que un feito desta transcendencia merecería. Este baleiro informativo resulta especialmente estraño se atendemos ao consenso que parece existir sobre a colosal importancia […] - [As fillas bravas](https://erreguete.gal/2015/04/30/as-fillas-bravas/): Polas nais das nosas avoas | Roi Vidal Ponte |   Hai un tipo de humor, que algunha vez tivemos por propio, que afonda nese complexo autoodio que nos ten abocado a tantos fracasos. Nace cos criados parvos do barroco español e chega até os venres de luar. Describe o ser galego como brután e servilísimo sen renunciar ao estereotipo que lle vén imposto. Unha mirada superficial e fotográfica ao último de Chévere pode levarnos por este ronsel tonechadista: mulleres rurais a tocaren a pandeireta e a diciren porcalladas con moito acento. Pero o que nun primeiro vistazo parece unha postal […] - [Xoga](https://erreguete.gal/2015/04/27/xoga/): Anatomía | Roi Vidal Ponte |   Temos unha idea tan elevada da danza contemporánea que ás veces esquecemos os festivais de fin de curso e as exhibicións de ximnasia artística. Esquecemos que a graza dun corpo en movemento non ten que por que ir necesariamente acompañada de música experimental electroacústica nin fuxir dos significados entrando nos labirintos abstractos da concreción deconstrutiva dos significantes. Poucas veces temos ocasión de presenciar un espectáculo de danza contemporánea orientado aos máis cativos. O didactismo sempre casou ben coa sinxeleza. A idea é ben clara: explicar o corpo e as súas partes. O funcionamento, os […] - [Petí comité](https://erreguete.gal/2015/04/27/peti-comite/): Brazos e abrazos | Manuel Xestoso |   Estamos tan afeitos a que os espectáculos de danza contemporánea recorran á mestura de linguaxes que unha función con argumentos exclusivamente coreográficos se converte nun acontecemento. Petí comité é ese tipo de obra en que incluso a narración se somete ao baile, permitindo que sexa a interacción entre os corpos a que explique os personaxes e as súas vicisitudes, os sentimentos e as accións. Non se trata de abstracción, senón dunha conversión do movemento en código que nos sitúa ante as historias cunha perspectiva que vai máis alá do circunstancial. A referencia ao […] - [Misa patólica](https://erreguete.gal/2015/04/26/misa-patolica/): Pateísmo ou barbarie | Camilo Franco |   Leo Bassi non descansa na súa cruzada. Non pode. Ten en contra 2.000 anos de cristianismo e persistencia da ignorancia. Ten en contra a eficacísima estratexia de que a superstición organizada é mellor que a razón explicada. Leo Bassi non está facendo agora nada substancialmente diferente do hai tres ou catro anos. Co paso dos anos, o bufón foise poñendo algo máis serio, entrando cada vez máis na parodia dos predicadores, por máis que el predique a favor da razón. Que Leo Bassi milite na sátira política e que os argumentos lle cheguen […] - [C'est la vie](https://erreguete.gal/2015/04/25/cest-la-vie/): As cousas bonitas | Camilo Franco |   A vida debe ser iso de baixar un día á rúa e entender que as cousas bonitas son moito menos importantes que as necesarias. E que a diferenza estética entre unhas e outras é asombrosamente pequenas cando no cálculo entra a estética do valor. Quizais esa contraposición entre o bonito e o necesario sexa outra mentira. Unha máis das que nos contaron para que darlle menos valor ás cousas imprescindibles. Como aquilo de intercambiar espellos por colleitas. Ou algo así. Non é seguro que Matrioshka Teatro estea de regreso. Seguramente non marcharon nunca, […] - [Ganas de ouvear](https://erreguete.gal/2015/04/24/ganas-de-ouvear/): A admiración e a sospeita | Manuel Xestoso |   Hai médicos que dubidan da existencia do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, pero hai poucas dúbidas de que o que ese longo nome define é un mal que atinxe a unha gran parte da poboación nas sociedades contemporáneas. A multiplicación de estímulos tecnolóxicos e audiovisuais, a destrución de puntos de referencia, o culto á novidade e o presentismo son algunhas das características dun tempo que nos encamiña cara á velocidade e ao transitorio; en definitiva, cara a distracción permanente. Xusto o contrario do que se precisa para gozar da […] - [Pangeia](https://erreguete.gal/2015/04/21/pangeia/): O país dos pais | Roi Vidal Ponte |   O achegamento de Galiza á lusofonía permite encontros non por pouco realizados menos excitantes. Se hai millóns de anos a terra era un só continente que se foi separando en seis anacos, é de supoñer que este punto do noroeste ibérico puido estar en contacto co que hoxe é o litoral atlántico sudamericano, onde Brasil ocupa unha grande, xigantesca parte. De Brasil coñecemos a súa música e os seus futbolistas e algunha que outra garota famosa pola beleza dun corpo cumprido. Para derrocar os tópicos cos que construímos esta mirada, Pangeia […] - [O mandarím](https://erreguete.gal/2015/04/19/o-mandarim/): Os defectos dos ricos | Camilo Franco |   Calquera pode ter as ambicións dun rico, o difícil é ter a súa fortuna. Eça de Queiroz resolveu este problema en O mandarim pola vía do asasinato que, parecendo unha metáfora, é un asunto realista e mesmo común.  A riqueza está moi relacionada coa morte. Sobre todo coa dos demais. Calquera pode ter os comportamentos dun rico. O difícil é ter os seus cartos. Como demostra estes días con toda convicción Rodrigo Rato calquera rico pode caír en desgraza. O que demostra peor é que a riqueza mal adquirida vaia acompañada de […] - [Amor en 3D](https://erreguete.gal/2015/04/17/amor-en-3d/): Mentiras de carne e óso Roi Vidal Ponte   Actrices que fan de actrices que fan de actores e actrices facendo personaxes namorados. Por complexo que pareza, o grande acerto de Amor en 3D é saber relacionarse coa metatetralidade desde a sinxeleza. Non deixan de ser tres amigas nun salón, a xogaren ás películas: ti fas de fulano e eu fago de mengana. Un xogo moi teatral e contemporáneo, que se revela presente na vida cotiá de todas as persoas que algunha vez xogaron a algo, e non só na dos intelectuais modernillos que ousamos acudir ao teatro a aplaudir metateatralidades […] - [O feo](https://erreguete.gal/2015/04/15/o-feo/): O espello da alma | Manuel Xestoso |     Que a aparencia externa –iso que os anuncios por palabras chaman “boa presenza”– se converteu nunha obsesión na nosa sociedade é algo que non admite dúbida. Tanto que xa case ninguén se atreve a repetir aquilo de que a verdadeira fermosura reside no interior (ou si, pero esas contradicións cognitivas acéptanse sen conflito no mundo moderno, xa que todo vale e todo ten unha xustificación). Boris Vian expresouno con exactitude: mataremos a todos os feos. Lette, o protagonista desta obra de Mayenburg, é un home brillante no seu traballo pero tan […] - [Arquitectura da emoción](https://erreguete.gal/2015/04/13/arquitectura-da-emocion/): Espazos interiores | Roi Vidal Ponte |   A arquitectura, como organización do espazo, pouco se diferenza do teatro. O espazo e a organización dos corpos e os obxectos nel é unha grande parte do espectáculo. Primeiro hai como un caos. Botellas. E os actuantes parece que queren ordear algo, arquitectos de cristal. Non deixa de ser poético que a idea chave sexa vincular os sentimentos aos obxectos. É o materialismo do aquí e agora teatral, mentres unha listaxe de cousas se descobre como recordatorio de que estamos poseídos polas nosas posesións. Alfredo Rodríguez é o máis actor dos actuantes. Cada […] - [Chévere desembarca en Vigo](https://erreguete.gal/2015/04/11/chevere-desembarca-en-vigo/): Ata os máis altos cumios Manuel Xestoso Nos países normais, ás compañías que gañan un Premio Nacional póñenlle alfombras vermellas para ir a todas partes. No País dos Ananos, esas compañías deben ir presentar o seu traballo aos bares. Non é que teñamos nada en contra dos bares: ao contrario, somos moi partidarios. Tampouco é que botemos de menos as alfombras vermellas: non saberíamos que poñernos. Pero ver a Chévere nun bar explicando o que son as Ultranoites provoca unha sensación estraña: é necesario explicalo despois de máis de vinte anos marcando o camiño do cabaré máis autóctono? Non esixiría este […] - [O humor non ten dúbida, por Camilo Franco](https://erreguete.gal/2015/03/28/premios-maria-casares-2015/): | Camilo Franco |   Pasou a romería e volvemos ao lugar de sempre. Os premios María Casares déronlle unha volta ao panorama do pasado ano escénico e reafirmaron algunhas das intencións da edición anterior. Que Chévere é a principal compañía de teatro que ten Galicia, que en nada deixaremos de falar de novas xeracións de teatro para referirnos aos titulados da ESAD, que o humor nunca falla e que case ninguén do mundo do espectáculo considera que unha gala de entrega de premios é tamén un espectáculo. Os María Casares, como todos os premios, volveron confirmar que os premios levan razón aínda […] - [Vintage Modern, por Roi Vidal Ponte](https://erreguete.gal/2015/03/27/gala-dos-xix-premios-maria-casares/): | Roi Vidal Ponte |   Que bonito é todo o que se cubriu co po do tempo, coa pátina dos anos que pasaron mentres non escampaba. Elefante Elegante, compañía anfitrioa e condutora da gala de entrega dos Premios María Casares 2015, ofreceron unha festa artellada coa nostalxia do que xa está ancorado no inconsciente colectivo como fermoso, pero que en realidade nunca foi pensado para causar ningún tipo de conmoción estética. Esas grandes maletas vellas de cando a xente emigraba. Os traxes construídos co ton sepia do pasado. A música tradicional da cultura paneuropea. Todo brilla nesta festa do teatro […] - [XIX Premios María Casares: todos os premiados](https://erreguete.gal/2015/03/26/xix-premios-maria-casares-todos-os-premiados/): | Foto de familia de todos os premiados (Foto: La Diapo) |     Mellor maquillaxe: Raquel Fidalgo por Pequenas certezas de Sarabela Teatro Mellor vestiario: Yaiza Pinillos por Perplexo de IlMaquinario Teatro Mellor escenografía: Carolo Losada Soto por Kassa de Elefante Elegante Mellor iluminación: Tito Asorey e Germán Gundín por Perplexo de IlMaquinario Teatro Mellor música orixinal: Xacobe Martínez Antelo por Ultranoite no País dos Ananos de Chévere Mellor tradución/adaptación: Catuxa Pato e Tito Asorey por Perplexo de IlMaquinario Teatro Mellor texto orixinal: Manuel Cortés por Ultranoite no País dos Ananos de Chévere Mellor actor secundario: César Goldi por Ultranoite […] - [3, 2, 1...](https://erreguete.gal/2015/03/24/3-2-1/): Cara a vida… e máis alá! | Roi Vidal Ponte |     No teatro infantil, ese que ninguén di que sexa para toda a familia aínda que ás veces sirva mesmo para persoas solteiras, parece que collen todas as cousas que o outro, o chamado “de adultos”, desbota e non quere para si. Cousas como os subxéneros propios da serie B do cine dos sesenta ou da literatura popular de peto. Poucas obras de teatro acoden ao terror e ao medo como reclamo. Case ningunha molla a súa inspiración no sinuoso baleiro infinito da ciencia-ficción. Ghazafellos lánzase a esa aventura. […] - [A que non podes dicir Coca-cola?](https://erreguete.gal/2015/03/20/a-que-non-podes-dicir-coca-cola/): As curvas da vida nun raree show | Afonso Becerra de Becerreá | O vermello e o negro, nos elementos escenográficos e no vestiario, tinxen dunha intensidade case cabareteira os diversos números que integran A que non podes dicir coca-cola? da Cía. Teatro do Lume. Como un peep-show no que se ispen e contorsionan as curvas da vida, entre desacougos e miserias, Lina Pérez saca en cada número unha polaroid de situacións nas que sobrancea a ironía. O escenario convértese, entón, nunha peep box ou raree show inzada de sorpresas e de humor que van do persoal ao social e nos […] - [O furancho](https://erreguete.gal/2015/03/19/o-furancho/): Do que se come se cría | Manuel Xestoso | Os restaurantes adoitan estar na beira das autoestradas e das vías importantes; os furanchos, en estradas secundarias e pistas sen asfaltar. Os restaurantes saen nas revistas ilustradas, e nomeados críticos gastronómicos glosan as súas creacións culinarias; os furanchos deben conformarse co boca a boca, coa recomendación dun veciño ou cos ruxe-ruxes que indican onde se pode beber un viño decente. Nos restaurantes comen as clases dominantes, que non por dominantes teñen mellor gusto; nos furanchos aliméntanse as outras clases, as que non dominan nada pero saben cando o xamón está en […] - [El agitador Vórtex](https://erreguete.gal/2015/03/18/el-agitador-vortex/): Cine de andar polo teatro | Camilo Franco | Non hai narración sen trampa. Podemos chamarlle oficio, saber, inspiración ou profesionalismo. Todo ten o seu método, todo método marca estilo e, sobre todo, todo método é violentable. Cristina Blanco violenta os métodos do cine (ou do audiovisual por ser inclusivos) pola vía da parodia. Pola vía do feito a man. Dando espectáculo por comparación entre o que se ve que fai e o que se ve na pantalla. Hai unha distancia e esa distancia pode ser considerada un xénero. Antes era considerada maxia. É a prosa dos tempos que vai cambiando. […] - [Strpts. Mirlo & Rula](https://erreguete.gal/2015/03/17/strpts-mirlo-rula/): Transparencia | Manuel Xestoso | Georges Méliès –xunto cos irmáns Lumière, un dos pais do cinema moderno– procedía do mundo do teatro. Un teatro no que primaba o fantástico e a prestidixitación, con espectáculos nos que se combinaban pantomimas e lanternas máxicas, efectos especiais e ilusionismo. O importante era manter a fascinación do público, ocultándolle os –moitas veces moi complexos– mecanismos técnicos que facían posible aquelas ficcións fantasmagóricas que falaban de viaxes polo espazo, odiseas submarinas e bosques ateigados de fadas e quimeras. O “cine en directo” do colectivo Cinema Sticado semella facer o camiño de volta cara a esas orixes […] - [NOT Never on Time](https://erreguete.gal/2015/03/14/not-never-on-time/): Fotograma conxelado | Manuel Xestoso | Os creadores de NOT Never on Time denominan o seu espectáculo “filme escénico” porque a narración se apoia en recursos visuais, fundamentalmente proxeccións de fotografías que funcionan como comentario, como reforzo ou como explicación do que sucede na escena. Ás veces, estas proxeccións cargan co contido narrativo que non aparece no escenario e, nestas ocasións, o discurso está máis próximo á fotonovela que ao cine. Mais si hai algo puramente cinematográfico nesta función: a súa vocación contemplativa. Veñen á mente, por exemplo, os longos planos de filmes de Antonioni ou de Tarkovski nos que “non […] - [Xardín suspenso](https://erreguete.gal/2015/03/14/xardin-suspenso/):  Ela segue aí | Camilo Franco | A familia é un muro de cristal. Translúcido. Vense os movementos, pero non se saben as intencións. Nin as boas, que son as peores. Esa é a paisaxe: universal, cotián. É demasiado familiar para ser irrecoñecible, demasiado familiar para que poidamos entendela. A familia nace, o resto é diplomacia ou violencia. Esta é unha familia con sogras e xenros, unha familia de verdade. Con matriarca, cun matrimonio que fai moitos esforzos por ignorarse e unha terceira xeración con segredos. Non é exactamente un segredo, é un segredo familiar: pode que se saiba pero todo […] - [Exposición danzada](https://erreguete.gal/2015/03/13/exposicion-danzada/): Danza aplicada | Camilo Franco | Entre comicios, promesas de comicios, xustificación dos comicios, das promesas dos comicios, dos movementos para presentarse ou non aos comicios, de todo o que foi e será dito antes e despois dos comicios, andamos un pouco sobrados de palabrería retórica e un pouco escasos de explicacións. Das de verdade, das que explican algo. Tamén andamos algo curtos de acción, pero isto igual é culpa da lei do mínimo esforzo que é unha das grandes leis da natureza. Que sobran frases e sobran argumentos. A relación entre a danza e a pintura ten un algo de […] - [Paus e pétalas](https://erreguete.gal/2015/03/13/paus-e-petalas/): Eloxio do amor | Manuel Xestoso | O filósofo Alain Badiou considera o amor un “proceso de verdade” que nos ensina a experimentar o mundo dende a diferencia. Trátase daquela dun inicio de revolución, da instauración dunha pequena república de dous que serve para probar o falsa que resulta a mensaxe –sospeitosamente repetida– de que o “natural” é que cada un persiga exclusivamente o seu propio interese. Mais Badiou tamén advirte de que ese proceso de verdade vai máis alá da éxtase do encontro inicial, e que se materializa na duración, na construción ao longo do tempo dun proxecto común non […] - [Psicópata](https://erreguete.gal/2015/03/11/psicopata/): Desdobramento psicópata | Camilo Franco | Agora as historias van de unha en unha, de dous en dous, cando hai soltura de tres en tres. Non é bo ou malo. É un sinal dos tempos e de que algúns ditos levan razón. O teatro galego coetáneo está contando sen pretendelo unha historia de déixate dividir e perderás e por aí anda tentando sobrevivir á falta de tamaño, a loitar pola taquilla (ese concepto tan desprezado noutro tempo) e a converter as carencias nunha marca de fábrica. Antón Coucheiro combate a falta de tamaño coa multiplicación dos roles. E cunha certa convicción […] - [Las calles corrían por las calles](https://erreguete.gal/2015/03/07/las-calles-corrian-por-las-calles/): Un grito dulcificado | Afonso Becerra de Becerreá |   Teatro Ensalle de Vigo dulcifica o seu xesto de resistencia e a súa apoloxía da marxe na súa última creación titulada Las calles corrían por las calles, que acaba de estrear. A acción verbal, a palabra, non centraliza o sentido do espectáculo e mantén un lúdico equilibrio respecto á acción xestual e coreográfica. A fragmentariedade posdramática dos cadros ou secuencias relaciónanse por un contraste nas accións escénicas: Momentos nos que un monólogo, en primeira persoa, se reparte entre as dúas actrices e o actor portavoces. Aí o efecto da palabra é […] - [Supermarket](https://erreguete.gal/2015/02/24/supermarket/): Palabras como puños | Roi Vidal Ponte |   Hai veces nas que as palabras semellan non ter a utilidade suficiente para definir situacións incómodas ou algunha outra cousa igual de odiada: capitalismo serodio, sociedade de consumo, globalización, mercadotecnia. Daquela desbotamos a claridade intelectual dos conceptos e facemos un poema. Porque na poesía si collen as pequenas sensacións que a economía non pode definir. Tamén puido ser que o camiño comezase na outra volta, e que os poemas respirasen tanta vida que se manifestaron reclamando a súa propia existencia escénica. O resultado é en todo caso un novo artefacto liminal ao […] - [Ego](https://erreguete.gal/2015/02/22/ego/): Botar a vista atrás | Manuel Xestoso |   Existe un malentendido de partida: se se nos di que a obra se titula Ego e que a protagoniza un artista poderiamos supoñer que imos lidar cun espectáculo que trata sobre a vaidade e o narcisismo dos creadores, un tópico que adoita dar moito de si. Non obstante, Ego non toca este tema, ou tócao dun xeito moi tanxencial, e o feito de que o protagonista sexa un pintor ten escasa relevancia para a comprensión do conflito. En realidade, non se ve moi ben a necesidade de que o sexa: podería ser […] - [O Crédito](https://erreguete.gal/2015/02/18/o-credito/): A reiteración da historia | Camilo Franco |   Nos primeiros tempos da contemporaneidade a historia sucedía como traxedia e repetíase como drama. Na contemporaneidade coetánea a historia é traxedia e comedia a un tempo. Todo depende do lado que che toque estar. Se che toca no lado correcto da mesa, aínda che queda tempo para rir. Pero decidir cal é o lado correcto é o gran drama da contemporaneidade. O Crédito non vai, en realidade, dos apuros económicos. De algúns apuros si, pero non económicos. A obra tira máis a como cambia a vida cando varía a perspectiva con que […] - [Bobas e galegas](https://erreguete.gal/2015/02/13/bobas-e-galegas/): Deconstrución de tópicos | Manuel Xestoso |   É moi significativo que unha obra que vai tratar sobre o trato recibido polos galegos nos textos dos autores do século de ouro español comece como unha versión de Esperando a Godot: dous segadores galegos que foran traballar a Castela debían ter unha percepción do que lles estaba a ocorrer moi semellante á de Vladimir e Estragón, os dous personaxes de Beckett. Nesta liña, a crítica á figura do “galego” no teatro clásico que nos presentan Mofa e Befa neste Bobas e galegas non deixa de ter matices que permiten ver as cousas […] - [Falándolle a un espello](https://erreguete.gal/2015/02/11/falandolle-a-un-espello/): A fin do mundo | Carla Capeáns |   Producións Dispersas presenta na Zona C de Compostela o espectáculo Falándolle a un espello. Este espectáculo de corte contemporáneo conta “a historia dun home que unha mañá descobre que é o derradeiro habitante do planeta”. En escena el, o derradeiro habitante do planeta, un espello e unha morea de utensilios cotiás que delimitan e enchen o espazo escénico. Este é un espectáculo unipersoal e pese a ter tinguiduras de monólogo, non poderiamos atribuírlle exactamente esa etiquetaxe. Aquí o derradeiro habitante do planeta conversa co seu espello, e pese a que este non […] - [Escenas do cambio](https://erreguete.gal/2015/02/09/escenas-do-cambio/): A fin dunha idade contemporánea | Camilo Franco |   Estamos todos de acordo no diagnóstico. Incluso quen saca partido del. Estamos todos de acordo na inxustiza na circunstancia, no insensato da desigualdade. Estamos de acordo no tamaño do engano e no campo ridículo de manobra que se quere deixar para a xente fronte ao inmenso teatro de operacións no que se move o capital. Estamos completamente de acordo en que moitísima xente incomoda moitísimo máis e tamén estamos de acordo en que o silencio, lonxe de ser neutral é só outra forma de complicidade. Estamos de acordo no problema, pero estamos […] - [Avestruz en terra allea](https://erreguete.gal/2015/02/06/avestruz-en-terra-allea/): Inxenuidade | Inma López Silva | Berrobambán non acaba de lograr os espectáculos para adultos. Bos como son no teatro para a infancia, hai algo, unha sorte de inxenuidade escénica (non temática), que os conduce polo camiño do gastado, do pouco coidado, do falso innovador, cousas que, curiosamente, xamais estiveron nos seus espectáculos para nenos. Quizais é que encaran un público diverso con excesivo formalismo, querendo aportarlle todo o que consideran que separa os adultos dos nenos ademais de introducir todo o que saben que se lles dá ben como recursos escénicos do teatro infantil eficaces en calquera opción escénica. Ou […] - [Pequenas certezas](https://erreguete.gal/2015/02/04/pequenas-certezas/): Imaxinando ausencias | Roi Vidal Ponte |   Todo é unha viaxe cara a luz: a vida das persoas e a da especie humana, a loitaren arreo, desde o ventre da nai, desde as ilusións da caverna, por entender en que consiste o mundo. A dramaturxia da mexicana Bárbara Colio, na que os comezos resultan tan abruptos coma os seus finais abertos, procura entender a vida experimentando con personaxes en situacións cotiás e o resultado é un realismo radical que, moito antes de que Richard Linklater mudase a historia do cinema ofrecendo a narrativa inexistente de Boyhood, apunta a eses pequenos […] - [Kassa](https://erreguete.gal/2015/02/02/kassa/): Xira o mundo xira | Carla Capeáns |   Elefante Elegante chega a Compostela coa súa Kassa, un espectáculo de teatro visual que xira en torno ao drama da vivenda e dos desafiuzamentos. Pese ao dramatismo que evoca a propia historia, a compañía Elefante Elegante opta por temperar toda esa crueldade con culleradas de humor e un certo toque pop. Fieis ao seu facer, seguen a traballar no eido do teatro xestual, desta vez conxugado coa música, a escenografía, a danza e a videocreación. Aquí a penas hai palabras. Si algúns monosílabos ou imperativos que guían a interacción entre os personaxes […] - [Conversaciones con mamá](https://erreguete.gal/2015/01/31/conversaciones-con-mama/): Mamá sabe | Afonso Becerra de Becerreá |   O teatro como cámara fotográfica, ou como laboratorio fotográfico, para revelar as contradicións dunha clase media vinda a menos. Unha clase media hipotecada e construída sobre as aparencias, cuxo benestar ficticio equivale á posesión dunha serie de “bens de consumo”. O fillo (Juan Echanove), de máis de cincuenta anos, perdeu o traballo e non pode facer fronte á hipoteca do chalé, ao pago do colexio privado ao que envía aos seus fillos, ao coche… en resumo: non pode seguir mantendo o tren de vida que leva, así que acode á súa nai […] - [La exiliada, la negra, la puta, el caracol y la mística](https://erreguete.gal/2015/01/29/la-exiliada-la-negra-la-puta-el-caracol-y-la-mistica/): Liberdade para que? | Manuel Xestoso |   Liberdade é unha palabra da que ultimamente se abusa moito: sería sumamente interesante facer un estudo sobre a cantidade de veces que a invocan aqueles cuxos actos se caracterizan, precisamente, por tentar esmagar os dereitos cívicos que aínda permanecen vixentes. A liberdade é un mito fundacional da democracia burguesa, pero confúndese aquela muller da iconografía de Delacroix coa única descendente súa que semella ter prosperado: a liberdade de mercado. Teatro de lo Inestable non ataca o tema por este lado, mais os seus argumentos pasan rozando permanentemente. As súas personaxes están atrapadas na […] - [Romeo](https://erreguete.gal/2015/01/27/romeo/): Giuletta retuiteada | Camilo Franco |   Os románticos, cando os había, fixeron un monumento disto: do amor ausente. Algo diso pasou á música lixeira e desde aí permanece colgando na cultura popular. En boa parte da cultural popular o amor é o contrario dos cartos, pero en realidade, o amor e os cartos compórtanse do mesmo xeito: son máis importantes cando non están. No Romeo de Teatro Meridional Giulietta non está. Non está de corpo presente. Está aludida, mencionada, retuiteada, son outros os que citan as súas frases e esas personaxes interpostas son todas homes. Homes nesa fronteira que cada vez […] - [El nombre de la rosa](https://erreguete.gal/2015/01/25/el-nombre-de-la-rosa/): Unha rosa é unha rosa | Roi Vidal Ponte |   Cando Umberto Eco quixo escribir unha novela que lle gustase tanto á crítica como ao público adoptou técnicas tipicamente posmodernas: pastiche de homenaxes e outras intertextualidades sen renunciar a unha erudición neoclásica que situase o libro nunha especie de limbo entre o popular e o culto. Nin de masas nin de elites, O nome da rosa pasou á historia como exemplo do que os integrados podían facerlle a un mundo apocalíptico. Despois, a industria cinematográfica, voraz como poucas, fixo a súa versión do libro. E o experimento fixo ‘pop!’. Semella […] - [O amor dos infelizes](https://erreguete.gal/2015/01/24/o-amor-dos-infelizes/): O gran argumento do mundo | Camilo Franco |   Por moi altos que sexamos, sempre hai alguén nos mira desde arriba. Por moi obvia que sexa unha circunstancia, sempre haberá quen a negue, Por moi claro que a historia e a estatística afirme a nosa animalidade, sempre haberá quen manipule as conclusións pola vía do mal menor. Porque ao cabo os prexuízos, a moral, as opinións e as normas só son a versión xustificable dos intereses. Os intereses, o gran argumento do mundo. Quizais os felices estean a favor de proclamar o amor dos infelices, de especular sobre o seu […] - [Selección natural](https://erreguete.gal/2015/01/12/seleccion-natural/): Que non, que non, que non. | Camilo Franco |   O teatro dá que pensar. Especialmente o malo. Un está tentando atender a unha historia máis ridícula que absurda, forzada ata donde chegan os límites da comedia de situación e un pouco máis alá, cunha interpretación tan inmediata que non dá para mirar, e non hai xeito de frear as preguntas. Para que vai a xente ao teatro? Para que se sube a xente aos escenarios? Había que pasar todo este traballo para acabar nisto? Que se entende por humor? O humor era isto? Faltará moito? Por que falan en […] - [Titiricircus](https://erreguete.gal/2015/01/05/titiricircus/): Os tamaños que importan | Roi Vidal Ponte |   Nunca acabaremos de entender moi ben por que amamos tanto os monicreques. Se son instintos atávicos que nos conectan con tempos de ídolos sagrados, ou razóns máis prácticas e psicolóxicamente soterradas que nos levan a querer seguir xogando como cando eramos nenos. O caso é que, despois dos monicacos de praza e labazada, só cando chegamos a adultos comezamos a cavilar nesa cousa marabillosa que, de Prometeo á Pinoccio pasando pola criatura do Dr. Frankenstein, fai que teimemos en lle dar vida ao que non o ten e a nos comportar […] - [A filla de Woody Allen](https://erreguete.gal/2015/01/02/a-filla-de-woody-allen/): Matar o pai | Manuel Xestoso |   É ben sabido: o humor é unha forma cínica de enfrontarse á traxedia. Woody Allen é un prototipo nesa táctica de facernos rir das nosas miserias referíndose, aparentemente en exclusiva, ao seu propio personaxe, histérico e neurótico a un tempo. Pero todos sabemos que fala en xeral, que depositando a carga de penurias e miserias no personaxe Woody Allen está retratando ao home occidental contemporáneo, confrontado a uns problemas que quedan sempre por riba da súa capacidade de manobra. A personaxe de A filla de Woody Allen herda os xenes paternos da neurose […] - [Feelings](https://erreguete.gal/2014/12/29/feelings/): Sentir antes que contar | Manuel Xestoso |   Á hora de se enfrontar a un espectáculo de danza, non sempre é aconsellable buscar a narrativa que xustifica ás coreografías. Deixarse levar polas suxestións provocadas pola actividade física dos bailaríns pode ser un enfoque que libere de prexuízos o goce da obra e que estimule novas lecturas que a enriquezan. A proposta presentada por Janet Novás na sala Ingrávida podería ser un bo exemplo: existe unha trama expositiva relacionada coa morte e o dó que, supostamente, lle outorga sentido ao que vemos no escenario; pero prescindir desa información incrementa a riqueza […] - [Diálogo do can co seu amo](https://erreguete.gal/2014/12/22/dialogo-do-can-co-seu-amo/): Ouveos apocalípticos e caricias integradas | Roi Vidal Ponte |   Cans e cadelas levan tanto tempo vivindo ao noso carón que acadaron dereitos humanos. Mesmo o egoísmo e a maldade. Como nunha nova entrega de Bernard Marie Koltés, o home é un lobo para o home, e o combate está servido. Os personaxes enfróntanse ao diálogo con desigualdade, como se o dono ignorase que o animal pode ser tan astuto como para lle roubar a comodidade do sofá. O espello invertido que o autor coloca entre os dous arquetipos, o do sen-teito amuado e o do can sedutor, eleva a […] - [Amor flexible](https://erreguete.gal/2014/12/19/amor-flexible/): Vodevil antigo | Manuel Xestoso |   Chámase comedia de enredo aínda que, en realidade, é un vodevil antigo. A situación podería ser contemporánea pero a dramaturxia é vetusta, caduca. Agora chámaselle a esta estética “televisiva” mais o certo é que xa andaba polos escenarios moito antes de que existise a televisión. A suposta actualidade consiste en que se fala de situacións impulsadas pola flexibilidade nas relacións de parella. Pero presumir que este tema aínda é materia de debate colectivo indica que os autores se dirixen a un público cunha mentalidade, cando menos, algo resesa. Ás veces a comedia logra calar […] - [Hámster](https://erreguete.gal/2014/12/17/hamster/): Unha fábula posporno | Roi Vidal Ponte |   Poucas veces un texto tan recente tarda tan pouco tempo en ter tantas versións diferentes estreadas. É o que lle está a pasar a Hámster, a peza coa que Cortegoso se deu a coñecer como dramaturgo e que marca moitas da súas temáticas recorrentes. Os humanos son ratiños engaiolados nun sistema tramposo. A sociedade do espectáculo obrígaos a poñer boa cara e a se exhibiren como atraccións de feira ao servizo do capitalismo serodio e a mercadotecnia globalizadora. Perante esta situación, só dúas posturas: rebeldía ou pacto. A resposta masculina e a […] - [Rumpelstikin o anano saltarín](https://erreguete.gal/2014/12/15/rumpelstikin-o-anano-saltarin/): Fíos de ouro | Carla Capeáns |   Con Rumpelstikin, o anano saltarín Kalina Teatro e Trompicallo poñen en escena a súa particular versión daquela historia alemá recollida polos Irmáns Grimm. A pobreza é o tema principal sobre o que xira a versión asinada por Plamen Dipchikov. “Á riqueza material correspóndelle unha miseria intelectual e os que menos posúen gozan dunha riqueza espiritual”. Un vello muiñeiro ve como a pobreza asolaga a un pobo cheo de labregos que deben pagarlle ao Rei os impostos decretados. Un día, o muiñeiro topa cun mozo nobre ao que lle conta a fabulosa habilidade da […] - [Pereza](https://erreguete.gal/2014/12/11/pereza/): A flor erótica da preguiza | Afonso Becerra de Becerreá |   Camiñar, nu, con coidadosa lentitude para non alterar o espello negro das augas e que se produza unha danza de reflexos. O bailarín e o seu reflexo invertido. A vertical pronúnciase cara abaixo no vidro líquido sen crebalo. A luz dos panoramas superiores estámpase contra o negro da parede do fondo e en conxugación con algunha rúa de luz lateral outórgalle ao corpo de Igor Calonge un halo escultórico e, á vez, espectral. Porén, os corpos, nesa danza de augas, invístense dunha beleza e dun erotismo oníricos. As torsións […] - [Cinema: A Viaxe dos Chévere](https://erreguete.gal/2014/12/05/cinema-a-viaxe-dos-chevere/): A lombos de xigantes | Roi Vidal Ponte |   Cinema e teatro son un apareamento polémico. Ingmar Bergman consideraba o teatro como a súa muller e o cinema como a súa amante, e iso en que lugar nos deixa aos teatreiros? Asumimos que a paixón de Vidal Bolaño foi a sétima arte e vimos como o seu teatro se deixou influenciar por ela, mais poucos encontros coñecemos entre nós que metesen ao teatro no cinema. O xénero documental presúmese dos máis acaidos para establecer ese contacto e, por máis que a cinefilia insista e non distinguir ficción do que non […] - [Seis Cordas](https://erreguete.gal/2014/12/04/seis-cordas/): Cada un baila o que ten e o que non ten tamén | Afonso Becerra de Becerreá |   X de Óscar Dasí Abre a incógnita do X bailando, deixando que o movemento reine sobre o palco. Esa é a súa presentación: un corpo entregado ao baile ata chegar a unha certa euforia. As endorfinas do orgasmo dancístico con música leda conéctanos. Pero antes de que a extenuación corte a canle, Óscar, saloucante, diríxese a nós e confésanos aquilo que quería facer neste espectáculo, tamén o que está a facer. Xorde a reflexión sobre a inutilidade e a preocupación por previr […] - [Eurozone](https://erreguete.gal/2014/12/01/eurozone/): A banca gaña | Manuel Xestoso |   Case dous anos despois da súa estrea, Eurozone segue amosando a súa pertinencia. Hoxe incluso podemos afirmar que o seu discurso se adiantou aos telexornais ao presentar realidades que na actualidade circulan polos medios de comunicación cunha desvergoña que xa non é quen de escandalizar: é o normal. Unha reunión de altos representantes onde a cocaína se esnifa con billetes de cincocentos euros podía ser interpretada hai pouco tempo como esaxeración, talvez como provocación; agora forma parte do imaxinario colectivo. Eurozone acertou en escoller Reservoir Dogs como referente para representar o enorme desfalco […] - [Argh!](https://erreguete.gal/2014/11/27/argh/): A fisonomía onírica do movemento | Afonso Becerra de Becerreá |   Argh! é un xesto, unha interxección, un micromovemento deses dos que se compón a vida, a humana e mesmo a vexetal ou a animal. Argh! é un trazo no aire. Argh! é unha onda que xorde e se expande no espazo e esmorece, tal cal a vida. Argh! é inmanencia. Argh! é agora. Argh! é a conxugación, a declinación, o xeito… do agora. Argh! é o espazo, a espacialización, do agora. Certamente, como di Blanca Arrieta no programa de man, “todo comeza cun suspiro e tamén semella querer rematar […] - [Barbecho](https://erreguete.gal/2014/11/20/barbecho/): Against interpretation | Afonso Becerra de Becerreá |   Susan Sontag quixo liberar á arte contemporánea da submisión á semántica e ás interpretacións que buscasen lexitimala ou deslexitimala. Natxo Montero e Laia Cabrera rebózanse no xogo da danza-teatro coa ledicia dos porcos, co lecer das crianzas que gozan facendo castelos de area e derrubándoos. O contacto coa terra, a danza coa carauta de porco, os obxectos empregados e guindados… tódalas actividades escénicas como actos en potencia que fican en barbeito na intersección da luz e do movemento derrúen os significados. Igual que o simulacro co micrófono que se colle para falar, […] - [Que volvan as flores](https://erreguete.gal/2014/11/17/que-volvan-as-flores/): O tempo que a flor tarda en abrirse | Camilo Franco |   Se esa imaxe axitada de mover as cadeiras fose unha alusión metafórica á necesidade de darlle unha volta a todo, de darlle varias veces a volta a todo, Rut Balbís estaría pedíndolle por favor ao espectador que, unha vez que se decida a abandonar a butaca, estea disposto a recompoñer todo, a cambiar tantas veces como sexa necesario as cousas ata que encontren o lugar natural. O lugar xusto. Pisando Ovos dalle moitas voltas ás cadeiras. Interpreta e reinterpreta un espazo buscando encontrarlle o significado xusto e situar […] - [Who will save me today?](https://erreguete.gal/2014/11/13/who-will-save-me-today/): (Des)equilibrios | Manuel Xestoso |   O equilibrio é un dos argumentos máis substanciais da danza, tanto técnica coma simbolicamente. O equilibrio implica tamén a posibilidade da caída, indica a fraxilidade da posición do ser humano, lémbranos o inxente esforzo que require manterse en pé. Janet Novás semella querer enfrontar algunhas das cuestións máis delicadas que se relacionan coa conservación ou perda dos equilibrios que debemos gardar na nosa existencia, aínda que o fai a través dun espectáculo –talvez consecuentemente– un tanto desequilibrado. A inspiración vai en dúas direccións. Por unha banda, hai unha leve trama que se inicia cunha historia […] - [Perplexo](https://erreguete.gal/2014/11/10/perplexo/): E ti, de quen ves sendo? | Carla Capeáns |   A compañía galega Il Maquinario Teatro vén de estrear o seu segundo espectáculo logo do éxito acadado con O Home Almofada, de Martin MacDonagh. Foron valentes e desta vez apostaron por Perplexo, un texto do alemán Marius Von Mayenburg. Apostaron, arriscaron e gañaron. Perplexo dista moito daquel Home Almofada co que Il Maquinario acadaría seis nomeamentos nos Premios de Teatro María Casares desa tempada. Eu non son tan valente coma eles pero aínda así arríscome a dicir que este novo espectáculo supera notablemente ao anterior. Todo comeza cando, logo dunhas […] - [Pan pan](https://erreguete.gal/2014/11/06/pan-pan/): Sen rede | Roi Vidal Ponte |   Sen rede. É a diferenza entre o risco e a vontade. Cada vez que se crea algo novo agrandamos o tamaño da lupa. Somos tan esixentes como nolo permite a nosa condescendencia. E aplaudimos a mancheas orixinalidade e entusiasmo. O novo, que adoita presentarse sen avisar, sen que se lle vexa vir, incomoda porque busca o seu sitio e, asemade, agrada porque promete dar o que aínda non hai. A Panadaría preséntase cun espectáculo que lembra outra fulgurante aparición, cunha parodia do western semellante á de Río Bravo de Chévere. Neste caso, décadas […] - [Demolición](https://erreguete.gal/2014/11/05/demolicion/): Minutos antes da dinamita | Camilo Franco |   Quedamos sorprendidos pola conclusións das cousas moito máis do que estudamos o proceso que levou a elas. De feito, facemos un distingo entre proceso e conclusión cando en realidade son partes dunha mesma circunstancia. Un final é un final, pero en termos analíticos os minutos finais non son necesariamente os decisivos. En realidade o final é cando xa non se pode facer nada e debe ser que nos presta esa idea do final como algo irreparable porque, polo si ou polo non, xa non estamos obrigados a actuar. O xa foi é un […] - [As mil vidas de Matías Houseman](https://erreguete.gal/2014/11/03/as-mil-vidas-de-matias-houseman/): Anestésicos da conciencia | Manuel Xestoso |   A imaxinación pode ser o detonador da obra dun artista, do sistema dun filósofo, das leis dun científico e dos logros dun reformista ou dun revolucionario. Pero hai que conceder que o uso da imaxinación pode ser ben diferente se se emprega como substituto da realidade: daquela convértese nunha vía de escape que impide a toma de conciencia da situación propia e que bloquea a nosa capacidade de transformar as circunstancias. As mil vidas de Matías Houseman centra o seu discurso nun personaxe que, precisamente, pecha os ollos ante a estreiteza da súa […] - [Meu ben](https://erreguete.gal/2014/10/31/meu-ben/): Imaxes para mascar | Roi Vidal Ponte |   Asistimos ao teatro para escoitar unha historia, ver sobre o escenario anacos representados desa historia e imaxinar os outros, eses que se agochan tras un silencio sospeitoso cuxo segredo arelamos descubrir. Por unha vez (polo menos unha ou sete veces ao mes) somos nós, espectadoras, as que enchemos os ocos, as que escribimos os artigos de opinión. Pero hai un teatro que se nega a si mesmo e que lle dá ao público o que o público xa ten. Barroquismos informativos da era da incomunicación. Elaine Murphy é unha rapaza moi nova […] - [As do peixe](https://erreguete.gal/2014/10/27/as-do-peixe/): Cando a experiencia triunfou | Roi Vidal Ponte |   Estamos ante o que seguramente sexa o mellor texto dun autor acostumado a bregar coas inxustizas cotiás, propias desa clase humilde da que tanto gusta. Neste caso catro traballadoras da industria conserveira rememoran unhas conflitivas condicións laborais. Con afán documental (o proxecto iniciouse contactando con mulleres reais), o dramaturgo crea un espello que coloca a idiosincrasia galega ante as súas miserias e grandezas, con liñas temáticas como as desigualdades (entre clases, sexos e idiomas) ou a escolla entre a loita e a resignación, e faino con recursos propios como o uso […] - [30/40 Livingstone](https://erreguete.gal/2014/10/27/3040-livingstone/): Autoindulxencia | Manuel Xestoso |   A angustia do home contemporáneo maniféstase, en moitas ocasións, como baleiro existencial, como un sentimento de que a vida debería ofrecer “algo máis”. O problema vén cando ese “algo máis” é un ente impreciso e indefinido, unha simple presunción dunha existencia máis completa. A situación, neste caso, podería ter máis relación coas carencias do individuo que coas da súa circunstancia. E podería ser o principio dunha boa parodia. Ese é o punto de partida de 30/40 Livingstone: un personaxe –a medio camiño entre o fillo de papá e o diletante– sente que a súa vida […] - [O estado salvaxe. Espanha 1939](https://erreguete.gal/2014/10/23/o-estado-salvaxe-espanha-1939/): Biografías que importan | Manuel Xestoso |   Semella que se expande a conciencia de que a vida pública se constrúe cos ladrillos das diferentes historias persoais. A pequena intrahistoria dos que trataron de edificar –silenciosos ou silenciados– unha existencia propia durante a ditadura de Franco resulta esclarecedora para elaborar o retrato colectivo daquela época. Revelar o que ocultaron os disimulos de entón serviría, ademais, para desvelar o que agochan os mutismos de hoxe. O estado salvaxe. Espanha 1939 explora a memoria persoal da familia do autor –dos seus avós– para interrogar un pasado que aínda se erixe como obstáculo para […] - [Harket [Protocolo]](https://erreguete.gal/2014/10/22/harket-protocolo/): Quen somos os outros? | Camilo Franco |   Dicir que é un paradoxo é non explicalo de todo. É unha contradición. Ou simplemente é que non aprendemos, que ignoramos realmente quen somos e a seducción que exercen sobre nós os abalorios. Ou é estupidez. Andamos a isto: a cousificar as persoas, a humanizar as máquinas. Unha obsesión suicida. Non estou seguro de Harket entre a fondo nese proceso no que parece que é máis cómodo tratar coas máquinas que co resto da humanidade ou nese aínda fantasioso no que un software aprenda reaccións emocionais. A obra de Panicmap abre esa […] - [Uvas de collón de ghalo](https://erreguete.gal/2014/10/19/uvas-de-collon-de-ghalo/): De Bergson a Madonna | Manuel Xestoso |   A tradición é unha forma de memoria colectiva. E resulta curioso que unha sociedade coma a nosa, aparentemente preocupadísima pola memoria, lle preste tan pouca atención á tradición: mesmo semella que foxe dela, identificándoa cun estadio da evolución que se desexa deixar atrás ou cun deses parentes que non ten modais na mesa. Non obstante, a tradición deixa un pouso difícil de eliminar e chega a estruturar a nosa visión do mundo, de xeito que, coma nos clásicos da psicanálise, o que se bota pola porta volve entrar pola fiestra. O pasado, […] - [Cuerdas](https://erreguete.gal/2014/10/18/cuerdas/): A historia interminable | Roi Vidal Ponte |   A dramaturxia contemporánea busca a novidade cada vez máis cerca. E non hai nada máis próximo que as persoas, e non hai nada máis afastado das persoas que a familia; esa institución que atrapa e que ninguén escolle, o primeiro mundo que nos recibe e onde a democracia xamais terá lugar. Bárbara Colio semella interesarse polas familias coma nunca ninguén antes o fixera. Porque canto máis afondamos nos conflitos próximos menos sabemos. Ecoan con ela os dramas de Eugene O’Neill e os filmes de Alexander Payne, esas familias rotas, unidas pola separación; […] - [30 e tantos ósos](https://erreguete.gal/2014/10/16/30-e-tantos-osos/): Mulleres e circunstancias | Camilo Franco |   Todo ocorre dun xeito cruzado. Como se coherencia ou organización fosen marcas de orientación máis que sistemas. Pode ser que todo ocorra cun sentido, pero que nós o ignoremos. Nós que chamamos azar a todas as cousas das que ignoramos as causas. O azar como esa arañeira que nos exime de responsabilidade. Trinta e tantos ósos está chea de argumentos cruzados. Unhas veces é un escrito de denuncia, outras é un manifesto retador e outras unha conversa só en apariencia frívola. Por veces quere ir a un teatro directo e, desde aí, salta […] - [Parasceve](https://erreguete.gal/2014/10/15/parasceve/): Ritual malogrado | Manuel Xestoso |   Escribiu Philip Roth que a Historia adoita entrar na vida das persoas como irrompe un cabalo desbocado no salón onde a familia está comendo tranquilamente: o sobresalto vai seguido de estupor e de feridas irremediables. Parasceve semella querer darlle a razón ao escritor norteamericano e relata como a guerra asalta a existencia ordinaria dunha familia, poñendo de manifesto a perversidade desta ofensiva. A morte é unha posibilidade sempre presente, pero a crueldade pertence ao ámbito do cálculo humano. A estratexia consiste en reflectir sobre o escenario a medida humana dos problemas cotiáns dos personaxes […] - [Teatro invisible](https://erreguete.gal/2014/10/14/teatro-invisible/): Teatro da teoría do teatro | Afonso Becerra de Becerreá |   O teatro é unha experiencia, unha vivencia compartida sublimada. Un encontro no que a actriz principal, a que se separa da comunidade para amplificar a súa presenza a través dunha enerxía expresiva que se move na quietude e no silencio tanto ou máis que no propio movemento do corpo e da voz, manipula o espazo e o tempo para crear unhas imaxes no palco altamente estimulantes na recepción. Esa parece a cerna do Teatro invisible de Ana Vallés. Teatro da teoría do teatro, entendendo teoría como visión. Se recuamos […] - [Homes bisagra](https://erreguete.gal/2014/10/13/homes-bisagra/): Teatro vibracional | Afonso Becerra de Becerreá |   Homes bisagra semella materializar as ideas do visionario Antonin Artaud que podemos ler en Le Théâtre et son double. A musculatura sonora, lumínica e corporal actúan nunha sinestesia non redundante, que foxe de calquera lugar común e que fornece efectos empáticos hipnóticos, dunha beleza perturbadora. O espectáculo ábrese coa performance vocal do propio Antonin Artaud. A partir de aí as accións sonoras, a base de percusión variada e de sintetizadores electrónicos diferentes, composta e executada por Nacho Sanz e Baltasar Patiño, ambos en escena, establece conexións cunha iluminación na que destacan os […] - [Matanza](https://erreguete.gal/2014/10/12/matanza/): O soño e o instinto | Manuel Xestoso |   A matanza é a morte que asexa permanentemente os nosos pasos, a estrita vixilancia a que nos somete a última hora. Ata nova orde da ciencia, a conciencia de que ha chegar ese momento é exclusivamente humana e, xa que logo, tamén o é a nosa natureza proxectiva, a que nos obriga a loitar contra o tempo. Na obra de Roberto Salgueiro, non se fala tanto da matanza como dos distintas formas que escollemos para pasar ese tempo que se nos concede ata que aparece o matachín. Os protagonistas de Matanza […] - [Distancia siete minutos](https://erreguete.gal/2014/10/10/distancia-siete-minutos/): O que non querías oír | Roi Vidal Ponte |   A familia. Trauma e trama da cultura contemporánea. Esa que comeza co Edipo de Sófocles, o que se arrinca os ollos porque non quere ver a súa particular traxedia familiar. Tizina apunta alto e cerca, ao establecer un paralelismo entre a aventura errática da aeronave Curiosity, enviada pola Nasa a Marte, e esa outra distancia existente entre un pai e un fillo, enviado ao fogar orixinario por culpa dunha praga de térmites no seu domicilio de solteiro. E logo están as normas: as férreas leis paternas riman coas do Estado […] - [Olivia y Eugenio](https://erreguete.gal/2014/10/10/olivia-y-eugenio/): Un continuará | Afonso Becerra de Becerreá |   Estamos ante o que se supón que vai ser a derradeira cea entre unha nai maior, á que lle diagnosticaron un cancro, e o seu fillo con síndrome de Down. A obra de Herbert Morote funciona case como un falso diálogo trenzado polos monólogos de Olivia (Concha Velasco) e algunhas réplicas breves de Eugenio, interpretado por un actor con síndrome de Down, tal cal o personaxe. Por tanto, podería dicirse que, en vez de “interpretar” un personaxe, o actor con síndrome de Down o que fai é “actuar” seguindo as situacións propostas […] - [As laranxas máis laranxas de todas as laranxas](https://erreguete.gal/2014/10/07/as-laranxas-mais-laranxas-de-todas-as-laranxas/): De Casares ao talento | Inma López Silva |   Non hai mellor homenaxe a Carlos Casares que a produción da súa peza de teatro infantil cunha xeración de actores e actrices novos e formados, con exquisitez técnica e fondo talento, nun centro que foi tamén o seu soño e o seu compromiso persoal: a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. E é que esa é, fundamentalmente, a diferenza entre a produción de 2004 deste espectáculo e esta de agora, a existencia dunha Escola propia que formou unha parte dos actores. E iso nótase na limpeza da interpretación, no emprego […] - [A cabeza do dragón](https://erreguete.gal/2017/04/06/a-cabeza-do-dragon/): Outro Valle é posible | Manuel Xestoso | | Foto: Natasha Lelenco |   A clave, talvez, resida na escolla: elixir A cabeza do dragón como primeira obra de Valle Inclán representada en galego resulta tamén un manifesto. Valle nunca se librou dunha lectura casticista que, dalgún xeito, rebaixa a súa obra ao nivel do costumismo do que sempre fuxiu. Adoita esperpentizarse o esperpento dende un código situado a medio camiño entre a zarzuela e o drama rural: unha lectura que dilúe o contributo estilístico e político do autor e que pretende afastalo das súas raíces culturais para asimilalo á tradición […] - [O soño dunha noite de verán](https://erreguete.gal/2017/04/06/o-sono-dunha-noite-de-veran/): Retorno ao paganismo | Manuel Xestoso |   Superar a división entre mente e corpo leva a deixar paso ao desexo na configuración da identidade e aí comezan os retos. A moral kantiana que esboza un suxeito autocontrolado e desvinculado das emocións ofrece un modelo que non dá resposta ás aspiracións dunha sociedade que sospeita, foucaultianamente, que a identificación entre sexo e xénero é unha estratexia do poder. E, daquela, a reivindicación do corpo convértese nun proxecto emancipador. O soño dunha noite de verán, coa súa erótica e a súa dialéctica entre a loucura amorosa e a censura moral é un texto […] - [Embarcação do Inferno](https://erreguete.gal/2017/04/06/embarcacao-do-inferno/): Asegurar o Paraíso e perpetuar o Inferno | Vanesa Sotelo | | Foto: Paulo Nuno Silva |   Cada espectáculo é a posibilidade humana de organizar unha nova realidade, de construír un mundo paralelo nun tempo suspendido fóra do tempo que diariamente nos roubamos. Embarcação do Inferno, co-produción realizada entre A Escola da Noite de Coimbra e o Centro Dramático de Évora é un convite a navegar por un deses mundos suspendidos. Cunha marcada vontade de estilización teatral, a proposta permite asistir desde a mirada contemporánea de quen a ela se achega ás preocupacións do século XVI a través de personaxes característicos […] - [Son](https://erreguete.gal/2017/04/06/son/): Revisión homoerótica e mestiza da tradición | Afonso Becerra de Becerreá |     Pensar en danza galega, ou mesmo dicir «danza galega», alén da adscrición ás formas folclóricas e tradicionais da muiñeira e doutros paus, implica ir na busca de algo que estea máis alá do simple feito de producir no territorio de Galiza. Dicir «danza galega» desde unha sensibilidade actual, e considerando a evolución das linguaxes da danza, implica indagar nos elementos icónico-xestuais e coreográficos, sonoros, musicais, lumínicos, escenográficos e de caracterización que se inscriben no contexto identitario galego, dun xeito máis ou menos explícito. Desde esta perspectiva, Nova […] - [Danza da choiva](https://erreguete.gal/2017/04/06/danza-da-choiva/): O didáctico non quita o valente | Manuel Xestoso |     O adxectivo didáctico aplicado ao teatro familiar tende a meter algo de medo: o pedagóxico adoita afogar o artístico e a instrución utilízase como coartada que xustifica o simplismo. Non é preciso lembrar a Brecht para asegurar que o didáctico non é incompatible coa esixencia pero aceptamos ese empobrecemento do escénico cando o destinatario é o público infantil, como se a educación estética non estivese na cerna da decisión de dedicarlle ás nenas e aos nenos un determinado tipo de espectáculo ou como se abrir as portas da sensibilidade, […] - [Dobre primavera na erregueté](https://erreguete.gal/2017/04/06/dobre-primavera-na-erreguete/): A revista prepara para este mes de abril a saída dos seus números 89 e 90   O primeiro Valle-Inclán profesional en galego, a última produción de Voadora, o esperpento silenciado xamais contado, a sempre polémica Escenas do Cambio, a defunción asistida do festival Alt… Múltiples e diversos foron os feitos que percorreron o inverno das artes escénicas desde a saída do último número da erregueté ata esta primavera 2017. Entre esperas e expectativas, a mediados de abril pechamos o ciclo 2016-2017 coa chegada da erregueté 89 correspondente ao inverno de 2016 e iniciamos primavera coa saída erregueté 90. Aproveitando este […] - [A AAAG lamenta o falecemento de Mateo González](https://erreguete.gal/2017/03/31/a-aaag-lamenta-o-falecemento-de-mateo-gonzalez/):     Santiago, 31 de marzo.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lamenta o falecemento do noso compañeiro e asociado Mateo González e quere transmitirlles aos seus familiares e amigos o noso pesar e apoio nestes momentos. Nacido en Pontedeume en 1982, Mateo González era unha novo valor da interpretación do noso país. Formado na Escola de Teatro de Narón, o seu traballo interpretativo desenvolveuse tanto no audiovisual coma no teatro. Na televisión, traballou nos últimos anos en series como Amar es para siempre, Luci ou, na actualidade, en Fontealba e Serramoura. No cine, Mateo González traballou en […] - [Leixaprém, non me veñas con cantigas](https://erreguete.gal/2017/03/31/leixaprem-non-me-venas-con-cantigas/): O teu é puro teatro abstracto | Roi Vidal |     O leixaprén como recurso estilístico. A lírica medieval-galego portuguesa homenaxeada no que ten máis de seu. Nese formalismo esplendoroso que a converte no que é. Aquí, máis ca nunca, o aquel non é o que senón o como. Imos, pois, experimentar coas formas do teatro. Xogar co espazo e o son, coa luz e os corpos. Tronzar a epiderme comunicativa das palabras. Da mesma maneira que Rothko deixa o pictórico no grao esencial do contraste de cores, o teatro tamén ten o dereito (case o deber) de deixar o […] - [XXI Premios María Casares: Tod@s @s premiad@s](https://erreguete.gal/2017/03/29/xxi-premios-maria-casares-tods-s-premiads/): |Foto: TRAGALUZ FOTOGRAFÍA/AAAG |   Mellor Maquillaxe: Trini F. Silva, por Voaxa e Carmín de ButacaZero Mellor Vestiario: Mari Seoane, por Voaxa e Carmín de ButacaZero Mellor Escenografía: Dani Trillo, por Foucellas de Talía Teatro Mellor Iluminación: Afonso Castro, por O tolleito de Inishmaan de Contraproducións / FIOT Carballo Mellor Música Orixinal: Terbutalina, por Eroski Paraíso de Chévere Mellor Adaptación / Tradución: Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez por O tolleito de Inishmaan de Contraproducións / FIOT Carballo Mellor Texto Orixinal: Santiago Cortegoso, por Raclette de Ibuprofeno Teatro Mellor Actriz Secundaria: María Roja, por O tolleito de Inishmaan de Contraproducións / FIOT Carballo Mellor Actor Secundario: Evaristo Calvo, por […] - [Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2017/03/27/manifesto-galego-do-dia-mundial-do-teatro/): Quen hai aí? A dramaturga e actriz Imma António é a encargada de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatrodurante a gala dos XXI premios de Teatro María Casares. Deste xeito, Imma António subirá o vindeiro mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto.     Quen hai aí? Eis a pregunta primixenia coa que chegamos ao mundo. Quen hai aí? É a pregunta que cada función de teatro lanza ao mundo ao que chega. Un mundo como este noso, onde existen mares que son o osario da nosa indignidade; infancias […] - [Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2017/03/27/mensaxe-internacional-do-dia-mundial-do-teatro/): O Instituto Internacional do Teatro (International Theatre Institute ITI) dá a coñecer a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspondente a 2017, cuxa autora é a actriz francesa Isabelle Huppert   Ben, aquí estamos outra vez. Reunidos de novo na primavera, 55 anos logo da nosa reunión fundacional, para celebrar o Día Mundial do Teatro. Un só día, 24 horas, que comezan da man do teatro NO e do Bunraku que pasan pola Ópera de Pekín e o Kathakali, brillando entre Grecia e Escandinavia, de Esquilo a Ibsen, de Sófocles a Strinberg, entre Inglaterra e Italia, de Sara Kane a Pirandello, […] - [O aloumiño dunha estrela](https://erreguete.gal/2017/03/23/o-aloumino-dunha-estrela/): Teatro para beber | Roi Vidal Ponte |     Temos a tendencia de encaixar as modas dunha maneira extrema. Somos das que as perseguen ou das que lles escapan a todo correr. Vémolas como tendencias estilosas que sinalan o progreso ou como necesidades creadas impostas polo capital. A moda que está máis de moda é a da hiperpaternidade, que ten a xeración dos barbudos hipsters engaiolados coa descuberta da paternidade e as nais rebeldes da xeración máis feminista da historia descubrindo zonas nas que practicar unha maternidade liberada. Houbo quen o soubo ver e creou un novo mercado: o teatro […] - [Declaración a favor da adscrición das Ensinanzas Artísticas Superiores á Universidade](https://erreguete.gal/2017/03/15/declaracion-a-favor-da-adscricion-das-ensinanzas-artisticas-superiores-a-universidade/): Manifesto do 15 de marzo de 2017 A Revista Galega de Teatro quere facer público o seu respaldo á Declaración a favor da adscrición das Ensinanzas Artísticas Superiores á Universidade e trasladarlle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o seu apoio á petición da Plataforma en relación coa adscrición das ditas ensinanzas ao sistema universitario galego.   O quince de marzo de 2010 nacía en Pontevedra a Plataforma Galega pola Incorporación das Ensinanzas Artísticas Superiores á Universidade, na que confluían comunidades educativas de centros e sindicatos do ensino. Ao longo destes cinco anos, a Plataforma Galega desenvolveu sólidos argumentos para resolver un problema de […] - [AAAG denuncia falta de transparencia e presuntas irregularidades no CDG](https://erreguete.gal/2017/03/13/aaag-denuncia-falta-de-transparencia-e-presuntas-irregularidades-no-cdg/): A AAAG insta á Consellería de Cultura a creación dunha comisión intersectorial nun prazo de 30 días para abordar o futuro do Centro Dramático Galego e os procedementos de escolla de actores e actrices, xa que o modelo de concurso público é inaplicable para a profesión e non se pode volver repetir. | Foto: S. Montes |   Santiago, 13 de marzo de 2017.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), tras celebrar unha asemblea extraordinaria, emite este comunicado para denunciar as presuntas irregularidades que se produciron ao longo do procedemento de selección do elenco de Martes de Carnaval, […] - [Tres espectáculos galegos nos premios Max](https://erreguete.gal/2017/03/03/tres-espectaculos-galegos-nos-premios-max/):     O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas deu a coñecer xa os candidatos ás 23 categorías a concurso da 20ª edición destes galardóns organizados pola Fundación SGAE. O teatro galego achega varios dos nominados que suman seis candidaturas. Destaca en primeiro lugar, Raclette, de Ibuprofeno Teatro, candidata ao premio ao Mellor Espectáculo de Teatro. O seu autor, Santiago Cortegoso, tamén opta ao premio á Mellor Autoría Teatral e ao de Mellor Dirección de Escena. Ademais, Iria Sobrado é candidata a Mellor Actriz de Reparto polo seu papel neste espectáculo. Nesta categoría, competirá con Rebeca Montero, tamén candidata polo seu papel no […] - [Nominados aos premios María Casares](https://erreguete.gal/2017/03/01/nominados-aos-premios-maria-casares/): O tolleito de Inishmaan e Eroski Paraíso, favoritos   As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 galardóns, e ‘Eroski Paraíso’, de Chévere, que opta a 8. Pola súa banda, ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Voaxa e carmín’, de ButacaZero, optan a 5 María Casares.     A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os […] - [Speak low if you speak love](https://erreguete.gal/2017/02/26/speak-low-if-you-speak-love/): Máquinas desexantes   | Manuel Xestoso | | Foto: Danny Willems |   Entre o amor e a sedución existe unha violencia dos corpos e dos sentimentos que o relato máis tradicional sobre o amor romántico oculta. O amor, en realidade, é un discurso que se esgota en si mesmo: nun “quérote” que é máis unha demanda histérica que unha solicitude de solidariedade. Mais, afortunadamente, a realidade corrixe os idealismos e os individuos deben negociar os termos en que se moverán no campo da convivencia e do desexo para negar esa reclamación de absoluto e transformala no xogo que permite abandonarse […] - [Desconexión](https://erreguete.gal/2017/02/22/desconexion/): Dualismos únicos | Roi Vidal Ponte |     A dramaturxia galega actual é, parafraseando a Anxo Rei Ballesteros, traxicamente contemporánea. Os seus temas son os de sempre e os de xalundes, pero agora e aquí. O universal visto desde a óptica particular. Óptica que ten en Santiago Cortegoso unha das súas lentes máis diáfanas. A súa poética é a que máis se aproxima a unha realidade que, como nas Criaturas de Vidal Bolaño, é máis monstruosa que a dos monstros de ficción. O que pasa é que Cortegoso semella xogar mellor coa herba curta dos diálogos fluídos que na terra […] - [This is concrete](https://erreguete.gal/2017/02/14/this-is-concrete/): O concreto entre os corpos | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Renato Mangolin |     Dous corpos concretos: Jefta van Dinther e Thiago Granato. Dous corpos masculinos en concreta atracción. Un espazo en movemento transformado por unha luz concreta. Un espazo sonoro preciso que remove internamente o corpo de quen mira. This is concrete é a danza concreta de dous corpos que transcende o espazo escénico para xurdir no corpo alleo. Con ela, prodúcese “a mirada do outro a partir de nós”, lema condutor da sétima edición do Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães. A manipulación do tempo a […] - [Tras Tannhäuser](https://erreguete.gal/2017/02/12/tras-tannhauser/): Á fin os mozos tomaron os teatros   Tras Tannhäuser ten todas as cousas boas das compañías novas cargadas da paixón dos artistas mozos. E tamén ten todos os problemas que se derivan da mesma circunstancia. É, por iso, un espectáculo interesante no que prima a experimentación e o saber facer propio dun equipo formadísimo (todos eles son titulados con méritos na ESAD de Galicia) que sabe o que quere e como contalo. E ademais é unha peza que, por momentos, cae no excesivo: no excesivamente transcendental, no excesivamente simbólico, no excesivamente tópico, no excesivamente aleccionador. Fáltalle a este Tras Tannhäuser […] - [Conceal / Reveal](https://erreguete.gal/2017/02/10/conceal-reveal/): A capacidade de ser | Manuel Xestoso |   Paul Valery falaba da “impresión marabillosa” que lle producía a danza: “no universo da danza non ten lugar o repouso; a inmobilidade é algo obrigado e forzado, un estado pasaxeiro e case unha violencia”. Ese estado que nos coloca fóra de nós e no que o inestable nos sostén, continuaba, permítenos concibir unha existencia composta dos valores límite das nosas facultades. As coreografías de Russell Maliphant para o espectáculo que abriu o GUIdance 2017 semellan alicerzarse nesta reflexión do poeta. Proxectado como unha celebración dos vinte anos de colaboración entre o coreógrafo […] - [Comunicado da AAAG](https://erreguete.gal/2017/02/10/comunicado-da-aaag/): A AAAG lamenta os atrancos que está a vivir a próxima produción do Centro Dramático Galego e cuestiona o procedemento de selección do elenco imposto dende a Agadic   Santiago, 10 de febreiro.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que aglutina a preto de 300 actores e actrices, lamenta os atrancos que está a vivir a vindeira produción do Centro Dramático Galego (CDG) Martes de Carnaval, tras as dimisións de tres membros do tribunal do concurso público desenvolvido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre esas dimisións, atópase a de Tito Asorey, quen ía dirixir […] - [Comunicado de Tito Asorey](https://erreguete.gal/2017/02/09/comunicado-de-tito-asorey/): Comunicado de Tito Asorey facendo pública a súa renuncia á dirección de “As galas do defunto”   No día de hoxe, despois da publicación por parte da AGADIC da listaxe definitiva de persoas seleccionadas para a realización das probas de interpretación de cara á produción Martes de Carnaval de Valle Inclán, e debido á falta de especificación sobre a dirección da mesma, tomo a iniciativa de facer pública a miña renuncia á dirección da súa primeira parte, “As galas do defunto”. Esta renuncia a levar a cabo a dirección artística de dita peza foi presentada o pasado día 27 de xaneiro, sendo […] - [Entre (hu)ecos](https://erreguete.gal/2017/02/08/entre-huecos/): Fendas de son | Roi Vidal Ponte |     Entras nunha igrexa como quen entra nun teatro. O actor principal realiza unha coreografía de teatro xestual, teatro de obxectos, posdrama salmódico e interacción co público en honor dun personaxe ausente que tomamos por real. É unha ficción curativa. Unha asemblea terapéutica. Un invento humano para o conforto colectivo. Séculos despois (séculos de tempo máis filosófico ca cronolóxico) entras nun teatro como quen entra nunha igrexa. É un edificio público reservado para os ritos da comunidade: recitais poéticos, premios gobernamentais, panteón de ilustres. A escolla do lugar marcará todo o que […] - [Resaca](https://erreguete.gal/2017/02/04/resaca/): Teatro líquido | Manuel Xestoso | | Foto: Aitor Uve |     En Perplexo, a penúltima montaxe de ilMaquinario, filtrábase o pensamento de Zygmunt Bauman como sustento da idea de que o individuo contemporáneo perdeu os vínculos que o vencellaban coa sociedade e coas súas orixes. Os conceptos emanados do capitalismo globalizador –mobilidade, emprendemento, flexibilidade– conducen a un individualismo curtopracista que desemboca en desorientación e abraio. Perplexo reflexionaba con lucidez sobre os efectos de asumir os parámetros impostos por un sistema que privatiza o sentido e que despoxa de instrumentos de análise crítica á cidadanía. En Resaca, a referencia a Bauman […] - [Daniel Faria](https://erreguete.gal/2017/01/30/daniel-faria/): Mítica da mística | Camilo Franco |   O dato fundamental da obra escénica de Daniel Faria é que non sabemos como era. O dato fundamental da biografía de Daniel Faria é que morreu novo, que morreu nun convento e que deixou unha obra interiorísima, minorizada de divulgación e que pode pasar por secreta. Daniel Faria é o centro da atención de Pablo Fidalgo e a coprodución na que participa o CDG e que xoga nesa contradición de explicar a un poeta que se movía sobre o silencio, que parecía decidido a dicir sen pronunciar ata quizais ese punto no que […] - [Um punhado de terra](https://erreguete.gal/2017/01/28/um-punhado-de-terra/): Alén do odio um punhado de terra   | Afonso Becerra de Becerreá | | Foto: Marcos Montelo |   Ás veces, no teatro, prodúcese unha incandescencia enriba do palco, que nos engaiola, como se fose unha lareira. De súpeto a actuación convértese nun alumear que parte da sinxeleza de elementos materiais, físicos, e tan antergos como pode ser o corpo humano, a súa voz, o seu movemento, un chan de táboas ou de terra… A Sala Ingrávida do Porriño, o sábado 14 de xaneiro de 2017, ofreceunos Um punhado de terra de Pedro Eiras, polo Teatro Art’ Imagem (A Maia. […] - [O cadro e ser feliz](https://erreguete.gal/2017/01/26/o-cadro-e-ser-feliz/): Mestura de códigos | Laura Porto |     O cadro e ser feliz é, en certo sentido, unha proposta arriscada. Chéganos da man dunha compañía viguesa de nova creación composta por novos profesionais das artes escénicas, Trasluz Teatro, que decide atreverse a pór en escena unha obra orixinal escrita polo seu director, Pablo Carrera, nun panorama teatral no que se castiga a innovación e se ignora aos novos talentos. Nesta comedia romántica, dous amigos que comparten piso atopan o amor onde menos o buscan coa axuda de circunstancias inesperadas, tolas e mesmo ás veces inexplicables. O ambiente da peza é […] - [Política de terra queimada](https://erreguete.gal/2017/01/24/politica-de-terra-queimada/): Monos, lobos, homes… | Roi Vidal Ponte |     Iso de que ao posdrama lle falta discurso e lle sobra aparencia é unha falsa verdade que non por máis se repetir ha tornar máis certa. O posdrama non é só fragmento e paisaxes, non é só caos e valetudo, pois hai exemplos de exercicios que desde a multiplicidade de estímulos e as paisaxes fragmentarias dan boa conta das posibilidades expresivas do subxénero. Toda estética implica unha ética e hai teatralidades que se demostran tanto ou máis eficaces que o(s) realismo(s) para incidir na sociedade cunha mensaxe dura, clara e contundente. […] - [Os últimos dias da humanidade](https://erreguete.gal/2017/01/12/os-ultimos-dias-da-humanidade/): Monumento titánico ao eterno naufraxio | Vanesa M. Sotelo | | Foto: João Tuna |     Unha titánica posta en escena para expoñer o sisífico destino da humanidade. Esa podería ser unha forma de resumir o complexo desafío que supón levar a escena Os últimos días da humanidade, de Karl Kraus. O Teatro Nacional São João ofrece a través desta produción unha viaxe imprescindible pola historia do continente europeo desde o inicio da Primeira Guerra Mundial en 1914 ata hoxe, máis dun século despois. O periplo, que o público emprende da man de decenas de personaxes a través dun elenco composto […] - [Dramaturxia das mulheres](https://erreguete.gal/2016/12/29/dramaturxia-das-mulheres/): Insubordinación posdramática das mulheres | Afonso Becerra de Becerreá |     O mundo, a visión do mundo, do mundiño pequeno no que vivimos, é unha necesidade perentoria para tropezarmos menos ou para tropezarmos mellor, ou sexa, con menos dor. Pero para iso non nos basta só cos nosos ollos e coas nosas entendedeiras, precisamos tamén acudir a un lugar onde poidamos compartir a visión do mundo das nosas veciñas. Necesitamos encararnos co xeito de ver o mundo das rapazas de entre vinte e trinta anos. Necesitamos saber como nos presentan o mundo desde as xeracións máis novas de profesionais da […] - [The Ventriloquists Convention](https://erreguete.gal/2016/11/06/the-ventriloquists-convention/): O creador e o seu dobre | Manuel Xestoso | | Foto: Susana Neves |   Os creadores adoitan ter unha relación conflitiva coas súas creacións. Quizais o caso máis célebre sexa o de Deus –cuxas criaturas favoritas preferiron arriscarse a probar a froita prohibida que vivir nun réxime de todo incluído no Paraíso– mais existen outros moitos exemplos que van de Prometeo ao Dr. Frankenstein e que demostran que o creado non adquire verdadeira carta de natureza ata que se emancipa do seu autor. Instáurase así un vínculo que recorda moito á dialéctica hegeliana do amo e o escravo, aínda […] - [Kitsune](https://erreguete.gal/2016/10/31/kitsuni/): A ironía do sinxelo   | Manuel Xestoso | | Foto: Susana Neves |   Por paradoxal que pareza, talvez a imaxe máis precisa da morte sexa a dun neno. Nunha sociedade secularizada na que a idea do tránsito perdeu validez, a alternativa para deitar algo de luz sobre o tabú do pasamento podería pasar por comprender a vida como parte dun ciclo no que unhas existencias substitúen outras. E non se trata de adscribirse a un misticismo panteísta: reside nesa lectura unha posibilidade emancipadora de combater a banalización alienadora que mantén a contemporaneidade afastada de calquera código de valores estable […] - [Helena, xuízo a unha lurpia](https://erreguete.gal/2016/10/25/helena-xuizo-a-unha-lurpia/): Helena, a gran raíña dos teatros | Inma López Silva |     A última produción de Teatro do Atlántico, Helena, xuízo a unha lurpia, é un excelente monólogo escrito por Miguel del Arco. No 2011 o propio autor púxoo en escena, interpetado por Carmen Machi, e colleitou o éxito na súa première no Festival de Teatro Clásico de Mérida; desde aquela, percorre España sementando aplausos e premios. O texto propón á actriz que o encare un reto difícil: fala Helena de Troia para desmontar de viva voz o seu propio mito, pero o seu discurso oscila entre o ton grandilocuente […] - [Santiago Amoukalli](https://erreguete.gal/2016/10/20/santiago-amoukalli/): Insuficiencia do documento   | Manuel Xestoso | | Foto: Tempo de Lecer |   Teatro documental? Podería ser un asunto de xeometría: obrigar a que o plano da realidade e o plano da ficción se crucen nalgún punto e ver se xorde algunha figura nova. Non se trata de ningunha innovación, mais semella que vivimos nunha época que desconfía da eficacia da ficción para dar conta da realidade. Ou que se amosa incapaz de crear ficcións que estean á altura desa realidade. O teatro documental sería entón unha estratexia de encontro co real ou un síntoma de insuficiencia ante a […] - [Get Back](https://erreguete.gal/2016/10/18/get-back/): Nin subir nin baixar | Roi Vidal Ponte |     Que fan cinco galegos encerrados nun metro de Londres? Esta idea de Camilo Franco toma corpo co guión escénico de Diego Ameixeiras e a dirección de Jorge Coira. A procedencia cinematográfica de dramaturgo (que ademais de recoñecido novelista traballa como guionista audiovisual) e director (o firmante da esplendidamente realista 18 comidas) poderían facer pensar nunha hibridaxe teatro-cinema que enriquecese unha vez máis as nosas táboas desde unha arte irmá mais cunha linguaxe radicalmente diferente. Porén, eles preferiron renunciar a calquera tipo de técnica que se asemelle á montaxe e asumir […] - [O tolleito de Inishmaan](https://erreguete.gal/2016/10/16/o-tolleito-de-inishmann/): O mito e o fracaso   | Manuel Xestoso | | Foto: Raúl Lorenzo |   Irlanda non debe ser tan mal sitio cando unha morea de compañías galegas a escollen para situar nela as súas montaxes. De feito, Irlanda é o lugar ideal para falar de Galiza sen ter que mencionala. Aos galegos, en xeral, non lles gusta ser suxeito activo dun discurso identitario, aínda que saben recoñecer perfectamente a súa idiosincrasia. E non é disparatado pensar que falar de Irlanda é unha forma de autoafirmación, pero sen presumir. Sen significarse. Os irlandeses, a xulgar polo que se describe na […] - [Petrushka-Extended](https://erreguete.gal/2016/10/12/petrushka-extended/): Contar como se conta | Manuel Xestoso |     Sabemos que, na modernidade, a contemplación dun espectáculo non require só de disposición para desfrutalo, senón tamén dun espírito crítico que o xulgue e ditamine se a súa forma se adecúa ao propósito que o move. Os creadores xa non poden contar coa inxenuidade do espectador e, daquela, propenden a introducir na súa obra un comentario que explique –ou que lexitime– o proceso que os levou ata o resultado final. Nalgunhas ocasións, este recurso enriquece a obra; noutras, só serve como xustificación das súas carencias; ultimamente, funciona como un ingrediente máis […] - [Os soños na gaiola](https://erreguete.gal/2016/10/09/os-sonos-na-gaiola/): Os soños inxenuos e os soños políticos | Manuel Xestoso |     Hai dúas escolas de pensamento: unha proclama que o material do que están feitos os soños é a imaxinación; a outra estima que ese material é o ouro. Alicia, a protagonista de Os soños na gaiola, pertence a esta última tendencia. O contraste entre este seu obxectivismo e un mundo simbólico menos urxido pola perentoriedade do material conforma o principal atractivo dunha función que transforma un discurso clásico de emancipación en amable convite ao autodescubrimento. A cerna da mensaxe non se perde, pero a vía de comunicación escollida […] - [As catro estacións](https://erreguete.gal/2016/09/28/as-catro-estacions/): Atonalidade dancística n’As catro estacións | Afonso Becerra de Becerreá | | Foto: Manuel Lemos |   En plena xornada de reflexión, o día antes dos comicios electorais do 25S en Galiza, reflexionaba eu na butaca do Teatro García Barbón de Vigo (nome orixinal do coliseo vigués, agora renomeado Teatro Afundación), sobre como Galiza está ausente da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), titulada As catro estacións. No programa de man dúas frases expoñen: “A visión por medio da danza contemporánea das catro estacións de Vivaldi. Primavera, verán, outono e inverno veranse reflectidos nas distintas variacións dos bailaríns.” Esa “visión” da que […] - [Tartufo](https://erreguete.gal/2016/09/25/tartufo/): Autoengano e consolación | Manuel Xestoso |     Roland Barthes definía o teatro popular como aquel que cumpría tres esixencias: chegar regularmente a un público masivo, ofrecer un repertorio de alta cultura e practicar unha dramaturxia de vangarda. Quizais hoxe habería que redefinir algúns conceptos, pero a fórmula semella válida para establecer as bases dun teatro nacional ao servizo da cidadanía. De facto, foi a empregada por Jean Vilar no seu Teatro Nacional Popular e a que, en consecuencia, estabeleceu os alicerces teóricos na praxe de case todos os centros dramáticos nacionais que naceron a partir da segunda metade do […] - [A conferência dos pássaros](https://erreguete.gal/2016/08/02/a-conferencia-dos-passaros/): A beleza do real | Manuel Xestoso |     Ornitólogos e sufís comparten a convicción de que o ceo se atopa na terra, de que aos seres alados é máis doado atopalos no universo tanxible que en ningún paraíso post-mortem. A conferência dos pássaros baséase nun relato místico persa no que as aves se reúnen para escoller o seu rei: a viaxe para buscar ao lendario paxaro Simurg acaba transformándose, coma todos os relatos de viaxes, nunha metáfora da busca da divindade, da procura do propio ser. E a conclusión do traxecto explica que non hai pescuda que non sexa […] - [A gaivota](https://erreguete.gal/2016/07/27/a-gaivota/): A busca dunha verdade | Manuel Xestoso |     “Precisamos novas formas”. A primeira vista, semella que ese é o centro de gravidade sobre o que xira a Gaivota de Oskaras Korsunovas. Pero hai que lembrar que quen enuncia esa frase, Kostia Treplev, remata recoñecendo que “o importante é que o home escriba sen pensar en forma ningunha, en que escriba porque o que escribe flúe libremente da súa alma”. E Korsunovas toma boa nota desa segunda declaración para que a preocupación formal non estorbe a comprensión duns personaxes esgazados interiormente, a exposición dos afectos que os condenan á incomunicación. […] - [Historia de amor](https://erreguete.gal/2016/07/23/historia-de-amor/): Esa historia do amor | Roi Vidal Ponte |     Desde a invención da luz eléctrica a tecnoloxía formou parte dese todo que é o teatro. Desde a invención da roda. Teatrocinema bota man de elementos propios da tecnoloxía cinematográfica e o resultado é un espectáculo absorbente onde os efectos especiais (movementos de cámara sincronizados cos movementos actorais, xogos de perspectivas e ilusións ópticas a brincaren coas proporcións humanas, etc.) aproximan a recepción do evento á experiencia proporcionada por unha atracción de feira. A tecnoloxización teatral contrasta cunha historia visceral e asemade cerebral. Eis o interese dunha peza que engana […] - [Voaxa e carmín](https://erreguete.gal/2016/07/21/voaxa-e-carmin/): Locais e universais | Roi Vidal Ponte |     Case unha atracción turística de seu e unha das iconas máis recoñecibles de Compostela, a estatua das Marías da Alameda de Santiago agocha unha historia máis dramática que, poñamos por caso, a da de Pessoa no Chiado. Case tan míticas como Cibeles e Neptuno, as Maruxa e Coralia do escultor César Lombera homenaxean as cores dun tempo gris e, ao ficaren aí a pesar dos estragos da desmemoria local, loitan por facer medrar a curiosidade de quen as visita. Son poucas as mulleres e homes nacidas na capital antes da democracia […] - [Pinocchio](https://erreguete.gal/2016/07/20/pinocchio/): A verdade é máis sórdida que a existencia | Manuel Xestoso |     “O máis importante é vivir na verdade” advirte ao principio do espectáculo o inquietante mestre de cerimonias que adopta o papel de Pepe Grilo, de conciencia. Mais a sociedade axiña impón a súa ambigüidade e desvela as dificultades de saber onde se atopa a verdade nun mundo onde un home debe vender o seu abrigo para que o seu fillo poida ir á escola ou onde a vítima dun roubo é condenada a catro meses de cárcere. A adaptación de Pinocchio de Joël Pommerat mergúllase nese lapso […] - [Madre Coraje](https://erreguete.gal/2016/07/19/madre-coraje/): Brecht despois de Brecht | Roi Vidal Ponte |     Hai dúas maneiras de facer unha crítica sobre a montaxe de Madre Coraxe e os seus fillos de Atalaya Teatro. A primeira delas, polemista, dura, implacable, fala dun teatro caduco, dunha estética pasada de moda, dunha interpretación que de tan expresionista chega a resultar incómoda, inocente e aburrida para un público xa demasiado afeito ao naturalismo cinematográfico, dun lado, e ás actuacións posdramáticas antimiméticas, por outro. É a crítica de quen está de volta, de quen di xa telo visto hai anos, de quen dorme sobre libros de praxe escénica […] - [Susn](https://erreguete.gal/2016/07/18/susn/): A estéril rebelión dos indignados | Manuel Xestoso | | Foto: Arno Declair |     Cuestionar os valores do sistema no que vivimos e desenvolver un pensamento crítico son condicións necesarias para cambiar a realidade. E, non obstante, non abonda con ir a contracorrente: ás veces esa rebeldía é simplemente un intento desesperado de desenvolver unha personalidade propia nunha sociedade ateigada de individuos alienados. Córrese o risco, daquela, de caer na exaltación do propio pensamento, de desprezar todas as opinións alleas e considerarnos os únicos seres libres e racionais: de transformarnos en narcisistas resentidos. A protagonista de Susn, cuxa vida […] - [La piedra oscura](https://erreguete.gal/2016/07/17/la-piedra-oscura/): A emoción fainos inxenuos | Camilo Franco |     Para que as cousas teñan peso hai que cebalas. Hai quen ceba a sociedade con medo, hai quen ceba o porvir -que palabra- con esperanza e hai quen ceba con interese todas as súas ambicións. Hai quen ceba as emocións e funciona. O emotivo, en realidade, é un discurso sen contraposición e quizais por iso a política e a publicidade traballen tanto sobre o emocional, non xera discurso crítico. O discurso emotivo funciona conmovedoramente mesmo en cabezas intelixentes e quizais por iso La piedra oscura se impuxo nos premios Max a […] - [Interrupted](https://erreguete.gal/2016/07/17/interrupted/): A máquina inclemente | Manuel Xestoso |     Conciliación é unha bonita palabra que inventamos ao decatármonos de que o traballo ocupaba todo o noso espazo vital, ao advertir que a nosa vida persoal pasaba a ser un luxo que non nos podiamos permitir se queriamos sobrevivir nun ambiente laboral onde a ambición e a competencia gobernan as relacións persoais. Como xa abdicamos de cambiar a sociedade, creamos a fantasía de que conciliar é unha obriga que lle podiamos impoñer ás empresas e non un síntoma das concesións que lle facemos a un sistema monoteísta que só cre no beneficio. […] - [Las Cervantas](https://erreguete.gal/2016/07/04/las-cervantas/): Agora como entón | Camilo Franco |     Cervantes debería ser galego. De Cervantes, primeiro. Con ese apelido Saavedra e co patrocinio do Conde de Lemos. Con moitos oficios na súa biografía, de soldado a recadador de impostos, coa última opción da literatura e con esa inclinación á ironía imposible de disimular. Tan galego que foi claramente un emigrante. Para completar o cadro só nos falta que no Quijote os galegos aparecen pouco e non para ben de todo. Toda as de Cervantes  son conductas propias do galego, das que se manteñen no tempo. Cervantes non é protagonista de Las Cervantas. […] - [Nunca mates o mandarim](https://erreguete.gal/2016/07/02/nunca-mates-o-mandarim/): A lóxica do low-cost | Manuel Xestoso |     Hai persoas –poñamos por caso nos Estados Unidos– cuxo traballo consiste en observar as imaxes que envía un dron dende Afganistán, a once mil quilómetros de distancia. De cando en vez, ten que premer un botón que matará a un miliciano ou –segundo os estudos máis recentes– a varias vítimas civís que non teñen nada que ver coas guerras que se alimentan dende o poder. O resultado é o mesmo que cun avión de caza, pero un dron sae moito máis barato que un F-11. Tamén sae moito máis barato comprar […] - [The Cherry Orchard](https://erreguete.gal/2016/06/27/the-cherry-orchard/): O xogo do teatro | Manuel Xestoso |     A compoñente lúdica da arte maniféstase moi especialmente no teatro. Xogamos a ser outros, a facer que facemos e, nese xogo, creamos unhas regras que tenden a un fin: atoparlle un significado a ese mesmo xogo. Gadamer explicounos que o espectador dese xogo é tamén un participante, que non pode evitar “xogar con”, mentres observa. E iso é o primeiro que vén a cabeza cando se asiste á función da compañía tg STAN: os seus compoñentes subliñan dende o principio que están a xogar a facer teatro, que a súa representación […] - [Os reloxos preguiceiros de Néboa](https://erreguete.gal/2016/06/21/os-reloxos-preguiceiros-de-neboa/): Ritmo e caos | Manuel Xestoso |     O emprego do tempo nas sociedades contemporáneas e o ritmo que lles imprimimos ás nosas vidas como síntoma de alienación; a aceleración social como manifestación da lóxica da competencia que rexe as relacións interpersoais; a oposición entre construír unha vida autónoma con fins autodefinidos e o afán por sumar experiencias propio dun paradigma consumista. Con estes elementos na recámara, Os reloxos preguiceiros de Néboa pretende erguer unha fábula alegórica e moralizante que sirva de entretemento familiar. Non é doado. Aporía Teatro continúa coa liña iniciada en 30 e tantos ósos: ir edificando […] - [Eroski-Paraíso](https://erreguete.gal/2016/06/20/eroski-paraiso/): O segredo do humor | Roi Vidal Ponte | | Foto. Matteo Bertolino |   Acheguémonos a primeira produción de Chévere despois de acadar o Premio Nacional de Teatro. Deixémonos arrastrar pola riqueza polisémica das súas moitas capas. Desde o título, a obra anuncia como mínimo unha dobre dimensión. Prepárense para a profundidade. Mais ollo, isto é teatro contemporáneo. Ou sexa, de agora e de aquí. De tal xeito que esa saudade tan tópica nosa, que relacionamos coa emigración ou coa dor existencial, se nos presenta aquí e agora por medio de dous motivos nada trillados na nosa tradición cultural: unha […] - [Foucellas](https://erreguete.gal/2016/06/17/foucellas/): Esperanza e derrota | Manuel Xestoso |     Hai derrotas que constitúen triunfos morais. E tamén hai vitorias pírricas. Ambas parécense moito. Administrar o éxito ou o fracaso dunha iniciativa debe contar con esas dúas posibilidades de relación entre o pragmático e o ético, especialmente cando se trata dunha empresa política. Non sempre paga a pena vencer a calquera prezo. E, ás veces, é preciso insistir nunha loita, aínda que pareza abocada ao fracaso. Non é doado calibrar as consecuencias das decisións tomadas na calor do conflito, pero trátase de escollas que poñen a proba a honestidade de quen as […] - [O mundo persistente](https://erreguete.gal/2016/06/03/o-mundo-persistente/): Virtualidade do texto | Manuel Xestoso |     O virtual dá moito medo: sabemos que a tecnoloxía serve para consolidar formas de control social de aparencia amable; sabemos que ese control manifesta unha preocupante tendencia cara ao totalitarismo; e sabemos que iso que insistimos en chamar “novas tecnoloxías”, aínda que xa non sexan tan novas, esténdense a escala planetaria a unha velocidade descoñecida até o de agora. Por iso tendemos a imaxinar o futuro distópico coma unha exacerbación do presente. Pero os temas son de agora mesmo: a expansión da vixilancia, o simulacro como ferramenta de subxectivación do discurso hexemónico, […] - [Calypso](https://erreguete.gal/2016/05/19/calypso/): A cousa das formas | Roi Vidal Ponte |     Antes desa hora da noite na que as rúas aínda non están postas, ten que haber quen se encargue de que as cousas sexan como son, de que cada novo día todo volva estar onde debe. O dramaturgo Fernando Epelde chámalle a estas persoas o Statu Quo, nunha clara referencia metafórica ao sistema socio-político que traballa para manter as aparencias do real. Nesta imaxe simbólica, o sistema está formado por alegorías das tres cores que conforman o nosos espectro visual (Red, Green e Blue) e aparecen así as personaxes dunha […] - [Balor na acción dunha cadeira](https://erreguete.gal/2016/05/11/balor-na-accion-dunha-cadeira/): O persoal é político (ou sobre como reconstruírmonos) | Roi Vidal Ponte |     É o grande tema. O lugar onde a memoria colectiva se esquece de partidismos para asumir unha derrota histórica. Luis Seoane, Castelao, Blanco-Amor, Dieste. Pero sobre todo xente anónima: xente en terra de ninguén. E o teatro non sempre soubo dedicarlle o espazo que procuraba, o lugar que a diáspora merece. Coma tantas outras de nós, Roi Fernández ten na súa árbore familiar unha póla americana. A motivación persoal levouno a investigar a historia cainita do seu bisavó e o irmán deste. E o que nun […] - [Palabras malditas](https://erreguete.gal/2016/05/05/palabras-malditas/): O prohibido contra a poesía da vida | Afonso Becerra de Becerreá |     Veño do Teatro García Barbón d’Afundación de Vigo, como quen vén de facer unha viaxe na máquina do tempo do teatro, nun flashback directo aos anos corenta. Esa é a época na que transcorre a historia de Palabras malditas, a través da que Eduardo Alonso nos demostra, de xeito verosímil, como os pensamentos, as palabras e os sentimentos son feitos. Porque, igual ca os feitos, se consideran perigosos e nos condenan nun contexto de restrición das liberdades. A posguerra civil española, a Ditadura franquista, é o […] - [Illa / Ollo](https://erreguete.gal/2016/04/28/illa-ollo/): Xograis, bufóns e outras criaturas fantásticas | Afonso Becerra de Becerreá |     Illa/Ollo da compañía luguesa Nasdrovia Teatro é un espectáculo dirixido por Roi Vidal Ponte que pon en solfa a Illa do gran mestre da dramaturxia galega Manuel Lourenzo. Illa/Ollo estreouse o 22 de novembro de 2015 no Auditorio do Vicedo, onde demostrou a súa eficacia no xogo complementario dos opostos: a gargallada cómica e a maxestade tráxica. Porén, o precario sistema teatral galego, coa súa desnutrida rede de teatros e auditorios e casas da cultura e cidades da cultura, non permiten que un traballo tan peculiar e […] - [A forma das cousas](https://erreguete.gal/2016/04/24/a-forma-das-cousas/): Cuestión de perspectiva | Roi Vidal Ponte |     É como se tivese que haber sempre unha relación intrínseca entre todo o que é americano e todo o que aparenta ser televisivo. A sombra de Hollywood é tan longa que ensombrece outras maneiras de facer, de ver, de contar. Neil LaBute é un dos dramaturgos norteamericanos mellor valorados internacionalmente. Lémbranos que aínda podendo non ser tan dramático como o de O`Neill, tan psicolóxico como o de Williams, tan político como o de Miller nin tan enfermizo como o de Albee, o realismo dramático norteamericano sempre estará aí. A idea escénica […] - [XX Premios María Casares: Tod@s @s premiad@s](https://erreguete.gal/2016/03/30/xx-premios-maria-casares-todos-os-premiados/): | Foto: La Diapo / AAAG |     Mellor Maquillaxe: Raquel Fidalgo por Ensaio sobre a cegueira de Sarabela Teatro. Mellor Vestiario: Marián Bañobre por O furancho de Ibuprofeno Teatro. Mellor Escenografía: Carlos Alonso por Xardín suspenso do Centro Dramático Galego. Mellor Iluminación: Afonso Castro por Xardín suspenso do Centro Dramático Galego. Mellor Música Orixinal: Mónica de Nut, Vadim Yukhnevich e Javi Bermejo por Manawee de Matrioshka Teatro. Mellor Adaptación / Tradución: Afonso Becerra por O principio de Arquímedes de Teatro do Atlántico. Mellor Texto Orixinal: Diana Mera, Merche Pérez, Teté García por 30 e tantos ósos de Aporía Escénica. […] - [Canchales](https://erreguete.gal/2016/03/19/canchales/): Unha paisaxe teatral de “canchales” hipnóticos | Afonso Becerra de Becerreá |     A meteorización ou fragmentación das rochas pola acción mecánica das cuñas de xeo dá lugar a Canchales, acumulación de pedras irregulares nas faldras das montañas. Paisaxes minerais de natural caoticidade, cun aquel surreal e unha beleza fóra da norma. A meteorización ou decantación das poéticas de El Canto de la Cabra (Elisa Gálvez e Juan Úbeda) e Ensalle Teatro (Raquel Hernández, María Costa, Artús Rei e Pedro Fresneda) dá lugar a uns Canchales de efecto hipnótico e beleza fóra da norma. Canchales lévanos cara a un movemento […] - [Os amores de Jacques o Fatalista](https://erreguete.gal/2016/03/17/os-amores-de-jacques-o-fatalista/): Eros e civilización | Roi Vidal Ponte |     Houbo un tempo no que as historias eran contadas con graza. O importante non era de onde viñan nin a onde se dirixían as personaxes, senón que a súa singradura favorecese as peripecias. As historias, en realidade, eran sempre as mesmas, e podíanse contar cos dedos dunha man. Cando hoxe alguén se remite a ese tempo e a esas historias, é alcumado de clásico. Se o fai con afán lúdico e vangardista, de neoclásico. Se o afán é experimental e autoconsciente, de postmoderno. Quico Cadaval é o noso director máis neoclásico. […] - [Lost & Dead in Thunderland / Oro](https://erreguete.gal/2016/03/15/lost-dead-in-thunderland-oro/): Matar a Grotowski | Roi Vidal Ponte |     Ao entrarmos na Casa das Artes de Vigo, o primeiro que nos topamos é unha exposición que reflexiona sobre o misterio dos petróglifos na que se mostra o paralelismo entre estes e as conexións neuronais do cerebro humano. Desde ese momento o concepto de conexión invadirá a nosa mente, que ficará atrapada nunha trama labiríntica de imaxes e sensacións. As salas baleiras do museo vanse abrindo para as visitantes, guiadas através dunha complexa ruta que as conecta entre si. En cada novo espazo, asisten a unha performance diferente, ora bailada entre […] - [Kaash](https://erreguete.gal/2016/03/12/kaash/): Dinámica gravitacional | Vanesa M. Sotelo |     Tal vez non poidamos entender o universo mirando pola fiestra a Osa Maior pero podemos compartir escintileos de imaxes primixenias e impactos asociativos do imaxinario colectivo a través da atracción e o equilibrio dos corpos en movemento. É o que acontece con Kaash, da Akram Khan Company. Creada en 2002 e reestreada en 2014, Kaash foi a primeira peza para grupo do coreógrafo Akram Khan, descubrindo con ela a súa singular linguaxe nacida da mestura e o diálogo de diferentes tradicións culturais e escénicas. A cuestión do diálogo, fío condutor do programa […] - [Ensaio Amor](https://erreguete.gal/2016/03/11/ensaio-amor/): Que é o amor? Afonso Becerra de Becerreá     Que é o amor? Cadaquén responde a esta pregunta con actos que lle dan forma. A pregunta e o tema semellan desgastados, porén a súa actualización escénica pode anovalos na performance dos corpos e das relacións que institúen. Ensaio amor de Nuria Sotelo ponnos diante unha concepción do amor baseada na confianza plena e natural que irradia Lena Vilanova, unha bebé de pouco máis dun ano de idade. Lena acompaña á súa nai, Nuria Sotelo, coreógrafa e actriz-bailarina, enriba do palco, e ambas dilúen os roles domésticos e domesticados da nai/filla, […] - [Unhas poucas picadelas](https://erreguete.gal/2016/03/11/unhas-poucas-picadelas/): O peso dos roles de poder e a violencia de xénero no matrimonio Afonso Becerra de Becerreá     Ben está o risco de asumir asuntos espiñentos e complicados de tratar na escena. Ao pouco de comezar, Unhas poucas picadelas convértese nunha pedra gris que pesa sobre a atmosfera de traxedia. O palco amósanos unha relación de parella convencional, un matrimonio heterosexual, como algo de alento tráxico. A vida cotiá e o seu encaixonamento na rutina redutora dos roles non igualitarios de parella cheira a rancio, malia a súa desgraciada actualización constante. A idea de progreso social choca estrepitosamente cos roles […] - ['altered natives' Say Yes To Another Excess – TWERK](https://erreguete.gal/2016/02/13/altered-natives-say-yes-to-another-excess-twerk/): Ambigüidades do contemporáneo | Manuel Xestoso | | Foto: Manuel G. Vicente |   Unha moza deixando ver a inscrición Butterz (‘fea’, ‘desagradable’) nas súas bragas pode ser toda unha declaración de principios. Tamén pode ser unha estratexia publicitaria: Elías e Skilliam, os dous DJs que programan a música dende o escenario, son os propietarios dunha casa discográfica cuxo nome é, efectivamente, Butterz. As ambigüidades da sociedade moderna pasan en innumerables ocasións por ese tipo de paradoxos: un acto de rebeldía constitúe tamén unha operación de márketing. Ou ao revés. Esa duplicidade é unha constante ao longo de toda a función dirixida […] - [Comunicado conxunto sobre a detención dos titeriteiros en Madrid](https://erreguete.gal/2016/02/10/comunicado-conxunto-sobre-a-detencion-dos-titeriteiros-en-madrid/):   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), a Academia Galega do Audiovisual (AGA), Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE), Crea (Asociación de directores realizadores de Galicia) e a Unión Internacional de Marionetistas-Galicia (UNIMA Galicia) queren amosar a súa solidariedade cos dous compañeiros da compañía de Títeres desde Abajo –detidos, acusados de enaltecemento do terrorismo e que foron enviados a prisión preventiva durante días– por unha actuación –La bruja y don Cristóbal– desenvolvida no marco das Celebracións do Antroido de Madrid. […] - [Le cargo / Ottof](https://erreguete.gal/2016/02/09/le-cargo-ottof/): O crepúsculo e as formigas Roi Vidal Ponte     O contador de historias fala moito. Pero esta vez promete que en vez de falar o que vai facer é bailar. Conta a historia do seu éxito como contador de historias. E nas súas palabras a denuncia aparece con sutileza, sen dramatismos, como apuntes necesarios e contextualizadores, que lle deixan o protagonismo a esa celebración da vida que é o baile. A historia do seu amigo percusionista. A do pai. A infancia no Congo. Fala pegado a micrófono e diante da pantalla do seu portátil. Cando baila, tamén narra. É como […] - [Insulto ao público](https://erreguete.gal/2016/02/07/insulto-ao-publico/): O texto e o contexto | Manuel Xestoso |     Existe o texto e existe o contexto. Ás veces o texto di unha cousa e o contexto di outra. Non hai máis que fixarse nas consecuencias dun chiste contado en twitter para decatarse de que a falta de contexto pode conducir a lecturas equivocadas. A mesma frase ten un significado nun lugar e o oposto noutro: por iso sempre resulta relevante ver en que condicións nos manifestamos. Insulto ao público é un texto dirixido a unha sociedade que xa non existe e que, xa que logo, é difícil de ofender. […] - [Barrunto](https://erreguete.gal/2016/02/06/a-danza-e-o-rito/): A danza e o rito Camilo Franco     A vida non cambia tanto duns anos para outro. Por veces parece que si, que de improviso todo é diferente, que deus por fin dimitiu. Por veces parece que todo está a punto de cambiar porque alguén ten nova cartelería. Pero unha vez dentro, todo é máis ou menos igual. Igual de bo se era bo, igual de malo se era malo.  Cambiamos o rito que rodea ás cousas para non ter que cambiar as cousas. Patricia Caballero antes de bailar fala cos espectadores. Entre coreografía e coreografía fala cos espectadores. Lémbralles […] - [Hamlet](https://erreguete.gal/2016/02/03/hamlet/): Shakespeare é noso Roi Vidal Ponte   National Theatre Live é unha iniciativa do National Theatre de Londres, que transmite en directo, vía satélite, funcións das súas montaxes para salas de cine e centros de arte de distintas partes do mundo. Os cines Yelmo de Vigo fan parte desta iniciativa. A función á que se refire esta crítica foi vista dentro deste programa.   O cuarto centenario da morte de Shakespeare adiantábase ao 2015 coa noticia de que o Barbican Theatre londinense conseguía un récord histórico de velocidade de venda de entradas. A razón, a presenza do mediático Benedict Cumberbatch (Sherlock; […] - [Archive / Cédric Andrieux](https://erreguete.gal/2016/02/01/archive-cedric-andrieux/): A memoria do corpo O corpo posúe unha memoria que non sempre somos quen de interpretar correctamente. Aristóteles establecía unha conexión entre tempo, memoria e imaxinación, afirmando que só os seres que perciben o tempo, poden ter memoria. Para recordar empregarían a mesma facultade coa que discirnen o paso do tempo: as imaxes. E esas imaxes, engadía, “poden chegar a mover o corpo”. Curiosamente, na actualidade, os psiconeurólogos comezan a coincidir na teoría de que todo o que acontece na vida dun ser humano se transmite ao resto das súas células –non só ás neuronas– e queda arquivado para sempre nunha […] - [Don Juan](https://erreguete.gal/2016/01/31/don-juan/): As vellas deben namorarse Roi Vidal Ponte   Máis que coller persoas maiores para unha revisión do mito de Don Xoan, Voadora colle o mito de Don Xoan para homenaxear ás persoas maiores. Ou a nós mesmas, que dentro de non moito habitaremos unha sociedade avellentada como nunca, pero riseira como sempre. Ao comezar sorprendémonos cos corpos, veteranos da vida e inexpertos do teatro, a se moveren polo escenario como obedecendo ao que a man invisible da dirección lles encargou nos ensaios. A primeira sensación é de morbo. Non nos vai gustar o ben que actúen, senón as imperfeccións que esa […] - [Tijuana](https://erreguete.gal/2016/01/29/tijuana/): O salario mínimo desde o sofá | Camilo Franco | | Foto: Manuel G. Vicente |   O concepto salario mínimo defínese máis polo adxectivo que polo sustantivo. É mínimo a palabra que marca a verdadeira natureza do asunto ao tempo que nos deixa diante desas verdades perversas da linguaxe e a práctica política. O que naceu como un dereito acaba reconvertido nunha condena. O salario mínimo tería o cometido de garantir un soldo que permita vivir. Pero cando se fixa á baixa, o que garantiza é a miseria. É a perversión que lle dá á palabra cambio un campo semántico sempre […] - [Europa na casa](https://erreguete.gal/2016/01/28/europa-na-casa/): Das posibilidades de destruír a máquina | Manuel Xestoso | | Foto: Manuel Vicente |   Hai preguntas con truco. Se agora mesmo se convocase un referendo sobre se a democracia é o sistema máis acaido para rexer de maneira xusta a convivencia é probable que –vistos os resultados que esta democracia está dando na realidade máis inmediata– unha maioría tivese o impulso de votar ‘non’. Mais iso sería interpretado coma un apoio ao totalitarismo. Se, pola contra, votásemos ‘si’, lexitimariamos o status quo e pechariamos a posibilidade dun cambio cara a un método de goberno máis atento ás inclinacións e […] - [Raclette](https://erreguete.gal/2016/01/26/raclette/): Un saboroso gusto amargo Roi Vidal Ponte   Que o persoal é político sabémolo desde o feminismo radical de Kate Millett, cuxa proclama semella estar presente na ideoloxía de certas creacións artísticas como esta Raclette de Ibuprofeno Teatro na que cinco personaxes mostran as súas miserias arredor dunha mesa con comida. A cea como ese lugar de encontro co outro, a ponte entre o eu e o nós, o limiar entre o privado e o colectivo. Santiago Cortegoso elaborou o que posiblemente sexa o seu mellor texto cos alicerces das traxedias familiares de Eugene O’Neill e dos dramas burgueses de Henrik […] - [Menú do día](https://erreguete.gal/2015/12/21/menu-do-dia/): Unha labazada ao humor espurio Roi Vidal Ponte   Grande parte do arrasador éxito de público de Carlos Blanco débese aos pubs nos que o actor fai as súas contadas desde hai xa máis de dúas décadas. A moda dos contacontos dos anos noventa derivou nun recoñecemento social que os converte nun fenómeno isolado dentro do teatro galego, co paradoxo de que moito do público que os tres grandes contadores (Blanco, Pazó e Cadaval) son capaces de meter nun teatro, logo non volven. Polo menos non todos, ou non sempre. O monólogo ten en Galicia un selo de identidade inconfundible. O […] - [El testamento de María](https://erreguete.gal/2015/10/20/el-testamento-de-maria/): Non nos deixes caír na ficción | Camilo Franco | | Foto: Josep Aznar |   E así anda xente por aí, rezando para que nada do que lle contaron acabe como unha ficción calquera. Esquecendo cantas cousas da vida están configuradas pola ficción: que os alemáns son perfectos, que os norteamericanos son fortes, que os seres humanos somos bos. Ficcións desmentidas pola estatística e, aínda máis, pola crueldade dos feitos. Pero nós seguimos aí: aceptando a ficción como unha referencia. Unha das vantaxes de El testamento de María é devolver aos espectadores esa posibilidade arredor do cristianismo: que todo é ficción, […] - [Kairos, sísifos y zombis](https://erreguete.gal/2015/10/16/kairos-sisifos-y-zombis/): A utilidade do teatro Manuel Xestoso   Resulta pouco probable que atopemos un zombi segundo os canons da cinematografía popular: un corpo acabado de exhumar, vestido con galdrapos, que deambula buscando alguén a quen morder. Pero vaiamos aos grandes almacéns e observemos as multitudes desorientadas, errando entre os expositores na procura de algo que consumir: velaí os zombis de hoxe. Algún feiticeiro someteu as súas vontades mediante apócemas máxicas –hipotecas, publicidade, precariedade laboral– e agora traballan sen descanso en favor deses bruxos que se materializan na figura de conselleiros delegados, contables e presidentes de deputacións, entre outras sobrenaturais aparicións. Esta é […] - [El futuro empezó ayer](https://erreguete.gal/2015/10/14/el-futuro-empezo-ayer/): Unha vida sen interese Manuel Xestoso   Empoleirados nas maiúsculas das Artes, as Ciencias ou a Política, tendemos a non prestarlle moita atención ás vidas sen interese. E, non obstante, a vida propende a presentarse con moitas menos maiúsculas que a escritura: cando reparamos niso, decatámonos de que as vidas sen interese adoitan conformar a materia coa que se moldean as Artes, as Ciencias e a Revolución, que é outra forma de denominar a Política. Fidel Castro (con perdón) asegurou unha vez que os que non tivesen fe no ser humano non podían chamarse revolucionarios a si mesmos. Marco Canale demostra, […] - [El cuello de la jirafa](https://erreguete.gal/2015/10/13/el-cuello-de-la-jirafa/): Físgoas de baleiro. (A elegancia da mirada). Roi Vidal Ponte   Hai cousas que existen e non se ven. Como o tempo. Como a impermanencia do presente. Ou como todo o que se agocha entre as fendas que unen e separan. Matarile é unha desas cousas. Raras. Polémicas. Únicas. Imprescindibles. Matarile non se ve, experiméntase. Matarile non fai teatro, enxálzao. Ou un recital de puntos de vista, actitudes expectantes, miradas miradas. Podemos saber o que miramos, pero como adiviñar como miran as miradas? O xogo das cadeiras e das mesas, de buscar o mellor lugar desde o que contemplar o que […] - [Mar](https://erreguete.gal/2015/10/09/mar/): Terra Roi Vidal Ponte   Bolivia perdeu o seu mar en 1879 nun enfrontamento bélico con Chile. Desde entón, o tema da mediterraneidade é un asunto de estado e o sentimento de perda parte do seu volkgeist. A compañía Teatro de los Andes encara esta frustración desde un punto de vista que por momentos semella paródico, pero que nunca deixa de ser patriótico. Ou matriótico, polo protagonismo da actriz e pola presenza constante da figura da nai morta á que os fillos intentan levar a ese océano que ao país tanto lle falta. Contan coa dramaturxia en residencia e coa dirección […] - [Cando dous son multitude](https://erreguete.gal/2015/10/05/cando-dous-son-multitude/): Taxonomía da vinganza (un eloxio por partes). Roi Vidal Ponte   Adoitamos vingarnos dunha maneira máis imaxinaria que real. Apretamos a carraxe e pensamos que así convertemos o verdugo en vítima, mais en realidade só existe vinganza se existe a acción concreta e, a poder ser, o dano físico. Non hai ansia de vinganza máis xustificada que a que nos xera o maltrato abusivo, sexa o buylling escolar ou a violencia machista, pero o de saldarmos contas é bastante improbable e acabamos por nos entregar a unha ficción liberadora como a que presenta o relato salvaxe de Ana Carreira. O incidente […] - [Islandia](https://erreguete.gal/2015/10/04/islandia/): O reality e a realidade Manuel Xestoso   Islandia non existe: é unha metáfora que representa a posibilidade de facer as cousas doutro xeito. Foron os islandeses os que protagonizaron unha revolta que levou á materialización do soño da maioría da poboación europea: dicirlles “non” aos bancos, negarse a rescatalos, evitar as políticas de austeridade, encarcerar aos directivos que provocaron o desastre financeiro. O que realmente queda daquel experimento aínda está por avaliar na súa xusta medida, pero a posibilidade da alteridade quedou aberta e, como non, debidamente ocultada. La Veronal parte desa posibilidade para elaborar unha crítica á actualidade europea […] - [Noiteboa](https://erreguete.gal/2015/09/21/noiteboa/): Unha desgraza lixeira Roi Vidal Ponte   Iso que finalmente demos en chamar ‘audiovisual’ entrounos na vida dun xeito tan insistente que acabamos por aceptalo. Álex Sampayo procede dese mundo irmán e con Noiteboa dá no cravo dunha fórmula que debería achegar bastantes beneficios: rostros televisivos + comedia lixeira + toques emotivos. Na folla de sala pon que a peza é unha ‘traxicomedia’, no que parece máis un intento de reafirmar a súa teatralidade que de atinar na definición xenérica: ‘dramedia’ é un termo máis acaido, máis de moda e máis do audiovisual. O realismo de Noiteboa está moito máis cerca […] - [A Canoa](https://erreguete.gal/2015/09/18/a-canoa/): A violencia e o discurso | Manuel Xestoso |   Existe a violencia e existe a forma en que se narra a violencia. A forma do relato inflúe no xeito en que asimilamos o relatado. Dicir “violencia domestica”, por exemplo, non explica as mesmas cousas que dicir “violencia machista”. Hai unha amálgama de connotacións implicadas en cada un dos termos e elixir o correcto pasa por sopesar que se debe contar en cada momento, cales son as partes principais e cales as secundarias, onde reside o miolo do conflito. A canoa –a versión portuguesa d’A piragua que Cándido Pazó presenta no […] - [Ultranoite no país dos soviets](https://erreguete.gal/2015/09/01/ultranoite-no-pais-dos-soviets-2/): You say you want a revolution Camilo Franco   Agora mesmo soviet é un concepto difuso. Temos a cabeciña configurada entre a didáctica política dos setenta, a lírica escapista dos oitenta, a alegría química dos noventa e o paso brutal das promesas dunha segunda vivenda á represión policial para abandonar a primeira. En todos eses anos soviet foi un concepto distante que metía máis medo nos propios que nos alleos e que, aínda así, axudou algo a que Occidente estivese máis atento ás clases populares. Visto con perspectiva simple: foron (coma sempre) os alemáns quen sacaron máis partido da existencia dos […] - [Bivalvos como galegos](https://erreguete.gal/2015/08/21/bivalvos-como-galegos/): Dálle-dálle e peta-peta Roi Vidal Ponte   Todas coñecemos esa campaña publicitaria dunha cadea de supermercados galega que apela ao sentimento de pertenza á comunidade mediante frases típicas. Pensabamos que só nolas dixeran a nós ou que se dicían en todo o planeta, mais descubrímolas como idiosincráticas da nosa maneira de ver o mundo e arroibamos coa identificación. Por moito que se disfrace de autorreivindicativa é identificación máis localista que nacional porque non se desvía da visión tópica e folclorizante coa que as grandes institucións políticas e económicas continúan a tratar con todo o que lles é propio. O dúo formado […] - [Vaya circo!](https://erreguete.gal/2015/08/18/vaya-circo/): Asuntos aéreos Camilo Franco   Desde o imperio romano o público valora o perigo dos artistas. Dentro e fóra dos escenarios. Hai unha relación directa e canto maior parece o risco maior parece o disfrute dos espectadores. En moitas ocasións sen distinguir moito o risco para os intérpretes e o risco dos personaxes. Menos no circo, que non debería haber diferenzas. Desde que o circo abandonou as carpas, ou desde que as carpas van desaparecendo, hai diferenzas neste asunto e os números que antes eran entrar, facer o número e saír, agora van enredando, asumindo a posta en escena, facendo personaxes […] - [A house in Asia](https://erreguete.gal/2015/07/25/a-house-in-asia/): Un fake por América | Roi Vidal Ponte |   Máis que en escenario, A House in Asia desenvólvese nun set de rodaxe en miniatura: unha tarima de céspede artificial que serve de plató. Ou máis ben é un campo de xogos coa dimensión dun mundo máis pequeno que os Playmobil, a virtualidade violenta do Risk e o realismo do Scalextric e todo se supedita á proxección de imaxes dun novo Super Cinexin. Hai outro xogo, de varias capas, que se desenvolve simultaneamente na pantalla. Sen tempo a repetir escenas nin a corrixir os erros, o espectáculo xera a estimulante tensión […] - [O principio de Arquímedes](https://erreguete.gal/2015/07/23/o-principio-de-arquimedes/): Paranoia e repetición | Roi Vidal Ponte | | Foto: Natasha Lelenco / MIT Ribadavia |   Os mecanismos de control do público e o privado semellan cada vez ser menos diferentes entre si. Coa desaparición da comunidade tradicional, a sociedade individualista adquiriu tintes de pesadelo kafkiano, só que sen ser unha ficción. A obsesión pola seguridade fomenta novos columbines e o medo a ser desposuídos das pertenzas remata en apedreamentos virtuais por medio dese cada vez máis grande irmán no que se converteron as redes sociais. Que pasaría se un pai acusase de pervertido a un dos monitores da piscina? […] - [La merda](https://erreguete.gal/2015/07/22/la-merda/): A besta humana | Roi Vidal Ponte |   No medio da escena só unha muller espida que non é unha muller: é unha icona falocéntrica cuxa glande é unha muller espida a trousar sobre nós a náusea dos seres do mundo nun ritual totémico coa forza dun lóstrego. A actriz exponse desde un pedestal-trapecio como atracción de feira porque non é unha muller que é unha fera de carne e oso e aparencia tan humana que nos rompe por dentro e as palabras que máis que dicir cuspe son todo o que quedaba por dicir e que diríamos de posuírmos […] - [Swamp Club](https://erreguete.gal/2015/07/21/swamp-club/): Da banalidade da fin do mundo | Manuel Xestoso | | Foto: Natasha Lelenco / MIT Ribadavia |   Hai dúas formas de velo. Unha delas e renderse ante o que se deu en chamar “ironía posmoderna” como forma suprema da crítica. Admiraremos entón a metáfora: o grupo de artistas un tanto snobs que mentres todo se derruba permanecen ocultos nunha cova con mediateca, cantina e un rico programa de actividades culturais. A súa entrega a unha actividade absurda que, segundo eles, existe como motor espiritual do mundo. A vella toupa marxiana que, enferma, representa a fin da posibilidade da revolución. […] - [Ruz-Bárcenas](https://erreguete.gal/2015/07/20/ruz-barcenas/): Territorios de impunidade e impotencia | Vanesa M. Sotelo |   Pepe C. Galicia OC. General Des. A de la P. Piñeiro. L. Moreno. J.L. Moreno. J. Cotino. Cospedal. Construtoras. Sociedades. Presidentes. Secretarios. Tesoureiros. Xerentes. Todos os nomes se desvelan e mesturan sen piedade nas anotacións de Luis Bárcenas e que Teatro del Barrio desprega no espectáculo Ruz-Bárcenas, presentado durante o segundo día de programa da XXXI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O dramaturgo Jordi Casanovas sintetiza, concentra, reordena e edita sen engadidos a transcrición da segunda declaración do ex-tesoureiro do Partido Popular na que desmente a súa primeira intervención […] - [Siena](https://erreguete.gal/2015/07/19/siena/): Un ollo para unha teoría óptica | Manuel Xestoso |   Siena fala de moitas cousas pero, sobre todo, fala de dúas: do corpo e da mirada. O ollo é quen ordena o cosmos, o que lle asigna un lugar aos obxectos e, por extensión, ao suxeito que mira. Mais a mirada está adestrada dun xeito específico e, en consecuencia, vertebra a experiencia segundo uns patróns culturais que organizan o universo dunha forma determinada. O espectáculo de La Veronal traballa sobre a certeza de que a mirada moderna é unha creación do Humanismo e indaga sobre as consecuencias provocadas por esa […] - [Fräulein Julie](https://erreguete.gal/2015/07/19/fraulein-julie/): Mirada aumentada | Vanesa M. Sotelo |   “A vida non é tan matematicamente idiota como para que só os grandes coman os pequenos, senón que tamén ocorre, coa mesma frecuencia, que a abella mate o león ou, polo menos, faga que o león enlouqueza”. Esta é unha das reflexións que escribe Strindberg no prólogo da súa traxedia naturalista Fröken Julie (Señorita Xulia); tamén é unha das ideas que percorren a adaptación escénica que fai a británica Katie Mitchell para a Schaubühne presentada no Teatro Municipal Joaquim Benite durante o Festival de Almada. Para compartir a súa mirada sobre o clásico […] - [Tres montaxes teatrais para María Victoria Moreno](https://erreguete.gal/2018/01/20/tres-montaxes-teatrais-maria-victoria-moreno/): A Editorial Galaxia anuncia que comezará o ano María Victoria Moreno por todo o alto, lanzando tres producións teatrais para todos os públicos. O clásico infantil Leonardo e os fontaneiros, será adaptado por Ubú Teatro,  compañía que xa percorrera o pasado ano boa parte das localidade galegas coa súa versión de A galiña azul de Carlos Casares. Limiar Teatro reformulará escenicamente Anagnórise, a obra máis coñecida da autora e que leva vendidos miles de exemplares no noso país. Tamén da man de Limiar Teatro levarase á escena a vida da escritora extremeña que un día decidiu falar e escribir en galego. - [Representacion do 'Mal de moitos' na Casa Museo Manuel María](https://erreguete.gal/2018/01/20/representacion-mal-de-moitos-na-casa-museo-manuel-maria/): Mal de moitos, sainete teatral escrito en 1915 por Euxenio Charlón e Manuel Sánchez Hermida, preséntase este sábado 20 de xaneiro ás 20:00 horas no auditorio da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, polo Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medúlio de Ferrol. Pertencentes ás Irmandades da Fala de Ferrol e impulsores primeiros, entre outros, do teatro galego, Charlón e Sánchez foron, segundo Carvalho Calero, “dous artistas de Ferrol que disfrutaron dun tempo de grande popularidade. Socios entusiastas do laureado coro local Toxos e Froles, compuxeron pasos e sainetes que podían sempre ser interpretados por dous actores soamente. Eles mesmos […] - [Presentada a programación semestral da Rede Galega de Salas](https://erreguete.gal/2018/01/18/presentada-programacion-semestral-da-rede-galega-de-salas/): A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Culura e Educación promove durante este semestre 53 actuacións nos cinco espazos escénicos que conforman a súa Rede Galega de Salas: Teatro del Andamio e Sala Gurugú da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago de Compostela e Teatro Ensalle de Vigo. Con máis de dez anos de actividade, o circuíto ofrece un abano de propostas moi diversas e cunha ampla presenza das montaxes especialmente dirixidas ao público infantil e familiar nas fins de semana. Así sucede no arranque da nova programación cos espectáculos Valentino Rufini e Âkil Pillabán de […] - [Meg Stuart e Marlene Monteiro Freitas premiadas na Bienal de Venecia](https://erreguete.gal/2018/01/18/meg-stuart-marlene-monteiro-freitas-premiadas-na-bienal-de-venecia/): A Bienal de Venecia concedeu o León de Ouro a toda unha carreira á bailarina e coreógrafa estadounidense Meg Stuart e o León de Prata á bailarina e coreógrafa caboverdiana Marlene Monteiro Freitas. Os recoñecementos ás dúas artistas foron recomendados pola directora da Casa de Danza, Marie Chouinard e foron aprobados polo Consello de Administración da Bienal de Venecia presidido por Paolo Baratta. Meg Stuart (New Orleans, USA, 1965) Recoñecida polos seus importantes, mordaces e incisivos proxectos de improvisación, que implican a múltiples artistas, Meg Stuart –que procede de Nova Orleans pero que viviu durante máis de vinte anos en Europa, […] - [Cara a un diágnostico das Artes Escénicas en Vigo](https://erreguete.gal/2018/01/17/cara-diagnostico-das-artes-escenicas-vigo/): Hoxe mércores 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), o Ateneo Atlántico propón un novo “Estado da cuestión”, neste caso sobre as artes escénicas en Vigo. O formato do Estado da Cuestión consiste na presentación de cada palestrante facendo un diagnóstico de 5 minutos cada un, ao que seguirá un coloquio-debate entre eles e co público para que os asistentes podan preguntar, propoñer ou opinar, desde unha participación o máis activa posible. O Ateneo pretende que deste modelo de encontro poidan saír ideas que dean froitos sobre a situación destas […] - [XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo](https://erreguete.gal/2018/01/12/xviii-mostra-de-teatro-clasico-de-lugo/): A Mostra de Teatro Clásico de Lugo, ofrecer, na súa 18ª edición, un cartel con oito obras, dúas delas monólogos.   La comedia de las mentiras, de Plauto, dirixida por Pep Antón Gómez e Sergi Pormarmayer e con Pepón Nieto e María Barranco nos papeis principais, abrirá o 1 de febreiro a Mostra. O Auditorio Gustavo Freire mostrará unha obra na que a protagonista é a mentira, como recurso dramático para facer rir. Unha aloucada historia de enredos e mentiras arredor do amor, un “vodevil grecolatino” dirixido a todos os públicos. O 4 de febreiro, tamén no Auditorio Gustavo Freire, presentarase […] - [Lucecús estrea Logos en Rianxo](https://erreguete.gal/2018/01/11/lucecus-estrea-logos-rianxo/): A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro xoves 18 de xaneiro, ás 20:30, a estrea de Logos, unha nova montaxe da compañía Lucecús, con texto de Anxo Manoel e dirección de Santiago Cortegoso. Logos é un xogo cómico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico. Nomi e Clin, dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema, viven cómodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten traballo, come, ten cobertura sanitaria…etc. Aparentemente todo funciona á perfección, pero Nomi descubre que non son libres de facer aquilo que queiran facer, que só […] - [O programa Eurodram escolle obras para traducir a outras linguas](https://erreguete.gal/2018/01/11/programa-eurodram-escolle-obras-traducir-outras-linguas/): Obxectivos A rede de tradución teatral en linguas europeas, mediterráneas e asiáticas centrais, EURODRAM dá a coñecer ao gremio teatral, así como ao público en xeral, traballos previamente inéditos, prestando especial atención á diversidade lingüística. Para esta tempada 2017-2018, cada comité selecciona textos dramáticos na súa lingua orixinal.   As comisións A rede conta con catro comités de lectura distribuídos por linguas, tarefa que corresponde a uns 300 membros. Unha persoa competente en teatro e tradución que queira compartir os seus recursos pode unirse a unha comisión. Esta adhesión realizarase de acordo cos protocolos de cada comisión. A rede ten como […] - [Kokoharuka: estréase unha nova compañía galego-xaponesa](https://erreguete.gal/2018/01/10/kokoharuka-unha-nova-compania-galego-xaponesa-estrease-na-coruna/): O venres 12 ás 20:30 horas a compañía galego-xaponesa de nova creación Kokoharuka estreará o seu primeiro espectáculo, Este é de Aire o Outro de Auga no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Kokoharuka, é unha expresión que significa: “Neste lugar, e nun lugar moi afastado” e que se refire, ao espírito co que nace este proxecto, e coa intención de desenvolver a compañía no país de orixe dunha das súas compoñentes e en Galicia. Kokoharuka, é unha compañía de teatro-danza que segue correntes contemporáneas. Foi fundada en xaneiro do 2017 e actualmente, está inmersa no proceso de creación deste […] - [Seis estreas para o inicio do 2018](https://erreguete.gal/2018/01/08/seis-estreas-inicio-2018/): Comeza o ano e comezan as estreas. Aquí tendes seis que se anuncian dende xa para o primeiro trimestre do ano e ás que debedes prestar atención.    Camiños de Esther Carrodeguas, unha produción de ButacaZero e o CDG Como ve a xeración dos millennials as súas raíces? Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, ButacaZero quere reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén deste noso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Queremos fuxir deles ou en realidade nos aferramos? Cal é a nosa vida e que ten que […] - [Optimismo Florence](https://erreguete.gal/2018/01/05/optimismo-florence/): A beleza do ridículo | Roi Vidal Ponte |   Vivimos tempos nos que a realidade está a lle gañar a batalla á ficción. Hai un refrán internacionalmente coñecido que se utilizou moito sobre todo a partir do 11-S do 2001 que se refire a esta guerra. O que na tele son realities na literatura pasou de ser non-ficción a ser autoficción. Ou sexa, unha ficción que xa non é tan ficticia nin o quere aparentar, mais que á vez xoga cos efectos literarios que provocan que vexamos a realidade como un relato creado para a ocasión. O texto no que […] - [A Red de Teatros Alternativos abre a convocatoria do circuíto 2018](https://erreguete.gal/2018/01/04/red-de-teatros-alternativos-abre-convocatoria-circuito-2018/): A Red de Teatros Alternativos abre a convocatoria do Circuíto 2018 destinado á selección de propostas artísticas de Artes Escénicas Contemporáneas para a xira a través das salas asociadas á Rede durante o último cuadrimestre de 2018. O Circuíto da Red é un programa promovido pola Red de Teatros Alternativos, cuxo obxectivo é facilitar a mobilidade, polas diferentes salas da Rede, de proxectos contemporáneos de artes escénicas pensados para espazos de pequeno e mediano aforo e concibidos por creadores e empresas profesionais do Estado. A convocatoria diríxese a compañías de Artes Escénicas que dispoñan de un espectáculo de creación contemporánea –para […] - [O CDG crea un grupo de escrita para promocionar a autoría teatral contemporánea](https://erreguete.gal/2018/01/04/3918/): Abre ata o 22 de xaneiro o prazo de solicitude cara á selección dos 10 autores e autoras desta primeira edición da iniciativa, que xurde ao abeiro do programa de apoio á dramaturxia galega contemporánea ‘Dramaturxente’   O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir o proceso de selección dos dez autores e autoras que formarán parte do primeiro Grupo DramaturXa, baixo a coordinación do escritor e director escénico Manuel Lourenzo. Esta nova iniciativa xorde ao abeiro do programa Dramaturxente de apoio, fomento e promoción da autoría teatral galega contemporánea, que a compañía pública mantén en colaboración coa Asociación Galega de […] - [Elisa e Marcela, de A Panadaría, premiada no I Concurso de Ideas Luísa VIllalta](https://erreguete.gal/2017/12/28/elisa-marcela-de-panadaria-premiada-no-i-concurso-de-ideas-luisa-villalta/): O proxecto Elisa e Marcela, unha historia que parece conto da compañía A Panadaría e Por min mesma. Mulleres pioneiras 2017, de Iria Ares Campo son dúas iniciativas teatrais seleccionadas dentro do I Concurso de Ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade. A través das áreas de Cultura e Igualdade, a Deputación da Coruña apoia o desenvolvemento de dez proxectos culturais pola igualdade a través deste certame que este ano se convoca por primeira vez e que contribúe a divulgar a figura da creadora coruñesa Luísa Villalta. En total, 174.000 euros son os destinados para as propostas elixidas, que van […] - [Convocados os premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde](https://erreguete.gal/2017/12/28/convocados-os-premios-de-literatura-dramatica-alvaro-cunqueiro-manuel-maria-barriga-verde/): O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases dos tres certames e abre desde mañá e ata o 10 de maio de 2018 o prazo de recepción de orixinais    A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as novas edicións dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto. As bases destes galardóns, de periodicidade bienal e cunha dotación económica total de 24.000 euros (6.000 para cada un deles), publícanse hoxe […] - [Unha nova montaxe de Valle centra a nova temporada do CDG](https://erreguete.gal/2017/12/27/unha-nova-montaxe-de-valle-centra-nova-temporada-cdg/): #camiños de ButacaZero, Arnoia, Arnoia de Pistacatro e Anarquismos de Pablo Fidalgo súmanse á xa estreada Elisa e Marcela de A Panadaría como coproducións da temporada 2017-2018   O Centro Dramático Galego (CDG), a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, presentou hoxe as actividades que asentan a súa temporada 2017-2018, coa estrea o 12 de abril da primeira versión en galego da obra de Valle-Inclán Divinas palabras, baixo a dirección de Xesús Ron, como fito principal do calendario. Ademais, a colaboración coas compañías privadas segue a ser prioritaria a través de catro coproducións e dos programas Dramaturxente e En Residencia, […] - [Agadic abre a convocatoria de axudas á produción](https://erreguete.gal/2017/12/26/agadic-abre-convocatoria-de-axudas-producion/): Introdúcense por vez primeira elementos de discriminación positiva para garantir o apoio á produción dun mínimo de dous espectáculos específicos de danza O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia á produción escénica. A convocatoria para 2018 introduce unha importante novidade respecto ás dos anos anteriores, xa que establece un mecanismo de discriminación positiva para garantir o apoio á produción dun mínimo de, polo menos, dous espectáculos de danza. Esta medida, demandada polas compañías dedicadas a este xénero específico, foi acordada coas principais asociacións do sector. […] - [Comeza o XIII Festival de Marionetas María José Jove](https://erreguete.gal/2017/12/26/comeza-xiii-festival-de-marionetas-maria-jose-jove/): O XIII Festival de Marionetas María José Jove reune na Coruña algunhas das compañías de títeres máis importantes do Estado. Na súa edición número trece, o certame inclúe oito espectáculos. Durante cinco días (do 26 ao 30 de decembro), as familias contarán cunha serie de espectáculos de gran diversidade técnica e temática. Haberá dúas sesións teatrais os días 26, 27 e 28, que se celebrarán na sede da Fundación María José Jove ás 17:00 e no Foro Metropolitano ás 19:00. Os días 29 e 30 haberá unha única sesión no Foro. Este é o programa completo: Martes 26 de decembro: Baila […] - [Escoitar para ter algo que dicir, por Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2017/12/26/3873/): | Paula Carballeira |   Xa non desde o escenario, senón desde a butaca, boto de menos a escoita nos espectáculos para público familiar. Preocúpame. Coido que é un reflexo fidel do mundo de barullo no que vivimos, onde nada merece a nosa atención porque sempre andamos na procura de algo máis, de algo mellor. O teatro, nalgún momento, deixou de ser ese espazo onde discorre unha ficción para pasar a ser un escenario do noso egoísmo. As nenas, os nenos, aproveitan o poder que lles damos e asumen os roles de protagonistas, protagonistas de todos os momentos, sen descanso nin […] - [AGADIC abre a convocatoria de axudas a salas privadas](https://erreguete.gal/2017/12/22/agadic-abre-convocatoria-de-axudas-salas-privadas/): Destina 70.000 euros a esta liña de subvencións, a través da que se fomenta a estabilidade das programacións artísticas de carácter profesional neste tipo de locais, cunha capacidade máxima de 250 butacas. | Foto: Nando Iglesias | A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases das subvencións a salas privadas de artes escénicas para 2018, ás que destina 70.000 euros. Mediante esta convocatoria anual, búscase contribuír á estabilidade deste tipo de espazos, de xestión privada e cunha capacidade máxima de 250 localidades, para desenvolver programacións artísticas de carácter profesional. As persoas físicas […] - [Convocados os XXII Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2017/12/22/convocados-os-xxii-premios-de-teatro-maria-casares/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia inclúe modificacións nas bases co obxectivo de velar que as compañías participantes nos galardóns cumpran o Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia. | Fotografía: Olalla Lojo / AAAG |   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XXI Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de […] - [Caramuxo Teatro e Títeres Tanxarina estarán en FETEN 2018](https://erreguete.gal/2017/12/22/caramuxo-teatro-titeres-tanxarina-feten-2018/): Os espectáculos Redondo, de Caramuxo Teatro e A galiña azul, de Títeres Tanxarina, foron seleccionadas para participar en FETEN, a Feria de Teatro para Niños y Niñas de Xixón, que desenvolverá a súa 27º edición do 18 ao 23 de febreiro de 2018. Esta Feira consolidouse como unha referencia internacional en teatro infantil e familiar. Redondo, de Caramuxo Teatro, é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha […] - [Chévere pecha o seu 30º aniversario na Coruña](https://erreguete.gal/2017/12/21/chevere-pecha-seu-30-aniversario-na-coruna-cunha-funcion-accesible/): O Teatro Colón acollerá, o 27 de decembro, un pase de Eroski Paraíso, en colaboración coa organización Predif Galicia, adaptado para persoas con discapacidade motora, visual, auditiva e intelectual. Chévere despide 2017, o ano do seu 30 aniversario, cunha función accesible do seu espectáculo Eroski Paraíso, que se poderá ver de balde no Teatro Colón de Coruña o día 27 de decembro. Así, Eroski Paraíso adaptarase para garantir que todas as persoas teñan a oportunidade de gozar da obra, independentemente das súas capacidades. Concretamente, esta función contará con un espazo especialmente habilitado para persoas usuarias de cadeiras de rodas, intérpretación a lingua […] - [Marcos Abalde gaña o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico](https://erreguete.gal/2017/12/20/marcos-abalde-gana-premio-diario-cultural-de-teatro-radiofonico/): Psicofonías de Marcos Abalde gañou o Premio do Xurado do XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Pola súa vez, o Premio do Público, outorgado polos votos dos ouvintes, foi para Alianzas de Avelina Pérez. As obras gañadoras levan candanseus 3.000 euros de premio. O programa deu a coñecer onte os gañadores desta edición no que tamén figuraron como finalistas Proxecto Tempo de Clara Gayo e Andrómenas soa moi antigo de Fernando Epelde. Nesta edición, presentáronse 61 orixinais. O xurado estivo constituído por Carmén Castro –programadora teatral do Concello de Carballo–, Antón Lopo –crítico teatral do Diario Cultural– e Santiago Cortegoso […] - [Pallasos en Rebeldía organiza unha gala solidaria en Compostela](https://erreguete.gal/2017/12/20/pallasos-rebeldia-organiza-unha-gala-solidaria-no-principal-de-compostela/): O venres 28 ás 18.30 horas, o Teatro Principal de Compostela acollerá unha gala de humor solidario para financiar a quinta edición do Festiclown Palestina, “circo rebelde contra a ocupación”. Isabel Risco presentará unha gala chea de circo e música na que actuarán Píscore, Circo Chosco, Dani García, Raquel Veganzones, Jano Costas, Paco Nogueiras e Uxía. O Festiclown Palestina é o primeiro festival de pallasos do mundo árabe, e celebrouse xa en catro ocasións cuns resultados moi positivos. Xa na súa primeira edición contou con 100.000 persoas e durante estas catro edicións pasaron por el artistas como Leo Bassi, Charango, Pepe […] - [14ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense](https://erreguete.gal/2017/12/19/14a-mostra-de-teatro-infantil-de-ourense/): A Mostra, que se celebra do 23 ao 30 de decembro, chega á súa 14ª edición fomentando o encontro de adultos e crianzas a través da escena O sábado 23 de decembro comezará a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) cun espectáculo de rúa, EMOTIonario, a cargo da compañía ourensá Trécola. Será a primeira das catorce compañías que pasarán este ano polos escenarios desta Mostra, que ata o día 30 presentará dezaseis funcións teatrais nas que se busca, en palabras de Fernando Dacosta, director da MOTI, dedicarlle tempo as crianzas xa que “elas tamén merecen o dereito cidadán á Cultura […] - [Gran teatro para os máis pequenos no CDG](https://erreguete.gal/2017/12/19/3800/): A sede do CDG en Santiago ofrecerá A casa do avó de Tanxarina os días 21 e 22, Ela de Caramuxo Teatro o 29 e 30 e Animais de compañía de Teatro do Noroeste o 3 e 4 de xaneiro, xunto a cadanseu taller.   O ciclo Gran teatro para os máis pequenos do Centro Dramático Galego (CDG) regresa ao Salón Teatro de Santiago para celebrar o Nadal xunto ao público infantil. Esta carteleira especial combina a exhibición de tres espectáculos das compañías galegas Tanxarina, Caramuxo Teatro e Teatro do Noroeste con outros tantos obradoiros sobre monicreques, a figura de Maruxa Mallo […] - [Il segreto di Susanna](https://erreguete.gal/2017/12/18/il-segreto-di-susanna/): Desexar por conta allea | Manuel Xestoso | |Foto: L. Soto | Un intermezzo, unha peza de apenas unha hora que nos deixa albiscar como sería gozar dunha programación de ópera digna de tal nome en Galicia. Máis alá da Coruña, non existe nada parecido (e aínda alí as cousas son moi diferentes de como foron non hai tantos anos, cando o Festival Mozart nos permitía asistir montaxes de Strehler, Wernicke ou Graham Vick). E talvez por iso debemos considerar este espectáculo, ademais de polos seus propios méritos, como un acto reivindicativo, unha tentativa de normalizar a ópera e de demandar […] - [GUIdance 2018: Da historia dos corpos emerxe o futuro da danza](https://erreguete.gal/2017/12/18/3792/): Do 1 a 10 de febreiro, Guimarães recibe a 8ª edición do GUIdance – Festival Internacional de Danza Contemporánea, convocando nomes como Wayne McGregor e Peeping Tom a abrir e pechar, respectivamente, o festival. Rui Horta – coreógrafo destacado nesta edición – presenta dúas creacións, unha estrea absoluta e outra en reposición. En 2018, o GUIdance reúne a Europa da danza con Vera Mantero, Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristovão, Patricia Apergi, Euripides Laskaridis, Marlene Monteiro Freitas e Andreas Merk para completar o menú. [Foto de Oleg Devtiarov | Vader, de Peeping Tom]   Este GUIdance terá corpos novos a […] - [Vigo e Carballo entran na Red Española de Teatros](https://erreguete.gal/2017/12/17/vigo-carballo-entran-na-red-espanola-de-teatros/): A Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública aprobou este xoves 14 de decembro, durante a súa cuarta reunión anual, realizada nos Teatros del Canal de Madrid, a adhesión á entidade do Auditorio Municipal de Vigo e do Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Coa súa incorporación, xa son doce as entidades galegas asociadas en La Red, na que están presentes o Teatro Rosalía de Castro, o Auditorio de Galicia, o Teatro Colón da Coruña, o Auditorio Municipal e o Pazo da Cultura de Narón, o Pazo da Cultura de Pontevedra, o Teatro Jofre de Ferrol […] - [Teatro do Noroeste remata a conmemoración do seu 30º aniversario](https://erreguete.gal/2017/12/16/teatro-noroeste-remata-conmemoracion-seu-30o-aniversario/): O día 30 estréase un documental sobre a súa traxectoria no Teatro Colón Teatro do Noroeste rematará no Teatro Colón, os día 29 e 30 deste mes, os actos de conmemoración do seu trixésimo aniversario. O día 29, ás 12:00, inaugurase a exposición “Teatro do Noroeste, 2017: Trinta anos actuando”, que xa se puido ver en diversas localidades galegas ao longo do ano. Ese mesmo día, ás 20:30, terá lugar a representación de Estado de gracia, unha obra da que se poderá gozar de balde previa retirada da entrada na billeteira. O día 30, ás 11:00, haberá unha mesa redonda sobre “As […] - [Fernando Castro Paredes gaña o Premio Varela Buxán](https://erreguete.gal/2017/12/12/fernando-castro-paredes-gana-premio-varela-buxan/): O xurado salientou a “construción dramatúrxica rigorosa e coherente” do texto Pallaso.   Fernando Castro Paredes resultou ser o gañador do Premio Varela Buxán de Teatro promovido polo Concello de A Estrada. O autor foi o escollido onte polo xurado, polo seu traballo Pallaso, presentado baixo o lema Óptimo Máximo. O xurado –composto por Ana Carreira Varela, Santiago Cortegoso e Eduardo Alonso– decidiu adxudicar o premio á peza presentada por Castro Paredes, destacando a súa “construción dramatúrxica rigorosa e coherente” así como a súa “viabilidade escénica”. Tamén salientou “un humor negro e absurdo cargado de dramatismo e ironía” para mostrar e […] - [Isabelle Huppert e Jeremy Irons reciben o Premio de Teatro Europeo](https://erreguete.gal/2017/12/12/premios-europa-de-teatro/): Dende hoxe e ata o 17 de decembro, Roma acollerá a XVI edición do Premio Europa de Teatro e a XIV edición do Premio Novas Realidades Teatrais. A celebración coincide co trixésimo aniversario do Premio, a primeira iniciativa cultural promovida pola Comunidade Europea no campo das artes escénicas. O XVI Premio de Teatro Europeo outorgáselle a Isabelle Huppert e Jeremy Irons. O Premio concédeselle a estas dúas figuras emblemáticas do panorama internacional, dous actores cuxa formación teatral desempeñou un papel fundamental no proceso de elección. Isabelle Huppert e Jeremy Irons son artistas capaces de mudar do campo do teatro ao do […] - [Galicreques, seleccionado para Iberescena 2018](https://erreguete.gal/2017/12/11/galicreques-seleccionado-iberescena-2018/): O Festival Galicreques resulta seleccionado entre os proxectos que se beneficiarán das axudas para o Programa Iberescena 2017-2018   O Consello Intergobernamental do Programa Iberescena (CII), reunido no Concello de San Salvador (El Salvador) do 28 de novembro ao 1 de decembro de 2017, designou a concesión de axudas económicas nas distintas liñas de participación establecidas polo Programa. Na presente convocatoria, ascendeu a un total de 1.066.065 euros. Estas axudas foron distribuídas entre os catorce países que forman parte do Fondo Iberoamericano de Axuda Escénica e que fixeron a súa contribución financeira para o presente exercicio, aínda que se está a […] - [Os cans non comprenden a Kandinsky](https://erreguete.gal/2017/12/11/os-cans-non-comprenden-kandinsky/): Apoloxía da contradición | Roi Vidal Ponte | O ser humano é contraditorio. Díxoo Shakespeare nun monólogo imprescindible e asumímolo como elemento esencial da nosa natureza, mesmo da nosa cultura. A dúbida, a pregunta o trasacordo: a escaleira. Pois nada máis contraditorio que a arte autoconsciente, esa arte de estirpe dadaísta sempre a se cuestionar a súa propia existencia, pertinencia, utilidade, necesidade. O monólogo-molotov de Lina Pérez non prescinde do auto-odio. Basea o seu discurso nunha lúcida ironía que neste caso é en absoluto evasiva; antes ben, cómpre velo como un artefacto que estoura dentro de si mesmo, como unha arma […] - [Unha ópera reúne a Cándido Pazó e o Taller Atlántico Contemporáneo](https://erreguete.gal/2017/12/07/unha-opera-reune-candido-pazo-taller-atlantico-contemporaneo/): ‘Il segreto di Susanna’, de Enrico Golisciani e Ermanno Wolf-Ferrari, estrearase o vindeiro 16 de decembro no Teatro Principal de Santiago. A dirección escénica recae en Pazó, que actuará xunto á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e o barítono galego Javier Franco. Diego García será o director musical A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) estreará o vindeiro 16 de decembro ás 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago a súa segunda produción operística: Il segreto di Susanna (O segredo de Susana). A montaxe reunirá en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, […] - [Tan lonxe, tão perto](https://erreguete.gal/2017/12/05/tan-lonxe-tao-perto/): Xornadas Culturgal sobre circulación escénica transfronteiriza | Manuel Xestoso | As relacións escénicas entre Galiza e Portugal son complicadas dende o principio: a historia do teatro galego comeza con aquel Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, no que, supostamente, galegos e portugueses manteñen un enfrontamento sobre os dereitos de pesca no río. En realidade, a medida que aquela peza inaugural avanza, imos descubrindo que a disputa era máis de clase que de nación, pero a relación quedaba problematizada dende aquela. E talvez as cousas non cambiaron tanto. As Xornadas de Traballo que Escena Galega organiza por terceiro ano consecutivo […] - [Gobo. Digital Glossary](https://erreguete.gal/2017/12/03/gobo-digital-glossary/): Heroes do noso tempo | Manuel Xestoso | | Foto: Susana Neves | O “heroe do noso tempo” que describiu Lermontov na súa novela era unha alma que enfrontaba o baleiro da existencia e a certeza da morte refuxiándose na melancolía romántica e no nihilismo: tratábase dunha forma de protesta ante a convicción de que a realidade se transformara nun triunfo do superfluo. O noso tempo, porén, xa aceptou o nihilismo (semella que calquera pode actuar sen sentirse suxeito polas consecuencias das súas accións) pero substituíu a melancolía romántica por un movemento continuo que evita minuciosamente calquera tentación de transcendencia. Cal […] - [Fernando Osorio do Campo e o teatro das Irmandades da Fala](https://erreguete.gal/2017/12/02/fernando-osorio-campo-teatro-das-irmandades-da-fala/): Este domingo 3 de decembro, preséntase, dentro das actividades do Culturgal, o libro de Edicións Embora, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas, de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, quen recibiu o Premio Carvalho Calero 2016 do Concello de Ferrol por este traballo de investigación sobre unha figura da máxima importancia na configuración do teatro das Irmandades da Fala. Recuperamos este artigo de Biscainho-Fernandes, publicado no número 88 da erregueté – Revista Galega de Teatro, que pode servir como introdución a o coñecemento dunha personalidade da nosa historia que merece ser recuperada do semiesquecemento na que se atopa actualmente.   «Por iniciativa d’un notabre artista […] - [As fronteiras son cicatrices no terreo e poñémolas nós, por Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2017/12/02/as-fronteiras-cicatrices-no-terreo-ponemolas-nos-paula-carballeira/): | Texto: Paula Carballeira | | Foto: Susana Neves |   En outubro do ano 2015, no marco do Festival Internacional de Marionetas do Porto, estreouse As filhas do diabo da compañía Limite Zero. Tanto o texto como a dramaturxia dese espectáculo a partir de dous contos da tradición común galego-portuguesa, foi da miña autoría, e así comezou unha feliz colaboración que aínda continúa. Aínda que na miña traxectoria como narradora oral tiven numerosas oportunidades de participar en programacións e festivais de Portugal, a proposta de As filhas do diabo converteuse na primeira encarga dramatúrxica que recibín de fóra da Galiza, […] - [O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017](https://erreguete.gal/2017/12/01/programa-residencias-paraiso-abre-ao-publico-os-seus-oito-proxectos-de-2017/): O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal tivo lugar na Fundación Luis Seoane da Coruña a modo de xuntanza interna para analizar e valorar o desenvolvemento desta primeira edición cara á preparación do programa 2018 xunto cos concellos colaboradores: A Coruña (co Teatro Rosalía Castro, ademais da propia Fundación Luis Seone), Carballo (Pazo […] - [Entrevista a Ernesto Is](https://erreguete.gal/2017/12/01/entrevista-ernesto-is/): “Funcionamos cun pensamento moi resultadista, non se confía nunha idea que pode madurar ao longo dun proceso de traballo” | Vanesa M. Sotelo |   Ernesto Is (Xixón, 1988) vén de acadar o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro con Despois das ondas, unha peza teatral coa que recupera a memoria histórica a través da grande actriz galega exiliada en Francia, María Casares. Despois das ondas resultou ser o texto gañador dos 47 orixinais presentados e, del, o xurado destacou a súas múltiples “posibilidades de representación e a gran liberdade na posta en escena”. Tras lograr o Premio Abrente coa obra […] - [O muro, por Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2017/12/01/muro-carlos-santiago/): | Texto: Carlos Santiago |   Hai un muro entre a Galiza e Portugal que condiciona calquera debate, non só no eido teatral, sobre os seus desexables amoríos. O muro é eminentemente cultural, e para nada ortográfico. Temos, nunha beira do río, un país excéntrico que perde unha e outra vez as oportunidades de definir un proxecto histórico e ideolóxico propio, con base na súa singular realidade étnica, se me desculpades semellante adxectivo, completamente deturpado no seu uso actual. Temos, na outra beira, un país que presume de ser un dos poucos e auténticos estados-nación europeos, cunha cultura cada vez máis […] - [Festival Seiscordas 2017](https://erreguete.gal/2017/12/01/festival-seiscordas-2017/): O agromar da resistencia | Laura Porto |   Cada ano, a finais de novembro, na sala Ensalle pode saborearse a maxia do escénico na forma dunha festa danzante que preludia o mes da Saturnalia. Nun panorama teatral tan estático coma o noso é complicado atopar gotas de luz, sen dúbida. Porén, sempre aparecen, devolvendo a esperanza ás espectadoras e profesionais das artes escénicas en busca da resistencia á desaparición. Iso é o que fan as nosas profesións desde hai un tempo: resistirse a desaparecer. E nesa loita a sala Ensalle organiza cada ano o Seiscordas, un evento sen comparación, polo […] - [Entrevista a Eduardo Alonso](https://erreguete.gal/2017/12/01/entrevista-eduardo-alonso/): «Dentro das xeracións novas o concepto carreira persoal é máis importante do que era entre a nosa» | Vanesa Sotelo e Manuel Xestoso | | Foto de cabeceira: Ladiapo / AAAG |   Director, dramaturgo, xestor e emprendedor, Eduardo Alonso é un dos piares do teatro profesional en Galicia. Fundador xunto coa actriz Luma Gómez de Teatro do Noroeste, neste 2017 celebra os trinta anos da compañía e vén de recibir o Premio de Honra Marisa Soto coa «emoción» do recoñecemento e a «rabia» de ir ter que retirándose dun oficio que non pode abandonar. Primeiro director do Centro Dramático Galego […] - [AGADIC convoca o proceso de selección de elenco para o 'Divinas palabras' do CDG](https://erreguete.gal/2017/11/27/agadic-convoca-proceso-de-seleccion-de-elenco-divinas-palabras-cdg/): Agadic non fixo público oficialmente quen dirixirá o espectáculo, aínda que a web do Teatro Español de Madrid anuncia que será a compañía Chévere a encargada de adaptar a Valle. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de abrir o proceso de selección de parte do elenco de Divinas palabras, de Valle-Inclán, que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará en primavera de 2018. Segundo un anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), as persoas interesadas en optar ás sete prazas de actores e actrices, con categoría de principais, convocadas teñen desde mañá e ata o mércores 13 de decembro […] - [Escenas do Cambio 2018 desenvolverase do 1 ao 10 de febreiro](https://erreguete.gal/2017/11/23/escenas-cambio-2018-desenvolverase-1-ao-10-de-febreiro/): A cuarta edición de Escenas do Cambio regresará de novo entre os días 1 e 10 de febreiro de 2018. A nova xeira do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción, que contará con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países, foi presentada esta mañá nunha nave de despezamento do Polígono do Tambre, en Compostela. | Foto: Manuel G. Vicente Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e Voadora serán os representantes das artes escénicas galegas nesta edición de Escenas do Cambio. Precisamente a presentación tivo lugar nunha nave de despeces e repostos como “xesto cómplice” coa montaxe de […] - [O Teatro do Noroeste - Centro Dramático de Viana intégrase na PLATTA](https://erreguete.gal/2017/11/21/teatro-noroeste-centro-dramatico-de-viana-integrase-na-platta/): A compañía portuguesa é pioneira nas relacións entre o teatro da Galiza e Portugal O pasado día 18, no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo, formalizouse o protocolo polo cal a compañía Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana pasa a integrarse na PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador). O Instituto Camões – Centro Cultural Portugués de Vigo oficiou como observador . A PLATTA é unha estrutura que naceu co propósito de fomentar o desenvolvemento do teatro afeccionado transrexional como unha realidade dentro da industria cultural nacional e europea e que aposta por unha nova visión do teatro […] - [Fillos do sol](https://erreguete.gal/2017/11/16/fillos-do-sol/): O relato e o suceso | Manuel Xestoso | O escritor e os seus fantasmas: Fillos do sol tamén podería chamarse así, coma aquel ensaio no que Ernesto Sábato abordaba o asunto da construción dunha literatura nacional. Incluso podería titularse A nación e os seus fantasmas se, seguindo con Sábato, cremos aquel apotegma seu que indicaba que existe unha literatura nacional pola mesma razón que existe o descontento sobre a realidade. Pondal é aquel que o país recoñeceu –en vida– coma o seu escritor nacional, pero esa honra tamén pode ser un castigo que provoca dúbidas e incertezas, unha responsabilidade que […] - [Cartografía en movemento](https://erreguete.gal/2017/11/11/cartografia-en-movemento/): Cartografía en movemento, coreografía do afecto: unha volta pola sexta edición do festival | Nieves Neira |   Esta foi a fotografía final do festival Cartografía en Movemento: varias persoas, organizadoras e artistas, durmindo a sesta na Casa do Río, en Vilar de Donas (Palas de Rei), onde se celebrou a última sesión do festival o pasado 29 de outubro. Os artistas convidados nesa xornada – María Move e Diego Buceta- valoraban, ademais das cartografías nos distintos espazos, esa coreografía do afecto da que a fotografía era fiel retrato.     No fondo, xa non se trata de ver unha ou […] - [Elisa e Marcela](https://erreguete.gal/2017/11/10/elisa-e-marcela/): Os límites da comedia | Laura Porto | O teatro é marabilloso. Pode enganchar e aborrecer. Deixa indiferente, ensina, entretén, emociona e mesmo chega a anestesiar un pouco. Independentemente da calidade do que se amosa, o feito teatral sempre ten algo que nos transporta dalgún xeito a outro estado de conciencia, que nos fai querer volver unha vez e outra como adictas ao sublime. A historia de Elisa e Marcela resulta estimulante para quen escribe. Descubrín a estas mulleres aos 16 ou 17 anos, e a súa historia pareceume impresionante, malia que chea de dor e incomprensión. Cando decidín ir ver […] - [Imma António: "Vexo na Academia unha grande oportunidade para que as xentes do teatro compartan e avancen"](https://erreguete.gal/2017/11/09/imma-antonio-vexo-na-academia-unha-grande-oportunidade-as-xentes-teatro-compartan-avancen/): O pasado 21 de outubro, constiuíase en Rianxo a Academia Galega do Teatro. A actriz e dramaturga Imma António, presidenta da xestora para a súa constitución, salientou no acto que a nova institución pretende ser un lugar de encontro no que debater sobre cuestións artísticas, investigar, recuperar o patrimonio teatral ou organizar un Congreso do Teatro Galego. Nesta entrevista, explícanos cales son os obxectivos da Academia e cal será o seu funcionamento.   Que é exactamente a Academia Galega do Teatro, que obxectivos ten a cal será o seu funcionamento? A Academia Galega de Teatro nace con vocación de servizo e […] - [Incendios, Premio do Público do FIOT 2017](https://erreguete.gal/2017/11/04/incendios-premio-publico-fiot-2017/): O espectáculo de Ysarca e Teatro de La Abadía, protagonizado por Nuria Espert, obtivo unha nota de 4,86 sobre 5. A coprodución do FIOT e Contraproducións, Fillos do Sol, logra un gran éxito de audiencia e a terceira mellor nota do público cun 4,6   Incendios, a obra de Ysarca e Teatro de la Abadía protagonizada pola veterana Nuria Espert, Premio Princesa de Asturias das Artes, resultou escollida como a gañadora do Premio do Público da XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, cunha puntuación de 4,86 sobre 5. Era unha das grandes esperadas e non defraudou. […] - [Lecturas dramatizadas en Compostela](https://erreguete.gal/2017/11/01/lecturas-dramatizadas-en-compostela/): O mércores 8 de novembro ás 21.00 horas no edificio da Fundación SGAE, Cristina Domínguez dirixirá Atrevereime, de Teresa González Costa, e o martes 14 de novembro, no mesmo lugar, Quico Cadaval dirixirá A Arañeira, texto de Raúl Dans.     Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora coa Fundación SGAE na organización dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como […] - [Peregrinação](https://erreguete.gal/2017/10/31/peregrinacao/): A viaxe do antiheroe | Vanesa M. Sotelo |     Alguén confesou nalgunha ocasión que deixara de ir ao teatro porque sufría. O risco de que algo puidese fallar técnica ou humanamente durante a presentación provocáballe unha tensión tan elevada que acabara por abandonar o teatro. Porque sufría. Hai quen pensa que entramos no teatro para fuxir da vida que queda fóra pero o certo é que a vida se manifesta en toda a súa plenitude no seu interior. Precisamente iso, escoita plena e asunción do risco entre quen fai e quen asiste, foi o que sucedeu no último día […] - [Five Easy Pieces](https://erreguete.gal/2017/10/30/five-easy-pieces/): A inocencia ante a verdade | Vanesa M. Sotelo |     “Como aprendemos a ser humanos?” É unha das preguntas ás que nos convida o creador suízo Milo Rau coa peza Five Easy Pieces. Para suscitar esa pregunta desde a escena, non é estraño que escolla a actores menores de idade nin que a través dos seus corpos aborde o caso do pedófilo e asasino en serie belga Marc Dutroux. Tampouco resulta estraño que inicie o percorrido do seu relato no Congo cando este territorio africano daba os seus primeiros pasos na independencia despois da historia de barbarie escrita por […] - [Segunda edición de Titiriberia en Teo](https://erreguete.gal/2017/10/26/segunda-edicion-de-titiriberia-en-teo/): A segunda edición de Titiriberia, único festival do estado especializado nos títeres tradicionais, celebrarase entre o xoves 9 e o domingo 12 de novembro en Teo     O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio da Deputación da Coruña e o Concello de Teo, celebrará a súa segunda edición entre o xoves 9 e o domingo 12 de novembro. Deste xeito, o festival -que neste ano incremente a súa duración ao desenvolverse ao longo de catro xornadas- coincidirá coa celebración da Feira Cabalar de San Martiño de Calo na Carballeira de Francos, […] - [XVI Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán](https://erreguete.gal/2017/10/26/xvi-festival-de-teatro-afeccionado-agustin-magan/): Os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro celébrase en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG (Centro Dramático Galego).     Nesta edición teremos ocasión de ver unha ampla oferta de obras de diversos estilos e temáticas que van dende o musical infantil ata o drama Lorquiano pasando por fábula dramática. Tamén haberá unha dupla oferta de teatro destinado aos […] - [Chola, a it girl](https://erreguete.gal/2017/10/25/chola-a-it-girl/): Un show rectificado | Laura Porto | | Foto: Pablo Nunes |   Chola é unha it girl, unha muller icona, mais non unha it girl calquera, senón unha rectificada. O concepto de rectificación que ela manexa, como propietaria que é do seu propio taller mecánico, aseméllase ao tuning dos coches, ou customización para as non entendidas en motores. Baixo a aparencia dun show que mestura o titorial e o late night tv agóchase unha peza dramática que custa recoñecer, pero que está aí. A construción do personaxe de Chola non é demasiado realista, mais resulta perfectamente crible para as espectadoras. Do […] - [Nieves Rodríguez, nova presidenta da AAAG](https://erreguete.gal/2017/10/24/nieves-rodriguez-nova-presidenta-da-asociacion-de-actores-e-actrices-de-galicia/): A Xunta Directiva complétase con Santi Romay, Laura Míguez, Machi Salgado, Sheyla Fariña, Diego Freire, Marta Lado, Martín Máez, Susana Sampedro e Toni Salgado. Nieves Rodríguez | Foto: Cris Andina   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrou o pasado domingo unha asemblea xeral para escoller a nova Xunta Directiva que, durante os dous próximos anos, encabezará a este colectivo sindical que aglutina a máis de 300 profesionais da interpretación e da dirección. Tras o escrutinio, resultou elixida como nova presidenta Nieves Rodríguez, que sucede no cargo a Ernesto Chao. Pola súa banda, Mabel Rivera repetirá na vicepresidencia […] - [Cranios privilexiados](https://erreguete.gal/2017/10/24/3219-2/): A filosofía e o contexto | Manuel Xestoso | | Foto: Natasha Lelenco |     O punto de partida é que a un país perralleiro lle corresponde unha filosofía perralleira. E, claro, un teatro perralleiro que os comediantes se ven obrigados a representar para estar á altura –ou á baixeza– das circunstancias. A ironía de Mofa e Befa adquire no comezo de Cranios privilexiados un ton autorreferencial que axuda a que o público asome á intención antes de entrar en materia. E esa intención apunta ás vantaxes dunha filosofía de andar pola casa ante o acoso dun enciclopedismo que sempre […] - [O sector das artes escénicas de Galicia reúnese no FIOT para buscar sinerxías](https://erreguete.gal/2017/10/19/o-sector-das-artes-escenicas-de-galicia-reunese-no-fiot-para-buscar-sinerxias/): Programadores e organizadores de festivais e compañías teatrais analizan, nunha mesa de traballo inédita, futuras posibilidades de colaboración.     Carballo acolleu hoxe, baixo iniciativa do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), unha mesa de traballo inédita entre programadores e organizadores de festivais e compañías do sector para analizar posibilidades de colaboración e procura de sinerxías. A reunión tivo lugar entre as 16 e 18 h deste xoves no Pazo da Cultura e nela abordaron a realización de residencias para que as compañías preparen os seus espectáculos, a participación en coproducións e en estreas, entre outros asuntos. Ademais, intercambiaron opinións sobre as […] - [Manuel Tudela Díaz gaña o VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro](https://erreguete.gal/2017/10/19/manuel-tudela-diaz-gana-o-vi-certame-galego-de-banda-desenada-sobre-teatro/):   O VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro –convocado pola erregueté (Revista Galega de Teatro) e a Asociación Cultural Entre Bambalinas– xa ten gañador. As bases propoñían unha adaptación dun fragmento da obra Caixa negra, de Fernando Epelde, editada no número 74 da revista, e a proposta de Manuel Tudela Díaz resultou vencedora. Un xurado composto por Pepe Carreiro, ilustrador e deseñador de BD, Anxo Fariña, escritor, ilustrador e deseñador e Vanesa Sotelo, dramaturga e directora da erregueté, destacou a adecuación da imaxe á intensidade dramática da obra de Fernando Epelde e a condensación narrativa conseguida na proposta. Agora, […] - [Normas para saber vivir na sociedade actual](https://erreguete.gal/2017/10/17/normas-para-saber-vivir-na-sociedade-actual/): Blindarse ante o cambio | Manuel Xestoso | | Foto: Ovidio Aldegunde |     Parece bastante actual recordar que se non cumpres as normas podes padecer o castigo da sociedade que as estableceu. Debería ser de actualidade –aínda que parece que non o é– lembrar que quen establece as normas é, polo xeral, unha parte da sociedade que se erixe en voceira do conxunto, aínda que esa representatividade sexa cuestionada dende outros sectores. O texto de Jean Luc Lagarce parte dun manual de boas maneiras do século XIX para deitar unha mirada irónica sobre certos rituais sociais cuxa finalidade última –facilitar […] - [O rei morre](https://erreguete.gal/2017/10/02/o-rei-morre/): Viva o rei | Roi Vidal Ponte |     A linguaxe contemporánea ten dúas tipoloxías de frases nas que o teatro é o elemento metafórico. Dunha banda, está a filosofía calderoniana na que a vida é soño e o mundo un grande teatro. É a ideoloxía das obras de Shakespeare na que a teatralidade serve para referenciar o noso pequeno lugar humano baixo o enorme firmamento de estrelas desa tremoia inabarcable que é o universo. Da outra, vai gañando cada vez máis peso a utilización social da palabra teatro como epítome da falsidade, da mentira e do engano. A primeira […] - [Comeza o ciclo TRC Danza no Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2017/09/12/3175-2/): O TRCDanza, o ciclo de danza ideado polo director do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, Paulo Rodríguez, está repleto neste 2017 de propostas diversas de artistas do territorio nacional e, un ano máis, camiña acompañado do Proxecto de Programación Expandida (PE), o proxecto de mediación coordinado por Andrea Quintana e Caterina Varela.     Este proxecto de PE ten como vontade expandir todas as potencias dun programa de danza ao longo da cidade colaborando de cerca coas distintas comunidades, artistas convidadas ao ciclo, artistas locais, espazos e persoas cómplices de cada espazo que fan de cada potencia unha experiencia […] - [Galicreques converterá Compostela na capital do títere](https://erreguete.gal/2017/09/06/xa-esta-disponible-o-programa-de-galicreques-2017/): O Festival celebrará entre os días 14 e 22 a súa 22ª edición, convertendo Santiago de Compostela, un ano máis, en gran referente para o xénero escénico dos títeres.     O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 22ª edición entre o 14 e 22 de outubro de 2017 cunha ampla programación que, cun total de 27 espectáculos, contará cun marcado carácter internacional, ao traer a Santiago de Compostela compañías procedentes de Arxentina, Chile, Francia ou Portugal, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. A programación, ademais, incluirá unha ampla sección dedicada ao público máis novo […] - [VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro](https://erreguete.gal/2017/09/04/vi-certame-galego-de-banda-desenada-sobre-teatro/): 1.  Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da erregueté – Revista Galega de Teatro, convoca este certame co obxectivo de contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego e portugués. 2. Neste certame poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen. 3. Para o concurso, cada participante deberá adaptar para banda deseñada nunha única páxina o fragmento incluído en anexo da peza Caixa negra, de Fernando Epelde, (editado pola Revista Galega de Teatro no seu número 74 e que pode consultarse aquí). Dos traballos recibidos, un xurado escollerá a proposta […] - [O corazón do teatro galego](https://erreguete.gal/2017/09/01/o-corazon-do-teatro-galego/): O FIOT presenta a programación da súa 26 edición O festival participa na produción de tres espectáculos: Muiñada de Galeatro, La última cena de Reckless Sleepers & Atresbandes, e Fillos do Sol de Contraproducións. O apoio a creadores emerxentes tradúcese na aparición de novos espazos como o Microteatro Metro Cadrado (M²). O programa inclúe 34 obras, 3 coproducións, 7 estreas absolutas e 7 estreas en Galicia e representantes de Reino Unido, Bélxica e Portugal.     A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo presentaron este venres o programa oficial e a imaxe da XXVI edición do Festival Internacional […] - [Un artista da fame](https://erreguete.gal/2017/07/29/un-artista-da-fame/): O público | Manuel Xestoso | | Foto: Rosiña Rojo | MIT Ribadavia |     O público é ese ente do que dependen os artistas –mesmo os da fame– e do que, non obstante, preferirían prescindir. O público é ese grupo intanxible para o que se fai a arte, aínda que case nunca conta entre as prioridades que os artistas teñen en mente cando deciden realizar a súa obra. O público tende a impoñer a súa tiranía cando conta coa complicidade deses empresarios que fan calquera cousa para conquistalo e cativalo. E o público sempre ten a razón. Ata que […] - [Shakespeare na MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2017/07/26/shakespeare-na-mit-ribadavia/): Todo sobre Shakespeare Roi Vidal Ponte | Foto: ‘La Ternura’ de Alfredo Sanzol. Foto: Rosiña Rojo | MIT Ribadavia |     Barroco. É a palabra que mellor define o que Shakespeare é. Recolle a complexidade e a teatralidade que as súas pezas celebran de maneira enxeñosa e transcendente. Os enredos amorosos son a forma na que ese barroquismo (ou sexa, esa confusión, esa ilusión mental e óptica, ese onirismo protorromántico) se concreta nas súas comedias. A artificiosidade das tramas resólvese cun equilibrio poético na profundidade verdadeira das reflexións filosóficas. E todo, a filosofía, o amor, o enredo, o teatro, son cousas […] - [Todo sobre Eva](https://erreguete.gal/2017/07/23/todo-sobre-eva/): Ninguén quere ser mazá | Roi Vidal Ponte | | Foto: Rosiña Rojo | MIT Ribadavia |     O feminismo é a forza revolucionaria máis activa dos tempos modernos. Centra debates públicos e indaga en terreos onde non quixeramos entrar. Chámalle terrorismo aos asasinatos machistas e esixe dereitos e deberes desde uns fundamentos éticos irrefutables. Pero algo nos di que a sociedade non está preparada. Que a loita pola igualdade molesta. Que a liberación non está a ser publicitada. Cando unha actriz famosa entra ao trapo e sanciona o feminismo como unha moda que ha pasar. Cando unha actriz famosa […] - [A galiña azul](https://erreguete.gal/2017/07/22/a-galina-azul/): A inocencia e a inxenuidade | Manuel Xestoso |   Non é o mesmo a inocencia que a inxenuidade. Contar dende a inxenuidade lévanos a ignorar o conflito; contar dende a inocencia significa enfrontar o conflito cuns ollos despoxados de prexuízos. E de prexuízos fala A galiña azul: dende unha inocencia que linda co candor da infancia pero que ten un pé posto na realidade que nos arrodea. Só que o serio do asunto que trata móstrase espido das prevencións coas que habitualmente nos atopamos ante el. A pedagoxía non abonda para facer teatro. O conto de Carlos Casares fala de […] - [Clean City](https://erreguete.gal/2017/07/21/clean-city/): Clasismo e pantalóns vaqueiros | Manuel Xestoso | | Foto: Rosiña Rojo | MIT Ribadavia |     Unha muller descobre que a súa “empregada do fogar” utiliza os mesmos vaqueiros ca ela e séntese ofendida por esta coincidencia: a empregada cóntao nun teatro –no curso dunha función que fala das mulleres inmigrantes que traballan como mulleres da limpeza en Grecia– e o público decátase de que existen determinados prexuízos que continúan a facer parte da ideoloxía hexemónica na sociedade europea. Clean city xoga co concepto de “limpeza” empregado pola extrema dereita opoñéndolle a testemuña de mulleres inmigrantes que traballan como limpadoras, […] - [Vangelo](https://erreguete.gal/2017/07/20/vangelo/): Evanxeo Delbono | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Luca Del Pia |     Cando a nai deixou de querer ver a natureza foi o momento no que o fillo descubriu que a nai perdera a fe. Onde marchara a súa fe? Pregunta Pippo Delbono no que resulta un dos momentos máis reveladores de Vangelo. Vangelo é unha peza construída a partir do Evanxeo; unha peza nacida do encargo feito pola nai no leito de morte para facer un espectáculo sobre a relixión da que ela bebía e da que o fillo se afastara ata abrazar o budismo. Na súa revisión […] - [Un île flottante](https://erreguete.gal/2017/07/17/un-ile-flottante/): A palabra burguesía xa non está de moda | Manuel Xestoso | | Foto: Simon Hallstrom |     Une île flottante está inspirada nunha peza de Labiche, La poudre aux yeux, na que dúas familias burguesas pretenden amañar o matrimonio dos seus herdeiros simulando ambas posuír un patrimonio do que xa non gozan coa finalidade de aumentar os seus respectivos capitais. Podería dicirse que é un sainete clásico que se burla dos valores clásicos da burguesía decimonónica. E podería dicirse que a parodia destes valores pode parecerlle algo extemporánea aos que opinan que burgués xa non é un concepto operativo. E, […] - [Ricardo III está prohibido](https://erreguete.gal/2017/07/16/ricardo-iii-esta-prohibido/): Por que o teatro é tan perigoso   | Manuel Xestoso | | Foto: Nicu Cherciu |   A política e os intelectuais nunca acaban de levarse ben. A política require unha continua e urxente negociación entre desexo e realidade para resolver conflitos, e a densa carga teórica coa que acompañan os intelectuais os seus debates pode percibirse como unha pexa de pouca utilidade na perentoriedade da toma de decisións. Por outra banda, o traballo intelectual demanda o protagonismo do matiz e da independencia, e a militancia oficial parece sementar certas dúbidas sobre a posibilidade de manter a integridade ética dun pensamento […] - [Comeza a XXXIII MIT Ribadavia 2017](https://erreguete.gal/2017/07/15/comeza-a-xxxiii-mit-ribadavia-2017/): A XXXIII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chega do 15 ao 24 de xullo cunha nova edición na que continúa coa aposta por prestar atención aos grandes mestres da escena mundial e a puxante tendencia de hibridación de xéneros escénicos.     De igual xeito, neste 2017 a MIT acolle un apartado especial adicado á creación contemporánea a partir da obra de William Shakespeare (con propostas como as do proxecto Comedias de Teatro de la Ciudad ou as coprodución de Voadora ou Teatro Oficina) e reserva unha especial atención á danza, ao circo e as artes de rúa no festival. […] - [Golem](https://erreguete.gal/2017/07/14/golem/): Teatro 2.0   | Manuel Xestoso | | Foto: Bernhard Mueller |   É unha parábola de significado obvio: o Golem é ese ser mitolóxico que, creado a partir da materia inerte, foi concibido para servir ao ser humano e, ao final, acaba xerando máis problemas dos que resolve. O mito da tecnoloxía (ou, máis concretamente, diso que chamamos novas tecnoloxías) é o obxecto deste espectáculo: un instrumento aparentemente neutro que acaba por crear dependencia, por destruír vínculos sociais e por servir aos intereses dun capitalismo completamente deshumanizado. Coñecemos o relato: segundo o discurso hexemónico, tecnoloxía e progreso van da man e […] - [Moeder](https://erreguete.gal/2017/07/13/moeder/): Estrañamento e fascinación da mirada | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Oleg Degtiarov |     Coa lóxica do estrañamento do soño e o pracer pola perturbación da realidade dentro dunha proposta hiperrealista, a compañía belga Peeping Tom abre as portas do museo no que encadra Moeder, o segundo espectáculo da triloxía formada por Vader (2014) e Kinderen (2018). Dirixida por Gabriela Carrizo e coa asistencia e apoio dramatúrxico de Franck Chartier, Moeder ofrece unha viaxe a partir da figura da nai e un intento imposible por reconstruír as memorias nun mosaico de existencias onde a mirada exterior e a […] - [Nacidas libres](https://erreguete.gal/2017/07/11/nacidas-libres/): Non é tan fácil | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Estudio | Quizais o máis interesante de Nacidas libres sexa que, sen que se note demasiado, pon en cuestión un dos mitos máis incardinados na sociedade actual: o da liberdade. Da liberdade falan hoxe moito algúns políticos, moitos xornalistas e, sobre todo, a publicidade. Pero xa non se trata daquela clásica fórmula que cambiou Europa –liberdade, igualdade, fraternidade– senón dunha esaxerada valoración da liberdade persoal que opera en detrimento doutros valores como a xustiza, a igualdade ou a solidariedade. A liberdade actual é apenas unha liberdade para escoller no consumo […] - [Río Bravo](https://erreguete.gal/2017/07/06/rio-bravo/): Flaca-flash-back | Roi Vidal Ponte |   Aquela obra que vin cando neno ensinoume o divertido que podía ser o teatro. Aquilo era enxeñoso, rebelde e imaxinativo. E por iso nos gustaba. A min e ao meu irmán, que xogabamos cos personaxes de Río Bravo e coas súas cancións coa mesma ilusión coa que o faciamos coas Tartarugas Mutantes ou co Capitán Planeta. Non é só que para Chévere sexa a obra máis importante dos seus inicios, por lles abrir as portas a unha conexión co público sen precedentes na historia do teatro galego; é que para o público do teatro […] - [Abre a XXXIV Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas](https://erreguete.gal/2017/06/29/abre-a-xxxiv-mostra-de-teatro-comico-e-festivo-de-cangas/): Do 30 de xuño ao 8 de xullo O Morrazo transfórmase un ano máis no epicentro do teatro cómico cunha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Durante nove días, a vila morracense acollerá 22 espectáculos entre os que se atopan 5 estreas absolutas, catorce espectáculos galegos e dúas coproducións. Cantidade e variedade resumen un programa que volve combinar os espectáculos no Auditorio Municipal xunto cunha ampla oferta de proposta de rúa e actividades paralelas en diferentes espazos da vila.     O pano desta 34ª edición abrirase o venres 30 de xuño coa estrea absoluta […] - [Honey Rose](https://erreguete.gal/2017/06/28/honey-rose/): Acontece a vida | Laura Porto |        Cando non acontece nada, acontece a vida. No espazo da inquedanza existencial, da espera eterna pola vida desexada, a vida que é aparece e vívenos. Aí e así se conforma a identidade. Honey Rose fala connosco deses momentos de espera existencial nos que semellamos non ser nada, nos que se augura o fracaso absoluto de calquera aspiración… E sen chegar a ningún punto, sen lanzar ningunha mensaxe directamente cara á espectadora, fainos saber que é nese momento no que a aspiración mora. Explotando ao máximo o feito teatral e amosando unha […] - [A erregueté saca a rúa o seu número de verán](https://erreguete.gal/2017/06/28/a-erreguete-saca-a-rua-o-seu-numero-de-veran/): A Revista Galega de Teatro dedica o seu apartado TEMAS á reflexión sobre Galicia Escena Pro, cita ineludible para os profesionais da produción, a distribución e a programación galegas. O número 91 da erregueté inclúe o texto de AveLina Pérez Os cans non comprenden a Kandinsky, que poderá verse na próxima Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.     Co verán chega o segundo número de 2017 da Revista Galega de Teatro. Coa atención posta na última edición do Galicia Escena Pro, que se celebrou en Compostela do 12 ao 15 de xuño, a erregueté 91 quixo contribuír desde […] - [Goldi libre](https://erreguete.gal/2017/06/25/goldi-libre/): Primeira persoa do plural | Manuel Xestoso |     Se nos dá por facerlle caso a Aristóteles, o ser humano extrae do teatro un gozo que procede do seu “natural gusto por aprender”. Sería unha boa noticia, porque tal e como están as cousas o que nos relata Goldi libre podería parecer unha ficción para unha boa parte das novas xeracións: que alguén vaia ao cárcere “simplemente” por manter os seus principios. Aprender que existiron persoas que enfrontaron unha condena de privación de liberdade polas súas conviccións antimilitaristas semella hoxe máis ficción aínda que o feito de que a sociedade […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2017: día 4](https://erreguete.gal/2017/06/16/notas-dende-galicia-escena-pro-2017-dia-4/): O diñeiro e o mercado | Manuel Xestoso |     O pitching vén sendo un crowfunding en directo, un exercicio de mercadotecnia dirixido a crear expectativa e a recadar fondos. En consecuencia, debería estar dirixido por persoas que se manexen neses asuntos do márketing. Son asuntos que, en xeral, non lles gustan aos artistas, que adoitan queixarse de que “non valen para iso”. Vendo a sesión de pitching de Galicia Escena Pro de onte, é fácil estar de acordo con eles: se eu fose un programador sen coñecemento previo dos profesionais que protagonizan algunhas das intervencións, non me sentiría demasiado […] - [Oops! I did it again](https://erreguete.gal/2017/06/16/oops-i-did-it-again/): Oops! Xa o fixen outra vez ou O erro compulsivo. | Laura Porto |     A sociedade posmoderna, ou hipermoderna, ou o que queira que sexamos a estas alturas (se é que acaso somos máis que un tránsito entre épocas que non terá nome nin lle importará a ninguén) caracterízase principalmente porque todo o mundo lle quere sacar os defectos. Sempre hai algo malo que dicir sobre a hipocrisía deste tempo, a deshumanización e a falta de interese da xeración que naceu nel. Tal vez sexa tamén esta a época (neste caso coma todas, moi normal) na que os vellos […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2017: día 3](https://erreguete.gal/2017/06/15/notas-dende-galicia-escena-pro-2017-dia-3/): A realidade | Manuel Xestoso |     A realidade non é compracente. A realidade tende a levarlle a contraria aos nosos cálculos e a desmentir iso que nós chamamos a nosa percepción da realidade. En xeral, ese hiato entre as nosas expectativas e a realidade, entre o que esperamos dela e o que ela cede, é afrontada sen demasiado sentimento tráxico, porque a supervivencia pasa por obviar a destrución dos soños e por xerar novas esperanzas que nos axuden a seguir adiante. Relegar a traxedia ao escenario pode ser considerado un mecanismo de conservación da especie. O teatro dirixido á […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2017: día 2](https://erreguete.gal/2017/06/14/notas-dende-galicia-escena-pro-2017-dia-2/): Darlle corpo á realidade | Manuel Xestoso |     O normal é que as cousas non sexan como son, senón como se contan. Repítese moito aquilo de que a Historia a escriben os vencedores, pero non se di tanto quen son os que deixan de escribir a Historia do que vai acontecendo día a día, o presente. Durante os últimos cinco mil anos, as mulleres perderon case todas as batallas e case ninguén se decatou porque non era habitual que nos fixásemos en que elas nunca elaboraban o relato desa guerra. As cousas tardan moito en poder ser cambiadas, pero […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2017: día 1](https://erreguete.gal/2017/06/13/galicia-escena-pro-2017-dia-1/): My generation | Manuel Xestoso |   Ás veces a selección parece arbitraria, pero sempre podemos esculcar por unha orde oculta que permita que a Feira –ou Galicia Escena Pro– explique algo do que está acontecer no teatro galego. Dalgún xeito, as fortalezas e as debilidades da nosa escena acaban abrollando nunha cita que nace co propósito de alimentar un mercado cada vez máis cativo e prisioneiro desa austeridade decretada polos que nunca teñen problemas de liquidez. Podería ser, como sucedeu onte, que teñamos a oportunidade de ver as montaxes de Teatro do Noroeste e de Elefante Elegante: dúas xeracións con […] - [Hoxe comeza Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2017/06/12/hoxe-comeza-galicia-escena-pro/): Galicia Escena Pro comeza hoxe e dende a erregueté pedímoslle a AGADIC que nos fixese un resumo do que poderemos ver nestes próximos catro días. O texto que segue tenta responder a esta pregunta e anuncia unhas xornadas nas que 17 producións galegas e 2 de Castela e León competiran pola atención dos asistentes. Ademais, nas sesións en formato ‘pitching’, outras 10 compañías ofreceranlles aos programadores asistentes un avance dos seus próximos proxectos.   Por cuarto ano consecutivo, os profesionais do sector escénico galego e do resto da Península Ibérica están convocados a participar en Galicia Escena PRO, que desenvolve a […] - [Salvador](https://erreguete.gal/2017/06/07/salvador/): A mentira sempre volve | Roi Vidal Ponte |     Da emigración como gran tema da galeguidade hai moito escrito e moito por escribir. Sería para a cultura galega o que a Guerra Civil é para a española: ese cliché sociocultural que sempre volve, tanto na imaxinería colectiva como nas tendencias socioeconómicas que a converten en algo presente e real. No teatro, xa a compañía Artesa & Cía se achegou á pescuda sobre un pasado familiar indiano en Balor, e non son poucos os paralelismos entre a concepción escénica de Roi Fernández nesta proposta e a de Borja Fernández (o […] - [Tráfico](https://erreguete.gal/2017/05/25/trafico/): A traxedia e a farsa | Manuel Xestoso |     A traxedia repítese como farsa, iso xa o sabiamos. Pode ser o signo dos tempos: as grandes tramas que explica o teatro grego regresan reconvertidas en película de mafiosos. Quizais polos paralelismos entre o crime organizado e a organizacioón dunha sociedade cuxo único obxectivo é a obtencioón de beneficios económicos. Quizais porque o vello adagio –«non é nada persoal, é cuestión de negocios»– cambiou de sentido e revélase insuficiente: cando o individuo opera cos mesmos códigos que unha marca multinacional, o persoal e os negocios xa fan parte do mesmo […] - [La Exforma](https://erreguete.gal/2017/05/22/la-exforma/): Cerimonia de ofertorio | Afonso Becerra de Becerreá |     A exforma nomea non só un espectáculo de danza teatro de Javier Martín, senón tamén unha vontade de poñer en crise o concepto “forma” no que se asentan as artes. A idea clásica do teatro, incluso do ballet, privilexia o dualismo forma – contido, forma – significado, do mesmo xeito que a relixión católica pode fincarse no dualismo corpo – espírito. Porén, o teatro e a danza contemporánea poñen o seu foco na forma e é desde ela que se poden desprender as ideas, os significados. A forma, nas súas […] - [Up2Down](https://erreguete.gal/2017/05/18/up2down/): A maxia da forma | Laura Porto |     Arredor do día mundial da danza adoitan programarse nos circuítos convencionais espectáculos que a inclúen. Por sorte, porque podemos gozar deles, e por desgraza, porque non sempre é sinxelo atopalos programados noutras épocas nesta clase de espazos. Grazas a este fenómeno que, por suposto, acontece noutros xéneros, puidemos asistir no auditorio municipal de Vigo ao espectáculo Up2Down, da compañía TrasPediante. A peza, baseada no xogo e alternancia de estatus entre dúas mulleres, defínese como danza circo e desconcerta que no inicio, nada máis abrir o pano, preséntase coma moito máis ca iso, […] - [XVIII Festival Internacional de Títeres de Redondela](https://erreguete.gal/2017/05/11/xviii-festival-internacional-de-titeres-de-redondela/): O Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra a 18º edición con 70 funcións a cargo de 26 compañías     O Festival Internacional de Títeres de Redondela cumpre 18 edicións, e para conmemorar esta efeméride, o evento cultural máis importante da vila despregará máis de 70 funcións durante a semana do 15 ao 21 de maio a cargo de 26 compañías da máis variada procedencia. Como principais novidades, este ano ampliaranse a 16 os espazos escénicos que albergarán funcións de títeres, sumando ás tradicionais prazas as rúas Casto Sampedro e Salgueiral, así como o Paseo do Río Maceiras e o […] - [Latente](https://erreguete.gal/2017/05/06/latente/): Presentes: intermitencias | Vanesa M. Sotelo |     Latente. Dise do estado de desenvolvemento suspendido que pode volverse activo en condicións favorables. Latente. Dise tamén do que existe sen manifestarse ou exteriorizarse. A palabra “latente” mantén tamén un xogo de proximidade coa francesa “l’attente”, que contén ao tempo espera e expectativa. Latente é o título do espectáculo de Paula Quintana no que, mesturando o solo textual e o solo de danza, a creadora canaria viaxa entre o mundo do subterráneo e o da superficie. Combinando emoción e razón, a poética do movemento e o prosaico do texto medido, a espera […] - [Mensaxe Internacional do Día Internacional da Danza](https://erreguete.gal/2017/04/29/mensaxe-internacional-do-dia-internacional-da-danza/): A Mensaxe do Día Internacional da Danza 2017 encargóuselle á recoñecida coreógrafa, bailarina e directora artística americana Trisha Brown antes do seu pasamento (acaecido o pasado 18 de marzo), polo que finalmente foi elaborado utilizando os seus escritos e as súas reflexións e declaracións e publícase ademais como unha homenaxe a ela.     Convertinme en bailarina polo meu desexo de voar. Transcender a gravidade foi algo que sempre me emocionou. Non hai un significado secreto nas miñas obras. Son un exercicio espiritual que toma unha forma física. A danza proxecta e amplía a linguaxe universal da comunicación, dando lugar á […] - [Martes de Carnaval](https://erreguete.gal/2017/04/26/2617-2/): A balsa do noso tempo | Laura Porto |     Logo dun longo barbeito por fin o público galego pode ver agromar os froitos do traballo de Valle-Inclán, na súa lingua propia e cunha equipa artística de aquí. Gostariamos de telo escoitado un pouco máis, por ser este o ano en que podemos facelo en galego, mentres que unha montaxe coma esta quizais poderíamos tela visto noutro momento. Isto é bastante relevante se temos en conta a imposibilidade de tradución ao noso idioma que durante os últimos 80 anos pesou sobre a obra do autor, dunha galeguidade innegable malia o […] - [Comeza a terceira edición do Festival de Maxia de Ourense](https://erreguete.gal/2018/03/16/comeza-terceira-edicion-festival-de-maxia-de-ourense/): A terceira edición de Terra Máxica terá lugar do 16 de marzo ao 22 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín. Terra Máxica comeza este ano en Allariz cunha charla formativa do Mago Teto, A incrible historia da maxia. Este domingo 18 o Mago Teto estrea, tamén en Allariz o seu novo espectáculo Alquimia. Terra Máxica é un proxecto que procura a posta en valor do noso patrimonio cultural a través de maxia co fin de dinamizar a vida cultural da provincia de Ourense. […] - [Concedidas as axudas da AGADIC a salas escénicas](https://erreguete.gal/2018/03/16/concedidas-as-axudas-da-agadic-salas-escenicas/): A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no seu web a resolución das subvencións a salas de artes escénicas para 2018, mediante a que distribúe os 70.000 euros convocados entre cinco locais da Coruña, O Porriño e Vigo. Estes espazos son Teatro Ensalle (23.100 euros) e Sala Teatro Ártika (21.840 euros), ambas en Vigo; Teatro del Andamio (12.927 euros) e Sala Gurugú (6.928 euros), na Coruña; e a Sala Ingrávida (5.203 euros) do Porriño. A través deste apoio económico, a Agadic busca contribuír ao mantemento da actividade destes locais, de xestión […] - [Galicia no III Festival Visibles](https://erreguete.gal/2018/03/16/galicia-no-iii-festival-visibles/): Do 6 ao 29 de abril, a sala Tarambana de Madrid organiza o III Festival Visibles de arte inclusiva, un festival que, en palabras dor organizadores “naceu co obxectivo de poñer un gran de arena para que, dende o que nos compete e sabemos facer, dende a arte, axudemos a que se normalice a integración das persoas con ¿discapacidade?”. A compañía Eudanza e Laura Llauder presentarán no seo deste festival “Corpos en trama” e “Alma a terra”, un espectáculo de danza composto de dúas partes. En Corpos en trama, báilase nunha coreografía o desastre ecolóxico do Prestige, o buque petroleiro que afundiu en Galicia […] - [Programa especial "3x3" no Auditorio de Vigo](https://erreguete.gal/2018/03/15/programa-especial-3x3-no-auditorio-de-vigo/): Actualizado: Por enfermidade dun dos actores cancélanse as funcións de Unha rosa entre as pernas” da compañía Teatro En Punto previstas para mañá venres 16 e sábado 17 de marzo, enmarcadas dentro do programa especial 3×3. Os outros dous espectáculos previstos mantéñense co mesmo horario a un prezo de 6 €.   Esta fin de semana, o Concello de Vigo presenta un programa especial chamado 3×3 no que participan Teatro Aforo, Teatro En Punto e Producións Dispersas. Trátase de 3 espectáculos, 3 disciplinas artísticas en 3 espazos que exploran novos escenarios do Auditorio. De como se crea a metáfora, de Teatro Aforo, é […] - ['Casa de bonecas' na Coruña](https://erreguete.gal/2018/03/15/casa-de-bonecas-na-coruna/): Coincidindo coa función de Estudo Momento, preséntase a nova colección de Positivas e o premio Luísa Villalta ás iniciativas culturais pola igualdade.   A compañía teatral Estudo Momento leva hoxe ao Centro Ágora da Coruña, dentro do proxecto “Clásicos nunha hora”, 1879. Casa de bonecas, unha versión de 60 minutos, asinada por Xoán Carlos Mejuto, do texto de Ibsen. A obra –estreada en novembro e escollida para celebrar o Día da Muller en Arteixo, dentro do ciclo Arteixo activo… en feminino– recupera a personaxe de Nora Torval como pioneira da loita polos dereitos da muller. Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares dan vida […] - [Convocado o Premi Born de Teatre](https://erreguete.gal/2018/03/15/convocado-premi-born-de-teatre/): O Cercle Artístic, Sociedade Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Balears e do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, convoca el XLIII Premi Born de Teatre 2018. O Premi Born é o único que prevé a publicación da obra gañadora nas catro linguas oficiais do Estado, sendo a erregueté | Revista Galega de Teatro a encargada de editar a versión galega dende o ano 2006.    BASES 1. O CERCLE ARTÍSTIC convoca o XLIII PREMI Born de Teatro 2018. Os orixinais poden […] - [Aldaolado lerán o Manifesto Galego do Teatro nos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2018/03/14/aldaolado-leran-manifesto-galego-teatro-nos-premios-maria-casares/): As dúas poetas definen o teatro como “a república da liberdade, o territorio onde podemos matar o rei, fundar unha acrópole de mulleres, brindar con santos e apóstolos”. O Manifesto tamén gaba “as teatreiras valentes que erguen a súa voz sen medo contra os abusos, contra o machismo, contra a inxustiza”   Aldaolado, o dúo artístico formado polas poetas María Lado e Lucía Aldao, serán as encargadas de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial durante a gala dos XXII Premios de Teatro María Casares. As dúas autoras subirán o vindeiro mércores 21 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía […] - [XX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo](https://erreguete.gal/2018/03/14/xx-mostra-internacional-de-teatro-universitario-de-vigo/): Este mércores arranca no campus de Vigo a programación cultural de primavera 2018 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, como prato forte, un clásico do calendario universitario que este ano cumpre vinte anos traendo á cidade exemplos do teatro feito nas aulas de ensino superior, tanto europeas como doutros continentes. A mostra traerá ao campus a actuación de sete grupos: cinco galegos, un de Navarra e unha formación de Marrocos, que será a encargada de pór o toque máis internacional. A XX edición da Miteu ábrese ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa representación da obra Veciños […] - [Unha quincena de artistas participan na Gala Inaugural do Festival Atlántica](https://erreguete.gal/2018/03/14/unha-quincena-de-artistas-participan-na-gala-inaugural-festival-atlantica/): O espectáculo será este mércores no Teatro Principal a partir das 20:30 horas, e será retransmitido en directo por Open Radio a través da súa web   Como en anos anteriores, o Festival Atlántica volve celebrar a súa tradicional Gala Inaugural na que se xuntan boa parte dos narradores que participan no encontro. Nesta edición o espectáculo vaise celebrar este mércores, 14 de marzo, no Teatro Principal, a partir das 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense adquirir na billeteira do propio teatro en horario de 18 a 21 horas e o mesmo día da función. A […] - [XVI Encontro Universitario de Danza da USC](https://erreguete.gal/2018/03/14/xvi-encontro-universitario-de-danza-da-usc/): O XVI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC presentará os días 23 e 24 de marzo no patio central do Vello Cárcere de Lugo as novas creacións propias producidas polas dúas compañías oficiais da USC en Lugo en Santiago, así como pola formación sénior Sen Vergoña, integrada por alumnado do IV Ciclo da USC, e pola formación independente tamén xerminada na institución académica compostelá Les Braves. A Aula de Danza da UDC no seu campus de Ferrol completa o cartel desta edición do encontro de danza universitario, un certame promovido desde hai xa máis de tres lustros ao abeiro do […] - [Asociacións profesionais únense nun comunicado de apoio a Iria Pinheiro](https://erreguete.gal/2018/03/13/asociacions-profesionais-unense-nun-comunicado-de-apoio-iria-pinheiro/): Varias asociacións profesionais fixeron público un comunicado no que non só se solidarizan coa actriz Iria Pinheiro despois de que esta denunciase acoso por parte dun director dun programa no que participaba: tamén propón un “proceso de reflexión colectiva” que permita a adopción de protocolos para a prevención do acoso sexual e para a actuación en caso de denuncia. Velaquí o comunicado:   A Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios […] - [Elefante Elegante estrea novo espectáculo familiar](https://erreguete.gal/2018/03/13/elefante-elegante-estrea-novo-espectaculo-familiar/): Elefante Elegante estrea hoxe Patapatúm, espectáculo familiar concibido nunha residencia artística da compañía no Auditorio do Concello de Culleredo e que presentarán dende hoxe ata o venres ás meniñas e meniños de educación infantil e primeiro ciclo de primaria do concello. Un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual, cunha forte compoñente plástica e musical e e cunha banda sonora inspirada no universo musical Dixieland, Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos. As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións […] - [Berrobambán estrea 'A carreta pantasma' en Narón](https://erreguete.gal/2018/03/13/berrobamban-estrea-carreta-pantasma-naron/): O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado, ás 20,00 h., a estrea de A carreta pantasma pola compañía Berrobambán, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.   Paula Carballeira protagoniza A carreta pantasma, un espectáculo de narración oral –que forma parte, así mesmo, da carteleira do Festival Singular en Feminino-, no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro.  A montaxe ofrece un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios. O espectáculo fálanos […] - [Mónica Camaño inaugura o ciclo 'O Teatriño' na Fundación Luís Seoane](https://erreguete.gal/2018/03/13/monica-camano-inaugura-ciclo-teatrino-na-fundacion-luis-seoane/): Este mes de marzo, dedicado á muller e ao teatro, comeza O Teatriño na Fundación Luis Seoane, unha actividade comisariada por Camilo Franco que busca establecer unha relación directa entre diferentes actrices da escena galega e o público. Durante 45 minutos, unha actriz efectuará un acto performativo nunha montaxe única que non se volverá a representar nunca mais, no que a intérprete será responsable do texto, da posta escena, do vestiario, etc. Nesta primeira ocasión, a representación estará protagonizada pola actriz Mónica Caamaño, quen inaugurará co seu Laboratorio de estremonías –o sábado 17 de marzo, ás 22:30– esta actividade que se […] - [A Panadaría presentará a gala dos Premios Youtubeir@s](https://erreguete.gal/2018/03/13/panadaria-presentara-gala-dos-premios-youtubeirs/): A compañía teatral A Panadaría presentará a gala da segunda edición dos Premios Youtubeir@s o vindeiro 20 de abril. As actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman subirán ese día ao escenario do Teatro Colón para conducir a entrega dos premios do Proxecto Youtubeir@s, iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove, polas tres universidades e pola Deputación da Coruña. O obxectivo do Proxecto Youtubeir@s é promover e darlle visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado global: YouTube. […] - [Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta, por Werewere-Liking Gnepo](https://erreguete.gal/2018/03/12/mensaxe-dia-mundial-da-marioneta-werewere-liking-gnepo/): Como cada ano ao vir marzo, chega a mensaxe para o Día Mundial da Marioneta que se celebra o día 21 deste mes. Este ano, Unima Internacional encargoullo a unha gran artista de África, a marfileño-camerunesa Werewere-Liking Gnepo. Velaquí o texto:     Unha Cabeza esculpida Unha Cara pintada Será humana? Será animal? Ou quizais vexetal? Feita de raíces ou de follas secas Será mineral? Directamente esculpida na masa dunha pedra Ou de arxila cun alto contido en metais Ou só está feita de gomaespuma ou trapos … É ou representa un ser querido un antepasado ou un espírito tutelar Pero podería ser unha figura votiva unha […] - [Eixos: Ciclo de Teatro de Marionetas de Portugal e Galiza, en Santa María da Feira](https://erreguete.gal/2018/03/12/eixos-ciclo-de-teatro-de-marionetas-de-portugal-galiza-santa-maria-da-feira/): Teatro Cachirulo e Títeres Alakrán únense ás compañías portuguesas S. A. Marionetas  e Marionetas da Feira na primeira edición deste ciclo. Será o primeiro dunha serie de encontros transfronteirizos para achegar as tradicións do teatro dos dous territorios.   Ao longo de 5 días, 4 compañías de teatro de marionetas de Portugal e de Galicia presentarán espectáculos e dinamizarán obradoiros para escolas e familias no Cineteatro António Lamoso,  en Santa Maria da Feira. O programa complétase cunha tertulia para compartir testemuños e cruzamentos de historias entre marionetistas e público, a exposición “Marionetas no Mundo”, con exemplares de marionetas de Portugal, Ucraína, Brasil […] - [O Festival Atlántica quenta motores cunha ‘Noite de medo’](https://erreguete.gal/2018/03/11/festival-atlantica-quenta-motores-cunha-noite-de-medo/): O Festival Atlántica inaugura a súa programación en Santiago cunha ‘Noite de medo’ este martes, 13 marzo, no Abastos 2.0 Ghalpón [21 h, 6 €]. Nesta sesión, destinada ao público adulto, participarán artistas do festival e o Grupo de Narración Oral da Almáciga. As entradas pódense mercar en Galantiqua (10-13 h, Preguntoiro 9, 1º dereita), na Librería Couceiro (17:30-20 h, Praza de Cervantes) e tamén no lugar do espectáculo unha hora antes do comezo da función. Nesta velada de historias desacougantes van intervir artistas como Maria Rouco, Vero Rilo, Laura Escuela, Maria Pereira Uzal, Carmen Conde e Sole Felloza, entre outros. […] - [Comunicado de Escena Galega en apoio a Iria Pinheiro](https://erreguete.gal/2018/03/11/comunicado-de-escena-galega-apoio-iria-pinheiro/): Escena Galega fixo público o comunicado que reproducimos a continuación, a raíz dos feitos denunciados por Iria Pinheiro o pasado venres. Máis información sobre este tema aquí.   A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) quere amosar a través do presente comunicado o seu total apoio á actriz Iria Pinheiro, que ven de presentar unha denuncia penal por acoso no Xulgado de Garda número 3 de Santiago de Compostela contra o director do programa Con amor e compañía emitido pola Televisión de Galicia, José Luis Viñas Horta, tal e como relata o medio Sermos Galiza. Iria Pinheiro sufriu, […] - [Bárbara Colio impartirá un obradoiro de escrita en Braga](https://erreguete.gal/2018/03/10/barbara-colio-impartira-obradoiro-de-escrita-braga/): A Compañía de Teatro de Braga (CTB) organiza, do 24 ao 26 de marzo, en Braga, un Obradoiro de Escrita Teatral dirixido pola dramaturga e directora de teatro mexicano, Bárbara Colio. Este taller xorde como unha actividade complementaria á produción do espectáculo Humidade -texto de Bárbara Colio e posta en escena de Rui Madeira-, insírese no marco do proxecto de formación de públicos de teatro da CTB, BragaCult, e conta co apoio do Festival Internacional de Dramaturgia Contemporánea – Dramafest – e da Secretaría de Cultura de México. Os interesados ​​neste obradoiro -limitado a 12 participantes- terán que ser maiores de […] - [Apoio do mundo da escena e o audiovisual a Iria Pinheiro](https://erreguete.gal/2018/03/09/apoio-mundo-da-escena-audiovisual-iria-pinheiro/): Este venres, Sermos Galiza adiantaba que a actriz Iria Pinheiro denunciaba ante o xulgado de instrución número 3 de Santiago unha situación de acoso que lle provocou un cadro de ansiedade. Segundo a denuncia interposta pola actriz, durante os tres meses de 2017 nos que traballou para o programa Con Amor e compañía, producido por Ficción Producciones para a Televisión de Galicia, sufriu “tocamentos, insinuacións, humillacións e comentarios” por parte do programa, Jose Luís Viñas Orta. Pinheiro describe na denuncia e na devandita información xornalística diferentes episodios de abuso que se reproduciron numerosas veces ao longo dese trimestre e sinala que, cando se […] - [Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares](https://erreguete.gal/2018/03/09/talia-teatro-conducira-gala-dos-xxii-premios-maria-casares/): A compañía, que neste 2018 cumpre 30 anos de traxectoria escénica, ofrecerá un espectáculo dirixido por Artur Trillo e protagonizado por Diego Rey, Marta Lado, Marta Ríos, Xurxo Barcala, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais.   Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios de Teatro María Casares, que se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos galardóns, confíalle deste xeito a unha formación histórica do noso teatro a condución e presentación da gala deste 2018, ano no que precisamente a compañía […] - [A Academia Galega de Teatro preséntase ao público o 27 de marzo](https://erreguete.gal/2018/03/09/academia-galega-de-teatro-presentase-ao-publico-27-de-marzo/): O próximo día 27 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, presentarase en Compostela a Academia Galega de Teatro, nun acto que terá lugar ás 12:00 no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi. A Academia Galega de Teatro constituíuse o pasado 21 de outubro en Rianxo, froito da inquietude dun grupo de 17 mulleres e homes cunha longa traxectoria profesional nas artes escénicas que viron necesario que existise un foro de “debate, reflexión e intercambio” e que se puxese en valor o patrimonio teatral galego. Segundo Imma António, a presidenta da nova […] - [A AAAG apoia a folga do 8-M](https://erreguete.gal/2018/03/07/aaag-apoia-folga-8-m/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), como asociación sindical que aglutina a máis de 300 profesionais da interpretación e da dirección escénica, apoia a folga do 8-M, chama as súas asociadas a secundar a convocatoria e a asistir as diferentes mobilizacións que se desenvolverán ao longo do día en todo o país. A AAAG únese así a unha reivindicación ampla e colectiva para esixir plena igualdade de dereitos e condicións de vida, unha sociedade libre de opresión, de inxustiza e de violencias machistas, un ámbito laboral sen brecha salarial nin explotación, un mundo de coidados compartidos, de oportunidades […] - [Nova edición do Circus Arts Weekend en Guimarães](https://erreguete.gal/2018/03/07/nova-edicion-circus-arts-weekend-guimaraes/): O próximo sábado 10 de marzo, o Centro Cultural Vila Flor (CCVF) convértese no epicentro do Circo Contemporáneo. Tras unha exitosa edición cero, Circus Arts Weekend instálase no CCVF o terceiro mes do ano. Composto por dous espectáculos, un debate, unha charla posterior e un Día de Portas Abertas no Instituto Nacional de Artes Circus (INAC), este mini programa ten como obxectivo axudar a impulsar o rexurdimento do Novo Circo en Portugal. | Foto: Plan B da Cía. 111. © AglaÇ Bory | Esta edición resérvanos un programa completo coa nova creación de Weed, 1.5ºC Point of Equilibrium, en estrea absoluta, […] - [Josi Lage estrea en Barcelona unha obra de Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2018/03/06/josi-lage-estrea-barcelona-unha-obra-de-esther-carrodeguas/): Josi Lage estrea mañá, 7 de marzo, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona a performance Barbarie en branco e negro. Fantasía nº 4 para La + G, con texto e dirección de Esther F. Carrodeguas, unha proposta para reflexionar sobre a sedución e a sexualidade en relación co poder, sobre o autoengano e sobre os prexuízos. Barbarie en branco e negro, “pon ao público contra as cordas e obríganos a enfrontar as pantasmas que poboan o noso interior, xa que, como demostrou Shakespeare, o ben e o mal habitan en todos nós”. Lage ten participado en montaxes de diversas […] - [Xa á venda as entradas para o Festival Atlántica](https://erreguete.gal/2018/03/06/xa-venda-as-entradas-festival-atlantica/): Os prezos das entradas dos espectáculos de pago oscilan entre os 6 e os 10 euros. As funcións gratuítas non precisan reserva e a entrada é libre ata completar o aforo.   A partir de hoxe, 6 marzo, están á venda todas as entradas dos espectáculos de pago do Festival Atlántica 2018. Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura, poden mercar as súas entradas a un prezo de 10 euros, na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado en horario de 18 a 21 horas e o mesmo día da función. Os máis dos espectáculos teñen un custo […] - [Festival 'Singular en feminino' en Narón](https://erreguete.gal/2018/03/05/festival-singular-feminino-naron/): A partir do próximo día 8 de marzo e ata o 17, o Festival Singular en Feminino programará cinco monólogos protagonizados por mulleres no Auditorio e no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. As instalacións do Pazo permanecerán iluminadas de cor malva na xornada do 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.   A compañía Teatro del Barrio protagonizará o primeiro monólogo, Emilia, o xoves día 8 ás 20.30 horas. Pilar Gómez dá vida a Emilia Pardo Bazán nesta obra escrita e dirixida por Anna R. Costa. Emilia é a primeira parte da trioloxía “Mulleres que se atreven” que trata […] - [Preestrea de 'Nimiedades' de Helen Bertels](https://erreguete.gal/2018/03/03/preestrea-de-nimiedades-de-helen-bertels/): O vindeiro 9 de marzo Helen Bertels presenta o seu espectáculo Nimiedades na sala Ingrávida de Porriño. Ao día seguinte haberá unha segunda función desta obra interpretada pola propia Bertels xunto a Mónica de Nut.   Nimiedades é un espectáculo baseado no libro Diario de Nimiedades de Helen Bertels, que xira ao redor da idea de que a vida é un xogo e que se avanza resolvendo adiviñanzas. As dúas figuras que poboarán o escenario durante a noite de teatro á que acode @ espectador@, van atopando as adiviñanzas que lles pertencen e que formarán o camiño polo que se desprazan. […] - [Teatro na Gala do Libro Galego 2018](https://erreguete.gal/2018/03/03/teatro-na-gala-libro-galego-2018/): A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar o sábado 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de […] - [Convocado o XIII Premio Abrente de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2018/03/02/convocado-xiii-premio-abrente-de-textos-teatrais/): A MIT de Ribadavia convoca a nova edición do Premio Abrente para textos teatrais, cunha dotación de 3.500 euros. A resolución da obra gañadora darase a coñecer no marco da 34ª edición do festival, que terá lugar entre os días 14-22 de xullo de 2018. O Premio Abrente, como se demostra coa obra dalgunhas autoras e autores premiados en edicións anteriores, como Vanesa Sotelo, Fran Godón, Roi Vidal, Esther Carrodeguas, Ernesto Is, etc., é unha plataforma de referencia da nova xeración de dramaturgas e dramaturgos de Galicia, así como da escrita teatral máis veterana que aposta pola apertura de novas linguaxes e códigos […] - [XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo](https://erreguete.gal/2018/03/02/xxiv-festival-de-teatro-universitario-de-lugo/): O Festival de Teatro Universitario, iniciativa deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte Deputación, Concello de Lugo e USC, botará a andar no Campus Terra a súa edición XXIV entre o 14 e o 21 de marzo, a través da cal Lugo converterase en foro de encontro para as diferentes compañías de Galicia. O Auditorio Gustavo Freire acollerá o vindeiro 14 de marzo ás 20.30 horas e o 19 de marzo ás 21.00 horas, a representación de WK, un estudo teatral sobre a obra Woyzeck de Georg Büchner baixo a estética do teatro da morte do director de escena polaco […] - [Teatro Aforo convoca o certame de microteatro 'Breverías teatrais'](https://erreguete.gal/2018/03/02/teatro-aforo-convoca-breverias-teatrais/): Breverías un ciclo dedicado ao microteatro nas Artes escénicas. O Microteatro é unha nova forma de percibir e facer teatro, unha experiencia que reta as convencións. Este xénero, que reduce considerablemente as distancias, permite ao espectador integrarse dunha forma máis próxima ao espazo de representación, e aos actores unha interacción máis intensa co seu público. A peza representada é de formato breve, cunha duración inferior aos 20 minutos para un reducido número de espectadores e nun espazo de pequenas dimensións. Outra das súas características é a celebración de varias obras de forma simultánea e en sesión continua. Teatro Aforo propón esta […] - [Oito novos proxectos de danza nas Residencias RPM](https://erreguete.gal/2018/03/01/oito-nove-proxectos-de-danza-nas-residencias-rpm/): Seleccionáronse as propostas de Javier Martín, Cris Balboa, Ánxela Blanco, Marco Antonio Regueiro Fariña, Luz Prado, Gena Baamonde, Laura Iturralde con Montse Piñeiro, e Federico Vladimir Strate Pezdirc con Pablo Esbert Lilienfeld   A organización de Residencias Paraíso deu a coñecer onte os oito proxectos de danza que recibirán apoio económico e técnico na segunda edición deste programa, promovido polo Colectivo RPM en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento. O director da Agadic participou na Coruña na presentación desta selección xunto os artistas membros de RPM (Rut […] - [Premio 'A Pegada de MicroDramas'](https://erreguete.gal/2018/02/28/premio-pegada-de-microdramas/): A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do microdrama, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar na data posta pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para a celebración do Día Mundial do Teatro 2018 no seu programa de actividades. Prazo de admisión: Ata o día 23 de marzo de 2018. Premio: 200 € + Lote de libros teatrais doados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. BASES Poderán participar todas as […] - [O ronsel, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2018/02/28/ronsel-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas | | Foto: Manuel G. Vicente |   Corre veña dálle: corre, Esther, corre! Corre que chegas tarde: corre! A cabalo-en metro-en tren, corrrrrrre! Corre que mentres corres todo se perde polo camiño. Desas cousas que se perden: Estela Lloves. Coñecina en febreiro de 2018. Escenas do Cambio. A cousa prometía dende o comezo, pois a bicicleta estaba dada a volta. Xa se podía intuír que, no canto de seguir indo ás presas a todas partes, iamos poder facer algo máis interesante. Por exemplo música, por exemplo danza, por exemplo arte. Por exemplo gastar o tempo así, mirando […] - [Ibuprofeno Teatro estrea 'Casa O'Rei' en Vigo](https://erreguete.gal/2018/02/27/ibuprofeno-teatro-estrea-casa-orei-vigo/): A obra de Ibuprofeno Teatro, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de Shakespeare, ambientado aquí nunha típica casa de comidas galega   O Auditorio Municipal de Vigo acolle o venres 2 e o sábado 3 de marzo, ás 21,00 h., a estrea de Casa O’Rei, a peza coa que Ibuprofeno Teatro pecha a “triloxía gastronómica” da que tamén forman parte O furancho e Raclette. En Casa O’Rei, Ibuprofeno Teatro propón un xogo escénico e dramatúrxico que parte do Rei Lear de William Shakespeare, pero ambientando nunha típica casa de comidas galega […] - [VII Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias Actuais do INAEM](https://erreguete.gal/2018/02/27/vii-programa-de-desenvolvemento-de-dramaturxias-actuais-inaem/): O Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias Actuais, promovido polo Instituto Nacional de Artes Escénicas e Música (INAEM) para contribuír ao desenvolvemento de linguas escénicas innovadoras, celebra a súa sétima edición e convoca a autores que non superen os 35 anos o 1 de xaneiro de 2018 para presentar os seus proxectos ao concurso. Poderán participar escritores con nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, residentes en España e que teñan polo menos dúas obras dramáticas que cumpran algún destes requisitos: foron estreadas en réxime profesional, ter sido publicadas en coleccións de recoñecida proxección no […] - [Titans](https://erreguete.gal/2018/02/27/titans/): Sombra titánica | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Julian Mommert |   A escuridade dá á luz un ser cósmico e inclasificable, unha figura na que é posible apreciar a esencia impersoal da humanidade e detectar os elementos dun eu absurdo. Absurda e protésica, esa figura descubre a lóxica dun universo cambiante no que un tempo pretérito de titáns extintos conflúe co futuro apocalíptico dunha sociedade que desaparece. Estas poderían ser algunhas das claves que guían o espectáculo Titans, do creador grego Euripides Laskaridis, incluído na oitava edición do Guidance. Pero máis que un espectáculo, Titans é un imán cuxo […] - ['Aida' e 'Norma' no Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/02/27/aida-norma-no-festival-internacional-de-opera-cidade-de-pontevedra/): O III Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra, celebrarase os días 9 e 22 de marzo na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2). Dúas obras conforman o cartel desta edición, que contará coa Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia. A primeira peza en ser representada será Aida, de Giuseppe Verdi, e clausurará este festival a obra Norma, de Vincenzo Bellini, a partir das 20.30 h en ambos os dous casos. Os abonos para os dous días xa se esgotaron pero as entradas soltas aínda se poden adquirir na web Ataquilla.com. Aida, composta por Verdi no 1871, […] - [Shakespeare en directo en cinemas](https://erreguete.gal/2018/02/26/shakespeare-directo-cinemas/): Esta semana poderán verse en cinemas dúas obras baseadas en obras de William Shakespeare en retransmisións en directo. O martes 27 terá lugar a retransmisión dende o Gran Teatre del Liceu de Barcelona da ópera Roméo et Juliettte, de Charles Gounod. A historia de amor máis famosa da literatura convertida na máis fiel aproximación á traxedia orixinal de Shakespeare, grazas ao talento de Charles Gounod, un dos grandes representantes do drama lírico francés. Roméo et Juliette volve ao escenario do Gran Teatre do Liceu, tras 32 anos de ausencia, dirixida por Josep Pons, coprotagonizada por Saimir Pirgu e Aida Garifullina, en coproducción coa […] - [Josito Porto substituirá a Evaristo Calvo en 'Cranios privilexiados'](https://erreguete.gal/2018/02/25/josito-porto-substituira-evaristo-calvo-cranios-privilexiados/): Mofa & Befa anunciou na súa páxina de Facebook que Evaristo Calvo deixa temporalmente o popular dúo debido a un proxecto profesional que se desenvolverá fóra das nosas fronteiras e que, xa que logo, non pode compatibilizar coa actual xira de Cranios privilexiados. O seu lugar durante o percurso da obra será ocupado por Josito Porto. Josito Porto é un actor de longa experiencia e de gran popularidade entre o público. Comezou a facer teatro a principios da década de 1980 e, dende aquela, traballou con numerosas compañías, destacando nos últimos anos o traballo realizado coa compañía Sarabela (Ensaio sobre a […] - [Chévere remata a xira de Eroski Paraiso en Sevilla](https://erreguete.gal/2018/02/24/chevere-remata-xira-de-eroski-paraiso-sevilla/): O Teatro Central de Sevilla acolle hoxe a función que pechará a xira de Eroski Paraíso, o primeiro espectáculo de Chévere logo de que a compañía gañase o Premio Nacional de Teatro no ano 2014. As entradas están xa esgotadas. Eroski Paraíso estreouse en Muros en marzo de 2016, e leva percorridos os escenarios de máis de 60 cidades e vilas do estado español. Así, o espectáculo púidose ver en Donostia, como parte de DFeria, en Valencia, no marco do festival Tercera Setmana, en Ribadavia, como parte da MIT e en Alicante, con motivo da Muestra de Teatro Español de Autores […] - [Convocados os Premios SGAE de Teatro 2018](https://erreguete.gal/2018/02/24/convocados-os-premios-sgae-de-teatro-2018/): Co propósito de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar así aos autores dramáticos da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a Fundación SGAE convoca o XXVII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, el XIX Premio SGAE de Teatro Infantil e o XII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais LGTBI. O prazo para a presentación de textos remata o 20 de abril de 2018. O xurado estará composto por profesionais das artes escénicas de recoñecido prestixio. O fallo dos tres premios farase público antes do 31 de decembro de 2018. A dotación […] - ['A Galiña Azul' de Tanxarina, Mellor Espectáculo de Títeres en Feten 2018](https://erreguete.gal/2018/02/23/galina-azul-de-tanxarina-mellor-espectaculo-de-titeres-feten-2018/): A obra A galiña azul de Títeres Tanxarina foi galardonada co Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres no FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón. A obra –unha adaptación do conto de Carlos Casares con texto e dirección de Cándido Pazó– combina en escena técnicas de manipulación de bonecos e a presenza sobre as táboas dos actores Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán. O espectáculo estreouse no marco da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, unha vila na que Casares exerceu como mestre durante os anos setenta e moi relacionada, polo tanto, […] - [Escena Galega amosa a súa preocupación pola escasa presenza das Artes Escénicas galegas en Lugo](https://erreguete.gal/2018/02/23/escena-galega-amosa-sua-preocupacion-pola-escasa-presenza-das-artes-escenicas-galegas-lugo/): A asociación celebrou o seu primeiro encontro do ano 2018 na cidade das murallas   A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) celebrou na cidade de Lugo o primeiro dos Encontros Profesionais do ano 2018, que organiza periodicamente no marco das súas Asembleas Xerais, entendendo como fundamental a interlocución e debate entre as súas compañías e os distintos axentes implicados no sector das artes escénicas: programadores/as, institucións, festivais, etc. A Universidade de Santiago / Campus Terra acolleu, en horario de mañá, a Asemblea Xeral da asociación, podendo ter ademais as compañías un pequeno encontro co Vicerreitor de Coordinación […] - [O mundo da cultura asina un manifesto en solidariedade con Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2018/02/23/mundo-da-cultura-asina-manifesto-solidariedade-carlos-santiago/): O Manifesto A prol do Apóstolo Santiago recolle sinaturas en solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago tras os ataques recibidos despois de protagonizar o pregón do Entroido en Compostela. Centos de persoas e colectivos da cultura de Galicia e Portugal xa asinaron o documento, que se suma aos diferentes comunicados publicados en apoio á liberdade de expresión e en desagravio ao dramaturgo.     Manifesto – A prol do Apóstolo Santiago O verdadeiro Apóstolo Santiago, o auténtico, o noso, o picheleiro, o de aquí e agora, o de carne e óso, leva tempo predicando entre nós, e non predica no deserto. Se non […] - [O mundo cultural e teatral portugués solidarízase con Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2018/02/23/mundo-cultural-teatral-portugues-solidarizase-carlos-santiago/): Máis dun cento de personalidades do teatro e, en xeral, da cultura de Portugal fixo público un comunicado no que manifestan a súa solidariedade con Carlos Santiago tras os ataques do que está sendo obxecto despois de protagonizar o pregón de antroido, no que representou un dos seus personaxes máis populares, o propio apóstolo Santiago. O documento fai alusión aos numerosos vínculos profesionais que Santiago mantén con Portugal, “Carlos Santiago é estimado em Portugal, não por dizer ou expressar o que os portugueses querem, mas por ter um pensamento próprio que dignifica os seres humanos” e denúnciase “uma campanha medieval de […] - [A AELG e os Xestores Culturais manifestan o seu apoio a Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2018/02/22/aelg-os-xestores-culturais-manifestan-seu-apoio-carlos-santiago/): A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de emitir un comunicado de apoio e solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago despois do seu pregón no entroido de Compostela que recibiu ataques “máis propios do absolutismo medieval e preconstitucional de comezos do s. XIX que dun tempo democrático como debería ser o actual”. A AELG, comparte o manifesto de DramaturGA e incide, coma outras persoas e colectivos que xa manifestaron a súa solidariedade con Santiago, no pouco respecto aos “criterios de veracidade informativa se os feitos se elaboran ‘a partir dos recortes de declaración de testemuñas anónimas que disque estiveron […] - [Alba Fernandez Cotelo participa no Sólodos en Danza Costa Rica](https://erreguete.gal/2018/02/22/alba-fernandez-cotelo-participa-no-solodos-danza-costa-rica/): Alba Fernández Cotelo, que resultou gañadora do na edición de Ourense do Certame Sólodos en Danza co seu traballo On, participa da xira Sólodos en Danza Costa Rica 2018, que se desenvolverá por diferentes provincias do país americano ata o 17 de marzo. O proxecto comeza en Limón para continuar en Pérez Zeledón, Rio Claro, Quepos, Cartago, Alajuela, Santa Clara de San Carlos, Tilarán e San José.   Formada no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña, Alba Fernández Cotelo especializouse en Danza Contemporánea baixo a docencia de Armando Martén, Ana Beatriz Pérez, Kirenia Martínez e Alexis Fernández. Completou a súa […] - [Convocatoria para o Festival Vigo en Bruto 2018](https://erreguete.gal/2018/02/22/convocatoria-festival-vigo-bruto-2018/): O Festival Vigo Bruto nace en 2011 coa vocación de apoiar a compañías ou creadores emerxentes, galegos e de creación contemporánea.   O apoio do Festival Vigo en Bruto facilita: Que cada compañía teña dous ou tres días de residencia artística e técnica (de 10:00 a 16:00), se así o require. Teatro Ensalle ofrece asesoramento técnico se fose necesario. Teatro Ensalle facilita a posibilidade de que a compañía, nestes días, poida levar a cabo a realización tanto do vídeo como das fotografías da peza, necesarias para a súa posterior distribución. Tres días dentro da programación estable do Teatro Ensalle. Difusión en […] - ['Resaca' de IlMaquinario, parte como favorita nos María Casares](https://erreguete.gal/2018/02/21/resaca-de-ilmaquinario-parte-favorita-nos-maria-casares/): Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas O premio ao mellor espectáculo decidirase entre Elisa e Marcela, Resaca e Soño dunha noite de verán, mentres que A galiña azul de Tanxarina, Outono de Pistacatro, e Pum, Pum!’, de Baobab Teatro, competirán polo galardón ao mellor espectáculo infantil. | Foto: LaDiapo / AAAG |   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXII Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan […] - [Miguel Sande gaña o I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual](https://erreguete.gal/2018/02/21/miguel-sande-gana-i-certame-de-nova-dramaturxia-galega-actual/): O certame está organizado pola compañía viguesa Feira do Leste e conta co apoio da Deputación de Pontevedra   O I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual concede o seu premio ao escritor e xornalista galego Miguel Sande coa obra A enterradora (blogue). O xurado, conformado pola directora teatral Cristina Domínguez, a actriz Areta Bolado e o dramaturgo Ernesto Is, destacan como “moi actual e orixinal o tratamento do tema da morte, moi presente na idiosincrasia galega”. Así como a “honestidade que presenta ao fuxir da linguaxe contemporánea pretensiosa e afondar nunha estrutura dramática que foxe dos canons”. A obra de […] - [Teatro Antroido leva este domingo o seu traballo 'Rosalías' a Ponteareas](https://erreguete.gal/2018/02/21/teatro-antroido-levar-este-domingo-seu-traballo-rosalias-ponteareas/): Rosalías chega ao concello de Ponteareas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. A compañía Teatro Antroido estará este domingo, 25 de febreiro ás 19h00, no Auditorio Reberiano Soutullo de Ponteareas. Rosalías é un acto poético, didáctico e divertido co que Teatro Antroido pretende ofrecerlle ao gran público as facetas menos coñecidas desa grande muller que foi Rosalía de Castro. Partindo dunha idea de Agasallo de sombras (o espectáculo -escrito e dirixido por Roberto Vidal Bolaño e estreado polo Centro Dramático Galego hai 30 anos- que acabou por dinamitar a imaxe marmórea e santificada que a sociedade galega tiña da súa […] - [María Bouzas recibirá o Premio de Honra Fernando Rey](https://erreguete.gal/2018/02/20/maria-bouzas-recibira-premio-de-honra-fernando-rey/): A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu homenaxear co Premio de Honra “Fernando Rey” de 2018 á actriz galega María Bouzas. Co galardón, a AGA quere “recoñecer de parte do sector a traxectoria dunha compañeira que é referencia ineludible para a televisión, o teatro e o cinema en Galicia”. O Premio súmase a dous María Casares, cinco Mestre Mateo e un Premio da Cultura Galega, que subliñan a relevancia da carreira da homenaxeada. Pese a ser natural de Mugardos, María Bouzas criouse, como tantas galegas e galegos, en Suiza. Logo de estudar Maxisterio e Arte Dramático, o seu primeiro traballo artístico […] - [O Festival Atlántica volve con máis de medio cento de funcións en oito concellos](https://erreguete.gal/2018/02/19/festival-atlantica-volve-mais-de-medio-cento-de-funcions-oito-concellos/): A nova edición vai ser entre o 13 e o 18 de marzo e desenvolverase nos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vigo, Ferrol, Lalín, Teo e Pazos de Borbén. Xuntará vinte e cinco contadores de Camerún, Brasil, Portugal, Xaén, Tenerife, Madrid, Salamanca, Zamora, Valencia e Galicia que protagonizarán máis de 50 actuacións     O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa sexta edición, que se vai celebrar entre os días 13 e 18 de marzo. A presentación tivo lugar este luns, 19 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participaron Branca Novoneyra, concelleira de Acción […] - [Os profesionais do circo e Escena Galega tamén se solidarizan con Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2018/02/19/os-profesionais-circo-escena-galega-tamen-solidarizan-carlos-santiago/): Nas últimas horas, as asociacións profesionais Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) suman o seu apoio aos xa públicos doutras asociacións. Igualmente, Escena Galega, a asociación de compañías e empresas produtoras, fixo público un comunicado no que se solidariza co dramaturgo e, coma noutros casos, incide no caracter artificial e alentado por intereses espurios da polémica. Reproducimos a seguir ambos os dous comunicados:   COMUNICADO DE CIRCONOVE E A ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DO CIRCO (APCG) Desde as asociacións Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) queremos amosar o noso apoio incondicional ao […] - [Outras catro asociacións profesionais fan público o seu apoio a Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2018/02/19/catro-asociacions-profesionais-fan-publico-seu-apoio-carlos-santiago/): A seguir, reproducimos o comunicado de apoio a Carlos Santiago que veñen de facer público catro asociacións profesionais e que se suma aos manifestos da MITCF de Cangas e de DramaturGA publicados nos días anteriores. Carlos Santiago vén sendo obxecto dunha campaña de acoso tras unha información de El Correo Gallego na que se afirmaba que o pregón de antroido que deu o dramaturgo en Compostela “ofendía sentimentos relixiosos”.   A Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG),  a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia(CREA) queren amosar a través deste comunicado o seu […] - ['O Fidalgo' de San Luís Romero, por Rosalía Fernández Rial](https://erreguete.gal/2018/02/19/fidalgo-de-san-luis-romero-rosalia-fernandez-rial/): “Unha casa probe na aldea de Bértoa. Porta ó foro direita; fenestra á esquerda, que dá á cuciña e ó curral. Debaixo da fenestra, un sarillo. Primeiro termo, á direita, unha ucha grande e vella; á esquerda, unha artesa. Segundo termo, á esquerda, antre a porta da cuciña i a fenestra, unha lacea grande separada da parede. Ó médeo, unha mesa, algúns tallos e varios trebexos, repartidos pola escea. Colgarán das paredes algúns cadros afumados e descooridos polo tempo. Unha tarandeira con algunha roupa. É pola mañán”. Aproximadamente dese xeito amencía a escena do Teatro Principal un día coma hoxe hai […] - [Ourense estrea 'Sénior', comedia sobre a crise dos cincuenta](https://erreguete.gal/2018/02/18/4344/): Estréase o 3 de Marzo no Auditorio Municipal de Ourense. Previamente haberá unha preestrea en Cariño, o 24 de Febreiro.   Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González. Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a […] - [En solidariedade con Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2018/02/17/solidariedade-carlos-santiago/): A recente campaña de acoso e ameazas ao dramaturgo Carlos Santiago é vista por quen facemos a erregueté – Revista Galega de Teatro como un intolerable atentado á liberdade de expresión e un elo máis na vaga de ataques á liberdade creativa que vimos sufrindo nos últimos tempos, vaga cuxo fin último non é outro que criminalizar a disidencia. Dende a erregueté queremos expresar a nosa solidariedade con Carlos Santiago e subscribimos os comunicados de apoio da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e da asociación DramaturGA, que reproducimos a continuación. “Que tempos serán os que vivimos que […] - [A Deputación cede ao Concello da Coruña a xestión do Teatro Colón](https://erreguete.gal/2018/02/17/deputacion-cede-ao-concello-da-coruna-xestion-teatro-colon/): A Deputación e o Concello da Coruña acordan o cambio na xestión do Teatro Colón que pasará o vindeiro 2 de xullo a ser municipal, integrándose no Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). O presidente e a vicepresidenta da Deputación, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei e o alcalde e concelleiro de Culturas da Coruña, Xulio Ferreiro e José Manuel Sande deron conta esta mañá dos termos do acordo.   A Deputación da Coruña cederá ao concello a xestión do Teatro Colón por un prazo de dous anos, prorrogables por outros dous, e fará unha achega anual de 500.000 € para […] - [Comeza o XXIV Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela](https://erreguete.gal/2018/02/17/comeza-xxiv-festival-internacional-de-teatro-universitario-de-compostela/): Dúas compañías de Lituania e Italia e o Grupo de Teatro da Universidade de Granada xunto coa propia Aula de Teatro da USC conforman o cartel co que se presentará ao público a próxima semana a vixésimo cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario. As catro funcións programadas celebraranse do luns 19 ao xoves 22 no Teatro Principal con entrada gratuíta previo paso polo despacho de billetes. Os espectáculos están programados para as 21.00 horas, mentres que a retirada de billetes poderá realizarse dende as 18.00 horas. O programa arranca coa Piccola Compagnia Impertinente (Italia) que representará en inglés I […] - [Marta Pazos dirixirá a gala dos Premios Mestre Mateo](https://erreguete.gal/2018/02/17/marta-pazos-dirixira-gala-dos-premios-mestre-mateo/): A gala dos Premios Mestre Mateo, que se celebrará o próximo 3 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña, estará dirixida por Marta Pazos, directora artística e dramaturga da compañía teatral Voadora, na que desenvolve un traballo de investigación en creación escénica e dramaturxia contemporánea. Ao longo dos últimos anos as direccións de Marta Pazos estiveron presentes en escenarios nacionais e internacionais como o Alt de Vigo, MIT Ribadavia, Escenas do Cambio, MA scéne nationale (Francia), Festival de Almada (Portugal), FITEI (Portugal), Festival de Agosto (Mozambique), Festlip (Brasil), Capital Europeia dá Cultura- Guimarães 2012 (Portugal), Tempada Alta, Festival de Almagro, Clásicos […] - [O CDG estreará 'Divinas Palabras' en abril](https://erreguete.gal/2018/02/16/cdg-estreara-divinas-palabras-12-de-abril/): Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez.   O equipo artístico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, acaba de iniciar neste escenario os ensaios da que será a primeira versión en lingua galega da coñecida obra de Valle-Inclán. Xunto con Xesús Ron, director do espectáculo, incorporáronse ás primeiras sesións de traballo os nove integrantes do elenco: Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, nos […] - [Rosa Álvarez recibe o Premio de Honra Marisa Soto](https://erreguete.gal/2018/02/15/rosa-alvarez-recibe-premio-de-honra-marisa-soto/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Rosa Álvarez o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta actriz e directora teatral, auténtica pioneira do teatro profesional galego. O premio será entregado durante a gala dos XXII Premios María Casares, que se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo. Deste xeito, Rosa Álvarez únese á nómina de profesionais, entidades e colectivos teatrais que recibiron o citado premio dende a súa creación en 1997. Nesta lista de ilustres homenaxeados atópanse, entre outros, Maruxa Villanueva, Ana Romaní, Manuel Lourenzo, a Sala Nasa, Vicente […] - [Emedous estreará en abril a comedia dramática 'A leituga'](https://erreguete.gal/2018/02/15/emedous-estreara-abril-comedia-dramatica-leituga/): Antonio Durán ‘Morris’, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez forman o elenco desta montaxe teatral dirixida por Víctor Duplá que se estreará o 6 de abril no Rosalía de Castro da Coruña   Antonio Durán ‘Morris’, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez conforman o elenco de A leituga, a nova obra teatral da produtora Emedous que -baixo a dirección de Víctor Duplá- ensaian estes días na Casa da Cultura do Milladoiro e estrearán o venres 6 de abril ás 20h30 no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Despois de repetir ao día seguinte na cidade herculina, […] - [O Consello da Cultura presenta o "Dicionario Enciclopédico de Termos Escénicos"](https://erreguete.gal/2018/02/15/consello-da-cultura-presenta-dicionario-enciclopedico-de-termos-escenicos/): Acoutación, agol, analepse, madrigal, theatron…. son só algúns dos 300 termos que recolle o “Dicionario enciclopédico de termos escénicos”, unha proposta investigadora e normalizadora referida ao teatro pero tamén ás outras artes escénicas. O proxecto foi presentado onte en rolda de prensa por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), quen destacou que forma parte dunha estratexia da institución de fornecer de ferramentas para os profesionais arredor da cultura galega. Canda el estaban Dolores Vilavedra, membro da Comisión Executiva, mais Inma López Silva e Roberto Pascual, como membros do proxecto. Todos eles destacaron a necesidade e a pertinencia desta […] - [Comeza o festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo](https://erreguete.gal/2018/02/14/comeza-festival-ferve-no-teatro-ensalle-de-vigo/): Celebrarase dende o 16 de febreiro ata o 4 de marzo e contará coa participación de dous Premios Nacionais de Danza.   O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar ao do menú habitual da sala, e co obxectivo de reactivar a programación nos primeiros meses do ano,o Festival de Teatro e Danza adoita mesturar no seu programa compañías novas e veteranas, pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario de Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público “ferva” […] - [Teatro do Atlántico leva a poesía á escena no seu novo espectáculo](https://erreguete.gal/2018/02/14/teatro-atlantico-estreara-novo-espectaculo-dara-voz-aos-poetas/): Baixo o título De abrentes e ocasos, Teatro do Atlántico presenta un recital dramático de poesía galega contemporánea, escolleita e trabada segundo o motivo fundamental da reivindicación da lingua, da súa riqueza e da súa capacidade para a expresión tanto dos grandes problemas da condición humana como das esixencias e inquedanzas da actualidade. O espectáculo estrearase o 2 de marzo en Arteixo, no marco do programa “Marzo en verso”, organizado polo Concello. Os interpretes desta nova montaxe da compañía serán María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago, acompañados da música en directo de Nani García. Con recurso á voz, ao corpo e […] - ["Lingua á Escena", un programa destinado a promover o uso do galego](https://erreguete.gal/2018/02/13/lingua-escena-programa-destinado-promover-uso-galego/): Os concellos poderán solicitar até o vindeiro 20 de febreiro os espectáculos da Rede Cultural da Deputación da Cultura que se inclúen nesta edición dentro do programa “Lingua á Escena” destinado a promover o uso do galego. Desde a Deputación da Coruña animan os concellos a ofrecer na súa programación os trece espectáculos do catálogo deste novo programa.   “Lingua á escena” é unha das novidades da Rede Cultural que neste ano 2018 conta cun orzamento que supera os dous millóns de euros. OS concellos teñen desde o 7 até o 20 de febreiro para se sumar aos distintos programas do […] - [Díptico de Mickaël de Oliveira en Guimarães](https://erreguete.gal/2018/02/13/diptico-de-mickael-de-oliveira-guimaraes/): Em 2018, o Centro Cultural Vila Flor (CCVF) inaugura na sua programação regular um mini programa à volta de alguns criadores nacionais que pelo seu singular universo de criação reclamam um olhar e vivência mais completa do seu trabalho. Este mini programa proporá a apresentação de 2 das suas obras, uma conversa pós-espetáculo e ações de formação para a comunidade local, em articulação com o Teatro Oficina. O primeiro olhar recai sobre Mickaël de Oliveira, jovem dramaturgo e encenador, que traz a Guimarães o díptico de peças “Sócrates Tem de Morrer”, com um irrepreensível elenco de atores. | Foto: Bruno Simão […] - [Cangas acolle a estrea de 'Eila', de Incendiaria](https://erreguete.gal/2018/02/12/cangas-acolle-estrea-de-eila-de-incediaria/): O Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo acolle o próximo sábado 17 de febreiro a estrea de Eila, un espectáculo de Incendiaria.   Nacida de poemas de Rosalía de Castro, Eila propón unha peza híbrida na que o movemento, a música e a palabra se funden coa intención de abordar a cuestión da construción da identidade, desvelar as voces anónimas que nos habitan e rescatar os referentes que nos envolven. O resultado é un tableau vivant no que a tradición e a contemporaneidade se combinan creando un mundo con leis propias no que se desvela o legado invisible que nos conforma […] - [Garage](https://erreguete.gal/2018/02/11/garage/): O metal | Manuel Xestoso | | Foto: Manuel G. Vicente | O metal, unha palabra que evoca, especialmente se se vive nunha cidade industrial, ideas que nadan en contra da corrente do conformismo: a loita, a resistencia, o combate. Pero que ocorre co metal cando o cambio social vén da man das mulleres? Non é unha pregunta que se faga moi a miúdo, especialmente porque o metal é, sobre todo, a industria do automóbil. E o automóbil é –máis que ningún outro ben de consumo– o epítome do capitalismo: consume petróleo, impulsa industrias auxiliares, xustifica a construción de infraestruturas, estimula […] - [Talia estrea 'O servidor de dous amos' de Goldoni](https://erreguete.gal/2018/02/10/talia-estrea-servidor-de-dous-amos-de-goldoni/): O Teatro Principal de Santiago acolle o vindeiro mércores, ás 20,30 h., a estrea de O servidor de dous amos, de Talía Teatro, cunha serie de catro representacións que se estenderán ata o sábado 17. O espectáculo é ademais a primeira estrea da temporada dentro da carteleira da Rede Galega de Teatros e Auditorios en Compostela. O servidor de dous amos é unha reinvención da obra de Carlo Goldoni, autor clásico da Commedia dell’Arte. Igual que daquela a sociedade italiana era retratada de forma cómica e irreverente, a versión de Talía Teatro propón un “xoguete escénico”onde os contratos matrimoniais son substituídos […] - [Autobiography](https://erreguete.gal/2018/02/09/autobiography/): Códigos e rupturas | Manuel Xestoso | | Foto: Andrej Uspenski |   Toda biografía é unha ficción, sen excluír as autobiografías. Teoricamente, Wayne McGregor baseouse na secuenciación do seu propio xenoma para proxectar Autobiography, e inspirouse nos vinte e tres pares de cromosomas resultantes para realizar vinte e tres escenas que, sometidas a un algoritmo informático, se ordenan de forma diferente cada noite, de xeito que o espectáculo sempre é diferente en cada función. A idea que subxace é que cada célula do noso corpo contén todo o noso pasado e mesmo podería predicir o noso futuro, o cal podería […] - [Aberta a inscrición de espectáculos para o VI Cultura no Camiño](https://erreguete.gal/2018/02/08/aberta-inscricion-de-espectaculos-vi-cultura-no-camino/): As formacións artísticas galegas de carácter profesional teñen de prazo ata o 28 de febreiro para achegar propostas de teatro, danza, música, narración oral, novo circo ou maxia para a carteleira que se desenvolverá do 15 de abril ao 30 de setembro   A Xunta de Galicia abre desde hoxe e ata o 28 de febreiro o prazo de inscrición de espectáculos para configurar a programación do VI Cultura no Camiño, circuíto que se desenvolverá do 15 de abril ao 30 de setembro en numerosos concellos das rutas xacobeas. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia volven […] - [Premio Maruxa Villanueva para Eduardo R. Cunha, "Tatán"](https://erreguete.gal/2018/02/07/premio-maruxa-villanueva-eduardo-r-cunha-tatan/): [Actualizado a 8 de febreiro de 2018] Eduardo Alberte Rodríguez Cunha ‘”Tatán” resultou gañador da edición deste ano do premio Maruxa Villanueva. Un xurado composto por Lorena Couso, Afonso Becerra, Carlos Biscainho, Comba Campoy, Inma López Silva, Roberto Pascual e a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez, como secretaria, deciciu outorgar esta tarde o premio ao veterano fundador da histórica compañía Tanxarina. Segundo o criterio do xurado, “Tatán” resultou merecente do galardón pola súa “longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos”, así como pola súa contribución “á construción dun teatro de títeres galego moderno”. “A […] - [Os contos tradicionais cítanse en Titerentroido](https://erreguete.gal/2018/02/07/os-contos-tradicionais-citanse-titerentroido-2018/): A edición de 2018 do Titerentroido de Lalín terá lugar do 10 ao 13 de febreiro no Museo Ramón Aller e nela, os contos tradicionais gozarán dun protagonismo especial. Os catro espectáculos da mostra terán un costo de 3 euros por entrada, e contan cun interesante cartel realizado por nenos no obradoiro creativo “Cousas do demo … e o entroido”, dirixido por Julia Ferradás e Cristina Castro. O festival arrancará o sábado 10 de febreiro, ás 18:00 horas, coa representación de Os soños na gaiola da compañía Títeres Alakrán. A obra é unha homenaxe do autor e director Roi Vidal a […] - [Teatro do Noroeste, premio Adolfo Marsillach da ADE](https://erreguete.gal/2018/02/06/teatro-noroeste-premio-adolfo-marsillach-da-ade/): O 5 de febreiro de 2018, no Teatro da Comedia de Madrid, a sede da Compañía Nacional de Teatro Clásico, tivo lugar a Entrega dos Premios ADE 2017, convocados pola Asociación de Directores de Escena de España. Trátase da XXXI edición destes premios, que se outorga anualmente mediante votación dos asociados da ADE. Entre os premios entregados o Premio “Adolfo Marsillach” a un labor teatral significativo recoñeceu a extensa traxectoria da compañía Teatro do Noroeste, con trinta anos de actividade e unha ampla diversidade de propostas escénicas. Teatro do Noroeste, que celebrou o seu trinta aniversario ao longo de 2017 a […] - [Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2018/02/06/nace-i-certame-de-textos-teatrais-roberto-vidal-bolano/): A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas do pasado 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato. Neste sentido, dende a editorial Galaxia esta iniciativa súmase a unha aposta decididada pola dramaturxia galega da que dan conta os último títulos de teatro infantil publicados na colección Árbore ou […] - [Concurso de teatro infantil convocado pola A. C. O Facho](https://erreguete.gal/2018/02/06/concurso-de-teatro-infantil-convocado-pola-c-facho/): Assumindo como próprias as palavras de Juan Ramón Jiménez quando afirmava que “Teatro infantil é aquele que também lhe gosta aos nenos”, a Agrupaçom Cultural O FACHO acordou convocar o Concurso de Teatro Infantil 2018, que se regerá polas seguintes bases: 1º) Poderám optar ao devandito prémio qualquer pessoa, sem restriçom, sempre que a obra seja inédita e redigida em língua galega, -em qualquer norma ortográfica (AGAL, PADROM, RAG)- nom representadas, nem premiadas noutros certames. 2º) Estabelece-se como prémio único de 200 € e umha biblioteca de livros teatrais. 3º) A obra, que nom poderá exceder os 80 fólios, será apresentada […] - [Pablo Fidalgo Lareo, comisario de Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2018/02/06/pablo-fidalgo-lareo-comisario-de-escenas-cambio/): Pasou a primeira semana de Escenas do cambio e invitamos a Pablo Lareo Fidalgo, o comisario desta mostra, a debullar algunhas das claves do que vimos ata o de agora e a adiantarnos algo do que veremos no que resta do festival. | Foto: A. Area | Por que a disidencia como fío condutor do festival? A disidencia ven definida desde a palabra desacordo ou disconformidade. Ten que ver coa necesidade de sacar á luz outras formas de vida, outras realidades, posturas firmes contra os conflictos sociais e políticos que se viven nalgunhas partes do mundo. As ideas operan nun lugar, […] - [Aladino e a lámpada marabillosa (O musical)](https://erreguete.gal/2018/02/05/aladino-lampada-marabillosa-musical/): A maxia e o xenio | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Sr. Sagüíllo |   A sociedade vai por diante das leis e as leis tardan en adaptarse ás esixencias dunha sociedade que quere avanzar. A liberdade e a necesidade de cambio nunha sociedade en crise son o eixo vertebrador do musical Aladino e a lámpada marabillosa que Avento Producións estreou o 27 de xaneiro na Sala Ártika de Vigo. Despois das producións para público adulto BU21 e Como sobrevivir a unha apocalipse zombi –que comparte cartel con Aladino durante o mes de febreiro-, a compañía viguesa continúa coa liña […] - [A Feroz estréase como compañía co espectáculo Afterparty](https://erreguete.gal/2018/02/04/feroz-estrease-compania-co-espectaculo-afterparty/): O Salón teatro será o espazo que vexa o nacemento dunha nova compañía de teatro. A Feroz Teatro preséntase alí con Afterparty, un espectáculo de teatro posdramático sobre a vida, a decepción e a resistencia. | Foto: Tamara de la Fuente |   Durante catro días a compañía realizará unha residencia técnica na sede do CDG que culminará o día 9 de febreiro nunha estrea por todo o alto que terá continuidade os días 10 e 11 con cadansúa función. Neste espectáculo, contan dende a compañía, todo se creou e medrou ao tempo: o texto e a posta en escena viñéronse tramando […] - [A compañía Desincronacidas, seleccionada para o programa de coproducións do festival Circada](https://erreguete.gal/2018/02/02/compania-desincronacidas-seleccionada-programa-de-coproducions-festival-circada/): Circada, o festival de circo contemporáneo de Sevilla que celebrará a súa undécima edición entre o 1 e o 17 de xuño, reforza o seu compromiso coa creación artística a través dun novo programa de coproduccións. Este festival é un proxecto activo, con características moi específicas e diferenciadoras, como a súa visión do servizo público desde a xestión cultural privada ou a súa especialización e compromiso co desenvolvemento do circo contemporáneo, polo que propón esta nova liña de traballo a través da que colaboran activamente tamén nos procesos creativos. Nesta primeira convocatoria, cuxo período de inscrición foi aberto no outono de […] - [Dinamo Producións estrea 'Eu queríame casare' con Pedro Brandariz e Lucía Veiga](https://erreguete.gal/2018/02/02/dinamo-producions-estrea-eu-queriame-casare-pedro-brandariz-lucia-veiga/): Mañá, sábado 3 de febreiro, ás 20:00, Dinamo producións estreará no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, Eu queríame casare, unha comedia de Jose Prieto dirixida por Marita Martínez Arcay e protagonizada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga. Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis… menos… unha relación á que poder agarrarse como cravo ardendo antes de pase o tren, pase o arroz e pase… o que teña que pasar. Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a […] - [#camiños](https://erreguete.gal/2018/02/02/caminos/): O universal e o uniforme | Manuel Xestoso | | Foto: Javier Lojo |   Os procesos que nos conducen cara a iso que chamamos globalización poden tirar de nós cara a dúas realidades opostas: a universalidade e a uniformidade. Parece claro que non temos nada en contra de recibir culturas alleas nun intercambio xusto que implique que a nosa sexa respectada en igualdade de condicións: iso sería a universalidade. Pero o poder –e sempre estamos falando de estratexias de poder– sempre reacciona ante a diversidade tratando de eliminala, dado que é máis doado gobernar o igualado que o heteroxéneo: daquela […] - [António e Cleópatra](https://erreguete.gal/2018/02/01/4107/): Ver o invisible a través dunha alma allea | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Magda Bizarro |   [Escenas do Cambio 2018 comeza hoxe con este espectáculo de Tiago Rodrigues. Con este motivo, recuperamos a crítica que Vanesa M. Sotelo fixo deste espectáculo, publicada no número 83 da Revista Galega de Teatro (veran 2015)]   A partir de Antonio e Cleopatra, Plutarco –en que William Shakespeare se inspirará para abordar a monumental historia entre o militar romano e a raíña de Exipto– afirmou que o amor pasou a ser “ver o mundo pola sensibilidade dunha alma allea”. Ofrecendo como propia […] - [O Principal da Estrada acollerá o día 7 a entrega do Premio Varela Buxán](https://erreguete.gal/2018/01/31/principal-da-estrada-acollera-dia-7-entrega-premio-varela-buxan/): O gañador da anterior edición, Marcos Abalde Covelo, recibirá impresa a súa obra triunfadora do certame.   O escenario do Teatro Principal da Estrada albergará o mércores día 7 de febreiro a entrega do Premio de Teatro Manuel Daniel Varela Buxán, organizado pola Escola de Artes Escénicas da Estrada (EMAE) en colaboración coa Fundación Cultural da Estrada. O fallo do xurado coñeceuse o pasado mes de decembro. A obra triunfadora foi Pallaso, presentada baixo o lema Óptimo Máximo, do autor Fernando Castro Paredes. O acto de entrega comezará ás 20.30 horas e terá unha media hora de duración. Esta obra alzouse […] - [Camilo Díaz Baliño, protagonista dunha exposición na Biblioteca de Galicia](https://erreguete.gal/2018/01/30/camilo-diaz-balino-protagonista-dunha-exposicion-na-biblioteca-de-galicia/): Camilo Díaz Baliño, o escenógrafo galego máis celebre do seu tempo, é o protagonista da mostra que organiza a Biblioteca de Galicia para conmemorar o Día da Ilustración e que leva por título Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada. Un total de 54 pezas conforman a exposición, que inclúe libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos procedentes do arquivo persoal de Díaz Baliño, custodiado na Biblioteca de Galicia. Unha caricatura de Camilo Díaz Baliño realizada por Álvaro Cebreiro, debuxos orixinais do artista para distintas escenografías, un álbum con fotografías, un manuscrito e debuxos de Díaz Baliño sobre a cabalgata que se […] - [Masa madre + Sal marina](https://erreguete.gal/2018/01/29/masa-madre-sal-marina/): O salitre | Laura Porto |   Probablemente o pan sexa o alimento máis sinxelo e fundamental na vida do ser humano na maioría de culturas e épocas. Non en van foi sempre unha suba no prezo do pan o que acabou por catalizar as grandes revolucións da Historia. Un bo pan faise unicamente con fariña, auga, sal, paciencia e tempo. A sal é fundamental para a palatabilidade do produto final, mais cómpre ter en conta durante a elaboración que o exceso de sal detén a fermentación e pode converter o noso pan esponxoso e cheo de aire en algo desagradable, […] - [32 espectáculos optan aos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2018/01/28/32-espectaculos-optan-aos-premios-maria-casares/): Un total de 32 espectáculos e máis de 400 profesionais concorren aos XXII Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 8 de xaneiro rexistrando unha gran participación Estas montaxes postúlanse nas catorce categorías que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil. Tras esta primeira fase de inscrición, a AAAG inicia a primeira […] - [Convocatoria da 26ª edição da Quinzena de Dança de Almada](https://erreguete.gal/2018/01/26/convocatoria-da-26a-edicao-da-quinzena-de-danca-de-almada/): A Companhia de Dança de Almada está a organizar a 26ª edição da Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival, um alargado fórum para a apresentação, discussão e interação sobre dança contemporânea. Todos os coreógrafos e/ou companhias profissionais interessados são convidados a submeter os seus trabalhos para apresentação na Plataforma Coreográfica Internacional. A data limite para a apresentação de propostas é o dia 28 de fevereiro de 2018. O júri fará a comunicação dos resultados até 2 de abril de 2018. 1. CONDIÇÕES OFERECIDAS PELA ORGANIZAÇÃO Gerais: A organização promoverá o evento, sendo responsável pela programação e divulgação dos espetáculos; Serão selecionadas peças de […] - [Derrubando muros invisibles, por Rebeca Sanz Conde](https://erreguete.gal/2018/01/25/derrubando-muros-invisibles-rebeca-sanz-conde/): A autora vén de dirixir a lectura dramatizada da obra Índigo, de Vanesa Sotelo, no El Pavón Teatro Kamikaze de Madrid, dentro do ciclo Las funciones por hacer. | Rebeca Sanz Conde |   Cando recibín o texto Índigo algo máxico sucedeu case de inmediato. Ao comezar a lectura puiden sentir como unha voz me guiaba internándome nun mundo alleo e abafadoramente próximo á vez, unha voz que atrapou os meus sentidos e impediu que abandonase o texto que tiña entre as mans. Esa voz foi a que fixo que me decidise por ese texto de entre os ofrecidos pola plataforma Contexto Teatral […] - [Proxecto PANK estrea 'Masa Madre + Sal Marina' no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2018/01/24/proxecto-pank-estrea-masa-madre-sal-marina-no-teatro-ensalle/): Os días 26, 27 e 28 de xaneiro Proxecto PANK presentan o concerto teatralizado Masa Madre + Sal Marina no Teatro Ensalle de Vigo. Masa Madre + Sal Marina é o título dunha canción que naceu do encontro entre a creadora galega Cristina Balboa e o mexicano Manuel Parra García. Baseada na experiencia vital do teatro dos seus creadores, esta co-produción parte da vontade dos mesmos de colaborar nun proxecto escénico na que analizaban a súa carreira sobre ou detrás das táboas e confrontar aspectos que xa non lles gustaban do sistema produtivo teatral contemporáneo. A coincidencia persoal con dúas Compostelas […] - [Avento estrea o seu novo espectáculo, Aladino e a lámpada marabillosa](https://erreguete.gal/2018/01/23/avento-estrea-seu-novo-espectaculo-aladino-lampada-marabillosa/): Unha comedia musical, de corte familiar e chea das disparatadas ocorrencias do xenio da lámpada marabillosa, é a nova aposta da compañía viguesa. | Foto: Sr. Sagüillo |   O mozo Aladino loita en Agrabah por atopar un traballo que lle permita mercar algo de comer e, quizais, conseguir unha mellor vida. Pero a situación non está ben para ninguén e cada vez hai menos clientes aos que lles vender. Mentres, no pazo do sultán, unha princesa noviña tenta facerse ouvir e cambiar as vellas leis que a obrigan casar. Os dous protagonistas séntense presos, cada quen á súa maneira, e o seu […] - [O Colectivo RPM abre o prazo para as Residencias Paraíso 2018](https://erreguete.gal/2018/01/22/colectivo-rpm-abre-prazo-as-residencias-paraiso-2018/): Paraíso 2018 abre convocatoria para acoller ata oito proxectos en residencia, cunha dotación de 18.000 euros en total, nos diferentes espazos colaboradores entre mediados de marzo e finais de novembro de 2018. O prazo de envío da información necesaria para participar nesta edición pechará o día 12 de febreiro e está aberta a artistas do territorio galego e do panorama nacional.   Grazas á colaboración entre COLECTIVO RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Xunta de Galicia, ábrese por segundo ano consecutivo a convocatoria de Residencias […] - [ButacaZero arranca o ano estreando #camiños](https://erreguete.gal/2018/01/22/4037/): A peza aborda o tema identidade galega dende unha perspectiva millenial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual, o playback coa pasarela de moda nun aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. | Fotografía: Javier Lojo | Acaba de rematar a xira de Voaxa e Carmín, pero ButacaZero, non para. Catro meses despois de estrear Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], chegará aos teatros #camiños, unha peza de teatro físico, poético e moi político que pecha unha triloxía sobre a memoria. A nova peza da compañía ven avalada ademais polo Centro Dramático Galego, que […] - [Anxo Manoel, de Lucecús: "Tentamos facer teatro social en clave de comedia"](https://erreguete.gal/2018/01/21/anxo-manoel-de-lucecus-tentamos-teatro-social-clave-de-comedia/): | Vanesa Sotelo |  | Foto: Brian Rodríguez Cortiñas | A compañía Lucecús estrea hoxe no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, Logos, a súa última produción. Formada por Isa Herrero, Anxo Manoel e Rubén Pérez, a compañía volve a apostar pola dirección de Santiago Cortegoso e incorpora ao equipo artístico ao actor Borja Fernández para achegar o universo distópico deseñado en Logos. Despois de ser presentado en Rianxo, falamos co actor e autor do texto, Anxo Manoel, para coñecer algunhas das claves sobre a compañía e este novo proxecto no que a liberdade, o consumo, a comunicación e as novas tecnoloxías […] - [Festa do Teatro no Principal de Compostela](https://erreguete.gal/2018/05/11/festa-teatro-no-principal-de-compostela/): As festas da Ascensión de Compostela levan unha programación especial para público infantil e familiar ao Teatro Principal.   Entre o sábado 12 e o domingo 13 de maio, doce pezas de microteatro e tres concertos encherán de fantasía, música e risos os distintos espazos do Teatro Principal de Compostela. Numerosas compañías e artistas do país integran esta Festa no Teatro. A cargo das pezas que percorren os recunchos do Principal topamos a Marta Ortiz, Avelino González, Fátima Villamel, Pablísimo, Elefante Elegante, Martín Camiña, Vero Rilo, Anxo García, Larraitz Urruzola, Ana Carreira, Ghazafelhos e Charo Pita. Completan a programación os concertos […] - [Rolda internacional: 11 / 05 / 2018](https://erreguete.gal/2018/05/11/5646/): Ata o 21 de maio, desénvolvese en Berlín o Theatertreffen, no que se repón o Fausto de Frank Castor, unha montaxe de sete horas na que se reflexiona sobre os valores da civilización que deu lugar á monumental obra de Goethe. Castorf dirixiu o Volksbühne durante un cuarto de século antes de ser despedido para dar entrada a Chris Dercon, ex director da galería Tate Modern de Londres. Dercon tomou posesión o pasado mes de setembro, pero hai pouco máis de dúas semanas, dimitiu ante as numerosas críticas que provocou a substitución. Web do Theatertreffen   Xa se pode consultar o […] - [Achádego Teatro celebra o seu 30º aniversario coas xornadas "Experiencias Teatrais"](https://erreguete.gal/2018/05/11/achadego-teatro-celebra-seu-30o-aniversario-coas-xornadas-experiencias-teatrais/): Maio 2018 Achádego Teatro cumpre 30 anos de vida e entre os actos conmemorativos que vai a realizar ao longo do ano, organizou para esta fin de semana de maio as Xornadas “Experiencias teatrais” co obxetivo de lle ofertar ao público a posibilidade de coñecer as distintas realidades do teatro actual. Nestes 30 anos pasaron por Achádego uns 50 actores e actrices que, coa súa propia sensibilidade, achegaron o carácter que hoxe en día ten a compañía. A súa filosofía está en ser partícipe da vida cultural da cidade, enriquecela e colaborar con todas aquelas accións sociais e culturais que se […] - [Dark Field Analysis](https://erreguete.gal/2018/05/10/dark-field-analysis/): Principio e fin da humanidade   | Manuel Xestoso | | Foto: Ben Mergelsberg |   Examinar o propio sangue é unha forma de introspección. E a introspección adoita ser persoal, pero o individuo sempre parte dun pasado do que, en ocasións, non é consciente. Todos pertencemos a conxuntos demasiado amplos: a unha familia, a unha sociedade, a un país, a unha especie. A idea de que o sangue pode contelos a todos é tan atractiva coma inquietante: se unicamente somos froito dunha historia, onde queda a idea de liberdade individual? É un debate case tan antigo como a humanidade –a […] - [Aporía Escénica regresa ao Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2018/05/10/aporia-escenica-regresa-ao-salon-teatro-de-compostela/): Diana Mera é a autora e directora de 6 cubos negros en corpo branco, unha traxicomedia sobre a represión feminina na familia e na sociedade, moi influenciada polo universo de La casa de Bernarda Alba.   O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), recibe de novo a compañía viguesa Aporía Escénica, que desta volta representa 6 cubos negros en corpo branco, a súa nova produción. Diana Mera é a autora e directora deste espectáculo, que contou co apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través das axudas a produción escénica de 2017 e que […] - [Comunicado da AAAG reivindicando o inxente labor do programa Diario Cultural](https://erreguete.gal/2018/05/10/comunicado-da-aaag-reivindicando-inxente-labor-programa-diario-cultural/): A AAAG solicita aos responsables da Radio Galega que recapaciten, recúen nesta inxustificable decisión, conserven o Diario Cultural e aposten verdadeiramente pola visibilidade da nosa cultura, obriga do ente público que está lonxe de cumprirse   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a meirande parte dos profesionais da interpretación e da dirección escénica, cuestiona a triste decisión da Radio Galega de suprimir o histórico Diario Cultural no seu formato habitual para diluír os seus contidos ao longo da programación diaria en microseccións incrustadas noutros programas, tal e como recolleron no día de onte diversos […] - [Perplexidade e indignación ante o anuncio do peche do Diario Cultural](https://erreguete.gal/2018/05/09/perplexidade-indignacion-ante-anuncio-peche-diario-cultural/): Se o proxecto de cambio se cumpre, o Diario Cultural desaparecería da grella da radio pública en setembro, segundo se lle explicou onte ao Comité Intercentros. Dirixido por Ana Romaní, o programa é todo un referente na información cultural galega. | Manuel Xestoso |   Entre a perplexidade e a indignación. Así reaccionou o mundo da cultura, onte á tarde, ante a noticia de que a CRTVG deixaría de emitir, despois de vinte e oito anos, o Diario Cultural da Radio Galega. Segundo o que se lle comunicou ao Comité Intercentros da CRTVG, o seu contido “diluiríase” noutros programas e, daquela, deixaría […] - [Cursos de verán do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2018/05/09/cursos-de-veran-centro-coreografico-galego/): O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza una nova edición dos seus cursos de verán, que terán lugar na súa sede da Coruña en diferentes datas dos meses de xullo e agosto:     1. Danza clásica e paso a dous, con PINO ALOSA Datas e horario Do 16 ao 20 de xullo Horario: de 10.00 a 12.00 h (técnica clásica) e de 12.00 a 14.00 h (puntas e técnica de paso a dous) Inscricións Do 7 de maio ao 9 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das […] - [A Agadic edita un manual para a avaliación do impacto dos festivais](https://erreguete.gal/2018/05/09/agadic-edita-manual-avaliacion-impacto-dos-festivais/): A Agadic vén de editar Da medición do impacto á mellora. Metodoloxía de avaliación de eventos culturais. O caso do Festival de Cans, estudo pioneiro na investigación cultural que asina Fran Núñez. O manual achega unha metodoloxía propia, a Avaliación 360º, aplicada ao certame porriñés e extrapolable a outros festivais e encontros culturais. Gran coñecedor do sector cultural galego como fundador de Limiar Teatro e como produtor, director teatral, dramaturgo, escenógrafo, iluminador ou actor, Fran Núñez fai aquí unha análise do impacto dos festivais galegos nas súas dimensións económica, social e mediática (repercusión en medios de comunicación e na cultura en […] - [Xornada de portas abertas no Salón Teatro para celebrar o Día das Letras Galegas](https://erreguete.gal/2018/05/09/xornada-de-portas-abertas-no-salon-teatro-celebrar-dia-das-letras-galegas/): O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá coa cidadanía a celebración do Día das Legras Galegas, que terá lugar o xoves 17 de abril, cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Con tal fin, organizarase un total de seis visitas guiadas en horario de mañá (10.00, 12.00 e 13.30 h) e de tarde (16:30, 18.00 e 19:30 h), gratuítas e axeitadas para todos os públicos. As prazas limítanse a 10 persoas en cada quenda de 45 minutos de duración e adxudicaranse por orde de solicitude entre as persoas que se inscriban antes do 16 de maio […] - [A Deputación da Coruña convoca 40 bolsas para investigación e estudos artísticos](https://erreguete.gal/2018/05/08/deputacion-da-coruna-convoca-40-bolsas-investigacion-estudos-artisticos/): Vinte bolsas para investigación en distintos ámbitos e outras vinte para o perfeccionamento de estudos artísticos forman parte da oferta da área de Cultura da Deputación da Coruña que engade nesta nova convocatoria as destinadas a traballos sobre políticas culturais. Apoiar a investigación en distintos ámbitos e contribuír ao perfeccionamento de estudos artísticos en centros de referencia é o obxectivo da nova convocatoria de bolsas da Deputación da Coruña que este luns publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP). En total, son corenta bolsas, vinte para as distintas disciplinas artísticas e vinte para proxectos de investigación que, despois de ter incrementado […] - ["A palabra en acción"; taller de palabra no CDG](https://erreguete.gal/2018/05/08/palabra-accion-taller-de-palabra-no-cdg/): O Centro Dramático Galego (CDG) ofrece o taller “A palabra en Acción” na súa sede, o Salón Teatro, do 4 ao 8 de xuño. Este taller será impartido por Vicente Fuentes e Rosa Moledo. O obradoiro ofrecerá ao actriz/actor unha serie de exercicios que lle permitirán un uso máis elocuente, eficaz e virtuoso do texto, traballando con elementos como a conexión entre o impulso e a respiración, a articulación e a entoación, os portadores de sentido, a visualización, as sensacións e os mecanismos de acción-reacción, tendo sempre a palabra como foco. Partindo do traballo da palabra que vén desenvolvendo ao longo da […] - [XXII Semana de teatro escolar "Ben veñas, maio" en Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/05/07/xxii-semana-de-teatro-escolar-ben-venas-maio-pontevedra/): Os días 9, 10 e 11 de maio, terá lugar a XXII Semana Teatral Ben Veñas Maio no Teatro Principal de Pontevedra. Os grupos teatrais dos diferentes institutos mostrarán ao público o seu traballo durante o curso e proporcionaráselles un vale por valor de 70 euros para decorados e materiais necesarios. Esta mostra de teatro escolar xurdiu vinculada ao programa Ben veñas, maio, que este ano conmemora o seu 25 aniversario. A iniciativa, dirixida ao alumnado de ensino medio, está deseñada para fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade. En concreto, a semana teatral busca amosar o traballo […] - [Arranca no Ferrol ‘Teatro con G’ con dez obras de Teatro Escolar e Profesional](https://erreguete.gal/2018/05/07/arranca-no-ferrol-teatro-g-dez-obras-de-teatro-escolar-profesional/): O Concello de Ferrol, a través da área Educación, e Coordinadora de Equipas de Normalización organiza unha nova edición de Teatro con G, cun programa de teatro en galego que combina catro grupos profesionais e seis escolares. O programa de teatro terá como escenarios o Jofre, o centro Carvalho Calero e o CEE Terra de Ferrol e vai de maio a outubro para todos os centros desde Infantil a Bacharelato. O programa está aberto para todos os colexios da comarca, en función da disponibilidade e prazas do aforo. A data de comezo será a partir do 8 de maio ata o 30 […] - [Convocatoria para Enxebre Danza 18](https://erreguete.gal/2018/05/07/convocatoria-enxebre-danza-18/): “Enxebre” é o programa de adestramento en danza de Corpo (a) terra, o festival de danza e artes do corpo de Ourense. Dúas fases de catro días, 5 horas e media de formación diarias, actividades colaterais, máis de 8 profesionais implicados e coa dispoñibilidade absoluta dun espazo no que compartir información, experiencias e danza. O programa de formación de Corpo (a) terra concíbese como unha experiencia intensiva e preprofesional de adestramento en danza. Trátase dunha preparación moi física para a danza dirixida por máis de oito profesionais que imparten obradoiros durante oito días de encontro e convivencia. Pensado para persoas interesadas […] - [XXIII Certame de Teatro Intercentros de Compostela](https://erreguete.gal/2018/05/05/xxiii-certame-de-teatro-intercentros-de-compostela/): O Certame de Teatro Intercentros, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, segue ofrecendo a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato de Santiago e comarca a oportunidade de amosar ao público o traballo teatral realizado ao longo do curso nos centros escolares. O certame comezará o 7 de maio e estenderase ata o 22 do mesmo mes. Os preparativos do certame comezan ao principio do curso, no que se constitúen os grupos, se deciden as obras a interpretar, os vestiarios ou o decorado, e se ensaian as técnicas básicas da interpretación teatral. Chegado maio, […] - ['Erori', de Cair Circo, abre a carteleira de maio no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2018/05/04/erori-de-cair-circo-abre-carteleira-de-maio-no-salon-teatro/): O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), abre a súa carteleira para o mes de maio con Erori, de Cair Circo, un espectáculo de clown e acrobacias para toda a familia, que se representará o sábado 5 de maio ás 20,30 h. Dirixido por Natalia Outeiro cunha dramaturxia non lineal, en Erori as accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contrastan con pezas visuais de danza e malabar. A emoción e o risco súmanse ao humor; e o absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas […] - [Estás aí?](https://erreguete.gal/2018/05/03/estas-ai/): As perdas irreparables | Manuel Xestoso |   Cando hai mortos sobre os escenarios, sempre hai contas pendentes. O pai de Hamlet é o máis coñecido –de feito, o título da obra procede do “Who’s there?” da obra de Shakespeare– pero hai outros moitos exemplos que indican que os mortos non adoitan volver polo mero pracer de visitar os lugares onde habitaron: case sempre queren resolver algo que deixaron a medias. En Estas aí? hai mortos que regresan, e na medida en que albisquemos que é o que desexan solventar, comprenderemos que a comedia ten máis capas das que aparenta. Avisados […] - [Galicia, Portugal e Castela e León comparten escena no Festival de Teatro Transfronteirizo](https://erreguete.gal/2018/05/03/galicia-portugal-castela-leon-comparten-escena-no-festival-de-teatro-transfronteirizo/): Do 4 ao 6 de maio a localidade salmantina de Peñaranda de Bracamonte acolle o Festival de Teatro Transfronteirizo, unha iniciativa da Federación de Grupos Aficionados de Castilla y León en colaboración co Ayuntamiento de Peñaranda de Bracamonte e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. O Festival insírese no marco da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que FETACyL integra xunto á Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), a Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA-Teatro em Iniciativa Associativa e a erregueté – Revista Galega de Teatro. O encontro, que ten como principal obxectivo realzar e reforzar o traballo común das culturas galega, portuguesa […] - [A compañía de teatro USC-Lugo colleita éxitos con ‘WK’](https://erreguete.gal/2018/05/03/compania-de-teatro-usc-lugo-colleita-exitos-wk/): A xira da compañía de teatro USC-Lugo coa súa última montaxe, WK, unha peza baseada en textos de Woyzek, obra inconclusa de Büchner, pero coa estética de Kantor, está a reportar múltiples recoñecementos para a formación universitaria que dirixe Paloma Lugilde. O último dos premios colleitados pola formación teatral do Campus Terra da USC chegou de Toledo, onde o elenco de actores dirixidos por Paloma Lugilde presentaron este luns WK no marco do Festival de Teatro Nacional Universitario. O xurado encargado de fallar os galardóns deste certame artístico acordou distinguir á compañía luguesa cos galardóns a mellor elenco, mellor iluminación, mellor dirección […] - [XVI Encontro Universitario de Danza da USC en Compostela](https://erreguete.gal/2018/05/03/xvi-encontro-universitario-de-danza-da-usc-compostela/): O escenario do Teatro Principal acolle esta semana o traballo de cinco compañías universitarias de danza nas distintas funcións programadas no marco dun foro artístico pioneiro en Galicia e dos máis lonxevos do panorama español. Todas as funcións serán ás 20.30 horas con entrada libre e gratuíta, previo paso pola billeteira. A décimo sexta edición do Encontro Universitario de Danza da USC congregará os días 3 e 4 de maio as actuacións de tres compañías nacidas ao abrigo do Espazo de Danza da USC , baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, nos campus de Lugo e Santiago (DanzaUSCompostela, DanzaUSC-Lugo, e […] - [Conferencia sobre o teatro xaponés kabuki](https://erreguete.gal/2018/05/03/conferencia-teatro-xapones-kabuki/): O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) organizan este xoves 3 unha conferencia sobre o teatro xaponés tradicional kabuki impartida polo escritor Javier Vives. A charla será ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito. A conferencia comezará cunha introdución ao teatro kabuki mediante a exposición de fotografías e vídeos para, a continuación, explicar a súa historia, espazo escénico, teatralidade, música e maquillaxe. Ao final da charla, está prevista unha sesión de debate aberto entre o especialista convidado e o público. O arquitecto Javier Vives Rego […] - [Grupo de acompañamento de 'Método negro' de Javier Martín](https://erreguete.gal/2018/05/02/grupo-de-acompanamento-de-metodo-negro-de-javier-martin/): Esta semana comezan as accións expandidas arredor do paso de Javier Martín polo teatro. Unha das apostas é a de construír un grupo de acompañamento para a súa coreografía <método negro>. Será unha oportunidade para partillar a intimidade dos procesos de creación, tanto a súa práctica como o seu correlato teórico, e impulsar a crítica aberta entre os participantes. Un grupo de investigación e acompañamento que durante dúas xornadas compartirá co artista o proceso de traballo e desenvolvemento dunha peza coreográfica ata a súa presentación pública. A peza circunscríbese ao ámbito das artes do movemento, situándose nalgún lugar entre a performance, […] - [Xa se coñecen as compañías seleccionadas para Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2018/04/30/xa-conecen-as-companias-seleccionadas-galicia-escena-pro/): A sexta edición do mercado profesional de artes escénicas Galicia Escena PRO ofrecerá do 11 ao 14 de xuño en Santiago os novos espectáculos de 17 compañías galegas de teatro e de danza. Organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta programación completarase cunha sesión de pitching na que outras 10 formacións explicarán os seus proxectos para a vindeira temporada, ademais de con dúas montaxes procedentes de Madrid e cunha serie de actividades paralelas. O Auditorio Abanca, a Fundación SGAE, o Salón Teatro e o Teatro Principal volverán ser os escenarios deste […] - [Nova programación do Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2018/04/30/nova-programacion-salon-teatro-de-compostela/): O espectáculo ‘Erori’, de Cair Circo, abre o sábado 5 a nova programación da sede do CDG, onde tamén actuarán Aporía Teatro, Helen Bertels, AveLina Pérez, Josi Lage, e Xarope Tulú, entre outros.   O Salón Teatro de Santiago será o escenario dunha ducia de espectáculos, eventos e accións formativas ata primeiros de xullo, cando a produción do CDG Divinas Palabras Revolution regresará á súa sede. Erori, de Cair Circo, será a montaxe coa que arrancará o día 5 esta carteleira. Erori é unha proposta de circo e acrobacias na que accións cotiás aparentemente sinxelas derivan en disparatadas rutinas circenses, mesturadas […] - [O CDG programa outras catro funcións de 'Divinas Palabras Revolution' no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2018/04/29/cdg-programa-outras-catro-funcions-de-divinas-palabras-revolution-no-salon-teatro/): O CDG remata esta fin de semana a primeira estadía do espectáculo Divinas Palabras Revolution no Salón Teatro, onde regresará en xullo para ofrecer catro últimas funcións. Antes, esta adaptación que dirixe Xron a partir da obra de Valle-Inclán desenvolverá unha xira de dous meses durante a que visitará outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español de Madrid.   Hoxe, ás 18,00, terá lugar a última función desta primeira quenda en Compostela. A compañía pública acaba de programar outros catro pases no Salón Teatro, do 5 ao 8 de xullo, para dar resposta á boa acollida de público que está a ter […] - [Tareixa Campo recibe hoxe o Premio da Organización da MITEU-Ourense](https://erreguete.gal/2018/04/28/tareixa-campo-recibe-hoxe-premio-da-organizacion-da-miteu-ourense/): Hoxe remata a Mostra de Teatro Universitario de Ourense e, na clausura, a organización quere recoñecer o traballo pioneiro de Tareixa Campos facéndolle entrega do Premio da Organización da Mostra. O traballo incasábel de Campo por un teatro de base é salientado polos responsables da Mostra. Tareixa Campo ten adicado unha boa parte da súa vida ao teatro, ligando sempre o seu traballo á defensa de valores sociais e da igualdade. Ademais dun intenso labor desenvolto como directora, actriz e autora teatral, destaca na traxectoria de Tareixa Campo o seu papel na promoción e impulso de certames, festivais e grupos de teatro que […] - [O Teatro Colón da Coruña descobre os seus segredos](https://erreguete.gal/2018/04/28/teatro-colon-da-coruna-descobre-os-seus-segredos/): Ao longo do mes de maio, a área de Cultura da Deputación da Coruña promoverá o programa de “Descobre o Colón con María Casares” pola que as persoas visitantes poderán coñecer os espazos ocultos do edificio por medio da figura da gran María Casares, interpretada polas actrices Diana Sieira e Carmen Peñalver. Coñecer un teatro á italiana por dentro, nos espazos que non visita o público que asiste aos espectáculos, é unha oportunidade única que ofrece o novo programa “Descobre o Colón con María Casares”, unha proposta que bota a andar o 1 de maio e se prolonga até o 29 […] - [Lugo remata esta fin de semana a VII Edición da Semana da Danza](https://erreguete.gal/2018/04/27/lugo-remata-esta-fin-de-semana-vii-edicion-da-semana-da-danza/): A VII Semana da Danza de Lugo remata con diferentes mostras e espectáculos nas que se inclúen representacións na rúa e actuacións de diferentes escolas da cidade e galegas. Venres, 27 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire: presentación dos traballos coreográficos sobre María de Ávila, creados polo alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Sábado, 28 de abril, ás 12:45 horas na Praza de Santa María: interpretación da Nelkenline de Pina Bauch, a cargo das escolas de danza de Galicia, (no caso de que chova realizarase no Vello Cárcere ás 12:00 horas). Ás 13:00 horas na Praza […] - [Si pudiera hablar de esto no haría esto](https://erreguete.gal/2018/04/26/puidera-escribir-iso-fai-janet-novas-sabela-mendoza/): Se puidera escribir sobre iso que fai Janet Novás Non podo escribir sobre iso do que Janet Novás non pode falar. Hai que facelo, como fixo ela no escenario. Ou velo, como fixen eu entre o público. Non é, porén, un segredo. Tampouco unha danza incomprensible ou unha dramaturxia intelixible. É antes ben un exercicio de andar e bailar á procura de verdades e realidades do corpo, accións que se desvelan e se perden ao tempo que acontecen, para todos os presentes. Houbo e haberá oportunidades para achegarse a este espectáculo estreado no 2016, do que é tan difícil falar e […] - [Xa se coñece o programa do XIX Festival de Títeres de Redondela](https://erreguete.gal/2018/04/26/xa-conece-programa-xix-festival-de-titeres-de-redondela/): A XIX edición do Festival Internacional de Títeres “Juanjo Amoedo” encherá as prazas e rúas da vila do mellor teatro de monicreques do mundo do 14 ao 20 de maio. Un total de 26 compañías da máis variada procedencia comporá o programa deste ano, que inclúe campaña escolar, programación de sala e espectáculos de rúa o Día das Letras Galegas e mais na fin de semana. O programa do Festival é o seguinte:   CAMPAÑA ESCOLAR Luns, 14 de maio 10.30h e 12.00h. Auditorio Piñeiral do Crego. Chapela. Viravolta Títeres (Galicia) Obra: Barriga Verde +4 Martes, 15 de maio 10.30h e […] - [Loló e mamá](https://erreguete.gal/2018/04/25/lolo-e-mama/): Cambio de costumes | Manuel Xestoso |   Os costumes cambian e, daquela, as comedias de costumes deben mudar de aspecto. Non se pode contar do mesmo xeito o século XX ca o XXI porque os papeis xa non se interpretan do mesmo xeito: os sentimentos son universais pero maniféstanse coas súas particularidades dependendo do lugar e do espazo. Esther Carrodeguas semella moi consciente de que ese xénero tan inxustamente vilipendiado, a comedia de costumes, responde a dúbidas e inquedanzas compartidas por toda a sociedade e que o único que se precisa para enaltecelo é narrar o lance coa música que […] - [XXII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo](https://erreguete.gal/2018/04/25/xxii-mostra-de-teatro-de-ensino-secundario-morrazo/): Coa intención de reforzar a presenza do teatro e da literatura dramática entre o público adolescente, a erregueté colabora coa Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo coa edición dos textos premiados.   Do 25 ao 27 de abril, o Colexio Eduardo Pondal de Cangas acolle a XXII Mostra de Teatro de Ensino Secundario de O Morrazo que, un ano máis, reúne arredor dun cento de actrices e actores de seis centros educativos de Bueu, Cangas e Moaña. As actividades arrincan este mércores 25 de abril ás 10.00 horas co acto inaugural a cargo de Cándido Pazó para continuar coa […] - [A programación teatral do Ano da Lingua leva a María Victoria Moreno por toda Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/04/24/programacion-teatral-ano-da-lingua-leva-maria-victoria-moreno-toda-pontevedra/): A programación teatral do Ano da Lingua terá como protagonista a obra e a vida de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas no 2018. Baixo o lema ‘María Victoria Moreno a escena!’ a Deputación levará un total de 60 representacións teatrais por todos os concellos da provincia. O deputado Xosé Leal presentou onte o programa, acompañado por representantes de tres das compañías que fan parte desta programación, Anxo García de Viravolta Títeres- Seisdedos, Inacio Vilariño de Odaiko, e as tres actrices que conforman Matrioshka Teatro, Anabel Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo. Para público maior […] - [Compostela celebra o Día Internacional da Danza](https://erreguete.gal/2018/04/24/compostela-celebra-dia-internacional-da-danza/): O Concello de Santiago celebra o Día Internacional da Danza con dous obradoiros e cinco espectáculos que se ofrecerán do 26 de abril ao 5 de maio no Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e o Centro Xove da Almáciga. A bailarina e coreógrafa Janet Novás abre a programación o xoves, día 26 de abril ás 16.00 horas, co obradoiro O corpo ocupado no Teatro Principal. A participación neste taller, de balde e limitada a 20 prazas, esixe inscrición previa no enderezo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal. O obradoiro de Janet Novás forma parte das actividades do proxecto europeo Wom@rts, que coordina o Auditorio […] - [XV Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico](https://erreguete.gal/2018/04/24/xv-semana-internacional-de-maxia-lugo-lugo-maxico/): A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Deputado de Deportes, Mocidade e Innovación, Pablo Rivera, e os magos Rafa e Teto, presentaron este luns, no patio central do Vello Cárcere, a XV Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico, que se celebrará do 6 ao 12 de maio. Esta XV Semana Internacional de Maxia de Lugo oferta unha programación para públicos de todas as idades, e achegará unhas corenta actividades á cidadanía, estreando novos escenarios como a Porta Miñá. Nela participarán 19 magos e magas de todo o territorio nacional e internacional, de Francia, Venezuela, […] - [Paula Quintas estrea 'Plastic' en Ourense](https://erreguete.gal/2018/04/23/paula-quintas-estrea-plastic-ourense/): O 28 de Abril no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20.30, e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, estréase o espectáculo Plastic da compañía Paula Quintas · Traspediante, dirixido por Rut Balbís. Desde a antítese ou retórica, PLASTIC propón unha recuperación da memoria corporal desde dentro cara fóra. Cómo emanan substancias desde o noso interior e as podemos trasladar a un código plástico – estético e conservalo? Partindo do corpo como contedor, como si dunha Barbie se tratara, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o vaciado. A imaxe da Barbie nos revela un posicionamento […] - [Rolda internacional: 22 / 4 / 2018](https://erreguete.gal/2018/04/22/rolda-internacional-22-de-abril/): Martyna Majok é a gañadora do Premio Pulitzer de Drama pola súa obra Cost of Living. A obra da autora polaco-americana impúxose ás outras dúas finalistas, The Minutes, de Tracy Letts e Everybody de Branden Jacobs-Jenkins. Páxina oficial dos premios   Chris Dercon dimite como director do Volksbühne. Durante o seu curto mandato, estivo sometido a múltiples presións: os seus detractores atribuíanlle un excesivo gusto polo espectacular que crebaba a liña do seu antecesor, Frank Castorf. Máis info en ÍIpsilon   Un teatro de Konstanz (Alemaña) ofrece entradas gratis a quen luza unha esvástika. Os responsables de Mein Kampf, unha comedia negra […] - [Federico Pérez e Pepo Suevos estrean 'A culpa é do sistema'](https://erreguete.gal/2018/04/22/federico-perez-pepo-suevos-estrean-culpa-sistema/): Federico Pérez e Pepo Suevos percorrerán os teatros e auditorios de ata oito localidades durante as próximas semanas co seu novo espectáculo de improvisación A culpa é do sistema. A estrea será hoxe en Ponteareas, onde no Auditorio Reveriano Soutullo comezarán a xira desta primavera. O público marcará desde as súas butacas os temas a tratar polos cómicos sobre o escenario, provocando improvisadas críticas sobre os últimos acontecementos da actualidade. O obxectivo concreto destes dous elementos era concebir unha peza que fixese escachar ao público coa risa, pero tamén a eles mesmos. E para iso, non se lles ocorreu nada mellor que facer do público […] - [Mensaxe do Día Internacional da Danza 2018](https://erreguete.gal/2018/04/21/mensaxe-dia-internacional-da-danza-2018/): | Ohad Naharin, Israel |   Danzar é ser no momento. Trátase de escoitar o que as sensacións emiten e de permitir que esta escoita se transforme no detonante de todo tipo de sentimentos, formas e contidos. Mais lembrando sempre o lugar do que procedemos. Cando me preguntan de que trata o meu traballo a miña primeira resposta é que trata sobre si mesmo. Sobre como todos os elementos que o conforman se ensamblan para crear unha narrativa. Unha narrativa danzada sobre o volume, sobre a delicadeza, sobre o emprego dun poder fulminante. A procura do movemento, da organización e da estrutura. […] - [Os Quinquilláns celebran o Banquete de Conxo](https://erreguete.gal/2018/04/21/os-quinquillans-celebran-banquete-de-conxo/): A compañía Os Quinquilláns está a desenvolver unha serie de actividades arredor da celebración do Banquete de Conxo organizada polo Concello de Santiago. Hoxe, sábado 21 ás 18:30, Os Quinquilláns e Títeres Alakrán escenificarán en formato de títeres: De Carral a Conxo, polos vieiros da liberdade, unha montaxe sobre a celebración do Banquete de Conxo, de carácter histórico e divulgativo, e destinada a todo tipo de públicos. Mañá, domingo 22 de abril, a partir das 13:00, terá lugar un roteiro musical e teatral onde artesáns, estudantes, traballadoras, labregas e os protagonistas do Banquete (Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro) irán da man desde […] - [Nicht schlafen](https://erreguete.gal/2018/04/20/5288/): O malestar na danza | Manuel Xestoso | | Foto: Chris Van der Burght |   [Co gallo do inicio do Festival DDD – Días Da Dança o proximo 26 de abril, recuperamos esta crítica, publicada no nº 92 da erregueté, do espectáculo de Alain Platel presentado neste festival o ano pasado]   Escoller a música de Mahler e confrontala cun escenario de estética post-apocalíptica indica que se van explorar tensións que aluden á colisión entre a forma poética e a realidade, entre a sublimación da civilización e a rigorosa realidade da que parte. Nicht schlafen xoga a vincular reminiscencias dun período de […] - [O CDG inicia hoxe os "Encontros co público" do equipo de 'Divinas Palabras Revolution'](https://erreguete.gal/2018/04/19/cdg-inicia-hoxe-os-encontros-co-publico-equipo-de-divinas-palabras-revolution/): Os espectadores que acudan ás funcións dos xoves no Salón Teatro terán a oportunidade de compartir impresións co elenco da nova montaxe da compañía pública, que se pode ver en Santiago ata o 29 de abril.   O Centro Dramático Galego (CDG) retoma mañá as funcións para público xeral de Divinas Palabras Revolution, que pode verse de xoves a domingo, ata o 29 de abril, na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago. Mañá terá lugar, así mesmo, o primeiro dos dous Encontros co Público desta produción, durante os que os espectadores que asistan aos pases dos xoves terán a […] - [María Move estrea a versión escénica de 'Toda a beleza do mundo' en Carballo](https://erreguete.gal/2018/04/19/maria-move-estrea-version-escenica-de-toda-beleza-mundo-carballo/): A versión escénica de Toda a beleza do mundo, de María Move, estréase no Primavera enDanza de Carballo este sábado, 21 de abril de 2018. A obra é un solo de danza en formato de peza curta duns 25 min cuxa versión escénica durará 40 min. | Foto: Luís Martín Ruíz |   Toda a beleza do mundo é un solo de danza donde o son, a luz e o corpo viaxan a través do tempo. Un tempo sen tempo, onde o movemento expresa emocións, e crea imaxes, que guían ao espectador ás profundidades do seu propio ser interno. Unha viaxe suxerente […] - [Divinas Palabras Revolution](https://erreguete.gal/2018/04/18/divinas-palabras-revolution/): Espello en alta definición | Manuel Xestoso | | Foto: Miramemira |   Hai moita confusión: as mentiras disfrázanse de currículos, a verdade disfrázase de fake news e os reality disfrázanse de realidade. A realidade vén sendo o gran problema: nunca estamos seguros de onde atopala. Non sabemos distinguir a realidade da nosa percepción da realidade, e esa foi sempre a dificultade do realismo. Valle deixou caer que a súa fórmula era non describir a realidade, senón o que reflectían os espellos deformantes do Callejón del Gato de Madrid: definiuno como esperpento. Para dar conta do que sucede case un século […] - [A AAAG alerta do esmorecemento e da externalización do Centro Dramático Galego](https://erreguete.gal/2018/04/18/aaag-alerta-esmorecemento-da-externalizacion-centro-dramatico-galego/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a máis de 300 profesionais da interpretación e da dirección escénica, denuncia a grave situación que atravesa o Centro Dramático Galego (CDG), institución pública de teatro, definida polo esmorecemento na súa actividade ao longo dos últimos anos, a mingua da contratación de intérpretes, as polémicas que arrodean os procesos de selección de elencos, a desconexión co público, a escasa distribución das súas montaxes e un principio de externalización dos servizos artísticos. Esta Asociación alertou o ano pasado, tras a dimisión da metade do tribunal e as presuntas irregularidades […] - [XIX Mostra de Teatro Universitario de Galicia](https://erreguete.gal/2018/04/17/mostra-de-teatro-universitario-de-galicia-desenvolverase-24-de-abril-6-de-xuno/): O Teatro Principal e a Sala Roberto Vidal Bolaño acubillarán a partir da vindeira semana a 19ª Mostra de Teatro Universitario de Galicia, unha cita de entrada libre que porá sobre as táboas nove representacións e que organiza a Aula de Teatro da USC co apoio da Deputación da Coruña. A programación teatral comezará o martes 24 de abril no Teatro Principal da man da Compañía de Teatro USC-Lugo coa obra WK, unha dramaturxia de Paloma Lugilde a partir da obra Woyzeck de Georg Büchner. Está prevista unha función dobre con representacións ás 19.00 e ás 21.00 horas e aforo reducido. […] - [O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra 'Vellos namorados'](https://erreguete.gal/2018/04/17/grupo-de-teatro-senior-afundacion-presenta-obra-vellos-namorados/): O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra Vellos namorados, unha adaptación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, realizada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús. Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores serodios, tres vellos que namoran de tres mozas e como estas se aproveitan deles nun xogo de comedia. A peza mostra o medo á soidade humana mais tamén a necesidade de amar e ser amado. O Grupo de Teatro Sénior Afundación formouse no ano 1984. Na actualidade está integrado por 21 […] - [Marta Pazos dirixirá a ópera 'Je suis narcissiste' no Teatro Real de Madrid](https://erreguete.gal/2018/04/16/marta-pazos-dirixira-opera-je-suis-narcissiste-no-teatro-real-de-madrid/): Marta Pazos dirixirá para o Teatro Real de Madrid a ópera Je suis narcissiste de Raquel García Tomás, con libreto de Helena Tornero, unha produción da Òpera de Butxaca i Nova Creació, en colaboración co Teatro Real, o Teatro Español de Madrid e o Teatro Lliure de Barcelona. Raquel García-Tomás é unha das compositoras máis destacadas do panorama nacional español, e con esta posta en escena estrea mundialmente a súa ópera bufa Je suis narcissiste. Vinicius Kattah dirixe á Orquestra Titular do Real nas catro funcións da ópera no Teatro Español, primeira colaboración entre ambos teatros. O Teatro Real de Madrid presenta […] - [Teatro Proscrito leva a escena por vez primeira a obra dramática de Isaac Díaz Pardo](https://erreguete.gal/2018/04/14/teatro-proscrito-leva-escena-vez-primeira-obra-dramatica-de-isaac-diaz-pardo/): A obra teatral de Isaac Díaz Pardo será este sábado dramatizada por vez primeira grazas a un proxecto da Deputación da Coruña que produce o texto Midas dirixido por Lino Braxe para Teatro Proscrito. O espectáculo é tamén a presentación do libro que inclúe a obra xunto con O Ángulo de Pedra, un volume case descoñecido que fora publicado en Bos Aires hai setenta anos. En 1957 a Editorial Citania publicaba un volume de Isaac Díaz Pardo con dúas obras teatrais, Midas e O ángulo de pedra e unha capa ilustrada por Luís Seoane. As pezas do creador de Sargadelos ficaron case […] - [De Ste Xeito Teatro estrea 'Loló e Mamá' en Vigo](https://erreguete.gal/2018/04/14/de-ste-xeito-teatro-estrea-lolo-mama-vigo/): O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle o vindeiro 20 de abril a estrea absoluta de Loló e Mamá a nova produción de De Ste Xeito con texto e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas e interpretado por Stephy Llaryora e Josi Lage As dúas actrices encarnan a Loló e a Margot, a súa nai, que se instala en casa da primeira logo de quedar no paro, a un océano de distancia. O que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai […] - [Casting para o novo espectáculo de Pisando Ovos](https://erreguete.gal/2018/04/13/casting-novo-espectaculo-de-pisando-ovos/): A compañía Pisando Ovos realizará un taller para a selección dun novo intérprete para DIRECTO 9, próxima peza da compañía en coprodución coa AGADIC. DIRECTO 9 estará formado por 2 bailaríns/nas e un DJ. Buscamos alguén cun selo corporal persoal que se sume ao equipo formado por Fran Martínez, Jas Processor, Janet Novás, Afonso Castro, Manu Lago, Miramemira e Rut Balbís. ​Os ensaios serán entre xullo e setembro (estrea) 2018. O taller terá lugar o día 9 de maio de 09.00 h a 16.00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela. As interesadas deben enviar antes do día 5 de maio a […] - [Obradoiro de danza contemporánea en Carballo](https://erreguete.gal/2018/04/13/obradoiro-de-danza-contemporanea-carballo/): A compañía de Andrea Quintana impartirá en Carballo un obradoiro de danza contemporánea dirixido a maiores de 18 anos interesados/as na creación escénica, intérpretes, bailarinas e bailaríns e público en xeral. A través de exercicios e prácticas que foron o punto de partida para a creación de materiais de Hollywood, utilizarase o corpo pero tamén a palabra como arma destrución do sentido das cousas. Os/as participantes están convidados/as a formar parte da obra, e serán protagonistas dunha das escenas da peza Hollywood, que a compañía representará o venres no Pazo da Cultura dentro do Primavera enDanza (creación e dirección de Andrea […] - [O Concello do Grove celebra con teatro o mes do libro](https://erreguete.gal/2018/04/13/concello-grove-celebra-teatro-mes-de-libro/): O Concello do Grove xa ten preparada a súa programación para celebrar o Mes do Libro. As actividades previstas contan coa colaboración do Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia e PONTEGAL da Deputación de Pontevedra. Este sábado, 14 de abril, ás 11.30 horas, comezará a programación na Biblioteca Municipal do Grove co Debulendo lendas… galegas a cargo de Tarabelos Teatro; un contacontos dirixido a público infantil a partir de 4 anos que adapta a técnica do Kamishibai facendo das ilustracións elementos para ver e tocar, manipular, vestir… O seguinte sábado, 21 de abril, ás 11.30 horas, será a Axencia de […] - [Taller de público(s) con Sabela Mendoza no TRC Danza](https://erreguete.gal/2018/04/12/taller-de-publicos-sabela-mendoza-no-trc-danza/): Unha das novidades da Programación Expandida TRCDanza para o 2018 é a activación dun taller de público(s) da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza. A vontade é a de compartir as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea hoxe en día, acompañando a programación de primavera do ciclo TRC Danza 2018. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadores activos.   SERMOS PÚBLICO(S) Se asistir ao teatro é unha experiencia transformadora, sen dúbida o noso rol […] - [A leituga](https://erreguete.gal/2018/04/11/leituga-de-eme2/): Fisionomía da desgraza | Manuel Xestoso | | Foto: Aigi Boga |   Cando se fala de familias, xa vén sendo un tópico repetir o inicio de Anna Karenina, aquilo de que todas as familias felices se parecen pero que as infelices teñen cadansúa fisionomía particular. Non é por levarlle a contraria a Tolstoi, mais quizais o que se entendía por familia no século XIX xa non é o mesmo que entendemos agora e, daquela, os infortunios da familia que protagoniza A leituga serán moi ben coñecidos da maioría do público. Quizais houbo unha época en que un apelido obrigaba a […] - [II edición do festival "Falando a boca chea" na Coruña](https://erreguete.gal/2018/04/11/ii-edicion-festival-falando-boca-chea-na-coruna/): O Fórum Metropolitano da Coruña acolle no mes de abril a segunda edición do festival Falando a boca chea, que contará con destacadas voces da narración oral en Galicia co obxectivo de achegala a un público de todas as idades. O festival, que terá lugar entre 17 e o 21 de abril, suma espazos e expándese este ano, xa que tamén terá actividades paralelas nos concellos de Sada, Oleiros e Arteixo na área metropolitana, así como noutros espazos que habitualmente non programan eventos deste tipo, como o centro comercial Marineda City e o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa. O […] - [O CDG estrea 'Divinas Palabras Revolution'](https://erreguete.gal/2018/04/10/cdg-estrea-divinas-palabras-revolution/): O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago, Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous meses por outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español de Madrid. Xron, dirixe un espectáculo cuxo elenco está encabezado por Patricia de Lorenzo, no papel de Marigaila, e Manuel Cortés, no de Pedro Gailo. Completan o equipo actoral Antón Coucheiro (Sétimo Miau), Borja Fernández (Migueliño), Mónica […] - [Comeza na Coruña o ciclo TRC Danza 2018](https://erreguete.gal/2018/04/10/comeza-na-coruna-ciclo-trc-danza-2018/): O ciclo TRC Danza contará este ano con 16 espectáculos e unha programación complementaria que “contribúe á aprendizaxe e difusión” desta disciplina artística.   Na programación do ciclo teñen cabida tanto expresións da danza non profesionais como de artistas da contorno, que programa en 14 días un total de 16 espectáculos, nos que participan sete compañías galegas. Trátase, segundo expuxo o director do teatro na presentación do ciclo que tivo lugar onte, de propostas variadas, nas que hai equilibrio de formato e de concepción do contido, xa que haberá performance, danza contemporánea, moderna, flamenca e española, neoclásica ou instalacións. O primeiro […] - [Redrum estrea a comedia 'Estas aí?' no Teatro Colón da Coruña](https://erreguete.gal/2018/04/10/redrum-estrea-comedia-estas-ai-no-teatro-colon-da-coruna/): A compañía Redrum Teatro ultima os detalles para a estrea do seu novo espectáculo, Estas Aí?que terá lugar no Teatro Colón da Coruña os días 14 e 15 de abril ás 20:00 h. Grazas a unha colaboración de residencia artística temporal co Concello de Teo, durante os primeiros días do mes de abril a compañía Redrum Teatro está levando a cabo os últimos ensaios deste novo espectáculo protagonizado polos coñecidos actores Xúlio Abonjo e Isabel Risco e dirixido por Alex Sampayo.  Estas Aí? é unha comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento habitado por un personaxe invisible que lles […] - [Pistacatro estrea 'Orquestra de malabares' na Coruña](https://erreguete.gal/2018/04/09/pistacatro-estrea-orquestra-de-malabares-na-coruna/): Pistacatro estrea hoxe ás 11:00 no Coliseum da Coruña, o seu novo espectáculo Orquestra de Malabares coa Banda Municipal de Música. Un proxecto de Circo e Malabares que versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público e que se realizará a través da colaboración da Banda Municipal de Música de cada vila ou cidade de Galicia onde se celebre o espectáculo e un grupo de 6 malabaristas-actores-bailaríns. Os diferentes números malabares variarán segundo a intención interpretativa e o que se está a contar e a música, […] - [Xornada sobre a escena galega no programa da Deputación da Coruña 'A cultura é un dereito'](https://erreguete.gal/2018/04/09/escena-galega-no-palco-colon-xornada-escena-no-programa-da-deputacion-da-coruna-cultura-dereito/): “A escena galega no palco do Colón” é unha das tres xornadas coas que arrinca o programa “A Cultura é un Dereito” coa que a Deputación da Coruña quere destacar o carácter transformador da cultura. A responsábel da área e vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei e as persoas coordinadoras das xornadas, Alberto García, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Arantxa Estévez e Cristina Domínguez presentaron os obxectivos e contido do novo programa. Máis de cen persoas do ámbito da cultura participan nas tres xornadas coas que bota a andar o programa “A Cultura é un Dereito” que inicia a […] - [O XIX Festival de Títeres reunirá en Redondela 26 compañías](https://erreguete.gal/2018/04/07/xix-festival-de-titeres-reunira-redondela-26-companias/): Un total de 26 compañías de Perú, Reino Unido, Francia, Dinamarca, Arxentina, Portugal, Cataluña, Andalucía, Castela e León, Murcia e Galicia, compoñen o cartel da 19ª edición que se celebrará entre o 14 e o 20 de maio. A programación comezará coa campaña escolar e de sala, con actividades na rúa o Día das Letras Galegas e a fin de semana.   A XIX edición do Festival Internacional de Títeres “Juanjo Amoedo” encherá as prazas e rúas da vila do mellor teatro de monicreques do mundo do 14 ao 20 de maio. Un total de 26 compañías da máis variada procedencia […] - [Volve o Primavera enDanza de Carballo](https://erreguete.gal/2018/04/07/volve-primavera-endanza-de-carballo/): Sete espectáculos de sala, un obradoiro de danza contemporánea, encontros entre público e artistas, actuacións ao aire libre e unha oferta de actividades complementarias integran un dos programas máis extensos da Primavera enDanza, unha coidada selección dos mellores espectáculos nacionais que nos achegan á danza contemporánea. “É un dos escasísimos festivais de danza e o máis antigo de Galicia”, lembrou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na presentación do cartel. De feito, Primavera enDanza cumpre 16 anos. A primeira cita será o 13 de abril coa conferencia bailada de Toni Jodar, un espectáculo que a técnica de Cultura do Concello de Carballo, […] - [Leo Bassi, de xira por Galicia co seu último espectáculo](https://erreguete.gal/2018/04/06/5174/): En O último bufón, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos remontan a tempo a unha era na que Europa aínda tiña toda a súa inocencia e o desexo de vivir. […] - [Paula Carballeira e Fantoches Baj estrean no Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/04/06/paula-carballeira-fantoches-baj-estrean-no-salon-libro-infantil-xuvenil-de-pontevedra/): Hoxe comeza o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela preténdese render merecida homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX. Dentro do programa relacionado coas artes escénicas destacan dúas estreas: Hoxe mesmo, ás 18:00, estréase Catrina e Dona Francisca, un espectáculo de música e contos que xira arredor das catrinas, iconas da cultura do […] - [O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este venres a estrea de ‘A leituga’](https://erreguete.gal/2018/04/05/teatro-rosalia-de-castro-da-coruna-acolle-este-venres-estrea-de-leituga/): Antonio Durán ‘Morris’, María Vázquez, Xosé Barato, Mercedes Castro e Federico Pérez protagonizan esta montaxe da produtora teatral Emedous dirixida por Víctor Duplá.  | Foto: Lucía Estévez |   Este venres 6 terá lugar no Teatro Rosalía Castro da Coruña a estrea de A leituga, unha comedia dramática que reflexiona sobre as relacións familiares e o reparto dos coidados. A obra, que terá un segundo pase o sábado 7 dentro do Ciclo Principal, está dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por Antonio Durán ‘Morris’, Mercedes Castro, Federico Pérez, María Vázquez e Xosé Barato. Xunto a Paulo Rodríguez, director do Rosalía, todos […] - [Convocadas as axudas de AGADIC á distribución e promoción exterior](https://erreguete.gal/2018/04/04/convocadas-as-axudas-de-agadic-distribucion-promocion-exterior/): A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotou con 450.000 euros a nova convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). A través deste apoio, a Xunta contribúe á exhibición de espectáculos galegos profesionais fóra da nosa Comunidade, así como á promoción exterior dos nosos produtos culturais en mercados e feiras de carácter internacional. A súa finalidade é favorecer a internacionalización das nosas industrias culturais cofinanciando os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior proxección do seu […] - [Galicia Escena Pro abre a convocatoria para a selección de espectáculos](https://erreguete.gal/2018/04/04/galicia-escena-pro-abre-convocatoria-seleccion-de-espectaculos/): Catro espazos de Santiago acollerán, do 11 ao 14 de xuño, o programa de 2018, que incluirá 17 producións galegas, dúas madrileñas –en intercambio con MADFeria– e unha sesión de ‘pitching’ de dez proxectos   Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas que organiza cada ano a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abre desde hoxe e ata o 18 de abril a convocatoria para a inscrición de propostas por parte de compañías profesionais galegas de teatro, danza, novo circo e maxia. O trámite deberá realizarse a través do web www.galiciaescenapro.gal e tras a finalización do prazo, unha comisión […] - [John Strasberg impartirá un Taller de Actuación na Coruña](https://erreguete.gal/2018/04/03/john-strasberg-impartira-taller-de-actuacion-na-coruna/): O Teatro Colón acollerá entre os días 18 e 29 de xuño unha programación especial, froito da colaboración entre a Deputación e o Concello da Coruña, na que o actor e director John Strasberg impartirá un conxunto de actividades coas que achegará as técnicas interpretativas do seu “Proceso Creativo Orgánico”. ACTUALIZACIÓN: a proxección do filme Accidentalmente a propósito, pasa ao mércores 27 de xuño.   O recoñecido escritor, actor e director neoiorquino, John Strasberg, levará a cabo o vindeiro mes de xuño un conxunto de actividades formativas orientadas a todas aquelas persoas interesadas no mundo da interpretación e a formación actoral, e nas […] - [Conversa con Manuel Tudela Díaz, gañador do Certame de BD sobre Teatro](https://erreguete.gal/2018/04/03/5139/): Caixa negra, de Fernando Epelde foi o texto elixido pola erregueté para o seu VI Certame de Banda Deseñada sobre Teatro. Coa lámina “Manía”, Manuel Tudela Díaz (Madrid, 1994) foi o gañador e o encargado de adaptar para cómic a obra obtendo como resultado A caixa negra. Vinculado á escola O Garaxe Hermético, entre outros proxectos, Tudela ten participado en  libros colectivos como Verne imaxinado e O Picoto do Pai, así como na Revista Noveno nº1 e no proxecto Castelao, Alma Galega, da Editorial Galaxia. Falamos con el sobre algunhas das claves do traballo que este xoves 5 de abril se […] - [A Semana de Teatro Amador de San Telmo cumpre unha década](https://erreguete.gal/2018/04/02/semana-de-teatro-amador-de-san-telmo-cumpre-unha-decada/): As representación terán lugar no Teatro Municipal do luns 2 ao sábado 7, con seis estreas.   A Semana de Teatro Amador que se celebra co gallo das festas de San Telmo cumpre unha década. Esta iniciativa xurdiu hai dez anos co obxectivo de brindarlles aos grupos de teatro afeccionado que hai en Tui a posibilidade de actuar no Teatro Municipal de Tui nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta semana está plenamente consolidada contando cando ano co beneplácito do publico que en moitas das función completa a capacidade do teatro. A cita será do luns 2 […] - [Presentación de 'A caixa negra' de Manuel Tudela, obra gañadora do Certame de BD sobre Teatro](https://erreguete.gal/2018/04/02/presentacion-de-caixa-negra-de-manuel-tudela-obra-ganadora-certame-de-bd-teatro/): A caixa negra é unha adaptación do texto de Fernando Epelde Caixa negra e resultou gañadora no VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro que organiza a erregueté | Revista Galega de Teatro.   Este xoves 5 de abril, ás 20:30, no Café De Catro a Catro de Vigo (rúa Girona 16) a erregueté presenta a obra gañadora do VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro, A caixa negra de Manuel Tudela, baseada na obra de Fernando Epelde Caixa negra. A obra foi premiada por un xurado composto por Pepe Carreiro, ilustrador e deseñador de BD, Anxo Fariña, escritor, ilustrador […] - [Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay estrean 'Coleccionistas' na Illa](https://erreguete.gal/2018/04/02/marcos-pereiro-oswaldo-digon-santi-romay-estrean-coleccionistas-na-illa/): A Illa de Arousa acollerá o 14 de abril a estrea deste novo espectáculo, que percorrerá máis de dez localidades entre os meses de abril e xuño. Os espectadores asistirán en cada función ás máis orixinais reinterpretacións dalgunhas das obras de arte máis coñecidas.   A historia da arte chega aos teatros. Faino da man de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, os protagonistas de Coleccionistas, un novo espectáculo de comedia cargado de sorpresas no que o importante non só acontecerá sobre o escenario. Os espectadores de cada función converteranse por unha noite en afamados coleccionistas das mellores obras de […] - ['Somos criminais' estréase hoxe na Illa de Arousa](https://erreguete.gal/2018/03/30/somos-criminais-estrease-hoxe-na-illa-de-arousa/): | Foto: Marcos Martínez |   O Auditorio da Illa de Arousa será esta noite o escenario da estrea de Somos Criminais: dous dos talentos máis prolíficos da comedia en Galicia, Carlos Blanco e Touriñán, únense por primeira vez nun espectáculo conxunto, baixo a dirección de Tito Asorey e cun texto inédito de José Prieto. Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o […] - [A AAAG organiza un coloquio e un roteiro dedicados a María Casares](https://erreguete.gal/2018/03/29/aaag-organiza-coloquio-roteiro-dedicados-maria-casares/): O Roteiro, conducido polo historiador Emilio Grandío, a investigadora María Lopo e a actriz Mabel Rivera, celebrarase o sábado 7 de abril a partir das 11.30 h. cun máximo de 25 prazas previa inscrición.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lembrará no mes de abril a figura de María Casares con diferentes actos no programa de actividades paralelas á gala dos Premios de Teatro, celebrados xa a semana pasada. Neste 2018, a AAAG escolle datas próximas ao 14 de abril, aniversario da proclamación da II República, para homenaxear a actriz universal nacida na Coruña que cedeu o […] - [Convocadas as axudas a festivais de artes escénicas](https://erreguete.gal/2018/03/28/5086/): O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións da Agadic a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional cunha dotación de 460.000 euros. Esta cifra, que supón un incremento do 18% (70.000 euros) respecto ao ano pasado, distribuirase en 280.000 para os eventos musicais e 180.000 para os de escena.

   Segundo as bases que poden consultarse no web do Diario Oficial de Galicia, son obxecto desta convocatoria os festivais celebrados entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018, organizados por entidades privadas ou por administracións locais, cunha […] - [A Academia Galega de Teatro preséntase cunha proposta de reestruturación do sector](https://erreguete.gal/2018/03/28/academia-galega-de-teatro-presentase-cunha-proposta-de-reestruturacion-sector/): A nova entidade organizará un Congreso do Teatro Galego en 2020 co fin de “estruturar teatralmente Galicia”, elaborar un diagnóstico da situación e elaborar un plan estratéxico que permita intervir no sistema de xeito eficiente ao longo da década 2020-2030. | Manuel Xestoso | | Foto: Chiripa Producións |   O Día Mundial do Teatro foi a data escollida para presentar publicamente a Academia Galega de Teatro, nun acto que se celebrou no salón de actos do Consello da Cultura Galega. A Academia, constituída o pasado mes de outubro en Rianxo por un grupo de 17 persoas vinculadas ao mundo do teatro […] - [O Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo celebra a súa novena edición](https://erreguete.gal/2018/03/28/ciclo-de-teatro-afeccionado-morrazo-celebra-sua-novena-edicion/): | Foto: Incendios, da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, un dos doce colectivos participantes. Iago Costas |   O Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) prepara a súa novena edición que se desenvolverá todos os martes entre o 3 de abril e o 12 de xuño no Auditorio Municipal de Cangas. Organizado pola Asociación Cultural A Cepa e a editora da erregueté –a Asociación Cultural Entre Bambalinas-, o ciclo volve presentarse como unha das citas importantes da primavera teatral morracense e un escaparate imprescindible para achegarse á gran variedade de teatro de base que existe na comarca. Máis de […] - [Presentado o volume que recolle os textos gañadores do Premio Abrente 2016](https://erreguete.gal/2018/03/28/presentado-volume-recolle-os-textos-ganadores-premio-abrente-2016/): Os actos de celebración do Día Mundial do Teatro acolleron a presentación das obras Fendas e Todo sobre Eva, coas que Ernesto Is e Xandra Táboas, respectivamente, se fixeron ex aequo, co Premio Abrente de Textos Teatrais 2016. O galardón, que se convoca cada ano no marco da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, chega en 2018 á súa décimo terceira edición cunha dotación de 3.500 euros e a publicación do traballo gañador na colección Abrente de textos teatrais da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. “O Premio Abrente é exemplo de compromiso coa cultura e lingua propias de […] - [Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2018](https://erreguete.gal/2018/03/27/mensaxe-dia-mundial-teatro-2018/): | Simon McBurney, Reino Unido |   A media milla da costa da Cirenaica, no Noroeste de Libia, existe un amplo abrigo rochoso. Ten 80 metros de largo e 20 de altura. No dialecto local chámanlle Hauh Fteah. Análises de datación de carbono-14 realizadas en 1951demostraron unha ocupación humana ininterrompida ao longo de, polo menos, 100.000 anos. Entre os útiles desenterrados, había unha frauta de óso datada entre hai 40 e 70.000 anos. Sendo neno, cando oín isto, pregunteille ao meu pai: “Tiñan música?” El sorriu. “Como todas as comunidades humanas”. Meu pai era un historiador nado en América e especializado na […] - [A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle](https://erreguete.gal/2018/03/26/asociacion-cultural-alexandre-boveda-convoca-i-premio-de-teatro-breve-jenaro-marinhas-del-valle/): A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, que se rexerá por estas bases: Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre. As obras presentadas terán un máximo de 20 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo. Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, o grupo teatral da Agrupación Cultural Alexandre […] - [Javier Martín inicia o programa de Residencias Paraíso con "Método negro"](https://erreguete.gal/2018/03/25/javier-martin-inicia-programa-de-residencias-paraiso-metodo-negro/): O coreógrafo abre na Coruña o programa de Residencias Paraíso 2018. |Foto: Carlos Bernar|   O Teatro Colón de A Coruña acolle desde o luns 26 de marzo e durante dúas semanas consecutivas o proxecto de investigación en comunidade e a residencia técnica de Método negro, do coreógrafo Javier Martín. A iniciativa, impulsada desde o Colectivo RPM enmárcase no programa de residencias artísticas Paraíso 2018 Dentro das actividades públicas da residencia, Javier Martín dedicará dúas xornadas para abrir seu código de traballo ao público a través de diversas accións expandidas que ofrecerán a oportunidade de coñecer de cerca tanto ao artista como […] - [Nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense](https://erreguete.gal/2018/03/24/nova-edicion-da-mostra-internacional-de-teatro-universitario-de-ourense/): Unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense comezará o próximo 12 de abril, cun programa que inclúe a participación de 28 grupos procedentes de sete países, 15 de aulas universitarias e o resto, profesionais. Liñas básicas desta edición do certame, que se desenvolverá ata o 28 de abril, serán o humor –coas actuacións previstas de Leo Bassi e Yllana– o compromiso social –con representantes de grupos de Marrocos, Guinea Ecuatorial e Perú– e o achegamento a Portugal. A Mostra arranca o 12 co actuación da Aula Universitaria de Ourense Rosaura, que representará o seu espectáculo Sen pés nin cabeza, nunha […] - [O CDG abre a súa sede ao público para festexar o Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2018/03/24/cdg-abre-sua-sede-ao-publico-festexar-dia-mundial-teatro/): O Salón Teatro desenvolverá unha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo con visitas guiadas gratuítas en cinco quendas.   O Centro Dramático Galego (CDG) festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo na súa sede en Santiago. A iniciativa amosaralle ao público o edificio do Salón Teatro e a súa historia, ao tempo que lles permitirá coñecer máis a fondo o día a día nos escenarios. Están previstas cinco visitas ao longo do día: tres pola mañá (10,00 h., 11,30 h. e 13,00 h.) e dúas pola tarde (16,30 h., […] - [Nada que perder, por Quico Cadaval](https://erreguete.gal/2018/03/23/nada-perder-quico-cadaval/): Co galo dos catro Premios María Casares obtidos por A cabeza do Dragón (Mellor Vestiario, Mellor Tradución / Adaptación, Mellor Actor Secundario, Mellor Actor Protagonista), especialmente polo premio á mellor tradución / adaptación, recuperamos este artigo de Quico Cadaval, publicado na erregueté nº 90 no que o tradutor e director da obra expón a súa visión sobre o “reto” de traducir a Valle-Inclán ao galego.  | Texto: Quico Cadaval | | Foto: Natasha Lelenco |   Nada que perder Moita gente pergunta-me polas dificuldades de traduzir Valle-Inclán ao galego. Nom reparam em que a própria pergunta influi maliciosamente na resposta. Dificuldades? Todas! […] - [Os contos da VI edición do Festival Atlántica chegaron a máis de 5000 persoas](https://erreguete.gal/2018/03/23/os-contos-da-vi-edicion-festival-atlantica-chegaron-mais-de-5000-persoas/): O Festival Atlántica rematou este mércores a súa sexta edición reafirmándose na súa vontade de ir cara a un encontro cada vez máis inclusivo e consolidando a fórmula de festival multisede que inaugurou o ano pasado. Así, 5491 espectadores dos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Ferrol, Lalín, Teo e Pazos de Borbén puideron gozar cos 52 espectáculos que ofreceron os 25 artistas convidados. Como en edicións previas, o festival volveu facer fincapé na programación infantil, un esforzo que se materializou nas numerosas funcións en centros de ensino e mesmo en actividades novas como a suite narrada no Teatro […] - [A Panadaría: "Historicamente o humor sempre foi un campo vedado ás mulleres" ](https://erreguete.gal/2018/03/22/panadaria-historicamente-humor-sempre-foi-campo-vedado-as-mulleres/): “Historicamente o humor sempre foi un campo vedado ás mulleres” A Panadaría vén de acadar catro premios María Casares -Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal-, con Elisa e Marcela. Gena Baamonde dirixe a Areta Bolado Ailén Kendelman e Noelia Castro nesta historia de amor que desde o humor e o falso documental homenaxea ás figuras de Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas, que en 1901 casaron na igrexa de San Xurxo na Coruña. A erregueté falou con estas mulleres de teatro en estado puro. | Vanesa M. Sotelo | | Foto: La Diapo / AAAG | […] - [Nova Galega de Danza, IlMaquinario e Cándido Pazó, candidatos aos Premios Max](https://erreguete.gal/2018/03/22/nova-galega-de-danza-ilmaquinario-candido-pazo-candidatos-aos-premios-max/): Nova Galega de Danza e o seu espectáculo Son encabeza a lista de candidatos galegos con cinco candidaturas. | Foto: Moncho Fuentes |   Nova Galega de Danza e o seu espectáculo Son optan a cinco Premios Max das Artes Escénicas: mellor espectáculo de danza, mellor coreografía (Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez, Carmelo Segura), mellor composición musical para espectáculo escénico (Sergio Moure de Oteyza) mellor vestiario (Sara Sanchez) e mellor iluminación (Luis Perdiguero). Resaca, de IlMaquinario, resultou escollido como candidata a dous galardóns: mellor espectáculo revelación e mellor autoría revelación (Tito Asorey e Ana Carreira). Ademais, Cándido Pazó é candidato ao premio […] - [Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras](https://erreguete.gal/2018/03/21/os-xxii-premios-de-teatro-maria-casares-xa-tenen-ganadoras/): Elisa e Marcela faise co premio ao mellor espectáculo, á mellor dirección, á mellor actriz protagonista e ao mellor texto orixinal. A galiña azul, de Tanxarina, leva o premio ao mellor espectáculo infantil   Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores e gañadoras. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 9 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmitiu en streaming polo web da TVG e […] - [María Casares 2018. Todos os premios](https://erreguete.gal/2018/03/21/maria-casares-2018-todos-os-premios/): Premio María Casares 2018 á Mellor Maquillaxe a Trini F. Silva, por Outono de Pistacatro Premio María Casares 2018 ao Mellor Vestiario a Suso Montero, por A cabeza do dragón, de Producións Teatrais Excéntricas Premio María Casares 2018 á Mellor Iluminación a Jose Manuel Faro “Coti”, por Resaca, de IlMaquinario Teatro Premio María Casares 2018 á Mellor Escenografía a Laura Iturralde e Montse Piñeiro, por Resaca, de IlMaquinario Teatro Premio María Casares 2018 á Mellor Música Orixinal a Vadim Yukhnevich, por Resaca, de IlMaquinario Teatro Premio María Casares 2018 á Mellor Adaptación / Tradución a Quico Cadaval, por A cabeza do dragón, de […] - [A TVG retransmitirá a gala dos María Casares](https://erreguete.gal/2018/03/21/tvg-retransmitira-gala-dos-maria-casares/): A gala poderase seguir en directo por streaming na web da TVG ás 21.00 horas a través desta ligazón que estará operativa ao comezar a gala ás 21.00 horas. A TVG emitirá en diferido a gala pola súa segunda canle, ás 22.45.   A gala dos XXII Premios de Teatro María Casares, que terá lugar hoxe no Teatro Rosalía Castro da Coruña, conmemorará o corenta aniversario de teatro profesional en Galicia, xa que foi en 1978 o ano no que estrearon obras compañías xa profesionais como Antroido, Troula ou Artello. Deste xeito, a gala ademais de festexar a gran produción teatral […] - [Convocado o Premio Teatro Autor Exprés 2018 da SGAE](https://erreguete.gal/2018/03/20/convocado-premio-teatro-autor-expres-2018-da-sgae/): A Fundación SGAE abriu unha nova liña editorial, a colección Teatro Autor Exprés, para apoiar a promoción e difusión dos textos teatrais obxecto de estrea. Trátase dunha colección non venal, cunha edición limitada a 250 exemplares, que lle serán entregados ao autor con motivo da estrea e distribuídos entre profesionais, críticos, académicos, etc. Nesta convocatoria seleccionaranse un máximo de 5 obras.   A convocatoria rexerase por estas bases. Primeira: solicitantes A Fundación SGAE estudará as solicitudes de edición presentadas por autores vivos membros de SGAE. Segunda: requisitos das obras As obras presentadas a esta convocatoria deben cumprir as seguintes condicións: Estar rexistradas na SGAE. As obras […] - [O CGAI proxecta ‘O testamento de Orfeo’ en homenaxe a María Casares](https://erreguete.gal/2018/03/20/cgai-proxecta-testamento-de-orfeo-homenaxe-maria-casares/): A película de Jean Cocteau, que conta no elenco con María Casares, poderase ver de balde até completar o aforo ás 20.00 h. A proxección enmárcase dentro das actividades paralelas que a AAAG organiza pola gala dos Premios de Teatro María Casares.   O Centro Galego de Artes de Imaxe (CGAI) proxectará hoxe, véspera da gala dos XXII Premios de Teatro María Casares, a película O testamento de Orfeo, célebre fita do director francés Jean Cocteau que conta no seu elenco coa actriz nacida na Coruña que lle dá nome aos premios de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices […] - [Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade](https://erreguete.gal/2018/03/20/dia-mundial-teatro-infancia-mocidade/): O 20 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade e ASSITEJ (Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade) quere celebralo coa mensaxe ‘Leva a unha crianza ao teatro hoxe’, lembrando o valor do teatro no desenvolvemento da infancia e a mocidade. Máis de 80 países sumaranse a esta celebración. O Día Mundial é unha campaña global. ASSITEJ ten máis de 80 centros nacionais así como redes profesionais con afiliados en 100 países. O dramaturgo e ilustrador Mo Willems foi o escollido para redactar a mensaxe internacional que celebra este día e […] - [O Festival Atlántica celebra o Día Mundial da Narración Oral](https://erreguete.gal/2018/03/19/festival-atlantica-celebra-dia-mundial-da-narracion-oral/): En Santiago, Manuel Gago estreará o paseo con contos A Almáciga: cando as periferias explican o mundo, mentres que o camerunés Boniface Ofogo ofrecerá dous espectáculos en Lalín.   O Festival Atlántica participa este martes, 20 de marzo, nas celebracións do Día Mundial da Narración Oral cun paseo con contos por Santiago da man de Manuel Gago e dous espectáculos de Boniface Ofogo en Lalín. O Atlántica súmase deste xeito á gran festa da narración oral, unha celebración que empezou no ano 1991 en Suecia e que este ano ten como tema ‘os tolos sabios’. As tres actividades son gratuítas, pero no caso […] - [Entrevista a João Pinto de Projeto Ez](https://erreguete.gal/2018/03/19/entrevista-joao-pinto-de-projeto-ez/): | Xoán Carlos Riobó |  Santa Maria da Feira, ao sur do Porto e a menos de hora e media de Tui, é a cidade elixida este ano como Capital da Cultura do Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal. Projeto Ez é unha compañía de teatro de rúa itinerante creada nesta vila portuguesa no ano 2012. Participaron na última edición da Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas FETEN, celebrada na cidade de Xixón entre os días 18 e 23 de febreiro.   Por que creastes a compañía? Encántame a rúa e a experimentación. Eu medrei […] - [A ilustradora Xulia Vicente deseña o cartel dos XXII Premios María Casares](https://erreguete.gal/2018/03/18/ilustradora-xulia-vicente-desena-cartel-dos-xxii-premios-maria-casares/): Os XXII Premios de Teatro María Casares, organizados anualmente dende 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebraranse o vindeiro mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña cunha gala conducida por Talía Teatro baixo a dirección de Artur Trillo, interpretada por Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Marta Lado, Marta Ríos, Diego Rey, Dani Trillo, María Ordoñez e Toño Casais e o acompañamento musical do Coro Encaixe. Durante a gala, Rosa Álvarez recibirá o Premio de Honra e Aldaolado lerán o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Ademais, este ano, os premios contan cunha novidade en […] - [Libros: novidades](https://erreguete.gal/2018/03/17/libros-novidades/): O Tartufo, de Molière. Tradución de Henrique Harguindey, Laiovento. 130 páxs. «O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas. Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións; en verso, por […] - [Os María Casares celebran o corenta aniversario do teatro profesional en Galicia](https://erreguete.gal/2018/03/16/os-maria-casares-celebran-corenta-aniversario-teatro-profesional-galicia/): O Teatro Rosalía Castro acollerá o mércores 21 de marzo unha cerimonia de entrega dirixida por Artur Trillo, cun elenco formado por Dani Trillo, Marta Lado, Marta Ríos, María Ordóñez, Xurxo Barcala, Toño Casais, Diego Rey e Rubén Prieto e o acompañamento do Coro Encaixe   A gala dos XXII Premios de Teatro María Casares, que terá lugar o vindeiro mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, conmemorará o corenta aniversario de teatro profesional en Galicia, xa que foi en 1978 o ano no que estrearon obras compañías xa profesionais como Antroido, Troula ou Artello. Deste xeito, a gala […] - [Liliom](https://erreguete.gal/2018/07/13/liliom/): Mirada compasiva | Manuel Xestoso | | Foto: Pascal Victor |   Hai un tipo de heroe que combina o estigma da brecha social co malditismo do nihilista. Un heroe moi celebrado polos franceses que contribuíron a transformar en mito algúns deses personaxes extraídos dos subterráneos da sociedade e que transitan pola estreita fronteira que separa a poesía da delincuencia: o Querelle de Fassbinder ou o Roberto Zucco de Koltés pertencen a esa estirpe. Pero xa antes Ferenc Molnár escribira este Liliom, que combina o lirismo e a ferocidade para refutar a orde máis sagrada da burguesía, a do traballo e […] - [Paraíso Pintado](https://erreguete.gal/2018/07/11/paraiso-pintado/): A ilusión perdida | Manuel Xestoso|   [Paraíso pintado, de Pepa Plana, foi o espectáculo gañador do Premio do Público da XXXV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas]   Predica co exemplo: o seu é un humor sen violencia que prescinde da clásica labazada e busca a graza no insólito e na perplexidade ante unha orde que non acaba de entender. Pepa Plana é, en Paraíso pintado, un deses anxos pintados en cadros de gusto dubidoso que existen en certas salas de estar, un anxo ao que lle aburre a harmonía impostada dese paraíso de andar por casa […] - [Novos proxectos de Chévere](https://erreguete.gal/2018/07/11/novos-proxectos-de-chevere/): Despois do seu regreso ao Salón Teatro de Compostela para realizar as últimas funcións de Divinas Palabras Revolution para o CDG, Chévere continúa coa súa actividade escénica. Unha das primeiras paradas será o venres 17 de agosto na XL Mostra de Teatro Galego de Cariño coa comedia musical Río Bravo 3.1: un western escénico con Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Xron, Marcos Ptt Carballido e a música de Ramón Orencio e Xacobe Martínez. De cara ao vindeiro outono, o cabaret singular da Ultranoite regresa a Teo os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 setembro. As entradas están á […] - [Filhos do retorno](https://erreguete.gal/2018/07/10/filhos-do-retorno/): Silencios: miradas dos fillos, memorias dos pais | Vanesa Sotelo |   [Filhos do retorno acaba de exhibirse no Teatro Nacional Dona María de Lisboa: con este motivo, recuperamos esta crítica, publicada no nº 92 da erregueté e escrita co gallo da súa estrea no FITEI do Porto.]   Filhos do retorno é o proxecto da compañía portuguesa Teatro do Vestido que nace a partir da memoria e os recordos de persoas cuxos familiares próximos viviron en África no período colonial portugués anterior ao 25 de abril de 1974. Con este traballo estreado no Teatro Campo Alegre durante o FITEI de Porto, […] - [Semana de teatro para familias en Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/07/09/semana-de-teatro-as-familias-pontevedra/): A partir de hoxe, chega a Pontevedra un ciclo de seis actuacións de música, maxia e teatro para público familiar, dentro da programación do programa Cultura non  Camiño, que promove a Xunta de Galicia. A praza do Teucro será o escenario de seis espectáculos, que terán lugar de luns a sábado, ás 19:30. O ciclo comeza este luns día 9 co espectáculo Bon appétit, da compañía Ghazafelhos, unha proposta de teatro xestual con monicreques e música. O martes 10 terá lugar o concerto do grupo Trotaventos, que ofrece en directo os temas do seu libro-disco A fiestra dos soños. O mércores 11, […] - [Bettina Kohlhaas dirixirá o Teatro Colón da Coruña](https://erreguete.gal/2018/07/08/bettina-kohlass-dirixira-teatro-colon-da-coruna/): O Concello da Coruña incorpora á xestora cultural Bettina Kohlhaas na dirección do Teatro Colón, tras aprobar o consello reitor do IMCE o seu nomeamento este xoves. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que a elección da xornalista e xestora cultural, “que conta cunha ampla traxectoria profesional”, responde “ao seu coñecemento tanto a cidade como a realidade cultural local e de Galicia, que aplicará á xestión do Teatro Colón”, recinto do que o Concello asumiu a súa cesión temporal o 2 de xullo. Bettina Kohlhaas (León, 1972) é licenciada en Ciencias da Comunicación –especializada en xornalismo e relacións […] - [Comeza a XXXI edición das Noites Teatrais de Vilamarín](https://erreguete.gal/2018/07/07/comeza-xxxi-edicion-das-noites-teatrais-de-vilamarin/): O concello de Vilamarín prepárase para acoller un ano máis as tradicionais “Noites teatrais”, que este ano chegan a súa XXXI edición cun programa que inclúe espectáculos de referencia na dramaturxia galega e que se celebrarán do 9 ao 13 de xullo, cada día ás 22.30 horas, no auditorio municipal. O programa ofrece cinco días de espectáculos. Dará comezo o 9 de xullo co Grupo de Teatro de Vilamarín, no que participan actores de entre 12 e 65 anos co espectáculo Os cravos de prata. O día 10 será a quenda para a Aula de Teatro Universitario de Ourense, Maricastaña, que […] - [Marta Buchaca: “A comicidade nas miñas obras sempre parte da cotidianeidade”](https://erreguete.gal/2018/07/06/marta-buchaca-comicidade-nas-minas-obras-sempre-parte-da-cotidianeidade/): Marta Buchaca (Barcelona, 1979) é autora de Playoff, que este venres se presenta no Auditorio de Cangas a partir das 22.30 dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. Da súa man coñecemos algunhas das claves da súa obra e do proceso creativo deste espectáculo de La Joven Compañía. | Vanesa Sotelo | | Foto: David Ruano |   Playoff preséntase como unha traxicomedia que se sitúa no vestiario dun equipo de fútbol feminino durante o partido máis importante da súa vida. Que tipo de humor vai atopar nela o público da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de […] - [Irmandade a prol do humor entre a Mostra de Teatro de Cangas e o Singlot Festival de Girona](https://erreguete.gal/2018/07/06/irmandade-prol-humor-mostra-de-teatro-de-cangas-singlot-festival-de-girona/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o Singlot Festival de Sant Feliu de Guixols (Girona) unen as súas forzas en favor da defensa de humor e a liberdade creativa. Ambos os dous festivais de teatro veñen de firmar un manifesto conxunto no que resaltan a importancia do humor como ferramenta capaz de “cruzar obstáculos e fronteiras, romper moldes e unir persoas, países e culturas”. O Singlot Festival, que este ano celebra a súa cuarta edición, é un festival creado e producido por El Terrat e TheProject dentro do Festival Porta Ferrada que en 2018 chega á […] - [Nómades](https://erreguete.gal/2018/07/06/nomades/): Anécdota e efecto | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Foto Estudio |   O asunto da identidade de xénero ten tantas arestas que cómpre ter claro cal é o relato que queremos transmitir para ter éxito en vencer esas resistencias ao cambio de que facemos gala os seres humanos. A identidade adoita ser unha construción demasiado fixada nas nosas mentes, e propoñer unha transformación debe contar cun argumentario convincente que lles permita aos espectadores atreverse a pensar sen as pexas que a tradición nos obriga a arrastrar. Nómades parte da convicción de que o público comparte o seu punto de vista, […] - [Hoxe comeza o programa da VIII edición de Corpo (a) terra](https://erreguete.gal/2018/07/06/hoxe-comeza-programa-da-viii-edicion-de-corpo-terra/): A euforia do corpo: iso é o que pretende recuperar esta edición do festival Corpo (a) terra,. E farao saíndo de Ourense para se expandir por Nogueira de Ramuín e Allariz, nun anhelo de estender a danza máis alá da contorna urbana de Ourense. As actuacións do festival comezarán precisamente hoxe, venres 6, en Nogueira de Ramuín, onde Ánxela Blanco presentará Voo, un traballo aínda en proceso. Tamén hoxe en Nogueira de Ramuín, o madrileño Jesús Rubio Gamo estará no Claustro dos Bispos de Santo Estevo de Ribas de Sil con Ahora que no somos demasiado viejos todavía, unha peza de […] - [Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)](https://erreguete.gal/2018/07/05/na-butaca-fantasia-no-3-dor-maior/): Un fondo sen pozo | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Foto Estudio |   Non engadir trauma ao trauma: esta é a dimensión do monólogo escollida para representar unha enfermidade que segue sendo un enigma. E non se trata tanto de revelar ese enigma como de internarse no que podería ser habitar o esquecemento, dotar dunha voz a quen non lembra a linguaxe. Na butaca é un espléndido exercicio de introspección que dota de dignidade e verosimilitude o mal do Alzheimer, unha reinvención da traxedia que pretende crear empatía alí onde todas as pontes crebaron. Reducilo todo á esencia máis […] - [Comezou o XXXV Festival de Almada](https://erreguete.gal/2018/07/05/comezou-xxxv-festival-de-almada/): Do 4 ao 18 de xullo celébrase a 35ª edición do Festival de Almada. Nun ano no que esta histórica cita coa escena internacional viu reducido o seu orzamento nun 25% con respecto ao cuadrienio anterior, a Companhia de Teatro de Almada cumpre 40 anos de vida e continúa o seu proxecto cun programa que aposta pola diversidade de linguaxes artísticas e aborda diferentes correntes estéticas. 24 espectáculos conforman o programa desta nova edición que se distribúe por 11 espazos do municipio almadense e Lisboa. O espectáculo Bigre-mélo burlesque, gañador do Premio de Honra en 2017, foi o encargado, onte, de […] - [AGADIC fai públicas as axudas aos Festivais de Teatro](https://erreguete.gal/2018/07/05/agadic-publica-as-axudas-aos-festivais-de-teatro/): A Agadic publicou onte no seu web a resolución das axudas ás mostras de artes escénicas, convocadas xunto coas de festivais de música, actualmente en trámite de resolución. As oito mostras de teatro que resultaron beneficiadas, repartirán a cifra de 180.000 euros.   Os beneficiarios deste ano son o 27º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, con 50.000 euros; a 35ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, con 39.405 euros; o 22º Festival Internacional Galicreques de Santiago, con 26.471 euros; o 11º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), con 24.445 euros; a 40ª Mostra de Teatro […] - [Casilda Alfaro e Adrián Ríos: "Silda & Hadrián é un agasallo de Manuel Lourenzo sobre dúas formas de ver o teatro"](https://erreguete.gal/2018/07/04/casilda-alfaro-adrian-rios-silda-hadrian-agasallo-de-manuel-lourenzo-duas-formas-de-ver-teatro/): Casilda Alfaro e Adrián Ríos presentan este mércores 4 de xullo, ás 00.30, no Salasón, Silda & Hadrián, unha micropeza escrita por Manuel Lourenzo e dirixida por Salvador del Río e na que conflúen dúas xeracións e dúas formas de ver o mundo e o teatro. Conversamos cos dous intépretes do Morrazo para coñecer un pouco máis sobre este proxecto que convida a reflexionar sobre o oficio actoral. |Vanesa M. Sotelo|   Que é e como nace Silda & Hadrián? ADRIÁN.- Nace con Manuel Lourenzo durante o Festival Internacional de Outono de Carballo ao descubrir que Silda e mais eu nos coñeciamos […] - [Mendoza](https://erreguete.gal/2018/07/04/mendoza/): Shakespeare en México | Manuel Xestoso |   En Mendoza hai ruído, hai furia e hai sangue, moito sangue. Todo o sangue escocés de Macbeth tingue unha outra xeografía que non é allea á sede de poder e á avaricia, nin tampouco á ferocidade necesaria para satisfacer eses pecados capitais que converten aos seres humanos en idiotas que contan contos que non significan nada. En Mendoza eses contos explícanse mediante unha fermosa e inmensa construción da linguaxe, pero non a de Shakespeare, senón a de Juan Rulfo e a dos campesiños de Oaxaca: non existe beleza lingüística que non teña os […] - [A Mostra de Cariño presenta a súa 40ª edición](https://erreguete.gal/2018/07/03/mostra-de-carino-presenta-sua-40a-edicion/): Natalia Outeiro “Pajarito”, Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A Panadaría, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere entre as propostas do programa da Mostra, que se desenvolverá do 11 ao 17 de agosto.   A Mostra de Teatro Galego de Cariño anunciou esta mañá na Coruña a programación que desenvolverá do 11 ao 17 de agosto para conmemorar os seus 40 anos de traxectoria, celebración que confirma este encontro como decano na difusión dos espectáculos producidos en Galicia. O programa ficará dividido en catro apartados diferentes, contando con seis espectáculos que se desenvolverán na rúa; diferentes actuacións de programación […] - [Atenea García, de Xarope Tulú: “En Nómades tentamos definir moldes para logo cuestionalos”](https://erreguete.gal/2018/07/03/atenea-garcia-de-xarope-tulu-nomades-tentamos-definir-moldes-logo-cuestionalos/): Xarope Tulú desembarca esta tarde no Auditorio de Cangas ás 21.00 horas coa estrea de Nómades dentro da 35 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Dirixida por Gena Baamonde e cun elenco formado por Atenea García, Diego Martínez e María Roja, Nómades explora a diversidade e cuestiona o binarismo do ser home ou muller como únicos xéneros habitables. Formada pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano, esta compañía fundada en 2015 e que aposta por unha linguaxe contemporánea destinada ao público infantil e adolescente. | Vanesa M Sotelo | | Foto: Laure Iturralde |   Antes […] - [Pregón da 35ª Mostra de Teatro de Cangas, por Eduardo R. Cunha "Tatán"](https://erreguete.gal/2018/07/02/pregon-da-35a-mostra-de-teatro-de-cangas-eduardo-r-cunha-tatan/): Para que che inviten a ser pregoeiro da Mostra de Cangas tes que ser alguén importante e hai pouca xente tan importante como Eduardo R. Cunha “Tatán”. A asociación entre a Mostra e Tatán é, daquela, unha alianza importante á que a erregueté –por suxestión de xente importante– non podía permanecer allea. Reproducimos aquí o pregón co que deu inicio a 35ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Feliz aniversario a todas! Para que che conviden a dicir un pregón na Mostra de Teatro de Cangas teñen que acontecerche moitas cousas na tua vida teatral, moitísimas, ou polo […] - [María Armesto: “O humor é unha arma de construción masiva”](https://erreguete.gal/2018/07/02/maria-armesto-humor-unha-arma-de-construcion-masiva/): Humor, paridade e convivencia interxeracional son tres selos distintivos da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que se desenvolve desde o 29 de xuño ata o 8 de xullo. O esperpento de Divinas Palabras Revolution, o clown de Paraíso Pintado, a fantasía en dor menor de Na butaca ou a aceda cea de A Leituga foron algunhas das propostas para a primeira fin de semana dun programa que inclúe un nutrido abano de actividades paralelas e das XVIII Mulleres en Acción. A erregueté conversou con María Armesto, directora artística desta cita imprescindible coa escena que neste 2018 chega […] - ['Divinas Palabras Revolution' volve esta semana ao Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2018/07/02/divinas-palabras-revolution-volve-esta-semana-ao-salon-teatro-de-compostela/): O CDG programa unha función inclusiva do espectáculo o venres 6 na que se facilitará audiodescrición, tradución á linguaxe de signos, accesibilidade e programa de man de lectura fácil.   O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution regresa do xoves 5 ao domingo 8 ao Salón Teatro de Santiago para se despedir do público no mesmo escenario no que esta adaptación da obra de Valle-Inclán foi estreada o 12 de abril e onde, por vez primeira, se desenvolverá unha función inclusiva o venres 6. Esta é unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela desta montaxe, dirixida […] - [Comeza o circuíto de teatro amador Buxiganga da Deputación de Lugo](https://erreguete.gal/2018/07/01/comeza-circuito-de-teatro-amador-buxiganga-da-deputacion-de-lugo/): Buxiganga ofrece, dende os meses de xuño a novembro, 109 actuacións de grupos teatrais en 50 concellos da provincia. Trátase da iniciativa posta en marcha pola Deputación Provincial de Lugo para dinamizar a actividade cultural nos municipios e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses. Este ano xa celebra a 10ª Edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición […] - [Entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2018/06/30/entrega-premio-i-certame-de-textos-teatrais-roberto-vidal-bolano/): Este sábado 30, ás 19:00h, terá lugar no Bar Liceum do Porriño o acto de entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, do que resultou gañador, a principios de xuño, Fernando Castro Paredes coa súa obra A derradeira bala. Ademais do gañador, intervirán no acto Francisco Castro, director xeral de Galaxia, e Delio García, profesor do IES Ribeira do Louro. Dará lectura á acta do xurado Raquel Castro. A música porana Fernando Abreu e David Barros. Un xurado composto por Esther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira e Manuel Núñez Singala, polo profesor Delio García Represas, e […] - [Voadora estreará unha ópera de Fernando Buíde e Fernando Epelde en 2019](https://erreguete.gal/2018/06/29/voadora-estreara-unha-opera-de-fernando-buide-fernando-epelde-2019/): En novembro de 2019 estrearase en Santiago e Vigo A amnesia de Clío, unha ópera con música de Fernando Buíde e libreto de Fernando Epelde, que constituirá a primeira produción deste xénero da compañía Voadora. A dirección escénica correrá a cargo de Marta Pazos, mentres que Paul Daniels se fará cargo da dirección musical á fronte da Real Filharmonía de Galicia. A Amnesia de Clío vai ser unha ópera en tres actos sobre unha hora e media de duración. O rol principal será Cicciolina, nome artístico de Ilona Staller, unha estrela do cine porno nos anos oitenta que chegou a desenvolver unha […] - [Os escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso, Premios de Honra da Mostra de Ribadavia](https://erreguete.gal/2018/06/28/os-escenografos-suso-montero-carlos-alonso-premios-de-honra-da-mostra-de-ribadavia/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de concederlles o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” aos escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso [na imaxe], nun ano en que o festival lle outorgará un especial protagonismo á escenografía. Suso Montero traballa tanto no ámbito das Artes Escénicas como no sector audiovisual ou no deseño de espazos efémeros para galas e eventos. Unha boa cantidade de compañías galegas requeriron os seus servizos para o deseño de espazos escénicos, dende o Centro Dramático Galego a Eme2, Redrum ou Chévere. Unha das súas últimas obras, puido verse na produción Divinas Palabras Revolution, un […] - [John Strasberg pecha a súa estadía na Coruña cunha masterclass no Colón](https://erreguete.gal/2018/06/28/john-strasberg-pecha-sua-estadia-na-coruna-cunha-masterclass-no-colon/): O recoñecido actor, escritor e director norteamericano, John Strasberg, culminará este venres 29 de xuño a súa estadía no Teatro Colón da Coruña, co desenvolvemento dunha masterclass en que achegará as trabes do seu traballo como actor, director e mestre de actores. Tras pasar dúas semanas na Coruña, en que levou a cabo diversos obradoiros de interpretación e achegou o seu Proceso Creativo Orgánico a 31 actores e actrices, e 50 ouvintes, John Strasberg porá fin a súa viaxe por terras galegas cunha sesión especial en que exporá os seus coñecementos e experiencia profesional. Moderada polo actor e alumno, Mateo Franco, […] - [Presentación en Lalín do libro sobre Barriga Verde, 'Sen medo ao demo', de Comba Campoi](https://erreguete.gal/2018/06/28/presentacion-lalin-libro-barriga-verde-sen-medo-ao-demo-de-comba-campoi/): O vindeiro venres 6 de xullo, ás 20:30, presentarase no Pazo de Liñares de Lalín o libro Sen medo ao demo, de Comba Campoi, editado por Dr. Alveiros, un selo editorial da Fundación Vicente Risco. O libro está baseado na tese de doutoramento da autora, O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas. O caso da barraca de Barriga Verde na Galiza de Postguerra (1939-1960), e recibiu un accesit do xuri do XXII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, que recomendou a súa publicación. Este estudo –cuxo título completo é Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da […] - [Rolda Internacional: 28 / 06 / 2018](https://erreguete.gal/2018/06/28/rolda-internacional-28-06-2018/): A Ópera de Budapest suspende o musical ‘Billy Elliot’ tras unha campaña homófoba que asegura que a obra ‘incita á homosexualidade’ aos mozos. A campaña foi iniciada por un medio de comunicación próximo ao goberno de Viktor Orbán. A Ópera de Budapest, non obstante, desmente que as funcións fosen canceladas pola campaña mediática, e atribúe a suspensión ao descenso do interese entre o público. No seu web aínda se poden adquirir entradas para o espectáculo nos días vindeiros. A nova no Diario de Notícias   Un documentario sobre Rudolf Nureyev descobre 16 minutos de metraxe inédita. A maioría das imaxes amosan obras […] - [Patricia de Lorenzo intervén n'O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña](https://erreguete.gal/2018/06/27/patricia-de-lorenzo-interven-no-teatrino-da-fundacion-luis-seoane-da-coruna/): Un soño cumprido é o título da peza coa que a actriz Patricia de Lorenzo intervén este sábado, na Fundación Luís Seoane, ás 22:30, n’O teatriño, un proxecto comisariado por Camilo Franco que indaga na relación entre diferentes actrices da escena galega e o público, a través da posta en escena de pequenas representacións dunha duración de 45 minutos nas que se convida ás intérpretes a que conten o que queiran e como queiran co menor artificio posible, sen decorados, nin vestiario especial, eliminando a distancia entre elas e os espectadores, nunha montaxe única que non volverá representarse nunca máis. O teatriño […] - [Escola de Verán para Actores e Actrices en Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2018/06/25/escola-de-veran-actores-actrices-viana-castelo/): Están abertas as candidaturas para a ‘Escola de Verão para Atores 2018’ que organiza o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, co tema “Shakespeare, Sonetos, Sequências”. A Escola de Verão para Atores 2018 consiste nunha formación intensiva dirixida a actores profesionais e estudantes de teatro que acontece en pleno Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo, proporcionando unha experiencia singular de formación en réxime de residencia aberta con un formador de recoñecido mérito para cada unha das áreas abordadas: Criação I – Guillermo Heras Teoria do Teatro Isabelino – Alexandra Moreira da Silva Criação II – Graeme […] - [Circo nos parques de Compostela](https://erreguete.gal/2018/06/24/circo-nos-parques-de-compostela/): O programa Circo nos parques celebrarase entre os días 11 e 23 de xullo nos parques e zonas vedes próximas aos centros nos que a Concellaría de Centros Cívicos de Compostela desenvolve o seu programa de campamentos de verán. As actuacións serán sempre ás 11:30 horas e correrán a cargo da compañía Circo Chosco. A actividade comezará o 11 de xullo en Fontiñas e ao día seguinte trasladarase ao Castiñeiriño, celebrándose o 13 de xullo no exterior do centro de Conxo. Xa o día 16, o circo chegará a Santa Marta, o 17 será no Romaño e no 19 no exterior […] - [II Mostra de Teatro no Principal en Compostela](https://erreguete.gal/2018/06/23/ii-mostra-de-teatro-no-principal-compostela/): A rede de Centros Cívicos de Santiago de Compostela ten preparada unha ampla programación para os próximos meses. A concelleira Concha Fernández presentou algunhas das actividades que se levarán a cabo en xullo e deu conta da II Mostra de Teatro no Principal, que se celebrará a próxima semana. Por segundo ano consecutivo, os clubs de teatro dos centros cívicos de Santiago poderán mostrar o traballo que veñen realizando ao longo do ano no Teatro Principal, na mostra que se vai desenvolver dos días 25 a 30 de xuño. Concha Fernández salientou que esta iniciativa “permite que os grupos de teatro […] - [Exposición "Tránsito pola escenografía española contemporánea" en Ribadavia](https://erreguete.gal/2018/06/23/exposicion-transito-pola-escenografia-espanola-contemporanea-ribadavia/): A exposición promovida por Acción Cultural Española (AC/E), Tránsito pola escenografía española contemporánea, pode verse agora, tras o seu paso pola Cuadrienal de Praga, na Igrexa da Madalena de Ribadavia, en horario de martes a sábado, de 10h a 14h e de 18h a 21:30h e todos os días da semana durante o festival, que ten lugar do 14 ao 22 de xullo de 2018. A exposición pretende dar a coñecer a actualidade da plástica escénica española a través de máis de setecentos espectáculos estreados nos últimos sete anos no noso país. A exposición enmárcase nunha serie de actividades (charlas, conferencias […] - [Vigo acolle a presentación do libro 'Lembranzas da arte escénica' de Maximino Queizán](https://erreguete.gal/2018/06/21/vigo-acolle-presentacion-libro-lembranzas-da-arte-escenica-de-maximino-queizan/): A Casa da Cultura Galega en Vigo acolleu onte a presentación do libro Lembranzas da arte escénica, de Maximino Fernández Queizán. O volume, que vén de ser editado pola Deputación de Pontevedra, recolle as reflexións e a experiencia ao longo dos cincuenta anos da carreira teatral do creador vigués e complétase cun tratado de dirección e unha breve historia do teatro na cidade olívica. O Deputado de Cultura e Lingua Xosé Leal foi o encargado de abrir o acto que contou coa presenza do autor, acompañado do profesor Manuel Forcadela e os edís Cayetano Rodríguez e Santos Héctor. O profesor Manuel […] - [A AAAG organiza un debate sobre os clásicos no teatro galego actual](https://erreguete.gal/2018/06/21/aaag-organiza-debate-os-clasicos-no-teatro-galego-actual/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebra o vindeiro mércores 27 de xuño a segunda sesión das súas Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao respecto de diferentes temas que atinxan aos/ás profesionais destas disciplinas. As Escaramuzas artísticas, ademais, buscan ir máis aló dos tradicionais coloquios, rompendo as habituais distancias das mesas redondas e achegando un ambiente distendido e participativo. Estes encontros están destinados tanto aos/ás profesionais do sector coma ao público xeral. Esta segunda […] - [O grupo da ONCE, Muxicas, estrea 'O inspector' en Barbadás](https://erreguete.gal/2018/06/21/grupo-da-once-muxicas-estrea-inspector-barbadas/): O grupo de teatro Muxicas, composto por actrices e actores invidentes e pertencente á ONCE estrea este venres 22, ás 20:00, na Casa de Cultura de Barbadás o seu novo espectáculo, O inspector, de Nikolai Gogol, con dirección de Tito Asorey. O grupo de teatro Muxicas é un colectivo artístico formado na súa maioría por actrices e actores invidentes ou cun problema visual grave. Impulsado pola delegación da ONCE en Ourense, leva case vinte anos facendo posible que persoas con estas características poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradóxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática. […] - [José Luís Baños gaña o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle](https://erreguete.gal/2018/06/20/jose-luis-banos-gana-i-premio-de-teatro-breve-jenaro-marinhas-del-valle/): José Luís Baños de Cos impúxose no I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle convocado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, coa obra Fashion Victims. O xurado, composto por Xosé Manuel Rabón, director de escena, Sabela Hermida, actriz e investigadora e Lino Braxe, dramaturgo e director de escena que actuou como secretario. O xurado concedeu, ademais, dous accesits: o primeiro foi para a peza Albatros en terra da autoría de Albert G. Aneiros; o segundo foi para No ventre da balea, de Fernando Castro Paredes. As tres pezas traballos galardoadas publicaranse no primeiro Caderno de Teatro Jenaro Marinhas del Valle mentres que o […] - [Inherente Teatro participa hoxe no ciclo "Mulleres en acción" en Gondomar](https://erreguete.gal/2018/06/20/inherente-teatro-participa-hoxe-no-ciclo-mulleres-accion-gondomar/): O Concello de Gondomar acollerá este mércores 20 de xuño, ás 12.00h na Praza do Concello, á décimo cuarta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade. A acción escénica que terá lugar en Gondomar será protagonizada pola compañía Inherente Teatro, creada en 2016 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pia Nicoletti, tres actrices tituladas pola ESAD de Galicia que sustentan o seu traballo […] - [Amigos da Ópera de Santiago celebra o Día Europeo da Música cunha adaptación escénica de J. S. Bach](https://erreguete.gal/2018/06/19/amigos-da-opera-de-santiago-celebra-dia-europeo-da-musica-cunha-adaptacion-escenica-de-j-s-bach/): A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago celebrará o vindeiro xoves 21 de xuño o Día Europeo da Música organizando unha adaptación escénica da Cantata do café, peza composta por Johann Sebastian Bach e pensada na súa orixe para ser tocada no célebre Café Zimmermann de Leipzig, espazo onde o compositor barroco deu a coñecer gran parte das súas obras profanas. A actuación terá lugar no interior da Igrexa da Universidade (Praza de Mazarelos, 2. Santiago) ás 20.30 horas deste xoves e a entrada será gratuíta até completar as localidades do recinto. Amigos da Ópera ofrecerá así unha lectura dramatizada […] - [A AAAG e a Mostra de Ribadavia coorganizan un curso de formación con Laila Ripoll](https://erreguete.gal/2018/06/18/aaag-mostra-de-ribadavia-coorganizan-curso-de-formacion-laila-ripoll/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coorganiza xunto a Mostra de Teatro de Ribadavia (MIT Ribadavia), coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, o obradoiro de formación profesional “Imaxes e actuación: Traballo co imaxinario”, impartido pola prestixiosa dramaturga e directora teatral Laila Ripoll. O curso desenvolverase no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Ribadavia e celebrarase entre o 16 e 20 de xullo no marco da histórica mostra ribadaviense, que neste 2018 chega a súa trixésimo cuarta edición. Cunha duración de 20 horas repartidas entre as 10.00 e as 14 horas das catro xornadas, o curso está […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2018: día 4](https://erreguete.gal/2018/06/15/notas-dende-galicia-escena-pro-2018-dia-4/): Do xénero e dos xéneros | Manuel Xestoso | | Foto: Miramemira |   A sesión de pitching xa comeza a ser unha tradición dentro de Galicia Escena Pro. Semella que o formato acabou por convencer aos programadores e que as compañías aceptan a fórmula para dar a coñecer os proxectos nos que están a traballar. En certo sentido, o pitching é tamén un adianto do que será a feira do ano próximo, xa que moitos deses proxectos acabaran tendo un lugar no Galicia Escena Pro de 2019. O que non parece acabar de perfilarse é a estratexia para explicar en […] - [A 34ª Mostra de Ribadavia aposta por un programa marcado pola comedia musical e as linguaxes híbridas](https://erreguete.gal/2018/06/15/34a-mostra-de-ribadavia-aposta-programa-marcado-pola-comedia-musical-as-linguaxes-hibridas/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presentou hoxe a programación da súa 34ª edición que terá lugar do 14 ao 22 de xullo. A comedia musical e as linguaxes híbridas da escena actual son as liñas mestras do cartel desta nova edición que ofrece 21 representacións e un reforzo na oferta de espectáculos de rúa. Commedia, un xoguete para Goldoni de Cándido Pazó será o espectáculo inaugural mentres que a compañía inglesa Blind Summit Theatre será a encargada de clausurar o programa con The Table. Vintecinco anos despois da súa estrea na MIT, Ribadavia volve a acoller a estrea de […] - [A Mostra de Cangas inaugura unha antolóxica de María Mazás](https://erreguete.gal/2018/06/15/mostra-de-cangas-inaugura-unha-antoloxica-de-maria-mazas/): Este venres 15 de xuño inaugúrase na sala de exposicións do Auditorio de Cangas a exposición antolóxica da obra da artista María Mazás (A Coruña, 1960-2017). A exposición enmárcase dentro do programa da XXXV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que neste ano conta cun cartaz inspirado en “Love Duet”, obra da artista. A exposición, que será inaugurada polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, poderá verse desde o venres 15 de xuño até o 8 de xullo, coincidindo co remate da Mostra. O público poderá apreciar unha coidada escolma do traballo realizado entre os anos 2005 e […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2018: día 3](https://erreguete.gal/2018/06/14/notas-dende-galicia-escena-pro-2018-dia-3/): Tempus fugit | Manuel Xestoso | | Fotografía: Sara Roca |   O tempo acelérase na feira: levas dous días e tes a sensación de que pasou unha semana dende que viches a primeira función. Se ademais sucede que empezas o día cun Ministro de Cultura e o rematas con outro, a impresión de velocidade acentúase. O tempo é sempre importante. A feira adiantouse en 2016 do outono á primavera para facilitar a contratación nos dous semestres seguintes á súa celebración, pero os ritmos de produción mantiveron o calendario habitual –en boa parte determinados polo calendario das axudas á produción– e […] - [Deputación e Concello da Coruña asinan o convenio para a xestión do Teatro Colón](https://erreguete.gal/2018/06/14/deputacion-concello-da-coruna-asinan-convenio-xestion-teatro-colon/): A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron onte o convenio de colaboración para a xestión do Teatro Colón. O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) xestionará durante dous anos -prorrogábeis dous máis- do espazo cultural da Deputación da Coruña que se reserva trinta días de programación.   O Concello da Coruña, a través do IMCE, xestionará a programación do Teatro Colón a partir do vindeiro 2 de xullo segundo consta no convenio de colaboración asinado na Deputación da Coruña pola vicepresidenta Goretti […] - [Catro espectáculos e un 'pitching' de 10 proxectos pechan Galicia Escena PRO](https://erreguete.gal/2018/06/14/catro-espectaculos-pitching-de-10-proxectos-pechan-galicia-escena-pro/): Galicia Escena PRO remata hoxe a súa sexta edición cos catro últimos espectáculos en cartel e a exposición, en primicia para os máis de 200 profesionais acreditados, dos novos proxectos nos que están a traballar 10 compañías galegas cara á vindeira temporada escénica. Esta cuarta e última xornada de actividade arrancará ás 11,00 h. na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE, un dos catro escenarios de Santiago de Compostela nos que se está a celebrar o encontro desde o pasado luns. Será coa montaxe de monicreques Soñando a Pinocho, da compañía madrileña La Tartana, que se presenta grazas ao intercambio entre […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2018: día 2](https://erreguete.gal/2018/06/13/notas-dende-galicia-escena-pro-2018-dia-2/): As formas e o mercado | Manuel Xestoso |   Segundo o dito, cada un conta a feira segundo lle vai nela, e por iso podemos deducir que, cando menos, hai tantas feiras coma asistentes. E mais deixando a un lado o relativismo, si que se pode afirmar con certa seguridade que hai unha feira que se ve menos que a dos espectáculos e dos escenarios pero cuxa influencia non é desprezable: a das conversas e conciliábulos que se forman nos tempos mortos, nas comidas, nos cafés. Os parrafeos que van creando opinión a forza de repetirse. Este ano, a presenza […] - [Teatro, danza e a colaboración con MADFERIA hoxe en Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2018/06/13/teatro-danza-colaboracion-madferia-hoxe-galicia-escena-pro/): Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, alcanza hoxe a súa terceira xornada de actividade, que inclúe cinco producións de teatro e danza, ademais da presentación da colaboración con MADferia para o intercambio de espectáculos galegos e madrileños entre ambos encontros. No apartado de exhibición de espectáculos, pensado tanto para os profesionais acreditados como para o público xeral, esta penúltima xornada comezará ás 11:00. na Sala 2 da Fundación SGAE con Trompicallo e a súa montaxe de monicreques Planeta Ardora. O público infantil é o […] - [Afundación presenta a súa próxima tempada no García Barbón de Vigo](https://erreguete.gal/2018/06/13/afundacion-presenta-sua-proxima-tempada-no-garcia-barbon-de-vigo/): Afundación acaba de anunciar as obras que formarán parte da nova tempada de teatro entre setembro e decembro en Vigo. Os abonos poranse á venda o vindeiro xoves.   Abrirá a tempada Todas las noches de un día, de Alberto Conejero e interpretada por Carmelo Gómez e Ana Torrent, o día 28 de setembro ás 20:30. A seguinte obra será Burundanga, de Jordi Galcerán, produción que chega a Vigo tras oito tempadas de éxito en Madrid. Eloy Arenas, César Camino, Bart Santana, Ariana Bruguera, Rebeka Brik e Fran Nortes sairán a escena o 7 de outubro ás 20:00. O 8 de novembro, […] - [Notas dende Galicia Escena Pro 2018: día 1](https://erreguete.gal/2018/06/12/notas-dende-galicia-escena-pro-2018-dia-1/): Danzar primeiro e pensar despois | Manuel Xestoso |   Danzar primeiro e pensar despois, segundo o Estragón de Beckett, é “a orde natural das cousas”. Talvez a espera de Godot aconselle exercitar o corpo na mesma medida que o pensamento, ou talvez sexa que a danza física e a da mente non se diferencian tanto como a primeira vista poida parecer: dende Nietzsche ata Wayne McGregor hai toda unha escola de pensamento que relaciona a creatividade co movemento. Esa relación está hoxe baixo os focos e, quizais por iso, Galicia Escena Pro comezou cun espectáculo de danza: un signo duns […] - [Hoxe, segunda xornada de Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2018/06/12/hoxe-segunda-xornada-de-galicia-escena-pro/): Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela Teatro e Compañía Ensalle protagonizan a segunda xornada de Galicia Escena Pro, o mercado galego das artes escénicas, que se desenvolve en Compostela até o 14 de xuño.   O teatro para público infantil e familiar abre este segundo día da GEP con A galiña azul, de Tanxarina: unha montaxe de monicreques que fala da diversidade e da solidariedade e que pode verse na sala 2 da Fundación SGAE ás 11.00 horas. A sala Germán Coppini deste mesmo espazo acollerá Salvador, de Borja Fernández ás 12.15 horas. Salvador segue a historia como emigrante no Brasil […] - [Comeza o 41º Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica de Porto](https://erreguete.gal/2018/06/11/comeza-41o-festival-internacional-de-teatro-de-expressao-iberica-de-porto/): Do 12 ao 22 de xuño celébrase o 41º Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica de Porto que este ano se estende aos núcleos de Vila Nova de Gaia, Matosinhos, Felgueiras e Viana do Castelo. Máis de vinte compañías de Europa e América Latina conforman o programa desta cita histórica coas artes escénicas en Portugal e que neste 2018 toma como fío condutor “os empoderamentos”. Tomando como eixo central a necesidade de dar poder a quen normalmente non o ten, o FITEI presenta nesta nova edición decenas de espectáculos e unha ampla variedade de actividades paralelas dentro dun programa que […] - [Nacen en Valdeorras os Encontros de Teatro Internacional Paco González](https://erreguete.gal/2018/06/11/nacen-valdeorras-os-encontros-de-teatro-internacional-paco-gonzalez/): O “I Encontro de Teatro Internacional Paco González” desenvolverase na bisbarra de Valdeorras entre o 6 e o 11 de agosto. O Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín serán os escenarios escollidos para inaugurar esta primeira edición duns encontros que xorden da colaboración co Festival Internacional de Teatro Susana Alexander (FITSA) de México. O FITSA, que celebra a súa 27ª edición, é un dos festivais de teatro amador máis importantes de toda Latinoamérica. A súa sede sede está en Puebla (México) e celébrase durante seis meses cunhas 300 representacións por festival. As xornadas levarán o nome do clown valdeorrés Paco González, fundador […] - [A Deputación de Ourense premia obras de teatro infantil sobre o cambio climático](https://erreguete.gal/2018/06/10/deputacion-de-ourense-premia-obras-de-teatro-infantil-cambio-climatico/): A Deputación de Ourense organiza o concurso “Que efectos ten o cambio climático no teu municipio?”, unha iniciativa cuxo obxectivo é sensibilizar á poboación infantil sobre a necesidade de protexer e preservar o medio ambiente, e promover actividades divulgativas sobre o cambio climático. Con esta finalidade convocouse este certame, ao que concorren centros educativos da provincia de Ourense, que terá o vindeiro luns no Teatro Principal o acto no que se entregarán os premios e se representarán as obras gañadoras. O concurso está dirixido aos alumnos dos colexios localizados en concellos integrados na Rede de municipios ourensáns cara a sostibilidade: A […] - [Homenaxe teatral a Xohana Torres con 'Un hotel de primeira sobre o río'](https://erreguete.gal/2018/06/09/homenaxe-teatral-xohana-torres-hotel-de-primeira-rio/): O domingo 10 de xuño ás 20.30 horas, o Centro Cultural de Valladares en Vigo acolle a homenaxe teatral a Xohana Torres coa representación de Un hotel de primeira sobre o río, da man dos grupos de teatro da S.C.D. Atlántida de Matamá, Escoitade do C.V.C Valladares, Porta Aberta, Rueiro do C.C.R. de Coia e Tarantela do C.S.C.R. de Beade. O acto, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, celébrase dentro da iniciativa de “teatro compartido” na que os cinco grupos amadores elaboran un espectáculo conxuntamente. Máis de vinte actores e actrices participan na posta en escena, que contará ademais […] - [Galicia Escena Pro presenta, a partir do luns, un programa con 19 espectáculos](https://erreguete.gal/2018/06/08/galicia-escena-pro-presenta-partir-luns-programa-19-espectaculos/): O conselleiro de Cultura e Educación presentou a sexta edición do evento, que organiza a Agadic do luns 11 ao xoves 14 de xuño en Compostela.   Galicia Escena PRO ábrese un ano máis ao público xeral cunha carteleira de 19 espectáculos, que se poderán ver en Santiago de Compostela entre o vindeiro luns 11 e o xoves 14 de xuño. A Consellería de Cultura e Educación, que organiza o evento a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), busca así darlle unha maior proxección social á actual produción escénica galega, ademais de fomentar o intercambio comercial entre os preto […] - [Taller de procesos de creación con Marta Pazos](https://erreguete.gal/2018/06/08/taller-de-procesos-de-creacion-marta-pazos/): Do 2 ao 6 de xullo, Marta Pazos impartirá un taller na Escola Palimoco de Lugo que propón un campo de probas e unha reflexión dos procesos de composición na creación contemporánea. Lanzando propostas concretas, os/as participantes xerarán unidades que permitirán a observación de materiais escénicos co fin de percibir o puctum, o lugar onde se detén a nosa propia mirada. Atopar a perla no lodo. Este é o reto ao que se enfrentan as creadoras e creadores en cada novo traballo. Onde está o rescatable no medio de todo ese ruído? Cal é o detonante de que un material pase […] - [Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018](https://erreguete.gal/2018/06/08/festival-de-artes-escenicas-de-persoas-discapacidade-intelectual-2018/): Chega aos espazos Afundación o «Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018». Desde Special Olympics Galicia, coa colaboración de Afundación, presentan un ciclo de programación de artes escénicas para mostrar as capacidades das persoas con discapacidade intelectual. Estarán no Teatro Afudación de Vigo o 12 de xuño coas obras La ratita presumida, A que sabe a lúa e O salón interpretadas por ACEESCA. Este grupo de teatro está composto por persoas usuarias da Área de Adult@s de ACEESCA. A primeira das obras que presentan é unha versión do conto de Charles Perrault; a segunda é teatro de sombras; e a […] - [A Panadaría recibe hoxe o XIV Premio Marcela e Elisa](https://erreguete.gal/2018/06/07/panadaria-recibe-hoxe-xiv-premio-marcela-elisa/): A Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual A.L.A.S. A Coruña concede o Premio Marcela e Elisa á compañía de teatro A Panadaría, por ter sido capaces de espertar o aplauso de crítica e público co seu espectáculo teatral, Elisa e Marcela – Historia que parece conto. Segundo a asociación, “esta peza teatral reivindica afectos, sentimentos e sexualidades afastadas das normas do heteropatriarcado”. A entrega do premio terá lugar na sala NO IMPORTA da Coruña e será presentada pola xornalista coruñesa Loreto Silvoso, vicepresidenta segunda da Asociación de Prensa da Coruña e redactora de Radio Voz e con música a cargo do grupo […] - [Unha función especial de 'A cabeza do dragón' con música en directo](https://erreguete.gal/2018/06/06/unha-funcion-especial-de-cabeza-dragon-musica-directo-compostela/): O vindeiro venres 29 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, Producións Teatrais Excéntricas presentará a súa versión da obra de Valle Inclán A Cabeza do Dragón, acompañada pola música en directo interpretada polo T.A.C. (Taller Atlántico Contemporáneo). A función enmárcase dentro das actividades das Xornadas de Música Contemporánea que comezan hoxe en Compostela. A música do espectáculo dirixido por Quico Cadaval é unha partitura orixinal composta ex-profeso para este espectáculo por Javier María López que, nesta ocasión, dirixirá o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) formado por prestixiososo músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonía de Galicia. A cabeza […] - [Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE](https://erreguete.gal/2018/06/06/convocatoria-de-textos-galego-ciclo-de-lecturas-dramatizadas-da-sgae/): A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial de Galicia, pon en marcha unha nova edición do ciclo de lecturas dramatizadas TEXTOS TEATRAIS EN GALEGO ao longo da Comunidade galega, que ten como obxectivo impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos de autores socios da SGAE. Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a todos os autores dramáticos socios da Sociedade Xeral de Autores e Editores que teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia. Entre outros obxectivos, este programa quere promocionar aos autores dramáticos para a difusión das súas obras contribuíndo a posibles […] - [VI edición de Danza no Claustro en Ourense](https://erreguete.gal/2018/06/05/vi-edicion-de-danza-no-claustro-ourense/): Os días 20, 21 e 22 de xuño, ás 20.30h, celébrase no Claustro de San Francisco de Ourense a 6ª edición de Danza no Claustro coa participación das compañías Victoria P. Miranda (Bilbao), Danza Cámara UNA (Costa Rica), Otradanza (Alicante), Alba Fdez. Cotelo (Galicia), Carla Segovia e Guillermo Aguilar (México) e Miguel Ángel Punzano · Tejido Conectivo (Madrid). Danza no Claustro é un programa creado por Sólodos en colaboración con Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco. Durante unha semana, os artistas internacionales […] - [Ibuprofeno Teatro dirixirá un Obradoiro de Creación Escénica na Mostra de Cangas](https://erreguete.gal/2018/06/05/ibuprofeno-teatro-dirixira-obradoiro-de-creacion-escenica-na-mostra-de-cangas/): A XXXV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas inclúe na súa programación un Obradoiro de Creación Escénica, que correrá a cargo de Ibuprofeno Teatro, unha compañía privada formada por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, dous profesionais que -despois de anos de traxectoria en numerosas compañías galegas e foráneas- promoven en 2010 o seu propio selo de produción, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que se poidan integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena das obras. O obradoiro, de 20 horas lectivas, levarase a cabo nas Naves de Ojea […] - [Fernando Castro Paredes gaña o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2018/06/04/fernando-castro-paredes-gana-i-certame-de-textos-teatrais-roberto-vidal-bolano/): Un xurado composto polos dramaturgos Sther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira e Manuel Núñez Singala, polo profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño a obra A derradeira bala de Fernando Castro Paredes, que se impuxo aos 22 orixinais presentados. O xurado destacou da obra gañadora a habilidade coa que o autor trata temas como o amor e a guerra dunha maneira lúdica e sinxela. Levando a cabo un tratamento do absurdo dos conflitos bélicos dende o propio absurdo. […] - [Rolda Internacional: 3 / 06 / 2018](https://erreguete.gal/2018/06/03/rolda-internacional/): O pasado día 15 morreu o dramaturgo irlandés Tom Murphy aos 83 anos de idade. Ligado ao Abbey e ao Druid Theatre, o multipremiado autor era unha institución viva do teatro irlandés. As súas obras foron representadas en todo o mundo e, desde 1984 ata a súa morte, Murphy tivo unha asociación significativa co Druid Theatre de Galway. Murphy retomou os temas de emigración e o exilio ao longo da súa longa carreira. Algunhas das súas obras máis significativas son A Whistle in the Dark, The Sanctuary Lamp, The Gigli Concert ou Bailegangaire. Obituario na radiotelevisión pública irlandesa   O Teatro […] - [Escénika 2018. Cursos de verán na ESAD de Galicia](https://erreguete.gal/2018/06/02/escenika-2018-cursos-de-veran-na-esad-de-galicia/): Seguindo coa colaboración de anos anteriores entre a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para a realización de cursos de verán, achégase a seguinte proposta de cursos:   Curso 1. Caracterización, indumentaria e audiovisuais para a escena Do 2 ao 6 de xullo (30 horas) Horario: De 9:00 a 13:30h e de 15 a 18h Montse Piñeiro e Carlos Pinilla Este curso intensivo está pensado para todas aquelas persoas que desexen introducirse dunha maneira integrada e totalmente práctica nas tarefas de maquillaxe, peiteado, efectos especiais de caracterización e deseño de figurinos. Tamén se practicarán […] - [Pechado o elenco para a nova coprodución de Pisando Ovos](https://erreguete.gal/2018/06/01/pechado-elenco-nova-coproducion-de-pisando-ovos/): O pasado 9 de maio celebrouse no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha proba de selección de intérpretes para o peche do equipo da coprodución da compañía con Agadic – Xunta de Galicia e o Centro Coreográfico Galego ao que se presentaron 48 persoas. A organización confésase abraiada pola asistencia e anuncia que o espectáculo creado e dirixido por Rut Balbís será interpretado finalmente por 4 e non 3 intérpretes: Fran Martínez, Jas Processor, Raúl Pulido e Laura Villanueva. Directo 9 será estrenado a finais de setembro no Teatro Ensalle de Vigo. O espectáculo é unha peza sobre o directo, […] - [Aberto o prazo de inscrición para o II Certame de Microteatro m² do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2018/05/31/aberto-prazo-de-inscricion-ii-certame-de-microteatro-m%c2%b2-fiot-de-carballo/): Por segundo ano, a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo convoca o Certame de Microteatro M², que estende o teatro a outros espazos fóra dos escenarios tradicionais e busca novos formatos. Estas son as bases:   1º FINALIDADE A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT convoca o Certame de Microteatro M². Con esta convocatoria preténdese apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadores emerxentes ofrecendo un contexto privilexiado para a presentación e estrea de espectáculos, así como captar novos públicos e implicar aos espectadores e á cidadanía en proxectos escénicos. O Certame […] - [Xerpo Cultural estrea 'Casquería e outras vísceras' en Vigo](https://erreguete.gal/2018/05/30/xerpo-cultural-estrea-casqueria-outras-visceras-vigo/): Casquería e outras vísceras , dirixida por Irene Moreira e interpretada por Álex Sobrino e Olga Cameselle, estréase esta fin de semana na sala Ártika de Vigo (venres 1 e sábado 2 ás 21:30, e domingo 3 ás 20:00). A nova proposta escénica de Xerpo Cultural fala da substancia interior do ser humano. A través da linguaxe poética e dunha dramaturxia das posibilidades ofrece á espectadora un lugar para a reflexión e para acción. Casquería e outras vísceras fala da incapacidade política para detectar o talento e da única vía posible de supervivencia que é a militancia coma minoría. Por que a […] - [Nova edición de Sete Falares en Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/05/30/nova-edicion-de-sete-falares-pontevedra/): Entre os días 7 e 10 de xuño, Pontevedra acolle unha nova edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias. O programa deste ano inclúe narradoras procedentes de Camerún, Portugal, Zamora e Galicia. Serán catro intensos días coa oralidade e a forza da palabra como absolutas protagonistas. Nos Sete Falares haberá dúos de narradores, rutas de historias e sesións de contos en espazos singulares da cidade de Pontevedra. O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), o Palco da Música na Alameda, o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos ou a Praza da Peregrina, serán algúns deles. O […] - ['Carpe diem': ensaio aberto de Producións Teatrais Excéntricas en Compostela](https://erreguete.gal/2018/05/29/carpe-diem-ensaio-aberto-de-producions-teatrais-excentricas-compostela/): Este xoves 31 de maio, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 18:00, a compañía Producións Teatrais Excéntricas presentará un ensaio aberto do espectáculo que está a preparar, Carpe diem, seguido dun coloquio co público. Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, os seus compoñentes farán un ensaio aberto con demostración didáctica de todos os estratos do acto teatral, dende a intención previa até a execución harmónica das distintas linguaxes que conflúen no teatro: a luz, a música , o vestiario, o espazo, a marcación escénica e o uso lúdico do espazo […] - [A Mostra de Cangas celebra o seu 35 aniversario](https://erreguete.gal/2018/05/28/mostra-de-cangas-celebra-seu-35-aniversario/): A MITCFC arranca o venres 29 de xuño, ás 22.30 horas, co pregón inaugural a cargo de Eduardo Rodríguez Cunha, ‘Tatán’. Mabel Rivera recibirá o premio Xiria ao Labor Teatral.    A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) volve ser, nesta 35 edición, un dos principais referentes nacionais do teatro de humor. Do 29 de xuño ao 8 de xullo, a Mostra acollerá tres estreas absolutas a nivel internacional: Nómades, de Xarope Tulú; Jazz Bodas de Fígaro, de Vania Produccións; e Silda & Hadrían, de Casilda Alfaro e Adrián Ríos en coprodución coa Mostra. Ademais, haberá catro […] - [Lalín acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador](https://erreguete.gal/2018/05/28/lalin-acolle-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador/): Os días 1, 2 e 3 de xuño o Salón Teatro de Lalín acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado dentro das actividades anuais da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que integra a propia FEGATEA xunto coa Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, a compañía Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA e a erregueté-Revista Galega de Teatro. Co obxectivo de promover a mobilidade e o intercambio dos colectivos participantes, PLATTA celebra o segundo dos tres encontros  anuais con un programa que inclúe exhibición de espectáculos, mesas de traballo e un […] - [Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic](https://erreguete.gal/2018/05/25/resoltas-as-axudas-producion-escenica-da-agadic/): Un total de trinta producións obtiveron a puntuación necesaria para acceder as axudas, entre eles, dúas de danza.    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública hoxe a relación de proxectos subvencionados e non subvencionados, puntuacións e contías concedidas ao abeiro da súa convocatoria de axudas á produción escénica para 2017, de acordo coa convocatoria publicada no DOG núm. 243, do 26 de decembro de 2017. As propostas beneficiarias son, en concreto, nove montaxes de empresas de recente creación, outras 13 de pequeno formato, seis de formato medio e dúas de gran […] - ["O señorito da Reboraina" en Redondela](https://erreguete.gal/2018/05/25/senorito-da-reboraina-redondela/): Hoxe preséntase unha versión dramática de O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo, no Auditorio Multiusos de Redondela. A adaptación dramática, versionada por Vanesa Sotelo, débese ao alumnado e profesorado da Escola de Arte Dramática (ESAD) en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Redondela. Trátase dun espectáculo realizado a través da integración do alumnado de segundo curso de dirección escénica e dramaturxia, escenografía e interpretación, e a colaboración do alumnado de terceiro de dirección escénica e dramaturxia, na materia de producción, e baixo a titorización do profesorado de interpretación, dirección escénica, escenografía e produción. A estrea celebrarase hoxe 25 de maio. […] - [O BNG pídelle á Xunta unha mesa de diálogo co sector teatral para reactivar o Centro Dramático Galego](https://erreguete.gal/2018/05/25/bng-pidelle-xunta-unha-mesa-de-dialogo-co-sector-teatral-reactivar-centro-dramatico-galego/): Os representantes de PSOE e En Marea apoiaron a Proposición Non de Lei, mais o voto en contra do PP impediu que a iniciativa fose adiante. | M. X. |   A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, presentou onte unha Proposición Non de Lei mediante a cal se reclamaba que a Xunta abrise un “espazo de diálogo” co sector teatral para recuperar o vigor do Centro Dramático Galego. Rodil, que falou da necesidade de “refundar” o CDG, puxo como exemplo deses recortes que en 2017 –segundo declaracións da directora do centro de produción, Fefa Noia, a quen citou–non fose posible […] - ['Cultura no camiño' esténdese a 103 concellos das rutas xacobeas](https://erreguete.gal/2018/05/24/cultura-no-camino-estendese-103-concellos-das-rutas-xacobeas/): Na súa sexta edición, mantén o obxectivo de enriquecer e descentralizar a oferta cultural, ao tempo que se dinamiza a contratación de espectáculos galegos coa participación de 146 compañías escénicas e grupos de música profesionais.   A Xunta de Galicia organiza por sexto ano consecutivo o ciclo Cultura no Camiño, que se estende ata finais de setembro por 103 concellos das rutas xacobeas cunha programación de 342 citas escénicas e musicais. Esta iniciativa, promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, volve contar, ademais, co patrocinio de Gadis. O programa mantén como obxectivo enriquecer e descentralizar a […] - [VI Festival EstéNarúa de Ferrol](https://erreguete.gal/2018/05/24/vi-festival-estenarua-de-ferrol/): O teatro amador e as artes escénicas volven tomar as rúas da cidade na sexta edición do Festival EstéNarúa, organizado pola Asociación Ti e Máis Eu Teatro. Un total de once compañías procedentes de Galicia, Toledo, Alicante, Madrid e Asturias presentarán os seus espectáculos en seis xornadas que se desenvolverán entre o venres e o domingo desta semana e da vindeira. Este venres comeza a programación coa obra Enciclopedia Alvárez do Colectivo Cultural Ollomao, de Lugo no Centro Cultural Torrente Ballester, ás 20:30 horas. O sábado, á mesma hora, no Auditorio de Ferrol, a compañía Paraskenia Teatro porá en escena Volver a verte. O domingo, Noite […] - ['Bailar en hombre', de Fernando López, en Compostela e na Coruña](https://erreguete.gal/2018/05/24/bailar-hombre-de-fernando-lopez-compostela-na-coruna/): Bailar en hombre é o título da peza que coroa o proxecto de investigación teórico-práctica do flamencólogo madrileño afincado en Francia Fernando López, que se poderá ver hoxe ás 20:30 no Teatro Principal de Compostela e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado 26 de maio, tamén ás 20.30 horas. Despois do traballo que levou a cabo na Universidade París VIII, en torno a cuestións como a construción da masculinidade no baile flamenco ou a relación home-muller e os seus respectivos roles, afonda nesta proposta escénica na evolución dos códigos de xénero e sexualidade dentro do flamenco ao longo […] - [O CDG celebra a segunda edición de "Teatro Obsceno" no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2018/05/23/cdg-celebra-segunda-edicion-de-teatro-obsceno-no-salon-teatro-de-compostela/): O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por segundo ano consecutivo o seu programa de accións escénicas curtas Teatro Ob-sceno, que lles abre á creación artística e mais ao público diferentes estancias da súa sede no Salón Teatro de Santiago de Compostela, todas elas situadas fóra do escenario.   Desta volta, o ambigú, o montacargas e o gardarroupa acollerán do venres 25 ao domingo 27 dous pases diarios, ás 19,00 e ás 20,30 h., das pezas Amor de Helen Bertels, Deixa de tocala, Sam de AveLina Pérez e Barbarie en branco e negro de Josi Lage. As tres creadoras ultiman estas postas […] - [Agadic mantén a súa achega á Mostra de Teatro de Ribadavia por quinto ano consecutivo](https://erreguete.gal/2018/05/23/agadic-manten-sua-achega-mostra-de-teatro-de-ribadavia-quinto-ano-consecutivo/): Agadic decide manter igual a achega orzamentaria que recibe a MIT Ribadavia malia recoñecer o seu “caracter estratéxico para a difusión escénica en Galicia”. A cifra non sobe dende 2014. | Manuel Xestoso |   A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria manterá o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia. Este compromiso materialízase a través do convenio asinado onte polo director da Agadic, Jacobo Sutil, e o alcalde ribadaviense, José Ignacio Gómez, segundo o que a Xunta achega 60.000 euros a esta cita co obxectivo de afondar na promoción […] - [Todas as revoluções num instante, por Jorge Palinhos](https://erreguete.gal/2018/05/23/todas-as-revolucoes-num-instante-jorge-palinhos/): O dramaturgo portugués Jorge Palinhos vén de estrear dentro do marco do festival Mondes Possibles o espectáculo My Revolution is Better Than Yours, baixo a dirección de Sanja Mitrovic. Co presente artigo, Palinhos comparte algunhas das claves desta experiencia nacida en 2016 con motivo da efeméride do Maio do 68. Autor con pezas estreadas en diferentes países de Europa e América Latina, Jorge Palinhos ten publicada a obra D’Abalada no número 90 da erregueté.   A revolução não é um ato breve, é uma longa marcha pelas instituições, gostava de afirmar o líder estudantil alemão dos anos 60, Rudi Dutschke. E […] - [A AAAG organiza dous cursos de formación a cargo de Teatro en Vilo](https://erreguete.gal/2018/05/22/aaag-organiza-dous-cursos-de-formacion-cargo-de-teatro-vilo/): A AAAG (Asociación de Actrices e Actores de Galicia) organiza, coa colaboración da Escola de Arte Dramática de Galicia e AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), dous cursos de formación, a cargo da compañía Teatro En Vilo, en Compostela e Vigo. No caso do curso de Vigo, o laboratorio/taller impartirase durante os días 6, 7 e 8 de xuño na ESAD, baixo o título “A dramaturxia actoral e os procesos de creación colectiva”. Este taller dirixido a actores/actrices, directores/as e dramaturgos/as é unha oportunidade para achegarse a procesos de creación colectiva onde o actor ou actriz ten un rol fundamental, xa que ha […] - [Xa está dispoñible o programa de Galicia Escena Pro 2018](https://erreguete.gal/2018/05/22/xa-esta-disponible-programa-de-galicia-escena-pro-2018/): A sexta edición de Galicia Escena Pro ofrecerá do 11 ao 14 de xuño en Santiago os novos espectáculos de 17 compañías galegas de teatro e de danza. A programación complétase cunha sesión de pitching na que outras 10 formacións explicarán os seus proxectos para a vindeira temporada; con dúas montaxes procedentes de Madrid e cunha serie de actividades paralelas que inclúen un taller, “Como converter o teu proxecto en notícia”, presentacións da colaboración Galicia Escena Pro-MADferia e do proxecto Residencias Paraíso do colectivo RPM ou un encontro para socios de COFAE (Coordinadora de Ferias de Artes Escénicas del Estado Español).  A programación queda […] - [Apoio da Consellería de Cultura aos circuítos da Federación Galega de Teatro Afeccionado](https://erreguete.gal/2018/05/22/apoio-da-conselleria-de-cultura-aos-circuitos-da-federacion-galega-de-teatro-afeccionado/): O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Mª Consuelo Pampillón Alonso, veñen de asinar un convenio de colaboración a través do que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia apoiará un circuíto teatral a nivel autonómico organizado pola devandita entidade, cunha achega de 30.000 euros. Deste xeito, facilítase a difusión do teatro amador ao longo e ancho do territorio galego. Cómpre sinalar, ademais, que FEGATEA tamén está a promocionar o teatro amador galego no resto do Estado e mesmo en Portugal a través da Plataforma PLATTA, da […] - [Sólodos estrea 'Corps Sonore' en Ourense](https://erreguete.gal/2018/05/21/solodos-estrea-corps-sonore-ourense/): A compañía Sólodos estreará Corps Sonore os días 1, 2 e 3 de xuño no Parque Botánico Montealegre de Ourense. Corps Sonore é unha coprodución de Sólodos Cía, Neuf Portes e Centro Coreográfico Galego – Agadic. SóLODOS participou no programa de coproducións da unidade de danza da Agadic con esta obra, concibida dentro da corrente artística Land Art. Na súa proposta, a compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez utilizará o espazo escénico como metáfora do contexto (lugares urbanos, rurais…) para interactuar co medio de forma directa. A creación da peza xurde, así, do diálogo dos artistas coa contorna, dando pé a unha […] - ['O paseo das esfinxes' de Luísa Villalta, no Teatro Colón da Coruña](https://erreguete.gal/2018/05/21/paseo-das-esfinxes-de-luisa-villalta-no-teatro-colon-da-coruna/): Este mércores, 23 de maio, no Teatro Colón da Coruña, a compañía Teatro Proscrito porá en escena O paseo das esfinxes de Luísa Villalta, unha coprodución da Deputación da Coruña, Manarte Producciones e o propio Teatro Colón, dirixida por Lino braxe. Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis, que será interpretada por Sabela Hermida. Xunto a ela, Amalia Gómez, Rebeca Montero, Isabel Blanco, Manuela Varela, Ana Rodríguez, Pedro Picos, Xosé Bonome e Javilópez, completan o elenco dunha obra que pretende ser unha homenaxe á figura de […] - [Adela Figueroa gaña o Concurso de Teatro Infantil da A. C. O Facho](https://erreguete.gal/2018/05/21/adela-figueroa-gana-concurso-de-teatro-infantil-da-c-facho/): Pingas, de Adela Figueroa Panisse, foi a obra gañadora do Concurso de Teatro Infantil convocado pola Asociación Cultural O Facho. Adela Figueroa Panisse, naceu en Lugo, e viviu en Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte do seu labor profisional, participando na maioría dos eventos que teñen a ver coa cultura e a educación en Galicia. Xa de estudante participa como vogal da Asociación Cultural O Galo (Santiago de Compostela) e mais adiante como profesora de Instituto (é catedrática de Bioloxia e Xeoloxia) nos Movimentos de Renovación Pedagógica desde o seu inicio. Foi cofundadora da ASPG e da Revista do Ensino, da que […] - [Sarabela Teatro, Baobab e Elefante Elegante, no Fazer a Festa 2018](https://erreguete.gal/2018/05/21/sarabela-teatro-baobab-elefante-elegante-no-fazer-festa-2018/): Do 29 de maio ao 5 de xuño, a cidade portuguesa de Maia acolle o XXXVII Fazer a Festa – Festival Internacional de Teatro para a Infância e Juventude. Durante oito días, o Auditorio da Quinta da Caverneira será o espazo de representación dos seis espectáculos do programa, formado polas compañías portuguesas Teatro Art’Imagem, Ana Madureira e Catarina Requieno e as tres compañías galegas Sarabela Teatro, Baobab e Elefante Elegante. Cun novo formato que procura transformar o festival nun encontro de creadores e nun centro de reflexión sobre o sector, o cartel desta nova edición do Fazer a Festa dará comezo […] - ['Río Bravo' de Chévere, gañadora dos Premios Gala do Libro Galego na categoría de Teatro](https://erreguete.gal/2018/05/19/rio-bravo-de-chevere-ganadora-dos-premios-gala-libro-galego-na-categoria-de-teatro/): A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron esta tardiña a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo. Río Bravo, de Chévere, […] - [Tanxarina leva o seu Titiricircus á Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público de Almada](https://erreguete.gal/2018/05/19/tanxarina-leva-seu-titiricircus-mostra-internacional-de-artes-pequeno-publico-de-almada/): Sementes 2018 – XXIII Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público desenvólvese no municipio portugués de Almada do 18 de maio ao 3 de xuño cun programa con máis de 60 sesións de 25 espectáculos presentados por unha vintena de compañías chegadas de Bulgaria, España, Francia, Italia, Portugal e a República Checa. Galicia estará representada da man de Tanxarina Títeres que, do 27 de maio ao 3 de xuño, ofrecerá oito sesións do seu Titiricircus en diferentes espazos do festival. Ao igual que en edicións anteriores, o Sementes espállase por todas as freguesías do Concello de Almada e polos municipios […] - [Premio Fegatea para a ESAD Galicia](https://erreguete.gal/2018/05/18/premio-fegatea-esad-galicia/): A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa quinta edición, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, pola súa continuada e destacada colaboración coa federación e co teatro amador en xeral . A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade. Os anteriores gañadores deste galardón foron a erregueté | Revista galega de Teatro, Buxiganga –o programa pertencente […] - [Aberta a recepción de traballos para o Congreso sobre Performance Art 'Fugas e Interferencias'](https://erreguete.gal/2018/05/18/aberta-recepcion-de-traballos-congreso-performance-art-fugas-interferencias/): FUGAS E INTERFERENCIAS 2018 (3rd PERFORMANCE ART INTERNATIONAL CONFERENCE) [Actualización: Amplíase o prazo de envío do resumo ata o 16 de xullo]   O 3º Congreso Internacional sobre Performance Art ‘Fugas e Interferencias’ celebrarase no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela entre o 29 de novembro e o 1 de decembro de 2018. O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica. A organización do congreso abre a recepción de traballos para a súa presentación. […] - ['Divinas Palabras Revolution' no Teatro Español de Madrid](https://erreguete.gal/2018/05/17/divinas-palabras-revolution-no-teatro-espanol-de-madrid/): O Centro Dramático Galego celebrará hoxe o Día das Letras en Madrid, coa primeira das 11 representacións de Divinas Palabras Revolution que terán lugar no Teatro Español ata o 27 de maio. É a primeira adaptación profesional ao galego da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán, que tamén aquí será escenificada no noso idioma, con sobretítulos en castelán. Ademais, esta versión chega ao Teatro Español 85 anos despois da estrea da obra orixinal, que tivo lugar en 1933 nese mesmo espazo baixo a dirección de Cipriano Rivas Cherif, con escenografía deseñada por Castelao e con Margarita Xirgu como Mari-Gaila. Nesta […] - [Manu Lago: "O fito fundamental da danza contemporánea galega é a resistencia, sen dúbida"](https://erreguete.gal/2018/05/16/manu-lago-fito-fundamental-da-danza-contemporanea-galega-resistencia-sen-dubida/): O 29 de abril de 2018, coincidindo co Día Internacional da Danza, publicouse a primeira fase do Arquivo Online de Danza Contemporánea de Galicia. Impulsado por Manu Lago -produtor, xestor e distribuidor especializado no eido da danza-, o proxecto recolle documentación sobre a creación coreográfica galega e ten como obxectivo recuperar a súa memoria e poñer en valor tanto a súa diversidade coma o seu volume e a súa calidade. A erregueté falou co seu creador para coñecer un pouco máis sobre o Arquivo e sobre a súa mirada arredor das artes do movemento en Galicia. | Manuel Xestoso e Vanesa […] - [Audioguías teatralizadas por Chévere na Mariña de Lugo](https://erreguete.gal/2018/05/15/audioguias-teatralizadas-chevere-na-marina-de-lugo/): Esta mañá presentouse unha iniciativa turística innovadora para darlle máis pulo ao turismo da comarca da Mariña: unhas audioguías teatralizadas con información sobre os cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. A compañía Chévere foi a encargada de realizar este proxecto que inclúe narracións, escenas dramatizadas, entrevistas, mapas sonoros, gravación binaural, músicas, ambientes e efectos sonoros, etc. Chévere é unha das compañías máis veteranas do panorama teatral galego actual: conta con máis de trinta anos de traxectoria durante os cales, ademais de producir os seus espectáculos, xestionou un teatro propio (a sala NASA), realizou numerosas obras audiovisuais, desenvolveu proxectos para a Internet […] - [Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018](https://erreguete.gal/2018/05/15/isabel-clara-simo-escritora-galega-universal-2018/): A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ratificou Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal 2018, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans. O Premio será entregado o día 19 de maio de 2018, no marco da III Gala do Libro Galego, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan […] - [Oitava edición do Festival Vigo en Bruto no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2018/05/15/oitava-edicion-festival-vigo-bruto-no-teatro-ensalle/): A oitava edición do Festival Vigo en Bruto celebrarase do 18 de maio ata o 10 de xuño. Organizado polo Teatro Ensalle, o festival presenta catro pezas de compañías de creación recente. Do 18 ao 20 de maio, Diego M. Buceta, un dos membros da compañía Prácido Domingo, presenta As vacación máis longas, unha peza que o creador presenta así: “ Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa […] - [Presentación da 'Obra Dramática Completa' de Luísa Villalta](https://erreguete.gal/2018/05/14/presentacion-da-obra-dramatica-completa-de-luisa-villalta/): O próximo mércores 16 de maio, preséntase no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña a Obra Dramática Completa de Luísa Villalta, publicada por Edicións Proscritas, e que leva por subtítulo Sinfonía de escenas. O libro, publicado por Edicións Proscritas, está patrocinado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e pola propia Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. O volume recolle as cinco pezas escritas por Villalta: Concerto para un home só publicada en 1989 nos “Cadernos da Escola Dramática Galega”; O representante, publicada en 1990 e O paseo das esfinxes, do ano 1991, ambas editadas tamén polos “Cadernos Escola […] - [A Tempada de Teatro continúa en Pontevedra coa Companhia do Chapitô](https://erreguete.gal/2018/05/12/tempada-de-teatro-continua-pontevedra-coa-companhia-chapito/): A Companhia  do Chapitô presenta este domingo 13 de maio Electra dentro da Tempada de Teatro, que o pasado 3 de maio arrincou en Pontevedra con Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro. Os espectáculos Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro e El Funeral , de Pentación completan este ciclo que se desenvolve entre os meses de maio e xuño no Teatro Principal e o Pazo da Cultura.   O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle este domingo 13 de maio ás 21.00 horas Electra, da portuguesa Companhia do Chapitô.  Nadia Santos, Jorge Cruz e Tiago Viegas […] - ['Na butaca' chega a Cangas cunha función especial no día Mundial do Alzheimer](https://erreguete.gal/2018/09/18/na-butaca-chega-cangas-cunha-funcion-especial-no-dia-mundial-alzheimer/): O sábado 22 ás 21h, o Auditorio Municipal de Cangas acollerá unha función teatral ben especial de Na butaca [fantasía nº3 en dor Maior], de Esther F. Carrodeguas, pois por unha banda, coa peza Concello de Cangas quere conmemorar o Día mundial do Alzheimer e por outra, trátase dunha función especial, xa que se realizará con piano en directo, semellante á que a se que levou a cabo, tamén en Cangas, durante a última edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo. Pepa Barreiro, que xoga na casa pois fai moitos anos que reside en Cangas do Morrazo -onde desenvolveu a […] - [A necesidade da alegría, por Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2018/09/18/necesidade-da-alegria/): | Texto: Paula Carballeira| | Foto: Juan David Duque |   Ás veces esquécenos a necesidade da alegría, como nos esquece a necesidade do teatro. Supoño que pretendemos procurar esa seriedade mal interpretada da madurez, do mesmo xeito que cando medramos exiliamos o xogo das nosas responsabilidades. Pero na escena, o xogo é unha linguaxe universal. En Medellín, a Asociación de Salas de Artes Escénicas “Medellín en Escena” levan catorce anos organizando a “Fiesta de las Artes Escénicas”, todo un exemplo de vitalidade. Unha celebración. Unha verdadeira festa. Un traballo ben feito. Sempre é así cando se pon o corazón na […] - [Teatro e música volven ao ciclo Sen Numerar do Fórum da Coruña](https://erreguete.gal/2018/09/17/teatro-musica-volven-ao-ciclo-sen-numerar-forum-da-coruna/): Sen numerar é a programación escénica do Fórum Metropolitano da Coruña que permite vivir as propostas escénicas do xeito más próximo, grandes traballos en pequeno formato cos que gozar de excelentes propostas teatrais e musicais nun ambiente case íntimo. Este ciclo permite facer tamén unha oferta en horario lectivo para estudantes de secundaria e bacharelato. O ciclo comezará este venres 21 con Loló e mamá, de De Ste Xeito Producións, un texto escrito e dirixido por Esther Carrodeguas e interpretado por Josi Lage e Stephy Llaryora. Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case […] - [Convocatoria Eurodram 2018-2019](https://erreguete.gal/2018/09/17/convocatoria-eurodram-2018-2019/): A convocatoria para textos traducidos da rede Eurodram ten aberto o seu prazo de recepción de propostas ata o 31 de decembro de 2018. Unha vez avaliadas as candidaturas, as pezas seleccionadas daranse a coñecer o 15 de marzo de 2019. Poden concorrer a esta convocatoria da rede de tradución teatral Eurodram os textos traducidos atendendo a dúas posibilidades. Por unha parte, pode tratarse de obras traducidas do castelán, aragonés, aranés, asturleonés, balear, éuscaro, galego ou valenciano (o catalán dispón dun comité autónomo dentro do Eurodram) que foran posteriormente traducidas a calquera dos seguinte idiomas: albanés, alemán, inglés, árabe, armenio, azarí, […] - [As entradas para o FIOT de Carballo póñense á venda mañá](https://erreguete.gal/2018/09/16/as-entradas-fiot-de-carballo-ponense-venda-mana/): Este luns, día 17 de setembro, ábrese a venda de bonos para asistir as actuacións na sala da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se desenvolverá en Carballo entre o 28 de setembro e o 31 de outubro. Os primeiros que poden reservar praza son os membros da Asociación Cultural Telón e Aparte, que poderán mercar os bonos e as entradas para o espectáculo Somos criminais ata o día 24 de setembro. A partir do 25 de setembro a venda de bonos e de entradas soltas estará dispoñible para o público en xeral. No caso das entradas […] - [Unha ducia de espectáculos no III Fóra do Mapa de Ferrol](https://erreguete.gal/2018/09/16/unha-ducia-de-espectaculos-no-iii-fora-mapa-de-ferrol/): A terceira edición do festival Fóra do Mapa desenvólvese en Ferrol do 24 ao 30 de setembro. Dedicado ás artes escénicas contemporáneas, o programa quere resaltar o patrimonio artístico e arquitectónico da cidade a través da presentación dunha ducia de espectáculos en diversos espazos: algúns descoñecidos e  inexplorados e outros máis habituais para escena ferrolá. Ademais das pezas e actividades previstas, o festival conta este ano cun espazo formativo guiado pola coreógrafa Marta Carrasco. ¡Que me cuenten lo bailao! é o título do obradoiro que Marta Carrasco impartirá en Ferrol do 24 ao 27 de setembro en horario de 11.00 a […] - [Pisando Ovos estrea 'Directo 9' no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2018/09/14/pisando-ovos-estrea-directo-9-no-teatro-ensalle/): O mércores 3 de outubro a compañía Pisando Ovos estrea o seu novo espectáculo Directo 9. Dirixido por Rut Balbís e con unha renovada formación en escena cos bailaríns Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva, o espectáculo poderá verse na sala viguesa ata o sábado 6 de outubro. Directo 9 é unha conversa entre os corpos, a danza, a música e a posta en escena por medio da iluminación, co propósito de regresar a un dos puntos máis importantes da súa linguaxe: a entrega total dos corpos desde o movemento e as accións cotiás. O noveno espectáculo da compañía é […] - [O FIOT de Carballo ofrece este ano corenta e un espectáculos](https://erreguete.gal/2018/09/13/fiot-de-carballo-ofrece-este-ano-corenta-espectaculos/): O programa da 27ª edición pon especial atención en demostrar aos afeccionados xóvenes que o teatro é intemporal. Participarán compañías de Arxentina, Castela e León, Cataluña, Galicia, Guinea Ecuatorial, Madrid, País Vasco, Suiza e Valencia.   A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo presentaron este xoves o programa oficial e a imaxe da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se desenvolverá entre o 28 de setembro e o 31 de outubro. O programa inclúe 41 espectáculos, dos que 12 son estreas en Galicia e 3 son estreas absolutas. O festival acollerá compañías das comunidades […] - [Folga na ESAD para esixir a restitución do profesorado](https://erreguete.gal/2018/09/13/folga-na-esad-esixir-restitucion-profesorado/): Despois da aprobación maioritaria dos seus traballadores e traballadoras, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia convoca, para a semana que vén, tres días de folga en protesta porque nos últimos dous anos se consumara a perda de seis postos de traballo. En concreto, para este curso académico a dirección do centro reclamaba tres novas vacantes e a Consellaría, tras o informe do funcionario da inspección educativa, non só non concedeu ningunha senón que eliminou outras tres adxudicando só 34 interinidades, cando en 2014 chegou a contar con 42. Esta decisión chega nun momento no que se incrementou considerablemente o […] - [Vigo presenta a súa programación para o outono](https://erreguete.gal/2018/09/13/vigo-presenta-sua-programacion-outono/): O venres 28 e o sábado 29 de setembro arranca a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro, organizada pola Concellería de Cultura. Trátase do Mago Dani Gacía que realizará pasarrúas pola rúa do Príncipe, rematando co seu espectáculo Don Gelati diante das escaleiras do Marco. Serán as primeiras das 21 funcións previstas nesta nova tempada, que volverá contar con teatro, música, danza, maxia, circo e un espectáculo para bebés e outro de rúa. VIGOCULTURA volve apostar por unha liña de continuidade que pretende seguir consolidando públicos a través das artes escénicas, […] - [I Festival de Circo do Porto](https://erreguete.gal/2018/09/13/i-festival-de-circo-porto/): O 1º Festival Internacional de Circo de Porto desenvolverase do 13 ao 16 de setembro, ofrecendo ao público de todas as idades e nacionalidades máis de 40 espectáculos gratuítos, case todos ao aire libre.   En total, 13 compañías de diferentes países europeos presentarán as súas creacións no Jardim de São Lázaro, Praça dos Poveiros, Largo de Santo Ildefonso e Praça da Batalha. A carpa cuberta da cidade será o Porto Coliseum. The Rat Pack, Lapsus, Zirkus Morsa, Marimbondo, H.M.G., Chiara Marchese, D’irque & fien, Claire Ducreux, kRaK, Poc, Courcirkoui , Clément Dazin e Toron Blues son as compañías que, ao […] - [Anunciados os gañadores dos Premios Europeos de Teatro](https://erreguete.gal/2018/09/12/anunciados-os-ganadores-dos-premios-europeos-de-teatro/): Valeri Fokin é o gañador do Premio Europa de Teatro deste ano. Os premios Novas Realidades Teatrais van para Tiago Rodrigues, Milo Rau, Sidi Larbi Chekaoui, Jan Klata, Julien Gosselin e Circus Cirkör. O Premio Especial é para Nuria Espert.   O Premio Europa de Teatro seralle outorgado este ano ao director Valeri Fokin, director do Teatro Alexandrinsky de San Petersburgo e fundador e presidente do Centro Meyerhold de Moscova. A cerimonia de entrega dos premios terá lugar en San Petersburgo entre os días 13 e 17 de novembro. Fokin (Moscova, 1946) comezou a súa carreira no Teatro Sovremennik de Moscova –coma outros […] - [O XXIII Festival Galicreques presentará 13 funcións escolares](https://erreguete.gal/2018/09/12/xxiii-festival-galicreques-presentara-13-funcions-escolares/): O Festival celebrará entre os días 13 e 21 a súa 23ª edición, convertendo Santiago de Compostela, un ano máis, en gran referente para o xénero escénico dos títeres.   O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 25 espectáculos, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela compañías procedentes de Arxentina, Brasil ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. A programación incluirá tamén unha ampla sección dedicada ao público máis novo, ao incluír […] - [Redrum Teatro estrea comedia musical en Ourense](https://erreguete.gal/2018/09/12/redrum-teatro-estrea-comedia-musical-ourense/): A compañía Redrum Teatro ultima os detalles para a estrea do seu novo espectáculo teatral, a comedia musical Contos do Recreo, que terá lugar o 23 de setembro no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado do mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun gran contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo A Nena Que Quería Navegar, pero desta vez dende o punto de vista da nena acosadora. Redrum considera que as nenas […] - [IV edición do Festival Quincegotas na Coruña](https://erreguete.gal/2018/09/11/iv-edicion-festival-quincegotas-na-coruna/): A Coruña acollerá, entre os días 21 e 23 de setembro, a cuarta edición do festival de danza na rúa Quincegotas, que ten como finalidade achegar as artes do movemento a novos públicos ao desenvolver os espectáculos no espazo público. Nesta edición, o festival trasladará a súa acción ao Agra do Orzán, Eirís ou a Cidade Vella, ademais de regresar ao Castelo de San Antón, a Praza de María Pita ou ao Concello de Oleiros, afondando no carácter metropolitano da proposta. Unha das novidades deste ano será a incorporación de proxeccións audiovisuais e o diálogo con creadoras, como a exhibición do […] - [O XIX Ciclo de Lied de Santiago comeza hoxe cunha microópera](https://erreguete.gal/2018/09/11/xix-ciclo-de-lied-de-santiago-comeza-hoxe-cunha-microopera/): O XIX Ciclo de Lied, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Compostela (ADOC) para o Concello de Santiago e coa colaboración da Deputación da Coruña, arrinca hoxe martes no Teatro Principal de Santiago ás 20.00 horas coa microópera Amor e vida de muller, cuxo gran protagonista será Robert Schumann. A proposta escénica, formulada polo artista multidiscilplinar malagueño Nicolás Augusto, integra dous célebres ciclos do compositor xermano –Amor e vida de muller (1840), composto para piano e soprano, e Escenas do Bosque (1849), formulada para piano- para compoñer unha microópera cunha dramaturxia creada ex profeso a partir do sentido subxacente que […] - [O Festival das Núbebes chega á súa sexta edición](https://erreguete.gal/2018/09/11/festival-das-nubebes-chega-sua-sexta-edicion/): As dúas últimas fins de semana de setembro, en diferentes espazos da cidade de Pontevedra, celébrase a sexta edición do Festival das Núbebes, unha proposta que reúne unha selección de espectáculos de artes escénicas orientados especialmente aos bebés (de 0 a 6 anos) e as súas familias. Durante estes cinco días, a cidade volverá ser o centro de atención do público familiar con espectáculos de teatro, danza e música destinados a menores de tres anos. Este ano, aos escenarios xa tradicionais de Teatro Principal, a Casa Azul, a Casa das Campás e a praza do Teucro, súmanse dous espazos para albergar espectáculos: […] - [Vilagarcía programa cinco obras no último cuadrimestre do ano](https://erreguete.gal/2018/09/10/vilagarcia-programa-cinco-obras-no-ultimo-cuadrimestre-ano/): As compañías galegas Producións Teatráis Excéntricas, Eme2, Señora Supina, Redrum e Malasombra levarán os seus últimos espectáculos nos vindeiros meses ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación comezará o 29 de setembro coa peza de Valle-Inclán A cabeza do dragón a cargo de Excéntricas e baixo a dirección de Quico Cadaval. Eme2 estará o 13 de outubro coa súa visión da dificultade das relacións familiares que presenta A leituga, dirixida por Victor Duplá. A compañía de recente formación Señora Supina, porá en escena Cinco mulleres que comen tortilla o […] - [A Panadaría, Mofa & Befa e Desincronacidas, no Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia](https://erreguete.gal/2018/09/10/panadaria-mofa-befa-desincronacidas-no-festival-internacional-de-teatro-comico-da-maia/): Do 5 ao 14 de outubro desenvólvese a XXIII edición do Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia. Ao longo de dez días, o Fórum da Maia ofrece un amplo abano de espectáculos de sala e de animación de rúa da man de vintecinco compañías europeas entre as que se atopan as galegas A Panadaría, Mofa & Befa e Desincronacidas. O día 5 de outubro a compañía Vol’e Temps será a encargada de inaugurar o programa co espectáculo Mundos de papel, unha historia “perturbadoramente divertida” que combina técnicas de circo e teatro con humor e espontaneidade. A continuación, os portugueses Nova […] - [A ESAD de Galicia denuncia os recortes da Consellería de Educación](https://erreguete.gal/2018/09/08/esad-de-galicia-denuncia-os-recortes-da-conselleria-de-educacion/): A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia emite un comunicado no que se denuncia o “insoportable recorte de persoal docente” e esixe a reposición nos seus postos dos seis docentes excluídos nos dous últimos anos. Reproducimos o texto a continuación. O claustro de profesores e os representantes do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) queren denunciar que o antedito centro educativo, o único en Galicia dedicado ás ensinanzas superiores de arte dramática, vén padecendo dende o ano 2014 un insoportable recorte do seu persoal docente, chegando nestes últimos cursos a perder ata un vinte por cento […] - [Stephen Hawking, Paul Auster e o Diario Cultural](https://erreguete.gal/2018/09/08/stephen-hawking-paul-auster-diario-cultural/): | Manuel Xestoso |   O multiverso, malia o seu nome, non é un xénero literario: se o fose, xa o terían tratado o Diario Cultural e Ana Romaní, a quen, por certo, nunca lle estaremos o suficientemente agradecidos polo labor realizado nos últimos 28 anos. Pero non, o multiverso é un termo que define o conxunto de universos existentes, segundo as teorías que postulan a existencia de universos múltiples. Segundo estas hipóteses, o big bang tería xerado unha cantidade indefinida de universos, entre os cales algúns posuirían propiedades moi semellantes ao noso. O derradeiro estudo de Stephen Hawking trata de […] - [As asociacións profesionais apoian a manifestación a prol dos medios públicos](https://erreguete.gal/2018/09/07/as-asociacions-profesionais-apoian-manifestacion-prol-dos-medios-publicos/): A Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Músicas ao Vivo, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Dramaturxia (Dramaturga) e a Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva) veñen de facer público un comunicado no que expresan o seu apoio á manifestación convocada o sábado 8 de setembro polos comités de empresa de CRTVG e TVE-Galicia co fin […] - ['Il pirata' de Bellini estréase este sábado na Coruña](https://erreguete.gal/2018/09/07/il-pirata-de-bellini-estrease-este-sabado-na-coruna/): Este sábado 8 de setembro, ás 20:00, e para conmemorar o 250 aniversario da fundación do primeiro teatro de ópera da cidade, un fito que marcou o inicio da actividade musical na Coruña, Amigos da Ópera pon en escena, por primeira vez, Il pirata, un dos títulos menos representados de Vincenzo Bellini, por mor da dificultade de atopar un elenco que lle faga xustiza. De feito, este foi un dos títulos que alicerzou a lenda de María Callas, responsable de rescatalo para a escena a mediados do século XX. O elenco está encabezado pola soprano Saioa Hernández, que vén de alcanzar […] - [Jorge Coira filma a versión cinematográfica do 'Eroski Paraiso' de Chévere](https://erreguete.gal/2018/09/06/jorge-coira-filma-version-cinematografica-eroski-paraiso-de-chevere/): Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas O’Paraíso de Muros en 1990, xusto antes de que pechara. O auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo) acolle agora a gravación de Eroski Paraíso: o filme, un proxecto audiovisual dirixido por Jorge Coira que se realizará grazas á colaboración entre dúas produtoras culturais independentes: Chévere, […] - [A compañía La Macana estrea en Alemaña a súa nova montaxe](https://erreguete.gal/2018/09/06/compania-la-macana-estrea-nova-montaxe-alemana/): A compañía La Macana estreará este venres 7, no Theater im Pumpenhaus (Münster, Alemaña) a súa nova creación, Pink Unicorns. A esta estrea lle seguirán outras funcións, unha no mesmo teatro de Münster e outras dúas no Theater Bremen, antes de presentar o espectáculo en Galicia, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o vindeiro 20 de outubro. A nova peza ten un formato parecido á creación anterior No Title Yet (2012), dirixida en colaboración co coreógrafo afincado en Alemaña, Samir Akika, e que porá enriba do escenario a Alexis Fernández e o seu fillo adolescente. De feito, o punto de […] - [Volven os 'Microefectos Dramatúrxicos' ao Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2018/09/06/volven-os-microefectos-dramaturxicos-ao-clavicembalo-de-lugo/): Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo, hoxe xoves e mañá venres, en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo. O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi. Este ano o colectivo celebra o seu quinto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro […] - [O Río Bravo de Chévere, Premio do Público en Cariño](https://erreguete.gal/2018/09/05/rio-bravo-de-chevere-premio-publico-carino/): Case trinta anos despois da súa estrea Río Bravo, de Chévere, segue a colleitar éxitos. A Mostra de Teatro Galego de Cariño, que celebrou este ano a súa cuadraséxima edición, vén de facer público que a súa última encarnación, Rio Bravo 3.1, foi a gañadora do Premio do Público da Mostra. Rio Bravo estreouse en 1990 no Teatro Principal de Compostela. Foi o cuarto espectáculo de Chévere. Unha condensación magnífica dese espírito rebelde e desa actitude gamberra e irreverente coas que a compañía se presentara en sociedade con pezas como Servizo Discrecional (1987), O Mal Non Acouga (1988) e Salomé (1989). […] - ['Commedia' volve a Compostela 25 anos despois](https://erreguete.gal/2018/09/05/commedia-volve-compostela-25-anos/): Commedia volve a ser posta en escena 25 anos despois do éxito da súa estrea. Con boa parte do equipo creativo orixinal e agardando repetir o favor do público, a obra estará no Teatro Principal do 5 ao 8 de setembro. En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a compañía Ollomoltranvía estreaba Commedia. Un xoguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Daquela fixéronse máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia, con recoñecementos como os Premios Compostela 93 á mellor dirección, mellor actor e mellor espectáculo, o Premi da […] - [O Museu como Performance na Serralves do Porto](https://erreguete.gal/2018/09/05/museu-performance-na-serralves-porto/): Esta fin de semana (sábado 8 e domingo 9) desenvólvese a cuarta edición de “O Museo como Performance”. Organizado polo Museo de Arte Contemporánea de Serralves desde o 2015, “O Museo como Performance” é unha plataforma dedicada a novas prácticas da performance que recoñece a súa crecente importancia no campo das artes visuais. Este eixo de programación vén reforzar e estender a historia transdisciplinar do Museo Serralves. A súa cuarta edición reúne doce obras recentes de artistas portugueses e internacionais que abranguen e mesturan danza, música, narrativas faladas, performances visuais e sonoras. O programa inclúe encargos en estrea absoluta e adaptacións aos espazos […] - [TRC Danza abre a convocatoria para a segunda parte do Taller de Público(s)](https://erreguete.gal/2018/09/04/segunda-parte-taller-de-publicos-sabela-mendoza/): TRC Danza abre a convocatoria para a segunda parte do Taller de Público(s) que puxo en marcha este ano da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza Fernández. Trátase de compartir as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea na actualidade, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2018. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadores activos. As prazas son limitadas. Todas as persoas interesadas poden inscribirse enviando unhas liñas de motivación por correo electrónico […] - [Janet Novás estrea nova peza nos Teatros del Canal de Madrid](https://erreguete.gal/2018/09/04/janet-novas-estrea-nova-peza-nos-teatros-del-canal-de-madrid/): Janet Novás presentará nos Teatros del Canal de Madrid, o 5 e 6 de outubro, Mercedes e eu, no ciclo “Aberto en Canal” no que se mostran as propostas que os residentes no Centro Danza Canal desenvolveron durante a súa estancia. Malia que durante toda a súa carreira, Janet Novas (Porriño, Pontevedra, 1982) colaborou con moitos artistas, coa cantante Mercedes Peón xurdiu un lazo moi estreito que provocou un acto de introspección na coreógrafa galega, que lanza agora unha mirada moi atrás nas súas orixes, descubrindo a enorme influencia que tiveron sobre a súa carreira dez anos bailando danzas tradicionais populares e […] - [TRC Danza dá a coñecer os proxectos das Residencias Paraíso 2017](https://erreguete.gal/2018/09/03/trc-danza-da-conecer-os-proxectos-das-residencias-paraiso-2017/): Oasis Paraíso é un programa triple que se desenvolverá no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado día 15, dentro do programa TRC Danza. Está composto por distintos traballos que foron desenvoltos durante o programa de Residencias Paraiso 2017, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio do AGADIC. A velada comeza co traballo en proceso 2419CJX de Begoña Cuquejo e María Roja. Unha proposta que explora as formas de vida actuais, particularmente no obrigado nomadismo que estas parecen abocar os corpos. Á vez, entretécese unha reflexión sobre a violencia estrutural […] - [III edición do festival herDanza en Compostela](https://erreguete.gal/2018/09/01/iii-edicion-festival-herdanza-compostela/): Obradoiros formativos, proxeccións, residencias creativas, conversas con profesionais e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas e espazos abertos da cidade: esa é a oferta que o festival herDanza presentará do 3 ao 8 de setembro en Compostela. O festival comezará oficialmente o día 3 de setembro cunha presentación do programa na Casa do Matadoiro acompañado dunha cata de viño. Os día seguintes, tamén na Casa do Matadoiro, será a quenda das conversas e mesas redondas: o martes 4, ás 21:00, Alba Barral e Sonia Rodríguez conversarán sobre “O papel da muller na danza” e o mércores 5, tamén ás […] - [Cultura no Camiño pecha en setembro con 44 actuacións escénicas e musicais](https://erreguete.gal/2018/08/31/cultura-no-camino-pecha-setembro-44-actuacions-escenicas-musicais/): O ciclo Cultura no Camiño programará durante o vindeiro mes de setembro un total de 44 actuacións escénicas e musicais como peche da súa sexta edición, que deu comezo a mediados de abril para ofrecerlle 340 citas culturais ao público de 103 municipios ubicados nalgunha das rutas xacobeas en Galicia. No arranque da súa carteleira teatral de setembro, o domingo 2, Ponte Ledesma, en Boqueixón (A Coruña), acollerá a montaxe circense Forzu2, de Circo Chosco, ás 18,00 horas; o Auditorio da Azucreira de Portas (Pontevedra) recibirá á compañía Píscore, con Concerto singular, á mesma hora. Ás 19,00 horas, o Paseo do […] - [Calendario de actuacións do programa Buxiganga na provincia de Lugo](https://erreguete.gal/2018/08/31/calendario-de-actuacions-programa-buxiganga-na-provincia-de-lugo/): Buxiganga ofrece, dende os meses de xuño a novembro, 109 actuacións de grupos teatrais en 50 concellos da provincia. Trátase da iniciativa posta en marcha pola Deputación Provincial de Lugo para dinamizar a actividade cultural nos municipios e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses. Este é o programa completo:   ALFOZ Sábado 27 de outubro  19:00 no Centro Sociocultural A PENEDA: A cea dos idiotas Sábado 3 de novembro ás 19:00 no Centro Sociocultural UNIDADE DO ZONO: Tren a Nápoles Domingo 18 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural (AMPA CEIP Castro de […] - [Volven as Ultranoites de Chévere](https://erreguete.gal/2018/08/30/volven-as-ultranoites-de-chevere/): A compañía Chévere anuncia unha nova Ultranoite no auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo para o mes de setembro. Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández e Serxio Zearreta, ademais dos músicos da Ultrabanda –Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián– ofrecerán unha nova edición deste cabará en seis funcións repartidas en tres fins de semana, os días 14, 15, 21, 22, e 28 e 29 de setembro. Como é habitual, esta Ultranoite contará en cada función con artistas convidadas que irán cambiando cada fin de semana: AldaoLado, Carlos Santiago, Clara […] - [Algures a Nordeste: danza contemporánea portuguesa en Vila Real e Bragança](https://erreguete.gal/2018/08/30/algures-nordeste-danza-contemporanea-portuguesa-vila-real-braganca/): A segunda edición do festival de danza contemporánea de Trás-os-Montes, organizada polos teatros de Vila Real e de Bragança co apoio do Norte 2020, celebrarase do 8 ao 29 de setembro. Logo do seu debut en 2017, cun bo promedio de espectadores por sesión, Algures a Nordeste presenta un programa ecléctico e atrevido no campo da danza portuguesa contemporánea. Victor Hugo Pontes, Paulo Ribeiro, Olga Roriz, Cláudia Martins / Rafael Carriço, Bruno Duarte e Daniel Cardoso son os coreógrafos invitados desta edición. O diálogo con outros coreógrafos, autores, xéneros artísticos ou temas humanos é un dos aspectos que merecen ser mencionados […] - [A Deputacion de Lugo abre unha liña de axudas para o teatro profesional](https://erreguete.gal/2018/08/29/6983/): A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este martes as axudas directas que por primeira vez ofrece o Goberno da Deputación de Lugo ao teatro profesional da provincia. Fíxoo acompañada por representantes deste sector, que en diversas xuntanzas reclamaron apoio institucional para desenvolver os seus proxectos artísticos por toda a provincia. O programa PROSCENIO está dirixido ás compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo, e conta cun investimento do organismo provincial de 25.000 euros. Este novo proxecto, ademais de incentivar as compañías lucenses, pretende contribuír a mellorar a programación […] - [Artes escénicas na terceira edición do Festival 85C de Vigo](https://erreguete.gal/2018/08/27/artes-escenicas-na-terceira-edicion-festival-85c-de-vigo/): Entre os vindeiros 7 e 9 de setembro celebrarase en Vigo unha nova edición do Festival 85C que reúne a mulleres creadoras de todas as artes e disciplinas. Máis de 25 locais da cidade, acollerán as propostas dunhas 80 artistas diferentes. O evento está organizado desde a asociación sen ánimo de lucro, 85C, que traballa irmandando mulleres artistas de distintos eidos e cidades coa intención de facer medrar o panorama da cultura emerxente. No campo das artes escénicas, o Festival 85C ofrece na súa terceira edición un ciclo no que o público poderá gozar de tres pezas, algunhas delas inéditas, con […] - ['Elisa e Marcela', mellor espectáculo do FETEGA do Carballiño](https://erreguete.gal/2018/08/25/elisa-marcela-mellor-espectaculo-fetega-carballino/): O Festival de Teatro Galego do Carballiño rematou onte coa entrega de premios outorgados polo xurado, composto este ano por Víctor Duplá, María Vázquez e Morris, nunha gala presentada por Laura Villaverde. A Panadaría recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo por Elisa e Marcela, unha obra que acumula galardóns dende a súa estrea. As compoñentes de A Panadería –Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman– recibiron tamén, ex aequo o Premio á Mellor Intérpretación polo seu traballo neste espectáculo. Ademais, A vida tola, de Pajarito, recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa. Natalia Outeiro “Pajarito” é unha actriz, pallasa e directora galega con máis […] - [Concedidas as axudas á distribución de espectáculos da Agadic](https://erreguete.gal/2018/08/25/concedidas-as-axudas-distribucion-de-espectaculos-da-agadic/): A Xunta de Galicia adxudicou este ano 450.000 euros en subvencións para actividades de distribución nas industrias culturais, a través das que se apoia a presenza da cultura galega en diferentes localidades españolas e doutros 23 países. As contías aprobadas destínanse a cofinanciar os gastos asumidos por empresas culturais galegas no desenvolvemento de 538 actuacións escénicas, concertos e accións de promoción. Do total do orzamento adxudicado, arredor de 320.000 euros invístense en espectáculos ofrecidos por compañías escénicas e de grupos de música galegos nas súas xiras estatais e internacionais. No caso das artes escénicas atópanse as de danza Entremans en Canarias e Valencia; […] - [II Premio Nel Amaro de Teatro Profesional en asturiano ou galego-asturiano](https://erreguete.gal/2018/08/23/ii-premio-nel-amaro-de-teatro-profesional-asturiano-ou-galego-asturiano/): A Consellería de Educación e Cultura do Goberno de Asturias convoca a segunda edición do Premio Nel Amaro de Teatro Profesional en asturiano ou galego-asturiano, dotado con 6.000 euros Ao premio poden optar obras de compañías profesionais que xa fosen estreadas, tanto orixinais como adaptacións de títulos noutras linguas, que non resultasen finalistas da edición anterior. O prazo para presentar os proxectos remata o 10 de setembro. A partir desa data, un xurado formado por expertos en teatro e lingua asturiana escollerá as catro propostas finalistas. As compañías seleccionadas representarán as obras no II Festival de Teatro Profesional Nel Amaro, organizado […] - [II Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá](https://erreguete.gal/2018/08/21/ii-certame-de-teatro-afeccionado-concello-de-lourenza/): A Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios: un aumento da dotación do premio á mellor representación, que pasa de 600 a 750 euros e a creación dun novo premio, que se decidirá por votación do público asistente ás representacións. O Certame rexerase polas seguintes bases: 1.- A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá (Lugo) convoca o II CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO “CONCELLO DE LOURENZÁ”. 2.- Poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de […] - [Commedia, un xoguete para Goldoni](https://erreguete.gal/2018/08/20/commedia-xoguete-goldoni/): Contar a circunstancia | Manuel Xestoso |   Se nos atemos aos documentos dispoñibles, a natureza humana cambiou máis ben pouco nos últimos milenios: o que cambian son as circunstancias. O teatro vive da circunstancia, da situación concreta en que nos amosamos avarentos ou desprendidos, egoístas ou solidarios, románticos ou luxuriosos. Ás veces a circunstancia é máis explícita que a cerna do conflito e, en consecuencia, o teatro decide elevar a circunstancia á categoría de universal. Commedia explica que o conflito é sempre o mesmo, que o importante é o xeito en que se amosa, o xeito en que se conta. […] - [Convocada a III Edición do Concurso de Monólogos LINGUAreteando](https://erreguete.gal/2018/08/18/convocada-iii-edicion-concurso-de-monologos-linguareteando/): A Concellaría de Mocidade e a Concellaría de Cultura a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Barbadás convoca a III Edición do Concurso de Monólogos LINGUAreteando co obxectivo de promocionar as iniciativas culturais e artísticas e promover o uso da lingua galega, ofrecéndolles a oportunidade de amosar as súas dotes interpretativas ante o público. O concurso axustarase ás seguintes Bases:   Primeira.- Modalidade Establécese unha única modalidade de concurso, dende os 16 anos.   Segunda. Participantes Poderán participar todas as persoas cuxa idade supere os 16 anos. No caso das persoas menores de idade deberán achegar unha autorización […] - [O Titirideza volve a Lalín](https://erreguete.gal/2018/08/18/titirideza-volve-lalin/): Esta próxima semana, do 23 ao 25 de agosto, Lalín celebra outro ano máis o Titirideza, Festival Galego da Marioneta, con cinco espectáculos de compañías de monicreques e de manipulación de obxectos. Segundo explicaron onte os organizadores, o festival suprime un día de programación pola falta de axuda da Xunta de Galicia.   Durante a presentación do cartel, Julio Balado, un dos representantes de Viravolta amosou o seu malestar coa Xunta de Galicia pola falta de resposta ante os trámites realizados e, pola contra, agradeceu ao Concello o aumento da partida ata os 7.000 euros. A organización decidiu reducir a Mostra a […] - [Premio Mácara para Chévere na XIX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei](https://erreguete.gal/2018/08/16/xix-mostra-de-teatro-amador-de-palas-de-rei/): A nova edición da Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei comezará o 23 de agosto e rematará o 2 de setembro. Participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Nesta edición, entregaráselle o XVIII Premio Mácara á compañía Chévere.   Todas as funcións serán ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei, agás as que se presentarán en Santo Xusto o sábado, 25 de agosto e o domingo 26, que serán ás seis e media da tarde. A do venres, 1 de setembro, de Soledad Felloza, será ás 20.00 horas e escenificarase na aldea […] - [Sólodos en Danza Ourense abre o prazo para a presentación de propostas](https://erreguete.gal/2018/08/16/solodos-danza-ourense-abre-prazo-presentacion-de-propostas/): O Certame de Creación de Dúos e Solos SÓLODOS EN DANZA 2018 mantén aberto o prazo para a presentación de propostas até o 12 de outubro. O Festival Internacional de Danza Contemporánea e o Certame terán lugar do 22 ao 24 de novembro de 2018 no Auditorio Municipal de Ourense. Poden participar na convocatoria todas aquelas coreografías de danza contemporánea (dúos e solos) de creadores iberoamericanos, residentes en Europa maiores de 18 anos. As pezas deberán estar interpretadas por un ou dous artistas, sendo indispensable que o creador/a sexa tamén intérprete da obra. A duración da peza presentada será de entre […] - [Ponteatro incluirá a estrea de 'Invisibles', de Redrum Teatro](https://erreguete.gal/2018/08/15/ponteatro-incluira-estrea-de-invisibles-de-redrum-teatro/): Entre o 4 de outubro e o 20 de decembro desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do xa consolidado Ponteatro. Catro xoves de teatro e dous “venres golfos” compoñen o programa deste ciclo que se celebra no Teatro Principal. Ponteatro inclúe ademais, a estrea de Invisibles, unha adaptación do libro de Montse Fajardo   O 4 de outubro abrirá o ciclo Eme2 con A leituga, unha comedia dramática que aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte? […] - [Camilo Díaz Baliño na Biblioteca Municipal de Ferrol](https://erreguete.gal/2018/08/14/camilo-diaz-balino-na-biblioteca-municipal-de-ferrol/): A exposición sobre a obra de Camilo Díaz Baliño coa que a Biblioteca de Galicia celebrou o pasado xaneiro o Día da Ilustración pódese ver desde o pasado mes de maio e ata o próximo mes de setembro na Biblioteca Municipal de Ferrol. A exposición está constituída por un total de 54 pezas, entre elas libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos procedentes do arquivo persoal de Díaz Baliño.   O principal escenógrafo galego da época A partir dos anos vinte, Díaz Baliño pode considerarse xa o principal escenógrafo do país. Un dos seus labores máis representativos neste ámbito é o […] - [Rolda Internacional: 13 / 08 /2018](https://erreguete.gal/2018/08/13/rolda-internacional-2/): Romeo Castellucci debutou no Festival de Salzburgo cunha versión de Salomé, de Richard Strauss, que concitou o aplauso da crítica e o público. Castellucci amosa un mundo dourado (o do rei Herodes) cheo de buratos negros coma o calabozo de Xoán. A posta en escena está chea de potentes imaxes oníricas –coma a do cabalo que se refire ao mundo subconsciente da protagonista– e o baile dos veos de vira radicalmente ao contrario: sen movemento, solidificada, Salomé, como un animal sacrificado, é literalmente engulida por unha pedra. A audacia escénica de Castellucci, desta vez atenuada polo argumento inspirado en Wilde, atopou un […] - [El apartamento](https://erreguete.gal/2018/08/13/el-apartamento/): Pallasos sentimentais | Manuel Xestoso |   A expresión “contar unha historia” xa non ten o mesmo significado que antes: seguimos precisando de relatos que nos expliquen a realidade, pero agora aprendemos que a realidade é demasiado fuxidía como para atrapala cos medios da narración tradicional. Así que probamos novas estratexias e mesmo ampliamos o campo de acción, de xeito que practicamente todo o que nos arrodea se transforma nunha fonte de argumentos que precisan ser contados. O circo sempre creou personaxes, pero case sempre foi parco á hora de colocalos nunha trama. O que se denomina “novo circo” é, talvez, […] - [Textos para Nesto, de Luma Gómez e Eduardo Alonso](https://erreguete.gal/2018/08/12/textos-nesto-de-luma-gomez-eduardo-alonso/): Reproducimos aquí os textos lidos por Luma Gómez e Eduardo Alonso durante a cerimonia civil de despedida a Ernesto Chao. A colaboración entre os tres foi continua durante as últimas décadas, en especial durante a “etapa de formación” do teatro profesional galego, na que contribuíron a crear o Centro Dramático Galego, e durante na década de 1990, na que traballaron xuntos nunha serie de obras de Teatro do Noroeste. Sirvan estes textos escritos dende a amizade como homenaxe ao gran actor.   Querido Nesto: Es unha das persoas máis importantes da miña vida, persoal e profesional, coido que ti xa o […] - [Obituario: Ernesto Chao](https://erreguete.gal/2018/08/12/obituario-ernesto-chao/): Ernesto Chao: un teatro nacional | Manuel Xestoso |   A memoria adoita ser feble. A memoria do teatro, ademais, ten que encomendarse a instancias que non dependen exactamente da vivencia persoal: a crónicas, críticas ou relatos que van flanqueando a súa historia e que só ofrecen un reflexo imperfecto do que foi unha obra concreta, unha función determinada, a carreira de toda unha vida. Que a maioría dos medios de comunicación lembren agora a Ernesto Chao por un papel televisivo ten a ver con esa natureza escorregadiza do teatro: ou estiveches alí ou non sabes exactamente como ocorreu. Podes reler […] - [Arrinca a 40ª Mostra de Teatro Galego de Cariño](https://erreguete.gal/2018/08/11/arrinca-40a-mostra-de-teatro-galego-de-carino/): Este sábado 11 de agosto comeza a XL Mostra de Teatro Galego de Cariño cun programa que se desenvolverá até o venres 17. Dezasete compañías conforman o cartel que conta con seis espectáculos de rúa, diferentes actuacións de programación infantil en horario matinal e cinco funcións nocturnas no Auditorio Municipal. No seu corenta aniversario, a Mostra de Teatro Galego de Cariño contará tamén con diversas actividades paralelas entre as que se inclúen obradoiros, concertos ou unha xornada de traballo de Escena Galega.   O sábado 11 de agosto, a galega Natalia Outeiro abrirá a sesión matinal con A vida tola ás 12.30 horas na […] - [O Festival Manicómicos chega á súa 18ª edición](https://erreguete.gal/2018/08/10/festival-manicomicos-chega-sua-18a-edicion/): Do 15 ao 19 de agosto celebrarase na Coruña a XVIII edición do Festival Manicómicos: teatro cómico, clown e circo contemporáneo ateigarán as rúas da cidade. O Festival, organizado pola Asociación Cultural Manicómicos, ten a intención de amosar, xunto a xoves artistas galegos, a primeiras figuras do panorama cómico internacional que ademais imparten cursos durante o festival. O programa deste ano comeza o mércores 15 con Totum revolutum, da compañía madrileña Vueltos de Rosca, unha disparatada viaxe autobiográfica a través das diferentes modalidades de circo, na que dous excéntricos personaxes chegarán a amosarnos un novo estilo: o circo contemporáneo na rúa. […] - [Circo na rúa en Lalín](https://erreguete.gal/2018/08/09/6786/): O programa municipal Circo na rúa volve a Lalín esta próxima fin de semana con tres funcións. O sábado 11 de agosto, na Praza dá Igrexa, ás 19:30 horas, terá lugar o primeiro espectáculo, Rastafarudi, de Rudi Dudi. O clown –belga, mais universal– crea un espectáculo xurdido da maxia e da forza que veñen do máis fondo, directamente do corazón. En Rastafarudi, preséntasenos un antigo ritual para que a xente se deite todas as noites coa esperanza no mundo intacta. Ao parecer, María Callas e Elvis, Bob Marley e Michael Jackson, tamén Madonna e Lady Gaga mantiveron vivo este ritual. Pero só […] - [Repulsa da AAAG ao titular de El Correo Gallego na morte de Ernesto Chao](https://erreguete.gal/2018/08/08/repulsa-da-aaag-ao-titular-de-el-correo-gallego-na-morte-de-ernesto-chao/): A AAAG vén de facer público un comunicado en resposta ao tratamento informativo do falecemento de Ernesto Chao por parte de El correo gallego. Reproducimos aquí o contido íntegro da nota.   Estimado director: A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica, envíalle esta carta para tentar rescatalo da sempre atrevida e indecente ignorancia. A portada da súa cabeceira de onte, martes 7 de agosto, na que lembraron a Ernesto Chao constitúe, ademais dunha lamentable falta de respecto, un golpe ao rigor […] - [O FETEGA do Carballiño presenta un programa protagonizado por mulleres](https://erreguete.gal/2018/08/08/fetega-carballino-presenta-programa-protagonizado-mulleres/): Onte presentouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense a programación completa da XXIX edición do Festival de Teatro Galego.   O acto tivo lugar ás 12:00, e nel gardouse un sentido minuto de silencio polo falecemento do actor Ernesto Chao, durante o cal todos os presentes se puxeron en pé, instante seguido dun fortístimo aplauso. Presidiu en todo momento a mesa a súa foto actuando o ano pasado no FETEGA. O actor recentemente falecido, presentara no FETEGA 2017 neste mesmo acto coa cía. Redrum teatro a estrea absoluta en España da súa produción A Canción do Elefante. A […] - [AAAG lamenta o falecemento de Ernesto Chao](https://erreguete.gal/2018/08/06/aaag-lamenta-falecemento-de-ernesto-chao/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fixo público un comunicado no que lamenta a morte de Ernesto Chao, no que lembra a valía da súa traxectoria, o seu papel fundamental na creación do teatro galego profesional e o seu compromiso coa defensa do sector.   A AAAG manifesta o seu pesar polo falecemento do actor Ernesto Chao, auténtico pioneiro da escena do noso país e un referente apreciado e querido tanto para a profesión coma para o público. “Ernesto Chao era un referente para toda unha profesión, unha profesión que sería difícil de imaxinar sen o seu traballo […] - [Falece o histórico actor Ernesto Chao](https://erreguete.gal/2018/08/06/falece-historico-actor-ernesto-chao/): Hoxe faleceu aos 74 anos Ernesto Chao, actor histórico do teatro galego e un dos rostros máis coñecidos polo seu traballo no audiovisual. Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrumpida desde 1969 onde destaca, entre outras, a fundación de compañías míticas como Abrente e Artello e a súa colaboración en proxectos como Teatro do Malbarate. Director do Centro Dramático Galego de 1986 a 1987, Chao fundou a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta S.L. xunto coa súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez. Xunto co seu traballo como intérprete, destaca a súa actividade […] - [Narón anuncia a súa programación para o último cuadrimestre](https://erreguete.gal/2018/08/06/6776/): Vintedous espectáculos conforman a programación do Concello de Narón para o próximo outono. Do 15 de setembro ao 22 de decembro, diferentes propostas de música e artes escénicas para todos os públicos pasarán polo Pazo da Cultura de Narón O sábado 15 de setembro, o Pazo da Cultura acollerá Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira de Produccións Teatrais Excéntricas con Josito Porto e Víctor Mosqueira e con dirección de Carlos Santiago. O sábado 22 de setembro Pentación Espectáculos presenta El Funeral, peza escrita e dirixida por Manuel M. Velasco que conta cun elenco formado por Concha Velasco e Antonio Resines, […] - [Comeza a IX edición de Itineranta en Pontevedra](https://erreguete.gal/2018/08/05/6792/): As rúas e praza do centro histórico acollerán once espectáculos de animación, música, teatrais e de fogo os días 7, 8 e 9 de agosto.   Nove compañías, once espectáculos de rúa. Animación con maiúsculas. A volta temos unha nova edición de Itineranta, e xa van nove, o que fai do Festival de espectáculos de rúa itinerantes de Pontevedra un clásico no calendario festivo do verán da cidade e que avanza a chegada das festas da Peregrina. Itineranta é o único festival do estado dedicado exclusivamente a espectáculos de rúa itinerantes. Este ano regresa ás rúas de Pontevedra na súa IX […] - [A esCEEna: IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee](https://erreguete.gal/2018/08/04/iv-semana-de-teatro-das-artes-escenicas-de-cee/): O próximo sábado 18 de agosto comeza en Cee a IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee, “A esCEEna”, que se prolongará ata o venres 24 e que levará sete espectáculos á vila fisterrá. A Mostra comeza o día 18 con Senior, de Culturactiva, unha comedia sobre a crise dos cincuenta dirixida por Avelino González e con Marcos Orsi e Luís Iglesia no elenco. Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, […] - [Tres talleres e unha residencia no programa de formación do festival herDanza 2018](https://erreguete.gal/2018/08/04/tres-talleres-unha-residencia-no-programa-de-formacion-festival-herdanza-2018/): O Festival herDanza de Santiago de Compostela, que celebrará a súa terceira edición entre o 3 e o 8 de setembro, vén de facer público o seu programa de formación. Serán tres talleres a cargo de Sonia Rodríguez, Alba Barral e Mónica García e unha residencia destinada a estudantes de danza de entre 16 e 20 anos de idade.   Sonia Rodríguez impartirá o obradoiro titulado Cross the borders of our borders, dende o luns 3 ao mércores 5, no estadio de atletismo da USC. Neste taller compartirá o seu punto de vista coreográfico e achegará ideas para reflexionar sobre capacidades […] - [Comeza a VIII Semana de Teatro de Sarria](https://erreguete.gal/2018/08/03/comeza-viii-semana-de-teatro-de-sarria/): Hoxe comeza a oitava edición da Semana de Teatro Vila de Sarria. Ata o domingo poderán verse cinco obras para nenos e adultos no parque do Chanto e na Praza da Vila. A obra encargada de abrir esta oitava edición será Milagre no convento, a cargo da aula de Teatro municipal, dirixida por Lorena Do Val. A historia transcorre no particular convento de Santa María Xoana, coñecido polo seu famoso elixir rexuvenecedor. No momento no que as vendas deste produto descenderon drasticamente, a chegada dunha nova monxa cunha innovadora receita, revolucionarao todo. O sábado, ás 20:00 horas, haberá teatro infantil con Paco […] - [O Centro Coreográfico Galego organiza unha gala co alumnado dos cursos de verán](https://erreguete.gal/2018/08/03/centro-coreografico-galego-organiza-unha-gala-co-alumnado-dos-cursos-de-veran/): O Centro Coreográfico Galego (CCG) compartirá co público unha mostra de danza protagonizada polo alumnado dos seus cursos de verán, que rematan hoxe mesmo na súa sede da Coruña. A gala, de entrada libre, terá lugar mañá sábado, ás 18,00 h., no Centro Ágora da cidade.   Nela, 60 dos estudantes matriculados neste programa formativo da unidade de danza da Consellería de Cultura e Educación interpretarán unha montaxe de pezas a partir do traballo desenvolvido desde mediados de xullo nos sete obradoiros de danza contemporánea, clásica e comedia musical impartidos polos mestres Pino Alosa, Dana Raz, Virginia Valero, Mikel Aristegui, Gonzalo […] - [Microteatro no Grove a cargo de Musas Anónimas](https://erreguete.gal/2018/08/02/microteatro-no-grove-cargo-de-musas-anonimas/): No Quinteiro do Temperán do Grove, o grupo Musas Anónimas presentará, dende hoxe e ata o 2 de setembro e de xoves a domingo, cinco pezas de microteatro: Un lugar para quedar, de Ainhoa Menéndez, dirixida por Tito Asorey; Esquelas, tamén de Ainhoa Menéndez e dirixida por Edu Ovejero; Comunión, escrita e dirixida por Goize Blanco; B&B de Ainhoa Menéndez, dirixida por Roi Vidal; e Comité Central, escrita e dirixida por Goize Blanco. As actrices e o actor que representarán as cinco funcións son Jordi Fernández, Aida Cobas, Iria Parada e Catuxa Leira. Musas Anónimas defínese como un grupo que “aspira […] - [Comenzan en Cervo as XVIII Veladas no Souto](https://erreguete.gal/2018/08/02/6713/): Hoxe comenzan en Cervo as Veladas no Souto, as xornadas de teatro amador que organiza o grupo O Bordelo e que este ano chegan á súa decimoitava edición. As actuacións adoitan encher a Praza do Souto e son de entrada libre. Esta noite, abrirán as veladas o grupo Andanzas, de Viveiro, coa obra de Miguel Mihura Las entretenidas, dirixida por Mercedes del Pozo e Paco Olivares. Mañá venres 3, o grupo de teatro Pico de Faro, da Roda (Asturias), porá en escena Outros tempos, de Manuel García Galano. O sábado 4 será a quenda do grupo Os Baluros, de Castro de […] - [Galería: Premios en xullo](https://erreguete.gal/2018/08/01/galeria-premios-xullo/) - [Xa se coñece o programa para o I Encontro de Teatro Internacional Paco González](https://erreguete.gal/2018/08/01/xa-conece-programa-i-encontro-de-teatro-internacional-paco-gonzalez/): Xa se coñece o programa para o I Encontro de Teatro Internacional Paco González que terá lugar na bisbarra de Valdeorras entre o 6 e o 11 de agosto. O Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín son os escenarios escollidos para esta primeira edición duns encontros que levan o nome do clown valdeorrés Paco González, fundador da compañía Familie Flöz. O “I Encontro de Teatro Internacional Paco González” xorde da colaboración co Festival Internacional de Teatro Susana Alexander (FITSA) de México. O programa para este ano é o seguinte:   O Barco de Valdeorras Luns 6. 23:00. Praza Maior Ok, Performance Show Teatro Anubiz […] - [Pistacatro abre o ciclo 'Cultura no Camiño' en Compostela](https://erreguete.gal/2018/08/01/pistacatro-abre-ciclo-cultura-no-camino-compostela/): O espectáculo Rojo, que se representa hoxe na Quintana, será a primeiras das cinco citas compostelás desta iniciativa, organizada pola Agadic e Turismo de Galicia en colaboración co Concello de Santiago e outros 102 municipios das rutas xacobeas   A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración con 103 concellos das rutas xacobeas, chega este mércores 1 de agosto a Santiago co espectáculo de teatro infantil Rojo, de Pistacatro, ás 19,30 h. na praza da Quintana. En Compostela, a oferta de Cultura no Camiño concéntrase no mes de agosto, durante o que se levarán a cabo cinco actuacións […] - [Carlos Blanco recibe o Premio Rebulir na categoría de Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2018/07/31/carlos-blanco-recibe-premio-rebulir-na-categoria-de-artes-escenicas/): Carlos Blanco vén de recibir o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas. O xurado, reunido onte, decidiu por unanimidade outorgar o galardón ao actor de Vilagarcía. Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás. Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este premio é a proxección do nome de Galicia […] - [A Casa-Museo Manuel María convoca o I Certame de Proxectos Teatrais](https://erreguete.gal/2018/07/31/casa-museo-manuel-maria-convoca-i-certame-de-proxectos-teatrais/): A Casa-Museo Manuel María en colaboración cunha serie de concellos cuxo número e identidade se farán públicos proximamente, convocan o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, que se rexerá polas seguintes bases:   1º.- Fundamentación A Casa-Museo Manuel María ten como obxecto xeral a conservación e difusión da obrado escritor chairego, así como a promoción da cultura galega en xeral. A figura de Manuel María foi fundamental para a restauración da lingua e literatura galegas nos anos da posguerra, sendo o primeiro autor novo que publicou un libro en galego tras a guerra civil (Muiñeiro de brétemas, 1950). O seu corpus […] - [Vilagarcía acolle unha nova edición do Festiclown do 9 ao 14 de agosto](https://erreguete.gal/2018/07/31/vilagarcia-acolle-unha-nova-edicion-festiclown-9-ao-14-de-agosto/): Do 9 ao 14 de agosto Vilagarcía acolle unha nova edición do Festiclown cun cartel no que o humor se mestura co circo, a música e a maxia en diferentes espazos, prazas e rúas da vila. No ano no que o festival celebra “20 anos de risas rebeldes”, a acción social e a programación infantil combínanse co programa da Mostra Internacional, que este ano inclúe a compañías e creadores como Alberto San Juan, Cirk About It, Trapu Zaharra, Vol’e Temps, Amontonados por Azar, Passabarret ou Kanbahiota [na foto]. Ao longo de seis días, unha vintena de presentacións para todos os públicos […] - [Laboratorio de Performance con Blanco & Roja no FETEGA do Carballiño](https://erreguete.gal/2018/07/31/laboratorio-de-performance-blanco-roja-no-fetega-carballino/): A AAAG (Asociación de Actrices e Actores  de Galicia) en colaboración co FETEGA (Festival de Teatro Galego do Carballiño) e co patrocinio da Fundación AISGE, organizan un taller de 6 horas facilitado polas creadoras Alba Blanco e María Roja, o día 18 de agosto.   Pedra (ou que) Este laboratorio propón unha reflexión desde a práctica sobre os procesos de creación colectiva no eido da arte de acción, dirixido a creadorxs iniciadxs nas artes vivas Papel (ou como) Tomando como base a experiencia de Blanco&Roja en modos de traballo colaborativos tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, apuntarase […] - [Premio SELIC de creación literaria](https://erreguete.gal/2018/07/30/premio-selic-de-creacion-literaria/): Co obxecto de incrementar a presenza de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego, o Concello de Santiago de Compostela convoca tres premios para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa, poesía e teatro. Os premios terán unha dotación de 2.000 euros cada un e concederanse a textos inéditos de narrativa, poesía ou teatro que teñan a cidade de Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia fundamental da obra. Os premios implican a publicación das obras na colección SELIC que edita o Concello de Santiago, renunciando os autores/as a percibir dereitos de autoría por esta publicación. As […] - [8 novidades en libros de Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2018/07/29/6647/):   Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable desta edición. As obras aquí publicadas, recollen temáticas de sempre e de agora pero contadas dende perspectivas actuais e orixinais. Cabe sinalar a fonda honestidade destas creacións que, sen premeditación no seu compendio para este volume, coinciden en outorgar un papel central ás personaxes femininas.   […] - [Créase o Premio Laudamuco de Teatro para textos dramáticos](https://erreguete.gal/2018/07/28/crease-premio-laudamuco-de-teatro-textos-dramaticos/): O Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas veñen de crear o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, coa intención de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representa para o teatro en galego e, en xeral, para a nosa cultura. A primeira edición deste premio convocarase para o ano 2019. Estreada o 16 de maio de 1978, Laudamuco, señor de Ningures, foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Detrás daquel proxecto estaba Vidal Bolaño e a súa compañía Antroido, […] - [As artes escénicas toman Coruña durante as festas de María Pita](https://erreguete.gal/2018/07/26/as-artes-escenicas-toman-coruna-as-festas-de-maria-pita/): A programación das festas de María Pita 2018, que levan por lema A cidade soñada e que se celebrarán entre o 1 e o 26 de agosto, inclúe unha boa dose de artes escénicas, especialmente para os máis cativos. Durante a Feira do Libro, haberá intervencións escénicas no Xardín dos Libros, na zona Atalaia dos Xardíns de Méndez Núñez: narración oral a cargo de Soledad Felloza (días 1 e 3), Caxoto (días 2 e 10), Charo Pita (días 4 e 6), Raquel Queizás (día 5), Ramiro Neira (días 7 e 9) e Pérez & Fernández (día 8). Haberá tres pases cada día, ás 18:00, […] - [Un campamento en Lugo introducirá rapaces de 7 a 14 anos no mundo do teatro](https://erreguete.gal/2018/07/26/campamento-lugo-introducira-rapaces-de-7-14-anos-no-mundo-teatro/): A Deputación e o Concello de Lugo impulsan un campamento teatral urbano dirixido a 120 nenos de entre 7 e 14 anos que terá lugar no casco histórico da capital lucense. Esta iniciativa busca fomentar entre os rapaces as artes escénicas e promover o centro da cidade lucense. Os participantes realizarán xogos e obradoiros diarios de teatro, caracterización de personaxes, improvisación, vestiario, danza, música e ritmo. As actividades do campamento teatral infantil completaranse cunha masterclass da actriz viguesa Marta Rivera Larralde, que falará das súas experiencias no mundo da interpretación. Esta cita estará aberta ao público xeral. O programa divídese en […] - [Convocatoria de DanzaEñe 2018: danza contemporánea para programadores internacionais](https://erreguete.gal/2018/07/26/convocatoria-de-danzaene-2018-danza-contemporanea-programadores-internacionais/): A Fundación SGAE lanza a segunda edición de DanzaEñe, unha iniciativa que ten como obxectivo internacionalizar a danza contemporánea. A exposición celebrarase os días 22, 23 e 24 de novembro de 2018 no Centro Párraga de Murcia. Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a: Todos os coreógrafos socios de SGAE. Compañías de danza contemporánea do Estado Español que, non tendo entre os seus integrantes ningún coreógrafo socio de SGAE, utilicen repertorio coreográfico rexistrado en SGAE no 100% das súas representacións. O máximo de integrantes da compañía debe de ser de 5 persoas. Os obxectivos deste programa […] - [O festival de circo contemporáneo Vaudeville Rendez-Vous desenvólvese do 25 ao 28 de xullo](https://erreguete.gal/2018/07/24/festival-de-circo-contemporaneo-vaudeville-rendez-vous-desenvolvese-25-ao-28-de-xullo/): Dez compañías internacionais e 21 presentacións configuran o programa da quinta edición do Festival Internacional Vaudeville Rendez-Vous. Dedicado ao circo contemporáneo e promovido polo Teatro da Didascália. O evento desenvólvese do 25 ao 28 de xullo nas cidades de Braga, Guimarães e Vila Nova de Famalicão. Na súa quinta edición, o Festival integra na súa programación a co-produción de estraeas absolutas. O evento arrinca o 25 de xullo en Braga coa presentación de Somos [na fotografía], da compañía El Núcleo. Tal e como indica a compañía, en Somos os acróbatas “cuestionan de maneira moi física e directa a relación cos outros: […] - [Manuel Lourenzo, Xograr de Outono do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2018/07/23/manuel-lourenzo-xograr-de-outono-fiot-de-carballo/): O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) outorgará na XXVII edición o Xograr de Outono 2018 a Manuel Lourenzo. A entrega do galardón terá lugar ao longo da XXVII edición do festival no mes de outubro. A elección do galardoado foi adoptada na reunión anual de Xograres e Xograresas do Outono de Teatro, á que asistiron Artur Trillo, Quico Cadaval, Marcelino de Kukas, Eduardo Rodríguez “Tatán”, Susana Dans, Miguel de Lira e Mónica Camaño (desculpando a súa asistencia Celso Parada, Víctor Mosqueira, Cándido Pazó e Paula Carballeira), xunto con membros da organización do festival: Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón […] - [A Panadaría gaña o Premio do Público da MIT de Ribadavia con 'Elisa e Marcela'](https://erreguete.gal/2018/07/23/panadaria-gana-premio-publico-da-mit-de-ribadavia-elisa-marcela/): O Premio do público da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recaeu na compañía A Panadaría, co espectáculo Elisa e Marcela, superando só por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. A MIT remata esta edición cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. Na MIT xurdiron temas relevantes como a pouca valoración do oficio da escenografía por parte de organismos coma a AGADIC da Xunta de Galicia nos proxectos de axudas públicas a produción de espectáculos, o precario […] - [Marianella sobre Marianella, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2018/07/22/marianella-marianella-esther-carrodeguas/): Marianella sobre Marianella A partir dun pequeno encontro con Marianella Moreno na MIT de Ribadavia, onde presentou Ella sobre Ella. | Esther Carrodeguas| | Foto: Rosinha Rojo / MIT Ribadavia |   #slowfood Falar con Marianella dáche un aquel de esperanza na humanidade: que unha muller que xira o mundo coas súas pezas sexa tan de pincho de tortilla. Ten que ver, supoño, con que está do lado do teatro independente (para o que apenas hai recursos económicos, como é lóxico), e que entende a súa compañía coma unha familia escollida e por tanto desexada: esa familia coa que realmente queres […] - [Avelina Pérez gaña o XIII Premio Abrente](https://erreguete.gal/2018/07/20/avelina-perez-gana-xiii-premio-abrente/): Un xurado composto por Iria Azevedo (actriz), Melania Cruz (actriz), Roi Vidal (dramaturgo e premiado na edición anterior), Roberto Pascual (Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, en calidade de secretario) e María Touza (Concelleira de Cultura, en calidade de Presidenta), resolveu conceder por maioría o 13º Premio Abrente de Textos Teatrais, ao texto titulado: O día no que bicar a terra, de Avelina Pérez. Segundo a acta, “o xurado defende o valor dunha peza profundamente crítica, na que bailan as palabras e as emocións. Unha peza de sensacións, una evocación constante de imaxes, dende unha postura sarcástica e envolvente, inclasificable. Trátase […] - [O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de 'Divinas Palabras Revolution'](https://erreguete.gal/2018/07/20/cdg-edicions-positivas-coeditan-texto-de-divinas-palabras-revolution/): A versión en galego da obra teatral de Valle-Inclán Divinas Palabras realizada por Manuel Cortés e Xron para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global é obxecto do terceiro número da colección editorial O Papel do Teatro, creada para darlle difusión aos textos das producións propias da compañía pública galega. Do mesmo xeito que xa se fixera co primeiro e segundo números da serie, Tartufo, de Molière, e Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán), tamén de Valle, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas asumen […] - [Francisco Oti e Julio Fer: “'Arquivos de realidade' apunta á posibilidade de recuperar o silencio e darlle voz”](https://erreguete.gal/2018/07/19/francisco-oti-julio-fer-arquivos-de-realidade-apunta-posibilidade-de-recuperar-silencio-darlle-voz/): Coa peza Arquivos de realidade, Julio Fer e Francisco Oti resultaron finalistas do Premio Abrente de Textos Teatrais en 2015. Este sábado, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia acolle a lectura deste texto editado agora pola erregueté. Os autores falan do proceso deste proxecto escrito a catro mans que parte do filme A Tola, de Miguel Gato que se mergulla na cuestión da Memoria Histórica e apunta a súa mirada cara á posibilidade de sacar da escuridade dos arquivos os datos que permitan destapar a verdade silenciada. | Vanesa M. Sotelo e Manuel Xestoso |   Como nace este Arquivos […] - [O II Certame de Microteatro Metro Cadrado xa ten gañadores](https://erreguete.gal/2018/07/19/ii-certame-de-microteatro-metro-cadrado-xa-ganadores/): A Asociación Cultural Telón e Aparte, entidade organizadora do II Certame de Microteatro Metro Cadrado, convocou no Pazo da Cultura o pasado xoves 12 de xullo ao xurado desta segunda edición do Certame. Os membros do xurado reunidos para a realización do fallo foron: Emi Candal Bouzas (xestora de Urdime Sociedade Coopertativa Galega), Xesús Ron “Xron” (director do Grupo Chévere), Alba Bermúdez Iglesias (actriz), María del Carmen Castro Pombo (membro da organización do FIOT e xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo) e Melina M. Regueira Varela (membro da organización do FIOT e traballadora da Asociación Cultural Telón e […] - [Amigos da Ópera da Coruña celebra os 250 anos do primeiro teatro lírico da cidade](https://erreguete.gal/2018/07/19/amigos-da-opera-da-coruna-celebra-os-250-anos-primeiro-teatro-lirico-da-cidade/): A Asociación Amigos da Ópera da Coruña presentou onte a súa Programación Lírica 2018, que estará marcada pola conmemoración dos 250 anos do nacemento do primeiro teatro lírico coruñés e para a que se producirá a ópera Il pirata, de Vicenzo Bellini, e se ofrecerá un concerto especial a cargo da mezzosoprano canadiana Vivica Genaux. De 1768 data a fundación por Nicola Setaro do primeiro teatro dedicado á ópera na Coruña e, polo tanto, das primeiras representacións do xénero celebradas na cidade. Por este motivo, Amigos da Ópera dedícalle a súa carteleira deste ano a lembrar e homenaxear este feito, rescatando […] - [A meio da noite](https://erreguete.gal/2018/07/18/meio-da-noite/): Na hora do lobo  | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Paulo Pimenta |   O día no que se celebraba o centenario do nacemento de Ingmar Bergman, a coreógrafa portuguesa Olga Roriz brindaba a súa especial homenaxe ao cineasta co seu A meio da noite no Festival de Almada. Como o propio nome suxire, A meio da noite é un espectáculo que ben podería enmarcarse no corazón dun título da filmografía do director sueco como é A hora do lobo: o momento entre a noite e a aurora no que o sono é máis profundo e cando os insomnes se […] - [Cía. Prácido Domingo: “A nosa profesión é un pequeno acto revolucionario de resistencia”](https://erreguete.gal/2018/07/18/pracido-domingo-nosa-profesion-pequeno-acto-revolucionario-de-resistencia/): Non hai que ser unha casa para ter pantasmas foi a carta de presentación da compañía Prácido Domingo, formada por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. O espectáculo, gañador do Xuventude Crea 2017 e presentado no marco do proxecto .EXE de Teatro Ensalle, pasou neste mes de xullo polo festival Corpo(a)Terra. A erregueté conversou coa compañía para coñecer un pouco máis sobre este proxecto que toma o corpo como centro do seu universo creativo e tende pontes entre as artes marciais e a danza contemporánea. | Vanesa M. Sotelo | |Foto: Joaquim Leal |   O nome da compañía […] - [Presentada a nova tempada do Ciclo Principal do Teatro Rosalía da Coruña](https://erreguete.gal/2018/07/17/presentada-nova-tempada-ciclo-principal-teatro-rosalia-da-coruna/): O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, presentou onte a programación para outono do Ciclo Principal do Teatro Rosalía Castro, que inclúe 12 espectáculos que se representarán entre o 23 de setembro e o 22 de decembro no equipamento cultural municipal. A tempada abrirase coa obra El funeral, con guión e dirección de Manuel M. Velasco e cun elenco que conta Concha Velasco e Antonio Resines, entre outros. Na seguinte fin de semana, os días 28 e 29, representarase La zanja, con guión e dirección de Diego Lorca e Pako Merino. Xa no mes de outubro, […] - [L'État de Siège](https://erreguete.gal/2018/07/16/letat-de-siege/): Os donos do medo | Manuel Xestoso | | Foto: Jean Louis Fernandez |   A tese manéxase moito nos últimos anos: se recortamos liberdades para defendernos da violencia estamos facilitándolle a vitoria aos que atacan unha forma de vida conquistada a base de innúmeras loitas e sacrificios. Pero o certo é que ante a Historia, tendemos a entregarnos ao medo con máis facilidade que a arrepoñérmonos ante a adversidade. Tendemos a deixar que outros tomen as rédeas do noso destino sen preguntarnos a quen beneficia ese absentismo nin quen son os verdadeiros donos do medo. L’État de Siège foi escrita […] - [Rolda Internacional: 16 / 07 / 2018](https://erreguete.gal/2018/07/16/rolda-internacional-16-07-2018/):   Ivo van Hove e Anne Teresa De Keersmaeker colaborarán nunha nova versión de West Side Story para “traer a historia ao século XXI”. A estrea está prevista en Broadway, en decembro de 2019. Ainda que polo de agora se coñecen poucos detalles, o elemento máis audaz consiste no afastamento completo da coreografía orixinal de Jerome Robbins. Van Hove partirá de cero cun novo enfoque físico, colaborando por primeira vez coa súa compatriota belga Anne Teresa De Keersmaeker, a celebrada coreógrafa de danza contemporánea. De Keersmaeker explicou que o seu proxecto para West Side Story seguirá sendo tan intenso como a do o […] - [Hors-Champ](https://erreguete.gal/2018/07/15/hors-champ/): Enigma transparente | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Sergine Laloux |   A realidade ten múltiples caras e os seus misterios son tan transparentes que ninguén os ve. Como unha sucesión de ángulos dunha realidade fragmentada, a coreógrafa belga Michèle Noiret constrúe con Hors-champ unha longametraxe escénica para cinco bailaríns e un operador de cámara. Nela, a gravación do presente e a presenza do corpo en vida conviven nunha sintaxe escénica de gran potencia formal na que, ao tempo que insinúa as relacións de tensión e atracción entre os personaxes, acaba por pregar o tempo e dobrar o espazo. Labirintos calidoscópicos, […] - [La Gioia](https://erreguete.gal/2018/07/14/la-gioia/): Tiranía das emocións | Manuel Xestoso |   Pippo Delbono leva moito tempo facendo obras que combinan o teatro, a danza, a performance e o carnaval. Pero, en realidade, onde reside o atractivo das súas montaxess é na apelación ao sentimental, que no seu caso sempre se mostra dende a potencia da súa figura como showman e contador de historias e dende a singularidade dunha troupe que foi montando cos anos e que inclúe ao seu inseparable Bobo –que naceu con microcefalia e que pasou 45 anos nun psiquiátrico–, Gianluca Ballarè –un antigo alumno da súa nai que padece a síndrome […] - [Comeza a XXXIV Mostra de Ribadavia con Commedia](https://erreguete.gal/2018/07/14/comeza-xxxiv-mostra-de-ribadavia-commedia/): Hoxe inaugúrase oficialmente a XXXIV edición da Mostra Internacional de Teatro de RIbadavia, que terá como protagonistas principais a comedia músical e as linguaxes híbridas da escena contemporánea. Ás 21:00 terá lugar a cerimonia de inauguración oficial e, a seguir, entregarase o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño”, que este ano recaeu nos escenógrafos Carlos Alonso e Suso Montero. O prato forte da noite de hoxe consiste na estrea de Commedia, un xoguete para Goldoni, de Contraproducións. En 1.993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase este texto de Cándido Pazó, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego: […] - [Oleiros acolle o II Festival de Artes Escénicas na Rúa esta fin de semana](https://erreguete.gal/2018/07/13/oleiros-acolle-ii-festival-de-artes-escenicas-na-rua-esta-fin-de-semana/): Do 13 ao 15 de xullo terá lugar a segunda edición de Ext-cénica, o Festival de Artes Escénicas de Rúa. Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa dirixido a público xeral, con espectáculos para público familiar e outros para adultos. Diferentes prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro de rúa,…que intentarán transformar espazos non convencionais ao aire libre en escenarios onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.   Programa VENRES 13 DE […] - [A Mostra de Teatro de Cangas, Premio da Crítica de Galicia](https://erreguete.gal/2018/11/03/mostra-de-teatro-de-cangas-premio-da-critica-de-galicia/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas vén de recibir o Premio da Crítica de Galicia de Artes Escénicas, entregados esta tarde en Vigo. Fundada no 1984 pola asociación cultural Xiria, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) é hoxe unha das máis importantes manifestacións galegas, estatais e internacionais de espectáculos vivos que teñen o humor por bandeira. A actual directiva está formada por María Armesto –directora artística–, Salvador del Río, Silda Alfaro, Xoan Carlos Riobó, María Xosé Mariño “Che” e Julia Abal. A MITCFC leva 35 anos transformando Cangas nunha vila-teatro que exhibe espectáculos nos máis […] - [Presentación do #Corufest na Coruña](https://erreguete.gal/2018/11/02/presentacion-corufest-na-coruna/): #Corufest nace na Coruña como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que sexa lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. Esta primeira fin de semana de novembro preséntase un aperitivo da primeira edición, con eventos que se desenvolverán no Teatro Colón da Coruña. Onte presentouse a súa imaxe na Fundación Luís Seoane e hoxe iníciase unha pequena programación que dará pistas sobre como decorrerá a primeira edición, en 2019. En maio do próximo ano, A Coruña continuará esta aposta pola diversidade cunha edición máis ampla do #Corufest. A data que baralla […] - [Aberto o prazo de inscrición para o III Fugas e Interferencias, Performance Art Conference](https://erreguete.gal/2018/11/02/aberto-prazo-de-incricion-iii-fugas-interferencias-performance-art-conference/): FUGAS E INTERFERENCIAS. III Performance Art Conference, celebrarase os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro de 2018 nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela. O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica. O período de inscrición está aberto ata o día 29 de novembro. O congreso fixa unha cota única de inscrición de 50 €. As inscricións xa aceptadas e pagadas, non son […] - [Comeza o II Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá](https://erreguete.gal/2018/11/02/comeza-ii-certame-de-teatro-afeccionado-concello-de-lourenza/): O II Certame de Teatro Concello de Lourenzá comeza este venres, 2 de novembro, ás 21:00 horas, cunha representación a cargo do grupo Bule Bule, formado por actores e actrices de Alfoz e Lourenzá. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou o pasado mércores, que a gala de entrega de premios está programada para o 9 de decembro e unha das novidades desta edición é o Premio do Público. Esta fin de semana, o grupo Bule Bule, de Alfoz-Lourenzá poñerá en escena a obra Xente con xente; será ás nove da noite. É un grupo formado por xente dos grupos Raiolas, […] - [Lecturas Dramatizadas de Julio Fernández, Jose Prieto e Esther F. Carrodeguas na SGAE](https://erreguete.gal/2018/11/01/lecturas-dramatizadas-de-julio-fernandez-jose-prieto-esther-f-carrodeguas-na-sgae/): Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Fundación SGAE coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza neste mes de novembro o Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que ten como obxectivo promocionar os autores e as autoras para a difusión das súas obras, así como apoiar a dramaturxia e estimular a creación de textos en galego. Todas as lecturas son de acceso gratuíto e levaranse a cabo coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que organiza a Fundación SGAE dende 1995 en todo o estado, […] - [Un enemigo del pueblo (Ágora)](https://erreguete.gal/2018/10/31/enemigo-del-pueblo-agora/): A demagoxia | Manuel Xestoso |   Quizais a mellor forma de achegarse a esta versión de Un enemigo del pueblo dirixida por Alex Rigola sexa dende a observación irónica dos sofisticados mecanismos de manipulación na sociedade contemporánea. A xa famosa pregunta que a compañía lle lanza ao público aos dez minutos do comezo do espectáculo –inquirindo se prefire que a función se leve a cabo ou se opta por suspendela ”como protesta contra a falta de liberdade de expresión”– resulta un magnífico exemplo. A compañía presenta nos seguintes termos un sofisma de manual: primeiro pregúntanos se cremos que os responsables […] - [Arrinca o XVII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán](https://erreguete.gal/2018/10/30/arrinca-xvii-festival-de-teatro-afeccionado-agustin-magan/): Do 30 de outubro ao 3 de novembro desenvólvese en Compostela a 17ª edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Fegatea. Sete espectáculos conforman o programa que terá lugar no Teatro Principal e as rúas da cidade da man dos colectivos Andaravía Teatro, Ditirambo Teatro, O Aturuxo de Melpómene, Hipócrita Teatro, Paso de Valverde e Achádego Teatro. O martes 30 de outubro a compañía Andaravía Teatro será a encargada de abrir a actividade do Agustín Magán a partir das 18.00 horas coa animación de rúa O misterioso mexunxe marrón. Pola súa parte, a partir das 20.30 horas, a […] - [Hemeroteca: Entrevista a Gustavo Pernas Cora](https://erreguete.gal/2018/10/30/hemeroteca-entrevista-gustavo-pernas-cora/): Síntome diestiano | Inma López Silva |   No número 44 (outono 2005) da erregueté | Revista Galega de Teatro, publicabamos esta entrevista co recentemente falecido Gustavo Pernas Cora. Daquela, acababa de recibir o Premio Rafael Dieste pola súa obra Final de película, e preparaba a montaxe da mesma. Queremos recuperar aquí este texto que amosa o compromiso, a lucidez  e o fondo sentido crítico dun grande home de teatro prematuramente desaparecido e cuxa obra está chamada a perdurar e exercer de estímulo ás novas xeracións. Sirva esta pequena peza como homenaxe de todxs xs que facemos a erregueté.   Gustavo Pernas […] - [Pablo Fidalgo estrea 'Anarquismos' en Galicia](https://erreguete.gal/2018/10/30/pablo-fidalgo-estrea-anarquismos-galicia/): O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) presenta a vindeira fin de semana en Santiago a estrea galega de Anarquismos (polo medio da habitación corre un río máis claro), espectáculo escrito e dirixido por Pablo Fidalgo, que se representará no Salón Teatro do 2 ao 4 de novembro, con funcións ás 20,30 h. o venres e sábado e ás 18,00 h. o domingo. | Foto: Alipio Padilla |     Anarquismos chega a Santiago desde Bilbao, onde a peza foi estreada o pasado día 23 no marco do BAD (Bilbao Antzerkia Dantza-Festival de Teatro Actual e Danza Contemporánea), outra […] - [O III Festival Titiriberia acolle dúas estreas sobre a figura de Barriga Verde](https://erreguete.gal/2018/10/30/iii-festival-titiriberia-acolle-duas-estreas-figura-de-barriga-verde/): ‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’, que se celebra entre o 4 e o 11 de novembro no Concello de Teo, inclúe un total de 12 funcións, mesas redondas, conferencias e obradoiros espallados pola xeografía do municipio   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, celebrará a súa terceira edición entre o 4 e o 11 de novembro, ampliando así a súa duración e desenvolvendo un programa que inclúe un total de 12 funcións de títeres espalladas pola xeografía do municipio teense. Nesta […] - ['La Valentía' pon fin á XXVII edición do FIOT](https://erreguete.gal/2018/10/30/la-valentia-pon-fin-xxvii-edicion-fiot/): O vindeiro mércores, día 31 de outubro, as nove da noite, a compañía madrileña Lazona estreará en Galicia a obra La Valentía. Será no Pazo da Cultura de Carballo.   La Valentía poñerá fin a esta edición do FIOT. Unha edición na que o público puido gozar con corenta e un espectáculos, dos que doce foron estreas en Galicia e tres estreos absolutos. A obra do mércores será unha comedia tola que reúne todos os ingredientes para que sexa esmendrellante: enredos, misterios, portas, sustos, equívocos, sorpresas, casa encantada, situacións rocambolescas, disparates, ritmo endiañado e ata fantasmas. E por suposto un elenco […] - [Falece Gustavo Pernas Cora](https://erreguete.gal/2018/10/29/falece-gustavo-pernas-cora/): Gustavo Pernas Cora (Viveiro, 1959), unha figura fundamental do teatro galego das últimas décadas, faleceu hoxe. Cunha amplísima traxectoria na escena teatral, Pernas combinou ao longo da súa extensa carreira a actuación e a dirección teatral, a escrita de textos dramáticos e teóricos, e a dobraxe coa investigación. Dedicado profesionalmente ao teatro dende 1985, no ano 1989 fundou con Anxela G. Abalo a compañía de teatro Áncora Producións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. O galego, a mulata e o negro –pola que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático sendo nominado como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo–, […] - [XIII Festival Catropezas no Teatro Ensalle de Vigo](https://erreguete.gal/2018/10/29/xiii-festival-catropezas-no-teatro-ensalle-de-vigo/): O mes de Novembro é o elexido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como agardado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulan tantos anos de experiencia. Compañías xa contrastadas (estivesen ou non con anterioridade en Ensalle) que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólida, froito do traballo, a disciplina e a experiencia. Hai unha peculiaridade máis que […] - [Rolda Internacional: 28 / 10 / 2018](https://erreguete.gal/2018/10/28/rolda-internacional-26-10-2018/): Os eventos que celebran a entrega do XVII Premio Europa de Teatro realizaranse en San Petersburgo do 13 ao 17 de novembro. As celebracións inclúense no programa do VII Fórum Cultural Internacional de San Petersburgo. Este ano, o laureado polo Premio Europa de Teatro é Valery Fokin, director do Teatro Alexandrinsky de San Petersburgo e fundador e presidente do Centro Meyerhold de Moscova. Como parte dos eventos haberá funcións dos seus espectáculos Svejk. Return, Masquerade. Memorias do Futuro eToday 2016. Ademais de Fokin, foron galardoados co Premio Europa de Novas Realidades Teatrais Tiago Rodrigues, Sidi larbi Cherkaoui, Circus Cirkör, Jan Klata, Julien Gosselin e Milo […] - [Os Premios Max abren a fase de inscrición de espectáculos para a 22ª edición](https://erreguete.gal/2018/10/27/os-premios-max-abren-fase-de-inscricion-de-espectaculos-22a-edicion/): O pasado mércores 24 de outubro deu comezo a 22ª edición dos Premios Max das Artes Escénicas coa apertura do periodo de inscrición de espectáculos estreados ou en xira desde decembro de 2017 a decembro de 2018 e a os profesionais que os realizaron nos seus diferentes aspectos artísticos e técnicos. No caso de espectáculos teatrais, de rúa o para público infantil, xuvenil ou familiar, estes deberán ter realizado un mínimo de oito representacións e ter programadas outras sete antes do 30 de xuño de 2019, tanto no Estado como fóra del. As producións que queiran participar nos Premios Max 2019 […] - [MEXE 2019 xa ten datas e vai discutir o Común](https://erreguete.gal/2018/10/27/mexe-2019-xa-datas-vai-discutir-comun/): O MEXE – Encontro Internacional de Arte e Comunidade regresa ao Porto entre os días 16 e 22 de Setembro de 2019. A quinta edición, o evento, que se ten afirmado como un dos máis importantes espazos de discusión das prácticas artísticas comunitarias, vai ocupar algunhas das principais salas e espazos públicos do Porto cunha programación que pensará o común na sociedade contemporánea. Performances, instalacións, música, teatro, danza, oficinas e cinema serán algunhas das linguaxes que explorarán o diálogo entre arte e política. A edición 2019 do MEXE coñecerá aínda extensións nas cidades de Faro e Lisboa e integrará o Encontro […] - [Elefante Elegante abre hoxe a Mostra de Teatro de Malpica](https://erreguete.gal/2018/10/26/elefante-elegante-abre-hoxe-mostra-de-teatro-de-malpica/): A Mostra de Teatro de Malpica chega hoxe á súa 14ª edición cun cartel no que teñen cabida compañías galegas de todo tipo e con espectáculos para todas as idades. A Mostra arrinca hoxe coa Danza da choiva de Elefante Elegante, gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017. Especialmente recomendada para nenas e nenos de 3 a 10 anos, será a encargada de abrir a cita de Malpica coa escena. Para a cativada, este ano tamén haberá teatro musical: Xoán Curiel e a Banda do Verán estarán no Centro Cívico o vindeiro 2 de novembro con […] - [Vanesa Sotelo intervén hoxe n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña](https://erreguete.gal/2018/10/26/vanesa-sotelo-interven-hoxe-no-teatrino-da-fundacion-luis-seoane-da-coruna/): Vanesa Sotelo presentará Contramateria hoxe, venres 26 de outubro, a partir das 20:30, na Fundación Luis Seoane da Coruña, dentro do Ciclo O Teatriño. O teatriño é unha actividade da Fundación Luis Seoane, comisariada por Camilo Franco, coa fin de pescudar unha relación directa entre actrices da escena galega e o público. Durante 45 minutos unha actriz poderá efectuar un acto performativo diante do público. Dela depende o texto, a posta en escena, o vestiario, a presentación… nunha montaxe única que non volverá repetirse máis. En Contramateria, a intérprete atravesa o espazo baleiro. Ela é a tradutora e a responsable de achegarnos a […] - [A Companhia de Teatro de Braga visita Ourense](https://erreguete.gal/2018/10/26/companhia-de-teatro-de-braga-ourense/): Este sábado 27, ás 20:30, o Auditorio de Ourense acolle á CTB – Companhía de Teatro de Braga, que escenificará A Antiga Mulher, unha exploración de universos de luz e dos máis sombríos das nosas identidades, alí onde se confunden o equilibrio do feminino e do masculino nunha confrontación esencial cos nosos valores e as nosas aspiracións máis profundas. A compañía lusa presenta, no centro do espectáculo, unha historia tan antiga como a da propia humanidade e, daquela, dunha modernidade constantemente renovada: Romy, antiga amante de Frank -casado vai dúas décadas con Claudia- bate na porta do apartamento do matrimonio. Ela quere […] - [La tristeza de los ogros](https://erreguete.gal/2018/10/25/la-tristeza-de-los-ogros/): A regra que confirma a excepción | Manuel Xestoso | | Foto: Luz Soria |   O máis inquietante é o que non se ve. La tristeza de los ogros preséntase como unha fábula infantil para adultos, ou se se quere, como un conto para adultos infantilizados. A escolla do rexistro é coherente co ton que adopta a función, pero tamén cun sistema que se acolle a relatos un tanto puerís para tratar de explicar –e de expiar– as inxustizas que nos arrodean. Por iso o verdadeiramente perturbador é o interrogante que non se enuncia: propicia a violencia unha sociedade baseada […] - [Intensa recta final do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2018/10/25/intensa-recta-final-fiot-de-carballo/): A derradeira fin de semana do XXVII FIOT dará cabida a dúas representacións de sala, unha no espazo OTNI e dous espectáculos na sección Metro Cadrado.   Carballo afronta a derradeira fin de semana da 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). O venres día 26, ás nove da noite, e dentro do ciclo OTNI, a compañía catalá Íntims Produccions representará Wasted, da dramaturga, poetisa e rapera británica Kate Tempest. Con Wasted o público vivirá unha experiencia intensa e fascinante que conta o reencontro de tres amigos que, decepcionados polos soños incumplidos, buscan recuperar a mocidade perdida e os lazos que […] - [Presentación de 'Tres obras teatrais' de Andrés Pociña](https://erreguete.gal/2018/10/25/presentacion-de-tres-obras-teatrais-de-andres-pocina/): Este venres 26 de outubro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de USC, ás 19:00, preséntase o libro Tres obras teatrais de Andrés Pociña, editado por Laiovento. Intervirán Mª Pilar García Negro, Mª Teresa Amado Rodríguez e o propio autor. Para rematar o acto terá lugar a representación de Antígona ante os xuíces polo grupo de teatro Sin ir más lejos, da Casa de Castilla La Mancha na Coruña. O volume contén as obras: Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacións, en cinco montaxes distintas. É o monólogo dunha Medea xa anciá que lles explica os […] - [Chévere inicia unha nova xira de "I'll be watching you"](https://erreguete.gal/2018/10/25/chevere-inicia-unha-nova-xira-de-ill-be-watching-you/): Hoxe, xoves 25 outubro, no IES Terra de Xallas de Santa Comba, Chévere inicia unha nova xira de I’ll be watching you (hei estar vixiándote), unha peza dirixida a público adolescente para denunciar a violencia machista contra as mulleres. A compañía segue a desenvolver o seu teatro con perspectiva de xénero recuperando e actualizando uha peza creada en 2011: trátase de I’ll be watching you, un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música comercial de consumo masivo. Para esta nova versión actualizouse completamente o repertorio de cancións, adaptando […] - [O Premio Laudamuco apoia a creación teatral en galego](https://erreguete.gal/2018/10/25/premio-laudamuco-apoia-creacion-teatral-galego/): O premio terá carácter anual e estará dotado con 7.000 euros e coa edición da obra a cargo de Edicións Positivas.   O Concello de Brión, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e con Edicións Positivas, convocan a primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais. Un galardón de carácter anual, dotado con 7.000 euros e coa edición da obra, e que estará aberto a autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten unha obra dramática inédita, nunca antes premiada e escrita en lingua galega antes do 15 de febreiro de 2019. O premio foi presentado onte no Consello da […] - [O III Festival Titiriberia celébrase entre o 4 e o 11 de novembro en Teo](https://erreguete.gal/2018/10/24/iii-festival-titiriberia-celebrase-4-11-de-novembro-teo/): ‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ amplía a súa duración ao estender a programación ao longo de sete días de representacións, obradoiros e mesas redondas   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, celebrará a súa terceira edición entre o 4 e o 11 de novembro, ampliando así a súa duración e desenvolvendo un programa que inclúe un total de 12 funcións de títeres espalladas pola xeografía do municipio teense. Un ano máis, o obxectivo do Titiriberia, festival único na súa natureza en […] - [Volve o programa "12 doces do outono" á Rede de Centros Cívicos de Compostela](https://erreguete.gal/2018/10/24/volve-programa-12-doces-outono-rede-de-centros-civicos-de-compostela/): A Rede de Centros Cívicos de Compostela pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, o programa “12 doces do outono”. Trátase dunha aposta pola programación familiar, que xunta os espectaculos de artes escénicas coa gastronomía propia da estación. Como ven sendo habitual, as actividades desenvolveranse os domingos, en horario de mañá e tarde.   Doce espectáculos en doce espazos O programa desenvolverase os domingos 28 de outubro e 4, 11e 18 de novembro en 12 centros cívicos de Compostela. Será, en concreto, nos centros do Castiñeiriño, Fontiñas, Amio, Santa Marta, Conxo, Vite, e O Ensanche, que xa participaron nas actividades en […] - [A USC acolle o III Congreso internacional de Novos Investigadores en Estudos Teatrais](https://erreguete.gal/2018/10/24/usc-acolle-iii-congreso-internacional-de-novos-investigadores-estudos-teatrais/): A Universidade de Santiago de Compostela acollerá o terceiro “Congreso Internacional de Jóvenes Investigadores en Estudios Teatrales” (CIJIET) entre este mércores 24 e o venres 26 no Centro de Estudos Avanzados (CEA), coa presenza de máis de 60 mozos e mozas con traxectoria investigadora no campo dos estudos teatrais. Despois da convocatoria anterior celebrada na Universidade de Murcia, o congreso proponse abrir unha nova etapa que permita seguir conectando diferentes expresións artísticas da periferia peninsular. Como sinala o comité organizador, a terceira edición busca ser espazo de intercambio de coñecementos e relación entre a mocidade investigadora no campo dos estudos teatrais, […] - [A Fundación SGAE anuncia a segunda convocatoria de Teatro Autor Exprés 2018](https://erreguete.gal/2018/10/23/fundacion-sgae-anuncia-segunda-convocatoria-de-teatro-autor-expres-2018/): A Fundación SGAE anuncia a apertura da convocatoria para a selección de textos teatrais destinados á colección Teatroautor Exprés, que estará vixente ata o vindeiro 23 de novembro. Esta liña editorial, iniciada en 2013, contribúe á difusión e promoción da dramaturxia contemporánea. Ten como obxectivo, por tanto, colaborar cos autores na promoción dos seus traballos recentemente estreados, poñendo á súa disposición exemplares impresos da súa obra para a súa difusión entre críticos, compañías, produtores, programadores, académicos, etc. A esta segunda convocatoria de 2018 pódense presentar aquelas obras de autores e autoras membros de SGAE que sexan obxecto de estrea absoluta entre […] - [Presentación do Premio "Laudamuco" de textos teatrais](https://erreguete.gal/2018/10/23/presentacion-premio-laudamuco-de-textos-teatrais/): | Foto: Quique Alvarellos |   Este mércores 24 de outubro, ás 12:00, no Consello da Cultura Galega, será presentado publicamente o premio “Laudamuco” de textos teatrais, que honra a memoria de Roberto Vidal Bolaño. O acto correrá a cargo dos seus promotores: José Luís García García, Alcalde do Concello de Brión; Imma Antonio Souto, Presidenta da Academia Galega de Teatro e Francisco Macías de Edicións Positivas, quen presentarán as bases de convocatoria do premio. Ao premio “Laudamuco” poderá presentarse calquera autora ou autor en lingua galega con obra dramática inédita e o premio terá unha dotación económica de 7.000 euros, ademais […] - [Fundación SGAE publica 'Raclette', de Santiago Cortegoso, en edición bilingüe](https://erreguete.gal/2018/10/22/fundacion-sgae-publica-raclette-de-santiago-cortegoso-edicion-bilingue/): A Fundación SGAE publicou dúas das obras finalistas a Mellor autoría teatral dos XX Premios Max de las Artes Escénicas: Raclette de Santiago Cortegoso e Solo son mujeres (Només són dones) de Carmen Domingo. Ambas publicacións súmanse á colección Teatroautor que edita a entidade e que conta con máis de 200 obras de teatro publicadas. O impacto de Raclette está fóra de dúbida: o texto foi recoñecido non só polo certame XXII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da consellería de Cultura (Xunta de Galicia), senón que tamén  foi unha das obras gañadoras da I Convocatoria de Teatroautor Exprés 2016 da Fundación SGAE, e mereceu o galardón ao Mellor Texto […] - [25º aniversario do Ciclo de Teatro de Ponteceso](https://erreguete.gal/2018/10/22/25o-aniversario-ciclo-de-teatro-de-ponteceso/): O teatro converterase no principal protagonista cultural do outono en Ponteceso. No mes de novembro celébrase a 25ª edición do Ciclo de Teatro Concello de Ponteceso, un dos eventos máis consolidados da localidade e cita obrigada para os/as amantes e afeccionados/as das artes escénicas. Para celebralo, o departamento de Cultura vén de elaborar unha programación especial, subvencionada pola Deputación da Coruña, con actuacións gratuítas todos os sábados do mes e a visita dalgunhas das compañías máis importantes do país para promover unha cultura teatral propia e fomentar o consumo de teatro feito en Galicia e en galego. Nesta edición, as funcións […] - ['Picasso: A ollada nas mans', unha obra de teatro inclusivo na Coruña](https://erreguete.gal/2018/10/22/estrease-picasso-ollada-nas-mans-unha-obra-de-teatro-inclusivo/): Picasso: A ollada nas mans é un espectáculo producido pola Fundación Emalcsa e a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña co fin de fomentar o teatro e a danza inclusiva profesional. Estréase o 7 de novembro, ás 20.00, no Teatro Colón e formúlase como unha representación na que se inclúe danza, teatro, música, circo e audiovisuais. Con guion é de Xoán Carlos Mexuto e Carlota Pérez e dirección desta última, a obra xira arredor das etapas artísticas máis salientables de Pablo Picasso, en torno a un director de teatro na procura dunha nova historia e unha das súas mulleres que […] - [Ruth Gutiérrez Álvarez gaña o Premi Born de Teatre 2018 con 'Los amantes sobrehumanos'](https://erreguete.gal/2018/10/20/ruth-gutierrez-alvarez-gana-premi-born-de-teatre-2018-los-amantes-sobrehumanos/): Ruth Gutiérrez Álvarez (Santander, 1987) é a gañadora do XLIII Premi Born de Teatre coa obra Los amantes sobrehumanos. Licenciada en filoloxía hispánica e investigadora teatral, Gutiérrez estréase como dramaturga con esta ópera prima que o xurado sinalou como un “Romeo e Xulieta disfuncional que debe servir para reflexionar sobre a violencia e o horror”.   O xurado da edición 2018 –formado por Salva Bolta (director escénico), Tomás Mestre (actor e director teatral), Fabrice Corrons (profesor da Universidade de Toulouse especialista en teatro catalán contemporáneo), Victoria Szpunberg (autora teatral e profesora de dramaturxia do Institut del Teatre e a Escola Superior […] - [Cinema Sticado estrea 'STRPTS Fin de tempada' en Cangas](https://erreguete.gal/2018/10/20/cinema-sticado-estrea-strpts-fin-de-tempada-cangas/): Hoxe sábado, ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas, Cinema Sticado estrea a súa nova produción: STRPTS Fin de tempada, o polo de agora último episodio da serie STRPTS. STRPTS (lése estriptis) é unha historia de intriga por episodios creada en vivo e en directo sobre o escenario e retransmitida audiovisualmente ‘in situ’ en tempo real nunha gran pantalla. O colectivo Cinema Sticado trae a escena un universo en miniatura feito de cartón reciclado para contar cunha estética particular unha historia tinguida de misterio, sexo, corrupción, asasinatos e persecucións. O público ve nunha gran pantalla a proxección desa historia como unha película, mais […] - [O Fiot acolle a Manuel Lourenzo como novo Xograr de Outono](https://erreguete.gal/2018/10/20/fiot-acolle-manuel-lourenzo-novo-xograr-de-outono/): Este domingo día 21 de outubro, ás oito e media da tarde, no Pazo da Cultura de Carballo, o dramaturgo Manuel Lourenzo será galardoado co Xograr de Outono 2018 na XXVII edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). Con este premio, o FIOT quere recoñecer a un dos principais referentes do teatro en Galicia: dramaturgo, director, actor, promotor teatral, formador de moitas xeracións de actores… A distinción que recibirá Manuel Lourenzo foi consensuada polos anteriores Xograres de Ourtono e pola Asociación Cultural Telón e Aparte. Manuel Lourenzo demostrou un especial agarimo a Carballo onde realizou representacións de teatro […] - [As coproducións do CDG e o teatro infantil protagonizan a oferta do Salón Teatro](https://erreguete.gal/2018/10/19/as-coproducions-cdg-teatro-infantil-protagonizan-oferta-salon-teatro/): Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena, espectáculo da compañía de circo Pistacatro coproducido co Centro Dramático Galego (CDG), ofrecerá hoxe e mañá, ás 20,30 h., as súas dúas últimas funcións no Salón Teatro de Santiago. A montaxe dirixida por Quico Cadaval a partir da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín é a primeira das inseridas na nova carteleira trimestral da sede do CDG, onde ata final de ano poderán verse outras dúas coproducións da compañía pública, as proxeccións do festival Cineuropa e o ciclo Gran teatro para os máis pequenos, entre unha ducia de propostas. Este mesmo domingo 21, ás […] - [Quico Cadaval estará no ciclo PULSO de encontros con autores](https://erreguete.gal/2018/10/19/quico-cadaval-estara-no-ciclo-pulso-de-encontros-autores/): A sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela anuncia a primeira edición de PULSO, un ciclo de encontros que pretende achegar a realidade dos procesos creativos ao público. Autores ben significados en diferentes ámbitos da cultura falarán sobre a súa experiencia, sobre o seu traballo e, en definitiva, sobre a súa vida. Un número íntimo de espectadores poderá asistir a estas sesións, que serán un espazo de diálogo e non unha serie de conferencias unidireccionais. Nesta primeira edición, o músico Iván Ferreiro, o dramaturgo Quico Cadaval e o cineasta Jorge Coira trasladarán á audiencia o seu propio pulso creativo, os […] - [La Macana estrea 'Pink Unicorns' en Galicia](https://erreguete.gal/2018/10/19/la-macana-estrea-pink-unicorns-galicia/): O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle este sábado 20 a estrea en Galicia de Pink Unicorns, da compañía galega La Macana. O espectáculo chega a Galicia despois da boa acollida das súas primeiras representacións públicas nos escenarios alemáns do Pumpenhaus de Münster e do Theater Bremen –socios tamén deste proxecto—, e faino acompañado dunha serie de actividades paralelas no marco do Proxecto Programación Expandida do Ciclo TRC Danza. Así, a estrea virá precedida dunha sesión de inmersión artística para familias, que terá lugar o venres 19 de outubro, e dunha segunda cita o venres 9 de novembro, xa despois do espectáculo. Trátase […] - [Directo 9](https://erreguete.gal/2018/10/18/directo-9/): A espera | Manuel Xestoso | | Foto: Manu Lago |   Toda creación artística comeza polo corpo: por ese territorio, integrado polas sensacións e as cousas, que cae fóra do dominio da razón. A vida sensitiva –esa que desenvolve unha confusa realidade nas rexións máis escondidas do entendemento– constitúe a esfera na que nace a obra de arte. A partir de aí, quen se dan en chamar artistas modelan o material bruto segundo a proporción que consideran necesaria para explicar ese terreo pantanoso, para comunicar o que nos dita ese caos que, no fondo, non é máis que o noso […] - [O Fiot entrega o Xograr de Outono a Manuel Lourenzo nunha fin de semana ateigada de teatro](https://erreguete.gal/2018/10/18/fiot-entrega-xograr-de-outono-manuel-lourenzo-nunha-fin-de-semana-ateigada-de-teatro/): Esta fin de semana no FIOT, a compañía suíza Baccalà estrea en Galicia Pss pss, represéntanse Commedia de Contraproducións e Iphigenia en Vallecas de Serana Producciones, continúa o ciclo Metro Cadrado e entrégaselle o Xograr de Ouro a Manuel Lourenzo.   A compañía suíza Baccalà estrea en Galicia o espectáculo Pss pss, esta fin de semana no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), tras triunfar en máis de 50 países e gañar quince premios internacionais, incluído o prestixioso galardón do Cirque du Soleil. Pss pss presentarase o vindeiro venres día 19 de outubro no Pazo da cultura, ás nove […] - [Chévere inicia na Coruña a xira de despedida de 'Eroski Paraíso'](https://erreguete.gal/2018/10/17/chevere-inicia-na-coruna-xira-de-despedida-de-eroski-paraiso/): A obra darálle o adeus definitivo ao público cunha xira por distintas localidades galegas, ademais de Madrid, Zamora, Asturias e París.   A Ágora de Coruña acollerá este venres 19 a primeira función da xira coa que Chévere despedirá o seu espectáculo Eroski Paraíso, unha obra que se converteu nunha das máis queridas polo público da compañía. Ademais, a compañía ofrecerá dúas sesións matinais da obra dirixidas a institutos os días 18 e 19, como parte dunha campaña Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Eroski Paraíso, que se estreou en Muros no 2016, parte do relato de Álex, unha rapaza que […] - [Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos estrean 'A nena e o grilo máis aló' en Narón](https://erreguete.gal/2018/10/17/magin-blanco-teatro-ghazafelhos-estrean-nena-grilo-mais-alo-naron/): O Pazo da Cultura do concello de Narón acolle o vindeiro 28 de outubro, ás 18:00, a estrea do novo espectáculo de Magín Blanco con Teatro Ghazafelhos: A nena e o grilo máis aló. A Nena e o Grilo é un proxecto musical de Magín Blanco que comeza xa hai uns anos co álbum O país das Apertas e seguido máis tarde co de A nena e o grilo nun Barquiño. Estes dous traballos tiveron moi boa acollida entre o publico, mesmo con múltiples representacións fóra da comunidade autónoma de Galicia coa súa tradución ao castelán. Hai un notable interese no público […] - [A AAAG analizará a distribución teatral e a creación de públicos nun debate público](https://erreguete.gal/2018/10/17/aaag-analizara-distribucion-teatral-creacion-de-publicos-nun-debate-publico/): A nova cita deste ciclo de debates celebrarase, o vindeiro martes 23 de outubro ás 20.00 horas na Lasso-Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago e centrarase na distribución teatral baixo o título ‘Enredados na distribución’   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebra o vindeiro martes 23 de setembro ás 20.00 horas unha nova sesión das súas Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao respecto de diferentes temas que atinxan as profesións destas disciplinas. […] - [Teatro do Atlántico estrea 'Dúas donas que bailan' en Narón](https://erreguete.gal/2018/10/16/teatro-atlantico-estrea-duas-donas-bailan-naron/): Este venres 19 de outubro, no Pazo da Cultura de Narón, Teatro do Atlántico estrea a súa nova produción, Dúas donas que bailan, de Josep Mª Benet i Jornet, con María Barcala e María Ángeles Iglesias dirixidas por Xulio Lago. Nesta peza, Benet i Jornet fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou […] - [Entrevista a Jokin Oregi, da compañía Marie de Jongh](https://erreguete.gal/2018/10/15/entrevista-jokin-oregi-da-compania-marie-de-jongh/): «Facemos teatro infantil para adultos e teatro de adultos para a infancia» | Xoán Carlos Riobó | | Foto: Pío Ortiz de Pinedo |     No número 94 da erregueté | Revista Galega de Teatro, publicabamos esta entrevista con Jokin Oregi, da compañía Marie de Jongh, despois da presentación en FETEN do seu último espectáculo, Estrella. Co gallo do recente Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade outorgado a Marie de Jongh, queremos compartir con todo o público esta entrevista que ofrece algunhas claves para comprender a traxectoria da compañía.      Jokin Oregi fórmase como actor na Escola […] - ['Nome: Bonita', de Vanesa Sotelo, escollida mellor obra teatral da última década](https://erreguete.gal/2018/10/15/nome-bonita-de-vanesa-sotelo-escollida-mellor-obra-de-literatura-dramatica-da-ultima-decada/): A obra de Vanesa Sotelo, directora da erregueté, resultou gañadora do Premio Mondoñedo10, que escollía na súa terceira edición, a mellor obra de literatura dramática editada nos últimos dez anos.   Nome: Bonita, de Vanesa Sotelo –directora da erregueté | Revista Galega de Teatro– foi escollida polo xurado do Premio Mondoñedo10 como a mellor obra de literatura dramática editada nos últimos dez anos. Este ano, escollíase a Mellor obra de Teatro en Galego, estreada ou publicada entre os anos 2008 e 2017 e cuxa primeira edición fose publicada, editada ou representada en calquera soporte nos 10 anos anteriores ao da convocatoria. A […] - [Dezasete grupos participarán no Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá](https://erreguete.gal/2018/10/13/dezasete-grupos-participaran-no-certame-de-teatro-afeccionado-de-lourenza/): Dezasete compañías ou grupos de teatro afeccionado competirán en Lourenzá por acadar o premio Conde Santo na segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará no vindeiro mes de novembro. Participarán na fase de selección sete compañías da Mariña, dúas do Occidente asturiano, outras dúas da cidade de Lugo e unha de cada unha destas localidades: Chantada, Sarria, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Vigo. Un xurado presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, será o encargado de escoller as oito finalistas, que representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro. Nun día, […] - [Manuel Lourenzo, Facho de Ouro 2018](https://erreguete.gal/2018/10/12/manuel-lourenzo-facho-de-ouro-2018/): O dramaturgo e investigador Manuel Lourenzo (Valadouro, 1953) é a persoa na que recae o Facho de Ouro 2018, premio que entrega a Agrupación Cultural coruñesa O Facho e que quer así recoñecer “toda umha vida dedicada à cultura do País e ao pobo galego”. O acto cívico será acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará o sábado, dia 15 de decembro, ás 21:00, no Hotel Riazor da Corunha. Manuel Lourenzo, un dos autores máis recoñecidos do país, crea na Coruña, en 1965, canda Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, que marca o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967 funda o Grupo Teatro […] - [O XXIII Festival Galicreques ofrecerá máis de 50 funcións a partir de mañá](https://erreguete.gal/2018/10/12/xxiii-festival-galicreques-ofrecera-mais-de-50-funcions-partir-de-hoxe/): O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, celebrará a súa 23ª edición a partir de maña e ata o 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 50 funcións repartidas pola cidade, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela un total de 23 compañías procedentes de Arxentina, Brasil, Portugal ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. A programación incluirá este ano tres estreas absolutas, ademais de trece obras nunca vistas antes no estado español, e máis de 1.200 rapaces acudirán cos seus centros […] - [Fabrice Murgia estará en Carballo con 'La Tristeza de los Ogros'](https://erreguete.gal/2018/10/12/fabrice-murgia-estara-carballo-la-tristeza-de-los-ogros/): O director fará unha adaptación especial da obra para o público do FIOT. La tristeza de los ogros inicia o ciclo OTNI no FIOT.   O autor belga Fabrice Murgia viaxará a Carballo para encargarse da posta en escena de La Tristeza de los Ogros. A cita é o vindeiro domingo día 14 de outubro, ás oito e media da tarde, no Pazo da Cultura. A obra inaugurará a sección OTNI do FIOT. O espectáculo foi estreado en 2009, e con él Fabrice Murgia consagrouse como dramaturgo no Festival de Aviñón (Francia) Foi o inicio dunha afamada e premiada carreira . […] - [Comeza o IV Encontro 'Mulleres Creando' no FITO Ourense](https://erreguete.gal/2018/10/11/comeza-iv-encontro-mulleres-creando-no-fito-ourense/): A 11ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se desenvolve entre os días 4 e 14 de outubro, volve acoller un ano máis o Encontro Mulleres Creando, coa participación de 29 mulleres do panorama cultural galego, a máis dalgunhas convidadas do ámbito estatal e Portugal. O Encontro está coordinado e dirixido pola directora e actriz Marta Pérez. O encontro desenvolverase os días 12, 13 e 14 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense e ten como finalidade construír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Este ano, o […] - [Ron Lalá, Cafe con… e a estrea de 'Papar sen cancelas', hoxe, no FIOT](https://erreguete.gal/2018/10/11/ron-lala-cafe-estrea-de-papar-sen-cancelas-hoxe-no-fiot/): Hoxe xoves, día 11 de outubro, ás nove da noite e no Pazo da Cultura de Carballo, a compañía de teatro, humor e música Ron Lalá estreará en Galicia o seu novo espectáculo Crimen y Telón, levando a súa linguaxe escénica a un novo desafío. Por unha banda é unha parodia da precaria situación actual das artes e a cultura e, por outra banda, é unha homenaxe ao teatro a través das diversas escenas que, a modo de crebacabezas, configuran un gran enigma. Ron Lalá escenifica un thriller ambientado nun futuro no que as artes estarán prohibidas e o planeta será liderado […] - [Ernesto Is entrevista a AveLina Pérez](https://erreguete.gal/2018/10/10/avelina-perez-non-existe-arte-sagrada-non-podemos-pretender-hostia/): “Non existe a arte sagrada, non podemos pretender ser a hostia” “Ave–Lina. Con dúas maiúsculas”. A contundencia coa que me recorda –ao xeito dunha personaxe de cinema negro– escribir correctamente o seu nome artístico é a mesma coa que AveLina Pérez (Sta. María de Oia, 1969) se abre paso na escena galega nestes últimos anos. A súa traxectoria iníciase coa primeira montaxe de Teatro do Lume: A que non podes dicir Coca-Cola?, a cal marcaría as liñas da súa poética inconformista e contestataria. O humor acedo, a culpa, Beckett, a incomunicación e un fondo compromiso social aderezan o imaxinario desta creadora […] - [Obradoiro de creación teatral con Afonso Becerra](https://erreguete.gal/2018/10/10/obradoiro-de-creacion-teatral-afonso-becerra/): A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Acción Cultural de Compostela poñen en marcha un obradoiro de creación teatral impartido polo dramaturgo Afonso Becerra de Becerreá. Esta será a segunda edición do curso A palabra na dramaturxia posdramática. Trátase dun obradoiro de exploración e creación teatral, dirixido a actrices e actores, bailarinas e bailaríns, dramaturgas, directoras de escena e persoas afeccionadas ás artes escénicas en xeral. O obradoiro está concibido para ser desenvolvido con equipas artísticas de traballo de cando menos tres persoas. O número máximo de participantes será de 15. O encargado de impartir […] - [Pistacatro estrea 'Arnoia, Arnoia' no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2018/10/09/pistacatro-estrea-arnoia-arnoia-no-salon-teatro/): Arnoia, Arnoia, baseada na novela homónima de Méndez Ferrín, está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Ánxela Blanco, Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo e Beatriz Rubio. O Centro Dramático Galego (CDG) inaugura a nova temporada de actividade pública no Salón Teatro de Santiago de Compostela coa estrea este xoves día 11 de outubro do espectáculo Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena, unha coprodución da compañía Pistacatro Produtora de Soños. e o propio CDG. Quico Cadaval regresa ao Salón Teatro como director de Arnoia Arnoia, que combina teatro e circo para levar ás táboas a coñecida novela homónima de Xosé […] - [Mondoñedo escolle as mellores obras dramáticas dos últimos dez anos](https://erreguete.gal/2018/10/09/mondonedo-escolle-as-mellores-obras-dramaticas-dos-ultimos-dez-anos/): A lista de finalistas inclúe obras de Rubén Ruibal, Manuel Lourenzo, Cándido Pazó, Teresa González Costa, Chévere, Paula Carballeira, Avelina Pérez, Esther Carrodeguas, Santiago Cortegoso e Vanesa Sotelo.   A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É … e o Concello de Mondoñedo convocan a terceira edición do galardón denominado Premio Mondoñedo10 co obxectivo de establecer vínculos permanentes entre a cidade e o concello que lles dá nome coas mellores obras de creación cultural producidas en Galicia e en galego nos últimos dez anos. O prestixio decantado ao longo dos séculos por institucións e persoeiros de ascendencia ou residencia […] - [Sharon Fridman no TRC Danza](https://erreguete.gal/2018/10/09/sharon-fridman-no-trc-danza/): All ways, do coreógrafo isrelí, estará este xoves 11 de outubro no Teatro Rosalía de Castro, ás 20:30.   Nos máis de dez anos de traxectoria coa súa propia compañía, o coreógrafo israelí Sharon Fridman foi quen de desenvolver unha liña creativa con identidade propia. Apoiándose na linguaxe de contact (a técnica de danza contemporánea baseada na relación de equilibrio e inercia entre os corpos en contacto) e na súa visión da potencia social e ecolóxica da arte, as súas creacións conseguen un balance bárbaro entre o acrobatismo e a poesía. Se con unhas das súas creacións máis coñecidas, , conquistou á […] - [Inauguración da colección bibliográfica de Xoán Manuel López Eirís en Carballo](https://erreguete.gal/2018/10/09/inauguracion-da-coleccion-bibliografica-de-xoan-manuel-lopez-eiris-carballo/): Hoxe, martes, día 9 de outubro terá lugar o acto inaugural da exposición bibliográfica dunha selección do fondo de máis de 2000 volumes doado ao Concello de Carballo por Xoan Manuel López Eirís. A inauguración terá lugar ás 19:30 horas na Biblioteca Rego da Balsa. Asistirán a familia de López Eirís, o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, o Concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, e o Presidente da Asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro. Tamén confirmou a sua asistencia o dramaturgo Manuel Lourenzo, quen nos vindeiros días será nomeado Xograr de Outono 2018 do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) […] - [Matarile estrea o seu novo espectáculo no FITO de Ourense](https://erreguete.gal/2018/10/08/matarile-estrea-seu-novo-espectaculo-no-fito-de-ourense/): Matarile estrea en Galicia a súa nova produción, Los limones, la nieve y todo lo demás, un dúo codirixido e coprotagonizado por Mónica García e Ana Vallés. | Foto: Edición Rusa |   Matarile Teatro estreará en Galicia o seu novo espectáculo Los limones, la nieve y todo lo demás, dentro da programación do FITO-Ourense. A representación terá lugar o venres 12 de outubro ás 22:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. As entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou no propio espazo desde dúas horas antes do inicio da peza. Los limones, la nieve y todo lo demás é un dúo codirixido e coprotagonizado por […] - ['O Novo Teatro Galego en Perlío', novo libro de Francisco Oti](https://erreguete.gal/2018/10/07/novo-teatro-galego-perlio-novo-libro-de-francisco-oti/): O vindeiro xoves 25 de Outubro de 2018, ás 20:00h, no C.C.R.D. de Perlío (Fene), presentarase o libro O Novo Teatro Galego en Perlio: O Teatro Círculo e Tagallo, de Francisco Oti, publicado por Ediciones Invasoras. Os anos sesenta, setenta e oitenta foron fundamentais para o desenvolvemento e asentamento do actual sistema teatral galego; a creación de compañías e asociacións profesionais, o establecemento de circuitos de exhibición e a creación do Centro Dramático Galego determinan un antes e un despois para o noso teatro. Nesa tarefa tamén tiveron moita importancia os grupos afeccionados, estables e independentes que foron en moitos casos plataforma de lanzamento […] - [Positivas publica 'Da avaricia, a luxuria e a morte', de Valle](https://erreguete.gal/2018/10/07/positivas-publica-novo-valle/): Edicións Positivas publica Da avaricia, a luxuria e a morte, a versión que Teatro do Noroeste fixo do Retablo da avaricia a luxuria e a morte de Valle Inclán, en versión de Manuel Guede. Con este conxunto de tres pezas, ao que lle faltan Sortilexio e O embruxado para completar o Retablo, Positivas prosegue o seu labor de anosar a obra dramática de Valle Inclán. A cabeza do Bautista e A rosa de papel disque deben ser consideradas como “melodramas para marionetas”, mentres que Ligazón debería ser amentada como “auto para siluetas”. O que aquí, en realidade, prevalece é a maquinaria […] - [Rolda Internacional: 6 / 10 / 2018](https://erreguete.gal/2018/10/06/rolda-internacional-6-10-2018/): Na imaxe: unha escena de Am Königsweg, de Elfriede Jelinek, dirixida por Falk Richter. Foto: Arno Declair.   A controvertida obra de Robert Lepage, Kanata, será producida polo Théâtre du Soleil en París. A produción, que trata sobre as relacións entre as nacións indíxenas e os colonos de Canadá, foi criticada e denunciada por apropiación cultural e pola falta de artistas indíxenas nela. A compañía de Lepage en Montreal, Ex Machina, cancelou a produción logo de tensas reunións en xuño con membros da comunidade indíxena e despois da retirada dos coprodutores. Theatre du Soleil posteriormente cancelou a súa propia produción, pero agora […] - [IX Festival de Teatro Amador “Entreculturas”, en Verín](https://erreguete.gal/2018/10/06/ix-festival-de-teatro-amador-entreculturas-verin/): Hoxe comeza o IX Festival de Teatro – Entreculturas no que participarán grupos e compañías de teatro amador galegos. O Auditorio Municipal de Verín acollerá, durante os meses de outubro e novembro, as representacións do encontr. O festival, que nesta edición fai unha clara aposta polos grupos de teatro ourensáns, está organizado pola asociación La Caja de Pandora, en colaboración do Concello de Verín. As seis funcións programadas no marco do IX Festival de Teatro Entreculturas comezarán ás 20:30 horas. Para acceder a cada unha das representacións teatrais será necesario realizar unha achega de 5 euros que a asociación sen ánimo de […] - [Iria Pinheiro estrea 'Anatomía dunha serea'](https://erreguete.gal/2018/10/05/iria-pinheiro-estrea-anatomia-dunha-serea/): O vindeiro 18 de outubro estréase, no Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo), Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, o terceiro proxecto sementado na Berberecheira do grupo Chévere, un achegamento escénico á violencia obstétrica desde a experiencia persoal da actriz.   Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e […] - [O Fiot de Carballo inicia o teatro de sala con La Tristura](https://erreguete.gal/2018/10/05/fiot-de-carballo-inicia-teatro-de-sala-la-tristura/): A compañía madrileña La Tristura estreará en Galicia a obra Future Lovers, un retrato sobre a xeración millenial.   O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo non da tregua e presenta o seu segundo fin de semana con novos espectáculos na Rúa dos Contos, o inicio do teatro de sala e un programa especial para os máis pequenos, o Fiotiño. A primeira actuación na Rúa dos Contos terá lugar na Cervexaría Ágora ás 21.00 horas, con Lois Pérez e o seu espectáculo Historias da fronteira. Unha mestura de humor e tradición oral. As risas continuarán cun imprescindible da Rúa dos Contos: […] - [Comeza a III edición de Festea: teatro de obxectos no outono ferrolán](https://erreguete.gal/2018/10/05/comeza-iii-edicion-de-festea-teatro-de-obxectos-no-outono-ferrolan/): O Festival de Obxectos e Monicreques Festea regresa por terceiro ano ao concello ferrolán con interesantes propostas que se lle ofrecerán ao público durante as fins de semana de outubro e novembro. En total, na III edición de Festea participan nove compañías de Galicia, Aragón, Valencia, Andalucía, Navarra e mesmo unha de Italia, cun total de 15 funcións (sábados e domingo) e varias destinadas especificamente a escolares, que se ofertarán aos colexios da cidade. Entre as propostas que traen as compañías para as fins de semana de outubro e novembro, tres son estreas. As funcións serán os sábados as 18:00 horas […] - [Celebración (A gran noite)](https://erreguete.gal/2018/10/04/celebracion-gran-noite/): As ilusións perdidas | Manuel Xestoso | | Fotografía: Ovidio Aldegunde |   Un día espertamos e descubrimos que viviamos en directo, que existía a posibilidade de que houbese un público observando todo o que faciamos. Iso gustounos, sentímonos afagados e comezamos a coidar as formas para saír ben no YouTube e mostrar o perfil bo en Instagram. Fomos incluso un pouco máis alá do que se nos pedía e comezamos a compartir cos nosos amigos e seguidores a nosa vida privada, as nosas lecturas, as nosas viaxes, os nosos almorzos veganos. Comezamos a dar puntual noticia de calquera dos nosos […] - [Charla de João Pedro Mamede na ESAD](https://erreguete.gal/2018/10/04/charla-de-joao-pedro-mamede-na-esad/): Mañá, 5 de outubro, ás 16:00, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e en colaboración co Instituto Camões, terá lugar unha conferencia de João Pedro Mamede, actor e director portugués que charlará co alumnado da escola sobre o traballo de actor. “Entre proxectos” é unha expresión comunmente usada para designar o período en que un actor está sen traballo ou decidiu “comprar” unhas vacacións. É a expresión coa que normalmente se responde á pregunta “Que andas a facer agora?”, moi frecuente no medio social, para evitar ter que contestar “nada”. Partindo do seu percursp polo teatro, Mamede propón unha […] - [As Artes Escénicas galegas queremos ser universitarias, por Sandra Núñez Figueroa](https://erreguete.gal/2018/10/04/as-artes-escenicas-galegas-queremos-universitarias-sandra-nunez-figueroa/): | Sandra Núñez Figueroa, Presidenta da Delegación de Alumnado da ESADg |   Despois dunhas semanas de non parar –coma todas as persoas que tentan achar un oquiño ou continuar neste “mundo do teatro”, xa que estamos en continua supervivencia–, sento por fin diante do ordenador e repaso todo o acaecido até agora nestas semanas de protesta. E lembro cousas. Hai algunhas mellores e outras peores, pero esas cousas que lembro fanme pensar no efémero de cada intre na vida e por que reivindicamos o que estamos a reivindicar con tanta urxencia. Eu teño 23 anos e estudei Linguas Estranxeiras na Universidade […] - [As mobilizacións da ESAD logran unha rectificación nos recortes á Escola](https://erreguete.gal/2018/10/03/as-mobilizacions-da-esad-logran-unha-rectificacion-nos-recortes-escola/): Despois de tres días de folga e concentracións en Vigo, Pontevedra e Compostela, a Xefatura Territorial de Educación rectifica e vén de aceptar algunhas das demandas da comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD). Nunha reunión celebrada o pasado venres entre a dirección do centro e unha delegación da Inspección Educativa acadáronse tres importantes compromisos. En primeiro lugar, a revisión do cadro de persoal do centro, incrementándoo nunha praza e media, unha de Dramaturxia e media de Espazo Escénico. Isto supón a restitución da metade do profesorado que fora eliminado neste curso. Recoñécense tamén as Titorías Docentes dentro do […] - [O XLIII Premi Born de Teatro 2018 entregarase o 20 de outubro en Ciutadella de Menorca](https://erreguete.gal/2018/10/03/xliii-premi-born-de-teatro-2018-entregarase-20-de-outubro-ciutadella-de-menorca/): O Premi Born de Teatre, un dos máis prestixiosos e o único cuxo gañador se publica nas catro linguas oficiais do estado –en galego, na erregueté | Revista Galega de Teatro– entregarase nunha cerimonia que terá lugar o próximo 20 de outubro en Ciutadella de Menorca.   Á XLIII edición do Premi Born presentáronse un total de 189 obras, unhas setenta menos que na edición anterior, que segue a ser a edición con máis obras presentadas da historia, seguida pola de 2015 na que se presentaron 239 obras. Destas 189 obras, un 90,47% proceden do ámbito estatal (maioritariamente de Cataluña e Madrid) […] - [O FIOT estrea programa para conectar coa mocidade](https://erreguete.gal/2018/10/03/fiot-estrea-programa-conectar-coa-mocidade/): As actividades e ofertas do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo seguen crecendo e evolucionando. Nesta 27ª edición o FIOT marcouse como obxectivo conectar coa mocidade e atraer á chamada xeración Millennial. O FIOT abre unha nova canle, o FIOTeen, cun programa que incluirá propostas escénicas especialmene dirixidas a esa franxa de idade. O FIOTeen comezar hoxe mércores día 3 de outubro, ás 11.30 h. no auditorio do Pazo da Cultura e contará cos alumnos de primeiro de bacharelato do IES Isidro Parga Pondal. O xoves día 4 a las 10.00 h. será a quenda do alumnado do IES Monte […] - [Preséntase a obra teatral completa de Manuel María](https://erreguete.gal/2018/10/02/presentase-obra-teatral-completa-de-manuel-maria/): O teatro galego estará de celebración o próximo día 6 de outubro na Casa-Museo Manuel María. Por fin, as 33 obras de teatro que deixou escritas Manuel María veranse reunidas nun único volume de setecentas corenta páxinas, en capa dura, quedando así a disposición do público lector e das compañías de teatro para a súa representación. A edición da obra estivo a cargo da profesora da Universidade da Coruña e estudosa do teatro do noso autor, Mª Pilar García Negro. Moitas das pezas que se recollen no volume eran inéditas ou de difícil localización e, no seu conxunto, dan boa mostra […] - [A Sala Ingrávida presenta a súa programación 2018/2019](https://erreguete.gal/2018/10/01/sala-ingravida-presenta-sua-programacion-2018-2019/): Máis de trinta espectáculos e novidades como unha renovada oferta de abonos ou unha residencia artística na sala para o proxeto gañador do certame “Novos valores” fan do espazo porriñés un dos focos máis interesantes para observar as novas tendencias.   No seu quinto aniversario, a Sala Ingrávida do Porriño vén de presentar o seu programa anual de outubro a xullo. Cunha programación asentada na liña de teatro comunitario e no traballo reafirmado nas sinerxias locais e a creación de públicos, máis de trinta espectáculos de compañías galegas de referencia e emerxentes combinaranse coas propostas chegadas doutras latitudes. Coa intención de […] - [Volve o Festival de Marionetas do Porto a partir do 13 de outubro](https://erreguete.gal/2018/10/01/festival-de-marionetas-porto-partir-13-de-outubro/): Igor Gandra, director artístico do FIMP, salienta o papel que a Cámara Municipal do Porto desempeñou na continuidade do festival, referindo “o facto de o FIMP continuar a acontecer devido ao reforço extraordinário do apoio da autarquia, sem o qual poderia ter acabado.” | Foto: Aglae Bory (Sans Objet de Aurélien Bory | Do 13 a 20 de outubro, o FIMP’18 reunirá 13 compañías de seis países e tres continentes, dando corpo ás mais diversas expresións do teatro da materia animada. A edición de 2018, desenvólvese grazas ao apoio extraordinario da Cámara Municipal do Porto, após o festival ter perdido o […] - [O servidor de dous amos](https://erreguete.gal/2018/09/30/servidor-de-dous-amos/): Abuso de autoridade | Manuel Xestoso | | Foto: Rubén Prieto |   A falta de escrúpulos dos nosos gobernantes actuais ten consecuencias tráxicas pero, vista de cerca, mantén o aspecto dunha farsa protagonizada por monicreques previsibles e absolutamente faltos de dignidade. Talía Teatro apela ao Goldoni moralista, ao censor dos costumes da súa época, para achegarnos unha visión desopilante do argumento que o telexornal nos serve diariamente: Arlequino, transformado nun “emprendedor” desesperado por sobrevivir na xungla do capitalismo, ponse ao servizo dunha banda de mafiosos que, amparados en cargos políticos, tecen unha tupida trama para enriquecerse a costa do erario […] - [Sete compañías na Mostra de Teatro Amador do Carballiño](https://erreguete.gal/2018/09/29/sete-companias-na-mostra-de-teatro-amador-carballino/): Seis obras e unha máis fóra do certame, conforman o programa da XI Mostra de Teatro Amador, que organiza o grupo de Teatro Tiruleque, e que se desenvolverá os sábados e domingos entre o 7 de outubro e o 4 de novembro no auditorio Manuel María do Carballiño. Trátase de seis comedias e un drama, que foron elixidos polo xurado da mostra entre vintecinco propostas recibidas. Por primeira vez, esta mostra de teatro instaura un Premio do Público que elixirá a mellor obra e que terá unha dotación de 500 euros. Igualmente, os integrantes de Tiruleque designarán a mellor obra (que […] - [Edicións Positivas publica 'Polos camiños do tempo' na súa colección DiTeatro](https://erreguete.gal/2018/09/29/edicions-positivas-publica-polos-caminos-tempo-na-sua-coleccion-diteatro/): Polos camiños do tempo de Gustavo Docampo é unha peza de teatro para ser interpretada pola rúa. Dálle voz a personaxes históricos do Barco e de Viloira e conta algunhas das historias das que foron protagonistas. A edición do libro, que sairá de imprenta o 5 de outubro, conta coa colaboración do Concello do Barco e da Xunta de Galicia. A través de sete escenas e co río como fío condutor, coma se dun personaxe máis se tratase, o autor propón unha viaxe por episodios reais ou imaxinados da historia local. Pola obra pasan as lendas e a alma popular apegada […] - [Hoxe comeza o FIOT en Carballo](https://erreguete.gal/2018/09/28/hoxe-comeza-fiot-carballo/): Hoxe arranca o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), e faino cunha celebración moi especial: a Rúa dos Contos, o ciclo máis irreverente do festival, cumpre 20 anos baixo o lema “Noites de Rúa Chea”. A Rúa dos Contos constitúe un referente en Galicia para os monologuistas, tanto para os que inician a súa traxectoria como para os que buscan a súa consagración. A primeira actuación na Rúa dos Contos terá lugar na Cafetería Colón, prevista ás 10:00, con Avelino González e o seu espectáculo Contos de contrabando. Continuará a media noite, no Mesón do Pulpo, con Marcos Pereiro […] - [O Festival Galicreques contará con tres estreas absolutas](https://erreguete.gal/2018/09/28/7354/): O Festival celebrará entre os días 13 e 21 de outubro a súa 23ª edición, convertendo Santiago de Compostela, un ano máis, en gran referente para o xénero escénico dos títeres.   O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 25 espectáculos, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela compañías procedentes de Arxentina, Brasil ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. A programación incluirá tamén tres estreas absolutas e un total de 12 […] - [Teatro do Noroeste estrea hoxe en Narón un novo Valle Inclán](https://erreguete.gal/2018/09/28/tearo-noroeste-estrea-hoxe-naron-novo-valle-inclan/): En Narón, Teatro do Noroeste estrea Da avaricia, a luxuria e a morte, de Valle Inclán –traducido por Manuel Guede– dirixida por Eduardo Alonso e con Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António e Miguel Pernas. Trátase dun espectáculo con música en directo que se presentará no Pazo Da Cultura hoxe ás 20:30 e mañá ás 20:00. De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte. Da singular e poética Ligazón (auto para siluetas), lívida como […] - [Dezaseis espectáculos de cinco países no FITO de Ourense](https://erreguete.gal/2018/09/28/quince-espectaculos-de-cinco-paises-no-fito-de-ourense/): O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público onte o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro máis dunha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. Organizado pola compañía Sarabela Teatro, o FITO segue mantendo un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea en Galicia Os limóns, a neve […] - [Faleceu Xan Cejudo](https://erreguete.gal/2018/09/27/faleceu-xan-cejudo/): Xan Cejudo (A Coruña, 1947), actor, director e autor teatral faleceu hoxe, segundo se acaba de saber. Cunha ampla traxectoria na escena teatral galega, a súa carreira profesional comezou a mediados da década de 1960 co grupo “O Facho”. Tras traballar con diferentes compañías, en 1984 comezou a colaborar co CDG tanto interpretando como dirixindo diferentes producións. Cejudo facía parte da xeración de actores que puxo en pé o teatro profesional en Galicia e actuou en espectáculos do CDG, Teatro Circo, Teatro Tranco, Malbarate Teatro,  Matarile ou Factoría Teatro (Tio Vania, con dirección de Cristina Domínguez, obra pola que se lle concedeu […] - [Mala Voadora presenta un díptico no CCVF de Guimarães](https://erreguete.gal/2018/09/27/mala-voadora-presenta-diptico-no-ccvf-de-guimaraes/): Unha das mais recoñecidas compañías portuguesas representa o díptico formado por Moçambique e Amazónia, no Grande Auditório| do Centro Cultural Vila Flor. Foto: Jose Carlos Duarte |   Nesta última semana do mes, o Centro Cultural Vila Flor de Guimarãespresenta un díptico de pezas dunha das mais afirmadas compañías portuguesas, Mala Voadora: Moçambique e Amazónia, soben ao escenario do Grande Auditório o 27 e o 29 de setembro, respectivamente. Con Jorge Andrade ao temón, a viaxe comeza o 27 de setembro con Moçambique, obra premiada pola Sociedade Portuguesa de Autores en 2017 como Mellor Espectáculo. Jorge Andrade naceu en Moçambique e veu […] - [Vixésima edición da "Rúa dos Contos" no FIOT Carballo](https://erreguete.gal/2018/09/27/vixesima-edicion-da-rua-dos-contos-no-fiot-carballo/): Hai xa vinte anos que o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) puxo en marcha unha iniciativa cuxo obxectivo era, e é, poñer as artes escénicas ao alcance de quen nunca ten asistido a unha función. Onde atopar novos espectadores e potenciais afeccionados ao teatro? Na rúa, nos lugares públicos de lecer e esparexemento. Este ano, a partir de mañá, día 28 de setembro, Carballo acolle as primeiras representacións da 20ª edición da Rúa dos Contos. As dúas primeiras citas, o vindeiro venres día 28, celebraranse na Cafetería Colón e no Mesón do Pulpo. Na Colón é só para maiores […] - [Oito espectáculos conforman o programa de outono de Tui](https://erreguete.gal/2018/09/27/oito-espectaculos-conforman-programa-de-outono-de-tui/): Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada onte no propio teatro. Unha actividade que mantén a aposta de calidade, variedade, estabilidade e continuidade marcada ao longo dos últimos anos. Este traballo ten dado coma froito converter a este espazo escénico – que o pasado mes de abril cumpriu 15 anos– nun referente cultural en Galicia e no norte de Portugal, que ten amais colleitado o respaldo do público coma demostra a media de espectadores cada ano. Así o destacaron onte na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, […] - [Hemeroteca: Entrevista a Alberto Sueiro realizada no 25º aniversario do FIOT](https://erreguete.gal/2018/09/26/hemeroteca-entrevista-alberto-sueiro-realizada-no-25o-aniversario-fiot/): «O mérito do festival é que o público vexa teatro de todas as pelaxes» | Vanesa Sotelo e Manuel Xestoso |   No número 88 da erregueté | Revista Galega de Teatro, publicabamos esta entrevista con Alberto Sueiro, presidente da Asociación Telón e Aparte, organizadora do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo, que, na altura, celebraba o seu 25º aniversario. Co gallo da entrega do Premio da Cultura Galega, queremos compartir con todo o público aquela conversa que ofrecía algunhas das claves do éxito do festival e algúns dos retos que se lle apuñan. Malia algunhas referencias a aquela […] - ['A leituga' inicia xira de outono no Barco](https://erreguete.gal/2018/09/26/leituga-inicia-xira-de-outono-no-barco/): Despois do éxito acadado na primavera e do seu paso por diversos festivais de verán, a comedia A leituga, da compañía Emedous, comeza este venres 28 de setembro, no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, unha xira de outono que continuará por Pontevedra (4 de outubro), Tui (5 de outubro), Vimianzo (6 de outubro), Vilagarcía de Arousa (13 de outubro), Vigo (19 e 20 de outubro), Outes (27 de outubro), Viveiro (3 de novembro) e As Pontes (16 de novembro). Antonio Durán ‘Morris’, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez conforman o elenco de A leituga, unha comedia dramática […] - [A Mostra de Teatro de Ribeira comeza en outubro](https://erreguete.gal/2018/09/26/mostra-de-teatro-de-ribeira-comeza-outubro/): Dez representacións forman o cartel da Mostra de Teatro de Ribeira 2018, a “proposta estrela” da Concellería de Cultura para o outono. A Mostra desenvolverase todos os venres ás 21:30, agás a función inaugural, que será este sábado a cargo do Grupo Municipal de Teatro, con Cousas. Nesta edición as entradas terán un prezo simbólico de 3 euros, a excepción da función deste sábado, que será gratuita. A finalidade desta medida é darlle a posibilidade ao público de reservar butaca mediante a compra da entrada, para evitar saturacións no acceso ao auditorio. Canto ás funcións da Mostra, o 5 de outubro […] - [O FIOT de Carballo recibe o Premio da Cultura Galega](https://erreguete.gal/2018/09/25/fiot-de-carballo-recibe-premio-da-cultura-galega/): O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo foi recoñecido onte co Premio da Cultura Galega 2018 na categoría de Artes Escénicas. O fallo do xurado deuse a coñecer onte á tarde despois da reunión mantida polo xurado na CIdade da Cultura. A Consellaría destaca a traxectoria do Festival Internacional Outono de Teatro e o xeito no que, nos seus 27 anos de vida, logrou transformarse en “todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia”. “Pola súa traxectoria, calidade da programación e a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece, está recoñecido como un dos máis […] - ["Venres de Teatro" na Libraría Pedreira de Compostela](https://erreguete.gal/2018/09/24/venres-de-teatro-na-libraria-pedreira-de-compostela/): O vindeiro venres 28, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela inicia un novo proxecto baixo o título “Venres de Teatro”, no que colaboran con artistas de diversa índole da literatura e das artes escénicas, con representacións e lecturas dramatizadas, co fin de ofrecerlles un pequeno espazo onde poidan amosar as súas propostas. Esta primeira edición comezará coa representación de O valo de Carlos Labraña, un texto que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades coa guerra de Siria como pano de fondo. Carlos Labraña é un autor ben coñecido polo seu teatro […] - [Laiovento publica o primeiro teatro de Andrés Pociña](https://erreguete.gal/2018/09/23/laiovento-publica-primeiro-teatro-de-andres-pocina/): A editorial Laiovento anuncia a publicación en galego, a lingua na que foron orixinalmente escritas, as tres primeira obras teatrais de Andrés Pociñas, todas elas xa publicadas en portugués, italiano e castelán. As tres foron representadas en Portugal, Italia e España pero, ata o de agora, ningunha delas probou fortuna en Galicia. Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacións, en cinco montaxes distintas. É o monólogo dunha Medea xa anciá que lles explica os feitos da súa existencia ás mulleres de Camariñas que están lavando nun lavadoiro. Unha tardiña en Mitilene, que iniciou o seu andar escénico […] - [O XXIII Festival Galicreques estende a programación a Vigo e A Coruña](https://erreguete.gal/2018/09/22/xxiii-festival-galicreques-estende-programacion-vigo-coruna/): O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 25 espectáculos, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela compañías procedentes de Arxentina, Brasil ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. Paralelamente, a súa programación estenderase ás cidades de Vigo e da Coruña, cun total de dez funcións. Deste xeito, a coruñesa Sala Gurugú acollerá cinco representacións nas fins de semana do 13 ao 14 e do 19 ao 21 de outubro. Pola súa banda, […] - [O grupo Airiños de Rianxo celebra 85 anos de existencia](https://erreguete.gal/2018/09/21/grupo-airinos-de-rianxo-celebra-85-anos-de-existencia/): O grupo de teatro Airiños de Asados celebra o seu 85 aniversario cunha gala, Esta noite, velada no Auditorio de Rianxo. Serán tres funcións: o venres 21 de setembro, ás 21:00; o sábado 22 de setembro, ás 21:00; e o domingo 23 de setembro, ás 19:00. O espectáculo está ideado como unha festa de aniversario e, en contra do que sucede con outras obras da compañía, só se poderá ver nestas funcións en Rianxo. A gala contará coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. Ademais, o Auditorio acollerá unha exposición de cartaces do grupo que se inaugurará […] - [III Xornada de Literatura Dramática da AELG](https://erreguete.gal/2018/09/20/iii-xornada-de-literatura-dramatica-da-aelg/): O próximo 24 de novembro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co apoio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña, a Universidade da Coruña e CEDRO, organizan a III Xornada de Literatura Dramática baixo o título “A palabra teatral nas aulas”. Este ano, inclúe unha convocatoria a dramaturgxs para participar no Festival “Pezas dun teatro do porvir”. O programa completo previsto é este:   Mañá 10:00 Mesa redonda 1. A literatura dramática galega no último cuarto do século XX. 11:25 Mesa redonda 2. A literatura dramática galega nas primeiras décadas do […] - [Tres compañías no Festival Monecadas de Brión](https://erreguete.gal/2018/09/20/tres-companias-no-festival-monecadas-de-brion/): O Festival Monecadas fai cinco anos. A iniciativa de Titeriteiros da Comarca e o Concello de Brión traerá este ano á carballeira de Santa Minia tres compañías: Títeres Cachirulo, Viravolta Títeres e Fantoches Baj, que presentarán tres funcións e un obradoiro de monicreques dirixidos á infancia os días 21, 22 e 23 de setembro. A programación comeza o venres 21 de setembro, ás 18:00, cun obradoiro de monifates a cargo de Títeres Cachirulo. A seguir, ás 19:30, os monicreques de Viravolta presentarán a historia de O galo Quirico e os seus amigos. O sábado 22 de setembro, Títeres Cachirulo presenta A […] - [Comunicado da AAAG en solidariedade coa ESAD](https://erreguete.gal/2018/09/19/comunicado-da-aaag-solidariedade-coa-esad/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a gran maioría do sector da interpretación e da dirección de escena do país, amosa a través deste comunicado todo o seu apoio á comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). O cadro de persoal convocou entre o pasado luns e o día de hoxe, mércores, unha folga -a primeira que vive este centro dende a súa fundación en 2005-  para esixir a restitución do profesorado, que perdeu nos dous últimos cursos un total de seis docentes. Tal e como informou o claustro de […] - [Festival Transfronteiriço de Teatro Amador PLATTA en Viana](https://erreguete.gal/2018/09/19/festival-transfronteirico-de-teatro-amador-platta-viana/): O Festival Transfronteiriço de Teatro Amador PLATTA, que xunta amadores de teatro de Castela e León, da Galiza e do Alto Minho, terá lugar nos próximos días 21, 22 e 23 de setembro, en Viana do Castelo. A partir do Teatro Municipal Sá de Miranda, a TEIA – Teatro Em Iniciativa, rede cultural composta por 23 asociacións culturais do Alto Minho e dinamizada polo Projeto Comunidade do Teatro do Noroeste – CDV acolle os grupos provenientes do outro lado da fronteira para unha fin de semana de intensa actividade cultural que por primeira vez se realiza na capital do Alto Minho. […] - [Fantoches Baj estrea novo espectáculo no Barco](https://erreguete.gal/2018/09/19/fantoches-baj-estrea-novo-espectaculo-no-barco/): A compañía teatral Fantoches Baj estrea este venres, 21 de setembro,ás 21:00, no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, a súa nova produción, dirixida a público adulto, Auga que non vas beber… Sobre o escenario dous actores, Almudena Vidal e Inacio Vilariño, que dan vida a diversos personaxes nunha singular proposta que engarza o teatro, os monicreques para adultos, a música e a narración oral. Con Auga que non vas beber, da compañía Fantoches Baj ponse en marcha a nova tempada teatral no Barco. Trátase “dun recital satírico para monicreques” dunha hora de duración no que salientan diversas cantigas populares […] - [Sarabela estrea novo espectáculo este xoves en Ourense](https://erreguete.gal/2018/09/18/sarabela-estrea-novo-espectaculo-este-xoves-ourense/): O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que a compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado. Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta interpretan a nova proposta da compañía ourensá, na que se verán os deseños de José Faro (escenografía), Baltasar Patiño (iluminación), Ruth Pereira (vestiario) ou Raquel F. Fidalgo (maquillaxe e caracterización). Celebración. A gran noite parte da obra do dramaturgo francés Jean-Luc Lagarce, que aborda a exclusión e a […] - ["Outra pel, outro rostro", exposición de Cris Andina en Cariño](https://erreguete.gal/2019/01/08/outra-pel-rostro-exposicion-de-cris-andina-carino/): Do 11 ao 27 de xaneiro, no Local Social da Casa do Concello de Cariño, Cris Andina presenta a exposición “Outra pel, outro rostro”. O acto de presentación terá lugar o mesmo 11 de xaneiro ás 19:30.   “Outra pel, outro rostro” é un exercicio de homenaxe e reivindicación da figura das actrices e actores de teatro. Pero, no fondo, tamén da propia dramaturxia en si e do conxunto de persoas e colectivos, profesionais ou non, que a fan posible. Partindo desta intención (e percepción), a autora decidiu fixar o seu foco precisamente xusto no momento en que todo o traballo interpretativo […] - [Edicións Positivas publicará 'Doppelgänger', de Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2019/01/07/edicions-positivas-publicara-doppelganger-de-paula-carballeira/): Edicións Positivas anuncia a publicación de Doppelgänger, de Paula Carballeira. A obra, que se estreará o vindeiro 24 de xaneiro no Salón Teatro, é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego, resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases. A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais, desenvolveuse nos meses de agosto e setembro en Medellín e rematou cunha primeira presentación pública. O segundo ciclo de ensaios ten lugar en Galicia entre decembro e xaneiro e culminará na estrea definitiva do espectáculo. “Ao meu carón sinto a alguén […] - [O 'Otelo' de Nuno Carinhas volve ao TSNJ do Porto](https://erreguete.gal/2019/01/05/otelo-de-nuno-carinhas-volve-ao-tsnj-porto/): Con dirección, escenografía e figurinos de Nuno Carinhas, Otelo regresa ao Teatro Nacional São João do Porto para as últimas funcións entre os días 5 e 20 de xaneiro. | Foto: João Tuna |   Cerca de cuatro mil espectadores asistiron á primeira temporada de Otelo, obra do dramaturgo William Shakespeare, que Nuno Carinhas encenou – sendo tamén responsable da escenografía e figurinos do espectáculo –, nunha produción propia do Teatro Nacional São João (TNSJ), a primeira da temporada 2018/2019. Téndose estreado o 28 de setembro de 2018, e despois de se ter revelado un suceso de billeteira, Otelo está de […] - [A Rede de Teatros e Auditorios inicia 2019 con 349 funcións](https://erreguete.gal/2019/01/04/rede-de-teatros-auditorios-inicia-2019-349-funcions/): A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) retoma a súa programación a partir de hoxe co arranque da primeira carteleira semestral de 2019, que lle ofrecerá ao público 349 citas co teatro, a danza, a música, a maxia e o circo en 40 escenarios. Entre elas, as estreas absolutas das novas propostas das compañías galegas Colectivo Verticalia, Estudo Momento, Malasombra Producións, Licenciada Sotelo, Os Monicreques de Kukas, Os Náufragos, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Producciones e Talía Teatro. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coordina o funcionamento deste circuíto de espectáculos en […] - [O teatro que vén en 2019](https://erreguete.gal/2019/01/04/teatro-ven-2019/): Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019.   O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura Iturralde, e un músico, Pablo Rega. O Inevitable é o seu primeiro directo, unha acumulación de escenas baseadas nos efectos secundarios da fe católica, os remakes turcos de Rambo e os momentos mais íntimos da vida dun lobo solitario chamado Antonio, un tipo que fai milagres. […] - [Nova convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña](https://erreguete.gal/2019/01/03/nova-convocatoria-da-rede-cultural-da-deputacion-da-coruna/): A Deputación da Coruña bota a andar unha nova convocatoria da súa Rede Cultural á que destina este ano máis de dous millóns de euros, Compañías, profesionais e entidades terán até o 17 de xaneiro para inscribir os seus espectáculos no circuíto cultural que conta con catro programas, “Escena ao vivo”, “Visións”, “Alicerce” e “Lingua a escena!”. Con esta nova convocatoria, a área de Cultura da Deputación da Coruña consolida a aposta pola súa Rede Cultural que ve duplicado o orzamento do inicio do goberno. “A aposta pola Rede Cultural supón materializar o noso lema de “A Cultura é un dereito”, […] - ['Muiñada' pon fin ao ciclo do CDG "Gran teatro para os máis pequenos"](https://erreguete.gal/2019/01/03/muinada-pon-fin-ao-ciclo-cdg-gran-teatro-os-mais-pequenos/): A compañía Galeatro ofrece mañá e o venres as derradeiras funcións da programación infantil de Nadal no Salón Teatro de Santiago.   A terceira edición do ciclo Gran teatro para os máis pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) na súa sede do Salón Teatro de Santiago, remata esta semana con dúas funcións do espectáculo Muiñada, da compañía Galeatro. As representacións terán lugar o xoves 3, ás 19,00 h., e o venres 4, ás 12,30 h., precedidas de cadansúa sesión do obradoiro “Cántame un conto. O espazo sonoro e os contos”, no que as nenas e nenos inscritos terán a oportunidade […] - [O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle hoxe a XV Gala Manicómicos](https://erreguete.gal/2019/01/03/teatro-rosalia-castro-da-coruna-acolle-hoxe-xv-gala-manicomicos/): A compañía convida ao público a asistir ao evento con narices vermellos de pallasas e pallasos.   O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá, a partir das 19:00, a festa do XV aniversario da Asociación Cultural Manicómicos que, como é habitual nestas datas, ofrecerá unha gala de artes escénicas para todos os públicos, na que combinará comedia, clown, danza e circo nas súas múltiples variedades. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, acompañado do actor Carlos Sante, presentou onte o cartel da XV Gala Manicómicos, “que porá de manifesto a calidade das e dos artistas locais, nunha celebración […] - [I Premio Platta de Teatro Breve en tres linguas](https://erreguete.gal/2019/01/02/i-premio-platta-de-teatro-breve-tres-linguas/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador, convócase o I Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas. O premio estrutúrase ao longo do ano 2019 en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués). Coincidindo coa celebración do Festival […] - [Chega a II edición do Festival Porta Máxica de Ferrol](https://erreguete.gal/2018/12/29/chega-ii-edicion-festival-porta-maxica-de-ferrol/): Ferrol celebra a partir do vindeiro 2 de xaneiro a II edición dun festival de ilusionismo que aspira a repetir e multiplicar o éxito da súa estrea no 2018. O concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea, presentou a segunda edición dun evento singular para un público familiar que dirixe e capitanea o mago ferrolá Martín Varela a fronte dunha equipa de magos chegados desde Francia, Barcelona e distintos puntos de Galicia que darán a benvida ao novo ano co público ferrolán os días 2, 3 e 4 de xaneiro. O festival terá distintos escenarios: o Teatro Jofre, o centro cultural […] - [O teatro de pompas de xabón chega ao CDG con Malasombra](https://erreguete.gal/2018/12/28/teatro-de-pompas-de-xabon-chega-ao-cdg-malasombra-producions/): O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a montaxe Os fabulosos cleaners, de Malasombra Producións, a segunda das tres propostas do ciclo Gran Teatro para os Máis Pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) como unha programación especial de Nadal que combina espectáculos con talleres infantís. A asistencia ás funcións, que terán lugar o sábado 29 ás 19,00 h. e o domingo 30 ás 12,30 h., pode combinarse coas dúas entregas do taller titulado “Visto non visto”, dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos. Impartido por Elea López, desenvolverá no propio Salón Teatro […] - [Os Domingos do Principal de Pontevedra fan vinte anos](https://erreguete.gal/2018/12/27/os-domingos-principal-de-pontevedra-chegan-xxa-edicion/): O ciclo Domingos do Principal, unha proposta clásica para a programación 2019 do Concello de Pontevedra e unha escusa perfecta para agasallar cultura: as entradas e os abonos están xa a venda. “Non creo que haxa moitos ciclos de teatro infantil cunha longa vida como este” sinalou na presentación da edición número 20 a concelleira, Carme Fouces, quen lembrou que nestas case dúas décadas foron máis de 300 as representacións ofrecidas, o mellor da escena infantil galega e non galega. É un ciclo que adoita esgotar as súas entradas e que abre as portas do Teatro Principal durante sete domingos en […] - [Service No. 5: Dare to Keep Kids Off Naturalism](https://erreguete.gal/2018/12/27/service-no-5-dare-to-keep-kids-off-naturalism/): O ollo do observador | Manuel Xestoso |   O número 95 da erregueté | Revista Galega de Teatro comeza hoxe a distribuírse para chegarvos como agasallo de Nadal. As persoas subscritoras terédelo axiña na casa; as que aínda non vos suscribistes, estades a tempo de facelo ou de encargalo nas librarías. Esta crítica do espectáculo de Adam Linder que se puido ver na Fundação Serralves do Porto é un adianto do que vos poderedes atopar xunto con outros moitos contidos.   O primeiro que o visitante atopa é o contrato que Adam Linder asinou coa Fundação Serralves, no que se […] - [A arte da conversación, por Raúl Dans](https://erreguete.gal/2018/12/26/arte-da-conversacion-raul-dans/): | Texto: Raúl Dans |   A literatura é unha forma de conversación. “Ler libros bos”, dixo Descartes, “é como conversar coas mellores mentes do pasado”. Simplificando, a literatura é unha maneira de coñecer xente. Coñecín a Gustavo Pernas na Coruña, nas portas de Vídeo Galicia, un dos estudios fundacionais da dobraxe en Galicia. Presentoumo o seu irmán, Miguel, e gustoume desde o primeirísimo momento, como diría Jonathan Franzen de David Foster Wallace ao falar da carta coa que iniciaron unha amizade que, durante un tempo, tivo ben poucas probabilidades de chegar a callar. Estaría usurpando un lugar que non me […] - [O TNSJ do Porto presenta 29 espectáculos de xaneiro a xuño](https://erreguete.gal/2018/12/26/tnsj-porto-presenta-29-espectaculos-de-xaneiro-xuno/): O próximo ano reserva moitas novidades, con 29 espectáculos, cun total de 12 estreas, nos escenarios dos tres espazos xestionados polo TNSJ.   Vinte e nove espectáculos, incluíndo 12 estreas e 16 coproducións. Estes son os números que sintetizan a programación entre xaneiro e xullo de 2019 dos espazos xeridos polo Teatro Nacional São João (TNSJ) – que inclúe o Teatro Carlos Alberto (TeCA) e o Mosteiro de São Bento da Vitória (MSBV). Nestes sete meses, a institución recebe creacións de compañías portuguesas, así como producións internacionais, destacando a estrea nacional de Mnémosyne [na foto]. Dividido nunha exposición (5 a 25 de janeiro) […] - [Gala Solidaria do Festiclown en Compostela](https://erreguete.gal/2018/12/22/gala-solidaria-festiclown-compostela/): O Teatro Principal volverá ser o escenario, o próximo día 27, da Gala Solidaria do Festiclown, organizada por Pallas@s en Rebeldía en colaboración co Concello de Santiago. Será un espectáculo cheo de humor, maxia, música e circo, co obxectivo de recadar fondos para facer posible unha nova edición do Festiclown Palestina.   A Gala Solidaria do Festiclown será no Teatro Principal o próximo 27 de decembro, a partir das 18:30 horas. Polo escenario pasarán Pablo Díaz, Assircópatas, Sue Moreno, Yolanda Paz e Sempre Arriba. A gala, que estará conducida pola actriz Isabel Risco, pecharase coa actuación do Coro da Rá. A […] - [A "Procesión da Santa Bolaña" lembra a Vidal Bolaño en Compostela](https://erreguete.gal/2018/12/22/procesion-da-santa-bolana-lembra-vidal-bolano-compostela/): Despois de tres anos sen celebrarse, este sábado 22 de decembro, á partir das 17:00 da tarde, regresa a Procesión da Santa Bolaña, unha procesión profana en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. A procesión partirá, como é tradición, do local da Asociación de Veciños “As Brañas de Andrés”, nos Pelamios para percorrer logo as rúas do casco vello compostelán, facendo parada dramática en catro locais senlleiros da cultura local: o Centro Socio-Cultural “Gentalha do Pichel”, a Casa do Matadorio, o Cantón de San Bieito, e a Nave Sete da Praza de Abastos. Nas catro paradas deste vía crucis dramático haberá intervencións teatralizadas […] - [Carlos Blanco e Touriñán baten récords con 'Somos criminais'](https://erreguete.gal/2018/12/21/carlos-blanco-tourinan-baten-records-somos-criminais/): O espectáculo Somos Criminais, protagonizado por Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco e dirixido por Tito Asorey, vendeu –segundo datos da SGAE– 50.000 entradas dende a súa estrea hai nove meses, converténdose así no espectáculo con maior número de entradas vendidas da historia do teatro galego. Touriñán e Blanco valoraron esta mañá, nunha rolda de prensa no Teatro Colón da Coruña, o que supón un fito sen precedentes na dramaturxia do noso país. O resumo de Carlos Blanco non podía ser máis visual: “Cos espectadores de Somos Criminais poderíamos encher Riazor e Balaídos á vez”. Ambos mostráronse moi agradecidos ao público […] - [Os Premios María Casares prescindirán das tradicionais xerras de Sargadelos](https://erreguete.gal/2018/12/21/os-premios-maria-casares-prescindiran-das-tradicionais-xerras-de-sargadelos/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, como entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, prescindirá das tradicionais xerras de Sargadelos como trofeo para as gañadoras e os gañadores das catorce categorías nas que se dividen os galardóns. A Xunta Directiva da AAAG, despois de informar a súa Asemblea, tomou esta difícil decisión tras 22 anos entregando as xerras do histórico grupo empresarial.   Os motivos residen na dirección que tomou o grupo Sargadelos nos últimos tempos que, a ollos da AAAG, desvirtúa o histórico proxecto promovido dende a súa orixe por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. Por […] - [Comeza o ciclo do CDG 'Gran teatro para os máis pequenos'](https://erreguete.gal/2018/12/21/arranca-esta-fin-de-semana-ciclo-cdg-gran-teatro-os-mais-pequenos/): Ademais de Nómades, os días 22 e 23, durante estas festas o Salón Teatro de Santiago acollerá os espectáculos Os fabulosos cleaners de Malasombra Producións o 29 e 30, e Muiñada de Galeatro o 3 e 4, precedidos de cadanseu obradoiro.   O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese arredor de tres espectáculos das compañías Xarope Tulú, Malasombra Producións e Galeatro, precedidos doutros tantos talleres baixo o lema común […] - ['Eroski Paraíso' abre o programa do García Barbón de Vigo para o primeiro semestre de 2019](https://erreguete.gal/2018/12/20/eroski-paraiso-abre-programa-garcia-barbon-de-vigo-primeiro-semestre-de-2019/): Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou a súa Tempada de Teatro de xaneiro a maio no Teatro García Barbón (Afundación) de Vigo. Os abonos estarán dispoñibles do 20 de decembro ao 13 de xaneiro. | Foto. Matteo Bertolino |   Abrirá a tempada Eroski Paraíso, unha produción de Chévere dirixida por Xesús Ron e interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias e Fidel Vázquez. Gran triunfadora nos Premios María Casares de 2017, representarase o 18 de xaneiro ás 20:30. A seguinte obra será Fedra, dirixida por Luís Luque e protagonizada por Lolita Flores, Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko […] - [Presentada a programación do Principal de Ourense para o primeiro semestre de 2019](https://erreguete.gal/2018/12/20/presentada-programacion-principal-de-ourense-primeiro-semestre-de-2019/): O Teatro Principal de Ourense anunciou onte a carteleira escénica e musical que desenvolverá durante o primeiro semestre de 2019. Antes, ofrecerá cinco montaxes para rematar o 2018, comezando por Crimen y telón, que Ron Lalá porá en escena este mesmo venres. O resto insírese na programación da MOTI, Mostra de Teatro Infantil de Ourense: Arte’n’rúa, que presentará un espectáculo multidisciplinar para público familiar ambientado nas artes de rúa e urbanas o 26 de decembro; Caramuxo Teatro, que estará o 27 de decembro coa obra Ela, unha homenaxe á pintora Maruxa Mallo; Eme2 Emoción &Arte, que porá en escena o 28 de decembro […] - [Consagrados e contemporáneos no Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2018/12/19/consagrados-contemporaneos-no-ciclo-principal-teatro-rosalia-de-castro-da-coruno/): O concelleiro José Manuel Sande e o director do Rosalía de Castro, Paulo Rodríguez, presentaron onte as propostas da nova tempada, que comezará o 18 de xaneiro.   O equilibrio entre adaptacións de obras consagradas e de creación contemporánea define a nova programación do Ciclo Principal do Teatro Rosalía, que se desenvolverá entre o 18 de xaneiro e o 1 de xuño de 2019. A tempada de inverno-primavera do recinto municipal contará con 13 espectáculos e recuperará dous que foron suspendidos por enfermidade das actrices protagonistas, Cinco horas con Mario e El Funeral, nas que participan Lola Herrera e Concha Velasco, […] - [Valle Inclán entra na Rede](https://erreguete.gal/2018/12/18/valle-inclan-entra-na-rede/): Froito de máis de vinte anos de traballo, o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) presentou este martes na Facultade de Filoloxía o Archivo Digital Valle-Inclán (1888-1936) , que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas. En versión trilingüe galego-español-inglés, o Arquivo pode consultarse de maneira libre. O fondo bibliográfico e documental do GIVIUS, que constitúe a orixe e soporte do Arquivo Dixital Valle-Inclán, é produto da adquisición paulatina das obras do autor publicadas en vida –hoxe na Biblioteca da USC–, e da persistente indagación hemerográfica en bibliotecas locais, estatais […] - [A MOTI transforma Ourense en capital do Teatro Infantil](https://erreguete.gal/2018/12/18/moti-transforma-ourense-capital-teatro-infantil/): A MOTI –Mostra de Teatro Infantil de Ourense– celébrase este ano baixo o lema “O teu tempo cos nenos é o mellor agasallo” e acollerá dezanove espectáculos que se repartirán entre o Campus de Ourense, o Teatro Principal, o Auditorio Municipal e as rúas da cidade. A igualdade de xénero, a necesidade de contemplar o diferente e a naturalización da morte son os temas máis presentes nas obras seleccionadas.   A Mostra terá un aperitivo o día 21, a partir das 19:00, coa representación do espectáculo Moti a culleradas (marchando unha de Moti), a cargo da compañía ourensá Trécola Teatro, que […] - [Escenas do Cambio volve a Compostela en febreiro](https://erreguete.gal/2018/12/17/escenas-cambio-volve-compostela-febreiro/): A quinta edición de Escenas do cambio chega ao Gaiás do 7 ao 16 de febreiro afondando nas liñas que lle outorgaron identidade ao encontro, e afondando no concepto de disidencia como eixo das súas actividades.   Escenas do cambio chega á súa quinta edición insistindo en rachar coa idea de escena pechada e de xéneros estancos. Para visualizar o seu proxecto que, coma o ano pasado, xira en torno da idea de disidencia, o festival recorre este ano a dúas das figuras máis destacadas da vangarda española, Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina, ambos Premios Nacional de Artes Plásticas, para […] - [O Pontegal abre o prazo de inscrición para 2019](https://erreguete.gal/2018/12/17/pontegal-abre-prazo-de-inscricion/): A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o “Pontegal” 2019. A través deste programa serán retribuídos os grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2019 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra coas contías establecidas para este fin. Poderán solicitar a inclusión no “Pontegal” as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de […] - [Morre Manu Lago García, referente do circo galego](https://erreguete.gal/2018/12/16/morre-manu-lago-garcia-referente-circo-galego/): Manu Lago García, “Manu Malabaranda”, clown e malabarista, artista, compoñente de Pista Catro, faleceu hoxe despois dunha longa loita coa enfermidade. Manu Lago era malabarista, clown e músico. Licenciado en Circo pola escola Circus Space de Londres e formado en teatro pola escola Espacio Aberto, tiña, ademais, unha permanente arela de mellora que o levou a estudar con numerosos e recoñecidos profesionais como Álex Navarro, Eric de Bont, Mick Barnfather, Sean Gandini ou Luke Wilson. Fundou a compañía Malabaranda para logo converterse nun dos socios fundadores de Pistacatro, compañía coa que se fixo célebre con espectáculos como Kamikaze, Purgatorio, Desperta! A súa […] - [Compostela e Teo amosan os espectáculos sementados na "berberecheira" de Chévere](https://erreguete.gal/2018/12/15/compostela-teo-amosan-os-espectaculos-sementados-na-berberecheira-de-chevere/): As obras Goldi Libre, Salvador e Anatomía dunha serea poderanse ver en decembro en Compostela e en Teo en febreiro. | Foto: Olaia Sendón |   Os concellos de Santiago e Teo acollerán proximamente senllas mostras dos tres espectáculos desenvolvidos ata o momento no laboratorio de creación do grupo Chévere – A Berberecheira: Goldi Libre, Salvador e Anatomía dunha serea. En Compostela, as tres obras poderán verse os días 17, 18 e 19 de decembro no Teatro Principal como parte do festival Festalegre, organizado polo Concello mentres que as funcións de Teo serán o 15, 16 e 17 de febreiro no […] - [Fernando Epelde gaña o I Premio SELIC na categoría de Teatro](https://erreguete.gal/2018/12/14/fernando-epelde-gana-i-premio-selic-na-categoria-de-teatro/): Fernando Epelde é o gañador do I Premio SELIC de creación literaria na categorías de teatro, pola súa obra Realness.   Na categoría de textos teatrais, o I Premio SELIC foi para a obra Realness, presentada por Fernando Epelde García baixo o lema “Polari”. Do texto, o xurado destacou que “é unha obra que crea unha atmosfera rica, atractiva e suxestiva; e cunha escrita limpa e puída que permite unha lectura áxil que narra o enfrontamento entre a lei e a liberdade”. Salienta tamén que o texto “presenta unha frescura e unha actualidade chea de conversas disparatadas e interesantes, con personaxes […] - [Michael Clark pechará a nova edición de GUIdance](https://erreguete.gal/2018/12/14/michael-clark-pechara-nova-edicion-de-guidance/): O GUIdance, o festival de danza contemporánea de Guimarães, celebrarase entre os días 7 e 17 de febreiro de 2019. Serán once espectáculos, entre eles seis estreas absolutas, nos que danza se mestura coa música, o teatro e mesmo a robótica. | Foto: to a simple, rock’n’roll… song de Michael Clark © Hugo Glendinning |   Drama, de Victor Hugo Pontes, abre o festival o día 7. Nesta nova creación, Pontes continúa o traballo de procura dunha nova linguaxe artística, situada algures entre a palabra e o movemento. Despois de Se Alguma Vez Precisares da Minha Vida, Vem e Toma-a, a partir […] - [O Teatro Colón celebra o seu 70º aniversario](https://erreguete.gal/2018/12/14/teatro-colon-celebra-seu-70o-aniversario/): Unha mesa redonda sobre a historia do recinto e a proxección de ‘Carta de una desconocida’ formarán parte da programación especial.   O Concello da Coruña celebrará este venres, día 14, o 70° aniversario do Teatro Colón cunha programación especial na que fará un percorrido pola historia do recinto e proxectará unha das películas que se exhibiron durante o seu primeiro ano. O edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta que esta Homenaxe 70 anos do Teatro Colón será unha ocasión “para dar a coñecer as potencialidades dun espazo emblemático, un dos piares da vida social, artística e […] - [A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXIII Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2018/12/13/asociacion-de-actores-actrices-de-galicia-convoca-os-xxiii-premios-de-teatro-maria-casares/): O proceso realizarase en exclusiva a través da aplicación en liña incluída na web da AAAG.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XXIII Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. O prazo de inscrición iníciase hoxe, xoves 13 de decembro, e pecha o 7 de xaneiro ás 15.00 horas. As bases completas dos […] - [Ítaca Teatro debuta no Vicedo con 'Cinco minutos sen respirar'](https://erreguete.gal/2018/12/13/itaca-teatro-debuta-no-vicedo-cinco-minutos-sen-respirar/): O vindeiro sábado 15 de decembro, ás 20:00, na Casa da Cultura do Vicedo, debuta unha nova compañía teatral, Ítaca Teatro, coa estrea da súa montaxe Cinco minutos sen respirar. A primeira peza da Compañía é unha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade. Elea López e Carlos Rebolo, baixo a dirección de Carlos Neira, póñense na pel de Margarita, unha empregada de banca, e Víctor, un supervisor de supermercado, dous personaxes que albergan medos e anhelos a partes iguais. Trátase dunha proposta contemporánea baseada no […] - [O Salón Teatro de Compostela acolle oito funcións de 'Sofía e as postsocráticas'](https://erreguete.gal/2018/12/11/salon-teatro-de-compostela-acolle-oito-funcions-de-sofia-as-postsocraticas/): O Salón Teatro acolle catro pases matinais desde hoxe ao venres e outros catro nas tardes do xoves ao domingo, entre os que se inclúen dúas representacións inclusivas que terán lugar o día 13 en colaboración coa asociación Predif Galicia.   O equipo da compañía Inversa Teatro inicia hoxe unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais […] - [Fauna 113 triunfa no II Certame de Teatro amador Concello de Lourenzá](https://erreguete.gal/2018/12/11/fauna-113-triunfa-no-ii-certame-de-teatro-amador-concello-de-lourenza/): O grupo Fauna 113, de Vigo, foi o gañador da segunda edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá, que rematou o pasado domingo coa gala de entrega de premios. O grupo vigués, coa obra Deus, unha comedia, baseada na obra de Woody Allen, foi o triunfador do II Certame de Teatro Concello de Lourenzá, obtendo o premio Conde Santo á mellor representación. O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Pablo Rodríguez; e o Ana, á mellor actriz, para Iris Darriba, ambos da mesma compañía. Avelaíña Teatro, de Pontevedra, coa obra María Castaña, acadou o premio á mellor posta en […] - ['La culpa' de Mamet en Pontevedra e Vigo](https://erreguete.gal/2018/12/10/la-culpa-de-mamet-pontevedra-vigo/): La culpa, de David Mamet, dirixida por Juan Carlos Rubio e interpretada por Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández, poderá verse esta fin de semana en Pontevedra (Auditorio de Afundación, sábado 15 ás 20:30) e Vigo (García Barbón-Afundación, domingo 16 ás 19:30). | Foto: Sergio Parra |   Na obra –que trata temas relacionados con acusacións a carreiras profesionais e cos avances da comunidade LGTBI–, un psiquiatra (Pepón Nieto) é requirido para declarar a favor dun paciente acusado de ser o responsable de cometer un masacre. Cando se nega a facelo, a súa carreira, a súa ética e as súas crenzas son […] - [TRC Danza 2018 remata este venres con 'La desnudez', de Daniel Abreu](https://erreguete.gal/2018/12/10/trc-danza-2018-remata-este-venres-la-desnudez-de-daniel-abreu/): Daniel Abreu presenta La desnudez, o venres 14 de decembro, ás 20:30, como peche ao TRC Danza 2018. Antes, o mércores 12, preséntanse os distintos procesos de creación levados a cabo no marco da Programación Expandida TRCDanza 2018.   O título do último traballo do coreógrafo canario Daniel Abreu é La desnudez, un traballo que viaxa máis pola idea de intimidade e non tanto da nudez dos corpos de el, o propio creador e bailarín, e dela, a bailarina Dácil González, que se soben ao escenario xuntos, en total sintonía, para suxerir un paseo entre o amor e a morte. Móvense eles e o tocan […] - [Xerpo Cultural chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Casquería e outras vísceras'](https://erreguete.gal/2018/12/08/xerpo-cultural-chega-ao-salon-teatro-de-compostela-casqueria-outras-visceras/): Irene Moreira é a creadora e directora desta proposta, que lle propón ao público unha reflexión sobre a incapacidade social para detectar o talento e sobre a supervivencia das minorías   O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego (CDG) hoxe sábado 8, ás 20:3., e o domingo 9, ás 18:00. A través da súa linguaxe poética, Casquería […] - [AveLina Pérez estrea 'Deixa de tocala, Sam' no Teatro Ensalle de Vigo](https://erreguete.gal/2018/12/06/avelina-perez-estrea-deixa-de-tocala-sam-no-teatro-ensalle-de-vigo/): O Teatro Ensalle de Vigo remata o ano coa xuntanza en escena de dous creadores moi singulares: AveLina Pérez, actriz e dramaturga que xa coñecemos en Ensalle e Velpister, pianista que estará por primeira vez na sala. A calidade e sensibilidade musical de Velpister será unha sorpresa para algún dos espectadores da sala, mentres que o humor acedo de AveLina Pérez xa é coñecido. Dende o seu debut no IV Programa Vigo en Bruto AveLina Pérez espertou o interese do público da sala polo seu teatro cheo de contido e crítica non carente de moito sentido do humor. O seu traballo escénico, […] - [A AAAG denuncia a "deriva de esmorecemento do CDG"](https://erreguete.gal/2018/12/05/aaag-denuncia-deriva-de-esmorecemento-cdg/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia emite un comunicado en resposta ao anuncio da AGADIC sobre a súa nova produción e á convocatoria de dez prazas para os interpretes da mesma. Reproducimos na súa integridade a nota da AAAG.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica en Galicia, vese na obriga unha vez máis de alertar sobre a situación que atravesa o Centro Dramático Galego (CDG). Tras o anuncio de onte por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ao […] - [Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2018/12/05/os-microefectos-dramaturxicos-voltan-co-microteatro-ao-clavicembalo-de-lugo/): Os pases terán lugar este xoves 6 e venres 7 de decembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas. | Foto: Pepe Saavedra |   Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo. O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres […] - [Gena Baamonde dirixirá a nova produción do CDG](https://erreguete.gal/2018/12/04/gena-baamonde-dirixira-nova-producion-cdg/): Neorretranca e posmorriña será o título da próxima produción propia do Centro Dramático Galego, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. A reflexión sobre a identidade galega é o común denominador de ambas as obras como resultado da participación dos seus autores na primeira edición do grupo de traballo DramaturXa, coordinado polo escritor e director teatral Manuel Lourenzo. O CDG puxo en marcha esta nova iniciativa a primeiros de 2018 no marco do seu programa Dramaturxente de apoio, fomento […] - [Agadic convoca dez prazas para os e as intérpretes da súa próxima produción](https://erreguete.gal/2018/12/04/agadic-convoca-dez-prazas-os-as-interpretes-da-sua-proxima-producion/): A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, 4 de decembro de 2018, o anuncio polo que se procede a lle dar publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación –pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos– de dez prazas de actrices e actores, para a produción do ano 2019, un espectáculo a partir das pezas Fantasía nº 5 en sol ou non de Esther Carrodeguas e Boisaca ou a divina desgraza de Roi Vidal. A convocatoria sinala que a produción se levará a […] - [O novo selo Guindastre Edicións preséntase na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago](https://erreguete.gal/2018/12/03/novo-selo-guindastre-edicions-presentase-na-biblioteca-anxel-casal-de-santiago/): Guindastre Edicións presentarase este mércores 5 de decembro ás 18.30 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. O novo selo editorial bota a andar neste outono coa vocación de dar a coñecer e difundir textos e audiolibros de diferentes autores e autoras dedicadas á escrita, a música e ás artes escénicas para o público familiar.   A editorial, dirixida por Celtia Figueiras e Luis Vallecillo, xorde con dúas coleccións diferentes. A primeira delas, baixo o nome de Lui Son, céntrase na música familiar e ábrese con Cantamos? como primeiro título. Trátase dunha obra educativa e lúdica do propio Vallecillo, que emprega […] - [A compañía Prácido Domingo acada o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid](https://erreguete.gal/2018/12/03/compania-pracido-domingo-acada-premio-da-critica-no-certame-coreografico-de-madrid/): Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, da Compañía Prácido Domingo (Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta) vén de gañar o Premio da Crítica da 32ª Edición do Certamen Coreográfico de Madrid. Ademais, os seus integrantes, que gozarán dunha bolsa para o BIDE (Barcelona International Dance Exchange), tamén recibiron o Premio do Ayuntamiento Alanís de la Sierra coa axuda da PAD (Asociación Andaluza de Profesionales de la Danza) cunha residencia no seu centro de creación. Prácido Domingo é unha compañía teatral composta por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta, ex alumnos da ESAD de Galicia. […] - [Xornadas profesionais de Escena Galega no Culturgal: momento de oportunidades (se nos deixan)](https://erreguete.gal/2018/12/01/xornadas-profesionais-de-escena-galega-no-culturgal-momento-de-oportunidades-nos-deixan/): Escena Galega celebrou as súas xa tradicionais xornadas de traballo dentro do Culturgal, nas que, entre outras cousas, se presentou o novo modelo de axudas da AGADIC ao sector. | Texto: Roberto Pascual | | Foto: Ana Díez |   Escena Galega organizou un ambicioso encontro no Culturgal baixo o título “Unha escena galega para o futuro: na busca de novos modelos e sinerxías para a xestión e creación nas Artes Escénicas”. Ante a ausencia dunha política teatral clara e precisa dende o Goberno galego, Escena Galega veuse convertendo nos últimos tempos tanto no principal interlocutor da AGADIC como no promotor […] - [Presentados os proxectos da segunda edición das Residencias Paraíso](https://erreguete.gal/2018/11/30/presentados-os-proxectos-da-segunda-edicion-das-residencias-paraiso/): O Colectivo RPM chega ao remate da segunda edición do programa Residencias Paraíso, que organiza co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), cun encontro en Santiago durante o que se presentaron os nove procesos artísticos impulsados este ano. A xornada, que se desenvolveu durante todo o día de onte no Centro Sociocultural Santa Marta, incluíu tamén varios bloques de conversa e reflexión arredor de diferentes temas que afectan a investigación e a creación no ámbito das artes do movemento. Os proxectos desta segunda edición, seleccionados por unha comisión artística independente, […] - [Nace o FestAlegre en Compostela](https://erreguete.gal/2018/11/29/nace-festalegre-compostela/): Dez espectáculos de circo, danza, música e teatro en seis escenarios diferentes. É a proposta da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Compostela no programa FestAlegre, que se vai desenvolver na semana do 17 ao 23 de decembro.   A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou onte o programa FestAlegre nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por César Goldi, Xesús Ron e Helen Bertels. A edil explicou que o festival inclúe “un total de dez actuacións, das que catro se desenvolverán no Teatro Principal e unha máis no Auditorio de Galicia, pero os demais espectáculos terán lugar […] - [Teatro da Ramboia acada o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais](https://erreguete.gal/2018/11/29/teatro-da-ramboia-acada-i-certame-manuel-maria-de-proxectos-teatrais/): O Teatro Rosalía da Coruña acolleu a entrega do premio correspondente ao I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 23 concellos e 3 deputacións. Teatro da Ramboia co proxecto realizado sobre o texto O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú foi a compañía gañadora e que poderá verse nos escenarios en 2019. O xurado desta primeira edición estivo composto por Manuel Lourenzo (presidente), Belén Pichel e Francisco Cadaval (vogais) e Alberte Ansede (secretario sen voto) e estimou como mellor proxecto entre os presentados ao correspondente a Teatro […] - [IV edición de Maluga, Festa da Marioneta Luso-Galaica en Caminha](https://erreguete.gal/2018/11/29/iv-edicion-de-maluga-festa-da-marioneta-luso-galaica-caminha/): A cuarta edición da Festa da Marioneta reunirá en Caminha, os dias 1 e 2 de decembro, compañías de Portugal e Galiza que presentarán espectáculos, en sala e na rúa, ademais de ‘workshops’ temáticos.   O programa da edición 2018 de Maluga – Festa da Marioneta Luso-Galaica inclúe obradoiros dedicados á construción de marionetas de fío e sombras. A novidade é o Malugabus, un “minibus que garantirá o transporte gratuíto entre Viana do Castelo e Caminha para facilitar o acceso do público aos dous días de espectáculos”. As mañás do evento dedicaranse ás “oficinas divertidas”, que terán lugar a partir das […] - [Circo e danza para a fin de semana no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2018/11/29/circo-danza-fin-de-semana-no-salon-teatro-de-compostela/): O circo e a danza centrarán a programación desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo Futuro animal, da compañía Twisting the Balance, e o solo coreográfico Toda a beleza do mundo, de María Move.   O primeiro deles poderá verse no espazo do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 30, ás 20:30, no marco da terceira edición do encontro de formación e innovación no circo D10!, organizado en Compostela por Pistacatro. O CDG, que tamén colaborou con esta iniciativa no desenvolvemento do taller “O actor de circo”, por un adestramento creativo, impartido polo italiano Roberto Magro a […] - [Higiénico Papel gaña o II Premio Nel Amaro](https://erreguete.gal/2018/11/29/higienico-papel-gana-ii-premio-nel-amaro/): A compañía Higiénico Papel Teatro resultou gañadora do II Premio Nel Amaro de Teatro Profesional en asturiano e galego-asturiano, que concede o Principado e está dotado con 6.000 euros, pola súa adaptación do clásico ‘Hansel e Gretel’, dirixida por Laura Iglesia. Entre as catro obras finalistas, que se representaron ao longo do mes de novembro no Teatro Filarmónica de Ovieu, o xurado elixiu esta pola «sensibilidade, humor e enxeño» dun «sinxelo e brillante xogo metateatral, todo cun gran coidado lingüístico». O premio e o festival levan o nome de Nel Amaro, autor turonés falecido en 2011 e que a finais da […] - [Unha gala satírica "conmemora" o aniversario da doazón do Pazo de Meirás a Franco](https://erreguete.gal/2018/11/28/unha-gala-satirica-conmemora-aniversario-da-doazon-pazo-de-meiras-franco/): O acto artístico-reivindicativo contra o espolio terá lugar o día 4 de decembro ás 20:00 no Teatro Colón da Coruña.   A Deputación da Coruña organiza o martes 4 de decembro ás 20:00, unha gala artístico-reivindicativo contra o espolio da familia Franco para conmemorar o oitenta aniversario da sinatura do documento de doazón. Dirixida por Artur Trillo, na gala participarán César Goldi, Paula Carballeira, Chévere, Quico Cadaval, Ibuprofeno Teatro, Xulio Abonjo e Talía Teatro e contará coa música ao vivo de Caxade. O acto, como lembrou na rolda de prensa da presentación a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, lembra […] - [Unha exposición fotográfica rende homenaxe aos pioneiros en Ourense](https://erreguete.gal/2018/11/28/unha-exposicion-fotografica-rende-homenaxe-aos-pioneiros-ourense/): Preséntase como unha exposición de homenaxe aos actores e actrices de cine, pero calquera afeccionado ao teatro verá os rostros que desfilan polos escenarios galegos dende hai décadas. Hoxe, ás 20:00, inaugúrase no Centro Marcos Valcárcel de Ourense a exposición de retratos de Xulio Gil “O retrato maior do noso cine”, actrices e actores presentes a xeito dun gran mural que, como merecida homenaxe, se configura a partir de retratos individuais de trinta e tres homes e mulleres que, desde a lealdade crítica e analítica, se deben sen dúbida considerar como cardinais para historia contemporánea da arte interpretativa. A exposición desenvólvese […] - [Inversa Teatro estrea no Culturgal a súa nova montaxe](https://erreguete.gal/2018/11/28/inversa-teatro-estrea-no-culturgal-sua-nova-montaxe/): Sofía e as Postsocráticas poderá verse nesta nova edición do Culturgal, o día 30 ás 21:30 no Pazo de Cultura de Pontevedra.   Sofía e as Postsocráticas é a nova montaxe da Cía Inversa Teatro, unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partir de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por Silvia Penas, Marta Pérez e María Roja respectivamente) tratarán, segundo afirman, “de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poder facer o cálculo do que é ou o que non é […] - [Jesús Rubio Gamo no TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2018/11/28/jesus-rubio-gamo-no-trc-danza-da-coruna/): O vindeiro 1 de decembro, ás 20:30, Jesús Rubio Gamo estará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do ciclo TRC Danza coas pezas Ahora que no somos demasiado viejos, un solo executado polo propio coreógrafo, e Bolero, un dúo interpretado por Clara Pampyn e Alberto Alonso.   As dúas pezas que conforman o programa do coreógrafo Jesús Rubio Gamo, o seu solo Ahora que no somos demasiado viejos e o dúo Bolero, insisten no foco artístico no que se centra como creador dende fai anos, a búsqueda da mitoloxía no seu entorno máis cercano. A composición das súas pezas sucede a miúdo a partir […] - [Premios no Festival SóLODOS de Ourense](https://erreguete.gal/2018/11/27/premios-no-festival-solodos-de-ourense/): Durante a terceira edición na cidade de Ourense do Festival Internacional de Danza Contemporánea foron entregados os seguintes premios do CERTAME DE CREACIÓN DE DÚOS e SOLOS: PREMIO SÓLODOS EN DANZA OURENSE 2018 / XIRA COSTA RICA Durante o Certame Internacional de Dúos e Solos de Danza contemporánea un xurado internacional (formado por Natividad Buil –Festival Trayectos Zaragoza e Red A Cielo Abierto / Rede de Festivais de España–, Víctor López –Xerente do Patronato Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza–, Erick Jiménez –Codirector Sólodos En –, e Maruxa Salas –Codirectora Sólodos En Danza–) seleccionou unha obra de danza […] - [Cuarta edición de "Mulleres en Acción. Violencia Zero"](https://erreguete.gal/2018/11/26/8219/): A cuarta edición do programa Mulleres en acción. Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, comezou o pasado sábado 23 de novembro en Vigo, coa performance Nosotras de Nieves Correa. O programa continuará hoxe, 26 de novembro, na Praza da Peregrina de Pontevedra, ás 12:00 h, a través da acción escénica Amor de Helen Bertels, creadora, actriz, autora e artista alemá establecida en Santiago desde 1999. A súa acción escénica, que formar parte do proxecto “Agasállame un día da túa vida” recolle retratos en palabras e imaxes de mulleres. Tras Vigo e Pontevedra e ao longo de 12 meses, Mulleres en acción. Violencia Zero seguirá noutros 23 […] - [Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena](https://erreguete.gal/2018/11/25/arnoia-arnoia-circo-da-casa-pequena/): A insurrección dos inocentes | Manuel Xestoso | | Foto: Rubén Vilanova / Pistacatro |   Un dos maiores logros de Arnoia, Arnoia é ensamblar os xéneros de tal xeito que moitos espectadores sairán da función sen decatarse de que viron un espectáculo circense. Non se quere dicir con isto que o circo deba subordinarse ás outras variantes das artes escénicas, senón que a súa ensamblaxe co teatro case sempre vén pexada pola dificultade en abandonar o principio do “máis difícil aínda”, que tende a concentrar a atención en detrimento dos elementos propios dunha narrativa máis convencional. Pistacatro leva tempo dando […] - [Visitas guiadas gratuítas ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira](https://erreguete.gal/2018/11/24/visitas-guiadas-gratuitas-ao-teatro-de-beneficencia-de-ortigueira/): O Concello de Ortigueira organiza visitas guiadas gratuítas ao Teatro da Beneficencia os días 6, 7, 8 e 9, ás 11:30 e ás 12.30, sen necesidade de inscrición previa. O Teatro da Beneficencia está na á leste do edificio conventual, empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu a finais do século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e gracias ás achegas económicas dos habitantes da Vila, inaugurábase en 1850 o Teatro da Beneficencia. Vintecinco anos despois o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que […] - [As Xornadas de Literatura Dramática da AELG dedícanse ao teatro no Ensino](https://erreguete.gal/2018/11/23/as-xornadas-de-literatura-dramatica-da-aelg-dedicanse-ao-teatro-no-ensino/): Este sábado 24 de novembro, a partir das 9:45, no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47), e co apoio do Concello a través da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, da Deputación Provincial da Coruña e do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), comeza a terceira edición da Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG, unha reunión anual de dramaturgas/os que quere ser un foro de intercambio de opinións, reflexións e debate arredor da literatura dramática galega actual cuxo obxectivo final é ir marcando uns obxectivos asumibles e unhas tarefas anuais coas que poder mellorar a situación do […] - [A Marabunta toma o Teatro Colón contra a violencia de xénero](https://erreguete.gal/2018/11/23/marabunta-toma-teatro-colon-violencia-de-xenero/): Hoxe 23 de novembro, a partir das 18:00, A Marabunta tomará diversos espazos do Teatro Colón da Coruña. As áreas de Cultura e de Igualdade da Deputación da Coruña organizan esta proposta en que diferentes creadoras do panorama galego desenvolven performances especificamente pensadas para o espazo do Teatro Colón. Movemento, corpo, interacción co público, discurso… para combater desde a cultura o feminicidio. Arte contra a violencia machista e como ferramenta de sensibilización e denuncia social. A Marabunta propón un percorrido artístico por diversos espazos do Teatro Colón. Diversas intervencións creativas onde as linguaxes artísticas se desbordan e mesturan, onde as prácticas escénicas […] - [Chévere toma os escaparates de Ferrol contra a violencia machista](https://erreguete.gal/2018/11/22/chevere-toma-os-escaparates-de-ferrol-violencia-machista/): Coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, a Concellería de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller do Concello de Ferrol inclúe na súa campaña de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres, un proxecto escénico de Chévere que se realizará nos escaparates dos comercios do barrio da Magdalena de Ferrol. Durante a mañá do sábado 24 de novembro, Chévere desenvolverá en distintos escaparates unha serie de intervencións teatrais que tratan específicamente o tema da violencia de xénero, co fin de concienciar a un público amplo desde a proximidade e a empatía. Relacionar e vencellar a prevención […] - [Escena Galega organiza as súas Xornadas Profesionais no Culturgal](https://erreguete.gal/2018/11/22/escena-galega-organiza-as-suas-xornadas-profesionais-no-culturgal/): Como todos os anos, Escena Galega organiza unha xornadas profesionais no marco do Culturgal. As xornadas desenvolveranse o venres 30 de novembro, no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, desta volta baixo o título Unha escena galega para o futuro: na busca de novos modelos e sinerxias para a xestión e creación nas artes escénicas. As xornadas constarán de 2 bloques: na xornada de mañá falarase de modelos de axudas públicas para as artes escénicas. Dentro deste bloque, Jacobo Sutil, director da Agadic, presentará a convocatoria 2019 das axudas deste organismo para, a continuación, debater sobre proxectos / […] - [Comeza o III SóLODOS en Danza en Ourense](https://erreguete.gal/2018/11/22/comeza-iii-solodos-danza-ourense/): SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América dende hai 6 anos e realizarase por terceira vez na cidade de Ourense a partir de mañá, os días 23 e 24 de novembro. A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, entre outros. Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveis Iberoamericanos. O 23 de novembro pola mañá, máis de 400 nenas e nenos da provincia de Ourense teñen […] - [Elisa e Marcela toman as rúas da Coruña](https://erreguete.gal/2018/11/21/elisa-marcela-toman-as-ruas-da-coruna/): Elisa e Marcela toman as rúas da Coruña entre o 27 e o 29 de novembro, tres días nos que o Concello da Coruña e a compañía de teatro A Panadaría programan actividades de visibilización da diversidade sexual e afectiva en diferentes puntos da cidade a través da historia destas dúas mulleres, que casaron na Coruña en 1901. As actividades, dirixidas a un público de diferentes idades, conclúen coa premiada representación da peza Elisa e Marcela, da Panadaría, o día 29 de novembro, ás 20.30 horas, no Teatro Colón. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, incidiu na relevancia da […] - [IV Xornada de Teatro é Saúde Mental en Cangas](https://erreguete.gal/2018/11/21/iv-xornada-de-teatro-saude-mental-cangas/): O Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo acollerá a IV Xornada de Teatro é Saúde Mental, un encontro organizado pola asociación DOA Saúde Mental, coa colaboración de Saúde Mental FEAFES Galicia, no que participarán seis asociacións procedentes de toda Galicia. Esta actividade permite, entre outras cousas, afondar e incentivar o emprego do teatro como ferramenta terapéutica, a través da cal as persoas con problemas de saúde mental poden expresar sentimentos, situacións e sensacións. A xornada terá lugar o xoves 22 de novembro de 09:30 a 19:00. As asociacións Andaina (Dodro e Ordes), Avelaíña (A Guarda), A Mariña (Burela), Apem (A Coruña […] - [Faleceu o mestre Eimuntas Nekrosius](https://erreguete.gal/2018/11/20/faleceu-mestre-eimuntas-nekrosius/): O director lituano Eimuntas Nekrošius (Pažobris, 1952), un dos máis famosos directores de teatro internacional, morreu subitamente na noite pasada nunha clínica de Vilnius, onde foi hospitalizado no seu retorno dunha viaxe ao exterior. O director tería cumprido mañá 66 anos. Logo de graduarse no Instituto Lunacharski de Moscú, foi durante anos o director do Teatro da Mocidade de Vilnius. Cando, en 1984, como novo director, realizou a súa primeira xira internacional co espectáculo Pirosmani, Pirosmani, recibiu o recoñecemento da crítica e o público internacionais. Xunto cos actores da compañía Meno Fortas, estudio-teatro que fundou en 1998 en Vilnius, xirou extensivamente […] - [XXII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña](https://erreguete.gal/2018/11/20/xxii-memorial-iban-toxeiro-na-coruna/): O Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebrará este xoves 22, ás 20:30, a vixésima segunda edición do Memorial Ibán Toxeiro, da man da agrupación Alexandre Bóveda, que este ano quere visibilizar o traballo de mulleres como Bego Lomba, Imma Antonio, Rebeca Montero e Lucía Iglesias, nunha homenaxe tamén ás directoras, representadas pola propia Lomba, Manuela Varela e Amalia Gómez. Este ano, o XXII Memorial Ibán Toxeiro dedícase ás mulleres que constrúen o Teatro Nacional día a día, unha homenaxe ás directoras e dramaturgas galegas do noso tempo. Por esa razón, o premio Ibán Toxeiro deste ano será entregado a Begoña […] - [A Deputación da Coruña apoia dezanove proxectos culturais singulares](https://erreguete.gal/2018/11/20/deputacion-da-coruna-apoia-dezanove-proxectos-culturais-singulares/): Unha proposta integral para visibilizar as mulleres na historia, un festival arredor do mar, un repositorio documental, unha iniciativa que une a cultura galega e catalá da “arroutada á rauxa”, unha plataforma de performance, unha orquestra de malabares ou unha revista dixital son algúns dos proxectos que a área de Cultura da Deputación apoia a través dunha nova liña de subvencións.   “Queriamos apoiar proxectos singulares, axudar a que iniciativas culturais de especial valor social, patriomonial ou creativo puidesen levarse a cabo”, anota a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, dunha iniciativa novidosa […] - [D10! Encontro para a Formación e Innovación en Circo](https://erreguete.gal/2018/11/19/d10-encontro-formacion-innovacion-circo/): A primeira cita será un taller a cargo de Roberto Magro que se desenvolverá os días 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. O Salón Teatro acollerá o día 30 de novembro o espectáculo Futuro animal como peche das actividades desta iniciativa.   O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller “O actor de circo, por un adestramento creativo”, a cargo do italiano Roberto Magro. O encontro, que terá lugar os días 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura […] - [Os 'Carmina Burana' da Fura estarán no Mar de Vigo](https://erreguete.gal/2018/11/18/os-carmina-burana-da-fura-estaran-no-mar-de-vigo/): La Fura dels Baus estará no Auditorio Mar de Vigo, do 30 de novembro ao 2 de decembro, con Carmina Burana, un espectáculo que une a poderosa música de Carl Orff co universo da Fura. Un espectáculo con música en directo e impactantes escenas. Sobre o escenario, un cilindro de oito metros de diámetro envolve literalmente aos músicos, mentres que as imaxes proxectadas ilustran a obra de principio a fin: unha lúa xigante, o desxeo, unha éxtase floral, unha vendima en directo, as tabernas, cantantes colgados de guindastres e mergullados en viño, auga e lume… Carmina Burana é unha colección de poemas dos séculos […] - [Tres xornadas de "experiencias teatrais" en Lugo da man de Achádego Teatro](https://erreguete.gal/2018/11/18/tres-xornadas-de-experiencias-teatrais-lugo-da-man-de-achadego-teatro/): Achádego Teatro finaliza novembro con tres xornadas de “experiencias teatrais”. Tamár Novas, Jorge Coira, Mercedes Castro e Sergi Belbel, entre outros, falarán de creación, actuación e creación de ficción en Galicia. Os actos forman parte dun amplo programa organizado para conmemorar o 30 aniversario de Achádego Teatro. Todas as conferencias terán lugar no Auditorio do Vello Cárcere ás 20:00 e ás 18:00. Achádego Teatro quere celebrar esta especial festa do teatro invitando a reflexión sobre a situación actual da actuación, produción e escritura en ficción. Para eso organizou estas “Xornadas teatrais” en dúas fases nas que participan un total de dez […] - [Estela Lloves estrea no Festival Catropezas do Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2018/11/16/estela-lloves-estrea-no-festival-catropezas-teatro-ensalle/): Dentro do Festival Catropezas, que se desenvolve no Teatro Ensalle de Vigo durante o mes de novembro, Estela Lloves estrea nova peza, Sempreviva, a raíz da casa Arraiana. Será esta fin de semana: venres e sábado ás 22:00 e domingo ás 21:00. Os procesos creativos de Lloves, longos e profundos, comportan períodos de creación extensos con resultados sempre sorprendentes e orixinais. Trátase de obras poéticas e traxectos nos que a voz e o corpo de Estela fúndense na peza e arrástran cara a unha fusión co presente. Coherente co título desta nova peza, Estela semella outorgarlle ó seu traballo o tempo necesario para […] - [O Teatro Principal de Tui xa é propiedade municipal](https://erreguete.gal/2018/11/15/teatro-principal-de-tui-xa-propiedade-municipal/): O Concello de Tui é xa o propietario do Teatro Principal de Tui, logo de que onte na notaría de Tui tivera lugar a sinatura da escritura de compra-venda, por importe de 30 mil euros, entre a Fundación Teatro Principal e o Concello de Tui. Unha vez que o Teatro Principal de Tui é xa propiedade municipal comezarase a traballar de cara a súa rehabilitación, segundo explicaba o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín. Nese senso un dos primeiros pasos será actualizar o proxecto de rehabilitación redactado nos anos 80 polo arquitecto César Portela. Precisamente hai meses o rexedor tivera xa […] - [Redrum leva ao escenario os relatos do maltratro do libro ‘Invisibles’](https://erreguete.gal/2018/11/15/redrum-leva-ao-escenario-os-relatos-maltratro-libro-invisibles/): A estrea deste espectáculo protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez terá lugar este xoves 15 ás 21:00 no Teatro Principal de Pontevedra .   Entre as diferentes actividades que o Concello de Pontevedra levará a cabo dentro da campaña do 25-N, ocupa un lugar destacado a estrea de Invisibles. Un proxecto que viu primeiro a luz co libro da xornalista Montse Fajardo e chega agora aos escenarios da man de Redrum Teatro. Sete testemuñas reais de maltrato ás que dan vida tres actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodriguez. Tres xeracións de mulleres que amosan que non […] - [AveLina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María](https://erreguete.gal/2018/11/14/avelina-perez-paula-carballeira-ganan-os-premios-alvaro-cunqueiro-manuel-maria/): Ambos os galardóns entregaranse o domingo 2 de decembro en Pontevedra no marco da feira Culturgal. O xurado resolveu deixar deserto o XII Barriga Verde de textos para monicreques   Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é a obra gañadora do XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o máis lonxevo do seu ámbito en Galicia e un dos referentes da escrita dramática en galego. Así o decidiu o xurado dos galardóns literarios que convoca a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e que tamén recoñeceu Somos os monstros, […] - [Pink Unicorns](https://erreguete.gal/2018/11/14/8095/): Pai e fillo. Fillo e pai. E os unicornios rosas de La Macana Con case dez anos de traxectoria como compañía, traballando a cabalo entre a súa base de operacións na Coruña e as súas múltiples colaboracións nacionais e internacionais, La Macana sorprende este ano con Pink Unicorns demostrando un amplo saber-facer no marco da escena contemporánea e, por riba deste, un incansable querer-aprender. O instinto xa ben entrenado de Caterina Varela e Alexis Fernández (fundadores e codirectores da compañía) afánase por achegarse ás cousas como se da primeira vez se tratase, por traballar o descoñecido, por non repetir. E así […] - [O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas remata con 'Culpable', de Jose Prieto](https://erreguete.gal/2018/11/14/ciclo-sgae-de-lecturas-dramatizadas-remata-culpable-de-jose-prieto/): Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Fundación SGAE coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) organiza neste mes de novembro o Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que ten como obxectivo promocionar os autores e as autoras para a difusión das súas obras, así como apoiar a dramaturxia e estimular a creación de textos en galego. As representacións celebraranse na sala Germán Coppini da Fundación SGAE (Rúa Salvada 2A, s/n) e son todas de acceso gratuíto. Esta última sesión do ano terá lugar hoxe, mércores 14 de novembro, ás 21.00 horas. A obra será […] - [Alentía, nos "Venres de Teatro" da Libraría Pedreira](https://erreguete.gal/2018/11/13/alentia-nos-venres-de-teatro-da-libraria-pedreira/): O vindeiro venres 16 de novembro, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela continúa co seu proxecto “Venres de Teatro”. Nesta ocasión serán os compoñentes de Alentía Teatro, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas, os convidados a representar Manancial de Fantasía, un espectáculo que presenta varias historias vivenciadas por aprendices de pallasos que percorren o universo dos contos e defenden a lectura como ferramenta que fomenta valores como a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, a cooperación, o compromiso e a cultura da paz. Trátase dun espectáculo que desborda optimismo e esperanza nun futuro mellor para a humanidade, onde se aspira a que eses valores sexan unha realidade […] - [Mikel Aristegui estrea en Ourense o seu primeiro espectáculo producido en Galicia](https://erreguete.gal/2018/11/11/mikel-aristegui-estrea-ourense-seu-primeiro-espectaculo-producido-galicia/): A compañía Mikel Arístegui estrea o seu novo espectáculo, In Between, o vindeiro 15 de novembro, ás 20:30, no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase do primeiro espectáculo de Mikel Aristegui producido en Galicia. O proceso de creación comenzou o pasado mes de febreiro a través dunha serie de encontros entre os intérpretes en Allariz e Ourense: Nuria Sotelo, Rosabel Huguet e Mikel Aristegui. En xuño presentaron un extracto da peza no Festival Vila Real Dansa en Castelló, como previo á estrea do espectáculo escénico. Nos seus case 30 anos como profesional, Mikel desenvolveu un traballo de diálogo consigo mesmo, a dous ou nun […] - ['Invisibles' pon en escena a loita contra a violencia machista](https://erreguete.gal/2018/11/10/invisibles-pon-escena-loita-violencia-machista/): A estrea teatral da obra Invisibles baseada no libro de Montse Fajardo marcará o vindeiro xoves, 15 de novembro o arranque da campaña do 25-N que promove a Concellería de Igualdade de Pontevedra. Tres piares sustentan a posta en escena de Invisibles: Redrum Teatro Compañía, o Centro Dramático Galego (CDG) e o Concello e por iso a concelleira Carme Fouces presentou o avance da campaña do 25-N acompañada por Marián Bañobre, Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo (directora da obra, actriz e produtor) e Fefa Noia, directora do CDG. Todos chegaban dun ensaio xeral ao que asistiran algunhas das protagonistas do libro de […] - [Fantoches Baj leva a Cuba 'Auga que non vas beber'](https://erreguete.gal/2018/11/10/fantoches-baj-leva-cuba-auga-non-vas-beber/): A compañía actuará no festival “Bacanal de teatro de títeres para adultos 2018″, que terá lugar en La Habana, do 19 ao 25 de novembro.   A compañía teatral Fantoches Baj presenta en Cuba o seu novo espectáculo, Auga que non vas beber, co acompañamento musical a cargo da Coral Leo, dirixida por Corina Campos. Será no Festival Bacanal de teatro de títeres para adultos 2018, que terá lugar en La Habana, do 19 ao 25 de novembro. A cuarta edición de este encontro reunirá artistas e agrupacións cubanas e internacionais especializadas no teatro de títeres. Fantoches Baj realizarán tres pases en […] - [Titiriberia estrea 'As variétes de Barriga Verde' na Feira de Francos](https://erreguete.gal/2018/11/10/titiriberia-estrea-as-varietes-de-barriga-verde-na-feira-de-francos/): O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, estrea hoxe sábado ás 21:30, As varietés do Barriga verde, montaxe de produción propia que pretende reproducir, cunha óptica actual, os espectáculos que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación da obra de Barriga Verde. Con ese espírito, a produción reunirá as actuacións de compañías galegas como Mircromina, Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Os Monicreques de Kukas, Diego Anido ou Arturo Nono. Todo baixo a presentación da actriz Iria Pinheiro e a coordinación musical de Alonso Caxade, Joam Casas e Paco Nogueiras. O espectáculo, producido polo festival, terá lugar na […] - [A Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro](https://erreguete.gal/2018/11/09/regadeira-de-adela-comeza-tempada-de-outono-de-microteatro/): A Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro en Compostela. Este xénero que ven collendo auxe, e cuxo principal expoñente na bisbarra é o local compostelán, ofrecerá este ano once pezas. O local foi ademais renovado. Os xestores pintárono buscando un espazo mais minimalista “que permita a creación nun sentido máis amplo. Un espazo máis neutro, que permite que o artista transforme o espazo concretamente para a súa peza: os nosos cuartos adáptanse á historia, á creación”. A Regadeira de Adela nace en 2012 coa intención de contribuír a seguir construíndo o tecido cultural da cidade. Un lugar aberto […] - [300 escolares participaron no XVIII Concurso de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís”](https://erreguete.gal/2018/11/09/300-escolares-participaron-no-xviii-concurso-de-teatro-lido-xose-manuel-eiris/): Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso de Teatro lido Xosé Manuel Eirís. Este ano celebrarase o domingo 11 de novembro de 2018, no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, ás 18:00. Este ano sumáronse máis escolares a esta convocatoria. Foron un total de 300 nenos e nenas de varios colexios da comarca de Bergantiños, organizados en 42 grupos. Xa se coñecen os grupos finalistas. O fallo acadouse logo de escoitar as gravacións das lecturas realizadas nas instalacións de Radio Voz e despois […] - [Mesa redonda sobre o papel da muller nos títeres tradicionais en Titiriberia](https://erreguete.gal/2018/11/09/titiriberia-organiza-unha-mesa-redonda-papel-da-muller-nos-titeres-tradicionais/): O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, continúa hoxe a súa programación cunha mesa redonda ao redor dos roles femininos no xénero dos títeres tradicionais. Coincidindo coa estrea da primeira versión de Barriga Verde con protagonista feminina o vindeiro domingo na Feira de Francos, o festival Titiriberia aproveita a ocasión para reflexionar sobre o papel da muller neste xénero escénico. Igual que noutros campos da tradición, tamén nesta arte popular deuse a repetición de estereotipos sobre o xénero e o comportamento da […] - [As Artes Escénicas galegas, en Mercartes 2018](https://erreguete.gal/2018/11/08/as-artes-escenicas-galegas-mercartes-2018/): GaliciaEscena é o lema do stand da Xunta de Galicia no principal mercado do sector a nivel estatal, que reúne ata mañá 124 entidades expositoras e arredor de mil profesionais das artes escénicas   Unha delegación empresarial e institucional galega está promover as nosas artes escénicas na sétima edición da feira Mercartes, que se celebra ata mañá en Valladolid. GaliciaÉscena é o lema do stand, promovido pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que centraliza a actividade de difusión dos espectáculos galegos neste encontro, considerado o principal mercado a nivel estatal para o intercambio comercial neste sector. […] - [III SóLODOS en Danza - Ourense](https://erreguete.gal/2018/11/08/iii-solodos-danza-ourense/): SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América dende hai 6 anos e realizarase por terceira vez na cidade de Ourense, os días 23 e 24 de novembro. O día 23 de novembro celébrase a GALA SóLODOS EN DANZA, coa programación de distintas obras. O día 24 de novembro celebrarase o Certame de Creación de Dúos e Solos, seis coreografías finalistas presentaranse no auditorio da cidade, para competir polo premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018. A obra gañadora realizará unha xira por […] - [Xornada sobre políticas culturais en Galicia: un debate necesario](https://erreguete.gal/2018/11/08/xornada-politicas-culturais-galicia-debate-necesario/): A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza o vindeiro martes 13 de novembro, no Centro de Innovación Cultural – CINC da Cidade da Cultura, ás 16:00, unha “Xornada sobre políticas culturais en Galicia: un debate necesario”. Trátase dunha proposta de debate en torno ás políticas culturais, partindo da base de que, como cidadáns, temos dereito á cultura e a unhas políticas culturais xustas, que, desde o punto de vista profesional, deberan ser consensuadas e acordes ás potencialidades do sector. A conversa contará coa participación de representantes políticos das formacións con presenza no Parlamento […] - [O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas continúa cunha obra de Esther F. Carrodeguas](https://erreguete.gal/2018/11/08/ciclo-sgae-de-lecturas-dramatizadas-continua-cunha-obra-de-esther-f-carrodeguas/): Unha nova sesión do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, terá lugar hoxe, xoves 8 de novembro, ás 21.00 horas. A obra será Malcriada. Unha historia de amor, da dramaturga Esther F. Carrodeguas, que se encargará ademais da dirección. Belén Constenla interpretará esta peza dunha soa actriz. A montaxe trata dunha criada que senta no chester rosa da casa da señora. Unha criada malcriada. Malcriada pola nosa sociedade, pola vida e polos homes e mulleres que se aproveitaron dela. Unha copa de viño, se cadra, na súa man. Se cadra, a celebración dun día especial no que as palabras agroman para contar […] - [As artes escénicas de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia únense en 'Camino Escena Norte'](https://erreguete.gal/2018/11/07/as-artes-escenicas-de-asturias-cantabria-euskadi-galicia-unense-camino-escena-norte/): A iniciativa, que pretende ser unha realidade a partir de setembro de 2019, foi promovida por escenAsturias, Acepae, Eskena e Escena Galega, co apoio de Faeteda (Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza). Estas catro asociacións agrupan a 99 compañías produtoras de teatro, títeres, danza e novo circo das catro comunidades do Camiño de Santiago do Norte.   As asociacións profesionais escenAsturias, Acepae, Eskena e Escena Galega, que agrupan ás compañías produtoras de teatro, títeres, danza e novo circo de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia, promoven o itinerario Camino Escena Norte, unha iniciativa que pretende a dinamización cultural, […] - [Inversa Teatro estrea 'Sofía e as postsocráticas'](https://erreguete.gal/2018/11/07/inversa-teatro-estrea-sofia-as-postsocraticas/): ACTUALIZACIÓN: Por lesión dunha das actrices, Inversa Teatro adía a preestrea de Sofía e as Postsocráticas: o 30 de novembro será a preestrea no Culturgal, en Pontevedra, e o día 5 de decembro a estrea, no Auditorio Municipal de Vigo.    A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O venres 9 ás 21:00 horas haberá unha pre-estrea no Auditorio da Illa de Arousa, para ao día seguinte –sábado 10 de novembro, ás 20:00–  levar a estrea oficial ao Auditorio Municipal de Vigo. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, […] - [Muxicas leva a Ourense 'O inspector' de Gogol](https://erreguete.gal/2018/11/07/muxicas-leva-ourense-inspector-de-gogol/): O grupo de teatro Muxicas, composto por actrices e actores invidentes e pertencente á ONCE, leva ao Auditorio de Ourense, este mércores 7 de novembor, ás 20:30, o seu espectáculo O inspector, de Nikolai Gogol, con dirección de Tito Asorey. O grupo vén de gañar o Premio do Público na XI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” do Carballiño hai só uns días.   Muxicas O grupo de teatro Muxicas é un colectivo artístico formado na súa maioría por actrices e actores cegos ou cunha discapacidade visual grave. Impulsado pola delegación da ONCE en Ourense, leva case vinte anos facendo […] - ['Os bólidos do esquecemento' de Julio Fernández inicia o ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas](https://erreguete.gal/2018/11/06/os-bolidos-esquecemento-de-julio-fernandez-inicia-ciclo-sgae-de-lecturas-dramatizadas/): Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Fundación SGAE coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza neste mes de novembro o Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que ten como obxectivo promocionar os autores e as autoras para a difusión das súas obras, así como apoiar a dramaturxia e estimular a creación de textos en galego. As representacións celebraranse na sala Germán Coppini da Fundación SGAE (Rúa Salvada 2A, s/n) e son todas de acceso gratuíto. A primeira das sesións terá lugar hoxe, martes 6 de novembro, ás 21.00 horas. A obra será Os bólidos […] - [Titiriberia comeza a programación para público escolar con Mircromina Títeres](https://erreguete.gal/2018/11/06/titiriberia-comeza-programacion-publico-escolar-mircromina-titeres/): O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, comeza hoxe coa programación escolar da súa terceira edición, que se celebrará até o vindeiro domingo 11 de novembro. A programación escolar comezará co grupo galego Mircromina Títeres, que ofrecerá a súa obra A familia unida cunha dupla sesión: ás 10.00 horas no CEIP A Igrexa-Calo e ás 12.30 horas, no Auditorio Constante Liste. A obra preséntanos a Cromina que, logo de ser pai, confronta a súa natureza festeira coa seriedade necesaria para optar a […] - [O Teatro Sá de Miranda acolle o II Festival de Viana do Castelo do 10 ao 18 de novembro](https://erreguete.gal/2018/11/05/teatro-sa-de-miranda-acolle-ii-festival-de-viana-castelo-10-ao-18-de-novembro/): Do 10 ao 18 de novembro o Teatro Municipal Sá de Miranda acolle o II Festival de Teatro de Viana do Castelo. Esta segunda edición do Festival presenta unha programación ecléctica formada por 11 espectáculos que se presentarán ao longo de 9 días na Sala Principal do teatro e o seu renovado Café Concerto. Producións de compañías portuguesas consolidadas e emerxentes combinaranse con propostas chegadas do resto da península da man de O Teatrão, a Companhia de Teatro de Almada, Companhia de Teatro de Braga, Teatro das Beiras, Tranvía Teatro, Ensemble-Sociedade de Atores, Peripécia Teatro, Teatro e Marionetas Mandrágora, Teatro do […] - [Comeza en Teo o III Festival Titiriberia con Fantoches Baj](https://erreguete.gal/2018/11/04/comeza-teo-iii-festival-titiriberia-fantoches-baj/): O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, comeza hoxe coa programación da súa terceira edición, que se celebrará até o vindeiro domingo 11 de novembro. En total, o festival ofrecerá doce funcións espalladas pola xeografía teense e dobrará a súa aposta pola Feira de Francos, recuperando tanto a Carballeira como a festividade de San Martiño como espazo de exhibición e difusión dos títeres tradicionais. A función inaugural da programación deste ano terá lugar hoxe domingo, ás 18:00, no Local da Asociación A […] - ['Iphigenia en Vallecas' gaña o Premio do Público do FIOT máis grande](https://erreguete.gal/2018/11/04/iphigenia-vallecas-gana-premio-publico-fiot-mais-grande/): A 27 edición do FIOT logrou atraer ao público mozo, e consolidarse como o maior Festival de Teatro de Galicia. A ocupación do Pazo da Cultura de Carballo rondou o 98%   Iphigenia en Vallecas, a obra de Serena Producciones protagonizada por la actriz María Hervás, resultou escollida como a ganadora do Premio do Público da XXVII edición do Festival Internacional de Teatro (FIOT) de Carballo. A obra obtivo unha puntuación de 4,58 sobre 5. Lolita Flores interpretando a Fedra tampouco defraudou ao público do FIOT. A obra era unha das postas en escea mais esperadas, de feito esgotou as entradas ás […] - [Convocado o Premi Born 2019](https://erreguete.gal/2019/03/11/convocado-premi-born-2019/): O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Balears e do Institut Nacional das Artes Escénicas y de la Música, convoca o XLIV Premi Born de Teatre de 2019. Os orixinais poden presentarse escritos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma das Illas Baleares. O premio está dotado con 14.000 euros e a edición da obra nas catro linguas oficiais do Estado español, sendo a erregueté a encargada da publicación en galego. As persoas interesadas poderán participar con cantas obras desexen, sempre […] - [20M, por Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2019/03/10/20m-paula-carballeira/): | Texto: Paula Carballeira |   O 20 de Marzo é o Día da Narración Oral. Tamén é o Día do Teatro Infantil. O mesmo día. Non chegan as horas. A miúdo realízanse actividades ao respecto: de ou sobre a narración oral, de ou sobre o teatro infantil. As veces que teño participado nelas, avísolles ás nenas e aos nenos que cando lle adicamos un día a algo, ese algo ten problemas. Polo xeral, problemas de respecto, de atención, de recoñecemento. No caso de ser infantil, os problemas multiplícanse. Hai un Día do Libro e un Día do Libro Infantil. Hai […] - [Mensaxes do Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade 2019](https://erreguete.gal/2019/03/10/mensaxes-dia-mundial-teatro-infancia-mocidade-2019/): O 20 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade e ASSITEJ (Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade) quere celebralo coa mensaxe ‘Leva a unha crianza ao teatro hoxe’, lembrando o valor do teatro no desenvolvemento da infancia e a mocidade. Máis de 90 países sumaranse a esta celebración. O Día Mundial é unha campaña global. ASSITEJ ten máis de 90 centros nacionais así como redes profesionais con afiliados en 100 países.   As mensaxes deste ano foron escritas por Joyee, de 8 anos, da India, e por Jojo, de 11 […] - [Mónica Valenciano presenta a súa última obra no Teatro Ensalle de Vigo](https://erreguete.gal/2019/03/09/monica-valenciano-presenta-sua-ultima-obra-no-teatro-ensalle-de-vigo/): Dentro da súa programación de marzo, os días 9 (22:00) e 10 (21:00) en Teatro Ensalle continúan as presentacións de Imprenta Acústica en (14 borrones de una) APARICIÓN, a última obra de Mónica Valenciano. Premio Nacional de Danza 2012 poucos nomes soan con tanta forza no mundo da danza como o de Valenciano. Formada en danza clásica, contemporánea e teatro no Institut do Teatre de Barcelona e na Resad de Madrid, Mónica Valenciano é unha figura significativa da danza contemporánea do estado español. Valenciano comezou a crear a súa traxectoria a finais dos anos 80, cando o seu nome aparecía no […] - [Carlos Sante e Juanillo Esteban dirixirán a gala dos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2019/03/07/carlos-sante-juanillo-esteban-dirixiran-gala-dos-premios-maria-casares/): O elenco estará formado por Pablo Sánchez, Vanessa Rivas, Tatán, Miguel Borines, Raquel Veganzones, Sue Moreno, Josito Porto, Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Marta Iglesias, Akira Valero e Álvaro Reboredo “Fiti”   Carlos Sante e Juanillo Esteban dirixirán a gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o vindeiro xoves 21 de marzo. Os directores adiantan que a gala contará cunha mestura de xéneros que lle outorgará unha especial singularidade aos María Casares deste 2019. Deste xeito, durante a cerimonia de entrega transitarase entre o teatro e o circo, achegando números de […] - ["A obra de arte total" na Fundación Barrié da Coruña](https://erreguete.gal/2019/03/07/obra-de-arte-total-na-fundacion-barrie-da-coruna/): A Fundación Barrié inicia hoxe o ciclo de conferencias “A obra de arte total na arte contemporánea” cunha conferencia da directora da Fundación Amigos del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Marga Paz. Este ciclo trata o concepto da obra de arte total como a síntese integradora de todas as artes, pulsión que perdurou na Teoría da Arte, desde as súas primeiras formulacións no século XIX ata os nosos días e a través de diversas disciplinas. Dende Philip Otto Runge e Richard Wagner ata a actualidade o soño romántico alemán da “obra de arte total” como a síntese integradora de […] - [Novas sesións de Microefectos Dramatúrxicos no Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2019/03/07/novas-sesions-de-microefectos-dramaturxicos-no-clavicembalo-de-lugo/): Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo o xoves en pases de 20:30 e 22:30 e o venres en pases de 22:30 e 00:30. Debido a que a sesión do venres coincide cos actos da folga feminista atrásanse os pases dese mesmo día para facilitar a asistencia tanto á manifestación da tarde-noite coma ao Clavi. Microefectos Dramatúrxicos pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi. As […] - [Teatrofilia. XVI Mostra de Teatro Amador de Vedra](https://erreguete.gal/2019/03/07/teatrofilia-xvi-mostra-de-teatro-amador-de-vedra/): Do 22 de marzo ao 13 de abril, Teatrofilia 2019 converterá Vedra na capital do teatro amador galego cun total de 15 espectáculos que configuran un programa diverso e integrador, onde se atopan propostas dos máis variados xéneros e disciplinas (comedia, drama, danza, circo, clown…), concibidas para todos os públicos. As compañías galegas (novas e veteranas) son as auténticas protagonistas desta XVI edición pero, un ano máis, A Mostra recibe formacións chegadas de fóra: nesta ocasión, Teatro de Balugas (Portugal) e a Compagnia Teatrale Trebisonda Como (Italia). Ademais, coma todos os anos, grazas á colaboración do Concello de Vedra e a […] - [Xa se coñecen os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2019](https://erreguete.gal/2019/03/06/xa-conecen-os-proxectos-seleccionados-as-residencias-paraiso-2019/): Un total de 10 proxectos, para os que se reparten un total 20.000 euros, estarán residindo durante distintos períodos do ano nas correspondentes cidades galegas que debuxan o mapa do programa Residencias Paraíso, que o Colectivo rpm convocou por terceiro ano consecutivo. Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor de linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. O maior valor do programa de Residencias Paraíso é que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o […] - [Xa á venda as entradas dos espectáculos do Festival Atlántica](https://erreguete.gal/2019/03/06/xa-venda-as-entradas-dos-espectaculos-festival-atlantica/): Xa é posible mercar as entradas dos espectáculos de pago do Festival Atlántica 2019. Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura, poden adquirir as súas entradas a un prezo de 14 euros na web da ABANCA e tamén na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas e o mesmo día da función. O resto dos espectáculos de pago teñen un custo de 6 euros e pódense adquirir nos lugares do evento unha hora antes do comezo da función. A Gala Inaugural deste ano vai ser o mércores 13 de marzo, ás 21 […] - [Xornada de homenaxe a Luísa Villalta](https://erreguete.gal/2019/03/06/xornada-de-homenaxe-luisa-villalta/): O auditorio do pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, acolle hoxe en Santiago, a partir das 16:30, unha xornada titulada Palabra de muller para falar da figura da escritora, filóloga e violinista Luísa Villalta, coincidindo co 15º cabodano do seu pasamento. Despois dun introito a cargo do Grupo Vocal EntrElas e a violinista Paloma Diago Busto a xornada inaugurarase coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a nai e a irmá da escritora homenaxeada, María Gómez Castro e Susana Villalta Gómez; e […] - [Marta Pazos debuta na ópera con 'Je suis narcissiste'](https://erreguete.gal/2019/03/05/marta-pazos-debuta-na-opera-je-suis-narcissiste/): Marta Pazos dirixirá para o Teatro Real de Madrid a ópera Je suis narcissiste de Raquel García Tomás, con libreto de Helena Tornero, unha produción da Òpera de Butxaca i Nova Creació, en colaboración co Teatro Real, o Teatro Español de Madrid e o Teatro Lliure de Barcelona. A nova ópera de Raquel García Tomás e Helena Tornero, encenada por Marta Pazos, apúntase á gran tradición operística bufa que, enterrada pola musicoloxía dende Rossini ata Donizetti, Verdi, Puccini, Kurt Weill ou Nino Rota, non deixou nunca de resucitar cunha sorprendente vitalidade. De feito, a ópera está concibida e escrita na tradición máis xenuína do […] - [Redrum estrea 'Idiota' no Teatro Principal de Compostela](https://erreguete.gal/2019/03/04/redrum-estrea-idiota-no-teatro-principal-de-compostela/): Os vindeiros mércores 6, xoves 7 e venres 8, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá, a partir das 20:30, a estrea absoluta de Idiota, o novo espectáculo de Redrum Teatro. Idiota é unha comedia negra escrita polo dramaturgo catalán Jordi Casanovas, que trata sobre a presión e a inxustiza que, na actualidade, exerce o sistema político e económico sobre os individuos. Está protagonizada polos actores Machi Salgado e Susana Sampedro, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series de televisión como Fariña ou El Faro. Un home preséntase a unhas probas psicolóxicas remuneradas. […] - [I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2019](https://erreguete.gal/2019/03/02/i-premio-platta-de-teatro-breve-galicia-2019/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a erregueté | Revista Galega de Teatro), convócase o I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2019. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 31 de marzo para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en lingua […] - [Nova edición do roteiro María Casares na Coruña](https://erreguete.gal/2019/03/01/nova-edicion-roteiro-maria-casares-na-coruna/): O historiador Emilio Grandío e a investigadora María Lopo guiarán a ruta polas rúas da Coruña, mentres que Mabel Rivera e Gonzalo Uriarte lerán textos da propia María Casares e de Santiago Casares Quiroga   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lembrará a figura de María Casares coa organización dun roteiro polas orixes familiares da actriz na Coruña. Deste xeito, a AAAG celebra por segundo ano consecutivo esta iniciativa tras o éxito de asistencia rexistrado o ano pasado, cando se esgotaron as prazas e houbo que celebrar unha nova convocatoria non prevista. Neste 2019, o roteiro desenvolverase o […] - [Las Tricotouses presentan 'Dance Train' en Ferrol](https://erreguete.gal/2019/03/01/las-tricotouses-presentan-dance-train-ferrol/): Las Tricotouses presentan, hoxe ás 23:30, na sala Room de Ferrol, Dance Train, unha proposta das bailarinas coreógrafas e formadoras Rut Balbis e Cristina Montero xunto ao Dj JasProcessor. Inspirándose no exitoso programa Soultrain, as coreógrafas propondrán dinámicas de movemento guiadas por un percorrido pola história da música de baile. Un contaxioso remix de sons de groove e ritmo, un paseo dende o afro-funk ata música dance dos 80 e 90 con destellos da electrónica mais actual. Trátase de vivir un momento de boa música e de baile facilitando que todas e todos nos movamos e gocemos. Este é o cuarto […] - [Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro 2019](https://erreguete.gal/2019/02/28/mensaxe-internacional-dia-mundial-teatro-2019/): O Instituto Internacional do Teatro (International Theatre Institute ITI) dá a coñecer a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspondente a 2019, cux autor é o director de escena, dramaturgo, educador teatral e profesor cubano Carlos Celdrán.   Antes do acordar no teatro, os meus mestres xa estaban alí. Construíran as súas casas e as súas poéticas sobre os restos das súas propias vidas. Moitos deles non son coñecidos ou apenas se lles lembra: traballaron dende o silencio, dende a humildade dos seus salóns de ensaio e das súas salas cheas de espectadores e, lentamente, tras anos de traballo e logros […] - [O Teatro Nacional São João do Porto celebra 99 anos](https://erreguete.gal/2019/02/28/teatro-nacional-sao-joao-porto-celebra-99-anos/): O vindeiro día 7 de marzo, o Teatro Nacional São João (TNSJ) do Porto, conmemora 99 anos de existencia con varias acción pola cidade e visitas guiadas de entrada gratuíta polos bastidores. A celebración do aniversario comezará pola mañá, coa proxección dun vídeo que contén 100 imaxes dos últimos 25 anos da institución en locais emblemáticos da cidade, nomeadamente nas prazas da Batalha e dos Leões, o Largo da estación do metro da Trindade e o Estádio do Dragão. O día en que fai 99 anos, o TNSJ aproveita tamén para revelar as liñas xerais da programación do próximo ano: ás […] - [Premio de Honra Marisa Soto para as aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense](https://erreguete.gal/2019/02/27/premio-de-honra-marisa-soto-as-aulas-de-teatro-universitario-de-santiago-ourense/): A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelles ex aequo á Aula de Teatro da Universidade de Santiago e á Aula de Teatro Universitaria de Ourense o Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado durante a gala dos Premios de Teatro María Casares, que nesta vixésima terceira edición terá lugar no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 21 de marzo. Con este galardón, recoñécese o inxente labor destas dúas aulas de teatro, auténticas canteiras para a nosa escena profesional dende as súas respectivas fundacións a comezos dos anos noventa do pasado século. “Varias ducias […] - [Antonio Mauriz gaña o I Premio Platta de Teatro Breve con 'Amor de corbata'](https://erreguete.gal/2019/02/27/antonio-mauriz-gana-i-premio-platta-de-teatro-breve-amor-de-corbata/): Antonio Mauriz Martínez acada o I Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León coa peza Amor de corbata. O texto, escollido entre 23 obras presentadas de gran variedade temática e estilística, será publicado nunha colección especial en galego, castelán e portugués dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. Para esta primeira convocatoria do Premio Platta de Teatro Breve, o xurado estivo composto polo dramaturgo Ernesto Is, a actriz Casilda Alfaro e o dramaturgo para a infancia e a xuventude e tamén director do CITEAMOR Xoán Carlos Riobó, actuando como secretario con voz pero sen voto Pedro Pablo […] - [O Colectivo Verticalia estrea 'Alma (non é hippie)' na Coruña](https://erreguete.gal/2019/02/27/colectivo-verticalia-estrea-alma-non-hippie-na-coruna/): O Colectivo Verticalia, formado por compoñentes de Duelirium e Traspediante, estrea no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, este venres 1 de marzo, ás 20:30, Alma (non é hippie), o seu primeiro traballo, que abre o ciclo o TRCDanza 2019.   Trátase dunha proposta de altura, xa que se constrúe a partir dun elemento principal: unha corda que colga do ceo dun teatro. Danza, verticalidade e poesía. As catro mulleres creadoras que estarán en escena –por unha banda Marta Alonso e Paula Quintas do Colectivo Traspediante e, polo outro lado, Raquel Oitavén e Mertxe Solé da compañía Duelirium– suman forzas baixo o nome de […] - [Contraproducións estrea 'A compañeira de piso' no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2019/02/27/contraproducions-estrea-companeira-de-piso-no-salon-teatro/): Cándido Pazó e Belén Pichel dirixen esta adaptación da obra da norteamericana Jen Silverman, a través da que se lle dá resposta á demanda de historias protagonizadas por mulleres de máis de 50 anos   A compañía Contraproducións estrea este xoves 28 no Salón Teatro de Santiago o espectáculo A compañeira de piso, desenvolvido co apoio da Xunta ao abeiro do programa de coproducións da compañía pública. As actrices Rebeca Montero e Patricia Vázquez poñen en escena a adaptación desta comedia da norteamericana Jen Silverman sobre dúas mulleres maduras que, con situacións contrapostas, se enfrontan a un importante cambio vital. Cándido […] - [A ESAD de Galicia convoca o VI Premio "A Pegada de Microdramas"](https://erreguete.gal/2019/02/26/esad-de-galicia-convoca-vi-premio-pegada-de-microdramas/): A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do microdrama, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar o 27 de marzo de 2019, Día Mundial do Teatro no seu programa de actividades.   BASES 1ª. Poderán participar todas as persoas interesadas no premio. 2ª. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións. Deberan estar libres de todo compromiso editorial anterior. 3ª. Os […] - [O TRCDanza da Coruña afondará na relación entre xénero e corpos](https://erreguete.gal/2019/02/26/trcdanza-da-coruna-afondara-na-relacion-xenero-corpos/): TRCDanza, o programa do Teatro Rosalía de Castro da Coruña que afonda na visibilización e posta en valor das artes do movemento, comeza esta semana. Nesta ocasión, serán 14 os espectáculos que se representen, entre os que haberá propostas de gran e pequeno formato, iniciativas experimentais, así como figuras consolidas ou novas e novos creadores, ademais dunha grande presenza de espectáculos realizados en Galicia.   O ciclo comezará o vindeiro venres, 1 de marzo e estenderase até o sábado 21 de decembro. Tal e como apuntou o director do Teatro Rosalía Castro, Xosé Paulo Rodríguez, esta edición afondará, en moitos espectáculos, […] - [Producións Excéntricas estrea unha adaptación de Rubem Fonseca](https://erreguete.gal/2019/02/26/producions-excentricas-estrea-unha-adaptacion-de-rubem-fonseca/): Carpe Diem comeza o seu percorrido polos escenarios con tres funcións no Teatro Principal de Compostela do 27 de febreiro ao 1 de marzo.   Carpe Diem, o novo espectáculo da compañía Producións Teatráis Excéntricas, estréase o vindeiro mércores 27 no Teatro Principal de Santiago, onde poderá verse ata o venres 1 de marzo dentro da programación que ofrece este espazo como integrante da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Tras a estrea o mércores 27, poderá verse de novo o xoves 28 de febreiro e o venres 1 de marzo, ás 20:30. Ademais, ao remate da representación do día 27, […] - [Comeza o Titerentroido de Lalín](https://erreguete.gal/2019/02/26/comeza-titerentroido-de-lalin/): O Titerentroido de Lalín, coa súa irreverencia e as súas cousas do demo, terá lugar os días 1, 2, 3 e 5 de marzo. Organizado por Viravolta Títeres en colaboración co Concello de Lalín e a Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta, Titerentroido programa este ano catro espectáculos. O venres 1, no Salón Teatro, ás 21:30, Fantoches Baj representará Auga que non vas beber…, “un recital satírico para monicreques” dunha hora de duración no que salientan diversas cantigas populares como “A saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “O cura está malo”, entre outros cantos e contos […] - [A Deputación de Lugo duplicará o seu apoio ao teatro profesional](https://erreguete.gal/2019/02/25/deputacion-de-lugo-duplicara-seu-apoio-ao-teatro-profesional/): Haberá unha xuntanza de traballo, para presentar o programa PROSCENIO. Son as novas axudas directas que ofrece o Goberno da Deputación ao teatro profesional da provincia que este ano chega ata os 50.000 euros.   A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, avanzou que vai manter unha xuntanza de traballo, o mércores día 27 ás 13:00 horas no CENTRAD, para presentar o programa PROSCENIO, que este ano celebra a súa segunda edición. Son as novas axudas directas que ofrece o Goberno da Deputación ao teatro profesional da provincia que este ano chega ata os 50.000 euros, duplicando o […] - [Laiovento publica dúas comedias de Shakespeare](https://erreguete.gal/2019/02/25/laiovento-publica-duas-comedias-de-shakespeare/): Un novo volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio: Ao voso gusto e Medida por medida. As dúas obras están traducidas por Miguel Pérez Romero. Ao voso gusto (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello […] - [Unha exposición celebra os 20 anos dos Domingos do Principal de Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/02/23/unhe-exposicion-celebra-os-20-anos-dos-domingos-principal-de-pontevedra/): A mostra, realizada coa colaboración do arquivo fotográfico do Diario de Pontevedra, permanecerá instalada no Teatro Principal ata mediados de marzo.   Onte, o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, inauguraban a mostra que festexa os 20 anos dos Domingos do Principal. Facíano na compaña de Ramón Rozas do Diario de Pontevedra, que cedeu máis de 100 fotos do seu arquivo fotográfico, e Xacobe Rodriguez, de Teatro Akatro, coordinador da programación do ciclo dende os seus inicios . ”Poucas ciudades poden presumir de ter un ciclo de teatro no que houbo que dobrar […] - [Sincronacidas, premio ao Mellor Espectáculo de Rúa en FETEN 2019](https://erreguete.gal/2019/02/22/sincronacidas-premio-ao-mellor-espectaculo-de-rua-feten-2019/): A obra Oh!limpiadas da Compañía Sincronacidas foi galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón. A compañía galega recibiu o premio ex aequo coa compañía Faltan 7 e o seu espectáculo Express” y CÍA. En Oh!limpiadas , dúas mulleres aburridas da súa rutina diaria entran nun mundo de ensoñación onde a súa xornada laboral é retransmitida coma se se tratase dunha competición olímpica. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e as acrobacias, todo bañado cunha gran dose de humor que lle dá soporte a ese mundo de disparate. […] - [Máis de 80 espectáculos no VII Festival Atlántica de narración oral](https://erreguete.gal/2019/02/22/mais-de-80-espectaculos-no-vii-festival-atlantica-de-narracion-oral/): A sétima edición do festival celébrase entre o 11 e o 23 de marzo e desenvolverase en 16 concellos das catro provincias galegas.   O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa sétima edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 23 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, 21 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participaron Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación provincial da Coruña, Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Jesús Basterrechea, concelleiro da Área de Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas de Ferrol, Mª del Pilar […] - ['Commedia' parte como favorita nos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2019/02/21/commedia-parte-favorita-nos-premios-maria-casares/): Commedia, de Contraproducións, con 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, con 7, e A leituga, de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas.   Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer esta tarde na tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. O acto, […] - [Talía Teatro estrea 'Vida de cans' en Narón](https://erreguete.gal/2019/02/21/talia-teatro-estrea-vida-de-cans-naron/): A compañía Talía Teatro estrea mañá, venres 22 de febreiro, ás 20:30, no Padroado de Cultura do Concello de Narón, Vida de cans, un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó. Para a súa nova proposta, Talía Teatro recunca na colaboración cun dos grandes nomes da nosa escena: Cándido Pazó. O autor e a compañía volven xuntar forzas no que é un elo máis dunha xa delongada colaboración (Xustiza infinita, O merlo branco, E ti, de quen ves sendo?, Demolición, Foucellas). Dani Trillo, Tono Casais e Artur Trillo póñense na pel de Nemo, Nolo e Lupo, tres cans moi diferentes entre […] - [A Fundación SGAE convoca os premios anuais para autores de teatro 2019](https://erreguete.gal/2019/02/21/fundacion-sgae-convoca-os-premios-anuais-autores-de-teatro-2019/): Co propósito de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar así aos autores dramáticos da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a Fundación SGAE convoca o XXVII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XIX Premio SGAE de Teatro Infantil e o XII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais LGTBI. O prazo de entrega de textos finaliza o próximo 22 de abril de 2019. O xurado estará integrado por profesionais das Artes Escénicas de recoñecido prestixio. O fallo dos tres premios farase público antes dol 31 de […] - [O teatro copa a axenda cultural do Auditorio de Ourense](https://erreguete.gal/2019/02/21/teatro-copa-axenda-cultural-auditorio-de-ourense/): O teatro invade o Auditorio de Ourense esta semana, con ata catro representacións de diferentes compañías galegas: Ítaca Teatro, a ourensá A quinta do cuadrante, e Entremáns. Pechará a semana o musical Rosalía Pequeniña, unha montaxe musical para festexar o Día de Rosalía (a poeta), con Uxía Senlle, Sergio Tannus e Héctor Lorenzo sobre o escenario.   Cinco minutos sen respirar, de Ítaca Teatro. [ver trailer] Xoves 21 de febreiro. 20:30 horas. Duración: 80′. Entradas 3€. Público adulto Retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, […] - [A Deputación da Coruña incrementa o catálogo de espectáculos da Rede Cultural](https://erreguete.gal/2019/02/20/deputacion-da-coruna-incrementa-catalogo-de-espectaculos-da-rede-cultural/): Os concellos da provincia da Coruña poderán escoller entre os 1.776 espectáculos que se inclúen no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, unha cifra considerabelmente maior a do pasado ano xa que nesta nova edición a convocatoria abriuse a todas as compañías e produtoras galegas. Case catrocentas propostas máis é o incremento que o catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña experimenta nesta nova edición na que a oferta ascende a 1.776 espectáculos fronte aos 1.359 do pasado ano. “A cantidade de propostas presentadas mostra que a Rede Cultural é un balón de osíxeno para o sector e […] - ['O furancho' de Ibuprofeno Teatro, no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/02/19/furancho-de-ibuprofeno-teatro-no-salon-teatro-de-compostela/): Marián Bañobre e Isabel Risco preséntalle ao público o Furancho Spa Resort Vitivinícola Rosalía de Castro como metáfora gastronómica do sector teatral galego.   A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel Risco son as protagonistas desta montaxe, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que poderá verse en Compostela do xoves 21 ao domingo 24. Ademais das catro funcións xerais –de xoves a sábado, ás 20:30, e o domingo, ás 18:00–, o venres tamén terá lugar un pase […] - ['O palco e as lúas' de Manuel Lourenzo, na Casa-Museo Manuel María](https://erreguete.gal/2019/02/19/palco-as-luas-de-manuel-lourenzo-na-casa-museo-manuel-maria/): Este sábado, 23 de febreiro, ás 20:00, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, Elsinor Teatro presentará O palco e as lúas, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo. A obra, de unha hora de duración, está composta por catro pezas breves (Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza), que serán interpretadas polo propio Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarado, Carme Martínez, Xosé Martínez e Xulia Miguel. Fundado en 1990 como grupo independente e autoxestionado, Elsinor Teatro ten como obxectivo a práctica dun teatro do noso tempo, libre de imposicións e atento a un diálogo fértil cos espectadores. Caracteriza o grupo a […] - [Aberta a inscrición para a IV Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose"](https://erreguete.gal/2019/02/18/iv-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose/): Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende fomentar a cultura nas artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado e na que poden participar todas as compañías/grupos de teatro amador de Galicia. O prazo de inscrición pecha este 20 de febreiro. Os participantes deberán enviar un vídeo en formato DVD/CD do espectáculo completo (lápis de memoria, ligazón web,…) ademais da documentación que se require nas bases. Poderán presentar tantas obras como o desexen das cales só unha poderá ser finalista que será seleccionada […] - [Comeza o XXV Festival Internacional de Teatro Universitario](https://erreguete.gal/2019/02/18/comeza-xxv-festival-internacional-de-teatro-universitario/): Desenvolverase do martes 19 ao venres 22 con compañías galegas, de Italia e Lituania.   O Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela alcanza este ano a súa vixésimo quinta edición cunha nova programación que se desenvolverá entre o martes 19 e o venres 22 coa participación de compañías galegas, de Italia e Lituania. Organizado pola Aula de Teatro da USC, o festival conta un ano máis co respaldo da Deputación da Coruña. O Festival subirá o pano o martes 19 da man da Compañía da Aula de Teatro da USC coa representación de A muller que tiña medo e marchou […] - [Francisco Oti presenta o seu novo libro na Libraría Couceiro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/02/18/francisco-oti-presenta-seu-novo-libro-na-libraria-couceiro-de-compostela/): O vindeiro martes 19 de febreiro de 2019, ás 19:30, na Libraría Couceiro de Compostela, presentarase o libro O Novo Teatro Galego en Perlio: O Teatro Círculo e Tagallo, de Francisco Oti, publicado por Ediciones Invasoras. Acompañarán ao autor nesta presentación a actriz Mabel Rivera e o autor e director Eduardo Alonso, responsable do prólogo. Os anos sesenta, setenta e oitenta foron fundamentais para o desenvolvemento e asentamento do actual sistema teatral galego; a creación de compañías e asociacións profesionais, o establecemento de circuitos de exhibición e a creación do Centro Dramático Galego determinan un antes e un despois para o […] - [Convocado o XIV Premio Abrente para Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2019/02/16/convocado-xiv-premio-abrente-textos-teatrais/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Ourense) anunciou a convocatoria dunha nova edición do Premio Abrente para Textos Teatrais. Dotado con 3.500 euros e a publicación do texto na colección Abrente da Editorial Difusora, este premio quere ser “un dos elementos imbricado no estímulo e aparición de novas linguaxes e voces para a escena do presente”. A recepción de orixinais terminará o 21 de xuño e a resolución darase a coñecer no mes de xullo, no marco do festival. Baixo a lema ‘Tradición, experiencia e vangarda’, segundo informou a organización, a cita organizará unha serie de actividades ao longo deste […] - [Paula Pereira crea o trofeo dos Premios María Casares que substitúe as xerras de Sargadelos](https://erreguete.gal/2019/02/16/paula-pereira-crea-trofeo-dos-premios-maria-casares-substitue-as-xerras-de-sargadelos/): A Xunta Directiva da AAAG encargoulle o deseño á artista, ceramista e ilustradora Paula Pereira, cuxo traballo é tamén coñecido baixo a marca Cavalinho do Demo, tras consultar diversas propostas. Os novos trofeos entregaranse por vez primeira na gala dos María Casares, que se celebra este ano o xoves 21 de marzo na Coruña. Os Premios de Teatro María Casares, organizados dende 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), xa teñen novos trofeos para entregarlles ás persoas gañadoras nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns. A ceramista Paula Pereira é a encargada de deseñar o novo […] - [Convocatoria para o Festival Vigo en Bruto 2019](https://erreguete.gal/2019/02/15/convocatoria-festival-vigo-bruto-2019/): O Festival Vigo Bruto nace en 2011 coa vocación de apoiar a compañías ou creadores emerxentes, galegos e de creación contemporánea.   O apoio do Festival Vigo en Bruto facilita: Que cada compañía teña dous ou tres días de residencia artística e técnica (de 10:00 a 16:00), se así o require. Teatro Ensalle ofrece asesoramento técnico se fose necesario. Teatro Ensalle facilita a posibilidade de que a compañía, nestes días, poida levar a cabo a realización tanto do vídeo como das fotografías da peza, necesarias para a súa posterior distribución. Tres días dentro da programación estable do Teatro Ensalle. Difusión en […] - [Comeza a recta final de Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2019/02/14/comeza-recta-final-de-escenas-cambio/): A programación desta semana ofrece referentes da danza actual como son Alessandro Sciarroni, León de Ouro á súa carreira na Bienal de Venecia, Tino Sehgal e Ligia Lewis, que porán o ramo ao festival o sábado 16 de febreiro.   ‘Escenas do cambio’, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, sube hoxe xoves ao escenario a adolescentes galegos non actores para que vertan en Gatillo da felicidade as súas inquietudes, incertezas e conflitos vitais, baixo a análise e pescuda común entre todos eles sobre a súa perspectiva da quimérica felicidade na sociedade actual. A […] - [Ibuprofeno e Matarile suman dez candidaturas nos XXII Premios Max](https://erreguete.gal/2019/02/14/ibuprofeno-matarile-suman-dez-candidaturas-nos-xxii-premios-max/): Ibuprofeno Teatro obtén cinco candidaturas por Casa O’Rei e Matarile outras cinco por Circo de pulgas.   O Comité Organizador dos Premios Max de las Artes Escénicas deu a coñecer os candidatos ás 19 categorías a concurso da 22ª edición destes galardóns organizados pola Fundación SGAE, cuxo propósito é estimular e premiar o talento dos profesionais do Teatro e a Danza, ademais da promoción dos espectáculos da tempada. Un total de 119 espectáculos dos 358 inscritos foron seleccionados para participar como candidatos na 22ª edición dos Premios Max de las Artes Escénicas, tal e como decidiron, nesta primera fase, os tres […] - [Os tres espectáculos sementados na “berberecheira” de Chévere, en Teo](https://erreguete.gal/2019/02/14/os-tres-espectaculos-sementados-na-berberecheira-de-chevere-teo/): O Auditorio Constante Liste de A Ramallosa (Teo) acolle esta fin de semana unha mostra conxunta de Goldi Libre, Salvador e Anatomía dunha serea, os tres espectáculos creados ata o momento dentro da Berberecheira, o laboratorio de creación de Chévere. Ademais, para documentar os traballos realizados ata o momento, Chévere vén de editar o libro Berberecheira, que reúne os textos dos tres espectáculos xunto cunha serie de materiais fotográficos e escritos. O obxectivo deste volume é recoller o proceso de creación das obras e deixar así un rexistro escrito dunha arte efémera como é o teatro. A Berberecheira é un laboratorio […] - [Iria Pinheiro obtén o XVIII Premio de Interpretación Teatral "Maruxa Villanueva"](https://erreguete.gal/2019/02/13/iria-pinheiro-obten-xviii-premio-de-interpretacion-teatral-maruxa-villanueva/): O xurado destaca “a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”. | Foto: Olaia Sendón |   O xurado do XVIII Premio de Interpretación Teatral “Maruxa Villanueva”, que se reuniu esta mañá no salón de plenos do Concello de Padrón, acordou por unanimidade concederlle o galardón á actriz Iria Pinheiro Santos, da que destacou “a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”. Baixo a presidencia da concelleira de Cultura, […] - [Licenciada Sotelo estrea 'A Gala' en Ourense](https://erreguete.gal/2019/02/13/licenciada-sotelo-estrea-gala-ourense/): Este xoves 14 de febreiro, no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:30, a compañía Licenciada Sotelo estrea o seu ultimo traballo, A Gala. A Gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación a figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo este ao mesmo tempo o artellador da peza. Trátase dunha peza que xira ao redor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fío condutor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do pais que as acolle). Na dramaturxia, Maruja Mallo ten por fin un […] - [IV Festival Internacional do Monólogo Teatral 'Singular' en Narón](https://erreguete.gal/2019/02/13/8945/): O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro mes de marzo unha nova edición, a cuarta, do Festival internacional do monólogo teatral Singular. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentaron onte o programa, que consta dunha mesa redonda o día 7 de marzo e sete monólogos teatrais que se representarán entre os días 9 e 29 do vindeiro mes no Pazo. As entradas para os sete espectáculos, a cargo de compañías galegas, nacionais e internacionais, poden adquirirse xa na billeteira do Pazo da Cultura. O […] - [Javier Martín presenta o seu 'Método negro' en Madrid](https://erreguete.gal/2019/02/12/javier-martin-presenta-seu-metodo-negro-madrid/): Método negro, a obra máis recente do coreógrafo galego Javier Martín, preséntase en Madrid os días 14, 15 e 16 de febreiro ás 20h:00 no Teatro de Conde Duque, seguida dun coloquio co público.   Método negro (ver teaser) é a nova obra de Javier Martín, coreógrafo, bailarín e investigador galego cuxa traxectoria constitúe unha aposta firme polo desenvolvemento de novas linguaxes corporais. Un espectáculo de ecos expresionistas no que o bailarín transita durante unha hora por diferentes estados físicos e calidades de movemento, relacionándose con obxectos e accións simbólicas, que se van despregando nun espazo construído, paso a paso, ante o espectador. […] - [XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña](https://erreguete.gal/2019/02/12/xxii-certame-de-teatro-escolar-afeccionado-da-deputacion-da-coruna/): O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXII edición estará organizado polo IES Calvo Sotelo, centro dependente da propia Deputación da Coruña. Trátase dun certame de eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse grupos e compañías de fóra de Galiza. As obras presentadas poderán pertencer a calquera xénero teatral. As compañías, grupos e centros educativos non poderán presentar a concurso as mesmas obras do ano anterior. As categorías para participar serán as […] - [Convocatoria para a XII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" 2019](https://erreguete.gal/2019/02/10/xii-mostra-de-teatro-amador-terras-orcellon-2019/): Tiruleque organiza a XII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Como vén sendo habitual neste evento que organiza Tiruleque, Grupo de Teatro, coa axuda e subvencións da Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Carballiño, as representacións celebraranse entre o abano dos días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de Outubro de 2019, ás oito da tarde, no Auditorio Manuel María do Carballiño. A organización mantén o importe de oitocentos euros que se viña pagando por actuación a cada grupo seleccionado. Ademais, e coa esperanza de poder perpetualo, Tiruleque anuncia para esta edición o Premio á Mellor […] - [A nova produción do CDG contará cun elenco integramente feminino](https://erreguete.gal/2019/02/09/nova-producion-cdg-contara-cun-elenco-integramente-feminino/): Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron seleccionadas no proceso aberto pola compañía pública.   O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa única produción propia deste ano, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar […] - [David Rubín asina o cartel dos XXIII Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2019/02/08/david-rubin-asina-cartel-dos-xxiii-premios-de-teatro-maria-casares/): A gala celebrarase o vindeiro xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e coñeceremos os finalistas das catorce categorías nos que se dividen os galardóns o 21 de febreiro na tradicional Festa dos Finalistas.   David Rubín encárgase da creación do cartel dos XXIII Premios de Teatro María Casares. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entidade organizadora dos galardóns, confiou este ano no autor de cómics ourensán para encargarse da imaxe dos María Casares, dando así continuidade á iniciativa emprendida pola AAAG na edición anterior de encargar a creación dos carteis a diferentes […] - [XV edición do Festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo](https://erreguete.gal/2019/02/08/xv-edicion-festival-ferve-no-teatro-ensalle-de-vigo/): A XV edición de Isto ferve celebrarase dende o 8 ata o 24 de febreiro. | Foto: Jesús Cabrera |   Con criterios de selección moi semellantes aos do menú habitual da sala, e co obxectivo de reactivar a programación nos primeiros meses do ano,o Festival de Teatro e Danza Isto Ferve, organizado polo Teatro Ensalle de Vigo, mestura no seu programa compañías novas e veteranas, mais sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario de Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público “ferva” ante a […] - [Comeza a primeira rolda do GUIdance de Guimarães](https://erreguete.gal/2019/02/07/comeza-primeira-rolda-guidance-de-guimaraes/): A partir de hoxe, 7 de febreiro, a 9ª edición de GUIdance -Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães – ensínanos as oportunidades e as posibilidades ilimitadas que ofrece a creación. Os once espectáculos do programa, incluíndo seis estreas absolutas, repártense por distintos espazos da cidade de Guimarães ata o vindeiro 17 de febreiro: Centro Cultural Vila Flor, Centro Internacional das Artes José de Guimarães e Fábrica ASA. | Foto: Joana Linda |   Hoxe, 7 de febreiro, o drama chega ao Centro Cultural Vila Flor (CCVF) para estrearse da man de Víctor Hugo Pontes, que prolonga, nesta nova creación, o traballo […] - [‘Escenas do cambio’ converte o Gaiás no escaparate da vangarda](https://erreguete.gal/2019/02/06/escenas-cambio-converte-gaias-no-escaparate-da-vangarda/): Ata o 16 de febreiro poderanse ver dezasete propostas de sete países, entre as que se atopan a de tres referentes internacionais da danza máis vangardista: Vera Mantero, Tino Sehgal e Ligia Lewis e a versión teatral de MDLSX, de MOTUS   O Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, levanta este xoves día 7 o pano no Gaiás para dar a coñecer durante dez días as propostas máis innovadoras e arriscadas das creacións da vangarda internacional —Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, […] - [O ‘Buscón’ de Quevedo chega a Vigo nunha adaptación que o trae aos nosos tempos](https://erreguete.gal/2019/02/06/buscon-de-quevedo-chega-vigo-nunha-adaptacion-trae-aos-tempos/): El Buscón, unha coprodución de ButacaZero e Goliardos, poderá verse o vernes 8  e o sábado 9 ás 21:30 e o domingo 7 ás 20:00, na sala Ártika de Vigo.   Volve a Vigo El Buscón, o clásico texto de Quevedo, na adaptación aos nosos tempos feita por Ozcar Galán. A proposta teatral nace precisamente do clásico pícaro de Quevedo, mantendo a súa esencia e os seus personaxes máis entrañables e recoñecibles polo público (Don Teo, Cabra…). Pero pronto o mundo que arrodea ao protagonista, Pablos, vai cambiando, e co cambio, el mesmo convertese nun pícaro dos nosos días que convive coa […] - [#camiños, de ButacaZero, arranca xira en Rianxo](https://erreguete.gal/2019/02/05/caminos-de-butacazero-arranca-xira-rianxo/): A peza aborda o tema identidade galega dende unha perspectiva millenial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual, o playback coa pasarela de moda nun aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente.   Rematada a xira de Voaxa e Carmín, ButacaZero, non para. Catro meses despois de estrear Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], chegou aos teatros #camiños, unha peza de teatro físico, poético e moi político que pecha unha triloxía sobre a memoria e que chega agora a Rianxo. A cita será o vindeiro 9 de febreiro, ás 20:30, no Auditorio Municipal. A […] - [O Museo Circo de los Muchachos abre as súas portas en Ourense](https://erreguete.gal/2019/02/04/museo-circo-de-los-muchachos-abre-as-suas-portas-ourense/): Ourense estreou este pasado sábado un museo dedicado ao Circo de los Muchachos, o primeiro circo escola de España. O novo museo está situado na rúa Bailén do centro ourensán e foi promovido pola Asociación Cultural Padre Silva. O novo museo custodia fotografías, cartelaría, vestiario e diversos recordos do circo e do “universo” coñecido como Ciudad de los Muchachos. O material procede de diferentes coleccións particulares e das delegacións de Bemposta que existen noutros lugares do mundo, como Mozambique, Venezuela, Bélxica ou Xapón. A inauguración tivo lugar este sábado nun acto presentado pola comunicadora Montse Estévez. O Circo de los Muchachos foi creado na década de 1960 […] - [Poio Escena 2019 - Encontros de Teatro Afeccionado](https://erreguete.gal/2019/02/04/poio-escena-2019-encontros-de-teatro-afeccionado/): Poio en Escena cumpre 10 anos de teatro en galego. A organización revisa as bases este ano para que o teatro afeccionado teña a súa especial relevancia e para apoiar os grupos de teatro amador. Ademáis de consolidar e aumentar o público interesado na cultura e nas artes escénicas, en particular este ano, haberá un Premio do Público e outro Premio do Xurado Profesional “Xerardo Moscoso”, nunha gala que terá lugar en decembro. Aqueles grupos que se queiran inscribir poderán facelo ata o 1 de marzo. Estas son as novas bases:   Obxecto 1. POIO ESCENA 2019, Encontros de Teatro Afeccionado, […] - [Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2019/02/03/convocado-ii-premio-vidal-bolano/): O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocan o II Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán, este premio ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo e crear un fondo de textos susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato. BASES: Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega. As OBRAS serán de temática […] - [Avento estrea dous espectáculos esta fin de semana](https://erreguete.gal/2019/02/01/avento-estrea-dous-espectaculos-esta-fin-de-semana/): Este domingo 3 de febreiro, Avento Producións estreará Ummm! no Auditorio Municipal de Vigo. Trátase dun novo espectáculo músical para público familiar que seguirá o ronsel doutras producións da compañía como Aladino e a lámpada marabillosa ou Hansel e Gretel. A sinopse de Ummm! explica que “a pastelaría de Dona Remedios ten cada vez menos clientela porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios decide contratar un novo axudante quen de achegar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que, […] - [ArtesaCía presenta 'Chola, a It Girl' no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/01/31/artesacia-presenta-chola-it-girl-no-salon-teatro-de-compostela/): Laura Villaverde interpreta unha ‘influencer’ galega, rural e 100% ecolóxica nesta peza, que poderá verse en Santiago desde mañá xoves ata o domingo   ArtesaCía traballa esta semana na sede do Centro Dramático Galego (CDG), o Salón Teatro de Santiago, onde desde hoxe, día 31, até o domingo 3 de febreiro representará a comedia Chola a it girl. Farao como unha das cinco compañías que participan esta temporada no programa de residencias artísticas da compañía pública, que pon á súa disposición as instalacións da súa sede e o apoio do equipo técnico para ultimar ou perfeccionar as súas propostas. No caso […] - [Presentación da 'Obra teatral' de Manuel María en Foz](https://erreguete.gal/2019/01/30/presentacion-da-obra-teatral-de-manuel-maria-foz/): A asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organiza este xoves, 31 de xaneiro, ás 20.30, no Cenima de Foz, unha charla sobre “O teatro de Manuel María”, con Pilar García Negro e Alberte Ansede, en que se presentará o volume Obra Teatral de Manuel María. Obra teatral reúne, por primeira vez, as 33 obras de teatro que deixou escritas Manuel María, nun único volume de setecentas corenta páxinas. A edición da obra estivo a cargo da profesora da Universidade da Coruña e estudosa do teatro do autor, Mª Pilar García Negro. Moitas das pezas que se recollen no volume eran inéditas […] - [Desaparece a Mostra de Teatro Clásico de Lugo](https://erreguete.gal/2019/01/30/desaparece-mostra-de-teatro-clasico-de-lugo/): A Mostra pasa a diluírse na programación ordinaria como un abono de só catro espectáculos entre febreiro e maio.   A noticia máis destacada da temporada cultural de Lugo para este semestre é, sen dúbida, a desaparición da Mostra de Teatro Clásico como tal, e a súa disolución na programación teatral ordinaria. A Mostra, que adoitaba presentar uns dez espectáculos durante aproximadamente un mes, pasa agora a integrarse dentro do programa do Auditorio Gustavo Freire como un abono especial de tan só tres espectáculos teatrais e un de teatro-danza. A Fedra de Pentación, con Lolita Flores como protagonista, será a primeira […] - [Manuel F. Vieites e Catuxa López Pato, finalistas dos Premios ADE](https://erreguete.gal/2019/01/30/manuel-f-vieites-catuxa-lopez-pato-finalistas-dos-premios-ade/): O vindeiro 4 de febreiro, no Teatro de la Comedia de Madrid, terá lugar a entrega dos Premios ADE 2018, convocados pora Asociación de Directores de Escena de España. Estes premios outórganse anualmente mediante votación dos asociados da ADE. Entre os finalistas dos premios ADE figuran Manuel F. Vieites, como candidato ao Premio «Leandro Fernández de Moratín» ao mellor estudo teatral pola súa obra El teatro vacío. Manual de política teatral e Catuxa López Pato, ao Premio «María Martínez Sierra» de tradución teatral, pola tradución que realizou para a Editorial Galaxia de O facedor de teatro, de Thomas Bernhard. O Premio de Honor […] - [Comeza a programación teatral en Tui](https://erreguete.gal/2019/01/30/comeza-programacion-teatral-tui/): Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación teatral do primeiro semestre do ano en Tui. Está conformada por seis espectáculos que se representarán no Teatro Municipal. Dos seis espectáculos que se van celebrar no Teatro Municipal, dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios, tres van dirixidos a público familiar e tres a público adulto.  A primeira cita será este venres, 1 de febreiro, con Talía Teatro que presentará a súa revisión do clásico de Carlo Goldini O servidor de dous amos. Unha obra que incorpora novas formas de teatralidade e que persegue “o espectáculo total”. O venres, […] - [Presentación en Lugo da Biblioteca de Teatro de Kalandraka coa compañía Chévere](https://erreguete.gal/2019/01/29/presentacion-na-coruna-da-biblioteca-de-teatro-de-kalandraka-coa-compania-chevere/): Eroski Paraíso é a primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Estreada en marzo de 2016 en Donostia, despedirase a comezos de 2019 superando as 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas, con asistencia de máis de 30.000 persoas, converténdose nun dos espectáculos galegos máis visto e con maior proxección estatal dos últimos anos. En Madrid foi programada durante un mes nas Naves de Matadero, esgotando as entradas a última fin se semana. Tamén se presentou en teatros tan importantes como o Central de Sevilla, esgotando as entradas nas dúas funcións, no Corral […] - [Malasombra estrea 'Bernarda' en Narón](https://erreguete.gal/2019/01/29/malasombra-estrea-bernarda-naron/): A compañía Malasombra estrea este venres 1 de febreiro, no Pazo da Cultura de Narón, a obra Bernarda, unha reinterpretación do clásico de Lorca a cargo de José Prieto, pero situada en Galicia en 1975. Bernarda recolle o punto de partida de La casa de Bernarda Alba, escrita por Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como […] - [Xulio Lago recibe o Premio de Honor da ADE](https://erreguete.gal/2019/01/26/xulio-lago-recibe-premio-de-honor-da-ade/): Xulio Lago recibe este ano o Premio de Honor da Asociación de Directores de Escena polo labor desenvolvido ao longo de toda a súa vida como director e como promotor e xestor dun proxecto de tan longo alento como Teatro do Atlántico. Xulio Lago, un dos directores máis recoñecidos da nosa escena, foi promotor e director do grupo “Esperpento” de Vigo (1970-1974), organizador das I e II Xornadas de Teatro de Vigo (1970-1974), promotor e director de grupo “La Picota” (Madrid, 1974-1978), promotor e director da Compañía “Mari-Gaila” (Compostela, 1978-1984), promotor e director da Compañía “Teatro do Atlántico” (Compostela – A […] - [Estudo Momento estrea Macbeth](https://erreguete.gal/2019/01/25/estudo-momento-estrea-macbeth/): Estudo Momento estrea hoxe unha nova versión dun dos clásicos de Shakespeare:  Manuel Lourenzo é o responsable desta adaptación en formato curto e en verso que se estrea hoxe venres, 25 de xaneiro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña cunha única función. Os responsables de Clásicos nunha hora, Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares, dirixen e interpretan as personaxes principais, Macbeth e Lady Macbeth, desta adaptación da traxedia escocesa, na que tamén estarán Luis Iglesia, David Perdomo e Carlos Sante. Macbeth. O ruído e a furia adapta unha das traxedias máis importantes de Shakespeare, unha traxedia celta sobre a cobiza, a […] - [Leo Bassi leva a Pontevedra o seu espectáculo ‘El último bufón’](https://erreguete.gal/2019/01/25/leo-bassi-leva-pontevedra-seu-espectaculo-el-ultimo-bufon/): Leo Bassi traerá ao Teatro Principal de Pontevedra o seu último espectáculo, El último bufón, o vindeiro 9 de febreiro, ás 21:00.   En El último bufón, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, […] - [Matarile comeza o ano en Vigo](https://erreguete.gal/2019/01/24/matarile-comeza-ano-vigo/): Matarile Teatro estará esta fin de semana na sala Ártika de Vigo con Los limones, la nieve y todo lo demás e, a semana seguinte, na sala Ingrávida do Porriño con Teatro Invisible.   A histórica compañía Matarile Teatro comeza o año representando o seu último espectáculo na viguesa Sala Ártika. Los limones, la nieve y todo lo demás é un dúo codirixido e coprotagonizado por Mónica García e Ana Vallés, con iluminación e escenografía de Baltasar Patiño. Esta peza está colleitando un grande éxito dende a súa estrea en Oviedo o pasado mes de xulio e terá un longo percorrido en […] - [Berrobambán estrea 'Doppelgänger'](https://erreguete.gal/2019/01/23/berrobamban-estrea-doppelganger/): O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea mañá xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañía galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu título do termo alemán que significa “o dobre que camiña ao lado”, poderá verse na sede do Centro Dramático Galego ata o día 27, con funcións ás 20,30 h. de xoves a sábado e ás 18,00 h o domingo. No Salón Teatro atópase en residencia desde o […] - [32 espectáculos nos XXIII Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2019/01/23/32-espectaculos-nos-xxiii-premios-de-teatro-maria-casares/): A primeira rolda de votacións abriuse onte, martes 22 de xaneiro, a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 11 de febreiro e del sairán as candidaturas finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns   Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXIII Premios María Casares, galardóns de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o […] - [Proxección de '30 anos actuando', o documental sobre Teatro do Noroeste, en Compostela](https://erreguete.gal/2019/01/22/proxeccion-dun-documental-teatro-noroeste-compostela/): 30 anos actuando. Que nos quiten o bailado! é unha longametraxe documental que narra a historia de Teatro do Noroeste e que se estreou coincidindo co 30º aniversario da compañía.   O vindeiro mércores 23, ás 20:30, proxectarase no Teatro Principal de Compostela o documental 30 anos actuando. Que nos quiten o bailado!, sobre a traxectoria da compañía Teatro do Noroeste. Dentro das actividades do Club C! e vencellado ao espectáculo Da avaricia, a luxuria e a morte de Teatro do Noroeste, que se poderá ver no mesmo Teatro Principal os días 24 e 25,  proxéctase este documental nunha sesión que contará coa presenza de Eva […] - [O CDG presenta agora a temporada 2018-2019](https://erreguete.gal/2019/01/21/cdg-presenta-agora-temporada-2018-2019/): O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a programación da temporada 2018-2019, protagonizada por cinco coproducións con compañías privadas e por Neorretranca e Posmorriña, o único espectáculo que a unidade de teatro público producirá este ano. O centro presenta os seus proxectos cunha parte do programa xa executada e cando xa se coñecían os detalles de case todas as funcións que terán lugar no Salón Teatro. O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), segundo os responsabeis do centro. Así, arredor deste […] - [O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2019](https://erreguete.gal/2019/01/21/colectivo-rpm-abre-convocatoria-as-residencias-paraiso-2018/): Residencias Paraíso inicia o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Un programa que sucede grazas a unha rede de colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. Este exercicio de diálogo entre todas as partes –impulsores, coprodutores e espazos cómplices– é o que dota dunha identidade tan singular a este proxecto. Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da […] - [O Fórum Metropolitano da Coruña estrea as tempadas de artes escénicas en pequeno formato](https://erreguete.gal/2019/01/21/forum-metropolitano-da-coruna-estrea-as-tempadas-de-artes-escenicas-pequeno-formato/): A programación para a primavera, que comeza o vindeiro día 25, trae once propostas teatrais, tanto para público xeral como familiar.   O centro municipal do Fórum Metropolitano acolle as edicións de primavera dos ciclos Sen Numerar e Todo Público, con dous programas deseñados para achegar as artes escénicas en pequeno e a un público familiar. As propostas de Sen Numerar poderán comezar a verse dende o 25 de xaneiro, coa representación de De abrentes e de ocasos, da compañía Teatro do Atlántico e que conta coa música en directo de Nani García ao piano. No mes de febreiro haberá dúas […] - [‘Rojo estándar’ de La Nördika, inaugura os Domingos do Principal de Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/01/20/rojo-estandar-de-lano%cc%88rdika-inaugura-os-domingos-principal-de-pontevedra/): A compañía andaluza de circo e danza La Nördika inaugura o ciclo Domingos do Principal este domingo con pase dobre, ás 12:00 e ás 18:30, do seu espectáculo Rojo Estándar. Gañador do Premio Fetén 2018 ao mellor espectáculo de rúa, este será a primeira de 6 propostas que inclúen danza, circo, teatro de actor, de sombras, de máscaras, etc. e están entre o mellor da península en artes escénicas para público familiar. Rematada xa a venda de abonos para todo o ciclo, as entradas para este espectáculo están á venda anticipadamente en Ataquilla.com e de non esgotarse, dúas horas antes do […] - [Tito Asorey e Melania Cruz estrean 'O empapelado amarelo' en Ourense](https://erreguete.gal/2019/01/18/tito-asorey-melania-cruz-estrean-empapelado-amarelo-ourense/): O vindeiro domingo, 27 de xaneiro, A quinta do cuadrante (Melania Cruz e Tito Asorey) estrea, no Auditorio Municipal de Ourense, o espectáculo O empapelado amarelo, baseado no relato da autora Charlotte Perkins Gilman.   O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman. Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla. Este tratamento consistía […] - ["EscenaGZ", "Territorio Mulleres" e "Memoria Presente", eixos da programación de Compostela](https://erreguete.gal/2019/01/18/vinte-cinco-espectaculos-na-programacion-de-artes-escenicas-de-compostela/): Vinte e cinco espectáculos pasarán polo Teatro Principal ou o Auditorio de Galicia neste primeiro semestre do ano.   A programación escénica de 2019 de Compostela Cultura está vertebrada en tres eixos temáticos, liñas que se entrecruzan e deseñan itinerarios que se complementan, que mesturan xéneros e discursos escénicos, que nos mostran diferentes puntos de vista e dan boa conta da poliédrica creación escénica de hoxe en día. Son EscenaGZ, que aglutina discursos e compañías consolidadas e proxectos novos e singulares, que teñen cabida nos escenarios compostelás abertos sempre ás/aos creadoras/es do país; Territorio das Mulleres, coas voces femininas da escena […] - [Certame 'Sumidoiros' na sala Ingrávida](https://erreguete.gal/2019/01/18/certame-sumidoiros-na-sala-ingravida/): Sumidoiros é un certame que organiza a Sala Ingrávida do Porriño e que pretende visibilar traballos emerxentes dentro das especialidades da Dirección de Escena e a Dramaturxia. Hoxe e mañá, 6 propostas finalistas presentaranse ante o público na sala: a proposta gañadora, escollida por un xurado que formará o público de ingrávida e un xurado especializado na dirección de escena e na dramaturxia, gañará unha residencia artística na Sala Ingrávida.   Participantes Venres 21:30 Cristina Balboa: O que segue Rubén Pérez Pombo: Frío: somos inuit? Artrose Teatro: Que Dios Reparta Fuerte Sábado 21:30 Bernarda: Oops! I did it again A.D.D.C: Retrovertida Pornós […] - [Malasombra presenta dúas das súas obras máis coñecidas no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/01/18/malasombra-presenta-duas-das-suas-obras-mais-conecidas-no-salon-teatro-de-compostela/): Xoque Carbajal e Jouse García regresan á sede do CDG para poñer en escena Go On! o venres 18 e D.E.P. Descanse en paz o sábado 19.   A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega: Go On!, o venres 18 ás 20,30 h., e D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora. Tras a súa recente participación no ciclo de Nadal do CDG Gran teatro para os máis pequenos co espectáculo de pompas de xabón Os fabulosos Cleaners, o dúo […] - [Vinte e catro espectáculos na programación do Concello de Vigo](https://erreguete.gal/2019/01/17/8683/): O venres 25 e o sábado 26 de xaneiro arrinca na rúa do Príncipe a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril, organizada pola Concellería de Cultura. A compañía portuguesa Projeto EZ realizará unha espectacular ruada, protagonizada por dous vehículos sorprendentes, con pases ás 18:30 e ás 19:30 h. Serán as primeiras das 37 funcións previstas nesta nova tempada, que volverá contar con teatro, música, danza, maxia, circo, monicreques, un espectáculo para bebés e un de rúa. VIGOCULTURA volve apostar por unha liña de continuidade que pretende seguir consolidando públicos […] - [Josef Nadj no TSNJ do Porto](https://erreguete.gal/2019/01/17/josef-nadj-no-tsnj-porto/): O coreógrafo e artista plástico de orixe húngara Josef Nadj presenta no Porto unha obra con vocación de arte total. En Mnémosyne, o díptico co que regresa aos escenarios do Teatro Nacional São João –unha exposición fotográfica e unha performance escénica–, Nadj tenta ligar diferentes disciplinas artísticas. Con Mnémosyne, Josef Nadj cruza a arte da imaxe con as artes escénicas, propondo un diálogo de miradas. Despois dos tableaux vivants de Les Corbeaux (2011), son as ras os modelos simbólicos que ocupan o lugar dos corvos. Foi a visión dunha ra, seca e esmagada, a que lle devolveu ao artista intensas memorias […] - [Voadora estrea 'Viñemos dalo todo' en Rianxo](https://erreguete.gal/2019/01/16/voadora-estrea-vinemos-dalo-rianxo/): A compañía Voadora comeza o ano coa estrea do seu novo espectáculo Viñemos dalo todo. O vindeiro 24 de xaneiro o Auditorio Municipal de Rianxo acolle a estrea desta nova obra, que se desenvolveu dentro do programa de Residencias Teatrais que o Concello de Santiago ofrece na Sala Agustín Magán. Viñemos dalo todo xorde despois de que a compañía impartise o laboratorio “Hemos venido a darlo todo” na Vª Muestra de Creación escénica – Surge Madrid, un obradoiro no que reflexionaban sobre como conxugar a individualidade e a pertenza a unha masa, as modas, as correntes, os egos e a necesidade […] - [A Panadaría e Eme2 estarán en MADferia 2019](https://erreguete.gal/2019/01/16/panadaria-eme2-estaran-madferia-2019/): Elisa e Marcela, d’A Panadaría e A leituga, de Eme2, estarán presentes en MADferia, a feria de artes escénicas de Madrid que comeza o vindeiro martes 22. Elisa e Marcela poderá verse o mércores 23, ás 17:00, mentres que A leituga se presentará o xoves 24 ás 18:30, ambas nas Naves del Matadero. MADferia é unha feria de artes escénicas que se celebra anualmente en Madrid no mes de xaneiro. Nace en 2004 co obxectivo principal de impulsar, dinamizar e xerar mercado no ámbito das artes escénicas. MADferia combina a exhibición das últimas creacións de artes escénicas do Estado, con actividades orientadas á […] - [Afonso Becerra presenta en Lisboa 'Confio-te o meu corpo'](https://erreguete.gal/2019/01/16/afonso-becerra-presenta-lisboa-confio-te-meu-corpo/): Afonso Becerra presentará en Lisboa, o vindeiro 19 de xaneiro, o seu libro Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática (Através Editora). O acto terá lugar no Teatro da Politécnica, as 18:30, e Jorge Silva Melo, director de Artistas Unidos, exercerá de anfitrión presentando e comentando a obra. Ademais, participarán a investigadora en artes performativas e teatro contemporáneo, Marisa F. Falcón e a escritora Teresa Moure, directora da colección Alicerces de Através Editora. O libro de Becerra trata de achegar luz sobre o chamado teatro posdramático, poñendo o corpo no centro do discurso e tratando de desenmascarar o logocentrismo que, segundo […] - [Chévere presenta a Biblioteca de Teatro de Kalandraka en Vigo](https://erreguete.gal/2019/01/15/chevere-presenta-biblioteca-de-teatro-de-kalandraka-vigo/): A editorial anuncia, ademais, a publicación de Citizen neste primeiro trimestre do ano.   O venres 18, no Teatro García Barbón, Chévere abrirá a tempada en Vigo de Afundación con Eroski Paraíso, pero un día antes, o xoves 17, integrantes da compañía e da editorial Kalandraka presentarán os tres primeiros volumes da colección Biblioteca de Teatro: Río Bravo, Annus Horribilis e Eroski Paraíso, na Libraría Cartabón da cidade olívica. A Biblioteca de Teatro da Editorial Kalandraka iniciouse con estas tres obras de Chévere e pretende documentar o teatro “feito a pé de escenario”, como precisa a compañía, da que é posible ir descubrindo “como transforma o […] - [O Colectivo Marciano Balboa preséntase con 'O inevitable'](https://erreguete.gal/2019/01/14/colectivo-marciano-balboa-presentase-inevitable/): Rambo comía noces negras dunha nogueira, e mentres se deixaba traspasar polo aroma dos ‘aligustres’, miraba a contorna da montaña e pensaba en salvar todos eses montes rectilíneos que parecían soldados. Diñeiro plantado en liña. Avergoñáballe formar parte daquela sociedade que se apropiaba das terras coma se as escrituras e os contratos fosen asinados directamente por Deus… Con esta sinopse de O inevitable, o seu primeiro espectáculo, preséntase o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura Iturralde, e un músico, Pablo Rega. O Inevitable é o seu primeiro directo, unha […] - [Pistacatro e Sincronacidas estarán en FETEN 2019](https://erreguete.gal/2019/01/12/esta-aberta-inscrcion-de-profesionais-feten-2019/): Pistacatro e Sincronacidas son as compañías galegas presentes nesta edición da Feira. Até o venres 25 de xaneiro estará aberto o prazo de inscrición de profesionais.   FETEN, a Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas, celebrará a súa vixésimo oitava edición, en Xixón, entre o domingo 17 e o venres 22 de febreiro de 2019. FETEN, seleccionou un total de 86 compañías para dar forma á programación da súa vixésimo oitava edición, que se desenvolverá na localidade asturiana do 17 ao 22 de febreiro. Máis de 200 representacións sucederanse durante seis intensas xornadas en diferentes escenarios da cidade (como […] - [IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia](https://erreguete.gal/2019/01/12/iv-mostra-de-teatro-afeccionado-val-minor-oia/): A partir de hoxe, sábado 12 de xaneiro, o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM. A programación consta dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis-Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo. A entrada será gratuíta e […] - [O FIOT recolle o Premio da Cultura Galega](https://erreguete.gal/2019/01/11/fiot-recolle-hoxe-premio-da-cultura-galega/): O presidente da asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro, desprazarase hoxe ao mosteiro de Montederramo para recoller, ás 12:00, o Premio da Cultura Galega concedido ao Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) na categoría de artes escénicas. Acompáñarano o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. En Artes Escénicas o recoñecemento foi para o Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT, todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia. Celébrase en Carballo desde 1992, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte en colaboración co Concello de Carballo. Desde o seu inicio foi medrando de […] - [O programa de residencias do CDG acolle a Proxecto Pank con Funboa Escénica](https://erreguete.gal/2019/01/10/programa-de-residencias-cdg-acolle-proxecto-pank-funboa-escenica/): O binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García porá en escena Masa madre + Sal marina os vindeiros venres 11 e sábado 12, Eso que vi, o domingo 13 e O que segue, o xoves 17.   O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, achegaralle ao público tres pezas escénicas asinadas por Proxecto Pank e Funboa Escénica. O Ciclo Pank 2019 arrancará co espectáculo Masa madre + Sal marina, que o binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García representará este venres 11 e o […] - [A sala Ingrávida convoca Sumidoiros 2018 para persoas en formación e compañías emerxentes](https://erreguete.gal/2019/01/10/sala-ingravida-convoca-sumidoiros-2018-persoas-formacion-companias-emerxentes/): A sala Ingrávida do Porriño ten aberto o prazo para presentarse ao certame Sumidoiros 2018. O Sumidoiros é un certame para persoas en formación teatral ou compañías emerxentes no que se pretende poñer en valor os traballos teatrais en risco de rematar nos sumidoiros culturais.   Condicións do certame: De todos os traballos presentados, a dirección da Sala Ingrávida fará unha selección que se representarán na sala os días 18 e 19 de Xaneiro de 2019. Das propostas que se representen, o público votará a gañadora do Sumidoiros Á gañadora do Sumidoiros terá unha residencia na Sala Ingrávida coa presentación do […] - [Jorge Louraço evoca a Beckett no Teatro Carlos Alberto do Porto](https://erreguete.gal/2019/01/09/jorge-louraco-evoca-beckett-no-teatro-carlos-alberto-porto/): Inspirándose na peza de Samuel Beckett Á Espera de Godot, Jorge Louraço Figueira presenta no Teatro Carlos Alberto (TeCA), entre os días 9 e 13 de xaneiro, o espectáculo À Espera de Beckett ou Quaquaquaqua. Estreada en novembro de 2017, a peza cruza lembranzas de personaxes de teatro con feitos históricos, facendo unha homenaxe especial a Francisco Ribeiro, coñecido como Ribeirinho. O ano de 1959 centra o espectáculo, sendo a data en que Ribeirinho dirixiu por primeira vez o clásico de Beckett –peza que, hai agora sesenta anos, foi tamén estreada no Porto, precisamente no Teatro Nacional São João. Polo medio […] - [Julio Fernández gaña o V Certamen Nacional de Textos Teatrales Cuenca a Escena](https://erreguete.gal/2019/01/09/julio-fernandez-gana-v-certamen-nacional-de-textos-teatrales-cuenca-escena/): O dramaturgo Julio Fernández Peláez (Manzanal de Arriba, Zamora) é o gañador do V Certamen Nacional de Textos Teatrales Cuenca a Escena e convértese no primeiro autor que repite premio no palmarés deste concurso literario, promovido pola compañía Palanka Teatro. Sembraré recuerdo é o título da obra gañadora desta edición, que será representada no mes de xuño no Teatro Auditorio de Cuenca polos alumnos do Taller de Experimentación Teatral que Palanka Teatro imparte na capital conquense. A obra de Fernández impúxose entre as máis de 70 pezas que participaron nesta edición e foi elixida por unanimidade dun xuri composto por María […] - [A Companhia de Teatro de Almada laureada como Membro Honorário da Ordem do Mérito de Portugal](https://erreguete.gal/2019/04/26/companhia-de-teatro-de-almada-laureada-membro-honorario-da-ordem-merito-de-portugal/): O Presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, referiuse á Companhia de Teatro de Almada como “uma instituição que no domínio da cultura tem conseguido ser um farol de Liberdade e de Resistência”. | Foto: Presidência da República Portuguesa |   O presidente da República Portuguesa agraciou á Companhia de Teatro Almada como membro honorario da Orde do Mérito, nun acto celebrado no Palacio de Belém e no que Marcelo Rebelo de Sousa quixo “saudar e decorar o que mellor temos no noso país, a varios títulos e en diversas áreas da vida nacional “. Nas palabras que precederon ao premio, o […] - [Mensaxe do Día Internacional da Danza 2019](https://erreguete.gal/2019/04/26/mensaxe-dia-internacional-da-danza-2019/): | Karima Mansour, Exipto |   No principio foi o movemento… e dende a alborada dos tempos, a danza foi un potente medio de expresión e de celebración. Dende os frescos atopados nos túmulos dos faraóns exipcios continuou a inspirar aos creadores até hoxe. O baile empregouse para evocar os moitos deuses e deusas da danza e todos os conceptos e sentidos que encerraban: o equilibrio co cal se conecta a xustiza, a musicalidade, o ton, a conciencia individual e cósmica, e moitos máis. Lin unha vez que “no tempo dos faraóns se pensaba que a danza elevaba o espírito do […] - [Celebrando o Día Internacional da Danza](https://erreguete.gal/2019/04/25/programa-especial-vigo-polo-dia-da-internacional-da-danza/): O Día Internacional da Danza celébrase o 29 de abril dende que fora establecido en 1982 polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Esta data conmemora o nacemento (en 1727) de Jean-Georges Noverre, bailarín e mestre considerado o creador do ballet moderno. Co gallo da súa celebración, hai previstas varias actuacións e programas especiais ao longo destes días: O Concello de Vigo programa unha fin de semana con tres espectáculos diferentes. O venres 26, ás 21:00, a compañía de Daniel Abreu presenta La desnudez, un espectáculo que obtivo tres galardóns na última edición dos Premios Max (Mellor […] - [Comeza a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense](https://erreguete.gal/2019/04/25/comeza-mostra-internacional-de-teatro-universitario-de-ourense/): A 24ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) arranca como xa é tradición coa actuación da Aula Universitaria de Ourense Rosaura, que interpretará na rúa do Paseo a súa obra Indo e vindo. Seguiralle ás 20.30 h a Aula Cordelia, que presentará no Teatro Principal de Ourense O corpo estelar. A nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario aposta máis unha vez pola diversidade cultural. Durante máis de dúas semanas Ourense gozará de representacións teatrais en diferentes recintos e de espectáculos nos que se mestura o circo e a danza nas rúas da cidade. Ademais dunha forte […] - ["Danza en tránsito" en Compostela](https://erreguete.gal/2019/04/25/danza-transito-compostela/): O programa desenvolverase o día 29 de Abril para conmemorar o Día Internacional da Danza.   Danza no aeroporto e nas estacións de ferrocarril e autobús de Santiago de Compostela é a proposta coa que a Deputación da Coruña conmemorará o vindeiro 29 de abril o Día Internacional da Danza. O programa “Danza en Tránsito” quere achegar ao público ao baile contemporáneo en espazos de movemento. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e a comisaria do programa, Rut Balbís, presentaron en rolda de prensa o programa “Danza en Tránsito” que o vindeiro día […] - [Os Monicreques de Kukas, premio Xiria ao Labor Teatral no seu 40º aniversario](https://erreguete.gal/2019/04/24/os-monicreques-de-kukas-premio-xiria-ao-labor-teatral-no-seu-40o-aniversario/): A Mostra de Teatro de Cangas outórgalle este galardón á veterana compañía e o Premio Mulleres en Acción á cantante Ses polo seu discurso a prol da igualdade.   Dous son os premios que a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) entrega cada ano. Nesta 36ª edición, o Premio Xiria ao Labor Teatral será entregado á compañía Os Monicreques de Kukas. A directiva destaca o “seu intenso labor artístico e teatral que, ao longo de 40 anos, abriu anovadores camiños tanto coa creación de inusitadas marionetas e monicreques como coa importante difusión, en lingua galega, dese particular […] - ['A Gala' de Licenciada Sotelo no TRC Danza](https://erreguete.gal/2019/04/24/gala-de-licenciada-sotelo-no-trc-danza/): A gala, último espectáculo da compañía Licenciada Sotelo, poderá verse este sábado 27 de abril no Teatro Rosalía de Castro, dentro do ciclo TRC Danza. A última peza da coreógrafa galega Nuria Sotelo parte da investigación da figura e obra da pintora surrealista Maruja Mallo como eixo do proceso creativo para A gala, unha peza para a que se rodea doutras artistas como as galegas Cris Vilariño, Andrea Quintana e Laura Iturralde ou a andaluza Rebeca Carrera. Ao máis puro estilo da xeración do 27, A gala xira arredor dunha ficción de partida: o proceso de creación para coreografar a entrega dos […] - [Xa se coñecen as obras galegas para Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/04/22/xa-conecen-as-obras-galegas-galicia-escena-pro/): Galicia Escena Pro xa ten a selección de espectáculos galegos para a edición de 2019, a primeira coorganizada por Escena Galega e Agadic. Despois de valorar os 59 espectáculos en formato completo e as 24 propostas en formato pitching presentadas, unha comisión conformada por Marta Núñez (Adulto), Begoña Llamosas (Infantil / Familiar), Raquel Hernández (Novas linguaxes) e Juan Rodríguez (en representación de Escena Galega), decidiu incluír en Galicia Escena PRO 2019 os seguintes espectáculos:   ESPECTÁCULOS EN FORMATO COMPLETO ADULTO: A compañeira de piso, de Contraproducións Bernarda,de Malasombra Producións Despois das ondas, de ButacaZero – Deputación da Coruña Dúas donas que […] - [Lectura de ‘A fada pirata’ de Carlos Labraña na Libraría Pedreira](https://erreguete.gal/2019/04/22/lectura-de-fada-pirata-de-carlos-labrana-na-libraria-pedreira/): Hoxe, na Libraría Pedreira de Compostela, as 19:30, o grupo Os furabolos presentará un espectaculo baseado na peza de teatro infantil A fada pirata de Carlos Labraña, unha obra na que se incide na igualdade de xénero e a paixón polos libros. A obra é unha das finalistas dos Premios Gala do Libro 2019 na categoría Teatro. Sinopse Din que existe unha illa perdida no medio do mar habitada por todo tipo de seres extraordinarios. Alí viven un trasno e mais un anano nunha cabana ao pé da praia. Todas as mañás saen co amencer na procura dalgunha lembranza que a marea […] - [FITEI e Dias da Dança únense nun gran festival para o Norte de Portugal](https://erreguete.gal/2019/04/22/fitei-dias-da-danca-unense-nun-gran-festival-norte-de-portugal/): A colaboración entre o DDD e o FITEI pode ser considerada como o maior festival de artes performativas de Portugal, con máis de 60 espectáculos entre o 24 de abril e o 25 de maio no Porto, Matosinhos, Gaia e Viana do Castelo. | Foto: Mats Bäcker (Autodance do Ballet da Ópera de Gotemburgo) |   O DDD (Dias da Dança) e o FITEI (Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica) uniranse nun só festival que xunta Porto, Matosinhos, Gaia e Viana do Castelo. A colaboración dos dous festivais convértese nun grande evento no Norte de Portugal: ao longo de 32 […] - [VIII Semana da Danza de Lugo](https://erreguete.gal/2019/04/21/viii-semana-da-danza-de-lugo/): A VIII Semana da Danza de Lugo, que se celebrará do xoves 25 de abril ao 14 de maio, inclúe diferentes e variados espectáculos de danza no Gustavo Freire e representacións de danza na rúa, ademais dun concurso coreográfico e sesións de distintas escolas. As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños. A programación é a seguinte:   Xoves, 25 de abril Ás 12:00 horas, representación didáctica para institutos de Pink Unicorns, con La Macana. Ás 18:00 horas, obradoiro para nais, pais e adolescentes con La Macana. Trátase dunha actividade de inmersión artística […] - [Unha exposición amosa a historia do Teatro Principal de Tui](https://erreguete.gal/2019/04/20/unha-exposicion-amosa-historia-teatro-principal-de-tui/): Este sábado, 20 de abril, ás 20.00, na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui, terá lugar a inauguración da exposición “Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal”. “Surge et Ambula. A memoria do Teatro Principal” toma o seu nome da frase acuñada na medalla conmemorativa dos Xogos Florais que aludía ao renacemento literario e que con esta exposición traslada esa alusión cara o inmoble. Na mesma a través de diferentes pezas, que orixinalmente formaron parte do mobiliario do hoxe en ruínas Teatro Principal, preténdese difundir a memoria deste teatro e amosar o valor deste inmoble que, durante a segunda […] - [Nova edición do Corufest, en maio](https://erreguete.gal/2019/04/19/nova-edicion-corufest-maio/): Do 9 ao 12 de maio celebrarase unha nova edición de Corufest, un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que pretende ser un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. O festival trae á cidade da Coruña ao gañador do premio Max 2016, Ángel Ruiz, coa súa obra sobre o pioneiro Miguel de Molina, a última obra de Teatro en Vilo, así como as propostas sobre xénero de Barba Inguinal, entre outras.   PROGRAMA 09/05/2019 FUNDACIÓN LUÍS SEOANE 20:30: BARBA INGUINAL (concerto/performance reformando o reggaetón) As integrantes de A […] - [Dez compañías galegas na XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia](https://erreguete.gal/2019/04/18/dez-companias-galegas-na-xx-mostra-de-teatro-universitario-de-galicia/): Dez traballos procedentes das tres universidades galegas conforman o programa da vixésima Mostra de Teatro Universitario de Galicia que se desenvolverá no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. Entre os días 22 de abril e 16 de maio, sete compañías da USC, dúas da Universidade de Vigo e unha da Coruña amosarán as súas montaxes escénicas dende as 21:00, con función dupla os días 14 e 16 de maio. A entrada é de balde previo paso polo despacho de entradas, aberto dende as 18:00 no caso do Teatro Principal e dende as 20:30 na Sala Roberto Vidal […] - [XI Semana do Teatro Amador de Tui](https://erreguete.gal/2019/04/18/xi-semana-teatro-amador-de-tui/): O Teatro Municipal de Tui acollerá do luns 22 ao sábado 27 de abril, coincidindo coas festas de San Telmo, a XI Semana do Teatro Amador, coa participación dos grupos de teatro tudenses. A presentación deste evento tivo lugar onte na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto a representantes dos grupos de teatro participantes: Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, Aloia da Asociación Aloia de Pazos de Reis, Chirlomirlo e Garabullada da Asociación Xuntanza de Randufe, e San Fins da Asociación San […] - [Teatro Art'Imagem presenta no Porto unha obra sobre a Revolucion do 25 de abril](https://erreguete.gal/2019/04/17/teatro-artimagem-presenta-no-porto-unha-obra-revolucion-25-de-abril/): Teatro Art’Imagem presenta hoxe, no Museu Militar do Porto (o antigo cuartel da PIDE, a policía política da ditadura), Os Anos que Abalaram o (Nosso) Mundo! – Cenas e Crónicas do 25 de Abril, o segundo espectáculo dun proxecto artístico denominado “Identificação do Meu País”, un ciclo que pretende acompañar a historia de Portugal desde 1945 até aos nosos días, através das memorias vividas do autor do texto e director. Un proxecto iniciado en 2017 con O Fascismo (Aqui) Nunca Existiu! (1945-1974). Na peza, que se estreará oficialmente os días 24 e 25 de abril no Forum da Maia, abórdase a […] - [O INAEM convoca o Premio de Teatro para Autores Noveis Calderón de la Barca](https://erreguete.gal/2019/04/17/inaem-convoca-premio-de-teatro-autores-noveles-calderon-de-la-barca/): Xa está aberto o prazo de presentación de obras para optar ao premio de autores noveis que o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca cada ano a través do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM). O obxectivo desta convocatoria, dotada con 10.000 euros, é recoñecer e promocionar o labor de novos autores de literatura dramática. Nesta edición de 2018, as solicitudes para o Premio de Teatro para Autores Noveles Calderón de la Barca poderan presentase ata o 6 de maio. Os solicitantes deberán presentar obras teatrais de tema orixinal cuxa duración sexa a normal dun […] - [Visitas guiadas ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira](https://erreguete.gal/2019/04/16/visitas-guiadas-ao-teatro-da-beneficencia-de-ortigueira/): O Concello de Ortigueira organiza visitas guiadas gratuítas ao Teatro da Beneficencia ata o 21 de abril, ás 13:15 e ás 19.00, sen necesidade de inscrición previa. Os e as asistentes -que terán acceso ao conxunto conventual do que forma parte o teatro e á exposición de Álvaro Fernández Polo que se mostra nestes momentos- poderán coñecer así a historia e peculiaridades deste edificio público, unha xoia da arquitectura de estilo italiano. O Teatro da Beneficencia está na á leste do edificio conventual, empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu a finais do século XIX […] - [Daniel Abreu xira por Galicia con 'La desnudez'](https://erreguete.gal/2019/04/15/daniel-abreu-xira-galicia-la-desnudez/): O coreógrafo e bailarín Daniel Abreu, Premio Nacional de Danza 2014, obtivo por La desnudez tres galardóns na última edición dos Premios Max (Mellor Espectáculo de Danza, Mellor Intérprete Masculino de Danza e Mejor Coreografía), o que converteu a obra na gran triunfadora da edición 2018. Dous anos despois da súa estrea, La desnudez inicia unha pequena xira por Galicia que levará a obra a Ourense (25 de abril), Vigo (26 de abril), Compostela (27 de abril) e, finalmente, ao Primavera en Danza de Carballo (4 de maio). La desnudez –que xa se puido ver no Festival Isto Ferve do Teatro […] - [O CCVF de Guimarães dedica o Día da Danza a Merce Cunningham](https://erreguete.gal/2019/04/15/ccvf-de-guimaraes-dedica-dia-da-danza-merce-cunningham/): No mes do centenario do nacemento de Merce Cunningham, o Centro Cultural Vila Flor (CCVF) de Guimarães celebra o Dia Mundial da Danza, o 29 de abril, co espectáculo Not a moment too soon, solo interpretado por Trevor Carlson, o último director da compañía de Cunningham. Este será o cumio dunha semana de celebración que inclúe un programa de formación para escolas de danza, un ensaio aberto do espectáculo, unha conversa con Trevor Carlson e a proxección de filmes feitos polo coreógrafo nos últimos anos de vida. | Foto: Yoana Miguel |   Not a moment too soon é o espectáculo […] - [Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE](https://erreguete.gal/2019/04/14/convocatoria-de-textos-galego-ciclo-de-lecturas-dramatizadas-da-sgae-2/): A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia, pon en marcha unha nova edición do ciclo de lecturas dramatizadas TEXTOS TEATRAIS EN GALEGO, co obxectivo de impulsar e apoiar a creación de obras dramáticas de autores socios da SGAE na Comunidade galega. Este programa quere promocionar a difusión de textos inéditos, contribuíndo a posibles producións escénicas. Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a todxs xs autores dramáticxs socixs da Sociedade Xeral de Autores e Editores que teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia. Unha vez se realice o protocolo de selección, […] - [Xose Prada gaña o Premio Platta de Teatro Breve - Galicia](https://erreguete.gal/2019/04/13/xose-prada-gana-premio-platta-de-teatro-breve-galicia/): Xosé Prada acadou o I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia coa peza Morreu a tía María. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. O xurado estivo composto por Joan Giralt, dramaturgo e docente na ESAD Galicia, a actriz Sonia Rúa e o crítico Manuel Xestoso, actuando como secretario con voz pero sen voto Pedro Pablo Riobó, da erregueté. O xurado valorou de xeito especial o excelente uso da lingua, a axustada construción dramática da obra e a súa adscrición á tradición popular do teatro galego. […] - [Convócanse as subvencións a festivais de artes escénicas e música](https://erreguete.gal/2019/04/13/convocanse-as-subvencions-festivais-de-artes-escenicas-musica/): O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional cunha dotación de 530.000 euros. Desta contía, 340.000 euros destínanse especificamente aos eventos musicais e os 190.000 euros restantes, aos escénicos. Poden optar a esta convocatoria as entidades privadas ou administracións locais organizadoras de festivais que se celebren entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019, que conten cunha traxectoria de polo menos dúas edicións anteriores e […] - [Tamara Canosa: “A nosa liña de acción é apostar por un teatro que busque tocar onde non se toca”](https://erreguete.gal/2019/04/12/tamara-canosa-nosa-lina-de-accion-apostar-teatro-busque-tocar-onde-non-toca/): Tamara Canosa dirixe Liberto, a primeira montaxe de Marelas Producións cun elenco formado por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao. Finalista nos Premios Max na categoría de Autoría Revelación e Premio Butaca ao mellor texto teatral, Liberto é unha peza de Gemma Brió coa que nos achegamos á historia de Ada, unha nai que relata os 15 días de vida do seu fillo. Despois da súa estrea no Teatro Colón, este sábado 13 de abril, preséntase a partir das 21:00 no Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo) . | Vanesa M. Sotelo |   Liberto é unha obra que aborda […] - [Xabier Deive, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices](https://erreguete.gal/2019/04/12/xabier-deive-novo-presidente-da-asciacion-de-actores-actrices/): Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na nova secretaria da Asociación.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, escolleu en Asemblea o pasado domingo a súa nova Xunta Directiva. Xabier Deive é o novo presidente, mentres que Mónica García asume a vicepresidencia e Sheyla Fariña convértese na secretaria da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Xosé Barato, Eva Fórneas Braña, Davide González, Laura Míguez, Fernando González, Paula Morado, Sara Fandiño, Diego Freire, Marián Bañobre e Adrián Ríos. […] - [O CDG inicia os domingos de conciliación de ‘Neorretranca e Posmorriña’](https://erreguete.gal/2019/04/12/cdg-inicia-os-domingos-de-conciliacion-de-neorretranca-posmorrina/): A compañía pública ofrece este servizo gratuíto para que a cativada poida gozar dun obradoiro impartido por Elea López na Fundación Granell de Santiago mentres os seus maiores asisten á representación do espectáculo no Salón Teatro.   O Centro Dramático Galego (CDG) inicia pasado mañá os Domingos de Conciliación asociados á representación da súa nova produción, Neorretranca e posmorriña, no Salón Teatro de Santiago. Trátase dun servizo gratuíto pensado para que as nenas e nenos gocen dun taller de artes escénicas mentres os seus maiores asisten ao espectáculo. Elea López, colaboradora habitual nas actividades infantís desenvolvidas polo Centro Dramático Galego, volverá […] - [Sete espectáculos na Tempada de Teatro do Pazo da Cultura de Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/04/11/sete-espectaculos-na-tempada-de-teatro-pazo-da-cultura-de-pontevedra/): Sete espectáculos terán lugar no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre maio e novembro de 2019 dentro do ciclo “Tempada de Teatro”. A escolma está composta por un único espectáculo de danza, Growing Young (4 de outubro) e 6 pezas teatrais.   ¿Quién es el Señor Schimitt? – 10 de maio ás 21:00. O señor e o señora Carneiro cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono. Pero os Carneiro non teñen teléfono. O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schimitt…E o que é máis estraño aínda, os Carneiro descobren que están encerrados no interior dunha […] - [Primavera en Danza volve a Carballo](https://erreguete.gal/2019/04/11/primavera-danza-volve-carballo/): Cinco compañías galegas e unha madrileña ofreceran un programa que combina propostas arriscadas con outras máis accesibles a todo tipo de público.   A Mostra Primavera en Danza de Carballo celebrará a súa décimo sétima edición do 26 de abril ao 12 de maio cunha carteleira que inclúe cinco citas coreográficas: Entresoños, de Fran Sieira (26 de abril); Pink Unicorns, de La Macana (27 de abril); Plastic, de Paula Quintas (3 de maio); La desnudez, de Daniel Abreu (4 de maio), e Gaia, de Entremans (5 de maio). Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional […] - ['Je suis narcissiste', a ópera dirixida por Marta Pazos, chega ao Teatre Lliure](https://erreguete.gal/2019/04/11/je-suis-narcissiste-opera-dirixida-marta-pazos-chega-ao-teatre-lliure/): A ópera Je suis narcissiste, a obra coa que Marta Pazos debuta no xénero, coproducida polo Teatro Español, o Real e o Lliure, chega ao Teatre Lliure de Barcelona do 12 ao 14 de abril. A ópera, con música de Raquel García Tomás e libreto de Helena Tornero, recupera a tradición da ópera bufa e está concibida e escrita na tradición máis xenuína do xénero, ao xeito das comedias clásicas que se caracterizaban por ridiculizar vicios encarnados por un personaxe. Je suis narcissiste preséntanos unha organizadora de eventos culturais que vive cada día coma unha carreira de obstáculos que se interpoñen entre ela […] - [Marlene Montero Freitas e Martin Crimp no TNSJ do Porto](https://erreguete.gal/2019/04/10/marlene-montero-freitas-martin-crimp-no-tnsj-porto/): Cattivo A convite da BoCA –Biennial of Contemporary Arts–, un conxunto de performers reúnese para unha estrea mundial no Mosteiro de São Bento da Vitória. Entre 10 e 18 de abril, no Mosteiro de São Bento da Vitória do Porto, Cattivo xunta Marlene Monteiro Freitas, Yannick Fouassier, Tiago Cerqueira, Miguel Figueira e André Calado nunha instalación para atrís de partituras e outros materiais. No espectáculo – unha coprodución do São Luiz Teatro Municipal, Wiener Festwochen e o TNSJ – explóranse as propiedades expresivas dos atrís, que teñen a capacidade de encarnar estados emocionais e tomar decisións. En estrea mundial, Cattivo é […] - [O CDG estrea 'Neorretranca e posmorriña'](https://erreguete.gal/2019/04/09/cdg-estrea-neorretranca-posmorrina/): As dúas pezas do espectáculo –Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte– ofrecen dúas olladas diferentes sobre a identidade galega como eixo temático común   O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves día 11 no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por un elenco de 10 actrices. Baixo este título, a compañía pública pon en escena as pezas Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, […] - [Comeza a III edición de "Falando a boca chea" na Coruña](https://erreguete.gal/2019/04/09/comeza-iii-edicion-de-falando-boca-chea-na-coruna/): O festival inclúe este ano unha homenaxe a Xabier P. Docampo.   O Fórum Metropolitano da Coruña acolle no mes de abril a terceira edición do festival Falando a boca chea, que contará con destacadas voces da narración oral en Galicia co obxectivo de achegala a un público de todas as idades. O festival, que terá lugar entre hoxe e o domingo 14 de abril, ten como obxectivo dar pulo á tradición da narración oral galega, e empregará distintas localizacións do Fórum Metropolitano para mostrar espectáculos adaptados a todas as idades e unha programación axustada en distintos horarios para que a […] - [PT Excéntricas estrea' Cartoóns' en Rianxo](https://erreguete.gal/2019/04/09/pt-excentricas-estrea-cartoons-rianxo/): A compañía anuncia, ademais, a estrea dunha versión de Medida por medida, de Shakespeare, en outubro, no FIOT de Carballo.   Producións Teatrais Excéntricas celebra neste 2019 o seu 15º aniversario e faino con varias estreas: tras Vacas, Guerras, Porcos e Cregos (8 de xaneiro en Madrid) e Tres Vellas, polo menos (16 de febreiro en Vimianzo) –espectáculos unipersoais de Quico Cadaval– e Carpe Diem (27 de febreiro en Santiago de Compostela), esta semana estrean Cartoóns,en coprodución con Teatro de Adro, o primeiro espectáculo infantil na historia da compañía. A función será este sábado 13 de abril, ás 19:00, no Auditorio Municipal de Rianxo. Cartoóns […] - [Narradorxs orais reclámanlle á Xunta a mellora da rede de contratación nas bibliotecas](https://erreguete.gal/2019/04/09/narradorxs-orais-reclamanlle-xunta-mellora-da-rede-de-contratacion-nas-bibliotecas/): O Colectivo de Narradoras e Narradores Orais de Galicia –integrado por 52 profesionais, asociacións, empresas galegas e cooperativas dedicadas á narración oral e que habitualmente desenvolven parte importante do seu traballo nas bibliotecas de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais– vén de asinar un manifesto no que cifra nun 22% as perdas do colectivo por mor da política de contratación da Xunta nas bibliotecas. O manifesto relata que no ano 2018 os narradores e narradoras participantes no catálogo só puideron ser contratados nos meses de maio (dende o día 16), xuño, […] - [Barriga Verde no museo etnográfico de Castela e León](https://erreguete.gal/2019/04/09/barriga-verde-no-museo-etnografico-de-castela-leon/): A partir de mañá, 10 de abril, e ata o vindeiro 1 de setembro, o Museo Etnográfico de Castela e León en Zamora mostrará a exposición “Barriga Verde: de feria en feria”, encadrada no “Proxecto Barriga Verde” da Asociación Cultural Morreu o Demo. A exposición pretende mergullar ao visitante no fantástico mundo en que naceron Barriga Verde e os seus parentes, percorrer as súas orixes, internarse nas bambolinas das barracas e teatriños e coñecer os segredos dos titiriteiros que fixeron posible a maxia destes monicreques ata a desaparición de moitos deles, “coincidindo con aquelas feiras de cando o cine e a televisión non […] - [Os Náufragos Teatro estrea 'Karelu' na Coruña](https://erreguete.gal/2019/04/08/os-naufragos-teatro-estrea-karelu-na-coruna/): A compañía Os Náufragos Teatro estrea este sábado 13 de abril, ás 20:30, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, a súa nova montaxe, Karelu, de Gustavo del Río e Ismael Gil Candal. Os Náufragos Teatro continúa o traballo de anteriores montaxes colaborando cun equipo artístico estable que lles acompaña dende os seus comezos como compañía madrileña de artistas galegos, ademais de continuar con postas en escea que definen a estética e a ética da compañía. Desde o deseño de luces de Esther Aja ata a escenografía de Marisa Delaiglesia. No equipo encóntrase Denis Gómez e Gustavo del Río, dous valores fixos […] - [AveLina Pérez participará no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid](https://erreguete.gal/2019/04/07/avelina-perez-participara-no-torneo-de-dramaturxia-teatro-espanol-de-madrid/): AveLina Pérez participará na terceira edición do Torneo de Dramaturxia organizado polo Teatro Español. O 17 de maio enfrontarase a Roberto Santiago nesta peculiar competición que xorde dunha idea orixinal de Jordi Casanovas para o Festival Temporada Alta. En anteriores edicións deste torneo participaron Santiago Cortegoso e Clara Gayo. Autora de obras como Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (editado pola erregueté), O día no que bicar a terra –gañadora do último Premio Abrente–, ou Ás oito da tarde, cando morren as nais –obra gañadora do último Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais–, tamén está vinculada ao teatro social, como […] - [Gran Gala do Circo en Compostela, da man de Pistacatro](https://erreguete.gal/2019/04/06/gran-gala-circo-compostela-da-man-de-pistacatro/): O Concello de Santiago adiántase ós festexos do Día Mundial do Circo –que se celebra o 21 de abril– coa Gran Gala de Circo con Pistacatro. Será este domingo 7 de abril, ás 18:30, no Auditorio de Galicia.   Compostela é unha cidade de circo, numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día, o Día Internacional do Circo, facendo unha mostra do mellor do seu traballo dos mellores números dos colegas do estado. A Gran Gala de Circo contará unha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas. A fórmula do cabaret colectivo sempre foi […] - [Chévere presenta o libro dos proxectos escénicos sementados na Berberecheira](https://erreguete.gal/2019/04/06/chevere-presenta-libro-documenta-os-proxectos-escenicos-sementados-na-berberecheira/): Berberecheira: laboratorio de creación escénica de Chévere é un novo libro publicado por Chévere que recolle os textos de Goldi Libre, de César Goldi, Salvador, de Borja Fernández e de Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro. Os tres son espectáculos “sementados” na Berberecheira, xunto a imaxes dos procesos de traballo e das obras e cuns textos ddos autores que reflexionan sobre a experiencia de levar a vida propia ao escenario. A Berberecheira é un laboratorio de creación escénica promovido e xestionado polo grupo Chévere, que forma parte do plan de residencias desenvolvido pola compañía no concello de Teo. Unha iniciativa que […] - [Festival de Teatro Escolar en Palas de Rei](https://erreguete.gal/2019/04/06/festival-de-teatro-escolar-palas-de-rei/): O XII Festival Galego de Teatro Escolar de Palas de Rei celebrarase o sábado 6 de abril no Salón de actos da Casa de Cultura de Palas de Rei e no Castelo de Pambre. Este evento está organizado polo Obradoiro Municipal de Teatro en colaboración co Concello de Palas, a Asociación Cultural A Fonte de Merlán, o Grupo de música e baile tradicional Palacio do Rei, a Coral Polifónica de Palas, Alentía Teatro e Metátese Teatro. Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Laxe, Compostela, Palas de […] - [Comeza a Mostra de Títeres de Ribeira](https://erreguete.gal/2019/04/05/comeza-mostra-de-titeres-de-ribeira/): Este sábado 6 de abril comeza a XII Mostra de Títeres de Ribeira, Titiritando, que busca iniciar ao público infantil nas artes escénicas. Dona Barriga Verde, de Larraitz Producións Artísticas, será a obra encargada de abrir o ciclo. O espectáculo supón unha actualización das formas e dos xeitos do clásico personaxe dos monicreques de cachiporra, achegando unha protagonista feminina que, sen perder os gags clásicos, fomenta novas visións aos roles de xénero e aos estereotipos dos monicreques. O vindeiro día 13, na Porta do Sol, ás 19:00, Seisdedos poñerá en escena O galo Quirico e os seus amigos, unha peza protagonizada […] - ['Invisibles', de Redrum Teatro, Premio Luísa Villalta](https://erreguete.gal/2019/04/05/invisibles-de-redrum-premio-luisa-villalta/): A achega do espectáculo Invisibles, de Redrum Producións, ao público dos centros de ensino medio con representacións en grandes espazos escénicos foi merecente dun dos Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña. Invisibles é o único proxecto de artes escénicas premiado, dentro dun palmarés que recompensa, maiormente, proxectos audiovisuais, como Mulleres que lideran o mar de Coop4equality Proxectos de Innovación Social; Nación, un sitio onde pousar a cabeza, arredor das mulleres que se fixeron eco na sociedade industrial, de Nós, Produtora Cinematográfica Galega; Dorothé na Vila, arredor da musicóloga e compositora suíza que recompilou o cancioneiro popular galego, Dorothé […] - ['Manoliño Nguema' no Play Doc de Tui](https://erreguete.gal/2019/04/05/manolino-nguema-no-play-doc-de-tui/): Este sábado 6, ás 21:30, dentro do programa do Play Doc de Tui, exhibirase a película Manoliño Nguema. A película conta a historia de Marcelo Ndong –un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial)–, que recibe unha inesperada proposta: como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será él. A súa propia vida. Marcelo Ndong, tamén coñecido como Manoliño Nguema, naceu en Malabo cando o país aínda era unha colonia de España. En 1968 viaxou a Galicia grazas a unha bolsa de estudos que […] - [O Concello de Tui presentou o libro 'O Teatro de Tui'](https://erreguete.gal/2019/04/05/concello-de-tui-presentou-libro-teatro-de-tui/): Na mañá de onte presentouse na casa do concello de Tui o libro O Teatro de Tui sobre o Teatro Principal de Tui, que foi editado polo Concello cunha tirada de 500 exemplares, e escrito por membros da extinta Fundación Teatro Principal. No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador, Suso Vila, autor da obra. O obxectivo do libro, que comezou a redactarse hai preto de 20 anos, era que a Fundación tivese un mecanismo de divulgación sobre a historia do teatro, as súas actividades e a importancia […] - [A adaptación cinematográfica de 'Eroski Paraíso' abrirá o Festival de Cans](https://erreguete.gal/2019/04/04/adaptacion-cinematografica-de-eroski-paraiso-abrira-festival-de-cans/): ACTUALIZADA | A proxección de Eroski Paraíso será o xoves 23, ás 20:00, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño e contará coa presenza dos directores, parte do elenco e o equipo técnico. A canción oficial do Festival correrá a cargo de Fernando Epelde, dramaturgo e músico cuxa obra será obxecto dunha retrospectiva dentro do programa deste ano.   A XVI edición do Festival de Cans abrirá o 22 de maio coa estrea de Eroski Paraíso, a adaptación cinematográfica da obra da compañía Chévere dirixida por Jorge Coira. Trátase dunha co-produción independente realizada sen subvencións públicas, co soporte humano, material e loxístico das dúas […] - ["As fillas bravas" de Chévere contra o cambio climático](https://erreguete.gal/2019/04/04/as-fillas-bravas-de-chevere-cambio-climatico/): As Fillas Bravas, personaxes creados pola compañía Chévere, serán as protagonistas do evento climático organizado este ano no marco do proxecto Descarboniza! Que non é pouco… O espectáculo Bravas fronte ao cambio climático, que contará tamén coa participación do contacontos Celso F. Sanmartín, celebrarase no Teatro Principal o próximo 10 de abril.   As Fillas Bravas, son personaxes creados pola compañía Chévere, “tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai, e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo”. A súa participación no evento […] - [De Ste Xeito estrea 'Running' en Vigo](https://erreguete.gal/2019/04/04/de-ste-xeito-estrea-running-vigo/): O Auditorio Municipal de Vigo acolle este venres, 5 de abril, ás 21:00, a estrea de Running, unha comedia da compañía De Ste Xeito, escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. Running, que dende a produtora definen como “unha suorosa comedia”, é a segunda colaboración de Carrodeguas con De Ste Xeito, despois de Loló e Mamá, estreada agora hai un ano tamén en Vigo. Running presenta fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeño coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. […] - [Ana Vallés, finalista do Premio Max á Mellor Dirección Escénica](https://erreguete.gal/2019/04/03/ana-valles-finalista-premio-max-mellor-direccion-escenica/): Vallés desputará o galardón con Silvia Munt e Xavier Albertí na gala que se celebrará o próximo 20 de maio.   O Comité Organizador da 22º edición dos Premios Max deu a coñecer onte os finalistas das 19 categorías a concurso, confirmando a Ana Vallés como unha das tres finalistas ao Premio Max á Mellor Dirección Escénica polo espectáculo Circo de pulgas, producido por Matarile Teatro. Vallés, nada en Ferrol, está á fronte da compañía dende hai máis de 30 anos e colleitou numerosos recoñecementos dentro e fóra das nosas fronteiras. En compañía de Baltasar Patiño, sacou adiante outros importantes proxectos […] - [A AAAG leva ao Parlamento a preocupación pola deriva do Centro Dramático Galego](https://erreguete.gal/2019/04/02/aaag-leva-ao-parlamento-preocupacion-pola-deriva-centro-dramatico-galego/): A AAAG trasládalle aos grupos parlamentarios a necesidade de instar á Xunta de Galicia para que inicie un proceso para dotar ao Centro Dramático Galego dun marco legal e dunha autonomía real que permita o seu normal funcionamento.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) reuniuse esta mañá cos grupos parlamentarios do PsdeG, En Marea e BNG para transmitirlles a preocupación polo esmorecemento e a burocratización do Centro Dramático Galego (CDG), institución de teatro público dependente da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, na compaña de Roberto Pascual, director da Mostra Internacional […] - [IV Congreso Internacional 'Performa'](https://erreguete.gal/2019/04/02/iv-congreso-internacional-performa/): O IV Congreso Internacional ‘Performa’ terá lugar na Universidade de Santiago de Compostela entre o 27 e o 29 de novembro do 2019. Vén pechar un ciclo de traballos que comezaron no 2014 no marco do proxecto de investigación PERFORMA: “O teatro fóra do teatro. Performatividades contemporáneas na era dixital”, desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Université Toulouse – Jean Jaurès e a Universidad Carlos III de Madrid. O Congreso contará con relatores convidados como Hans-Thies Lehmann e Eleni Varopoulou.   Chamamento para contribucións Nun primeiro momento (Santiago de Compostela, setembro do 2015) exploráronse as novas formas […] - [Comeza en Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo](https://erreguete.gal/2019/04/02/comeza-cangas-x-ciclo-de-teatro-afeccionado-morrazo/): O martes 2 de abril arrinca no Auditorio Municipal de Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) cun programa que, agás o 16 de abril, se desenvolve todos os martes ata o 4 de xuño. O pregón inaugural correrá a cargo da actriz moañesa Antía Costas ás 20.15 horas para continuar coa actuación de Avelaíña Teatro que presenta A ópera de a patacón, de Roberto Vidal Bolaño. Nesta nova edición do CITEAMOR participan doce grupos de teatro, once deles da comarca. Do total, catro pertencen a distintas asociacións culturais (Grupo de Teatro Charaviscas, Os deslinguados, Petanaporta Teatro e […] - [A MITEU Ourense comeza este 25 de abril](https://erreguete.gal/2019/04/01/miteu-ourense-comeza-este-25-de-abril/): A programación desenvolverase do 25 de abril ao 11 de maio.   A 24ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) xa ten datas. Do 25 de abril ao 11 de maio, diversos escenarios da cidade, entre eles o campus de Ourense, acollerán unha intensa programación de 28 espectáculos nos que non só haberá teatro, senón tamén danza e música e que unha vez máis apostará non só por divertir ao público senón tamén por suscitar a reflexión sobre preocupacións sociais, como a migración. A programación desta edición foi presentada este luns no Teatro Principal, destacando Esther de […] - [Viravolta estrea 'Contos ao pé da cama' en Lalín](https://erreguete.gal/2019/03/30/viravolta-estrea-contos-ao-pe-da-cama-lalin/): O Salón Teatro de Lalín acolle este domingo, 31 de marzo, a estrea de Contos ao pé da cama, da compañía lalinense Viravolta Títeres. A representación será a partir das 18:00 horas e, cun prezo de 3 euros, a beneficio da asociación Aspadeza. Contos ao pé da cama é un espectáculo de monicreques sobre “os fantásticos soños de Emo. Soños cheos de humor, de perigos, de sobresaltos, de monstros e, tamén, de aventura”. A obra está dirixida aos máis pequenos e combina distintas técnicas de manipulación de marionetas: de varas, de sombras e títeres de luva. A obra pretende incidir no […] - [Touro acolle o IX Festival Galego de Teatro Escolar](https://erreguete.gal/2019/03/30/touro-acolle-ix-festival-galego-de-teatro-escolar/): Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Laxe, Compostela, Palas de Rei e A Estrada).   O Festival de teatro escolar está organizado pola ANPA do CPI de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, o grupo As Nenas do Sapo Dourado, Loxo; a Asociación Cultural A Pinguela de Bama e a Banda de Música Isabel II de Touro. Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Laxe, Compostela, Palas de […] - [Bucanero Teatro estrea 'Sesión continua' en Vigo](https://erreguete.gal/2019/03/30/bucanero-teatro-estrea-sesion-continua-vigo/): O Teatro García Barbón de Vigo (Afundación) acolle hoxe, a partir das 21:00, a estrea do espectáculo de Bucanero Teatro Sesión continua, un texto de Irmáns da Costa que conta coa dirección de Lino Braxe e a interpretación de Sabela Hermida, Xosé Bonome e Pedro Picos. Trátase dunha homenaxe ao mundo do cine, un percorrido, en clave de comedia, por grandes éxitos cinematográficos, como 2001. Una odisea en el espacio, El resplandor, Pulp Fiction, Fiebre del sábado noche, Instinto básico e Psicosis, entre outros. Sesión continua é un espectáculo de humor onde o deseño lumínico e o traballo dos actores son […] - [Encontro entre as dramaturxias galega e portuguesa](https://erreguete.gal/2019/03/30/dramaturxias-galegas-portuguesas-no-consello-da-cultura/): O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha o programa Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Nesta primavera de 2019 inaugúrase o ciclo en Galicia o ciclo, primeiro en Compostela e despois en Vigo, coas dramaturgas Patrícia Portela e Lina Pérez. Poderán escoitarse os seus textos orixinais nas voces de alumnado da ESAD e de parte […] - [Ana Romaní ingresa na Academia o 6 de abril, nun pleno extraordinario en Noia](https://erreguete.gal/2019/03/29/ana-romani-ingresa-na-academia-6-de-abril-nun-pleno-extraordinario-noia/): O acto, aberto ao público, terá lugar o sábado 6 de abril a partir das 12:00 no Teatro Coliseo Noela, na localidade natal da académica electa.   Ana Romaní será a partir do sábado 6 de abril académica de número da Real Academia Galega. A escritora e xornalista ingresará na institución nun pleno extraordinario público que terá lugar a partir das 12:00 horas no Teatro Coliseo Noela, en Noia, a localidade onde naceu e espazo vital esencial no seu espertar como poeta. Ocupará a cadeira vacante producida polo pasamento de Xohana Torres, un dos seus referentes literarios, cun discurso titulado Táctil […] - [Zamora acolle o Festival de Teatro Transfronteirizo os días 29, 30 e 31 de marzo](https://erreguete.gal/2019/03/29/zamora-acolle-festival-de-teatro-transfronteirizo-os-dias-29-30-31-de-marzo/): O Festival de Teatro Transfronteirizo de Castela-León desenvólvese en Zamora os días 29, 30 e 31 de marzo con participación de grupos de teatro non profesionais de Castela, Galicia e Portugal. O evento, que se enmarca dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador –formada pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA e a erregueté– inclúe un programa que combina a exhibición de espectáculos, a formación e as lecturas dramatizadas en tres linguas do texto gañador do I Premio Platta de Teatro Breve. […] - [Agadic convoca axudas para salas escénicas privadas](https://erreguete.gal/2019/03/29/agadic-convoca-axudas-salas-escenicas-privadas/): A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de subvencións a salas privadas de artes escénicas para 2019, que reformula as súas bases respecto ás do ano pasado para engadir a través desta vía o financiamento da programación da Rede Galega de Salas. Así, este circuíto cultural da Xunta pasará a estar integrado exclusivamente por aqueles locais adxudicatarios desta convocatoria, á que poden optar salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade máxima de 150 localidades que, entre outros requisitos, presenten un proxecto de programación artística para este ano e tivesen […] - [Talía estrea 'A primeira vez' de Michal Walczak](https://erreguete.gal/2019/03/28/talia-estrea-primeira-vez-de-michal-walczak/): O Teatro Principal da Estrada acolle mañá, 29 de marzo, ás 21:00, a estrea do espectáculo A primeira vez, a cargo da compañía Talía Teatro. En A primeira vez, Artur Trillo dirixe e versiona ao galego un texto do autor polaco contemporáneo Michal Walczak, un dos expoñentes da nova escena europea. Na peza abórdanse as relacións de parella e a incomprensión desde unha perspectiva traxicómica que reflicte as tensións humanas, con crueldade pero tamén con sentido do humor. Na interpretación están María Ordóñez e Toño Casais, habituais de Talía Teatro, que dan vida aos protagonistas da obra, Mada e Carlos. A primeira […] - [Xornadas de mediación cultural no Consello da Cultura Galega](https://erreguete.gal/2019/03/28/xornadas-de-mediacion-cultural-no-consello-da-cultura-galega/): O martes 9 de abril o Consello da Cultura Galega acolle unha xornada dedicada á animación sociocultural. O evento enmárcase dentro dun ciclo de catro xornadas de Mediación Cultural organizado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG que se desenvolverá nos próximos meses co obxecto de trazar unha panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas que se centran en facilitar o acceso da cidadanía á cultura e propiciar a participación cidadá no feito creativo. A primeira das xornadas, dedicada á animación sociocultural é á cultura colaborativa, ten como obxectivo contrastar os marcos teóricos e as metodoloxías empregadas por […] - [O Festival Atlántica pecha a súa sétima edición batendo récords](https://erreguete.gal/2019/03/28/festival-atlantica-pecha-sua-setima-edicion-batendo-records/): 8080 espectadores, 12 xornadas, 30 artistas, 90 funcións e 16 concellos son as cifras que confirman o Atlántica como o encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica.   O Festival Atlántica vén de clausurar oficialmente a súa sétima edición o pasado sábado, 23 de marzo, logo de 12 xornadas que se desenvolveron en 16 concellos diferentes. As cifras deste ano converten ao festival no encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica: 8080 espectadores, 30 artistas e 87 funcións. Soledad Felloza, directora do Atlántica, salienta que esta edición “é a da consolidación pero tamén a da apertura de […] - ['The Island': teatro de Burkina Faso no Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2019/03/27/the-island-teatro-de-burkina-faso-no-rosalia-de-castro-da-coruna/): Coincidindo co Día Mundial do Teatro, o Teatro Rosalía de castro da Coruña programa a representación de The Island, que se enmarca dentro do Festival Nómade de Cultura Africana Harmatán. A Coruña será un dos tres municipios do Estado, xunto con Murcia e Móstoles, nos que se poderá gozar deste espectáculo, que estará acompañado, ademais da función teatral da compañía Deux Temps Trois Movements, de Burkina Faso, dunha completa programación con peza de danza, charla e proxección cinematográfica. Esta obra recrea unha historia real sobre a experiencia do autor Athol Fugard e a súa compañía de teatro surafricana “Serpent Players”, creada […] - [O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase do 13 ao 19 de maio](https://erreguete.gal/2019/03/27/xx-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-celebrarase-13-ao-19-de-maio/): Un total de 31 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Aragón, Castela-León e Galicia compoñen o cartel da 20ª edición do XX Festival Internacional de Títeres de Redondela que se desenvolverá do 13 ao 19 de maio. Xunto coa campaña escolar, a programación de sala e de espectáculos na rúa, a estrutura habitual verase reforzada e enriquecida por un maior número de espectáculos itinerantes e concertos familiares. Máis de 500 compañías actuaron en Redondela dentro do evento organizado pola Asociación Xente Titiriteira. Coa intención de agradecer o seu compromiso ao longo das dúas décadas de […] - [Os Monicreques de Kukas celebran 40 anos coa estrea de 'Arlequina'](https://erreguete.gal/2019/03/27/os-monicreques-de-kukas-celebran-40-anos-coa-estrea-de-arlequina/): Os Monicreques de Kukas celebran o seu 40 aniversario como compañía e fano estreando Arlequina no Teatro Principal. Será este xoves 28 de marzo, ás 20:30, e repetirán función para público familiar o venres 29 e o sábado 30, neste caso ás 18:30. Arlequina é un espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de monicreques e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e […] - [Compostela acollerá en 2020 o I Congreso Internacional do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2019/03/27/compostela-acollera-2020-i-congreso-internacional-teatro-galego/): O edificio Cinc da Cidade da Cultura acollerá, entre o 25 e o 28 de marzo de 2020, o I Congreso Internacional do Teatro Galego, organizado pola Academia Galega de Teatro. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o Congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década.   Na presentación, celebrada onte no Consello da Cultura Galega, participaron Dores Vilavedra, en representación da institución; a presidenta da Academia Galega de Teatro, Inma António Souto, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo. […] - [Barriga Verde entra na RAG](https://erreguete.gal/2019/03/26/barriga-verde-entra-na-rag/): Comba Campoy, autora de Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde, manterá unha conversa co profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e actor, Santi Prego, sobre Barriga Verde, o monicreque máis célebre do país. O acto celebrarase no salón de actos da Real Academia Galega hoxe, martes 26 de marzo, ás 19:30. Campoy presentará o seu libro e conversará con Santi Prego sobre o mundo das feiras e as formas teatrais populares. O acto contará tamén coa presenza do xornalista Raimundo García, fillo de Raimundo García Borobó, que nos seus […] - [O CDG celebra o Día do Teatro cunha xornada de portas abertas](https://erreguete.gal/2019/03/25/cdg-celebra-dia-teatro-cunha-xornada-de-portas-abertas/): O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá co público a celebración do Día Mundial do Teatro o vindeiro mércores 27 de marzo cunha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago. Como en anos anteriores, o programa de visitas guiadas Que se agocha tras o pano? ofreceralles aos asistentes un percorrido polas instalacións do Salón Teatro, ao tempo que lles permitirá coñecer a historia deste edifico da zona histórica compostelá e se achegar ao traballo cotiá do oficio teatral. Esta iniciativa desenvolverase en catro quendas, que terán lugar ás 13:00, 16:30, 18:00 e 19:30 para un máximo de 10 persoas por […] - [A Academia de Teatro presenta o I Congreso Internacional do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2019/03/24/academia-de-teatro-presenta-i-congreso-internacional-teatro-galego/): A Academia Galega de Teatro presentará o vindeiro martes 26 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, o I Congreso Internacional do Teatro Galego. Este I Congreso Internacional do Teatro Galego, que está organizado coa colaboración de diversas institucións e asociacións sectoriais tanto de Galicia coma de fóra, celebrarase no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de marzo de 2020. No acto, ao que xa confirmaron asistencia outras autoridades e personalidades do sector político, asociativo e cultural, farase a presentación […] - [Nova edición do 'Circus Arts' en Guimarães](https://erreguete.gal/2019/03/23/nova-edicion-circus-arts-guimaraes/): Por terceiro ano consecutivo, o Centro Cultural Vila Flor (CCVF), en Guimarães, recibe unha fin de semana intensiva que aposta por impulsar o Novo Circo em Portugal. Do programa fan parte dous espectáculos: Três, peza para tres intérpretes e mastro chinés, unha creación que xunta o portugués Leonardo Duarte Ferreira, a brasileira Joana Nicioli e o francés Antonin Bailles; e Lähtö / Départ [na imaxe], a mais recente produción da compañía finlandesa WHS, dirixida polo mago e artista visual Kalle Nio. Para alén dos espectáculos, o programa do ‘Circus Arts’ integra tamén unha sesión de información sobre a rede CircusNext, un obradoiro para […] - [O artista gráfico Luís Davila crea o cartel da XXXVI Mostra de Teatro de Cangas](https://erreguete.gal/2019/03/22/artista-grafico-luis-davila-crea-cartel-da-xxxvi-mostra-de-teatro-de-cangas/): A vila morracense acollerá entre o 28 de xuño e o 6 de xullo un gran número de espectáculos cómicos e festivos para todos os públicos.   O venres 28 de xuño arrancará a 36 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Ata o 6 de xullo, o Auditorio Municipal, praias, rúas, prazas, a Capela do Hospital e outros espazos alternativos acollerán espectáculos das artes escénicas que, un ano máis, farán as delicias de todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar,… O cartel da XXXVI Mostra de Cangas é obra do deseñador gráfico, ilustrador e viñetista […] - [Chévere investiga en Verín sobre a "Curva España"](https://erreguete.gal/2019/03/22/9422/): O grupo Chévere desprazarase esta fin de semana a Verín como parte do proceso de documentación para o seu novo espectáculo, Curva España, que se estreará na MIT de Ribadavia no mes de xullo. A curva España está situada na antiga estrada da Gudiña a Verín, e recibiu popularmente ese nome trala morte de José Fernández España, un enxeñeiro que perdeu a vida nese mesmo lugar no 1927, logo de caer o seu coche por un barranco. Para documentar este suceso, Xesús Ron, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, de Chévere, establecerán unha base de operacións na Biblioteca Municipal de […] - [O alacantino Pablo Albo imparte un obradoiro de narración oral en Santiago](https://erreguete.gal/2019/03/22/alacantino-pablo-albo-imparte-obradoiro-de-narracion-oral-santiago/): No marco do Festival Atlántica, o alacantino Pablo Albo vai impartir o obradoiro de narración oral “Na procura do silencio”, este sábado, 23 de marzo, en Santiago de Compostela. A actividade comezará ás 10:30 da mañá e terá unha duración de 8 horas cunha pausa para comer. Os interesados en participar deben ter certa experiencia no mundo da narración oral. O custo é de 50 euros e a inscrición ha de formalizarse no correo festivalatlantica@gmail.com. Trátase dunha oportunidade única para afondar no eido dos contos da man dun dos artistas nacionais máis reputados. No obradoiro “Na procura do silencio” pártese da […] - [Uns María Casares moi repartidos](https://erreguete.gal/2019/03/21/uns-maria-casares-repartidos/): Os XXIII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 12 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE, A Fundación SGAE, o Padroado de Cultura do Concello de Narón e Gadis. En total, nunha noite moi repartida, sete espectáculos gañaron algún premio. Commedia, de Contraproducións, conseguiu tres galardóns: espectáculo, actor secundario (Marcos […] - [María Casares 2019. Todos os premios](https://erreguete.gal/2019/03/21/maria-casares-2019-todos-os-premios/): Premio María Casares 2019 á Mellor Maquillaxe a Martina Cambeiro, por O servidor de dous amos de Talía Teatro. Premio María Casares 2019 ao Mellor Vestiario a Suso Montero, por Commedia de Contraproducións. Premio María Casares 2019 á Mellor Escenografía a Suso Montero, por Divinas Palabras Revolution do CDG. Premio María Casares 2019 á Mellor Iluminación a Laura Iturralde, por Invisibles de Redrum Teatro Premio María Casares 2019 á Mellor Música Orixinal a Alonso Caxade, por Casa O’ Rei de Ibuprofeno Teatro. Premio María Casares 2019 á Mellor Tradución / Adaptación a Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, por Invisibles de Redrum Teatro. Premio María Casares 2019 ao […] - [Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta](https://erreguete.gal/2019/03/21/mensaxe-dia-mundial-da-marioneta/): Unima Interrnacional dá a coñecer a mensaxe do Día Mundial da Marioneta 2019 (21 de marzo), que chega da man do titiriteiro e director teatral Dadi D. Pudumjee, Presidente da Unima.   Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta UNIMA 2019 Benqueridos amigos marionetistas, socios de UNIMA, estimados colegas de todo o mundo que estades connosco hoxe, a miña máis sincera benvida a todos! Cando me solicitaron escribir a mensaxe do Día Mundial da Marioneta de UNIMA para 2019 sentinme emocionado até as bágoas pola gran honra e privilexio que isto supón. Estou orgulloso de compartir que somos a organización internacional […] - [Amigos da Ópera da Coruña recibe o premio de honra Ópera XXI](https://erreguete.gal/2019/03/21/amigos-da-opera-da-coruna-recibe-premio-de-honra-opera-xxi/): Amigos da Ópera da Coruña recibirá de Opera XXI, a organización que reúne aos 26 teatros e festivais líricos máis importantes do Estado, o Premio de Honor “á institución que contribuíu significativamente ao mundo da lírica”. Amigos da Ópera da Coruña foi elixida por unanimidade entre as máis de vinte candidaturas propostas para o Premio de Honor, o que distingue cada ano a institución máis relevante. Estes premios suceden aos Premios Líricos Nacionais que con anterioridade outorgaba a Fundación Campoamor. A entrega realizarase hoxe, 21 de marzo, nunha gran gala que acollerá o Liceo de Barcelona. Ópera XXI destaca que o […] - ['O Fidalgo' de San Luís Romero chega a Ames](https://erreguete.gal/2019/03/21/fidalgo-de-san-luis-romero-chega-ames/): A obra de teatro en verso O Fidalgo, escrita por Xesús San Luís Romero, chega a Ames da man do Grupo de Teatro da Maía. A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores e labradoras da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura. A representación ten lugar o venres, 22 de marzo, ás 21.00h na Casa da Cultura de Bertamiráns. A historia dos últimos séculos en Galicia está marcada polo emigración, o caciquismo e a vida rural, temas que Xesús San Luís Romero soubo reunir […] - [O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle hoxe a gala dos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2019/03/21/teatro-rosalia-castro-da-coruna-acolle-hoxe-gala-dos-premios-maria-casares/): Doce espectáculos finalistas compiten polos Premios María Casares. Commedia, de Contraproducións, conta cun total de 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, aspira a 7 galardóns, e A leituga, de Emedous, opta a facerse con 5 trofeos   Os XXIII Premios de Teatro María Casares celebran hoxe xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro “unha gala de época” na que se trasladará ao público a “un pasado glorioso”. Os directores da gala, Juanillo Esteban e Carlos Sante definen así o espectáculo que servirá de fío condutor da cerimonia de entrega sen querer adiantar moito máis detalles do leitmotiv […] - [O Festival Atlántica chega a Lugo](https://erreguete.gal/2019/03/20/festival-atlantica-chega-lugo/): Lugo celebra o Día Mundial da Narración Oral co Festival Atlántica, que na súa sétima edición chega este ano por primeira vez a Lugo. Trátase de seis espectáculos gratuítos, que terán lugar do 20 ao 23 de marzo no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no Vello Cárcere e na Biblioteca Municipal Isidro Novo. Concretamente hai un no MIIHL para nenas e nenos de 6 meses a 3 anos, o sábado, 23 de marzo, ás 11:30 horas; cinco no Vello Cárcere para público adulto, o mércores 20 e o xoves 21, ás 20:30 horas, e o venres 22 ás 19:30 […] - [Carlos Blanco e Touriñán volven xuntos aos teatros](https://erreguete.gal/2019/03/20/carlos-blanco-tourinan-volven-xuntos-aos-teatros/): O espectáculo teatral Unha noite na praia, escrito e dirixido por Javier Veiga, percorrerá as grandes cidades galegas entre os meses de maio e xuño. Logo do éxito de Somos Criminais, que se converteu no espectáculo con máis entradas vendidas na historia do teatro galego, Carlos Blanco e Touriñán xúntanse de novo para ofrecer ao público unha comedia con mar de fondo.   Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven xuntos aos teatros. Logo da experiencia de Somos Criminais, o espectáculo que compartiron durante o pasado ano e que bateu todos os records de venda de entradas, regresan desta volta cunha comedia con […] - [O pano do Teatro Principal de Tui será exposto durante as festas de San Telmo](https://erreguete.gal/2019/03/20/pano-teatro-principal-de-tui-sera-exposto-as-festas-de-san-telmo/): O pano do Teatro Principal será exposto no mes de abril durante as festas de San Telmo tras realizar unha limpeza e análise do mesmo. A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal. Segundo a especialista en conservación, a peza a pesar da súa manifesta deterioración, presentaba a nivel de soporte a suficiente resistencia para ser exhibido. O pano foi pintado polo artista tudense Benigno Lorenzo con motivo da celebración dos Xogos Florais de Galicia de 1891. Nel represéntase un pórtico aberto cara un xardín e unha […] - [Chega a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” de Zas](https://erreguete.gal/2019/03/20/chega-iv-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose-de-zas/): A IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” xa ten finalistas despois de que o xurado visionase as 43 obras de teatro que se presentaron para participar neste certame; unha cifra que bate a mellor marca de participación de todas as edicións. A mostra, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 marzo e 6, 13 e 27 de abril cos Auditorios de Zas e de Baio como centros da mostra. As funcións comezarán ás 21:30 e a entrada é, como sempre, de balde. Na IV Mostra de Teatro […] - [A gala dos María Casares retransmitirase a través de Youtube](https://erreguete.gal/2019/03/19/gala-dos-maria-casares-retransmitirase-traves-de-youtube/): Os XXIII Premios de Teatro María Casares celebrarán este xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña unha gala de época, dirixida por Juanillo Esteban e Carlos Sante, na que se trasladará ao público a un pasado glorioso. Para acceder á gala, cómpre invitación, mais o público poderá seguir dende a súa casa por streaming a través da canle de Youtube “Premios de Teatro María Casares” nesta ligazón: https://www.youtube.com/channel/UCVQ2KojIGMMHk-P6lcOECaw   A retransmisión da gala principiará ás 20:30, a través desta canle de Youtube. Ademais, dende a portada da páxina web do Concello da Coruña (www.coruna.gal) poderase acceder tamén á […] - [A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra](https://erreguete.gal/2019/03/19/academia-galega-de-teatro-nombra-celso-parada-academico-de-honra-2/): A Academia Galega de Teatro, na súa xuntanza anual, celebrada en dependencias do Auditorio Municipal de Cangas, acordou nomear académico de honra ao actor e director teatral Celso Parada. Parada é unha das figuras máis salientables da xeración que deu inicio ao teatro galego profesional. Formado xunto a figuras como Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez ou Victor Rotelli, a súa delongada carreira inclúe ducias de espectáculos, especialmente coas compañías Teatro do Morcego, da que foi fundador (O Lazariño de Tormes, Rapsodia Pimenteliana, Misterio cómico, Morte accidental dun anarquista, Os vellos non deben de namorarse, A gran ilusión, Momo, A farsa do bululú, O burgués fidalgo…), Via […] - [Isabel Blanco, premio Celanova Casa dos Poetas](https://erreguete.gal/2019/03/19/isabel-blanco-premio-celanova-casa-dos-poetas/): O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas” acordou conceder o galardón este ano á actriz Isabel Blanco “polo seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional”, segundo informou o xurado. Pondera tamén “a súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais”. O xurado lembra a súa traxectoria, dende a súa emerxencia inicial como presentadora na Televisión Galega a mediados dos anos 90, á súa eclosión na arte da interpretación televisiva na recordada serie Mareas Vivas, acompañando ó tamén Premio “Celanova […] - [Igor Gandra comparte escenario cunha marioneta no Porto](https://erreguete.gal/2019/03/16/igor-gandra-comparte-escenario-cunha-marioneta-no-porto/): En Olo: Um Solo Sobre Um Solo adivíñanse resonancias de universos tan distintos como Heiner Müller ou Jorge Luís Borges.   “No inicio era eu e unha marioneta nun espazo baleiro. Era eu a descubrir o que esta marioneta era capaz de facer. Coa insistencia e a repetición, comprendín que era a propra marioneta a que (se) estaba a descubrir. Entendín daquela que este era un solo sobre un solo”. Entre o 21 e o 23 de marzo, na Sala do Tribunal do Mosteiro de São Bento da Vitória (MSBV), no Porto, Igor Gandra presenta Olo: Um Solo Sobre um Solo  […] - [Os María Casares contarán cunha “gala de época” a través do circo e do clown](https://erreguete.gal/2019/03/15/os-maria-casares-contaran-cunha-gala-de-epoca-traves-circo-clown/): Os XXIII Premios de Teatro María Casares celebrarán este xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro unha “gala de época” na que se trasladará ao público a “un pasado glorioso”. Os directores da gala, Juanillo Esteban e Carlos Sante definiron así o espectáculo que servirá de fío condutor da cerimonia de entrega sen querer adiantar moito máis detalles do leitmotiv coa intención de sorprender o público, tanto ao congregado no Teatro Rosalía Castro da Coruña coma o que poderá seguir a gala por streaming en Youtube. “Será un espectáculo dinámico, cheo de humor e cunha mestura de xéneros que transitará […] - [Convocado o XIX Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2019/03/15/convocado-xix-premio-rafael-dieste-de-textos-teatrais/): O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria do XIX Premio“Rafael Dieste” de Textos Teatrais. O Premio, dotado con 6.500 euros, convócase cada dous anos dende 1999 e é un dos que goza de máis prestixio entre os convocados en Galicia. O prazo de presentación remata o 5 de abril. A seguir, reproducimos as bases:   BASES Primeira.- Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a éste, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame. […] - [A compañía Ensalle, presenta 'Arar', esta fin de semana, en Vigo](https://erreguete.gal/2019/03/15/compania-ensalle-presenta-arar-esta-fin-de-semana-vigo/): Tras case seis meses da estrea de Arar en Vigo e unha xira, a compañía Ensalle regresa esta fin de semana á casa, o Teatro Ensalle, onde volverá a compartir co público a súa última creación. As funcións serán o venres 15 e o sábado 16 ás 22:00 e o domingo 17 ás 21:00. O traballo, enmárcase no contexto de Canchales; unha iniciativa para a investigación escénica iniciada en 2016 pola compañía, a partir da cal invitan a creadores da escena contemporánea a participar nos procesos de creación, posibilitando experimentar camiños comúns e afondar en ideas desde distintas perspectivas. No proceso […] - [Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría 'Teatro'](https://erreguete.gal/2019/03/14/finalistas-dos-premios-gala-libro-galego-na-categoria-teatro/): Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 11 de maio en Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo. Os finalistas […] - [Comeza a IV edición de Terra Máxica, o Festival de Maxia de Ourense](https://erreguete.gal/2019/03/14/comeza-iv-edicion-de-terra-maxica-festival-de-maxia-de-ourense/): A cuarta edición de Terra Máxica terá lugar do 15 de marzo ao 20 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín. Terra Máxica comeza este ano en Barbadás coa actuación de Dani García Código. Este domingo 17 o Mago Teto estará en Verín coa Conferencia-espectáculo A incrible historia da maxia. na Casa da Cultura, ás 11:30. Ademáis en Allariz, tamén o domingo 17, Fani Triana levará o seu espectáculo Fantasía dos Sentidos. Terra Máxica é un proxecto que procura a posta en valor do noso […] - [A TVG non retransmitirá a gala dos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2019/03/13/tvg-non-retransmitira-gala-dos-premios-maria-casares/): A AAAG prescinde da colaboración da Televisión de Galicia pola negativa dos seus responsables a reunirse este ano coa asociación, a mellorar as condicións da retransmisión e a emitir a gala pola primeira canle da TVG nun horario razoable.   A Televisión de Galicia non retransmitirá este ano a gala dos Premios de Teatro María Casares. A decisión tómaa a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) por diferentes motivos, segundo explica nun comunicado. En primeiro lugar, din, é unha decisión meditada en diferentes asembleas internas da Asociación, nas que se manifestou a necesidade de mellorar as condicións da emisión […] - [A Gala Inaugural do Festival Atlántica celebra os trinta anos de Leilía con música e contos](https://erreguete.gal/2019/03/13/gala-inaugural-festival-atlantica-celebra-os-trinta-anos-de-leilia-musica-contos/): A segunda xornada de Atlántica 2019 vai estar protagonizada por unha das citas emblemáticas do festival: a Gala Inaugural. O espectáculo desenvolverase este mércores, 13 de marzo, no Teatro Principal, co fío condutor da celebración dos trinta anos do grupo musical Leilía. A carón desta agrupación estarán os contos de María da Pontragha, Soledad Felloza, Celso F. Sanmartín e Quico Cadaval, que é ademais responsable da dirección escénica do espectáculo. A maiores, un pouco antes do espectáculo, ás 18:00, os alumnos do curso de narración oral do Centro Xove da Almáciga van ter a oportunidade de afondar na arte da narración […] - ['Plastic', de Paula Quintas, no TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/03/13/plastic-de-paula-quintas-no-trc-danza-da-coruna/): Este sábado, 16 de marzo, e dentro da programación de TRC Danza, Paula Quintas presenta Plastic, unha obra na que a artista aborda a idea do elemento plástico, como obxecto envolvente, así como dos corpos de plástico, “como dunha Barbie, e da liberación dese envoltorio que pode ter a muller”. Paula Quintas, artista de danza e circo, aposta por abordar o terreo da superficialidade do mundo actual. O corpo como contedor é a primeira premisa desta peza de longo formato que pon o corpo da creadora e intérprete en escena como se dunha Barbie se tratase, baleira por dentro e hermética ao […] - [O Festival Atlántica comeza a súa sétima edición con máis actuacións e sedes ca nunca](https://erreguete.gal/2019/03/12/festival-atlantica-comeza-sua-setima-edicion-mais-actuacions-sedes-ca-nunca/): O Festival Atlántica comeza este martes, 12 de marzo, a súa sétima edición, que se vai desenvolver ata o vindeiro día 23 en 16 concellos de toda Galicia: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. Están programadas máis de 90 funcións dirixidas a todos os públicos e nas que participarán unha trintena de artistas internacionais e nacionais. Como salienta a súa directora, Soledad Felloza, trátase do “encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica” e de Galicia, “un referente do mundo da […] - [Comeza a XXI Mostra de Teatro Universitario de Vigo](https://erreguete.gal/2019/03/12/comeza-xxi-mostra-de-teatro-universitario-de-vigo/): Seis compañías daranse cita a partir do vindeiro mércores 13 de marzo sobre as táboas do Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo na 21ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. A Aula de teatro da USC será a encargada de erguer o pano desta edición da mostra coa representación de A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour, dirixida por Roberto Salgueiro. A Aula de teatro universitaria de Ourense- Maricastaña, continuará coas representacións da Miteu o 3 de abril coa posta en escena de Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, unha dramaturxia […] - [Escena Galega entra na organización de Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/03/11/escena-galega-entra-na-organizacion-de-galicia-escena-pro/): A xestión conxunta entre a Agadic e a asociación galega de empresas de artes escénicas é unha das principais novidades deste mercado profesional, que mantén como obxectivo dinamizar a contratación das montaxes producidas en Galicia   A sétima edición de Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas promovido cada ano pola Xunta, desenvolverase do 10 ao 13 de xuño baixo a organización compartida entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación Escena Galega. A implicación directa deste colectivo empresarial no proceso de xestión do evento é a principal novidade deste ano, a través da que a […] - [Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, por Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2019/03/11/manifesto-galego-dia-mundial-teatro-carlos-santiago/): | Texto: Carlos Santiago |   Ser libre non é fácil. Menos en tempos nos que os fantasmas da longa noite son acirrados aquí e alá para espallar o medo e a sospeita e endurecer de novo as olladas e os corazóns da xente que ao lonxe espreita. Parece así que a vella idea da historia sempre se repetir dúas veces, primeiro como traxedia e logo como farsa, cobra nova luz nestes días que nos toca vivir. Se cadra é por iso que unha lexión de artistas vén sendo convocada ultimamente perante os tribunais para daren conta das súas sátiras e […] - [Carlos Santiago asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2019/03/11/carlos-santiago-asina-manifesto-galego-dia-mundial-teatro/): | Foto: LaDiapo |   O dramaturgo e actor Carlos Santiago asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, texto que lerá durante a gala dos Premios de Teatro María Casares que neste 2019 se celebrará o vindeiro xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) decidiu encargarlle a redacción do Manifesto a Carlos Santiago porque na súa figura conflúen varios elementos esencias. “Por unha banda, Carlos Santiago conta cunha longa traxectoria escénica, na que se combina con brillantez múltiples facetas do noso oficio. O noso […] - [Comezou o Circuíto de Teatro Amador Buxiganga da Deputación de Lugo](https://erreguete.gal/2019/06/20/comezou-circuito-de-teatro-amador-buxiganga-da-deputacion-de-lugo/): O programa de teatro afeccionado Buxiganga, da Deputación de Lugo, celebra a 11ª edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. O programa cumpre o obxectivo de dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia de Lugo, especialmente os do rural. Nesta nova edición do Buxiganga achégase o teatro afeccionado a 52 Concellos da Provincia cun total de 114 funcións nas que participarán 370 actores e actrices. No programa poden participar as agrupacións de teatro, encargadas da representación das obras, así como os concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que poden solicitar a celebración destas actuacións. Participarán 38 […] - [Aberto o prazo de inscrición para o III Certame de Microteatro M² do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/06/19/aberto-prazo-de-inscricion-iii-certame-de-microteatro-m%c2%b2-fiot-de-carballo/): Por terceiro ano, a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo convoca o Certame de Microteatro M², que estende o teatro a outros espazos fóra dos escenarios tradicionais e busca novos formatos. Estas son as bases:   1º FINALIDADE A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do FIOT convoca o Certame de Microteatro M². Con esta convocatoria preténdese apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadores emerxentes ofrecendo un contexto privilexiado para a presentación e estrea de espectáculos, así como captar novos públicos e implicar aos espectadores e á cidadanía […] - [Comédias do Minho e o Teatro do Vestido coproducen un espectáculo de Joana Craveiro](https://erreguete.gal/2019/06/19/comedias-minho-teatro-vestido-coproducen-espectaculo-de-joana-craveiro/): Paisagem com Pessoas, unha coprodución entre Comédias do Minho e o Teatro do Vestido, vén de estrearse en Monção, e pretende levar o espectador “numa viagem de descoberta”, declara a autora, Joana Craveiro. O feliz encontro entre a compañía lisboeta coas Comédias do Minho e o seu territorio vasto e profundo fai parte do proxecto Viagem a Portugal, que o Teatro do Vestido está a desenvolver ao longo de 2019, e que “parte da ideia de escavar sobre as nossas origens, neste caso, mais concretamente sobre o território”. “É uma criação que pretende colocar as pessoas a perceberam que são feitas […] - [Ana Abad de Larriva gaña o II Premio Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2019/06/17/ana-abad-de-larriva-gana-ii-premio-roberto-vidal-bolano/): Esta mesma tarde, un xurado composto polo dramaturgo Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do II Premio Roberto Vidal Bolaño a obra A sombra das árbores de Ana Abad de Larriva, que se impuxo aos 14 orixinais presentados. O xurado destacou que A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntanse como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese […] - [Aberta a convocatoria para o 'Concurso Anual de Dramaturgia' Dramatens](https://erreguete.gal/2019/06/17/aberta-convocatoria-concurso-anual-de-dramaturgia-dramatens/): Vén de abrirse a convocatoria para o Concurso Anual de Dramaturgia organizada anualmente pola compañía TEatroensaio. Co obxectivo de incentivar e divulgar a creación dramatúrxica en linguas portuguesa e galega, os organizadores establecen un calendario que inclúe: Data Límite para a entrega dos textos: luns, 30 de setembro de 2019, ás 17:00 (hora de Lisboa). Data de anuncio do Vencedor: venres, 25 de outubro de 2019. Data de publicación e presentación pública do texto: venres, 6 de decembro de 2019. O concurso rexerase polo seguinte regulamento:   1. Quem pode concorrer? 1.1. Maiores de 18 anos. 1.2. Autores galegos ou lusófonos (Cidadãos […] - [Inclusión social a través de Chekhov](https://erreguete.gal/2019/06/17/inclusion-social-traves-de-chekhov/): Varela Producciones, a Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viaxará os días 18 e 19 de xuño a Galicia para representar un proxecto de teatro social dirixido a persoas con discapacidade. Segundo informou a compañía, Petición de man, de Chekhov, é unha comedia duns 20 minutos de duración, “chea de situacións absurdas” entre unha moza solteira, a súa nai e o seu pretendente hipocondríaco, que busca reflexionar sobre como “moitas veces o ser humano se deixa levar polo seu carácter sen importarlle os seus intereses”. A segunda parte da peza ten unha duración de 40 minutos e consta de talleres […] - [SóLODOS: a Danza invade o Claustro de San Francisco en Ourense](https://erreguete.gal/2019/06/16/danza-invade-claustro-de-san-francisco-ourense-setimo-ano-consecutivo/): Os días 21 e 22 de xuño celébrase en Ourense a sétima edición de Danza no Claustro, no Claustro de San Francisco. Este ano preséntanse no festival os traballos de Fran Martínez (Humedales), o Colectivo Glovo (EM·NA), Pájaro Mosca (Los ojos abiertos de ella e Tono, ademais do espectáculo Fronteras y Mujeres realizado coa compañía Peace of Mind), Peace of Mind (Ephimero e o xa mencionado Fronteras y Mujeres) e Lina Valverde & Camilo Regueyra (Pedrestres). Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, un proceso de creación e investigación, que se realiza anualmente no Claustro de San Francisco, na cidade […] - [María de Medeiros volve aos escenarios do Festival de Almada](https://erreguete.gal/2019/06/15/maria-de-medeiros-volve-aos-escenarios-festival-de-almada/): Ademais das xa anunciadas aparicións do director Robert Wilson e da actriz Isabelle Huppert na obra de Darryl Pinckney, Mary said what she said, o Festival de Almada vai homenaxear ao director Carlos Avilez e será escenario da volta ao teatro de María de Medeiros. Ademais, acollerá a estrea en Portugal de Macbettu, un Macbeth en lingua sarda dirixido por Alessandro Serra que foi escollido como o espectáculo do ano 2017 pola Asociación Nacional de Críticos de Teatro en Italia. Entre o 4 e o 18 de xullo, o festival acollerá 38 espectáculos.   “No futuro, cando miremos cara atrás, o 2019 […] - ['Invisibles', de Redrum Teatro, acompaña a presentación da MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/06/15/invisibles-de-redrum-teatro-acompana-presentacion-de-mit-ribadavia/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia prepara unha presentación especial para dar a coñecer o programa do 35 aniversario do festival. O xoves día 21 de xuño, ás 12:00, no Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rúa do Progreso, 30) terá lugar a rolda de prensa de presentación de todo o programa, coas distintas autoridades representantes das Administracións públicas implicadas no festival. Ao día seguinte, venres día 22 de xuño, na Casa da Cultura de Ribadavia, un acto aberto a toda a veciñanza de Ribadavia ofertará a oportunidade de coñecer de primeira man os detalles do […] - [O Centro Dramático Galego ofrece cinco obradoiros sobre distintas disciplinas](https://erreguete.gal/2019/06/14/centro-dramatico-galego-ofrece-obradoiros-distintas-disciplinas/): O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral. Este plan formativo comezará a vindeira semana cun taller de adestramento físico, O corpo como forma de expresión, impartido por Mikel Arístegui. Nel, o bailarín e coreógrafo vasco, alumno da escola de Pina Bausch, proporá unha serie de exercicios simples de tonificación e preparación do corpo cara […] - [Ancorados: unha homenaxe teatral a Gustavo Pernas](https://erreguete.gal/2019/06/14/ancorados-unha-homenaxe-teatral-gustavo-pernas/): O pasado domingo, os grupos de teatro amador pertencentes á Asociación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo renderon unha emocionante homenaxe ao actor e dramaturgo Gustavo Pernas. | Vanesa M. Sotelo |   Compartir é unha forma de facer vivir. Coa vontade de compartir e facer vivir a memoria no corazón, os grupos de teatro afeccionado pertencentes á Asociación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo renderon unha emocionante homenaxe ao actor e dramaturgo Gustavo Pernas Cora co espectáculo Ancorados. O acto, que tivo lugar o domingo 9 de xuño no Centro Cultural Helios de Bembrive, ofreceu non só un percorrido […] - [V Mostra de Teatro nos Centros Cívicos de Compostela](https://erreguete.gal/2019/06/13/v-mostra-de-teatro-nos-centros-civicos-de-compostela/): O Teatro Principal acollerá entre os días 17 e 22 de xuño a V Mostra de Teatro dos Centros Cívicos, na que se van presentar un total de 15 montaxes. No certame participarán os clubs de teatro dos centros cívicos do Ensanche, O Romaño, Castiñeiriño, A Rocha, Santa Marta, Fontiñas e Conxo. A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou a V Mostra de Teatro dos Centros Cívicos, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo seu coordinador, o director teatral Xurxo Barcala. A concelleira salientou que este certame “supón unha grande oportunidade para todas as persoas que integran os […] - [Última xornada de Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/06/13/ultima-xornada-de-galicia-escena-pro/): O apartado de ‘networking’ reforzouse este ano cos Cafescena, as Noitescena PRO e a figura do facilitador, quen impulsou e coordinou a axenda de xuntanzas entre os máis de 150 axentes culturais acreditados.   O mercado Galicia Escena PRO 2019 chega hoxe ao seu fin tras catro intensas xornadas de actividade arredor da exhibición de 20 espectáculos de teatro e danza e do intercambio entre os máis de 150 axentes culturais acreditados na súa sétima edición, que se desenvolve desde o pasado luns en diferentes espazos de Santiago de Compostela. A carteleira desta última xornada ofrece catro propostas galegas a cargo […] - [Belén Pichel, presidenta de Escena Galega: "Galicia Escena Pro debe converterse nun evento de primeira orde"](https://erreguete.gal/2019/06/12/belen-pichel-presidenta-de-escena-galega-queremos-galicia-escena-pro-converta-nun-evento-de-primeira-orde/): A implicación de Escena Galega no proceso de xestión de Galicia Escena Pro é a principal novidade deste ano. Belen Pichel, a súa presidenta, considera que os cambios introducidos na feira das artes escénicas de Galicia son só un primeiro paso que se ampliará nos anos próximos. | Manuel Xestoso |   Compostela é nestes momentos o escenario onde se xuntan compañías de artes escénicas, distribuidores, programadores e, en xeral, todo os implicados nun mundo de acordos mercantís que fai posible que os espectáculos de teatro e danza cheguen ao público. Todos eles veñen até aquí cun mesmo obxectivo: coñecer de […] - [As estreas protagonizan a terceira xornada de Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/06/11/as-estreas-protagonizan-terceira-xornada-de-galicia-escena-pro/): Circopeta e Evolution poderán verse mañá en Santiago xunto con Réquiem da formación madrileña Rotura Producciones, Pink Unicorns de La Macana e O empapelado amarelo de A Quinta do Cuadrante.   Odaiko e Compañía N+1 protagonizan as dúas estreas absolutas de Galicia Escena PRO, que poderán verse o mércores 12 en Compostela dentro do programa de exhibición da sétima edición do mercado galego das artes escénicas. A formación madrileña Rotura Producciones e as galegas La Macana e A Quinta do Cuadrante completan a carteleira da terceira xornada deste encontro. A actividade de mañá dará comezo coa primeira destas estreas: o espectáculo Circopeta, […] - [Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado](https://erreguete.gal/2019/06/11/zas-entregou-os-seus-premios-de-teatro-afeccionado/): Este domingo entregáronse os premios da IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. A cita, que pecha dous meses de encontro cunha ampla mostra de grupos do teatro afeccionado galego, coincidiu coa clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil, dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto, na que os nenos e nenas interpretaron cinco obras de teatro. Ao certame presentáronse 43 obras presentadas e o xurado (formado por Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura en funcións; Fidel Otero Pazos, técnico do Concello de Zas; Ricardo Vigueret Gil, membro do grupo de Teatro Badius; Alberto Villar López, membro do grupo de […] - [Ampla variedade de estilos na segunda xornada de Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/06/11/ampla-variedade-de-estilos-na-segunda-xornada-de-galicia-escena-pro/): O mercado galego das artes escénicas, coorganizado pola Consellería de Cultura e Turismo e a asociación Escena Galega, ofrécelles aos asistentes un novo espazo para o encontro e a reflexión no Hotel Costa Vella.   O mercado Galicia Escena PRO desenvolve hoxe a segunda das súas catro xornadas de actividade coa incorporación ao programa dos Cafescena, deseñados co obxectivo de propiciar as conversas e o intercambio profesional entre os máis de 150 axentes culturais inscritos este ano. O Hotel Costa Vella será o escenario onde, ás 16:00, se lles servirán aos asistentes estes Cafescena, durante os que se abordarán diferentes cuestións […] - [O PP rexeita no Parlamento cambiar o marco lexislativo para dotar de autonomía ao CDG](https://erreguete.gal/2019/06/10/pp-rexeita-no-parlamento-cambiar-marco-lexislativo-dotar-de-autonomia-ao-cdg/): O debate sobre o Centro Dramático Galego chegou o pasado venres ao Parlamento a través dunha proposición non de lei do PSdG-PSOE que instaba á Xunta de Galicia a cambiar o marco xurídico para que o CDG puidese cumprir o seu papel con autonomía e tamén a través dunha pregunta do BNG sobre a valoración do goberno galego “a respecto da situación na que se atopa o CDG e das súas propostas para o sector escénico e para o centro”. | M.X. | | Foto: Arquivo do Parlamento de Galicia |   A PNL do PSdeG-PSOE instaba á Xunta a “iniciar, cos […] - [Galicia Escena PRO comeza mañá en Compostela con seis espectáculos galegos](https://erreguete.gal/2019/06/09/galicia-escena-pro-comeza-mana-compostela-seis-espectaculos-galegos/): A carteleira inaugural ofrece as obras infantís Mai Mai, de Baobab, e Ummm!! de Avento; as montaxes Liberto, de Marelas, e Despois das ondas, de Butaca Zero; a peza de teatro-danza A Gala, de Licenciada Sotelo, e a proposta de rúa Oh!Limpiadas, a cargo de Sincronacidas.   Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas organizado pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e pola asociación profesional Escena Galega, inicia mañá a súa sétima edición para brindarlles ás 20 compañías seleccionadas unha plataforma para presentar as súas últimas producións diante do público xeral e […] - [O FIOT de Carballo recibe o galardón Galego do Ano do Padroado Fogar de Bergantiños.](https://erreguete.gal/2019/06/08/fiot-de-carballo-recibe-galardon-galego-ano-padroado-fogar-de-bergantinos/): O FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), recibiu onte o Premio Galego do Ano que outorga o Padroado Fogar de Bergantiños. Estes premios naceron pola iniciativa da Revista carballesa Mensaxe de Bergantiños no ano 1978, cando a redacción da mesma acordou instaurar estes galardóns para poñer en valor o esforzo de diversas persoas e entidades que traballasen polo desenvolvemento nos diferentes campos en Carballo, Bergantiños, Galicia, España e Internacionalmente. O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo desde o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo, e dirixido por Alberto Sueiro. Atrae […] - [O festival de circo contemporáneo Vaudeville Rendez-Vous volve en xullo](https://erreguete.gal/2019/06/08/festival-de-circo-contemporaneo-vaudeville-rendez-vous-volve-xullo/): O Festival de Circo Contemporáneo volve a Vila Nova de Famalicão, Braga e Guimarães e inclúe, por primeira vez, o municipio de Barcelos.   O Festival Internacional Vaudeville Rendez-Vous –o mais influente festival de circo contemporáneo de Portugal– regresa en 2019, entre o 24 e o 27 de xullo. Unha das grandes novidades da sexta edición é a extensión, por primeira vez, ao municipio de Barcelos –alén de Vila Nova de Famalicão, Braga e Guimarães–, pasando a contemplar as catro cidades que forman o proxecto de cooperación intermunicipal Quadrilátero. Creado e organizado por Teatro da Didascália, o evento afirma, máis unha […] - [O mundo da danza denuncia irregularidades na última montaxe do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2019/06/07/mundo-da-danza-denuncia-irregularidades-na-ultima-montaxe-centro-coreografico-galego/): O manifesto asinado pola práctica totalidade do mundo da danza galega pide explicacións sobre o feito de que a primeira bailarina do espectáculo Maestro Rodrigo sexa a filla da actual directora do Centro, Mercedes Suárez, e esixe que se convoque un novo concurso público para substituíla á fronte do CCG. | M. X. |   A 24 horas da estrea –maña, sábado 8 de xuño no Teatro Colón da Coruña– do espectáculo Maestro Rodrigo promovido pola Agadic e a Fundación Victoria e Joaquín Rodrigo, un nutrido grupo de  profesionais da danza veñen de facer público un manifesto que denuncia múltiples irregularidades neste proxecto […] - [20 espectáculos e novas oportunidades de intercambio en Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/06/07/20-espectaculos-novas-oportunidades-de-intercambio-galicia-escena-pro/): Este ano amplíanse oportunidades de intercambio entre os acreditados, para os que se organiza tamén unha nova sesión de pitching durante a que se lles avanzará en primicia 10 proxectos nos que están a traballar outras tantas compañías galegas.   O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, avanzou este mediodía as principais novidades da sétima edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar desde o vindeiro luns 10 ao xoves 13 en diferentes espazos de Santiago de Compostela. Máis de 150 axentes culturais chegados desde diferentes puntos de Galicia e do resto de España daranse cita neste evento, que […] - [I Premio Platta de Teatro Breve - Portugal 2019](https://erreguete.gal/2019/06/07/i-premio-platta-de-teatro-breve-portugal-2019/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a Revista Galega de Teatro), e coa colaboración da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, convócase o I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal 2019. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 14 de xullo para todas as […] - [Convocado o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2019/06/07/convocado-programa-de-coproducions-centro-coreografico-galego/): Cada unha das propostas elixidas contará cunha achega máxima de 18.000 euros por parte da Agadic, ademais de ter á súa disposición a sede do CCG na Coruña para o seu desenvolvemento. O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de xuño.   A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha o novo programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) para seleccionar os tres espectáculos de danza que serán apoiados en 2019 no marco desta iniciativa. A convocatoria desenvólvese a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que destinará un máximo de 18.000 euros a […] - [Corpo(a)terra abre as inscricións para o seu programa de formación, Enxebre'19 Danza](https://erreguete.gal/2019/06/06/corpoaterra-abre-as-inscricions-seu-programa-de-formacion-enxebre19-danza/): Corpo(a)terra, o Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense, anuncia a abertura de inscricións para Enxebre, o programa de formación que organiza dentro das actividades do festival. Este programa de formación concíbese como unha experiencia intensiva de adestramento en danza. Trátase dunha preparación para a danza dirixida por máis de oito profesionais que imparten obradoiros durante 8 días de encontro e convivencia. Esta programación está pensada para persoas interesadas nunha formación en danza de nivel medio-alto. Dirixida a profesionais ou estudantes de danza e artes do movemento: circo, teatro físico, performance ; abraza a participantes que viven a danza desde […] - [A Escola da Noite estrea 'o homem que' en Coimbra](https://erreguete.gal/2019/06/06/escola-da-noite-estrea-homem-coimbra/): A Escola da Noite estrea hoxe, no Teatro da Cerca de São Bernardo de Coimbra, “o homem que”, a partir da obra de Augusto Baptista. Con dirección de António Augusto Barros e concepción plástica de António Augusto Barros e Ana Rosa Assunção,“o homem que” é un espectáculo / instalación que lle presenta ao público o sorprendente, poético e ben humorado universo dun autor que permanece descoñecido e afastado dos canons e dos circuítos estabelecidos. Nacido en Oliveira de Azeméis e radicado no Porto, Augusto Baptista é xornalista de profesión, e defínese a si mesmo como alguén que cruza escritas: texto, fotografia, deseño, textos curtos […] - [Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2019/06/06/os-microefectos-dramaturxicos-voltan-co-microteatro-ao-clavicembalo-de-lugo-2/): Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo. O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi. Microefectos Dramatúrxicos celebra nesta sesión o seu sexto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala […] - [Fefa Noia: “Nos últimos catro anos, o CDG recuperou prestixio”](https://erreguete.gal/2019/06/05/fefa-noia-nos-ultimos-catro-anos-cdg-recuperou-prestixio/): Fefa Noia, a directora do Centro Dramático Galego, comunicou este martes que deixará o seu posto en outubro. O Centro remata así unha etapa que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia cualifica de “convulsa”, e na que se falou máis dos procedementos administrativos que dos logros artísticos da entidade. A polémica non é allea nunca á dirección do CDG, mais Noia defende o seu labor ao longo destes catro anos e asegura que, nas circunstancias nas que nos desenvolvemos, o traballou deste período tendeu a reforzar o Centro. | Manuel Xestoso |   Por que decide deixar agora o […] - [O Centro Coreográfico Galego estrea un espectaculo homenaxe a Joaquín Rodrigo](https://erreguete.gal/2019/06/05/centro-coreografico-galego-estrea-espectaculo-homenaxe-joaquin-rodrigo/): O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 8, ás 20:30, a estrea do espectáculo de danza Maestro Rodrigo, promovido pola Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do Centro Coreográfico Galego (CCG), e do Concello da Coruña. A montaxe, que homenaxea o gran compositor español no vixésimo cabodano do seu pasamento, foi presentada onte por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Cecilia Rodrigo, presidenta da Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo; Mercedes Suárez, directora do CCG e coautora das coreografías desta montaxe xunto ao británico Kenneth Tindall, e José […] - [Abertas as candidaturas para a Escola de Verão de Atores de Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2019/06/04/abertas-as-candidaturas-escola-de-verao-de-atores-de-viana-castelo/): Até o 1 de xullo están abertas as candidaturas para a Escola de Verão para Atores 2019 que se realiza do 23 de xullo ao 2 de agosto de 2019 no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo. Baixo o título “O poético feminino”, a quinta edición da EVA está dirixida a actores e actrices profesionais así como a estudantes de teatro que contarán cunha personalidade de recoñecido mérito artístico e académico que será responsable de guiar as diferentes áreas de investigación e creación: Laboratorio de creación (Guillermo Heras); aula maxistral (Jorge Silva Melo); Movemento (Isabel Barros); Oralidade (Jõao […] - [A 'Curva España' de Chévere: como se constrúe un país](https://erreguete.gal/2019/06/03/curva-espana-de-chevere-construe-pais/): Curva España é o título da nova produción de Chévere, para a que estiveron investigando os últimos meses. Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local transmitido oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín, para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda. Curva España estrearase na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia o vindeiro 25 de xullo.   Que é a Curva España? Aínda que o título por si mesmo ten a forza dunha metáfora para suxerir o que cada […] - [O CGAC estrea hoxe a ópera 'Euphoria'](https://erreguete.gal/2019/06/01/cgac-estrea-hoxe-opera-euphoria/): O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) estrea hoxe a ópera Euphoria, unha superprodución composta por un percorrido de 27 escenas a través dos diferentes espazos da exposición. Trátase dunha ópera concebida por Loreto Martínez Troncoso e Ramón Souto, que tamén asina o traballo de composición musical, coa colaboración especial de Ignacio Barcia, do Grupo de Investigación DX7 da UVigo, e a asistencia do Obradoiro Artesán en Madeira de Severino García Seijo en Bembrive (Vigo). Os diferentes e singulares espazos do CGAC, en Santiago de Compostela, serán os escenarios para unha obra que envolve a máis de 50 músicos xunto ao […] - [A compañía A Feroz volve a Compostela con 'After Party'](https://erreguete.gal/2019/06/01/compania-feroz-volve-compostela-after-party/): Esta peza interdisciplinar, escrita e dirixida por Lorena Conde, fala da decepción dunha xeración empeñada na procura da felicidade.   A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego. O público compostelán terá agora dúas novas oportunidades de ver esta proposta, escrita e dirixida por Lorena Conde, nas funcións do sábado 1, ás 21:00, e do domingo 2, ás 19:30. Este colectivo artístico botou a andar hai pouco máis dun […] - [Centro Dramático Galego: o futuro sen Fefa Noia](https://erreguete.gal/2019/05/31/centro-dramatico-galego-futuro-sen-fefa-noia/): Fefa Noia, a directora do Centro Dramático Galego, comunicou este martes que deixará o seu posto. Alegando motivos profesionais, Noia deixará de ser a cabeza visible do CDG en outubro: o Centro remata así unha etapa que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia cualifica de “convulsa”. Mais os problemas non comezaron coa chegada de Fefa Noia e distan moito de estar solucionados coa súa marcha. | Manuel Xestoso |  | Foto: Miramemira |   En xaneiro de 2016, Noia fixérase cargo dun CDG que levaba tempo no centro do debate: a profesión teatral vía como os orzamentos e a actividade […] - [Robert Wilson estréase no Festival de Almada](https://erreguete.gal/2019/05/31/robert-wilson-estrease-no-festival-de-almada/): Comezan a chegar noticias sobre a vindeira edición do Festival de Almada, que se desenvolverá entre o 4 e o 18 de xullo, e sobre algúns dos espectáculos que se poderán ver. Será unha programación marcada pola diversidade estética e disciplinar e con espectáculos oriundos de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Congo, España, Francia, Italia, Noruega e Portugal, na que terán lugar tamén o teatro de rúa e os espectáculos presentados en espazos non convencionais. O director estadounidense Robert Wilson, un dos creadores teatrais máis destacados de todos os tempos, preséntase este ano por primeira vez no Festival, nunha colaboración co Centro Cultural […] - [Convocadas as axudas a distribución exterior de artes escénicas e música](https://erreguete.gal/2019/05/30/convocadas-as-axudas-distribucion-exterior-de-artes-escenicas-musica/): O Diario Oficial de Galicia publicou onte as bases da convocatoria de axudas da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) para distribución e comercialización de produtos culturais tanto a nivel galego como externo. O programa pretende contribuír á distribución de espectáculos galegos profesionais, así como á promoción de artistas e produtos culturais en mercados e feiras de carácter internacional. A súa finalidade é favorecer a proxección exterior das industrias culturais galegas, cofinanciando os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior difusión do seu traballo. As axudas, dirixidas a empresas e profesionais, tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, […] - [A AAAG esíxelle a Xunta que non paralice a actividade do CDG tras a marcha de Fefa Noia](https://erreguete.gal/2019/05/29/aaag-esixelle-xunta-non-paralice-actividade-cdg-tras-marcha-de-fefa-noia/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, esíxelle á Consellería de Cutura e Turismo que a marcha da Fefa Noia da dirección do Centro Dramática Galego (CDG) en ningún caso sirva de escusa para abandonar unha vez máis a institución pública de teatro na parálise, tal e como aconteceu entre a dimisión de Manuel Guede en 2015 e a incorporación de Fefa Noia en xaneiro de 2016. Nesa transición, o CDG non produciu ningunha montaxe. Pasaron así 18 meses de baleiro entre a estrea […] - [Amigos da Ópera da Coruña estreará un 'Don Giovanni' dirixido por Carlos Saura](https://erreguete.gal/2019/05/29/amigos-da-opera-da-coruna-estreara-don-giovanni-dirixido-carlos-saura/): A Asociación Amigos da Ópera da Coruña anunciou onte o calendario de actividades da súa Programación Lírica 2019, que terá como punto álxido a estrea os días 13 e 15 de setembro da ópera Don Giovanni, de Mozart, baixo a dirección escénica do cineasta Carlos Saura e co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo. O realizador aragonés, quen hai dez anos levara á gran pantalla o proceso creativo desta gran ópera de Mozart en Io, Don Giovanni, asume agora a súa posta en escena no Teatro Colón da mesma cidade na que en 1798 tivo lugar a súa primeira […] - [Pablo Fidalgo Lareo, no Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias do INAEM](https://erreguete.gal/2019/05/29/pablo-fidalgo-lareo-no-programa-de-desenvolvemento-de-dramaturxias-inaem/): Pablo Fidalgo Lareo é un dos cinco seleccionados polo INAEM para o VIII Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias Actuais. Trátase dun proxecto promovido no marco da Muestra Española de Autores Contemporáneos, que ten como obxectivo contribuír ao impulso de linguaxes escénicas innovadoras a través do desenvolvemento de obras con absoluta liberdade temática, estilística e estrutural e que supón unha clara vontade de apoio aos novos creadores. Os outros catro autores seleccionados foron Jorge Navarro de Lemus, María San Miguel Santos, Paula Llorens Camarena e Sara García Pereda. A selección levouse a cabo por un comité presidido por Fernando Cerón, subdirector xeral de […] - [Artes Escénicas no programa da Ascensión de Compostela](https://erreguete.gal/2019/05/29/10267/): Compostela vive dende hoxe mércores as festas da Ascensión, que este ano se celebran do 29 de maio ao 2 de xuño. Durante estes cinco días de festas haberá diversas propostas de artes escénicas. Dentro do programa Artellando na Tarde, este mércores Lali Ayguadé presentará Entre dos na praza de San Martiño Pinario (20:30). En 2015, Lali Ayguadé foi convidada pola Fundación Joan Miró en Barcelona para dar vida á súa interpretación da exposición da Fundación “Miró i l’objecte”. Como resultado, Entre dos guía á audiencia nunha viaxe a través da transformación e a identidade, sendo a danza un dos moitos recursos que […] - [Fefa Noia deixará a dirección do CDG en outubro](https://erreguete.gal/2019/05/28/fefa-noia-deixara-direccion-cdg-outubro/): Acordouse a convocatoria inmediata dun proceso selectivo para a cobertura da praza de coordinación do Departamento de Produción Teatral, que conleva a dirección artística da compañía pública e a xestión do Salón Teatro.   A directora do Centro Dramático Galego (CDG), Fefa Noia, comunicoulle hoxe oficialmente ao Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) que deixará o seu posto no mes de outubro para emprender novos cometidos profesionais. O máximo órgano directivo da entidade, presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, agradeceulle a Noia todo o traballo realizado nos últimos catro anos e desexoulle o maior éxito […] - [A Academia Galega de Teatro esixe a continuidade do Museo Galego da Marioneta](https://erreguete.gal/2019/05/28/academia-galega-de-teatro-esixe-continuidade-museo-galego-da-marioneta/): A Academia Galega de Teatro vén de facer público un manifesto no que mostra a súa repulsa ao recente anuncio de que o Museo Galego da Marioneta pecharía as súas portas a causa dos atrancos legais que impiden que adquira unha entidade xurídica propia. A Academia subliña a importancia histórica e cultural da colección e remata cun chamado a todas as entidades profesionais a rescatar o Museo.   O Museo Galego da Marioneta está en Lalín Somos os ninguén, os don nada, os miñaxoia. Nada vale, dunha plumada morre, dunha plumada queda sen respiración e ala! xa está. Dis que é […] - [Galaxia publica 'O home traveseiro' de Martin McDonagh](https://erreguete.gal/2019/05/28/galaxia-publica-home-traveseiro-de-martin-mcdonagh/): A Editorial Galaxia, vén de publicar O home traveseiro, de Martin McDonagh, en tradución de Manuel Vieites, un volume que fai o número 13 da súa Biblioteca ESAD, onde xa se publicaron obras doutros autores contemporáneos que marcan a dramaturxia contemporánea: Thomas Bernhard, Heiner Müller, Sarah Kane, Caryl Churchill… McDonagh é un dos autores dramáticos máis relevantes da escena británica e irlandesa das pasadas décadas, desenvolvendo igualmente unha notable carreira no eido do cine, como escritor de guións e director. En ambos os campos recibiu numerosos premio, desde un Oscar á mellor curtametraxe por Six Shooters (2005) ata un Globo de Ouro […] - [XXXII edición dos Festivais Gil Vicente en Guimarães](https://erreguete.gal/2019/05/28/xxxii-edicion-dos-festivais-gil-vicente-guimaraes/): A 32ª edición dos festivais Gil Vicente invita públicos e artistas a unha celebración prolongada do teatro en Guimarães cunha edición máis longa do habitual, afirmando a pluralidade do seu nome, comezando a finais de maio e ao longo de case tres semanas. No programa, que vai do 30 de maio ao 16 de xuño, os espectáculos das compañías profesionais estarán precedidos pola Mostra de Amadores de Teatro, que leva a grupos non profesionais do concello ao Centro Cultural Vila Flor (CCVF). O Gangue de Guimarães, o alumnado da Licenciatura en Teatro da Universidade do Minho e os obradoiros do Teatro […] - [Máis de 150 profesionais acudirán a Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/05/27/mais-de-150-profesionais-acudiran-galicia-escena-pro/): Entre os axentes culturais acreditados, atópanse programadores de espazos escénicos públicos e privados e de diferentes festivais galegos e doutros puntos de España, así como representantes de compañías e empresas distribuidoras.   Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto do Estado reuniranse do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para participar na sétima edición de Galicia Escena PRO que, como en anos anteriores, tamén abrirá o seu programa de espectáculos ao público xeral. A Consellería de Cultura e Turismo promove este mercado galego das artes escénicas, que por vez primeira organizan de xeito compartido a […] - [Rolda Internacional: 27 / 05 / 2019](https://erreguete.gal/2019/05/27/rolda-internacional-27-05-2019/): A Ópera Nacional de Hungría estreou unha versión de Porgy & Bess cun elenco formado por persoas de raza branca. Os herdeiros de George Gershwin denuncian a falta de respecto polas indicacións do compositor, que indicaba que a ópera debía ser interpretada por cantantes negros. O pasado ano, a Ópera de Budapest suspendeu o musical Billy Elliot tras unha campaña homófoba que aseguraba que a obra “incitaba á homosexualidade” á mocidade. A campaña foi iniciada por un medio de comunicación próximo ao goberno de Viktor Orbán. A dirección da Ópera Nacional húngara non dubida en presentar o seu programa como unha […] - [Afundación presenta a súa tempada de outono en Vigo](https://erreguete.gal/2019/05/26/afundacion-presenta-sua-tempada-vigo/): Afundación,  presentou a súa Tempada de Teatro de outubro a decembro en Vigo. Serán cinco obras nas que salientan nomes como os dos directores Mario Gas ou José Carlos Plaza e de actrices como María Adánez e Charo López. O 11 de outubro comezará a tempada con Divinas palabras, unha peza de Valle-Inclán dirixida por José Carlos Plaza e coa interpretación de María Adánez e Charo López. Continuará o día 20 de outubro con La strada, a versión para teatro do clásico de Fellini dirixida por Mario Gas e cun elenco conformado por Alfonso Lara, Mar Ulldemolins e Alberto Iglesias. Tras […] - [O festival Sete Falares volve a Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/05/25/10219/): Entre os días 6 e 9 de xuño, Pontevedra acolle unha nova edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias. O programa deste ano inclúe narradoras procedentes de Ecuador, Brasil, Colombia e Galicia. Serán catro intensos días coa oralidade e a forza da palabra como absolutas protagonistas. O Sete Falares está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén haberá sesións dirixidas a público familiar. Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura. O día 6, Cándido Pazó encargarase da apertura do Festival, ás 20:30, no Teatro Principal. O venres 7 haberá unha sesión dedicada […] - [Última fin de semana do ciclo Teatro Ob-sceno no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2019/05/24/ultima-fin-de-semana-ciclo-teatro-ob-sceno-no-salon-teatro/): Teatro Ob-sceno –un ciclo de accións escénicas curtas a través do cal o Centro Dramático Galego abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago e que comezou a semana pasada– terá continuidade nesta fin de semana, do 24 ao 26 de maio, con tres pezas curtas que se exhibirán as 19:00 (venres e sábado) e as 20:30 (domingo). O ciclo está pensado para dar cabida a aquelas propostas dunha duración máis reducida do habitual, que precisen dun espazo alternativo ao escenario para a súa representación. No camerino, escenificarase Alicia morreu de sobredose, unha proposta de […] - [Vida de cans](https://erreguete.gal/2019/05/23/vida-de-cans/): Animais de costumes | Manuel Xestoso | | Foto: Rubén Prieto |   Utilizamos a expresión “animal de costumes” cun certo desprezo, como se os costumes pertencesen á esfera do animal, en contraposición a unha natureza humana presuntamente rebelde e amante da aventura. Facémolo por presumir, claro: en realidade, sen os costumes que herdamos ou que imos adquirindo non seriamos capaces de orientarnos nun mundo que tende a manifestarse de forma hostil cando non está regrado polo hábito. Vida de cans fala un pouco diso, de animais e de costumes, mais apunta ao humano como branco sen ser exactamente unha obra […] - [Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019](https://erreguete.gal/2019/05/23/10199/): A finais de maio arranca o Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019, e irá rotando polas sedes de Afundación ata o mes de outubro. Diferentes colectivos levarán as súas obras de teatro para amosar as capacidades de persoas con discapacidade intelectual. A Fundación ADCOR será a encargada de inaugurar este festival o próximo 29 de maio no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, onde ofrecerán a representación da obra Asterix y Obelix. A proposta continuará no Teatro Afundación de Vigo o 12 de xuño da man de ACEESCA, quen interpretarán A tía Lambida.  No mes de setembro, o […] - [Presentación en Compostela da 'Historia de la danza contemporánea en España'](https://erreguete.gal/2019/05/22/presentacion-compostela-da-historia-de-la-danza-contemporanea-espana/): O sábado 25 de maio ás 12:30, no ambigú do Teatro Principal de Santiago de Compostela, presentarase o volume 1 da Historia de la danza contemporánea en España, editado pola Academia de las Artes Escénicas de España. O acto contará coa presenza de Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural e Festas do Concello de Santiago, de Rosángeles Vals, Vicepresidenta segunda da Academia e coordinadora da publicación, de Carmen Giménez Morte, académica, coordinadora e editora da publicación, e de Afonso Becerra, autor do capítulo dedicado a Galicia. Historia da danza contemporánea en España (Vol. 1) é un manual de estudo para a […] - [O Museo da Marioneta pecha polos incumprimentos do Concello de Lalín](https://erreguete.gal/2019/05/21/museo-da-marioneta-pecha-polos-incumprimentos-concello-de-lalin/): Viravolta reúne á prensa para explicar as razóns da desaparición do centro e achácalle ao Concello de Lalín demoras nos prazos, incumprimentos e falta de comunicación que en nada axudaron para a supervivencia do Museo.   O Museo Galego da Marioneta pecha pola fartura que provoca bater coa realidade burocrática, pola demora institucional para outorgarlle unha entidade xurídica tras 19 anos de traxectoria e polos incumprimentos do Concello para dar unha solución defintiva que garanta o funcionamento deste Museo que convertía o Deza nunha capital de referencia para o teatro de monicreques. Así resumiron os integrantes de Viravolta Títeres –Pilar Álvarez, […] - [Javier Martín presenta 'SOMA' no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/05/21/javier-martin-presenta-soma-no-salon-teatro-d-compostela/): Os vindeiros 25 e 26 de maio, preséntase no Salón Teatro de Compostela SOMA, a primera colaboración entre o coreógrafo e investigador Javier Martín e o escultor e performer catalán Joaquin Jara en coprodución co CDG. A eles súmanse o iluminador Octavio Mas e o artista sonoro Artur M. Puga. SOMA é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria grieta e abismo. Un saír do rito. Performance, acción e instalación xurdida do encontro entre Joaquín Jara, escultor […] - [Tres compañías de Madrid, Cantabria e Euskadi en Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2019/05/20/tres-companias-de-madrid-cantabria-euskadi-galicia-escena-pro/): Rotura Produciones, Café de las Artes Teatro e Hortzmuga Teatroa son as tres compañías de Madrid, Cantabria e Euskadi que actuarán na feira das artes escénicas grazas á colaboración con Madferia e co Proxecto Camiño Escena Norte.   A sétima edición de Galicia Escena PRO inclúe no seu programa tres espectáculos procedentes de Madrid, Cantabria e País Vasco dentro das vías de colaboración abertas tanto con MADferia como co proxecto Camiño Escena Norte. Trátase das propostas de Rotura Producciones, Café de las Artes Teatro e Hortzmuga Teatroa, que compartirán cartel cos dezasete espectáculos galegos e os 10 proxectos en formato pitching seleccionados […] - [Ana Vallés opta hoxe ao Premio Max á Mellor Dirección](https://erreguete.gal/2019/05/20/ana-valles-opta-hoxe-ao-premio-max-mellor-direccion/): Temps Salvatge e Els jocs florals de Canprosa do Teatro Nacional de Cataluña, con cinco e catro nomeacións, son as favoritas desta edición. | M. X. | |Foto: Rubén Vilanova |   Hoxe, a partir das 20:00, nunha cerimonia que transmitirá en directo La 2, Ana Zamora dirixirá no Teatro Calderón de Valladolid un espectáculo no que se fallarán as 19 categorías do XXII Premio Max das Artes Escénicas e que estará presentado polo actor Fernando Cayo. Ana Vallés, de Matarile Teatro, é unha das tres finalistas ao Premio Max á Mellor Dirección Escénica polo espectáculo Circo de pulgas. Vallés terá outros […] - [Comeza a 38ª edición do Fazer a Festa en Maia](https://erreguete.gal/2019/05/20/comeza-38a-edicion-fazer-festa-na-maia/): A 38ª edición do festival Fazer a Festa – Festival Internacional de Teatro para a Infância e Juventude de Maia, celébrase dende o 28 de maio ao 3 de xuño de 2019, organizada polo Teatro Art´Imagem, nos distintos espazos da Quinta da Caverneira, en Águas Santa/Maia. Nesta edición, o festival continúa co proxecto iniciado o ano pasado e céntrase na presentación de espectáculos, compañías e creadores e no debate sobre a actualidade para se converter nun foro anual dos que fan, pensan, escriben, divulgan e acompañan regularmente o teatro dirixido especialmente aos pequenos e novos públicos. Durante sete días presentaranse seis […] - [Chamamento para contribucións ao I Congreso Internacional do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2019/05/20/chamamento-contribucions-i-congreso-internacional-teatro-galego/): A Academia Galega de Teatro convoca –coa colaboración do Consello da Cultura Galega, as tres universidades galegas, a Xunta de Galicia e as principais asociacións profesionais do medio, entre outros moitos colectivos e institucións– o I Congreso Internacional do Teatro Galego, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os día 25 e 28 de marzo de 2020. Para alén dos relatorios plenarios e nove mesas de traballo que contarán coa participación de persoas especializadas en diferentes aspectos da creación, distribución, produción e programación de espectáculos teatrais, as Comisións Organizadora e Científica deste evento internacional fan á comunidade investigadora un chamamento […] - [María Peinado: "Non ten sentido unha axuda á produción se despois a compañía non ten funcións”](https://erreguete.gal/2019/05/19/maria-peinado-censurar-humor-vai-sua-natureza-sen-importar-quen-ou-parodie/): Teatro da Ramboia vén de acadar o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais con O meu Mundo non é deste Reino, “unha proposta de gran coherencia co universo dramático do poeta lugués”, segundo a resolución do xurado. A compañía, formada por María Peinado, Fran Lareu e Anxo García, estreará a obra no próximo mes de novembro con deseño de iluminación de Germán Gundín e técnica de Roi López. A propia María Peinado, directora da montaxe, explícanos en detalle como vai esta nova posta en escena dunha das pezas fundamentais da literatura dramática en lingua galega. | Ernesto Is |   Cal […] - [O Festival de Títeres de Redondela pecha con 30 actuacións](https://erreguete.gal/2019/05/19/festival-de-titeres-de-redondela-pecha-30-actuacions/): A xornada arrancará coa ruada participativa ‘Redondela é un conto’ dende a Portela, na que se anima ao público a vir disfrazado de personaxe fantástico.   O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) clausurará esta 20ª edición cunha xornada chea do mellor teatro de monicreques polas rúas e prazas da vila. A tradicional ruada participativa, que este ano leva por título ‘Redondela é un conto’, abrirá a xornada ás 11:45 na Portela, e desta volta animarase a toda a veciñanza a vir disfrazada de calquera personaxe fantástica. A comitiva, capitaneada polos autos locos de Xip Xap Teatre, a […] - [Quince compañías internacionais enchen Redondela de Títeres este sábado](https://erreguete.gal/2019/05/18/quince-companias-internacionais-enchen-redondela-de-titeres-este-sabado/): A programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela refórzase este sábado con máis espectáculos itinerantes e música con compañías de El Salvador, Arxentina, Bélxica, Euskadi, Cataluña, Castela e León e Cantabria.   O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) desprega hoxe sábado un completo programa con 25 actividades a cargo de 15 compañías da máis variada procendencia. O salvadoreño de Ocelot Teatro será o encargado de abrir o pano con La historia de un huevo perdido ás 13:00 na carpa da Praza do Concello, unha proposta de monicreques de luva no que o axente secreto ‘Don Choco’ […] - [A ESAD celebra o Dia dos Museos en Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/05/18/esad-celebra-dia-dos-museos-pontevedra/): A ESAD presenta un proxecto pedagóxico baseado na coreografía de Pina Bausch para A Consagración da Primavera de Stravinski.   Cada ano desde 1977, o ICOM organiza o Día Internacional dos Museos (DIM), cuxo obxectivo é concienciar sobre a importancia dos museos como lugar para o intercambio cultural, o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. Cada 18 de maio ou arredor desta data, desde hai 42 anos, celébranse por todo o mundo eventos e actividades cun lema común que se escolle anualmente. Este ano é “Os museos como eixes culturais: o futuro da tradición”. Este ano […] - [O Festival de Títeres de Redondela celebra o Día das Letras con 25 espectáculos](https://erreguete.gal/2019/05/16/festival-de-titeres-de-redondela-celebra-dia-das-letras-25-espectaculos/): As rúas da vila acollerán tres concertos, representacións de monicreques, espectáculos itinerantes e a sesión golfa de Theatre Jaleo.   O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra o Día das Letras Galegas cun extenso programa composto por 25 actividades en todos os recunchos da vila, e que inclúe espectáculos itinerantes, funcións de rúa, espectáculos de sala, a exposición de Viravolta Títeres e ata unha sesión golfa no teatro portátil instalado no Mercado do Gando. A xornada arrancará ás 12:00 coa apertura dos xogos tradicionais na Carpa da Pista da Xunqueira, que tras unha pausa de 14:00 a 17:00, prolongarase […] - [O Concello de Lalín confía en manter aberto o Museo Galego da Marioneta](https://erreguete.gal/2019/05/16/concello-de-lalin-confia-manter-aberto-museo-galego-da-marioneta/): A concelleira de Cultura de Lalín, Lara Rodríguez Peña, laiouse onte polo comunicado dos compoñentes da compañía Viravolta no que puñan fin ao proxecto do Museo Galego da Marioneta, pola falta de compromiso das institucións en consolidar o proxecto. Rodríguez Peña lamentou a conxuntura mais mostrou a súa “máxima confianza en que a situación sexa reversible”. Rodríguez Peña lembrou que a compañía asinou un convenio co Concello que ten vixencia até 2024 e que, polo menos até esa data, debe manterse a exposición no Pazo de Liñares. A concelleira declarou que «xa están sentadas as bases para dotar de entidade xurídica […] - [Comeza o programa de rúa no FIT de Redondela](https://erreguete.gal/2019/05/16/comeza-programa-de-rua-no-fit-de-redondela/): Ocelot Teatro abre as funcións de rúa con Dondésh y Pitón na Praza do Concello e Theatre Jaleo abre o seu teatro portátil na explanada da Depuradora.   O Festival Internacional de Títeres de Redondela arranca este xoves a programación de rúa para celebrar o seu 20 aniversario, cun ‘especial vésperas’ na Praza do Concello que terá como protagonista ao salvadoreño de Ocelot Teatro, que subirá ás táboas con Dondésh y Pitón, un espectáculo de luva baseado nun conto popular co que pretende transmitir valores ecolóxicos e de respecto aos animais, que terá lugar ás 19:00. Os franceses de Theatre Jaleo tamén […] - [Xavier Lama recibe este xoves en Brión o I Premio Laudamuco](https://erreguete.gal/2019/05/15/premio-laudamuco-entregaselle-xavier-lama-brion-este-xoves/): Este xoves 16 de marzo, entregaráselle a Xavier Lama, gañador da primeira edición deste galardón, o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O acto de entrega terá lugar na Carballeira de Santa Minia, en Brión, ás 12:00. O Premio Laudamuco é un galardón de carácter anual, dotado con 7.000 euros e coa edición da obra, e que está aberto a autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten unha obra dramática inédita, en lingua galega. O galardón toma o nome da obra Laudamuco, señor de ningures, a peza coa que o teatro […] - [Pecha o Museo da Marioneta de Lalín](https://erreguete.gal/2019/05/15/pecha-museo-da-marioneta-de-lalin/): Un comunicado a través das redes anunciaba onte a fin dun proxecto que non conseguiu cobertura legal para consolidarse, malia a vontade das partes por institucionalizar o Museo. | Manuel Xestoso |   Tras dezaoito anos de actividade, o Museo da Marioneta de Lalín anunciou onte o seu peche. A exposición “Marionetas do mundo. Un mundo de marionetas” na Sala de Exposicións do Multiúsos da Xunqueira, dentro do Festival de Títeres de Redondela, serve como epitafio a máis de dezaoito anos de actividade nos que as institucións non foron quen de dar resposta á necesidade de consolidar un proxecto que convertía a capital […] - [Dúas obras do FITEI en Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2019/05/15/duas-obras-fitei-viana-castelo/): Esta fin de semana, o Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo acolle dúas obras do programa do FITEI (Festival Internacional de Expressão Ibérica): Colônia, de Vinícius Arneiro, e Ella sobre ella, de Marianella Morena. O espectáculo Colônia, de Vinícius Arneiro, preséntase o día 18 de maio, ás 18:00, na Sala Principal do Sá de Miranda, seguido dunha Conversa Pós-Espetáculo. A partir dunha “palestra-performance”, o espectáculo sinala unha realidade social histórica e convida ao auditorio a acompañar a evolución dun pensamento que mira cara ás designacións da palabra colonia. Para que a diversidade de definicións tivese unha confluencia, escolléronse dous feitos […] - [O Festival de Cans conta coa exposición “Outra pel, outro rostro” de Cris Andina](https://erreguete.gal/2019/05/14/festival-de-cans-conta-coa-exposicion-outra-pel-rostro-de-cris-andina/): O Festival de Cans, no seu intento de achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame. Este mércores 15 de maio ás 19:30, inaugurarase a mostra “Outra pel, outro rostro” da ribadense Cris Andina. Un traballo, formado por máis de 30 retratos, que a fotógrafa realizou seguindo a numerosas actrices e actores para retratalos no intre no que pasan a barreira da caracterización e mudan de rostro para interpretar aos seus personaxes no escenario. Esta mostra, que estará dividida entre o Círculo Recreativo Cultural do Porriño e […] - [O CDG celebra as Letras Galegas con 3 montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas](https://erreguete.gal/2019/05/14/cdg-celebra-as-letras-galegas-tres-montaxes-de-redrum-ciclo-teatro-ob-sceno-unha-xornada-de-portas-abertas/): A compañía pública amosará as dependencias da súa sede en Santiago a través de visitas guiadas e de accións escénicas nos camerinos, nas oficinas e na biblioteca.   O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades durante esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Esta carteleira inclúe os espectáculos de Redrum Teatro A nena que quería navegar, Contos do recreo e Invisibles, este último realizado en coprodución coa compañía da Xunta, que para o propio día 17 organizou, así mesmo, unha xornada de portas abertas e o […] - [Fran Sieira no TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/05/14/fran-sieira-no-trc-danza-da-coruna/): Co gallo do Día das Letras Galegas, a compañía de Fran Sieira participa no programa TRC Danza, do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, este xoves 16, ás 20:30, coa súa peza EntreSoños, unha obra de baile tradicional galego no marco da danza contemporánea que indaga no cruce de camiños existencial que aparece cando aparece o momento de loitar polos teus soños. EntreSoños pon enriba do escenario a tres bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos. Colaboran ademais, a escenógrafa Vanesa Hernández, o deseñador de iluminación Luis Perdiguero e […] - [Corpo(a)terra convoca unha residencia de formación con Jesús Rubio Gamo](https://erreguete.gal/2019/05/13/corpoaterra-convoca-unha-residencia-de-formacion-jesus-rubio-gamo/): O Festival Corpo(a)terra 2019 abre a convocatoria para un grupo reducido de bailarinas e bailaríns para formar parte dunha residencia de formación artística con Jesús Rubio Gamo. As participantes seleccionadas partillarán o proceso de adaptación da peza Gran Bolero no contexto da IX edición do festival.   Características do proceso As bailarinas e bailaríns seleccionadas: 1) Formarán parte desta Residencia Artística de formación entre o 8 e o 12 de xullo de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00. A Residencia culminará coa presentación pública de Gran Bolero adaptada, pechando a programación oficial do Corpo(a)terra o día 13 de xullo en […] - [A MITEU de Ourense entregou os seus premios](https://erreguete.gal/2019/05/13/miteu-de-ourense-entregou-os-seus-premios/): A XXIV Mostra Internacional de Teatro de Ourense, a Miteu, entregou o sábado os premios desta edición antes de que a Aula de Teatro Universitaria de Ourense Maricastaña clausurase a Mostra coa obra  Imposions, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse. O premio do xurado foi para a compañía portugesa TeatrUbi de Colvilhã e a súa obra Cantico negro, con dirección de Rui Pires e interpretada por Edmilson Gomes, Helena Ribeiro, Mário Fonseca, Nina Schneider e Sara Cruz. O premio do público levouno Teatro Espressivo de Costa Rica, que presentou La construcción del muro, unha obra escrita polo premio Pulitzer Robert Schenkkan […] - ['Eroski Paraíso' gaña o Premio Gala do Libro Galego na categoría "Teatro"](https://erreguete.gal/2019/05/12/eroski-paraiso-gana-premio-gala-libro-galego-na-categoria-teatro/): A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron onte a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Eroski Paraíso, de Chévere, editada por Kalandraka, foi a obra gañadora na categoría de Teatro. Eroski Paraíso, editada por Kalandraka na súa colección “Teatro”, é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros […] - [A Coruña recibe o Encontro Mundial de Humorismo](https://erreguete.gal/2019/05/12/coruna-recibe-encontro-mundial-de-humorismo/): O Encontro Mundial de Humorismo, que se celebrará entre os días 13 e 19, reunirá a artistas como Luis Piedrahita, Carlos Blanco, Javier Veiga, David Amor, David Perdomo, Ana Morgade, Touriñán ou os creadores de El Mundo Today.   O Encontro Mundial de Humorismo nace coa idea de establecer na Coruña o principal festival de humor do noso país. Unha semana para homenaxear “a comedia elevada e o humor de calidade, para coñecer os referentes imprescindibles e para desfrutar dos espectáculos con máis éxito”. O EMHU, que se celebrará entre os días 13 e 19 de maio, reunirá a artistas como […] - [Nace a Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo](https://erreguete.gal/2019/05/11/nace-asociacion-de-profesionais-tecnicos-ao-vivo/): APTAV, a ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ pretende reunir a todos os profesionais do sector, “tanto de iluminación, como son, vídeo, rexedores, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar…”.   Cerca dun centenar de profesionais deron un paso definitivo para aglutinar dunha vez por todas a todos os profesionais técnicos de eventos en vivo de Galicia. A ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ (APTAV), que se define como “dos técnicos e para os técnicos, tratará de “denunciar as condicións de traballo abusivas”. A idea é “acabar coa imaxe do técnico comendo un bocadillo no seu posto de traballo”, como sinala […] - [Máis de 60 actividades e 30 compañías no Festival de Redondela](https://erreguete.gal/2019/05/10/mais-de-60-actividades-30-companias-no-festival-de-redondela/): Un total de 30 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Euskadi, Aragón, Castela e León e, por suposto, Galicia, compoñen o cartel deste ano.   O Festival Internacional de Títeres converterá a Redondela no escenario de máis de 63 representacións teatrais a cargo de 30 compañías chegadas de todas as partes do mundo. Para festexar a XX edición, a habitual programación escolar e de sala, ampliarase con máis funcións na rúa dende o xoves, que continuarán no Día das Letras Galegas e durante a fin de semana. Tamén se proxectará o documentario 20 anos… non […] - [Cántigas da Terra estrea 'O engano' de Leandro Carré](https://erreguete.gal/2019/05/10/cantigas-da-terra-estrea-engano-de-leandro-carre/): A obra, que recibiu un accésit no certame convocado polas Irmandades da Fala, nunca chegou a estrearse.   Este sábado 11 de maio, ás 16.30, no IES Calvo Sotelo da Coruña, o Cadro de Teatro de Cántigas da Terra, dirixido por Moncho Iglesias, estreará a obra O engano, de Leandro Carré Alvarellos, no XXII Certame de Teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña. O engano. Comedia dramática en tres actos foi unha das tres obras de Leandro Carré Alvarellos que obtivo “Accésit” no Certame convocado pola Irmandade da Fala en Betanzos en xuño de 1919. O manuscrito da obra está […] - [A Mostra de Cangas e o Singlot estrean conxuntamente ‘La Gran Ofensa’](https://erreguete.gal/2019/05/10/mostra-de-cangas-singlot-estrean-conxuntamente-la-gran-ofensa/): Os festivais acordaron tamén a programación en Cangas e Sant Feliu de Guíxols do espectáculo Vacas, guerras, porcos e cregos, de Quico Cadaval.   O ano pasado, A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o Singlot Festival de Sant Feliu de Guíxols (Girona) uníronse en favor da defensa do humor e a liberdade creativa. Os festivais asinaron un manifesto conxunto para resaltar a importancia do humor como ferramenta capaz de “cruzar obstáculos e fronteiras, romper moldes e unir persoas, países e culturas”. Froito da irmandade entre a MITCFC e o Singlot naceu o compromiso de partillar espectáculos […] - [Representación de 'O valo' na libraría Berbiriana da Coruña](https://erreguete.gal/2019/05/10/representacion-de-valo-na-libraria-berbiriana-da-coruna/): Hoxe, venres 10 de maio, ás 19:30, Os Furabolos representarán, na Libraría Berbiriana da Coruña, O valo, de Carlos Labraña, obra coa que o autor conseguíu o IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2016. O valo –publicada por Xerais– é un texto que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades coa guerra de Siria como pano de fondo. Carlos Labraña é un autor ben coñecido polo seu teatro familiar, con títulos como O teatro dos soños, Os sons da buguina (II Premio Meira Moiga de Literatura infanto-xuvenil no 2006), A pequena compaña (VIII Premio Estornela de teatro para […] - [O empapelado amarelo](https://erreguete.gal/2019/05/09/o-empapelado-amarelo/): Da distancia ao estremecemento | Manuel Xestoso | | Foto: Manuel G. Vicente |   A forma de operar das pantasmas mudou moito: dende que alguén decretase que un espectro percorría Europa, as aparicións tenden a substituír as sabas e o balbordo das cadeas por unha forma máis sutil de ameaza. Desvelan máis que espaventan, aínda que sempre segue habendo quen se arrepía cando se mostran. O empapelado amarelo é unha historia de fantasmas, aínda que a natureza espectral ten a ver máis con Freud e Lacan que con castelos abandonados. O relato orixinal de Charlotte Perkins Gilman recupera os escenarios […] - [A MIT de Ribadavia presenta o cartel do 35º aniversario](https://erreguete.gal/2019/05/09/mit-de-ribadavia-presenta-cartel-35o-aniversario/): O deseño do cartel do 35 aniversario quere recoller, a través de imaxes representativas dos últimos 10 anos, a proxección do pasado como espello e impulso para o presente.   O deseño do cartel da 35ª MIT recolle imaxes de compañías galegas e internacionais e mostra o impulso e proxección que tivo para o teatro galego o festival. No cartel, o público poderá atopar imaxes de cada edición, dende 2009 (ano en que se celebrou o 25 aniversario) ata hoxe, como un peche de ciclo do festival, que se caracterizou por un impulso profesionalizador, por reforzar o seu rol de diálogo […] - [A Miteu-Vigo remata co grupo costarriqueño Teatro Expressivo](https://erreguete.gal/2019/05/09/miteu-vigo-remata-co-grupo-costarriqueno-teatro-expressivo/): A obra escrita polo premio Pulitzer Robert Schenkkan deixa unha reflexión sobre os problemas que se poden derivar dos discursos de odio cara os migrantes.   A XXI edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario vive estes días a súa semana máis internacional. As derradeiras representacións da Miteu no campus de Vigo arrancaron este mércores no Teatro Roberto Vidal Bolaño coa posta en escea de Papá está en la Atlántida, a cargo do grupo mexicano Los Pinches Chamacos. Trátase dunha peza baseada no texto orixinal de Javier Malpica que, na súa concepción, estaba destinado a un público infantil pero que, debido […] - [O Carballiño acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador](https://erreguete.gal/2019/05/08/carballino-acolle-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador-os-dias-10-11-12-de-maio/): O Carballiño converterase en epicentro do teatro amador os días 10, 11 e 12 de maio coa celebración do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador no que participan diferentes colectivos de Galicia, Portugal e Castela-León. O evento, que se enmarca dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador –formada pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, o Teatro do Nororeste – Centro Dramático de Viana/Teia e a erregueté– propón un programa intenso no que a creación se combina con diferentes espazos para a formación e a reflexión. As representacións teatrais comezarán […] - [O FITEI do Porto comeza cun programa dedicado á creación portuguesa](https://erreguete.gal/2019/05/08/fitei-comeza-cun-programa-de-creadores-portugueses-colaboracion-co-ddd/): O Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) comeza hoxe coa colaboración co Festival Dias Da Dança (DDD), organizando de mércores a domingo un programa dedicado á creación portuguesa e destinado a programadores internacionais. O obxectivo da chamada Semana + é concentrar varios espectáculos de danza e teatro para presentar a programadores doutros países –”cerca de 20 artistas nacionais nun programa multidisciplinar”–, aproveitando a celebración dos dous festivais. No texto de presentación asinado polos directores artísticos do DDD e do Teatro Municipal do Porto, Tiago Guedes, e do FITEI, Gonçalo Amorim, explícase que o obxectivo dos cinco días é dar […] - [Faladoiros arredor da 'Anatomía dunha serea' de Iria Pinheiro e a violencia obstétrica](https://erreguete.gal/2019/05/07/9969/): O Club C! de Compostela organiza esta semana dúas actividades vinculadas ás representacións de Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro, que terán lugar o xoves 9 e o venres 10, no Teatro Principal, ás 20:30. Hoxe, martes 7, o Club C! propón unha “entrevista bidireccional”, un diálogo entre María Lado e Iria Pinheiro. Coa autora do texto e a protagonista da peza documental, o faladoiro consistirá nun diálogo entre as dúas, para repasar a orixe do espectáculo e para reflexionar sobre o proceso de escrita do texto e, transversalmente, sobre a(s) violencia(s) ás que como mulleres creadoras están expostas. A Casa das Mulleres […] - [Mnémosyne](https://erreguete.gal/2019/05/06/mnemosyne/): Imaxes sobrevivintes | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Nadine Soulage |   Esta crítica do último espectáculo de Josef Nadj aparece no número 96 da erregueté | Revista Galega de Teatro. As persoas subscritoras xa a teredes na casa; as que aínda non vos suscribistes, estades a tempo de facelo e de axudarnos a seguir informando sobre as artes escénicas. O espectáculo-exposición de Josef Nadj puido verse no Teatro Nacional São João do Porto o pasado xaneiro.       Co seu Atlas Mnémosyne, o historiador Aby Warburg ofrecía unha máquina para pensar as imaxes, un labirinto temporal desde o que […] - [Xavier Lama gaña o I Premio Laudamuco de textos teatrais](https://erreguete.gal/2019/05/03/xavier-lama-gana-i-premio-laudamuco-de-textos-teatrais/): Xavier Lama é o gañador do I Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas coa obra Na miña alma ouvea un lobo. Xavier Lama (Guntín, 1962) é autor de diversos textos dramáticos como O peregrino errante que cansou ó demo (Premio Camiño de Santiago en 1993), O serodio remordemento do amor (Premio Rafael Dieste en 1995) ou Ela, piedade dos suicidas (XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos no 2014). Recentemente, o seu texto Os reloxos preguiceiros da néboa (Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2010) […] - [A XXXVI Mostra de Cangas presenta o seu programa](https://erreguete.gal/2019/05/03/xxxvi-mostra-de-cangas-presenta-seu-programa/): A Mostra, cuxo pregón pronunciará Quico Cadaval, presenta cinco estreas absolutas e cinco en Galicia.   O 28 de xuño arranca a XXXVI edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis a vila do Morrazo convértese nun referente do teatro de humor, ao que leva consagradas xa 36 edicións do festival. Ao longo de nove días, os amantes do teatro terán a oportunidade de ver máis dunha vintena de espectáculos teatrais, que serán representados no Auditorio de Cangas ou na rúa, en diferentes espazos do concello morracense. A 36 Mostra comezará co pregón de Quico Cadaval, […] - [Janet Novás presenta 'Mercedes máis eu' na Coruña](https://erreguete.gal/2019/05/03/janet-novas-presenta-mercedes-mais-eu-na-coruna/): O vindeiro sábado 11 de maio ás 20:30, dentro do ciclo TRC Danza do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Janet Novás presenta Mercedes máis eu, un traballo en colaboración con Mercedes Peón que se estreou o pasado outubro en Madrid. Mercedes máis eu é un traballo de colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón no que ambas exploran as relacións particulares que existen e se establecen entre “a súa danza e a súa música”. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes afloran conceptos, algúns deles de gran contido socio-político, outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas que aparecen […] - [Editadas as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María](https://erreguete.gal/2019/05/02/editadas-as-obras-ganadoras-dos-premios-rafael-dieste-manuel-maria/): As edicións de 2018 destes galardóns recaeron respectivamente en AveLina Pérez, con Ás oito da tarde, cando morren as nais, e Paula Carballeira, con Somos os monstros.   A Xunta e Edicións Xerais acaban de publicar en réxime de coedición os dous títulos galardoados cos últimos premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro e Manuel María, As oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, e Somos os monstros, de Paula Carballeira, respectivamente. Ambos os textos fan os números 24 e 25 da colección Biblioteca Dramática Galega, a través da que ven a luz todas as obras recoñecidas cos devanditos […] - [María Casares regresa á Coruña como protagonista de 'Despois das Ondas'](https://erreguete.gal/2019/04/30/maria-casares-regresa-coruna-protagonista-de-das-ondas/): Este venres, no Teatro Colón, ás 20:30, a actriz María Casares volverá á escena como protagonista da obra Despois das ondas, de Ernesto Is, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña que agora converte en espectáculo teatral en coprodución con ButacaZero. As actrices Belén Constenla e Nerea Brey dan vida á actriz nunha obra que percorre a súa biografía. “A obra recupera unha figura imprescindíbel do teatro galego que conta con moito recoñecemento interior mais aínda descoñecida no país en que naceu e que chega agora á escena cun equipo de luxo”, destacou na presentación a vicepresidenta e responsábel […] - [Os títeres de Redondela cumpren vinte anos](https://erreguete.gal/2019/04/30/os-titeres-de-redondela-cumpren-vinte-anos/): Trinta e unha compañías chegadas de lugares como Arxentina, Perú, Portugal, Dinamarca, Francia, Bélxica a República Checa e, por suposto, Galicia, serán parte do programa con que o Festival de Títeres de Redondela celebra a súa vixésima edición, do 13 ao 19 de maio. Xa van 20 anos dende que a Asociación Xente Titiriteira arrancou coa primeira edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela Juanjo Amoedo e, dende aquela, xa se converteu nun símbolo de identidade para toda Redondela. A vixésima edición do festival reforza a programación de rúa con diversos espectáculos itinerantes, amplía o mercado titiriteiro e inclúe un […] - [Ana Romaní, Premio da MITEU de Ourense](https://erreguete.gal/2019/04/30/ana-romani-premio-da-miteu-de-ourense/): A organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) vén de outorgar o seu premio deste ano á xornalista, autora e académica Ana Romaní. A Mostra de Teatro Universitario de Ourense, que celebra estes días a súa 24ª edición, distingue a aquelas persoas que apoian á cultura, á formación e ao teatro. A organización declarou que “Ana Romaní sempre foi valedora da cultura galega e desde onde estivo e está sempre axudou a unha inciativa como a MITEU”. A acta, así mesmo, sinala que “o seu Diario cultural é un exemplo de programa amante e colaborador coa cultura do país. […] - [Dúas obras de Tiago Rodrigues en Guimarães](https://erreguete.gal/2019/04/30/duas-obras-de-tiago-rodrigues-guimaraes/): Esta fin de semana, os días 4 e 5 de maio, o público poderá ver, no Centro Cultural Vila Flor de Guimarães, dúas das máis recentes creacións de Tiago Rodrigues –actor, director, dramaturgo e actual director artístico do Teatro Nacional D. Maria II–, cuxo teatro subversivo e poético o afirmou como un dos artistas portugueses máis relevantes e acreedor do Premio Europeo Novas Realidades Teatrais. Sopro chega ao escenario do Centro Cultural Vila Flor a noite do sábado 4 de maio ás 21:30, mentres que o domingo, ás 17:00 horas, o Gran Auditorio CCVF recibe Como ela morre. Cristina Vidal é apuntadora no […] - [Píscore estrea 'Concerto con Fusión'](https://erreguete.gal/2019/04/29/piscore-estrea-concerto-fusion/): O sábado 4 de maio, Píscore estrea o seu novo espectáculo, Concerto con Fusión, dentro do programa da Mostra de teatro Universitario de Ourense, MITEU. A estrea na MITEU virá precedida dunha preestrea, o 1 de maio, no Centro Cultural Patelas de Cuntis.   Tras máis de cen exitosas funcións por todo o Estado co Concerto Singular (e Plural) -Premio do Público Festiclown 2018 e Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018–, chega Concerto Con Fusión, unha proposta de Píscore e Culturactiva S. Coop. Galega. Catro prestixiosos músicos e unha marimba volven a atoparse no escenario (con)fusionando música, teatro, humor, comedia […] - [XVI Semana Internacional Lugo Máxico](https://erreguete.gal/2019/04/27/xvi-semana-internacional-lugo-maxico/): A 16ª edición da Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico, celebrarase do 5 ao 11 de maio. Esta programación achegará unhas 60 actuacións a un público de todas as idades, convertendo a Lugo en paraíso máxico.   Este ano, por primeira vez, serán os magos os que acheguen a ilusión aos propios colexios, concretamente a máis de 20 centros educativos, que se suman aos espectáculos en escolas infantís municipais (Piringalla, Serra de Outes, Gregorio Sanza e Sanfiz), no Auditorio Municipal Gustavo Freire e nas ociotecas do Uxío Novoneyra , A Milagrosa e Maruja Mallo; así como no MIHL, no Mercado […] - [Ábrese o prazo para a inscrición de espectáculos en Camiño Escena Norte](https://erreguete.gal/2019/04/26/abrese-prazo-inscricion-de-espectaculos-camino-escena-norte/): Ata o venres 3 de maio está aberto o prazo para a inscrición de espectáculos no Itinerario Constelacións, eixo vertebrador do programa da primeira edición do proxecto Camiño Escena Norte, que promoven as asociacións profesionais Escena Galega (Galicia), EscenaAsturias (Principado de Asturias), Acepace (Cantabria) e Eskena (País Vasco) e que se celebrará nas catro comunidades autónomas, entre o 19 de setembro e o 13 de outubro de 2019. Camiño Escena Norte –que se presentou ao público en novembro, no marco da 7ª edición do Mercado de Artes Escénicas, Mercartes, na cidade de Valladolid–, comprimirá a súa programación escénica nun mes no chamado […] - [O colectivo 85Corpos move Vigo polo Día da Danza](https://erreguete.gal/2019/04/26/colectivo-85corpos-move-vigo-polo-dia-da-danza/): O colectivo de mulleres artistas 85C ultima a segunda edición dos poucos festivais de danza da cidade: 85Corpos, que este ano ofrecerá varias jams, espectáculos, faladoiros e encontros de distintas personalidades da danza. Unha cita cultural que terá como pano de fondo a necesidade da expresión corporal como mobilización e integración social. Para iso este ano a asociación colabora coa Fundación Igualarte – asociación sen ánimo de lucro que traballa con persoas con capacidades diferentes a través da arte- cunha peza de danza contemporánea “Encontrarte en lo oculto” dirixida e coreografada por Juan Cid. Dende o colectivo explican: “É necesario reivindicar […] - [Comeza o XI Festival de Títeres do Carballiño](https://erreguete.gal/2019/08/19/comeza-xi-festival-de-titeres-carballino/): Hoxe comeza no Carballiño o XI Festival de Títeres, que se desenvolverá ata o xoves 22 e que presentará catro espectáculos e un obradoiro de construción de monicreques para os máis pequenos. A partir das 12:30, Mirari Urruzola, membro da compañía Títeres Babaluva, impartirá o obradoiro de construción de títeres “Constrúe e recicla”, no que a cativada construirá monicreques a partir de materiais de reciclaxe e aprenderá a desenvolver as súas propias historias con eles. Os espectáculos comezarán esta mesma tarde con Os Contos de Pablísimo, que presentará O paroleiro, un espectáculo no que collen contos de todo tipo –contos que […] - [Comeza en Chantada a XXIX Mostra de Teatro Afeccionado Maruxa Villanueva](https://erreguete.gal/2019/08/19/comeza-chantada-xxix-mostra-de-teatro-afeccionado-maruxa-villanueva/): En Chantada, comeza hoxe a XXIX Mostra de Teatro Maruxa Villanueva. Até o 22 de agosto, ás 22:00, na Praza do Cantón, representaranse catro obras de teatro afeccionado. O día 19 a Asociación Prodeme de Monforte trae a Chantada a comedia Un funeral para morrer de risa. O martes 20 a Agrupación Teatral “Pico do Castro” de Foz interpretará Unha novela de policías. O mércores 21 Dartrela Teatro, do Carballiño, presenta Como medrache. E para rematar, o Centro Teatral Faro-Miño de Chantada poñerá en escena Sintrón nin son”. Este ciclo está organizado polo colectivo Centro Teatral Faro-Miño e o Concello de Chantada. A entrada […] - [Camiño Escena Norte desenvolverá a cooperación teatral con Asturias, Cantabria e Euskadi](https://erreguete.gal/2019/08/14/camino-escena-norte-desenvolvera-cooperacion-teatral-asturias-cantabria-euskadi/): Diferentes espazos galegos acollerán nos meses de setembro e outubro un ciclo de oito funcións de compañías asturianas, vascas e cántabras.   A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) e a Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) veñen de asinar un convenio para desenvolver o proxecto Camiño Escena Norte, unha iniciativa de intercambio cultural co resto das comunidades autónomas polas que discorre a Ruta Xacobea do Camiño do Norte: Asturias, Cantabria e Euskadi. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta de Escena Galega e representante en Galicia do devandito programa, Belén […] - [Xa se coñece a programación teatral do Pazo da Cultura de Narón para o outono](https://erreguete.gal/2019/08/14/xa-conece-programacion-teatral-pazo-da-cultura-outono/): Os actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, coa comedia Unha noite na praia, abrirán en setembro un amplo abano de espectáculos para todos os públicos que traerán ao Pazo da Cultura de Narón. O Padroado da Cultura retomará o venres, día 13 de setembro, a programación cultural do Pazo que se desenvolverá nos catro derradeiros meses do ano, para o que desde o vindeiro 21 de agosto estarán as entradas dispoñibles. Nas tres funcións (venres 13 ás 20:30, sábado 14 ás 20:00, e domingo 15 ás 19:00) da comedia Unha noite na praia súbense ao escenario do Pazo os cómicos Carlos […] - [Comeza o XIX Festival Manicómicos da Coruña](https://erreguete.gal/2019/08/13/comeza-xix-festival-manicomicos-da-coruna/): Do 15 ao 18 de agosto celebrarase na Coruña a XIX edición do Festival Manicómicos: teatro cómico, clown e circo contemporáneo ateigarán as rúas da cidade. O Festival ten a intención de amosar, xunto a xoves artistas galegos, a primeiras figuras do panorama cómico internacional. O programa comeza o día 15, no Parque de Santa Margarida. Ás 19:00, Mere Clown presenta Aparvaolimpiadas: un intento de atleta polifacético verase involucrado en multitude de problemas para lograr a ansiada medalla olímpica, facendo un repaso das cerimonias de apertura e clausura, así como dalgúns dos deportes máis populares. Ás 20:30, Kerol representará Welcome To […] - [Aberto o prazo para presentar propostas a SóLODOS en Danza 2019](https://erreguete.gal/2019/08/12/aberto-prazo-presentar-propostas-solodos-danza-2019/): SóLODOS en Danza / Ourense / 2019, o Festival Internacional de Danza Contemporánea, fixo públicas as bases para o Certame de Creación de Dúos e Sólos. A data límite para a presentación das propostas será o 11 de outubro e as datas nas que se desenvolvan o Festival e o Certame serán do 21 ao 23 de novembro, en Ourense. SóLODOS en danza é un proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico –social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Sólodos utiliza diferentes estratexias de colaboración para construír unha ponte cultural entre artistas de América e Europa. SóLODOS en […] - [III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá](https://erreguete.gal/2019/08/11/iii-certame-de-teatro-afeccionado-concello-de-lourenza/): A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a terceira edición do certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá, que se rexerá polas seguintes bases:   1.- A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá (Lugo) convoca o III CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO “CONCELLO DE LOURENZÁ”. 2.- Poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. 3.- Os grupos interesados en participar deberán inscribirse ben nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou ben por correo, enviando […] - [Eduardo Rodríguez Cunha, 'Tatán': "Nós, como Tanxarina, seguimos sendo uns románticos"](https://erreguete.gal/2019/08/10/eduardo-rodriguez-cunha-tatan-nos-tanxarina-seguimos-sendo-uns-romanticos/): Tanxarina vén de recibir un diploma de recoñecemento da Asamblea Legislativa de la República de El Salvador –país que visitaron a finais de xullo- e do festival Fit-Ocelot, na categoría de “Traxectoria internacional”, polos seus máis de 30 anos de traballo. Con este motivo, recuperamos esta entrevista publicada no número 96 da edición en papel da erregueté para conmemorar o 35º aniversario da compañía.   “Nós, como Tanxarina, seguimos sendo uns románticos” | Xoán Carlos Riobó e Xurxo G. Avendaño |   Entre as vías do tren e o olor a humidade, reunímonos no taller da compañía con Eduardo Rodríguez Cunha, coñecido por […] - [Dous obradoiros e unha residencia no programa de formación do festival herDanza 2019](https://erreguete.gal/2019/08/09/dous-obradoiros-unha-residencia-no-programa-de-formacion-festival-herdanza-2019/): O Festival herDanza de Santiago de Compostela, que celebrará a súa cuarta edición entre o 2 e o 7 de setembro, vén de facer público o seu programa de formación. Serán dous obradoiros a cargo de Rakhal Herrero e Rebeca Carrera e unha residencia destinada a estudantes de danza de entre 16 e 23 anos de idade.   Rakhal Herrero desenvolverá o obradoiro “A escea do dous – Exploración e Desenvolvemento de Dúos”, que tentará responder á cuestión “Como xerar unha construción entre dous de carácter relacional , que habilite un pulso de reciprocidade preservando e respectando a propia individualidade?”. O […] - [Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic](https://erreguete.gal/2019/08/09/resoltas-as-axudas-producion-escenica-da-agadic-2/): O importe global das axudas á produción é de 650.000 euros, a mesma contía que o ano pasado.   A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) fixo pública hoxe a relación de proxectos subvencionados ao abeiro da súa convocatoria de axudas á produción escénica. Segundo a adxudicación publicada onte no web da Agadic, recibirán apoio económico por esta vía catro propostas na modalidade de nova creación, 16 na de teatro, novo circo e maxia, e tres na de danza e artes do movemento. O importe global das axudas é de 650.000 euros, a mesma contía que o ano pasado. O obxectivo destas […] - [Volve o Circo na Rúa a Lalín](https://erreguete.gal/2019/08/09/volve-circo-na-rua-lalin/): O Circo na Rúa volve a Lalín, a partir de hoxe, con tres funcións.   O venres 9, ás 20:30, no Km 0, Sue Moreno presentará 4.0, un espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, sobre unha estrutura de seis metros de altura e empregando o humor como partitura. A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda. O día 10, ás 20:30 na Praza da Igrexa, será a […] - [Arte escénica, moral castradora e balbordo](https://erreguete.gal/2019/08/08/arte-escenica-moral-castradora-balbordo/): | Roberto Pascual | | Foto: Pro Light Estudio |   Vivimos nun mundo moi diferente ao do século XV, claro está. Os avances e o progreso con respecto a moitas daquelas actividades que existían naquela época á que se remonta a tradición dos títeres de cachaporra son evidentes. Pero outras tradicións, técnicas, divertimentos ou prácticas non tanto e quizais cumpra telas moi presentes para coñecelas, adaptalas ou gozalas. Larraitz Producións acaba de estrear Dona Barriga Verde, un espectáculo de impecable factura interpretado por esta actriz-manipuladora e en cuxa demorada, documentada e estudada posta en escena participan Borja Insua Lema (Títeres […] - [Touriñán presentou o programa da nova edición de Castelo Conta](https://erreguete.gal/2019/08/08/tourinan-presentou-programa-da-nova-edicion-de-castelo-conta/): Onte deuse a coñecer a programación do festival Castelo Conta, que comezou como unha andaina pola parroquia de Castelo (Culleredo) co cómico Xosé Antonio Touriñán como anfitrión e xa é unha das citas máis esperadas do verán. O festival desenvolverase dende o 19 ao 24 de agosto e ofrecerá durante estes seis días un amplo programa de actividades para todos os públicos, con apartados especiais para as crianzas e para maiores que participan contando as súas historias. Nun acto no que participou xunto ao vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Culleredo, Xosé Ramón Riobóo, Touriñán desvelou […] - [Sete espectáculos en A esCEEna, a V Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee](https://erreguete.gal/2019/08/08/sete-espectaculos-esceena-v-semana-de-teatro-das-artes-escenicas-de-cee/): O próximo luns 19 de agosto comeza en Cee a V Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee, “A esCEEna”, que se prolongará ata o domingo 25 e que levará sete espectáculos á vila fisterrá. Todas as funcións serán no Auditorio Baldomero Cores ás 21:30. | Foto: Rosinha Rojo | A Mostra comeza o día 19 con Vida de cans, de Talía Teatro, un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó. Dani Trillo, Tono Casais e Artur Trillo póñense na pel de Nemo, Nolo e Lupo, tres cans moi diferentes entre eles aos que lles toca compartir un recinto que lles […] - [En agosto, circo en Compostela](https://erreguete.gal/2019/08/07/agosto-circo-compostela/): Catro compañías de novo circo –Punto Cero, UpArte, Kanbahiota e El Fedito– representarán durante este mes as súas obras nas rúas compostelás.   Mañá, xoves 8 de agosto, chega a Compostela o espectáculo Y ahora qué?, da compañía Punto Cero, que levou o premio do público no Festival Artescena 2017. Será ás 19:30 horas, na praza da Quintana. En caso de choiva, a actuación será no Teatro Principal. Entrada de balde e para todos os públicos. Puntocero é unha compañía formada en Gran Bretaña polos madrileños Zenaida Alcalde e Miguel Muñoz, que recentemente foron parte da rodaxe da nova película de Disney Dumbo, […] - [Rolda Internacional: 7 / 08 / 2019](https://erreguete.gal/2019/08/07/rolda-internacional-2-08-2019/): O pasado 31 de xullo, faleceu aos 91 anos Harold Prince, director e produtor, e a persoa que máis premios Tony recibiu, un total de 21. Prince era unha verdadeira lenda en Broadway, onde dirixiu musicais míticos como O violinista no tellado, Cabaret, Zorba, Follies, Sweeney Todd, Evita ou O fantasma da ópera. Prince traballou con compositores como Jason Robert Brown, Stephen Sondheim e Andrew Lloyd Webber, con coreógrafos como Michael Bennett, Bob Fosse e Jerome Robbins, e dirixiu a estrelas como Elizabeth taylor, Liza Minelli, Jack Cassidy ou Angela Lansbury. Os seus espectáculos foron admirados por ter unha madurez que os […] - [Nace a plataforma dixital de artes escénicas Mundo Escénico](https://erreguete.gal/2019/08/06/nace-plataforma-dixital-mundo-escenico/): As Artes Escénicas en Galicia xa contan cunha comunidade online onde os diferentes axentes poden interactuar. Mundo Escénico nace como unha iniciativa dentro da terceira edición do programa de emprendemento Go2Work de Barro organizado pola Deputación de Pontevedra e a Escuela de Organización Industrial. A comunidade, que xa está en funcionamento, cubre catro ámbitos principais: Teatro, Música, Danza e Folclore, onde se engloba todo tipo de actividade escénica. Mundo escénico está dirixido principalmente a catro tipos de perfís de usuario: os espectadores, que buscan unha axenda completa e actualizada e tamén valorar e seguir ós seus grupos favoritos; os artistas, membros […] - [O CCG coproducirá os novos espectáculos de Artestudio, Marta Alonso e Kirenia Martínez](https://erreguete.gal/2019/08/05/ccg-coproducira-os-novos-espectaculos-de-artestudio-marta-alonso-kirenia-martinez/): Os tres proxectos teñen como común denominador o protagonismo feminino, tanto nos equipos artísticos como nas temáticas, desde a creación contemporánea.   A Consellería de Cultura e Turismo coproducirá os novos espectáculos de danza Medula de Artestudio, Bailar ahora de Marta Alonso e E-migrantas de Kirenia Martínez. Estes tres proxectos son os beneficiarios da convocatoria publicada en xuño pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de seleccionar os títulos do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego para a temporada 2019-2020. Segundo a adxudicación publicada onte na web da Agadic, a Xunta achegará máis de 50.000 euros a estas […] - [Semente para o porvir](https://erreguete.gal/2019/08/05/semente-para-o-porvir/): | Manuel Xestoso |   Escribiu a súa propia esquela coma quen escribe unha carta de amor ao teatro: “Xa non mirarei aos ollos do espectador, nin a sentir a grande vertixe do actor nas táboas./ Voume co inmenso pracer do traballo, o teatro como un océano…”. Invitou ao sorriso, ao encontro de amizades arredor da súa despedida. E as amizades, o mundo do teatro, acudiron a sorrir e a atoparse, a despedilo cantando Grándola vila morena, un himno de rebelión que ben pode servir de prontuario do seu paso por este mundo. Em cada esquina, um amigo, em cada rosto, […] - [Contraproducións estreará 'O electo' no vindeiro FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/08/05/contraproducions-estreara-electo-no-vindeiro-fiot-de-carballo/): Trátase dunha comedia dramática sobre os efectos da política e as terapias psiquiátricas coa que Contraproducións inicia un proxecto de colaboración cunha das empresas teatrais máis potentes do Estado, Focus.   No próximo Festival Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, estrearase O electo, unha comedia dramática de Ramón Madaula dirixida por Cándido Pazó. Trátase dunha coprodución entre Contraproducións, o grupo FOCUS e o propio FIOT, coa que Contraproducións inicia un proxecto de colaboración cunha das empresas teatrais máis potentes do Estado, Focus. O electo reflexiona nun rexistro de comedia sobre os efectos da política e as terapias psiquiátricas. Nun hipotético tempo, nunha suposta […] - [Faleceu Celso Parada, figura fundamental do teatro](https://erreguete.gal/2019/08/03/faleceu-celso-parada-figura-fundamental-teatro/): Celso Parada, actor, director, fundador do Teatro do Morcego e figura fundamental do teatro galego das últimas décadas faleceu hoxe, despois dunha longa loita contra a enfermidade. Parada é unha das figuras máis salientables da xeración que deu inicio ao teatro galego profesional. Formado xunto a figuras como Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez ou Victor Rotelli,a súa delongada carreira inclúe ducias de espectáculos, especialmente coas compañías Teatro do Morcego, da que foi fundador (O Lazariño de Tormes, Rapsodia Pimenteliana, Misterio cómico, Morte accidental dun anarquista, Os vellos non deben de namorarse, A gran ilusión, Momo, A farsa do bululú, O burgués fidalgo…), Via Láctea (Multimedia), Produccións […] - [Kirenia C. Martínez Acosta desenvolve unha performance en Italia](https://erreguete.gal/2019/08/03/kirenia-c-martinez-acosta-desenvolve-unha-performance-italia/): Kirenia C. Martínez Acosta, da compañía Entremans, foi escollida para unha residencia en Basilicata (Italia), dentro do proxecto I-Portunus, co obxectivo de desenvolver unha performance, Instante gradual. Martínez Acosta, que comezou a residencia o día 1 deste mes, permanecerá en Italia até o 18 para rematar o seu proxecto. Instante gradual é un proxecto de investigación coreográfica que pretende narrar, a través da linguaxe corporal, que se expresa sen censura, a transformación gradual das cousas contidas en momentos, en segundos. Cando se crea unha pedra ou se converte o carbón ou a pedra calcaria en mármore? É unha reflexión sobre o momento gradual, […] - [Comeza a nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios](https://erreguete.gal/2019/08/02/comeza-nova-tempada-da-rede-galega-de-teatros-auditorios/): No segundo período de programación, que se estenderá de agosto a decembro, Contraproducións, Chévere, Limiar Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego, Odaiko, Pérez&Fernández, Producións Dispersas, Producións Teatráis Excéntricas, Teatro da Ramboia e Sarabela Teatro presentarán novas producións.   Budiño será o encargado de abrir mañá en Burela o segundo período da programación anual da Rede Galega de Teatros Auditorios, impulsada pola Xunta. O concerto que ofrecerá ás 22:00 na carpa da Festa do Bonito dentro da xira de presentación de Fulgor, o seu novo traballo, será a primeira das 205 citas culturais que terán lugar entre os meses de agosto e decembro no […] - [Dezasete espectáculos na Mostra de Cariño](https://erreguete.gal/2019/08/02/11102/): Dezasete espectáculos constitúen o programa da 41ª edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño, que se desenvolverá entre o 16 e o 22 de agosto.   A Mostra comezará o venres 16 cun espectáculo de animación de rúa a cargo de Barafunda Animación, Percebes de Ortegal, que percorrerá diferentes puntos da vila. Ás 21:00, terá lugar a presentación oficial, na Praza do Concello, onde Pablo Méndez presentará Quimera, un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan. O sábado 17, ás12:00, na Praza da Pulida, os Ghazafellos presentarán A illa sen tesouro, unha […] - [Anatomía dunha serea](https://erreguete.gal/2019/08/02/11092/): Unha violencia silenciada | Ana Abad de Larriva | | Foto: Rosinha Rojo / MIT de Ribadavia |   As sereas son seres míticos que se desenvolven moi ben na auga, mais que perden unha gran parte das súas capacidades motrices cando saen á terra, posto que non teñen extremidades inferiores. Hai tamén mulleres que se converten en sereas: deixan de ter pernas, ou, mellor dito, deixan de sentir todo aquilo que está por debaixo do seu embigo como o facían antes da súa transformación. Notan un formigo e parece como se as pernas desaparecesen. Entón, precisan botar auga onde estaban […] - [Matarile volve ao gran formato](https://erreguete.gal/2019/08/01/matarile-volve-ao-gran-formato/): A nova montaxe de Matarile, Daimon y la jodida lógica, estrearase os días 6, 7 e 8 de setembro na Sala Ártika de Vigo para logo facer parada en Bilbao e Madrid.   A nova creación de Matarile Teatro basea o seu título nun concepto mitolóxico que pode significar –segundo o contexto– destino, voz da conciencia, intuición, impulso creativo… Segundo explica Ana Vallés, o traballo cos intérpretes céntrase en “buscar un equilibrio entre o verdadeiro e o verosímil” e deste xeito reflectir “o misterio, o inexplicable que hai detrás das persoas, o que move, impulsa e emociona”. A nova montaxe de Matarile, actualmente […] - [Comezan as XIX Veladas no Souto de Cervo](https://erreguete.gal/2019/08/01/comezan-as-veladas-no-souto-de-cervo/): A partir de hoxe, desenvólvese en Cervo á 19ª edición das Veladas no Souto, un xa clásico ciclo de teatro amador que organiza o grupo O Bordelo e que amenizará as noites da vila mariñá. Durante catro días, sempre as 21:30, os asistentes poderán gozar do seguinte programa: O xoves 1 de agosto, o grupo de teatro Ollomao de Barreiros poñerá en escena Enciclopedia Álvarez, dirixida por Ramón Casas Oroza. O venres 2, o grupo Ardora de San Cibrao representará O silencio do Badal, de Francisco Piñeiro, dirixida por María Paz Rodríguez Silva. O sábado 3, os asturianos de Baluarte Teatro […] - [Janet Novás estreará novo espectáculo en Madrid en agosto](https://erreguete.gal/2019/07/31/janet-novas-estreara-novo-espectaculo-madrid-agosto/): A estrea da nova obra de Janet Novás, Imaginé cinco cuerpos y ninguno era el mío, terá lugar os días 22 e 23 de agosto, ás 21:30, no Pabellón de Cristal da Casa de Campo de Madrid. Trátase dunha peza en colaboración coas deseñadoras Zap&Buj e producida por Veranos de la Villa de Madrid. Creado por Janet Novás, o espectáculo está interpretado por Raquel Gualtero, Candela Capitán, Laila Tafur, Victoria Martín e a propia Novás. Imaginé cinco cuerpos y ninguno era el mío é unha creación escénica con cinco bailarinas que xorde da colaboración entre Janet Novás e as deseñadoras de moda Zap&Buj. […] - [Xacobe García gaña o Premio Platta de Teatro Breve – Portugal](https://erreguete.gal/2019/07/30/xacobe-garcia-gana-premio-platta-de-teatro-breve-portugal/): Xacobe García é o gañador do I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal coa peza A importância de chamar-se António. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. O xurado –composto por Lois Soaxe Piñeiro, Rosa María Estévez Gantes e José Da Silva Paredes, actuando de secretario con voz pero sen voto Pedro Pablo Riobó, da erregueté– valorou especialmente “a fluidez da trama ben estruturada e a sucesión de accións perfectamente articuladas que conducen inexorablemente a un final kafkiano, sempre á sombra da comedia absurda”. Ademais da súa […] - [Antonio Durán 'Morris' recibe o Premio Rebulir na categoría de Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2019/07/30/antonio-duran-morris-recibe-premio-rebulir-na-categoria-de-artes-escenicas/): Antonio Durán ‘Morris’ vén de recibir o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas. O xurado, reunido onte, decidiu por outorgar o galardón ao actor considerando a súa “contribución á cultura galega dende o teatro e o audiovisual”. Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás. Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos […] - [Curva España](https://erreguete.gal/2019/07/30/curva-espana/): Thriller documental | Manuel Xestoso | | Foto: Rosinha Rojo |   “España facía o que lle dicía a empresa”. A frase, dunha grande actualidade, ten moitas lecturas. E diso se trata, de ofrecer varias lecturas a través das cales deamos con algo parecido a iso que chamamos “a verdade”. O xénero policial como método de atopar unha verdade non está moi lonxe de certo documentalismo, e Curva España explora ese territorio de intersección entre o thriller e o teatro documento para construír un relato que ofrece algunhas verdades, algunhas ficcións e moito material para desenmascarar certezas erixidas dende a manipulación. […] - [O festival Itineranta cumpre unha década](https://erreguete.gal/2019/07/30/festival-itineranta-cumpre-unha-decada/): Os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto verán en Pontevedra a décima edición do festival Itineranta, o único dedicado á espectáculos itinerantes de rúa. Na edición de 2019 repítese o formato de tres noites con itinerarios alternativos para once formacións chegadas de diferentes puntos.   Unha selección das mellores compañías, mostrarán nas rúas da cidade as máis novas propostas das artes escénicas (zancos, malabares, teatro, cabaret, batukada, performance, música en directo, lume, pirotecnia …) para a celebración do maior Festival de Espectáculos Itinerantes de Rúa. Itineranta comeza mañá, mércores 31 de xullo, ás 20:00, co espectáculo Rum […] - ['A.K.A. (also known as)', de Flyhard, e 'Jauría', de Kamikaze, Premios do Público en Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/07/29/k-also-known-as-de-flyhard-jauria-de-kamikaze-premios-publico-ribadavia/): Empate no Premio do Público da MIT 2019. Os espectáculos A.K.A. (also known as), da compañía Flyhard de Cataluña e Jauría, dos madrileños Kamikaze, obtiveron a maior puntuación. | Foto: Rosinha Rojo |   A estrea en Galicia destes dous espectáculos non defraudou: o excepcional nivel interpretativo de Albert Salazar en A.K.A. aumenta o palmarés deste fenómeno teatral de pequeno formato que se puido ver na Igrexa da Madalena. Aos once premios cos que chegou este texto que fala de cuestións de fondo social coma a islamofobia ou a crise de identidade, súmaselle este rotundo aplauso do público de Ribadavia, afeito […] - [Nuria Sotelo leva á Guarda 'Rosa', dentro do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero"](https://erreguete.gal/2019/07/29/nuria-sotelo-leva-guarda-rosa-dentro-programa-mulleres-accion-violencia-zero/): | Foto: Rubén Vilanova |   O vindeiro xoves día 1 de agosto a Praza do Reló da Guarda acolle unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda (CIM). Esta actividade duns 20 minutos de duración, que terá lugar ás 21:00h na Praza do Reló, contará coa representación da peza Rosa, da artista Nuria Sotelo, unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, […] - [Transfiguration](https://erreguete.gal/2019/07/28/transfiguration/): Iso estraño que nos habita | Ana Abad de Larriva | | Foto: Rosinha Rojo / MIT Ribadavia |   Fuxir dos hábitos, das normas, e introducirse no terreo descoñecido do incontrolable. Descubrir a propia natureza estraña, que diferencia e distancia. Nesa procura xurdiu Transfiguration, de Olivier de Sagazan; unha performance artística que creou hai máis de vinte anos mais que segue a ter unha forza e un impacto enormes nas espectadoras e espectadores, como aconteceu na súa presentación na 35ª edición da MIT. O artista métese no material e convértese nun lenzo, nun elemento maleable, nunha obra de arte viva, […] - [Homenaxe a Ernesto Chao e á Agrupación Abrente na MIT](https://erreguete.gal/2019/07/27/homenaxe-ernesto-chao-agrupacion-abrente-na-mit/): | Foto: Tragaluz / AAAG |   A MIT reunirá á escena galega e ao público nun acto institucional e civil que quere recordar o legado e a memoria da Asociación Cultural Abrente, que tanto significou para a vida teatral de Ribadavia e a historia do teatro galego, e para homenaxear ao finado actor ribadaviense Ernesto Chao, membro tamén da citada Asociación Abrente, que en 2019 celebra o 50 aniversario do seu nacemento. Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969 onde destaca, entre outras, a fundación de compañías míticas como Abrente […] - [Ribeira presenta o seu ciclo de teatro máis longo da última década](https://erreguete.gal/2019/07/27/ribeira-presenta-seu-ciclo-de-teatro-mais-longo-da-ultima-decada/): A Mostra de Teatro de Ribeira –que foi presentada onte para anunciar que a partir do próximo día 5 de agosto xa se poderán adquirir os bonos– será a máis longa da última década e estenderáse dende o 27 de setembro até o 5 de decembro. A compañía Sarabela, con Normas para saber vivir na sociedade actual, será a encargada de inicialo o vindeiro 27 de setembro. Trátase dun texto de Jean Luc Lagarce que desvela as perversas mecánicas que se agochan detrás da ritualización das relacións persoais, da falta de franqueza que se nos impón dende unha represión dos sentimentos […] - ['Mapa', do Colectivo Glovo, premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos - NY.](https://erreguete.gal/2019/07/26/mapa-colectivo-glovo-premiada-no-certamen-internacional-de-coreografia-burgos-ny/): O Colectivo Glovo, formado pola galega Esther Latorre e o portugués Hugo Pereira, vén de recibir o primeiro premio pola súa coreografía Mapa na segunda edición de “Bailando con Piedras”, a competición de pezas de rúa do Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY. Mapa foi estreada no 2016 en Lados Danza en Valencia e tamén recibiu o premio do público en Sólodos En Danza Ourense 2016 e unha mención especial no Festival In Corto Danza de Italia 2019. A peza xurde como unha necesidade de investigación de movemento, basado no mundo dos refuxiados e das fronteiras. Barreiras fronteirizas que, durante […] - [Amarillo](https://erreguete.gal/2019/07/26/amarillo/): O pesadelo americano | Ana Abad de Larriva | | Foto: Rosinha Rojo / MIT Ribadavia |   Do soño americano emanan expectativas que bailan entre ter e dar un (mellor) futuro aos fillos e fillas e, simplemente, sobrevivir. Un soño que se volve pesadelo, amarelo, como a cor do deserto e da aparencia cerúlea da morte. Algo que vén marcado pola figura dese muro da vergoña que separa México de Estados Unidos e que simboliza a morte de milleiros de persoas que perderon e perden a vida procurando atravesar a fronteira, saltar os valados de aceiro e cemento, pasar o […] - [IV Congreso Fugas e Interferencias](https://erreguete.gal/2019/07/26/iv-congreso-fugas-interferencias/): Analizar e reflexionar sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica. Con este obxectivo preséntase a IV Internacional Performance Art Conference. Fugas e Interferencias 2019. A cita celebrarase os días 28, 29 e 30 de novembro de 2018 nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela. O prazo de presentación de traballos remata o 18 de agosto.   O congreso está organizado desde a Universidade de Vigo coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), recaendo a súa dirección en Carlos Tejo, artista e profesor da Facultade de Belas Artes do campus […] - [Embora publica 'A pequena compaña', de Carlos Labraña](https://erreguete.gal/2019/07/26/embora-publica-pequena-compana-de-carlos-labrana/): Edicións Embora vén de publicar A pequena compaña, obra de Carlos Labraña que gañou a VIII edición do Premio Estornela de Teatro para Nenos, convocado pola Fundación Neira Vilas, en decembro de 2014. O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez, destacara na acta de concesión do premio «a perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo» que mantén no seu desenvolvemento, ademais dun acertado emprego do léxico e «o recurso á tradición galega e á mitoloxía clásica». Carlos Labraña é un autor ben coñecido polo seu teatro familiar, con títulos como O teatro […] - [Chévere estrea 'Curva España' na MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/07/24/chevere-estrea-curva-espana-na-mit-de-ribadavia/): Curva España, a nova produción de Chévere, estréase este xoves 25 na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia. O espectáculo poderase ver a partir das 23.00h. no Auditorio do Castelo, e xirará a partir de setembro por diversas localidades galegas. En marzo de 2020, o espectáculo poderase ver en Teatros del Canal (Madrid).   Coproducido xunto con Teatros del Canal, a MIT de Ribadavia e o Concello de Teo, este novo traballo de Chévere está protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, con dramaturxia e dirección de Xron. En escena tamén están Lucía Estévez e Leticia T. Blanco, […] - [O Festiclown transfórmase en Festaclown a partir do 17 de agosto](https://erreguete.gal/2019/07/24/festiclown-transformase-festaclown-partir-17-de-agosto/): Hoxe haberá un adianto no Salón García coa actuación do obradoiro de teatro Clámide en colaboración coa asociación Con Eles.   O Festiclown presentou onte en Vilagarcía de Arousa a súa edición de 2019, que terá lugar do 17 ao 21 de agosto cun programa arredor da exhibición e da reivindicación das artes circenses, e que inclúe actividades formativas e accións sociais e solidarias. Os organizadores do evento enxalzan este ano a compoñente máis lúdica e divertida do xénero, polo que o renomean o festival como Festaclown para despregar unha carteleira internacional polas rúas e prazas. O cabeza de cartel será […] - [Jose Luís Baños de Cos gaña o XIV Premio Abrente de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2019/07/23/jose-luis-banos-de-cos-gana-xiv-premio-abrente-de-textos-teatrais/): O Xurado do 14º Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT Ribadavia, presidido polo Director do festival, Roberto Pascual e composto pola dramaturga e actriz Avelina Pérez, polo actor Roberto Leal e polo director Álex Sampayo, deciden por unanimidade conceder o recoñecemento do Abrente 2019 ao texto titulado Asfixia e presentado baixo o lema “Sobre humanos e porcos”. Unha vez aberta a plica do premio, resultou ser gañador o autor José Luis Baños de Cos. Segundo a acta, Asfixia é unha peza áxil, irónica, con humor ácido, que funciona como metáfora da presión vital. Unha obra con distintas capas na recepción, que vai […] - [O programa 'Xuventude Crea' suma danza moderna ás súas categorías](https://erreguete.gal/2019/07/23/programa-xuventude-crea-suma-danza-moderna-as-suas-categorias/): A Xunta de Galicia convoca unha nova edición do programa para creadores noveis Xuventude Crea. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, deu a coñecer hoxe as novidades desta nova edición, que inclúe unha disciplina nova, a danza moderna.   Así, o total de especialidades nas que se poderá participar será de 13: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, danza moderna e videocreación. O orzamento total desta edición é de 117.500 euros. O programa Xuventude Crea, que cumpre está dirixido a mozos e mozas galegos […] - [O Festival Vaudeville Rendez-Vous comeza esta semana](https://erreguete.gal/2019/07/22/festival-vaudeville-rendez-vous-comeza-esta-semana/): Esta semana comeza a sexta edición do Vaudeville Rendez-Vous, que se desenvolverá entre 24 e 28 de xullo en catro cidades do norte de Portugal: Famalicão, Guimarães, Braga e, por primeira vez, en Barcelos. O Festival presenta 40 actividades públicas, nomeadamente 28 representacións de 13 espectáculos, dos cales tres son coproducións, en estrea absoluta. | Foto: J. Pedro Martins |   Mais de 50 artistas, de diferentes xeografías, van revelar todo o potencial do circo contemporáneo, presentando espectáculos que conxugan enxeño e innovación. Para abrir a sexta edición, o dia 24 de xullo, o Vaudeville Rendez-Vous recebe, por primeira vez, unha […] - [Un poyo rojo](https://erreguete.gal/2019/07/21/un-poyo-rojo/): Evocación dos corpos | Vanesa M. Sotelo |   “O corpo é o punto cero do mundo. Del saen e irradian todos os lugares posibles, reais ou utópicos”. Talvez non fose preciso chegar até Foucault para falar de Un poyo rojo pero a idea do corpo utópico é a que suscita este espectáculo de teatro físico que abriu a XXXV Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Concibida en 2008 e con máis de dez anos en xira, a potencia do corpo é un dos grandes atractivos desta proposta na que, con virtuosismo, os arxentinos Luciano Rosso e Nicolás Poggi despregan unha […] - [Presentación no Festigal da 'Obra Teatral' de Manuel María](https://erreguete.gal/2019/07/21/presentacion-no-festigal-da-obra-teatral-de-manuel-maria/): Manuel María. Obra teatral, editado pola Casa Museo Manuel María, presentarase o vindeiro día 25 de xullo na Galería das Letras do Festigal 2019, no campus sur de Santiago de Compostela, ás 17:30. Participarán nesta presentación María do Pilar García Negro, responsábel da edición, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María. Obra teatral reúne, por primeira vez, as 33 obras de teatro que deixou escritas Manuel María, nun único volume de setecentas corenta páxinas. Moitas das pezas que se recollen neste volume eran inéditas ou de difícil localización e, no seu conxunto, dan boa mostra da salientábel e importante achega ao teatro galego […] - [Joan of Arc](https://erreguete.gal/2019/07/20/joan-of-arc/): Épica íntima | Manuel Xestoso | | Foto: Sven Gjeruldsen |   Facer o que se debe facer: o pensamento como acción, como único lugar onde se pode cambiar o mundo. Juni Dahr colócase no lugar de Xoana de Arco para tratar de comprender cal é a “acción interior” que leva a unha moza de dezaseis anos a capitanear un exército, a gañar batallas, a transformarse no símbolo dunha nación. Unha acción interior que se explora dende o ritual que permite resucitar, aínda que sexa simbolicamente, a heroína queimada na fogueira. Hai na obra de Visjoner Teatre unha vocación épica que, […] - [A exposición '30 Anos do Teatro do Morcego', en Cangas, prorrógase até fin de mes](https://erreguete.gal/2019/07/20/exposicion-30-anos-teatro-morcego-cangas-prorrogase-ate-fin-de-mes/): Un dos grandes atractivos da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que vén de rematar hai escasamente trece días na súa trinta e seis edición, foi a exposición adicada ao aniversario da creación da compañía teatral Teatro do Morcego. A convocatoria de recordo, baixo o título de 30 anos do Teatro do Morcego, obtivo unha excelente acollida do público que fixo acto de presenza no vestíbulo do Auditorio Municipal de Cangas. Alí foron ubicadas pezas xa históricas do vestiario, a escenografía, a memoria gráfica e a dramaturxia, sempre atrevida e comprometida, dun dos grupos teatrais senlleiros na historia […] - [Crowfunding para adaptar 'Canibalismo', de Marcos Abalde, ao cinema](https://erreguete.gal/2019/07/20/crowfunding-adaptar-canibalismo-de-marcos-abalde-ao-cinema/): O colectivo Projeto Jägher, formado por Diego R. Aballe, director de cine e teatro, e Amanda Seijas, escenógrafa e directora de arte, vén de lanzar un proxecto de crowfunding para financiar unha adaptación ao cine de Canibalismo, adaptación dun texto orixinal do dramaturgo galego Marcos Abalde, premiado en 2008 co IV Premio Josep Robrenyó pola Associació d’Investigació i Experimentació Teatral. Trátase dun proxecto de curtametraxe independente, un thriller psicolóxico, cunha duración estimada duns 15-17 minutos, e que se rodará durante o mes de outubro de 2019 en lingua galega. Tras un longo proceso de pre-produción, o colectivo quere financiar a produción […] - [Quico Cadaval percorre a historia do teatro galego dende as Irmandades até hoxe](https://erreguete.gal/2019/07/19/quico-cadaval-percorre-historia-teatro-galego-dende-as-irmandades-ate-hoxe/): Galego sen fronteiras, o ciclo de cursos de lingua e cultura galegas organizados pola Real Academia Galega e que se celebran durante o mes de xullo con alumnado de máis de vinte países diferentes, contou cunha palestra a cargo de Quico Cadaval sobre a historia do teatro galego. | Foto: RAG |   A comedia sempre provocou desconfianza nas autoridades civís e relixiosas, declarou. Por iso o teatro “nunca se librou de ser unha arte do demo”, explicaba Cadaval no relatorio sobre a historia do teatro galego. De feito, ao teatro e ás marionetas chámaselles popularmente “figuras do demo”, expresión que […] - [Comeza a XXXV MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/07/19/comeza-xxxv-mit-de-ribadavia/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia comeza hoxe oficialmente a súa trixésimo quinta edición, despois de que onte comezase oficiosamente co obradoiro visual de Irene Cantero na igrexa da Madalena e coa compañía de teatro afeccionado da vila Teatro do Vilar, que, pola noite, inaugurou as funcións no Auditorio do Castelo coa obra Aspirina para dous. A inauguración oficial terá lugar ás 20:00, na Igrexa da Madalena, nun acto no que está anunciada a presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. A partir de hoxe poderán verse na vila do Ribeiro un total de 24 espectáculos de […] - [Phia Ménard: “O espectador debe vivir a través do noso corpo”](https://erreguete.gal/2019/07/19/phia-menard-espectador-vivir-traves-corpo/): Saison sèche (Estación seca) é o ritual para sete mulleres co que a directora e dramaturga Phia Ménard chama a destruír a casa do patriarcado. Despois da súa estrea en Avignon en 2018, a Compagnie Non Nova presentou no Festival de Almada o espectáculo que permite achegarnos ao traballo multidisciplinar desta creadora distinguida en 2014 coa Orde das Artes e das Letras de Francia. Estruturada en cinco escenas e atravesada pola violencia e a forza como se dun acto de expiación ou de exorcismo se tratase, Saison sèche ofrece unha mirada frontal sobre a construción da identidade, unha chamada contra o […] - [O Teatro Rosalía de Castro da Coruña dá a coñecer o programa deste outono](https://erreguete.gal/2019/07/19/10891/): O Concello presentou onte unha nova entrega do Ciclo Principal, que dará comezo o 19 de setembro coa representación da obra Adiós Arturo, de La Cubana, e pecharase o 22 de decembro coa posta en escena de Se fosen turistas levarían gafas de sol, de Limiar Teatro, dirixida por Fran Núñez.   No acto participaron o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e o director do teatro Rosalía, Paulo Rodríguez, onde informaron que serán once as producións teatrais coa interpretación de actores da talla de Núria Espert, Carmen Maura, María Hervás ou Alfonso Lara. O responsable do auditorio lembrou a boa saúde […] - [A Barraca Camiño a Compostela de Títeres Cachirulo inicia a súa andaina en Melide](https://erreguete.gal/2019/07/18/barraca-camin%cc%83o-compostela-de-titeres-cachirulo-inicia-sua-andaina-melide/): Este venres 19 de xullo a barraca fará a súa primeira parada en Melide e o domingo 21, en Pedrafita do Cebreiro. A programación incluirá unha representación de monicreques, un obradoiro de bonecos peregrinos e unha exposición en cada unha das 12 localidades incluidas no seu percorrido.   Títeres Cachirulo chegará este venres a Melide coa súa barraca-retablo cargada de personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago. A iniciativa, que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, ofrecerá ás 20:30 a representación do espectáculo Camiño de aventuras na Praza do Convento de Melide. Os rapaces e […] - [Generación Why](https://erreguete.gal/2019/07/18/generacion-why/): O futuro é agora | Ana Abad de Larriva | | Foto: César Lucas Abreu |   Pasamos unha parte considerable da nosa existencia pensando, soñando, elucubrando, preocupándonos polo noso futuro. Hai, ademais, determinadas etapas que son máis proclives a que nos formulemos ––ou nos expresen–– esa cuestión, xa dende o típico “que queres ser de maior?” ata as diferentes crises vitais, de menor ou maior envergadura, polas que podemos pasar. E se nos desen só sesenta minutos para aclararnos e responder a esa pregunta: “que queres para o teu futuro?”. Ese foi o reto que se formulou ás actrices en […] - [Mostra de Teatro Afeccionado Mostra(te) en Salvaterra do Miño](https://erreguete.gal/2019/07/17/mostra-de-teatro-afeccionado-mostrate-salvaterra-mino/): Os vindeiros días 25, 26 e 27 de xullo o lugar de Carballeira das Fraguiñas, na parroquia de Fornelos, pertencente ao concello de Salvaterra do Miño, acollerá a celebración da Mostra de Teatro Afeccionado – Mostra(te), que chega este ano á súa decimo oitava edición. Os asistentes poderán gozar ao longo de tres días co seguinte programa: O xoves 25 de xullo, a partir das 22:45, terá lugar a representación da obra Fuga a cargo de Gargallada Teatro. O venres 26, Teatro do Vilar poñerá en escena a partir das 22:45, a obra Aspirina para dous. Finalmente, o sábado 27, última […] - [A Agadic concede axudas a oito festivais escénicos](https://erreguete.gal/2019/07/15/agadic-concede-axudas-oito-festivais-escenicos/): FIOT de Carballo, Galicreques de Santiago, Mostra de Teatro de Cariño, Festiclown de Vilagarcía, Fetega do Carballiño, Corpo(A)Terra de Ourense, Festival de Títeres de Redondela e Núbebes de Pontevedra son os eventos apoiados por esta vía.   Oito mostras galegas de teatro, danza e circo son as beneficiarias este ano da convocatoria de subvencións da Xunta a festivais de artes escénicas, segundo a resolución publicada hoxe no web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coa que remata o proceso de adxudicación por concorrencia competitiva para este tipo de eventos. Os beneficiarios son o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de […] - [Dr. Nest](https://erreguete.gal/2019/07/15/dr-nest/): Cuestión de perspectiva | Manuel Xestoso | | Foto: Valeria Tomasulo |   A liña que separa o que chamamos normalidade e a loucura é tan delgada coma a que debuxa o voo dun paxaro. Todos precisamos algo de afecto para manternos do lado bo da raia divisoria, algo de empatía para que a extravagancia –ou a enfermidade– sexa vista, simplemente, como idiosincrasia. A historia do Dr. Nest, un psiquiatra que deixa a súa vida anterior para recomezar nun novo hospital, demostra que a demencia acaba por parecerse moito á soidade. E demostra tamén que a fronteira entre o soño e […] - [Mortificación Teatro gaña o Premio Coiro de Pita](https://erreguete.gal/2019/07/14/mortificacion-teatro-gana-premio-coiro-de-pita/): Onte, a Sala Ingrávida do Porriño entregou o premio Coiro de Pita, que lle outorga o público da sala á mellor montaxe teatral da programación de cada tempada. A gañadora deste ano foi a compañía Mortificación Teatro, coa súa obra Porkulo: el cisne que decidió combatir. Porkulo: el cisne que decidió combatir é un espectáculo de danza-teatro persoal, autobiográfica e poética ao mesmo tempo que reflexiona sobre a homosexualidade e a súa relación coa sociedade capitalista moderna. Está dividido en tres partes que transitan dende a violencia ata a paz, pola rebelión contra a norma, pasando a problemática do medo na […] - [Mary Said What She Said](https://erreguete.gal/2019/07/14/mary-said-what-she-said/): Unha Cinderella sen príncipe | Manuel Xestoso | | Foto: Lucie Jansch |   Isabelle Huppert é a raíña María Estuardo, mais non está demostrado historicamente que a súa rexia persoa tardase vinte minutos en ir do fondo do escenario ata o proscenio. Tampouco está demostrado historicamente, que durante ese percorrido, o único movemento perceptible no seu corpo fose o dos beizos, articulando esaxeradamente un texto difícil de entender pola dura competición ofrecida por unha banda sonora minimalista e repetitiva de Ludovico Einaudi. Non está demostrado historicamente, en fin, que María Estuardo camiñase por un escenario coa única intención de que […] - [Macbettu](https://erreguete.gal/2019/07/13/macbettu/): Carencia de presente | Manuel Xestoso |   “El non ten fillos”, exclama Macduff cando lle comunican que Macbeth matou á súa muller e aos seus fillos. Na montaxe de Alessandro Serra, percibimos que hai algo máis do que se entende nunha primeira lectura: que só alguén que non ten fillos pode matar a unha crianza. Entendemos tamén que Macduff albisca unha verdade máis cruel: que, se os tivese, Macbeth tamén os mataría, que Macbeth está invadido non só polo desexo do poder, senón polo desexo do poder eterno. Por que, se non, matar ao seu amigo Duncan “que non reinará […] - [Catro ex directores do CDG solicitan diálogo coa profesión teatral ao Presidente da Xunta](https://erreguete.gal/2019/07/12/catro-ex-directores-cdg-solicitan-dialogo-coa-profesion-teatral-ao-presidente-da-xunta/): O debate sobre o CDG continúa, agora en forma de carta de catro ex directores do Centro dirixida ao Presidente da Xunta, na que se lle solicita diálogo co sector para solucionar a grave crise na que está inmerso. | M. X. |   Catro ex directores do Centro Dramático galego veñen de facer pública unha carta aberta ao Presidente da Xunta de Galicia denunciando que o Centro “pasa hoxe polo seu peor momento” e solicitando que “os actuais reitores das políticas culturais e das políticas escénicas na Xunta de Galicia se abran á posibilidade de dialogar co sector teatral galego […] - [A nova compañía Acusmaser Opus preséntase hoxe na Illa con ‘Nun cuarto da rotonda’](https://erreguete.gal/2019/07/12/nova-compania-acusmaser-opus-presentase-hoxe-na-illa-nun-cuarto-da-rotonda/): Hoxe, venres 12 de xullo, ás 21:00, a compañía de nova creación Acusmaser Opus preestrea no Auditorio Municipal da Illa de Arousa a obra Nun cuarto da rotonda. A obra conta coa participación de Federico Pérez, Evaristo Calvo e Santi Romay. Co título Nun cuarto da rotonda (Beckett + Pinter), o espectáculo presenta as obras Last Tape’s Krapp, de Samuel Beckett, e The Dumb Waiter, de Harold Pinter. A función está dividida en dúas partes. Na primeira veremos Last Tape’s Krapp, un monólogo onde contemplamos a desespe- ración do seu único personaxe que manipula unha gravadora onde escoita as cintas nas que garda impresións […] - [Arlequina](https://erreguete.gal/2019/07/12/arlequina/): Corazón de poeta | Manuel Xestoso |   Precisábase unha celebración en condicións dos corenta anos da compañía e, de paso, demostrar que os títeres e o gran formato non só non están pelexados, senón ao contrario: as grandes dimensións amplifican a maxia coa que o teatro de monicreques é quen de revestir unha historia. Kukas sacou toda a artillaría para esta conmemoración e buscou a complicidade dun bo número de artistas que xa traballaran con el noutras ocasións, para asegurarse de que a arte do feiticeiro construtor de marionetas provocarían o abraio que a circunstancia demandaba. Curiosamente, Arlequina, ese personaxe […] - [Obradoiro das Residencia Paraíso na MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/07/11/obradoiro-das-residencia-paraiso-na-mit-ribadavia/): A MIT Ribadavia acolle mañá venres 12 e o sábado 13 un obradoiro coa escenógrafa madrileña Irene Cantero, dentro das Residencias Paraíso. Esta é a primeira actividade do 35 aniversario e a primeira participación da MIT neste proxecto galego de apoio ás artes do movemento, con residencias por toda Galicia. Como peche desta residencia artística, o día 18 de xullo, dentro do Off e como previo á inauguración, haberá unha mostra aberta na propia Igrexa da Madalena ás 20:00. ​   Irene Cantero é Licenciada en Escenografía pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD) e en Coreografía polo Conservatorio Superior […] - [Nace en Rianxo o Ríanclown, Festival Cómico na Rúa](https://erreguete.gal/2019/07/11/nace-rianxo-rianclown-festival-comico-na-rua/): A Cooperativa Galega de Artistas Charlatana e a Asociación Virxe do Carme de Rianxo, en colaboración co Concello e a Deputación, uníronse para impulsar o primeiro Ríanclown, Festival Cómico na Rúa, que se celebrará entre os días 12 e 15 deste mes. O día 12 comeza o festival, na Praza de Castelao, ás 21:30, con Circo de lume de Asacocirco: emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo co público. O 13, N+1 presentará Circanelo na Praciña, ás 12:00. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco […] - [A sala Ingrávida entrega este sábado o premio Coiro de Pita](https://erreguete.gal/2019/07/11/sala-ingravida-entrega-este-sabado-premio-coiro-de-pita/): Este sábado 13 de xullo, a partir das 20:00, a Sala Ingrávida do Porriño entrega o premio Coiro de Pita, que lle outorga o público da sala á mellor montaxe teatral da programación de cada tempada. A madriña e o padriño da sala, Mariana Fernández e Tatán R. Cunha farán entrega do premio á compañía eleixida polos espectadores e espectadoras da Ingrávida. Catro finalistas desputan o galardón: Artesa Cia., por Chola a it girl. Berrobambán, por Doppelgänger. Mortificación Teatro, por Por Kulo: el cisne que decidió combatir. Prácido Domingo, por Non fai falla ser unha casa para ter pantasmas. Chola, a it girl, […] - [O Arquivo Dixital Valle-Inclán, Premio de Humanidades Dixitais Hispánicas](https://erreguete.gal/2019/07/10/arquivo-dixital-valle-inclan-premio-de-humanidades-dixitais-hispanicas/): O grupo de investigación Valle-Inclán da USC, dirixido pola profesora da Área de Literatura Española Margarita Santos Zas, vén de acadar o premio Humanidades Dixitais Hispánicas á mellor ferramenta, recurso e infraestrutura 2018 polo Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936), tal é como se recolle na resolución emitida polo xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios HDH2018. O Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936) é unha das tarefas de maior envergadura que ten abordado o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) tanto pola inversión de recursos humanos e materiais destinados, como polo traballo coordinado de equipos. O excelente resultado desta actuación xustifica […] - [Electra](https://erreguete.gal/2019/07/10/electra/): Ensalada grega | Manuel Xestoso | | Foro: Prolight Foto Estudio |   Todos sabemos cal é o prato que se serve frío: a comedia. A traxedia tende a caldear as paixóns, os crimes, as vinganzas. A materia tráxica observa dende a calor da transcendencia, da nobreza dos sentimentos e da vileza dos instintos. A comedia traballa co mesmo material pero dende unha mirada algo máis próxima ao vivir cotián, desvestido desa solemnidade que ás veces lle outorgamos, un pouco presuntuosamente, aos nosos actos. Digamos que é máis un prato de culler que de cuberto fino. A Companhia do Chapitô recolle […] - [Récord absoluto de público na XXXVI Mostra de Teatro de Cangas](https://erreguete.gal/2019/07/10/record-absoluto-de-participacion-na-36-mostra-de-teatro-de-cangas/): As obras do Auditorio acadaron unha ocupación media do 90%.   A 36 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) pechouse cun récord absoluto de participación. Entre o 28 de xuño e o 6 de xullo, unhas 12 mil persoas asistiron como público nos espectáculos programados en diferentes prazas, rúas e espazos do concello morracense, así como nas representacións no Auditorio municipal. A participación deste ano supón un importante incremento con respecto ao ano anterior, no que a cifra rondou as 9 mil persoas. As obras representadas no Auditorio de Cangas tiveron unha ocupación media do 90%. En […] - [Presentación de 'O Novo Teatro Galego en Perlío', de Francisco Oti, en Fene](https://erreguete.gal/2019/07/10/presentacion-de-novo-teatro-galego-perlio-de-francisco-oti-fene/): O vindeiro venres 12 de xullo de 2019, ás 20, no Local da Asociación de Veciños de Limodre (Fene), presentarase o libro O Novo Teatro Galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo, de Francisco Oti, publicado por Ediciones Invasoras. Acompañarán ao autor nesta presentación Justo Martínez Ardá e Gonzalo Rodríguez Calvo. As décadas de 1960, 1970 e 1980 foron fundamentais para o desenvolvemento do actual sistema teatral galego; a creación de compañías e asociacións profesionais, o establecemento de circuítos de exhibición e a creación do Centro Dramático Galego determinan un antes e un despois para o noso teatro. Os grupos […] - [Volven as Noites Teatrais de Vilamarín](https://erreguete.gal/2019/07/09/volven-as-noites-teatrais-de-vilamarin/): O concello de Vilamarín acolle un ano máis as tradicionais “Noites teatrais”, que este ano chegan a súa XXXII edición e que se celebrarán do 15 ao 19 de xullo, cada día ás 22.30 horas, no auditorio municipal. O programa ofrece cinco días de espectáculos. Dará comezo o 15 de xullo co Grupo de Teatro de Vilamarín, co espectáculo Despaciño e boa letra.. O día 16 será a quenda da Aula de Teatro Universitario de Ourense, Maricastaña, que presentará Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, dirixida por Fernando Dacosta. A obra fai unha viaxe polas vivencias de personaxes […] - [Oleiros acolle a terceira edición de Ext-cénica esta fin de semana](https://erreguete.gal/2019/07/09/oleiros-acolle-terceira-edicion-de-ext-cenica-esta-fin-de-semana/): Do 12 ao 14 de xullo terá lugar en Oleiros a terceira edición de Ext-cénica, o Festival de Artes Escénicas de Rúa. Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa dirixido a público xeral, con espectáculos para público familiar e outros para adultos. Diferentes espazos públicos do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música, circo, danza contemporánea… que intentarán transformar espazos non convencionais ao aire libre en escenarios onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo. A terceira edición de Ext-cénica transformará as rúas […] - [Palmarés da XXXVI Mostra De Teatro de Cangas](https://erreguete.gal/2019/07/08/palmares-da-mostra-de-teatro-de-cangas/): A Companhia do Chapitô recunca no Premio do Público coa súa versión de Electra. | Foto: ProLight Foto Estudio |   A XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas clausurouse este pasado sábado 6 coa entrega do Premio Xiria á compañía Os Monicreques de Kukas polo “seu intenso labor artístico e teatral que, ao longo de 40 anos, abriu anovadores camiños tanto coa creación de inusitadas marionetas e monicreques como coa importante difusión, en lingua galega, dese particular universo que supuxo unha auténtica revelación para nenas, nenos e público adulto deste país”. A MITCFC considera que este premio […] - [Ciclo de teatro, música e maxia para familias en Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/07/08/ciclo-de-teatro-musica-maxia-familias-pontevedra/): Hoxe comeza en Pontevedra un ciclo de actuacións de teatro, música e maxia para público familiar. A praza do Teucro será o escenario de cinco espectáculos, que terán lugar de luns a venres, ás 19:30. O ciclo comeza este luns día 8 co espectáculo Os romeiros do caracol, da compañía Fantoches Baj, a historia duns romeiros que viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de tiíteres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés de Teixido. O martes 9, a compañía Ghazafellos presentará o espectáculo A illa sen tesouro. Apoiados nunha Escenografía dinamica que […] - [Pistacatro recibe o Premio de Honra "Roberto Vidal Bolaño" da MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/07/05/pistacatro-recibe-premio-de-honra-roberto-vidal-bolano-da-mit-ribadavia/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) concederá o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” 2019 a Pistacatro Produtora de Soños. O novo circo terá unha gran importancia nesta trixésimo quinta edición da MIT. Pistacatro é un bo exemplo desta cultura circense xa que “é a única produtora, en tamaño e proposta de espectáculos, vinculada ás artes circenses en Galicia.   Segundo a acta do xurado “o papel desenvolvido por esta produtora, por este colectivo de artistas, foi fundamental para a evolución e a consolidación dun referente das artes do circo e o cabaré na cultura galega actual. A MIT, […] - [Comeza a IX edición de Corpo(a)terra](https://erreguete.gal/2019/07/05/comeza-ix-edicion-de-corpoaterra/): Hoxe comeza en Ourense a programación de Corpo (a) terra, un Festival que reivindica un novo uso do espazo urbano e que apela á participación cidadá a través da danza. O programa comezará ás 21:00, no café Cultural Auriense, con O lugar que non hai, do escritor Estevo Creus, un exercicio de improvisación dentro do corpo, do espazo e da palabra. Unha teoría da desaparición. Ás 22:00, no Calustro do Convento de San Francisco, Nazario Díaz presentará Háblame, cuerpo, un estudo iniciado polo artista en 2016 que parte da figura do artista cordobés Pepe Espaliú (1955-1993) para despregar unha serie de investigacións […] - [O Centro Coreográfico Galego inicia os seus cursos de verán](https://erreguete.gal/2019/07/04/centro-coreografico-galego-inicia-os-seus-cursos-de-veran/): O primeiro deles está a ser impartido por Carmen Paris, á que seguirán Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez como mestres de danza clásica, contemporánea, musical jazz e ‘tap dance’.   O Centro Coreográfico Galego (CCG) está a iniciar esta semana unha nova edición do seu programa de cursos de verán, que durante este mes de xullo e ata primeiros de agosto ofrecerá seis encontros formativos na súa sede da Coruña. Clásico, contemporáneo, musical jazz e tap dance son os catro estilos arredor dos que xiran os obradoiros deste ano, para os que a […] - [II Festival de Teatro de Rúa de Ponteareas](https://erreguete.gal/2019/07/04/ii-festival-de-teatro-de-rua-de-ponteareas/): O Concello de Ponteareas consolida a oferta cultural de teatro coa segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa, que comezou onte e que seguirá ofrecendo espectáculos de compañías chegadas de Cuba, Portugal, Madrid ou Galicia até o sábado 6 de xullo. Os espectáculos itinerantes daranlle ambientación a diferentes puntos da vila nos seus percorridos con compañías como Projeto Ez, The Turres Band ou EducaTeatro, e nos escenarios fixos estarán con Javi Javichy, o Mago Raúl, Wilbur, Trasno ou Mircromina Títeres , entre outros. O Festival arrancou onte cun espectáculo itinerante a cargo da compañía Projeto EZ, de Portugal, co […] - [A erregueté organiza unha mesa redonda sobre o Centro Dramático Galego](https://erreguete.gal/2019/07/03/mesa-redonda-centro-dramatico-galego-cangas/): Catro ex directores do centro –Eduardo Alonso, Damián Villalaín, Cristina Domínguez Dapena e Manuel Guede Oliva– debaterán sobre o pasado, o presente e o futuro do CDG, o xoves 4 de xullo, na Mostra de Teatro de Cangas.   A erregueté | Revista Galega de Teatro organiza, no marco das actividades da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, unha mesa redonda que se celebrará o vindeiro xoves 4 de xullo, ás 18:00 na Capela do Hospital, baixo o título de: “Centro Dramático Galego: pasado, presente e futuro”. Nos últimos anos, o Centro Dramático Galego converteuse no eixo dun […] - [O 'Ricardo III' de Ostermeier na nova tempada do Teatro Dona Maria II de Lisboa](https://erreguete.gal/2019/07/03/ricardo-iii-de-ostermeier-na-nova-tempada-teatro-dona-maria-ii-de-lisboa/): Temas de relevo para a sociedade actual, forte presenza internacional de figuras europeas e apoio á escrita e á dramaturxia dos novos creadores, son tres liñas básicas na nova programación do Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa.   A abertura da temporada 2019/2020 farase con tres títulos de primeira liña: Pur Présent, de Olivier Py, director do Festival d’Avignon, que é unha reescrita das traxedias de Esquilo dende a prisión; Antígona, de Mónica Garnel, sobre a traxedia de Sófocles; e Coleção de Artistas, de Raquel André, unha colección de fragmentos doutras pezas. Son tres títulos que marcan o que será […] - [A Sinfónica de Galicia e a Compañía Nacional de Danza achegan 'Carmen' á Coruña](https://erreguete.gal/2019/07/02/sinfonica-de-galicia-compania-nacional-de-danza-achegan-carmen-coruna/): A Compañía Nacional de Danza presentarase por primeira vez na Coruña coa Orquestra Sinfónica de Galicia , dirixida nesta ocasión por Manuel Coves. Será os días 22 e 23 de novembro, no Pazo da Ópera.   Dentro do programa de Temporada 2019-2020 da Orquestra Sinfónica de Galicia inclúense dúas xornadas de ballet que traerán á Coruña o espectáculo Carmen, baseado no clásico de Georges Bizet, con coreografía de Johan Inger. A dramaturxia será de Gregor Acuña-Pohl, a escenografía de Curt Allen Wilmer e os figurinos de David Delfín. Cando Johan Inger recibiu o encargo da CND, de montar unha nova versión […] - [Agadic achega 60.000 euros á MIT Ribadavia, a mesma cantidade que hai dez anos](https://erreguete.gal/2019/07/01/agadic-achega-60-000-euros-mit-ribadavia-mesma-cantidade-dez-anos/): A Consellería de Cultura e Turismo contribúe á celebración da vindeira Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia coa achega de 60.000 euros para a levar a cabo a súa 35ª edición, a mesma cantidade que lle outorga á Mostra dende hai dez anos.   Este apoio económico quedou formalizado nun convenio asinado entre Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e César M. Fernández Gil, alcalde de Ribadavia, co obxectivo de afondar na promoción e potenciación do sector teatral galego a través da colaboración neste evento, do que se destaca o seu firme compromiso co sector e […] - [Premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña](https://erreguete.gal/2019/07/01/premios-xxii-certame-de-teatro-escolar-afeccionado-da-deputacion-da-coruna/): O Teatro Colón acolleu na noite do venres a gala de clausura e entrega de premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Un total 1.155 actores e actrices de todas as idades pasaron polos escenario do teatro do IES Calvo Sotelo representando 84 obras teatrais ao longo destes case tres meses de duración do certame. A gala estivo presentada e conducida pola compañía Pista Catro e amenizada polo grupo musical Aló Djangó e a entrega dos diferentes premios correu a cargo do deputado Xosé Regueira e de actrices e profesionais vinculados ó mundo do teatro […] - [A AAAG ofrece formación para profesionais na MIT Ribadavia e no FETEGA do Carballiño](https://erreguete.gal/2019/06/29/aaag-ofrece-formacion-profesionais-na-mit-ribadavia-no-fetega-carballino/): Os prazos de inscrición para os tres cursos, que contan co patrocinio da Fundación AISGE), abren o luns, 1 de xullo, no web da AAAG .   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, coorganizará coa Mostra Internacional de Ribadavia (MIT Ribadavia) e co Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA) tres cursos de formación para profesionais da escena. Deste xeito, a AAAG inclúe no seu programa formativo anual a colaboración con dous dos festivais máis prestixiosos de Galicia e descentraliza a súa […] - [O pregón de Quico Cadaval abre hoxe a 36ª Mostra de Cangas](https://erreguete.gal/2019/06/28/pregon-de-quico-cadaval-abre-hoxe-36a-mostra-de-cangas/): A edición deste ano presenta máis de vinte espectáculos, entre os que se contan cinco estreas absolutas e cinco estreas en Galicia.   Despois da homenaxe a Enma Pino celebrada onte, hoxe arranca a programación da da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis a vila do Morrazo convértese nun referente do teatro de humor, ao que leva consagradas xa 36 edicións do festival. Ao longo de nove días, os amantes do teatro terán a oportunidade de ver máis dunha vintena de espectáculos teatrais, que serán representados no Auditorio de Cangas ou na rúa, en diferentes espazos […] - [Unha exposición celebra os 30 anos de Teatro do Morcego](https://erreguete.gal/2019/06/28/unha-exposicion-celebra-os-30-anos-de-teatro-morcego/): Dentro das actividade da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, inaugúrase hoxe, as 20:00, no Auditorio, unha exposición que celebra os 30 anos de Teatro do Morcego, unha das compañía pioneiras do teatro galego, fundada por Celso Parada e Isabel Ávila.   O nome da compañía foi elixido en homenaxe a Castelao e a súa fascinación co Théâtre du Chauve-Sauris de Nikita Balief na súa viaxe a Paris. Dende aquela, a compañía mantivo a súa actividade ininterrompidamente. Teatro do Morcego iniciou a súa andaina con Kartoteka, a partir de Tadeusz Rozewic e Rapsodia Pimentel. En 1991 obtivo o […] - [A Mostra de Cangas arranca hoxe cunha homenaxe a Enma Pino](https://erreguete.gal/2019/06/27/mostra-de-cangas-arranca-hoxe-cunha-homenaxe-enma-pino/): A XXXVI Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas arranca hoxe coa programación paralela de “Mulleres en Acción”, que se abre cunha homenaxe á pianista e compositora Enma Pino, finada en 2014. Será no Auditorio municipal a partir das 19:30 e estará presentado pola directora da Mostra, María Armesto. Enma Pino foi unha activista infatigable pola cultura; conviviu e colaborou co grupo de comunicación poética ‘Rompente’ e foi cómplice do Grupo Atlántica; formou parte de grupos emblemáticos de rock, como Bromea o qué, Bombeiros Voluntarios, Bloody Mary ou Frangos; colaborou cos programas de Chichi Campos para a TVG, SOS e […] - [O CDG repón 'Neorretranca e posmorriña' no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2019/06/27/cdg-repon-neorretranca-posmorrina-no-salon-teatro/): A representación deste venres contará con audiodescrición, tradución á linguaxe de signos, accesibilidade e programa de man de lectura fácil.   O Centro Dramático Galego (CDG) repón no Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo Neorretranca e posmorriña, dirixido por Gena Baamonde, que poderá verse na sede da compañía pública entre hoxe xoves e o vindeiro domingo, antes de se despedir do público o 5 de xullo cunha función no Teatro García Barbón (Afundación) de Vigo. Esta será a segunda estadía da montaxe en Compostela, onde desenvolveu unha primeira quenda do 11 de abril ao 5 de maio para iniciar, a […] - [A ópera galega 'O Arame" estréase en Nova York en novembro](https://erreguete.gal/2019/06/26/opera-galega-arame-estrease-nova-york-novembro/): O arame, a ópera de Juan Durán con libreto de Manuel Lourenzo, fará parte da nova temporada da New York City Opera. O teatro vén de confirmar a programación desta peza no seu programa, que estreará en novembro, nun programa duplo compartido con El amor brujo de Falla. O Arame estreouse o 13 de setembro de 2008 no Teatro Colón da Coruña, da man de Amigos da Ópera da Coruña, e foi a primeira ópera en galego do século. Na estrea participou o Grupo Instrumental Siglo XX, dirixido por Maximino Zumalave, coas voces da soprano viguesa Carmen Durán e o barítono […] - [Kalandraka anuncia a publicación do 'Citizen' de Chévere en xullo](https://erreguete.gal/2019/06/26/kalandraka-anuncia-publicacion-citizen-de-chevere-xullo/): A editorial Kalandraka anuncia para o vindeiro mes de xullo a saída ao mercado de Citizen, da compañía Chévere. Será o cuarto volume da Biblioteca de Teatro, que xa publicou anteriormente Río Bravo, Annus horribilis e outros musicais e Eroski Paraíso.   Citizen inspírase no filme Citizen Kane, de Orson Welles, para contar a historia de A. O., un empresario galego do téxtil que dende os anos 80 amasou unha gran fortuna. Teatro documental, performance, comedia e audiovisual que se pregunta onde empeza a realidade e onde remata a ficción. A Biblioteca de Teatro da Editorial Kalandraka iniciouse con estas tres obras […] - [Voadora estrea en novembro a ópera 'A amnesia de Clío', de Fernando Buíde](https://erreguete.gal/2019/06/25/voadora-estrea-novembro-opera-amnesia-de-clio-de-fernando-buide/): A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a nova temporada de abono 2019-2020 na súa sede, o Auditorio de Galicia, que celebra o seu 30 aniversario. Entre as múltiples actividades programadas, a RFG estreará o 10 de novembro a ópera A amnesia de Clío do compositor galego Fernando Buide, con libreto de Fernando Epelde. O título, dirixido por Paul Daniel, contará coas voces da soprano Raquel Lojendio e do barítono Sebastiá Peris, xunto ás do Orfeón Terra A Nosa; e coa dirección escénica de Marta Pazos. Representarase en Santiago e, o día 13 de novembro, no Teatro Colón da Coruña. Trátase […] - [Unha versión francesa de 'Raclette', de Santiago Cortegoso, preséntase no Off Avignon](https://erreguete.gal/2019/06/24/unha-version-francesa-de-raclette-de-santiago-cortegoso-presentase-no-off-avignon/): Do 17 ao 28 de xullo, a Compagnie du Velours presentará, no Off Avignon, no Théâtre le Vieux Balancier da cidade francesa, unha versión francesa de Raclette, de Santiago Cortegoso, traducida e dirixida por Silvia Rodríguez Abal. Raclette mereceu o XXII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da consellería de Cultura (Xunta de Galicia), foi unha das obras gañadoras da I Convocatoria de Teatroautor Exprés 2016 da Fundación SGAE, recibiu o galardón ao Mellor Texto Orixinal nos XXI Premios María Casares do Teatro Galego e foi finalista nos Premios Mondoñedo 10, que escollía a mellor obra de teatro galego da última […] - [Teatro de rúa nas Festas de Ourense](https://erreguete.gal/2019/06/24/teatro-de-rua-nas-festas-de-ourense/): A programación das Festas de Ourense aposta polo teatro de rúa, con doce funcións que dende hoxe e ata o día 29 achegarán ao público da cidade sete espectáculos. Todas as funcións serán na Alameda do Bispo Cesáreo.   O programa ábrese hoxe, día 24, ás 12:00 e ás 20:00, coa compañía Duelirium e a súa obra O que queda por chover, un espectáculo que fala do paso do tempo de dúas mulleres: a infancia, a adolescencia, a madurez son puntos polos que transcorre esta simpática e positiva historia. Espectáculo dinámico e visual. Trapecio, pirámide, corda, acrobalance ou clown, como técnicas […] - [Sopro](https://erreguete.gal/2019/06/24/sopro/): O alento e o sopro | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Filipe Ferreira |   “Tenho em mim o sopro? Tenho? Mas quem é esse que tem? Quem é que fala por mim?” Este fragmento da novela Um sopro de vida de Clarice Lispector podería resumir a intrigante presenza que protagoniza Sopro, produción do Teatro Nacional Dona Maria II que fora estreada en 2017 no Festival de Avignon. O director Tiago Rodrigues toma os corenta anos de traballo como apuntadora de Cristina Vidal para render homenaxe á memoria do teatro desde este oficio teatral en vías de extinción e faino […] - [O FIOT de Carballo estreará a versión castelá de 'Girls & Boys' de Dennis Kelly](https://erreguete.gal/2019/06/22/fiot-de-carballo-estreara-version-castela-de-girls-boys-de-dennis-kelly/): O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) será o escenario da estrea absoluta, o vindeiro 18 de outubro, de Chicas y chicos, versión en castelán da última obra de Dennis Kelly, unha produción de El Sol de York que se presentará logo, en novembro, en Madrid. Chicas y chicos, é un unipersoal feminino escrito polo multipremiado Dennis Kelly (autor da serie de culto Utopía e da versión do musical Mathilda) e que se estreou en Londres, no Royal Court, protagonizada por Carey Mulligan [na foto]. Está dirixido pola gañadora do premio Ojo Crítico deste ano, Lucía Miranda, e protagonizado […] - [I Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres](https://erreguete.gal/2019/06/21/i-premio-sgae-de-teatro-ana-diosdado-textos-escritos-mulleres/): O premio recoñece os textos escritos por mulleres cunha dotación económica de 4000 euros, a dramatización do texto gañador dentro do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa publicación dentro da colección Teatroautor.   A Fundación SGAE, como reflexo do seu compromiso pola igualdade, convoca por primeira vez o Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado 2019 para textos escritos por mulleres. A entidade pretende así recoñecer, impulsar e visibilizar a creación a a dramaturxia contemporánea feminina de excelencia. O certame está aberto a todas as autoras socias da SGAE de calquera nacionalidade. O prazo de presentación dos textos orixinais, que poden […] - [Teatro documento, novo circo e construción da identidade na 35ª Mostra de Ribadavia](https://erreguete.gal/2019/06/20/teatro-documento-novo-circo-construcion-da-identidade-na-35o-mostra-de-ribadavia/): Chévere estrea o seu novo espectáculo, Curva España, e Federico Pérez, Santi Romay, e Evaristo Calvo presentan o seu novo proxecto escénico, Acumaser Opus, que estrea un espectáculo baseado en textos de Pinter e Beckett. | Foto: Rosinha Rojo |   A Mostra celebra o seu 35º aniversario cunha declaración de principios: “as dinámicas do teatro non levan data de caducidade, as leis do teatro non son as do mercado, o teatro non é industria. Ribadavia é contexto fértil, laboratorio, demostración de mudanzas que producen vento a favor para a creación escénica e para o público, dende a liberdade e a […] - [Teatro Art'Imagem presenta 'Armazenados' en Vigo](https://erreguete.gal/2019/10/16/teatro-artimagem-presenta-armazenados-vigo/): A compañía Teatro Art’Imagem da Maia estará este vindeiro xoves 17 no Centro Cultural Português em Vigo, ás 19:00, coa obra Armazenados, unha peza bilingüe en galego e portugués de David Desola, e traducida por Diana Vasconcelos e Afonso Becerra. Dirixido por Flavio Hamilton, o elenco está formado polo galego Jimmy Núñez e o portugués Pablo Carvalho. Nun almacén baleiro de mercadorías, nada é máis lexítimo que pensar que o stock son os propios empregados; neste caso, o señor Lino e Nin. E se os empregados quedan relegados á condición de mercadoría, estamos ante unha evidente perversión: sobre eles pasan a […] - [Escena Galega promove en Tui unha rede de circulación transfronteiriza con Portugal](https://erreguete.gal/2019/10/16/escena-galega-promove-tui-unha-rede-de-circulacion-transfronteiriza-portugal/): Neste encontro presentarase o esbozo da proposta dunha Rede de Circulación Transfronteiriza de Espectáculos de Artes Escénicas entre Galicia e o Norte de Portugal.   Tui acolle hoxe mércores, 16 de outubro, o encontro de axentes culturais de Galicia e Portugal promovido por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas. Dende as 10:30 na Área Panorámica participarán na reunión técnicos e responsables de Cultura do Concello de Tui, da Agadic e da Direção-Geral de Cultura do Norte, DGCN, e das cámaras municipais de Braga, Maia, Póvoa de Varzim, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Famaliçao, e […] - [Mercedes Suárez deixa a dirección do Centro Coreógrafico Galego](https://erreguete.gal/2019/10/15/mercedes-suarez-deixa-direccion-cento-coreografico-galego/): O pasado mes de xuño, un grupo de profesionais galegos da danza fixo público un manifesto que denunciaba “múltiples irregularidades” e “mala xestión e falta de transparencia”, despois de que o CCG anunciase a estrea do espectáculo Maestro Rodrigo. | Foto: Manuel Lemos / Agadic |   A coordinadora do Departamento de Produción Coreográfica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Mercedes Suárez, cesa hoxe no seu posto, que implicaba a dirección do Centro Coreográfico Galego, para, segundo a Consellaría de Cultura, “iniciar unha nova etapa profesional”. O pasado mes de xuño, un grupo de profesionais galegos da danza fixo público un manifesto que […] - [Teatro da Ramboia anuncia a estrea de 'O meu mundo non é deste reino' en Ourense](https://erreguete.gal/2019/10/15/teatro-da-ramboia-anuncia-estrea-de-meu-mundo-non-deste-reino-ourense/): A obra, baseada na Farsa de Bululú de Manuel María, foi a gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María. | Foto: Sabela Peinado |   Teatro da Ramboia anuncia a estrea de O meu mundo non é deste reino, o 7 de novembro, ás 20:30, no Auditorio de Ourense. Trátase dun espectáculo baseado na Farsa de Bululú de Manuel María, en colaboración coa Fundación Manuel María. O elenco está formado por Fran Lareu e Anxo García e a dirección é de María Peinado. O meu mundo non é deste reino foi o proxecto […] - [Funboa Escénica estrea 'O que segue' no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/10/15/funboa-escenica-estrea-segue-no-salon-teatro-de-compostela/): Os vindeiros 18, 19 e 20 de outubro, no Salón Teatro de Compostela, Funboa Escénica, a compañía creada por Cristina Balboa, estrea o seu novo espectáculo, coproducido polo Centro Dramático Galego: O que segue. O que segue creouse nas residencias Paraíso do Colectivo RPM e do Salón Teatro e presentouse como proceso no ciclo Mulleres en Acción – Violencia Zero en Cambados e Picnic Sessions de CA2M de Madrid. O proceso finaliza de novo no Salón Teatro cunha última residencia e a estrea os días 18, 19 e 20 de outubro. Segundo a creadora, O que segue “son eu que o […] - [Laiovento publica o 'Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña', a primeira obra impresa en galego](https://erreguete.gal/2019/10/15/laiovento-publica-entremes-galego-ao-feliz-real-parto-da-nosa-raina-primeira-obra-impresa-galego/): O descubrimento desta obra retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego.   Edicións Laiovento vén de publicar O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña, unha obra de Salvador Francisco Roel que foi representada na Coruña en 1707 e impresa en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V, no contexto histórico da Guerra de Sucesión española e foi composto para celebrar o nacemento […] - [Medida x Medida](https://erreguete.gal/2019/10/14/medida-x-medida/): A conspiración | Manuel Xestoso | | Foto: Cristina Becerra |   Os especialistas en Shakespeare insisten moito en denominar Medida por medida “unha comedia escura”, probablemente porque o autor evitou coidadosamente tomar partido ante os temas morais, éticos e políticos que trata a obra, de tal xeito que a intención última resulta un tanto enigmática. E semella que Quico Cadaval, na montaxe de Producións Teatrais Excéntricas, fixo un esforzo por manter esa actitude neutral, nunha especie de invitación ao público a examinar os valores que se derivan do espectáculo. A esa escuridade hai que lle engadir un pouso de amargura […] - [Viana do Castelo celebra o III Festival de Teatro do 10 ao 18 de novembro](https://erreguete.gal/2019/10/14/viana-castelo-celebra-iii-festival-de-teatro-10-ao-18-de-novembro/): Do 10 ao 18 de novembro, o Teatro Sá de Miranda acolle a terceira edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo. Ao longo de nove días, o programa ofrece unha selección de espectáculos de diferentes estéticas chegados onde destacan as liñas de traballo centradas na accesibilidade, a educación e a inclusión de novos públicos. A inauguración do III Festival de Teatro de Viana do Castelo terá lugar o domingo 10 de novembro coa estrea de O circo de rataplan apresenta: a farsa do mestre Pathelin, unha coprodución entre o Teatro do Noroeste/CDV e A Comuna de Lisboa baixo a […] - [O IV Fóra do mapa toma Ferrol do 14 ao 20 de outubro](https://erreguete.gal/2019/10/13/iv-fora-mapa-toma-ferrol-14-ao-20-de-outubro/): A cuarta edición do festival de artes escénicas Fóra do mapa desenvolverase en Ferrol do 14 ao 20 de outubro. Quince compañías daranse cita en diferentes espazos da cidade dentro do programa de creación contemporánea que contribúe a resaltar o seu patrimonio artístico e arquitectónico. O programa comeza o luns 14 coa inauguración da exposición de Lara Lars ás 20.30 horas no C.C. Torrente Ballester. A actividade continuará o martes 15 co traballo de danza Mujer frente al espejo de Ada Fernández, mentres que o mércores 16 será tempo para o Open mic de comedia feminina de Riot comedy. O xoves […] - [O Auditorio de Galicia celebra o seu 30º aniversario](https://erreguete.gal/2019/10/12/auditorio-de-galicia-celebra-seu-30o-aniversario/): Onte, coa representación de Curva España, da compañía Chévere, comezaban as celebracións previstas para o 30º aniversario do Auditorio de Galicia. Serán actividades de música, danza, teatro, visitas guiadas, artes visuais… que se prolongarán ata o 30 do mes de outubro. Curva España, que parte dunha historia local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín, volverá a representarse hoxe, ás 20:30. En outubro de 1989 inaugurábase o Auditorio de Galicia, supoñendo un fito para a cidade de Santiago tanto na reconfiguración arquitectónica e urbanística da zona como na súa aposta pola cultura como eixe […] - [Tui adxudicará ao arquitecto César Portela a rehabilitación do Teatro Principal](https://erreguete.gal/2019/10/12/tui-adxudicara-ao-arquitecto-cesar-portela-rehabilitacion-teatro-principal/): O Concello de Tui vai adxudicar ao arquitecto César Portela o anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Municipal, unha vez que xa é propiedade municipal. O pasado xoves, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, reuníanse con César Portela e visitaban o inmoble, para avanzar na rehabilitación deste emblemático edificio. O anteproxecto, a solicitude do concello, recollerá xa as primeiras medidas fundamentais a adoptar para garantir que o Teatro Principal non se siga degradando, coma pode ser o retirado do entullo que arestora hai no interior, recuperando aquelas pezas de interese coma restos das butacas existentes, entre […] - [Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia](https://erreguete.gal/2019/10/12/teatro-ensalle-presenta-programa-especial-seiscordas-galicia/): Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia -dentro da programación do Festival Catropezas-, comisariado por Sólodos coa colaboración de Galicia Danza Contemporánea. Terá lugar os días 25, 26 e 27 de outubro. As compañías participantes de creadoras galegas foron seleccionadas como finalistas nas pasadas edicións do Festival Sólodos En Danza que se celebra en Ourense desde 2016 no mes de novembro, dentro do programa do seu Certame de Creación de Dúos e Solos. SóLODOS En Danza é un Festival e Certame de Creación de Dúos e Solos de danza contemporánea que se celebra en dous continentes. O Festival traballa como […] - [Comeza o XXIV Festival Internacional Galicreques](https://erreguete.gal/2019/10/11/comeza-xxiv-festival-internacional-galicreques/): O Festival celebrarase entre este sábado 12 e o domingo 20 de outubro enchendo de monicreques espazos como o Teatro Principal, a Fundación SGAE, a Alameda ou os centros socioculturais.   O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, celebrará a súa 24º edición entre o 12 e o 20 de outuro cunha ampla programación que ofrecerán un total de 25 compañías, tanto estatais como internacionais. Neste ano, Galicreques inclúe máis de 50 funcións que se repartirán nos escenarios do Teatro Principal, a Fundación SGAE, os centros socio culturais de Santa Marta, a Trisca, o Ensanche, Vite, […] - [Xira de 'Mercedes máis eu', de Janet Novás e Mercedes Peón](https://erreguete.gal/2019/10/11/xira-de-mercedes-mais-eu-de-janet-novas-mercedes-peon/): Mercedes máis eu, un espectáculo de Janet Novás en colaboración con Mercedes Peón, viaxa a Manresa, Sevilla, Bremen e Compostela nos meses de outubro e novembro. O día 12 de outubro estará na Fira Mediterranea de Manresa; o 19, no Audacia Festival das Artes e do Emprendemento de Santiago de Compostela; e o 26, no “España Baila” de Bremen, Alemaña. Xa en novembro, os días 8 e 9, o espectáculo viaxará ao Teatro Central de Sevilla, na celebración do Mes da Danza. Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares […] - [O FITO Ourense celebrará unha "edición de resistencia"](https://erreguete.gal/2019/10/10/fito-ourense-celebrara-finalmente-sua-12a-edicion-outubro/): O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) celebrará a súa duodécima edición despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro. Sarabela, a compañía organizadora do FITO anunciou que o Teatro Principal, o campus de Ourense e as rúas da cidade, serán os escenarios do programa desta edición, que se desenvolverá do 23 ao 27 de outubro “grazas ao apoio da Deputación de Ourense, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo”, que achegaron, respectivamente 20.000, 8000 e 2000 euros. “O programa está afectado pola drástica redución do […] - [A Escola da Noite estrea en Coimbra 'Desmesura', de Hélia Correia](https://erreguete.gal/2019/10/10/escola-da-noite-estrea-coimbra-desmesura-de-helia-correia/): A Escola da Noite estrea hoxe, 10 de Outubro, Desmesura – exercício com Medeia. A peza de Hélia Correia é unha relectura do mito inmortalizado por Eurípides, a quen a escritora a dedica, como homenaxe. Nunha tempada lixeiramente máis curta do habitual, o espectáculo estará en escena no Teatro da Cerca de São Bernardo, en Coimbra, até o 27 de Outubro, de xoves a domingo.   Desmesura – exercício com Medeia, escrita en 2006 a partir da traxedia de Eurípides, insírese na liña de revisitación dos textos clásicos seguida pola autora, ao fío de Perdição – exercício sobre Antígona (1988) e […] - ['Jauría' e 'Juguetes rotos' esta fin de semana no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/10/10/jauria-juguetes-rotos-esta-fin-de-semana-no-fiot-de-carballo/): Este sábado comeza o III Certame de Micro-escenas Metro Cadrado coa representación de Sorpresa, de Enconarte Producciones, e a estrea absoluta de Invisíbel, de Catro Gatos Teatro.   Dous dos pratos fortes das artes escénicas da tempada chegan esta fin de semana a Carballo no marco do 28º Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT. O Pazo da Cultura acollerá este venres 11, ás 21:00, a estrea en Galicia de Juguetes rotos, de Producciones Rokamboleskas, unha creación da dramaturga e directora Carolina Román, quen propón unha reflexión sobre a identidade sexual, o empoderamento e a capacidade da sociedade para dar cabida […] - [Comeza a xira de 'Medida x Medida', de PT Excéntricas](https://erreguete.gal/2019/10/10/comeza-xira-de-medida-x-medida-de-pt-excentricas/): Esta semana comeza a xira de presentación de Medida x Medida, de William Shakespeare, o novo espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas. Tras o éxito da estrea no FIOT de Carballo, da función posterior e do ensaio xeral feito ante máis de 250 estudantes de instituto, da comezo unha xira que percorrerá toda Galiza. O punto de partida será o Teatro Principal de Pontevedra, hoxe, ás 21:00. Ao día seguinte, venres 11, Medida x Medida estará no Centro Cívico e Cultural de Arteixo (20:45) e rematará a semana o sábado 12 na Casa da Cultura de Muros (21:30). Neste 15º aniversario da súa […] - [Pedro Brandariz e Ángela Triana estrean na Coruña o seu novo espectáculo 'Por Vía Oral'](https://erreguete.gal/2019/10/10/pedro-brandariz-angela-triana-estrean-na-coruna-seu-novo-espectaculo-via-oral/): A compañía escénica coruñesa DINAMO producións estrea hoxe, 10 de outubro, o seu novo espectáculo Por Vía Oral, protagonizado polos cómicos Ángela Triana e Pedro Brandariz. Despois de longas e dilatadas traxectorias no humor e na comedia, Brandariz e Triana deciden xuntar o seu talento para crear un espectáculo dinámico, atrevido e transgresor, pero sobre todo cómico. Por vía oral conta a historia dun paciente que ingresa no hospital e ten que afrontar unha serie de situacións embarazosas, das que todas e todos vivimos cando acudimos ós centros de saúde ou ós hospitais. Desta maneira faise un percorrido polo sistema sanitario […] - [O Consello da Cultura Galega publica o informe sobre a situación das traballadoras do sector audiovisual e escénico](https://erreguete.gal/2019/10/09/consello-da-cultura-galega-publica-informe-situacion-das-traballadoras-sector-audiovisual-escenico/): O informe constata a desigualdade, a discriminación e os desequilibrios salariais no sector, así como tamén a maior incidencia da temporalidade e as dificultades de acceso ao mundo laboral para as mulleres. Ademais, o informe detecta a existencia de casos de acoso laboral e sexual.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Academia Galega do Audiovisual (AGA), Escena Galega (Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas) e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebran a publicación do informe A situación das traballadoras do sector audiovisual e das artes escénicas en Galicia, realizado polo […] - [O proxecto Camiño Escena Norte remata esta semana en Compostela con dous espectáculos](https://erreguete.gal/2019/10/09/proxecto-camino-escena-norte-remata-esta-semana-compostela-dous-espectaculos/): O proxecto Camiño Escena Norte rematará en Santiago de Compostela esta semana presentando dous espectáculos: o 11 de outubro Como ceniza blanca sobre una hoguera, de La Tejedora de Sueños, no Salón Teatro, e o 13 de outubro Sagartu de Hika Teatroa na Praza da Quintana para poñerlle o ramo a esta primeira edición. Así rematará Camiño Escena Norte, unha ambiciosa iniciativa de intercambio promovida polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, que nos trae varios espectáculos destas comunidades a territorio galego, e está a levar obras galegas a estoutras rexións seguindo o ronsel do Camiño Norte. As […] - [Arrinca o XXX Festival Internacional de Marionetas do Porto](https://erreguete.gal/2019/10/08/arrinca-xxx-festival-internacional-de-marionetas-porto/): Este venres 11 de outubro comeza o Festival Internacional de Marionetas do Porto que celebra tres décadas de actividade continuada na divulgación da marioneta nas súas múltiples tradicións e manifestacións. Ata o 20 de outubro, compañías de Portugal e do resto do mundo danse cita nesta nova edición que conxuga o traballo ao redor marioneta máis tradicional coa creación de novos dispositivos. O programa desta edición está atravesado por unha serie de problemáticas nas que as grandes cuestións colectivas da humanidade e do planeta acaban por producir un efecto na construción da subxectividade. Ao igual que na anterior edición, o festival […] - [Duascentas vinte e oito obras concorren á 44ª edición do Premi Born de Teatre](https://erreguete.gal/2019/10/08/duascentas-vinte-oito-obras-concorren-44a-edicion-premi-born-de-teatre/): Duascentas vinte e oito obras concorreron á 44ª edición do Premi Born de Teatre 2019, corenta títulos máis que os presentados na edición anterior. O premio, dotado con 14.000 euros mais a edición da obra en castelán, catalán galego e éuscaro, será entregado o 26 de outubro en Menorca. Como vén facendo desde o ano 2006, a erregueté será a encargada de publicar a tradución ao galego do texto gañador desta última edición, a terceira con máis pezas presentadas da súa historia. Do total de obras presentadas, o 88% proceden do ámbito estatal (maioritariamente Cataluña e Madrid) e case o 10% do […] - [O monicreque tradicional desembarca nas aulas de Teo da man do Festival Titiriberia](https://erreguete.gal/2019/10/08/monicreque-tradicional-desembarca-nas-aulas-de-teo-da-man-festival-titiriberia/): A iniciativa ‘Da Barraca á aula’ inclúe obradoiros de construción de títeres tradicionais, talleres de guión, exposicións itinerantes, funcións e sesións de videofórum para as comunidades educativas dos centros de ensino do municipio teense.   O Festival Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Teo e o apoio da Deputación da Coruña, celebrará a súa cuarta edición entre o 9 e o 15 de novembro. Como gran novidade deste ano, o festival incluirá unha programación paralela nos centros educativos do municipio a través do proxecto Da barraca á aula, unha iniciativa que […] - [Contra](https://erreguete.gal/2019/10/08/contra/): Deconstructing Eve   Faise a luz e unha longa corda pendura da grella. Polo fondo da escena aparece unha muller espida cunha mazá vermella nas mans. Agarra o extremo da corda que está no chan e pono á altura do seu ollar. Todas as alarmas iconográficas actívanse no público e, cando queremos decatarnos, xa estamos inmersos nun hilarante diálogo entre a serpe/corda e a Eva/performer sobre todo o que se supón que debe e non debe facer unha muller. Contra, de Laura Murphy, formou parte da quinta edición de An English Family, ciclo de espectáculos británicos programado pola sala portuense Mala […] - [Agadic publica o listado de aspirantes á dirección do CDG](https://erreguete.gal/2019/10/07/agadic-publica-listado-de-aspirantes-direccion-cdg/): A AGADIC vén de publicar o listado provisional das persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, do Centro Dramático Galego. Oito persoas presentaron a súa candidatura ao posto sen que existan solicitudes excluídas. Os nomes das aspirantes son: Eva Alonso Gómez, Julio Fernández Peláez, Francisco Javier Núñez Alonso, Gonzalo Méndez Mosquera, Héctor Mera Herbello, Francisco Manuel Peleteiro Román, Julián Rodríguez Novo e Pedro Alberto Rubín Garrido. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días, contados desde o seguinte día da publicación da resolución, para presentar as emendas […] - [A sala Ingrávida do Porriño presenta a súa tempada 2019-2020](https://erreguete.gal/2019/10/07/sala-ingravida-porrino-presenta-sua-tempada-2019-2020/): A Sala Ingrávida do Porriño acolleu onte a presentación da súa tempada 2019-2020 centrada na creación de redes. Nesta sexta tempada, Ingrávida continúa apostando pola liña de teatro contemporáneo e a construción de pontes con Euskadi, Madrid, Asturies, Andalucía e Portugal. Compañías como ArtesaCia, Teatro del Andamio, Anómico Teatro, Fantoches Baj ou Incendiaria e creadoras como Joana Craveiro, Paloma Lugilde, Isabelle Stofel ou Alessandra García conforman unha programación onde a creación feminina é protagonista e onde a formación e a creación se combinan para crear comunidade. O venres 11 de outubro dá comezo a nova tempada coa compañía Mortificación –gañadora do […] - [Carballo acolle Escena Norte Idea, unha xornada de reflexión sobre artes escénicas e interculturalidade](https://erreguete.gal/2019/10/07/carballo-acolle-escena-norte-idea-unha-xornada-de-reflexion-artes-escenicas-interculturalidade/): O proxecto Camiño Escena Norte chega a Galicia. O vindeiro 9 de outubro, o 28 Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, acollerá a xornada profesional Escena Norte Idea, unha iniciativa que pretende abordar o Camiño de Santiago do Norte como conector e vertebrador da diversidade cultural. A xornada forma parte da programación expandida do proxecto Camiño Escena Norte, unha iniciativa impulsada por asociacións profesionais de artes escénicas de Galicia, Euskadi, Cantabria e Asturias, como son Escena Galega, Eskena, EscenAsturias e ACEPAE. O obxectivo da proposta é poñer en valor a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes escénicas da […] - [Comezou a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón do Carballiño](https://erreguete.gal/2019/10/06/comezou-xii-mostra-de-teatro-amador-terras-orcellon-carballino/): Onte, sábado 5 de outubro, coa obra A farsa de Maitre Pathelin a cargo de Tiruleque Grupo de Teatro,comezou a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón no Carballiño, que ocupará todas as fins de semana do Auditorio Manuel María. Con esta peza do século XV, que o grupo carballiñés estreou hai quince días no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, Tiruleque leva a escena a vella loita entre ricos e pobres, a do burlador burlado, e que a necesidade agudiza o enxeño. A peza inicial de ao redor de 1457, conta con cinco personaxes no orixinal, pero foi adaptada para […] - [A morte de Danton](https://erreguete.gal/2019/10/06/morte-de-danton/): Ollar o sangue   Cando Nuno Cardoso presentou en setembro a programación da nova temporada do Teatro Nacional São João de Porto, indicou que esta era mestiça, xa que o seu antecesor na dirección artística, Nuno Carinhas, deixara moito traballo feito. Exemplo diso é o espectáculo que nos ocupa: A morte de Danton; texto programado por Carinhas e levado á escena por Cardoso. Os piares temáticos sobre os que o TNSJ se sustenta este ano –Revoluçao, Géneros, Margens e Viagem– vense reflectidos na escenificación que Cardoso fai desta peza de Georg Büchner sobre a Revolución Francesa. A escolla desta dramaturxia dun […] - [O XXIV Festival Galicreques estende programación a Betanzos, Carral, Arteixo, Culleredo, Vigo e A Coruña](https://erreguete.gal/2019/10/04/xxiv-festival-galicreques-estende-programacion-betanzos-carral-arteixo-culleredo-vigo-coruna/): Galicreques levará un total de 22 funcións lonxe de Compostela nas vindeiras tres semanas. Arteixo e Culleredo abrirán o cartel hoxe con senllas funcións.   O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará en Santiago a súa 24ª edición entre o 12 e 20 de outubro cunha ampla programación que se estenderá un ano máis a outros concellos e salas de Galicia. Deste xeito, o Festival contará con extensións do seu cartel nos concellos de Culleredo, Betanzos, Arteixo e Carral, así como diferentes actuacións na Sala Ártika de Vigo e na Sala Gurugú da Coruña. En total, o festival ofrecerá 22 funcións […] - [Comeza o programa de sala do FIOT Carballo](https://erreguete.gal/2019/10/04/comeza-programa-de-sala-fiot-carballo/): Kulu Orr, Rodrigo Cuevas, Kikolas, Sincronacidas, MJ Pérez e Patty Diphusa actúan esta fin de semana nas propostas de OTNI, Rúa dos Contos e Teatro de Rúa. O recinto da rúa Pan tamén acolle este venres, ás 20:00, a inauguración da exposición 30 anos de Teatro do Morcego en homenaxe a Celso Parada   Comeza o Programa de Sala do 28º Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. O FIOT acolle este venres, 4 de outubro, a estrea absoluta de Medida x medida, unha coprodución de Producións Teatrais Excéntricas e o FIOT, que supón o regreso da compañía dirixida por Quico Cadaval […] - [Excéntricas estrea 'Medida x medida' no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/10/03/excentricas-estrea-medida-x-medida-no-fiot-de-carballo/): Producións Teatrais Excéntricas estrea dentro do programa do Festival Internacional de Outono de Carballo o seu novo espectáculo. Trátase de Medida x medida, unha versión da obra de William Shakespeare coa que a compañía compostelá celebra os seus 15 anos sobre as táboas. A estrea absoluta terá lugar este venres 4 de outubro ás 21:00 no Pazo da Cultura e poderase ver tamén o sábado 5, ás 20:30. Quico Cadaval dirixe esta proposta que é, segundo a compañía, unha comedia negra, sufocante, divertida enigmática e aceda que coquetea constantemente co desastre. O proxecto, realizado en coprodución co FIOT, conta cun elenco […] - [Arranca a tempada teatral en Tomiño con '#camiños' de ButacaZero](https://erreguete.gal/2019/10/03/arranca-tempada-teatral-tomino-caminos-de-butacazero/): O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 22h, chega ao Auditorio de Goián unha das pezas máis divertidas e sorprendentes da escena teatral: #camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego. Quen somos os galegos e as galegas do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade? Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores desta peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que […] - [Convocado o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual](https://erreguete.gal/2019/10/02/convocado-ii-certame-de-nova-dramaturxia-galega-actual/): A compañía Feira do Leste vén de publicar as bases do II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, que pechará o prazo de presentación o vindeiro 15 de novembro. Segundo a compañía, a aparición de novos dramaturgos con ampla formación e con linguaxes innovadoras para o panorama teatral galego, está a consolidar unha nova xeración de autores recoñecidos dentro e fora da nosa comunidade, que deben enfrontar graves eivas no eido da publicación e difusión da súas creacións. Na procura de maior visibilidade dos novos dramaturgos e dramaturgas, Feira do Leste convoca esta segunda edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual […] - [La Ribot no TRCDanza 2019 da Coruña](https://erreguete.gal/2019/10/02/la-ribot-no-trcdanza-2019-da-coruna/): O vindeiro 5 de outubro, ás 20:30, dentro do cicloTRC Danza 2019 do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, La Ribot, en colaboración coa compañía portuguesa Dançando com a diferença, presentará o espectáculo Happy Island.   Happy Island é froito do encontro de La Ribot coa compañía de danza inclusiva portuguesa Dançando com a diferença. Cinco bailaríns profesionais con discapacidade física e intelectual, entréganse en escena con total liberdade nesta oda á imaxinación, ao alborozo e á existencia nas súas formas máis variadas. Apunta a escritora e crítica portuguesa Claudia Galhós que hai persoas que son lugares e lugares que son persoas, […] - [‘Amorodo agre’, de Fernando Castro Paredes gaña o XIX Premio de Teatro Rafael Dieste](https://erreguete.gal/2019/10/01/amorodo-agre-de-fernando-castro-paredes-gana-xix-premio-de-teatro-rafael-dieste/): Coa súa obra Amorodo agre, o escritor e profesor Fernando Castro Paredes converteuse en gañador do XIX Premio Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña. O autor é profesor no IES Fernando Blanco de Cee, traballa no ámbito do teatro escolar e afeccionado e gañou, entre outros, o Varela Buxán e Vidal Bolaño de textos teatrais.   Un xurado composto pola actriz Mabel Rivera, a escritora Marga do Val, o profesor, investigador e especialista en Arte Dramática, Carlos Vizcaíno Fernández, a actriz e creadora escénica Marta Pérez e o autor gañador da edición anterior, Ernesto Is, escolleu por unanimidade entre as 46 […] - [O XXIV Festival Galicreques estreará un total de sete espectáculos](https://erreguete.gal/2019/10/01/xxiv-festival-galicreques-estreara-total-de-sete-espectaculos/): A compañía galega Títeres Alakrán, as formacións arxentinas Teatro Piedra Libre, Tres Tigres Teatro e La Pelela Títeres, a madrileña La Mar de Marionetas, a valenciana Tries Titelles e a coprodución internacional de Mad Compass darán a coñecer no festival as súas novas producións escénicas.   O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 24ª edición entre o 12 e 20 de outubro cunha ampla programación que incluirá a estrea de sete novos espectáculos de compañías galegas, valencianas, madrileñas e arxentinas, ademais dunha coprodución internacional entre artistas galegos, franceses e italianos. Unha das producións máis destacadas no panorama galego chegará […] - [Bernardino Graña publica 'Lobísimo do saco. Tres titiritadas'](https://erreguete.gal/2019/09/30/bernardino-grana-publica-lobisimo-saco-tres-titiritadas/): A editorial Galaxia vén de publicar un volume que reúne tres obras teatrais para nenos de Bernardino Graña. Lobísimo do saco. Tres titiritadas, que foi presentado o pasado venres en Vigo coincidindo co 87º aniversario do escritor, contén dúas pezas recuperadas de revistas, Sinfarainín contra don Perfeuto e Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán), e unha terceira inédita, Lobísmo do saco. Malia ser publicados como teatro infantil, trátase de textos que conteñen varias lecturas: Sinfarainín contra don Perfeuto, por exemplo, é unha peza de principios da década de 1970 –contemporánea de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas– […] - [Xornada sobre 'Artes escénicas e interculturalidade' en Carballo](https://erreguete.gal/2019/09/28/xornada-artes-escenicas-interculturalidade-carballo/): O vindeiro mércores 9 de outubro, no salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo, a partir das 10:00, Escena Galega, en colaboración co Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), organiza unha xornada na que se reflexionará sobre a interculturalidade, centrándose no traballo de creadores e creadoras do eido das artes escénicas, e en distintas temáticas como a situación da creación dramatúrxica en cada Comunidade Autónoma do proxecto Camiño Escena Norte, a promoción e difusión de creacións noutra lingua distinta ao castelán ou a colaboración en distintos proxectos culturais e artísticos de diferentes territorios. As xornadas ESCENA NORTE IDEA forman […] - [Deixa de tocala, Sam](https://erreguete.gal/2019/09/27/deixa-de-tocala-sam/): Como vivir: velaí a cuestión | Ana Abad de Larriva | | Foto: David Rodas |   AveLina Pérez é unha valente. En Deixa de Tocala, Sam, que se presentou os días 21 e 22 de setembro de 2019 no Salón Teatro do Centro Dramático Galego (CDG), enfróntase aos piares do teatro convencional, ao poder, á desigualdade, aos discursos incoherentes e mesmo lle pide explicacións ao propio Deus. Faino cunha montaxe que contén o seu xa selo propio, nunha autenticidade sen filtros que se agradece: textos incisivos, enchoupados de carga crítica e cun punto ácido, que se desenvolven ata chegar ao […] - [Náufragos Teatro presenta 'Karelu' no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/09/27/naufragos-teatro-presenta-karelu-no-salon-teatro-de-compostela/): A montaxe, interpretada por Denis Gómez e Santi Cuquejo, aborda as marcas que a violencia e a rixidez nas relacións paterno-filiais deixan na vida adulta.   O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta fin de semana a compañía galega Os Náufragos Teatro co seu último espectáculo, Karelu, no que aborda os efectos dunha educación estrita e violenta na contorna familiar, así como a perda de valores na sociedade actual. A montaxe poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) hoxe venres 27 e o sábado 28, ás 20:30, e o domingo 29, ás 18:00. Gustavo del Río é […] - [Títeres Cachirulo presenta 'Olé, olé!!' en Charleville-Mézières](https://erreguete.gal/2019/09/26/titeres-cachirulo-presenta-ole-ole-charleville-mezieres/): Do 26 ao 29 de setembro a compañía Títeres Cachirulo presenta o seu espectáculo Olé, olé!! no marco do Festival Off de Marionetas na cidade francesa de Charleville-Mézières. Trátase dun espectáculo cómico-musical de variedades baseado no folclore andaluz no que, da man de diferentes tipos de marionetas, asistimos a unha praza de touros e a un taboado flamenco acompañados por turistas xaponeses. As actuacións da compañía galega terán lugar en diferentes espazos da cidade entre o 26 e o 29 de setembro: o 26 de setembro no Restaurant Le Bureau, o 27 de setembro no Point Central, o 28 de setembro […] - [La Cubana chega a Vigo con 'Adiós Arturo'](https://erreguete.gal/2019/09/26/la-cubana-chega-vigo-adios-arturo/): Do 26 ao 29 de setembro a compañía La Cubana trae ao Teatro García Barbón (Afundación) de Vigo a súa última obra Adiós, Arturo, unha atolada comedia con toques surrealistas ao máis puro estilo da compañía catalá. Adiós, Arturo é un canto á vida e demostra como hai que vivila intensamente, deixando en evidencia todas as convencións sociais que o dificultan. O loro Ernesto é o gran protagonista desta comedia en que se relata dun xeito arroutado e cómico a preparación do funeral do polifacético artista Arturo Cirera, falecido aos 101 anos de idade. O público coñecerá o verdadeiro «guión da vida» […] - [Outubro recebe o XXIV Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia](https://erreguete.gal/2019/09/26/outubro-recebe-xxiv-festival-internacional-de-teatro-comico-da-maia/): Do 4 ao 13 de outubro de 2019 terá lugar o XXIV Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia (FICTMaia), unha iniciativa da Câmara Municipal da Maia en colaboración co Teatro Art’Imagem. Esta nova edición contará coa presenza de 21 compañías (10 portuguesas e 11 procedentes de diferentes países de Europa e América). Nesta ocasión, Galicia estará representada da man de Cándido Pazó e o seu espectáculo Memorias dun neno labrego. Ao redor de 150 profesionais de artes escénicas estarán presentes na cidade da Maia no ano en que o municipio celebra os 500 anos do seu Foral para ofrecer 25 […] - [O FIOT Carballo levanta este venres 27 o pano da súa 28ª edición](https://erreguete.gal/2019/09/25/fiot-carballo-levanta-este-venres-27-pano-da-sua-28o-edicion/): A Rúa dos Contos e o Teatro de Rúa inauguran esta nova edición do FIOT, nunha fin de semana que contará coas estreas dos novos espectáculos de Pedro Brandariz e Xurxo Souto, ademais das actuacións de Carlos Blanco, Xampatito Pato, ArtesaCía, Oswaldo Digón, Carmen Conde, Tito Rober e o concerto do dúo Blues do País.   Carballo convértese, a partir deste venres 27 de setembro, no corazón das artes escénicas de Galicia. Esta fin de semana comeza unha nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro, a número 28 do FIOT, unha cita que ateigará as rúas e escenarios da localidade […] - ["Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza", en Lisboa, con Carlos Labraña](https://erreguete.gal/2019/09/25/da-escrita-exibicao-da-obra-em-portugal-na-galiza-lisboa-carlos-labrana/): Carlos Labraña visitará Lisboa nun acto organizado polo Centro Estudos Galegos da Universidade Nova Lisboa. Na súa estadía en Portugal Carlos Labraña participará nun coloquio con formato de conversa aberta co título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Será este sábado 28 de setembro, ás 19:00, na Fábrica Braço da Prata, con entrada libre. Nesta xornada estarán presentes catro representantes dos diferentes eidos involucrados na creación dunha obra teatral: a escritura, a produción, a edición e a posta en escena. Canda Carlos Labraña estarán os portugueses Ana Enes (Lua Cheia – Teatro para todos), Vicente Morais e […] - [Novo encontro entre as dramaturxias galega e portuguesa no Consello da Cultura](https://erreguete.gal/2019/09/24/novo-encontro-as-dramaturxias-galega-portuguesa-no-consello-da-cultura/): O martes 1 de outubro, ás 18:30, no Consello da Cultura Galega, en Compostela, terá lugar a lectura dramatizada de dous textos de Ana Carreira e Joana Craveiro que continúan o programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” iniciado o ano pasado.   O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Português em Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dan continuidade ao programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” coa edición de outono, que ten como obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros […] - [O XXIV Festival Galicreques presentará 13 funcións para escolares](https://erreguete.gal/2019/09/23/xxiv-festival-galicreques-presentara-13-funcions-escolares/): O Festival celebrará entre os días 12 e 20 de outubro a súa 24ª edición, convertendo Compostela un ano máis en gran referente para o xénero escénico dos títeres.   O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 24ª edición entre o 12 e 20 de outubro de 2019. A programación incluirá un total de 13 funcións para o público escolar, ofrecidas todas elas por compañías de prestixio e longa traxectoria procedentes de Madrid, Valencia, Galicia e Arxentina. Deste xeito, o festival organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais […] - [Sarabela estrea 'Crónicas do Paraíso', unha inmersión no universo cunqueiriano](https://erreguete.gal/2019/09/21/sarabela-estrea-cronicas-paraiso-unha-inmersion-no-universo-cunqueiriano/): Sarabela Teatro estrea esta fin de semana, no Auditorio do Concello de Ourense, a súa nova montaxe, Crónicas do Paraíso, con dúas sesións: o sábado 21, ás 21:00 e domingo 22 ás 20:00. Crónicas do paraíso é unha versión libre de As Crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro. A trama orixinal de Cunqueiro serve para darlle forma a unha nova estrutura narrativa habitada polo universo do crime. Mantense a liña xeral da historia do Sochantre de Crozon que a cambio de exercer as súas funcións musicais no funeral do fidalgo de Quelven recibirá deste un pomar de agasallo. Mais nesta montaxe, […] - [Xa están dispoñibles as entradas e abonos do 28º FIOT Carballo](https://erreguete.gal/2019/09/21/xa-estan-disponibles-as-entradas-abonos-28o-fito-carballo/): Carballo abre o pano do FIOT. Desde onte están dispoñibles para o público as entradas e abonos que conforman a programación do 28º Festival Internacional Outono de Teatro, a cita de referencia das artes escénicas en Galicia durante o outono e que se estenderá desde o venres 27 de setembro até o 1 de novembro. Co obxectivo de favorecer o acceso á programación de espectáculos, o FIOT pon, a disposición da cidadanía, entradas e abonos a prezo reducido. Así, todas as persoas menores de 25 anos, maiores de 65 anos ou que se atopen en situación de desemprego, poden adquirir o […] - [Claudia Dias e Pablo Fidalgo en Escena Patrimonio](https://erreguete.gal/2019/09/21/claudia-dias-pablo-fidalgo-escena-patrimonio/): O Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España é unha asociación sen ánimo de lucro declarada de “Utilidade Pública” que está formada polas quince cidades españolas declaradas Patrimonio Mundial: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza / Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. O seu obxectivo é o traballo coordinado e conxunto destes concellos a favor da conservación e promoción do inxente patrimonio histórico e cultural destas cidades. En 2018, coincidindo coa celebración do XXV aniversario da creación, o Grupo puxo en marcha La Noche del Patrimonio. […] - [Xesús Ron: "O teatro é sempre o máis vulnerable porque segue sendo unha arte popular"](https://erreguete.gal/2019/09/20/xesus-ron-teatro-sempre-mais-vulnerable-segue-sendo-unha-arte-popular/): É a segunda vez que Chévere é “expulsada”: tras a vitoria electoral de Gerardo Conde Roa, o candidato do PP á alcaldía compostelá, tiveron que pechar a sala Nasa despois de case vinte e cinco anos. Antes, tiveran que sufrir ataques baseados en mentiras e manipulacións por parte duns políticos que, ironicamente –como lembran na súa última montaxe, Curva España–, acabaron ante a xustiza por defraudar a Facenda ou por tráfico de influencias. Agora é a Concellaría de Cultura de Teo, do PSOE, a que os bota do seu novo fogar. | Manuel Xestoso |   Onte facíase público que Chévere […] - [Catro espectáculos e un obradoiro no VI Festival Monecadas de Brión](https://erreguete.gal/2019/09/20/catro-espectaculos-obradoiro-no-vi-festival-monecadas-de-brion/): O VI Festival Monecadas, organizado por Titeriteiros da Comarca e o Concello de Brión, volve á Carballeira de Santa Minia. Nesta edición estará composto por catro funcións e un obradoiro de monicreques entre hoxe, día 20, e o 22 de setembro. Este ano, o festival contará con grupos de Galicia, Portugal, Italia e Francia, buscando ofrecerlles novas propostas culturais aos centos de nenos/as e maiores que participan nas actuacións. O programa comeza hoxe venres 20 de setembro, ás 19:30, con Circo de marionetas da compañía portuguesa Marionetas da Feira, no que o público verá como simples obxectos cotiás rematan convertidos nun circo. […] - [Matarile ofrece unha retrospectiva dentro do Festival de Otoño de Madrid](https://erreguete.gal/2019/09/20/matarile-ofrece-unha-retrospectiva-dentro-festival-de-otono-de-madrid/): O 37º Festival de Otoño de Madrid acollerá durante o mes de novembro tres obras de Matarile. Los limones la nieve y todo lo demás (o 20 e 21 de novembro), Daimon y la jodida lógica (o 23 e 24 de novembro) e Teatro invisible (o 30 de novembro e o 1 de decembro) son os tres espectáculos que se poderán ver no Teatro de la Abadía. De igual modo, o Festival programa dous encontros arredor da compañía: un con Ana Vallés no restaurante El Comunista; o outro, a tres bandas, coas compañías Mal Pelo, El Canto de la Cabra e […] - [Chévere deixa de ser compañía residente en Teo](https://erreguete.gal/2019/09/19/chevere-deixa-de-compania-residente-teo/): «Isto non é unha despedida. Despois de varios anos traballando no concello de Teo, Chévere deixará de facelo definitivamente neste mes de setembro. Para nós foron anos de traballo moi intenso e de implicación total nun concello que non era o noso, pero que nos acolleu cos brazos abertos. Aquí atopamos persoas, iniciativas e proxectos que merecen todo o noso respecto e recoñecemento. Marchámonos sentíndonos para sempre parte deste territorio. E non podemos marchar sen despedirnos agradecendo o voso acompañamento e colaboración, que foi fundamental para nós. Grazas!». Con esta mensaxe despedíase a compañía Chévere –nunha carta enviada ás distintas entidades […] - [Viana do Castelo acolle o II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador](https://erreguete.gal/2019/09/19/viana-castelo-acolle-ii-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador/): O Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo acolle do 20 ao 22 de setembro o II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador promovido pola PLATTA -que integran a Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/Teia e a erregueté. Esta nova edición do festival propón un programa intenso no que a creación se combina coa formación e a reflexión co obxecto de contribuír ao intercambio entre amantes do teatro do norte de Portugal, Galicia e Castilla y León. O programa do evento comeza o […] - [Toño Casais recibe a alta hospitalaria](https://erreguete.gal/2019/09/19/tono-casais-recibe-alta-hospitalaria/): O actor Toño Casais recibiu onte a alta hospitalaria e xa está no seu domicilio. Segundo os seus compañeiros de Talía Teatro, Casais “atópase ben”, malia que aínda acusa os golpes da caída e ten algúns problemas de audición. Toño casais tivo que ser evacuado de emerxencia, en helicóptero, o pasado sábado 7 de setembro, despois de sufrir unha caída en Muxía, durante a montaxe da función de Talía Teatro, Vida de cans. Foi ingresado na UCI do CHUAC da Coruña cun traumatismo cranioencefálico con prognóstico grave, mais a súa evolución foi moi favorable. Durante os días que seguiron ao accidente, sucedéronse as mostras de […] - ['A morte de Danton' inicia a dirección artística de Nuno Cardoso no TNSJ do Porto](https://erreguete.gal/2019/09/18/morte-de-danton-inicia-direccion-artistica-de-nuno-cardoso-no-tnsj-porto/): A Morte de Danton, de Georg Büchner, preséntase hoxe, no Teatro Nacional São João (TNSJ) do Porto, nunha produción que constitúe a estrea de Nuno Cardoso como novo director artístico.   Até o 29 de setembro, A Morte de Danton conta con Albano Jerónimo á fronte dun elenco que vai dar vida á peza do dramaturgo alemán, a primeira do autor, terminada en 1835, mais estreada en 1903, por causa da súa abordaxe da Revolución Francesa, en concreto do Reinado de Terror, e do modo como o fixo, nunha versión que se pode considerar pioneira do chamado “teatro documental”. A obra […] - [Aberto o prazo de recepción de propostas para o Festival Pezas dun Teatro do Porvir](https://erreguete.gal/2019/09/17/aberto-prazo-de-recepcion-de-propostas-festival-pezas-dun-teatro-porvir/): Está aberto o prazo para a recepción de propostas para o Festival Pezas dun Teatro do Porvir. Procesos abertos de escrita dramática, que terá lugar no marco do IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG, Cartografías da palabra en acción. Trátase dunha convocatoria aberta a 6 proxectos de escrita dramática ou dramaturxia, individuais ou colectivos, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público, achegando un fragmento ou mostra desta. Entre os 6 proxectos, poderá seleccionarse tamén un proxecto portugués, para comezar a facilitar un intercambio e un diálogo entre […] - [Daimon y la jodida lógica](https://erreguete.gal/2019/09/16/daimon-y-la-jodida-logica/): A apoteose da loucura | Ana Abad de Larriva | | Foto: David Rodas |   A maior parte do que importa na vida non é entendido pola nosa mente lóxica. Refírome a esas emocións que nos sacoden: subxugantes, liberadoras, incómodas… As que nos fan berrar de rabia, ou de pracer ou nos debuxan un sorriso pampo. As que duran uns segundos ou se instalan durante anos. Daimon y la jodida lógica, a última creación escénica de Matarile, que se estreou a fin de semana do 6 ao 8 de setembro de 2019 na Sala Ártika, en Vigo, navega por ese […] - [O FIOT abre a inscrición para o campamento infantil 'Noite branca no teatro'](https://erreguete.gal/2019/09/14/fiot-abre-inscricion-campamento-infantil-noite-branca-no-teatro/): As bases para o XIX Concurso Escolar Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” tamén está xa dispoñibles para o público.   O Festival Internacional Outono de Teatro abrirá, un ano máis, as portas do teatro aos máis pequenos da casa. A nova edición do FIOT ofrecerá a posibilidade de coñecer e experimentar o mundo das artes escénicas a través dunha vivencia única como é un campamento nun teatro. A iniciativa, nomeada Noite branca no teatro, enmárcase na programación infantil O Fiotiño, que pretende, a través de propostas singulares e especiais, que as máis cativas e cativos tamén poidan gozar do teatro. A Noite branca […] - [‘Espazo en espera’ no MARCO de Vigo](https://erreguete.gal/2019/09/14/espazos-espera-no-marco-de-vigo/): A partir do xoves 19 de setembro, e durante catro días consecutivos, os espazos do primeiro andar do MARCO ábrense a unha experiencia escénica e participativa, a través dunha proposta dirixida por A Artística (Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez), coa colaboración de dez artistas convidados.   ESPAZO EN ESPERA é o título dun proxecto que reúne varias disciplinas artísticas. Nesta proposta colectiva, o obxectivo é reflexionar sobre o propio lugar, converter as salas en lugares de acumulación de experiencias, nun “espazo en espera”, a través de distintas accións, performances e intervencións baseadas na imaxe, no son, no movemento e na palabra. […] - ['Fariña' chega ao teatro](https://erreguete.gal/2019/09/13/farina-chega-ao-teatro/): Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias, Sergio Zearreta e o propio Touriñán forman o elenco dunha adaptación escrita polo dramaturgo José L. Prieto co asesoramento de Carretero, e dirixida por Tito Asorey. Estrearase o 25 de outubro no Teatro Colón da Coruña. Ata o mes de febreiro representarase nos teatros das principais cidades galegas.   A historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século contarase de novo. O fenómeno de Fariña, a obra de Nacho Carretero que bateu todos os records de vendas, adquirirá desde o próximo 25 de outubro unha nova dimensión, desta vez sobre as táboas dos principais teatros do noso país. O propio Carretero, xunto co […] - [Comeza no Porto o V MEXE – Encontro Internacional de Arte e Comunidade](https://erreguete.gal/2019/09/13/comeza-no-porto-v-mexe-encontro-internacional-de-arte-comunidade/): Este venres 13 de setembro arrinca no Porto a quinta edición do MEXE -Encontro Internacional de Arte e Comunidade. Até o 22 de setembro, cine, danza, obradoiros, conversas, conferencias, música, exposicións e performance ocuparán 22 salas e espazos públicos da cidade para promover o debate arredor da construción de espazos de creación, participación e cidadanía en tempos de inestabilidade política e social. Más de 400 persoas, 27 grupos de 6 países participan nesta nova edición do encontro que reserva un lugar especial para a creación artística africana, latinoamericana e do sur de Europa. Do 13 ao 15 de setembro, o pre-programa […] - [Volve a Pontevedra Núbebes, o festival para os máis cativos](https://erreguete.gal/2019/09/13/volve-pontevedra-nubebes-festival-os-mais-cativos/): O VII Festival das Núbebes de Pontevedra presentou o seu programa de actividades de artes escénicas dirixido especialmente a naipelos e familias, para cuxa celebración conta co apoio da Xunta de Galicia. O certame, único na Comunidade deste xénero dedicado por completo ás idades máis temperás, desenvolverase en dúas fins de semana consecutivas, os días 20, 21, 22, 28 e 29 de setembro, cunha carteleira que abrangue teatro, contos, música e obradoiros. O cartel do VII Festival das Núbebes comeza o venres 20 no Teatro Principal cunha sesión de teatro, monicreques e música que contará con Cora Velasco como artista convidada. […] - [A profesión teatral, sorprendida e indignada ante a falta de apoio ao FITO de Ourense](https://erreguete.gal/2019/09/12/profesion-teatral-sorprendida-indignada-ante-falta-de-apoio-ao-fito-de-ourense/): Profesionais das artes escénicas avisan da perda “irreparable” que supoñería a desaparición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, despois de que o Concello anunciase publicamente que non apoiaría economicamente unha das citas imprescindibles do calendario teatral galego. | Manuel Xestoso |   Entre a rabia e a incredulidade. A decisión do consistorio Ourensán –á cuxa fronte está o novo alcalde Gonzalo Pérez Jácome– de retirar todas as axudas ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) levanta unha onda de indignación no mundo da cultura, que ve con abraio como un festival que precisou de moi poucos anos para consolidarse […] - [A Academia Galega de Teatro rexeita tamén a retirada de apoio ao FITO do Concello de Ourense](https://erreguete.gal/2019/09/12/academia-galega-de-teatro-rexeita-tamen-retirada-de-apoio-ao-fito-concello-de-ourense/): A Academia Galega de Teatro, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) no que fai patente o seu “rexeitamento da decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival”. A Academial apunta no seu comunicado que “o FITO, tras once edicións, é un festival consolidado e sería lamentable para Galicia, para o teatro e para Ourense que, por mor de decisións pouco meditadas e menos axeitadas, o publico ourensán e o teatro galego perderan unha programación de primeira orde”. Deste xeito, a Academia Galega de Teatro […] - [Xa se coñece o programa do FIOT 2019](https://erreguete.gal/2019/09/11/11469/): O 28 Festival Internacional Outono de Teatro, que regresa ás nosas salas do 27 de setembro ao 1 de novembro de 2019, pon o foco no teatro social e sitúa o feminismo, as periferias e os colectivos que a sociedade mantén as marxes no centro da súa acción baixo o paraugas das #MIRADASFIOT   Este outono Carballo convértese, un ano máis, na capital galega das artes escénicas. O 28º Festival Internacional Outono de Teatro regresa as salas e rúas do municipio carballés entre o 27 de setembro e o 1 de novembro cun cartel extenso e diverso, que concentra 38 espectáculos […] - [Manquiña estrea 'Relatos negros', baseado en textos de Roald Dahl](https://erreguete.gal/2019/09/11/manquina-estrea-relatos-negros-baseado-textos-de-roald-dahl/): O vindeiro 20 de setembro, no Auditorio da SGAE de Santiago de Compostela, ás 21:00, Manuel Manquiña presenta o seu novo proxecto, Relatos negros, un espectáculo dirixido por Darío Autrán e baseado en textos de Roald Dahl.   Relato negros é unha comedia sobre unha das fascinacións máis antigas do home: o asasinato. Todo temos un hobby, algo co que encher o noso tempo: a uns gústalles ir pasar a tarde xogando ao golf, outros coleccionar selos e a outros, por exemplo, ir á piscina. Pero a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias sobre crimes. Un hobby como outro […] - [O programa para bebés regresa ao Auditorio de Ourense](https://erreguete.gal/2019/09/10/programa-bebes-regresa-ao-auditorio-de-ourense/): A programación de teatro para bebés volve esta semana ao Auditorio Municipal de Ourense, co inicio dunha nova edición do Programa Apego. Catro espectáculos para cativos e cativas de até 3 anos sucederanse para achegar a infancia ás artes escénicas, coma a música ou o teatro. Será unha cita cada mes, sempre con dobre sesión na sala Apego do Auditorio, ás 18.00 e 19.30, gratuíto para bebés e a un prezo de 3 euros para persoas adultas. O primeiro espectáculo será o día 13 de setembro, co Pequeno gran show infantil – As nosas músicas d’aquí de Nelson Quinteiro. Esta é […] - [Oasis Paraíso abre a tempada de outono do TRCDanza 2019](https://erreguete.gal/2019/09/10/oasis-paraiso-abre-tempada-de-outono-trcdanza-2019/): O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro, comeza a temporada de outono de TRC Danza, cun programa triplo a cargo de ArtesaCía., Marco Antonio Regueiro e Gena Baamonde.   Por segundo ano consecutivo, o proxecto TRCDanza abre a ventá Oasis Paraíso, cun programa triplo composto por distintos traballos que foron desenvoltos durante o programa de Residencias Paraiso 2018, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio do AGADIC. A velada comezará con Illas desertas da compañía ArtesaCía. Unha peza que explora a idea da perda do […] - ['A Barraca Camiño a Compostela' de Títeres Cachirulo chega a Compostela](https://erreguete.gal/2019/09/10/barraca-camino-compostela-de-titeres-cachirulo-chega-santiago/): Títeres Cachirulo chegará hoxe, martes 10, a Compostela, completando así o seu itinerario polo Camiño Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro a Santiago, A Barraca pasou tamén por Melide, Paradela, Portomarín, Triacastela, Palas de rei, Samos, Monterroso, O Pino, Sarria e Arzúa facendo as ledicias de maiores e pequenos co espectáculo Camiño de aventuras con máis de 30 personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago. Ao remate da función haberá un taller de construción de bonecos para un grupo máximo de 25 nenas e nenos, que se terán que inscribir no mesmo lugar da función antes do comezo da mesma. As representacións […] - [Obras gañadoras do III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT](https://erreguete.gal/2019/09/09/obras-ganadoras-iii-certame-de-micro-escenas-metro-cadrado-fiot/): A Asociación Cultural Telón e Aparte convocou o pasado mes de maio o III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado co obxectivo de seleccionar as obras que se representarán no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Entre o 20 de maio e o 30 de xuño de 2019, recibíronse un total de 33 obras para participar nesta edición de 2019. O Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado é un concurso para proxectos escénicos de pequeno formato concibidos para poñer en escena en espazos non teatrais. Ten por obxecto apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadoras/es emerxentes, así […] - [Kirenia Martínez, escollida para o I Laboratorio de Creación Coreográfica da Fundación SGAE](https://erreguete.gal/2019/09/09/kirenia-martinez-escollida-i-laboratorio-de-creacion-coreografica-da-fundacion-sgae/): Kirenia Martínez é unha das seleccionadas para participar no I Laboratorio de Creación Coreográfica 2019, convocado pola Fundación SGAE, co seu proxecto La bailarina española, no que contará coa colaboración da coreógrafa Elsa Rovayo (La Shica). Un xurado composto polos directores do Laboratorio –Teresa Nieto, Daniel Doña e os coreógrafos Rafaela Carrasco, Daniel Abreu e Andrea de Gregorio, coordinadora da Área de Artes Escénicas da Fundación SGAE como Secretaria sen voto– escolleu o proxecto de Kirenia Martínez de entre un total de 29 propostas. Ademais de Martínez, foron escollidas as propostas de Jesús Benzal e Javier Guerrero, no apartado de danza […] - [Toño Casais evoluciona favorablemente despois dun accidente en Muxía](https://erreguete.gal/2019/09/09/tono-casais-evoluciona-favorablemente-dun-accidente-muxia/): O seu compañeiro Artur Trillo di que puido falar con el na tarde do domingo e que o encontrou “ben, con humor”.   O actor e director Toño Casais segue ingresado na UCI do CHUAC da Coruña despois de que o pasado sábado tivese que ser evacuado de urxencia tras sufrir unha caída en Muxía, durante a montaxe da función de Talía Teatro, Vida de cans. Casais sofre dun traumatismo cranioencefálico con prognóstico grave. A súa evolución, porén, é favorable, e atópase consciente, estable e con mobilidade. Casais caeu dunha escaleira durante a montaxe da obra de Cándido Pazó e tivo […] - [Patricia de Lorenzo, Xograresa de Outono no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/09/07/patricia-de-lorenzo-xograresa-de-outono-no-fiot-de-carballo/): A Xograresa de Outono da edición 2019 do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo é Patricia de Lorenzo. O festival recoñece así a unha das grandes actrices galegas, que leva tres décadas dedicada á interpretación e traballando en diferentes eidos: teatro, música, dobraxe, cine e televisión. A distinción que recibirá Patricia de Lorenzo foi consensuada polos anteriores Xograres de Ourtono e pola Asociación Cultural Telón e Aparte. Patricia de Lorenzo forma parte do Grupo Chévere desde 1994, unha compañía que é toda unha referencia en Galicia. Ela é un piar fundamental do grupo, tanto enriba como detrás do escenario, […] - [O proxecto Camiño Escena Norte inicia a súa programación o día 22](https://erreguete.gal/2019/09/07/proxecto-camino-escena-norte-inicia-sua-programacion-dia-22/): As compañías A Panadaría e Baobab representarán a Galicia na carteleira artística do resto dos territorios participantes, mentres que Contraproducións estará en residencia nun dos escenarios vascos asociados.   O proxecto Camiño Escena Norte, programa de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco levará oito espectáculos destas comunidades a sete localidades galegas seguindo a Ruta Xacobea do Camiño do Norte, do 22 de setembro ao 13 de outubro. As asociacións profesionais de empresas de produción escénica das devanditas comunidades, entre as que se atopa Escena Galega, promoven conxuntamente esta iniciativa. A presidenta de Escena Galega, Belén Pichel, interveu na presentación, […] - [‘Curva España’ de Chévere, Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA do Carballiño](https://erreguete.gal/2019/09/07/curva-espana-de-chevere-premio-ao-mellor-espectaculo-no-fetega-carballino/): O Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño rematou coa entrega dos Premios Dorotea Bárcena, outorgados polo público e o xurado, composto este ano por Casilda Alfaro, Mariana Carballal, Xosé Leis, Rubén Riós e Manuel Xestoso, nunha gala presentada por Marián Bañobre. Chévere recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo –escollido polo público– por Curva España. Patricia Vázquez recibiu o premio á Mellor Actriz polo seu papel na obra A compañeira de piso, de Contraproducións, mentres que o Premio ao Mellor Actor foi para Machi Salgado, polo seu traballo en Idiota, de Redrum Teatro. Ademais, Catro segundos, da Compañía IO recibiu […] - [Escena Galega rexeita o abandono do Festival de Teatro de Ourense por parte do Concello](https://erreguete.gal/2019/09/06/escena-galega-rexeita-abandono-festival-de-teatro-de-ourense-parte-concello/): Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O posicionamento de Escena Galega súmase así á desaprobación tamén manifestada pola AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e por unha gran parte da profesión teatral, que se ten pronunciado nos últimos días en contra da polémica decisión do Concello de Ourense, que pon en perigo a continuidade do FITO. A […] - [Sarabela: "A continuidade do FITO non está garantida"](https://erreguete.gal/2019/09/06/sarabela-continuidade-fito-non-esta-garantida/): | Manuel Xestoso | | Foto: Ovidio Aldegunde |   Despois da decisión do Concello de Ourense de non apoiar economicamente ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), a compañía Sarabela Teatro compareceu onte ante a prensa para analizar a situación do Festival e para debullar datos que informan sobre o traballo realizado nos últimos anos e que desmenten a idea –insinuada polo Concello– de que a compañía se lucra co Festival. Os compoñentes de Sarabela cren que a decisión do Concello se corresponde coa falta dun plan estratéxico de cultura para a cidade, unha ausencia que propiciou a desaparición […] - [Josi Lage: "Precísase poñer en valor o feito de que o FETEGA sexa o único festival integramente dedicado ao teatro galego"](https://erreguete.gal/2019/09/06/josi-lage-precisase-poner-valor-feito-de-fetega-sexa-unico-festival-integramente-dedicado-ao-teatro-galego/): Josi Lage anunciou que despois desta edición deixaba a dirección do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA) para dedicarse de cheo á súa profesión de actriz. Nos moitos anos que leva á fronte deste encontro, o FETEGA medrou, mais a costa de pasar por moitas vicisitudes que ela tivo que enfrontar sen contar con axudas institucionais, só co apoio do seu equipo. A presente edición semella deixar atrás as ameazas que se cerniron sobre o encontro en anos anteriores, cando a continuidade estivo en perigo. Lage fai un balance do seu traballo nun festival que cumpre agora tres décadas. | […] - [Vigocultura presenta a súa programación para outubro e novembro](https://erreguete.gal/2019/09/06/vigocultura-presenta-sua-programacion-outubro-novembro/): A Concellería de Cultura do Concello de Vigo vén de presentar a programación de artes escénicas Vigocultura, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro de 2019 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Un total de 19 compañías e grupos realizarán 24 funcións de espectáculos de rúa, monicreques, teatro, danza, maxia e circo. O avance da programación comezará na rúa do Príncipe o venres 27 de setembro co espectáculo Espera, da compañía de novo circo Eia para continuar ao día seguinte con Sonámbulo, de Antón Coucheiro. A partir de aí, todos os venres de outubro e novembro haberá espectáculos […] - ['Bernarda' e 'A nena e o grilo máis aló', Premios do Público da Mostra de Cariño 2019](https://erreguete.gal/2019/09/05/bernarda-nena-grilo-mais-alo-premios-publico-da-mostra-de-carino-2019/): O público escolleu ás súas obras favoritas da XLI Mostra de Teatro Galego de Cariño. Bernarda (Vilalba, 1975) de Malasombra Producións foi a máis votada entre o público adulto en horario nocturno mentres que A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos foi a preferida polo público infantil en horario matinal. Os premios serán entregados ao comezo da Mostra do próximo ano, en 2020, durante a súa cadraxésimo segunda edición. Escrita e dirixida por José Prieto, Bernarda (Vilalba, 1975) é un espectáculo interpretado polas actrices Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja que narra a historia […] - [Os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2019/09/05/os-microefectos-dramaturxicos-regresan-ao-clube-clavicembalo-de-lugo/): Despois de tres meses desde a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan co microteatro ao Clube Clavicémbalo. Os pases terán lugar o xoves 5 e o venres 6 en horario de 20.30 e 22.30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas: FIV, Turismo ridículo, Youtuber e O suín do Bargueiras. O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi. O equipo artístico das propostas desta nova sesión dos Microefectos está formado por: FIV, de […] - [Nuria Espert abre o programa do Teatro Principal de Ourense](https://erreguete.gal/2019/09/05/nuria-espert-abre-programa-teatro-principal-de-ourense/): O Teatro Principal de Ourense anunciou onte a súa programación cuadrimestral, que inclúe, ata finais de decembro, variadas propostas de teatro e danza. A obra Romancero gitano, protagonizada por Núria Espert e dirixida por Lluis Pasqual, inaugurará o próximo 19 de setembro, ás 21:00, a programación. Tamén en setembro subirán ao escenario os actores da aula de Teatro Universitario de Ourense `Maricastaña` coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse (dia 25). En outubro será a quenda de La golondrina, unha obra de Guillem Clua e dirixida por Josep María Mestres; unha montaxe inspirada directamente no ataque terrorista do bar […] - [Titirideza 2019 homenaxea o teatro de barraca](https://erreguete.gal/2019/09/05/titirideza-2019-homenaxea-teatro-de-barraca/): O programa comeza o vindeiro venres 13 e leva a Lalín cinco compañías que representarán cinco espectáculos de barraca.   Os días 13, 14 e 15 de setembro, nas rúas e prazas de Lalín, o festival Titirideza convida a gozar de espectáculos diversos para público diverso. Un convite que se realiza a través do cartel deseñado por Julia Ferradás. Titirideza e Titerentroido son programacións vinculadas ao desaparecido Museo Galego da Marioneta o que, segundo os organizadores, obriga a unha reflexión sobre seu futuro. A edición 2019 enmárcase no “teatro de barraca e barraquiñas”, teatros ambulantes que atopaban e atopan acomodo en […] - [Voadora leva ao Centro Dramático Nacional 'Siglo mío, bestia mía'](https://erreguete.gal/2019/09/04/voadora-leva-ao-centro-dramatico-nacional-siglo-mio-bestia-mia/): A compañía Voadora presentará en coprodución co Centro Dramático Nacional o espectáculo Siglo mío, bestia mía do 22 de abril ao 31 de maio de 2020. Así se anunciou dentro da presentación da temporada 2019-2020 do CDN que inclúe 40 producións estatais e internacionais, xornadas e lecturas dramatizadas. Baixo a dirección de Marta Pazos, Voadora levará á Sala Francisco Nieva do Teatro Valle-Inclán este texto de Lola Blasco (Alicante, 1983) que en 2016 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática. O equipo do proxecto está formado por Marta Pazos (dirección e escenografía), Nuno Meira (iluminación), Carmen Triñanes (vestiario), José Díaz e […] - [O CDG retoma a actividade do Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/09/03/cdg-retoma-actividade-salon-teatro-de-compostela/): A sede do Centro Dramático Galego acollerá ata finais de ano unha decena de espectáculos, entre outras actividades.   O Centro Dramático Galego (CDG) abre a nova temporada de actividade no Salón Teatro de Santiago, que desde hoxe e ata o vindeiro domingo 8 acolle unha das residencias artísticas do programa Camiño Escena Norte de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco. No marco desta iniciativa, o Salón Teatro é a sede en Galicia de Habitación Peregrina PRO, apartado que promove unha serie de residencias de creación escénica para fomentar o intercambio entre as compañías das catro autonomías participantes. En […] - [Urdime (Galicia) e El Callejón del Gato (Asturias) inician o programa Camiño Escena Norte](https://erreguete.gal/2019/09/03/urdime-galicia-el-callejon-del-gato-asturias-inician-programa-camino-escena-norte/): Ambas as dúas compañías traballarán do 2 ao 8 de setembro nunha coprodución destinada á primeira infancia.   Onte luns, no Salón Teatro de Compostela, botou a andar o proxecto Camiño Escena Norte coa primeira das actividades que organiza: unha experiencia de residencias de creación escénica baseada no intercambio entre compañías das catro comunidades participantes. No caso do Salón Teatro, a sede en Galicia desta actividade, as compañías participantes son a galega Urdime e a asturiana El Callejón del Gato. A residencia de creación escénica ten lugar do luns 2 ao domingo 8 de setembro. Esta iniciativa de residencias artísticas, chamada […] - [Miguel de Lira, Premio de Honra do FETEGA do Carballiño](https://erreguete.gal/2019/09/02/miguel-de-lira-premio-de-honra-fetega-carballino/): O actor estará presente no festival do Carballiño este mércores 4, coa obra de Chévere, Curva España. | Foto: Rosinha Rojo |   A 30ª edición do Festival de Teatro Galego (Fetega), que se celebra dende hoxe día 2 ata o 6 de setembro no Carballiño, entregará o seu premio de honra ao actor e cofundador da compañía Chévere Miguel de Lira, pola súa achega “imprescindible” ao mundo das artes escénicas. Así o explicou este luns a directora do evento, Josi Lage, durante a rolda de prensa de inauguración do Festival. Na mesma, a actriz volveu a anunciar a súa retirada […] - [A AAAG critica a retirada de apoio ao FITO do Concello de Ourense](https://erreguete.gal/2019/09/02/aaag-critica-retirada-de-apoio-ao-fito-concello-de-ourense/): O Concello de Ourense anunciou o pasado xoves que non achegará fondos para financiar o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que viña organizando a compañía Sarabela Teatro, polos “elevados custos e escaso retorno económico”, segundo apuntou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. A continuidade do Festival, cunha notable historia na cidade, queda así no aire ata que a compañía valore se existe a posibilidade de darlle continuidade sen o apoio do Concello. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), vén de publicar un comunicado no que lamenta a decisión do Concello de Ourense de retirarlle o seu […] - [Comezou a XXXIV Semana de Teatro do Valadouro](https://erreguete.gal/2019/09/02/comezou-xxxiv-semana-de-teatro-valadouro/): Onte comezou a XXXIV edición da Semana de Teatro do Valadouro coa actuación do grupo Os pícaros da Lagoa, que representou Asilo por compasión. Seis días de actuacións (do 1 ó 6 de setembro) coa participación de grupos locais de recente creación e grupos da bisbarra xa ben consolidados. O ciclo continúará hoxe co grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, coa obra O achado do castro, de Manuel Núñez Singala. Mañá, martes día 3, será a quenda do grupo Axóuxeres de Vilaronte coa peza Un divorcio no pobo, de Tito Casado. O mércores 4 será o grupo O Bordelo, de Cervo, o que represente Toluras de […] - [Ubú, flor do mal, por Henrique Harguindey Banet](https://erreguete.gal/2019/09/02/ubu-flor-mal-henrique-harguindey-banet/): Cando o ceo sobre nós é unha lousa pechada que fai reptar no chan o espírito a laiar e o horizonte semella unha soga apertada que afoga un día negro máis triste que o pesar. Cando a terra se vira en prisión lamacenta onde a Esperanza foxe, cal morcego voador, e bate contra os muros e nos teitos rebenta crebando a súa testa en berros de agre dor. Cando a chuvia, espetando as inmensas razadas, imita eses barrotes da férrea prisión e a infame multitude de arañas tan caladas cobre os nosos cerebros e toma posesión. De súpeto resoan fortes sinos […] - [A IV edición do Festival herDanza leva a danza contemporánea a espazos singulares de Compostela](https://erreguete.gal/2019/08/31/iv-edicion-festival-herdanza-leva-danza-contemporanea-espazos-singulares/): O Festival herDanza de Compostela chega á súa cuarta edición do 2 ao 7 de setembro. O evento reforza nesta nova entrega os seus obxectivos de promoción e difusión da danza contemporánea, de fomentar o encontro entre profesionais do sector e de dar visibilidade aos creadores e creadoras de Galicia. E todo isto en espazos singulares da cidade, non habituais para os espectáculos de danza. A IV edición do Festival herDanza ofrecerá durante seis días diversas actividades en torno á danza: espectáculos de rúa, formación, visionados de danza e reflexións teóricas sobre a danza. Todas as actividades son de acceso libre, […] - [A Xunta abre o proceso de selección para a dirección do CDG](https://erreguete.gal/2019/08/31/xunta-abre-proceso-de-seleccion-direccion-cdg/): A Xunta acaba de poñer en marcha o procedemento público para a provisión do posto de Coordinación do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que inclúe a dirección artística do Centro Dramático Galego (CDG) e a xestión do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Coa publicación das bases desta convocatoria onte no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Consellería de Cultura e Turismo busca axilizar o proceso para a cobertura da vacante que deixará a actual directora do CDG, Fefa Noia, despois de que esta lle comunicara ao Consello Reitor da Agadic a súa marcha a […] - [Pontevedra recrea os anos 20 coa cuarta edición de 'Ponte Coqueta'](https://erreguete.gal/2019/08/24/pontevedra-recrea-os-anos-20-coa-cuarta-edicion-de-ponte-coqueta/): A cuarta edición de “Ponte Coqueta” en Pontevedra estará dedicada á muller e ao cabaret dos anos 20 aos 50. As actividades comezarán o vindeiro luns 26 de agosto e prolongaranse ata o domingo 1 de setembro. A concelleira de Festas, Carme da Silva, e o promotor desta iniciativa cultural, Marcelo Dobode, presentaron ‘Ponte Coqueta 2019’ nun acto no que animaron a todos os veciños a “sacar a revolución que levan dentro”. A programación arrinca o luns 26 de agosto no Casino Mercantil coa conferencia “A muller e o cabaré da Galiza”, que impartirá Iria Piñeiro e na que falará da […] - [Manuel Vieites, premio Mácara na XX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei](https://erreguete.gal/2019/08/22/manuel-vieites-premio-macara-na-xx-mostra-de-teatro-amador-de-palas-de-rei/): A nova edición da Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei comezará o 27 de agosto e rematará o 7 de setembro. Participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Nesta edición, entregaráselle o XIX Premio Mácara Manuel Vieites. | Foto: Aisge |   Todas as funcións serán ás 21:00 na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás as funcións que se presentarán en Santo Xusto o sábado, 31 de agosto, que será ás 17:30; a do venres, 6 de setembro, de CAXOTO (Felipe Díaz) que será ás 20:00 e que se escenificará na aldea de […] - [O FETEGA do Carballiño pasa a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada](https://erreguete.gal/2019/08/22/fetega-carballino-pasa-chamarse-festival-de-teatro-galego-celso-parada/): Inclúe unha ducia de citas con destacadas compañías galegas, ademais de monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena.   O Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño anunciou hoxe a súa programación, nunha edición que marca o trixésimo aniversario da súa existencia. A dirección do festival carballiñés rende homenaxe ao recentemente falecido Celso Parada rebautizándoo como Festival de Teatro Galego Celso Parada. Unha ducia de compañías de teatro e de novo circo danlle forma ao cartel deste ano, que se despregará en diferentes espazos da localidade do 2 ao 6 de setembro e inclúe, así […] - [Cidade Imaxinaria, catro horas de espectáculos e teatro circenses](https://erreguete.gal/2019/08/20/cidade-imaxinaria-catro-horas-de-espectaculos-teatro-circenses/): Este sábado, 24 de agosto, celébrase na Cidade da Cultura de Compostela unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, que convida as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transformará o complexo do Gaiás nun mundo de fantasía, grazas a espectáculos e teatros circenses con música, xogos e obradoiros para todas as idades, incluído un espazo para bebés. Visitar o incrible circo de bechos xigantes do Dr. Mezzo, converterse nunha marioneta de carne e óso controlada por dedos mecánicos, abraiarse con extraordinarios saltos, voos e viravoltas que quitan o alento ou compartir danza e […] - [Limiar Teatro estrea en Galicia 'Se fosen turistas levarían gafas de sol'](https://erreguete.gal/2019/12/09/limiar-teatro-estrea-galicia-fosen-turistas-levarian-gafas-de-sol/): Fran Núñez dirixe esta comedia que reflexiona sobre a emigración pasada e presente e que poderá verse do 11 ao 21 de decembro na sede do CDG en Santiago, tras a súa estrea en Montevideo o pasado mes de outubro.   Limiar Teatro estrea en Galicia este xoves 12 de decembro, no Salón Teatro de Comportela, Se fosen turistas, levarían gafas de sol. A reflexión arredor da emigración, pasada e presente, é o eixo temático desta proposta de Limiar Teatro e Crémilo, que conta tamén coa implicación do CDG e da Secretaría Xeral de Emigración, das entidades portuguesas Teatro Nacional D. Maria […] - [Tres máscaras de teatro de Basallo e Quessada, pezas do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense](https://erreguete.gal/2019/12/09/tres-mascaras-de-teatro-de-basallo-quessada-pezas-mes-museo-arqueoloxico-de-ourense/): A presentación destas pezas terá lugar o mércores 11 de decembro ás 20:00 na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense), cunha intervención a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.   Tres máscaras de Ignacio Basallo e de Xaime Quessada son as pezas escollidas polo Museo Arquelóxico de Ourense como “pezas do mes”. Unhas máscaras para unha montaxe de Valle Inclán que nunca chegarían a verse en escena. En 1975 José Manuel Blanco Gil -director e actor da Agrupación de Teatro Independente Histrión 70-, presentábase no estudio de Xaime Quessada na rúa Lamas Carvajal para facerlle o […] - [Convocados os premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde](https://erreguete.gal/2019/12/05/convocadas-as-bases-dos-premios-alvaro-cunqueiro-manuel-maria-barriga-verde/): ACTUALIZACIÓN | Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise anitaria ocasionada polo COVID-19, e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo do prazo reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. […] - [A lenda de Inés de Castro, no Teatro Nacional São João do Porto](https://erreguete.gal/2019/12/05/lenda-de-ines-de-castro-no-teatro-nacional-sao-joao-porto/): Hoxe chega ao Teatro Nacional São João do Porto, Reinar depois de morrer, de Luís Velez de Guevara, unha obra que trata a lendaria historia da nobre galega Inés de Castro, amante do futuro rei Pedro I de Portugal que foi executada polo pai deste, Afonso IV. A obra, unha coprodución da Companhia de Teatro de Almada e a Compañía Nacional de Teatro Clásico española, permanecerá en cartel ata o día 7. Hoxe e mañá ás 22:00 e o sábado ás 21:00.   A figura de Inés foi motivo de recreación e lenda ao longo da historia. A través de numerosos […] - [Convocadas as axudas a salas de artes escénicas de titularidade privada](https://erreguete.gal/2019/12/05/convocadas-as-axudas-salas-de-artes-escenicas-de-titularidade-privada/): A convocatoria reserva 150.000 euros para estes apoios, a mesma cantidade que o ano pasado.   O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas a salas de artes escénicas de titularidade privada para o ano 2020. A orde recolle un orzamento total de 150.000 euros –o mesmo que o ano pasado– a metade dos cales conforman unha liña de axuda a gastos de funcionamento da sala (alugamentos, gastos correntes e de servizos, seguros, gastos de xestoría…), e outro tanto destinado a financiar os gastos de investimentos vinculados á programación. As axudas, dun máximo de 60.000 euros por entidade beneficiaria […] - [Á venda as entradas para o Festival de Marionetas María José Jove](https://erreguete.gal/2019/12/05/venda-as-entradas-festival-de-marionetas-maria-jose-jove/): O XV Festival de Marionetas María José Jove reune na Coruña comeza o vindeiro 26 de decembro. Na súa edición número quince, o certame inclúe cinco espectáculos. Durante cinco días (do 26 ao 30 de decembro), as familias contarán cunha serie de espectáculos de gran diversidade técnica e temática, que se celebrarán na sede da Fundación María José Jove ás 17:00 e no Fórum Metropolitano ás 18:30. As entradas están á venda na billeteira da praza de Ourense de luns a venres de 9:30 a 13:00. e de 16:30 a 19:30; a través de www.ticketea.com e teleshopping no número 902 044 […] - ['D.E.P.', de Malasombra e 'Ummm!', de Avento, obras preferidas polo público de Vigocultura](https://erreguete.gal/2019/12/04/d-p-de-malasombra-ummm-de-avento-obras-preferidas-polo-publico-de-vigocultura/): O público de Vigocultura escolleu ás súas obras favoritas da Programación de 2019 no Auditorio Municipal de Vigo. D. E. P. Descanse en paz, de Malasombra Producións foi a máis votada entre o público adulto, mentres que Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Producións, foi a preferida polo público infantil.   D.E.P. Descanse en paz, é unha produción realizada a partir dun texto de Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, traducido e adaptado por Xoque Carbajal. Esta montaxe bota man do humor para contar unha historia de egoísmo, mentiras e enganos entre irmáns ante a repartición dunha […] - [Novas sesións de Microefectos Dramatúrxicos no Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2019/12/04/novas-sesions-de-microefectos-dramaturxicos-no-clavicembalo-de-lugo-2/): Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos, o proxecto de microteatro que xa leva seis anos representando pequenas pezas teatrais en Lugo, voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas. O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi. As pezas que se representarán son: É un longo camiño a Belesende […] - [Estréase 'O loro de Carlos V', unha ópera bufa para todos os públicos](https://erreguete.gal/2019/12/03/estrease-loro-de-carlos-v-unha-opera-bufa-todos-os-publicos/): Os vindeiros días 5 e 6 de decembro, o Teatro Colón da Coruña acollerá as representacións de estrea da primeira ópera buffa galega, O Loro de Carlos V, unha divertida proposta para mergullarse no mundo da ópera da man de Nani García e a Orquestra Sinfónica de Galicia apta para todos os públicos. O día 7, a obra representarase no Pazo da Cultura de Narón.   O Loro de Carlos V é unha ópera bufa para todos os públicos baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García.Unha coprodución de Favola in Mvsica co Teatro Colón da Coruña e o Centro Dramático Galego, conta coa participación de Miguelanxo Prado, o […] - [Jaiotz Osa e Xabier Mujika levan 'Suddenly III' ao TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/12/03/jaiotz-osa-xabier-mujika-levan-suddenly-iii-ao-trc-danza-da-coruna/): Jaiotz Osa e Xabier Mujika estarán o vindeiro 5 de decembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do ciclo TRC Danza, coa peza Suddenly III.   Suddenly III parte de todos os pequenos impulsos que nos paralizan por uns segundos. Estas ideas que cruzan a nosa mente en realidade e que nos fan ser conscientes de que podemos estar en perigo. É unha forma que o cerebro utiliza para lembrar que debemos ter coidado. Pero que pasará se decidido levarme por ese impulso? Que pasará se salto? Que pasará se disparo? Que pasará se o bico? A obra reflicte […] - [Marta Pazos estará mañá no ciclo PULSO de encontros con autores organizado pola SGAE](https://erreguete.gal/2019/12/02/marta-pazos-estara-mana-no-ciclo-pulso-de-encontros-autores-organizado-pola-sgae/): A Fundación SGAE convoca a segunda edición de PULSO, un ciclo de encontros que trata de achegar a realidade dos procesos creativos ao público. Autoras e autores ben significados nos distintos ámbitos da cultura falarán distendidamente da súa experiencia, do seu traballo e, en definitiva, da súa vida. A transversalidade será o fío condutor de PULSO nesta ocasión: cada un dos protagonistas dialogará con outro creador para reflectir a importancia das sinerxías e da contaminación interdisciplinar nos procesos creativos. Dentro deste ciclo, mañá, martes 3 de decembro, ás 21:00, a sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela Marta Pazos (dramaturga […] - [A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG](https://erreguete.gal/2019/12/02/xunta-edicions-positivas-recompilan-dez-pezas-grupo-de-traballo-dramaturxa-cdg/): A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública.   O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o director de Edicións Positivas, Francisco Macías; o propio Manuel Lourenzo e a meirande parte dos autores incluídos nesta recompilación participaron neste acto, inserido dentro da vintena de actividades que a Consellería de Cultura e […] - [O Conversatorio de Quico Cadaval, na Culturgal](https://erreguete.gal/2019/12/01/conversatorio-de-quico-cadaval-na-culturgal/): Quico Cadaval estará hoxe no Espazo Arte Contemporánea da Culturgal, a partir das 16:00, presentando a súa performance Conversatorio.   Conversatorio é unha work-in-progress de Quico Cadaval que se exhibiu pola primeira vez en xuño de 2008 na presentación do disco de Eclectica Ensemble no entorno do Centro Galego de Arte Contemporánea, exactamente a 5 metros do trinque da cafetaría do CGAC. Conversatorio é un acto teatral que pertence ao xénero da performance, unha experiencia de teatro biolóxico in vitro. Quico Cadaval, co apoio dunha vendedora de tempo, sométese a conversar con alguén que pague unhaa modesta tarifa. O tempo de […] - [Profesionais da danza esixen que se manteñan os orzamentos para o Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2019/11/30/profesionais-da-danza-esixen-mantenan-os-orzamentos-centro-coreografico-galego/): Un nutrido grupo de profesionais da danza pediu explicacións onte, nun comunicado, sobre os recortes reflectidos no proxecto de Orzamentos Xerais para o próximo exercicio que a Xunta de Galicia está a tramitar no Parlamento e sobre o anuncio dun novo Estatuta para Axencia Galega de Industrias Culturais anunciado polo conselleiro Román Rodríguez no Parlamento. | Foto: Manuel Lemos |   Un grupo de profesionais da danza agrupado na denominada Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego lanzou onte un comunicado público de denuncia perante as últimas novas sobre os recortes orzamentarios dun 66% para o CCG nos orzamentos da Xunta de […] - [Carmen Conde presenta 'Tabú' na Culturgal](https://erreguete.gal/2019/11/30/carmen-conde-presenta-tabu-na-culturgal/): Carmen Conde presenta hoxe, na Culturgal, o seu espectáculo Tabú, nunha xornada na que tamén se desvelará o programa da vindeira edición de Escenas do Cambio e na que se poderá ver o filme Eroski Paraíso, entre outras moitas actividades.   Hoxe ás 13:30, na carpa da Culturgal, Carmen Conde presentará Tabú, un espectáculo estreado en decembro de 2018 que nace das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Val Miñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto, sobre a súa vida erótica e sexual na mocidade. Trátase dun […] - [A compañía Animal Religion presenta 'Fang' no encontro de circo D10!](https://erreguete.gal/2019/11/29/compania-animal-religion-presenta-fang-no-encontro-de-circo-d10/): Poderá verse o vindeiro domingo día 1, ás 18,00 h., dentro da cuarta edición deste foro de formación e innovación no ámbito circense que organiza Pistacatro en colaboración co CDG.   O espectáculo Fang, da compañía circense Animal Religion, poderá verse este domingo día 1 no Salón Teatro de Santiago, que retomará así a súa actividade escénica tras un mes maioritariamente dedicado ás proxeccións do festival Cineuropa. A función, que terá lugar ás 18:00, insírese na programación da cuarta edición do Encontro de Formación e Innovación no circo D10!, que organiza Pistacatro en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG), entre outras […] - [As Xornadas Profesionais de Escena Galega abren hoxe a Culturgal](https://erreguete.gal/2019/11/29/as-xornadas-profesionais-de-escena-galega-abren-hoxe-culturgal/): As xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao.   Culturgal comeza, a partir das 10:00, coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este ano se desenvolve baixo o lema Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: distintos modelos de xestión. Os participantes e os relatores das xornadas partillarán coñecementos para a mellora nas posibilidades de xestión dentro do sector escénico profesional en tres modelos institucionais moi diferentes: teatro nacional, centro dramático e unidade de produción pública no ámbito local. Os participantes e […] - [Julio Fer e a Escola de Teatro Xerpo presenta na sala Ingrávida 'Viaxe cara ao desastre'](https://erreguete.gal/2019/11/29/julio-fer-escola-de-teatro-xerpo-presenta-na-sala-ingravida-viaxe-cara-ao-desastre/): A sala Ingrávida do Porriño acollerá esta fin de semana o resultado do obradoiro “Viaxe cara ao desastre” desenvolvido pola Escola de Teatro Xerpo co dramaturgo Julio Fer.   Viaxe cara ao desastre é un obradoiro de creación desenvolto en 16 sesións, ao longo de 3 meses, na Sala Ingrávida (Porriño). Como resultado deste obradoiro xorde o evento que se mostrará os días 29 e 30, ás 21:30, na propia sala. Nel, nove participantes enfróntanse aos seus propios desastres (grandes e pequenos) para configurar unha peza coral na que o público é convidado a mirar de maneira sinestésica e aberta ao […] - [A plataforma dixital Mundo Escénico preséntase mañá na Culturgal](https://erreguete.gal/2019/11/28/plataforma-dixital-mundo-escenico-presentase-hoxe-culturgal/): Mañá, ás 20:30, no Espazo Foro do Pazo da Cultura da Culturgal, preséntase o proxecto Mundo Escénico, unha plataforma dixital aberta que nace co obxectivo de “modernizar, democratizar e impulsar o mundo das artes escénicas en Galicia”. Esta plataforma dá soporte a unha comunidade que conta con ferramentas e servizos de valor engadido no ámbito do teatro, a música, a danza e o folclore para, segundo os organizadores: difundir información de grupos, compañías e bandas e dos seus espectáculos; conectar os diferentes axentes das artes escénicas para facilitar a procura de sinerxias; ofertar servizos profesionais e formacións específicas das artes escénicas; […] - [Monicreques de Kukas (1979-2019), 40 anos de tiruleques](https://erreguete.gal/2019/11/28/monicreques-de-kukas-1979-2019-40-anos-de-tiruleques/): A compañía Os Monicreques de Kukas vén de recibir o Premio da Cultura Galega, na categoría de Artes Escénicas. Con este motivo, recuperamos este artigo publicado no número 97 da edición en papel da erregueté para conmemorar o 40º aniversario da compañía.   | José M. Breijo Vidal | | Foto: A doncela guerreira, 2007, cedida pola compañía |   Marcelino de Santiago «Kukas» e Isabel Rey son os fundadores da compañía Monicreques, que no ano 1979 crearon en Compostela e que despois pasaría a chamarse Monicreques de Kukas no ano 1991. Conta Isabel Rey que «xa que todo o mundo a chamaba así […] - [Premio da Cultura de Galicia para Os Monicreques de Kukas](https://erreguete.gal/2019/11/27/premio-da-cultura-de-galicia-os-monicrques-de-kukas/): A compañía Os Monicreques de Kukas, dirixida por Marcelino de Santiago e Isabel Rey, foi galardoada co Premio da Cultura de Galicia na modalidade de Artes Escénicas cando cumpre corenta anos de existencia.   Os Monicreques de Kukas veñen de recibir o Premio da Cultura de Galicia no apartado de Artes Escénicas. Outros premiados noutras categorías son Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Amancio Prada, a serie de televisión O sabor das margaridas, Pilar Ponte Patiño, a restauración do Pórtico da Gloria e o programa Galego en Londres, nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección […] - [Dez citas coas artes escénicas en Culturgal](https://erreguete.gal/2019/11/27/dez-citas-coas-artes-escenicas-culturgal/): Este venres comeza Culturgal, tres días nos que as industrias culturais sacan músculo e amosan o tecido creativo do país. Reunimos aquí algunhas das citas na feira que marcarán a actualidade das artes escénicas do vindeiro ano. O programa completo pode consultarse aquí.   Venres 1. Culturgal comeza coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este anos se desenvolve baixo o lema Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: distintos modelos de xestión. Até as 15:00. Entrada libre, sen inscrición previa. Os participantes e os relatores das xornadas partillarán coñecementos para a mellora nas posibilidades de xestión dentro do sector […] - [Comeza a IV edición de Fugas e Interferencias, Congreso Internacional sobre Performance](https://erreguete.gal/2019/11/27/comeza-iv-edicion-de-fugas-interferencias-congreso-internacional-performance/): Analizar e reflexionar sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica. Con este obxectivo preséntase a IV Internacional Performance Art Conference. Fugas e Interferencias 2019. A cita celebrarase os días 28, 29 e 30 de novembro de 2018 nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela.   O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica. O […] - [Nùria Guiu presenta 'Likes' no TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/11/26/nuria-guiu-presenta-likes-no-trc-danza-da-coruna/): O vindeiro 30 de novembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e dentro da programación do programa TRC Danza, Nùria Guiu presentará a súa creación Likes.   O concepto de partida da coreógrafa catalana Nùria Guiu en Likes xira arredor dos “gústame” (likes). Os likes son unha ferramenta utilizada por todos pero especialmente por novas xeracións a través das redes socias. Hai motivos diversos polos que conseguir likes a través da rede. Para algúns, os likes, son unha forma liberadora de expresar o noso gusto, soporte ou empatía en relación a un certo contido na internet. Pero doutra […] - [Sólodos en Danza Ourense entregou os premios da súa edición 2019](https://erreguete.gal/2019/11/25/solodos-danza-ourense-entregou-os-premios-da-sua-edicion-2019/): O Festival Sólodos en Danza / Ourense 2019 entregou os premios do seu Certame de Creación de Dúos e Solos celebrado no Auditorio Municipal de Ourense durante os pasados días 21, 22 e 23 de novembro. O palmarés quedou deste xeito: Premio Sólodos en Danza Ourense 2019 con xira por Costa Rica: Ese pájaro no puede estar en esta plaza, de Violeta Iriberri [na foto]. Premio Xove: Efecto Siam, do Colectivo Sin Par, Lara Misó e Wilma Puentes. Premio do Público: Efecto Siam, do Colectivo Sin Par, Lara Misó e Wilma Puentes. Premio Finalista no Certamen Intenacional de Coreografía Burgos – […] - [Josi Lage leva 'Barbarie en branco e negro' a Nova York](https://erreguete.gal/2019/11/24/josi-lage-leva-barbarie-branco-negro-nova-york/): Barbarie en branco e negro, unha obra de Esther Carrodeguas interpretada por Josi Lage, estará en Nova York o próximo mércores 27 de novembro, en This is poesía, un evento mensual organizado polo poeta vigués Marcos de la Fuente no espazo do Gran Salón de La Nacional, edificio supervivente do que un día foi Little Spain. Trátase dunha peza interactiva de 20 minutos estreada na Universitat de Barcelona, e representada logo no Centro Dramático Galego, na sala Ingrávida do Porriño e no Teatro Aforo de Vigo. Barbarie en branco e negro, “pon ao público contra as cordas e obríganos a enfrontar […] - [A Academia Galega de Teatro esíxelle explicacións á Xunta sobre os posibles recortes ao CDG e CCG](https://erreguete.gal/2019/11/23/academia-galega-de-teatro-esixelle-explicacions-xunta-os-posibles-recortes-ao-cdg-ccg/): A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado no que critica a “opacidade” e “falta de comunicación” da Consellería de Cultura, a raíz das informacións aparecidas nos últimos días sobre un posible recorte no orzamento das unidades de produción da Axencia Galega de Industrias Culturais e sobre un cambio de estatuto desta. O pasado mércores, unha pregunta parlamentaria da deputada do BNG Olalla Rodil ao conselleiro de Cultura, desvelaba que o Proxecto de Orzamentos para 2020 que se debe debater no Parlamento reducía os fondos do CDG de 600.000 euros a 350.000 e os do CCG, de 150.000 a 50.000. O […] - [Preestrea de 'Eroski Paraíso', o filme, en Cineuropa](https://erreguete.gal/2019/11/23/preestrea-de-eroski-paraiso-filme-cineuropa/): Este domingo 24 de novembro, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso, a exitosa obra de Chévere, poderá verse en Cineuropa. A cita será ás 19:00 no Auditorio de Galicia.   Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas O’Paraíso de Muros en 1990, xusto antes de que pechara. Eroski Paraíso estreouse na antiga […] - [A expresión dramática no ensino, a debate](https://erreguete.gal/2019/11/22/expresion-dramatica-no-ensino-debate/): Esta tarde comezan en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino que este ano dedican unha parte dos debates á expresión dramática como ferramenta pedagóxica. As Xornadas pretenden inspirar unha reflexión crítica sobre a necesidade de procurar un enfoque multimodal co que abordar o ensino da literatura galega. Con este obxectivo, unha das sesións de traballo centrarase en explorar as diversas posibilidades de uso no entorno docente de recursos relacionados coas novas tecnoloxías. Mais a multimodalidade camiña tamén por vieiros rozados, polo que se prestará atención a novas alternativas que ofrecen ferramentas pedagóxicas clásicas, como […] - [Finisterrae: O último ultramarinos](https://erreguete.gal/2019/11/22/finisterrae-ultimo-ultramarinos/): Agarrarse ao pasado | Xoán Carlos Riobó |   Antes de aparecer as grandes superficies, nas vilas galegas había unhas pequenas tendas familiares de alimentación que abastecían ás nosas nais, avoas e bisavoas con produtos traídos de ultramar e outros básicos, necesarios para o día a día dunha familia. Alí fiábase. Moitos clientes tiñan caderniños nos que o vendedor anotaba as compras diarias que se pagaban a fin de mes. As persoas coñecíanse e chamábanse polo nome. A tenda era unha pequena ágora pola que pululaban os clientes para falar das cousas cotiás que acontecían na vila. O despoboamento dos pequenos […] - [Agadic desmente agora que vaia haber recortes no CDG e no CCG](https://erreguete.gal/2019/11/22/agadic-desmente-agora-vaia-haber-recortes-no-cdg-no-ccg/): Agadic desmente a través dun comunicado que vaia haber recortes nos orzamentos do Centro Dramático Galego e do Centro Coreográfico Galego despois de que o conselleiro Román Rodríguez gardara silencio ante a denuncia da deputada do BNG, Olalla Rodil, de que se reducirían as partidas asignadas aos dous centros de produción. | Manuel Xestoso |   A Axencia Galega de Industrias Culturais desmente agora que vaia haber recortes nos orzamentos do Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego. O pasado mércores, unha pregunta da deputada do BNG Olalla Rodil ao conselleiro de Cultura, desvelaba que o Proxecto de Orzamentos para […] - [A AAAG esixe que se manteñan os orzamentos do CDG e do CCG](https://erreguete.gal/2019/11/21/aaag-esixe-mantenan-os-orzamentos-cdg-ccg/): A AAAG amosa, ademais a súa perplexidade, polo anuncio no Parlamento dun novo estatuto para a Agadic que, malia as aseveracións do conselleiro Rodríguez no pleno, se elaborou de costas ado sector e obviando o tecido asociativo profesional.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica, vén de enviar un comunicado no que manifesta, por unha banda, a súa perplexidade polo anuncio do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, dun novo estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) que, malia as súas aseveracións no […] - [Presentación do libro 'As comedias de Tiruleque' no Carballiño](https://erreguete.gal/2019/11/21/presentacion-libro-as-comedias-de-tiruleque-no-carballino/): Hoxe, xoves 21 de novembro, preséntase no Carballiño o libro As comedias de Tiruleque, que contén catro obras de teatro que no seu momento escribiu Pepe Prada para a compañía Tiruleque: Silicon Valley, Club PK2 (Comedia de Crimes e Sexo), Paga e cala (Pay and shut up) e O5 Co2no5 con cou54 d€ 3. A presentación terá lugar ás 20:30 horas no Aparthotel Arenteiro, coa lectura dramatizada do fragmento dunha das obras, a cargo de Tiruleque, Grupo de Teatro. Na edición, ademais dos textos teatrais, cada unha das comedias vai precedida dunha pequena historia, curiosidades e anécdotas que se foron tecendo ó […] - [A Xunta recorta o orzamento do CDG e o CCG nun 40% e nun 66 % respectivamente](https://erreguete.gal/2019/11/21/xunta-recorta-orzamento-cdg-ccg-nun-40-nun-66-respectivamente/): Unha pregunta da deputada do BNG, Olalla Rodil, desvela os recortes e o conselleiro contraataca anunciando un novo Estatuto da Axencia Galega de Industrias Culturais redactado ás costas das asociacións profesionais. | Manuel Xestoso |   A Xunta rebaixará os orzamentos do Centro Dramático Galego e do Centro Coreográfico Galego nun 40 e nun 66 por cento respectivamente. Así o desvelou onte a deputada do BNG Olalla Rodil, no transcurso dunha sesión parlamentar na que lle preguntou ao conselleiro de Cultura que futuro lles agarda ao CDG, ao CCG e ao Centro Galego das Artes da Imaxe tras permanecer longo tempo […] - [IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG na Coruña](https://erreguete.gal/2019/11/20/iv-xornada-da-seccion-de-literatura-dramatica-da-aelg-na-coruna/): O vindeiro 23 de novembro, terá lugar no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47) a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, unha actividade organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.   Este ano, a xornada prevé celebrar dúas mesas redondas: unha sobre “A literatura dramática nas aulas” , na que intervirán María Vilariño e Manuel F. Vieites e que contará coa moderación de Olívia Pena, e outra […] - [Illas Desertas](https://erreguete.gal/2019/11/19/illas-desertas/): A conquista do inútil   Nas primeiras páxinas do diario de rodaxe do filme Fitzcarraldo (1982) –publicado en castelán por Blackie Books–, o director alemán Werner Herzog plasma a febril idea que o levaría xunto ao seu equipo ao límite do artístico e do humano durante os catro anos que durou a tormentosa produción na Amazonas: “coa furia demente dun can que trabou os dentes na perna dun cervo xa morto e empurra do animal caído até o extremo de que o cazador abandona todo intento por calmalo, apoderouse de min unha visión: a imaxe dun enorme barco de vapor nunha montaña”. […] - [Tiago Rodrigues dirixirá a Royal Shakespeare Company](https://erreguete.gal/2019/11/19/tiago-rodrigues-dirixira-royal-shakespeare-company/): O director, actor e dramaturgo portugués Tiago Rodrigues, actual director artístico do Teatro Nacional D. Maria II, levará duas obras de José Saramago ao Reino Unido. Convidado pola Royal Shakespeare Company, Rodrigues optou por adaptar as novelas Ensaio sobre a cegueira e Ensaio sobre a lucidez. Titulada Blindness and Seeing, a obra mostrarase no Swan Theatre de Stratford-upon-Avon do 1 de agosto ao 26 de setembro de 2020. O elenco do espectáculo está formado por actores e convidados da compañía inglesa. A creación de Tiago Rodrigues forma parte da iniciativa Projekt Europa da Royal Shakespeare Company, que reúne unha “selección única […] - [A Xunta inclúe o Festival ‘Escenas do cambio’ na programación Xacobeo’21](https://erreguete.gal/2019/11/18/xunta-inclue-festival-escenas-cambio-na-programacion-xacobeo21/): A sexta edición estreará seis pezas, tanto de compañía internacionais como galegas, que contan con este certame como escaparate das súas creacións.   A Xunta de Galicia programará na sexta edición do Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, a estrea de seis pezas tanto de artistas internacionais como de compañías galegas. Ademais, este 2020 terá como novidade a súa incorporación á programación Xacobeo’21. Deste xeito, o festival internacional do Gaiás contará entre as súas 10 pezas -que programará entre o 31 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2020- […] - [Danse a coñecer os gañadores do programa Xuventude Crea na modalidade de Teatro](https://erreguete.gal/2019/11/18/danse-conecer-os-ganadores-programa-xuventude-crea-2019-na-modalidade-de-teatro/): A Consellería de Política Social deu a coñecer os gañadores do programa Xuventude Crea 2019 na modalidade de Teatro, que esta semana foron representadas no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O primeiro premio foi para a compañía Gacela Teatro, de Pontevedra, pola súa obra Palabras encadeadas. En segundo lugar quedaron as representacións de Farándula Velutina, de Corcubión, pola súa obra Papiroflexia, e Solo teatro, de Ourense, por Da cor do leite. Por último, o terceiro posto será compartido entre La Barata, de Santiago, coa creación Solo de triángulo en Re, 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto) […] - [Escena Galega organiza as Xornadas Profesionais sobre Artes Escénicas no Culturgal](https://erreguete.gal/2019/11/18/escena-galega-organiza-as-xornadas-profesionais-artes-escenicas-no-culturgal/): Este ano, as xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao, entre outros.   Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, organiza no marco do Culturgal as xornadas profesionais que levan por título Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: distintos modelos de xestión, que chegarán ao Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 29 de novembro. Os participantes e os relatores das xornadas partillarán coñecementos para a mellora nas posibilidades de xestión dentro do sector escénico […] - [Comeza a 4ª edición de SóLODOS en Danza / Ourense](https://erreguete.gal/2019/11/18/comeza-4a-edicion-de-solodos-danza-ourense/): A 4ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 21, 22 e 23 de novembro. O 24 de novembro o festival estende o programa de formación á Coruña. As actividades terán lugar no Laboratorio Escénico Coop. Esta edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Valencia, Santander, Zaragoza, Granada, Costa Rica, Ucrania, Chile, Ecuador e Argentina entre outros. Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveles Iberoamericanos. O 21 e 22 de Novembro pola mañá, máis de […] - [O Bojador](https://erreguete.gal/2019/11/16/o-bojador/): A emoción do descubrimento | Manuel Xestoso |   Descubrir o teatro é descubrir o universo, e explorar as posibilidades do escenario axuda a divisar novos horizontes máis aló do patio de butacas. O espectáculo do Teatro do Noroeste – CDV imaxina a obra de Sophia de Mello como un diálogo entre a autora e o seu fillo, un xogo íntimo que desprega o mundo a partir duns anacos de papel, dun tendal, dunha cadeira a medio facer. Ana Perfeito converte O Bojador nunha coreografía de palabras e accións elementais que explica como se constrúe unha obra de teatro ao tempo […] - [A amnesia de Clío](https://erreguete.gal/2019/11/15/amnesia-de-clio/): A persistencia da mirada | Manuel Xestoso |   Quizais a clave resida en desvelar a mentira da mirada, o engano de pensar que o que vemos se corresponde exactamente coa realidade. Na trama de A amnesia de Clío hai unha alegoría oculta sobre o destino da obra de arte, sobre o Poder e a súa representación. A clave de bóveda está na anécdota real da dedicación á pintura de George W. Bush, cuxos Retratos da coraxe –retratos de veteranos da guerra de Iraq realizados polo ex presidente– se converteron nun inesperado éxito mediático nos EEUU. Velaí un “pintor” que retrata […] - [Talía anuncia a estrea de 'Lambetadas'](https://erreguete.gal/2019/11/15/talia-anuncia-estrea-de-lambetadas/): A compañía Talía Teatro anuncia para o vindeiro 29 de novembro a estrea dun novo espectáculo para público familiar, Lambetadas, con textos de Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa.   A estrea de Lambetadas está programada para o venres 29 de novembro, no Auditorio Municipal de Rianxo. A dirección estará a cargo de Santiago Cortegoso e o elenco formarano María Alonso e Diego Rey. O domingo día 1 de decembro, o espectáculo presentarase no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do programa do Culturgal. Lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a […] - ['Elisa e Marcela' de A Panadaría, Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura](https://erreguete.gal/2019/11/14/elisa-marcela-de-panadaria-premio-las-horas-festival-de-cine-lgbt-de-extremadura/): Elisa e Marcela, a montaxe da compañía A Panadaría, vén de recibir o Premio Las Horas do Festival Internacional de Cine LGBT de Extremadura. A gala de entrega dos premios será este sábado 16 ás 22:00 no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badajoz. Gena Baamonde, directora do espectáculo, recollerá o premio. Elisa e Marcela é unha comedia musical que aborda a historia da voda entre dúas mestras que tivo lugar na Coruña en 1901, o primeiro casamento homosexual do que se ten constancia no Estado español. Coproducido xunto ao Centro Dramático Galego e os concellos da Coruña, Vimianzo e Rianxo, este espectáculo […] - [O público do FIOT escolle 'Jauría', de Kamikaze Producciones, como mellor obra](https://erreguete.gal/2019/11/14/publico-fiot-escolle-jauria-de-kamikaze-producciones-mellor-obra/): O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo cifra en 16.273 o número de participantes entre as diferentes liñas de programación ao longo das cinco semanas de duración da cita escénica. | Foto: Vanessa Rábade |   O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo pecha a súa edición con maior número de participantes da súa historia. O FIOT, que desenvolveu a meirande parte da súa actividade entre o 27 de setembro e o 1 de novembro, acadou a cifra de 16.273 participantes, un dato que consolida á cita como o maior festival de teatro de Galicia. Nesta edición, na que […] - [Marcel·lí Antúnez, Roger Bernat e Óscar Cornago no Congreso Internacional "Performa"](https://erreguete.gal/2019/11/14/marcel%c2%b7li-antunez-roger-bernat-oscar-cornago-no-congreso-internacional-performa/): Do 27 ao 29 de novembro terá lugar o IV Congreso Internacional Performa, no Colexio Maior Fonseca e no salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.   As xornadas contarán coa presenza de José Sanchis Sinisterra para a conferencia invitada, e de Marcel·lí Antúnez, Óscar Cornago e Juan Navarro ou Roger Bernat para conferencias performativas, ademais de corenta relatores e relatoras do ámbito dos estudos teatrais e performativos ou da escena profesional. O Congreso pretende focalizar a mirada nos espazos, reais ou virtuais, relacionados con aquelas propostas teatrais/performativas que se afastaron dos escenarios tradicionais. Neste […] - [Titoyaya Danza presenta 'Carmen.Maquia' no TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/11/13/titoyaya-danza-presenta-carmen-maquia-no-trc-danza-da-coruna/): Este venres 15 de novembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e dentro da programación do programa TRC Danza, Titoyaya Danza presentará a súa creación Carmen.Maquia.   Carmen.Maquia é unha versión contemporánea do clásico de Merimée que mantén íntegro o seu argumento. Esta obra para 13 intérpretes foi cualificada por Chicago Sun como obra mestra e é unha peza de referencia que outras compañías, como Ballet Hispánico (Nova York) ou Ballet Met (Columbus), inclúen no seu repertorio. Para crear Carmen.Maquia reúnense tres creadores: Gustavo Ramírez na dirección e creación coreográfica, o deseñador de roupa David Delfín, nun dos […] - [XI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos](https://erreguete.gal/2019/11/12/xi-encontro-de-teatro-afeccionado-de-betanzos/): Arranca a undécima edición do Encontro organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. O prazo de admisión de propostas remata o 30 de novembro. BASES 1. O Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos nace coa vocación de promover e organizar actividades relacionadas co teatro, de contribuír á mellora da oferta cultural aos veciños de Betanzos e a súa comarca e de potenciar a divulgación das compañías teatrais afeccionadas galegas. 2. Ademais, como o seu propio nome indica, con este encontro anual o Concello de Betanzos e a Agrupación Teatral Mariñán pretenden crear un “lugar de encontro” de distintas compañías e […] - [O revival da traxedia, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2019/11/12/revival-da-traxedia-esther-carrodeguas/): Veño de ver unha traxedia en toda regra. Unha traxedia pero clásica. Un auténtico revival. Ademais en main-stream. Tan masivo foi o espectáculo que non hai teatro grego que chegue a tanto. Pasen e vexan se non. Os actores, todos homes, como en Grecia. Un espectáculo verbal, bastante oral, con pouca escenografía e cousas desas, unha cousa máis de bla-bla-bla. Pero aínda así, un espectáculo da hostia. Da hostia en verso -para dicila clara- e para recalcar que o espectáculo foi clásico pero clásico. Tan clásico que non faltou nin o coro, o coro de coreutas, o coro en masa en […] - [Titiriberia abre hoxe a súa Barraca na Feira de Francos co espectáculo 'As varietés do Barriga Verde'](https://erreguete.gal/2019/11/10/titiriberia-abre-hoxe-sua-barraca-na-feira-de-francos-co-espectaculo-as-varietes-barriga-verde/): O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, continúa hoxe coa súa programación para esta cuarta edición. Na véspera do San Martiño, o festival abrirá a actividade da súa xa habitual Barraca na Feira de Francos. Así, ás 21:30, dará comezo As varietés do Barriga Verde, un espectáculo conducido pola actriz Iria Pinheiro e co acompañamento musical do grupo Áureas. Ao longo da velada, Pinheiro encarnará ao seu personaxe Concha Cocos, unha famosa diva vida a menos, que actuará de anfitrioa e recibirá a […] - [Carballo acolle a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís](https://erreguete.gal/2019/11/10/carballo-acolle-final-concurso-de-teatro-lido-xose-manuel-eiris/): Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O auditorio do Pazo da Cultura acollerá hoxe domingo a final da XIX edición deste certame, que este ano supera os 360 participantes. O acto, organizado polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Carballo acolle a final do Telón e Aparte dentro da programación do FIOT, comezará ás 18:00. Unha vez realizadas todas as gravacións, e previa convocatoria da A.C .Telón e Aparte a efectos de de seleccionar os finalistas […] - [Rut Balbís recibe o Premio da Crítica Galicia de Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2019/11/09/rut-balbis-recibe-premio-da-critica-galicia-de-artes-escenicas/): A coreógrafa e bailarina Rut Balbís, fundadora da compañía Pisando Ovos, vén de recibir o Premio da Crítica de Galicia de Artes Escénicas, entregados hoxe en Vigo. | Foto: Iván Casal |   Hoxe entregáronse os XLII Premios da Crítica Galicia en Vigo e, no apartado de Artes Escénicas, a gañadora deste ano foi Rut Balbís, bailarina, coreógrafa, fundadora dunha das compañía cunha traxectoria máis sólida de Galicia, e incansable activista cultural que promoveu innumerabes proxectos en favor da presenza e dignificación da danza contemporánea no noso país. Rut Balbís vén desenvolvendo a súa traxectoria profesional á fronte da súa propia […] - [Presentación de 'A sombra das árbores', de Ana Abad de Larriva](https://erreguete.gal/2019/11/08/presentacion-de-sombra-das-arbores-de-ana-abad-de-larriva/): O vindeiro mércores 13 de novembro, ás 19:00, no Centro Cultural do Concello de Porriño, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, a obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro. O xurado do Certame destacou que A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntanse como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar […] - [XXIII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña](https://erreguete.gal/2019/11/08/xxiii-memorial-iban-toxeiro-na-coruna/): O Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebrará o vindeiro mércores 20 de novembro, ás 20:30, a vixésimo terceira edición do Memorial Ibán Toxeiro, da man da agrupación Alexandre Bóveda. O memorial rende homenaxe á figura de Ibán Toxeiro, actor afeccionado desaparecido e ao que se lle dedica esta iniciativa dende hai vinte e tres anos. O Ibán Toxeiro quere ser un agarimo da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao servizo da escena do país, con varias propostas novas e anovadoras para amosar o teatro actual, nesta edición con especial atención ao teatro de títeres, ao de máscaras e ao circo. Participarán: […] - [A Coruña acolle o II Festival de Teatro Valacar, co colectivo invidente como protagonista](https://erreguete.gal/2019/11/07/coruna-acolle-ii-festival-de-teatro-valacar-co-colectivo-invidente-protagonista/): A Coruña volve a ser o escenario do Festival de Teatro Valacar (FTV), na súa segunda edición, desde hoxe, xoves 7 de novembro e ao longo de todo o mes. Unha proposta cultural cuxos protagonistas son os actores e actrices cegos oo con grave discapacidade visual que compoñen o grupo teatral Valacar. O FTV neceu o pasado ano co obxectivo de se converter nunha proposta cultural con ‘visión propia’ e, ao tempo, nunha nova alternativa cultural e teatral para a cidade (con vocación de periodicidade anual) e nunha ferramenta de convivencia e visibilidade do colectivo cego e con discapacidade visual coa […] - [XIV Mostra de Teatro Afeccionado de Ames](https://erreguete.gal/2019/11/06/xiv-mostra-de-teatro-afeccionado-de-ames/): A Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, organizada pola Concellería de Cultura de Ames xunto coa Deputación da Coruña, volve un ano máis coa representación de distintas pezas teatrais os días 8, 15 e 30 de novembro, cunha última sesión o 15 de decembro. Serán representadas nos diferentes auditorios do Concello, con entrada gratuíta ata completar aforo. A mostra dará comezo o venres 8 de novembro, ás 21:00, na Casa da Cultura de Bertamiráns, coa obra teatral Urxencias, representada polo Club de Maiores de Boqueixón. Trátase dunha obra que recrea diferentes situacións que se viven nunha sala de urxencias dun hospital […] - [Descentralización e recuperación dos monicreques tradicionais no Festival Titiriberia](https://erreguete.gal/2019/11/06/descentralizacion-recuperacion-dos-monicreques-tradicionais-no-festival-titiriberia/): ‘Titiriberia. Olladas sobre o cristovos’ estenderá entre o 9 e o 15 de novembro unha programación que inclúe funcións escolares, animación do campo da festa na Feira de Francos, mesas redondas, mostras e cursos de formación para profesionais.   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa cuarta edición entre o 9 e o 15 de novembro cunha programación que inclúe 12 funcións, unha mesa redonda, dúas exposicións, cursos de formación e unha serie de actuacións para os centros de ensino […] - [Carlos Labraña no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas](https://erreguete.gal/2019/11/05/carlos-labrana-no-ciclo-sgae-de-lecturas-dramatizadas/): O vindeiro xoves 14 de novembro, ás 20:30, na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada de Estrelecer, de Carlos Labraña, interpretada por María Barcala, Sonsoles Cordón, Dunia Díaz, Mónica García, Paula Sanmartín, Iria Sobrado e Arantza Villar. Labraña, un dos nosos dramaturgos máis premiados, entrega en Estrelecer unha historia negra onde nada é o que parece: en realidade, todo é moito peor do que parece. Unha historia de medo, en que cada sombra agocha unha pregunta. Un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella que nela non habita ninguén. Pero hai unha estraña […] - [Patricia de Lorenzo recibiu o título de Xograresa de Outono no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/11/04/patricia-de-lorenzo-recibiu-titulo-de-xograresa-de-outono-no-fiot-de-carballo/): Como estaba previsto, Patricia de Lorenzo, da compañía Chévere, recibiu o título de Xograresa de Outono do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) o pasado venres 1, na xornada de clausura do festival. O dramaturgo Manuel Lourenzo –Xograr de Outono 2018– foi o encargado de entregarlle o premio nunha cerimonia na que estaban presentes numerosos galardoados en edicións anteriores. “Moi nova aínda, apareceu Chévere e aceptaches a súa alianza. Grazas a iso, moras agora nunha casa con xanelas abertas a todos os ventos, a todas as paisaxes. Grazas a iso podes presumir de que aquilo que parecía un soño adolescente sexa […] - [O electo](https://erreguete.gal/2019/11/01/o-electo/): A causa e a consecuencia | Manuel Xestoso | | Foto: Vanessa Rábade |   Hai en O electo máis psicoloxía que política, máis conquista da propia confianza que da confianza do electorado. O que comeza con tons de sátira política vai rectificando o rumbo pouco e pouco até acollerse a un itinerario menos polémico, máis lixeiro e cun obxectivo máis claro: gustar ao público. A comedia vén da man do encontro entre un presidente da Xunta de Galicia –a quen, horas antes da investidura, lle asalta un tic nervioso que compromete a súa dignidade– e un psiquiatra que deberá aplicar […] - [Deborah Vukusic estrea 'Guerra de identidade' en Vigo](https://erreguete.gal/2019/11/01/deborah-vukusic-estrea-guerra-de-identidade-vigo/): Deborah Vukusic estrea hoxe, ás 21:00, no Auditorio Municipal de Vigo, Guerra de identidade. A obra, unha adaptación dun seu poemario do mesmo nome, estará dirixida por Avelino González. Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer á súa familia. Facendo ao espectador confidente e cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, a protagonista dá conta da batalla que emprende na busca de si mesma, debaténdose entre o dramático […] - ['Fariña' e 'A.K.A.' pechan esta semana o 28º FIOT](https://erreguete.gal/2019/10/31/farina-k-pechan-esta-semana-28o-fiot/): O FIOT entregará o galardón honorífico de Xograresa de Outono á actriz Patricia de Lorenzo o vindeiro venres 1.   O Festival Internacional Outono de Teatro baixará o pano da súa 28ª edición esta fin de semana con dous dos éxitos da tempada escénica: a recentemente estreada Fariña, dirixida por Tito Asorey e que esgotou as entradas para a función de Carballo na primeira mañá que se puxeron á venda, e A.K.A. (Also Known As), a creación dramática da Sala Flyhard de Barcelona que se posicionou como un dos fenómenos teatrais na escena estatal. A.K.A., unha peza valente e comprometida escrita […] - [O Festival Titiriberia recupera a Feira de Francos como espazo dos monicreques tradicionais](https://erreguete.gal/2019/10/31/festival-titiriberia-recupera-feira-de-francos-espazo-dos-monicreques-tradicionais/): A cuarta edición de Titiriberia, único festival do estado especializado nos títeres tradicionais, celebrarase entre o sábado 9 e o venres 15 de outubro en Teo.   O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa cuarta edición entre o sábado 9 e o venres 15 de novembro. O Festival volverá coincidir coa celebración da Feira Cabalar de San Martiño de Calo na Carballeira de Francos, recuperando así por terceiro ano consecutivo esta histórica feira como un espazo para os monicreques tradicionais. […] - [O CCVF de Guimarães presenta 'Vão', de Erva Daninha](https://erreguete.gal/2019/10/30/ccvf-de-guimaraes-presenta-vao-de-erva-daninha/): Un proxecto de circo contemporáneo nacido no ámbito da Rede 5 Sentidos, xunta o malabarista Vasco Gomes e o acróbata Leonardo Ferreira no escenario do Centro Cultural Vila Flor.   O vindeiro sábado 2 de novembro, ás 21:30 horas, a compañía Erva Daninha presenta a súa nova creación no escenario do Gran Auditorio do Centro Cultural Vila Flor (CCVF). Vão -unha obra estreada o 28 de setembro no Teatro Viriato- cruza dous creadores de dúas xeracións diferentes con técnicas e experiencias diferentes: Vasco Gomes, malabarista e director artístico da compañía Erva Daninha, e Leonardo Ferreira, acrobata recén formado no Centre National […] - [Matarile presenta 'Los limones, la nieve y todo lo demás' no TRCDanza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/10/30/matarile-presenta-los-limones-la-nieve-y-lo-demas-no-trcdanza-da-coruna/): O vindeiro xoves 31 de outubro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e dentro da programación do programa TRC Danza, Matarile presentará a súa creación Los limones, la nieve y todo lo demás. | Foto: Edición Rusa |   Na longa e intensa traxectoria de Matarile Teatro puidemos disfrutar da creadora e bailarina Mónica García como parte de moitos dos seus espectáculos pero non é ata Los limones, la nieve y todo lo demás que chegamos a unn traballo en coautoría entre a bailarina asturiana e a dramaturga galega Ana Vallés, arroupadas pola iluminación, espazo e son en tempo […] - [Marta Pazos dirixe a primeira ópera galega de gran formato do século XXI](https://erreguete.gal/2019/10/29/marta-pazos-dirixe-primeira-opera-galega-de-gran-formato-seculo-xxi/): A Real Filharmonía de Galicia vai estrear a ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde, a primeira grande ópera do século XXI en Galicia. Será o 10 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago, ás 20:30. Representarase de novo o día 12 no Teatro Colón da Coruña e -en versión concerto- o 14 no Auditorio Municipal de Ourense (ambos ás 20:30).   A amnesia de Clío é unha coprodución da compañía Voadora e o Consorcio de Santiago-Real Filharmonía de Galicia, Xunta de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de […] - [PT Excéntricas chega ao Salón Teatro de Compostela con 'Cartoóns'](https://erreguete.gal/2019/10/29/pt-excentricas-chega-ao-salon-teatro-de-compostela-cartoons/): Esta coprodución con Teatro de Adro poderá verse do 30 de outubro ao 3 de novembro no Salón Teatro, onde ofrecerá dous pases matinais para escolares e catro funcións xerais.   Producións Teatrais Excéntricas chega esta semana ao Salón Teatro de Compostela para ofrecer cinco días de representacións do seu espectáculo Cartoóns, que supón a primeira incursión da compañía no teatro para público infantil e familiar. Trátase dunha coprodución con Teatro de Adro, que se insire ademais no catálogo de propostas co que Excéntricas está a conmemorar o décimo quinto aniversario da súa creación. A sede do Centro Dramático Galego (CDG) […] - [2ª convocatoria de 2019 de Teatro Autor Exprés, da SGAE](https://erreguete.gal/2019/10/28/2a-convocatoria-de-2019-de-teatro-autor-expres-da-sgae/): A Fundación SGAE ten unha liña editorial, a colección Teatro Autor Exprés, para apoiar a promoción e difusión dos textos teatrais obxecto de estrea. Trátase dunha colección non venal, cunha edición limitada a 250 exemplares, que serán entregados ao autor/es con motivo da estrea e distribuídos entre profesionais, críticos, académicos, etc. Nesta convocatoria seleccionaranse un máximo de 5 obras. A convocatoria rexerase por estas bases. Primeira: solicitantes A Fundación SGAE estudará as solicitudes de edición presentadas por autores vivos membros da SGAE. Segunda: requisitos das obras As obras presentadas a esta convocatoria deben cumprir as seguintes condicións: Estar rexistradas na SGAE […] - [Comeza o XVIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán](https://erreguete.gal/2019/10/28/comeza-xviii-festival-de-teatro-afeccionado-agustin-magan/): Do 29 de outubro ao 3 de novembro desenvólvese en Compostela a 18ª edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, organizado pola Fegatea (Federación Galega de Teatro Amador). Oito espectáculos conforman o programa que terá lugar no Teatro Principal e as rúas da cidade da man dos colectivos Escoitade, Lohengrín, Nova Escena, Avelaíña, Disfunción continua, Gargallada e Petanaporta. O martes 29 de outubro, ás 19:30, diante do Teatro Principal, Teatro Escoitade (Vigo) presenta Un Hotel de Primeira sobre o Río de Xohana Torres, dirixida por Doro Piñeiro. Un Hotel de Primeira sobre o Río é un relato, é una historia de amor á natureza, […] - [Ricard Gázquez gaña o XLIV Premi Born de Teatre con 'Los Satélite'](https://erreguete.gal/2019/10/26/r/): O xurado do Premi Born deciciu, por unanimidade, outorgarlle o XLIV Premi Born de Teatre 2019 á obra Los Satélite, de Ricard Gázquez. | Foto: Carles Roig |   A acta do xurado destaca da obra de Gázquez tanto “a súa extraordinaria calidade lingüística como a densidade e a consistencia da trama que constrúe, ambientada no Baix Llobregat, mais extrapolable a calquera suburbio de calquera gran cidade”. O xurado –formado polo profesor de estudos hispánicos e cataláns da Universidade de Grenoble Alps, Laurent Gallardo; por Juan Vicente Martínez, profesor de filoloxía inglesa na Universidade de Valencia e director de “Sagunto a Escena”; […] - [O documental 'La gran boda 2.0' estréase hoxe no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2019/10/26/documental-la-gran-boda-2-0-estrease-hoxe-no-salon-teatro-de-compostela/): O Salón Teatro de Compostela presenta hoxe o documental La gran boda 2.0, realizada pola asociación de teatro inclusivo La Quinta del Arte. Rodado na madrileña praza de Lavapiés, o filme é unha falsa voda entre dúas persoas con discapacidade e nel participaron máis de 70 actores con e sen diversidade funcional (afeccionados e profesionais). Pode verse hoxe sábado ás 18:00, con entrada gratuíta.   Coincidindo coas funcións que está a desenvolver estes días no Salón Teatro de Compostela La Quintana Teatro con Desde o invisible, versión en galego do seu premiado primeiro espectáculo, mañá sábado estrearase neste mesmo espazo o documental […] - [Remata a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón do Carballiño](https://erreguete.gal/2019/10/26/remata-xii-mostra-de-teatro-amador-terras-orcellon-carballino/): Esta fin de semana remata a XII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2019 coa representación de dúas comedias. O sábado 26,  a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos presentará Insania, unha inquietante comedia de humor negro, sorprendente pola sinxela posta en escena e o traballado papel do seu elenco. Mensaxe “subliminal” para profesores con síndrome de tensión! O domingo, 27, a grupo Porta Aberta de Vigo amosará ós espectadores a comedia Estraños hábitos, desenvolvida nunha vivenda na que, o que aparentemente ía ser unha cita normal, nun apartamento normal, con persoas e amigos normais e sen  ningún tipo de alteración […] - [Aberta a convocatoria para o II Premio Laudamuco para Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2019/10/25/aberta-convocatoria-ii-premio-laudamuco/): Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e un anos. Detrás daquela audaz iniciativa estaba a “Compañía Antroido” e, dirixindo ese proxecto escénico, o noso ilustre veciño Roberto Vidal Bolaño. Aquela decisión foi determinante para o o conxunto do sistema teatral galego e sen ela non se podería explicar a historia posterior do noso teatro. Coa intención de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a […] - [Entrevista: Ruth Gutiérrez, gañadora do XLIII Premi Born, e Antía Veres, tradutora da obra premiada](https://erreguete.gal/2019/10/25/entrevista-ruth-gutierrez-ganadora-xliii-premi-born-antia-veres-tradutora-da-obra-ganadora/): Ruth Gutiérrez Álvarez (Santander, 1987) acadou o pasado ano o XLIII Premi Born de Teatre con Los amantes sobrehumanos. Este venres 25 de outubro, dentro dos actos do Premi Born 2019 terá lugar a presentación da publicación da peza en galego, castelán, catalán e éuscaro. Antía Veres Gesto, galardoada recentemente co XVIII Premio Plácido Castro de Tradución, asina a versión en galego da obra gañadora que, como vén sucedendo desde 2006, edita a erregueté. Conversamos coa autora e a tradutora do texto para coñecer algunhas das súas claves. | Vanesa Sotelo |   RUTH GUTIÉRREZ ÁLVAREZ Os amantes sobrehumanos colócanos ante […] - [Fin de semana ateigada de novidades no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/10/24/fin-de-semana-ateigada-de-novidades-no-fiot-de-carballo/): O festival estrea O electo, trae o Hamlet do Chapitô, e despide o III Certame de Micro-escenas Metro Cadrado, entre outras actividades. Ademais, o FIOT propón a presentación aberta ao público do texto teatral da obra Habitada, escrita pola carballesa Olívia Pena e editada pola erregueté.   O 28º Festival Internacional Outono de Teatro afronta desde mañá a recta final da súa programación cun fin de semana ateigado de estreas absolutas e no país. Entre elas, destacan a representación, por vez primeira, de O electo, a nova produción de Contraproducións, grupo Focus e o FIOT, así como de Hamlet, que supón o regreso da […] - [Esta fin de semana entrégase o XLIV Premi Born de Teatre](https://erreguete.gal/2019/10/24/esta-fin-de-semana-entregase-xliv-premi-born-de-teatre/): O venres 25 preséntase en Menorca a edición de Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez Álvarez. A erregueté vén editando dende 2006 a versión en galego da obra gañadora do Premi Born, o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español.   O pasado 12 de outubro tivo lugar na Nova Sala Beckett de Barcelona a 2ª reunión do xurado de Barcelona do XLIV Premi Born de Teatre, formado polo profesor de estudos hispánicos e cataláns da Universidade de Grenoble Alps, Laurent Gallardo; por Juan Vicente Martínez, profesor de filoloxía inglesa na Universidade de Valencia e […] - [Xoán Carlos Riobó: "Faise teatro pero non se crea público amador do e desde o teatro"](https://erreguete.gal/2019/10/24/xoan-carlos-riobo-faise-teatro-non-crea-publico-amador-desde-teatro/): Xoán Carlos Riobó presenta hoxe, no IES Rodeira de Cangas, ás 20:00, Acariñando os desexos e A viaxe de Burhan (Fervenza), dous textos teatrais dirixidos á mocidade nos que cristalizan moitas das experiencias do autor no traballo co teatro escolar e amador. O autor reivindica ese traballo coa base para formar públicos que fortalezan o sistema teatral e para ampliar os horizontes culturais dende a comunidade. | Vanesa Sotelo |   Como nace a túa necesidade de escribir para a mocidade? Habería que preguntarllo a Darwin, porque é cousa da evolución. Eu comecei a traballar coa infancia. Representei obras de moitos autores. […] - [Limiar Teatro estrea 'Se fosen turistas levarían gafas de sol' en Montevideo](https://erreguete.gal/2019/10/24/limiar-teatro-estrea-fosen-turistas-levarian-gafas-de-sol-montevideo/): O Centro Cultural de España acolle a partir de hoxe tres funcións desta montaxe internacional, na que participan nove artistas de Galicia, Portugal, Arxentina e Uruguai. O espectáculo, dirixido por Fran Núñez, reflexiona en clave de comedia sobre a nosa emigración pasada e presente   O Centro Cultural de España en Montevideo acolle hoxe a estrea de Se fosen turistas, levarían gafas de sol, unha coprodución teatral internacional promovida polas compañías galegas Limiar Teatro e Crémilo, na que participan a Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego (CDG), e outras entidades de Portugal, Arxentina e Uruguai. Se fosen turistas […] - [Armazenados](https://erreguete.gal/2019/10/24/armazenados/): Síndrome da formiga   O senhor Lino, encargado do almacén da segunda empresa do país dedicada á fabricación de mastros e hastas para bandeiras, está a piques de xubilarse. Nin, un mozo de nome estraño e curto, chega para substituílo. Ao longo de cinco días, o novo empregado terá que aprender o oficio que o máis vello leva desempeñando metodicamente durante case trinta anos. Deste xeito iníciase a trama de Armazenados, o espectáculo co que a compañía portuguesa Teatro Art’Imagen leva a escena a famosa peza do autor catalán David Desola; a cal xirou hai anos por todo o estado con […] - [Fefa Noia preside a comisión que escollerá á persoa que a substituirá á fronte do CDG](https://erreguete.gal/2019/10/23/fefa-noia-preside-comision-escolle-persoa-substituira-fronte-cdg/): Xa se sabe quen presidirá a comisión que seleccionará a Fefa Noia á fronte do Centro Dramático Galego: a propia Fefa Noia. Na resolución publicada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), o director, Jacobo Sutil, nomea a Noia como presidenta desta comisión, que conta con catro vogais e unha secretaria. Os catro vogais serán Paulo Domínguez –director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña–, Artur Trillo –da compañía Talía Teatro–, Dolores Vilavedra –da Universidade de Santiago– e José Manuel González Sanmartín, da Consellaría de Cultura. Actuará como secretaria María José Felípez Regueira. Noia anunciou o pasado maio a súa intención de […] - [O FITO inicia hoxe a súa "edición de resistencia"](https://erreguete.gal/2019/10/23/fito-inicia-hoxe-sua-edicion-de-resistencia/): O 12º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) arranca no Teatro Principal de Ourense coa obra La voz dormida, de Euroscena (Salvador Collado), compañía procedente de Madrid. Despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro, a compañía Sarabela consegue manter a continuidade do festival cunha “programación fiel á das anteriores edicións e coa vontade de servizo á cidade de Ourense”. A peza que inicia o programa, explican os seus responsables, nace da man da escritora española Dulce Chacón e ambiéntase na posguerra española, concretamente “nun grupo de mulleres apresadas na madrileña prisión de […] - [Contraproducións presenta 'O electo' en Carballo](https://erreguete.gal/2019/10/23/contraproducions-presenta-electo-carballo/): | Foto: Vanessa Rábade |   Esta mañá o 28º Festival Internacional Outono de Teatro presentou O electo, unha co-produción de Contraproducións, Focus e o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). A estrea absoluta desta creación, baseada nun texto de Ramón Madaula, terá lugar o vindeiro venres 25, ás 21:00, no Pazo da Cultura de Carballo. A obra, unha versión adaptada polo director, Cándido Pazó, conta con Manu Baqueiro e Antonio Mourelos coma protagonistas. O electo sitúa a acción nos momentos previos á investidura do novo presidente (Manu Baqueiro) da Xunta de Galicia, cando comeza a sufrir un tic […] - [O IV Festival Titiriberia amplía o seu carácter internacional](https://erreguete.gal/2019/10/23/iv-festival-titiriberia-amplia-seu-caracter-internacional/): O artistas luso Marcelo Lafontana e a napolitana Irene Vecchia serán os nomes internacionais que actuarán na barraca que o festival instalará, un ano máis, durante a Feira de Francos.   O Festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña, celebrará a súa cuarta edición entre o 9 e o 15 de novembro. Este ano, o festival afondará na súa vertente internacional a través da presenza na súa programación de artistas procedentes de Italia e Portugal. O cartel de Titiriberia deste ano inclúe o […] - [Sol Picó no TRCDanza 2019](https://erreguete.gal/2019/10/23/sol-pico-no-trcdanza-2019/): O vindeiro venres 25 de outubro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Sol Picó, presentará, ás 20:30, e dentro do ciclo TRCDanza Dancing with frogs, un espectáculo de gran formato centrado na investigación sobre o xénero e que analiza o mundo da masculinidade. En Dancing with frogs, a coreógrafa Sol Picó cuestiona e analiza o mundo da masculinidade, esa outra metade, o complemento biolóxico do feminino. Que é o masculino sen o feminino? Hai límites entre eles? Como vive, sente, acciona, sofre, se relaciona co mundo, o home do século XXI? É igual que sempre ou algo cambiou? Como debe ser […] - [La Quintana estrea a versión en galego de 'Desde o invisible' en Compostela](https://erreguete.gal/2019/10/22/la-quinta-estrea-version-galego-de-desde-invisible-compostela/): Á primeira representación seguirá un coloquio co equipo artístico e a do sábado será precedida da película A gran voda 2.0.   A compañía La Quintana Teatro traerá esta semana a Santiago de Compostela Desde o invisible, a súa primeira e aplaudida produción, gañadora do premio Max a mellor espectáculo revelación en 2008 e que se representa agora en versión galega con tradución a cargo de Santiago Cortegoso. O Salón Teatro acollerá a montaxe de xoves a domingo con catro funcións para público xeral e dúas destinadas a escolares. Dirixida por Rolando San Martín a partir da dramaturxia de Irma Correa […] - [Xa se coñecen as obras participantes no III Certame de Teatro Afeccionado “Concello de Lourenzá”](https://erreguete.gal/2019/10/22/xa-conecen-as-obras-participantes-no-iii-certame-de-teatro-afeccionado-concello-de-lourenza/): O xurado do III Certame de Teatro Afeccionado “Concello de Lourenzá” deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro. As obras seleccionadas para ser representadas no Certame de Teatro Afeccionado “Concello de Lourenzá” son as seguintes: A Lola de Avelaíña Teatro de Pontevedra. Fuga de Gargallada Teatro de O Barco de Valdeorras. All you need is war de O Catre Teatro de As Pontes. A tía Rosita de Coles Teatro de Ourense. Comedia bífida de Touporroutou Teatro de Foz. A última cea de Fauna 113 de Vigo. A estraña familia de Matabelas de Teo. […] - [Despois das ondas](https://erreguete.gal/2019/10/22/despois-das-ondas/): A viaxe (pola vida) de María Casares   A vida pasada son as lembranzas gardadas, contadas e recontadas, ás veces xa mesmo algo gastadas, distortas polo paso do tempo. Tamén o son aquelas que nunca saíron do noso interior, nin a través da voz, nin como liñas de tinta sobre o papel; e todas esas imaxes que, de súpeto, volven pasar diante dos nosos ollos. Despois da marea da vida, de todos os anos de viaxe, o que quedan son, pois, as lembranzas e as estampas, moitas delas intanxibles, só ancoradas na memoria. Recordos que os lugares, especialmente a volta á […] - [El Patio Teatro: "Nós non facemos teatro para a xente de teatro, facémolo para as persoas"](https://erreguete.gal/2019/10/21/el-patio-teatro-nos-non-facemos-teatro-xente-de-teatro-facemolo-as-persoas/): El Patio Teatro é unha compañía de Logroño que, nos albores da súa vida artística, conseguiron unha importante experiencia tras rodar o tan premiado espectáculo, A mano, polos festivais de medio mundo durante seis anos. Con, ou sen palabras, os bonecos e obxectos son o vehículo que utilizan para contar. Tratan os temas coa sensibilidade do neno e a dozura da avoa. Constrúen desde o pequeno grandes historias que chegan ao corazón. Despois de lanzar dous novos espectáculos neste último ano, na Fira de Titelles de Lleida tivemos a ocasión de encontrarnos e pararnos detidamente para falar das súas vidas e […] - [Manuel Quintáns presenta en Brión un novo libro sobre Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2019/10/20/presentase-brion-novo-libro-roberto-vidal-bolano/): | Foto: Quique Alvarellos |   O vindeiro mércores 23 de outubro, ás 20:00, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Brión, presentarase o libro Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, escrito polo profesor Manuel Quintáns e publicado polo Centro Ramón Piñeiro. No acto participarán, ademais do propio autor, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Armando Requeixo, secretario do Centro Ramón Piñeiro e José Luís García, alcalde do Concello de Brión. Como colofón, procederase coa presentación do II Premio Laudamuco para textos teatrais que, un ano máis, promoverá a creación de textos dramáticos na nosa lingua.   […] - [Producións Dispersas estrea ‘Todas as marabillas do mundo’](https://erreguete.gal/2019/10/19/producions-dispersas-estrea-todas-as-marabillas-mundo/): Producións Dispersas estrea mañá, domingo 20, ás 12:00, no Auditorio Municipal de Ourense, Todas as marabillas do mundo, unha montaxe dirixida a público familiar e na que conviven, sobre o escenario, actores, monicreques e música en directo. Todas as marabillas do mundo preséntanos unha personaxe fascinada pola beleza do mundo e as súas marabillas. Unha personaxe que desexa, máis que nada, coñecer e gozar de todas as cousas fermosas que o noso planeta nos regala. Pero esa fascinación na súa ollada apagarase pronto cando descobre que as marabillas son tantas e o mundo é tan grande que non tería nin o tempo nin […] - [XXI Xornadas de homenaxe a Valle Inclán na Pobra do Caramiñal](https://erreguete.gal/2019/10/19/xxi-xornadas-de-homenaxe-valle-inclan-na-pobra-caraminal/): As XXI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán iniciaranse na Pobra do Caramiñal o vindeiro mércores e xoves cunha estrea de teatro infantil a cargo de Títeres Cachirulo que, baixo a dirección de Jorge Rey, representarán Farsa italiana da namorada do rei, obra baseada en textos de Valle que será estreada no Elma. O vindeiro día 27, Teatro del Norte presentará Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte, dirixida por Etelvino Alonso e interpretadad por Cristina Lorenzo, Cristina Alonso, David González e o propio Etelvino Vázquez, acompañados pola cantante María Alonso. Roberto Leal e Gemma do Carmo levarán a escena, […] - [Ángel Suárez, fundador da compañía Títeres Larderos, recibirá o Premio Galicreques](https://erreguete.gal/2019/10/18/angel-suarez-fundador-da-compania-titeres-larderos-recibira-premio-galicreques/): Ángel Suárez recibirá o galardón este domingo, 20 de outubro, no Teatro Principal de Compostela, xusto antes da función de Desde el azul, da compañía Gaia Teatro, prevista para as 20.30.   Este ano concédese o Premio Galicreques a Ángel Suárez, fundador da compañía manchega Títeres Larderos, quen percorreu numerosos festivais e programacións realizando unha continuada e futífera tarefa a prol do teatro de monicreques, sempre co decidido apoio e colaboración de Mari Carmen Jacob e Carlos Suárez. O seu labor como colaborador infatigable da Unión Internacional da Marioneta, UNIMA, ou como promotor, desde o seu posto como residente da Asociación […] - [O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros](https://erreguete.gal/2019/10/18/auditorio-municipal-de-ourense-ofrece-15-espectaculos-socio-da-rede-galega-de-teatros/): O Auditorio Municipal de Ourense ofrecerá ata finais de decembro 15 funcións doutros tantos espectáculos de teatro para público adulto e infantil, como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Así quedou recollido no convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que foi asinado en Santiago de Compostela por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Mario González, concelleiro de Cultura da cidade das Burgas. No documento detállase a carteleira deseñada para o público do auditorio ourensán, con especial atención nas fins de semana aos espectadores de máis […] - [O ciclo de teatro amador Alter Ego volve a Rianxo](https://erreguete.gal/2019/10/18/ciclo-de-teatro-amador-alter-ego-volve-rianxo/): Hoxe comeza en Rianxo a cuarta edición da mostra de teatro afeccionado Alter Ego, un ciclo organizado e promovido pola compañía local Criaturas. Esta edición presentará oito funcións nas que alternan espectáculos para público familiar e para adultos. A Mostra comezará ás 18:00 con Xarope Tulú e a súa Estrafalaria, na Biblioteca Municipal. Ás 21:00, no Auditorio, Muxicas, unha compañía composta por actrices e actores invidentes e pertencente á ONCE, representará a súa versión da obra de Gogol O inspector. Mañá sábado a mostra comeza cunha sesión de contacontos a cargo de Celtia Figueiras, ás 12:00, na Biblioteca. Ás 18:00, tamén […] - ['Chicas e chicos', de Dennis Kelly, estréase en castelán no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2019/10/17/chicas-chicos-de-dennis-kelly-estrease-castelan-no-fiot-de-carballo/): O Festival Internacional Outono de Teatro coproduce xunto á compañía madrileña El Sol de York esta conmovedora peza, ateigada de humor, dor e realidade, que baixo a batuta de Lucía Miranda, premio Ojo Crítico de RNE, pon en cuestión a masculinidade, as violencias machistas e as súas consecuencias sobre as e os menores.   O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) estrea este venres 18 de outubro Chicas y chicos, versión en castelán da última obra de Dennis Kelly, unha produción de El Sol de York que se presentará en novembro en Madrid. Chicas y chicos, é un monólogo […] - [Camiño Escena Norte remata a súa primeira edición cun público de 5.000 persoas](https://erreguete.gal/2019/10/17/camino-escena-norte-remata-sua-primeira-edicion-cun-publico-de-5-000-persoas/): A primeira edición do proxecto Camiño Escena Norte rematou o pasado domingo en Galicia, logo de oito funcións en Galicia, ademais de debates, obradoiros, unha residencia artística e un encontro de dramaturgos.   O proxecto Camiño Escena Norte rematou o pasado domingo 13 de outubro en Santiago de Compostela logo de 28 funcións (ademais de de debates e obradoiros escénicos) que percorreron o Camiño Norte desde o País Vasco ata Galicia, coa participación dunhas 5.000 persoas. En Galicia tiveron lugar oito funcións do 22 de setembro ao 13 de outubro nas seguintes localidades: Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Vilalba, Arzúa, Sobrado dos Monxes […] - [Jorge Rey presenta o seu novo libro dentro das actividades de Galicreques](https://erreguete.gal/2019/10/17/jorge-rey-presenta-seu-novo-libro-dentro-das-actividades-de-galicreques/): Hoxe, xoves, 17 de outubro, o Festival internacional Títeres Galicreques ofrecerá un total de seis funcións repartidas pola Fundación SGAE, o Teatro Principal, o CSC de Fontiñas e a Carpa da Alameda. O protagonismo da xornada repartirase entre dous grandes actos: a estrea absoluta de Finisterrae, o último ultramarinos, da compañía galega Títeres Alakrán, e a presentación do libro El inspector Ure, de Jorge Rey, titiriteiro e director do Festival. Así, ás 18.00, no Teatro Principal, Rey presentará El inspector Ure, publicado na sección de Obras didácticas do selo Leviatán. Neste volume, o director de Galicreques realiza un achegamento á figura […] - [Títeres Alakrán estrea 'Finisterrae: O último ultramarinos' no Festival Galicreques](https://erreguete.gal/2019/10/16/titeres-alakran-estrea-finisterrae-ultimo-ultramarinos-no-festival-galicreques/): A obra é unha homenaxe á Costa da Morte que aborda a identidade persoal e territorial; unha estampa de pasado e presente, pero tamén a dun futuro aínda por construír.   Este xoves 17 de outubro, ás 20:30, no Teatro Principal de Compostela, no marco do Festival Internacional de Títeres Galicreques, estréase a obra Finisterrae: o último ultramarinos, unha proposta de Producións Teatrais Alakrán que incorpora ao teatro de actor a manipulación de títeres. A compañía de Borja Insua, coñecida pola súa ampla traxectoria no teatro de títeres, da o salto ao teatro de actor cunha proposta persoal coa que fai […] - [Comeza en Ferrol a IV edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques 'Festea'](https://erreguete.gal/2019/10/16/comeza-ferrol-cuarta-edicion-ciclo-de-teatro-de-obxectos-monicreques-festea/): Comeza en Ferrol a cuarta edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Festea, que leva á cidade un total de 17 espectáculos infantís. Este ano, e como novidade respecto a edicións anteriores, as actuacións do festival non se centran unicamente no centro da cidade, sino que se estenden ao rural dando resposta así “a unha reclamación que os veciños levan tempo facendo”, segundo o concelleiro de Cultura, Antonio Golpe. Con isto, declarou na presentación, “cumprimos coa aposta por levar aos barrios e ao rural parte da actividade cultural”. Os 17 espectáculos repartiranse as fins de semana entre o 19 […] - ['Eroski Paraíso', o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo](https://erreguete.gal/2020/02/10/eroski-paraiso-filme-logra-sete-candidaturas-aos-mestre-mateo/): Ademais, Manoliño Nguema, o documental que conta a historia do artista da Cidade dos Muchachos Marcelo Ndong, opta ao Premio ao Mellor Documental.   Esta mañá o Teatro Colón da Coruña acolleu o anuncio dos proxectos e profesionais finalistas nos XVIII Premios Mestre Mateo, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. Eroski Paraíso, a adaptación cinematográfica da obra de Chévere dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, conseguiu sete candidaturas. Eroski Paraíso, acada estas sete candidaturas nas seguintes categorías: Mellor Longametraxe, Mellor Dirección (Jorge Coira e Xesús Ron), Mellor Fotografía (Lucía C. Pan e Fidel Vázquez), Mellor Actriz Protagonista […] - [Aberto o prazo para presentar obras e espectáculos candidatos aos premios FETEGA 2020](https://erreguete.gal/2020/02/10/aberto-prazo-presentar-obras-espectaculos-candidatos-aos-premios-fetega-2020/): O FETEGA acaba de facer pública a convocatoria para participar no 31º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense) a segunda semana de setembro de 2020. As obras deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia.   As propostas poden enviarse ata o luns 17 de febreiro ás 20 h a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de inscrición en https://www.fetega.gal/convocatoria-2020.php, onde se deberán describir a obra e achegar material de valoración. Distínguense 6 categorías: APARTADO 1: Teatro de Sala para público Adulto (Auditorio) Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatráis para adultos APARTADO 2: […] - [A compañía Pérez & Fernández estrea 'Os nenos da varíola' en Compostela](https://erreguete.gal/2020/02/10/compania-perez-fernandez-estrea-os-nenos-da-variola-compostela/): A compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego estrea a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola, o vindeiro xoves 28, no Salón Teatro de Compostela, ás 20:30.   O 30 de novembro de 1803 a “Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Os nenos da varíola […] - [Comeza o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela](https://erreguete.gal/2020/02/09/comeza-xxvi-festival-internacional-de-teatro-universitario-de-compostela/): A peza En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic, da compañía da USC servirá mañá, luns 10 de febreiro, ás 21.00, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá ata o venres 14. A obra A illa, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana; e o xoves 13, a peza Doentum imaxinaribus correrá a cargo […] - [Producións Dispersas celebra o Entroido en Londres](https://erreguete.gal/2020/02/08/producions-dispersas-celebra-entroido-londres/): O programa inclúe o espectáculo Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0), o concerto debut do grupo de pandeireteiras ‘Son da illa’ e unha foliada, entre outras accións   A asociación Rede Galega en UK (REGA-UK) segue a promover a cultura galega no Reino Unido. Este sábado, 8 de febreiro, o colectivo organiza un evento para festexar unha das celebracións máis sobranceiras de Galicia: o entroido. A proposta terá un marcado sabor cultural pero sen esquecer a idiosincrasia destas festas. A actividade conta coa colaboración de Producións Dispersas e tamén doutras organizacións socioculturais galegas da capital británica como Galegos Morriñentos e Galego […] - ['Matalobos' de Raúl Dans, na colección Rafael Dieste da ADE](https://erreguete.gal/2020/02/08/matalobos-de-raul-dans-na-coleccion-rafael-dieste-da-ade/): A ADE – Asociación de Directores de Escena de España anuncia a publicación, na súa colección ‘Premios de Teatro Rafael Dieste’, da edición bilingüe (galego e castelán) de Matalobos, de Raul Dans.   Raúl Dans irrompeu na escena da escrita teatral con Matalobos, ao gañar o Premio de Teatro Rafael Dieste, en 1993. Pedro Matalobos recibe a noticia de que debe abandonar as terras que os seus antepasados traballaron como caseiros durante xeracións. Iso suporá o inicio dun camiño que, marcado por un escuro pasado, levará ao protagonista cara a un destino fatal. Un texto con aromas de traxedia clásica e […] - [Falece Pilar Pereira, actriz fundamental do teatro galego moderno](https://erreguete.gal/2020/02/07/falece-pilar-pereira-actriz-fundamental-teatro-galego-moderno/): Pilar Pereira, unha das actrices fundamentais na historia do teatro galego moderno, vén de falecer aos 82 anos de idade.   Pilar Pereira, nada en Compostela en 1937, posúe unha das carreiras máis amplas da escena galega. Durante máis de seis décadas, a actriz desenvolveu o seu traballo en Galicia, España, Francia, Bélxica ou América Latina. Aos dez anos, estreou a súa primeira obra con adultos. Tratábase dunha adaptación de Contos de Nadal de Dickens. Cun comezo teatral precoz, Pereira comezou a súa traxectoria profesional tamén como recitadora. A poesía é unha das súas paixóns e admira dende moi nova a […] - [O mel non caduca](https://erreguete.gal/2020/02/07/mel-non-caduca/): Ansiedades contemporáneas | Manuel Xestoso |   A angustia do ser humano ante o anunciadísimo colapso ecolóxico, o cinismo do capital tratando de cambialo todo para que todo siga igual (especialmente as relacións de traballo), a obsolescencia programada como ferramenta dun sistema baseado no crecemento infinito que, á súa vez, é a orixe da catástrofe… Son ideas que resucitan a freudiana batalla entre a pulsión de vida e a pulsión de morte: queremos unha civilización que nos protexa de toda incomodidade –o capitalismo–, aínda que esa protección supoña a medio prazo unha destrución irremediable da propia civilización. A culpa que xorde […] - [Teatro do Noroeste estrea 'As virxes salvaxes', de Eduardo Alonso, en Ames](https://erreguete.gal/2020/02/07/teatro-noroeste-estrea-as-virxes-salvaxes-de-eduardo-alonso-ames/): A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle, o vindeiro venres 14 de febreiro, ás 21:00, a estrea de As virxes salvaxes, a última montaxe de Teatro do Noroeste, escrita e dirixida por Eduardo Alonso. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto.   A obra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, contará no elenco con Elina Luaces, Luma Gómez, Rosa Álvarez, Imma António, Ana Santos, Manuela Varela, Miguel Pernas e Fernando González. O espectáculo é unha homenaxe, se cadra algo irrelevante, aos nosos maiores máis revoltosos. Unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos […] - [O Día dos Medios en Galego 2020 celébrase en Carballo](https://erreguete.gal/2020/02/07/dia-dos-medios-galego-2020-celebrase-carballo/): Cada 7 de febreiro, Galicia celebra o Día dos Medios en Galego, unha data ratificada por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego no 2018.   A data quere lembrar a saída primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal aló polo 1876. Este 2020 a promotora da celebración, a Asociación de Medios en Galego AMEGA une esforzos en Carballo, onde organizará un novo acto para visibilizar a importancia e a necesidade de que os medios comuniquen na nosa lingua e darlle luz aos máis […] - [‘Je suis narcissiste’, a primeira ópera dirixida por Marta Pazos, nomeada nos International Opera Awards](https://erreguete.gal/2020/02/06/je-suis-narcissiste-primeira-opera-dirixida-marta-pazos-nomeada-nos-international-opera-awards/): Os International Opera Awards fixeron públicos, na tarde de onte, os finalistas da súa edición de 2020, na que Je suis narcissiste, a ópera de Raquel García Tomás que se estreou con dirección escénica de Marta Pazos, conseguiu estar nomeada na categoría de Mellor Estrea Absoluta. Os International Opera Awards creáronse en 2012 pola revista británica Opera, e desde o principio foron consideraros os premios máis internacionais do mundo da ópera. Con eles quere galardoarse anualmente aos mellores no mundo da lírica (producións, cantantes, directores, teatros, orquestras…), recoñecendo así publicamente os seus protagonistas, e apoiando a formación de novos talentos a […] - [Escena Galega cambia de dirección e nomea Socias de Honra a Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste](https://erreguete.gal/2020/02/06/escena-galega-cambia-de-direccion-nomea-socias-de-honra-teatro-atlantico-teatro-morcego-teatro-noroeste/): A Xunta directiva da Asociación sectorial decide por vez primeira facer un recoñecemento ás tres históricas compañías polo seu labor no eido das artes escénicas do paí.   Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrou, na tarde de onte, a  súa primeira Asemblea Xeral do ano, na que se renovou a dirección e na que se celebrou un acto de recoñecemento á traxectoria de Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, ás que se nomeou Socias de Honra. Na orde do día incluíronse as liñas de traballo que mantén a Asociación, a actividade e […] - [O BNG pide no Parlamento a dimisión do director da Agadic](https://erreguete.gal/2020/02/06/bng-pide-no-parlamento-dimision-director-da-agadic/): A deputada e portavoz de cultura do BNG, Olalla Rodil pediu onte ao Partido popular, a través dunha interpelación ao conselleiro de Cultura, “unha rectificación” para non seguir cunha política que “asfixia” aos sectores culturais. O conselleiro, Román Rodríguez, respondeu anunciando un plan da danza que resultará do traballo dunha mesa plural con representación de todos os axentes implicados neste sector. | M. X | | Foto: Parlamento de Galicia |   A parlamentaria volveu a reclamar a dimisión de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) tras anunciar a supresión da figura da dirección do Centro Coreográfico Galego. […] - [Comeza o último tramo de Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2020/02/06/comeza-ultima-semana-de-escenas-cambio/): Escenas do cambio, o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, encara xa a súa segunda e derradeira semana da edición de 2020 coa representación de cinco pezas, entre as que se atopa o relato contado, cantado e bailado dunha sobrevivente do xenocidio de Ruanda e un xuízo real ao personaxe literario Hamlet para o que se contará cun xuíz, fiscal e psiquiatra en activo e no que os espectadores exercerán de xurado popular.   O festival da Cidade da Cultura desprazarase o xoves ao casco histórico de Santiago —dentro […] - [Catro compañías galegas na FETEN de Xixón](https://erreguete.gal/2020/02/06/catro-companias-galegas-na-feten-de-xixon/): FETEN, a Feria Europea de Artes Escénicas para niños y niñas de Xixón, que comeza este sábado 8, contará no seu programa con catro compañías galegas, que presentarán alí os seus últimos traballos. Ademais, FETEN dedicará a súa exposición central ás catro décadas de historia da compañía Os Monicreques de Kukas.   Pistacatro estará o domingo 9, ás 17:00, e o luns 10, ás 18:15, con Mezzo. O fantástico circo de insectos xigantes do Doutor Mezzo, un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasía co que Pistacatro quere recuperar, por unha banda, o espírito de aventura das novelas de Xulio […] - [Laiovento reedita a obra de Manuel Castelao sobre o teatro de Carvalho Calero](https://erreguete.gal/2020/02/05/laiovento-anuncia-segunda-edicion-da-obra-de-manuel-castelao-teatro-de-carvalho-calero/): Elucidacións na sombra aproxímase ao teatro de Carvalho Calero a través de A sombra de Orfeu e Auto do prisioneiro para estudalas como “obras destinadas á representación”.   Edicións Laiovento vén de anunciar a segunda edición de Elucidacións na sombra, unha aproximación de Manuel Castelao á obra teatral de Carvalho Calero que, no seu día, resultou galardoada co “Premio de ensaio Ricardo Carvalho Calero” organizado polo Concello de Ferrol. O xurado do premio salientaba daquela que se trataba dun “traballo rigoroso, interpretativo, que leva a cabo un esforzo didáctico na lectura, que o fai atractivo a un público non especializado”. A obra xurdiu […] - [Convocatoria para a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”](https://erreguete.gal/2020/02/05/convocatoria-xiii-mostra-de-teatro-amador-terras-orcellon-2019/): O grupo de Teatro Amador Tiruleque organiza a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Como vén sendo habitual neste evento, coa axuda e subvencións solicitadas á Deputación Provincial de Ourense e ó Concello do Carballiño, as representacións celebraranse entre os días 3, 10, 17, 24, 31 de outubro e 7 de novembro de 2020, ás oito e media da tarde, no Auditorio Manuel María do Carballiño. Cada grupo seleccionado percibirá a cantidade de setecentos euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), oitocentos euros. A organización mantén a concesión do Premio Tiruleque, que se […] - [Poeta en Nova York](https://erreguete.gal/2020/02/04/poeta-nova-york/): Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930). É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade. - [II Encontro de PRIMEIRA_Encontros coa videodanza, na Coruña](https://erreguete.gal/2020/02/04/ii-encontro-de-primeira_encontros-coa-videodanza-na-coruna/): Este vindeiro xoves 6, ás 20:00, na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, terá lugar a II edición de PRIMEIRA Encontros coa Videodanza.   PRIMEIRA. Encontros coa Videodanza, nacen coa vocación de abrir unha xanela cara o xénero da videodanza onde focalizar ás persoas creadoras e os distintos traballos que se fan en Galicia, e crear pontes de intercambio entre creadores difundindo o xénero ao público xeral. Están organizados por Resis Festival e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e comisariados por Belén Montero. Este II Encontro contará coa presenza de Lucía Estévez, unha nova directora graduada en Comunicación Audiovisual […] - [Redondo, de Caramuxo Teatro, na 1ª edición de "Bebés a escena" de Sevilla](https://erreguete.gal/2020/02/04/redondo-de-caramuxo-teatro-na-1a-edicion-de-bebes-escena-de-sevilla/): Redondo, da compañía Caramuxo Teatro, é un dos tres espectáculos seleccionados na primeira edición de “Bebés a escena”, certame de teatro para bebés que organiza o Teatro TNT de Sevilla. A obra de Caramuxo será programada o sábado 15 de febreiro. Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. Os outros dous espectáculos que se programarán en […] - [Miguel de Lira obtén o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva](https://erreguete.gal/2020/02/03/miguel-de-lira-obten-xix-premio-de-interpretacion-maruxa-villanueva/): O Concello de Padrón vén de outorgar o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramática.   Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade. Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e […] - [Ensalle estrea 'Antes de que llegue la bestia' no marco do Festival Isto Ferve](https://erreguete.gal/2020/02/03/ensalle-estrea-de-llegue-la-bestia-no-marco-festival-ferve/): A compañía de teatro contemporáneo ENSALLE, estrea en Vigo o seu novo espectáculo Antes de que llegue la bestia. Os días 13, 14, 15 e 16 de febreiro, terá lugar a estrea absoluta do novo traballo da compañía. A obra, que poderá verse na sala Teatro Ensalle de Vigo, abre a programación da nova edición do Festival Isto Ferve.   Coa estrea absoluta do seu novo traballo Antes de que llegue la bestia, Cía. Ensalle será a compañía encargada de abrir a programación no XVI FESTIVAL ISTO FERVE ‘20, que se celebrará do 13 de febreiro ao 8 de marzo, na sala Teatro […] - [Comeza o XI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos](https://erreguete.gal/2020/02/01/comeza-xi-encontro-de-teatro-afeccionado-de-betanzos/): Hoxe comeza a XI edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. Todos os asistentes poderán gozar durante os sábados de febreiro de cinco espectáculos. O encontro comeza hoxe coa comedia Un, dous, tres do grupo de Compostela Teatro Carauta. O día 8, será a quenda de Fatum, de O Catre Teatro, das Pontes. O día 15, Dúas portas e un segredo, será representada polo grupo estradense Disfunción Continua. O 22, Fauna 113, de Vigo, levará a Betanzos A última cea. Finalmente, o día 29, Tiruleque, do Carballiño, porá en escena A farsa de Maitre Pathelin. Todas as funcións serán […] - [A Compañía IO estrea o seu último espectáculo na sala Ártika de Vigo](https://erreguete.gal/2020/01/31/compania-io-estrea-seu-ultimo-espectaculo-na-sala-artika-de-vigo/): A compañía IO estrea, o vindeiro xoves, 6 de febreiro, na sala Ártika de Vigo, un novo espectáculo, Espida. A obra seguirá en cartel na mesma sala o venres 7 e o sábado 8, sempre ás 21:30.   Interesada na investigación das posibilidades do novo circo, a compañía procura, nesta peza, un diálogo entre diferentes poéticas e xeitos de achegarse ao feito teatral. Xirando arredor da idea de xénero desde os conceptos de normalidade ou non-normalidade, Espida é unha viaxe a través do non binario, das posibilidades que os corpos ofrecen, do desexo, da soidade, da vulnerabilidade e da fortaleza. Os […] - [II Premio Platta de Teatro Breve - Castilla y León](https://erreguete.gal/2020/01/31/ii-premio-plata-de-teatro-breve-castilla-y-leon/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a Revista Galega de Teatro), convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León 2020. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 16 de febreiro para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en castelán. […] - [A 10ª edición do GUIdance de Guimarães sitúa a creación feminina no seu centro](https://erreguete.gal/2020/01/30/10a-edicion-guidance-de-guimaraes-situa-creacion-feminina-no-seu-centro/): Akram Khan, a Compagnie Marie Chouinard, Tânia Carvalho, Marlene Monteiro Freitas ou Vera Mantero –que este ano será a coreógrafa en destaque– son algúns dos nomes presentes na 10ª edición do GUIdance–, que se desenvolverá do 6 ao 16 de febreiro e cuxo programa inclúe 11 espectáculos, así como clases maxistrais, debates, charlas e ensaios abertos para os colexios, estendéndose pola cidade de Guimarães e tendo o centro cultural Vila Flor como base de operacións. | Foto: Laurent Philippe (Bacantes, de Marlene Monteiro Freitas) |   A edición que celebra a primeira década do festival promove o regreso de importantes coreógrafas […] - [Presentación de 'Nana para un soldado', de Pepablo Patinho, en Narón](https://erreguete.gal/2020/01/30/presentacion-de-nana-soldado-de-pepablo-patinho-naron/): Este xoves 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar da paz e non violencia coincidindo coa data do pasamento de Mahatma Gandhi en 1948. Esta celebración ten por obxectivo a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. Os centros educativos de todos os niveis convértense así en instrumentos para a paz e a non violencia. O Concello de Narón programa para esta data á representación teatral da obra Nana para un soldado, escrita por Pepablo Patinho e representada por Teatro Ghazafelhos, á que asistirá o alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos […] - [Convócase o III Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2020/01/29/convocase-iii-certame-de-textos-teatrais-roberto-vidal-bolano/): [Actualización 24-04-2020] Debido á situación creada polas medidas de prevención do Covid-19, o prazo de presentación de orixinais do Premio Roberto Vidal Bolaño 2020 prolóngase ata que se restableza a situación.] [Actualización 17-03-2020] Debido á situación creada polas medidas de prevención do Covid-19, o prazo de presentación de orixinais do Premio Roberto Vidal Bolaño 2020, rematará o día 30 de abril]   O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocan o III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán, este premio ten como finalidade animar á escrita de pezas […] - [Ibuprofeno Teatro estrea 'O mel non caduca' en Compostela](https://erreguete.gal/2020/01/29/ibuprofeno-teatro-estrea-mel-non-caduca-compostela/): Ibuprofeno Teatro estrea este venres 31 de xaneiro, no Teatro Principal de Compostela, a súa nova montaxe, O mel non caduca. Marián Bañobre e Avelino González son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A obra, que volverá a representarse o sábado 1 de febreiro, levará a cabo unha xira de presentación por Galicia –Ourense, Boiro, Vigo, Cangas, A Coruña, Narón…– a partir de febreiro.   O mel non caduca é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e a degradación do planeta a causa da perversa lóxica capitalista. É unha obra […] - [Comeza o programa de Artes Escénicas de Vigocultura 2020](https://erreguete.gal/2020/01/29/comeza-programa-de-artes-escenicas-de-vigocultura-2020/): O Concello de Vigo dá comezo á programación de Vigocultura para os primeiros meses de 2020, os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, con dúas caravanas que realizarán pases de microteatro cada 15 minutos diante do MARCO.   La Petite Caravane Ambientado nos teatros de principios do século XX, este pequeno teatro pode albergar as máis variadas representacións: maxia, monicreques, teatro, curtametraxes. Trátase, posiblemente, do teatro máis pequeno que existe, e ademais ten rodas. Apenas 25 persoas poderán gozar dunha inesquecible actuación única e irrepetible. Pode que estiveses nos mellores e máis importantes teatros do mundo, pero […] - [O sector profesional da danza denuncia o abandono da administración](https://erreguete.gal/2020/01/28/sector-profesional-da-danza-denuncia-abandono-da-administracion/): A Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego (PACCG), un colectivo que reúne a 158 profesionais da danza e das artes do movemento, vén de emitir un novo comunicado no que amosa a súa posición ante as recentes decisións tomadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) relativas á supresión da dirección do Centro Coreográfico Galego e á redución do seu orzamento nun 66%.  | M. X. |   O colectivo denuncia que, despois dunha reunión mantida con Jacobo Sutil, director da Agadic, este lles comunicou a súa negativa a negociar “cuestións orgánicas ou estruturais”, tales como á fusión do Departamento […] - ['Escenas do cambio' comeza esta semana en Compostela](https://erreguete.gal/2020/01/28/escenas-cambio-comeza-esta-semana-compostela/): O Gaiás recibirá do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro a figuras internacionais como Ezster Salamon, Ula Sickle ou Leonor Leal e creadores galegos como Los Bravú ou Pálido Domingo.   Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- arranca este venres cunha programación que permitirá gozar durante esta fin de semana no Gaiás de cinco pezas que xiran ao redor da danza contemporánea e das linguaxes do corpo. O certame –incluído na programación do Xacobeo 2021– reunirá nestes tres días en Compostela a figuras internacionais tan relevantes […] - [Fernando Castro Paredes gaña o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual](https://erreguete.gal/2020/01/27/fernando-castro-paredes-gana-ii-certame-de-nova-dramaturxia-galega-actual/): A peza Ofelia ou o cabeiro da cóbrega destaca sobre as 21 obras recibidas nesta segunda edición, consolidando o certame.   O II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual concede o seu premio ao escritor e docente Fernando Castro Paredes coa obra Ofelia ou o cabeiro da cóbrega. O xurado, conformado pola directora teatral e programadora da sala Ingrávida (O Porriño) Irene Moreira; a dramaturga e directora da Erregueté, Vanesa Sotelo e o director teatral César No; salienta “o coidado uso da lingua galega e o artellamento dunha sólida carpintaría dramatúrxica neste novo achegamento ao mito de Hamlet desde a personaxe […] - [Pentecostés](https://erreguete.gal/2020/01/27/pentecostes/): Os intersticios | Manuel Xestoso |   Se cadra, nunha época secularizada como a nosa, a celebración do descenso do Espírito Santo pode ser visto cun matiz irónico que, non obstante, non exclúe a posibilidade de considerar a arte como a última estratexia de administración do sagrado. A compañía Pálido Domingo non desestima nin a ironía distanciadora nin a posibilidade de que o lume dun misto poida espertar o feble sentimento de divindade que aínda poida quedar entre nós. Entre as latas de refrescos e as candeas votivas, entre o Veni Sancte Spiritus e o A Perfect Day, os tres compoñentes […] - [O 'Poeta en Nova York', de Lorca, chega ao teatro](https://erreguete.gal/2020/01/27/poeta-nova-york-de-lorca-chega-ao-teatro/): En marzo, o espectáculo presentarase no Salón Teatro de Compostela.   Producións Paloma Lugilde  estrea o vindeiro 29 de xaneiro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo. Por iso, a experimentación terá un gran peso, materializándose nun espazo escénico contemporáneo no que a honestidade estea presente creada pola directora e dramaturga Paloma Lugilde. O elenco está formado por María Roja, Sergio […] - [Culturactiva leva a infancia de Rosalía ao teatro](https://erreguete.gal/2020/01/26/culturactiva-leva-infancia-de-rosalia-ao-teatro/): Culturactiva estreará en febreiro Rosalía, a primeira obra de teatro centrada na infancia da poetisa padronesa.   María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, […] - [Carlos Blanco e Touriñán volven aos escenarios con 'Unha noite na praia'](https://erreguete.gal/2020/01/25/carlos-blanco-tourinan-volven-aos-escenarios-unha-noite-na-praia/): Percorrerán entre marzo e xuño ao menos nove localidades de toda Galicia na segunda xira dun espectáculo que na súa primeira xira, a pasada primavera, tivo unha sensacional acollida no público, que encheu os teatros con ata dobres e triples funcións.   Carlos Blanco e Touriñán volven á praia. Case un ano despois dunha exitosa primeira xira con máis de 20.000 espectadores nos teatros de toda Galicia, o espectáculo escrito e dirixido por Javier Veiga ten novas datas coas entrada xa á venda. As citas serán na Coruña (Teatro Colón, 13 ao 15 de marzo), Narón (4 de abril), Vigo (17 e […] - ['Miedo', de Albert Pla, no Auditorio de Galicia, este sábado](https://erreguete.gal/2020/01/25/miedo-de-albert-pla-no-auditorio-de-galicia-este-sabado/): O novo espectáculo de Albert Pla titúlase Miedo e nel afonda na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente. Hoxe preséntao no Auditorio de Galicia ás 20:30.   O texto propón unha viaxe íntima por todas as etapas do home, desde a infancia até máis aló da vida terrea, cargado de sensacións, emocións e sentimentos nados da pantasma que habita na nosa mente. Alimentado polos nosos pensamentos: o medo. Nesta peza de teatro musical, concerto ou recital teatralizado, convídase a realizar un repaso cargado de ironía polos temores humanos cotiáns […] - [Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2020/01/24/total-de-30-espectaculos-inscribense-nos-xxiv-premios-de-teatro-maria-casares/): A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns   Un total de 30 espectáculos e máis de 200 profesionais concorren aos XXIV Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, Fundación SGAE e Fundación AISGE. O proceso de inscrición, realizado […] - [Presentación de 'Teatro de Pintor', de Xosé Vázquez Pintor](https://erreguete.gal/2020/01/24/presentacion-de-teatro-de-pintor-de-xose-vazquez-pintor/): Xosé Vázquez Pintor presenta hoxe, ás 20:30, no salón de plenos de Cangas, o seu libro Teatro de Pintor. O autor estará acompañado polo alcalde do concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos, o dramaturgo Manuel Lourenzo, o mestre Antón Lamapereira e o artista Camilo Camaño Xestido. A obra literaria de Vázquez Pintor é eminentemente poética, mais iso non empece a visita do autor a outros xéneros, entre eles o teatral, hoxe reunido nesta antoloxía de Edicións Fervenza, titulada Teatro de Pintor, para indicar, talvez, unha certa condición pictórica das dez pezas, ou cando menos a súa plasticidade, que as torna máis […] - [XVI Festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo](https://erreguete.gal/2020/01/24/xvi-festival-ferve-no-teatro-ensalle-de-vigo/): O Teatro Ensalle presentará, ata marzo, un total de seis pezas, catro delas dentro do programa do XVI Festival Isto Ferve: Antes de que llegue la bestia, da compañía Ensalle; Schumann Amateur, da Cía. Rubén Ramos Nogueira; Fäustino VI o 126 Caballos, da Cía. Sergi Fäustino; e Vida y materia – Entreactos – Poemas lentos, da Cía. Antonio Fernández Lera. Ademais, Ensalle estreou onte o último espectáculo de Pálido Domingo, Pentecostés –que seguirá en cartel até o domingo–, e rematará o trimestre cunha peza de Carmen Werner, El abrazo.   Pentecostés, de Pálido Domingo [23-26/01] O que acontece en Pentecostés parece maxia. Pero non o é. Non é […] - [O BNG pide a dimisión do director de AGADIC tras a supresión da dirección do CCG](https://erreguete.gal/2020/01/23/bng-pide-dimision-director-de-agadic-tras-supresion-da-direccion-ccg/): A voceira de Cultura no Parlamento, Olalla Rodil, denuncia o recorte do diñeiro destinado aos sectores culturais para “engordar a Axencia de Turismo e o Xacobeo”.   A deputada e voceira de cultura do BNG, Olalla Rodil, reclamou hoxe, publicamente, a dimisión de Jacobo Sutil como director da AGADIC tras anunciar a supresión da figura da dirección do Centro Coreográfico Galego. Para a nacionalista, este anuncio é a pinga que fai rebordar a cunca e por unha cuestión de dignidade debe dimitir. “Pedímoslle que dimita e peche este ciclo de dez anos lamentábeis de demolición dos sectores profesionais da cultura galega” […] - [Carlos Álvarez-Ossorio: "'Si esto es un hombre' é unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano"](https://erreguete.gal/2020/01/23/carlos-alvarez-ossorio-si-esto-hombre-unha-viaxe-cara-ao-lado-mais-escuro-humano/): A destrución do outro (do diferente) como ser humano. Deste xeito, o actor e director Carlos Álvarez-Ossorio, condensa o contido de Si esto es un hombre, espectáculo que mañá a compañía Cámara Negra estrea na Sala Ártika de Vigo (24, 25 e 26 de xaneiro). Falamos con el sobre algunhas claves desta proposta unipersoal que aborda os límites da humanidade, así como sobre a obra de Primo Levi cando se cumpre o 75 aniversario  da liberación de Auschwitz. | Vanesa Sotelo | | Foto: Álvaro Rodríguez Galán|   Esta fin de semana presenta en Vigo Si esto es un hombre, de Primo […] - [O Congreso do Teatro Galego quere establecer un plan estratéxico e unha lei do teatro](https://erreguete.gal/2020/01/23/congreso-internacional-teatro-galego-quere-establecer-plan-estratexico-unha-lei-teatro/): Onte presentouse aos medios o programa do I Congreso Internacional de Teatro Galego, que se celebrará entre o 25 e o 28 de marzo de 2020 na Cidade da Cultura. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, participaron Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Juan Rivas, presidente do Consello territorial da SGAE, Anxo Lorenzo, Director Xeral de Políticas Culturais da Conselleria de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e Rosario Álvarez, Presidenta do Consello da Cultura Galega. | Foto: Aigi Boga |   O Congreso terá un duplo obxectivo: por unha banda, analizar o pasado e o […] - [A Escola Galega de Teatro Musical, estrea 'O Candil, un musical galego'](https://erreguete.gal/2020/01/23/escola-galega-de-teatro-musical-estrea-candil-musical-galego/): A Escola Galega de Teatro Musical, estrea o seu primeiro traballo profesional, O Candil, un musical galego. A compañía creada ao abeiro desta escola presentará este espectáculo o venres, 24 de xaneiro, no Fórum Metropolitano da Coruña, ás 21:00.   Rosa Puga Davila dirixe a Sara Fandiño, Lucía Sá, Iria Lamas e Lucas López nunha obra que xira arredor do cancioneiro galego. Sabidas por todos, as cancións de comezo do século XX, agochan grandes historias do momento, e pasarán a converterse no primeiro Jukebox (musical de temas existentes) integramente galego. O Candil, como espectáculo de cuplé, é unha comedia musical interactiva, sobre […] - [Talía Teatro ocupa o Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2020/01/23/talia-teatro-ocupa-salon-teatro-de-compostela/): A compañía Talía Teatro ocupa durante toda esta semana a carteleira do Salón Teatro de Compostela, onde está a desenvolver pases matinais para escolares de tres dos seus espectáculos, ademais de ter programadas catro funcións xerais dun deles, Vida de cans, que poderá verse do xoves 23 ao domingo 26.   Cándido Pazó volve colaborar con Talía como autor e director desta proposta, que Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo interpretarán sobre o escenario da sede do Centro Dramático Galego ás 20:30 do xoves ao sábado e ás 18:00 o domingo. O mesmo xoves ofrecerán tamén dous pases ás 10:30 […] - [Pálido Domingo estrea 'Pentecostés' no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2020/01/22/palido-domingo-estrea-pentecostes-no-teatro-ensalle/): Teatro Ensalle acolle este xoves 23 de xaneiro ás 21:00 a estrea de Pentecostés, da compañía Pálido Domingo. Trátase da segunda peza do trío formado por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego Buceta (anteriormente coñecidos como Prácido Domingo) despois de Non hai que ser unha casa para ter pantasmas. O espectáculo poderá verse tamén na sala viguesa os días 24, 25 e 26 de xaneiro ás 21:00.   Se no seu primeiro traballo Non hai que ser unha casa para ter pantasmas poñían “o foco no lado máis profundo do ser”, nesta ocasión Pálido Domingo procura “habitar unha vez máis a […] - [A Agadic recoñece que non haberá dirección para o Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2020/01/22/agadic-reconece-non-habera-direccion-centro-coreografico-galego/): Este martes, durante a xornada organizada polo Consello da Cultura Galega sobre “O estado da danza en Galicia”, o director da Agadic, Jacobo Sutil, anunciou que a figura do director do Centro Coreográfico de Galicia (CCG) desaparecería no novo esquema organizativo da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), ante a indignación dunha gran parte dos asistentes á xornada. | Manuel Xestoso |   Jacobo Sutil interviña, na sesión titulada A Xunta de Galicia como núcleo das políticas públicas de danza en Galicia. Tratamento para os síntomas no futuro, conducida por Natalia Balseiro, mediadora cultural e membro da Sección de Artes Escénicas, […] - [Debut, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/01/21/debut-esther-carrodeguas-2/): En tempos de falsidade extrema agradécese [en extremo] que alguén se amose en escena tan auténtica coma Rosa Romero, quen xa dende o apelido contaxia o poderío sandador da súa presenza. O seu espectáculo [ela] é [coma o romero] un bo antídoto natural contra case todos os males que acosan o noso día a día. Rosa/Clown baila cando non ten máis que dicir e fala cando non sabe qué bailar. Romero prega sen saber a quen todas as cousas que todos os que algunha vez tivemos a ousadía de nos subir a escena pregamos en silencio, agochando o medo mesmo de […] - [Presentación en Vigo de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva](https://erreguete.gal/2020/01/21/presentacion-vigo-de-sombra-das-arbores-de-ana-abad-de-larriva/): O vindeiro xoves 23 de xaneiro, ás 20:00, na libraría Librouro de Vigo, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño e publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Costa Oeste. A escritora Inma López Silva e o dramaturgo Ernesto Is acompañarán á autora na presentación do texto gañador do certame convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro. Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola Escola […] - [Teatro À(s) Quintas na Maia](https://erreguete.gal/2020/01/20/teatro-as-quintas-na-maia/): Durante este ano 2020 o Teatro Art´Imagem e a Câmara Municipal da Maia, seguindo o protocolo existente desde hai algúns anos para a divulgación, formación e presentación de espectáculos teatrais no concello, van iniciar un novo programa de Teatro denominado “Teatro à(s) Quinta(s)”.   O programa presentará catro espectáculos de Teatro no Grande Auditório do Fórum da Maia, sempre os xoves, dous en cada semestre (30 de xaneiro, 27 de febreiro, 30 de xullo e 26 de novembro), ás 21:30 e con entrada de balde. O xoves 30 de xaneiro presentarase Quarenta mil quilovátios, unha coprodución das compañías Teatromosca e Musgo, […] - [Viveiro celebra o centenario do Teatro Pastor Díaz](https://erreguete.gal/2020/01/18/viveiro-celebra-centenario-teatro-pastor-diaz/): O Concello de Viveiro celebra este sábado, de forma oficial, o centenario do Teatro Pastor Díaz, cun acto conmemorativo e a inauguración dunha exposición sobre a historia do edificio.   O acto central no Pastor Díaz comezará ás 20:30 horas da man do historiador Suso Martínez, que dará paso á concelleira de Cultura, Lara Fernández. Posteriormente, o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo, repasará os principais fitos históricos do teatro. Haberá música da man de gaiteiro David Bellas, de Bágoas da Terra e da Coral Alborada. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, pechará o acto, que terá varias sorpresas para convertelo […] - [Presentación de 'Magín Blanco. O camiño da luz', de Carlos Negro](https://erreguete.gal/2020/01/17/presentacion-de-magin-blanco-camino-da-luz-de-carlos-negro/): O Centro Cultural Avenida, da Rúa, acolle esta tarde a presentación de Magín Blanco. O camiño da luz. Carlos Negro é o autor desta primeira biografía do recoñecido músico, editada por Edicións Embora.   O camiño da luz percorre a traxectoria profesional e persoal de Blanco desde os seus primeiros pasos con grupos como La Rosa –que gravou catro elepés entre 1989 e 1994– ata o seu actual éxito no campo da música para público familiar, iniciado con A nena e o grilo. O libro vai acompañado dun CD recompilatorio e recolle o relato da existencia de Magín Blanco en pequenos […] - [‘Memorias dun ser humano disperso’, de Producións Dispersas, no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2020/01/17/memorias-dun-humano-disperso-de-producions-dispersas-no-salon-teatro-de-compostela/): O Salón Teatro de Santiago retoma a súa actividade pública tras a programación especial de Nadal con Producións Dispersas e o seu espectáculo Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0), do que é autor e intérprete Diego Freire. | Foto: Áureo Gómez |   Esta peza cómico-musical poderá verse desde hoxe e até o domingo na sede do Centro Dramático Galego, onde a compañía xa representou onte, nun pase especial para escolares, a montaxe para público infantil e familiar Tódalas marabillas do mundo. Tamén hoxe terá lugar unha representación matinal concertada con centros de ensino de Memorias dun ser humano disperso […] - [O Teatro Ensalle de Vigo abre tempada con 'O que segue' de Funboa Escénica](https://erreguete.gal/2020/01/17/teatro-ensalle-de-vigo-abre-tempada-segue-de-funboa-escenica/): O Teatro Ensalle de Vigo comeza hoxe a súa tempada co espectáculo O que segue, de Funboa Escénica, unha creación de Cristina Balboa dirixida e interpretada por ela mesma. Poderá verse dende o venres 17 até o domingo 19, ás 21:00.   O que segue creouse nas residencias Paraíso do Colectivo RPM e do Salón Teatro e presentouse como proceso no ciclo Mulleres en Acción – Violencia Zero en Cambados e Picnic Sessions de CA2M de Madrid. O proceso finalizou de novo no Salón Teatro cunha última residencia e coa estrea os días 18, 19 e 20 de outubro. Segundo a […] - [Hipócrita Teatro celebra o seu 15º aniversario](https://erreguete.gal/2020/01/17/hipocrita-teatro-celebra-seu-15o-aniversario/): O Grupo de Teatro amador Hipócrita Teatro celebrará este sábado 18, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, ás 20:00, unha gala solidaria para conmemorar o seu 15º aniversario.   15 anos de moita merda conta coa participación de artistas, actores e cómicos de recoñecido prestixio na cidade de Lugo, coa colaboración da área de Cultura da Deputación. A recadación da gala destinaranse a ASPACE Lugo. Será presentada por Leandro Barea e Luís Alonso e contará coa participación de Carta de Ajuste, o Mago Teto, Matapiollos e El retrete de Dorian Gray. No acto de presentación da Gala a Vicepresidenta da Deputación, Maite […] - [A Deputación da Coruña destina dous millóns de euros á súa Rede Cultural](https://erreguete.gal/2020/01/16/deputacion-da-coruna-destina-dous-millons-de-euros-sua-rede-cultural/): Compañías, produtoras ou artistas teñen de prazo até o día 31 de xaneiro para presentar propostas.   Dous millóns de euros é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina á nova edición da Rede Cultural, o circuíto de espectáculos, concertos e proxeccións audiovisuais que se desenvolve nos distintos concellos da provincial. Compañías, produtoras ou artistas teñen de prazo até o día 31 de xaneiro para presentar propostas para os programas “Escena ao vivo!”, “Visións”, Lingua a Escena!” e “Alicerce”. A área de Cultura da Deputación da Coruña bota a andar unha nova edición da súa Rede […] - [O Consello da Cultura analiza 'O estado da danza en Galicia'.](https://erreguete.gal/2020/01/16/consello-da-cultura-analiza-estado-da-danza-galicia/): O vindeiro martes 21 de xaneiro, o Consello da Cultura organiza unha xornada, coordinada por Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra, de debate e pescuda sobre ‘O estado da danza en Galicia’.   A situación da danza en Galicia atópase nun estado de explosión creativa tanto nas ideas, nos procesos creativos, nos proxectos e nas formas de enfrontarse aos públicos. Mentres isto sucede asistimos a un tempo de decadencia no soporte institucional e nas políticas públicas dende a Administración. A situación require dunha radiografía urxente do sector dende o estado da formación ata a conformación dunha escena plural ao longo a ancho […] - [Galeatro estrea 'Carabela' en Carballo](https://erreguete.gal/2020/01/16/galeatro-estrea-carabela-carballo/): Este domingo, 19 de xaneiro, ás 18:00, Galeatro Compañía de Teatro estrea Carabela no Pazo da Cultura Carballo.   A montaxe está protagonizada por Alba Bermúdez, Tone Martinez e Davide González, quen dirixe esta peza de teatro familiar baseada nun texto de Paula Carballeira. Con Carabela, Galeatro pretende dar a coñecer á cativada un grande problema ambiental e visibilizar o uso masivo de plástico na nosa sociedade e como isto afecta ó medio natural, especialmente aos nosos mares. Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle […] - [O programa "A escena!" de Compostela programa 27 espectáculos este semestre](https://erreguete.gal/2020/01/16/programa-escena-de-compostela-programa-27-espectaculos-este-semestre/): A concelleira de Acción Cultural do concello de Santiago, Mercedes Rosón, presentou onte o programa “Á escena! Temporada de artes escénicas 2020”, que recolle 27 espectáculos de teatro, danza e circo para o primeiro semestre deste ano. Serán un total de 36 funcións que se desenvolverán no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal dende o 16 de xaneiro ata o 4 de xuño. | Foto: Rosinha Rojo / MIT Ribadavia |   O programa faise en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC-Xunta de Galicia e cos programas Platea e Danza a Escena do INAEM-Ministerio de Cultura, […] - [Carballo propón 8 obras de teatro e 2 concertos para este trimestre](https://erreguete.gal/2020/01/15/carballo-propon-8-obras-de-teatro-2-concertos-este-trimestre/): Dentro do programa de sala dos venres, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá catro espectáculos infantís do ciclo “En familia”, catro espectáculos de teatro para adultos e dous concertos.   Os espectáculos serán: Carabela, de Galaeatro, o domingo 19 de xaneiro; O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, o venres 7 de febreiro; Lambetadas, de Talía Teatro, o domingo 9 de febreiro; o festival Rock Carballo, o venres 28 de febreiro; Invisibles, de Redrum Teatro, o 6 de marzo; El efecto boomerang, concerto de Silvia Penide, o venres 13 de marzo; Paio e o poder da […] - [A Real Filharmonía de Galicia presenta un 'Romeo e Xulieta' con monicreques](https://erreguete.gal/2020/01/15/real-filharmonia-de-galicia-presenta-romeo-xulieta-monicreques/): A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a escolares, o xoves 16 e o venres 17, ás 11:00, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30, repetirase a actuación para o público familiar. A batuta dos tres concertos levaraa o mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG. Os máis pequenos terán a oportunidade de desfrutar co Romeo e Xulieta de Shakespeare e música de Serguéi Prokófiev, xunto aos monicreques da compañía Per Poc.   O concerto do sábado visibilizará o traballo de Agadea, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer. Esta […] - [O Teatro Rivoli do Porto celebra o seu 88º aniversario](https://erreguete.gal/2020/01/15/teatro-rivoli-porto-celebra-seu-88o-aniversario/): O Teatro Rivoli do Porto fai 88 anos e, para celebralo, propón unha fin de semana de programación intensa e gratuíta dirixida a todas as idades. Os días 16, 18 e 19 de xaneiro haberá espectáculos, instalacións e concertos para descubrir o Teatro Municipal do Porto.   A celebración reunirá en 48 horas un anaco do que o Teatro Municipal do Porto – Rivoli e Campo Alegre ofrece durante todo o ano: unha programación multidisciplinar dirixida ao público máis variado e que navega entre propostas artísticas tradicionais e outras máis contemporáneas. Antes, o xoves 16, está programada unha sesión especial das […] - ['Curva España', de Chévere, inicia a súa xira 2020 en Vigo](https://erreguete.gal/2020/01/15/curva-espana-de-chevere-inicia-sua-xira-2020-vigo/): Curva España, a nova produción de Chévere, continuará a súa xira durante o ano 2020. Así, no mes de xaneiro o espectáculo poderase ver en Vigo (día 16), Pontevedra (día 17), Lugo (día 19), Ourense (días 24 e 25) e Ames (día 31). Ademais, proximamente a obra viaxará a Eibar e Vitoria. No mes de marzo, poderase ver durante 10 días en Teatros del Canal de Madrid.   Curva España estreouse o 25 de xullo deste ano na MIT de Ribadavia e foi vista xa por máis de 6.000 expectadores. Este novo traballo de Chévere está protagonizado por Patricia de Lorenzo […] - [Nova Galega de Danza estrea 'Leira' no Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2020/01/14/nova-galega-de-danza-estrea-leira-no-rosalia-de-castro-da-coruna/): O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá este venres, 17 de xaneiro, ás 20.30 h. a estrea de Leira, novo espectáculo de Nova Galega de Danza, que contará coa participación en directo da cantante Rosa Cedrón.   A nova produción da compañía conta coa dirección artística de Jaime Pablo Díaz e coreografía de Iker Gómez. Rosa Cedrón será a encargada de poñerlle a voz en directo a unhas composicións musicais de Sergio Moure de Oteyza. A escenografía é de Jaime Pablo Díaz, o deseño de iluminación, de Antón Cabado e o vestiario, de Erica Oubiña. Bailarán Inés Vieites, Estefanía Gómez, Iván […] - [Patapatum](https://erreguete.gal/2020/01/13/patapatum/): O tempo ben temperado | Manuel Xestoso |     O vindeiro 24 de xaneiro, Elefante Elegante estará presente en MADFeria, a Feira das Artes Escénicas de Madrid, coa obra Patapatum. Con ese motivo, recuperamos a crítica deste espectáculo que publicamos no número 98 da erregueté | Revista Galega de Teatro.      O experimento resulta interesante: dentro da etiqueta que define ese teatro dirixido aos máis cativos, pode un dirixirse aos pais e ás nais tanto como ás súas crianzas. As xeracións que medraron a finais do século XX tiveron un xénero –o «teatro infantil»– que se dirixía a elas para axudalas […] - [FETEN dedica a súa exposición central a Os Monicreques de Kukas](https://erreguete.gal/2020/01/12/feten-dedica-sua-exposicion-central-os-monicreques-de-kukas/): A Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas (FETEN) de Xixón, que se celebrará dende o 8 até o 14 de febreiro, dedicará a súa exposición central ás catro décadas de historia da compañía Os Monicreques de Kukas.   A exposición ocupará a sala principal do Centro antiguo Instituto e reunirá material de moitas das montaxes da compañía, que vén de celebrar o seu cuadraséximo aniversario. Os Monicreques de Kukas, que este ano recibiu o Premio Xiria ao Labor Teatral da Mostra de Teatro de Cangas e o Premio da Cultura de Galicia, son unha compañía referente no teatro de […] - [Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo](https://erreguete.gal/2020/01/11/catorce-espectaculos-na-programacion-teatral-auditorio-gustavo-freire-de-lugo/): A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a programación teatral que completan a programación do primeiro semestre do 2020 para o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Un total de 14 representacións teatrais, que comezarán o vindeiro domingo 12 de xaneiro uniranse ao ciclo Lugo en Danza “para achegar á veciñanza de Lugo unha programación cultural de calidade”. “Temos así unha máis de 20 actividades xa programadas para todo o semestre, sen contar as actividades que aínda están en proceso de deseño”, indicou Ferreiro. O calendario é o seguinte: 12 de xaneiro, 18:30. Patapatum de Elefante […] - [Cámara Negra estrea ‘Si esto es un hombre’, de Primo Levi](https://erreguete.gal/2020/01/10/camara-negra-estrea-si-esto-hombre-de-primo-levi/): A compañía Cámara Negra estrea a versión teatral de Si esto es un hombre de Primo Levi, unha obra fundamental sobre os campos de concentración e o comportamento do ser humano. A estrea terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro na Sala Ártika de Vigo coincidindo co 75 aniversario da liberación de Auschwitz. | Foto: Álvaro Rodríguez Galán |   Trátase dun monólogo teatral protagonizado por Carlos Álvarez-Ossorio, quen asina tamén a versión e a dirección. Completan o equipo: Juan José Villanueva como dramaturxista e asesor de actuación, Alfonso Hierro-Delgado como asesor de alemán e corpo e Violeta Martínez no deseño de iluminación. O proxecto que Álvarez-Ossorio comezou […] - [A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuacións e 18 estreas até xuño](https://erreguete.gal/2020/01/10/rede-galega-de-teatros-auditorios-ofrece-328-actuacions-18-estreas-ate-xuno/): O circuíto que promove a Xunta en colaboración con 45 espazos escénicos de toda Galicia arranca hoxe en Lugo a súa programación semestral co espectáculo de danza Mercedes mais eu, protagonizado por Janet Novás e Mercedes Peón. | Foto: Diego Seixo (O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro) |   A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) reinicia a súa actividade coa posta en marcha da súa primeira carteleira semestral de 2020, que ata o mes de xuño ofrecerá 328 actuacións escénicas e musicais en 45 escenarios de 40 localidades. A primeira delas será a que protagonizarán a coreógrafa e […] - [O camiño da extinción](https://erreguete.gal/2020/01/09/editorial-camino-da-extincion/): | Vanesa Sotelo |   Estamos abocadas a desaparecer. Ese é o camiño irremediable. É unha idea á que custa afacerse pero a realidade non é outra. Desde que xurdiu a vida na Terra foron cinco as extincións masivas. Na actualidade, debido á acción dos seres humanos, a comunidade científica indícanos que o planeta está ao bordo da denominada Sexta Extinción. Por iso cómpre prestar atención ás grandes desaparicións, pero sobre todo ás pequenas ausencias que se poidan dar. Despois de todo, sabemos que o ser humano non sobrevirirá sen os insectos, que nalgúns lugares desaparecen en masa a consecuencia do […] - [Ummm!!!](https://erreguete.gal/2020/01/09/ummm/): Unha doce sensación | Vanesa M. Sotelo | Din que hai bolboretas no estómago cando namoramos, que un nó atravesa o estómago cos nervios, que hai noticias difíciles de dixerir, que hai persoas imposibles de tragar… Non é capricho nin casualidade relacionar tan habitualmente sistema nervioso e dixestivo a través da linguaxe xa que, despois de todo, existe unha conexión directa entre cerebro e intestino a través dun circuíto neuronal. Posiblemente sexa esta forte relación entre como rumiamos o que pensamos e a mediatización á que nos últimos anos vén experimentando o mundo gastronómico, o que fai da cociña unha arma […] - ["Mercedes máis eu" abre o ciclo Lugo En Danza 2020](https://erreguete.gal/2020/01/09/mercedes-mais-eu-abre-ciclo-lugo-danza-2020/): O espectáculo Mercedes máis eu abre mañá o programa Lugo En Danza 2020. O LED é un ciclo concibido ao redor da danza contemporánea e as artes do movemento que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e maio. Ademais da exhibición, as artistas convidadas ofrecerán un obradoiro previo á función e cada mes realizaranse palestras divulgativas en diferentes espazos da cidade. O programa arrinca este venres 10 de xaneiro co espectáculo Mercedes máis eu. A bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón danse cita nesta proposta que se poderá ver no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 […] - [Aberta a convocatoria do programa Novas Dramaturxias](https://erreguete.gal/2020/01/09/aberta-convocatoria-programa-novas-dramaturxias/): O Teatro Victoria Eugenia  de Donostia, o Teatro Arriaga de Bilbao e o Teatro Principal de Vitoria-Gasteiz poñen en marcha a quinta edición do programa Antzerkigintza Berriak / Nuevas dramaturgias. O prazo de presentación de proxectos estará aberto até o 31 de xaneiro. O obxectivo do programa é crear unha rede de creadoras/es e dramaturgas/os que  conforme unha canteira de material dramático que sirva de referente para compañías teatrais e a creación escénica. A iniciativa pretende fomentar a creación de novos textos teatrais; entendendo texto como unha partitura entregable que un director ou directora poida levar á escena. O obxecto da […] - [Vigocultura presenta a programación do primeiro semestre 2020](https://erreguete.gal/2020/01/08/vigocultura-presenta-programacion-primeiro-semestre-2020/): A programación de artes escénicas Vigocultura para o primeiro semestre de 2020 contará con 24 compañías que presentarán 77 funcións de espectáculos de rúa, monicreques, teatro, danza, maxia e circo.  Entres os meses de febreiro e abril, o Auditorio acollerá cada venres espectáculos para adultos de compañías galegas como Contraproducións, Sarabela, Malasombra, Marelas Producións, Ibuprofeno ou Producións Teatráis Excéntricas. De igual modo, o programa inclúe a estrea das compañías viguesas Teatro Avento e Olivas Negras e a presentación de Jauría, de El Pavón Teatro Kamikaze. A primeira cita da tempada será na rúa do Príncipe a fin de semana  do 31 […] - [Fran Núñez será o novo director do CDG](https://erreguete.gal/2020/01/07/fran-nunez-sera-novo-director-cdg/): O actor e produtor Fran Núñez será o novo director do Centro Dramático Galego. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo de contratación da persoa seleccionada para a cobertura do posto de coordinación do Departamento de Produción Teatral (CDG) e que sucederá no posto a Fefa Noia. Desta forma remata o proceso iniciado no mes de agosto ao que se presentaron oito candidaturas. Francisco Javier Núñez Alonso (Vigo, 1986) é doutor en Economía Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Artes Escénicas e Teoría do Espectáculo pola Universidade do País Vasco, mestrado en Economía da Cultura e […] - ["Gran Teatro para os máis pequenos" remata con 'Lambetadas', de Talía Teatro](https://erreguete.gal/2020/01/03/gran-teatro-os-mais-pequenos-remata-lambetadas-de-talia-teatro/): Hoxe e o sábado chega á súa fin o ciclo do Centro Dramático Galego ‘Gran teatro para os máis pequenos’, que se está a desenvolver no Salón Teatro de Compostela, co espectáculo Lambetadas, de Talía Teatro’, e o taller ‘Ao revés’ que terán lugar o venres 23 o e sábado 24. Lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de […] - [IV edición do Festival de Títeres de Brión](https://erreguete.gal/2020/01/02/iv-edicion-festival-de-titeres-de-brion/): O concello de Brión acolle este xoves e venres a vixésimo cuarta edición do Festival de Títeres que se celebra no Nadal. Este ano as funcións correrán a cargo das compañías A Xanela do Maxín (Galicia) e Xarop Teatre (Valencia). As funcións terán lugar ás 17:30, no Centro Social Polivalente. A entrada é de balde ata completar o aforo do local. O xoves 2 de xaneiro A Xanela do Maxín presentará a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida obra dirixida a crianzas dende os 2 anos de idade baseada no álbum ilustrado do […] - [Centro Dramático de Viana presenta a súa programación para 2020](https://erreguete.gal/2019/12/28/centro-dramatico-de-viana-presenta-sua-programacion-2020/): Cinco espectáculos de produción propia, tres festivais, recepción de decenas de espectáculos e espazos de formación e accións para o desenvolvemento de teatro de base, entre as actividades que se desenvolverán no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo.   O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana do Castelo xa ten preparada a súa programación para o 2020. O Teatro Municipal Sá de Miranda vén de presentar o programa que inclúe a creación de cinco espectáculos de produción propia, a recepción de decenas de espectáculos ao longo do ano, tres festivais, espazos de formación e accións para o desenvolvemento […] - [Se fosen turistas levarían gafas de sol](https://erreguete.gal/2019/12/27/fosen-turistas-levarian-gafas-de-sol/): Nas nosas maletas  | Ana Abad de Larriva |   Hai lembranzas que sustentan, que desencadean, que mesmo dan sentido á nosa memoria persoal. E a partir desas lembranzas individuais vaise destecendo a memoria familiar e, tamén, a social. En Se fosen turistas levarían gafas de sol o detonante foron os ovos fritidos con azucre, as festas de Matamá e unha imaxe de familia a mediados do século XX no porto de Vigo. Esas lembranzas levaron a Fran Núñez, director e dramaturgo da peza, e ao seu curmán Brais Iriarte a afondar na súa historia familiar, marcada polo exilio de varios […] - [Volven os Domingos do Principal de Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/12/26/volven-os-domingos-principal-de-pontevedra/): A XXI edición dos Domingos do Principal de Pontevedra botará a andar o domingo 12 de xaneiro no Teatro Principal. En total, serán sete espectáculos que comprenden desde clown a musicomedia xestual, e que terán lugar en dúas sesións, ás 12:00 e ás 18:30. Domingos do Principal arrincará o 12 de xaneiro coa obra Só, de Xampatito Pato. Continúa o 19 de xaneiro con Viaxe ao centro do corpo humano, de Spasmo Teatro (Salamanca); Concerto con fusión de Píscore, o 26 de xaneiro; Nómades, de Xarope Tulú, o 2 de febreiro; Universario, de Marcel Gross (Cataluña), o 9 de febreiro; Alicia […] - [Aporía e Talía ofrecen teatro e obradoiros para a cativada da man do CDG](https://erreguete.gal/2019/12/23/aporia-talia-ofrecen-teatro-obradoiros-cativada-da-man-cdg/): O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por cuarto ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese os días 28 e 29 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, arredor de dous espectáculos das compañías galegas Aporía Escénica e Talía Teatro precedidos de cadanseu taller.   O ciclo arrancará esta fin de semana con Animal Sagrado, unha proposta dirixida por Diana Mera para público a partir de tres anos, na que se establece unha relación cos […] - [Afundación presenta a tempada para Vigo e Pontevedra](https://erreguete.gal/2019/12/23/afundacion-presenta-tempada-vigo-pontevedra/): Afundación vén de anunciar a súa tempada de teatro para o primeiro semestre de 2020 en Vigo e Pontevedra. Compañías como Chévere e Els Joglars subirán ao escenario até xuño.   Curva España, de Chévere, abrirá a tempada, o 16 de xaneiro en Vigo e o 17 en Pontevedra. Curva España vai dun crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes. A peza xoga co formato documental, combinando teatro e cinema en directo. Funciona coma unha alegoría da construción do estado-nación español, coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Esperando a Godot, de Samuel […] - [Lorena Conde presenta 'Santa Inés' en Compostela](https://erreguete.gal/2019/12/22/lorena-conde-presenta-santa-ines-compostela/): Hoxe, 22 de decembro, no Pub Modus Vivendi de Compostela, Lorena Conde presentará o libro Santa Inés, publicado pola Editora Urutau. A presentación desta obra contará coa participación de Gena Baamonde, Goretti Sanmartín, Inés Salvado Gontad e da propia autora. O espectáculo Santa Inés vén de estrearse pola compañía A Feroz o pasado 20 de decembro na Igrexa da Universidade. Na obra danse cita a ficción, a realidade e a indagación escénica arredor do corpo e a palabra como vías transcendentes.  Un monólogo cru, rabioso, tenro, irónico e moi poético que se defende con uñas e dentes nun espazo case onírico. É esta […] - [A Feroz estrea hoxe 'Santa Inés'](https://erreguete.gal/2019/12/20/feroz-estrea-hoxe-santa-ines/): A compañía A Feroz estrea hoxe, ás 20:30, o espectáculo Santa Inés na igrexa da Universidade. A entrada é de balde, pero é preciso recoller os convites na billeteira do Teatro Principal en horario de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado. Pódense retirar ata dous convites por persoa. Segundo explica a compañía, Santa Inés é un texto armado arredor da idea de mística contemporánea e feminismo dentro da dinámica de traballo escénico de A Feroz. A peza parte da lembranza das visitas que Inés Salvado facía coa súa avoa ao convento das Clarisas en Compostela e daquel cadro de […] - [Liberto](https://erreguete.gal/2019/12/20/liberto/): Catarse sen alardes | Manuel Xestoso |   A desgraza é algo azaroso, a traxedia concirne só a humanidade. Liberto comeza na descrición dunha desgraza e medra no desenvolvemento da traxedia: unhas semanas na vida dunha muller que ten un fillo con danos cerebrais irreparables, uns días na que o infortunio se incrementa co padecemento engadido da burocracia, da espera, do sentimento de culpa tan prodigamente repartido pola sociedade. Se cadra, o horizonte do teatro é replicar a existencia en toda a súa aspereza, inventar o dispositivo que explique ou que revele os mecanismos desa putada que tende a ser a […] - [Este Nadal, teatro para os máis cativos na sala Ártika de Vigo](https://erreguete.gal/2019/12/20/festival-pequeartiko-na-sala-artika-de-vigo/): Na sala Ártika de Vigo, do sábado 21 ao martes 31, terá lugar o V Festival PequeÁrtiko de Nadal, unha mostra con obras teatrais pensadas para os máis pequenos. Este ano, a sala presenta sete obras divertidas e familiares. Do sábado 21 ao martes 24 ás 12:00 e ás 18:00, poderá verse O mago de Oz, de Teatro Avento, unha adaptación para as táboas do clásico infantil. A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer é todo o que se pode facer. Pero… un día normal, como calquera día normal da […] - [Fernando Epelde gaña o Premio Varela Buxán de Teatro](https://erreguete.gal/2019/12/19/fernando-epelde-gana-premio-varela-buxan-de-teatro/): O xurado destaca que o texto crea “un universo dramatúrxico, complexo e estruturado con habilidade, que propón un xogo coa linealidade e a causalidade do tempo”.   Fernando Epelde resultou ser o gañador do Premio Varela Buxán de Teatro promovido polo Concello de A Estrada. O autor foi o escollido onte polo xurado, polo seu traballo Engadir auga e esperar…, presentado baixo o lema Cousas que dormen lustros. O xurado -integrado por Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Chelo do Rejo- fallo destacan que o texto crea “un universo dramatúrxico, complexo e estruturado con habilidade, que propón un xogo coa linealidade e a […] - [Esta semana comeza en Ourense a Mostra de Teatro Infantil, a MOTI](https://erreguete.gal/2019/12/19/esta-semana-comeza-ourense-mostra-de-teatro-infantil-moti/): A XVI edición da Mostra comeza o sábado e contará con 14 compañías e 16 funcións.   Catorce compañías e 16 representacións en seis días de actividade son as cifras coas que se presenta este ano a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti). Cun anticipo de teatro de rúa, o sábado 21 de decembro, a programación da mostra desenvolverase do 26 ao 30 de decembro, e nela volverá a ter un protagonismo destacado o campus de Ourense, xa que ademais de ser unha das entidades que financia o certame acollerá varios dos seus espectáculos e incluirá nela a actuación da […] - [O Museo Etnolóxico de Ribadavia mostra a colección de arte da Agrupación Cultural Abrente](https://erreguete.gal/2019/12/18/museo-etnoloxico-de-ribadavia-mostra-coleccion-de-arte-da-agrupacion-cultural-abrente/): Móstrase ao público, por primeira vez,  a colección de arte da agrupación cultural Abrente de Ribadavia no Museo Etnolóxico da vila do Ribeiro.   Abrente foi una asociación cultural que desenvolveu en Ribadavia unna intensa actividade cultural entre os anos 1969 e 1983. Esta asociación dispuña dunha razoable colección de arte procedente das doazóns de obra que lle facían os artistas para contribuír co importe da súa venda á financiación das actividades da asociación, ou simplemente para decorar a súa sede social. A colección contén 58 obras de 29 autores. Dado o seu volume, a exposición da colección terá lugar en […] - [O grupo Gargallada triunfa no III Certame de Teatro Amador Concello de Lourenzá](https://erreguete.gal/2019/12/18/grupo-gargallada-triunfa-no-iii-certame-de-teatro-amador-concello-de-lourenza/): O grupo Gargallada, do Barco de Valdeorras, coa súa obra Fuga, foi o gañador do premio á mellor representación na terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, dotado con 750 euros. A obra de Gargallada tamén recibiu o premio ao mellor actor de reparto, Manuel Caramés. Fauna 113, de Vigo, acadou o premio á mellor posta en escena e o premio Ana á mellor actriz, que recibiu Iris Darriba, polo seu papel na obra A última cea. O premio Lourenzo ao mellor actor foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra, que participaba coa obra A Lola, de Manuel […] - [Kor'sia presenta 'The Lamb' no TRC Danza da Coruña](https://erreguete.gal/2019/12/17/korsia-presenta-the-lamb-no-trc-danza-da-coruna/): Este sábado, 21 de decembro, ás 20:30, a compañía Kor’sia presentará The Lamb, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do ciclo TRC Danza.   Con esta frase de Ernesto Sábato “e espertei sobresaltado, como ante un perigo repentino e perverso, como se na escuridade tocase coas miñas mans a pel xeada dun reptil” é que os coreógrafos Mattia Russo e Antonio de Rosa e o dramaturgo Guiseppe Dagostino constrúen The Lamb, unha peza para un elenco de 8 persoas, 3 bailaríns e 5 bailarinas. Din os autores queThe Lamb parte do acontecemento milagroso da recuperación da vista, para mergullarnos, […] - [Carlos Labraña presenta 'A pequena compaña' en Compostela](https://erreguete.gal/2019/12/17/carlos-labrana-presenta-pequena-compana-compostela/): Hoxe 17 de decembro, no Pazo de San Roque, en Compostela, Edicións Embora presenta o libro A pequena compaña, de Carlos Labraña, nunha edición con ilustracións de Oscar Villán. A presentación desta obra (VIII Premio Estornela de teatro para nenos) contará coa participación de Blanca Ana Roig, Armando Requeixo, Fernando Redondo, o Secretario Xeral de Política Lingüística e do propio autor. Ao rematar, o grupo de teatro Os Furabolos representará unha adaptación da peza interpretada por Mar Fiuza e Pablo Núñez baixo a dirección de Paula Ribes.   Sinopse Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defuntos, e […] - [A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXIV Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2019/12/16/asociacion-de-actores-actrices-de-galicia-convoca-os-xxiv-premios-de-teatro-maria-casares/): Como novidade nesta edición dos premios, as montaxes estreadas no derradeiro trimestre do ano, é dicir entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, poderán escoller entre presentarse na presente edición ou agardar á seguinte convocatoria.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XXIV Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro xoves 26 de marzo de 2020 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de […] - [O Teatro Pastor Díaz de Viveiro celebra o seu centenario](https://erreguete.gal/2019/12/16/teatro-pastor-diaz-de-viveiro-celebra-seu-centenario/): O Concello de Viveiro prepara a celebración do centenario do Teatro Pastor Díaz cunha exposición que lembrará a súa historia. O vindeiro 18 de xaneiro inaugurarase, ás 20:30, no hall do teatro, unha exposición na que se fará un repaso pola traxectoria do emblemático edificio. A parte histórica da mostra corre a cargo do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, e ao acto asistirán diferentes colectivos culturais da localidade, coñecidos pola súa longa traxectoria. Construído entre 1918 e 1919 a iniciativa particular de Nemesio Barreiro Casal, o teatro pasou por varios propietarios ata que foi adquirido polo Concello en decembro […] - [O Teatro Rosalía de Castro da Coruña presenta o seu programa para o próximo semestre](https://erreguete.gal/2019/12/14/teatro-rosalia-de-castro-da-coruna-presenta-seu-programa-proximo-semestre/): O concelleiro de Cultura da Coruña, Jesús Celemín, e o director do Teatro Rosalía de Castro, Paulo Rodríguez, presentaron onte a programación para o vindeiro semestre do ciclo Principal. O edil recordou os 180 anos de funcionamento dun emblema da cidade, que prepara para a primavera de 2020 unha entrega con obras de autorías como Alberto Conejero, Sanchís Sinesterra, Chéjov, Shakespeare ou Cándido Pazó.   Como vén sendo habitual, haberá unha batería de tres pezas soltas como Conservando a memoria, da compañía El Patio Teatro, que ofrecerá dous pases de aforo reducido para 70 persoas os días 14 e 15 de […] - [O director da Agadic non aclara as dúbidas sobre o futuro do CDG e o CCG](https://erreguete.gal/2019/12/13/director-da-agadic-non-aclara-as-dubidas-futuro-cdg-ccg/): O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, respondeu no Parlamento a unha pregunta sobre o proceso de elaboración do novo Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais, pero as súas respostas resultaron insuficientes. | Manuel Xestoso | | Foto: Arquivo Parlamento de Galicia |   Non pasa nada: este podería ser o resumo da comparecencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, no Parlamento, onde acudiu para contestar unha pregunta da deputada do BNG, Olalla Rodil sobre o proceso de elaboración do novo Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) anunciado polo Goberno galego, […] - ['Eroski Paraíso', o filme, estréase en salas este venres](https://erreguete.gal/2019/12/12/eroski-paraiso-filme-estrease-salas-este-venres/): Logo dalgunhas preestreas no Festival de Cans, Cineuropa e Culturgal, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso chega ás salas.   O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegará este venres 13 de decembro aos cines galegos. As primeiras localidades que acollerán o filme a partir desa data serán salas como as salas Numax (Santiago de Compostela), Duplex (Ferrol), os Multicines Norte (Vigo), Codex (Lugo), os Cines Viveiro (Viveiro) os Cines Seixo (Marín) e o Teatro Municipal Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras). Nas semanas seguintes Eroski Paraíso tamén poderá verse en Caldas de Reis, A Coruña, Cee, A Rúa, As […] - [O teatro e danza institucionais, ameazados polas reformas anunciadas pola Xunta](https://erreguete.gal/2019/12/12/teatro-danza-institucionais-ameazados-polas-reformas-anunciadas-pola-xunta/): A AAAG, a Academia de Teatro e Músicos ao Vivo, esixen a retirada dun Proxecto de Decreto para modificar os Estatutos da Agadic que se está a levar a cabo de costas ao groso do sector e que “acentuará o desmantelamento sistemático que a Xunta de Galicia está a practicar coas unidades de produción institucional”; Escena Galega pide unha mesa de diálogo para redefinir a política escénica e cultural; e o sector profesional da Danza pide a reconsideración do proxecto. | Manuel Xestoso |   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Academia Galega de Teatro e Músicas ao […] - [O Principal de Ourense presenta o seu programa para o primeiro semestre de 2020](https://erreguete.gal/2019/12/11/principal-de-ourense-presenta-seu-programa-primeiro-semestre-de-2020/): O Teatro Principal de Ourense anunciou onte a carteleira escénica e musical que desenvolverá durante o primeiro semestre de 2020.   Antes, ofrecerá cinco montaxes para rematar o 2019, comezando por Casa O’Rei, que Ibuprofeno Teatro porá en escena este mesmo sábado 14, e seguindo pola versión de Luces de Bohemia dirixida por Alfonso Zurro que o Teatro Clásico de Sevilla presentará o día 21. O resto insírese na programación da MOTI, Mostra de Teatro Infantil de Ourense: OhLimpiadas!, de Sincronacidas, o día 26; O rexurdir da luz, de Gramola Gominola, o 27; Zapatos, de Caramuxo Teatro, o 28; e A […] - [Diario de cativerio. Día 11, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/03/24/diario-de-cativerio-dia-11-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   O día no que se pecharon as tendas, entrou nas librarías o meu último libro: Malcriada. Unha historia de amor (Ed. Positivas). Quedou alí, parado, confinado, nos estantes. E non deixa de ser interesante a metáfora que supón para este concreto libro. O texto fala das empregadas de fogar. É un texto denuncia. Un texto protesta. Un texto propaganda. Protesta sobre a condición de precariedade na que viven esas mulleres (porque son todo mulleres) que limpan nas nosas casas. Que coidan das nosas familias. A precariedade económica, a emocional, a social, a laboral e incide particularmente […] - [A SGAE asesorará aos autores na petición de axudas públicas polo COVID-19](https://erreguete.gal/2020/03/21/sgae-asesorara-aos-autores-na-peticion-de-axudas-publicas-polo-covid-19/): A SGAE reforzará os seus servizos de asesoría para os creadores máis vulnerables economicamente pola crise do coronavirus. O obxectivo desta iniciativa é axudalos a entender e, no seu caso, pedir ás distintas administracións correspondentes as axudas públicas que se están a implementar a raíz da actual emerxencia sanitaria.   A Administración Xeral do Estado, a través do Real Decreto-Lei 8/2020, de 17 de marzo, as Comunidades Autónomas e os concellos están a articular baterías de medidas de carácter xeral para paliar os efectos económicos e sociais desta crise. Dado o número destas axudas e a súa complexidade, e as características […] - [Mensaxes do Día Mundial da Marioneta 2020](https://erreguete.gal/2020/03/21/mensaxes-dia-mundial-da-marioneta-2020/): Este ano, UNIMA propúxolles a artistas americanos que fixesen o cartel e unha mensaxe conxunta para o Día Mundial da Marioneta, que se celebra cada 21 de marzo. Manuel Antonio Morán, Zoa Meza e Rubén Darío Salazar son os encargados de redactar as mensaxes e Osvaldo Gabrieli de deseñar o cartel.   Un novo espertar, por Manuel Antonio Morán. Voz de América del Norte Hai un novo espertar no continente americano e óese un rexo berro de reclamo de paz, liberdade, xustiza e igualdade. A través de protestas, manifestacións e marchas, os americanos (os de América do Norte, Central, Caribe e […] - [O CGAC anuncia para xuño unha exposición sobre o traballo de La Ribot](https://erreguete.gal/2020/03/21/cgac-anuncia-xuno-unha-exposicion-traballo-de-la-ribot/): O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) anuncia, para o vindeiro mes de xuño, unha exposición sobre o traballo de La Ribot nos últimos vinte anos.   Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades […] - [Nova mensaxe de Assitej nun Día do Teatro para a Infancia e a Mocidade ameazado polo Covid-19](https://erreguete.gal/2020/03/20/nova-mensaxe-nun-dia-teatro-infancia-mocidade-ameazado-polo-covid-19/): ASSITEJ, a través da súa presidenta Yvette Hardie, lanza unha nova mensaxe na que anima, ante a imposibilidade de levar aos nenos e nenas ao teatro, no Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade, a realizar outras actividades que desenvolvan a creatividade.   Desde que lanzamos a nosa campaña do Día Mundial das Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade, que se celebra o 20 de marzo, co eslogan #Levaunnenoaoeatro #Levaunhanenaaoteatro (#Takeachildtotheatre), moitas cousas cambiaron. Para moitos nenos e nenas en moitas partes do mundo non é práctico, posible ou aconsellable levar aos nenos e nenas ao teatro, e moitos […] - [Elefante Elegante: “Temos que dirixirnos ás crianzas co grao de responsabilidade e esixencia que require un adulto”](https://erreguete.gal/2020/03/20/elefante-elegante-temos-dirixirnos-as-crianzas-co-grao-de-responsabilidade-esixencia-require-adulto/): Neste 2020 a compañía Elefante Elegante, formada por María Torres e Gonçalo Guerreiro celebra 20 anos de vida e proxectos. A crise sanitaria desatada polo Covid-19 obrigou a adiar a estrea de Dreaming Juliet prevista para o 20 e 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Precisamente, na Coruña encontrámonos no mes de xaneiro antes da súa partida a Madferia para presentar Patapatúm, Premio ao Mellor Espectáculo Infantil en 2019. Compartimos a charla con Gonçalo e María para conversar sobre as súas dúas décadas de historia e sobre a súa forma de facer escena.   Elefante Elegante […] - [Diario de cativerio. Día 7, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/03/20/diario-de-cativerio-dia-7-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Un dos primeiros días de toda esta loucura David Trueba escribiu unha ben interesante reflexión en clave distópica arredor da distopía na que vivimos. Que pasaría, formulaba, se o virus non puidera atacar África por cuestións medioambientais, e todos os europeos e europeas nos arremuiñásemos -nas nosas propias fronteiras- e tiveramos que pedir refuxio a quen tantas veces llo negáramos no pasado. Eu veño para facer outro exercicio de estilo. Imaxinemos que a vida segue e que, cando comeza a relaxarse por fin isto un pouco, a “normalidade” arranca con certas restricións o seu curso. Con […] - [Mensaxes do Día Mundial das Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade](https://erreguete.gal/2020/03/20/mensaxes-dia-mundial-das-artes-escenicas-infancia-mocidade/): O 20 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro para a Infancia e a Mocidade e ASSITEJ (Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade) quere celebralo coa mensaxe ‘Leva a unha crianza ao teatro hoxe’, lembrando o valor do teatro no desenvolvemento da infancia e a mocidade. O Día Mundial é unha campaña global. ASSITEJ ten máis de 90 centros nacionais así como redes profesionais con afiliados en 100 países.   Que significado ten para un neno ou para unha nena involucrarse nun encontro creativo, nunha nova experiencia artística? Por que é algo tan importante? Recentemente tiven […] - [Diario de cativerio. Día 6, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/03/19/diario-de-cativerio-dia-6-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Falo cun colega. Un colega da Facultade. Da de Xornalismo. Un colega deses que fai anos [literal] co que non falas, e de súpeto falas agora e pensas, mira ti, para algo bo tiña que servir o virus etc [como se o virus puxera o número de teléfono na túa axenda]. O caso é que falo con el e todo é coma sempre. As mesmas conversas marabillosas, irónicas, frescas, políticas de fai anos. Sorrío, por dentro e por fóra. Ten unha nena que a última vez que a vin apenas camiñaba e agora xa debe de […] - [FETEN 2020: Lume aceso na escena](https://erreguete.gal/2020/03/19/feten-2020-lume-aceso-na-escena/): En plena crise, mais sen esquecer que xa se cheira, coma un bálsamo, a primavera, facemos balance da 29ª Edición de FETEN, Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas, excelente vacina para todo os males do corpo e o espírito. | Xurxo García Avendaño |   Do 9 o 14 de febreiro pasaron por Xixón noventa compañías seleccionadas entre as 860 propostas chegadas dende toda a península ademais de Reino Unido, Italia, Francia, Bélxica, México, Brasil, Arxentina, Quenia e Canadá; para estas pezas chegadas de fóra créase este ano o premio “Nos visitan”. Dezasete estreas absolutas e 250 funcións […] - [Rosa Díaz: "“A infancia é unha aprendizaxe continua, un camiño que hai que volver percorrer”](https://erreguete.gal/2020/03/19/rosa-diaz-infancia-unha-aprendizaxe-continua-camino-volver-percorrer/): Conmemorando o seu corenta aniversario no teatro, Rosa Díaz fixo unha retrospectiva dos seus traballos nunha exposición exhibida en Xixón dentro do marco FETEN 2020. Desde os inicios en Albacete no Teatro Escola Municipal e Teatro Fénix, as imaxes suspendidas no tempo ilustran o seu paso por compañías como Cambaleo, La Tartana, Johannes Vardar, Comediants, Ur Teatro e a súa participación na Expo 92 de Sevilla. Outras instantáneas mostran espectáculos de Laví e Bel ou La Sal Teatro, compañías formadas por ela mesma, igual que escenografías, vestiario e obxectos da súa actual compañía, La Rous. Tamén recolleu o Premio Nacional ASSITEJ […] - [O Ministro de Cultura e Deporte informará ao sector cultural das medidas de apoio adoptadas polo Goberno](https://erreguete.gal/2020/03/18/ministro-de-cultura-deporte-informara-ao-sector-cultural-das-medidas-de-apoio-adoptadas-polo-goberno/): A partir de mañá, José Manuel Rodríguez Uribes manterá conversas telefónicas con máis dunha vintena de representantes do sector cultural e cos conselleiros de Cultura das comunidades autónomas.   O ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes falará a partir de mañá con representantes do sector cultural para lles trasladar as medidas aprobadas polo Goberno en apoio á economía e a sociedade, da que o sector cultural forma parte fundamental. O obxectivo, segundo o Ministerio, é que os distintos axentes e representantes do sector poidan analizalas e posteriormente poidan elevar as súas inquietudes ao departamento de Cultura. Por outra […] - [O Consello da Cultura publica as conclusións da xornada "O estado da danza en Galicia"](https://erreguete.gal/2020/03/18/consello-da-cultura-publica-as-conclusions-da-xornada-estado-da-danza-galicia/): A meirande parte das reivindicacións do sector diríxense á acción institucional e, especialmente, a Axencia Galega de Industrias Culturais.   O pasado día 21 de xaneiro, o Consello da Cultura Galega celebraba unha xornada coordinada por Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra, de debate e pescuda sobre ‘O estado da danza en Galicia’. Agora, o Consello fai públicas as conclusións e os vídeos daquel encontro, coa intención de continuar a análise colectiva da situación. O documento deixa claro que a meirande parte das reivindicacións do sector se dirixen á acción da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic): recuperar o papel do Centro […] - [Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2020/03/17/mensaxe-internacional-dia-mundial-teatro/): O Instituto Internacional do Teatro (International Theatre Institute, ITI) dá a coñecer a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspondente a 2020, cuxo autor é o director de escena e dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem.   É unha gran honra para min escribir a Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2020. É un sentimento que me inspira a maior das humildades mais é tamén emocionante o pensamento de que o teatro paquistaní e o Paquistán sexan recoñecidos polo ITI, a máis influente e representativa entidade do teatro mundial dos nosos días. Esta honra é tamén un tributo a Madeeha Gauhar, icona do […] - [Escena Galega elabora unha enquisa para medir o impacto económico do Covid-19 nas artes escénicas](https://erreguete.gal/2020/03/17/escena-galega-elabora-unha-enquisa-medir-impacto-economico-covid-19-nas-artes-escenicas/): Escena Galega, en colaboración con FAETEDA e outras asociacións do Estado, vén de elaborar unha enquisa sobre o impacto económico das medidas de prevención contra o Covid-19 no sector das empresas de artes escénicas.   Dirixida a compañías asociadas e non asociadas, e en colaboración coa Federación Estatal de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA) e outras asociacións do Estado, o obxectivo destes formularios é recadar a información suficiente para medir as consecuencias que a crise provocada pola pandemia pode ter sobre o sector e, a continuación, xestionar o proceso de recuperación para tratar de minimizar as perdas. A enquisa debe […] - [Diario de cativerio. Día 4, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/03/17/diario-de-cativerio-dia-4-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Son tempos de facer menos e pensar máis, supoño. Son tempos nos que os números contan máis que as letras e onde o humor tenta impoñerse sobre a traxedia. Eu permanezo na casa, tampouco teño moito que facer fóra, e permanezo, como unha nena boa. Miro os números. As curvas (agardo non ser sexista!). Pero as contas non me dan. Resulta que hai máis xente sen cama na vida que no hospital. Habilitemos… ximnasios! No correr da vida diaria nada nos importa suar na cinta de mentira impedindo un teito para un sen-teito (sen teita, tamén, […] - [Primeiros pasos para afrontar a crise no sector das artes escénicas](https://erreguete.gal/2020/03/16/primeiros-pasos-afrontar-crise-no-sector-das-artes-escenicas/): Comezan a coñecerse as medidas tomadas polas diferentes administracións para paliar os efectos da crise provocada pola expansión do Covid-19, o corona virus, así como as primeira peticións do sector ás administracións. Estas son as que se foron desvelando nas últimas horas.   Adiamento de todos os prazos de convocatorias públicas abertas en todas as Administracións Este adiamento será efectivo durante os 15 días que dure o Estado de Alarma –polo de agora. Segundo Escena Galega, os principais focos de interese para as compañías son: AGADIC Prazo de xustificación das axudas 2019. Prazo de presentación de solicitudes para as axudas a […] - [Sólodos en Danza Costa Rica entregou os premios da súa edición 2020](https://erreguete.gal/2020/03/16/solodos-danza-costa-rica-entregou-os-premios-da-sua-edicion-2020/): ACTUALIZACIÓN (16 de xuño de 2020): SóLODOS En Danza adía a 2021 a xira polo estado español de ‘Me fui con tu nombre’ de Marcelo Javier Guaigua e Lemia Boudhiaf (Ecuador), peza gañadora do Certame de Creación de dúos e solos do Festival SóLODOS EN DANZA / Costa Rica 2020.   O sábado día 14 de marzo de 2020, celebrouse en Barva de Heredia, Costa Rica, o Certame de Creación de dúos e solos do Festival SóLODOS EN DANZA / Costa Rica 2020. Participaron un total de oito coreografías de creadores e intérpretes procedentes de México, Arxentina, Ecuador e Costa Rica: […] - [O Festival Atlántica comparte nas súas redes contos para a corentena](https://erreguete.gal/2020/03/16/festival-atlantica-comparte-nas-suas-redes-contos-corentena/): Xa están publicados os vídeos do venezolano Rubén Martínez e do galego Luís Prego baixo a etiqueta #ocontononpara Tras a cancelación do Festival Atlántica por mor das medidas tomadas para controlar a propagación do coronavirus, a organización do encontro está a publicar nas súas canles sociais unha colección de vídeos con contos gravados ex profeso polos artistas desta edición. Este material vaise difundir coa etiqueta propia #ocontononpara e outras vinculadas a esta situación excepcional como #ficonacasa ou #quedonacasa. Xusto logo das medidas acordadas pola Xunta e polos concellos, produciuse unha cancelación masiva de actividades culturais na comunidade galega. A dirección do […] - [Pepe Peinó acada o IV Premio Internacional de Teatro Joven con 'Algo'](https://erreguete.gal/2020/03/16/pepe-peino-acada-iv-premio-internacional-de-teatro-joven-algo/): O xurado do IV Premio Internacional para obras de Teatro Joven vén de facer público o título das pezas gañadoras deste concurso convocado pola gaditana Editorial DALYA. Na categoría A, para obras de máis dunha hora de duración, o premio foi para Algo, unha peza en galego de José Vázquez Peinó; mentres que na categoría B, para obras de entre 30 e 60 minutos de duración, a peza gañadora foi a francesa Plus loin que l´horizon, de Laurent Contamin.   O Premio Internacional de Teatro Joven está convocado pola Editorial DALYA de San Fernando e ten como obxectivo estimular aos autores […] - [Marta Pazos, Quico Cadaval, Matarile e Patricia Vázquez, entre os candidatos aos Premios Max](https://erreguete.gal/2020/03/13/marta-pazos-quico-cadaval-matarile-patricia-vazquez-os-candidatos-aos-premios-max/): Je suis narcissiste, a ópera dirixida por Marta Pazos, obtén cinco candidaturas, mentres que Los limones, la nieve y todo lo demás, de Matarile, Medida x medida, de PT Excéntricas, e A compañeira de piso, de Contraproducións, fanse con dúas candidaturas cada unha.   O Comité Organizador dos Premios Max de las Artes Escénicas deu a coñecer os candidatos ás 19 categorías a concurso da 22ª edición destes galardóns organizados pola Fundación SGAE, cuxo propósito é estimular e premiar o talento dos profesionais do Teatro e a Danza, ademais da promoción dos espectáculos da tempada. Un total de 159 espectáculos dos […] - [Os profesionais da xestión cultural piden medidas extraordinarias para paliar os efectos económicos da epidemia no mundo da cultura](https://erreguete.gal/2020/03/12/os-profesionais-da-xestion-cultural-piden-medidas-extraordinarias-paliar-os-efectos-economicos-da-epidemia-no-mundo-da-cultura/): Solicítanlle ao goberno do Estado que fixe medidas extraordinarias para paliar os efectos que a suspensión dos eventos e o peche dos espazos públicos está a provocar no sector cultural igual que se están a aprobar para o turismo, o transporte ou a hostalaría.   A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de facer público un comunicado no que manifestan a súa “gran preocupación polo impacto que están tendo no sector cultural as medidas de contención do coronavirus, que están provocando a cancelación das actividades culturais en todo o Estado e o peche dos espazos escénicos, museos e bibliotecas”. […] - [Cancelacións nos teatros galegos polas medidas de prevención contra o Covid-19](https://erreguete.gal/2020/03/12/cancelacions-nos-teatros-galegos-polas-medidas-de-prevencion-covid-19/): As cancelacións de espectáculos derivadas das novas medidas de prevención por mor da epidemia de coronavirus precipítanse en cascada.   O Concello de Cangas tamén cesa todas as actividades públicas nas súas instalacións. Isto afecta a outra estrea, a de Microspectivas dun marica millennial, da compañía Incendiaria, prevista para este sábado.   A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de facer público un comunicado no que piden medidas extraordinarias para paliar os efectos económicos da epidemia no mundo da cultura   O Festival Atlántica informa de que a súa programación queda cancelada atendendo ás medidas de feches cautelares de […] - [Adiado ata outubro o I Congreso Internacional do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2020/03/12/adiado-outubro-i-congreso-internacional-teatro-galego/): A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado polo que anuncia o adiamento do I Congreso Internacional do Teatro Galego por mor das recomendacións da Organización Mundial de Saúde, as orientacións ditadas pola Xunta de Galicia e as decisións xa tomadas polas autoridades sobre o aforo de espazos públicos para as vindeiras semanas, no contexto da prevención e contención da propagación do novo coronavírus (COVID-19). As novas para o Congreso son os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura e, agás cambios, co mesmo programa que agora estaba vixente. O Congreso mantén os […] - [A AAAG adía a gala de entrega dos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2020/03/12/aaag-adia-gala-de-entrega-dos-premios-maria-casares/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, apraza a gala de entrega dos premios, que estaba prevista celebrarse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 26 de marzo, así como as actividades paralelas previstas. O prazo de votacións, realizado telematicamente a través da plataforma de votación dispoñible para o censo de votantes, continuará adiante. Dependendo dos acontecementos, a organización dos premios decidir, cando sexa posible, o xeito de comunicar os e as gañadoras nas catorce categorías, reservándose a posibilidade de celebrar a gala noutro momento do ano ou reformular tanto […] - [O Festival Atlántica expándese por Ferrol, Teo e Ourense nesta fin de semana](https://erreguete.gal/2020/03/12/ferrol-recunca-sede-festival-atlantica-de-narracion-oral-seis-espectaculos/): Ferrol O Festival Atlántica volve encher de contos Ferrol este ano con media ducia de funcións gratuítas grazas á colaboración da Deputación da Coruña e do Concello da vila. Os narradores Sandra Araguas, Fernando Saldaña, José Luis Gutiérrez ‘Guti’, Aline Cântia e Chicó do Céu van protagonizar as funcións para nenos e maiores programadas entre os días 12 e 14 de marzo. Todos as sesións son de balde e os interesados poderán retirar as entradas no despacho de billetes do Teatro Jofre para as actuacións do Torrente Ballester ou no primeiro andar da Biblioteca cando se celebren nas súas dependencias. As […] - [Peche de teatros para previr o contaxio do coronavirus](https://erreguete.gal/2020/03/11/peche-de-teatros-previr-contaxio-coronavirus/): Desde a aparición do Covid-19 e a súa propagación global, infectáronse máis de 100.000 persoas. O virus transmítese con facilidade, polo que espazos ateigados de persoas poden propiciar un contaxio. Por iso, as principais institucións culturais toman medidas de prevención que inclúen a cancelación das programacións culturais.   Diversos teatros portugueses veñen de anunciar a cancelación temporal das súas programacións por mor da epidemia de coronavirus. Entre os teatros que pechan as súas portas están o Teatro Municipal do Porto (Rivoli e Campo Alegre), os teatros municipais de Lisboa  (São Luiz, LuCa e Teatro do Bairro Alto), os Teatros de Maia […] - [Teatro Art'Imagem estrea 'Desastre Nu' na Maia](https://erreguete.gal/2020/03/11/teatro-artimagem-estrea-desastre-nu-na-maia/): ACTUALIZACIÓN  | En vista da emerxencia da situación creada pola epidemia do coronavirus, a Câmara Municipal da Maia, en reforzo das medidas preventivas suspende eventos e pecha servizos municipais. Así, cancélase a temporada do espectáculo ‘Desastre Nu’.   Teatro Art’Imagem estreou onte, no auditorio da Quinta da Caverneira, en Maia, Desastre nu, un texto de António Aragão con dirección e dramaturxia de Daniela Pêgo. A obra permanecerá en cartel ata este domingo 15 (até o sábado, ás 21:30; domingo ás 16:00).   En Desastre nu, catro actores interpretan nove personaxes en estado neurótico e louco, promovendo unha especie de psicose colectiva […] - [Incendiaria estrea en Cangas 'Microspectivas dun marica millennial'](https://erreguete.gal/2020/03/11/incendiaria-estrea-cangas-microspectivas-dun-marica-millennial/): A compañía Incendiaria estrea este sábado 14 de marzo ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo o espectáculo Microspectivas dun marica millennial. Davide González protagoniza esta peza unipersoal creada en co-produción co Centro Dramático Galego que afonda na memoria desde a música ao vivo e as artes do movemento.   Microspectivas dun marica millennial é unha proposta íntima e cargada de poesía coa que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade. Apostando por atender o detalle para pensar o global, MMM propón un espazo de transo no que redescubrir as raíces, revisar a historia e refundar o […] - [A AAAG apoia as reivindicacións das alumnas da ESAD contra o acoso sexual e os abusos](https://erreguete.gal/2020/03/10/aaag-apoia-as-reivindicacions-das-alumnas-da-esad-acoso-sexual-os-abusos/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu pleno apoio ás reivindicacións e mobilizacións das alumnas da ESADg (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), secundadas polo resto do alumnado e as profesoras do centro, e no que se solidaríza coas súas manifestacións denunciando condutas de abusos de poder e acoso sexual. A AAAG, di o comunicado, “apoia as súas iniciativas en contra dunhas actitudes que xa non só serían impropias, senón absolutamente […] - [Flor Maceiras recebe o Premio de Honra Marisa Soto deste ano](https://erreguete.gal/2020/03/10/flor-maceiras-recebe-premio-de-honra-marisa-soto-deste-ano/): A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de concederlle á actriz, directora e docente teatral Flor Maceiras o Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado durante a gala dos Premios de Teatro María Casares, o 26 de marzo, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. | Foto: AAAG |   Con este galardón, a Xunta Directiva quere recoñecer o labor inxente dunha actriz e docente cuxa traxectoria se pode definir polo seu amor incontestable pola escena. Un amor que lle inculcou Manuel Lourenzo e que Flor Maceiras lle transmite ás novas xeracións de profesionais do […] - [Redrum anuncia a estrea de ‘O mozo da última fila’, de Juan Mayorga](https://erreguete.gal/2020/03/10/redrum-anuncia-estrea-de-mozo-da-ultima-fila-de-juan-mayorga/): A montaxe, dirixida e adaptada por Alex Sampayo, está protagonizada por Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Rubén Porto e Machi Salgado. Tras a súa estrea, O mozo da última fila xirará por Lalín e Narón.   Redrum Teatro está xa a ensaiar o que será o seu novo espectáculo: O mozo da última da fila. Dirixida por Alex Sampayo, a montaxe converterase na primeira adaptación ao galego do prestixioso dramaturgo Juan Mayorga que, a través desta mordaz obra que a compañía estreará en Santiago os días 16 e 17 de abril, nos presenta unha fonda reflexión cargada de […] - [Os contos do Festival Atlántica visitan a Aula de Pediatría do hospital de Santiago](https://erreguete.gal/2020/03/10/os-contos-festival-atlantica-visitan-aula-de-pediatria-hospital-de-santiago/): Os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Céu levarán hoxe a música e as historias do seu espectáculo Contos de lá nos cantos de cá.   A poucos días para a inauguración oficial do Festival Atlántica, chega unha das citas tradicionais deste encontro de narración oral: a función na Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este ano visitarán o centro hospitalario os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Céu e levarán ata aló o seu espectáculo Contos de lá nos cantos de cá  [martes 10 de marzo, 17:30, Aula de Pediatría, en portugués]. Todas as historias desta obra acontecen […] - [La Quintana Teatro estrea 'O premio' de Santiago Cortegoso, este xoves](https://erreguete.gal/2020/03/09/la-quintana-teatro-estrea-premio-de-santiago-cortegoso-este-xoves/): A compañía La Quintana Teatro estrea este xoves 12 de marzo, no Salón Teatro de Compostela, O premio, unha obra de Santiago Cortegoso dirixida por Marián Bañobre.   O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas nun futuro aproximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que se ven obrigadas a caer no “Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade. O Premio é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por […] - [Vida y materia / Entreactos / Poemas lentos](https://erreguete.gal/2020/03/09/vida-y-materia-entreactos-poemas-lentos/): Fraxilidade e impermanencia | Ana Abad de Larriva | | Foto: David Rodas |   Como volver construír aquilo que non se pode reconstruír? Como crealo de cero, dándolle una nova vida? O Teatro Ensalle clausurou a edición do festival Isto Ferve deste ano cunha proposta que se mergullaba nesas cuestións. Despois das inundacións que sufriu a sala hai un ano e que causaran o seu peche temporal para acometeren os labores de limpeza e reacondicionamento, o Ensalle convidou a Antonio Fernández Lera para que volvese escribir poemas de Vida e materia nas paredes recentemente pintadas do teatro. No vestíbulo, enmarcados, […] - ['Eroski Paraíso' e 'Manoliño Nguema', premiados nos Mestre Mateo](https://erreguete.gal/2020/03/09/eroski-paraiso-manolino-nguema-premiados-nos-mestre-mateo/): Dous premios para a adaptación de Eroski Paraíso, de Chévere, e un para o documental sobre Marcelo Ndong, “o pai do teatro de Guinea Ecuatorial”, foron as achegas do teatro a uns Mestre Mateo liderados por O que arde, a terceira película de Oliver Laxe.   Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo levaron os premios a Mellor Actor e Mellor Actriz protagonista na Gala dos Premios Mestre Mateo. Ambos levaron os galardóns dos premios cinematográficos polos seus papeis na versión cinematogrñafica de Eroski-Paraíso, a obra de Chévere dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. Ademais, Manoliño Nguema, de Filmika Galaica, dirixida […] - [Os contos de lobos das Bífidas quentan motores para o Festival Atlántica](https://erreguete.gal/2020/03/07/os-contos-de-lobos-das-bifidas-quentan-motores-festival-atlantica/): A actividade será este luns, 9 de marzo, ás 21:00, no Modus Vivendi e terá unha entrada de 5 euros.   O dúo As Bífidas, formado por Lidia Luna e Cris de Caldas, será o protagonista da segunda sesión de ‘Quentando motores para Atlántica’, un evento que serve de prólogo para a oitava edición do festival de narración oral que comeza oficialmente o vindeiro mércores, 11 de marzo. Este espectáculo dirixido ao público adulto vaise desenvolver no local Modus Vivendi a partir das 21 horas e a entrada terá un custo de 5 euros. Baixo o título de Contos de lobas e […] - [As profesoras sumanse á protesta contra o acoso sexual na ESAD](https://erreguete.gal/2020/03/06/as-profesoras-sumanse-protesta-acoso-sexual-na-esad/): As profesoras da ESAD veñen de facer público un manifesto contra o acoso sexual e en solidariedade co alumnado, no que lles esixen ás autoridades educativas “que tomen as medidas pertinentes á maior brevidade”.   As profesoras da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia súmanse ás protestas do alumnado que desde o luns 2 de marzo mantén paralizada a súa actividade deste centro educativo en denuncia de casos de abusos e acoso sexual. Este venres 6 de marzo o colectivo de profesoras realizou a lectura do manifesto contra o acoso sexual na ESAD co que expresaron “o total apoio ao […] - [O Teatro Nacional São João do Porto inicia a celebración do seu centenario](https://erreguete.gal/2020/03/06/teatro-nacional-sao-joao-porto-inicia-celebracion-seu-centenario/): O Teatro Nacional São João do Porto fai 100 anos este sábado 7, e celébrao con varias iniciativas que se prolongarán ao longo do ano.   O Teatro Nacional São João (TNSJ) naceu hai 100 anos, o 7 de marzo de 1920, nun edificio proxectado por Marques da Silva. Está classificado como Monumento Nacional e é considerado unha das estruturas portuenses mais belas, ademais de constituír un fito no vínculo entre o pasado e o presente da cidade a través da arte teatral. Este sábado, 7, o centenario inicia un programa de actividades gratuítas, no propio TNSJ, no Teatro Carlos Alberto […] - [O I Congreso Internacional do Teatro Galego completa o seu programa](https://erreguete.gal/2020/03/06/i-congreso-internacional-teatro-galego-completa-seu-programa/): Xa se poden descargar do sitio web do Congreso os libros de Conferencias e de Comunicacións, que servirán de base para debater sobre o sistema teatral de Galicia e sobre o seu futuro.   O I Congreso Internacional do Teatro Galego, que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, do 25 ao 28 de marzo, xa completou o seu programa e comezou a publicar na súa páxina web (https://congresodoteatro.gal) algunhas das comunicacións, relatorios e conferencias que se lerán durante o seu desenvolvemento, como punto de partida para o posterior debate das principais liñas temáticas que se tratarán: “Experiencia, […] - [O alumnado da ESAD paraliza a actividade do centro por ter detectado "abusos de poder e acoso"](https://erreguete.gal/2020/03/06/alumnado-da-esad-paraliza-actividade-centro-detectado-abusos-de-poder-acoso/): O pasado luns 2 de marzo, alumnas da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, co apoio do resto do alumnado, iniciaron unha protesta pacífica e multitudinaria que a día de hoxe, segue paralizando a actividade do centro. Esta protesta xorde a raíz do descontento no alumnado, que afirma ter detectado diferentes formas de abuso de poder e acoso de algúns docentes durante anos e que provocaron situacións “de carácter incómodo e desagradable nas aulas colocando ás alumnas nunha situación de vulnerabilidade”. Este feito alarmou a todo o colectivo estudantil, que decidiu parar a actividade lectiva ata que se investigue e […] - [Seminario de Dramaturxia e Lectura Dramatizada con Guillermo Heras en Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2020/03/05/seminario-de-dramaturxia-lectura-dramatizada-guillermo-heras-viana-castelo/): Actualización [9 de marzo]: De acordo coas medidas de prevención actuais, o Seminário de Dramaturgia e Leitura Dramatizada impartido por Guillermo Heras queda adiadio para o mes de novembro.   O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana organiza o Seminário de Dramaturgia e Leitura Dramatizada dirixido por Guillermo Heras, do 10 ao 14 de marzo, no Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo. O Segundo Seminario Teórico-Prático de 2020 realizase baixo o signo O Desejo: teoria, debate, escrita, análise, leitura dramatizada, apresentação pública de textos criados pelos participantes. De martes a venres, das 21:00 […] - [A compañía IO sobe ao escenario do Salón Teatro con '4 segundos'](https://erreguete.gal/2020/03/05/compania-io-sobe-ao-escenario-salon-teatro-4-segundos/): A acción física e o movemento, con gran peso das acrobacias, son o motor desta peza, con ambientación sonora en directo.   O Centro Dramático Galego (CDG) ábrelle as portas do Salón Teatro de Santiago á Compañía IO, que esta fin de semana representa alí o seu espectáculo 4 segundos, no que mestura novo circo, danza e a experimentación coa música electrónica. Son tres as funcións da montaxe programadas neste espazo da Xunta, onde poderá verse o venres 6 e o sábado 7, ás 20:30, e o domingo 8, ás 18:00. O título desta peza fai referencia a como os poucos […] - [Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2020 na categoría ‘Teatro’](https://erreguete.gal/2020/03/04/finalistas-dos-premios-gala-libro-galego-2020-na-categoria-teatro/): Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 9 de maio en Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo. Os […] - [Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2020/03/04/cristina-moreira-dirixira-gala-dos-xxiv-premios-de-teatro-maria-casares/): O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz. | Foto: LaDiapo |   A actriz, directora e cómica Cristina Moreira será a encargada de dirixir a Gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro. Moreira adianta que o espectáculo que o público poderá ver durante a entrega dos galardóns será “unha homenaxe á profesión, facendo un especial […] - [Novas sesións de Microefectos Dramatúrxicos no Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2020/03/04/novas-sesions-de-microefectos-dramaturxicos-no-clavicembalo-de-lugo-3/): Os pases terán lugar este xoves 5 e venres 6 de marzo nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas.   Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas. O grupo, que está a piques de cumprir o seu sétimo aniversario, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.   PEZAS AFT […] - [Fäustino VI o 126 caballos](https://erreguete.gal/2020/03/04/faustino-vi-126-caballos/): Os relatos do corpo | Ana Abad de Larriva | | Foto: David Rodas |   “Un corpo bailando e unha voz en off que mira e analiza o corpo que se move”. Así se presenta Fäustino VI o 126 caballos, unha peza sobre a exploración do propio corpo e o relato que xorde del. Sobre o seu movemento; as súas posibilidades, as súas limitacións. Sobre as marcas, as cicatrices que lle deixa a historia, o vivido. En escena está Sergi Fäustino, que investiga diferentes movementos no espazo sen deixar de bailar, mentres esa voz en off feminina que se refire […] - [Convocado o Premi Born 2020](https://erreguete.gal/2020/03/03/convocado-premi-born-2020/): | ACTUALIZADO a 20 de abril de 2020: Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da Covid-19, o Cercle Artistic de Ciutadella deciciu que se acepten os orixinais enviados tanto por correo postal como por correo electrónico. Actualización das bases aquí | O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Ballears e do Instituto Nacional de Artes Escénicas e a Música, convoca o XLV Premi Born de Teatre 2020.   O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca convoca o XLV Premi Born de […] - [Comeza en Narón o Festival Singular](https://erreguete.gal/2020/03/03/comeza-naron-festival-singular/): O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis o Festival Singular, que ofrecerá novas propostas e que conta coa colaboración de Redelae, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.   Unha das propostas culturais xa consolidadas na cidade, e na que se prioriza a creación feminina, desenvolverase do 7 ao 28 do mes de marzo. Esta edición inclúe unha serie de propostas dirixidas a diferentes colectivos nas que contará coa colaboración de convidados nacionais e internacionais de gran relevancia. Os monólogos que forman parte desta edición do festival son Señora […] - [Rogelia dos Outeiros estrea ‘Soa’, de Darío Fo e Franca Rame, para conmemorar o Día da Muller Traballadora](https://erreguete.gal/2020/03/03/rogelia-dos-outeiros-estrea-soa-de-dario-fo-conmemorar-dia-da-muller-traballadora/): A obra é unha adaptación de La donna Sola, popular monólogo de Darío Fo e Franca Rame, e dirixido por Fran Rei, que retrata con mordacidade, humor e crítica social a situación dunha muller que padece o machismo, tanto do seu marido coma do sociedade   A actriz Rogelia dos Outeiros estreará este venres, 6 de marzo, no Centro Sociocultural e Xuvenil ‘Patelas’ del Concello de Cuntis o seu espectáculo Soa, a primeira incursión da veterana intérprete nunha produción teatral en solitario. A estrea enmárcase na programación do Concello de Cuntis polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. En […] - [Un proxecto de Ernesto Is resulta seleccionado para o programa 'Nuevas Dramaturgias' de Euskadi](https://erreguete.gal/2020/03/02/proxecto-de-ernesto-is-resulta-seleccionado-programa-nuevas-dramaturgias-de-euskadi/): O proxecto de Ernesto Is Canciones amarillas para flores tristes vén de ser seleccionado para se desenvolver ao longo dos próximos meses dentro do programa Nuevas Dramaturgias de Euskadi, coordinado por Teatro Arriaga Antzokia (Bilbao), Teatro Victoria Eugenia (Donostia Kultura) e Red Municipal de Teatros-Teatro Principal (Vitoria).   O obxectivo do programa Antzerkinguintza Berriak – Nuevas Dramaturgias é crear unha rede de creadoras/es e dramaturgas/os que, mesturando o habitual traballo en solitario co menos frecuente traballo colectivo, conforme unha canteira de material dramático que lles sirva de referente ás compañías teatrais e á creación escénica. De igual xeito, esta iniciativa pretende […] - [As dúas Galicias](https://erreguete.gal/2020/03/02/as-duas-galicias/): Recendo é o magazine cultural radiofónico da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, que se emite a través de Cuac FM todos os martes de 19:00 a 20:00. A erregueté colabora con Recendo para elaborar unha sección de teatro que pode ser consultada a través dos podcasts do programa nesta ligazón. Esta columna está redactada a partir do material emitido no programa do 18 de febreiro de 2020.   | Manuel Xestoso |   Moitas veces afirmamos que o teatro é un espello da sociedade da que xorde, sen decatarnos das múltiples formas en que ese espello reflicte o que somos e o que […] - [Schumann amateur](https://erreguete.gal/2020/03/02/schumann-amateur/): Vivir a música | Ana Abad de Larriva | | Foto: David Rodas |   “Pensa na música como un río que flúe”. Ese seica foi un dos consellos que Friedrich Wieck lle deu á súa filla Clara, antes de que se convertese nunha pianista e compositora brillante e nunha figura imprescindible da música do século XIX. E os ríos cando flúen poden pasar por zonas de calma e, de súpeto, sentir como as súas augas se axitan antes de precipitarse por unha fervenza, como os sentimentos dos e das artistas do Romanticismo. Schumann amateur, terceira entrega da serie Amateur, é […] - [Xa á venda as entradas para as galas do Festival Atlántica de narración oral](https://erreguete.gal/2020/02/29/xa-venda-as-entradas-as-galas-festival-atlantica-de-narracion-oral/): Os prezos varían entre os 12 e os 10 euros da gala inaugural e de clausura, respectivamente. Para o espectáculo familiar Unha aventura singular: o gato con botas cómpre retirar convites gratuítos a partir do día 10 de marzo no Teatro Principal | Foto: Igor Cerqueira |   Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura do Festival Atlántica 2020 xa poden adquirir as súas entradas a un prezo de 12 e 10 euros, respectivamente, no web da ABANCA e tamén na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas e o mesmo día da función. […] - ['Pink Unicorns' de La Macana preséntase na TanzPlattaform Deutschland 2020, en Múnic](https://erreguete.gal/2020/02/28/pink-unicorns-de-la-macana-presentase-na-tanzplattaform-deutschland-2020-munic/): Pink Unicorns, a última produción de La Macana, poderá verse os vindeiros días 4 e 5 de marzo na Muffathalle de Múnic, dentro do programa de TanzPlattaform Deutschland 2020.   TanzPlattaform Deutschland é un dos festivais de danza contemporánea máis relevantes de Alemaña, que se celebra cada dous anos en diferentes cidades e no que se escollen e exhiben producións realizadas nese período de tempo para presentalas ante un público internacional composto por programadores, prensa especializada e público xeral. Este ano, TanzPlattaform Deutschland terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Múnic e, para conformar o programa, un xurado especializado (Honne Dohrmann, Gurur Ertem, […] - [Convocados os Premios SGAE de Teatro 2020](https://erreguete.gal/2020/02/27/convocados-os-premios-sgae-de-teatro-2020/): ACTUALIZACIÓN: A SGAE amplía o prazo para participar nos Premios SGAE de Teatro 2020 ata o 20 de maio.   Co propósito de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar así aos autores dramáticos da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a Fundación SGAE convoca o XXVII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XIX Premio SGAE de Teatro Infantil, o XII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais LGTBI, e o II Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres. O prazo para a presentación de […] - [Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares](https://erreguete.gal/2020/02/26/total-de-16-espectaculos-competiran-finalistas-nos-xxiv-premios-maria-casares/): O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo.   Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer esta tarde en Santiago durante […] - [A sombra das árbores](https://erreguete.gal/2020/02/26/critica-sombra-das-arbores/): Onde abrolla o extraordinario   Segundo a prestixiosa dramaturga Suzanne Lebeau –L’Ogrelet, Une lune entre deux maisons, Souliers de sable– na escrita teatral para a infancia e a xuventude trabállase, dun xeito máis ou menos consciente, arredor de tres conceptos: a autoridade do autor adulto, a cal é necesario reducir ao máximo a través de diferentes mecanismos dramáticos que permitan achegarnos a este público concreto; a empatía, na que se debe adoptar o ollar dos máis novos sen esquecer o noso propio punto de vista; e a metáfora fundacional, un principio “activo e reconciliador” que mestura as experiencias dos espectadores coas […] - [Mexillóns recheos, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/02/26/mexillons-recheos-esther-carrodeguas/): Sobre as palestras de Joana Craveiro na Sala Ingrávida do Porriño. | Esther Carrodeguas |   Aquel 11 de setembro eu estaba a comer mexillóns recheos cos meus compis de curro mentres caían torres do outro lado do océano, na televisión. Despois fomos todos ao Courel para gravar unha reportaxe. E chegar [alí, ao Courel] foi como poñer outro océano de por medio que nos separou daquela outra realidade e todo quedou tan afastado que non podía nin sequera aparecer [na memoria]. Lin, alí, por primeira vez, a Novoneyra. Ler Os Eidos no Courel na noite daquel 11 de setembro. Pensei […] - [José Domínguez Bueno gaña o II Premio Platta de Teatro Breve - Castilla y León](https://erreguete.gal/2020/02/26/jose-dominguez-bueno-gana-ii-premio-platta-de-teatro-breve-castilla-y-leon/): José Domínguez Bueno vén de acadar o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León coa peza Voces en el limbo. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. | Foto: Paul Márquez |   O xurado –formado por María Rodríguez Salgueiro, Alberto Gil-Albert Gómez e Antón Lamapereira López, actuando de secretario con voz pero sen voto don Pedro Pablo Riobó, pola erregueté– destacou que o texto gañador “trata o tema da inmigración nunha serie de retallos de diálogos e monólogos corrosivos que colocan ao público […] - [A MIT Ribadavia gaña o Premio Marsillach](https://erreguete.gal/2020/02/25/mit-ribadavia-gana-premio-marsillach/): A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de recibir o premio Adolfo Marsillach a un labor teatral significativo da Asociación de Directores de Escena, que se entregaron onte no Teatro de la Comedia de Madrid. Hai máis de 30 anos a ADE instituíu o premio a un labor teatral significativo, que nas súas sucesivas edicións recibiron, entre outros, Fabia Puigserver, Juan Margallo, Nuria Espert, Francisco Nieva, Adolfo Marsillach -que acabaría dándolle o nome ao premio- Fernando Fernán Gómez, Julia Gutiérrez Caba, o Festival de Almagro, ou Teatro do Noroeste. A MIT Ribadavia súmase agora a esta lista de galardoados. - [V edición da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose](https://erreguete.gal/2020/02/22/v-edicion-da-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose/): O Concello de Zas promove a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” que xa vai pola súa quinta edición e que ten como obxectivo fomentar a cultura no eido das artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado.   No certame, no que poden participar todas as compañías e/ou grupos de teatro afeccionado de Galicia, repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán da seguinte forma: Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo Premio á terceira mellor obra elixida polo […] - [A Xunta convoca as subvencións á creación escénica](https://erreguete.gal/2020/02/22/xunta-convoca-as-subvencions-creacion-escenica/): A dotación sobe de 650.000 a 800.000 euros, aínda que unha nova modalidade absorbe unha cifra maior do que a totalidade do incremento, afectando outras liñas.   A Xunta abre desde hoxe e ata o 20 de marzo o prazo de presentación de solicitudes para a súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, segundo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) destaca que a dotación para estas axudas aumenta un 23% a respecto do ano anterior. A maior novidade consiste na creación dunha cuarta modalidade de subvencións destinadas á actividade escénica […] - [Fernández Mazas na Cidade da Cultura](https://erreguete.gal/2020/02/22/fernandez-mazas-na-cidade-da-cultura/): Até o 10 de maio, pode visitarse na Cidade da Cultura, no edificio da Biblioteca e Arquivo, unha exposición dedicada a Cándido Fernández Mazas, protagonista do Día da Ilustración deste ano, e con estreitos vínculos co teatro.   Este 2020 o Día da Ilustración (30 de xaneiro) está dedicado a Cándido Fernández Mazas. A exposición Cándido Fernández Mazas: Signos dunha quimera recupera a figura dun dos pioneiros galegos da ilustración e pode ser que un dos máis descoñecidos. Cándido Fernández Mazas nace en 1902 na cidade de Ourense. Afeccionado desde rapaz ao debuxo e á pintura, comeza a súa andaina artística colaborando en […] - [Antes de que llegue la bestia](https://erreguete.gal/2020/02/21/de-llegue-la-bestia/): O lugar do sentido | Manuel Xestoso | | Foto: Bieito Rey |   Se cadra, a fin do mundo xa sucedeu e, coma os terremotos, ten réplicas: estamos adaptándonos a convivir co medo ás recidivas, coa pasividade na que nos deixou prostrados a catástrofe. Se cadra, a resistencia non abonda para aturar tanta miseria con aparencia de normalidade. Se cadra, as mudanzas teñen que vir dun cambio na mirada, no punto de vista. Antes de que llegue la bestia cruza linguaxes e argumentos para ofrecer unha panorámica desa paisaxe de destrución e conformismo que nos comprime. O seu discurso semella […] - [A Mostra de Teatro Clásico volve a Lugo](https://erreguete.gal/2020/02/21/mostra-de-teatro-clasico-volve-lugo/): A nova Concellería de Cultura decide recuperar a Mostra de teatro Clásico para a cidade. Dez compañías, cinco delas galegas, forman o programa da XX Mostra, que se desenvolverá do 6 ao 22 de marzo.   O ano pasado, o Concello de Lugo decidiu diluír a Mostra de Teatro Clásico dentro da programación ordinaria. A Mostra, que adoitaba presentar uns dez espectáculos durante aproximadamente un mes, pasaba a integrarse dentro do programa do Auditorio Gustavo Freire como un abono especial de tan só tres espectáculos teatrais e un de teatro-danza. Agora, a nova concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, decide retomar a Mostra tal […] - [Presentación do catálogo: "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70"](https://erreguete.gal/2020/02/21/presentacion-catalogo-coleccion-abrente-arte-galega-no-desafio-cultural-dos-70/): Hoxe, venres 21 de febreiro, as 20.00, preséntase no Museo Etnolóxico de Ribadavia o catálogo da exposición temporal “Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos `70”. O acto contará coa presenza de Sabela Fraga Costa, comisaria e autora dos textos e de Juan Venditti, de 7H Cooperativa Cultural, deseñador do catálogo.   No catálogo queda reflectida a importancia do fondo documental desta Agrupación Cultural ribadaviense, conservada pola xente que formou parte dela: documentación administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, follas voandeiras…, que axudaron a elaborar a liña de vida da programación de Abrente relacionada coa arte galega que se pode […] - [Viana do Castelo recebe un Seminario sobre Teatro Contemporáneo de Alexandra Moreira da Silva](https://erreguete.gal/2020/02/21/viana-castelo-recebe-seminario-teatro-contemporaneo-de-alexandra-moreira-da-silva/): Este sábado, 22 de febreiro, ás 15:00, no Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo, terá lugar o Seminário “Tendências do Teatro Contemporâneo”, dirixido por Alexandra Moreira da Silva.   Promovido polo Projeto Comunidade do Teatro do Noroeste – CDV, este é o primeiro dunha serie de Seminarios Teórico-Prácticos que pretenden estimular a curiosidade e o coñecemento sobre teatro en públicos diversificados promovidos pola compañía vianense. Doutorada en Teatro pola Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III, a Profesora Doutora Alexandra Moreira da Silva, natural de Viana do Castelo, é Vice-Directora do Instituto de Estudos de Teatro […] - [Aldara Prado asina o cartel dos XXIV Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2020/02/20/aldara-prado-asina-cartel-dos-xxiv-premios-de-teatro-maria-casares/): A gala dos Premios María Casares celebrarase o vindeiro xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e coñeceremos a relación de finalistas dos galardóns o próximo mércores 26 de febreiro na tradicional Festa de Finalistas que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia.   A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entidade organizadora dos galardóns, confiou este ano na ilustradora coruñesa para crear a imaxe dos María Casares, dando así continuidade á iniciativa emprendida pola AAAG nas edicións anteriores de encargar a creación dos carteis a diferentes artistas co obxectivo de estreitar […] - [Rosalía de Castro: "No voy nunca al teatro"](https://erreguete.gal/2020/02/20/rosalia-de-castro-no-voy-nunca-al-teatro/): A Fundación Rosalía de Castro presenta mañá venres, no Pazo de Lestrobe (Dodro), o número 4 da revista Follas Novas, que inclúe unha carta inédita de Rosalía, dentro dos actos rosalianos realizados con motivo do Día de Rosalía.   A misiva vai dirixida a José Villaamil y Castro (1838-1910), amigo e colaborador de Murguía. Foi descuberta por Pablo Carou Barros, quen dedica un artigo na revista ao estudo desta polifacética figura monfortina, e é publicada e estudada por Anxo Angueira. Aínda que carece de lugar e data, a carta pode situarse entre 1865 e 1866 en Compostela. Nela Rosalía contesta sobre […] - [Kirenia Martínez leva a emigración á danza](https://erreguete.gal/2020/02/20/kirenia-martinez-leva-emigracion-danza/): Este sábado, 22 de febreiro, estréase, na sede da SGAE en Compostela, Emigrantas, unha Coprodución da Cía. Kirenia Martínez Acosta e o Centro Coreográfico Galego.   Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria. Kirenia Martínez Acosta á a directora e coreógrafa de Emigrantas, que conta con texto de Branca Novoneyra, espazo sonoro de Babykatze e Bruno Baw e a interpretación en escena de David Loira e Esther Latorre. O espectáculo será representado a partir das 20:00 […] - [O TNSJ do Porto presenta 'O Día do Juizo' de Ödön von Horváth](https://erreguete.gal/2020/02/20/tnsj-porto-presenta-dia-juizo-de-odon-von-horvath/): O Teatro Nacional São João presenta, dende hoxe ata o domingo 23, unha montaxe da obra de Ödön von Horváth, O Dia do Juizo, dirixida por Cristina Carvalhal, quen xa estivera no TNSJ coa súa adaptación de Elizabeth Costello, de J.M. Coetzee.   Poderíase definir este dramaturgo citando unha das súas frases lapidarias: “En todas as miñas pezas tentei afrontar sen piedade a estupidez e a mentira.” Se lle engadimos a esta brutalidade unha tenrura polas insuficiencias humanas e un corrosivo sentido de humor, achegarémonos ao ton dominante da obra de Horváth, cidadán do imperio Austro-Húngaro que se estableceu en Berlín […] - [A compañía Exire estrea 'Médula' na Coruña](https://erreguete.gal/2020/02/19/compania-exire-estrea-medula-na-coruna/): O vindeiro venres, 21 de febreiro, a Compañía Exire estrea, ás 21:00, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o seu novo espectáculo, Médula.   Médula conta con creación, coreografía e interpretación de Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez e, segundo as creadoras, fala de “volver a nós, de sentirnos como almas ceibes destinadas a transmitir historias, viaxes de vida, a nos mover entre murmurios, mais sen medo de nos enfrontar co que non queremos. Seguimos os nosos instintos, ouveamos para recoñecérmonos e uliscamos a mesma pegada para seguir o camiño desexado. Somos elas e elas nós.” Exire é unha compañía de […] - [Profesionais da danza denuncian a falta de compromiso de Agadic co Plan de Danza](https://erreguete.gal/2020/02/19/profesionais-da-danza-denuncian-falta-de-compromiso-de-agadic-co-plan-de-danza/): A primeira reunión dos profesionais da danza coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), despois de que o conselleiro de Cultura e Turismo anunciase a posta en marcha dunha mesa de diálogo para implementar un Plan de Danza, comezou cun adiamento por, segundo os profesionais, “a discrecionalidade coa que a reunión foi convocada”. A Agadic aceptou revisar a fórmula e o protocolo de participación, pero non se compromeu a cumprir as condicións mínimas para a apertura do debate esixidas polos profesionais. | M. X. |   A Plataforma de Afectados polo Centro Coreográfico Galego, un colectivo que agrupa máis de 277 profesionais, compañías […] - [Xampatito Pato triunfa en FETEN con 'Só'](https://erreguete.gal/2020/02/19/xampatito-pato-triunfa-feten-so/): O espectáculo Só de Xampatito Pato triunfou entre o público cun espectáculo de acabado limpo e trazos firmes no seu deseño.  | Xoán C. Riobó | | Foto: Luis Montero |   Esta última edición de FETEN (Feira Europea de Artes Escénicas para Nenas e Nenos), que se desenvolveu na cidade de Xixón entre os días 8 e 14 de febreiro, contou coa participación de 4 compañías galegas que exhibiron os seus traballos ao longo da semana. A primeira en saír foi Pistacatro, nesta ocasión co espectáculo itinerante Mezzo: O fantástico circo de insectos xigantes do doutor Mezzo, que transcorreu por […] - [A ADE publica 'Velenos', de Xesús Pisón, en versión bilingüe](https://erreguete.gal/2020/02/19/13289/): A ADE – Asociación de Directores de Escena de España publica na colección ‘Premios de Teatro Rafael Dieste’, a edición bilingüe (galego e castelán) de Velenos, de Xesús Pisón.   Xesús Pisón xa era un dos autores mellor considerados do teatro galego cando, en 1994, recibiu por segunda vez o Premio de Teatro Rafael Dieste, nesta ocasión por Velenos. Trátase dun díptico no que a incomunicaicón, a frustración e a incapacidade para entenderse “envelenan” aos personaxes. En “Como Jekyll y Hyde”, Carlos sente o seu fracaso como autor e introdúcese no despacho de Adolfo, o seu amante e grande escritor, en busca […] - [O Festival Atlántica encherá Galicia de contos do 11 ao 20 de marzo](https://erreguete.gal/2020/02/18/festival-atlantica-enchera-galicia-de-contos-11-ao-20-de-marzo/): Vinte e cinco contadores de Brasil, Colombia, Venezuela, Portugal, Palestina, Huesca, Salamanca, Zamora e Galicia protagonizarán as 54 actuacións deste ano.   O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 20 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, 18 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participaron Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; Mayte Argibay Silva, concelleira de Cultura […] - [O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2020](https://erreguete.gal/2020/02/18/colectivo-rpm-abre-convocatoria-as-residencias-paraiso-2020/): Residencias Paraíso celebra o seu cuarto ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia.   Este programa sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a través da colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. Este exercicio de diálogo entre todas as partes –impulsores, coprodutores e espazos cómplices– é o que dota dunha identidade tan singular a este proxecto. Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor das […] - [O programa de residencias do CDG acolle seis compañías en dous meses](https://erreguete.gal/2020/02/18/programa-de-residencias-cdg-acolle-seis-companias-dous-meses/): Realizarán estadías artísticas Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria.   O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ata mediados de abril os equipos de seis compañías galegas para traballar nas súas novas propostas escénicas: Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra Teatro, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria. Durante as súas estadías artísticas, as devanditas formacións de teatro e danza terán á súa disposición as instalacións da compañía do CDG e o apoio do seu equipo técnico para […] - [O Festival Galego de Cabaré volve á Coruña](https://erreguete.gal/2020/02/18/festival-galego-de-cabare-volve-coruna/): O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e o coordinador do festival, Nelson Quinteiro, presentaron en María Pita un programa de marcado carácter multidisciplinar que se celebrará do 25 ao 28 de marzo.   O próximo 25 de marzo arrincará no Teatro Colón a undécima edición do Festival Galego de Cabaré que, con catro espectáculos que mesturarán o teatro, a danza, a música e o circo, converterá a cidade na capital dun xénero que abraza distintas formas de expresión baixo a mesma creación escénica. O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, mostrou a súa satisfacción polo regreso do festival á cidade tras uns anos de ausencia […] - [Oliver Laxe compartirá os seus coñecementos sobre guión na ESAD de Galicia](https://erreguete.gal/2020/02/18/oliver-laxe-compartira-os-seus-conecementos-guion-na-esad-de-galicia/): Laxe compartirá a súa recente experiencia como actor teatral da man de Angélica Lidell, coa que colabora na peza Padre, que se encontra agora mesmo de xira en Francia.   O afamado director e guionista Oliver Laxe atracará en Vigo o vindeiro xoves 20 de febreiro ás 16:30 para compartir a súa maneira de entender o guión e a forma que ten de abordalo no faladoiro Arte e Esencia, que abrirá o programa A voz autoral na escrita dramática, organizado pola área de Dramaturixa da ESAD de Galicia, onde terá lugar o evento. Laxe compartirá tamén a súa recente experiencia como […] - [O Premi Born de Teatre, galardoado co Ramón Lull de Balears](https://erreguete.gal/2020/02/17/premi-born-de-teatre-galardoado-co-ramon-lull-de-balears/): É o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español: galego, euskera, catalán e castelán. A erregueté | Revista Galega de Teatro é a encargada, dende 2006, de publicar a obra gañadora na súa versión en galego.   O Consell de Govern de Illes Balears aprobou o pasado venres a concesión dos premios Ramon Llull 2020, que se entregan co gallo do Dia de les Illes Balears. Un dos galardoados é o Premi Born de Teatre que entrega o Cercle Artístic de Ciutadella de Menorca, en recoñecemento “aos máis de corenta anos de convocatoria deste […] - [Convocado o XV Premio Abrente de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2020/02/15/convocado-xv-premio-abrente-de-textos-teatrais/): A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia vén de convocar o Premio Abrente, co que inicia unha serie de actividades para visibilizar e poñer en valor a creación dramática galega actual. “O consolidado Premio Abrente e a súa edición en Difusora veñen a ser a plataforma de estímulo á escrita teatral máis innovadora segundo a crítica especializada” apunta a organización da Mostra. Na última edición, o Abrente foi para José Luis Baños de Cos, coa obra Asfixia, que está en proceso de edición. Mentres tanto, a MIT está a preparar un calendario de presentacións da obra O día no que […] - [Artistas Unidos recuperan a Noël Coward no Sá de Miranda de Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2020/02/15/artistas-unidos-recuperan-noel-coward-no-sa-de-miranda-de-viana-castelo/): Vidas Íntimas, de Noël Coward, chega ao Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo. A peza será representada por Artistas Unidos, de Lisboa, este sábado, 15 de febreiro, ás 21:30. O elenco do espectáculo conta con Isabel Muñoz Cardoso, Rita Durão, Rúben Gomes, Tiago Matias e Vânia Rodrigues.   A peza recupera un texto de Noël Coward que constitúe, como o director Jorge Silva Melo describe: “unha das mais crueis análises das realcións matrimoniais”. Coward foi un dos autores mais representados no mundo anglosaxón durante as décadas de 1920 e 1930, logo ignorado, máis tarde recuperado (Harold Pinter, nun xesto […] - [A Mostra de Cangas amplía súa 37ª edición ata os 15 días](https://erreguete.gal/2020/02/15/mostra-de-cangas-amplia-sua-37a-edicion-os-15-dias/): A pintora e ilustradora Luz Beloso é a creadora do cartel da XXXVII MITCFC, que se presentou onte no Auditorio Municipal. | Foto: Pro Light Estudio |   O venres 26 de xuño arranca a 37 edición da Mostra, que se prolongará ata o sábado 11 de xullo. Serán en total 15 días nos que veciños e visitantes poderán ver os mellores espectáculos teatrais do momento en clave cómica. Ademais das obras no Auditorio Municipal, poderanse ver espectáculos na rúa, nas prazas, nas praias, na Capela do Hospital e noutros espazos alternativos. Teatro para todo tipo de públicos chegado de diferentes […] - [Matarile volve a Galicia](https://erreguete.gal/2020/02/15/matarile-volve-galicia/): O Auditorio Municipal de Ourense acolle o seu último espectáculo de gran formato, DAIMON y la jodida lógica, hoxe ás 20:30.   Matarile inicia en Ourense unha pequena xira por Galicia despois de pasar polo Festival de Otoño de Madrid, que acolleu unha retrospectiva cos últimos traballos da compañía. Tras máis de 30 anos innovando sobre a escena, Matarile continúa investigando sobre novas linguaxes e formatos. Tras pasar por Ourense seguirá coa súa xira galega de inverno facendo parada en Santiago, o 14 de marzo. Así mesmo, o espectáculo Teatro invisible, protagonizado por Ana Vallés, será presentado na Sala Ártika de […] - [As artes escénicas, entre os hábitos culturais que menos interesan á cidadanía galega](https://erreguete.gal/2020/02/14/as-artes-escenicas-os-habitos-culturais-menos-interesan-cidadania-galega/): O teatro, a ópera e as bibliotecas son os hábitos culturais que menos interesan aos galegos. É unha das conclusións que se tiran do último documento de traballo, Hábitos e prácticas culturais en Galicia, que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura.   Este Documento de Traballo (DT) analiza as nosas prácticas culturais, é dicir, a asistencia a espectáculos e eventos culturais, o consumo de medios de comunicación, a lectura de libros e a convivencia e hábitos no ámbito familiar. Segundo a enquisa, o que máis lle interesa á poboación é, nunha escala […] - [Avento presenta este domingo unha versión musical de 'O libro da selva'](https://erreguete.gal/2020/02/14/avento-presenta-este-domingo-unha-version-musical-de-libro-da-selva/): Teatro Avento estrea este domingo 16, ás 18:00, no Auditorio Municipal de Vigo, O libro da selva, unha adaptación do libro de Rudyard Kipling en clave de musical para toda a familia.   O novo espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, pola que non pasa o tempo e que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade, e a tolerancia aos distintos a nós. Xoán Abreu é o encargado de adaptar e dirixir esta versión do coñecido clásico, que encarnarán sobre a escena Martín Maez, Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Rocío Salgado e o […] - [Ensaio aberto en Compostela da última montaxe de Abismo Caracol, 'Entelequias'](https://erreguete.gal/2020/02/14/ensaio-aberto-compostela-da-ultima-montaxe-de-abismo-caracol-entelequias/): A compañía Abismo Caracol, ofrece este venres, 14 de febreiro, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 19:30, un ensaio aberto da súa nova proposta escénica, Entelequias. En Entelequias, segundo a compañía, “presentamos unha narrativa diferente: comprendemos a totalidade da historia a través do punto de vista dos tres personaxes, cunha mistura do cinematográfico e o teatral” A obra xira sobre o tema da enfermidade mental. Os personaxes de Toni e Magdalena sofren problemas mentais, xa que se menciona en varias ocasións que consomen pastillas. Estes dous personaxes déixanse levar especialmente polas súas visións, os seus recordos, confundindo a realidade coa imaxinación. […] - [Outwitting the devil](https://erreguete.gal/2020/02/13/outwitting-the-devil/): Beleza sen piedade | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Jean Louis Fernandez |   Talvez unha das lindes máis fascinantes do ser humano é a que separa a súa capacidade creadora do seu poder de destrución. Precisamente ese é, posiblemente, o elemento máis atraente do espectáculo Outwitting the devil que a Akram Khan Company presentou no marco da décima edición do Festival GUIdance que ata o 16 de febreiro se celebra en Guimarães. Cunha abrumadora proposta de precisión e potencia, o coreógrafo británico de orixe bangladeshí aborda de forma radical o destino da humanidade e a súa fonte infinita de […] - [Concedidas as axudas a salas privadas de artes escénicas](https://erreguete.gal/2020/02/13/concedidas-as-axudas-salas-privadas-de-artes-escenicas/): As salas Ártika e Teatro Ensalle de Vigo, Ingrávida do Porriño e Teatro del Andamio e Gurugú da Coruña integran automaticamente a Rede Galega de Salas en calidade de beneficiarios destas subvencións.   As salas Ártika e Teatro Ensalle de Vigo, Ingrávida do Porriño e Teatro del Andamio e Gurugú da Coruña repiten en 2020 como beneficiarias da convocatoria anual de subvencións da Xunta a espazos de artes escénicas de titularidade privada, segundo a resolución publicada hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo. A súa condición de adxudicatarios destas axudas implica, ademais, […] - [Palestras de Joana Craveiro na sala Ingrávida do Porriño](https://erreguete.gal/2020/02/13/palestras-de-joana-craveiro-na-sala-ingravida-porrino/): Joana Craveiro, do Teatro do Vestido, presentará esta fin de semana (14 e 15 de febreiro, ás 21:30), na sala Ingrávida do Porriño, dúas palestras que exploran as linguaxes e dispositivos escénicos cos que a compañía vén abordando nos últimos anos a memoria política da Ditadura e da Revoluçao dos cravos.   Craveiro é unha directora de escena e dramaturga portuguesa que amosará na Ingrávida o simple pero ao mesmo tempo enormemente complicado que é unha posta en escena tan sinxela coma esta. Coa forma de palestras performativas –Quotidiano revolucionário das mulheres e Bairro das Ex-Colónias–, Craveiro analiza a memoria portuguesa da […] - [Galaxia publica a 'Obra dramática' de Andrea Dunbar](https://erreguete.gal/2020/02/13/galaxia-publica-obra-dramatica-de-andrea-dunbar/): A Editorial Galaxia vén de anunciar a publicación dun volume que contén a Obra dramática de Andrea Dunbar.   As tres pezas contidas neste volume presentan a experiencia vital, e real, dun conxunto de mulleres que habitan mundos moi marcados pola violencia, a exclusión e todo tipo de precariedades e carencias. Recreando a vida cotiá dun fato de rapazas cando mocean, mentres pelexan con pais e nais, ao padeceren violencia de xénero, ou mesmo nese see ir tirando dun día polo outro, Andrea Dunbar tamén configura un duro mosaico da vida diaria de moitas familias acollidas en barrios dormitorio nos anos […] - [Jerk](https://erreguete.gal/2020/02/12/jerk/): O punto de vista | Manuel Xestoso |   Non se aforran detalles truculentos: tortura, violacións, fist-fucking, mutilacións, orxías… A clásica narrativa sobre o asasino en serie que tanto fascina aos medios de comunicación de masas prescinde aquí de calquera lenitivo para amosar en toda a súa crueza iso que os lectores de Sade e Bataille coñecen como “a persistencia do mal”. Jerk é un longo monólogo no que David Brooks –interpretado maxistralmente por Jonathan Capdevielle– explica a súa participación, xunto con Dean Corll e Wayne Henley, no secuestro, tormento e asasinato de, polo menos, vinte e sete mozos. Que a […] - ['Manoliño Nguema' gaña o Premio do Público no festival MiradasDoc](https://erreguete.gal/2020/02/12/manolino-nguema-gana-premio-publico-no-festival-miradasdoc/): O filme Manoliño Nguema gañou esta fin de semana o premio do público na edición númeo trece do festival MiradasDoc de Canarias.   A película dirixida por Antonio Grunfeld, que está tamén nomeada para o Premio Mestre mateo ao Mellor Documental, conta a historia de Marcelo Ndong –un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial)–, que recibe unha inesperada proposta: como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será a súa propia vida. Marcelo Ndong, tamén coñecido como Manoliño Nguema, naceu en Malabo cando […] - [Performance de María Roja e María Chiginskaya en Lugo](https://erreguete.gal/2020/02/12/performance-de-maria-roja-maria-chiginskaya-lugo/): Dentro do programa Lubicán – Xoves de Moda, María Roja e María Chiginskaya presentarán a performance Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov, mañá 13 de febreiro, ás 21:00, na Casa do Saber de Lugo.   Ao longo dos primeiros meses do ano 2018, María Roja padeceu un problema ocular a raíz do cal se viu privada do sentido da vista. Abastecida de cada vez máis escasos entretementos co paso das semanas, alguén deu en lerme en voz alta, a anacos diarios, a novela de Vladimir Nabokov titulada Ada ou o ardor. Así coñeceu esta historia. Masha leu este libro no […] - [Aberto o prazo de inscrición no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña](https://erreguete.gal/2020/02/12/aberto-prazo-de-inscricion-no-xxiii-certame-de-teatro-escolar-afeccionado-da-deputacion-da-coruna/): O prazo de inscrición remata o vindeiro 4 de marzo   O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXIII edición estará organizado polo IES Calvo Sotelo, centro dependente da propia Deputación da Coruña. Trátase dun certame de eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse grupos e compañías de fóra de Galiza. As obras presentadas poderán pertencer a calquera xénero teatral. As compañías, grupos e centros educativos non poderán presentar a concurso as […] - [Espida](https://erreguete.gal/2020/02/11/espida/): Mover os marcos do corpo | Ana Abad de Larriva |   Que é ser normal? Que escondemos cando dicimos que somos normais, que todo é normal? En moitas ocasións, agochamos o que suporía a nosa “anormalidade” social para adoptarmos comportamentos e accións repetitivas, compulsivas e frenéticas con que ocupamos as nosas rutinas, e que se entende que son o normal (aínda que se as miramos de preto, perdan unha gran parte da súa lóxica). Dámoslle unha importancia moi grande á roupa que usamos para abrigar e ocultar, mais tamén resaltar o noso corpo, e, en moitos casos, adaptámonos a aquelas […] - [Teatro do Atlántico leva á escena 'A conquista da escola de Madhubai', de Hélène Cixoux](https://erreguete.gal/2020/02/11/teatro-atlantico-leva-escena-conquista-da-escola-de-madhubai-de-helene-cixoux/): O vindeiro 28 de febreiro, ás 20:30, no Pazo da Cultura de Narón, Teatro do Atlántico estrea A conquista da escola de Madhubai, de Hélène Cixoux. Haberá unha segunda función en Narón, ao día seguinte, sábado 29, ás 20:00.   A nova montaxe da compañía contará coa dirección de Xulio Lago –quen tamén asina o deseño de iluminación– e cun elenco formado por María Barcala, Sheyla Fariña e Cesar Goldi. O espazo escénico é de Antonio F. Simón, o espazo sonoro e a música orixinal, de Vadim Yukhhnevich e o vestiario, de Susa Porto. Completan a ficha técnica Aleixandre Lago, como […] - [Goretti Sanmartín propón declarar Filla Predilecta de Compostela a Pilar Pereira](https://erreguete.gal/2020/02/10/goretti-sanmartin-propon-declarar-filla-predilecta-de-compostela-pilar-pereira/): A voceira do BNG no concello de Compostela tamén propón dedicarlle unha rúa na cidade.   A voceira do BNG no Concello de Santiago, Goretti Sanmartín, tras o falecemento da actriz Pilar Pereira, trasladoulle aos demais portavoces municipais a proposta de realizar unha declaración institucional para levar á Comisión de Títulos, Honras e Condecoracións a petición de dedicarlle unha rúa, nomeala Filla Predilecta da cidade e organizar algún evento cultural na súa memoria. Pilar Pereira, que foi soterrada na tarde do sábado, era veciña da rúa da Troia e exerceu unha intensa traxectoria no teatro e no sector audiovisual. Segundo explicou […] - [A ópera 'A amnesia de Clío', de Voadora, estrease na televisión o sábado 16 de maio](https://erreguete.gal/2020/05/06/opera-amnesia-de-clio-de-voadora-estrease-na-television-sabado-16-de-maio/): Composta por Fernando Buide e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, con Paul Daniel na dirección musical, a estrea absoluta da A amnesia de Clío tivo lugar no Auditorio de Galicia en novembro de 2019.   A primeira ópera galega de gran formato do século XXI poderase ver este mes de maio na televisión. A amnesia de Clío, producida por Voadora, estrearase o vindeiro 16 de maio, ás 22:45, na TVG2, no marco dos actos de celebración do Día das Letras Galegas. Composta por Fernando Buide e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, colaborador habitual de Voadora, A amnesia de Clío conta con […] - [No confín de… María Armesto](https://erreguete.gal/2020/05/06/no-confin-de-maria-armesto/): Dramaturga e directora de escena. María Armesto é, ademais, responsábel da dirección artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. O seu texto Winnie son eu foi publicado no nº 89 da erregueté.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Sacándome o sono e a medio ler, teño a tres novas e brillantes escritoras, cun discurso nada convencional, nin na forma nin no fondo: a novela Lectura Fácil de Cristina Morales, subtitulada Ni amo, Ni Dios, Ni marido, Ni partido, Ni de fútbol; a obra completa da dramaturga británica Andrea Dunbar, composta de tres únicas […] - [Teatro Pós-Pandémico en Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2020/05/05/teatro-pos-pandemico-viana-castelo/): A compañía vianense Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana inicia un ciclo de palestras sobre como será o teatro despois da crise sanitaria que padecemos. | Foto: Carlos Gomes |   Para Um Teatro Pós-Pandémico é o mote da iniciativa Ensaio de Mesa que o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana presenta en estrea, este xoves, ás 18:30, online, coa participación da actriz e directora Isabel Craveiro. A que é tamén directora artística da compañía O Teatrão, de Coimbra, fará unha palestra acerca das bases sobres as cales se asentará o teatro durante e despois da crise sanitaria en […] - [No confín de… Miguel Borines](https://erreguete.gal/2020/05/05/no-confin-de-miguel-borines/): Actor e titiriteiro. Miguel Borines forma parte da compañía Tanxarina Títeres, xunto a Tatán R. Cunha e Andrés Giráldez, desde hai máis de trinta e cinco anos. Nos Premios María Casares do pasado ano, Borines acadou a figuriña ao mellor actor principal polo seu traballo en Casa O’Rei de Ibuprofeno Teatro.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Pois agora teño dous. Cartas de un condenado a muerte de Ana Paula Mejuto, que recolle as cartas escritas polo republicano cangués José Mejuto Bernárdez nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra entre outubro de 1936 e xullo de […] - [No confín de… María Peinado](https://erreguete.gal/2020/05/04/no-confin-de-maria-peinado/): Directora de escena. María Peinado vén de estrear con Teatro da Ramboia o espectáculo O meu mundo non é deste reino, peza baseada na Farsa de Bululú, de Manuel María coa que acadaron o I Certame de Proxectos Teatrais do autor lucense, e pola que Peinado está dobremente nomeada nos Premios María Casares de Teatro 2020 á mellor dirección e á mellor adaptación.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Sobre a mesa e tamén debaixo agardando para subir: Periferias de Ricardo Cavolo, O Corpo en extinción de Xosé María Vila Ribadomar e ando relendo Animal Farm de George […] - [Diario de cativerio. Día 50, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/05/03/diario-de-cativerio-dia-50-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Hai algo máis de dez anos (ano de 2009) comecei a traballar como estatua na rúa. Era algo que sentía que tiña que facer. Tanto que, cando por fin me puxen, foi unha experiencia bastante profunda (sentín que iso era o que eu era: esa quietude). Sentín Volver. Foi unha vivencia que realicei durante anos. A xente preguntábame se non me anguriaba e eu sempre contestaba que non, que todo o contrario. Porén deixeino, porque como performer (como actriz, como creadora, como artista) sentía que xa era hora de chegar máis alá, de pasar páxina. Con […] - [No confín de… Ana Carreira](https://erreguete.gal/2020/05/03/no-confin-de-ana-carreira/): Narradora oral, actriz e dramaturga. Ana Carreira é a impulsora do grupo Ubú Teatro e autora das pezas Resaca de Ilmaquinario Teatro, Un intre antes do solpor (IV Premio Varela Buxán) e Albaroque (editada por Positivas e AGADIC dentro de DramaturXA). Na imaxe, nun momento da peza que estaba a piques de estrear con Pínconús Teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo: Pínconús, dirección e dramaturxia de José Campanari. | Foto: La Cosa Gráfica |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Incendios de Wajdi Mouawad. Até agora lin un montón de novelas que me chegaron en PDF. […] - [No confín de… Avelino González](https://erreguete.gal/2020/05/02/no-confin-de-avelino-gonzalez/): Actor e contador de historias, Avelino González é un dos rostros habituais nas táboas e pantallas galegas. Os seus últimos espectáculos como intérprete son Commedia, con dirección de Cándido Pazó, e O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro. Segundo di, as seguintes respostas non son excluíntes.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Facer sen mans, o publipoema unitario da Corporación Semiótica Galega. Tamén están El mono desnudo de Desmond Morris e Terranova de Mario Franco. Sempre poesía (en lexítima defensa). O ensaio é un recurso que me axuda a entender cousas e adoro a literatura testemuñal escrita en […] - [Profesionais da cultura de Ourense acusan ao alcalde de "obstinada persecución da cultura e a arte"](https://erreguete.gal/2020/05/01/profesionais-da-cultura-de-ourense-acusan-ao-alcalde-de-obstinada-persecucion-da-cultura-arte/): Critican a decisión unilateral do Concello de Ourense de cancelar todos os eventos até a celebración do San Martiño sen dialogar co sector. | M. X. |   A pandemia do Covid-19 está provocando enormes perdas para a cultura, paralizando a actividade, deixando desamparadas ás creadoras e desvelando a fraxilidade das estruturas culturais en todo o mundo. Mais tamén provoca batallas locais que atinxen á proximidade, aos modos en que a poboación se achega á cultura dende a base, no día a día. A relación do alcalde de Ourense, Pérez Jácome, co mundo cultural está cheo de desencontros. Unha das primeiras […] - [A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle](https://erreguete.gal/2020/05/01/asociacion-cultural-alexandre-boveda-convoca-ii-premio-de-teatro-breve-jenaro-marinhas-del-valle/): A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, que se rexerá por estas bases: Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre. As obras presentadas terán un máximo de 10 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo. Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, […] - [No confín de… Afonso Becerra](https://erreguete.gal/2020/05/01/no-confin-de-afonso-becerra/): Afonso Becerra de Becerreá é dramaturgo, docente e un dos críticos e estudos teatrais máis destacados de Galicia. Colaborador habitual da Erregueté e da revista Artezblai, acadou o Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais 2001 por Agnus Patris.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño unha morea deles, que vou lendo e relendo segundo o momento. Estes día volvín á Terra erma, na impresionante tradución catalá de Rosa Leveroni, corrixida por Carles Riba. Rin o que non está escrito co divertido ensaio La danza del futuro de Jaime Conde-Salazar. Tamén desfruto moito estes días coas fulguracións de […] - [Raúl Dans gaña o Premio Laudamuco para textos Teatrais 2020](https://erreguete.gal/2020/05/01/raul-dans-gana-premio-laudamuco-textos-teatrais-2020/): Raúl Dans é o gañador da segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, concorreu ao certame coa obra Só un home bo, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.   A concelleira de Cultura, Sandy Cebral Gómez, sinala que “a pesar da situación excepcional na que nos atopamos por mor da pandemia do COVID-19, o Concello de Brión mantén o seu compromiso coa cultura e vén […] - [A Xunta anuncia un Plan de Reactivación para a cultura pero non dá a coñecer os detalles](https://erreguete.gal/2020/05/01/xunta-anuncia-plan-de-reactivacion-cultura-non-da-conecer-os-detalles/): A Consellería de Cultura e Turismo anunciou un Plan de Reactivación para os sectores cultural e turístico que, segundo a Xunta “permitirá impulsar a recuperación económica e a reactivación, fomentando o emprego e mantendo o tecido empresarial”. | M. X. |   No caso da cultura, o Conselleiro, Román Rodríguez, apuntou que a finalidade desta folla de ruta é “favorecer o consumo de produtos culturais ao tempo que se incentiva ao mantemento da industria cultural galega e se impulsan medidas de fomento da creatividade e da produción cultural” Unha das liñas estratéxicas do plan pasaría pola reorientación do Xacobeo 2021 “como […] - [No confín de… Diego Valeiras](https://erreguete.gal/2020/04/30/no-confin-de-diego-valeiras/): Artista plástico escénico e director de arte. Cunha carreira a medio camiño entre o teatro e o cinema, algunhas das producións teatrais nas que puidemos admirar os deseños de Diego Valeiras foron 30 e tantos ósos de Aporia Escénica, #camiños de ButacaZero ou O servidor de dous amos de Talía Teatro.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Non teño libro na mesa de noite, pero sempre teño presente Dúas bagoas por Máquina de Fina Casadelrrey. Libro que lin na adolescencia e que marcou o meu amor polos amigos, independentemente da cantidade de patas que teñan. A túa […] - [Os festivais de artes escénicas reclaman medidas especiais ante a crise](https://erreguete.gal/2020/04/29/os-festivais-de-artes-escenicas-reclaman-medidas-especiais-ante-crise/): AFEARTE, a asociación que agrupa os festivais de artes escénicas de Galicia, reivindican unha serie de medidas e protocolos de actuación ás administracións públicas ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19.   Os festivais de artes escénicas de Galicia acordaron facerlle chegar ás administracións unha serie de medidas e protocolos que consideran de especial relevancia para superar a crise sanitaria da COVID-19. Solicitan coordinación e consenso entre as Administracións públicas e estar á altura das necesidades neste momento. Igualmente, pidenlles a todas as administracións, dende o ámbito local ao autonómico, “que no exercicio das súas competencias, cando sexa posible retomar as […] - [A Xunta e a asociación Escena Galega acordan aprazar a celebración do oitavo mercado Galicia Escena PRO](https://erreguete.gal/2020/04/29/xunta-asociacion-escena-galega-acordan-aprazar-celebracion-oitavo-mercado-galicia-escena-pro/): A Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega acordaron aprazar a celebración da oitava edición do mercado galego das artes escénicas Galicia Escena PRO, que ía celebrarse este mes de xuño en Santiago de Compostela, así como deseñar conxuntamente un formato de feira flexible que facilite a súa adaptación á evolución da crise sanitaria polo Covid-19 nos próximos meses.   Galicia Escena PRO 2020 repetirá por segundo ano consecutivo o modelo de coorganización que a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), puxo en marcha en 2019 xunto con Escena Galega, principal asociación […] - [Teatros e auditorios só poderán abrir cun terzo do seu aforo habitual](https://erreguete.gal/2020/04/29/teatros-auditorios-so-poderan-abrir-cun-terzo-seu-aforo-habitual/): Segundo as medidas presentadas onte polo presidente do gobierno central, Pedro Sánchez, os teatros e auditorios poderían volver a abrir na segunda das catro fases marcadas na desescalada. Se todo fose ben e non houbese repuntes nos contaxios, esta apertura podería ter lugar a finais do mes de maio, aínda que cunha limitación de aforo de un terzo da capacidade do recinto e sempre con asignación de butaca. | M. X. |   Na fase 1, é dicir, a partir do 11 de maio, será posible celebrar actos culturais de menos de 30 persoas en espazos fechados e con menos de […] - [No confín de… Olga Cameselle](https://erreguete.gal/2020/04/29/no-confin-de-olga-cameselle/): Artista efémera: intérprete escénica, coreógrafa e directora de movemento escénico. Olga Cameselle forma, xunto a Alfredo Rodríguez, a compañía Producións Artísticas e xestionan o espazo de encontro, formación, investigación e fomento das artes performativas A Artística en Vigo. | Foto: Afonso Ouran |   O libro que tes sobre a mesa de noite. A mesa de noite non me parece un bo lugar para un libro. Para ler prefiro a luz diúrna, por necesidade ocular e por pracer. Neste confinamento ando un pouco escasa de tempo para o lecer e as lecturas céntranse maioritariamente en documentacións-ensaios e revisións de materiais, tanto […] - [TrasPediante e a Universidade Vigo organizan un Día da Danza nas redes](https://erreguete.gal/2020/04/28/traspediante-universidade-vigo-organizan-dia-da-danza-nas-redes/): A asociación de danza de Galicia trasPediante Cultura, organizadora do Festival corpo(a)terra, coordina un Día Internacional da Danza nas redes. | Foto: Angel Sousa |   O laboratorio de danza da Universidade de Vigo Doutras, que cumpre 10 anos, colabora coa Universidade Carlos III, o Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia, a Escola Danza Alfaia e o festival FôreFare, para celebrar o Día Internacional da Danza, nas posibilidades que o confinamento permite. O bit é a unidade de medida da velocidade de transmisión de datos, en inglés beat quere dicir latexos. Por iso esperamos compartir a danza con vós neste […] - [No confín de… Raquel Castro](https://erreguete.gal/2020/04/28/no-confin-de-raquel-castro/): Profesora de lingua galega e literatura e portugués no ensino secundario. Escritora cunha prolífica obra para teatro e narrativa como A formiga fóra do carreiro ou Bestiario doméstico. Raquel Castro coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais para alumnado de secundaria.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Son de varios libros á vez, agora estou relendo A xente da barreira de Carvalho Calero. Mais estes días de corentena hai un libro que me chamou de volta: Un mundo feliz de Aldous Huxley, polo que ten de submisión no acatamento das normas. E, de novo, que […] - [A Deputación da Coruña destina 1,8 millóns de euros á contratación de persoal técnico de deportes e cultura nos concellos](https://erreguete.gal/2020/04/27/deputacion-da-coruna-destina-18-millons-de-euros-contratacion-de-persoal-tecnico-de-deportes-cultura-nos-concellos/): O persoal especializado poderá adaptar a programación das áreas á nova situación provocada pola COVID19   Case dous millóns de euros son o orzamento que a Deputación da Coruña destina ás dúas liñas de axuda para a contratación de persoal técnico municipal das áreas de deportes e cultura nos concellos da provincia. En concreto, serán 1.008.966,33 € para Deportes e 768.819,91 € para Cultura, o que suporá a creación de arredor de 150 empregos. O persoal especializado poderá adaptar as programacións nas dúas áreas á nova situación imposta pola COVID19. Un total de 77 concellos son os beneficiarios da liña de […] - [As medidas do goberno estatal para a cultura aprázanse unha semana máis](https://erreguete.gal/2020/04/27/as-medidas-goberno-estatal-cultura-aprazanse-unha-semana-mais/): O Ministerio alega que o proceso segue o calendario previsto, malia que se anunciara a aprobación dun primeiro paquete de medidas no Consello de Ministros do 28 de abril. | M. X. | | Foto: Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa |   O pasado 17 de abril o ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, mantiveron unha reunión telemática cos sectores que integran a Cultura para identificar medidas de apoio viables en medio da pandemia do coronavirus. Daquela, Montero impúxose un prazo de dez días para estudar as propostas do […] - [No confín de… Irene Moreira e Alex Sobrino](https://erreguete.gal/2020/04/27/no-confin-de-irene-moreira-alex-sobrino/): Irene Moreira, directora de escena, e Álex Sobrino, actor. Xuntos son Xerpo Cultural e xuntos fan Ingrávida: espazo de gravitación artística. A sala porriñesa aposta, desde a súa apertura, por unha programación próxima a linguaxes escénicas innovadoras e polos novos valores da escena galega co seu programa de residencias artísticas Sumidoiros.   O libro que tedes sobre a mesa de noite. Irene: Sempre leo máis dun libro á vez para non aburrirme co mesmo tema. Agora estou con dous: El Entusiasmo. Precariedad y trabajo creativo en la era digital de Remedios Zafra, ensaio marabilloso de como nos enganan a través da ilusión […] - [No confín de… Cándido Pazó](https://erreguete.gal/2020/04/26/no-confin-de-candido-pazo/): Autor teatral, director de escena e narrador oral. A piragua, Ñiquiñaque, As do peixe ou Fillos do sol son algunhas das pezas máis destacadas deste dramaturgo vigués que ten adaptados, entre outros, textos de Goldoni, Brecht, Sam Shepard ou Gil Vicente. Con Vida de cans, o seu último espectáculo, opta ao mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2020.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Emilia Pardo Bazán, a biografía de Isabel Burdiel. Por traballo, pero é excelente e pracenteira de ler. A túa banda sonora destes días. A de hoxe é o Himno de Riego, porque […] - [No confín de… Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira](https://erreguete.gal/2020/04/25/no-confin-de-esther-f-carrodeguas-xavier-castineira/): Ela, dramaturga e actriz; entre as súas pezas destacan Voaxa e Carmín (Premio Abrente de Textos Teatrais 2015) ou Na butaca. El, director e docente; as súas últimas montaxes son #camiños e Despois das ondas. Xuntos, a compañía ButacaZero.   Os libros que tendes sobre a mesa de noite. Carrodeguas: De lo sublime de Longino, Lectura fácil de Cristina Morales e a Obra dramática de Andrea Dunbar, na tradución de Manuel Vieites para Galaxia. Eses están sobre a mesa de noite e dentro aínda teño máis, pero os que estou lendo… Son outros! Castiñeira: Pois todos os que non lle collen […] - [As asociacións profesionais da cultura denuncian a inactividade da Xunta ante a crise](https://erreguete.gal/2020/04/24/as-asociacions-profesionais-da-cultura-denuncian-inactividade-da-xunta-ante-crise/): Resumen as súas peticións en quince puntos que “precisan respostas urxentes”.   O pasado 20 de marzo, a maior parte das asociacións profesionais do sector cultural galego consensuaron un documento, que remitiron á Xunta de Galicia, no que había unha serie de propostas concretas e asumibles tanto para a administración central como para a autonómica. Hoxe, esas asociacións veñen de asinar outro comunicado no que denuncian a falta de resposta do executivo galego. “Aínda non hai ningún anuncio concreto por parte da Xunta de Galicia tras finalizar ronda de contactos sectoriais, algún deles incluso en dúas ocasións. O único anuncio é […] - [As afiliacións á Seguridade Social no sector cultural baixan un 5,5%](https://erreguete.gal/2020/04/24/as-afiliacions-seguridade-social-no-sector-cultural-baixan-55/): As primeiras cifras sobre o impacto real da situación actual no mundo da cultura revelan un descenso dun 5,5% dos empregos do sector cultural só no mes de marzo. Así o contabiliza o Observatorio da Cultura Galega (OCG), servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), nunha conxuntura que dá conta das cifras de afiliación á Seguridade Social ata o día 31 de marzo. A perda está un punto por debaixo do conxunto do Estado e destaca que o impacto é maior no emprego cultural que noutros sectores produtivos.   
 Son as primeiras cifras que analizan o impacto no sector […] - [Máis de 130 ministros reclaman apoio ao sector da cultura na resposta á crise COVID-19](https://erreguete.gal/2020/04/24/mais-de-130-ministros-reclaman-apoio-ao-sector-da-cultura-na-resposta-crise-covid-19/): Máis de 130 ministros e viceministros de Cultura participaron o mércores 22 de abril nunha reunión online convocada pola UNESCO co obxecto de discutir accións dirixidas a combater a crise “sen precedentes” que atravesa o sector cultural como consecuencia da pandemia de Covid-19. As diferentes representantes puxeron de manifesto o impacto da crise, compartiron información sobre as medidas tomadas para mitigalo e reafirmaron o seu compromiso co diálogo intergobernamental para sumar forzas.   Na apertura da xuntanza, a directora xeral da UNESCO, a francesa Audrey Azoulay, lembrou que “precisamos a cultura, polo que debemos axudala a facer fronte a esta conmoción”. […] - [No confín de… Marta Pazos](https://erreguete.gal/2020/04/24/no-confin-de-marta-pazos/): Directora e escenógrafa. Marta Pazos é fundadora da compañía compostelá Voadora xunto a Hugo Torres e Jose Díaz. O pasado ano estrearon o espectáculo-rave Hemos Venido a Darlo Todo (tres nominacións aos Premios María Casares 2020: mellor vestiario, maquillaxe e música orixinal) e a ópera A amnesia de Clío, con composición de Fernando Buide e libreto de Fernando Epelde. Na actualidade, Voadora traballa na adaptación do texto Siglo Mío, Bestia Mía da autora alicantina Lola Blasco. Pola súa escenografía para o espectáculo Neorretranca e Posmorriña do CDG, Marta Pazos opta a un Premio María Casares na edición deste ano. | Foto: […] - [Diario de cativerio. Día 41, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/04/23/diario-de-cativerio-dia-41-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Non poucas veces as novas parecen sacadas de El Mundo Today. Acontece. E non queda máis remedio que poñer a man sobre a fronte, como a icona de wasap. Que millóns de hoteis e casas estean baleiras mentres amoreamos persoas en pavillóns, por exemplo, dá para unha viñeta. E que cando mercas un barril de petróleo che dean 40 pavos, nin che conto. Dá tentación, mercar. sobre todo para paliar as perdas da miña empresa. Como empresaria, non puiden –nin poderei- acollerme a ningunha axuda. Sinxelamente porque, como acaso o 60 ou 70 % dos empresari@s […] - [No confín de… Francisco Macías](https://erreguete.gal/2020/04/23/no-confin-de-francisco-macias/): Francisco Macías defínese coma un editor-agricultor. Este berciano do Lago de Carucedo é o director de Edicións Positivas, editorial cunha traxectoria e un catálogo amplísimo de poesía, narrativa, ensaio e teatro en galego e portugués. Na imaxe, “tentando arrincar un dos marcos no Couto Mixto que separa Galicia de Portugal. Un dos retos que ten a cultura galega”.   O libro que tes sobre a mesa de noite. El dia que va morir David Bowie de Sebastià Portell. Libro, en catalán, dun escritor novo que queremos editar en galego, traducido por María Alonso Seisdedos. Un mozo vive a Barcelona dos seus desexos […] - [Transmissão, teatro radiofónico en Portugal](https://erreguete.gal/2020/04/22/transmissao-teatro-radiofonico-portugal/): O ciclo inclúe a peza Upsmara, baseada na obra Smara de Paula Carballeira.   Transmissão, é unha iniciativa das asociacións culturais UMCOLECTIVO e Txon-poesia e da companhia de teatro As Crianças Loucas. Un ciclo de teatro radiofónico con dirección artística de Cátia Terrinca e Vicente Wallenstein, que se iniciou o luns e que se estenderá até o sábado 25. Emitidos por varias radios locais, nacionais e internacionais (Mais Rádio, de Setúbal, Rádio Elvas, de Elvas, Antena Livre, de Gouveia, Antena 2, Rádio Miúdos, RDP África, e Rádio Morabeza, de Cabo Verde), os programas quedarán logo da súa emisión na plataforma Mixcloud. […] - [No confín de… Caterina Varela](https://erreguete.gal/2020/04/22/no-confin-de-caterina-varela/): Bailarina, creadora e xestora cultural. Directora xunto a Alexis Fernández da compañía La Macana, Caterina Varela coordina, ademais, o programa de Residencias Paraíso do Colectivo RPM e o proxecto de Programación Expandida TRCDanza do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Son das que teño máis dun ao meu carón. Nas últimas semanas estou a cabalo entre a primeira lectura de Middelsex de Jeffrey Eugenides, a compilación en papel do blog colectivo Sobre as cousas e a relectura do marabilloso poemario Camuflaxe de Lupe Gómez. Noutra orde de cousas, teño que […] - [Voadora prepara unha adaptación do 'Othello' de Shakespeare para 2021](https://erreguete.gal/2020/04/21/voadora-prepara-unha-adaptacion-othello-de-shakespeare-2021/): Voadora estreará en 2021 a adaptación transgresora do Othello de Shakespeare baixo a dirección de Marta Pazos. A compañía galega prepara nesta primavera o seu terceiro espectáculo baseado na obra de William Shakespeare, despois de O soño dunha noite de verán e A tempestade.   A obra, producida pola propia compañía, dará especial relevancia aos personaxes femininos. Así, o novo traballo de Voadora ofrecerá unha perspectiva na que as personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca serán principais, mentres que os papeis de Othello e Iago adoptarán un rol secundario. “Será un espectáculo transgresor, dotado de intencionalidade e que, tal e como […] - [Os teatros de ópera europeos estiman unhas perdas de 145 millóns de euros](https://erreguete.gal/2020/04/21/os-teatros-de-opera-europeo-estiman-unhas-perdas-de-145-millons-de-euros/): Unha enquisa realizada por Opera Europa sobre unha mostra de 70 dos seus teatros membros revela unha perda de ingresos de 145 millóns de euros entre marzo e xullo, unha media de máis de 2 millóns de euros cada un.   Nicholas Payne, director de Opera Europa vén de facer pública unha carta na que revela os resultados desta enquisa e na que advirte que “un mes despois de pechar, con varios meses máis de silencio por diante e sen constancia de cando se poderán retomar as actuacións públicas” os teatros de ópera enfrontan “unha crise existencial”. “Como se pode salvar […] - [A Bienal de Venecia anuncia novas datas para os festivais de teatro e de danza](https://erreguete.gal/2020/04/21/bienal-de-venecia-anuncia-novas-datas-os-festivais-de-teatro-de-danza/): A Bienal de Venecia anunciou onte novas datas para os festivais de teatro e de danza, confirmando tamén as datas dos certames de arquitectura, cinema e música, logo da reformulación do calendario por mor da pandemia de Covid-19.   De acordo cun comunicado divulgado pola organización, o 64º Festival Internacional de Teatro, dirixido por Antonio Latella, desenvolverase entre o 14 e o 24 de setembro, no canto de entre o 29 de xuño 13 de xullo, como estaba previsto. Ademais, o 14º Festival Internacional de Danza Contemporanea, dirixido pola coreógrafa Marie Chouinard, terá do 13 ao 25 de outubro, en vez […] - [No confín de… Tito Asorey](https://erreguete.gal/2020/04/21/no-confin-de-tito-asorey/): “Actor que dirixe ou director que actúa, segundo o momento vital. Ás veces escribo dramaturxias de pezas alleas e, por veces –ás menos–, atrévome con pezas propias. Tamén imparto clases de teatro.” Tito Asorey é cofundador, xunto á actriz Melania Cruz, d’A Quinta do Cuadrante. O empapelado amarelo, primeiro espectáculo da compañía, opta á mellor dirección e mellor adaptación nos Premios María Casares de Teatro. Como director, a súa última montaxe foi a versión escénica de Fariña, baseada no libro de Nacho Carretero sobre a Operación Nécora contra o narcotráfico, en cuxa adaptación televisiva Asorey tamén participou como intérprete. | Foto: […] - [O Premi Born modifica as súas bases para aceptar orixinais presentados por correo electrónico](https://erreguete.gal/2020/04/20/premi-born-modifica-as-suas-bases-aceptar-orixinais-presentados-correo-electronico/): O Cercle Artistic de Ciutadella decidiu, debido as circunstancias excepcionais derivadas da pandemia de Covid-19, que na convocatoria do XVL Premi Born 2020 se acepten os orixinais enviados tanto por correo postal como por correo electrónico.   Para as obras enviadas por correo postal mantéñense as bases presentadas no mes de marzo. Para as obras enviadas por correo electrónico, modifícanse as bases seguintes, que se deben cumprir para que os traballos presentados sexan aceptados:   5º Mandarase un orixinal da obra en PDF como documento adxunto ao seguinte enderezo electrónico: premiborndeteatre@@gmail.com O documento adxunto deberá ter como nome o título da […] - [No confín de... Inma López Silva](https://erreguete.gal/2020/04/20/no-confin-de-inma-lopez-silva/): Escritora, profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e crítica teatral. Maternosofía, Aqueles días en que eramos malas, Chámame señora, pero trátame coma a un señor ou, recentemente, O libro da filla (editado por Galaxia) son algunhas das obras dunha das autoras fundamentais nas letras galegas contemporáneas. | Foto: Judit Cendón |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Frankisstein: Una historia de amor de Jeanette Winterson; unha reflexión marabillosa arredor dos límites da intelixencia humana fronte á robótica, unha historia de amor, unha lembranza daquela noite de tormenta nos Alpes en que naceu a gran […] - [No confín de… Melania Cruz](https://erreguete.gal/2020/04/19/no-confin-de-melania-cruz/): Actriz, pedagoga teatral e cofundadora d’A Quinta do Cuadrante xunto a Tito Asorey. Entre os seus últimos traballos sobre as táboas destacan Medida por Medida de Producións Teatrais Excéntricas e O empapelado amarelo con dirección de Asorey, peza pola que está nomeada á mellor adaptación/tradución nos Premios María Casares 2020. En cinema protagonizou o pasado ano o filme Arima de Jaione Camborda. | Foto: Mermaid Photo |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño varios: Augurios de Inocencia e M- Train de Patti Smith, Aquí la bruja no se quema de Amanda Lovelace, Aquelarre de muñecas de Ana […] - [Os ministerios de Cultura e Facenda comprométense a deseñar un primeiro paquete de medidas de apoio á Cultura](https://erreguete.gal/2020/04/18/os-ministerios-de-cultura-facenda-comprometense-desenar-primeiro-paquete-de-medidas-de-apoio-cultura/): Aseguran que levarán as primeiras medidas de urxencia ao Consello de Ministros do 28 de abril. | M. X. |   Durante máis de cinco horas, o ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, mantiveron onte unha reunión telemática de traballo cos sectores que integran a Cultura para identificar medidas de apoio viables en medio da pandemia do coronavirus. Montero impúxose un prazo de dez días para estudar as propostas do sector e poder levar ao Consello de Ministros un primeiro paquete de medidas de apoio urxentes para o sector da […] - [A Federación Mundial do Circo cancela o Día Mundial do Circo, que se celebraba hoxe](https://erreguete.gal/2020/04/18/federacion-mundial-circo-cancela-dia-mundial-del-circo-celebraba-hoxe/): A Fédération Mondiale du Cirque (FMC) emitiu un comunicado anunciando que ‘por responsabilidade’, e a consecuencia desta pandemia del Coronavirus que nos afecta, ‘está obrigada a cancelar’ todas as actividades do 18 de abril para a celebración do Día Mundial do Circo. A Federación deixa aberta a posibilidade de atopar unha data apropiada no outono para celebrar o Dia Mundial do Circo (World Circus Day, WCD 2020).   O Día Mundial del Circo é un día especial para festexar as Artes Circenses e a cultura, que se celebra anualmente o terceiro sábado de abril. Está promovido pola Federación Mundial do Circo […] - [A Casa-Museo Manuel María convoca o II Certame de Proxectos Teatrais](https://erreguete.gal/2020/04/18/casa-museo-manuel-maria-convoca-ii-certame-de-proxectos-teatrais/): A Casa-Museo Manuel María en colaboración cunha serie de concellos cuxo número e identidade se farán públicos proximamente, convocan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Nesta convocatoria duplícase a contía económica achegada pola Fundación (4.000 euros), ao que haberá que sumar o número de funcións que se logre comprometer por parte de concellos e Deputacións (na edición anterior foron 26). O certame rexerase polas seguintes bases:   1. Fundamentación A Casa-Museo Manuel María ten como obxecto xeral a conservación e difusión da obra do escritor chairego, así como a promoción da cultura galega en xeral. A figura de Manuel […] - [No confín de… Davide González](https://erreguete.gal/2020/04/18/no-confin-de-davide-gonzalez/): Actor, músico, compositor e director. Nos últimos anos, Davide González combina o seu labor como intérprete co de compositor e músico en distintas producións da nosa escena: Pum! Pum! de Baobab Teatro, Eila de Incendiaria ou Resaca de Ilmaquinario, entre outras. Moi pronto poderemos gozar da súa música en O mozo da última fila de Redrum Teatro e da súa interpretación na peza Microspectivas dun marica millennial da compañía Incendiaria. | Foto: Laura Iturralde |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Recentemente rematei Los Equinoccios, unha novela gráfica de Cyril Pedrosa. Vou xestionando estes días pensando moito […] - [As artes escénicas e musicais propoñen medidas para a reapertura das actividades culturais](https://erreguete.gal/2020/04/17/as-artes-escenicas-musicais-proponen-medidas-reapertura-das-actividades-culturais/): As principais entidades do sector das artes escénicas e a música de todo o Estado –entre as que se encontra Escena Galega– veñen de asinar un manifesto conxunto para solicitarlles ás administracións públicas unha interlocución urxente cos representantes do sector para planificar as medidas necesarias para a reapertura das actividades culturais de concorrencia pública en espazos privados (teatros, salas de concertos e carpas de circo) e a organización de espectáculos públicos cando se supere a actual crise sanitaria provocada polo virus COVID-19.   Recoñecendo a necesidade de poñer a saúde da poboación por riba de calquera outra consideración, as entidades piden […] - [O INAEM amplía o Programa PLATEA até marzo de 2021](https://erreguete.gal/2020/04/17/inaem-amplia-programa-platea-ate-marzo-de-2021/): Coa fin de recuperar e reactivar a actividade escénica en canto as autoridades sanitarias o permitan, o INAEM ampliará até marzo de 2021 o Programa PLATEA, para o que destinará 5.250.000 de euros.   O Ministerio de Cultura e Deporte, a través do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) e en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), decidiu ampliar o programa PLATEA 2020, destinado a fomentar a circulación estatal de espectáculos, coa incorporación dunha serie de medidas extraordinarias de flexibilización que buscan recuperar, reactivar e incrementar a contratación e a actividade escénica nos […] - [As Residencias Paraíso 2020 escollen os seis proxectos artísticos da súa cuarta edición](https://erreguete.gal/2020/04/17/as-residencias-paraiso-2020-escollen-os-seis-proxectos-artisticos-da-sua-cuarta-edicion/): As Residencias Paraíso 200 fan pública a selección dos seis procesos artísticos que o colectivo RPM acompañará en 2020. Despois de valorar 62 proxectos presentados, Shelter, Manodura, Teorema, H/Ostia, Carne de canción e O raro é que bailar sexa raro son os títulos dos proxectos que se desenvolverán en residencias de entre dúas e tres semanas ao longo do ano en diferentes espazos da xeografía galega.   A comisión de selección desta cuarta edición das Residencias Paraíso estivo formada por Félix Fernández e Alexis Fernández –por Colectivo RPM– e Davide González, Marta Alonso e Natalia Balseiro, como profesionais convidadas. A organización […] - [No confín de… Carlos Rebolo](https://erreguete.gal/2020/04/17/no-confin-de-carlos-rebolo/): Actor a tempo completo e director a tempo parcial, Carlos Rebolo protagoniza Cinco minutos sen respirar de Ítaca Teatro xunto á actriz Elea López. Este abril ía estrear o musical Pínconús, de Pínconús Teatro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, con texto e dirección de José Campanari. | Foto: La Cosa Gráfica |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Adoito ter novela, para que non se me poña o cerebro a matinar antes de durmir, pero, nestes días, estou a ler e/ou reler tres libros que fan o efecto contrario e que veñen moi ben para refrescar coñecementos e […] - [A Xunta pídelle ao Goberno central ampliar as desgravacións fiscais do Xacobeo en beneficio do sector cultural e turístico](https://erreguete.gal/2020/04/17/xunta-pidelle-ao-goberno-central-ampliar-as-desgravacions-fiscais-xacobeo-beneficio-sector-cultural-turistico/): O conselleiro de Cultura formula, na videoconferencia mantida co Ministerio, o resto das Comunidades Autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, unha serie de medidas de ámbito fiscal e financeiro, laborais e de fomento do consumo. O ministro pide “vontade para crear un pacto de Estado. Euskadi e Cataluña defenden a diversidade cultural e lingüística e a exclusividade das competencias en materia de cultura, e poñen en marcha plans de urxencia. | Manuel Xestoso |   No marco da reunión que mantiveron onte o Ministro de Cultura, os representantes das Comunidades Autónomas e a Federación Española de Municipios e […] - [Mensaxe do Día Internacional da Danza 2020](https://erreguete.gal/2020/04/16/mensaxe-dia-internacional-da-danza-2020/): | Gregory Vuyani |   Foi durante unha entrevista que me fixeron recentemente que dei en pensar en profundidade sobre a danza, sobre o que significaba para min. Para responder esta pregunta, tiven que afondar na miña traxectoria e decateime de que era unha cuestión de determinación, de enfrontar os desafíos que cada día presentaba e de tentar outorgarlle un sentido ao mundo a través da danza. Atravesamos traxedias inimaxinables nunha época que se podería describir como a era post-humana. Máis que nunca, precisamos dunha danza coa determinación de lle lembrar ao mundo que o humano aínda existe. Determinación e empatía […] - [En attendant Rambert, por Tamara Andrés](https://erreguete.gal/2020/04/16/attendant-rambert-tamara-andres/): | Tamara Andrés |   En quen te convertiches? Coñecémonos? Cal é o teu nome? Tes un nome? Hai alguén aí? Hai alguén?   Pascal Rambert escribe Clôture de l’amour para Audrey Bonnet e Stanislas Nordey. A peza estréase no Festival d’Avignon no ano 2011 e o texto sae do prelo en Francia ese mesmo ano. Tradúcese a máis de vinte linguas e o propio Rambert dirixe montaxes en Rusia, Estados Unidos, Croacia, Italia, Xapón, Alemaña, España, Dinamarca, Exipto ou China. En paralelo a este percorrido, o director Carlos Álvarez-Ossorio asiste como espectador a unha representación de Ensayo no Teatro Kamizaze […] - [No confín de… Paula Quintas](https://erreguete.gal/2020/04/16/no-confin-de-paula-quintas/): Bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga. Paula Quintas é unha das figuras máis destacadas no panorama da danza galega e internacional. Os seus traballos nas compañías Dizzy O’Dare, trasPediante ou Pistacatro, entre outras, lévana sempre na procura de novos códigos corporais no seu traballo escénico. É codirectora do festival ourensán Corpo(a)Terra de danza e artes do corpo. | Foto: Sammi Fang |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Estética de lo performativo de Erika Fischer-Lichte. Estou revisando algúns artigos sobre a performance neste período de confinamento. A túa banda sonora destes días. Suite bergamasque, L.75: III. Clair de […] - [Xabier Deive, presidente da AAAG: "Garantir a supervivencia do sector nunha situación de parálise total conséguese con liquidez"](https://erreguete.gal/2020/04/15/xabier-deive-presidente-da-aaag-garantir-supervivencia-sector-nunha-situacion-de-paralise-total-conseguese-liquidez/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica, , vén de colaborar –como asociación federada en ConArte– no documento dirixido ao Ministerio de Cultura con 52 medidas extraordinarias para afrontar a crise derivada da pandemia de Covid-19. Igualmente, participaron na reunión que asociacións profesionais do sector cultural tiveron co Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Xabier Deive, en nome da xunta directiva da asociación, coa que consensuou as respostas, contestou por e-mail as preguntas da erregueté sobre as medidas de apoio que lles solicitan ás administracións para […] - [No confín de… Carlos Pinilla](https://erreguete.gal/2020/04/15/no-confin-de-carlos-pinilla/): Cuarto e metade de deseñador de vestiario, medio quilo de caracterizador, outro medio quilo de docente, un bo puñado de xastre, unha cunquiña de escenógrafo e un anaco de artista da pista. Coas súas mans, Carlos Pinilla confeccionou as prendas para Todo sobre Eva de Gravidade 0.0 ou, recentemente, as de Despois das Ondas de ButacaZero. Por este traballo, está nomeado a mellor maquillaxe e mellor vestiario nos Premios María Casares deste ano.   O libro que tes sobre a mesa de noite. La modista de la reina de Catherine Guennec. Narra a historia de Rose Bertin, modista da raíña María […] - [O Teatro do Noroeste-CDV amplía a súa programación dixital cunha webnovela e un espazo educativo](https://erreguete.gal/2020/04/14/teatro-noroeste-cdv-estrea-amplia-sua-programacion-dixital-cunha-webnovela-espazo-educativo/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana estrea unha nova programación dixital no ámbito da extensión do ciclo Teatro do Noroeste em Sua Casa co espazo Sofá em cena, o programa educativo Caseirar e a estrea da webnovela 2020: Odisseia Sem Espaço! Este novo programa estará disponible ata o 30 de abril, nas páxinas do Facebook e Youtube da compañía vianense. | Foto: Luis Lagadouro |   A webnovela 2020: Odisseia Sem Espaço!, conta a historia de varias personaxes que se encontran en confinamento. Inspirada nas novelas de radio e concibida en clave de comedia, a serie é gravada diariamente por […] - [No confín de… Ana Abad de Larriva](https://erreguete.gal/2020/04/14/no-confin-de-ana-abad-de-larriva/): Ana Abad de Larriva defínese como unha actriz que escribe teatro e sobre teatro. Colaboradora habitual da erregueté, a súa peza A Sombra das Árbores (editada por Galaxia) foi premiada na segunda edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, confirmándoa como unha das voces máis prometedoras da dramaturxia galega.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Non teño mesa de noite, así que cada noite antes de ir durmir deito no chan varios libros que estou a ler ou aqueles dos que me apetece reler algún fragmento e, como a miña cama é bastante alta, debrúzome […] - [Distintas respostas europeas ante as ameazas da Covid-19 ao sector cultural](https://erreguete.gal/2020/04/13/distintas-respostas-europeas-ante-as-ameazas-da-covid-19-ao-sector-cultural/): A crise provocada pola pandemia deixa en evidencia a fraxilidade das estruturas culturais en toda Europa, nas que se xuntan unha elevada porcentaxe de autónomos e empresas de menos de dez traballadoras, a contratación a tempo parcial e a flexibilidade laboral e un acceso moi limitado ou nulo a prestacións sociais. O peche de teatros, salas de concertos, cines, librarías, museos… e o aprazamento ou cancelación de eventos pon contra as cordas o tecido cultural e ameaza a súa supervivencia. As respostas ante esta crise varían segundo cada país. | Manuel Xestoso |   Quizais o primeiro país en responder, e […] - [No confín de... Tatán](https://erreguete.gal/2020/04/13/no-confin-de-tatan/): Titiriteiro, actor e cantor. Con máis de trinta e cinco anos de traxectoria artística, Tatán é un dos imprescindíbeis do noso teatro. Xunto a Miguel Borines e Andrés Giráldez dirixe Tanxarina Títeres, unha das compañías con máis recoñecemento dentro e fóra de Galicia, con espectáculos coma Trogloditas, As bombas e o xeneral, A casa do avó ou A galiña azul. Desde o ano 2000, Tanxarina é responsábel artística e técnica do Festival Internacional de Títeres de Redondela.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Allez, Allez! Islote P Barraca 16 de Santiago Rodríguez, meu pai. Memorias da súa […] - [Tecer e destecer](https://erreguete.gal/2020/04/13/tecer-destecer-anton-lamapereira/): O 27 de marzo –Día Internacional do Teatro– de 2018, na presentación pública da Academia Galega de Teatro anunciábase, como un dos seus obxectivos fundamentais, a Convocatoria dun Congreso Internacional de Teatro Galego. E velaquí como dous anos despois logrou o seu propósito aínda que, convocado para o mes de marzo de 2020, a súa realización foi demorada até outubro deste mesmo ano debido ao confinamento pola pandemia da Covid-19. Tarefa lograda que ben merece o aplauso. Agora ben, sempre compre ter unha perspectiva histórica sobre os feitos e neste caso a necesidade da convocatoria dun congreso de teatro galego é […] - [Diario de cativerio. Día 30, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/04/12/diario-de-cativerio-dia-30-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   O meu avó era pasteleiro. En Rianxo sábeo todo o mundo. Eu, antes de ser a filla de Don Enrique ou de Doña María, e moito antes de ser a directora de Airiños… sempre fun a neta d’O Dulseiro. Onte púxenme a facer arroz con leite de avea. Vellas receitas para novos estómagos. E de súpeto, mentres removía volta e volta a pota coa súa canela e o seu limón, parecía que remexía na crema coa que o meu avó enchía as cañas polas que foi famoso en toda a vila –e parte do extranxeiro-. As cañas […] - [No confín de… Pomba Luxilde](https://erreguete.gal/2020/04/12/no-confin-de-pomba-luxilde/): Pomba Luxilde dirixe a escola Palimoco de Teatro e Danza en Lugo e coordina a área de cultura da Universidade de Santiago de Compostela na cidade amurallada. Con Teatro Baixo da Area estreou a principios deste ano Poeta en Nova York, adaptación da obra de Federico García Lorca protagonizada por María Roja, Sabela Eiriz e Sergio Zearreta.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Scórpio de Ricardo Carvalho Calero e moitos máis facendo cola A túa banda sonora destes días. Luis Eduardo Aute, Carmina Burana de Orff, Abraham Boba, Joy Division, Narf… Un pouco de todo, dependendo do […] - [A reacción da cultura obriga ao goberno do Estado a rectificar e atender as súas demandas](https://erreguete.gal/2020/04/11/reaccion-da-cultura-obriga-ao-goberno-estado-atender-as-suas-demandas/): A ministra portavoz, María Jesús Montero,  anuncia un encontro para estudar medidas de estímulo na cultura. | M. X. |   “O Goberno é consciente das dificultades extremas que estamos atravesando e polo tanto estudaremos a súa singularidade para que poidan beneficiarse das medidas xerais adaptadas ao seu perfil que xa se puxeron en marcha ou as que se poidan deseñar ou aplicarno futuro”. Así se refería María Jesús Montero ao sector da cultura tras o Consello de Ministros extraordinario deste venres. O malestar expresado polo sector ante a primeira comparecencia do Ministro de Cultura parece ter dados os seus froitos: […] - [Segunda carta á profesión desde o confín, por Chiqui Pereira](https://erreguete.gal/2020/04/11/segunda-carta-profesion-desde-confin-chiqui-pereira/): Chiqui Pereira, da compañía Berrobambán, continúa ofrecendo novos puntos de vista sobre as consecuencias que pode ter a crise derivada do confinamento colectivo sobre as artes escénicas.   Hai exactamente dúas semanas comezabamos a escribir a anterior carta e parece que pasaron meses. Paradoxalmente, neste confinamento acontecen demasiadas cousas demasiado rápido, así é que, ao tempo que escribimos as palabras e as ideas, estas desactualízanse. Esa especie de ansia do pasado por converterse en presente ou do presente por tornarse pasado, impregna a nosa reflexión, arrastrándoa, ao igual que á anterior, a un abismo do efémero desde o cal poderiamos contemplar […] - [No confín de… Santiago Cortegoso](https://erreguete.gal/2020/04/11/no-confin-de-santiago-cortegoso/): Santi Cortegoso é unha das figuras de referencia no panorama teatral galego. Autor de pezas como 0’7% Molotov, Raclette ou Pequenos actos pseudorevolucionarios, foi premiado en numerosas ocasións. O último espectáculo da súa compañía Ibuprofeno Teatro, O mel non caduca, está protagonizado por Marián Bañobre e Avelino González. | Foto: Diego Seixo |   O libro que tes sobre a mesa de noite. L’ Abeille (et le) Philosophe (O filósofo e a abella) de Pierre-Henri Tavoillot e François Tavoillot. Aínda que xa estreamos O mel non caduca, continúo mergullado no universo da apicultura. É fascinante. A túa banda sonora destes días. […] - [A Xunta anuncia o deseño dun paquete de medidas culturais para minorar os efectos da pandemia](https://erreguete.gal/2020/04/11/xunta-avanza-deseno-dun-paquete-de-medidas-culturais-minorar-os-efectos-da-pandemia/): O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo unha videoconferencia con representantes do sector escénico galego para analizar a situación derivada do COVID-19 e avanzar nas accións específicas que a Xunta de Galicia está a deseñar para minimizar os efectos da crise sanitaria neste colectivo.   Seguindo a dinámica de anteriores encontros sectoriais, nos que a Consellería convocou xuntanzas similares para afondar nas consecuencias do actual estado de alarma na música, no audiovisual ou no libro, a reunión centrouse nas especiais particularidades laborais e artísticas do teatro, a danza, a maxia e o novo circo. Participaron nela Juan Rodríguez, presidente […] - [No confín de… Noemi Rodríguez](https://erreguete.gal/2020/04/10/no-confin-de-noemi-rodriguez/): Actriz, directora e dramaturga, Noemi Rodríguez é –xunto a Andrea Jiménez– fundadora e motor creativo da compañía Teatro en Vilo. Habituais das táboas estatais e internacionais, Teatro en Vilo acadou, entre outros, o Premio ‘Ojo Crítico’ de Teatro 2019. Esta temporada estrearon no Centro Dramático Nacional a súa nova peza, Man Up, candidata a mellor espectáculo e autoría nos Premios Max 2020.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Agora mesmo varios: Un apartamento en Urano de Paul B. Preciado, Las madres no de Katixa Agirre, Lectura Fácil de Cristina Morales e Ways of Seeing de John Berger. […] - [No confín de… Santi Prego](https://erreguete.gal/2020/04/09/no-confin-de-santi-prego/): Santi Prego é un habitual das nosas táboas e pantallas. Actor, narrador oral e director teatral, protagoniza a segunda temporada do thriller televisivo O Sabor das Margaridas. Nos pasados Premios Goya foi finalista na categoría de mellor actor revelación polo seu papel como o ditador Francisco Franco en Mientras dure la Guerra de Alejandro Amenábar.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Neste momento teño 28 libros (conteinos). O que está máis arriba é Por qué las mujeres disfrutan más del sexo bajo el socialismo y otros argumentos a favor de la independencia económica de Kristen Ghodsee. Tamén teño un libro […] - [Traballadoras das Artes Escénicas piden unha rectificación do Ministro de Cultura](https://erreguete.gal/2020/04/08/traballadores-das-artes-escenicas-piden-unha-rectificacion-ministro-de-cultura/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) forma parte de ConARTE (Confederación de Artistas Trabajadores del Espectáculo) xunto a Associació d’Actors i Directors Professionals de Catalunya (AADPC), Asociación de Profesionales de la Danza en la Comunidad de Madrid (APDCM), Associació de Professionals de la Dansa C. Valenciana (APDCV),Unión de Actores y Actrices de la Región de Murcia (UARM), Associació d’Actors i d’Actrius Professionals de les Illes Balears (AAAPIB) e a Unión de Actores de Canarias (UAC). ConArte, de forma conxunta e a nivel estatal, envía este comunicado ao respecto ás declaracións de onte do ministro de Cultura e Deporte, José […] - [O Ministro de Cultura decepciona ao non ofrecer ningunha medida concreta para o sector](https://erreguete.gal/2020/04/08/ministro-de-cultura-comparece-sen/): Na primeira comparecencia do ministro dende que comezou a crise non se anunciou ningunha medida específica para superar os efectos da pandemia. | M. X. |   Vinte e catro días despois de que se decretase o estado de alarma, o Ministro de Cultura, Jose Manuel Rodríguez Uribes, compareceu por primeira vez diante dos medios sen anunciar medidas concretas provocando a consecuente decepción do sector. O ministro limitouse a citar a Orson Wells –“primeiro é a vida e despois o cine”– para xustificar a falta de axudas específicas ao sector para minorar os efectos da pandemia da Covid-19. Uribes reuniuse nos […] - [No confín de… Laura Iturralde](https://erreguete.gal/2020/04/08/no-confin-de-laura-iturralde/): Laura Iturralde é unha das iluminadoras e videocreadoras de referencia na escena galega. Moi pronto poderemos ver un dos seus últimos deseños en Microspectivas dun Marica Millenial da compañía Incendiaria. Nomeada dobremente á mellor iluminación nos Premios de Teatro María Casares deste ano por O empapelado amarelo e Fariña.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Agora mesmo estou lendo Filth (Escoura) de Irvine Welsh, un libro sobre un tipo do máis desprezable. Tamén están outros que vou lendo pouco a pouco: a Narrativa Completa de H.P. Lovecraft e Loops 2: una historia de la música electrónica en […] - [Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana acada máis de cen mil espectadores coas súas transmisións en directo](https://erreguete.gal/2020/04/07/teatro-noroeste-centro-dramatico-de-viana-acada-mais-de-cen-mil-espectadores-coas-suas-transmisions-directo/): O programa O Teatro do Noroeste Em Sua Casa foi o primeiro en iniciar a transmisión de obras en directo en Portugal.   Un total de 27 espectáculos transmitidos pola Internet diariamente ata o 9 de abril suman xa máis de cen mil espectadores desde que o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana se converteu na primeira compañía portuguesa a transmitir teatro en directo no contexto da actual pandemia. Após o espectáculo O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, dirixido por Tiago Fernandes, transmitido en directo o día 11 de marzo, a compañía vianense deseñou unha programación diaria de espectáculos […] - [No confín de… Diego Vázquez Meizoso](https://erreguete.gal/2020/04/07/no-confin-de-diego-meizoso/): Diego Vázquez Meizoso é xestor cultural especializado en artes escénicas. Xerente da asociación de compañías profesionais Escena Galega, coordina o proxecto Camiño Escena Norte de intercambio cultural entre Galicia, Euskadi, Asturies e Cantabria.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Mudo mesa de noite por mesiña a carón da butaca de ler, cun gato no colo e o outro sobre o respaldo. Estes días móvome entre unha relectura de Fosforescencias de Lupe Gómez, La Herencia de Vigdis Hjorth e Operación Dulce de Ian McEwan. Non sei por que, pero danme equilibrio estas lecturas nestes tempos tan difíciles. A […] - [A cultura desenvolve nas redes a campaña #NonNosCanceles](https://erreguete.gal/2020/04/06/cultura-desenvolve-nas-redes-campana-nonnoscanceles/): A campaña reivindica medidas de apoio ao sector ante a crise provocada polo Coronavirus.   Ao longo dos últimos días o hashtag #NonNosCanceles, que reivindica medidas de apoio ao sector ante a crise do Coronavirus, están circulando polas redes sociais. Profesionais de todos os ámbitos da cultura comparten a mensaxe “eu tamén son traballador/a da cultura” xunto co hashtag para facer un chamado a reducir o impacto das medidas de prevención de contaxio da Covid-19 mantendo as programacións e apoiando o consumo cultural. En ocasións, o hashtag vén acompañando dun texto que tamén circula polas redes e que di: “A cultura, no […] - [Falece Josep Maria Benet i Jornet, o pai do teatro catalán contemporáneo](https://erreguete.gal/2020/04/06/falece-josep-maria-benet-i-jornet-pai-teatro-catalan-contemporaneo/): Josep Maria Benet i Jornet, “o pai do teatro catalán actual”, faleceu esta madrugada aos 79 anos de idade, vítima da Covid-19. Papitu, como era coñecido entre as súas amizades, padecía alzheimer e estaba ingresado nunha residencia de Lleida. Benet i Jornet foi un nome decisivo para o teatro en catalán no franquismo, ao manter a tradición cando a continuidade semellaba rota. Exerceu de ponte entre os autores anteriores ao golpe de estado franquista e ás novas xeracións, coas que mantiña grandes vínculos. É considerado o mestre de dúas xeracións de dramaturgos: a de Lluïsa Cunillé e Sergi Belbel e o […] - [Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega: "O Xacobeo debe fortalecer as nosas redes e programacións"](https://erreguete.gal/2020/04/06/juan-rodriguez-presidente-de-escena-galega-xacobeo-fortalecer-as-nosas-redes-programacions/): Juan Rodríguez, da compañía Caramuxo Teatro, está tendo unha complicada estrea como presidente de Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas. Elixido o 5 de febreiro, tardou menos de un mes en ter que enfrontar os graves problemas derivados da pandemia do Covid-19 e a paralización que supuxo para o sector. Rodríguez explícanos as accións e propostas da asociación para avaliar o alcance da crise e para contrarrestar as súas consecuencias. | Manuel Xestoso |   Que pasos está seguindo Escena Galega para enfrontar a crise resultante da pandemia? Dende antes do estado de alarma vimos mantendo conversas […] - [No confín de… Nerea Brey](https://erreguete.gal/2020/04/06/no-confin-de-nerea-brey/): Nerea Brey é actriz. Na actualidade, protagoniza Despois das Ondas de ButacaZero e vén de estrear Entelequias da compañía Abismo Caracol. | Foto: Miramemira |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño varios a medio ler: El banquete de Platón, Fragmentos de un discurso amoroso, de Roland Barthes, Final del Juego de Julio Cortázar, El libro de los abrazos de Eduardo Galeano, Demian de Hesse… E a lista continúa ata dez. Se cadra, non debería comezar ningún libro máis polo momento. A túa banda sonora destes días. Joaquín Sabina, Bach, Extremoduro, a música do meu violín e […] - [Diario de cativerio. Día 23, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/04/06/diario-de-cativerio-dia-23-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Ate o corenta de maio, etcétera. Hoxe estou triste. Durante a semana, cando me levanto sen forzas, poño La revolución sexual, de La Casa Azul, e fago abdominais. Xa así pola mañá. Atope. Para poder teletraballar. Funciona moi ben. Vinllo facer a Sol Picó, e pareceume que podía collela a ela como modelo do meu adestramento diario. Sol Picó di que temos que cantar, mentres facemos abdominais, é o máis importante. Escolleu esa canción porque disque no verán xa nos chegará a Revolución Sexual. Eu, concretamente no sexual, non teño queixa. Pero de abdominais non ando […] - [No confín de… Quico Cadaval](https://erreguete.gal/2020/04/05/no-confin-de-quico-cadaval/): Quico Cadaval é director, actor, narrador… unha das figuras fundamentais do teatro das últimas décadas. Medida x medida é a última obra que dirixiu, con PT Excéntricas. Ademais, continúa o seu incansable labor como narrador oral.   O libro que tes sobre a mesa de noite. O Gerânio de Flannery O’Connor e Accidents Polipoètics, editado por Arrebato Libros. Depois de aborrecer-me –por diferentes motivos– com Brecht e Vila-Matas, topei outra vez coa tía Flannery. Accidents sempre está aí, para um remédio. A túa banda sonora destes días. The Old Refrain, Haiti de Caetano e Gil, Waltz de Brahms, Penicos de Prata, […] - [Presentan 52 medidas extraordinarias para as artes escénicas e musicais](https://erreguete.gal/2020/04/04/presentan-52-medidas-extraordinarias-as-artes-escenicas-musicais/): As asociacións galegas están presentes a través das federacións estatais Conarte, FAETEDA ou UNIMA, entre outras.   Máis de trinta asociacións profesionais das artes escénicas e musicais do estado, coordinadas pola Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública lanzan un documento conxunto de medidas extraordinarias para afrontar a crise provocada pola pandemia do coronavirus. As entidades asinantes levan semanas analizando a situación e alertan hoxe de que no conxunto do estado se suspenderán máis de 30.000 funcións e concertos entre marzo e maio, o cal suporá unhas perdas superiores de 130 millóns. Neste senso, o comunicado conxunto […] - [No confín de… Fernando Epelde](https://erreguete.gal/2020/04/04/no-confin-de-fernando-epelde/): Fernando Epelde é dramaturgo e músico. Vén de presentar a ópera A amnesia de Clío, con música de Fernando Buíde –unha produción de Voadora, unha compañía coa que adoita colaborar– e prepara a saída de Todo es ficción, o último traballo do seu grupo Chisme. | Foto: Pablo Zapata |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Sempre teño estes dous libros na mesa de noite: Océano de sonido e Resonancia siniestra de David Toop (editados por Caja Negra). Son fundamentais para o meu traballo porque afondan na dimensión sonora do oínte. Ambos están escritos por un músico […] - [Un eurodeputado do Partido Verde solicita da Comisión a defensa do sector cultural](https://erreguete.gal/2020/04/03/eurodeputado-partido-verde-solicita-da-comision-defensa-sector-cultural/): O Eurodiputado verde Niklas Nienaß, membro da comisión de cultura do Parlamento Europeo escribiu unha carta aberta á Comisión Europea e abriu unha recollida de sinaturas en defensa do sector cultural.   A carta comeza describindo o panorama que queda tras a irrupción da pandemia: “os eventos e espectáculos en directo tiveron que cancelarse, mentres a maioría dos centros culturais foron obrigados a pechar as portas. Os creadores culturais vense gravemente afectados pola interrupción das oportunidades para exposicións e mostras. En sectores caracterizados polo traballo autónomo, a contratación de traballadores a tempo parcial e a flexibilidade laboral, xunto cun acceso limitado […] - [No confín de… Belén Constenla](https://erreguete.gal/2020/04/03/no-confin-de-belen-constenla/): Belén Constenla é actriz. Na actualidade, protagoniza Despois das ondas, coa compañía ButacaZero.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Tres que teño a medias e un que vou reler: A educação sentimental dos pássaros de J. Eduardo Agualusa, La muerte del comendador de Haruki Murakami, La mujer que mira a los hombres que miran a las mujeres de Siri Hustvedt e Cien años de soledad de García Márquez. Volverei a el despois de trinta anos. A túa banda sonora destes días. Sempre adoito escoitar Rock, Soul, Blues, Jazz, Flamenco e música clásica; pero estes días volvín á […] - [No confín de… María Roja](https://erreguete.gal/2020/04/02/no-confin-de-maria-roja/): Inauguramos con María Roja unha nova sección, coordinada por Ernesto Is, na que diversas persoas relacionadas coas artes escénicas nos ofrecen pistas sobre as súas actuais inquedanzas culturais e impulsos para a creación. María Roja é performer, actriz e artista visual.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño un feixe deles, un enriba doutro, todos a medio ler. De arriba abaixo: Vernon Subutex, de Virginie Despentes, Fronteira Paraíso, de Silvia Penas, Bosque Vermello, de Tamara Andrés, Trilogía del infinito de Angélica Lidell, os Diarios de Kurt Cobain, máis os poemarios de Idea Vilariño e Alejandra Pizarnik. A […] - [A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense adíase ata xullo](https://erreguete.gal/2020/04/01/mostra-internacional-de-teatro-universitario-de-ourense-adiase-xullo/): A organización da Miteu (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense) vén de facer público un comunicado no que notifica que a Mostra adiarase a xullo.   A Miteu, programada inicialmente para o mes de abril, celebrarase na primeira quincena do mes de xullo, se a situación o permite. O programa deberá ser redeseñado, pero a organización subliña o seu compromiso co público e insiste na súa vontade de celebrar a edición deste ano. Igualmente, a Miteu agradece o apoio da Universidade de Vigo – Campus de Ourense, e do Teatro Principal (Deputación Provincial). Polo de agora, non coñecen a resposta […] - [A Deputación da Coruña diríxese ás asociacións profesionais da cultura para reactivar o sector](https://erreguete.gal/2020/04/01/deputacion-da-coruna-dirixese-as-asociacions-profesionais-da-cultura-reactivar-sector/): A área de Cultura da Deputación da Coruña está a promover a modificación de liñas de traballo para adaptalas á situación actual e novas iniciativas encamiñadas a paliar os efectos negativos que o Covid19 vai ocasionar no mundo da cultura. Neste sentido, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, púxose en contacto coas asociacións profesionais do sector para traballar con elas na recuperación despois de rematar o estado de alarma.   O deputado de Cultura, Xurxo Couto, dirixiuse ás asociacións profesionais do sector para transmitir a preocupación pola crise provocada polo Covid19 e ofrecer a colaboración da institución á hora de activar […] - [Danza, circo e artes de rúa reclaman medidas específicas ante a crise da Covid-19](https://erreguete.gal/2020/03/31/danza-circo-artes-de-rua-reclaman-medidas-especificas-ante-crise-da-covid-19/): Entre outras cousas, demándase que se modifique o Real Decreto 463/2020 para aclarar que os autónomos cuxa actividade estea relacionada coa danza e o circo e artes de rúa poidan beneficiarse automaticamente da prestación extraordinaria por cese de actividade sen necesidade de acreditar unha redución da facturación do 75%.   A cancelación e suspensión de espectáculos de danza, circo e artes de rúa, así como de outras actividades relacionadas con espazos escénicos e de creación, colocan ao sector cultural nunha posición crítica. Se non se toman medidas urxentes, córrese o risco de que estes sectores non sobrevivan á situación de crise […] - ['Eroski Paraíso, o filme' podera verse na plataforma Filmin a partir do 3 de abril](https://erreguete.gal/2020/03/31/eroski-paraiso-filme-podera-verse-na-plataforma-filmin-partir-3-de-abril/): Eroski-Paraíso, o filme, a adaptación ao cinema da obra de Chévere dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, poderá verse a partir deste venres, 3 de abril, na plataforma Filmin. Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas O’Paraíso de Muros en 1990, xusto antes de que pechara. Eroski Paraíso estreouse na antiga fábrica de conservas […] - [A Xunta anuncia un paquete de medidas para paliar os efectos do coronavirus na cultura](https://erreguete.gal/2020/03/30/xunta-anuncia-paquete-de-medidas-paliar-os-efectos-coronavirus-na-cultura/): A Xunta anuncia que reorientará o deseño do Xacobeo 2021 como ferramenta de recuperación económica e produtiva.   A Xunta de Galicia vén de anunciar que prepara un “amplo paquete de medidas específicas dirixidas a paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 no sector cultural galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas e estimular o consumo cultural ao remate do actual estado de alarma”. Segundo a Consellería de Cultura e Turismo, o conselleiro Román Rodríguez, reuníuse co Consello da Cultura, a Real Academia Galega e a […] - [Diario de cativerio. Día 16, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/03/29/diario-de-cativerio-dia-16-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Dentro da burbulla todo ben, grazas. Comemos, lemos, escribimos, vemos series, sae o sol todos os días e esta semana ate pechei un bolo para agosto, facendo como que todo é normal e que en agosto vai haber teatro nos teatros e festivais #fóradacasa. Fóra da burbulla, a cousa vai peor. Iso din. Hai mortos en pistas de xeo ou algo así: tantos (e tantas) que as estatísticas comezan a mentir. Seguen a subir as curvas (todas as curvas). Os test chineses fallan e hai que devolvelos por Amazon (por qué non os faremos aquí?…). E […] - [Carta á profesión desde o confín, por Chiqui Pereira](https://erreguete.gal/2020/03/28/carta-profesion-desde-confin-chiqui-pereira/): Chiqui Pereira, da compañía Berrobambán, reflexiona neste artigo sobre algunhas das cuestións que apón este confinamento colectivo sobre a profesión teatral e sobre o teatro mesmo.   Todo comezou cunha chamada de teléfono. Cancelábase unha actuación a finais de abril. Cando o teléfono volveu soar xa estaba cancelado todo marzo e todo abril. Para as de maio están agardando, pero as damos por perdidas. Aínda hoxe recibimos unha mensaxe para confirmarnos que unha función que tiñamos a próxima semana estaba cancelada. Rimos. Pero o teléfono continuou soando. Agora eran colegas de profesión. Había que facer algo. Pedían vídeos de contos, de […] - [O Consello da Cultura publica un avance do seu Informe sobre o Teatro Galego](https://erreguete.gal/2020/03/27/consello-da-cultura-publica-avance-seu-informe-teatro-galego/): O perfil do público galego é o dunha muller, de 30 a 49 anos, con estudos universitarios e con ingresos relativamente altos, urbana e que non convive con nenos. As persoas que acoden ao teatro van con bastante frecuencia, case 7 veces ao ano.   O Consello da Cultura Galega decidiu elaborar un estudo sobre os principais colectivos do sistema teatral en Galicia para presentar no I Congreso Internacional do Teatro Galego, programado inicialmente para marzo de 2020, agora posposto para outubro deste mesmo ano. Os estudos preliminares mostraron a existencia de escasa evidencia empírica sobre as relacións dos principais colectivos implicados. […] - [As asociacións profesionais da Cultura remítenlle as súas demandas á Xunta de Galicia](https://erreguete.gal/2020/03/27/as-asociacions-profesionais-da-cultura-remitenlle-as-suas-demandas-xunta-de-galicia/): As Asociacións profesionais do sector cultural de Galicia veñen de facer público un documento remitido á Xunta de Galicia no que se expoñen as demandas dun sector que definen como “sector moi sensible ás crises económicas”. O documento subliña que “é o primeiro ao que renuncian as consumidoras en tempos de crise”  e lembran que se recuperou “moi malamente da crise do 2008”.   Despois de lembrar que a cultura achega o 2% do PIB galego –que equivale a 1100 millóns de euros–, o documento explica que “as distintas federacións e asociacións están facendo estimacións das perdas” mais que “non son […] - [Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, por Isabel Risco](https://erreguete.gal/2020/03/27/manifesto-galego-dia-mundial-teatro-isabel-risco/): | Texto: Isabel Risco |   Ouh! Fagamos unha arroutada colectiva, descontrolada, desacralizada, incemos os peitos de irreverencia, de rebelión, de gargalladas, de sensacións, abramos as cancelas da percepción, botemos o seu cadeado ao mar bravo e xeneroso que nos azouta transformando ese efecto en aloumiño, para que o engula e o deposite nas súas profundidades ignotas e transforme a súa materia en máis forza natural. Declarémonos insubmisas da ameaza dos urcos encadeados con gravatas de seda que cuspe o mar embravecido e que presiden a falsidade e intentan reducirnos a cinzas, que asexan máis aló das bambolinas como predadores, agardando […] - [As perdas económicas no sector da interpretación ascenden no Estado a case 7 millóns de euros](https://erreguete.gal/2020/03/26/as-perdas-economicas-no-sector-da-interpretacion-ascenden-no-estado-case-7-millons-de-euros/): A Unión de Actores cre que as perdas económicas e laborais no sector son insostibles, e pide diálogo co Ministerio desenvolver medidas para paliar a situación do sector artístico ante a crise.   As perdas económicas no sector da interpretación ascenden no Estado a máis 6,8 millóns de euros, mentres que os despedimentos afectaron a un 23 por cento da profesión. Son os resultados dun informe que o sindicato estatal Unión de Actores y Actrices elaborou a partir da resposta de arredor de 1.500 profesionais a un cuestionario sobre o impacto da crise desatada polo Covid-19. O sindicato destaca que a […] - [Diario de cativerio. Día 13, por Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/03/26/diario-de-cativerio-dia-13-esther-carrodeguas/): | Esther Carrodeguas |   Hoxe fun ao supermercado. Puxen os vaqueiros. Servíanme (Esther =1 / Covid19=0). Primeiro día que saio do Cativerio: por suposto, para cazar (broma interna) Saín a Walking Death, eran as 9:00. Saín puntual para ver de atopar luvas. Porque as luvas que temos xa teñen 4 viaxes de ida e volta, xa lles demos a volta, xa as lavamos por diante e por detrás, e entran en risco de exclusión social. Precisamente, por certo, quería eu falar disto. De que lin no xornal que Caballero por fin se decatou de que a xente que tiña diante […] - [O Festival de Títeres de Redondela adíase ata setembro](https://erreguete.gal/2020/03/25/festival-de-titeres-de-redondela-adiase-setembro/): A Asociación Xente Titiriteira, organizadora do Festival Internacional de Títeres de Redondela, vén de facer público un comunicado no que informa de que a súa XXI edición celebrarase do 1 ao 6 de setembro. Malia que o Festival se desenvolve habitualmente en maio, a pandemia do COV-19 obriga a adiar o festival a setembro. Os organizadores, que xa estaban a piques de facer pública a programación –xa cos contratos coas compañías asinados, reservas hoteleiras, billetes…– vironse sorprendidos polo episodio de crise sanitaria. A Asociación mantén a súa vontade de celebrar a 21ª edición do Festival e confía en que cando pase […] - [A Deputación da Coruña garante o investimento cultural na crise do Covid-19](https://erreguete.gal/2020/03/25/deputacion-da-coruna-garante-as-contratacions-artisticas-investimento-cultural-na-crise-covid-19/): Concellos e entidades poderán modificar as previsións de contratación artística subvencionada pola Deputación conforme á evolución da crise sanitaria.   A área de Cultura da Deputación da Coruña anuncia novas medidas encamiñadas a garantir as contratacións artísticas e intentar paliar na medida do posíbel o efecto da crise do coronavirus no sector cultural. A área de Cultura presenta catro medidas que buscan garantir a contratación, animar aos concellos a manter a programación da Rede Cultural que poderán realizar de maneira extraordinaria até o 31 de marzo de 2021. O deputado de Cultura, Xurxo Couto, dirixirase á Xunta para solicitar a redefinición […] - [As asociacións profesionais demandan medidas específicas para a cultura](https://erreguete.gal/2020/03/24/as-asociacions-profesionais-demandan-medidas-especificas-cultura/): Un total de dezasete asociacións profesionais traballan de xeito colaborativo na elaboración dunha proposta na que se demandan distintas medidas específicas dirixidas ao sector cultural polas consecuencias do COVID- 19.   A iniciativa da creación desta mesa xurdiu desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) a partir do seu comunicado onde manifestaban a súa gran preocupación polo impacto que está tendo no sector cultural as medidas de contención do coronavirus. Desde a AGPXC elaborouse un borrador no que se incluían algunhas medidas específicas dirixidas ao sector cultural entre as que se inclúen a suspensión das cotas a profesionais […] - [A Fundación SGAE convoca as Axudas á Tradución de Textos Teatrais 2020](https://erreguete.gal/2020/03/24/fundacion-sgae-convoca-as-axudas-traducion-de-textos-teatrais-2020/): Un dos obxectivos primordiais da Fundación SGAE é a internacionalización dos creadores e as súas obras. Para contribuír decididamente a que os traballos dos autores aumenten a súa presenza no panorama internacional, a Fundación SGAE segue a apoiar diferentes proxectos, aos que se suma esta liña de axudas. A través desta convocatoria, os dramaturgos poderán solicitar un apoio económico para a tradución do seu texto a unha lingua estranxeira. O prazo de presentación das solicitudes para a convocatoria 2020 de axudas a traducións de textos teatrais iniciarase o martes 24 de marzo de 2020 e manterase aberto ata as 24:00 do venres […] - [Editorial: Horizonte virtual](https://erreguete.gal/2020/03/24/editorial-horizonte-virtual/): Desde o 14 de marzo todo permaneceu confinado. Días antes, numerosas compañías e teatros anunciaban a cancelación ou o adiamento dos espectáculos e eventos programados e as traballadoras da cultura, sen ERTE posible, entraban nun incerto escenario que aínda non posúe horizonte de expectativas. Desde o 14 de marzo habitamos un tempo en apnea e un espazo limitado que intentamos ensanchar a base de tele-presenza, intentando atravesar con adulterada normalidade a restrición da nosa mobilidade, a recentralización administrativa, a militarización das rúas e o peche das fronteiras. Desde o 14 de marzo diferentes iniciativas puxeron a produción e o patrimonio cultural […] - [Iberescena abre a convocatoria de axudas 2020/2021](https://erreguete.gal/2020/06/16/iberescena-abre-convocatoria-de-axudas-2020-2021/): Segundo o acordado no Consello Intergubernamental de Iberescena na XXVIII reunión realizada virtualmente o 14 de maio, a Convocatoria de Axudas Iberescena estará aberta do 15 de xuño ao 15 de outubro de 2020. As liñas aprobadas para a convocatoria 2020/2021 son as de axudas á Creación en Residencia; axudas á Coprodución de Espectáculos de Artes Escénicas; axudas á Programación de Festivais e Espazos Escénicos. No que respecta á liña destinada á axuda á Creación en Residencia, esta ten por obxecto apoiar o proceso de creación escénica, convocados por Espazos de Creación en Residencia. Enténdese por Espazos de Creación en Residencia […] - [No confín de… Paula Sanmartín](https://erreguete.gal/2020/06/15/no-confin-de-paula-sanmartin/): Paula Sanmartín é transmigrante, atriz, criadora cénica, docente teatral, estudante de filosofia e investiga todo tipo de poéticas cinéticas no seu selo de produções Teatro En-Trance. Sua última criaçao, Pulso, foi apresentada no Programa Especial 3×3 do auditório do concello de Vigo o março passado. | Foto: Sue Rainbow |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Pois ando com vários. Agora mesmo, estou bebendo –como quem diz– Un apartamento en Urano de Paul B. Preciado, filósofo que funciona para mim coma um faro, e inspira muitíssimo o meu pensamento crítico e posterior trabalho cénico. Também dou pequenas […] - [No confín de… Fran Lareu](https://erreguete.gal/2020/06/14/no-confin-de-fran-lareu/): Actor e trompetista. Fran Lareu é un dos rostros habituais da televisión e do teatro en Galicia. Fundador e intérprete da desaparecida compañía IlMaquinario Teatro, entre os últimos traballos escénicos do lalinense destacan Crónicas do Paraíso de Sarabela Teatro, con dirección de Gonçalo Guerreiro, e O meu mundo non é deste reino de Teatro da Ramboia, adaptación de María Peinado da Farsa do Bululú de Manuel María coa que acadaron o I Certame de Proxectos Teatrais do autor lucense. En audiovisual, Fran Lareu formou parte do elenco da serie Fariña, é un fixo no thriller da TVG A Estiba –traballo polo […] - [Marta Pazos participa nos encontros virtuais 'Paris ne finit jamais'](https://erreguete.gal/2020/06/14/marta-pazos-participa-nos-encontros-virtuais-paris-ne-finit-jamais/): Jean Luc Nancy –que abre o festival cunha reflexión sobre a idea da literatura no pensamento contemporáneo–, Gioconda Belli, Juan Villoro, Isabel Coixet, David Trueba, Raúl Zurita, Bernardo Atxaga, Brigitte Vasallo ou Oliver Laxe son outros dos participantes no festival.   Marta Pazos participará no Festival Paris ne finit jamais, un encontro virtual e multiplataforma que se celebra por primeira vez do 15 ao 30 de xuño, organizado por DALIA, unha asociación dedicada á promoción das linguas e culturas iberoamericanas. O encontro comezará o vindeiro luns 15 de xuño e prolongarase até final de mes. Durante eses quince días, 25 autoras […] - [No confín de… Mabel Rivera](https://erreguete.gal/2020/06/13/no-confin-de-mabel-rivera/): Mabel Rivera é unha das grandes actrices da escena e do audiovisual en Galicia. No seu extenso currículo sobre as táboas dos nosos teatros destacan as montaxes Agasallo de sombras, escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse, con dirección de Eduardo Alonso para o CDG; Inventarios, dirixida por Fernanda Lapa; e Voaxa e Carmín de Esther F. Carrodeguas, con dirección de Xavier Castiñeira; entre moitas outras. Habitual da pequena e gran pantalla galega e estatal, a intérprete ferrolá participou en filmes tan destacados como El bosque animado de José Luis Cuerda, Los fantasmas de Goya […] - [A danza volve á escena co Festival de Primavera de TRC Danza, no Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2020/06/13/danza-volve-escena-co-festival-de-primavera-de-trc-danza-no-rosalia-de-castro-da-coruna/): Despois dun peche histórico provocado polas medidas cautelares ante a pandemia da Covid-19 e no medio dunha situación sen precedentes o Teatro Rosalía de Castro, dentro do seu programa TRC Danza, reabre as súas portas á danza. O Festival de Primavera, os días 25, 26 e 27 de xuño, ofreceralle ao público a oportunidade de gozar das obras de Ánxela Blanco, Cristina Balboa e Javier Martín que tiveron que adiarse nos meses anteriores.   Ademais das funcións, o festival contará cun completo programa de actividades expandidas dende o día 17 de xuño para que o público poida coñecer a fondo os […] - [Obradoiro de escrita dramática en Vigo a cargo de Ernesto Is](https://erreguete.gal/2020/06/13/obradoiro-de-escrita-dramatica-vigo-cargo-de-ernesto-is/): O dramaturgo Ernesto Is ofrecerá, do 23 de xuño ao 9 de xullo,un curso de escrita dramática no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica.   O obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde unha formulación eminentemente práctica, o alumnado coñecerá e traballará na aula con todos os elementos necesarios para a elaboración dunha composición dramática. O obxectivo principal do curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándoas de todas as ferramentas necesarias para o entendemento e comprensión da dramaturxia e orientándoas na creación das súas […] - [O INAEM fai pública unha Guía de Boas Prácticas para o reinicio da actividade escénica](https://erreguete.gal/2020/06/12/inaem-fai-publica-unha-guia-de-boas-practicas-reinicio-da-actividade-escenica/): O INAEM ven de facer pública unha Guía de boas prácticas para o reinicio da actividade escénica e musical -creada a partir das achegas de distintas asociacións do sector- na que inclúe medidas e recomendacións para retomar a distribución de espectáculos tras a crise sanitaria da COVID-19.   Con este documento quérese ofrecer ás institucións culturais, teatros, auditorios, empresas de produción e exhibición de artes escénicas, ás compañías e aos colectivos artísticos unha serie de medidas básicas de prevención e protección, ademáis de recomendacións xerais de seguridade de cara ao reinicio da actividade artística nos recintos pechados e para os espectáculos de […] - [No confín de… Marcos Alonso](https://erreguete.gal/2020/06/12/no-confin-de-marcos-alonso/): Actor, xestor cultural e produtor. Marcos Alonso é socio da Sala Ártika, xunto a Fernanda Barrio, desde a súa apertura no ano 2014 na Avenida da Beiramar de Vigo. Como intérprete, Alonso é un dos fixos das montaxes de Teatro Avento: Aladino e a lámpada marabillosa, Como sobrevivir a unha apocalipse zombi, Polo meu aniversario superpoderes ou, máis recentemente, O libro da selva.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Actualmente La soledad de los números primos de Paolo Giordano. Pero, sen dúbida, o libro que máis me deixou marcado foi Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Sempre […] - [Escena pospandémica. Unha visión desde a Arxentina, por Carlos Piñero](https://erreguete.gal/2020/06/12/escena-pospandemica-unha-vision-desde-arxentina-carlos-pinero/): | Carlos Piñero |   Hai 30 anos que exerzo a profesión de titiriteiro, profesión que aprendín de mestres e, sobre todo, de colegas. Algunhas veces outorgáronme premios e moitas outras non. Tiven a sorte de viaxar por moitos festivais internacionais, pero a fortuna máis valorada é a de ter coñecido a tantas persoas que coa súa arte melloraron a miña calidade de vida. Sigo animando coa ilusión de que as cousas teñen movemento.   Escena Pospandémica Se ben o virus non discrimina por clase socio cultural, si que se incrementa pola posibilidade de contaxio, segundo a que estrato social pertenzamos. […] - [O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates](https://erreguete.gal/2020/06/12/teatro-sera-protagonista-fliv20-lecturas-dramatizadas-debates/): As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará  entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal.   Consciente da necesidade de ampliar o xeito de celebrar actividades culturais trala expansión do COVID-19, o festival pretende demostrar a riqueza cultural e literaria do país e, dentro do amplo conxunto de xéneros, a situación e posibilidades que as artes escénicas teñen. Lecturas dramatizadas dunha ducia de […] - [Agadic convoca as axudas para festivais de artes escénicas](https://erreguete.gal/2020/06/11/agadic-convoca-as-axudas-festivais-de-artes-escenicas/): A presenza de artistas galegas deberá ser dun 60% para poder acceder a estas axudas.   O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) convoca as subvencións a festivais de artes escénicas. A axencia destina a estas axudas un orzamento de 190.000 euros, o mesmo que en 2019 e que non chegou a esgotarse. A resolución de bases e convocatoria asegura que a Agadic é “consciente do momento crítico polo que está a pasar o sector cultural derivado da declaración do estado de alarma” e entende que se require a “adopción […] - [No confín de… Laura Villaverde](https://erreguete.gal/2020/06/11/no-confin-de-laura-villaverde/): Codirectora de Artesa_Cía xunto a Roi Fernández, Laura Villaverde é unha actriz con carreira no teatro e no audiovisual. A tudense formouse na SITI Company xunto a Anne Bogart. Os seus últimos traballos son a produción do CDG Neorretranca e Posmorriña, con dirección de Gena Bahamonde, ou Chola, a It Girl e Illas Desertas da súa compañía. Moi pronto poderemos vela no filme Ursúas, dirixido por Roi Fernández.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Pois como ultimamente ando a facer dossiers dos novos proxectos nos que estou metida, estou a ler libros moi relacionados con eles e […] - [No confín de… Helena Varela e Xosel Díez](https://erreguete.gal/2020/06/10/no-confin-de-helena-varela-xosel-diez/): Helena Varela é actriz, performer e lectora de audiolibros; Xosel Díez é artista, profesor e enxeñeiro. Os dous compoñen o núcleo central do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado. Coa súa serie de intriga escénica de cine ao vivo STRPTS –Episodio 1: Mirlo & Rula (2015) e Fin de Tempada (2018)– xiraron por toda Galicia, parte do estado e tiveron moi boa acollida en festivais internacionais de Portugal, Polonia ou Suíza. Deberían ter estreado PYKA: O corazón na eclipse no Auditorio de Cangas o pasado marzo, o novo espectáculo do grupo con dramaturxia de Julio Fernández e música en directo do Trío Caspervek […] - [A Mostra de Cangas presentou o programa da súa 37ª edición](https://erreguete.gal/2020/06/09/mostra-de-cangas-presenta-seu-programa/): Quico Cadaval recibirá o Premio Xiria ao Labor Teatral e Mercedes Oliveira, o Premio Mulleres en Acción. | Foto: Pro Light Estudio|   A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila do Morrazo do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 compañías escénicas galegas, seis chegadas doutras procedencias e diferentes actividades de difusión e formación arredor da compoñente máis lúdica e social do teatro. A Mostra, organizada desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, cumpre deste xeito o seu encontro anual co público e faino cun aprazamento de […] - [Pecha a sala Ingrávida do Porriño](https://erreguete.gal/2020/06/09/pecha-sala-ingravida-porrino/): Os xestores da sala atribúen a razóns “exclusivamente persoais” o peche e manteñen que dedicarán as súas enerxías a outros proxectos.   A sala Ingrávida fixo público que pechará as súas portas. Despois de cumprir cos compromisos que tiña adquirido, a sala deixará de ser o “espazo de gravitación” que situou ao Porriño no mapa das artes escénicas. Xerpo, a asociación cultural que xestionaba Ingrávida, manterá o seu “activismo culltural” na produción de obras de teatro, a formación teatral e a xestión cultural, pero o espazo deixará de ser o epicentro da súa actividade. Segundo os promotores do proxecto, Irene Moreira […] - [No confín de… Eduardo Alonso](https://erreguete.gal/2020/06/09/no-confin-de-eduardo-alonso/): Director de escena, presidente da Asociación de Directores de Escena, vicepresidente e membro fundador da Academia Galega de Teatro; Eduardo Alonso é historia viva do teatro galego. A súa compañía, Teatro do Noroeste, con máis de trinta anos de traxectoria, ten levado á escena innumerábeis textos de Albert Camus, Roberto Vidal Bolaño, William Shakespeare, Bertolt Brecht, Álvaro Cunqueiro, Valle-Inclán ou Lola Correa, así como do propio Alonso. A súa última montaxe teatral é As virxes salvaxes, mentres que neste confinamento estrearon unha curtametraxe en colaboración coa produtora Chiripa: A enquisa, protagonizada por Luma Gómez, con guión de Eduardo Alonso e dirección […] - [Convocadas as probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática](https://erreguete.gal/2020/06/09/convocadas-as-probas-de-acceso-escola-superior-de-arte-dramatica/): A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aproba as resolucións polas que se convocan as probas de acceso para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2020/21. As devanditas resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 17 de xuño. A inscrición nas probas de acceso pódense presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). As probas de acceso darán comezo o día 13 de xullo. - [O sector audiovisual galego amosa a súa desconformidade co Plan de reactivación da Consellería de Cultura e Turismo](https://erreguete.gal/2020/06/08/sector-audiovisual-galego-amosa-sua-desconformidade-co-plan-de-reactivacion-da-conselleria-de-cultura-turismo/): Nun comunicado feito público hoxe, estas entidades sinalan que o programa de reactivación pon o foco no turismo e relega a un plano secundario ao sector cultural.   As Asociacións representativas do tecido profesional e empresarial que forman a base do sector audiovisual galego, nomeadamente: Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG,) Academia Galega do Audiovisual (AGA), Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA), Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (PROXECTA) e Clúster Audiovisual Galego, consideran que o Plan de reactivación dos sectores turístico e cultural, […] - [No confín de… Diana Sieira](https://erreguete.gal/2020/06/08/no-confin-de-diana-sieira/): “Actriz e produtora, aínda que do último estoume quitando. Pasei por tódolos mundos posibles enriba e debaixo das táboas, diante e detrás das cámaras. Nos últimos anos dedícome aos monólogos cómicos, tinguindo o panorama galaico cun estilo diferente, absurdo e irreverente. Apaixonada pola historia da caza de bruxas e o teatro como acto comunitario ritual, preparo a miña volta aos escenarios”. Algúns dos últimos traballos da actriz boirense son os espectáculos cómicos que conforman A triloxía da cona (Arturo Pérez Reverte, Historia dunha perrecha e Conas), a súa interpretación como María Casares nas visitas guiadas do Teatro Colón da Coruña ou […] - [Conversas In-certas sobre o futuro da programación teatral](https://erreguete.gal/2020/06/08/conversas-in-certas-futuro-da-programacion-teatral/): A erregueté e ZonaZero inician un ciclo de conversas dixitais sobre teatro totalmente gratuíta para as persoas interesadas. A primeira destas series, moderada por Esther F. Carrodeguas, xirará en torno á programación teatral en tempos pospandémicos.   Son tempos incertos, e acaso por iso precisamos máis que nunca comunicarnos, aínda que sexa para falar de incertezas. Desta idea nace Conversas In-certas, iniciativa que pretende ofrecer un espazo de comunicación, reflexión, e investigación non marcado pola certeza senón pola dúbida, a posta en cuestión, co afán de compartir, debater ou propoñer. E nace precisamente agora que videocomunicación dixital ao que nos tivemos […] - [No confín de… Gonçalo Guerreiro](https://erreguete.gal/2020/06/07/no-confin-de-goncalo-guerreiro/): Actor, director, escenógrafo e músico. Xunto a María Torres forma Elefante Elegante hai vinte anos. Tropical, Patapatúm ou A Danza da Choiva, gañadores estes dous últimos títulos do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil en anos consecutivos, son algunhas das pezas máis destacadas da compañía. Guerreiro está a piques de estrear a nova montaxe do Elefante no Teatro Rosalía de Castro da Coruña: Dreaming Juliet, adaptación do clásico de William Shakespeare.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño varios relatos e novelas de Manuel Rivas por motivos profesionais. Vou saltando duns a outros e deixándome fascinar […] - [Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos Premios SELIC de creación literaria](https://erreguete.gal/2020/06/06/aberto-prazo-de-presentacion-de-candidaturas-aos-premios-selic-de-creacion-literaria/): Os textos deberán ter a cidade de Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia fundamental da obra.   Co obxectivo de incrementar a presencia de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego, a concellaría de Acción Cultural de Compostela abre a convocatoria de creación literaria SELIC, cun premio e dous accésits para obras escritas na nosa lingua nos xéneros de narrativa, poesía e teatro, aos que nesta edición se incorpora unha nova modalide: ensaio. O prazo de presentación de convocatorias finaliza o 30 de setembro. O premio terá unha dotación de 6.000 euros e os dous accésits serán […] - [A Deputación de Lugo creará un programa de apoio ao teatro](https://erreguete.gal/2020/06/06/deputacion-de-lugo-creara-programa-de-apoio-ao-teatro/): A  Deputación creará un catálogo de espectáculos para concellos e asociacións e asumirá o coste íntegro dos espectáculos.   A vicepresidenta da Deputación de Lugo e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, mantivo un encontro telemático con representantes de compañías profesionais de teatro para contrastar a forma de retomar a programación escénica que a institución viña impulsando a través de Proscenio. A área de Cultura propúxolles a creación dun catálogo de espectáculos escénicos para ofrecer as súas actuacións a concellos e asociacións, coa fin de comezar a actividade a mediados de xullo. Ferreiro confirmou que a proposta foi “ben acollida” por parte das […] - [No confín de… Luma Gómez](https://erreguete.gal/2020/06/06/no-confin-de-luma-gomez/): Actriz e directora. Con máis de cincuenta montaxes ás súas costas, Luma Gómez é unha das grandes intérpretes de Galicia. As suplicantes de Esquilo, Woyzeck de Büchner, Rei Lear de Shakespeare, Bailadela da morte ditosa de Roberto Vidal Bolaño, A vida de Galileo de Brecht e as pezas creadas pola súa propia compañía, Teatro do Noroeste, son un pequeno exemplo da súa dilatada carreira sobre as táboas. Neste confinamento, protagonizou a curtametraxe A enquisa, dirixida por Eva Alonso con guión de Eduardo Alonso.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Estou con lecturas de lecer: Virginia Woolf, Lois […] - [A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera a actividade escénica](https://erreguete.gal/2020/06/05/rede-galega-de-teatros-auditorios-recupera-actividade-escenica/): Despois dos peches polo estado de alarma, o Centro Cultural muradán e o Teatro Rosalía Castro da cidade herculina son os primeiros espazos en reprogramar actuacións con Galeatro, Elefante Elegante, Ánxela Blanco, Funboa Escénica e Javier Martín.   A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) recupera a actividade escénica. A representación ás 18:00 no Centro Cultural e Xuvenil de Muros de Carabela, a cargo de Galeatro Producións Escénicas, será a primeira en atoparse de novo co público, á que seguirán este mesmo mes outras cinco funcións reprogramadas no Teatro Rosalía Castro da Coruña a partir do día 19. Estas cinco […] - [No confín de… Roi Fernández](https://erreguete.gal/2020/06/05/no-confin-de-roi-fernandez/): Creador visual e transmedia. Roi Fernández é codirector de Artesa_Cía xunto á actriz Laura Villaverde. O último espectáculo da compañía, Illas Desertas, nace no marco das Residencias Paraíso 2018 do Colectivo RPM. Fernández ultima os detalles do seu próximo filme: Ursúas, un conglomerado de historias arredor do Camiño de Santiago, cunha mestura de estilos e formatos que van desde o documental á ficción pasando polas artes plásticas e a integración social.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Nestes días comparten mesa Teoría general de la basura e Nocilla Lab, dúas obras de Agustín Fernández Mallo, xunto con […] - [Teatros dos Estados Unidos amosan a súa solidariedade co movemento Black Lives Matter](https://erreguete.gal/2020/06/05/teatros-dos-estados-unidos-amosan-sua-solidariedade-co-movemento-black-lives-matter/): Centos de teatros manifestan a súa solidariedade ante a dor e a rabia causada pola violencia racial e ofrecen recursos e comprométense a camiñar por vieiros máis equitativos.   Varios teatros de Nova York –pechados durante meses por mor da pandemia– comezan a abrir de novo as súas portas, non para abrilas a novos espectáculos, senón para auxiliar manifestantes contra a brutalidade policial que precisan auga, usar un baño ou cargar os seus teléfonos. Algúns incrementan a oferta ofrecendo aperitivos, tampóns, terminais informáticos e mesmo exhibindo videos de obras teatrais. Despois da morte de George Floyd a mans da policía, as […] - [As mostras de teatro de Cangas e Ribadavia celebraranse en xullo](https://erreguete.gal/2020/06/04/as-mostras-de-teatro-de-cangas-ribadavia-celebraranse-xullo/): As dúas grandes citas teatrais do verán galego celebraranse con restricións: serán edicións limitadas, moi vencelladas á rúa e cun marcado protagonismo do teatro galego, pola dificultade para mover elenco internacionais e como forma de apoio ás compañías do país.   A 37ª Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebrarase, finalmente, entre os días 9 e 18 de xullo. A Mostra, que tivo que ser aprazada uns días por mor da pandemia da Covid-19, terá un acento marcadamente galego, aínda que tamén contará con espectáculos procedentes doutros lugares do Estado e internacionais. A Mostra reforzará as actuacións na rúa, […] - [A Deputación da Coruña abre un novo prazo para a solicitude de espectáculos da Rede Cultural](https://erreguete.gal/2020/06/04/deputacion-da-coruna-abre-novo-prazo-solicitude-de-espectaculos-da-rede-cultural/): Os concellos poderán facer a petición até o 15 de xuño e programar até o 31 de marzo.   A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de abrir de novo o prazo para solicitar espectáculos da Rede Cultural por parte dos concellos que, excepcionalmente, poderán programar este ano até o 31 de marzo. O período para facer as solicitudes estará aberto até o vindeiro 15 de xuño. Os concellos poderán facer até o 15 de xuño novas solicitudes do catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña que este ano, a causa da COVID-19, ampliará o período de programación […] - [No confín de... María Torres](https://erreguete.gal/2020/06/04/no-confin-de-maria-torres/): Actriz, directora artística e produtora do Elefante Elegante, fundada xunto ao director e músico Gonçalo Guerreiro. María Torres participou en todos os espectáculos da compañía desde a súa creación: Patapatúm, A Danza da Choiva, Nuncabunga (Premio María Casares ao mellor espectáculo 2013), In, O Rueiro das Liortas, O Forno ou Tropical. Están a piques de estrear –despois dun adiamento obrigado pola pandemia– a nova produción do Elefante no Teatro Rosalía de Castro da Coruña: Dreaming Juliet, adaptación do Romeo e Xulieta de Shakespeare.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Sufro do vicio de ir deixando libros en diferentes […] - [Volve o teatro con 'Carabela', de Galeatro](https://erreguete.gal/2020/06/04/volve-teatro-carabela-de-galeatro/): Finalmente, volve o teatro. Será a compañía Galeatro, de Carballo, a primeira que tocará un escenario despois da declaración do estado de alarma pola Covid-19, coa representación de Carabela, un espectáculo para público familiar que se representará en Muros este venres 5 de xuño, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.   As entradas nesta ocasión serán de balde e con reserva previa obrigada, que se pode facer directamente nas oficinas do Centro Cultural, no teléfono: 981 762 294, ou no correo-e: cultura@muros.es. O número de espectadores non pode superar ás 50 persoas e adxudicaranse por orde de reserva. Existen […] - [A Asociación de Escritores rexeita participar no Plan de Reactivación da Xunta](https://erreguete.gal/2020/06/03/asociacion-de-escritores-rexeita-participar-no-plan-de-reactivacion-da-xunta/): A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo público un comunicado no que critica as medidas do plan de reactivación cultural presentado pola Xunta de Galicia e rexeita participar nel.   “Esta posición”, di o comunicado, “emana do convencemento de que estamos ante un plan que non vai redundar en beneficio da cultura galega, nomeadamente da súa literatura e, moi especialmente, das creadoras e creadores en lingua galega”. Ademais de non compartir as liñas estratéxicas, “pois fan do turismo xacobeo a peza angular dun plan que, deste xeito, só ten de especificamente cultural o nome”, a AELG manifesta o seu “estupor” ante […] - [Viana do Castelo ofrece un servizo de comida a domicilio con arte](https://erreguete.gal/2020/06/03/viana-castelo-ofrece-servizo-de-comida-domicilio-arte/): O café concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda ofrece un novo servizo de entrega de comida a domicilio con arte. A iniciativa súmase ao programa de actividades que desenvolve a compañía Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana durante a crise da Covid-19.   En horario de mañá, o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana leva comidas a domicilios particulares, presentando unha sorpresa artística protagonizada polas actrices e actores do elenco residente da compañía vianense. O Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda ofrece, de luns a venres, tres opcións de prato do día: prato de carne, prato […] - [‘Somos Criminais’, con Carlos Blanco e Touriñán, volve nunha función única para ver na casa](https://erreguete.gal/2020/06/03/somos-criminais-carlos-blanco-tourinan-volve-nunha-funcion-unica-ver-na-casa/): É a primeira vez en Galicia que un espectáculo teatral chega ás pantallas a través dunha emisión na rede na que os espectadores pagan unha entrada polo seu acceso. A cita será o 6 de xuño, ás 22:30, e as entradas están xa á venda a través de Ataquilla.com, que colabora na iniciativa.   O tempo da corentena e o confinamento non foi tempo desaproveitado para Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Os actores e cómicos máis populares do noso país veñen de anunciar unha experiencia inédita en Galicia: a primeira función teatral emitida a través da rede, con aforo limitado […] - [No confín de… Javier Martín](https://erreguete.gal/2020/06/03/no-confin-de-javier-martin/): Coreógrafo e investigador. Javier Martín é un dos máis destacados profesionais das artes do movemento. SOMA xunto co escultor Joaquín Jara e coproducida polo CDG, Método Negro, Metopio, El estado crudo ou La exforma son algunhas das pezas coas que o coruñés xirou por Galicia, gran parte do estado, Portugal, Uruguai, Rusia ou México, entre outros lugares. | Foto: Carlos Bernar |   O libro que tes sobre a mesa de noite. El sexo y el espanto de Pascal Quignard. Referencia e recurso fundamental no meu actual proceso de obra teorema: “Falar vela de inmediato a fascinación. O conto moderno. O […] - [A CRTVG adaptará á televisión as 'Crónicas do Paraíso' de Sarabela Teatro](https://erreguete.gal/2020/06/03/crtvg-adaptara-television-as-cronicas-paraiso-de-sarabela-teatro/): A obra, unha adaptación das Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro, está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro. Luís Avilés dirixirá a adaptación á televisión..   A adaptación a televisión da obra de teatro Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro en colaboración coa produtora Ollovivo, é o proxecto seleccionado pola CRTVG no marco das súas medidas extraordinarias de apoio ao sector audiovisual e creativo galego, neste caso para compañías e produtoras teatrais. Crónicas do paraíso’ é unha versión libre da obra As crónicas do Sochantre, do escritor Álvaro Cunqueiro. Baixo a dirección de Gonçalo […] - [A 37ª edición do Festival de Almada celebrarase do 3 ao 26 de xullo](https://erreguete.gal/2020/06/02/37a-edicion-festival-de-almada-celebrarase-3-ao-26-de-xullo/): A 37ª edición do festival de teatro de Almada celebrarase entre os días 3 e 26 de xullo, cun programa maioritariamente portugués e cun maior número de funcións por espectáculo.   A Companhia de Teatro de Almada (CTA) decidiu ir adiante co Festival, malia a incerteza provocada pola pandemia de Covid-19. O director do festival, Rodrigo Francisco, e a equipa da Companhia de Teatro de Almada (CTA) contactaron telefonicamente os espectadores do que talvez é o máis importante festival da península e a conclusión foi que se o Festival se celebraba, a maioría do público asistiría. Aínda que o festival se […] - [No confín de... Marián Bañobre](https://erreguete.gal/2020/06/02/no-confin-de-marian-banobre/): “Actriz, creadora escénica e realizadora dunha chea de labores máis dentro do eido teatral”. Marián Bañobre forma, no 2010, Ibuprofeno Teatro xunto a Santi Cortegoso. A filla de Woody Allen, O Furancho, Raclette, Casa O’ Rei ou, recentemente, O mel non caduca son algúns dos espectáculos da compañía nos que está todoterreo das táboas participou como intérprete. Nos últimos anos destaca o seu traballo como directora das montaxes Monstruación da compañía Enconarte ou Insivibles de Redrum Teatro (Premio María Casares 2019 á mellor dirección). Tiña prevista a estrea de dous espectáculos nesta primavera: 12 uvas, 2 mulleres e unha oliva de […] - [O plan de reactivación da cultura de Ourense prioriza as actuacións de artistas locais](https://erreguete.gal/2020/06/01/plan-de-reactivacion-da-cultura-de-ourense-prioriza-as-actuacions-de-artistas-locais/): O plan de reactivación da cultura en Ourense inclúe que se dea prioridade ás actuacións e espectáculos de artistas locais. Así o acordou a Comisión de seguemento e programación da Rede de Auditorios Provincial (reaOU), impulsada pola Deputación de Ourense, que a pasada semana aprobou esta iniciativa, formulada no encontro mantido o 14 de maio entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o Comité asesor de Cultura, no que supuxo a reunión constitutiva deste órgano. A comisión, integrada pola Deputación de Ourense e representantes dos concellos que pertencen a esta rede de auditorios, debateu a proposta de abrir […] - [No confín de… Alfredo Rodríguez](https://erreguete.gal/2020/06/01/no-confin-de-alfredo-rodriguez/): Actor, director e pedagogo. Alfredo Rodríguez dirixe, xunto a Olga Cameselle, o espazo de formación A Artística de Vigo para artes performativas e do movemento. A principios deste ano estreou o espectáculo Lixo xunto a compañía O Baúl da Tía Tola.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Non leo na cama. Pola casa estes días andan libros soltos. Na sala está Los mitos. Su impacto en el mundo actual de Joseph Campbell, vou a modo con el que é intenso; e tamén está Especies de espacios de Georges Perec. Axúdanme a argallar o meu próximo proxecto… Na […] - [A União das Companhias de Teatro Portuguesas adhire novos membros](https://erreguete.gal/2020/06/01/uniao-das-companhias-de-teatro-portuguesas-adhire-novos-membros/): Catorce compañías integran ata o momento a recentemente fundada União das Companhias de Teatro Portuguesas (UCOTEP) que se atopa nunha fase de adhesión de novo membros. A UCOTEP é un movemento fundado o 15 de maio de 2020 que congrega entidades colectivas de creación teatral en Portugal que se identifican como compañías profesionais de teatro. A UCOTEP defende a creación dun Estatuto Certificado para as compañías; a inclusión das compañías no proceso de implementación da Rede Nacional de Teatro e Cine-Teatros; a auscultación das compañías nos procesos pre-lexislativos de políticas públicas de Cultura en Portugal. Con estes propósitos, a acción da […] - [Nace o I Festival Virtual do Libro de Galicia](https://erreguete.gal/2020/06/01/nace-i-festival-virtual-libro-de-galicia/): Do 26 ao 28 de xuño terá lugar o I Festival Virtual do Libro de Galicia. O evento, organizado pola escritora Anna R. Figueiredo, o espazo web Fervenzas Literarias e a empresa Datalib, nace para servir de encontro e escaparate da literatura con presenza de todos os xéneros, desde o teatro á banda deseñada pasando pola tradución, a novela, o ensaio ou a poesía. Nos próximos días, o FLIV anunciará a súa programación completa na que estarán presentes as principais figuras literarias do país e na que tamén participarán os axentes arredor do libro, as bibliotecas e os colectivos que se […] - [No confín de… Mariana Carballal](https://erreguete.gal/2020/05/31/no-confin-de-mariana-carballal/): Profesora de interpretación na ESAD de Galicia, actriz e directora. Mariana Carballal comezou a súa carreira como intérprete en Teatro Yeses e Teatro de Cámara de Madrid. De volta en Galicia, traballaría nas montaxes Os vellos non deben de namorarse con dirección de Manuel Areoso para o CDG, O burgués fidalgo de Teatro do Morcego ou Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia, dirixida por Xosé Martíns, por citar só algunhas. En audiovisual desenvolve até o día de hoxe unha ampla carreira na televisión e no cinema, tendo participado en filmes coma La piel que habito de Pedro […] - [No confín de… Ailén Kendelman](https://erreguete.gal/2020/05/30/no-confin-de-ailen-kendelman/): Música, actriz e compositora. Membro d’A Panadaría xunto a Noelia Castro e Areta Bolado. Ademais de súa faceta como intérprete nos espectáculos da compañía, Kendelman é a encargada das composición musicais. As cancións e ritmos de Pan! Pan!, Panamericana e Elisa e Marcela son un dos selos inconfundíbeis das panadeiras. Forma parte do conxunto musical de ficción Áureas (Premio Martín Códax da Música 2017), no que voces, cordas, ventos e percusións recrean a historia dunha banda de mulleres migrantes dos anos 20.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Ter teño varios, outra cousa é que consiga lelos. […] - [No confín de... Carlos Labraña](https://erreguete.gal/2020/05/29/no-confin-de-carlos-labrana/): Carlos Labraña é un dos autores de teatro infantil e xuvenil máis prolíficos da literatura dramática galega. A pequena compaña, Estrelecer (publicada por Galaxia), A fada pirata, Moito Morro Corporation Sociedade Limitada ou O Valo (IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil) son algunhas das súas pezas máis destacadas. Parte activa da Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ) e da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (GALIX), o dramaturgo cedeirense dirixe e interpreta na compañía Os Furabolos as súas pezas. | Foto: Fausta Cardoso |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Este […] - [No confín de… Noelia Castro](https://erreguete.gal/2020/05/28/no-confin-de-noelia-castro/): Actriz e deseñadora gráfica. Fundadora d’A Panadaría xunto con Ailén Kendelman e Areta Bolado. Noelia Castro é a responsábel da imaxe gráfica dos espectáculos da compañía: Pan! Pan!, Panamericana e Elisa e Marcela. No audiovisual traballou en 9 Fugas de Fon Cortizo e pronto poderemos vela no filme Ursúas de Roi Fernández.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Na de noite teño Pensamiento monógamo, terror poliamoroso de Brigitte Vasallo. Na de día, o cómic El zen habla de Tsai Chih Chung. Mólame tamén abrir libros de AJO ou Gloria Fuertes ao chou e ler o poema que […] - [Teatro do Noroeste-CDV ofrece un novo Ensaio de Mesa coa directora de Comedias do Minho](https://erreguete.gal/2020/05/28/teatro-noroeste-cdv-ofrece-novo-ensaio-de-mesa-coa-directora-de-comedias-minho/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana presenta este xoves 28 de maio un novo Ensaio de Mesa dentro da programación online Teatro do Noroeste em Sua Casa con Magda Henriques, directora artística das Comédias do Minho. A conversa terá lugar a partir das 18:30 (hora portuguesa). Como vén sendo habitual, a conversa terá lugar a través da plataforma Zoom a partir das 18:30 (hora portuguesa), con transmisión en directo para o Facebook (https://www.facebook.com/teatro.do.noroeste.cdv). Ricardo Simões, director artístico do Teatro do Noroeste-CDV será o encargado de guiar o encontro coa directora da compañía de teatro sediada en Paredes de […] - [No confín de… José Prieto](https://erreguete.gal/2020/05/27/no-confin-de-jose-prieto/): Dramaturgo e director naronés. José Prieto é un dos autores teatrais máis destacados da nosa literatura dramática. Moitos dos seus textos, cargados sempre dunha fina ironía, son fundamentais para entender a escena galega das últimas décadas: Monólogo do imbécil (Premio Max ao mellor autor teatral en galego), Life is a Paripé, Caída libre (gañador do II Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas) ou, recentemente, Bernarda; peza pola que opta á mellor dirección e ao mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2020.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Non está exactamente sobre a mesa de noite, […] - [Telón e Aparte convoca o IV Certame de Micro-Escenas M2](https://erreguete.gal/2020/05/26/telon-aparte-convoca-iv-certame-de-micro-escenas-m2/): A Asociación Cultural Telón e Aparte, unha das entidades organizadoras do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, convoca o IV Certame de Micro-Escenas M2 . A convocatoria, que ten aberto o seu prazo de inscrición ata o 30 de xuño, ten como obxectivo apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadoras emerxentes ofrecendo o contexto do FIOT para a presentación e estrea de espectáculos.   O Certame de Micro-Escenas M2 é un concurso de proxectos escénicos de pequeno formato dunha duración entre 10 e 20 minutos, concibidos para representar en espazos non convencionais de Carballo nos […] - [Máis de 100 obras e espectáculos inscritos na convocatoria aos premios FETEGA 2020](https://erreguete.gal/2020/05/26/mais-de-100-obras-espectaculos-inscritos-na-convocatoria-aos-premios-fetega-2020/): O FETEGA acaba de facer públicos os resultados convocatoria para participar no 31o Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense). O festival celebrarase a segunda semana de setembro, atendendo a todos os requirimentos de seguridade e hixiene, aforo, establecidos polas autoridades.   O FETEGA, Festival de Teatro Galego “Celso Parada” do Carballiño recibiu 104 espectáculos, dos cales 19 son estreas. Todas as obras presentadas desenvólvense en galego e están producidas en Galicia. En total, son 43 os espectáculos de sala para adultos, 18 espectáculos de rúa, 17 espectáculos de sala para nenos, 14 performances, 7 monólogos cómicos. Entre todos […] - [No confín de… Areta Bolado](https://erreguete.gal/2020/05/26/no-confin-de-areta-bolado/): Actriz. Membro da compañía A Panadaría xunto a Noelia Castro e Ailén Kendelman. Pan! Pan! (Premio da Crítica de Galicia no 2015), Panamericana e Elisa e Marcela (Premio María Casares ao mellor espectáculo, mellor dirección para Gena Bahamonde, mellor texto orixinal e mellor actriz para Bolado) son os espectáculos dunha das compañías con máis éxito na escena galega contemporánea. Ademais, Areta Bolado traballou nas producións Soño dunha noite de verán de Voadora Teatro ou Neorretranca e Posmorriña do Centro Dramático Galego. É, tamén, directora de escena do conxunto de ficción Áureas (Premio Martín Códax da Música 2017).   O libro que […] - [A Rede Galega de Teatros e Auditorios reabre a contratación de espectáculos con novas medidas que facilitan a programación](https://erreguete.gal/2020/05/25/rede-galega-de-teatros-auditorios-reabre-contratacion-de-espectaculos-novas-medidas-facilitan-programacion/): O circuíto da Xunta permitiralles aos 40 concellos membros levar a cabo funcións e concertos en espazos abertos, en recintos non asociados a este circuíto ou no marco de festivais.   A Xunta de Galicia abre ata o 8 de xuño a convocatoria de espectáculos galegos cara á súa contratación para o segundo semestre de actividade anual da Rede Galega de Teatros Auditorios (RGTA). O novo chamamento ás compañías e artistas galegos faise cunha serie de medidas que flexibilizan a normativa deste circuíto de índole profesional, coa finalidade de recuperar todas as funcións que tiveron que ser suspendidas durante o estado […] - [A Xunta abre hoxe o novo fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021](https://erreguete.gal/2020/05/25/xunta-abre-hoxe-novo-fondo-de-proxectos-culturais-xacobeo-2021/): O millón e medio de euros de orzamento con que conta o Fondo detráese da partida prevista nos orzamentos de 2020 para as campañas de normalización lingüística de todo o ano de Política Lingüística.   Logo dun seminario de presentación da Consellería de Cultura e Turismo este pasado sábado, publícanse no web da Dirección Xeral de Política Lingüística as bases do “Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21”, unha das principais medidas que contempla a Xunta de Galicia no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola Covid-19, dentro do plan de reactivación xa presentado. […] - [No confín de… Zé Paredes](https://erreguete.gal/2020/05/25/no-confin-de-ze-paredes/): Director de escena e dramaturgo. Zé Paredes dirixe o grupo Teatro do Pichel e, xunto ás dramaturgas Clara Gayo e Carlos Santiago, forma parte do colectivo GOD (Grupo Oportunista de Drama) Flavia Antonia de Compostela. O seu texto Que veñan os cans foi publicado no libro DramaturXa, froito do laboratorio de escrita dramática desenvolto por Manuel Lourenzo no Centro Dramático Galego ao longo do ano 2018. A súa peza Teatro, ou xeitos de cargar unha arma, escrita xunto a Xosé Manuel Pacheco, foi galardoada co Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña no 2013.   O libro que tes sobre a […] - [Falece Heidi Kühn-Bode aos 74 anos de idade](https://erreguete.gal/2020/05/25/falece-heidi-kuhn-bode-aos-74-anos-de-idade/): Heidi Kühn-Bode, escritora, tradutora e profesora, faleceu o pasado 20 de maio aos 74 anos de idade. Nada en Eching (Baviera) o 3 de xullo de 1945, establecérase na Coruña a finais da década de 1960 e fixo o galego a súa lingua literaria.   Filla e neta de refuxiados de Pomerania e Besarabia (actualmente Moldavia), a colonia alemana de Romanía, Kühn-Bode establecérase en Galicia en 1968 e adoptou o galego como a súa lingua. Considerábase escritora galega, malia que tamén escribiu en alemán e, por veces, en castelán e ingles. Con formación de filóloga, especializárase na obra de Henry James […] - [I Festival de Festivais con encontros profesionais e exhibición online](https://erreguete.gal/2020/05/25/i-festival-de-festivais-encontros-profesionais-exhibicion-online/): A Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas organiza do 25 ao 28 de maio o I Festival de Festivais Redelae con máis de trinta creacións de artes escénicas e encontros profesionais online. Deste xeito, REDELAE convida á súa comunidade artística a unha reflexión sobre a situación de confinamento global a través dunha programación de catro días que reúne linguaxes como a danza, o texto teatral ou o circo. | Foto: Sara Barros Leitão, Proclamação da existência |   O Festival emitirase dúas veces ao día: unha primeira emisión en directo e unha segunda emisión gravada. Cada emisión consta dunha primeira parte centrada no […] - [No confín de... César Goldi](https://erreguete.gal/2020/05/24/no-confin-de-cesar-goldi/): “Actor profesional e multidisciplinar que sirvo para teatro, televisión, cine, radio, rúa, cabaré e bares. Cantante e bailarín resultón que podo maltratar con dignidade o piano, a guitarra e a percusión. Por todo isto digo o de ‘multidisciplinar’ con fachenda, porque experimentei profesionalmente todos eses terreos. Nesta confinada época o único contacto profesional que manteño co público é a miña colaboración semanal no programa de divulgación científica Efervesciencia da Radio Galega, interpretando á teimuda avoa de Einstein”. César Goldi é un intérprete fundamental para entender o teatro e o audiovisual galego contemporáneo. Parte de Chévere en espectáculos como Ultranoite no País […] - [No confín de… Patricia de Lorenzo](https://erreguete.gal/2020/05/23/no-confin-de-patricia-de-lorenzo/): Patricia de Lorenzo é integrante de Chévere. A ampla traxectoria da actriz coruñesa xustifícaa como nunha das grandes intérpretes da escena galega. As Fillas Bravas, Citizen, Eurozone, Río Bravo, Eroski Paraíso (Premio María Casares de Teatro e Premio Mestre Mateo á mellor actriz) ou Curva España son os seus traballos máis destacados. Na actualidade traballa na nova produción de Chévere: As Fillas Bravas e o mito de Casandra. | Foto: José Vicente |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Sapiens de Yuval Noah Harari, libro que vou lendo aos poucos. Importante para facer un repaso evolutivo da […] - [Os premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde amplían prazo ata o 6 de xullo](https://erreguete.gal/2020/05/23/os-premios-alvaro-cunqueiro-manuel-maria-barriga-verde-amplian-prazo-6-de-xullo/): Retómanse tras a suspensión decretada por mor do estado de alarma baséase na consideración destes galardóns como fundamentais para o ámbito da escrita dramática en galego, segundo se recolle no Plan de Reactivación do Sector Cultural da Xunta   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a continuación do procedemento de concesión dos tres premios de literatura dramática da Xunta (XXV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XI Manuel María de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para monicreques), así como a ampliación do seu período de presentación de orixinais ata o 6 de xullo. Retómase así a […] - [Marta Pazos e Carlus Padrissa analizan os retos das artes escénicas ante a Covid-19](https://erreguete.gal/2020/05/22/marta-pazos-carlus-padrissa-analizan-os-retos-das-artes-escenicas-ante-covid-19/): A segunda sesión dos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19 analizará este venres 22 de maio os retos das artes escénicas no contexto actual, nun encontro virtual coa participación da directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, e o director artístico de La Fura dels Baus, Carlus Padrissa. | Foto: Santiago Cuquejo |   A actividade, dirixida a profesionais do sector cultural galego e a todo tipo de público interesado, está organizada pola Xunta de Galicia. Enmárcase no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, promovido polo Goberno galego e […] - [No confín de… Carlos Alonso](https://erreguete.gal/2020/05/22/no-confin-de-carlos-alonso/): Escenógrafo, figurinista e activista teatral. A dilatada carreira de Carlos Alonso levouno a traballar cunha gran cantidade de compañías e creadoras galegas: Talía Teatro, Xúlio Lago, Teatro do Morcego, Cándido Pazó, Chévere… A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recoñeceu a súa traxectoria co Premio de Honra ‘Roberto Vidal Bolaño’ na edición de 2018.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Non teño mesa de noite pero si moitos libros polo chan. Aproveito este retiro forzoso para ler títulos que esperaban hai tempo (anos) o seu momento: Los detectives salvajes de Roberto Bolaño, Suburbio de John Cheever, Octubre […] - [O Teatro Nacional de Albania, demolido para crear un centro comercial](https://erreguete.gal/2020/05/21/teatro-nacional-de-albania-demolido-crear-centro-comercial/): Centos de manifestantes en Tirana enfrontáronse coa policía o pasado domingo despois de que o goberno albanés comezase a derrubar o histórico Teatro Nacional, nunha decisión que resulta imperdoable para milleiros de albaneses, que saíron á rúa a protestar contra o que consideran unha “deriva ditatorial” do goberno do primeiro ministro, Edi Rama. | M. X. |   As protestas, que provocaron enfrontamentos coa policía, comezaron na capital albanesa despois de que os funcionarios procederan á demolición do Teatro (Teatri Kombëtar). Os manifestantes, entre os cales se contan numerosos artistas, esixen a reconstrución do edificio. Activistas, políticos da oposición e artistas […] - [No confín de… Rut Balbís](https://erreguete.gal/2020/05/21/no-confin-de-rut-balbis/): Bailarina e coreógrafa, Premio da Crítica de Galicia de Artes Escénicas o pasado 2019. Rut Balbís é a directora artística da compañía Pisando Ovos, referencia da danza e do movemento en Galicia e no resto do estado. Entre as súas creacións destacan Que volvan as flores, Give it a Spin ou, recentemente, Directo 9, en coprodución co Centro Coreográfico Galego. Ademais, Balbís ten colaborado con creadoras como Matarile Teatro, Licenciada Sotelo, Traspediante ou Chévere.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Desde hai dous anos a miña mesa de noite cambiou de estilo literario radicalmente e encheuse dunha […] - [Voadora estrea unha peza de videocreación para o CDN](https://erreguete.gal/2020/05/20/voadora-estrea-unha-peza-de-videocreacion-cdn/): Durante os días 7 e 8 de maio, a compañía Voadora abordou a filmación –cos protocolos de seguridade establecidos polo goberno– do traballo de videodanza, Soy una humana, dirixida por Xosé Díaz, protagonizada por Carmen Triñanes e na que Marta Pazos, a directora da compañía, pon voz a un tema musical composto polo propio Díaz. O vídeo fai parte da iniciativa #LaVentanaDeLaCreación, do Centro Dramático Nacional “co obxecto de impulsar a creación de obras audiovisuais nacidas da experiencia do confinamento”. O vídeo percorre distinta localizacións de Compostela e a actriz Carmen Triñanes vestindo coas cores da súa contorna, coma se dun […] - [O Teatro do Noroeste – CDV ofrece unha conversa sobre "Teatro pospandémico" co director Rodrigo Francisco](https://erreguete.gal/2020/05/20/teatro-noroeste-cdv-ofrece-unha-conversa-teatro-pospandemico-co-director-rodrigo-francisco/): O director Rodrigo Francisco, director da Compañía de Teatro de Almada e do Festival de Teatro de Almada, é o convidado á terceira sesión de Ensaio de Mesa que neste mes de maio o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana ofrece no marco da súa programación online. O encontro virtual terá lugar este xoves 21 de maio ás 10:00 horas de Portugal (11:00 hora galega). Ensaio de Mesa é unha serie de conferencias dedicadas ao tema “Para um Teatro Pós-pandémico” coas que a compañía residente no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo promove a reflexión sobre […] - [No confín de… Manuel Cortés](https://erreguete.gal/2020/05/20/no-confin-de-manuel-cortes/): “Actor, escritor e guionista. Ou viceversa”. Manolo Cortés é un dos integrantes do Grupo Chévere. Intérprete en espectáculos coma Citizen, Eurozone ou Divinas Palabras Revolution, Cortés é responsábel, tamén, dos textos de Ultranoite no país dos ananos e Salvador, de Borja Fernández, un dos proxectos nados nas residencias artísticas da Berberecheira.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Unha biografía da Pardo Bazán. Despois de ler unha de Concepción Arenal, case caía de caixón. A túa banda sonora destes días. Estes días hackeáronme a conta de Spotify, así que por curiosidade estou escoitando as preferencias musicais de alguén de […] - [As compañías de danza galegas perderán case un millón e medio de euros até setembro](https://erreguete.gal/2020/05/19/as-companias-de-danza-galegas-perderan-case-millon-medio-de-euros-ate-setembro/): A Asociación de Compañías de Danza “Emprendo Danza” vén de encargar un informe que avalíe a perda de ingresos das compañías de danza de Galicia como consecuencia da pandemia da Covid-19 e das diversas medidas tomadas para facerlle fronte e paliar os seus efectos. O resultado indica que as perdas se achegan ao millón e medio de euros até setembro, data en que, teoricamente, poderían retomar a actividade.   Para realizar o estudo, tomáronse como referencia datos extraídos da enquisa a compañías de artes escénicas e agrupacións musicais independentes realizada polo OCI entre o 15 de abril e o 10 de […] - [No confín de… Celia González](https://erreguete.gal/2020/05/19/no-confin-de-celia-gonzalez/): Celia González é unha actriz naronesa con carreira no audiovisual e no teatro. Entre os seus traballos destacan Os vellos non deben de namorarse con Teatro do Morcego, Matanza de Triateros ou Os Rockenstein de Malasombra Producións, entre outras compañías. O seu último papel sobre as táboas é dunha das fillas da Bernarda escrita e dirixida por José Prieto, papel polo que opta á mellor actriz secundaria nesta edición dos Premios María Casares de Teatro. | Foto: Muriel Pernas |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Agora mesmo Tokio Blues, de Murakami, e El amor en los […] - [O Consello da Cultura edita a 'Farsa das zocas' de Carvalho Calero](https://erreguete.gal/2020/05/18/consello-da-cultura-edita-farsa-das-zocas-de-carvalho-calero/): O Consello da Cultura Galega únese á homenaxe a Ricardo Carvalho Calero celebrada no Día das Letras Galegas 2020 cunha edición da súa Farsa das zocas . Ademais dun estudo preliminar a cargo de Carlos-Caetano Biscainho Fernandes, esta publicación presenta o facsímile da edición de 1982 ( Teatro completo, Ediciós do Castro), derradeira autorizada polo autor, que vai acompañado doutros dous facsímiles de manuscritos autógrafos, que se ofrecen coas correspondentes transcricións.   Farsa das zocas está baseada nun relato popular recollido en San Sadurniño. Ambientada na vida rural da posguerra, conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. […] - [O INAEM inicia o traballo co sector para elaborar protocolos de desescalada](https://erreguete.gal/2020/05/18/inaem-inicia-traballo-co-sector-elaborar-protocolos-de-desescalada/): O Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura e Deporte reuniuse hoxe con representantes de asociacións de ámbito estatal en dúas mesas técnicas para abordar a desescalada. O obxectivo destas mesas de traballo é a elaboración de protocolos conxuntos para iniciar as actividades artísticas nos espazos pechados de teatros, auditorios e recintos líricos.   Estas reunións centráronse, de xeito específico, naquelas cuestións que afectan a actividade artística nos escenarios e nas salas de ensaio, tanto desde un punto de vista artístico como técnico. Preténdese con isto elaborar uns documentos consensuados co sector que […] - [No confín de… Xesús Ron](https://erreguete.gal/2020/05/18/no-confin-de-xesus-ron/): Axitador escénico. Fai parte de Chévere desde 1988. Director e dramaturgo da imprescindíbel compañía compostelá, Ron foi o responsábel artístico das montaxes Annus Horríbilis, Río Bravo, a triloxía Citizen, Eurozone, As fillas bravas, Ultranoite no País dos Ananos, Eroski Paraíso, Divinas Palabras Revolution (en coprodución co CDG) ou, recentemente, Curva España. Codirixiu o pasado ano xunto a Jorge Coira a versión fílmica de Eroski Paraíso. No 2014, Chévere recibe o Premio Nacional de Teatro pola súa “coherente traxectoria de creación colectiva”. | Foto: Matteo Bertolino |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Non son de ler un só […] - [César Portela remata o anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui](https://erreguete.gal/2020/05/18/cesar-portela-remata-anteproxecto-de-rehabilitacion-teatro-principal-de-tui/): O arquitecto César Portela vén de rematar a redacción do anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Principal de Tui. O Concello de Tui encargoulle este cometido como paso previo para coñecer o investimento preciso e comezar a xestionar as posibles vías para acometelo.   César Portela, que nos anos 80 realizara xa un proxecto de rehabilitación inmoble, tivo agora que adaptalo ás novas normativas en vigor tanto en materia de seguridade coma de accesibilidade, e á situación actual do inmoble. Un reto que o arquitecto asumiu tendo en conta o valor histórico, cultural, urbanístico, arquitectónico e simbólico do edificio. A fachada […] - [Nace 'Límites, Corpo Colectivo Transfronteirizo', colectivo interdisciplinar](https://erreguete.gal/2020/05/18/nace-limites-corpo-colectivo-transfronteirizo-colectivo-interdisciplinar/): Límites, Corpo Colectivo Transfronteirizo: así se define esta iniciativa que reúne propostas e artistas de diferentes disciplinas como a videoarte, a música, a ilustración, a danza, a poesía ou a performance. Todos os proxectos que conforman o colectivo ofrecen unha aposta cara á indagación e experimentación, transitando e rebasando os límites. O obxectivo do grupo é crear colaboracións e sinerxias conxuntas, apoiándose nun marco de acción común, así como reivindicar esas outras formas de expresión artística que non encaixan nos marcos habituais. Os proxectos e artistas que compoñen as perspectivas creadoras do colectivo son: Ordet, Tamara Andrés, Silvia Penas, Cintaadhesiva, Andrea […] - [O Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, do Carballiño, presenta o seu novo director](https://erreguete.gal/2020/05/16/festival-de-teatro-galego-celso-parada-carballino-presenta-seu-novo-director/): O FETEGA acaba de facer público o traspaso na dirección. O carballiñés Carlos Ledo substitúe á actriz Josi Lage, que se despediu no pasado 30ª aniversario e continúa como programadora artística.   A Asociación cultural FETEGA deu a coñecer o relevo, onde o perfil buscado para a dirección requiría un profesional con ilusión renovadora pero sen perder a esencia actual, visión de xestión porque o evento ten que ser sostible, perfil conciliador libre de afiliacións políticas, que mantén as raíces do Carballiño pero cunha visión xeográfica moi ampla. E todo isto reúneo Carlos Ledo, ademais con coñecemento das novas tecnoloxías, experiencia […] - [No confín de… Cris Iglesias](https://erreguete.gal/2020/05/16/no-confin-de-cris-iglesias/): Cris Iglesias converteuse, nos últimos anos, nunha intérprete habitual das táboas e pantallas galegas. Entre os seus últimos traballos no audiovisual destacan 16 de decembro, curtametraxe do director vigués Álvaro Gago, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso de Chévere, codirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, ou a serie de Netflix Valeria. Pola súa interpretación en Liberto de Marelas Teatro, Iglesias está nomeada á mellor actriz secundaria nos Premios María Casares 2020. | Foto: Esteban Delaiglesia / LaDiapo / AAAG |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño varios! Un que me leva anos acompañando case sen querer […] - [A Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia tamén censura o Plan de Reactivación da Xunta](https://erreguete.gal/2020/05/15/asociacion-de-produtores-tecnicos-de-espectaculos-de-galicia-tamen-censura-plan-de-reactivacion-da-xunta/): A Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia (APTEGA), vén de facer público un comunicado no que amosa a súa decepción ante o Plan de Reactivación para a Cultura e o Turismo da Xunta de Galicia. A asociación sinala como principais eivas: A súa falta de concreción, pois ten máis de declaración de intencións que de plan de reactivación. A falta de protección a certos colectivos, pois fica na xeneralidade e non menciona a todos os afectados pola crise. A súa falta de transparencia, pois moitas das asociacións non foron informadas ou consultadas en ningún momento da elaboración do Plan. A falta de […] - [No confín de… Andrés Giráldez](https://erreguete.gal/2020/05/15/no-confin-de-andres-giraldez/): Titiriteiro e actor. Membro fundador de Tanxarina Títeres xunto a Miguel Borines e Tatán R. Cunha. Esta compañía redondelá, cunha traxectoria de máis de trinta anos, é unha institución no teatro de monicreques en Galicia e no resto do estado, ademais de encargarse da dirección artística do Festival Internacional de Títeres da súa vila. A galiña azul, Titiricircus, Trogloditas ou A casa do avó son algúns dos seus espectáculos máis destacados.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Hai un libro do que boto man continuamente. Leva por título Cuando el mundo era joven todavía e está escrito por […] - [A Deputación da Coruña crea unha nova liña de axudas para asociacións profesionais culturais](https://erreguete.gal/2020/05/14/deputacion-da-coruna-crea-unha-nova-lina-de-axudas-asociacions-profesionais-culturais/): A área de Cultura destina 200.000 euros para o apoio ao programa de actividades das entidades sectoriais   As asociacións profesionais que representan os distintos sectores da cultura poden acceder á nova liña de axudas da Deputación da Coruña que quere colaborar no desenvolvemento das súas programacións. O orzamento da nova convocatoria é de 200.000 € e as axudas poderán ser de até 30.000 €. Asociacións de actores e actrices, de escritoras e escritores, de compañías teatrais, ou de productoras audiovisuais que agrupen profesionais e agrupacións dos distintos sectores poderán acceder á nova liña da área de Cultura da Deputación da […] - [A AAAG amosa a súa decepción ante do Plan de Reactivación para a cultura da Xunta](https://erreguete.gal/2020/05/14/aaag-amosa-sua-decepcion-ante-plan-de-reactivacion-cultura-da-xunta/): A Asociación sindical considera que a folla de ruta trazada por Cultura e Turismo carece de concreción, presenta programas baleiros de contidos, disfraza convocatorias habituais de medidas novas e obvia a vulnerabilidade e a seguridade sanitaria de traballadores e traballadoras   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, vén de facer público un comunicado no que amosa “a súa decepción tras a presentación por parte da Xunta de Galicia do seu Plan de Reactivación fronte aos efectos derivados da COVID-19”. A falta de […] - [A oposición rexeita no Parlamento o Plan de Reactivación da Cultura impulsado pola Xunta](https://erreguete.gal/2020/05/14/oposicion-rexeita-no-parlamento-plan-de-reactivacion-da-cultura-impulsado-pola-xunta/): Os grupos da oposición criticaron que cultura e turismo se traten conxuntamente, a falta de consenso co sector e co resto das forzas políticas e que o Plan sexa só unha reestruturación do gasto xa orzamentado no que non se formulan medidas novas. A inconcreción e o papel excesivo do Xacobeo na recuperación foron tamén censuradas nas diferentes intervencións parlamentares, que se fixeron eco da insatisfacción e a preocupación do sector ante o Plan anunciado pola Xunta. | Manuel Xestoso |   O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareceu onte no Parlamento, a petición propia, para presentar o seu […] - [O V Congreso Fugas e Interferencias abre o prazo para o envío de traballos](https://erreguete.gal/2020/05/14/v-congreso-fugas-interferencias-abre-prazo-envio-de-traballos/): O V International Performance Art Conference Fugas e Interferencias ten aberto o prazo de envío de traballos ata o 30 de xuño. Debido á crise do Covid-19, o Congreso que se asenta sobre a investigación e a reflexión da arte da acción, non utilizará o formato presencial e centrará os esforzos desta quinta edición na publicación de artigos seleccionados polo comité científico.   O Congreso Fugas e interferencias ten como liñas de traballo a reflexión teórica da arte de acción, a investigación sobre a acción e as súas interseccións, as interaccións entre arte de acción e o contexto político e o […] - [Segunda entrega sobre Teatro pospandémico en Viana co director Luis Vicente](https://erreguete.gal/2020/05/14/segunda-entrega-teatro-pospandemico-viana-co-director-luis-vicente/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana continúa coa serie de conferencias que iniciou neste mes de maio sobre o tema “Teatro pospandémico” e que se inclúen dentro do espazo Ensaio de Mesa. O actor e director artístico da Companhia de Teatro do Algarve, Luis Vicente, será o convidado que este xoves 14 de maio ás 19.30 horas (portuguesas) compartirá as súas reflexións sobre o teatro. A compañía vianense estreou este espazo dentro da nova programación do Teatro do Noroeste em Sua Casa coa presenza de Isabel Craveiro, directora artística da compañía O Teatrão, de Coimbra. Para este segundo […] - [No confín de… Larraitz Urruzola](https://erreguete.gal/2020/05/14/no-confin-de-larraitz-urruzola/): Titiriteira, actriz e contadora. Algunhas das súas montaxes de fantoches máis destacadas son Dona Barriga Verde, con dirección de Santi Prego, A Viaxe de Rosalía ou O Crebanoces. Membro da Asociación Cultural ‘Morreu o Demo’, Larraitz é responsábel da produción do Festival de Títeres Tradicionais Ibéricos Titiriberia de Teo. | Foto: Leo Suárez |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Son das persoas que caen catatónicas pola noite, así que os meus momentos de lectura son máis de tarde. Neste confinamento estou atacando varias lecturas, entre elas, Calibán y la Bruja de Silvia Federici, que analiza a […] - [Culturactiva presenta unha programación especial por streaming para o Día das Letras](https://erreguete.gal/2020/05/13/culturactiva-presenta-unha-programacion-especial-streaming-dia-das-letras/): Tralo éxito do primeiro espectáculo por streaming realizado por Culturactiva co Mago Teto, este domingo 17 de maio a Cooperativa organiza unha programación especial dende as canles de YouTube dos concellos de Soutomaior, Vilalba e Vilariño de Conso.   Cumprindo coas medidas de seguridade, acompañad@s de 5 cámaras e con realización en directo, Culturactiva ofrecerá os espectáculos As nosas Letras, do Mago Teto e Puño, puñete de Baobab Teatro dende as salas baleiras para un público que fica na casa. Unha programación especial pensada para que toda a familia poida gozar do teatro a través das pantallas case como se asistise en directo, […] - [No confín de… Julio Fernández](https://erreguete.gal/2020/05/13/no-confin-de-julio-fernandez/): Performer, editor e dramaturgo. Julio Fernández dirixe Ediciones Invasoras, selo que ten publicado a autoras coma Ana Vallés, Carlos Sarrió, Santiago Cortegoso, Carmen Abizanda ou Pedro Fresneda. Xunto á actriz Eva Alfonso forma a compañía Anómico Teatro. Ensayo sobre la lejanía, Optimismo Florence ou Paisajes en extinción son algunhas das súas creacións. En marzo íase estrear PYKA, a súa dramaturxia para o novo espectáculo de Cinema Sticado.   O libro que tes sobre a mesa de noite. A Briefer History of Time (Brevísima historia do tempo) de Stephen Hawking. A túa banda sonora destes días. Os paxaros nas hortas do barrio […] - [As salas alternativas centraranse no apoio á creación até setembro](https://erreguete.gal/2020/05/12/as-salas-alternativas-centraranse-no-apoio-creacion-ate-setembro/): As salas pertencentes á estatal Red de Teatros Alternativos –entre os que se atopan o Teatro Ensalle e a sala Ártika de Vigo– centrarán os seus esforzos até setembro no apoio aos procesos de creación e na adaptación dos espazos ás novas condicións de exhibición.   As salas que integran a Red de Teatros Alternativos –dentro das que se contan o Teatro Ensalle e a sala Ártika, ambas as dúas de Vigo– traballará durante os próximos meses para poder funcionar como “articuladora de recursos”, a prol da propia Rede e dos espazos e proxectos que a integran, e coa mirada nos […] - ['Je suis narcissiste', a ópera dirixida por Marta Pazos, finalista en tres categorías dos Premios Max](https://erreguete.gal/2020/05/12/je-suis-narcissiste-opera-dirixida-marta-pazos-finalista-tres-categorias-dos-premios-max/): Organizados pola Fundación SGAE, os Premios Max das Artes Escénicas deron a coñecer os finalistas da súa XXIII edición. A reunión do xuri tivo lugar o 30 de abril vía telemática. Dos 386 espectáculos inscritos nesta edición, 159 resultaron candidatos, dos cales 35 chegaron á última fase, congregando a 60 finalistas.   Dos catro espectáculos galegos ou con participación galega que sumaron once candidaturas, só Je suis narcissiste, a ópera dirixida por Marta Pazos, chegou a categoría de finalista en tres categorías: Mellor espectáculo musical, Mellor composición musical para espectáculo escénico (Raquel García-Tomás) e Mellor deseño de vestiario (Pier Paolo Álvaro). Je suis […] - [No confín de… Cris Balboa](https://erreguete.gal/2020/05/12/no-confin-de-cris-balboa/): “Artista escénica cuxo motor é a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, o audiovisual e a música mestúranse na súa proposta artística”. Cris Balboa é Funboa Escénica. Os últimos traballos da artista cambadesa son Masa Madre + Sal Marina, xunto a Manuel Parra García (Proxecto PANK), e O que segue, un unipersoal posdramático estreado a finais do ano pasado en coprodución co Centro Dramático Galego. Balboa fala dos seus procesos artísticos e vitais no blog Lo que sigue de Teatron. | Foto: Manuel Parra García |   O libro que tes sobre […] - [Os xestores culturais amosan "preocupación" ante ao Plan de Reactivación da Xunta](https://erreguete.gal/2020/05/11/os-xestores-culturais-amosan-preocupacion-ante-ao-plan-de-reactivacion-da-xunta/): Detectan inconcrecións, falta de protección á diversidade, carencia de protocolos sanitarios ou “predominancia do Xacobeo 21 como eixo transversal do feito cultural galego”, entre outras insuficiencias do Plan.   A Asociacion Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) vén de facer público un comunicado no que amosa a súa preocupación ante varios aspectos do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico que presentou a Xunta de Galicia. A AGPXC di estar aínda “analizando o documento”, mais nas súas conversas coas súas asociadas e con outras entidades detectan diversos puntos que xeran inquietude. O comunicado da asociación enumera: Falta de concreción. Se […] - [No confín de… Roberto Leal](https://erreguete.gal/2020/05/11/no-confin-de-roberto-leal/): Actor, director e docente, Roberto Leal veu do seu Bos Aires natal a Compostela e, desde hai anos, é un dos intérpretes máis recoñecidos da escena e do audiovisual galegos. Matarile Teatro, Voadora ou Teatro e Punto son algunhas das compañías coas que ten traballado. Estaba a piques de estrear O mozo da última fila, adaptación da peza de Juan Mayorga, con Redrum Teatro. Actualmente podemos velo na segunda temporada do thriller televisivo O sabor das margaridas. | Foto: Corsino |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Sobre a mesa de noite non teño libros. Hai moito tempo […] - [Obradoiro de teatro infantil online a cargo de Teatro Ghazafellos](https://erreguete.gal/2020/05/10/obradoiro-de-teatro-infantil-online-cargo-de-teatro-ghazafellos/): Teatro Ghazafellos ofrece un obradoiro de teatro infantil online o vindeiro día 14, a partir das 17:00, dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes.   Dentro do programa #Afundacionencasa de Afundación, a compañía Teatro Ghazafellos impartirá un obradoiro de teatro infantil. Pepablo Patiño e Montse Piñón desenvolverán pílulas teatrais en formato de obradoiro online. Nelas propoñerán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral e dirixidas a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes. Nos obradoiros faranse pequenos xogos de quecemento, propostas de imitación ou mímica e a montaxe de pequenas […] - [No confín de… Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2020/05/10/no-confin-de-paula-carballeira/): Contadora de historias, escritora e actriz, Paula Carballeira é unha das dramaturgas máis prolíficas e destacadas do teatro galego para diferentes públicos. Con Berrobambán, compañía que dirixe xunto a Chiqui Pereira, estreou o pasado ano Doppelgänger, coproducida coa Corporación Arca de N.O.E. de Medellín. A súa peza Somos os monstros, editada por Xerais, acadou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018 da AGADIC. | Foto: José Pablo Molina |   O libro que tes sobre a mesa de noite. O exército furioso de Fred Vargas. Unha amiga e compañeira narradora descubriume esta autora –antropóloga, ademais– que inaugurou un […] - [‘Citizen’, de Chévere e Kalandraka, gaña o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”](https://erreguete.gal/2020/05/09/citizen-gana-premio-gala-libro-galego-na-categoria-teatro/): A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) fixeron públicas as obras gañadoras da quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Citizen, de Chévere, editada por Kalandraka, foi a obra gañadora na categoría de Teatro. É o terceiro ano consecutivo que o tándem Chévere-Kalandraka acada este premio.   O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga […] - [Decepción do sector das artes escénicas ante o Plan de Reactivación da Xunta](https://erreguete.gal/2020/05/09/plan-de-reactivacion-da-xunta-decepciona-ao-sector-das-artes-escenicas/): Tristeza e decepción. O sector das artes escénicas séntese frustrado polo Plan de Reactivación presentado pola Xunta de Galicia. A cultura é unha das grandes prexudicadas pola crise provocada pola pandemia da Covid-19 e as artes escénicas, as que máis lonxe albiscan unha volta á normalidade. A promesa dun plan que lograse darlle resposta a unha situación de incerteza absoluta logrou ilusionar a moitos, que agora ven defraudadas as súas esperanzas. Non se aforran críticas a un plan que “semella non tomar en serio” as traxedias persoais que ameazan a creadores e creadoras do teatro e a danza. | Manuel Xestoso […] - [No confín de… Roberto Salgueiro](https://erreguete.gal/2020/05/09/no-confin-de-roberto-salgueiro/): Dramaturgo e director de escena. Director da Aula de Teatro da universidade de Santiago de Compostela. Roberto Salgueiro é un autor fundamental na escrita dramática galega contemporánea. O arce no xardín, Apnea, Matanza, Memoria de Helena e María ou Como mil cachiños de vidro que a dor escurece son algunhas das súas pezas más destacadas.   O libro que tes sobre a mesa de noite. En realidade non teño mesa de noite, senón un moble grande de máis que se enche de libros. Fágoo pra ver se se me pega algo, pero non hai maneira. Nestes días de confinamento lin A […] - [No confín de… Marta Pérez](https://erreguete.gal/2020/05/08/no-confin-de-marta-perez/): Creadora escénica e actriz. Marta Pérez é directora de Inversa Teatro, cuxo último espectáculo foi Sofía e as Postsocráticas, con María Roja e Silvia Penas en escena xunto á autora da Cañiza. O pasado ano editouse no libro conxunto DramaturXa do CDG a súa peza O péndulo. | Foto: Aleksander Bortko |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Agora mesmo ando a ler varias cousas de xeito desordenado. Unha delas é Sopa de Wuhan, artigos de diferentes pensadorxs contemporánexs sobre a situación actual. Volvín a outro libro que coñezo ben como El amor que nos cura de Boris […] - [No confín de… Germán Gundín](https://erreguete.gal/2020/05/07/no-confin-de-german-gundin/): Teatreiro pluriempregado e multidisciplinar. A saber: músico, actor, adestrador, iluminador e técnico de directo. Germán Gundín deseñou as luces de espectáculos como Perplexo de Ilmaquinario Teatro (Premio María Casares 2015 á Mellor Iluminación) ou Interrupted de Teatro en Vilo e pronto poderemos ver a súa iluminación para Dreaming Juliet, o último traballo de Elefante Elegante. Desde hai uns anos é tamén xestor cultural e socio fundador de La Horizontal, centro cultural autoxestionado de Vallecas. | Foto: Guccio Romano |   O libro que tes sobre a mesa de noite. El ocho de Katherine Neville, novela que me quedou pendente de cando era adolescente […] - [Teatro del Andamio únese á nova Red Escena Iberoamericana](https://erreguete.gal/2020/05/07/teatro-del-andamio-unese-nova-red-escena-iberica/): Unha ducia de equipos profesionais implicados na xestión, produción , creación, distribución e exhibición de contidos de artes escénicas unen esforzos nesta iniciativa que se presenta esta semana simultaneamente en varios países de América e Europa.   A sala da Coruña Teatro del Andamio (Sala de artes escénicas, escola e Compañía profesional) uniuse á Red Escena Iberoamericana, unha iniciativa que se presenta esta semana simultaneamente en Arxentina, Colombia, Brasil, Portugal e Alemaña, ademais de no Estado español, e na que “unen esforzos” unha ducia de equipos profesionais implicados na xestión, produción e distribución de artes escénicas. A “singularidade” da proposta radica […] - [O Goberno central aproba axudas á cultura cun valor de máis de 75 millóns de euros](https://erreguete.gal/2020/05/06/goberno-central-aproba-axudas-cultura-cun-valor-de-mais-de-75-millons-de-euros/): O Ministro de Cultura e Deportes, Jose Manuel Rodríguez Uribes, anunciou onte axudas directas para a cultura, prestación de desemprego para artistas, deducións fiscais e adiantos para espectaculos aprazados.   O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o real decreto-lei polo que se aproban as medidas de apoio ao sector cultural para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19. O Goberno Central destina 76,4 millóns de euros que se desglosan en diversas medidas de axuda extraordinaria e créditos brandos. Semanas despois do malestar producido pola negativa inicial do Ministerio de Cultura de aplicar medidas específicas acordes coas características do […] - [Os escaparates de Redondela mostran unha exposición sobre Os monicreques de Kukas](https://erreguete.gal/2020/08/24/os-escaparates-de-redondela-mostran-unha-exposicion-os-monicreques-de-kukas/): Os monicreques comezan a tomar as rúas da vila coa exposición de Kukas, que expón as súas mellores pezas nos escaparates de dez comercios.   O XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) comeza a encher as rúas de monicreques coa exposición ‘Os monicreques de Kukas’. Nesta edición tan especial, a tradicional mostra sae da sala de exposicións do Multiúsos para encher os escaparates de dez comercios da vila, que acollerán unha escolma dos carteis, monicreques e elementos escenográficos desta histórica compañía galega. O percorrido polos 40 anos de traxectoria de Kukas poderá verse ata o vindeiro 7 […] - [Isaac e o teatro independente, por Manuel Lourenzo](https://erreguete.gal/2020/08/22/isaac-teatro-independente-manuel-lourenzo/): Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo, unha figura transcendental na historia do país. Queremos lembralo con este texto en que Manuel Lourenzo –a quen agradecemos a súa xenerosidade– revela algúns dos elos que o ligaron ao nacemento do teatro profesional galego. | Texto: Manuel Lourenzo |   Na década dos sesenta do século anterior, comeza a bulir un movemento teatral que se autotitula Teatro Independente. Nome que define os seus principios e obxectivos, os seus compromisos, que o enfrontan ao teatro burgués, conformista, daquel tempo. Estamos nun momento de rexeitamento das ideoloxías dominantes e, con elas, das […] - [Palas de Rei acolle a XXI Mostra de Teatro Amador a partir do 27 de agosto](https://erreguete.gal/2020/08/21/palas-de-rei-acolle-xxi-mostra-de-teatro-amador-partir-27-de-agosto/): Pedro Brandariz recibirá o Premio Mácara pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio ao teatro.   Marcada por un específico protocolo fronte o Covid 19, a partir do 27 de agosto, arranca en Palas de Rei a Mostra de Teatro Amador, Teatro no Camiño. Nesta edición, debido á alerta sanitaria, as persoas espectadoras deberán comunicar previamente a súa asistencia, dado que o aforo estará limitado, e deberán usar máscara e xel desinfectante e gardar a distancia mínima de seguridade entre os asistentes. Nesta vixésima primeira edición participarán sete grupos de Galicia, un de Villalpardo (Cuenca) e outro de Madeira […] - [O Titirideza volve a Lalín do 28 ao 30 de agosto](https://erreguete.gal/2020/08/20/titirideza-volve-lalin-28-30-de-agosto/): Do 28 ao 30 de agosto, Lalín celebra outro ano máis o Titirideza, Festival Galego da Marioneta, con cinco espectáculos de compañías de monicreques e de manipulación de obxectos.   As actuacións terán lugar os días 28, 29 e 30. Durante a presentación, Emi Carral, a representante de Urdime, a empresa encargada da organización, explicou que se tomarán todas as medidas de seguridade necesarias: o aforamento estará limitado a 150 persoas na Praza dá Igrexa, onde se colocará unha carpa, que en caso de bo tempo abrirase para aumentar a capacidade de asistentes. Esta edición do Titirideza céntrase, debido á crise […] - [A Agadic fai públicas as axudas a festivais escénicos](https://erreguete.gal/2020/08/19/agadic-fai-publicas-as-axudas-festivais-escenicos/): Os beneficiarios das axudas son o FIOT de Carballo, Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Galicreques de Santiago, FITO de Ourense, Festival das Núbebes de Pontevedra, Mostra de Teatro Galego de Cariño, Corpo(A)Terra de Ourense, Festival de Títeres de Redondela, Fetega do Carballiño e Festaclown de Vilagarcía.   Dez das principais mostras de teatro e danza de Galicia son as beneficiarias en 2020 das subvencións da Xunta a festivais profesionais de artes escénicas, de acordo coa adxudicación publicada onte pola Consellería de Cultura e Turismo na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre elas, distribúense os 190.000 […] - [A plataforma Aerowaves abre unha convocatoria para coreografía emerxente](https://erreguete.gal/2020/08/18/plataforma-aerowaves-abre-unha-convocatoria-coreografia-emerxente/): A plataforma Aerowaves abre unha convocatoria para a selección de 20 talentos da coreografía europea emerxente. As persoas seleccionadas na Aerowaves Twenty21 terán a oportunidade de presentar os seus traballos na próxima edición do festival Spring Forward que terá lugar do 6 ao 9 de maio na cidade grega de Elefsina, Capital Europea da Cultura 2021. As candidaturas están abertas até o 16 de setembro. |Foto: Katja Renner|   De igual forma, as persoas seleccionadas poderán mostrar o seu traballo en escenarios dos 45 membros que Aerowaves ten en 33 países europeos e entre os que se atopa o Centro Cultural […] - [O Festival de Títeres de Redondela celébrase do 1 ao 6 de setembro](https://erreguete.gal/2020/08/17/festival-de-titeres-de-redondela-celebrase-1-ao-6-de-setembro/): O Festival rende homenaxe á compañía Os monicreques de Kukas coa iniciativa ‘Redondela é un escaparate’.   Do 1 ao 6 de setembro celébrase o XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela – Memorial Juanjo Amoedo. Máis dunha vintena de propostas nutren o programa de sala e de rúa deseñado pola Asociación Xente Titiriteira para unha edición adaptada para garantir os protocolos derivados da Covid-19. A organización lembra que non haberá venda de entradas durante o Festival e a billeteira anticipada estará dispoñible entre o 18 e o 28 de agosto. A programación de sala dará comezo o 1 de setembro […] - [Sólodos celebra unha edición especial de Danza no Claustro](https://erreguete.gal/2020/08/15/solodos-celebra-unha-edicion-especial-de-danza-no-claustro/): Sólodos organiza o 21 de agosto ás 20.30 horas unha edición especial de Danza no Claustro en Xunqueira de Espadanedo. Mentres fican suspendidas as actividades que anualmente acolle o Claustro de San Francisco de Ourense, o claustro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo acolle a peza Plena, da compañía madrileña Tejido Conectivo.   Miguen Ángel Punzano e Andrea Amor asinan a creación e a interpretación de Plena. Trátase dun espectáculo para todos os públicos de 20 minutos de duración que procura, entre outras cousas, “que se faga eco a danza de todos os corpos” ou “que nos nutra a […] - [O Carballiño acolle o XII Festival de Títeres do 17 ao 21 de agosto](https://erreguete.gal/2020/08/15/carballino-acolle-xii-festival-de-titeres-17-ao-21-de-agosto/): O Carballiño acollerá, do 17 ao 21 de agosto, a duodécima edición do Festival de Títeres. Durante as cinco xornadas que ocupa o festival, terán lugar obradoiros, xogos, contacontos e representacións na explanada do Parque Municipal, ás 19:00 (en caso de chuvia trasladaranse ao Pavillón da Uceira). A entrada será gratuíta e o aforo estará limitado para cumprir coas medidas sanitarias derivadas da pandemia da Covid-19. O festival comeza o luns, 17 de agosto, coa compañía Bandullo Azul, que representará a súa obra Flipa cos Contos. O martes 18 será a quenda do obradoiro de títeres con cartón. O mércores Barafunda […] - [Camiño Escena Norte organiza un encontro profesional das artes escénicas en Lugo](https://erreguete.gal/2020/08/14/camino-escena-norte-organiza-encontro-profesional-das-artes-escenicas-lugo/): Forma parte da segunda edición de Camiño Escena Norte, un programa de espectáculos en diferentes localidades deste itinerario no País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.   A segunda edición de Camiño Escena Norte achégase. Desde hoxe xa é posible inscribirse no encontro profesional Habitación Peregrina PRO, que terá lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo do 15 ao 17 de setembro, que forma parte do programa xeral que volve traer a Galicia espectáculos de Asturias, Cantabria e Euskadi grazas a este ambicioso proxecto de intercambio escénico entre comunidades do Camiño Norte. Este encontro profesional, dirixido a compañías de artes escénicas […] - [Sólodos En Danza presenta as bases do certame de dúos e solos 2020](https://erreguete.gal/2020/08/12/solodos-danza-presenta-as-bases-certame-de-duos-solos-2020/): O Festival Internacional de Danza Contemporánea ‘Sólodos En Danza’  presenta as bases para o Certame de Creación de Dúos e Solos 2020. O Festival que se celebrará en Ourense do 3 ao 5 de decembro premiará a obra gañadora cunha xira por diferentes comunidades por Costa Rica. A data límite para a presentación de propostas remata o 2 de outubro. |Foto: Manu Lago|   Poden participar todas as coreografías (dúos ou solos) de artistas de Iberoamérica, residentes en España maiores de 18 anos. As pezas estarán interpretadas por unha ou dúas persoas e é indispensable que a creadora sexa intérprete na […] - [Inícianse as accións formativas do Plan de reactivación do sector cultural](https://erreguete.gal/2020/08/11/inicianse-as-accions-formativas-plan-de-reactivacion-sector-cultural/): As actividades, presenciais e en liña, desenvolveranse durante este segundo semestre, cunha especial atención á adaptación das empresas, escénicas, audiovisuais, musicais e de servizos á situación provocada pola covid-19   A Xunta de Galicia anunciou onte un investimento 88.000 euros nunha trintena de iniciativas de formación continua e capacitación profesional no marco do seu Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19. Este investimento distribúese entre cadanseu convenio de colaboración con catro das asociacións empresariais máis representativas nos seus respectivos ámbitos: Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) en audiovisual, Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (Agatec), Asociación […] - [O FETEGA do Carballiño organiza obradoiros de Improvisación e de Escrita Dramática](https://erreguete.gal/2020/08/11/fetega-carballino-organiza-obradoiro-de-improvisacion-cargo-de-anton-coucheiro/): Estarán impartidos por AveLina Pérez e Antón Coucheiro.   A dirección do Festival de Teatro Galego, que celebra a súa 31ª edición no Carballiño, comeza a anunciar as actividades que darán forma a este ano atípico. A primeira actividade programada será un obradoiro de escrita dramática, que se celebrará os días 21 e 28 de agosto máis un día a convir entre a organización e o alumnado. A encargada de impartilo será Avelina Pérez e a actividade ten o nome de “Traspasar os lindes con/desde/sobre o desexo”. Este curso celebrarase na Sala Virtual do FETEGA e terá un custo de 50 euros. […] - [By Heart](https://erreguete.gal/2020/08/10/by-heart/): Palabra e poder   A memoria, que pon en escena a morte, é tamén o único antídoto coñecido contra a morte. Quizais nos esquece nestes tempos en que o único que memorizamos son contrasinais e números de tarxetas de crédito, mais capturar algo na memoria é suspender o tempo. Tiago Rodrigues comeza suspendendo o tempo cando, ao inicio de By Heart, pide dez voluntarios para subir a escena e memorizar un soneto de Shakespeare, anunciando que o espectáculo non comezará ata que as dez cadeiras baleiras que esperan polos espontáneos estean ocupadas. É a primeira das moitas estratexias psicolóxicas que Rodrigues […] - [Comeza a Mostra de Teatro de Cariño](https://erreguete.gal/2020/08/09/comeza-mostra-de-teatro-de-carino/): Hoxe inaugúrase a XLII Mostra de Teatro de Cariño, que un ano mais non faltará á súa cita aínda que nesta ocasión adaptándose ás circunstancias sanitarias actuais a través dun protocolo de hixiene e prevención ante a COVID-19.   Barafunda Animación representará Aguillóns de Ortegal, unha creación específica da compañía para Cariño que comezará a partir das 12:30 de modo itinerante polas rúas do concello. Ás 20:30 terá lugar o acto oficial de presentación na Praza do Campín, no que se entregará o premio do público e o premio do público infantil da pasada edición a Malasombra Producións por Bernarda e […] - [Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic](https://erreguete.gal/2020/08/07/resoltas-as-axudas-producion-escenica-da-agadic-3/): Aumenta o apoio ás propostas multidisciplinares e de artes do movemento entre as adxudicatarias, así como o apoio aos proxectos plurianuais de Talía e Chévere dentro dunha nova modalidade posta en marcha este ano.   Vinte e nove novos proxectos doutras tantas compañías galegas repartirán 800.000 euros a través da adxudicación da convocatoria anual de subvencións á creación escénica, publicada hoxe pola Consellería de Cultura e Turismo na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O incremento dun 23% na súa dotación respecto a 2019 permitiu aumentar en seis o número de propostas beneficiarias, entre as que destaca unha maior […] - [XXI edición do Festival de Artistas de Rúa en Redondela](https://erreguete.gal/2020/08/06/xxi-edicion-festival-de-artistas-de-rua-redondela/): Este venres celébrase en Redondela o tradicional Festival de Artistas de Rúa, que cumpre este ano a súa vixésimoprimeira edición.   Mañá, venres 7 de agosto, terá lugar nas rúas e prazas da vila de Redondela o tradicional Festival de Artistas de Rúa, que cumpre este ano a súa vixésimoprimeira edición. Ante a situación excepcional provocada pola Covid-19, a Concellería de Cultura e o Concello de Redondela decidiron manter este xa tradicional evento por estas datas tomando as medidas oportunas: as espectadoras e espectadores non poderán estar sentadas/os no chan como en pasadas edicións e manterán unha distancia mínima de 4 […] - [Vilagarcía acolle unha nova edición do Festaclown do 15 ao 22 de agosto](https://erreguete.gal/2020/08/05/vilagarcia-acolle-unha-nova-edicion-festaclown-15-ao-22-de-agosto/): Vilagarcía acolle unha nova edición do Festaclown do 15 ao 22 de agosto. Quince espectáculos conforman o programa deste 2020 que aposta  pola cultura galega con compañías como Mofa e befa, Cía N+1, Peter Punk, Píscore ou Trío Detrés e combina artistas internacionais como Simone Romanó, Cía. Vaya ou B-Side. Ademais, tras 20 anos de experiencia, o Festival afronta un novo reto cun protocolo antiCOVID para velar pola seguridade das persoas asistentes. | Foto: Ikigai, da compañía SU.MA – Andrés Nadal | Coa intención de ofrecer risas seguras ao cen por cen, toda a programación trasládase á Praza da II República […] - [Nace a PAM, Plataforma das Artes do Movemento](https://erreguete.gal/2020/08/04/nace-pam-plataforma-das-artes-movemento/): Como consecuencia da acción continuada da Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego, nace unha plataforma que reúne profesionais das artes do movemento co obxectivo de defender e desenvolver as condicións, políticas e contextos para a creación, a investigación e a difusión das artes do movemento en Galicia.   Vén de crearse PAM (Plataforma das Artes do Movemento), un colectivo de “persoas da danza, as artes do corpo e do movemento reunidas en base a sentires/afectos e obxectivos compartidos para a articulación, posta en valor e defensa da autonomía do traballo artístico e profesional do noso eido, operando tanto no propio territorio coma […] - [A Mostra de Cangas recibe o VI Premio Fegatea](https://erreguete.gal/2020/08/03/mostra-de-cangas-recibe-vi-premio-fegatea/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas recibiu o VI Premio Fegatea á Animación Teatral dentro do XX Aniversario da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se desenvolveu en Ribadavia. María Armesto e Casilda Alfaro recolleron o sábado 1 de agosto no Auditorio Rubén García o galardón que recoñece o labor incansable ao longo de 37 anos desta cita ineludible das artes escénicas en Galicia. | Vanesa Sotelo |   A Presidenta da Fegatea, Chelo Pampillón, foi a encargada de sinalar os numerosos argumentos polos que a Xunta Directiva da Federación decidiu outorgar este premio honorífico á MITCFC. […] - ['Saída de emerxencia', convocatoria do Festival herDanza para artistas emerxentes](https://erreguete.gal/2020/08/03/saida-de-emerxencia-convocatoria-festival-herdanza-artistas-emerxentes/): O Festival HerDanza pon en marcha unha convocatoria de propostas do corpo e movemento para artístas residentes en Galicia. Pensada especialmente para proxectos emerxentes ou de recente creación.   Desde a V Edición do festival HerDanza propoñen un espazo onde as artistas emerxentes podan mostrar o seu traballlo. A convocatoria está especialmente pensada para compañías emerxentes e proxectos de nova creación, así como intervencións, investigacións ou outro tipo de formatos e discursos mixtos. Será indispensable que as pezas ou intervencións sexan adaptables a ser expostas nun parque de Santiago de Compostela, e ter dispoñibilidade nalgunha das datas do festival (3, 4 […] - [A Cidade da Cultura programa un 'Agosto monicrequeiro'](https://erreguete.gal/2020/08/03/cidade-da-cultura-programa-agosto-monicrequeiro/): Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas participan o 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, neste ciclo familiar na Cidade da Cultura.   A Cidade da Cultura de Galicia programa o ciclo Agosto monicrequeiro, con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas, que actuarán no Xardín do Teatro os mércores 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, ás 19:00. A entrada é de balde, previa inscrición en www.cidadedacultura.gal, e con capacidade limitada para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria da covid-19. As tres actuacións celebraranse ás 19,00 horas, no […] - [O Circo na Rúa volve a Lalín](https://erreguete.gal/2020/08/02/circo-na-rua-volve-lalin/): O ciclo Circo na rúa volve a Lalín os días 7, 8 e 9 de agosto Todas as actuacións celebraranse ás 20:30.   O día 7, na Praza da Biblioteca, Teatro Ghazafellos representará As mil e unha noites, unha reinterpretación feita desde o humor dos relatos da compilación oriental. O público é convidado a sentar arredor dun carromato por uns xenios zancudos. A través dunha sorprendente escenografía, e dun ambiente máxico de teas, coxíns, incenso… un narrador introdúcenos nunha historia capaz de nos transportar á antiga Persia pero… faltan personaxes para tan poucos actores, así que precisarán da participación activa do […] - [Narón programa unha decena de espectáculos para público familiar de setembro a decembro](https://erreguete.gal/2020/07/31/naron-programa-unha-decena-de-espectaculos-publico-familiar-de-setembro-decembro/): As entradas para os espectáculos desta oferta cultural, dirixida a público infantil, xuvenil e familiar, están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura.   A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade da programación dos espectáculos que se poderán ver entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura de Narón. “Trátase dunha programación variada e de calidade, dirixida ao público infantil e xuvenil e con artistas de recoñecido prestixio, que constata un ano máis a firme aposta que o Concello de Narón realiza a través do Padroado da Cultura […] - [A Mostra de Teatro Clásico de Lugo celebrarase en setembro](https://erreguete.gal/2020/07/30/mostra-de-teatro-clasico-de-lugo-celebrarase-setembro/): O Concello recupera, ademais, a programación escénica suspendida por mor da pandemia, e recolócaa entre os meses de outubro e novembro.   O Concello de Lugo vén de anunciar as novas datas para os espectáculos organizados pola área de Cultura que foron adiados debido á crise sanitaria do COVID-19. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo lembrou que “a XX edición da Mostra de Teatro Clásico, xunto coas actividades da programación do primeiro semestre que se ían realizar a partir do 12 de marzo, tiveron que suspenderse co inicio da pandemia”. Do 6 ao 16 de setembro, seis representacións farán parte da […] - [As artes escénicas, as máis afectadas pola crise derivada da pandemia da Covid-19](https://erreguete.gal/2020/07/29/as-artes-escenicas-as-mais-afectadas-pola-crise-derivada-da-pandemia-da-covid-19/): O Consello da Cultura Galega publicou hoxe os resultados do primeiro Barómetro da Cultura Galega, un amplo estudo que analiza o impacto da pandemia da Covid-19 no ámbito das empresas culturais galegas. Os datos revelan a gravidade da situación: as empresas experimentaron unha caída da facturación de máis dun 50% dos seus ingresos anuais, un 6% dos traballadores xa foron despedidos e un 10% poderían perder o seu emprego nos vindeiros meses. Catro de cada dez empresas culturais terán dificultades para afrontar o pagamento de impostos e seguros sociais. O ámbito máis afectado, en case todos os aspectos, é o das […] - [Hoy puede ser mi gran noche](https://erreguete.gal/2020/07/29/hoy-puede-gran-noche/): Sobre o triunfo e a perda | Ana Abad de Larriva | | Foto: Rosinha Rojo |   As cousas non foron sempre como nós as lembramos, e as cousas que imaxinamos ben puideron ser, ou non. En Hoy puede ser mi gran noche, a compañía madrileña Teatro En Vilo bota man da autoficción para meternos no relato de dúas irmás, Noemi e Darlene, fillas dun cantante de orquestra na Galicia dos anos 90, dende o punto de vista da irmá maior, Noemi, e sempre en relación coa figura do pai. Noemi comparte co público os seus soños, a vontade de […] - [Xa se coñece o programa da XLII Mostra de Cariño](https://erreguete.gal/2020/07/29/xa-conece-programa-da-xlii-mostra-de-carino/): Onte presentouse oficialmente a XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño, decana de Galicia, que se celebrará do 9 ao 21 de agosto e que un ano mais non faltará á súa cita aínda que nesta ocasión adaptándose ás circunstancias sanitarias actuais a través dun protocolo de hixiene e prevención ante a COVID-19.   Compañías teatrais de público infantil e adulto actuarán durante dúas semanas en diferentes espazos do concello: o auditorio municipal, a Praza do Campín, o local social da casa consistorial e de modo itinerante polas rúas. O teatro na rúa, na Praza do Campín, seguirá sendo gratuíto pero […] - [O Festival C reforza a programación cultural de Compostela en agosto](https://erreguete.gal/2020/07/28/festival-c-reforza-programacion-cultural-de-compostela-agosto/): Baixo o nome de Festival C, organizado pola Concellaría de Acción Cultural e xestionado polo Auditorio de Galicia, reúnense case medio cento de actividades artísticas e culturais que terán lugar en diversos espazos da cidade ao longo do mes de agosto, e que contan co apoio da Deputación da Coruña e do Consorcio de Santiago de Compostela. Danza, circo, literatura, música e artes escénicas e visuais serán as protagonistas nas rúas, prazas e espazos culturais de toda a cidade, nas que terán especial presenza os eventos desenvolvidos ao aire libre. O Festival C inclúe un amplo abano de disciplinas artísticas, con […] - [XXXVII Mostra de Teatro de Cangas: humor vital](https://erreguete.gal/2020/07/28/xxxvii-mostra-de-teatro-de-cangas-humor-vital/): “Aquí, vívese!”, exclamou unha voz do público durante un dos coloquios da XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Esta espectadora anónima remataba así o seu sincero agradecemento á organización da MITCFC por facer posible o regreso ao teatro en Cangas despois de case catro meses tras declaración do Estado de Alarma. Facíase visible deste modo a razón para afrontar con valor todas as incertezas do escenario que deixou a crise da covid-19 e tamén quedaba patente a sólida base sobre a que se asenta a Mostra canguesa: un tecido sociocultural activo e comprometido. | Vanesa Sotelo | […] - [Marcos Abalde gaña o XV Premio Abrente coa obra 'O tsunami'](https://erreguete.gal/2020/07/27/marcos-abalde-gana-premio-abrente-coa-obra-tsunami/): O Premio do Público é para Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo e Leira, de Nova Galega de Danza, que obtiveron a mesma puntuación no reconto final.   Un xurado composto polas actrices Fina Calleja e Rosa Puga e polo actor Fernándo González e presidido polo director da MIT de Ribadavia, Roberto Pascual, decidiu hoxe, por unanimidade, darlle o XV Premio Abrente de Textos Teatrais que outorga a Mostra ao texto de Marcos Abalde titulado O tsunami. Segundo o xurado “a lectura deste texto supuxo a descoberta dunha voz propia que rescata da memoria un acontecemento real (a […] - [O Teatro Rosalía de Castro da Coruña presentou o programa para o segundo semestre do ano](https://erreguete.gal/2020/07/27/teatro-rosalia-de-castro-da-coruna-presentou-programa-segundo-semestre-ano/): O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e o director do Teatro Rosalía Castro, Paulo Rodríguez, presentaron o segundo semestre do Ciclo Principal. O edil recordou a honra que supón para esta cidade que o recinto celebre o seu 180 aniversario porque “cando te atopas cun edificio como este, pregúntaste pola cantidade de xente que pasou por aquí e que fixo que todo isto tivera sentido”.   Para a nova entrega, rescatarán funcións que estaban previstas para esta primavera e que se tiveron que suspender pola pandemia. Deste xeito, o apartado incluirá o 24 e o 25 de setembro, a obra Nekrassov, […] - [Mensaxe da revista 'Conjunto' da Casa de las Américas](https://erreguete.gal/2020/07/27/mensaxe-da-revista-conjunto-da-casa-de-las-americas/): Por unha declaración de emerxencia para a escena latinoamericana e caribeña   A pandemia afectou e segue a afectar cada día a vitalidade e o desenvolvemento do teatro latinoamericano e caribeño e pon en risco a supervivencia de valiosas agrupacións. Funcións e festivais tiveron que cancelarse e suspendéronse os ensaios. Mentres grupos e artistas xeran iniciativas virtuais para soster a actividade creadora e a comunicación co público e cos seus colegas de todas partes, con eventos, maratóns, monólogos, conferencias e obradoiros en liña, como impulso vital para impedir que o teatro morra, moitos gobernos neoliberais, carentes de políticas culturais humanistas e […] - [Dúas donas que bailan](https://erreguete.gal/2020/07/26/duas-donas-bailan/): Espello das inclemencias | Manuel Xestoso |   A vella teoría de Stendhal sobre a arte como espello da realidade ten aínda moito que dicir. Especialmente cando a realidade se degrada a mans duns medios de comunicación que non dan conta dos dramas persoais que se agochan tras as cifras. Neses casos, a lectura duns vellos tebeos –ou cómics– que nos devolven á infancia, poden debuxar unha imaxe máis fiel das desesperanzas ocultas e das calamidades cotiás que asexan á volta da primeira páxina. Á sombra dos pisos de alugueiro “de renda antiga” existen propietarios que deixan que as paredes se […] - [O Teatro Nacional São Joao do Porto anticipa a súa temporada 2020-2021](https://erreguete.gal/2020/07/25/teatro-nacional-sao-joao-porto-anticipa-sua-temporada-2020-2021/): O Teatro Nacional São João do Porto avanza o seu programa para 2020-2021. O programa que se desenvolverá de agosto a marzo inclúe 15 estreas, tres producións propias, 4 producións internacionais e unha vintena de coproducións. Deste xeito, despois de ter suspendido a programación prevista para os espazos xestionados polo TNSJ –que inclúen o Teatro Carlos Alberto e o Mosteiro de São Bento da Vitória- entre os meses de marzo e xullo, a institución portuguesa garante a reprogramación de todas as co-producións para esta nova tempada e a acollida de novos espectáculos portugueses e internacionais.   As celebracións do Centenario do […] - [A MIT Ribadavia enfronta a súa última fin de semana](https://erreguete.gal/2020/07/24/mit-ribadavia-enfronta-sua-ultima-fin-de-semana/): Este 2020, baixo o lema ‘A ceo aberto: liberdade, creatividade e diversidade’, a MIT ofreceulle ao público un total de 24 espectáculos e actividades paralelas como presentacións de libros e obradoiros ao aire libre en máis dunha decena de espazos, como o Auditorio do Castillo, con nomes destacados como Teatro en Vilo ou Nova Galega de Danza e representacións de espectáculos como Fariña, Liberto ou Rebota, rebota y en tu cara explota   Os espectáculos Tierras del Sud, Doña Rosita anotada e Sueños y visiones de Rodrigo Rato serán os encargados de clausurar esta fin de semana, no Auditorio do Castelo, a 36ª edición da […] - [A Biblioteca da USC acolle as coleccións de carteis e folletos do proxecto do Museo Galego da Marioneta](https://erreguete.gal/2020/07/24/biblioteca-da-usc-acolle-as-coleccions-de-carteis-folletos-proxecto-museo-galego-da-marioneta/): O Museo Galego da Marioneta pechara en maio de 2019, despois de varias declaracións cruzadas entre a compañía Viravolta Títeres e o Concello de Lalín. Agora, a Biblioteca da USC garante a conservación e difusión destes documentos.   A compañía Viravolta títeres fixo entrega das coleccións de carteis e folletos que formaron parte da Biblioteca do Museo Galego da Marioneta á Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A directora da Biblioteca, Lourdes Pérez González agradeceu a doazón e expresou a súa disposición a acoller o resto de fondos desa Biblioteca. Esta acollida asegura a conservación e difusión destes documentos que […] - [Tres vellas (polo menos)](https://erreguete.gal/2020/07/24/tres-vellas-polo-menos/): Memoria de mulleres | Ana Abad de Larriva | | Foto: Rosinha Rojo |   A memoria vai desaparecendo se non se transmite, se non se garda. En Tres vellas (polo menos), tres recoñecidos narradores orais, Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez, Guti, e Quico Cadaval, comparten connosco as historias que lles contaron a eles varias vellas (“tres, polo menos”); fermosas narracións de mulleres e sobre mulleres. Está detrás da peza a vontade de rescatar o relato daquelas persoas de idade avanzada, mulleres, ás que moitas veces se lles nega a voz, para que a súa memoria, a súa sabedoría e […] - [Compostela acollerá en setembro o festival de artes performativas 'Plataforma'](https://erreguete.gal/2020/07/23/compostela-acollera-setembro-festival-de-artes-performativas-plataforma/): Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. O evento foi presentado pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada polos seus directores: Mónica Maneiro, David Barro e Iñaki Martínez Antelo.   Dirixido por Performa S. Coop. Galega, Plataforma nace coa intención de traballar en rede e complicidade co maior número de axentes, institucións e espazos posibles dunha cidade referente […] - [O programa 'Cara a unha escena plural' achega propostas de danza a seis escenarios](https://erreguete.gal/2020/07/22/programa-cara-unha-escena-plural-achega-propostas-de-danza-seis-escenarios/): A iniciativa nace da man de Sabela Mendoza e Caterina Varela co fin de promover unha maior presenza deste ámbito artístico nas carteleiras dos escenarios galegos.   Cara a unha escena plural nace co obxectivo de procurar unha presenza regular e estable da danza e das artes do movemento na oferta cultural galega, ademais de favorecer a sensibilización do público diante destas propostas. Así mesmo, búscase ampliar a visibilidade das compañías e artistas, ao tempo que crear unha rede de colaboración cos espazos escénicos que redunde nunha maior aposta por este tipo de espectáculos. Con este fin, estanse a deseñar programas específicos […] - [Non hai que ser unha casa para ter pantasmas](https://erreguete.gal/2020/07/22/non-unha-casa-pantasmas/): A maxia dos corpos | Ana Abad de Larriva | | Imaxe: Rosinha Rojo |   “One need not be a chamber to be haunted, one need not be a house; the brain has corridors surpassing material place (…)”, escribía Emily Dickinson. Non hai que ser un cuarto nin unha casa para estar encantado, para ter pantasmas; estas tamén controlan as mentes e habitan os corpos. A compañía galega Pálido Domingo traballa en Non hai que ser unha casa para ter pantasmas dende a ilusión de seren espectros, feitos de materia incorpórea “capaz de entrar nos ocos e baleiros de cada […] - [Convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Portugal 2020](https://erreguete.gal/2020/07/21/convocase-ii-premio-platta-de-teatro-breve-portugal-2020/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a Revista Galega de Teatro), convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Portugal 2020. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 20 de agosto para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en portugués. As obras, […] - [A VI Escola de Verão para Atores centra o seu traballo na figura de Antígona](https://erreguete.gal/2020/07/21/vi-escola-de-verao-atores-centra-seu-traballo-na-figura-de-antigona/): A sexta edición da Escola de Verão para Atores de Viana do Castelo desenvólvese do 20 ao 25 de xullo coa traxedia de Antígona como tema central. O formato da EDV ten lugar este ano, excepcionalmente, baixo o modelo de Residencia Artística / Laboratorio de Investigación e Creación destinada ao elenco residente e o elenco de honra do Teatro do Noroeste – CDV.   Esta edición especial conta co profesor, dramaturgo e director Guillermo Heras; a profesora, tradutora e investigadora do Instituto de Estudos Teatrais da Universidade Sorbonne Nouvelle Paris – III, Alexandra Moreira da Silva; a coreógrafa, profesora e fundadora […] - [O Teatro Principal de Ourense anuncia o programa para este semestre](https://erreguete.gal/2020/07/20/teatro-principal-de-ourense-anuncia-programa-este-semestre/): O Teatro Principal de Ourense presentou a carteleira coa que retomará a súa actividade a partir de setembro e a través da que lle propón ao público da cidade das Burgas unha trintena de citas coas artes escénicas, a música e o cinema.   A directora do Teatro Principal, Olga Mojón, acompañada do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e de Aurelio Gómez, asesor de Cultura da Deputación de Ourense, presentou o programa para este outono: 31 eventos que se celebrarán desde o 11 de setembro ata o 30 de decembro. Entre as funcións da Rede Galega de Teatros e […] - ['The primitals', Premio do Público na 37ª Mostra de Cangas](https://erreguete.gal/2020/07/19/the-primitals-premio-publico-na-37a-mostra-de-cangas/): O espectáculo The primitals, da compañía madrileña Yllana & Primital Brothers, gañou o Premio do Público da XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Este ano, de maneira excepcional e por razóns de seguridade pola pandemia da Covid-19, a votación non se fixo directamente en urna despois de cada obra, senón que se elixiu un comité integrado por representantes do Concello de Cangas, de asociación cultural Xiria, do equipo organizador da Mostra e do público. |Foto: Pro Light Estudio|   Yllana é unha das compañías españolas con maior traxectoria no ámbito do teatro de humor xestual. Actualmente […] - [Agadic adapta prazos e requisitos nas subvencións de festivais audiovisuais e artes escénicas](https://erreguete.gal/2020/07/18/agadic-adapta-prazos-requisitos-nas-subvencions-de-festivais-audiovisuais-artes-escenicas/): Os principais cambios son a ampliación de prazos de execución e de xustificación, co obxectivo de facilitarlles aos adxudicatarios o cumprimento dos requisitos inicialmente previstos.   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte senllas resolucións polas que se modifican as bases das subvencións á creación escénica correspondentes a 2019 e a festivais audiovisuais de 2020, co obxectivo de adaptalas á situación derivada da crise sanitaria e facilitarlles aos adxudicatarios o cumprimento dos requisitos inicialmente esixidos. No caso das axudas á creación escénica, modifícase a Resolución de 20 de marzo de 2019 de xeito que se amplía en sete meses o […] - [Festival de Almada: o encontro indomable](https://erreguete.gal/2020/07/17/festival-de-almada-encontro-indomable/): Nos últimos meses, Godot ficou á espera. Nos últimos meses, nos que nos habituamos a habitar dentro de novos límites, habituámonos tamén a escoitar hipóteses de como sería o teatro da crise da covid-19. Durante semanas, mentres parecía que os teatros ían ficar fechados até o mes de setembro, o Festival de Almada seguía traballando e repensaba a súa 37ª edición botando man da súa personalidade construída a base de esixencia e rigor e, defendendo a súa concepción do teatro como servizo público, confirmou que o teatro é ir ao encontro indomable co outro. Así o ordenou o seu público e […] - [Guerra de identidade](https://erreguete.gal/2020/07/17/guerra-de-identidade/): Do amor e da guerra | Ana Abad de Larriva | | Imaxe: Prolight Foto Estudio |   Guerra de identidade é unha purga, unha abertura en canal, un conxunto de sensacións, lembranzas, pezas de diferentes relatos… de Déborah Vukušić na busca dun equilibro entre as súas dúas metades (a galega e a croata) e vertebrada arredor da figura do pai ausente. A peza arranca dende a pulsión do sangue e amósanos unha guerra interna na procura da propia identidade, envolta tamén na néboa doutra guerra real: a guerra de Iugoslavia. Vai debuxando os cambios persoais dende que naceu en canto […] - [Comeza a 36ª edición da MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2020/07/17/comeza-36a-edicion-da-mit-ribadavia/): Este 2020, baixo o lema ‘A ceo aberto: liberdade, creatividade e diversidade’, a MIT, que se estenderá até o día 27 de xullo, ofreceralle ao público un total de 24 espectáculos e actividades paralelas como presentacións de libros e obradoiros ao aire libre en máis dunha decena de espazos con encanto da vila, como o Auditorio do Castelo.   A Mostra comeza hoxe coa entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas a Marta Pazos, para continuar co espectáculo Emigrantas, da compañía de Kirenia Martínez Acosta e, a seguir, Dreaming Juliet, a versión de Romeo e […] - [O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana retoma as actividades presenciais](https://erreguete.gal/2020/07/17/15473/): Este sábado represéntase o primeiro espetáculo de Teatro con público en Viana do Castelo após o confinamento.   O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana volve presencialmente á escena, coa representación de O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, con dirección de Tiago Fernandes, o día 18 de xullo ás 18:00, no Teatro Municipal Sá de Miranda, inserido no programa da Feira do Livro de Viana do Castelo. Despois de varios meses de programación online, a compañía vianense regresa agora, en asociación coa Câmara Municipal de Viana do Castelo, aos espectáculos con público, no Teatro Municipal Sá de Miranda. […] - [Fernando Epelde recolleu na Estrada o VII Premio Varela Buxán](https://erreguete.gal/2020/07/16/fernando-epelde-recolleu-na-estrada-vii-premio-varela-buxan/): O acto contou tamén coa presenza do dramaturgo Fernando Castro Paredes para a presentación da súa obra Pallaso, gañadora da edición anterior e publicada por Edicións Fervenza.   Fernando Epelde recolleu onte o galardón do VII Premio de Teatro Manuel Daniel Varela Buxán que promove o Concello de A Estrada. Engadir auga e esperar… foi a obra coa que o dramaturgo ourensán acadou este premio dotado con 1.200 euros e un detalle institucional conmemorativo. O acto contou tamén coa presenza do gañador da edición anterior, Fernando Castro Paredes e a presentación da publicación da obra gañadora da edición anterior, Pallaso, de […] - [A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece máis de mil trescentos espectáculos](https://erreguete.gal/2020/07/16/rede-cultural-da-deputacion-da-coruna-ofrece-mais-de-mil-trescentos-espectaculos/): O teatro profesional é o ámbito que máis actuacións programa nesta nova edición do circuíto da Deputación cun total de 496 representacións.   Un total de 1.307 actuacións culturais forman parte do catálogo de actuacións da Rede Cultural que este ano amplía o seu período incluíndo no calendario da edición o primeiro trimestre de 2021. A Deputación da Coruña destina 1.320.567,61€ a un circuíto no que se cumprirán de maneira estrita a capacidade e os protocolos de prevención da Covid. A pandemia obrigou a modificar moitas das previsións culturais e, entre elas, as da Rede Cultural da Deputación da Coruña que […] - [Chévere leva o teatro aos escaparates de Ames](https://erreguete.gal/2020/07/16/chevere-leva-teatro-aos-escaparates-de-ames/): As representacións faranse no exterior e en grupos reducidos para diminuír o risco de contaxio.   Chévere volve esta semana ao traballo logo de catro meses de parón forzoso por mor da Covid-19. Farao no concello de Ames con dúas xornadas (venres 17 e sábado 18) durante as que levará o teatro aos escaparates dos comercios, unha actividade que se encadra no programa AmesON, contido á súa vez no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial deste concello. Estas pezas poderanse ver o venres 17 no Milladoiro, entre as 19:30 e as 21:00 e […] - [Roberto Salgueiro gaña o IV Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra de Teatro de Cangas](https://erreguete.gal/2020/07/15/roberto-salgueiro-gana-iv-torneo-de-dramaturxia-de-galicia-na-mostra-de-teatro-de-cangas/): O concurso rematou coa presentación oficial dos textos que participaron nas tres edicións anteriores do Torneo de Dramaturxia, publicados por Edicións Positivas. | Foto: Pro Light Estudio | A Sala de exposicións do Auditorio de Cangas acolleu a cuarta edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha actividade que se consolida como unha aposta firme da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre autoras/es e público. O texto gañador titúlase Jessi and Johnny, do dramaturgo Roberto Salgueiro. As actrices María Costas e Lara Álvarez foron as encargados […] - [La Fura dels Baus trae ao Gaiás un macroespectáculo sobre a loita contra a pandemia](https://erreguete.gal/2020/07/15/la-fura-dels-baus-trae-ao-gaias-macroespectaculo-loita-pandemia/): O espectáculo conta coa participación de máis dunha vintena de artistas galegos que na función de Santiago de Compostela se sumarán ao elenco do que forman parte un centenar de actores, bailaríns e cantantes.   A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 29 de xullo ás 21:00 o macroespectáculo de La Fura dels Baus NN (Nova Normalidade), unha proposta dirixida por Carlus Padrissa coa que a compañía catalá recoñece o traballo do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. O espectáculo contará coa participación de máis dunha vintena de artistas galegos, que nesta función […] - [Talía estrea 'Voa, voa' en Cee](https://erreguete.gal/2020/07/15/talia-estrea-voa-voa-cee/): A compañía Talía Teatro estrea hoxe, mércores 15 de xullo, ás 20:00, en Cee o seu novo espectáculo Voa, voa! A obra está dirixida por Artur Trillo e interpretada por María Ordóñez e Toño Casais.   Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefi re estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles […] - [Profesionais galegas das artes escénicas e audiovisuais estudan medidas para mellorar a situación das mulleres no sector](https://erreguete.gal/2020/07/15/profesionais-galegas-das-artes-escenicas-audiovisuais-estudan-medidas-mellorar-situacion-das-mulleres-no-sector/): Pedirán unha reunión coa presidencia do futuro Goberno da Xunta de Galicia para propoñer unha batería de medidas que contribúan a mellorar a actual e discriminatoria situación laboral que viven as mulleres das artes escénicas e do audiovisual.   As profesionais das artes escénicas e audiovisuais de Galicia, reunidas esta fin de semana no marco das XX Xornadas Mulleres en Acción-MITCFC, pedirán unha reunión coa presidencia do futuro Goberno da Xunta de Galicia para propoñer unha batería de medidas que contribúan a mellorar a actual e discriminatoria situación laboral que viven as mulleres de ambos sectores, hoxe agravada pola pandemia, que […] - [Por moito que chova e vente, por Paula Carballeira](https://erreguete.gal/2020/07/14/moito-chova-vente-paula-carballeira/): Publicamos o texto do pregón inaugural da 37 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que Paula Carballeira leu o pasado xoves 9 de xullo. | Texto: Paula Carballeira | | Foto: ProLight Estudio |   A persoa que dá un pregón ten a responsabilidade de transmitir unha mensaxe. É unha mensaxe importante, porque algo muda nas nosas rutinas. Neste caso, anunciábase que o teatro volvía despois do seu confinamento, e volvía por todo o alto, nunha Mostra histórica, organizada por persoas valentes e apaixonadas. Ademais, persoalmente, supuña o meu primeiro acto con público diante tras varios meses, sen pantallas […] - [A segunda edición de Camiño Escena Norte celebrarase en setembro e outubro](https://erreguete.gal/2020/07/14/segunda-edicion-de-camino-escena-norte-celebrarase-setembro-outubro/): Seis compañías asturianas, cántabras e vascas daranlle forma á carteleira galega desta iniciativa, mentres que dúas galegas actuarán nesas tres comunidades.   Camiño Escena Norte celebrará a súa segunda edición entre o 13 de setembro e o 11 de outubro. Mondoñedo, Lugo, Ribadeo, Sobrado dos Monxes, Vilalba, Arzúa e Compostela acollerán oito funcións a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas. A inicitiva está impulsada polas asociacións empresariais de produción escénica das catro comunidades: Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación de Empresas de Teatro y Danza de Asturias (EscenaAsturias), Asociación Cántabra de Empresas Productoras de Artes Escénicas […] - [O CDG inicia o proceso de selección de elencos das súas tres próximas producións](https://erreguete.gal/2020/07/14/cdg-inicia-proceso-de-seleccion-de-elencos-das-suas-tres-proximas-producions/): Levará a escena O charco de Ulises baixo a dirección de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, Terceiro acto con Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e Serva me, servabo te con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta.   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio polo que se fai pública a convocatoria para a selección das 20 prazas de actrices e actores que interpretarán as próximas tres producións propias do Centro Dramático Galego (CDG), correspondentes á temporada escénica 2020-2021. Os títulos, aínda provisionais, destes espectáculos son O charco de Ulises, obra de Santiago Cortegoso que el mesmo codirixirá […] - [A Mostra de Teatro Galego de Cariño desenvolverase do 9 ao 21 de agosto](https://erreguete.gal/2020/07/12/mostra-de-teatro-galego-de-carino-desenvolverase-9-ao-21-de-agosto/): A XLII edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño celebrarase do 9 ao 21 de agosto pero “dun modo diferente”. Segundo explica o Concello, este evento “non faltará á súa cita anual”, pero adaptarase ás circunstancias sanitarias “a través dun protocolo de hixiene e prevención” ante a COVID-19.   Tal e como destaca o Consistorio, unha das principais medidas adoptadas é a ampliación da súa duración, posto que se estenderá durante dúas semanas en lugar de unha, co obxectivo de reducir o número de funcións diarias e así “evitar aglomeracións e facilitar a desinfección” dos espazos. Ademais, aínda que as […] - [Laiovento publica dúas obras de Raúl Dans](https://erreguete.gal/2020/07/11/laiovento-publica-duas-obras-de-raul-dans/): Edicións Laiovento vén de publicar un volume que recolle dúas obras de Raul Dans: Unha corrente salvaxe e Historia dunha descoñecida.   Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden. Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque de Unha corrente salvaxe, coa que o autor gañou o XXXVII Premi Born […] - [Volta e Dálle presenta en Compostela 'Falar por Falar'](https://erreguete.gal/2020/07/10/volta-dalle-presenta-compostela-falar-falar/): Os vindeiros 11 e 12 de xullo, ás 20:30, a compañía Volta e Dálle presentará no Teatro Principal de Compostela Falar por falar, o seu último espectáculo, agora con Víctor Mosqueira en substitución de Pepe Penabade.   Falar por Falar é o novo espectáculo teatral da compañía Volta e Dálle e nel un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) confrontan, en clave retranqueira, as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega. A través do relato autobiográfico, da escenificación satírica de episodios históricos, de cantigas medievais e pezas do repertorio folk ou rock, […] - [O Teatro Español de Madrid estreará unha versión en castelán de 'Voaxa e Carmin' de Esther Carrodeguas](https://erreguete.gal/2020/07/08/teatro-espanol-de-madrid-estreara-unha-version-castelan-de-voaxa-carmin-de-esther-carrodeguas/): O teatro madrileño tamén inclúe na súa programación a montaxe Fariña, de Ainé producións, dirixida por Tito Asorey.   A directora artística do Teatro Español, Natalia Menéndez, presentou hoxe a nova programación despois do período de confinamento baixo o lema La vida reflejada. Oitenta proxectos integran o cartel que inclúe a estrea do texto de Esther Carrodeguas Voaxa e Carmín con dirección da propia Menéndez baixo o título Las dos en punto. 25 estreas absolutas, 11 producións propias, 19 coproducións, exposicións e instalacións conforman o programa para a tempada 2020-2021 do Teatro Español y Naves del Español en el Matadero a […] - [Pedras de Cartón leva a súa primeira peza ao festival de Teatro Clásico de Almagro](https://erreguete.gal/2020/07/08/pedras-de-carton-leva-sua-primeira-peza-ao-festival-de-teatro-clasico-de-almagro/): O espectáculo Lázaro de Tormes, da compañía coruñesa Pedras de Cartón, foi seleccionado para participar na 43 edición do Festival de Almagro, un dos festivais de teatro clásico máis veteranos do Estado.   Esta peza, unha proposta de teatro de máscaras sen palabras do clásico infantil do Lazarillo de Tormes, será a única representación galega no espazo “Barroco Infantil”, que este ano será online e estará dipoñible do 16 ao 22 de xullo. Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia mediante un traballo de máscaras coidadoso e unha banda sonora orixinal. O elenco conforma cada unha das […] - [A Grande Emissão do Mundo Português](https://erreguete.gal/2020/07/08/grande-emissao-mundo-portugues/): Cultura e ideoloxía | Manuel Xestoso | | Foto: Carlos Gomes |   Unha ollada panorámica a dúas décadas do “Estado Novo” –a marca publicitaria da ditadura salazarista– que non se conforma con desmontar os procesos de desinformación e propaganda dos réximes totalitarios do pasado, senón que se debruza sobre os mecanismos paralelos que operan nos medios de comunicación na actualidade –os agora chamados “populismos”. A Grande Emissão do Mundo Português é un musical que non se deixa enganar pola nostalxia e, coas ferramentas do cabaré literario, dispara sobre case toda a historia do antonte portugués: moitas veces dá no branco […] - [A Federación Galega de Teatro Afeccionado celebra en Ribadavia o seu XX aniversario](https://erreguete.gal/2020/07/05/federacion-galega-de-teatro-afeccionado-celebra-ribadavia-seu-xx-aniversario/): Exhibición de espectáculos, encontros, formación, lecturas dramatizadas e pasarrúas constitúen o programa que a Federación Galega de Teatro Afeccionado prepara en Ribadavia para a celebración do seu XX Aniversario. Do 30 de xullo ao 2 de agosto o Auditorio do Castelo, a Igrexa da Madalena, a Casa da Cultura e diversos espazos ao aire libre serán os escenarios nos que desembarcarán grupos e amantes das artes escénicas.   O acto de apertura terá lugar o xoves 30 de xullo ás 22.30 no Auditorio do Castelo seguido da representación de Squash, do grupo local Teatro do Vilar. O venres 31 de xullo […] - ['A viaxe dos Chévere', de Alfonso Zarauza, xa pode verse na plataforma Filmin](https://erreguete.gal/2020/07/04/viaxe-dos-chevere-de-alfonso-zarauza-xa-pode-verse-na-plataforma-filmin/): A viaxe dos Chévere, de Alfonso Zarauza, un documental que repasa 25 anos de historia dunha das compañías de teatro máis combativas de Galicia, pode verse xa na plataforma Filmin.   A través dunha mirada moi persoal e poética, o filme narra o desterro dos Chévere, que se viron obrigados a abandonar a mítica Sala Nasa de Santiago de Compostela polas presión do goberno municipal daquel intre e instalarse no concello veciño de Teo. Durante varios meses, o cineasta e un reducido equipo acompañaron ao grupo no seu día a día, mentres elaboraban a Ultranoite no País dos Ananos, un musical […] - [Unha exposición sobre a ilustradora Luz Beloso abre os actos da Mostra de Teatro de Cangas](https://erreguete.gal/2020/07/04/unha-exposicion-ilustradora-luz-beloso-abre-os-actos-da-mostra-de-teatro-de-cangas/): A XXXVII Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) arrancou onte coa inaguración dunha exposición coas obras da pintora e ilustradora Luz Beloso, autora do cartel da edición deste ano. Esta artista monfortina xa participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais e publicacións editoriais, polas que resultou premiada en múltiples ocasións. Os escritores Isabel Blanco, Iria collazo e Miguel Anxo Alonso Diz foron os encargados de presentar o acto.   A exposición de Luz Beloso, comisariada por Diego Seixo e que poderá visitarse ata o 18 de xullo na sala de exposicións do Auditorio de Cangas, mostra, principalmente, varios […] - [A MIT Ribadavia implica ao público máis novo](https://erreguete.gal/2020/07/03/mit-ribadavia-implica-ao-publico-mais-novo/): A MIT pon en marcha un proxecto novo para público adolescente, o concurso “A miña primeira MIT”. Unha aposta clara por ampliar e contar co público como protagonista, especialmente coa creatividade e a participación dos de idade adolescente.   Dentro das Actividades paralelas da Mostra, a MIT pon en marcha un programa específico para público adolescente. O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da mocidade nos ámbitos cultural e xornalístico. Tamén o fomento dos valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio. Poderán participar todas as persoas que reúnan os requisitos de idade, cun texto escrito en lingua […] - [O Festival Fazer a Festa celebra a súa 39ª edición](https://erreguete.gal/2020/07/02/festival-fazer-festa-celebra-sua-39a-edicion/): Do 10 ao 19 de xullo terá lugar a 39ª edición do Fazer a Festa, Festival de Teatro para Infancia e Xuventude que organiza a compañía Teatro Art’Imagem. Cinco compañías de Portugal e Galicia presentarán os seus espectáculos no xardín da Quinta da Caverneira dentro dun programa que suma un encontro sobre teatro para infancia e xuventude, unha exposición e a homenaxe á compañía Pé de Vento.   O encontro “O teatro para a infancia e a xuventude en tempos de Covid-19” abrirá a primeira xornada do Fazer a Festa o 10 de xullo a partir das 18:00. A continuación, o […] - [O Auditorio de Galicia e o Teatro Principal levantan o pano con Matarile](https://erreguete.gal/2020/07/01/auditorio-de-galicia-teatro-principal-levantan-pano-matarile/): A concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, presentou onte –xunto a Ana Vallés e Baltasar Patiño– a función de Daimon y la jodida lógica, a obra de Matarile Teatro coa que se levanta o pano no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal. Será o venres 3 de xullo ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia. Ábrese así a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020, que recupera sete dos espectáculos adiados pola alerta sanitaria.   Daimon y la jodida lógica é a última creación de Matarile Teatro dirixida por Ana Vallés. Gran formato que sube […] - [Paula Carballeira participa no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid](https://erreguete.gal/2020/07/01/paula-carballeira-participa-no-torneo-de-dramaturxia-teatro-espanol-de-madrid/): O torneo desenvolverase a partir de hoxe e ata o 15 de xullo en roldas eliminatorias de combates entre cada dous textos do total de oito seleccionados. O Centro Dramático Galego colabora con esta iniciativa do espazo escénico madrileño e a produtora LaZona, no marco do seu impulso á autoría teatral contemporánea.   Paula Carballeira participará no IV Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid como unha das oito dramaturgas e dramaturgos procedentes de todo o Estado que difundirán os seus textos mediante esta fórmula, ideada para darlle visibilidade á autoría teatral contemporánea. A iniciativa, realizada pola produtora LaZona, desenvolverase no […] - [O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa presentou a súa temporada 2020-2021](https://erreguete.gal/2020/06/30/teatro-nacional-dona-maria-ii-de-lisboa-presentou-sua-temporada-2020-2021/): O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa vén de presantar os espectáculos e iniciativas da próxima temporada que se desenvolverá de setembro de 2020 a xullo de 2021. Ademais de novos espectáculos e festivais que acolle, o programa inclúe os espectáculos cancelados a causa da pandemia da covid-19. Máis de trinta propostas de creación portuguesa e internacional entre os que se atopan nomes como Tiago Rodrigues, Frank Castorf, Marlene Monteiro ou La Ribot reúnense no programa que se desenvolverá baixo as medidas de seguridade que requira este período pos-pandémico. O Dona Maria acollerá, ademais, o proxecto Nós/Nous, no que participan […] - [A AAAG alerta de que o regreso á actividade escénica lévase a cabo sen garantías sanitarias](https://erreguete.gal/2020/06/29/aaag-alerta-de-regreso-actividade-escenica-levase-cabo-sen-garantias-sanitarias/): Segundo a AAAG, a Xunta de Galicia, que recobrou as competencias en materia sanitaria, está a fomentar a recuperación da actividade escénica sen desenvolver previamente os protocolos hixiénico-sanitarios que se anunciaban no seu cuestionado ‘Plan de Reactivación dos sectores turístico e cultural’.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que aglutina a gran parte da interpretación e da dirección de escena, vén de facer público un comunicado no que alerta sobre as condicións nas que se está a dar o regreso á actividade laboral dos actores e actrices no ámbito das artes escénicas. Segundo a AAAG, […] - [Deputación e Concello da Coruña acordan a continuidade na xestión do Teatro Colón](https://erreguete.gal/2020/06/27/deputacion-concello-da-coruna-acordan-continuidade-na-xestion-teatro-colon/): A Deputación e o Concello da Coruña continuarán compartindo a xestión do Teatro Colón a través dun convenio de cooperación. Segundo os termos do convenio, o IMCE ocuparase da programación do espazo e a Deputación asumirá de maneira directa o mantemento das instalacións.   O Teatro Colón continuará co mesmo modelo de xestión inaugurado hai dous anos cando as dúas institucións asinaron os termos do acordo que deixaba en mans do IMCE a programación de espectáculos cunha reserva de días para a Deputación da Coruña, propietaria do inmóbel. O obxectivo do convenio era conseguir a incardinación do Teatro Colón na programación […] - [Compostela acolle o festival USCénica 2020](https://erreguete.gal/2020/06/26/compostela-acolle-festival-uscenica-2020/): Do 1 ao 18 de xullo Compostela acolle o festival USCénica 2020. Máis dunha ducia de espectáculos galegos danse cita nesta cita organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, a terraza do Auditorio da Universidade e o Salón Teatro. | Foto: Manuel G. Vicente |   “En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura. Por iso a USC, nesta chamada nova normalidade, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos […] - [Microspectivas dun marica millennial](https://erreguete.gal/2020/06/26/microspectivas-dun-marica-millennial/): Identidade e demanda | Manuel Xestoso | | Foto: Laura Iturralde |   As cousas, ás veces, suceden así: empézase por pronunciar a palabra marica e remátase berrando a palabra revolución. Se cadra, o adxectivo millennial ten a ver sobre todo coa convicción de que as loitas contra as formas de dominación sexuais e raciais son unha esixencia sen a cal non existe a posibilidade do cambio. De que a construción das subxectividades fai parte dun proceso emancipador máis amplo que ten efectos sociais e que chama por unha forma política que o acolla. Davide González, en escena, recrea ese proceso […] - [Tui presentou o anteproxecto de rehabilitación de César Portela para o Teatro Principal](https://erreguete.gal/2020/06/26/tui-presentou-anteproxecto-de-rehabilitacion-de-cesar-portela-teatro-principal/): Onte presentouse na aula CeMIT na Área Panorámica o anteproxecto de recuperación do Teatro Principal de Tui. O acto fíxose coincidir coa conmemoración da celebración dos Primeiros Xogos Florais de Galicia que tiveron lugar neste teatro o 24 de xuño de 1891, foi daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego.   A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e do arquitecto César Portela, autor do anteproxecto. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, comezou dando as grazas ao arquitecto César Portela por aceptar o encargo de realizar este anteproxecto que […] - [A MITEU Ourense xa ten programa para o seu 25º aniversario](https://erreguete.gal/2020/06/25/miteu-ourense-xa-programa-seu-25o-aniversario/): A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense celebra a súa 25ª edición do 2 ao 15 de xullo con 15 espectáculos chegados de toda a península, Guinea Ecuatorial, Italia ou Arxentina. A organización, que este ano non conta co apoio do Concello de Ourense, celébrase grazas á complicidade da Universidade de Vigo, o Teatro Principal, a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta e Sarabela Teatro.   A edición deste ano foi presentada este xoves no Teatro Principal de Ourense por representantes da compañía organizadora, Sarabela Teatro, e das entidades patrocinadoras, que son o campus de Ourense, a Deputación de […] - [A MIT Ribadavia presentou o programa da súa 36ª edición](https://erreguete.gal/2020/06/25/mit-ribadavia-presentou-programa-da-sua-36a-edicion/): A estrea de Teatro en Vilo, o apoio á danza, o multipremiado espectáculo catalán Rebota Rebota y en tu cara explota, a coprodución con Antón Reixa, a retrospectiva en torno ó dramatugo e director Pablo Remón e a creación contemporánea centran unha MIT con reforzo de espectáculos gratuítos de rúa e o 70% galegos.   O Conxunto Monumental de Santo Domingo, fronte ao Castelo dos Sarmiento, ao aire libre, foi o lugar elixido para a presentación do programa desta 36ª edición da MIT. O acto contou con representantes de todas as institucións implicadas co festival: Goberno de España, Xunta de Galicia, […] - [La Ribot e Claudia Castellucci premiadas na Bienal de Danza de Venecia](https://erreguete.gal/2020/06/25/la-ribot-claudia-castellucci-premiadas-na-bienal-de-danza-de-venecia/): A bailarina e coreógrafa madrileña María José Ribot, “La Ribot”, recibirá o León de Ouro de Danza da Bienal de Venecia, que se celebrará entre o 13 e o 25 de outubro. Claudia Castellucci recibirá o León de Prata.   La Ribot, segundo propia definición, unha artista “indisciplinada”comeza a traballar na construción dunha obra distinta na que empeza a desenvolver as Pezas distinguidas: solos de curta duración que iría acumulando en series/espectáculos desde 1993 e que xogan cos límites entre disciplinas artísticas. Algúns destes traballos chegaron mesmo a ser adquiridos por coleccionistas, expondo cuestións sobre o efémero, o inmaterial e o […] - [Presentación do anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui](https://erreguete.gal/2020/06/24/presentacion-anteproxecto-de-rehabilitacion-teatro-principal/): A presentación será retransmitida en streaming.   Este xoves, 25 de xuño, ás 11:30 h na Aula CEMIT, no primeiro andar da Área Panorámica de Tui, terá lugar a presentación do anteproxecto de recuperación do Teatro Principal de Tui. O acto coincide coa conmemoración da celebración dos Primeiros Xogos florais de Galicia que tiveron lugar no teatro tudense o 24 de xuño de 1891, foron daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego. A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e do arquitecto César Portela, autor do anteproxecto. Estarán presentes […] - [O CDG retoma a actividade pública coa estrea de ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’](https://erreguete.gal/2020/06/23/cdg-retoma-actividade-publica-coa-estrea-de-cronica-dunha-heterosexual-insatisfeita/): O espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas, creado e interpretado por María Ángeles Iglesias, poderá verse en Santiago o sábado 4 de xullo, ás 20:30, e o domingo 5, ás 19:00.   O Centro Dramático Galego (CDG) reabrirá as portas da súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, coa estrea o sábado 4 e o domingo 5 de xullo de Crónica dunha heterosexual insatisfeita, espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas inserido no programa de coproducións da compañía da Xunta de Galicia. O Salón Teatro retoma así a súa actividade pública, que incorpora os protocolos hixiénico-sanitarios necesarios para garantir a seguridade dos […] - [Cándido Pazó e Quico Cadaval estrean o formato dos Autocontos en Ribeira](https://erreguete.gal/2020/06/23/candido-pazo-quico-cadaval-estrean-formato-dos-autocontos-ribeira/): [ACTUALIZACIÓN, 25-06-2020: Por mor da previsión meteorolóxica as funcións adíanse aos día 3 (Quico Cadaval) e 4 (Cándido Pazó) de xullo] Os ‘Autocontos’ usarán as técnicas dos autocines para o espectáculo de monólogos de Cadaval e Pazó, mantendo en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente.   Este venres 26 de xuño, Producións Teatrais Excéntricas retorna ao teatro aínda que para iniciar esta “nova normalidade” vai facelo dunha maneira totalmente orixinal. Quico Cadaval e Cándido Pazó actuarán en Ribeira os próximos días 26 e 27 nun novidoso formato que manterá en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente: […] - [Marta Pazos recibe o Premio de Honra da MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2020/06/23/marta-pazos-recibe-premio-de-honra-da-mit-ribadavia/): A dirección da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia salienta “o gran talento, traballo e entusiasmo” de Pazos, á que define como “unha das creadoras escénicas máis puxantes do panorama teatral contemporáneo”. | Foto: Miramemira |   A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de anunciar na mañá desde martes, 23 de xuño, que a directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos , será recoñecida nesta edición da MIT co Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao mérito nas artes escénicas. A MIT de Ribadavia, que se celebrará do 17 ao 27 de xullo, renderá homenaxe a […] - [Redrum retoma en Rianxo os ensaios de ‘O mozo da última fila’](https://erreguete.gal/2020/06/23/redrum-retoma-rianxo-os-ensaios-de-mozo-da-ultima-fila/): A compañía teatral, tras a suspensión da súa estrea en abril polo o estado de alarma, presentará finalmente en Santiago o 7 e 8 de xullo o seu novo espectáculo, primeira adaptación ao galego dun texto do dramaturgo Juan Mayorga.   Redrum Teatro vén de retomar, tras os meses de suspensión da actividade escénica debida ao estado de alarma pola crise da covid-19, os ensaios do que será o seu novo espectáculo: O mozo da última da fila. Dirixida por Alex Sampayo, a montaxe converterase na primeira adaptación ao galego do dramaturgo Juan Mayorga que, a través desta mordaz obra que […] - [No desconfinamento de… Ernesto Is](https://erreguete.gal/2020/06/21/no-desconfinamento-de-ernesto-is/): Ernesto Is (Xixón, 1988), un dos novos dramaturgos con máis presenza no sistema teatral galego, é colaborador habitual da erregueté | Revista galega de Teatro. Logrou o Premio Abrente coa obra Fendas en 2016 e o o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro con Despois das ondas, posta en escena por ButacaZero con dirección de Xavier Castiñeira. Fundador, xunto con César No, da compañía Feira do Leste, estreou con ela dous espectáculos: O exilio das moscas e Tras Tannhäuser. Ademais, é un dos promotores do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, organizado pola compañía. Na actualidade, traballa no proxecto Canciones amarillas para flores tristes, […] - [Xa se coñece o programa do Festival de Almada](https://erreguete.gal/2020/06/20/xa-conece-programa-festival-de-almada/): O 37.º Festival de Almada celebrarase do 3 ao 26 de xullo cunha edición “case exclusivamente portuguesa”, que presenta dezasete espectáculos e que estrea tres pezas portuguesas, comezando por Bruscamente no Verão Passado, de Tennessee Williams, dirixida por Carlos Avilez.   Rodrigo Francisco, o director artístico da Companhia de Teatro de Almada, declarou que o Festival será o escenario dalgunhas estreas que non puideron ter lugar por mor da pandemia e do confinamento dos últimos meses. A primeira estrea será no primeiro día do Festival, o 3 de xullo, no Teatro Municipal Joaquim Benite, con Bruscamente no Verão Passado, unha peza […] - [No confín de… Atenea García](https://erreguete.gal/2020/06/20/no-confin-de-atenea-garcia/): Actriz e narradora oral. Creadora da compañía Xarope Tulú xunto a Nicolás Zamorano. Formou parte do elenco de Neorretranca e Posmorriña, a última montaxe do Centro Dramático Galego con dirección de Gena Bahamonde, baseada nos textos de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte. Na actualidade traballa como actriz en Mai Mai, unha montaxe da compañía Baobab Teatro. | Foto: Paula Iglesias |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Pois son a mítica persoa que comeza varios libros a un tempo. Agora mesmo na mesa de noite teño: Los cantos de cada cual de María Eloy; a carón […] - [No confín de… Roberto Pascual](https://erreguete.gal/2020/06/19/no-confin-de-roberto-pascual/): Director Artístico da MIT de Ribadavia, colaborador de escénicas na Radio Galega, profesor na ESAD de Galicia e doutras variadas iniciativas no ámbito escénico. Nos últimos anos ten colaborado en diversos ámbitos de xestión escénica, dende o Consello artístico do INAEM ata o Cabildo de Tenerife ou a dirección da colección de teatro Abrente da editorial Difusora, entre outras actividades. Algunha delas valéronlle recoñecementos coma o Premio Arenteira de Cultura.   O libro que tes sobre a mesa de noite. Na cama non leo, pero estes días estiven ao sol co moi peculiar Seique de Susana Sánchez Arins (editado por Através […] - [Nuria Sotelo e Macarena Montesinos presentan unha peza en Vigo para celebrar o Día da Musica](https://erreguete.gal/2020/06/19/nuria-sotelo-macarena-montesinos-presentan-unha-peza-vigo-celebrar-dia-da-musica/): Quen canta o seu mal espanta é a proposta cultural deseñada especialmente para este día por Nuria Sotelo e Macarena Montesinos. Representarase hoxe na Porta do Sol de Vigo. | Foto: Rubén Vilanova |   A Porta do Sol será este venres o escenario escollido pola Deputación de Pontevedra para o seu acto central en Vigo ao abeiro do Día Mundial da Música, que se celebra cada 21 de xuño e que a institución adianta ao coincidir en domingo. Desde as 20:00, a coreógrafa e intérprete, Nuria Sotelo, e a violonchelista e artista visual, Macarena Montesinos, realizarán en pleno centro da […] - [Voadora impartirá un obradoiro de creación escénica a partir de 'Othello' na MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2020/06/18/voadora-impartira-obradoiro-de-creacion-escenica-partir-de-otello-na-mit-ribadavia/): O obradoiro, baixo o título “Celos. Nivel usuario avanzado” investigará as relacións amorosas e a posverdade a partir da traxedia shakesperiana.   Que relación teñen a violencia de xénero e a posverdade no século XXI? Como se constrúen as mentiras? Conseguirá Iago un ascenso na axencia de fake-news para a que traballa? Teñen Otelo e Desdémona revisado os límites co seu matrimonio co terapeuta de parella? Bianca e Casio viven nunha relación poliamorosa? Reflexionan Rodrigo e Barbantio sobre a construción das novas identidades no círculo de homes? Quedou sen pilas o altofalante de Emilia na manifestación do 8-M? A partir destas […] - [Profesionais da danza reclaman que se manteña o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2020/06/18/profesionais-da-danza-reclaman-mantena-programa-de-coproducions-centro-coreografico-galego/): Mostran a súa preocupación pola situación de incerteza na que continúa o Centro Coreográfico Galego e reclaman unha resposta da administración ante o esmorecemento dos programas de dinamización e promoción da danza e das artes do movemento..   A Plataforma de Afectados polo Centro Coreográfico Galego (PACCG), un colectivo que agrupa case 300 profesionais, da danza, vén de facer público un comunicado no que lles solicita á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e á Consellería de Cultura que en 2020 manteña e reforce orzamentariamente o Programa de coproducións de espectáculos de danza do CCG. Segundo o colectivo, este programa “constituíu […] - [No confín de… Machi Salgado](https://erreguete.gal/2020/06/18/no-confin-de-machi-salgado/): Machi Salgado é un dos intérpretes galegos máis recoñecidos do teatro e do audiovisual do noso país. Fariña, Serramoura, A Estiba, Néboa ou, recentemente, o filme María Solinha son algunhas das súas aparicións diante da cámara. Sobre a escena, a última montaxe na que participou é Idiota de Redrum Teatro, papel polo que podería gañar o seu segundo Premio María Casares ao mellor actor protagonista na edición desde ano. | Foto: Moncho Fuentes |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Moitos, pero o que máis collo é o smartphone. Os dous últimos que lin foron Un lume azul […] - [A crise causada pola pandemia de Covid-19 afecta máis á cultura que a outros ámbitos económicos](https://erreguete.gal/2020/06/17/crise-causada-pola-pandemia-de-covid-19-afecta-mais-cultura-outros-ambitos-economico/): O Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), acaba de facer pública a “Conxuntura estatística do ámbito cultural”, actualizada a día de hoxe e na que cuantifica o impacto da crise da Covid-19 no ámbito cultural. 667 empresas do sector cultural solicitaron un ERTE; perdéronse 1.002 cotizantes, o que supón unha caída do 6,3%, é dicir, 2,1 puntos por riba do total do emprego galego. Baixaron as exportacións e este descenso afectoulles máis aos produtos culturais que a outros sectores. No estudo tamén se recolle que son menos os fogares galegos que prevén poder saír cear, […] - [No confín de… Elea López](https://erreguete.gal/2020/06/17/no-confin-de-elea-lopez/): Actriz, docente de teatro e, ás veces, directora. Fórmase en Espazo Aberto con Carlos Neira. No 2017 abre a súa escola, Ítaca Artes Escénicas, en Lugo, onde se imparten clases de teatro para todas as idades e niveis, así como danza e cursos intensivos con distintos profesionais. Desenvolve con Rocío Andón a experiencia de teatro social Maisqueteatro. Como actriz, forma xunto con Carlos Rebolo a compañía Ítaca Teatro, que se estreou coa peza Cinco minutos sen respirar de Gustavo Ott. | Foto: Juan Rivas |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Hai moitos… Pero hai un que […] - [A MITEU celebrarase en xullo sen o apoio do concello ourensán](https://erreguete.gal/2020/06/16/miteu-celebrarase-xullo-sen-apoio-concello-ourensan/): A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) celebrará a súa 25ª edición en xullo malia a falta de apoio do consistorio ourensán.   A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) celebrarase en Ourense do 3 ao 15 de xullo. Dende a organización afirman que será unha MITEU máis reducida, pero que “terá a esencia dese evento que leva na cidade 25 anos e polo que pasaron centos de grupos de preto de 50 países, miles de participantes e centos de miles de espectadores”. A MITEU contará co apoio do Campus Universitario da Universidade de Vigo, da Xunta de Galicia e […] - [No confín de… Juancho Gianzo](https://erreguete.gal/2020/06/16/no-confin-de-juancho-gianzo/): Juancho Gianzo é o produtor e distribuidor de Matarile Teatro. Forma parte da compañía desde 2017, cando coñeceu a Ana Vallés e Baltasar Patiño mentres traballaba no festival Escenas do Cambio. Actualmente traballa na preprodución de El diablo en la playa, a próxima montaxe do grupo, interpretada por Celeste e Claudia Faci. | Foto:  Iván Nespereira |   O libro que tes sobre a mesa de noite. Actualmente estou lendo Dos damas muy serias de Jane Bowles, unha das recomendacións periódicas que fai John Waters e que sempre teño en conta porque o considero un dos meus referentes máis indiscutibles. E desde […] - [Convocatoria de textos en galego para o ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE](https://erreguete.gal/2020/06/16/convocatoria-de-textos-galego-ciclo-de-lecturas-dramatizadas-da-sgae-3/): Co obxectivo de apoiar aos autores dramáticos e estimular a creación de novos textos dramáticos en lingua galega, para socios de Galicia, a Fundación SGAE da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) convoca a selección de textos teatrais en galego para lecturas dramatizadas do Consello Territorial da SGAE en Galicia 2020.   A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial de Galicia, pon en marcha unha nova edición do ciclo de lecturas dramatizadas TEXTOS TEATRAIS EN GALEGO ao longo da Comunidade galega. Esta actividade ten como obxectivo impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos de autores socios da SGAE. Por este […] - [Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais](https://erreguete.gal/2020/11/20/incendiaria-quinta-cuadrante-acadan-ii-certame-manuel-maria-de-proxectos-teatrais/): A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción.   O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e deputacións, xa ten proxecto gañador. Nesta segunda edición, o xurado estimou por unanimidade que a mellor proposta foi a presentada por dúas compañías que se uniron para levala a cabo: A Quinta do Cuadrante (composta por Melania Cruz e Tito Asorey) e Incendiaria (composta por Vanesa Sotelo […] - [V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG](https://erreguete.gal/2020/11/19/v-xornada-da-seccion-de-literatura-dramatica-da-aelg/): Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’.   A xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG desenvolverase na súa quinta edición de xeito online. A pandemia da COVID-19 non frea esta cita anual coa dramaturxia nin desvía á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega da súa vontade á hora de […] - [Carme Varela gaña o Premio Álvaro Cunqueiro e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns, os Barriga Verde para monicreques](https://erreguete.gal/2020/11/18/carme-varela-gana-premio-alvaro-cunqueiro-esther-f-carrodeguas-carlos-losada-galinans-os-barriga-verde-monicreques/): ‘As desterradas’, ‘República Sideral’ e ‘Pois eu!’ son as obras premiadas; mentres que o XI Premio Manuel María de literatura dramática infantil declarouse deserto.   Carme Varela obtivo coa peza As desterradas o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na súa vixésimo quinta edición. O xurado dos premios literarios, convocados bienalmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), outorgou tamén o XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para adultos e para rapaces a Esther F. Carrodeguas por República Sideral e a Carlos Losada-Galiñáns por Pois eu!, respectivamente. O XI Manuel María de literatura dramática infantil foi declarado deserto […] - [In Anima Vil](https://erreguete.gal/2020/11/18/in-anima-vil/): A bile como motor | Iván Fernández | | Foto: Lola Jiménez |   In anima vil é unha presentación da artista Lola Jiménez no marco do festival de danza contemporánea Catropezas que a sala Ensalle de Vigo continúa a programar, malia o difícil dos tempos, ao longo do mes de novembro tal e como leva facendo desde hai quince edicións.   A peza en si mesma é unha extensión do anterior traballo da Jiménez, Soy una mosca que mira a través del agujero de una llave un lugar en llamas, que xa puidemos gozar na mesma sala en 2017. Nela hai […] - [Bailar agora](https://erreguete.gal/2020/11/16/bailar-agora/): Danzando coa luz | Iván Fernández | | Foto: Mila Ercoli |   Benvidxs a unha viaxe no tempo. Unha viaxe que faremos bailando. Poñédevos por favor as vosas zapatillas, as máis cómodas, as de deporte ou as de ballet. Estades preparadxs? Acendamos a luz. Bailemos agora. Comecemos a danza seguindo os pasos de Marta Alonso Tejada, que nos conduce por esta viaxe dancística e emocional coa man dunha experta condutora (ou o pé?). Non pode ser menos, xa que a viaxe que comezamos decorre polos recantos da vida da propia bailarina/actriz, e ninguén mellor que ela para guiarnos. Esta viaxe […] - [De Ste Xeito estrea 'Feminíssimas'](https://erreguete.gal/2020/11/13/de-ste-xeito-estrea-feminissimas/): Arranca a súa xira hoxe no Auditorio Municipal de Vigo.   Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Esta é a base de Feminíssimas, unha peza da compañía De Ste Xeito Producións que se estrea hoxe no Auditorio Municipal de Vigo, ás 20.30 horas, con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza dende a comedia “de que maneira as mulleres estamos a […] - [A erregueté chega ao seu número 100](https://erreguete.gal/2020/11/12/erreguete-chega-ao-seu-numero-100/): A pesar das dificultades destes tempos incertos, a erregueté | Revista Galega de Teatro non detivo a súa actividade, querendo manter o seu compromiso á hora non só de documentar o feito escénico senón tamén de ofrecer un espazo para o achegamento ás (e entre) creadoras e creadores e o seu traballo, e para a reflexión arredor de onde vimos, onde estamos e a onde podemos e queremos ir, tanto na escena galega como tamén neste medio de (encontro e) comunicación arredor dela. - [Hamlet](https://erreguete.gal/2020/11/12/hamlet-2/): Hamlet eran todxs | Iván Fernández | | Foto: Companhia do Chapitô |   Cando vou ver un clásico deste calibre, sempre me pregunto: “E agora, que? Como vai ser? Que máis se pode ofrecer?”. Penso que é algo que (me) acontece con todos os clásicos, mais, se cadra, máis co Hamlet, peza emblemática e totémica do teatro universal. Ante un texto así, que outra versión, que novo punto de vista se pode ofrecer? Pero un clásico é un clásico, é un clásico. É dicir, un clásico convértese en “clásico” por algo. Porque sempre, a cada un/hx de nós, tennos algo […] - [O dramaturgo galego Francisco Javier Suárez Lema recibe o Premio LAM de Teatro 2020](https://erreguete.gal/2020/11/11/dramaturgo-galego-francisco-javier-suarez-lema-recibe-premio-lam-de-teatro-2020/): Gañou este certame, convocado pola Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible para textos teatrais de temática LGTBIQ+, coa peza Afuera están los perros.   Francisco Javier Suárez Lema (Corcubión, 1979) vén de gañar o XIV Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez (Premio LAM 2020) que convocan  anualmente a Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible co obxectivo  de apoiar e estimular a creación de novos textos teatrais que outorguen visibilidade ao colectivo LGTBIQ+. O autor acadou o galardón con Afuera están los perros, un texto sobre dúas mulleres que se aman dende a sombra, mais que sempre envexaron como outros habitaban o […] - [XXIV Premios de Teatro 'María Casares': as gañadoras e gañadores](https://erreguete.gal/2020/11/09/xxiv-premios-de-teatro-maria-casares-as-ganadoras-ganadores/): Os XXIV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores. Nesta edición, en que a tradicional gala foi suspendida por mor da pandemia e substituída por unha entrega virtual que se fixo pública a través da canle de YouTube do certame, foron dez espectáculos os que recibiron algún premio, dos 16 que aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Fundación AISGE. Bernarda, de Malasombra Producións, acaparou o maior número […] - [Os XXIV Premios de Teatro 'María Casares' dan a coñecer hoxe as súas gañadoras e gañadores](https://erreguete.gal/2020/11/09/os-xxiv-premios-de-teatro-maria-casares-dan-conecer-hoxe-as-suas-ganadoras-ganadores/): Pódese seguir a entrega na canle de YouTube dos premios a partir das 20.00 horas.   Os XXIV Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, desvelarán hoxe, 9 de novembro, as súas gañadoras e gañadores. A entrega emitirase a través da canle en YouTube do certame, entre as 20.00 e as 21.00 horas. Deste xeito, a tradicional gala, que estaba prevista para o pasado 26 de marzo (baixo a dirección de Cristina Moreira, cun elenco formado por Déborah Vukušić, Rocío Romero, Arantxa Treus e Antía Costas, coa dirección de arte de Laura Iturralde e […] - ['Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento' gaña o Premio do Público do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado](https://erreguete.gal/2020/11/03/lara-hierro-monologo-corpo-movemento-gana-premio-publico-certame-de-micro-escenas-metro-cadrado/): Os asistentes recoñeceron tamén a actriz Iria Pinheiro como Mellor Intérprete desta edición do M2 polo seu papel no espectáculo Croquetas.   O público asistente á cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento como Mellor Espectáculo deste ano. A proposta, da compañía Constance Hurlé, tivo a súa estrea absoluta o pasado 17 de outubro na Ludoteca Municipal de Carballo, durante a celebración do FIOT en pausa. Constance Hurlé e Clara Ferrao Diz presentaron unha performance […] - [Marta Núñez: "Unha administración non pode buscar rendibilidade na programación cultural porque é un deber e un dereito para todos e todas"](https://erreguete.gal/2020/11/02/marta-nunez-unha-administracion-non-pode-buscar-rendibilidade-na-programacion-cultural-deber-dereito-todos-todas/): Nos últimos meses, a programación teatral converteuse nun traballo de infarto e como responsable da programación de artes escénicas Vigocultura desde 2008, Marta Núñez vive en primeira persoa as súas esixencias. Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña e funcionaria do Concello de Vigo desde hai vinte anos, Núñez leva traballando na Área de Cultura do Concello de Vigo desde o 2002, onde xestionou programas municipais como o Festival Internacional de Jazz Imaxinasons, o Festival de Música Are More ou o programa de teatro por barrios Vigo a Escena. Mediadora incombustible entre público e creación, a erregueté falou con ela para […] - [Carlos Alonso: "Quen se dedica a poñer en pé espectáculos sobre o que nos rodea ten que desenvolver un sentido absoluto da observación”](https://erreguete.gal/2020/11/01/carlos-alonso-quen-dedica-poner-pe-espectaculos-nos-rodea-desenvolver-sentido-absoluto-da-observacion/): Escenógrafo e vestiarista de ampla traxectoria, Carlos Alonso é ante todo un creador de ambientes para a escena e para a vida. O creador vigués recibiu neste 2020 o Xograr de Outono no marco do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Aproveitamos a ocasión para coñecer un pouco máis sobre a súa forma de entender o oficio. - [Positivas publica 'Só un home bo', de Raúl Dans](https://erreguete.gal/2020/10/31/positivas-publica-so-home-bo-de-raul-dans/): Edicións Positivas vén de publicar a obra Só un home bo, de Raul Dans, coa que o autor da Coruña gañou recentemente o II Premio Laudamuco de Textos Teatrais que convocan o Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas.   O xurado do Laudamuco destacou sobre esta obra que “ademais da súa alta calidade teatral, a vontade explícita que propón para a súa representabilidade, cuestión que vén definida tanto polo razoable número de personaxes, catro intérpretes, como a economía de medios con que pode ser resolto o espazo escénico”. Igualmente, en Só un home bo o xurado recoñecía “unha voz dramática […] - [Comeza en Lugo 'Cartografía en movemento'](https://erreguete.gal/2020/10/30/comeza-lugo-cartografia-movemento/): O festival organizado pola asociación cultural 3monos comeza hoxe coa presentación do libro El público está aquí de Sabela Mendoza.   Hoxe comeza unha nova edición do festival Cartografía en Movemento 2020. “Nunca deixes de bailar” é o lema para a súa novena edición, un lema para lembrar tamén neste momento incerto que vivimos. Semella que as circunstancias desafían a concepción mesma dun festival que tivo sempre por fin o de desautomatizar a nosa relación cos espazos da cidade a través das artes. O programa é o seguinte: VENRES 30 de OUTUBRO 19.00_Presentación do libro El público está aquí de Sabela Mendoza. […] - [Comeza a XVI Mostra de Teatro de Malpica](https://erreguete.gal/2020/10/30/comeza-xvi-mostra-de-teatro-de-malpica/): A ‘XVI Mostra de Teatro’ de Malpica dará comezo hoxe, venres, 30 de outubro, e estenderase ata o 11 de decembro.   A programación estará marcada polo protocolo hixiénico-sanitario, e desde o goberno local engaden que “as sesións estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse”. As restricións de capacidade dos espazos fai necesaria a reserva previa das localidades a través do teléfono do departamento de Cultura do Concello. Bernarda, de Malasombra Producións, cun texto orixinal de Jose Prieto baseado en La casa de Bernarda Alba de Lorca, será o espectáculo encargado de abrir a XVIª Mostra de Teatro de Malpica, […] - [Cinema Sticado: "A memoria é unha munición para combater a manipulación"](https://erreguete.gal/2020/10/30/cinema-sticado-memoria-unha-municion-combater-manipulacion/): Helena Varela e Xosel Díez forman o núcleo do colectivo artístico Cinema Sticado. A pasada fin de semana o Salón Teatro acolleu a súa retrospectiva de cine ao vivo STRPTS/ Episodio 1: Mirlo e Rula, Fin de Tempada e Pyka, a súa última creación. Debullan con nós algunhas das claves do seu traballo que nos últimos anos percorreu os escenarios de Galicia e o resto do estado, así como festivais de Portugal, Suíza ou Polonia. O próximo mes de novembro, Cinema Sticado desembarcará no Festival TítereMurcia con STRPTS/episodio 1: Mirlo e Rula e regresará a Vigo en xaneiro con Fin de […] - [O Festival Atlántica volve este outono para completar a súa oitava edición](https://erreguete.gal/2020/10/30/festival-atlantica-volve-este-outono-completar-sua-oitava-edicion/): Nove concellos serán sede das actividades: Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns.   Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival […] - [Marta Pazos: «Utilizo o teatro para entender o lugar que ocupo no mundo»](https://erreguete.gal/2020/10/29/marta-pazos-utilizo-teatro-entender-lugar-ocupo-no-mundo/): Co gallo da estrea de Siglo mío bestia mía, de Lola Blasco, que Voadora presentará a partir do vindeiro 11 de novembro no Centro Dramático Nacional de Madrid, recuperamos do noso número 99 a entrevista que lle fixemos a Marta Pazos con motivo da estrea de A amnesia de Clío, na que desvela moitas das claves do traballo da compañía e reflexiona sobre toda a súa traxectoria artística.   Marta Pazos vén de dirixir A amnesia de Clío, a primeira ópera en galego de gran formato dende O mariscal. Con libreto de Fernando Epelde e música de Fernando Buíde, a ópera foi […] - [O V Festival Titiriberia celebrarase en Rianxo no mes de decembro](https://erreguete.gal/2020/10/28/v-festival-titiriberia-celebrarase-rianxo-no-mes-de-decembro/): O V Festival Titiriberia traslada a súa celebración a Rianxo tras a negativa do Concello de Teo para conservar esta iniciativa cultural que recupera a histórica tradición das barracas e os monicreques na Feira de Francos. A Asociación Morreu o Demo prepara unha programación que se desenvolverá entre o 22 e o 30 de decembro e que poderá ser seguida integramente a través da súa emisión na rede.   A entidade organizadora, a Asociación Morreu o Demo, anuncia así que está a preparar a quinta edición do Titiriberia para continuar co seu obxectivo de recuperar e dignificar o boneco tradicional, así […] - [Vigocultura modifica os horarios das dúas próximas fins de semana](https://erreguete.gal/2020/10/27/vigocultura-modifica-os-horarios-das-duas-proximas-fins-de-semana/): O Concello de Vigo informa do cambio do horario dos espectáculos do programa Vigocultura previstos entre o 30 de outubro e o 7 de novembro co obxecto de respectar a restrición da mobilidade de persoas en horario nocturno. Desde Vigocultura informan que se adiantan media hora as funcións dos venres e os sábados, de xeito que o espectáculos comezarán ás 20.30 horas en lugar de ás 21.00 horas.   Así, o venres 30 e o sábado 31 o espectáculo A conquista da escola de Madhubai de Teatro do Atlántico comezará ás 20.30 horas. O premio, de La Quintana Teatro programado para […] - [O Teatro do Noroeste-CDV acolle un seminario sobre tendencias do teatro contemporáneo](https://erreguete.gal/2020/10/27/teatro-noroeste-cdv-acolle-seminario-tendencias-teatro-contemporaneo/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana recibe á investigadora Alexandra Moreira da Silva no seminario Tendencias do Teatro Contemporáneo o sábado 31 de outubro no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo. |Foto: Teatro do Noroeste – CDV | A actividade comezará ás 15.00 horas (portuguesas) no Café Concerto do Teatro vianense nunha tarde dedicada ao teatro co obxecto de estimular a curiosidade e o coñecemento teatral para públicos diversos. Doutorada en Teatro polo Universidade Sorbone Nouvelle – Paris III, Alexandra Moreira da Silva é investigadora e profesora do Instituto de Estudos de Teatro da universidade parisina, […] - [Tamara Andrés, tradutora de 'Os Satélite': "Abordei a tradución coa orella posta na mocidade, coa ollada sobre a lingua no futuro"](https://erreguete.gal/2020/10/23/tamara-andres-tradutora-de-os-satelite-abordei-traducion-coa-orella-posta-na-mocidade-coa-ollada-lingua-no-futuro/): Poeta en acción, Tamara Andrés (Combarro, 1992) é a tradutora de Os Satélite, de Ricard Gázquez: obra gañadora do XLIV Premi Born de Teatre. Graduada en tradución e interpretación e co desenvolvemento dunha tese centrada na poesía galega de autoría feminista, Andrés combina o seu traballo como tradutora e revisora co da formación e a acción poética. Gañadora do Premio de Poesía O Facho con Nenæspiraes, finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández en 2018 con Corpo de Antiochia e finalista do I Premio María Victoria Moreno con Irmá Paxaro, Andrés súmase xunto con Afonso Becerra, Xosé Manuel Pazos […] - [Ricard Gázquez: "Necesitamos atopar un universo simbólico propio para estar nun mundo tan agresivo como actual"](https://erreguete.gal/2020/10/23/ricard-gazquez-necesitamos-atopar-universo-simbolico-propio-estar-nun-mundo-tan-agresivo-actual/): Ricard Gázquez acadou en 2019 o XLIV Premi Born de Teatre con Os Satélite. Finalista do Premi Born en 2016 con S’Horabaixa, entre os títulos da súa autoría figuran obras como Glásnost (2018), Cocina Límite (2016-2017), La Montaña Virtual (2014), La Lengua Atolodranda (2013), Follie en famille (2007) ou Niederungen (Premio Butaca ao Mellor espectáculo de pequeno formato en 2002). Licenciado en Filoloxía Hispánica e Doutorado en Artes Escénicas, Gázquez combina o traballo como director artístico da Aula de Teatro da UAB coa actividade docente no Institut del Teatre, na Escola ERAM da Universidade de Girona e na Esad Eòlia. Ademais, […] - [A Escola da Noite estrea 'A mulher como campo de batalha'](https://erreguete.gal/2020/10/22/escola-da-noite-estrea-mulher-campo-de-batalha/): A Escola da Noite estrea o 29 de outubro a súa 70 creación. Trátase do espectáculo A mulher como campo de batalha, de Matéi Visniec con dirección de Sofia Lobo e que estará en cartel até o 6 de decembro en Coimbra. | Foto: Eduardo Pinto | Co título Do sexo da mulher como campo de batalha na guerra da Bósnia, a peza foi escrita en 1996 e constitúe un retrato da guerra e do modo no que as mulleres son vítimas directas e indirectas da barbarie. Dorra, vítima de violación durante a guerra de Bosnia, coñece a Kate, psicoanalista norteamericana, […] - [O Cercle Artístic de Menorca entrega esta fin de semana o XLV Premi Born](https://erreguete.gal/2020/10/22/cercle-artistic-de-menorca-entrega-esta-fin-de-semana-xlv-premi-born/): Esta fin de semana Citadella de Menorca acolle o acto de entrega do XLV Premi Born de Teatre convocado polo Cercle Artístic. O evento enmárcase dentro dun programa de actividades no que se inclúe a presentación da tradución ao galego realizada por Tamara Andrés da obra gañadora do certame en 2019: Os Satélite, de Ricard Gázquez. A erregueté vén editando dende 2006 a versión en galego da obra gañadora do Premi Born, o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas do Estado español. O sábado 10 de outubro tivo lugar por videoconferencia a segunda reunión do xurado do […] - ['Fariña' volve a Galicia despois da súa estadía en Madrid](https://erreguete.gal/2020/10/21/farina-volve-galicia-da-sua-estadia-madrid/): O espectáculo volve a Galicia logo de esgotar as localidades cada día en Madrid durante un mes. Será xusto na semana na que se cumprirá un ano da estrea no teatro coruñés. As entradas sairán á venda nos próximos días.   A adaptación teatral de Fariña volve ao lugar no que todo comezou. O Teatro Colón da Coruña acollerá durante seis días -do 17 ao 22 de novembro- representacións do espectáculo dirixido por Tito Asorey, baseado na obra de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia. Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta subirán de novo […] - [Voadora estreará 'Siglo mío, bestia mía', dirixida por Marta Pazos, no Centro Dramático Nacional](https://erreguete.gal/2020/10/20/voadora-estreara-siglo-mio-bestia-mia-dirixida-marta-pazos-no-centro-dramatico-nacional/): Siglo mío, bestia mía é a primeira das estreas que a compañía galega ofrecerá na tempada 2020/2021, na que leva á escena o seu terceiro Shakespeare, Othello, e na que renova completamente a súa identidade visual. | Foto: Vane Rábade |   Voadora comeza a tempada escénica 2020/2021 cunha estrea de primeiro nivel. A compañía galega, baixo a dirección de Marta Pazos, levará ás táboas no mes de novembro un novo espectáculo para o Centro Dramático Nacional: Siglo mío, bestia mía. A proposta, baseada no texto homónimo de Lola Blasco gañador do Premio Nacional de Literatura Dramática 2016, chegará por fin […] - [O Teatro do Noroeste – CDV continúa a súa xira internacional](https://erreguete.gal/2020/10/20/teatro-noroeste-cdv-continua-sua-xira-internacional/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana continúa coa súa xira portuguesa e internacional ata decembro. O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá e Bojador son os espectáculos da compañía vianense que forman parte do programa de festivais internacionais de España e Corea do Sur.   O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, con texto de Jorge Amado e dirección de Tiago Fernandes visitará Badajoz o 23 de outubro no Teatro López de Ayala. Despois de ser presentado en Castro Daire e na Covilhã, o Gato Malhado e a Andorinha Sinhá estréase así internacionalmente no 43º Festival Internacional de […] - [Programemos a tope!](https://erreguete.gal/2020/10/19/programemos-tope-esther-f-carrodeguas/): Son tempos complexos, acaso interesantes como di o outro (outra, outre, outrx). Son tempos para andar á espreita de case todo. Cando non miras a prensa por un día, xa pecharon unha cidade, cancelaron unha programación completa e subíronlle o IVE ao Kas de Laranxa. O outro día por teléfono faláronme dunha novidade do DOG “de onte” e vinme a min mesma preguntado: “no de onte ou no de antonte?”, cousa que nunca pensei ter chegado a preguntar na miña vida. O caso é que raíz deste DOG de cando sexa (xa sabedes de cal falo) levo uns días repetíndome a […] - [Aberta a convocatoria Eurodram 2020/2021 para obras traducidas ao galego](https://erreguete.gal/2020/10/19/aberta-convocatoria-eurodram-2020-2021-obras-traducidas-galego/): A convocatoria da rede Eurodram 2020-2021 para textos teatrais traducidos está aberta ata o 31 de decembro de 2020. Nesta ocasión, o comité castelán-galego seleccionará obras traducidas desde un dos idiomas da rede ao castelán ou ao galego.   Unicamente o autor ou autora orixinal da obra ou a persoa responsable da súa tradución poden enviar obras a esta convocatoria que non require a selección como pauta de selección. Aínda que a convocatoria só admite unha obra por autor/a, cada tradutor/a pode mandar varias traducións, sempre que non sexan dunha obra da mesma autoría. As persoas interesadas en participar deberán mandar […] - [A Editorial DALYA convoca o V Premio Internacional para Obras de Teatro Joven](https://erreguete.gal/2020/10/19/editorial-dalya-convoca-v-premio-internacional-obras-de-teatro-joven/): A Editorial DALYA convoca o V Premio Internacional para obras de Teatro Joven, que pretende estimular a creación de pezas teatrais orientadas á mocidade. O concurso, que ten aberto o seu prazo ata o 31 de decembro de 2020, permite a participación de autores e autoras de todo o mundo, independentemente da súa nacionalidade, idade ou idioma.   O V Premio Internacional para obras de Teatro Joven establece dúas modalidades: Categoría A, para obras de teatro cunha duración maior a unha hora; e Categoría B, para obras de teatro cunha duración de máis de media hora. O premio conta cunha dotación […] - [O Teatro do Noroeste-CDV presenta o IV Festival de Teatro de Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2020/10/16/teatro-noroeste-cdv-presenta-iv-festival-de-teatro-de-viana-castelo/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana vén de presentar a cuarta edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo que se desenvolverá do 10 ao 18 de novembro en diferentes espazos emblemáticos.Para esta ocasión, a compañía vianense programa 16 representacións en 4 espazos e 8 horarios diferentes, para poder respectar as esixencias sanitarias. En conxunto, serán 58 actividades repartidas por diferentes puntos da cidade portuguesa. | Foto: Sara Lourenço |   A inauguración correrá da man da compañía coa estrea de Falar Verdade a Mentir, de Almeida Garret baixo a dirección de António Capelo, o martes 10 […] - ['A xente 2.0', 'Liberto' e 'Prostitución' pechan esta fin de semana o FIOT en pausa](https://erreguete.gal/2020/10/16/xente-2-0-liberto-prostitucion-pechan-esta-fin-de-semana-fiot-pausa/): O Fiot en pausa pecha esta fin de semana a súa programación. O programa promovido pola Asociación Cultural Telón e Aparte en colaboración co Concello de Carballo acolle desde este venres 16 ao domingo 18 de outubro unha intensa oferta para a fin de semana que inclúe espectáculos destacados do panorama escénico galego e estatal como Liberto e Prostitución e a estrea de A xente 2.0, primeira montaxe de Amorodos Producións.   A fin de semana comezará coa estrea absoluta de A xente 2.0 da man da compañía Amorodos Producións, formada por María Vázquez e Vítor Duplá. Trátase dun proxecto que […] - [Carlos Labraña gaña o II Premio Platta – Galicia 2020](https://erreguete.gal/2020/10/13/carlos-labrana-gana-ii-premio-platta-galicia-2020/): Carlos Labraña é o gañador do II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia coa peza Descociñando. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.   O xurado –composto por María Armesto, José Breijo “Topo” e Mercedes Pardavila, actuando de secretario con voz pero sen voto Xoán Carlos Riobó, da erregueté– valorou de xeito especial “a prolífica configuración dos personaxes e a identificación con eles, a utilización de mecanismos como a intriga que mantén o interese e a curiosidade da lectora, o uso de metáforas que ilustran os estados […] - [O Congreso do teatro Galego clausurouse cunha homenaxe a Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada](https://erreguete.gal/2020/10/13/congreso-teatro-galego-clausurouse-cunha-homenaxe-ernesto-chao-gustavo-pernas-celso-parada/): Todas as sesións do Congreso estarán dispoñibles para a súa consulta, a partir do día 15 e durante un mes, na plataforma culturaenvivo.com, a través da se que retransmitiu toda a actividade durante estes días. | Foto: Martín Lagoa |   O I Congreso Internacional do Teatro Galego clausurouse o pasado sábado 10 destacando que os novos retos que esixen o século XXI e a sociedade postpandemia reclaman un cambio en profundidade do sistema teatral galego para mellorar e facer fronte ao futuro. Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura e encargada de pronunciar o discurso de clausura, lembrou que no […] - [Os xestores culturais rexeitan a disolución do organismo autónomo do Pazo da Cultura de Pontevedra](https://erreguete.gal/2020/10/13/os-xestores-culturais-rexeitan-disolucion-organismo-autonomo-pazo-da-cultura-de-pontevedra/): A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) vén de facer público un comunicado no que rexeita a intención do Concello de Pontevedra de disolver o organismo autónomo municipal do Pazo da Cultura, así como de que o Concello asumirá só a algúns traballadores prescindindo doutros.   Para a Asociación “resulta sorprendente e inexplicable a estratexia cultural municipal de Pontevedra, que despois do Salón do Libro, que coincidiu co inicio do confinamento e que se adaptou ás circunstancias dun xeito exemplar, ven cancelando sistematicamente a maior parte da actividade cultural, moita dela consolidada ao longo dos anos e cuns envexables […] - [O Congreso do Teatro Galego homenaxea Ernesto Chao, Celso Parada e Gustavo Pernas](https://erreguete.gal/2020/10/09/congreso-teatro-galego-homenaxea-ernesto-chao-celso-parada-gustavo-pernas/): Manuel Lourenzo, María Xosé Queizán e Luís Álvarez Pousa serán nomeados Membros de Honra da Academia do Teatro. | Foto: Martín Lagoa |   O I Congreso Internacional de Teatro Galego chega mañá á súa fin homenaxeando a tres figuras fundamentais do teatro galego desaparecidas nos últimos tempo. Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada serán lembrados na cerimonia de clausura, na que se lles entregará, a título póstumo, a Medalla da Academia Galega de Teatro. No acto, no que se darán a coñecer as primeiras conclusións do Congreso, tamén se nomeará Membros de Honra da Academia a Manuel Lourenzo, María […] - [Experimentación escénica na apertura do FIOT en pausa](https://erreguete.gal/2020/10/09/experimentacion-escenica-na-apertura-fiot-pausa/): O Pazo da Cultura acolle este sábado 10 (ás 18.00, 19.00 e 20.00) a estrea da performance Live, que o público poderá seguir ao vivo tamén a través do Instagram.   O mellor da escena galega e estatal regresa a Carballo. Desde este venres 9 e até o vindeiro 18 de outubro, celébrase FIOT en pausa, unha programación especial de teatro que mantén a esencia e o selo de calidade do FIOT. Espectáculos como Curva España, A lingua das bolboretas, Liberto ou Prostitución son parte dunha proposta cultural que, este outono, referenda o apoio e compromiso da A. C. Telón e […] - [O Festival Galicreques comeza mañá a súa 25ª edición con seis espectáculos](https://erreguete.gal/2020/10/09/festival-galicreques-comeza-mana-sua-25a-edicion-seis-espectaculos/): O XXV Festival Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde, celébrase entre o 10 e 18 de outubro.   O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña e do Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música (Inaem), abrirá mañá sábado a súa 25º edición, que se celebrará até o próximo domingo 18 de outubro e contará con máis de corenta funcións. Nesta primeira xornada, o encontro internacional de monicreques ofrecerá un total de seis […] - [O Consello da Cultura presenta o seu informe sobre as artes escénicas no Congreso do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2020/10/08/consello-da-cultura-presenta-seu-informe-as-artes-escenicas-no-congreso-teatro-galego/): O público galego puntúa o seu teatro cun 9,11. Este sobresaliente é para actores, actrices, persoal de dirección e posta en escena. A nota baixa a un 6,88 cando o que se valora é a programación habitual e as instalacións dos nosos teatros e auditorios suman un 7,55. Son algúns dos datos do “Informe sobre o teatro galego”, un documento elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, que se presentou onte no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego co que a Academia Galega de Teatro pretende sentar a planificación estratéxica deste sector para os vindeiros anos. | Foto: Martín Lagoa […] - [FIOT en pausa outorga a Carlos Alonso o galardón Xograr de Outono 2020](https://erreguete.gal/2020/10/08/fiot-pausa-outorga-carlos-alonso-galardon-xograr-de-outono-2020/): A programación do FIOT en pausa comeza este venres 9 coa estrea da ficción sonora A lúa, válvula de spray, unha coprodución do FIOT escrita por Rosalía Fernández Rial e dirixida por Quico Cadaval, que contará cunha presentación pública propia hoxe, xoves 8, ás 16.00, en Carballo.   A esencia do corazón das artes escénicas en Galicia permanece, un outono más, en pé. O vindeiro venres 9 comezará o FIOT en pausa, a programación especial que terá lugar entre os días 9 e 18 de outubro en Carballo e na que se darán citas algunhas das propostas teatrais máis recoñecidas ou […] - [O I Congreso Internacional do Teatro Galego comeza hoxe na Cidade da Cultura](https://erreguete.gal/2020/10/07/i-congreso-internacional-teatro-galego-comeza-hoxe-na-cidade-da-cultura/): Nesta xornada presentarase o Informe sobre o Teatro Galego que elaborou o Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura, e que xerou unha grande expectativa por coñecer as cifras que rexeron a actividade da arte dramática en Galicia nas últimas décadas. O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o Congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década. O Congreso inaugúrase co conferencia plenaria de […] - [Galicreques celebra o seu 25º aniversario do 10 ao 18 de outubro](https://erreguete.gal/2020/10/05/galicreques-celebra-seu-25o-aniversario-10-ao-18-de-outubro/): O Festival Internacional Galicreques celebra neste 2020 o seu vixésimo quinto aniversario cunha edición especial marcada polas circunstancias sanitarias, pero cun marcado compromiso tanto co público coma co sector cultural.   Do 10 ao 18 de outubro, o encontro organizado pola Asociación Barriga Verde ofrecerá máis de 40 funcións cun programa que contará con máis de vinte compañías, procedentes maioritariamente de Galicia, pero cunha importante presenza de formacións chegadas de Valencia, Andalucía, Euskadi, Salamanca ou Aragón. Ademais, o carácter internacional estará garantido pola participación de compañías e artistas procedentes de Brasil, México, Portugal ou Arxentina. A programación comezará o sábado, 10 […] - [María Casares volve ao Salón Teatro no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2020/10/05/maria-casares-volve-ao-salon-teatro-no-marco-i-congreso-internacional-teatro-galego/): Teatro e cinema mestúranse en escena. En vivo e en directo asistimos á xeración da película que vemos en pantalla. Anacos de documentais e filmes proxectados axudan a contar a vida da grande actriz.   Tralo parón provocado pola Covid19, o I Congreso Internacional de Teatro Galego retoma o seu oco na axenda compostelana, e, dentro do seu inmenso programa destaca a peza Despois das ondas, de ButacaZero, peza seleccionada para representar ao Teatro Galego Contemporáneo. O Congreso, que leva por lema “Co 2030 no horizonte” comezará o día 7 xa pola mañá, pero a cita teatral será ao día seguinte, […] - [Mofa e Befa volven aos escenarios con 'Dúas pedras no camiño'](https://erreguete.gal/2020/10/02/mofa-befa-volven-aos-escenarios-duas-pedras-no-camino/): Mofa e Befa volven hoxe aos escenarios, na sala Ártika de Vigo, despois de dous anos de ausencia. A estrea será na Sala Ártika de Vigo o 2 de outubro ás 21:30, e máis o sábado 3 de outubro (ás 21:30) e o domingo 4 (ás 20:00).   Mofa & Befa son dous clowns para adultos que foron creados por Victor Mosqueira e Evaristo Calvo á volta do ano 92 do século pasado. O talento da composición cómica, a vinculación co real, a confidencia co público e as dotes adxectivas, como o canto e a pantomima, que posúen os dous artístas fixeron […] - [As entradas do FIOT en pausa sairán á venda o vindeiro luns 5 de outubro](https://erreguete.gal/2020/10/02/as-entradas-fiot-pausa-sairan-venda-vindeiro-luns-5-de-outubro/): A programación teatral celebrarase entre os días 9 e 18 de outubro en Carballo e contará con propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución.   O teatro volve de xeito seguro á Carballo. O FIOT en pausa xa ten data para o inicio da venda de entradas para os espectáculos que conforman a programación especial que impulsa a Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo e que terá lugar entre os días 9 e 18 de outubro. O vindeiro luns, día 5, sairán á venda as entradas para os espectáculos […] - [O Teatro do Noroeste-CDV combina teatro, música e formación no seu programa de outubro](https://erreguete.gal/2020/10/02/teatro-noroeste-cdv-combina-teatro-musica-formacion-no-seu-programa-de-outubro/): O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana aposta neste mes de outubro por unha programación con propostas de compañías portuguesas, concertos gratuítos e seminarios teatrais. |Foto: Rui Carlos Mateus | O sábado 3 de outubro ás 21.30 horas o Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo acolle o espectáculo Se isto é um homem, da Companhia de Teatro de Almada. Rogério de Carvalho é o encargado da posta en escena deste texto de Primo Levi interpretado por Cláudio da Silva. O prezo das entradas está entre os 4 e os 10 euros e pode reservarse escribindo a: […] - [En pé e cantando, por Jaime Lizarazo](https://erreguete.gal/2020/10/02/pe-cantando-jaime-lizarazo/): Neste tempo de (post)pandemia, quixemos sumar algunhas voces chegadas de diferentes puntos do planeta. Con motivo dunha nova edición do Festival de Teatro Santander en Escena que do 27 de setembro ao 4 de outubro se celebra na cidade colombiana de Bucaramanga, recibimos o seu berro de agradecemento á vida e pola vida do teatro. | Texto Jaime Lizarazo | No meu país hai moito tempo vivimos no medio do horror, xeracións enteiras atravesamos o túnel da guerra permanente, caldo de cultivo perfecto para os milleiros de violencias compartidas día tras día; as contundentes e frías cifras dan conta diso. Malia […] - [FIOT en pausa comeza a venda de entradas](https://erreguete.gal/2020/10/02/la-pharmaco-presenta-una-gran-emocion-politica-dentro-trcdanza-2020/): O teatro volve de xeito seguro á Carballo. O FIOT en pausa xa ten data para o inicio da venda de entradas para os espectáculos que conforman a programación especial que impulsa a Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo e que terá lugar entre os días 9 e 18 de outubro. O vindeiro luns, día 5, sairán á venda as entradas para os espectáculos da cita, que traerá á comarca de Bergantiños dous Premios Nacionais de Teatro, estreas de compañías galegas ou creacións que exploran novos formatos a través da tecnoloxía.   A limitación da capacidade […] - [A erregueté presenta o número 99](https://erreguete.gal/2020/10/01/erreguete-presenta-numero-99/): A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020. - [Teatro do Atlántico celebra o seu 35 aniversario no Salón Teatro de Compostela](https://erreguete.gal/2020/09/30/teatro-atlantico-celebra-seu-35-aniversario-no-salon-teatro-de-compostela/): A compañía de Xúlio Lago e María Barcala porá en escena entre o xoves 1 e o sábado 3 de outubro Helena: xuízo a unha lurpia; A conquista da escola de Madhubai e Dúas donas que bailan e o recital De abrentes e ocasos.   Teatro do Atlántico celebra esta semana na sede do Centro Dramático Galego os seus 35 anos sobre os escenarios coa reposición de catro das súas últimas montaxes máis recentes. Así, a compañía que dirixe Xúlio Lago porá en escena o xoves 1 de outubro Helena: xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco; o venres día 2, A […] - [O Corufest desenvolverase na Coruña do 7 ao 11 de outubro](https://erreguete.gal/2020/09/29/corufest-desenvolverase-na-coruna-7-ao-11-de-outubro/): A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, presentaron o Festival de Artes Escénicas “CoruFest” xunto cos directores deste, José Leis e Gustavo del Río, que se realizará desde o 7 até o 11 de outubro en diferentes espazos da cidade: Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro, Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Casa Casares Quiroga e Bibliotecas Municipais da Coruña.   Neira sinalou que o CoruFest “é referencia nacional na cultura LGTBIQ+ e que “non só fai visibles os dereitos e a igualdade, senón que o fai a través da […] - [Raúl Dans recolleu este sábado o II Premio Laudamuco](https://erreguete.gal/2020/09/28/raul-dans-recolleu-este-sabado-ii-premio-laudamuco/): O coruñés Raúl Dans Mayor recolleu este sábado de mans do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, o II Premio Laudamuco para textos teatrais, que convocan o Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, foi distinguido cun premio de 7.000 euros, cunha figura en bronce deseñada polo prestixioso artista Xosé Vizoso e coa edición do seu libro, Só un home bo, por parte de Edicións Positivas.   A chuvia obrigou a trasladar o acto de entrega da carballeira de Santa Minia á sala municipal de exposicións, “un […] - [Comeza na Coruña o festival Falando a Boca Chea](https://erreguete.gal/2020/09/28/comeza-na-coruna-festival-falando-boca-chea/): Durante os días do 29 de setembro ao 3 de outubro volve a Coruña da man de Artestudio Xestión Cultural ” Falando a Boca Chea” un festival de narración oral que conta co apoio do Concello da Coruña e do Fórum Metropolitano, con diversos espectáculos protagonizados por colectivos de teatro afeccionado, famosas/os narradoras/es galegas/es e novas voces da narración oral en Galicia.   O Festival “Falando a Boca Chea” pretende achegar á xente de todas as idades a narración oral e, a través dela, abordar todas as cuestións que teñen que ver coa persoa como parte da sociedade. Pero tamén se […] - [Laiovento edita 'Alborada de Edipo', de Xesús Pisón](https://erreguete.gal/2020/09/25/laiovento-edita-alborada-de-edipo-de-xesus-pison/): Edicións Laiovento vén de publicar Alborada de Edipo, un ensaio de Xesús Pisón que deita unha mirada sobre a figura creada por Sófocles.   Despois de Sófocles terlle dado forma canónica ao tema ou, mellor dito, ao misterio de Edipo, sucédense ao longo da Historia de Europa, e de forma máis ou menos continua, outras visións do dito misterio: desde Séneca, no século I d. C. até Heiner Müller, na segunda metade do XX, pasando por Corneille, Cocteau, Yeats ou Gide, por citarmos só algús nomes. Tamén os músicos, os pintores e os cineastas teñen sentido a chamada do drama e, […] - [Catro compañías galegas no XXV Festival Internacional Cómico da Maia](https://erreguete.gal/2020/09/25/catro-companias-galegas-no-xxv-festival-internacional-comico-da-maia/): Do 2 ao 11 de outubro chega unha nova edición do Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia, organizado pola Câmara Municipal da Maia e o Teatro Art’Imagem. Durante dez días consecutivos, 29 compañías presentarán 30 espectáculos nesta 25ª entrega do Festival na que figuran as compañías galegas Traspediante, Pedras de Cartón, Excéntricas e La Macana.   Baixo o lema “o riso para desconfinara nosa intelixencia”, o programa do FITCM comezará o venres 2 de outubro con Rock Cirk, da compañía andaluza Rolabola para continuar Camino del Paraíso, dos estremeños Teatro Guirigai. Ao día seguinte, a compañía Traspediante será a encargada […] - [O I Congreso Internacional do Teatro Galego esgota as prazas presenciais](https://erreguete.gal/2020/09/24/i-congreso-internacional-teatro-galego-esgota-as-prazas-presenciais/): A inscrición segue aberta para seguir as sesións de xeito virtual a través das canles online que se habilitarán para este fin.   O I Congreso Internacional do Teatro Galego vén de pechar a inscrición presencial por completar o aforo da Cidade da Cultura. A partir destes momentos, as persoas que queiran inscribirse podelo facelo para participar exclusivamente de xeito virtual, a través das canles online polas que será retransmitido o evento. O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura despois de que a súa celebración tivese que ser […] - [José Luís Baños De Cos gaña o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020](https://erreguete.gal/2020/09/23/jose-luis-banos-de-cos-gana-premio-roberto-vidal-bolano-de-teatro-2020/): A cámara escura, de José Luís Baños De Cos, resultou gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020.   Hoxe, ás 12:00, celebrouse no Concello de Porriño a entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020. O gañador, José Luís Baños De Cos, recolleu o galardón nun acto no que interviron Raquel Castro (IES Ribeira do Louro), a alcaldesa Eva García de la Torre, a concelleira de Educación, Lourdes Moure e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. O xurado, formado polo dramaturgo Zé Paredes, Delio García, en representación IES Ribeira do Louro, Inma López Silva, en representación de Editorial […] - ['Manoliño Nguema' e 'Eroski Paraíso' premiados no Festival Primavera de Cine de Vigo](https://erreguete.gal/2020/09/23/manolino-nguema-eroski-paraiso-premiados-no-festival-primavera-de-cine-de-vigo/): Eroski Paraíso faise co Premio do Xurado á Mellor Longametraxe Galega e Manoliño Nguema obtén o Premio CREA á Mellor Dirección Galega e o Premio do Público á Mellor Longametraxe Galega.   Eroski Paraíso, o filme de Jorge Coira que adapta a obra de Chévere, recibiu o Premio á Mellor Longametraxe Galega no Festival Primavera de Cine de Vigo. Segundo os membros do xurado, “Eroski Paraíso parte dun carácter aparentemente intimista para facer unha radiografía da sociedade actual comezando desde o particular para abrirse a un debate que non só recolle problemáticas do contexto galego, que tamén, senón que consegue traspasar as fronteiras xeográficas […] - [O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega](https://erreguete.gal/2020/09/22/fiot-fai-unha-pausa-no-2020-manten-sua-aposta-pola-creacion-escenica-galega/): A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa.   “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro, anunciou esta tarde no Pazo de Cultura de Carballo que o FIOT non celebrará a súa 29ª edición, prevista para este outono, co obxectivo de poder garantir “o futuro e a viabilidade nos vindeiros anos dun festival necesario para fornecer […] - [VI Festival de Fazedores de Artes 'Dos Modos Nascem Coisas'](https://erreguete.gal/2020/09/21/vi-festival-de-fazedores-de-artes-dos-modos-nascem-coisas/): A Asociación Cultural AlbergAR-TE organizou durante os días 11, 12 e 13 de setembro en Albergaria-a-Velha a sexta edición deste evento dedicado á música, cinema, exposicións, teatro, circo contemporáneo e danza. | Antón Lamapereira e Xoán C. Riobó |   Nesta ocasión e debido a pandemia Covid19 a organización do Festival seguiu as normas sanitarias obrigatorias de uso de máscara, delimitación do espazo onde se desenvolven os espectáculos de rúa, reserva anticipada de billetes con aforo limitado nos espectáculos e exposicións, distancia de seguridade, utilización do xel hidroalcólico e desinfección de espazos, e tamén a necesidade de deixar o nome, apelidos […] - [O FETEGA presenta o programa da súa 31ª edición](https://erreguete.gal/2020/09/21/fetega-presenta-programa-da-sua-31a-edicion/): O Festival de Teatro Galego – Celso Parada vén de presentar o programa da súa trixésimo primeira edición que se desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro. Oito espectáculos e un abano de actividades entre as que se atopa a animación de rúa, as lecturas dramatizadas e dúas mesas redondas sobre igualdade configuran o cartel deste 2020.   O Auditorio Municipal do Carballiño acollerá catro espectáculo do programa, todos os días ás 20.30 horas. A compañía Cámara Negra é a encargada de abrir a programación do Auditorio con Clausura do amor, unha co-produción co Centro Dramático Galego. A partir […] - [Cangas presenta a súa programación de outono 2020](https://erreguete.gal/2020/09/19/cangas-presenta-sua-programacion-de-outono-2020/): O Concello de Cangas vén de presentar o programa cultural para este outono. Teatro, música e cine conforman a oferta do Auditorio Municipal de Cangas para os meses de setembro a decembro entre a que se atopa a estrea adiada de Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria en co-produción co Centro Dramático Galego.   Ibuprofeno Teatro é a compañía encargada de abrir o programa teatral con O mel non caduca o 26 de setembro ás 21.00 horas. Marián Bañobre e Avelino González protagonizan este espectáculo “biodegradable e ecosostible” escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. A compañía Incendiaria toma o relevo o […] - [AveLina Pérez reanuda a programación en Ensalle con 'A que non podes dicir cocacola?(II)'](https://erreguete.gal/2020/09/19/avelina-perez-reanuda-programacion-ensalle-non-podes-dicir-cocacolaii/): A estrea de A que non podes dicir cocacola? (II), de AveLina Pérez retoma a programación en Teatro Ensalle. O espectáculo que onte se presentou na sala viguesa e que poderá verse ata este domingo 20 de setembro, abre unha nova tempada que inclúe compañías como Teatro Ensalle, Diego Anido, Marta Alonso Tejada e o XV Festival Catro Pezas.   Compañía residente da sala, AveLina Pérez revisa neste novo proxecto os motivos que a levaron a crear A que non podes dicir cocacola?, creada en 2011 con Teatro do Lume. A que non podes dicir cocacola? (II) é unha nova “confrontación […] - [O Fetega leva 'A farsa das zocas' polo mundo e inicia unha Escola de espectadores](https://erreguete.gal/2020/09/19/fetega-leva-farsa-das-zocas-polo-mundo-inicia-unha-escola-de-espectadores/): O XXXI Festival de Teatro Galego – Celso Parada que se desenvolverá do 23 ao 26 de setembro no Carballiño continúa coa presentación das súas actividades paralelas. Para esta nova edición, o evento contará coa lectura dramatizada online de A farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero da man alumnado de Centros Galegos de Europa e América. De igual modo, entre o 23 e o 25 de setembro ás 16.30 horas tamén terá lugar a Escola de Espectadores do Teatro Galego orientada a persoas afeccionadas, interesadas, espectadoras do programa oficial.   Coa axuda de profesorado e alumnado dos Centros de Estudos […] - [Rosa Álvarez recibe o Premio de Honra da Fundación Aisge](https://erreguete.gal/2020/09/18/rosa-alvarez-recibe-premio-de-honra-da-fundacion-aisge/): A recoñecida actriz ourensá Rosa Álvarez (Carballeda de Avia, 1950) é destinataria do Premio de Honra que concede a Fundación AISGE. A artista recibirá o galardón en recoñecemento ao conxunto da súa traxectoria o 3 de outubro durante a cerimonia de clausura do Festival Internacional de Cine de Ourense a mans da tamén actriz Isabel Blanco, patroa da Fundación e delegada de AISGE en Santiago de Compostela.   Natural de Carballeda de Avia, Rosa Álvarez é unha das intérpretes e directoras teatrais pioneiras da escena galega e unha artista particularmente admirada entre os seus compañeiros de AISGE, entidade á que pertence […] - [Sarabela estrea a versión teatral de ‘A lingua das bolboretas’](https://erreguete.gal/2020/09/16/sarabela-estrea-version-teatral-de-lingua-das-bolboretas/): O Auditorio Municipal de Ourense acolle este mércores 16 de setembro ás 21.00 horas a función inaugural da montaxe A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas, coa que a compañía ourensá celebra os seus 40 anos de traxectoria. Gonçalo Guerreiro asina a dirección e a dramaturxia do espectáculo que interpretan Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fina Calleja, Sabela Gago, Josito Porto (César Goldi) e Fran Lareu.   A peza, que na súa estrea contará coa presenza do autor, propón un exercicio de intertextualidade con outro escrito de Rivas: A traxectoria do balón. En A lingua das bolboretas reflíctese a a relación entrañable […] - [Viana do Castelo acolle o III Festival Transfronteirizo de Teatro Amador](https://erreguete.gal/2020/09/15/viana-castelo-acolle-iii-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador/): O Teatro do Noroeste – CDV acolle o  III Festival Transfronteirizo de Teatro Amador PLATTA, entre os días 25 e 27 de setembro de 2020, na Sala Principal do Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo. Ao longo desa fin de semana, o teatro amador de Galicia e Portugal ten o seu epicentro en Viana do Castelo nunha experiencia para todos os públicos. O Teatro de Balugas será a compañía encargada de inaugurar a terceira edición do Festival co espectáculo A Furgoneta, co proxecto gañador da I Bolsa TEIA de Criação de Teatro Amador 2020. O venres 25 de […] - [O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo](https://erreguete.gal/2020/09/15/cdg-coproduce-tres-montaxes-tres-espazos-creativos-de-vigo/): O Centro Dramático Galego (CDG) participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo: Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.   Nononon é un novo espazo de creación e investigación escénica que está a preparar Clásicas desfeitas co traballo de Coti Faro, Xacobo Castro, Laura Iturralde, Lucía Estévez e Montse Piñeiro. A proposta, que se desenvolve a partir dos textos de Prometeo, Fausto e Frankenstein, ten como premisa a experimentación, polo que non se pretende acadar […] - ['Fariña' represéntase desde esta semana nas Naves del Español de Madrid](https://erreguete.gal/2020/09/14/farina-representase-desde-esta-semana-nas-naves-del-espanol-de-madrid/): Fariña viaxa esta semana a Madrid nun dos momentos máis complexos para as artes escénicas. Cos aforos reducidos ao mínimo para conter os contaxios por coronavirus, o espectáculo que conta a historia do narcotráfico en Galicia a partir da obra de Nacho Carretero representarase durante case un mes nas Naves del Español, un dos espazos máis relevantes da capital.   Tamén con importantes restriccións de aforo, a adaptación, dirixida por Tito Asorey a partir da dramaturxia de José L. Prieto, chegará ata as vinte e dúas funcións (cada día, agás os luns, desde este xoves). As entradas están á venda a […] - [Convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2020](https://erreguete.gal/2020/09/12/convocase-ii-premio-platta-de-teatro-breve-galicia-2020/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador -constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a Revista Galega de Teatro-, convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2020. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 4 de outubro para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en galego.   As obras, […] - [A segunda edición de Camiño Escena Norte comeza o domingo en Compostela con 'Quitamiedos'](https://erreguete.gal/2020/09/12/segunda-edicion-de-camino-escena-norte-comeza-domingo-compostela-quitamiedos/): Este domingo 13 de setembro estréase en Compostela a primeira función da segunda edición de Camiño Escena Norte, unha ambiciosa iniciativa de intercambio promovida polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, que nos traerá varios espectáculos destas comunidades a territorio galego, e levará obras galegas a estoutras rexións seguindo o ronsel do Camiño Norte.   A función que se poderá ver en Santiago é Quitamiedos, unha produción dos vascos Kulunka Teatro, que expón que desde que unha persoa morre ata que o seu corpo arrefría e se funde coa temperatura ambiente, está a producirse un encontro: o […] - [Arranca o festival de artes performativas Plataforma](https://erreguete.gal/2020/09/11/arranca-festival-de-artes-performativas-plataforma/): Onte comezou en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño.   Dirixido por Performa S. Coop. Galega, Plataforma nace coa intención de traballar en rede e complicidade co maior número de axentes, institucións e espazos posibles dunha cidade referente cultural como Santiago de Compostela. Este é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa tradición e coa […] - [Cris Vilariño e Alberto Cortés comparten o proceso de ‘Mano Dura’ no TRC Danza 2020](https://erreguete.gal/2020/09/11/cris-vilarino-alberto-cortes-comparten-proceso-de-mano-dura-no-trc-danza-2020/): Cris Vilariño e Alberto Cortés abren o proceso de creación de Mano Dura o sábado 12 de setembro no Teatro Rosalía de Castro dentro do programa TRC Danza 2020. Un ano máis, o ciclo creado en colaboración co programa Residencias Paraíso do colectivo RP achega ao público as investigacións artísticas das creadoras contemporáneas.   Mano Dura é un proxecto de colaboración entre a bailarina e creadora galega Cris Vilariño e o dramaturgo andaluz Alberto Cortés que fala das crises familiares e dos modelos de educación a partir do proceso educativo particular de Vilariño e dos seus fillos adolescentes Lola e Nuno. […] - [Chévere estrea en Vigo 'As Fillas Bravas e o Mito de Casandra'](https://erreguete.gal/2020/09/10/chevere-estrea-vigo-as-fillas-bravas-mito-de-casandra/): A obra poderá verse os días 11, 12 e 13 de setembro na Sala Ártika de Vigo, e xirará posteriormente por Galicia.   Chévere estrea esta fin de semana na Sala Ártika de Vigo un novo espectáculo que busca concienciar a poboación sobre o impacto do cambio climático. A obra, titulada As Fillas Bravas e o mito de Casandra, ía ser presentada inicialmente no mes de maio, pero foi adiada debido á crise da Covid-19. Agora, despois despois destes meses de confinamento, desescalada e adaptación, Chévere artellou esta nova peza que expresa con contundencia a preocupación polo Planeta destas tres mulleres […] - [Cámara Negra estrea ‘Clausura do amor’ no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2020/09/10/camara-negra-estrea-clausura-amor-no-salon-teatro/): A compañía Cámara Negra estrea en coprodución co CDG o espectáculo Clausura do amor, de Pascal Rambert. A estrea terá lugar o xoves 17 de setembro ás 20.30 horas no Salón Teatro, con funcións o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 e o domingo 20 ás 18.00.   Clausura do amor é texto de Pascal Rambert que a compañía Cámara Negra leva a escena con versión e dirección de Carlos Álvarez – Ossorio e interpretación de Teté García e Xosé Manuel Esperante.  Nel, o dramaturgo francés escribe desde as vísceras e somete a unha parella a unha ruptura sentimental […] - [O I Congreso Internacional do Teatro Galego celebrarase do 7 ao 10 de outubro en Compostela](https://erreguete.gal/2020/09/09/i-congreso-internacional-teatro-galego-celebrarase-7-ao-10-de-outubro-compostela/): A Academia Galega de Teatro, organizadora do Congreso, tomará todas as medidas sanitarias e de distanciamento necesarias para garantir a seguridade de todos os asistentes.   O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura e, con lixeiros cambios, co mesmo programa que estaba previsto. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o Congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década. O Congreso, que ía celebrarse en marzo e que tivo que ser adiado por causa da pandemia da […] - [Escena Galega manifesta a súa preocupación polas medidas restritivas que afectan ás artes escénicas](https://erreguete.gal/2020/09/09/escena-galega-manifesta-sua-preocupacion-polas-medidas-restritivas-afectan-as-artes-escenicas/): Escena Galega, a principal asociación galega de empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa “a súa fonda preocupación e estrañeza” polas medidas, “absolutamente restritivas”, que se están a implementar para o sector das artes escénicas na actual situación socio-sanitaria derivada da Covid-19.   A asociación cre que, nas circunstancias actuais, os obxectivos fundamentais son a saúde pública e a seguridade de público, artistas e resto de profesionais das artes escénicas, “entendendo que as circunstancias excepcionais desta pandemia requiren un esforzo colectivo de coidados mutuos e responsabilidade social, ao mesmo tempo que un reforzamento indispensable do […] - [O Teatro do Noroeste - CDV continúa coas presentacións de 'Rottweiler'](https://erreguete.gal/2020/09/09/teatro-noroeste-cdv-continua-coas-presentacions-de-rottweiler/): A compañía Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana do Castelo continúa coas presentacións de Rottweiler, texto de Guillermo Heras con dirección de Ricardo Simões. O espectáculo, que chegará a Vigo o 26 de novembro, visita o próximo sábado o Teatro Lethes, en Faro. |Foto: Leonardo Silva|   Rottweiler é unha peza polémica e inquietante na que un xornalista de investigación entrevista en directo a ‘Rottweiler’, un skin-head extremista que defende a súa ideoloxía de forma intransixente en horario televisivo de máxima audiencia. Entres os variados temas abordados na conversa, a proposta destaca a violencia e a manipulación que exercen […] - [Paula Quintas estrea SET no Festival Plataforma](https://erreguete.gal/2020/09/08/paula-quintas-estrea-set-no-festival-plataforma/): Paula Quintas · Traspediante estrea o espectáculo SET no Festival Plataforma, organizado por Performa.gal. A presentación terá lugar o venres 11 de setembro ás 21.00 horas no Parque de Bonaval.   SET é un espectáculo de danza contemporánea e música electrónica para rúa e espazos non convencionais de media hora aproximada de duración. Peza multidisciplinar na que a danza e a música xogan un espazo compartido, SET propón un xogo interactivo sen contacto onde se fan visibles os novos comportamentos e a cinética social. Con dirección de Rut Balbís, o espectáculo volve reunir ás dúas creadoras nun proceso de investigación a través […] - [A Oficina presenta a súa programación de setembro a decembro en Guimarães](https://erreguete.gal/2020/09/08/oficina-presenta-sua-programacion-de-setembro-decembro-guimaraes/): A Oficina de Guimarães presenta unha programación diversa inclusiva para os últimos meses do ano. Teatro, danza, música, formación, exposicións, conferencias e instalacións artísticas combínanse a partir deste mes de setembro no que o Centro Cultural Vila Flor conmemora quince anos de actividade desde a súa inauguración o 17 de setembro de 2005. Debido a que o espectáculo Catarina ou a beleza de matar fascistas esgotou as localidades o sábado 19 de setembro, a obra de Tiago Rodrigues coa que o teatro regresa ao CCVF ofrece unha nova función o domingo 20 de setembro ás 17.00 horas.   O día 12 […] - [Teatro del Andamio participa no I Festival REI on line](https://erreguete.gal/2020/09/08/teatro-del-andamio-participa-i-festival-rei-on-line/): Até o 20 de setembro desenvólvese online o I Festival REI cun programa integrado por espectáculos, obradoiros, documentais e conversas sobre arte escénicas. Organizado pola Red Escénica Iberoamericana, o evento conta coa participación da compañía coruñesa Teatro del Andamio como socia e fundadora desta rede.   Os obradoiros “El cuerpo y la expresión”, “El canto cuenta una historia” e “Desarrollo de los cinco sentidos; os documentais “Sancho Panza. Escudero famoso que acompañó a Don Quijote resolviendo entuertos por los caminos de España” ou sobre a construción do espectáculo A travessia do grão profundo; e as conversas “El teatro y las nuevas […] - [A asociación AlbergAR-TE celebra o VI Dos Modos Nascem Coisas](https://erreguete.gal/2020/09/08/asociacion-albergar-te-celebra-vi-dos-modos-nascem-coisas/): Por sexto ano consecutivo, a Associação Cultural AlbergAR-TE prepara unha nova edición do Festival de Fazedores de Artes ‘Dos Modos Nascem Coisas’ os días 11, 12 e 13 de setembro en Albergaría-a-Velha. Música, cine, exposicións, teatro, circo e danza conforman este evento de espírito multidicisciplinar dedicado á creación artística e ao debate cultural para todos os públicos.   Co obxecto de ofrecer propostas artísticas a un público que normalmente non está aberto nin habituado a este tipo de expresións, o VI Dos Modos Nascem Coisas é un espazo dedicado á creación artística en xeral e un punto de encontro das xentes […] - [Camiño Escena Norte regresa con oito funcións en Galicia](https://erreguete.gal/2020/09/07/camino-escena-norte-regresa-oito-funcions-galicia/): Do 13 de setembro ao 11 de outubro o proxecto Camiño Escena Norte regresa cunha segunda edición co obxectivo de fomentar o intercambio cultural e escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.  Oito funcións e seis espectáculos chegados das autonomías implicadas visitarán diferentes localidades galegas ao tempo que as compañías galegas La Macana e La Quintana Teatro percorrerán oito localidades de Asturias, Cantabria e Euskadi. Ademais dos espectáculos, Lugo acollerá do 15 ao 17 de setembro un encontro de profesionais dos catro territorios participantes.   O proxecto bota a andar neste 2020 o 13 de setembro en Compostela co espectáculo Quitamiedos […] - [Danza Mobile abre o outono do TRC Danza 2020](https://erreguete.gal/2020/09/05/danza-mobile-abre-outono-trc-danza-2020/): A compañía sevillana Danza Mobile abre o programa do TRC Danza, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, para este outono con Helliot este sábado 5 de setembro. Entre a danza, o teatro e a performance este solo de Helliot Baeza forma parte do programa IX Encontro Artes pola Integración co que o Rosalía de Castro colabora dende hai anos.   Despois dunha intensa traxectoria como bailarín dende 2006, Helliot Baeza vístese de si mesmo en Helliot para defender un solo de danza contemporánea para públicos diversos. A partir do relato vital do seu protagonista, a obra tece unha viaxe escénica […] - [Máis de 25 actividades para a fin de semana no Festival de Títeres de Redondela](https://erreguete.gal/2020/09/05/mais-de-25-actividades-fin-de-semana-no-festival-de-titeres-de-redondela/): O Museo Carallás, unha mostra pictórica de oito pezas de artistas redondeláns sobre o mundo dos títeres, xa se pode visitar na Alameda.   O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) chega á súa recta final con máis de 25 actividades para esta fin de semana. Monicreques nas rúas, en sala e moita música que se complementan coas intervencións urbanas sorpresivas a cargo de Fadunito Streets Arts e a Psychodelia de Troula. As entradas para todas as funcións, tanto de rúa como a de sala, están esgotadas, e só poderán acceder ao Auditorio do Multiúsos da Xunqueira e aos […] - [Baiona acolle a mostra de pezas curtas BrevEscénica](https://erreguete.gal/2020/09/04/baiona-acolle-mostra-de-pezas-curtas-brevescenica/): Esta fin de semana Baiona acolle a mostra profesional BrevEscénica. O venres 4 e o sábado 5 as creadoras Helen Bertels, Marta Pérez, Arantxa Treus e Paula Sanmartín presentan as súas creacións no casco vello da vila baionesa. Ao remate de cada peza, haberá un coloquio coas artistas para que o público poida ter un contacto máis directo co seu traballo e os seus procesos creativos. | Foto: A Fiestra |   BrevEscénica é una mostra de teatro breve profesional na que caben todos os xéneros. O espazo, que fora concibido para a primavera de 2020 e tivo que ser adiada […] - [Compostela acolle o XIX Festival Agustín Magán](https://erreguete.gal/2020/09/03/compostela-acolle-xix-festival-agustin-magan/): Compostela acolle do 4 ao 6 de setembro o XIX Festival Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado. Oito compañías das catro provincias conforman o programa que se desenvolverá esta fin de semana no Teatro Principal e no Salón Teatro no ano no que que a Fegatea celebra o seu vixésimo aniversario.   O Festival arrinca este venres 4 de setembro ás 20.00 horas no Teatro Principal co ‘Programa de microteatro’ no que participan as compañías Cavort coa peza Ausencias, A Tequerreté con A aposta do chisqueiro e Hipócrita Teatro con Mitoloxía para ignorantes. A xornada do sábado comezará […] - [A XLV edición do Premi Born de Teatre recibe 571 obras](https://erreguete.gal/2020/09/03/xlv-edicion-premi-born-de-teatre-recibe-571-obras/): Nesta edición presentáronse un total de 571 obras, máis do duplo que na edición anterior, e moi lonxe da edición de 2017 que, con 260 obras, era a que contaba máis obras presentadas até o de agora. Este aumento pode ser debido á posibilidade de presentar este ano as obras por correo electrónico a causa da Covid 19 que impediu a moitos participantes o envío en papel de correo internacional.   A procedencia das obras é moi diversa, aínda que houbo un cambio de tendencia respecto aos anos anteriores. O número de obras de ámbito estatal representa o 80% e as […] - [Afonso Becerra recibe o Premio de Honra do Festival de Teatro Galego do Carballiño](https://erreguete.gal/2020/09/03/afonso-becerra-recibe-premio-de-honra-festival-de-teatro-galego-carballino/): O FETEGA, Festival do Teatro Galego “Celso Parada” vén de facer público o Premio de Honra “Dorotea Bárcena 2020”, outorgado a Afonso Becerra pola súa labor académica e de activismo teatral ao longo de vinte cinco anos dunha carreira cunha ampla e brillante traxectoria no sector das artes escénica. Recibirá o premio o sábado 26 de setembro, durante a gala do festival no Auditorio municipal, e previamente, ás 18 h impartirá na Casa da cultura a charla “De traxedias, dramas, comedias e públicos”.   Nesta edición de 2020, foron finalistas aos premios actrices e actores, colectivos e institucións relacionadas coa escena, […] - [Vigocultura programa 31 espectáculos neste outono](https://erreguete.gal/2020/09/02/vigocultura-programa-31-espectaculos-neste-outono/): Vigocultura trae neste semestre un programa de 31 espectáculos que inclúen rúa, monicreques, teatro, comedia, danza, microteatro e circo.   O pasado 12 de marzo decidiuse o peche de todas as instalacións municipais, entre a que se incluía o Auditorio Municipal, por mor da crise epidemiolóxica provocada polo Covid-19. Vigocultura tivo que cancelar un total de 10 funcións que estaban previstas para os meses de marzo e abril. Desde o Concello de Vigo fíxose un esforzo xunto coas compañías para poder adiar todas estas funcións que tiveron que ser canceladas, un esforzo destacable xa que a programación para o segundo semestre estaba […] - [A sala Ártika de Vigo comeza a temporada co I Festival Comediártiko](https://erreguete.gal/2020/09/02/sala-artika-de-vigo-comeza-temporada-co-i-festival-comediartiko/): A sala Ártika de Vigo reabre, despois do parón obrigado pola pandemia, co I Festival Comediártiko, que se desenvolverá ao longo do mes de setembro e a primeira semana de outubro, e que contará con cinco compañías galegas: Talía Teatro, Chévere, Mofa e Befa, Teatro Avento e Enconarte Producións.   O festival, dedicado á comedia, iníciase a fin de semana do 5 de setembro con Talia Teatro e o espectáculo Voa Voa, un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil mais para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Todas as tardes despois de merendar Xoana […] - [O festival herDanza de Compostela comeza a súa quinta edición este xoves](https://erreguete.gal/2020/09/02/festival-herdanza-de-compostela-comeza-sua-quinta-edicion-este-xoves/): Este xoves comeza o Festival HerDanza, que este ano chega á súa quinta edición. Entre os días 3 e 5 de setembro, o parque de Bonaval e o CGAC serán os principais escenarios dos espectáculos de danza, as conversas e as proxeccións audiovisuais que constitúen o programa do festival.   Na xornada do xoves, 3 de setembro, celebrarase unha conversa sobre “A danza, o tradicional e o contemporáneo”, ás 17:00 no CGAC, con Fran Sieira e Jaime Pablo Díaz, e moderada por Xiana Vilas. Ás 19:00, o parque de Bonaval será escenario de tres propostas artísticas da man de Daniel Rodríguez –Conxuro–, […] - [Companhia do Chapitô e Teatro del Andamio gañan o premio do público na Mostra de Cariño](https://erreguete.gal/2020/09/01/companhia-chapito-teatro-del-andamio-ganan-premio-publico-na-mostra-de-carinoo/): Os premios serán entregados na XLIII edición da Mostra de Teatro, o próximo ano.   O público da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño escolleu as súas obras favoritas nesta edición de 2020, marcada pola diminución de aforo debido á aplicación dun rigoroso protocolo COVID. As obras que obtiveron máis votos por parte dos espectadores foron Electra, da Companhia do Chapitô, no apartado de obras para público adulto, e O sal do mar e outros contos mariñeiros, de Teatro do Andamio, dentro das obras dirixidas a público infantil e familiar. Na primeira, a compañía portuguesa atrévese cun título complexo dentro […] - [O Teatro do Noroeste – CDV avanza o seu programa para o outono 2020](https://erreguete.gal/2020/09/01/teatro-noroeste-cdv-avanza-seu-programa-outono-2020/): O día 9 de outubro presentarase o programa do IV Festival de Teatro de Viana do Castelo.   A compañía de Viana do Castelo presenta a súa nova programación adaptada ao contexto actual para os últimos meses de 2020. Do 25 ao 27 de setembro, a III edición do Festival Transfronteiriço de Teatro Amador- Platta reúne os grupos aficionados de teatro de Galicia, Castela-León e Portugal no Teatro Municipal Sá de Miranda en Viana do Castelo, con entrada libre. De igual modo, o 3 de outubro a Companhia de Teatro de Almada desembarca en Viana co espectáculo Se Isto é Um […] - [Rosa E. Gantes gaña o II Prémio Platta de Teatro Breve - Portugal](https://erreguete.gal/2020/09/01/rosa-gantes-gana-ii-premio-platta-de-teatro-breve-portugal/): A canguesa Rosa E. Gantes acada o II Prémio Platta de Peças Curtas de Teatro – Portugal 2020 coa obra Reencontro. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.   O xurado – formado pola actriz Josefa Barreiro, o dramaturgo Ricardo Correia e o gañador do certame en 2019, Xacobe Otero e no que actuou con voz pero sen voto como secretaria Vanesa Martínez- destacou a “situación farsesca proposta con reminiscencias chekhovianas que ofrece un xiro final inesperado así como o bo desenvolvemento da historia e a súa […] - [Coisas de criações, pandemias e políticas públicas](https://erreguete.gal/2020/09/01/coisas-de-criacoes-pandemias-politicas-publicas-moncho-rodriguez/): Estava nas vésperas de embarcar para o Brasil, mais uma vez invadido pela felicidade de estar no Festival Internacional Janeiro de Grandes Espetáculos do Recife, Beatriz e o Peixe Palhaço fazia parte da programação. Desta vez, Paulo de Castro arriscou-se a acolher um espetáculo que nunca tinha visto e não se arrependeu, foi emocionante… Elsa Pinho fez uma interpretação grotowskiana, segundo Ronaldo Correia de Brito, para mim podia ter sido mesmo “monchiana”, mas o que valeu foi a simplicidade da brincante que nos encantou. Antes de sair de casa, ainda com a mistura dos cheiros das esculturas de papel que ficaram […] - [Comeza o Festival de Títeres de Redondela](https://erreguete.gal/2020/09/01/comeza-festival-de-titeres-de-redondela/): Todas as localidades para as funcións de sala están vendidas, ao igual que as de rúa, que por primeira vez e debido á COVID-19, foron necesarias para controlar os aforos.   O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arranca este martes coa súa edición máis especial e con todas as entradas esgotadas, tanto para sala como para a rúa, que por primeira vez na historia do Festival tamén saíron á venda para garantir o control de aforos derivado da COVID-19. O pistoletazo de saída darao a compañía galega Eme2, que representará no Multiúsos da Xunqueira o espectáculo de […] - [Lacura](https://erreguete.gal/2021/02/22/lacura/): Lacura, de Bibiana Monje, é un espectáculo onde non hai concesións. A actriz íspese con naturalidade e mostra os secretos que lle apetece. Non hai piedade, tampouco, para con ela mesma. Mais esta falta de piedade está adozada coa mirada da que sabe do que fala. Da que sabe dos seus demos e é quen de conversar con eles de fronte. - [Soga e Cinsa](https://erreguete.gal/2021/02/20/soga-e-cinsa/): Unha peza ambiciosa, como se botan de menos no noso panorama e nestes tempos de restricións, cun elenco de nada menos que 11 actrices de idades e especialidades diversas, e que amosan unha comunidade especial, unha complicidade reflectida en moitos intres laterais, case tanxenciais, a través de acenos e xestos, agarimos, palabras e enfrontamentos. - [O teatro volve ao Rosalía de Castro coa estrea de 'Pura'](https://erreguete.gal/2021/02/20/o-teatro-volve-ao-rosalia-de-castro-coa-estrea-de-pura/): Memoria, reminiscencia, os lugares que un día foron parte da nosa vida e a especulación urbanística son os ingredentes do novo espectáculo de Os Náufragos Teatro: 'Pura', baseado na vida da avoa do director da compañía, Gustavo del Río. - [Comeza unha nova edición do festival Isto Ferve](https://erreguete.gal/2021/02/19/comeza-unha-nova-edicion-do-festival-isto-ferve/): O Teatro Ensalle acolle pezas de Provisional Danza, Elena Córdoba, Cambaleo Teatro, celeste González e Colectivo Glovo. - [Convocado o XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2021/02/19/convocado-o-xx-premio-rafael-dieste-de-textos-teatrais/): Os obxectivos principais do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais son incentivar a escrita dramática en galego a través da edición da peza gañadora, así como garantir a súa montaxe profesional por medio dun concurso público aberto para calquera compañía teatral de Galicia. - [Aporía Escénica estrea 'Soga e Cinsa' en Vigo](https://erreguete.gal/2021/02/18/aporia-escenica-estrea-soga-e-cinsa-en-vigo/): Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida. - [Alborada de Edipo](https://erreguete.gal/2021/02/18/alborada-de-edipo/): Alborada de Edipo, de Xesús Pisón, é un volume moi interesante, que ten a virtude de dar que pensar e dar que falar (ou escribir), e nesa dirección cumpre coa finalidade formulada na súa contracapa, ao destacar a “ansia de procura, de encontro e de debate”. En efecto, un traballo que revolve, por dentro e por fóra, pois desafía, procura confrontación. Contra a indiferenza. - [Galaxia publica 'A cámara escura' de José Luis Baños de Cos](https://erreguete.gal/2021/02/17/galaxia-publica-a-camara-escura-de-jose-luis-banos-de-cos/): O Premio Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a propia editorial Galaxia, consta de 2.000€ e a edición da obra, unha modesta cantidade que seguro irá medrando co avance da calidade do seu repertorio, do que tamén forman parte as obras de Ana Abad de Larriva con A sombra das árbores e Fernando Castro Paredes con A derradeira bala, e os efectos que este pode acadar polo feito exclusivo e innovador de estar en sintonía co público en idade adolescente. - [Reabren os teatros en Galicia (menos o Auditorio de Ourense)](https://erreguete.gal/2021/02/17/reabren-os-teatros-en-galicia-menos-o-auditorio-de-ourense/): Quen protexe ás minorías se os poderes públicos non o fan? Que acontece se un xestor público decide aplicar criterios de xestión que non atenden aos deberes, responsabilidades e garantías da xestión pública da cultura para a diversidade social? - [Susana Crespo: "É incomprensible que o teatro non teña o seu sitio na ensinanza pública"](https://erreguete.gal/2021/02/15/susana-crespo-el-ruisenor-teatro/): Falamos con Susana Crespo, unha muller que comezou a amar as artes escénicas cando ía á escola en Londres, onde o teatro era parte da súa educación. Reivindica a importancia de formar ás novas xeracións e democratizar a cultura. - [Marta Pazos, Laura Iturralde e Tito Asorey finalistas nos Premios ADE 2021](https://erreguete.gal/2021/02/13/marta-pazos-laura-iturralde-e-tito-asorey-finalistas-nos-premios-ade-2021/): A Asociación de Directores de Escena (ADE) comunicou aos finalistas a súa inclusión na listaxe de nomeados aos Premios ADE 2021. Asorey e Pazos na categoría de mellor dirección e Iturralde na de iluminación. - [Aberta a convocatoria para as novas coproducións do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2021/02/12/aberta-a-convocatoria-para-as-novas-coproducions-do-centro-coreografico-galego/): Con este procedemento preténdese impulsar proxectos innovadores no eido de danza artística e impulsar a creación de espectadores para a danza, buscando a excelencia nos produtos culturais galegos. - [A área de Cultura da Deputación da Coruña incrementa o orzamento destinado ás artes ao vivo](https://erreguete.gal/2021/02/12/a-area-de-cultura-da-deputacion-da-coruna-incrementa-o-orzamento-destinado-as-artes-ao-vivo/): "A Rede Cultural da Deputación da Coruña é o máis sólido circuíto no territorio e, como non podería ser doutro xeito, nesta nova edición, convocada xa na pandemia, adáptanse as bases á nova situación provocada pola COVID-19, ampliando o tempo de programación e reforzando de maneira especial o orzamento destinado a cultura profesional nun momento de especial relevancia para o mantemento das empresas e o emprego no sector", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto. - [Ana Beatriz Pérez estreará unha peza online xunto a Hedwig Dances](https://erreguete.gal/2021/02/10/ana-beatriz-perez-estreara-unha-peza-online-xunto-a-hedwig-dances/): HOME, a nova proposta de Ana Beatriz Pérez cos bailaríns de Hedwig Dances, usa a casa como metáfora e reflexiona sobre o refuxio, a intimidade e a comodidade que ofrece. Nun mundo alienante, cambiante e imprevisible, catro persoas con vidas diferentes pasan a súa vida diaria esperando. Mentres todo cambia fóra, algo comeza a cambiar dentro deles. - [Homilía breve sobre misa e teatros](https://erreguete.gal/2021/02/09/homilia-breve-sobre-misa-e-teatros/): Cultura e Culto semellan ter a mesma raíz, mais non son iguais, polo menos para a administración. Mentres os teatros, auditorios e centros culturais permanecen pechados nesta terceira vaga da pandemia da COVID-19, os lugares de culto continúan abertos. Podemos ir á misma, mais non ao teatro. Por que ocorre isto? Ata o de agora, o cancelo #aculturaésegura está a cumprirse. - [Superando a Stanislavski (sen traumas!)](https://erreguete.gal/2021/02/08/superando-a-stanislavski-sen-traumas/): Irreverencias, a nova sección de opinión de Irene Moreira na erregueté | Revista Galega de Teatro, achegará notas, e outras crises da dirección de escena, para xerar debate e conversas nas tabernas telemáticas. - [Chévere recupera a memoria de Vite co proxecto Dramawalker](https://erreguete.gal/2021/02/06/chevere-recupera-a-memoria-de-vite-co-proxecto-dramawalker/): Saír dos teatros á procura da memoria urbana das cidades e comunidades de proximidade. Unha experiencia que toma como punto de orixe as artes escénicas, a pegada do teatro radiofónico e o teatro comunitario para explorar as posibilidades das narrativas espaciais ou artes locativas, todas aquelas prácticas nas que o relato se constrrúe en relación a lugares polos que temos que transitar para poder acceder ás distintas partes da historia. Esta é a definición do proxecto Dramawalker que o Centro Dramático Nacional (CDN) vai desenvolver con outros teatros e compañías nacionais e internacionais, entre os que se atopan o Grupo Chévere e o Centro Dramático Galego (CDG). - [Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2021/02/04/convocado-o-xvi-premio-abrente-de-textos-teatrais/): Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego. - [O CDG presenta o programa de creación 'Residencias cruzadas'](https://erreguete.gal/2021/02/03/o-cdg-presenta-o-programa-de-creacion-residencias-cruzadas/): Nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións derivadas da pandemia COVID-19, o Centro Dramático Galego pón á disposición das compaías e creadoras/es galegas/os, un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación no Salón Teatro de Santiago de Compostela. - [Escena Galega demanda ás administracións a blindaxe do sector escénico](https://erreguete.gal/2021/02/02/escena-galega-demanda-a-blindaxe-do-sector-escenico/): As restricións á cultura derivadas da crise sanitaria da COVID-19 provocaron case 200 suspensións e cancelacións de espectáculos e é prioridade para o sector que as administracións competentes promovan medidas específicas a curto e medio prazo que faciliten a normalización no desenvolvemento da actividade das compañías, as e os profesionais e os e as creadoras. - [Matarile Teatro presenta a web do Festival En Pé de Pedra](https://erreguete.gal/2021/02/02/matarile-teatro-presenta-a-web-do-festival-en-pe-de-pedra/): A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño libera 1077 imaxes e 630 documentos PDF das doce edicións nas que se desenvolveu o festival internacional de danza en Compostela, convertendo o sitio web nun dos arquivos en liña máis importantes das artes escénicas contemporáneas de Galicia.   O desaparecido Festival Internacional En Pé de Pedra, organizado por Matarile Teatro e Teatro Galán (sede da compañía durante anos), estrea páxina web. A compañía fundada por Ana Vallés e Baltasar Patiño levaba tempo traballando na recompilación de imaxes, prensa, carteleira e abundante material audiovisual para configurar o arquivo desta experiencia de “danza para paseantes” […] - [Salvador Forján: "Eu sei moito de teatro, os actores e directores tamén, pero non permito que ninguén asoballe a ningún compañeiro nin a min"](https://erreguete.gal/2021/02/01/oficios-do-teatro-salvador-forjan-cdg/): Oficios do Teatro é a nova sección audiovisual da erregueté | Revista Galega de Teatro coa que queremos salientar o traballo das e dos profesionais da escena galega. Fran Peleteiro, o seu coordinador, recupera esta entrevista inédita de 2017 realizada a Salvador Forján, encargado de maquinaria escénica da AGADIC e técnico residente no Salón Teatro do CDG. - [A 32ª edición do FETEGA en marcha: aberto o prazo de presentación de espectáculos](https://erreguete.gal/2021/02/01/a-32a-edicion-do-fetega-en-marcha-aberto-o-prazo-de-presentacion-de-espectaculos/): O Festival do Teatro Galego 'Celso Parada' do Carballiño volve apostar polos espectáculos feitos en Galicia, e pola variedade de estilos e formatos, para artellar a programación da súa trixésimo segunda edición cunha convocatoria aberta ás compañías e ás creadoras galegas. - [Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro](https://erreguete.gal/2021/01/31/xose-manuel-pazos-varela-mestre-politico-e-amador-do-teatro/): Político, mestre e namorado do teatro. Xosé Manuel Pazos Varela foi unha peza crucial na evolución socioteatral en Cangas do Morrazo coa fundación da MITCF, a creación do Fondo Teatral María Casares ou a construción do Auditorio Municipal. - [A AELG ofrece varios proxectos didácticos vinculados coas artes escénicas](https://erreguete.gal/2021/01/30/aelg-proxectos-didacticos-artes-escenicas-escena-para-todas/): Escena para Todas é un novo proxecto didáctico que ten como finalidade achegar o alumnado ao teatro desde as actividades que se desenvolven nas aulas. Ademáis, a AELG ofrece unidades didácticas relacionadas co teatro e encadradas no proxecto A vila imaxinada. - [Kirenia Danza desenvolve unha residencia artística en Suecia](https://erreguete.gal/2021/01/29/kirenia-danza-desenvolve-unha-residencia-artistica-en-suecia/): Nestes tempos, as residencias artísticas convertéronse para para as creadores e creadores en espazos-refuxio contra a violencia e a precariedade do sistema artístico. Sabela Mendoza recolle neste artigo a experiencia da bailarina Kirenia Martínez en Malmö (Suecia). - [A emotiva despedida de Manuela, a secretaria do CDG](https://erreguete.gal/2021/01/29/manuela-dominguez-cdg-xubilacion/): A secretaria de dirección do CDG deixaba a institución para xubilarse despedíndose cunha fermosa carta que recorda os últimos 35 anos de producións que pasaron polo Salón Teatro. - [Marta Pazos dirixe ‘Viaje a la luna’](https://erreguete.gal/2021/01/28/marta-pazos-dirixe-viaje-a-la-luna/): A peza estréase no Teatro Lliure o 3 de febreiro e está baseada no guión cinematográfico homónimo de Lorca. Trátase dunha montaxe sen palabras cargada de simbolismo e erotismo que se presenta como “unha road movie entre o sono e a vixilia; unha festa dos sentidos”. - [La excepción y la regla](https://erreguete.gal/2021/01/28/la-excepcion-y-la-regla/): Catalina Lladó dirixe unha peza que chama explicitamente a cuestionarnos a ambición do ser humano, a súa mesquindade, a inxustiza, a lealdade... A montaxe de Lladó non ofrece dobreces nos personaxes: os malos son malos e os bos son bos. - [A AAAG demanda á Xunta un plan de rescate para traballadoras das artes escénicas](https://erreguete.gal/2021/01/27/aaag-plan-rescate-axudas-traballadores-xunta/): A asociación sindical mostra a súa preocupación polo que entenden que é "un punto no que se fai inviable a actividade escénica" e que  "imposibilita as opcións dos profesionais dos espectáculos ao vivo de gañar o seu sustento". - [Aberto o prazo do IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para adolescentes](https://erreguete.gal/2021/01/27/bases-cuarto-premio-roberto-vidal-bolano-teatro/): Un certame que nace da necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por estudantes do ensino secundario. - [Ímoste botar moito de menos, Pazos!](https://erreguete.gal/2021/01/26/imoste-botar-moito-de-menos-pazos/): Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos. - [Adeus ao 'Alcalde do Teatro': morre Xosé Manuel Pazos Varela](https://erreguete.gal/2021/01/25/morre-xose-manuel-pazos/): Home de teatro, o pasamento de Xosé Manuel Pazos Varela deixa un gran baleiro nas artes escénicas de Galicia. Tradutor, dramaturgo, produtor e mesmo actor, foi fundador da MITCF de Cangas e de Teatro de Ningures, ademais dun referente da actividade cultural da vila do Morrazo, da que foi o seu alcalde. - [Restricións máximas en Galicia con peche de municipios, teatros e hostelaría](https://erreguete.gal/2021/01/25/restriccions-maximas-en-galicia-con-peche-de-municipios-teatros-e-hostelaria/): As novas medidas durarán 3 semanas, como mínimo. Do 27 de xaneiro até o 17 de febreiro. As xuntanzas estarán limitadas exclusivamente a conviventes, agás excepcións como persoas maiores que vivan soas. - [Brumario](https://erreguete.gal/2021/01/25/brumario/): Se a danza e a música son medios empregados para organizar o caos á volta e facelo habitábel, Brumario acomete a empresa acudindo a posibilidades non manidas de enfrontar ese caos, construíndo novos padróns que agroman dende o informe para a organización do caos. - [O CDG estrea este domingo a canle de teatro en liña con 'O charco de Ulises'](https://erreguete.gal/2021/01/23/o-cdg-estrea-este-domingo-a-canle-de-teatro-en-lina-con-o-charco-de-ulises/): A produción propia, O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, será a primeira  emisión en liña que o público poderá desfrutar de maneira gratuita e con interpretación en linguaxe de signos. - [Vigo presenta a súa programación de espectáculos con dobres funcións como novidade](https://erreguete.gal/2021/01/20/vigocultura-programacion-teatro-vigo-febreiro-maio/): A programación de Vigocultura aposta por dar apoio ás compañías con dobres funcións para adultos e público familiar. Un total de 23 compañías, con 22 espectáculos diferentes de teatro, danza, circo, espectáculos para bebés e espectáculos de microteatro. - [Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria](https://erreguete.gal/2021/01/20/ana-abad-faise-co-primeiro-certame-microteatro-da-memoria/): Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora "Un biolo na noite", peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou "o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo". Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e "o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente". - [Electra](https://erreguete.gal/2021/01/20/electra-auditorio-gustavo-freire-lugo/): Entramos no teatro, coa esperanza de saírmos renovados, de atopármonos vivos, indemnes, tras presenciar o destino fatal dos heroes e purificármonos, daquela, do medo á vida. E xa dentro, comprendemos outra vez en que consiste o propio teatro. - [A COVID adía os María Casares ata novo aviso](https://erreguete.gal/2021/01/18/a-covid-adia-os-maria-casares-ata-novo-aviso/): A AAAG considera que existe unha "incerta perspectiva de poder desenvolver con garantías o normal funcionamento do certame e a súa entrega", así como dificultades, por mor das restricións, para que "o censo de votantes dos galardóns poida acceder aos espectáculos estreados en 2020 para emitir o seu voto". - [O charco de Ulises](https://erreguete.gal/2021/01/18/o-charco-de-ulises-cdg/): O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces. - [Ourense pecha o Auditorio e deixa sen traballo ás compañías de artes escénicas ata abril](https://erreguete.gal/2021/01/15/ourense-pecha-auditorio-covid-traballo-companias-teatro/): Esta decisión súmase ás dificultades do sector dos espectáculos nos últimos meses, no que vén sufrindo cancelacións e aprazamentos. Unha situación crítica para un sector que, coa COVID-19, "afecta máis á cultura que a outros ámbitos económicos", como sinala o Observatorio da Cultura Galega. - [O CDG estrea 'O charco de Ulises', primeira produción do 2021](https://erreguete.gal/2021/01/14/o-cdg-estrea-o-charco-de-ulises-primeira-producion-do-2021/): O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución. - [STRPTS // Fin de tempada](https://erreguete.gal/2021/01/14/strpts-fin-de-tempada/): Se cadra, a historia que nos propoñen é o menos importante unha vez atendemos ao despregue de medios e ao discurso metateatral. Aínda así, o certo é que Cinema Sticado logra meterme como espectador na trama e atender ao mundo psicodélico de Mirlo e Rula e o seu maletín con poderes extraordinarios, esquecendo un tanto a tecnoloxía que o rodea. O feito de que a historia estea manipulada por unha elite, non deixa de abondar na súa proposta de facer explícitos o xeito no que a humanidade se move coma unha marioneta, sen darnos conta. - [Cuestión de egos](https://erreguete.gal/2021/01/12/cuestion-de-egos/): En Galiza tes que ir con coidado, case como se foses pisando ovos, para non ferir susceptibilidades nin egos, porque iso parece ser o que máis importa e pode foder ou dificultalo todo. O ego vén a ser como a leiriña, ten uns marcos e nin se che ocorra rozalos ou movelos un pouco. - [Lugo presenta a programación escénica de 2021](https://erreguete.gal/2021/01/09/lugo-presenta-a-programacion-escenica-do-primeiro-semestre-de-2021/): Cunha oferta de máis de 20 propostas teatrais, Lugo une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado. - [O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual consolídase na terceira edición](https://erreguete.gal/2021/01/08/o-certame-de-nova-dramaturxia-galega-actual-consolidase-na-terceira-edicion/): O proxecto editorial da compañía Feira do Leste, permitiu a publicación das obras de 6 autores galegos nos últimos tres anos. O prazo de presentación é do 7 de xaneiro ao 26 de marzo de 2021. - [Mapa](https://erreguete.gal/2021/01/07/mapa/): O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo. - [Gala XVII aniversario de Manicómicos](https://erreguete.gal/2021/01/04/gala-xvii-aniversario-manicomicos/): Como é habitual nestas datas, a Asociación Cultural Manicómicos sobe o pano do Teatro Rosalía da Coruña para celebrar o seu aniversario con "moita música, moito ritmo, pero tamén números circeneses, hip-hop, regueifa, danza urbana, un número de acrobacias aéreas con teas, pantomima e clown". - [Vinte e case non dou creto (parte II)](https://erreguete.gal/2020/12/31/vinte-e-case-non-dou-creto-parte-ii/): Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos! - [Fernando Epelde acada un premio SELIC por 'Partida salvada'](https://erreguete.gal/2020/12/30/fernando-epelde-gana-premio-selic-accesit/): O xurado valorou a complexidade da peza, que combina historias xeracionais e historias persoais, ao tempo que propón unha reflexión sobre os usos da lingua. - [Medida x Medida](https://erreguete.gal/2020/12/30/medida-x-medida-quico-cadaval/): A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan. - [Vinte e case non dou creto (parte I)](https://erreguete.gal/2020/12/29/vinte-e-case-non-dou-creto-parte-i/): Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións. - [Sobresida a causa contra Carlos Santiago](https://erreguete.gal/2020/12/29/sobresida-a-causa-contra-o-dramaturgo-carlos-santiago/): Carlos Santiago, dramaturgo e escritor, quedaba libre dos cargos polo suposto delito de ofensa contra os sentimentos relixiosos interposta pola asociación ultracatólica Abogados Cristianos, por mor do pregón de Entroido de 2018 de Santiago de Compostela. A resolución ratifica a desestimación da causa en primeira instancia en decembro de 2019 por non estar debidamente xustificada, por parte dos demandantes, a perpetración de tal delito. - [Bajazet, considerando o Teatro e a Peste](https://erreguete.gal/2020/12/28/bajazet-o-teatro-e-a-peste-castorf/): Ao longo das catro horas que dura a representación de Bajazet, considerando o Teatro e a Peste, o director berlinés Frank Castorf ofrécenos un continuo xogo de ilusións sobre as táboas. Esas ilusións que nos fan ver oasis onde só hai dunas, cidades amuralladas en vez de rochas, persoas no canto de sombras. O mesmo tipo de ilusións que quero atopar cada vez que sento nunha butaca e as luces da sala se apagan. - [O CDG emitirá espectáculos en liña grazas a un novo sistema de streaming](https://erreguete.gal/2020/12/28/cdg-streaming-sistema-camaras/): Esta instalación, que equipara o Salón Teatro con outros espazos internacionais, está composta por catro cámaras con calidade 4k e permitirá documentar as montaxes e a súa difusión. - [Presentación en Coruña do proxecto 'Allea' de Xosé Leis](https://erreguete.gal/2020/12/28/presentacion-do-proxecto-allea/): Allea, proxecto transmedia beneficiario das Bolsas de Creación Artística do Concello da Coruña, presenta hoxe a segunda parte do proceso despois de estrear o seu primeiro episodio a mediadios do mes de decembro, un unipersoal escénico baixo o título de Sandwich. A creación de Xosé Leis estrearase na Sala Gurugú da Coruña ás 20.00 h. con Manu Fernández e Victoria Pérez en escena e dramaturxia de Xabier Muñiz.  - [Rosalía](https://erreguete.gal/2020/12/27/rosalia-infantil-culturactiva/): Unha peza que trata ao seu público, aos rapaces e rapazas de primaria, coma o que son: nenos e nenas con capacidade de pensar e imaxinar. Unha proposta sinxela na que a interpretación das actrices é o seu máximo aliciente para sentar e desfrutar. - [Falece Lino Braxe, figura polifacética da cultura galega](https://erreguete.gal/2020/12/26/falece-lino-braxe-figura-cultura-galega/): Lino Braxe (Mugardos, 1962), director nos últimos anos do grupo teatral da asociación, falecía na súa casa de Coruña aos 58 anos. Ligado ao mundo da cultura galega, destacou como poeta na chamada Xeración dos 80, e a súa traxectoria levouno tamén á interpretación, aos medios de comunicación e ás artes plásticas. - [Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal](https://erreguete.gal/2020/12/24/prendendo-butacas-deputacion-pontevedra-teatro-virtual-nadal/): Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación pon en marcha o programa Prendendo Butacas que conta oito funcións de teatro en liña de compañías fundamentais da provincia. - [Aprobada a guía de recomendacións fronte á COVID-19 no sector escénico galego](https://erreguete.gal/2020/12/23/guia-recomendacions-covid-19/): As medidas e recomendacións xerais desta guía deberán servir para orientar a redacción dos plans específicos de calquera empresa produtora que realice unha actividade escénica, e tamén para os que deban elaborarse para a produción, ensaio e exhibición dun espectáculo concreto. - [Estrea de 'Isto non é Berlín', documental sobre a comunidade de artes vivas da Coruña](https://erreguete.gal/2020/12/22/estrea-isto-non-e-berlin-coruna/): Isto non é Berlín, unha peza audiovisual sobre a comunidade de artes vivas da Coruña que estrean mañá no Centro Ágora da cidade herculina. A vontade do colectivo non é outra que a de visibilizar o enorme talento artístico da cidade a través do formato audiovisual, dando conta do invidivual e o transversal dos artistas que se dedican ás artes vivas. - [Debate: 'O teatro galego diante da pandemia COVID-19'](https://erreguete.gal/2020/12/22/debate-o-teatro-galego-diante-da-pandemia-covid-19/): Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos  retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas. - [Teatro infantil en Ourense para este Nadal na MOTI 2020](https://erreguete.gal/2020/12/22/teatro-infantil-en-ourense-para-este-nadal-na-moti-2020/): Unha edición con gran variedade de xéneros, desde o teatro de actriz-actor ata o teatro de monicreques, pasando polo teatro de rúa, teatro musical, danza e circo contemporáneo. Variedade tamén nas idades recomendadas, con pezas para bebés e público familiar. - [Titiriberia 2020: o festival de títeres tradicionais comeza en Rianxo](https://erreguete.gal/2020/12/21/titiriberia-2020-o-festival-de-titeres-tradicionais-comeza-en-rianxo/): O Festival Titiriberia celebrará a súa quinta edición na vila de Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. Un total de doce funcións conformarán o programa deste ano, no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. - [L'aniversari](https://erreguete.gal/2020/12/21/aniversari-teatro-inestable-jacobo-pallares/): A veterana compañía valenciana Teatro de lo Inestable ofrece un espectáculo ambicioso no discurso e na proposta, que non só dá voltas á memoria ou á fantasía do rinoceronte, senón que abrangue un universo de utilidades tecnolóxicas e artísticas, de espazos e temporalidades superpostos. - [Xornadas de danza en Lugo](https://erreguete.gal/2020/12/21/xornadas-danza-lugo/): 21 de decembro (de 17 a 19 h.): Obradoiro do Colectivo Glovo. Na sala de danza e teatro da USC, para todos os públicos, cun máximo de 10 participantes. Reserva de praza no correo galiciadanzacontemporanea@gmail.com 22 de decembro: mostra aberta "Fin de residencia artística de MAPA" do Colectivo Glovo. Patio do Vello Cárcere. Para todos os públicos e con reserva de praza no teléfono 982 29 7195 ou no correo vellocarcere@concellodelugo.org - [Colectivo Vacaburra, Javier Martín e Kirenia Danza, próximas coproducións do CCG](https://erreguete.gal/2020/12/20/proximas-coproducions-do-centro-coreografico-galego-ccg/): Festina Lente de Colectivo Vacaburra, Umbral de Javier Martín e Tres Tristes 2.0 de Kirenia Danza serán as próximas coproducións de danza do Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada pola AGADIC na súa páxina web, a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos. - [VI Festival Pequeártiko: un Nadal para os máis pequenos na Sala Ártika de Vigo](https://erreguete.gal/2020/12/18/festival-pequeartiko-sala-artika-vigo/): A sexta edición do Festival Pequeártiko arranca o día 19 de decembro ata o 3 de xaneiro e contará con nove espectáculos para os máis pequenos e público familiar. - [A Formiga Producións Teatrais estrea 'Alén'](https://erreguete.gal/2020/12/18/a-formiga-producions-teatrais-estrea-alen/): Alén é a primeira obra de longa duración d'A Formiga, unha comedia negra sobre o tema negro por excelencia: a morte. Un velorio e dous irmáns que se enfrentan a ela dende dous puntos de vista moi diferentes, o tradicional e o máis moderno e aséptico. A raíz do falecemento da súa nai, os dous personaxes trasladan ao público algunhas das súas inquedanzas sobre a materia, como se existe un máis alá ao que ir unha vez finados ou a quen modifica máis a morte, ao que marcha ou ao que queda. - [ButacaZero e Inherente Teatro estrean 'Velliñas'](https://erreguete.gal/2020/12/17/vellinas-butacazero-inherente-teatro/): Todas as persoas que se acheguen este venres día 18 ás 18.30 h. á Casa da Cultura 'Pintor Lloréns' de Sada poderán desfrutar da nova proposta de ButacaZero en coprodución con Inherente Teatro: Velliñas, unha peza sinxela, con utilización da máscara larvaria, pensada para rúa, que finalmente verá a luz tralos adiamentos provocados pola pandemia da COVID-19. - [Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas](https://erreguete.gal/2020/12/17/curso-creacion-escenica-incendiaria-cangas/): O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica 'A creación do anticorpo' os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM. - [Presentadas as 'Dramaturxias Itinerantes' de 2020](https://erreguete.gal/2020/12/16/dramaturxias-itinerantes-clara-gayo-claudia-lucas/): As dramaturgas seleccionadas nesta tercera edición foron a galega Clara Gayo e a portuguesa Cláudia Lucas Chéu, dúas autoras nadas na década dos anos setenta que presentaron dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir.  - [Siglo mío, bestia mía](https://erreguete.gal/2020/12/16/siglo-mio-bestia-mia-lola-blasco-marta-pazos/): A montaxe de Pazos, afástase das reinterpretacións dos clásicos ás que nos ten acostumados nos últimos anos. O respecto ao texto é case escrupuloso e as atmosferas de son, auga, fume e luz crean momentos de enorme beleza que reforzan toda a simboloxía da peza. - [Esta revista non é miña](https://erreguete.gal/2020/12/15/esta-revista-non-e-mina/): Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas. - [El diablo en la playa](https://erreguete.gal/2020/12/14/el-diablo-en-la-playa/): Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno. - [Teatro Ó Cubo estrea 'Ningures'](https://erreguete.gal/2020/12/11/teatro-o-cubo-estrea-ningures/): A compañía galega Teatro Ó Cubo, formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal,  estrea Ningures, a súa nova obra para público familiar. A cita será este venres 11 de decembro na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada ás 18.30 h. - [Matarile presenta 'El diablo en la playa' na sala Ártika de Vigo](https://erreguete.gal/2020/12/11/matarile-presenta-el-diablo-en-la-playa-na-sala-artika-de-vigo/): Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e  Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense - FITO. - [Faladoiro virtual: 'Representacións Queer feministas no teatro'](https://erreguete.gal/2020/12/10/faladoiro-virtual-representacions-queer-feministas-no-teatro/): O dramaturgo, docente e director da erregueté | Revista Galega de Teatro, Afonso Becerra de Becerreá, o cal fará un percorrido por diferentes propostas escénicas e/ou dramatúrxicas a través dos corpos e das sexualidades non normativas, aquelas que confrontan ao sistema e terminan co poder da norma establecida. - [Volumen 2](https://erreguete.gal/2020/12/09/volumen-2/): Asistimos a un espectáculo íntimo, ofrecido pola Cía. Sandra Gómez, quen vén de explorar o espazo que para bailar lle dá a intimidade en variados proxectos centrados no corpo e no movemento (por exemplo, na súa proposta Solo los solos, que nace da revisión de famosos solos de danza). Nesta presentación de Volumen 2, a artista valenciana déixanos entrar no seu espazo íntimo a través do bater do seu corazón e da amplificación artificial do mesmo, da creación de espazos de son e de silencio, da palabra e, especialmente, da mirada que inclúe ao público na proposta. - [Xornadas 'De Corpos Presentes' na Coruña en decembro](https://erreguete.gal/2020/12/09/xornadas-de-corpos-presentes-na-coruna-en-decembro/): A Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas organiza, a partir deste venres día 11, seis actividades no espazo de intervención cultural NORMAL da Universidade da Coruña no marco das xornadas 'De Corpos Presentes', que se prolongarán durante varios días de decembro. - [Primeiras imaxes de 'O charco de Ulises' a nova produción do CDG](https://erreguete.gal/2020/12/07/primeiras-imaxes-charco-ulises-cdg/): 'O charco de Ulises' é a primera das tres producións propias desta temporada do Centro Dramático Galego e o Salón Teatro está sendo estes días o escenario dos seus ensaios. Santiago Cortegoso e Marián Bañobre dirixen esta versión libre da 'Odisea' de Homero. - [La teoría de la pelvis](https://erreguete.gal/2020/12/07/la-teoria-de-la-pelvis/): Mais, que é La teoría de la pelvis? A invitación ao Paraíso. É a investigación da flexibilidade da nosa propia articulación, cuxa mobilización require da mesma enerxía que podemos empregar para voar, viaxar á Lúa, cortar as unllas dos pés ou premer un botón. A enerxía, como sabemos polas leis da termodinámica, nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Xa que logo, podemos empregar esa enerxía en espertar ou quedar durmidxs, en movernos ou ficar quietxs, en explotar ou reprimirnos, en acadar o Paraíso ou quedar no chan. - [Esther Carrodeguas formará parte das residencias dramáticas do CDN](https://erreguete.gal/2020/12/05/esther-carrodeguas-residencias-dramaticas-cdn/): O obxectivo desta colaboración continuada, que se levará a cabo entre os meses de decembro de 2020 e xuño de 2021, é a creación dun novo texto teatral e a participación de maneira activa nas diferentes actividades do CDN. - [Ártika estrea 'Cambio de Foco' en coprodución co Centro Dramático Galego](https://erreguete.gal/2020/12/04/artika-estrea-cambio-de-foco-en-coproducion-co-centro-dramatico-galego/): En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab. - ['Brumario' de Javier Martín e Vertixe Sonora no MIHL Sons-XXI en Lugo](https://erreguete.gal/2020/12/03/brumario-de-javier-martin-e-vertixe-sonora-no-mihl-sons-xxi-en-lugo/): O concerto performativo abre este venres, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a oitava edición do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI.   A VIII edición do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI arranca este venres 4 de decembro até o próximo día 21. Baixo o título “Conversando co Presente”, desenvolveranse diversos concertos e charlas no auditorio municipal e no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo). A idea transversal do ciclo é a exploración do diálogo como elemento omnipresente no feito musical. Brumario é o espectáculo escollido para abrir o programa deste ano. En palabras do director […] - [5ª edición de SóLODOS en Danza Ourense](https://erreguete.gal/2020/12/02/5a-edicion-de-solodos-en-danza-ourense/): Vaise celebrar en formato virtual os días 3, 4 e 5 de decembro a través da páxina de Facebook de SóLODOS en Danza.   O Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos, SóLODOS en Danza Ourense, chega á súa quinta edición neste 2020. Por mor das circunstancias derivadas da pandemia da COVID-19, a programación completa, así como a presentación das pezas finalistas, vaise facer de xeito online, con artistas de Galicia, Cataluña, Andalucía, Aragón, Madrid e convidados de Costa Rica, México e Francia. Durante o Festival presentaranse seis obras  de novos creadores estatais dentro do Certame de Creación de […] - [12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva](https://erreguete.gal/2020/12/02/12-uvas-2-mulleres-e-1-oliva/): A través da metáfora das badaladas de Fin de Ano, vemos os soños e desilusións de dúas mulleres que (de non ser por algunhas características particulares) poderiamos ser calquera de todxs nós. O conxunto compón un cosmos no que poder ver a nosa vaidade como sociedade e pensar ben que queremos desexar para o ano vindeiro, non vaia ser que remate por cumprirse. - [Artes escénicas no Culturgal](https://erreguete.gal/2020/11/30/artes-escenicas-no-culturgal/): O Culturgal desenvolveu a súa décimo terceira edición esta fin de semana pasada en Pontevedra e foi retransmitido tamén en streaming dende a web da feira a través de tres canles diferentes: Foro, Escena e Libro. Entre o 27 e o 29 de novembro presentáronse un gran número de proxectos culturais e ofrecéronse espazos de encontro para abordar temas relacionados coa situación actual e a cultura. - [No sin mis huesos](https://erreguete.gal/2020/11/30/no-sin-mis-huesos/): Os ósos da memoria | Iván Fernández | | Foto: Vicente Romero |   No sin mis huesos é un espectáculo de danza e de creación colectiva de Iron Skulls Co., compañía con sede en Barcelona e gran proxección internacional, que foi presentado en Vigo na fin de semana do 20 de novembro. A peza xorde da celebración do 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes e, polo tanto, foi estreada no ano 2016. A mente obsesiva, o espazo onírico, os debuxos da vida do autor e as referencias ao Século de Ouro son as bases dende onde xerar unha […] - [Convócase o III Premio 'Laudamuco' para Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2020/11/26/convocase-o-iii-premio-laudamuco-para-textos-teatrais/): A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas.   Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e dous anos. Detrás daquela audaz iniciativa estaba a Compañía Antroido e, dirixindo ese proxecto escénico, o noso ilustre veciño Roberto Vidal Bolaño. Aquela decisión foi determinante para o o conxunto do sistema teatral galego e sen ela non se podería explicar a historia posterior do noso teatro. Coa intención de […] - [Resumo do IV Congreso CircoRed](https://erreguete.gal/2020/11/26/resumo-do-iv-congreso-circored/): O encontro anual do sector profesional do circo celebrouse entre o 23 e o 25 de novembro en formato online dende Santiago de Compostela. - [Artes escénicas no Festigual](https://erreguete.gal/2020/11/25/artes-escenicas-no-festigual/): O Festival de Artes pola Inclusión Cultural, Festigual, remata esta semana con actuacións presenciais na cidade da Coruña e retransmitidas por Internet. - [Isabel Risco estrea 'Bravas'](https://erreguete.gal/2020/11/25/isabel-risco-estrea-bravas/): Preséntase hoxe no Pazo da Cultura de Carballo, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Nesta peza a actriz amosa a súa particular visión da historia das mulleres galegas, - [Here Comes Your Man](https://erreguete.gal/2020/11/25/here-comes-your-man/): Anunciada coma unha montaxe que relata, de xeito cru e explícito, as consecuencias do acoso escolar pola orientación sexual, Here Comes Your Man céntrase no encontro de dous homes que foran compañeiros de colexio. - [A sétima edición de Escenas do Cambio xa ten programación](https://erreguete.gal/2020/11/24/a-setima-edicion-do-escenas-do-cambio-xa-ten-programacion/): O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino. - [A ESAD de Galicia e a Deputación de Pontevedra convocan o I Certame Microteatro da Memoria](https://erreguete.gal/2020/11/24/a-esad-de-galicia-e-a-deputacion-de-pontevedra-convocan-o-i-certame-microteatro-da-memoria/): O I Certame de Microteatro da Memoria busca estimular a escrita de pezas teatrais breves cuxo eixe temático sexa a memoria histórica. Podes consultar aquí as bases da primeira edición organizada pola ESAD e a Deputación de Pontevedra. - [IV Congreso CircoRed en Santiago de Compostela](https://erreguete.gal/2020/11/23/iv-congreso-circored/): O encontro anual do sector profesional do circo celebrarase do 23 ao 25 de novembro desde a Cidade da Cultura en formato online. Por carto ano consecutivo, CircoRed (Federación de Asociacións de Profesionais de Circo de España) reúne ás artistas circenses de todo o estado co obxectivo de reflexionar, aprender e traballar de xeito conxunto no crecemento do sector. No marco do V Encontro D10! para a Formación e Innovación en Circo que organiza a compañía galega Pistacatro, e coa colaboración da Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG), o congreso vaise desenvolver en Santiago de Compostela entre o 23 […] - [Armazenados](https://erreguete.gal/2020/11/23/armazenados-2/): A fábula da formiga | Iván Fernández | | Foto: Teatro Art’Imagem |   Un rapaz chega ao seu novo traballo como mozo de almacén. Un almacén no que o encargado se vai prexubilar nuns días. Días que ten o encargado para ensinarlle ao mozo as normas do seu lugar. Un lugar, o almacén, no que habitamos todos. Ata aquí, o argumento da coñecida obra de David Desola que a compañía portuense Teatro Art’Imagen vén de presentar en Vigo neste mes de novembro. Mais o argumento é tan só unha plataforma, un lugar dende onde ofrecer unha visión do mundo e […] - [Os monicreques de Kukas, Premio da Crítica de Galicia](https://erreguete.gal/2020/11/22/os-monicreques-de-kukas-premio-da-critica-de-galicia/): O xurado formado por Rut Balbís, Fernando Dacosta, Carlos Labraña, Patricia Meira, Manuel F. Vieites, Manuel Xestoso e Eulalia Agrelo, acordou entregar por unanimidade o premio a Os monicreques de Kukas na modalidade de Artes Escénicas. Chévere (Curva España) e Teatro Ensalle, as propostas finalistas.   O Premio da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas xa ten gañador na súa XLIII edición. O xurado, en deliberacións virtuais, outorgoullo a Os monicreques de Kukas pola súa obra Arquelina e pola traxectoria dunha compañía “pioneira en Galicia nun xénero teatral ao que tamén se pretende recoñecer con este premio”. Así mesmo, destácase na resolución do […] - [Pink Unicorns](https://erreguete.gal/2021/04/27/pink-unicorns/): Pink Unicorns é un espectáculo inesquecíbel, impresionante e conmovedor, por moitos motivos. Se cadra, o máis importante de todos, por amosar a posibilidade de bailar cos pais que no mundo teñen sido. - [Composto o equipo de escrita das pezas do 'Dramawalker Vite' de Chévere](https://erreguete.gal/2021/04/26/dramawalker-vite-dramaturxia/): Dramawalker é un proxecto orientado a crear ficcións sonoras xeolocalizadas como memoria viva dunha cidade emprendida polo Centro #Dramático Nacional coa veciñanza de tres cidades españolas. Xunto ao barrio compostelán de Vite, participan nesta primeira edición A Cañada Real de Madrid e O Poblenou de Barcelona. - [Vertebrata](https://erreguete.gal/2021/04/26/vertebrata/): Damos voltas sobre este nimbo de lume para non nos queimar, e porque dalgún xeito tamén arden estas tensións en Vertebrata, nese corpo do que até a roupa forma parte, cal muda ou pétala vermella soprada dende dentro para outro corpo aparecer. E aparece, finalmente, aparece. A camisa ábrese e Alejandra pon no espazo o máis interno: a columna, o latexo. - [Unha nova etapa para a Asociación Galega de Dramaturxia](https://erreguete.gal/2021/04/25/unha-nova-etapa-para-a-asociacion-galega-de-dramaturxia/): “Queremos, sobre todo, afirmarnos como interlocutores dentro do sector. Sabemos que o noso oficio ten moitas vertentes e queremos buscar o debido recoñecemento a todas elas”, expresa Zé Paredes, o novo presidente de DramaturGA. - [Diana Mera: "Soga e Cinsa emerxeu dunha ferida moi grande que estaba por sandar"](https://erreguete.gal/2021/04/24/diana-mera-entrevista/): Falamos con Diana Mera, creadora escénica e directora de Aporía Escénica, co gallo da volta aos escenarios da última montaxe da compañía: Soga e Cinsa, un tríptico renacentista para 11 bruxas. - [Ultimamente non leo moito teatro](https://erreguete.gal/2021/04/23/ultimamente-non-leo-moito-teatro/): O Día do Libro non é o Día do Teatro. Porque xa hai un día que é o Día do Teatro. O Día do Liro tampouco é o Día da Poesía, porque xa hai un día que é o Día da Poesía. O Día do Libro é o Día da Novela. Os libros son novelas. Cando a xente le, ou fala de ler, refírese a que le novelas. Ou nin iso. A xente di ler libros cando en realidade len manuais de autoaxuda para perder peso. Como moito unha biografía ou un ensaio. - [6coreógrafas: fin de semana de danza na Estrada](https://erreguete.gal/2021/04/22/6coreografas-danza-a-estrada/): 6coreógrafas, mostra de espectáculos de creadoras galegas en formato de solos de rúa ou escénicos, desenvólvese esta fin de semana no Concello da Estrada. Desde este venres ao vindeiro domingo, seis creadoras galegas presentarán as súas propostas unipersoais de danza na localidade pontevedresa. - [Kirenia Danza estrea 'Primeiro a vida!' en Oleiros](https://erreguete.gal/2021/04/22/kirenia-danza-estrea-primeiro-a-vida/): Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda 'Primeiro a Vida' ou 'Antes a Vida' ou 'Elixir a Vida', tres posibles traducións do verso de André Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio de 1968 en Francia. - [As Residencias Paraíso 2021 acollerán oito proxectos de artes vivas](https://erreguete.gal/2021/04/21/as-residencias-paraiso-2021-acolleran-oito-proxectos-de-artes-vivas/): As Residencias Paraíso do Colectivo RPM veñen de seleccionar as artistas que participarán este ano no programa. Dentro dun contexto de enorme vulnerabilidade provocada pola crise sanitaria, en palabras da organización, as Residencias Paraíso chegan á súa quinta edición. - [Taoísmo, Lynch e a néboa](https://erreguete.gal/2021/04/21/irreverencias-taoismo-lynch-e-a-neboa/): Irreverencias, a nova sección de opinión de Irene Moreira na erregueté | Revista Galega de Teatro, achegará notas, e outras crises da dirección de escena, para xerar debate e conversas nas tabernas telemáticas. - [Terceiro acto](https://erreguete.gal/2021/04/21/ivan-fernandez-critica-terceiro-acto/): Vivimos nunha sociedade que pretende esquecer. Poñendo en valor a eterna xuventude, a beleza baseada na aparencia, a enerxía física, o que se busca é esquecer o medo: medo a envellecer, a enfermar, a morrer. Vivimos nunha sociedade que procura esquecer unha parte fundamental da vida e que polo tanto non será capaz de vivir máis que a medias. - [Preséntase o Ciclo 'Mar en Danza' na Coruña](https://erreguete.gal/2021/04/21/presentase-o-ciclo-mar-en-danza-na-coruna/): ‘Mar en Danza’, que conta co apoio da Deputación da Coruña, nace coa intención de situar á cidade herculina como un referente no ámbito da disciplina a nivel nacional. Grandes figuras da danza, tanto bailaríns como coreógrafos, visitarán nos próximos meses A Coruña para impartir clases maxistrais e conferencias, ademais de actuacións e encontros abertos co público.  - [A primavera o sangue altera](https://erreguete.gal/2021/04/20/a-primavera-o-sangue-altera/): Será certo iso de que a primavera o sangue altera? Acertará a propia alteración, en hipérbato, da orde común desta frase respecto ao excepcional que anuncia? Desde logo, os poles fecundan o ar e moitas aves andan tamén en cerimonia de cortexo e creatividade. - [Redrum inicia os ensaios da súa nova produción, 'Un home con lentes de pasta’](https://erreguete.gal/2021/04/20/redrum-teatro-inicia-ensaios-nova-producion/): A compañía Redrum Teatro funciona como unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos e á edición de libros dende o ano 2009. Dende a súa fundación, a compañía levou a escena obras para o público familiar (Moito Conto, Roedores ou A nena que quería navegar) e diversos espectáculos para adultos, entre as que cómpre destacar Currículum vitae, Noiteboa, A canción do Elefante, Idiota, O mozo da última fila ou Invisibles, montaxe esta última galardoada cos Premios María Casares á dirección, á iluminación e o texto adaptado en 2019. - [A FEGATEA recibe o Premio da Cultura Galega 2020](https://erreguete.gal/2021/04/19/a-fegatea-recibe-o-premio-da-cultura-galega-2020/): Chelo Pampillón recolleu en nome da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) o galardón de Artes Escénicas da man de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega. No seu discurso de agradecementos salientou a traxectoria da federación e os seus principais logros e reivindicou a formación e a creación de público como ferramentas clave do teatro amador galego. - [Convocados os XXV Premios María Casares](https://erreguete.gal/2021/04/19/convocados-os-xxv-premios-maria-casares/): Os Premios de Teatro María Casares, organizados pola AAAG coa inestimable colaboración de entidades e institucións,  entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía,  maquillaxe e vestiario. - [Illas desertas](https://erreguete.gal/2021/04/19/critica-illas-desertas/): Unha peza literalmente fantástica. Non só polas súas formulacións utópicas respecto a unha vida menos produtiva e máis aventureira e amorosa coa natureza que nos acubilla, senón tamén, fantástica, polas imaxes oníricas e pola interacción humana e tecnolóxica con nós. - [Culturactiva estrea 'Conexión Pingüín'](https://erreguete.gal/2021/04/17/culturactiva-estrea-conexion-pinguin/): Será hoxe ás 20.30 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. Conexión Pingüín é unha comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi con texto de José Prieto e producida por Culturactiva Producións. Tralo éxito de Sénior, os dous actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida. A peza, que conta co apoio da AGADIC, a través das súas axudas á creación escénica, fala da incomunicación entre os seres humanos, un mal que fai estragos todos os días e a todas horas, pois  nesta era tecnolóxica, da […] - [In Between](https://erreguete.gal/2021/04/17/ivan-fernandez-critica-in-between/): O punto medio é, segundo a filosofía oriental, o punto xusto, a exacta medida entre dous extremos que provocan tensión, tirando en direccións opostas. Tan desastroso pode ser para o individuo habitar nun deses extremos, coma no outro. Porque nos extremos está o exceso. - [A Feroz estrea 'Do pracer e da morte'](https://erreguete.gal/2021/04/16/a-feroz-estrea-do-pracer-e-da-morte/): Será hoxe ás 19.30 horas na Sala Ártika, en Vigo, onde haberá tamén funcións mañá e pasado á mesma hora. - [O Centro Dramático Galego estrea 'Terceiro Acto'](https://erreguete.gal/2021/04/15/cdg-estrea-terceiro-acto/): Será hoxe ás 20.00 horas no Salón Teatro. Trátase dunha peza que reflexiona arredor da última etapa da vida protagonizan e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual. - [Trece asociacións das artes escénicas e da música rexeitan a privatización do Auditorio de Ourense](https://erreguete.gal/2021/04/14/asociacions-manifesto-contra-externalizar-auditorio-ourense-perez-jacome/): Mostran o seu apoio "tanto ao equipo técnico coma aos profesionais da programación que desenvolveron ao longo destes anos un traballo exemplar que, lonxe de atender a gustos particulares, responderon a criterios de calidade e de promoción da cultura". - [Paseos polo escenario](https://erreguete.gal/2021/04/13/paseos-polo-escenario/): Unha cousa que me gusta moito facer antes de actuar é dar un paseo polo escenario, mirar as táboas e imaxinar que clase de cousas puideron ocorrer alí. Supoño que a historia dos sitios queda reflectida en lugares así. - ['Atopémonos Bailando' leva a Lugo varias propostas de danza contemporánea galega](https://erreguete.gal/2021/04/13/atopemonos-bailando-leva-a-lugo-varias-propostas-de-danza-contemporanea-galega/): As xornadas, organizadas polo Colectivo Glovo, terán lugar os días 13, 16 e 17 de abril en distintos espazos da cidade. - [Francisco A. Vidal gaña o III Premio Laudamuco](https://erreguete.gal/2021/04/13/francisco-a-vidal-gana-o-iii-premio-laudamuco/): O seu texto, 'A vinganza de Fortimbrás', foi escollido polo xurado por unanimidade entre os 47 orixinais presentados nesta terceira edición do premio. - [Rocío González obtén o XIX Premio Maruxa Villanueva](https://erreguete.gal/2021/04/12/rocio-gonzalez-obten-o-xix-premio-maruxa-villanueva/): O xurado valorou “a súa capacidade de crear un personaxe complexo desde a contención no nivel expresivo do personaxe de Ada en Liberto”. Ademais, tivo en conta tamén “o seu compromiso como actriz na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos de moi diverso tipo”. - [Presentado o programa do Festival de Teatro Universitario de Lugo](https://erreguete.gal/2021/04/09/presentado-o-programa-do-festival-de-teatro-universitario-de-lugo/): O programa desta xa tradicional cita da vida cultural da cidade amurallada inclúe o obradoiro Da palabra ao canto, do canto á palabra, impartido por Vicente Fuentes, quen tamén ofrecerá o relatorio A voz polo corpo e a palabra: unha necesidad’, ademais dunha intervención das marionetas elaboradas durante o taller de creación coordinado por Marga Portomeñe. - [Presentada a programación da XIX Primavera enDanza de Carballo](https://erreguete.gal/2021/04/07/mocap-matias-daporta-primavera-endanza/): A programación da décimo novena edición do Primavera enDanza presentouse onte nunha rolda de prensa telemática na que participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o director da AGADIC, Jacobo Sutil, e membros das compañías galegas que encherán o Pazo da Cultura cos seus espectáculos. - [Fabián Bastos: "O podcast de 'Lapis e Papel' fai que o teatro chegue a máis público"](https://erreguete.gal/2021/04/07/fabian-bastos-lapis-e-papel-podcast-teatro-vigo/): Falamos con Fabián Bastos, creador e conductor de Lapis e Papel, podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca. - [O XXII FIT de Redondela celebrarase en setembro](https://erreguete.gal/2021/04/07/o-fit-redondela-2021-celebrarase-en-setembro/): Desde a organización aseguran que se están estudando diferentes escenarios posibles e son varias as liñas de traballo que están a desenvolver para facer un FIT 2021 seguro, motor social e cultural de Redondela. - [EM·NA](https://erreguete.gal/2021/04/06/emna/): EM·NA é a segunda peza do Colectivo Glovo de Lugo, formado por Esther Latorre (Lugo, 1990) e Hugo Pereira (Porto, 1994). Estreouse no Teatro Ensalle de Vigo, dentro do Festival Isto Ferve, o 26 de marzo de 2021, e puido verse tamén, nesa fin de semana, o 27 e o 28. EM·NA estivo en residencia na sala viguesa, onde Pedro Fresneda incorporou a acción lumínica. Un deseño de luz que redondea e amplifica aínda máis ese sentido dramatúrxico relacionado coa vibración e pulsado pola coreografía e polo envolvente espazo sonoro, que xera a música de BabyKatze. - [Galicia Escena PRO 2021 abre o prazo de presentación de propostas artísticas](https://erreguete.gal/2021/04/05/galicia-escena-pro-2021-abre-o-prazo-de-inscricion-para-profesionais/): O mercado abriu hoxe, e ata o vindeiro 20 de abril ás 15.00 h., o prazo de presentación de propostas cara á configuración do seu programa de exhibición que, como en edicións anteriores, incluirá tanto espectáculos en formato completo como os proxectos que as compañías avanzarán nas sesións de pitching. O rexistro debe realizarse a través dos formularios en liña da web www.galiciaescenapro.gal. - [Celestina, la tragiclownmedia](https://erreguete.gal/2021/04/05/celestina-la-tragiclownmedia/): Unha peza para desfrutar, tanto pola diversión que procura, como polo talento acróbata e mimético do elenco, así como pola proposta coreográfica da dirección de Javier Uriarte, na que se nota a súa experiencia como artista de circo. Mais non caian na idea de que se trata dunha peza para tódolos públicos, xa que a lubricidade da mesma Celestina orixinal tamén está presente nesta versión. - [El buen hijo](https://erreguete.gal/2021/04/01/el-buen-hijo/): Non é nada doado achegarse a este texto e propoñer unha versión que fuxa dos clixés e dos prexuízos. A mostra que nos presenta Territorio Violeta, a través dos ollos de Cecilia Geijo (unha das creadoras de La Pitbull Teatro), é un exemplo: dende o primeiro momento ofrécensenos uns personaxes nos que sabemos (ou adiviñamos e logo certificamos) que o bo é bo e o malo, malo. Para min, esta é a maior eiva da proposta, xa que malia que se nos ofrezan os traumas dun home que non acepta o seu papel de agresor, ou a falta de coidado dunha muller, por despiste ou exceso de confianza (nela mesma, no sistema que debería tela protexido, no mesmo agresor que logo tentará violala), a peza non ofrece dobreces, non hai claroscuros nos que adiviñar as contradicións dos personaxes, nos que atopar unha dimensión humana de dúbida, pracer ou sadismo. - [Pérez Jácome pretende licitar a xestión privada do Auditorio Municipal de Ourense](https://erreguete.gal/2021/03/31/perez-jacome-pretende-licitar-auditorio-ourense/): O espazo municipal terá unha explotación municipal, aseguran desde o Concello, tanto técnica como artística, a cal prestará dous servizos: un, "cubrir las necesidades municipales y las programaciones del Ayuntamiento", segundo o seu alcalde; e dous, realizar "programaciones por iniciativa propia, con eventos culturales del Show Business que deberán adaptarse a los gustos y a los tiempos de la ciudadanía y no a los gustos de los programadores o deseos de los proveedores del sector". - [O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual amplia o prazo de presentación de textos](https://erreguete.gal/2021/03/31/nova-dramaturxia-galega-actual-prazo/): A aparición de novas e novos dramaturgos, con ampla formación e con linguaxes innovadoras para a escena galega, está a consolidar unha nova xeración de autoras e autores recoñecidos dentro e fóra de Galicia, que deben enfrontar graves eivas no eido da publicación e difusión da súas creacións. - [Presentada unha iniciativa para nomear ao Auditorio Municipal de Cangas como 'Xosé Manuel Pazos Varela'](https://erreguete.gal/2021/03/29/presentada-unha-iniciativa-para-nomear-ao-auditorio-municipal-de-cangas-como-xose-manuel-pazos-varela/): A proposta, impulsada pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas - MITCFC, presentouse esta mañá no Concello da vila do Morrazo. - [Elisa e Marcela](https://erreguete.gal/2021/03/29/elisa-e-marcela-2/): Elisa e Marcela é xa historia do teatro galego, e de certo debería selo tamén do teatro nacional. É unha peza que hai que ver polo menos unha vez na túa vida, porque non importa a historia, non importa o interese que un poida ter no mito de Elisa e Marcela, senón como se nos conta esa historia. Iván Fernández está seguro de que se hoxe as mesmas Elisa e Marcela puideran ver o que A Panadaría fixo coa súa aventura vital, estarían máis que orgullosas e darían cada palabra por ben falada. - [Aberta a convocatoria para o Certame Coreográfico Compostela](https://erreguete.gal/2021/03/29/aberta-a-convocatoria-para-o-certame-coreografico-compostela/): A primeira edición do Certame Coreográfico Compostela propoñe un espazo para o encontro, o diálogo e o goce en torno á danza e ás artes do movemento. Así tamén, está pensado para congregar propostas que reflictan a diversidade do panorama da danza actual en Galicia. - [A AGADIC lanza as axudas á creación 2021 e impulsa unha bolsa de dramaturxia co CDG](https://erreguete.gal/2021/03/28/a-agadic-abre-o-prazo-para-solicitar-as-axudas-a-creacion-e-crea-unha-bolsa-de-dramaturxia-co-cdg/): Esta semana, coincidindo cos actos de celebración do Día Mundial do Teatro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, e os seus órganos depentes, AGADIC e Centro Dramático Galego (CDG), abriu o prazo para que as compañías de artes escénicas soliciten as axudas á creación deste ano, así como unha convocatoria para a recepción de proxectos de escrita dramática coa fin de desenvolver unha dramaturxia que será coproducida polo teatro público.  - [Janet Novás nomeada bailarina destacada do 2020 polos Premis de la Crítica d'Arts Escèniques de Catalunya](https://erreguete.gal/2021/03/28/premios-critica-catalunya-danza-bailarina-janet-novas/): A presenza e o movemento portentosos de Janet Novás acaban de ser recoñecidos co nomeamento aos Premios da Crítica de Catalunya, na categoría de Bailarina, polo seu traballo en Mercedes máis eu. - [Teatro... es ti](https://erreguete.gal/2021/03/27/teatro-es-ti/): "O teatro é unha arte milenaria e resistente. Resistiu as Guerras Mundiais, resiste os gobernos que tentan retirarlle os medios e os espazos, resiste os poderes que o censuran. Non hai quen esgane nin afogue o teatro. El sempre vai estar aí porque é connatural ao ser humano. Isto é incontestable e sinto poñerme así de taxativo, pero é. Non hai civilización humana sen teatro e canto menos teatro, menos civilización e menos humanidade", afirma Afonso Becerra no seu artigo de opinión quincenal con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro 2021. - [Evaristo Calvo asina o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2021/03/27/evaristo-calvo-asina-o-manifesto-galego-polo-dia-mundial-do-teatro/): O Teatro é unha arte inmortal, escribe Evaristo Calvo no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2021, mais esta arte inmortal ten a sua cara viva no agora, no tempo dos vivos que non somos inmortais. Esta xente de agora, está a soster ferida a arte que a humanidade se deu a si mesma para se recoñecer. As intérpretes somos un órgano vital no corpo desta arte inmortal. O teatro non vai morrer, pero hoxe sofre cando este órgano adoece de fame e medo. - [Helen Mirren asina a Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2021](https://erreguete.gal/2021/03/27/helen-mirren-asina-a-mensaxe-do-dia-mundial-do-teatro-2021/): "Son tempos ben difíciles para as xentes do espectáculo, artistas, persoal técnico, tremoias e máis para as mulleres que loitaron por esta profesión tan estigmatizada pola inseguridade económica", escribe a actriz Helen Mirren na súa mensaxe polo Día Mundial do Teatro 2021. - [O FLIV celebra o Día Internacional do Teatro con lecturas dos textos da Erregueté](https://erreguete.gal/2021/03/26/o-fliv-celebra-o-dia-internacional-do-teatro-con-lecturas-dos-textos-da-erreguete/): Esta fin de semana desenvolveranse unha trintena de actividades relacionadas coa cultura que se poderán seguir en aberto dende a web do festival e que seguirán estando dispoñibles durante un ano para a súa consulta. - [Vanesa Sotelo presenta 'IDUS' no proxecto internacional de Ricardo Correia sobre Europa na pandemia](https://erreguete.gal/2021/03/26/vanesa-sotelo-ricardo-correia-europa/): A dramaturga Vanesa Sotelo forma parte desta experiencia internacional con dramaturgos/as de distintos países europeos. A súa presencia está prevista de forma online o 26 de marzo ás 18.45 horas portuguesas e precisa de inscrición previa. - [Kirenia Danza inaugura o programa de Residencias Escénicas do Courel](https://erreguete.gal/2021/03/25/kirenia-danza-inaugura-o-programa-de-residencias-escenicas-do-courel/): Esta presentación aberta é o resultado da residencia coreográfica previa destes artistas durante o pasado Nadal i é a primeira dunha serie de catro mostras que traerán ás montañas luguesas aos mellores artistas escénicos de Galicia. Dita presentación quedou aprazada no seu momento polas restricións da pandemia. - [A MIT de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro coa estrea dun documental](https://erreguete.gal/2021/03/25/a-mit-de-ribadavia-celebra-o-dia-mundial-do-teatro-coa-estrea-dun-documental/): Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe. - [O mozo da última fila](https://erreguete.gal/2021/03/25/o-mozo-da-ultima-fila/): Será a relación mestre/alumno a que esta versión de Redrum ofreza como máis nitidamente inquietante, xa que o interese do mesmo pola familia, e máis en concreto pola nai (co seu “inconfundible aroma a muller de clase media”), queda confuso, sen decantarse por unha opción clara, ficando así este personaxe un tanto desleixado. - [Juan Mayorga: “Nos últimos tempos redescubrimos o teatro como o espazo no que podernos escoitar"](https://erreguete.gal/2021/03/24/juan-mayorga-nos-ultimos-tempos-redescubrimos-o-teatro-como-o-espazo-no-que-podernos-escoitar/): Falamos con Juan Mayorga, un dos dramaturgos máis representados, traducidos, estudados e premiados da nosa época. Autor, entre outras pezas, de Cartas de amor a Stalin, El cartógrafo, Himmelweg, El jardín quemado, Animales nocturnos, La lengua en pedazos, Hamelin ou La paz perpetua, o teatro de Mayorga fai dialogar o pasado co presente, o individuo coa súa sociedade e a moral coa barbarie. - [Colectivo Glovo presenta no Ensalle 'EM·NA', a súa nova peza](https://erreguete.gal/2021/03/24/colectivo-glovo-presenta-no-ensalle-em%c2%b7na-a-sua-nova-peza/): Colectivo Glovo ennmarca este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”. - ['Las dos en punto': As Marías volven camiñar na versión en castelán de 'Voaxa e Carmín'](https://erreguete.gal/2021/03/23/las-dos-en-punto-as-marias-volven-caminar-na-version-en-castelan-de-voaxa-e-carmin/): O Teatro Español do Ayuntamiento de Madrid recupera o texto de Esther F. Carrodeguas nunha montaxe dirixida por Natalia Menéndez e con Mona Martínez e Carmen Barrantes como As Marías. Poderá verse dende o 22 de abril ata o 23 de maio nas Naves del Español. - [ArtesaCía estrea 'Illas Desertas' en Tui](https://erreguete.gal/2021/03/23/artesacia-estrea-illas-desertas-en-tui/): llas Desertas, de ArtesaCía, pretende habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír fóra, cando nace dentro de nós esa sensación de baleiro que o material non pode encher. Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia: a fallida volta ao mundo polo ecuador da aviadora Amelia Earhart, e a expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. - [Atlântico](https://erreguete.gal/2021/03/23/atlantico/): Atlântico, de Tiago Cadete, traz ao palco uma discussão necessária e urgente sobre o colonialismo e a criação de imaginários histórico sque devem ser desconstruídos e permitir assim um olhar mais realista e desassombrado sobre os factos históricos. - [Máis de 140 pezas optan a formar parte do programa do 32º Festival do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2021/03/22/mais-de-140-pezas-optan-a-formar-parte-do-programa-do-32o-festival-do-teatro-galego/): Presentáronse un total de 141 pezas candidatas, fronte ás 104 do ano pasado, o que supón un 40 por cento máis que a edición anterior. - [Atraco, paliza y muerte en Agbanäspach](https://erreguete.gal/2021/03/22/atraco-paliza-y-muerte-en-agbanaspach/): Atraco, paliza y muerte en Agbanäspach é una obra macarra que sabe xogar co público e acompañalo durante dúas horas polos distintos puntos de vista dun verdadeiro atraco. A realidade e a ficción entrecrúzanse en diversos planos, onde a metateatralidade é a vencedora. - [Fernando Jorge Lopes: "Os problemas na cultura em Portugal não resultam do surto epidémico"](https://erreguete.gal/2021/03/21/fernando-jorge-lopes-os-problemas-na-cultura-em-portugal-nao-resultam-do-surto-epidemico/): Falamos con Fernando Jorge Lopes, actor, director artístico e membro fundador de Teatro Extremo. Esta compañía nacida na cidade de Almada en 1994 dirixe os seus espectáculos ás novas xeracións e á familia baixo as coordenadas dun humor crítico e reflexivo. Como compañía residente garante desde 2015 a programación do Teatro-Estúdio António Assunção e é responsábel de Sementes-Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público. - [O Festival Atlántica celebra o Día Internacional da Narración Oral](https://erreguete.gal/2021/03/20/o-festival-atlantica-celebra-o-dia-internacional-da-narracion-oral/): No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos. Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países. - [Nova xunta directiva da AAAG](https://erreguete.gal/2021/03/20/nova-xunta-directiva-da-aaag/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena, é unha das entidades con maior percorrido e proxección do tecido asociativo do noso sector cultural. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma. Entre as súas funcións, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos máis sobranceiros do calendario cultural en Galicia: os Premios de Teatro María Casares. - [Xoguemos pois!](https://erreguete.gal/2021/03/20/dia-do-teatro-para-a-infancia-2021/): Os escenarios, cando menos o 20 de marzo, haberían estar ateigados de laranxas, de barrigas verdes, de espantallos, de apalpadores, de formigas, de meigas, espiñas de toxo e de tantos e tantas personaxes que poboan a nosa literatura dramática infantil, en cada unha das súas vertentes. - [Pistacatro estrea DROP, unha metáfora da vida con malabares](https://erreguete.gal/2021/03/19/estrea-drop-pistacatro/): Pistacatro, compañía de novo circo galega, presenta DROP como un espectáculo non só de malabares senón de malabaristas, de persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar. - [Larraitz estrea 'Fábulas da montaña' en directo e streaming](https://erreguete.gal/2021/03/19/larraitz-estrea-fabulas-da-montana-en-directo-e-streaming/): En Fábulas da montaña, escrita e dirixida por Inacio Vilariño e protagonizada por Larraitz Urruzola, Concepción Arenal repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Cantabria trala morte do seu pai. Alí, na convivencia cos animais da casa, e ante o respecto de lobos e osos, escribe o seu libro Fábulas en verso originales; historias onde destaca a súa loita polos dereitos das mulleres, das clases desfavorecidas e a defensa da educación como medio para acadar a igualdade. - [Anota no que vas](https://erreguete.gal/2021/03/19/anota-no-que-vas/): Irreverencias, a nova sección de opinión de Irene Moreira na erregueté | Revista Galega de Teatro, achegará notas, e outras crises da dirección de escena, para xerar debate e conversas nas tabernas telemáticas. - [A AGPXC presenta un 'manual de boas prácticas' na xestión de espectáculos ao vivo](https://erreguete.gal/2021/03/18/a-agpxc-presenta-un-manual-de-boas-practicas-na-xestion-de-espectaculos-ao-vivo/): A intención deste manual é a de establecer dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo. A presidenta da AGPXC, Pilar Portela, descatou durante a presentación que “desde a asociación queríamos que fose eminentemente práctico e útil para todas as axentes que participan nun espectáculo e que poñemos a disposición de todo o sector”. - [Salvador](https://erreguete.gal/2021/03/18/salvador-2/): Salvador, o espectáculo de Borja Fernández arredor do seu avó Benito, é un monumento á memoria. Así o define Iván Fernández nesta análise dunha das montaxes máis interesantes da escena galega dos últimos anos. - [Abismo Caracol estrea 'Entelequias' na Coruña](https://erreguete.gal/2021/03/17/abismo-caracol-estrea-entelequias-na-coruna/): Entelequias, peza teatral escrita por Darío Autrán para a súa compañía Abismo Caracol, subirá o pano do Fórum Metropolitano da Coruña este xoves 18 de marzo. En escena, xunto ao propio Autrán, están as actrices Nerea Brey e Sabela Hermida, baixo a dirección de Xosé Leis. Esta proposta presenta unha estética elegante que leva o texto de Autrán a lugares afastados da realidade. A montaxe xoga con varios planos escénicos nos que a iluminación ten un papel fundamental na procura dun realismo sucio.  - [O charco de Ulises](https://erreguete.gal/2021/03/17/o-charco-de-ulises-libro-santiago-cortegoso/): Atendendo á estrutura superficial, á tona textual, O charco de Ulises efectivamente pode entenderse como unha versión libre da Odisea homérica. Mais logo, cando nos debruzamos no texto, atentos a como se articula ese traspaso ao “contexto transatlántico”, comprobamos, na nosa lectura, que a tal versión vai alén do anunciado, moi especialmente ao mesturar dous cronotopos (marco espazo-temporal dunha determinada narrativa), ben diferentes: o que lle é propio á vella narrativa homérica e o que derivaría dos contos e historias, mesmo personaxes, da emigración galega, coa súa propia épica. Por iso dicimos nós que se trataría dunha versión “libérrima”. E nese confronto de cronotopos, tamén abrollan os propios da persoa que se aplica na lectura, coas súas expectativas e coa súa historia persoal. - [O artista inauténtico non pensa no porqué](https://erreguete.gal/2021/03/16/o-artista-inautentico-non-pensa-no-porque/): O teatro autoriza unha relación co sentido-sensación que a razón non comprende. A razón, que son palabras, non chega a esa habitación. E eu, que son dramaturgo, estou escribindo isto porque a dramaturxia non é unicamente unha sucesión de sílabas, a ver se o imos pillando. A dramaturxia organiza as sensacións do feito teatral. Recolle e sitúa todo o que significa, todo o que comunica: o que é linguaxe. E xa dicía Derrida que non hai nada fora da linguaxe. - [Home: A Place Within](https://erreguete.gal/2021/03/15/home-a-place-within/): En Home: A Place Within de Ana Beatriz Pérez xunto coa Hedwig Dances de Chicago, a concepción poética e íntima, tamén lúdica, na coreografía, sumada á singularidade dos corpos e dos espazos, así como a montaxe e edición de vídeo, realizadas por Armando Martén, coa asistencia de Jacob Buerger, xeraron unha peza que nos libera dos efectismos e intrigas de guión das series de ficción e que, no entanto, nos mete en casa allea, para sentir a fascinación ante o fogar como fonte de movemento e expresión inefábeis. - [32m²](https://erreguete.gal/2021/03/14/32m%c2%b2/): 32m² de ButacaZero fai que o público desfrute coas absurdezas, coas contradicións e coas ansias de liberdade que a pandemia trouxo consigo. Un canto á liberdade máis urbanita que fará rir a máis de un. - [Diversas entidades culturais demandan a reapertura do Auditorio de Ourense](https://erreguete.gal/2021/03/13/diversas-entidades-culturais-demandan-a-reapertura-do-auditorio-de-ourense/): Escena Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Plataforma Artes do Movemento (PAM), a Asociación de Compañías de Danza "Emprendo Danza", a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG), a Unión Internacional da Marioneta de Galicia (UNIMA), Músicas ao Vivo, a Academia Galega de Teatro, a Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (TESGAL) e a Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE) emitiron onte, venres 12 de marzo, un comunicado no que rexeitan a decisión do Concello ourensán, liderado por Gonzalo Pérez Jácome, de manter pechado o Auditorio Municipal desde principios deste ano 2021.  - [ButacaZero leva o confinamento a escena en '32m²'](https://erreguete.gal/2021/03/12/butacazero-leva-o-cofinamento-a-escena-en-32m2/): A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m², o novo espectáculo de ButacaZero, pon o foco sobre a convivencia da sociedade coa precariedade e as desigualdades na súa vida cotiá a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación. Cuestións como a soidade, o abandono, as complexidades das relacións interpersoais ou o estrés e o os ritmos frenéticos impostos na “vella normalidade” serán algúns dos temas que se visualizarán nesta peza. - [Expresión dramática infantil](https://erreguete.gal/2021/03/12/expresion-dramatica-infantil/): Nesta sección, Libros de vello / Libros de saldo, presentamos traballos substantivos nas diferentes disciplinas que conforman o campo dos estudos teatrais pero tamén as que se acollen baixo a denominación de disciplinas da creación teatral, tamén ditas ciencias do teatro. Son libros ata hai pouco difíciles de atopar, pero o auxe das librerías de vello permítenos atopalos e mercalos a un prezo realmente módico, case de balde, o que é unha verdadeira regalía considerando todo canto eses libros esquecidos poden achegar ás nosas librerías pero sobre todo ás nosas cabezas (e corpos). Ademais son librerías que ofrecen un servizo normalmente de primeira calidade e os libros chegan en pouco tempo e en magníficas condicións. - [Não deixes para amanhã o espetáculo que podes ver hoje](https://erreguete.gal/2021/03/11/nao-deixes-para-amanha-o-espetaculo-que-podes-ver-hoje/): O ano 2020 trouxe algumas mudanças difíceis para o nosso dia a dia que continuam em 2021. A pandemia obrigou a muitas pessoas (não todas) a ficar em casa. Quando as coisas pareciam melhorar e pudemos voltar a sair, inventou-se o termo “nova normalidade” como estranha tentativa de explicar que as coisas se tinham alterado, mas eram iguais. Que paciência! - [Siveria](https://erreguete.gal/2021/03/11/siveria/): Esta obra non se sustenta na reivindicación panfletaria, nin no ton lacrimóxeno. Non vemos nin escoitamos o sufrimento das vítimas adolescentes perseguidas, pero podemos imaxinalas. Porque a realidade seguramente sexa moito peor e a importancia do suicidio, como estratexia de fuxida, é un feito que non evita Suárez Lema. - [Acciones concomitantes. Un método para la actuación teatral](https://erreguete.gal/2021/03/10/acciones-concomitantes-un-metodo-para-la-actuacion-teatral/): Neste libro, Acciones concomitantes. Un método para la actuación teatral, Jaroslaw Bielski parte de dous mestres da interpretación que constitúen un exemplo magnífico do que en Teoría da Interpretación se podería denominar Paradigma Indutivo, fronte ao Paradigma Dedutivo que propoñen Vsevolod Meyerhold e Bertolt Brecht. - [Sobre cancelacións e teatros pechados](https://erreguete.gal/2021/03/09/sobre-cancelacions-e-teatros-pechados/): Reivindico, explicitamente, o meu dereito a poder ir ao teatro, independentemente do poder adquisitivo que teña, independentemente de onde viva. A pandemia distribúenos por “áreas sanitarias” e, en cada unha delas, ademais de haber un hospital importante de referencia, tamén hai teatros e auditorios construídos con diñeiro público (que para gastar en tixolos e na construción si que andan listos os políticos) pero, polo xeral, infrautilizados. - [Aberto o prazo de inscrición para o Camiño Escena Norte 2021](https://erreguete.gal/2021/03/09/aberto-o-prazo-de-inscricion-para-o-camino-escena-norte-2021/): Camiño Escena Norte é un proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas que pretende conectar, por terceiro ano consecutivo, a produción cultural de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia tomando como referencia e fío condutor o percorrido dos camiños do norto a Santiago de Compostela; rutas que poñen en contacto estes 4 territorios e sobre o que se quere crear un territorio cultural común, cunha relación fluída no intercambio e a relación cultural entre os nosos sectores escénicos. - [El nacimiento de la bailarina vieja](https://erreguete.gal/2021/03/08/el-nacimiento-de-la-bailarina-vieja/): El nacimiento de la bailarina vieja é, precisamente, un traballo que nace dun proxecto de investigación, chamado La edad de la carne, e no que a bailarina e coreógrafa Elena Córdoba observa o proceso de envellecemento do corpo e como este afecta á creación artística, especialmente ás artes do corpo. Apoiada neste enorme dispositivo científico-creativo, a bailarina invítanos a somerxernos no universo da “bailarina vella”, metáfora da figura grácil e artística, convertida agora nunha masa informe que non deixa de medrar e sobre a que, tamén, medra a mesma vida: plantas, flores. - [A Xunta abre nova convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021](https://erreguete.gal/2021/03/06/fondo-proxectos-culturais-xacobeo-2021/): O prazo para participar nesta edición abrirá o luns 8 de marzo e estará operativo durante un mes e poderán acceder a esta convocatoria todas as ramas do sector cultural con proxectos presenciais, virtuais, materiais ou unha combinación de varias opcións que se vaian realizar antes do 15 de decembro de 2021. - [Hedwig Dances estrea 'HOME' en formato virtual](https://erreguete.gal/2021/03/06/hedwig-dances-estrea-home-en-formato-virtual/): A peza, dirixida pola coreógrafa Ana Beatriz Pérez, estréase mañá, 7 de marzo, ás 22.00 horas, na web da compañía con sede en Chicago. - [trasPediante estrea 'Nina Ninette' en Santiago](https://erreguete.gal/2021/03/05/traspediante-estrea-nina-ninette-en-santiago/): Este conto iniciático, inspirado no Ballet Triádico que Oskar Schlemmer presentou na Bauhaus en 1921, fala sobre a beleza a rebeldía. María Torres, da compañía Elefante Elegante, forma xunto a Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, de trasPediante, son as creadoras de Nina Ninette nos apartados de escrita, dirección e coreografía. - [Comeza a XXI Mostra de Teatro Clásico en Lugo](https://erreguete.gal/2021/03/04/comeza-a-xxi-mostra-de-teatro-clasico-en-lugo/): A vixésima primeira edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo arranca este xoves día 4. Ao longo do mes de marzo, o Auditorio Gustavo Freire da cidade acollerá unha programación variada de teatro clásico con nove compañías galegas e estatais.  - [Anxos abandonados en mosaicos despois do combate](https://erreguete.gal/2021/03/04/anxos-abandonados-en-mosaicos-despois-do-combate/): O único ser vivo capaz de reflexionar sobre a súa propia traxedia, a de ser, é o ser humano. Capaz de premer o botón que fai estourar a bomba e chorar logo polos seus resultados. O único ser vivo capaz de matar ax conxénere e cantar a súa soidade. O único capaz de crear e destruir ao mesmo tempo e mesmo, facer do proceso unha obra de arte. Arredor disto orbita a nova proposta escénica de Julio Fer e Anómico Teatro: Anxos abandonados en mosaicos despois do combate. - [Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas](https://erreguete.gal/2021/03/03/anton-reixa-santiago-cortegoso-e-raul-dans-finalistas-dos-premios-follas-novas/): Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos. - [Só un home bo](https://erreguete.gal/2021/03/03/so-un-home-bo/): Lendo o título que Raúl Dans escolle para o seu texto, e despois de ter lido tamén a propia peza, cabe preguntarse onde é que está o “home bo” ao que fai referencia, ou mesmo se é que hai algún home bo agochado entre as súas cadeas de palabras. Pois na maneira de compoñelo, o tal título semella querer trasladar a idea de que alguén, despois de todo, ou malia todo, non deixa de ser unha boa persoa. - [Tórtola](https://erreguete.gal/2021/03/02/tortola/): María Jose Peris interpreta a unha Tórtola mística, idealista e chea de contradicións. A figura da feminidade máis madura, grandilocuente e, ás veces, toda unha caricatura. Porque a Carmen Tórtola de Begoña Tena bebe diso, do extremo e da sutileza; de continuar coa mentira ou de desbotala. - [Convocado o XLVI Premi Born de Teatro](https://erreguete.gal/2021/03/02/convocado-o-xlvi-premi-born-de-teatro/): As pezas presentadas ao Premi Born deben ser inéditas e estar escritas en calquera das dúas linguas oficiais das Illas Baleares. A dotación manténse en 14000 euros, ademais da edición do texto nas catro linguas oficiais do Estado.  En galego, a erregueté | Revista Galega de Teatro vén traducindo e publicando as pezas gañadoras do Born desde hai anos. A última, Os satélites de Ricardo Gázquez, con tradución da poeta Tamara Andrés, publicada no número 100 da revista.  - [Matías Daporta comisaría o Festival Me Gustas Pixelad_2021](https://erreguete.gal/2021/03/01/matias-daporta-comisaria-o-festival-me-gustas-pixelad_2021/): En formato híbrido, presencial e online, presenta dez pezas de trece artistas que ofrecen un espazo de observación e experimentación en torno ao coidado, a cura e a dixestión dun evento traumático. A programación do festival Me Gustas Pixelad_2021 oscila, de maneira provocativa, entre a realidade e a ficción, a historia e a memoria, o humor e a reflexión, a participación e a contemplación. - [Teatro do Noroeste-CDV estrea 'Palhaço Verde' por Internet](https://erreguete.gal/2021/03/01/teatro-do-noroeste-cdv-estrea-palhaco-verde-por-internet/): Mañá arrancan as funcións escolares e os sábados 6 e 13 de marzo ás 17.00 horas galegas hai pases para o público xeral, que se poden seguir dende a web do Teatro Municipal Sá de Miranda. - [Engaiolarte recupera o teatro de Xohana Torres](https://erreguete.gal/2021/03/01/engaiolarte-recupera-o-teatro-de-xohana-torres/): O teatro de Xohana Torres estableceu paralelismos co da súa época. A súa estética decantouse cara a un culturalismo arrimado a unha fonda compoñente política. E nesa fusión entre a linguaxe elevada e o contido crítico reside grande parte da súa forza. Engaiolarte reedita dúas pezas da autora ferrolá: A outra banda do Íberr e Un hotel de primeira sobre o río. - [Compañía Eléctrica estrea 'Aibō' en Cangas](https://erreguete.gal/2021/02/26/compania-electrica-estrea-aibo-en-cangas/): Será mañá, sábado 27 de febreiro, ás 18.00 horas, no Auditorio Municipal. Trátase dunha fábula moderna o para público familiar inspirada na Carapuchiña Vermella. - [Excéntricas estrea 'Estrela do día' na Coruña](https://erreguete.gal/2021/02/26/excentricas-estrea-estrela-do-dia-na-coruna/): Estrela do día é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Con dirección de Marcos PTT Carballido, dramaturxia de Quico Cadaval, e as interpretacións de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, o novo espectáculo de Excéntricas preséntase o sábado 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. - [Anómico Teatro estrea 'Anxos abandonados en mosaicos despois do combate' en Vigo](https://erreguete.gal/2021/02/25/anomico-teatro-estrea-anxos-abandonados-en-mosaicos-despois-do-combate-en-vigo/): Este novo proxecto de Anómico Teatro, con texto, espazo, iluminación e dirección de Julio Fernández e con Xosé Manuel Esperante en escena, preséntase no Auditorio Municipal mañá e o sábado, ás oito da tarde. - [El abrazo](https://erreguete.gal/2021/02/25/el-abrazo/): Acórdaste, da última vez que deches/recibiches un abrazo? O último espectáculo de Provisional Danza, motor creativo da bailarina Carmen Werner, reflexiona sobre o amor e o cariño a través dos corpos de Leyson Ponce e da propia Werner na escena. - [O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso](https://erreguete.gal/2021/02/24/o-colectivo-rpm-convoca-unha-nova-edicion-das-residencias-paraiso/): As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá. - [A cámara escura](https://erreguete.gal/2021/02/24/a-camara-escura/): Falar coas mozas e mozos de temas 'tabú' e próximos ás súas realidades. Iso é o que acada José Luis Baños de Cos coa súa peza 'A cámara escura', gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. A través de diálogos áxiles, vertixinosos como os que se envían por WhatsApp, escritos nunha linguaxe actual, que non fai que o galego mingúe na súa calidade, pola contra, achégao a potenciais falantes, a neofalantes dos que estamos tan necesitados nestas franxas de idade. Crush, best friend forever, influencer, superlike... son termos que se mesturan con naturalidade co léxico propiamente galego, unha lingua actual, que medra e evoluciona. - [Mouchos, curuxas, sapos e bruxas](https://erreguete.gal/2021/02/23/mouchos-curuxas-sapos-e-bruxas/): Que nin a pandemia nin os poderes políticos nos volvan pechar os teatros! Eses lugares de encontro, onde o extraordinario é intensificado. Neste artigo de opinión, Afonso Becerra, director da erregueté | Revista Galega de Teatro, fai balance da reapertura dos espazos para as artes escénicas en Galicia. - [A segunda edición do ciclo Lugo en Danza levará nove pezas á cidade](https://erreguete.gal/2021/02/23/a-segunda-edicion-do-ciclo-lugo-en-danza-levara-nove-pezas-a-cidade/): Apostar polo traballo dos artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas. Este é un dos obxectivos da segunda edición do ciclo Lugo en Danza (LED) que vén de presentar a concelleira de Cultura da cidade amurallada, Maite Ferreiro. - [Xornadas de danza e artes vivas: A Cultura (Plural) é un Dereito](https://erreguete.gal/2021/02/23/xornadas-de-danza-e-artes-vivas-a-cultura-plural-e-un-dereito/): O encontro celebrarase os días 11 e 12 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Ademais, os días 8, 9 e 10 o coreógrafo portugués João Fiadeiro impartirá no Centro Ágora un obradoiro sobre a composición en tempo real. - [Omma](https://erreguete.gal/2021/07/15/omma/): Os oito bailarinos africanos de Omma do Josef Nadj congregam os seus oito fôlegos numa reunião com muita terra e muita raiz. Tanta quanto poderiam até figurar um ajuntamento de deuses dançantes. Mas não são deuses, são homens que gritam, que cantam, que se agitam aos ritmos arcaicos de possíveis rituais. Homens negros de fato preto que despem o seu ser no estar dançante. - [Quem matou o meu pai](https://erreguete.gal/2021/07/15/quem-matou-o-meu-pai/): Nessa mesma linha está o texto Quem matou o meu pai do escritor francês Édouard Louis, um rapaz que não chega aos trinta anos, e que escreve, da própria experiência biográfica, sobre o classismo encoberto e a injustiça social, geralmente aceite no denominado primeiro mundo. Na adaptação do prestigioso encenador belga Ivo van Hove, o texto do romance torna-se num monólogo povoado de diálogos para o público, como amigo cúmplice ou mesmo como pai, mudando a voz emissora também para esse mesmo pai presente e ausente ao mesmo tempo. Um pai que olha para o seu filho homossexual, com um amor pálido e com desprezo. Uma mistura que o prodigioso ator Hans Kesting é capaz de transmitir dum modo profundamente impactante e esmagador. - [A MIT de Ribadavia presenta 'O tsunami' de Marcos Abalde](https://erreguete.gal/2021/07/14/a-mit-de-ribadavia-presenta-o-tsunami-de-marcos-abalde/): A edición da peza gañadora do 15º Premio Abrente de Textos Teatrais preséntase mañá nun acto no Concello de Ribadavia que marca o inicio da MIT 2021. Mañá, xoves 15 de xullo, ás 21.00 horas, a 37ª edición da MIT de Ribadavia arranca coa presentación da edición da peza gañadora do Premio Abrente 2020: O tsunami, do dramaturgo vigués Marcos Abalde. O Salón de Actos do Concello de Ribadavia acollerá o acto no que intervirán o autor; o director artístico da Editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, Xosé Lois Vázquez; a Concelleira de Cultura, Paula Rodríguez; e o director da […] - [Esther F. Carrodeguas: "O conflito principal era que pasa cando non se contempla a idea de muller nin de home"](https://erreguete.gal/2021/07/14/esther-f-carrodeguas-entrevista-lgtbiq/): É un conflito todo aquilo que se afasta do binario, é dicir, do dualismo de xénero que establece ó feminino e ó masculino como as únicas casas posibles. Éo, un conflito, un territorio de tensión, porque supón o rexeitamento do réxime do NormalTM. Así, cada 14 de xullo dende o ano 2012, ante o non recoñecemento legal de identidades disidentes na maioría dos países do mundo (entre outras moitas discriminacións e violencias), dáse o Día Internacional das Persoas Non-Binarias. Nunha data máis preto, o 13 de novembro de 2020, estreouse Feminíssimas pola produtora de espectáculos teatrais De Ste Xeito, a primeira peza galega en incluír a unhe personaxe non binarie e en tratar de cheo, ou intentalo, a súa realidade detractora do cisheteronormativo. Falamos coa dramaturga da obra, Esther F. Carrodeguas a propósito da creación e inclusión na mesma dun personaxe non-binario. - [Fantasía para unha dramaturxia de verán](https://erreguete.gal/2021/07/13/fantasia-para-unha-dramaturxia-de-veran/): O certo é que eu escribo para satisfacer as miñas fantasías. E, claro, un dos grandes atractivos de colocar palabras nunha páxina en branco é que todo ten cabida. Hai algo erótico na viaxe da construción dun texto, nese furgar no interior e rebuscar momentos reais, irreais ou improbables. Na elaboración dun conxunto de accións, na procura das palabras precisas, na mensaxe, no destino. Eu escribo para satisfacer o que nunca me sucedeu. Non falo dunha escrita terapéutica, pero si dunha escritura resolvedora das tramas que a vida deixa no aire. Ese é o meu punto de partida, e logo vén todo o resto. - ['El viento es salvaje', Premio do Público da 38º MITCF de Cangas](https://erreguete.gal/2021/07/12/el-viento-es-salvaje-premio-do-publico-da-xxxviii-mitcf-de-cangas/): El viento es salvaje conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous dos personaxes femininos máis apaixonantes da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia, en verso, con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada. - [Espécies Lázaro](https://erreguete.gal/2021/07/12/especies-lazaro/): Atendendo ao seu ambiente marítimo, a peza navega entre as augas da historia como navega entre os dous países que colaboran na súa produción, xa que para esta ocasión o Teatro Art’Imagem contou coa participación da compañía galega Incendiaria, establecendo así unha nova comunicación entre Portugal e Galiza. A directora e dramaturga Vanesa Sotelo escribe e dirixe unha peza que comunica moitos outros aspectos alén de países. Nas Espécies Lázaro viaxan idiomas, espazos temporais, formas de facer teatro. É por iso que, para min esta peza podería ben ser definida como un “teatro líquido” precisamente pola fluidez coa que se transmiten tódolos diferentes aspectos que compoñen a súa partitura. - [NarraSarria encherá o verán de contos e historias para cativos e adultos](https://erreguete.gal/2021/07/10/narrasarria-enchera-o-veran-de-contos-e-historias-para-cativos-e-adultos/): NarraSarria nace sendo o primeiro Festival de Narración Oral e Contacontos da vila luguesa. Unha actividade que levará oito espectáculos ás rúas de Sarria durante os domingos de xullo e o primeiro de agosto. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación do Concello de Sarria. - [A Colección DiTeatro de Positivas suma tres novos títulos](https://erreguete.gal/2021/07/09/a-coleccion-diteatro-de-positivas-suma-tres-novos-titulos/): A Colección DiTeatro de Edicións Positivas sumou esta semana, coincidindo coa celebración do V Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, tres novos títulos dramáticos. Trátanse das oito pezas das dúas últimas edicións do devandito torneo organizado pola MITCFC e DramaturGA, así como unha peza inédita de AveLina Pérez, titulada Ese silencio. - [FEGATEA celebra o Premio da Cultura Galega cunha xornada de teatro no Gaiás](https://erreguete.gal/2021/07/09/fegatea-celebra-o-premio-da-cultura-galega-cunha-xornada-de-teatro-no-gaias/): A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) celebra este sábado 10 de xullo un acto coa maior representación dos seus grupos federados. No Xardín Literario e no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, FEGATEA celebrará o seu Premio da Cultura Galega 2020 na modalidade de Artes Escénicas, concedido o pasado mes de abril. O evento, organizado co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación da Cidade da Cultura-Gaiás, ten aforo limitado e só estará aberto a representantes acreditados da FEGATEA. - [Urutau publica a 'Crónica dunha heterosexual insatisfeita' de María Ángeles Iglesias](https://erreguete.gal/2021/07/08/urutau-publica-a-cronica-dunha-heterosexual-insatisfeita-de-maria-angeles-iglesias/): Crónica dunha heterosexual insatisfeita, creación de María Ángeles Iglesias coproducida por Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego, reabriu o Salón Teatro de Compostela despois do peche por mor da crise sanitaria da Covid-19 o pasado 4 de xullo 2020. Agora, esas palabras que foron escritas para ser corpo e voz en escea, publícanse nun libro grazas á Editora Urutau. - [Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas](https://erreguete.gal/2021/07/07/anxo-manoel-gana-o-v-torneo-de-dramaturxia-da-mitcf-de-cangas/): O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa escrita teatral, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. A decisión final estivo, coma sempre, nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel coa súa peza Utopía, interpretada polas actrices Sonsoles Cordón e Pía Nicolletti. - ['Quixote', de Pedras de Cartón, gaña o Certame Barroco Infantil do Festival de Almagro](https://erreguete.gal/2021/07/07/quixote-de-pedras-de-carton-gana-o-certame-barroco-infantil-do-festival-de-almagro/): O espectáculo Quixote, da compañía coruñesa  Pedras de Cartón, gañou por unanimidade o X Certame Internacional Barroco Infantil na presente edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, un dos festivais de teatro clásico máis importantes do Estado. - [Maricón. No 21 do XXI e no 101](https://erreguete.gal/2021/07/06/maricon-no-21-do-xxi-e-no-101/): Maricón non debería ser un insulto nin unha sentenza de morte, como aconteceu hai uns días na Coruña e como leva acontecendo desde hai moito tempo. Estamos no ano 21 do século XXI e os discursos da ultradereita animan e alimentan a xenofobia, o machismo, a homofobia e outros xeitos de odio e terror. A educación, os escenarios, o cinema, a televisión... seguen a difundir e facer proselitismo, encuberto ou non, da norma heterosexual e da superioridade do home e do masculino e iso acaba por ter consecuencias. - [Laiovento publica dúas novas pezas de Raúl Dans](https://erreguete.gal/2021/07/05/laiovento-publica-duas-novas-pezas-de-raul-dans/): Edicións Laiovento volve publicar dúas pezas teatrais de Raúl Dans: DFW nas profundidades da tristeza infinita e As cancións que lles cantaban aos cativos. - [Viaxe á lúa](https://erreguete.gal/2021/07/05/viaxe-a-lua/): Voadora e a súa directora Marta Pazos, que estudou Belas Artes en Barcelona, foron convidadas para dirixir a última montaxe de IT Teatre (a compañía do Institut del Teatre, creada para facilitar a inserción laboral das persoas que se gradúan nese centro formativo). En coprodución co Teatre Lliure, onde se estreou o 3 de febreiro de 2021, realizaron a primeira escenificación de Viaje a la luna, o único guión de cinema de Federico García Lorca, escrito durante a súa estadía en Nova York en 1929, como resposta a Un chien andalou de Buñuel e Dalí. - [Grande homenaxe ao grande Xosé Manuel Pazos](https://erreguete.gal/2021/07/03/homenaxe-ao-grande-xose-manuel-pazos/): A XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, abriu o 1 de xullo co acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Foi no Auditorio Municipal que, segundo confirmou a Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, nun emocionado discurso de louvanza á figura de Pazos, vai levar o nome do dramaturgo que impulsou a súa construción. Moitas das iniciativas culturais fundamentais da capital do Morrazo, con repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como é a propia Mostra de Teatro, que cumpre 38 anos, organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro e moitas outras actividades nas que o teatro era central. - [Publicadas as obras dos premios para textos teatrais Álvaro Cunqueiro e Barriga Verde](https://erreguete.gal/2021/07/01/publicadas-as-obras-dos-premios-para-textos-teatrais-alvaro-cunqueiro-e-barriga-verde/): Os tres títulos vencedores na última convocatoria dos premios Álvaro Cunqueiro e Barriga Verde para textos teatrais acaban de ver a luz nas coleccións que a Xunta mantén con Edicións Xerais de Galicia e con Baía Edicións para poñer a disposición dos lectores os textos recoñecidos con estes galardóns da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - [Sarabela, Elefante Elegante, ButacaZero e Marta Alonso Tejada os favoritos nos Premios María Casares 2021](https://erreguete.gal/2021/06/30/finalistas-premios-maria-casares-2021/): O espectáculo ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, conta con 8 finalistas; mentres que as obras ‘Bailar Agora’, de Marta Alonso Tejada; ‘Dreaming Juliet’, de Elefante Elegante, e ‘32m2’, de ButacaZero, acadan 5 finalistas. - [Papadopoulos, Jan Lauwers e Marta Pazos na volta dunha MIT de Ribadavia máis internacional](https://erreguete.gal/2021/06/29/programacion-mostra-teatro-ribadavia-mit-2021/): A MIT quere ser unha clara expresión de recuperación cultural, económica e turística, apostando pola calidade e a coherencia dun programa con catro coproducións galegas, varias estreas nacionais e internacionais, talleres e foros. - [O Festival Atlántica de narración oral contará con máis de 80 funcións por toda Galicia](https://erreguete.gal/2021/06/29/festival-atlantica-programacion-2021/): Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia unha trintena de contadores procedentes de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, Zamora, Salamanca, Guadalaxara e, por suposto, Galicia. - [Cando o teatro é inocente](https://erreguete.gal/2021/06/29/cando-o-teatro-e-inocente/): Cando o teatro é inocente recupérase algo da súa esencia. Libre de artificios, complexidades narrativas e escénicas, o feito teatral depúrase de maneira natural e a experiencia de asistir a un evento escénico gaña no fermoso. Hai que distinguir o fermoso e o feo. A filosofía conecta co teatro na consideración capitalista que se lle fai: son cousas inútiles. Por iso a min me encaixan tan ben xuntas. Igual ca poesía. A beleza é un concepto complexo. Porque está unido coa idea de ben, pero é facilmente pervertible cando a beleza só é estética e non garda nada no seu interior. Por iso penso que o fermoso é unha forza interna e non precisa evidenciarse. - [Corufest: a consolidación dun festival de Artes Escénicas necesario para a liberdade afectivo-sexual](https://erreguete.gal/2021/06/28/corufest-2021-cronica-festival-liberdade-afectivo-sexual/): Tras unha exitosa edición no 2020, a pesar de estar marcada pola pandemia, durante o pasado mes de maio de 2021, entre os días 22 e 30, chegaba á cidade de A Coruña a cuarta edición do Festival de Artes Escénicas pola liberdade afectivo-sexual. - [Diversidade. Escenarios | Palcos LGTBIQ+](https://erreguete.gal/2021/06/28/diversidade-escenarios-palcos-lgtbiq/): Na erregueté I Revista Galega de Teatro non só nos declaramos abertamente feministas, senón que tamén queremos abrir un espazo especial para apoiar, visibilizar e analizar as miradas e as sensibilidades lésbicas, gais, transexuais, intersexuais, queer (LGTBIQ+) desde as artes escénicas. - [Estamos eiquí e somos queer](https://erreguete.gal/2021/06/28/estamos-eiqui-e-somos-queer/): Esta plataforma ábrese, expándese coma unha flor en primavera —non temades o pole, abelliñas—, e é para todes nós, es artistas inadaptades e adaptades, sen importar como ou quen sexamos. Es dramaturgues, bailarinus, intérpretes, directorus, escenógrafes, técniques, etc. Estamos eiquí, e somos queer. - [Raquel Castro: "Porque o teatro axuda a facer homes e mulleres libres é preciso integralo na columna vertebral da sociedade: o ensino"](https://erreguete.gal/2021/06/27/raquel-castro-sobre-o-premio-roberto-vidal-bolano/): Fai un balance destas catro edicións do Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais. - [A MIT de Ribadavia presenta DraMITurga](https://erreguete.gal/2021/06/26/a-mit-de-ribadavia-presenta-dramiturga/): A actividade, organizada pola Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, e e MIT de Ribadavia, co apoio do Centro Dramático Galego, busca contribuír ao impulso da dramaturxia. - [Presentado o programa de 'Propulsa Danza'](https://erreguete.gal/2021/06/26/presentado-o-programa-de-propulsa-danza/): Ofrecerá unha trintena de actuacións de danza entre o 2 de xullo ao 29 de agosto en 27 espazos singulares de toda Galicia. Consulta o programa completo. - [Edgar Costas: "As novas xeracións teñen un espírito crítico moi agudizado"](https://erreguete.gal/2021/06/25/edgar-costas-as-novas-xeracions-tenen-un-espirito-critico-moi-agudizado/): Vén de gañar a IV edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais coa súa peza 'Casa de feras', que aborda temas que van dende o maltrato animal ás relacións de poder e a liberdade. - [Os XXV Premios de Teatro María Casares xa teñen cartel](https://erreguete.gal/2021/06/24/os-xxv-premios-de-teatro-maria-casares-xa-tenen-cartel/): Nesta ocasión, a AAAG recorre a Andrea López para crear un cartel no que o protagonismo recae na figura de María Casares e na máscara, creando un xogo de mimetización recíproca. Ao tempo, a actriz prolóngase como parte do escenario mentres que, no segundo plano, atopamos unha alegoría tanto do público coma dos profesionais da escena reunidos. A combinación de todos estes elementos representan, a ollos da propia autora, a celebración dos 25º Premios María Casares. - [Maria, a Mãe](https://erreguete.gal/2021/06/24/maria-a-mae/): Maria, a Mãe é uma peça provocadora e desassossegadora sobre a família. Uma espécie de mito pop desmitificador, numa atmosfera teatral entre o onírico e a comicidade de um absurdo subtil, de tons lutuosos. Uma encenação, umas personagens, uma história, um humor... singulares, difíceis de definir, fora do comum. - [Presentada a programación do 38º Festival de Almada](https://erreguete.gal/2021/06/23/presentada-a-programacion-do-38o-festival-de-almada/): A edición de 2021 celebrarase entre o 2 e o 25 de xullo en diferentes espazos da cidade de Almada e de Lisboa. Destaca a forte presenza de creadoras portuguesas no cartel, xunto a figuras internacionais coma Monica Bellucci, Ivo van Hove, Irène Bonnaud, Josef Nadj ou os belgas da Needcompany. - [Público, votos, políticas culturais e outras cousas de meter](https://erreguete.gal/2021/06/23/publico-votos-politicas-culturais-e-outras-cousas-de-meter/): Irreverencias, a nova sección de opinión de Irene Moreira na erregueté | Revista Galega de Teatro, achegará notas, e outras crises da dirección de escena, para xerar debate e conversas nas tabernas telemáticas. - [A próxima tempada do Centro Dramático Nacional terá acento galego](https://erreguete.gal/2021/06/22/programacion-2021-2022-cdn-teatro-galego/): A presenza galega na programación será relevante e contará con figuras e compañías coma Pablo Fidalgo, Marta Pazos, Esther F. Carrodeguas, Teatro En Vilo, Ana Vallés, Chévere ou A Panadaría. - [Canseira](https://erreguete.gal/2021/06/22/canseira/): Para o sector da danza, do circo, do teatro, sacar adiante unha produción e logo conseguir que chegue ao público, que se programe, se difunda e teña algunha repercusión, resultan un labor titánico. Ou un castigo, como o de Sísifo, veña a empurrar costa arriba. Un sector que sobrevive grazas á autoexplotación, ao voluntariado, ao feito de facer varios traballos etc. De feito, a maioría das compañías de Galiza están formadas por parellas ou núcleos familiares, que garantan, alén do entendemento que se lles presupón, a explotación. - [Nova Galega de Danza, Elefante Elegante e Tanxarina seleccionadas no Camiño Escena Norte](https://erreguete.gal/2021/06/21/nova-galega-de-danza-elefante-elegante-e-tanxarina-estaran-en-camino-escena-norte/): Camiño Escena Norte é un proxecto cultural promovido polas entidades profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco). Todas elas conforman a supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto. - [Teorema](https://erreguete.gal/2021/06/21/teorema/): Os nosos sentidos son permanentemente excitados durante o espectáculo por unha enorme variedade de estímulos: o impacto sonoro e lumínico, o xogo coas sombras, as texturas dos materiais e a saturación visual dun espazo que fica coma unha instalación artística (tanto así que xs mesmxs xestorxs da Sala Ártika propuxeron unha viaxe física polo espazo ao público, unha vez rematada a peza). Dentro desta variedade de estímulos, o corpo do bailarín, que se move máis que baila, nunha sucesión e repetición de xestos que falan da desestruturación que procura o artista (e da súa influencia polo dramaturgo e profesor Roberto Fratini), imprimindo no seu corpo as mesmas preguntas que fixeron comezar esta viaxe: Que é a conciencia? Que é a materia? Que é a carne e cal é a súa complexidade? Como se articula na mesma a memoria? - [Que ben que podemos volver ao teatro!](https://erreguete.gal/2021/06/20/que-ben-que-podemos-volver-ver-teatro/): A 26 edición do Festival Sementes-Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público, transcorreu entre os días 21 de maio e 6 de xuño de 2021 en Almada, con extensións aos municipios de Loures, Moita, Montemor-o-Novo, Odivelas, Seixal e Sesimbra. Participaron 16 compañías de Portugal, España, Brasil, Bélxica e Italia que exhibiron espectáculos de teatro, música, danza, circo, clown, ópera, marionetas, sombras dixitais, xogos interactivos, cinema de animación e ilustración ao vivo, nun total de 53 actividades. A erregueté | Revista Galega de Teatro estivo convidada entre os días 28 de maio e 2 de xuño. - [Galaxia inaugura a súa colección de teatro cunha peza de Fernando Castro Paredes](https://erreguete.gal/2021/06/18/galaxia-estrea-a-sua-coleccion-de-teatro-cunha-peza-de-fernando-castro-paredes/): nova colección Teatro, que chega estes días ás librarías, recolle o espírito da Editorial Galaxia nos seus inicios: ser fogar dos grandes dramaturgos do momento. No pasado foino de autores como Castelao, Daniel Cortezón ou Euloxio Ruibal, e agora é Fernando Castro Paredes o que dá comezo a esta colección. - [Por favor, ténteo novamente máis tarde](https://erreguete.gal/2021/06/18/por-favor-tenteo-novamente-mais-tarde/): AveLina Pérez e Daniel Casquero forman unha parella que xoga tanto a tensión da atracción como a da repulsión. Son, na escena, dous universos que non chegan a tocarse, pero que sempre presentan unha liña de conexión. Malia que presenten dous espazos separados, poden estar a contar o mesmo. Ou poden contar cousas diferentes, estando sentados nun mesmo sofá, que aínda así, os presenta como separados por mil quilómetros. - [Voadora presenta 'Viaxe á Lúa' en Compostela](https://erreguete.gal/2021/06/12/voadora-presenta-viaxe-a-lua-en-compostela/): A montaxe de Voadora é a primeira adaptación escénica que se fai do manuscrito de Lorca, logo do seu descubrimento no ano 1989 en Oklahoma. En 1929, após a estrea de Un chien andalou de Luis Buñuel e Salvador Dalí, Lorca escribe durante a súa estancia en Nova York, como réplica, un guión con 72 secuencias. É un guión que escribe a man e que lle entrega ao pintor e director surrealista Emilio Amero, quen finalmente non chega a rodar nada. Mais é a súa viúva quen, 60 anos despois, atopa o texto nunha mesiña de noite. - [A MITCF de Cangas, Premio de Honra 'Marisa Soto' da AAAG](https://erreguete.gal/2021/06/11/a-mitcf-de-cangas-premio-de-honra-marisa-soto-da-aaag/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural. - [TRC Danza presenta o libro Pre-textos 2014-2018 na Coruña](https://erreguete.gal/2021/06/11/trc-danza-presenta-o-libro-pre-textos-2014-2018-na-coruna/): Pre-textos é o nome que agrupa unha serie de contidos publicados con anterioridade á presentación da obra no teatro, co ánimo de contextualizar dunha maneira específica as claves de cada unha das propostas dos artistas invitados. Os formatos destes contidos son diversos: textos escritos, audios que recollen unha conversa, etc. Esta liña de contidos mantense dende o primeiro ano do proxecto nunha aposta pola necesidade de xerar memoria, arquivo e diálogo arredor das prácticas artísticas, segundo indican desde TRC Danza. - [Celanova acolle unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador (PLATTA)](https://erreguete.gal/2021/06/11/celanova-acolle-unha-nova-edicion-do-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador-platta/): Celanova acolle neste 2021 unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador (PLATTA). Desde este venres día 11, e durante toda a fin de semana, o concello ourensán será o marco das diferentes actividades escénicas e teatrais que a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) desenvolve xunto a outras federacións de Castela e León e Portugal.  - [Solos](https://erreguete.gal/2021/06/10/solos/): Provisional Danza é xa unha compañía coñecida na nosa comunidade. Dirixida pola bailarina e coreógrafa madrileña Carmen Werner, as súas producións veñen aparecendo de xeito recorrente nas salas Ártika e Ensalle de Vigo, onde puidemos ver pezas como El abrazo, Quién eres, Una vez más ou De parte de ella. O selo persoal de Werner como coreógrafa marca unha liña que comunica as diferentes pezas mencionadas. Neste caso, nos Solos propostos por Provisional podemos respirar un aire semellante, mais non tan específico como nas pezas creadas por ela. Respiramos, si, un aire semellante a soidade urbana, envolta en cemento gris, mais matizada polas diferentes miradas dxs tres bailarín/xs que aparecen en escena, xa que cada un/hx delxs é x coreógrafx da súa propia peza. - [Vivimos momentos moi complexos](https://erreguete.gal/2021/06/08/vivimos-momentos-moi-complexos/): Non existe un período da historia do ser humano que non fora complexo, perigoso, inxusto ou violento. Estes adxectivos están presentes todo o tempo, en todos os lugares. Soamente varía a forma na que se manifestan. Son moitas as realidades que comparten tempo pero non lugar. Non se pode, nin se deben comparar, todas as inxustizas son igual de inxustas. - [MOCAP](https://erreguete.gal/2021/06/07/mocap/): O título MOCAP é a abreviatura de Motion Capture, a captura do movemento. Unha técnica de gravación de movemento, para trasladalo a un modelo dixital. Utilízase moito na industria do cine de ciencia ficción e fantasía e tamén nos videoxogos. Se cadra, o acto de coreografar, de escribir o movemento para logo poder volver repetilo, tamén ten algo de MOCAP. - [Nace ABAR, compañía compostelá de artes ao vivo](https://erreguete.gal/2021/06/05/nace-abar-compania-compostelana-de-artes-ao-vivo/): A través de ABAR queren establecerse como un corpo de investigación e creación das artes escénicas e performativas. No canto de centrarse só na produción de contido, apostan pola apertura de procesos, a investigación, a dinamización e a procura constante das condicións materiais propicias para que os traballos da compañía conten coa profesionalidade, o tempo e o coidado precisos para agromar. - [Comeza o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento na Sala Ártika](https://erreguete.gal/2021/06/04/comeza-o-i-ciclo-de-danza-e-artes-do-movemento-na-sala-artika/): A compañía madrileña Provisional Danza, de Carmen Werner, será a encargada de dar o pistoletazo de saída coa súa montaxe Solos ao I Ciclo de Danza e Artes do Movemento que comeza hoxe na Sala Ártika e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros tres fins de semana deste mes de xuño no local da Avenida de Beiramar. O espectáculo, formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian López e Sebastián Calvo, poderá verse desde este venres 4 e ata o domingo 6 de xuño ás 20.00 h. - [Publícase a primeira 'História da dança da Galiza' de Afonso Becerra](https://erreguete.gal/2021/06/04/publicase-a-primeira-historia-da-danca-da-galiza-de-afonso-becerra/): História da dança contemporânea na Galiza oferece o pensamento en torno á creación con a explicación de coreógrafas e coreógrafos sobre a arte da danza, así como a descrición e análise de 139 pezas. O libro, que ten máis de 300 páxinas con máis de cen de imaxes, documenta a historia da danza desde os seus inicios ata o ano 2020. O texto intenta non establecer xerarquías e incluír todas as persoas que crearon e continúan a crear pezas de danza. Este volume fixa a súa atención na danza contemporánea. - [A MIT de Ribadavia presenta as datas e a liña gráfica da súa 37ª edición](https://erreguete.gal/2021/06/02/a-mit-de-ribadavia-presenta-as-datas-e-a-lina-grafica-da-sua-37a-edicion/): "Selvática, refrescante e provocadora", a imaxe da MIT de Ribadavia 2021 quere expresar, segundo a organización, un dos motivos condutores da programación da súa 37ª edición, as fake-news ou a manipulación na era da posverdade. A dramatuxia contemporánea, as coproducións, a memoria, o amor e a diversidade son algúns dos outros fíos condutores da edición, que se presentará a finais do mes de xuño e que terá lugar entre o 16 e o 25 de xullo na vila sobre o río Avia. - [Presentado o programa da 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas](https://erreguete.gal/2021/06/01/presentado-o-programa-da-38a-mostra-internacional-de-teatro-comico-e-festivo-de-cangas/): O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia. - [FITEI o Porto](https://erreguete.gal/2021/06/01/fitei-o-porto/): Na Galiza, e se calhar também em Portugal, fitar equivale a fixar a vista em. O teatro sempre tentou fazer-nos fitar aquilo que muitas vezes não vemos ou só olhamos sem muita atenção. Há cidades, como o Porto, com uma oferta cultural e artística convidativa neste sentido. No fim de semana do 7 de maio estive no 44 FITEI do Porto. - [A ESADg admitida no Instituto Internacional do Teatro da UNESCO](https://erreguete.gal/2021/05/31/a-esadg-admitida-no-instituto-internacional-do-teatro-da-unesco/): Un total de 87 países integran a maior organización de artes escénicas do mundo fundada pola UNESCO no 1948. O próximo encontro celebrarase en Dubai no 2022 a onde acudirá unha comitiva da ESAD de Galicia xunto co Instituto de Danza Alicia Alonso. - [Arranca a segunda edición do Festival Primavera TRC Danza](https://erreguete.gal/2021/05/31/arranca-a-segunda-edicion-do-festival-primavera-trc-danza/): O Teatro Rosalía de Castro regresa en 2021 co Festival Primavera TRC Danza. Un programa que se desenvolverá entre os días 3 e 13 de xuño coas obras de Colectivo Nerval, Mikel Aristegui, Colectivo Vacaburra, Manuel Rodríguez, Amalia Fernández, Marta Alonso e Diego Anido. - [Anda, Diana](https://erreguete.gal/2021/05/31/anda-diana/): Anda, Diana é um jogo delicado em que o corpo da bailarina está sempre num equilíbrio precário, no qual a repetição dos movimentos quase parece normalizar-se. A biografia da Diana Niepce tem um papel fundamental nesta peça. A Diana, que é bailarina e acrobata, teve um acidente que a deixou tetraplégica, e neste espectáculo o seu corpo é o centro. É um corpo que precisa de ajuda para se mover, mas também é um corpo flexível e resiliente, que consegue ficar em pé. - [Escenoia: un lustro de teatro breve](https://erreguete.gal/2021/05/29/escenoia-un-lustro-de-teatro-breve/): Escenoia, mostra de teatro breve, chega á súa quinta edición este sábado 29 de maio con catro espectáculos escénicos de entre 15 e 20 minutos. Organizada desde os seus comezos por Borja Salgado e Luis Martínez, ou o que é o mesmo, Sal do Teatro e Vaya por Dos Teatro. - [Presentación do volume 'DramaturGA 20' en Pontevedra](https://erreguete.gal/2021/05/28/presentacion-do-volume-dramaturga-20-en-pontevedra/): O volume, publicado en Ediciones Invasoras, inclúe textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, Esther F. Carrodeguas, Julio Fernández, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte e constitúe unha escolma da literatura dramática contemporánea galega. - [Programa completo da segunda edición do USCénica](https://erreguete.gal/2021/05/28/uscenica-programa-segunda-edicion/): USCénica 2021 terá lugar entre o 21 e o 10 de xullo, con programación continua de mércores a sábado na Sala 'Roberto Vidal Bolaño' da USC, no auditorio e na terraza do propio edificio, reservada para concertos de jazz. Tamén haberá funcións no  Teatro Principal de Santiago de Compostela, no Salón Teatro do Centro Dramático Galego e na igrexa da Universidade. - [#camiños, de ButacaZero, remata a súa viaxe esta fin de semana en Vigo](https://erreguete.gal/2021/05/28/caminos-de-butacazero-remata-a-sua-viaxe-esta-fin-de-semana-en-vigo/): #camiños é un espectáculo de ButacaZero, en coproducción co Centro Dramático Galego. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores da peza, que conta coa propia dramaturga en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández, Pía Nicoletti e Noa Covelo. A obra aborda o tema da identidade galega desde unha perspectiva millennial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual e o playback coa pasarela de moda. - [Circanelo](https://erreguete.gal/2021/05/27/circanelo/): Con Circanelo Muíño achéganos ao gran clown, que fai da súa torpeza a súa tarxeta de presentación, e do seu ánimo por “facelo todo ben” a súa traxicomedia. Así, achéganos unha sucesión de números “clásicos” (as caídas, o engancharse en lugares imprevistos, a maleta que non se move, o xogo dos contrastes e do ridículo, o chapeu que ten vida propia…) pero que non pasan de moda, e axeitadamente pasados polo estilo persoal de Fredi, que ten moito do clown triste do circo, mais bebe tamén da sofisticación cinematográfica dos personaxes creados por Charles Chaplin ou Buster Keaton. - [O CDG e a Companhia de Teatro de Braga estrearán 'A contenda do río Miño' en Almagro](https://erreguete.gal/2021/05/26/o-cdg-e-a-companhia-de-teatro-de-braga-estrearan-a-contenda-do-rio-mino-en-almagro/): A través desta coprodución, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga afondan na temática das fronteiras a partir da que marca o río Miño entre Galicia e Portugal, unha das máis antigas de Europa e que representa máis un punto de encontro que de separación. O espectáculo desenvólvese nas tres linguas presentes na copia da peza teatral conservada, escrita en lingua galega, con fragmentos en portugués e anotacións en castelán. - [Comeza en Compostela o Festival Plataforma de artes performativas](https://erreguete.gal/2021/05/26/comeza-plataforma-festival-de-artes-performativas/): Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade de Compostela para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social. - [As casas dos do teatro](https://erreguete.gal/2021/05/25/as-casas-dos-do-teatro/): Os almacéns teatrales teñen unhas normas de uso singulares. Non todo vale e calquera cousa fora de lugar pode alterar o delicado equilibrio, o ecosistema, o status quo do devandito espazo. As cousas nese lugar clasifícanse de moitas maneiras. Os trastes pesados ao fondo, os focos naquela esquina, os obxectos delicados no armariño ese que ten cen mil anos, o 'poliespán' ao fondo xunto ás arañas, os útiles de hai dez anos que non se usarán xamais pero non se poden tirar por se as moscas, nese caixón; e así infinitamente. - [Os Premios María Casares 2021 contan con 38 espectáculos e máis de 300 profesionais inscritos](https://erreguete.gal/2021/05/25/premios-maria-casares-2021-inscritos-votacions-abertas/): Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXV Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados de forma anual pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). - [Á Feira Edicións publica catro obras en Dramaturxia Galega Actual vol. II](https://erreguete.gal/2021/05/25/a-feira-edicions-publica-catro-obras-en-dramaturxia-galega-actual-vol-ii/): Esta edición supón unha aposta pola dramaturxia de novos autores e autoras que atopan dificultades para publicar as súas pezas teatrais. Trátase do segundo volume da colección de Dramaturxia Galega Actual que xa publicou no 2018 obras de autores como Ernesto Is, Esther Carrodeguas, Inherente Teatro ou Miguel Sande. - [Confirmadas as primeiras actuacións do 38º Festival de Almada](https://erreguete.gal/2021/05/23/confirmadas-as-primeiras-actuacions-do-38o-festival-de-almada/): O Festival de Almada anuncia as primeiras confirmacións da súa 38º edición, que terá lugar entre o 2 e o 25 de xullo deste ano. - [Comeza a cuarta edición do festival Corufest](https://erreguete.gal/2021/05/22/comeza-a-cuarta-edicion-do-festival-corufest/): O Corufest nace na Coruña en novembro de 2018 como un festival de artes escénicas que aposta pola programación de accións que promoven a visibilidade da liberdade afectivo-sexual e preséntase como un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. - [Convocado o V Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT](https://erreguete.gal/2021/05/22/convocado-o-v-certame-de-micro-escenas-metro-cadrado-do-fiot/): Con esta convocatoria pretenden apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadores emerxentes, ofrecendo un contexto privilexiado para a presentación e estrea de espectáculos, así como captar novos públicos - [Las dos en punto](https://erreguete.gal/2021/05/20/las-dos-en-punto-voaxa-e-carmin/): Supón un acto de rebeldía seguir poñendo sobre as táboas montaxes como Las dos en punto onde se ve claramente a desobediencia civil dunhas mulleres que foron sinaladas como tolas ata o final dos seus días, que loitaron por sobrevivir grazas á caridade e que tiveron a coraxe de seguir adiante despois de ser violentadas. - [Espazo Meraki: obradoiros de artes escénicas e actos culturais en Pontevedra](https://erreguete.gal/2021/05/19/espazo-meraki-artes-escenicas-en-pontevedra/): Esta fin de semana haberá un obradoiro de voz coa actriz e cantante María Costas e o venres 28 haberá outro de dramaturxia co dramaturgo e editor Julio Fernández. Este novo espazo acolle tamén actos culturais, como a presentación do libro 'DramaturGA 20: 11 textos breves', tamén o venres 28 de maio, ou o recital da actriz e poeta Deborah Vukusic, o 11 de xuño. - [Coa súa mirada](https://erreguete.gal/2021/05/19/coa-sua-mirada/): Lonxe de ser cosmonautas, as persoas que nos adicamos ao teatro en xeral, coñecemos polo miúdo a humanidade, nas súas miserias e nos seus praceres. E se adestramos a "mirada externa", que non é máis que afinar a prospectiva, é dicir, ser quen de implantar con éxito a improvisación que sucede nos ensaios cara á linguaxe escénica final, acurtamos o camiño entre o que visualizamos  e o resultado final. - [Distancia social vs. Distancia sanitaria](https://erreguete.gal/2021/05/18/distancia-social-vs-distancia-sanitaria/): Non obstante, o tecnicismo “distancia social”, dos estudos de “proxémica”, difundido a nivel xeral, fóra dese ámbito restrinxido, préstase a esoutra interpretación lóxica. “Distancia social” establece aí unha idea subrepticia de illamento sen matices. Unha separación obrigada, triste e pouco saudábel. - [Francisco A. Vidal recibe o III Premio 'Laudamuco'](https://erreguete.gal/2021/05/18/francisco-a-vidal-recibe-o-iii-premio-laudamuco/): O gañador agradeceu “o celo posto na edición por parte de Edicións Positivas e a maiúscula sensibilidade coa cultura do Concello de Brión, tendo en conta ademais a data de entrega. Non só pola conmemoración da posta en escena do Laudamuco, senón tamén por preceder á celebración do 17 de maio, Día das Letras, e o 18 de maio, o Día das Irmandades da Fala. Porque letras e fala son os piares do teatro e do idioma”. Vidal Blanco tamén tivo palabras para “lembrar a todos os profesionais das artes escénicas, que non están a pasar polo seu mellor momento, e aproveito para aplaudir tantas iniciativas de apoio e solidariedade que vimos ao longo de todo este tempo de pandemia”. - [Os versos de Xela Arias regresan a Vigo coa estrea de 'Vencerse é cousa de se tratar'](https://erreguete.gal/2021/05/17/os-versos-de-xela-arias-regresan-a-vigo-coa-estrea-de-vencerse-e-cousa-de-se-tratar/): Este 2021, co gallo do nomeamento de Xela Arias como homenaxeada do Día das Letras Galegas, foi a ocasión idónea, segundo Abreu, para recuperar este proxecto nun espectáculo escénico que mestura palabra, música e imaxe. A concreción da proposta vén auspiciada pola colaboración do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), onde a peza foi preestreada en abril do presente ano. - [Emigrantas](https://erreguete.gal/2021/05/17/emigrantas/): Son as emigrantas mulleres que deciden o seu destino? Cales son os seus motivos para marchar? Que procesos de acollida, integración e aculturación lles suceden na actualidade? Que significan as estatísticas, as porcentaxes e a abalancha de datos que nos achegan sobre a última emigración? Queremos pensar Galicia interterritorial xuntas. As que estamos fóra e as que permanecemos dentro. As que saímos ou as que retornan.  - [Voadora estrea 'Othello' no Teatro de La Abadía](https://erreguete.gal/2021/05/14/voadora-estrea-othello-no-teatro-de-la-abadia/): Tras A tempestade e O soño dunha noite de verán, Othello será o terceiro Shakespeare na traxectoria de Voadora. A compañía, dirixida por Marta Pazos, regresa ao madrileño Teatro de La Abadía, o cal coproduce a peza xunto á MIT de Ribadavia, o Teatro Nacional São João de Porto e Voadora. Nesta adaptación do clásico asinada polo dramaturgo Fernando Epelde, a compañía compostelá ofrece unha versión transgresora e atravesada pola posverdade e as violencias machistas, sen renunciar á hibridación de linguaxes e á plástica, selo de identidade das montaxes de Pazos. - [Teatro do Noroeste estrea 'Gloria Nacional' en Narón](https://erreguete.gal/2021/05/14/teatro-do-noroeste-estrea-gloria-nacional-en-naron/): Teatro do Noroeste presenta esta fin de semana en Narón a súa última peza: Gloria Nacional, unha comedia que reflexiona sobre o mundo da arte e a súa influenza na sociedade e na política. Escrita e dirixida por Eduardo Alonso, Gloria Nacional conta con Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela no elenco. - [Camiño Escena Norte abre o prazo para presentarse ao programa 'Cruzamentos'](https://erreguete.gal/2021/05/13/camino-escena-norte-abre-o-prazo-para-presentarse-ao-programa-cruzamentos/): O obxectivo do programa Cruzamentos é crear un tecido de espazos cómplices ao longo das catro comunidades do proxecto, con sete sedes que posibilitan o encontro entre elas para conectar o traballo de creadores/as e compañías dos catro territorios, nos ámbitos da creación, a investigación, formación, coprodución e, en xeral, o intercambio profesional. As estancias terán unha duración máxima de 10 días. - [Pioneras/Aitzindariak](https://erreguete.gal/2021/05/13/pioneras-aitzindariak/): Pioneras preséntase en tres partes ben diferenciadas nas que a maquinaria escénica serve, de maneira efectiva, como elemento de unión. Invocación, tempestade e calma definen, na miña opinión, este acertado traballo do coreógrafo novo Xián Martínez, que encontrou, xunto a Fernando Martínez de Careaga, Paula Barcia, Manuel Escuris e Álvaro Estrada, unha equipa creativa que regala pinceladas gloriosas dos seus diferentes talentos ao longo da peza. - [O CDG retoma as funcións de 'Terceiro acto'](https://erreguete.gal/2021/05/12/o-cdg-retoma-as-funcions-de-terceiro-acto/): O Sergas vén de confirmar que o positivo detectado no equipo da peza e que obrigara onte a cancelar os pases da última semana da montaxe en cartel era un falso positivo. A peza poderá verse esta semana no Salón Teatro dende hoxe ata o domingo. - [O CDG cancela as funcións de 'Terceiro Acto' por un positivo en COVID](https://erreguete.gal/2021/05/11/o-cdg-cancela-as-funcions-de-terceiro-acto-por-un-positivo-en-covid/): Os responsables do Centro Dramático Galego tiveron que activar os protocolos por COVID tras o positivo dun dos membros do equipo, segundo informaron o martes pola tarde nas súas redes sociais. Esta situación supón a cancelación da última semana de funcións de Terceiro Acto, montaxe de produción propia que estaba a acadar enorme éxito de público e crítica. Dende a institución de creación e difusión teatral, subliñan que os protocolos de control e as medidas aplicadas para espectáculos teatrais funcionaron e ningún outro profesional deu positivo nos controis realizados. Todos seguirán agora as pautas e protocolos marcados polas autoridades sanitarias. As […] - [Por entreter tampouco pasa nada](https://erreguete.gal/2021/05/11/por-entreter-tampouco-pasa-nada/): Son momentos complicados para evadirse da realidade con elegancia e intelixencia. Co paso do tempo, o entretemento foi sufrindo unha longa e constante caída nos infernos da intelectualidade. Agora está feo entreter. Está mal visto. É de mediocres. De covardes. É, a fin de contas, a saída fácil. Pois, enerxicamente, protesto. - [O CCG coproducirá as novas pezas de Elahood, Nova Galega de Danza e Colectivo Glovo](https://erreguete.gal/2021/05/10/novas-coproducions-do-ccg/): Os novos espectáculos de danza 'Nó', da compañía Elahood; 'Credo', de Nova Galega de Danza, e 'Tabú', de Colectivo Glovo, serán coproducidos polo Centro Coreográfico Galego (CCG), segundo recolle a resolución publicada na web da AGADIC. - [Galicia Escena PRO 2021 exhibirá 18 espectáculos galegos e presentaranse 12 máis en formato 'pitching'](https://erreguete.gal/2021/05/07/galicia-escena-pro-18-espectaculos-12-en-formato-pitching/): Xa está dispoñible a resolución dos 18 espectáculos galegos seleccionados para participar na oitava edición do mercado das artes escénicas Galicia Escena PRO, organizada por Escena Galega e a AGADIC, que se desenvolverá en diferentes espazos de Santiago de Compostela entre o 7 e o10 de xuño. - [A lingua das bolboretas](https://erreguete.gal/2021/05/06/a-lingua-das-bolboretas/): Con A lingua das bolboretas, Sarabela continúa unha liña de propostas baseada na adaptación ao teatro de textos narrativos, como poden ser o Ensaio sobre a cegueira de Saramago, a Viaxe a ningunha parte de Fernando Fernán Gómez, A esmorga de Blanco Amor ou O lapis do carpinteiro, do mesmo Manuel Rivas, autor tamén d’A lingua das bolboretas. É esta unha liña que converxe, porén, con outras propostas teatrais máis clásicas (Shakespeare, Cunqueiro, Lorca, Calderón) e anovadoras (Lagarce, Mrózek, Nöstlinger, Arístides Vargas), sen esquecer o teatro infantil. - [Convocadas as axudas da AGADIC á distribución de espectáculos](https://erreguete.gal/2021/05/06/convocadas-as-axudas-da-agadic-a-distribucion-de-espectaculos/): O investimento previsto nesta liña de axudas ascende a 460.000 euros, que se reparten por igual entre espectáculos e accións de artes escénicas e de música que se desenvolvan entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021. - [David Vázquez: "O teatro afeccionado baséase, sobre todo, no intercambio de experiencias"](https://erreguete.gal/2021/05/05/david-vazquez-o-teatro-afeccionado-basease-sobre-todo-no-intercambio-de-experiencias/): Nace unha nova federación de teatro afeccionado en Galicia: FETEAGAL. Conversamos co seu presidente, David Vázquez, para coñecer os seus obexectivos e a nova estratexia asociativa destes veteranos grupos que dinamizan o teatro nas súas comarcas ou cidades e en moitos casos alentan con xente nova a creación ou a formación escénica. - [Entre grupis e ofendiditos](https://erreguete.gal/2021/05/04/entre-grupis-e-ofendiditos/): Os “ofendiditos” son seres de pel fina que se rexen aínda máis, se cabe, polas emocións. Tamén son herdeiros daquel vello valor da honra, como nas pezas do Século de Ouro español. Cómpre ter moito coidado co que digas porque pode ser que, sen querelo, lles firas a honra e iso nunca cho van perdoar (á honra chámanlle sensibilidade). A emoción do rancor e do despeito van ficar ben custodiadas e xustificadas na súa sensible persoa como coartada de ninguneo, como mínimo, ou de ataque como restitución da honra danada. - [Leira](https://erreguete.gal/2021/05/03/leira/): É a través do movemento como se narra a relación que a terra ten connosco e nós coa nosa terra. A terra que se concreta na leira, ese anaco maior ou menor que herdamos dos nosos antepasados e que aparece fisicamente presentado no escenario, cun espazo cheo de terra vermella onde bailarán os intérpretes. Dende entón e ata agora, o traballo no campo ten cambiado moito, e xa non ten nada que ver co que fixeron os nosos devanceiros para sacarlle froito ao chan, co que hoxe é o traballo da labranza. - [Nace Emerxencia Cultural Ourense, movemento contra as políticas culturais de Pérez Jácome](https://erreguete.gal/2021/05/03/nace-emerxencia-cultural-ourense/): A cidadanía de Ourense movilízase contra as políticas culturais do Alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor ourensán mantén pechado desde o pasado mes de xaneiro o Auditorio Municipal e pretende licitar a xestión privada do mesmo contra a vontade das súas veciñas e veciños. Nesta atmosfera de tensión cultural, nace Emerxencia Cultural Ourense. - ['Santa Inés', de A Feroz Teatro, no FITEI de Porto](https://erreguete.gal/2021/05/01/santa-ines-de-a-feroz-teatro-no-fitei-de-porto/): Santa Inés é un espetáculo sobre a liberdade, a obediencia, a violencia, o inefable, o misticismo na contemporaneidade, o que un mundo de lobos espera de nós -os cordeiros- e, o máis importante de todo: o que nós, os cordeiros, esperamos de nós mesmos e do mundo. A peza parte da memoria das visitas que Inés Salvado facía coa súa avoa ao Convento de Santa Clara, en Santiago de Compostela.  - [Atopémonos bailando (co Colectivo Glovo)… e bailemos para atoparnos](https://erreguete.gal/2021/05/01/atopemonos-bailando-co-colectivo-glovo-e-bailemos-para-atoparnos/): A danza é xenerosa. Máis aínda, semella que non pode haber danza sen xenerosidade, sen esa entrega do corpo, da presenza, que nos remite a un aquí e un agora compartido. - ['Relato para un incendio', de Ernesto Is, é o proxecto seleccionado na Bolsa de Dramaturxia da AGADIC](https://erreguete.gal/2021/04/30/ernesto-is-seleccionado-bolsa-dramaturxia-agadic/): A Bolsa de Dramaturxia e Creación da AGADIC pretende favorecer a produción de dramaturxia galega contemporánea, impulsar a creación de espectadores para a dramaturxia galega, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, a busca da excelencia nos produtos culturais galegos. 'Relato para un incendio', o proxecto de Ernesto Is seleccionado nesta primeira convocatoria, desenvolverase nunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG). - [Amparo Martínez Paz: "Quero taballar desde o agora, desde a naturalidade, sen impoñer nada"](https://erreguete.gal/2021/04/29/amparo-martinez-paz-entrevista/): Amparo Martínez Paz, vén a ser a primeira coreógrafa da danza contemporánea en Galiza, cun traballo totalmente despegado dos manierismos do neoclásico ou de calquera etiqueta estética ou estilística recoñecibles. - [Friedemann Vogel asina a Mensaxe do Día Internacional da Danza 2021](https://erreguete.gal/2021/04/29/friedemann-vogel-dia-internacional-danza/): O Día Internacional da Danza foi creado polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI), o socio principal da UNESCO para as artes escénicas. Desde a súa creación en 1982, o Comité da Danza e o Instituto Internacional do Teatro (ITI), seleccionan cada ano a unha personalidade destacada da danza para que escriba unha mensaxe en conmemoración do Día Internacional da Danza. Este ano, o alemán Friedemann Vogel, bailarín principal do Ballet de Stuttgart, é o encargado de asinar a mensaxe. - [Bailas e faisme libre](https://erreguete.gal/2021/04/29/bailas-e-faisme-libre/): O 29 de abril, Día Internacional da Danza, faise especialmente indicado para a nosa contorna, na que esta arte segue a estar marxinada respecto ás outras, como demostrou o último informe, en materia de artes escénicas, do Consello da Cultura Galega. Do último ano do que se teñen datos completos, o 2018, a programación de espectáculos de danza en Galiza foi tan só do 6%. - [Nace CDGLab, espazo de formación para o alumnado de arte dramática](https://erreguete.gal/2021/04/28/cdglab/): Con esta nova iniciativa, o CDG quere converterse nun punto de referencia para facilitar o tránsito do alumnado egresado de Arte Dramática ao mercado de traballo, achegándolle diferentes mecanismos de integración na profesión. CDGLab enmárcase ademais no obxectivo de potenciar o coñecemento da realidade escénica tanto entre os colectivos vinculados ao sector como no conxunto da sociedade. - [Fran Sieira estrea 'DeMente' en Cangas polo Día Internacional da Danza](https://erreguete.gal/2021/04/28/estrea-demente-fran-sieira-danza/): DeMente, da compañía de danza Fran Sieira, estréase mañá xoves 29 de abril, Día Internacional da Danza, no Auditorio Muncipal de Cangas do Morrazo. A peza é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto, cunha duración de 60 minutos. DeMente - [O teatro-teatro](https://erreguete.gal/2021/04/27/o-teatro-teatro/): Require o teatro-teatro un número superior de observadores para ser considerado como tal? Pode evolucionar? Pode chegar a ser Teatro con maiúsculas? Un teatro ultra-observado que se converte en algo máis. Deixa atrás a fase substantiva e adéntrase no campo superior dos nomes propios. - [Los abrazos huecos](https://erreguete.gal/2021/10/14/los-abrazos-huecos/): Los abrazos huecos estreouse en Bos Aires no 2019 e chega a España neste 2021 marcado pola pandemia, nunha sala Ártika de Vigo aberta xa ás novas medidas de aforo. A “distancia de seguridade” non é máis ca unha metáfora da distancia que nos separa un/hxs dxs outrxs, facendo imposible a verdadeira, íntima comunicación. Esta é a teima que presenta Smith, enganchado a unha relación morta dende o comezo, demandante dunha atención que nunca vai chegar dende o outro (en masculino, xa que a relación é entre dous homes). Unha e outra vez repite a súa necesidade de comunicación, de saber que lle pasa ao seu mozo, de que lle fale, pensando que acaso así a súa relación volverá a coller azos. Atención, spoiler: non. - [Un FITO máis internacional arranca a súa 14ª edición en Ourense](https://erreguete.gal/2021/10/13/un-fito-mais-internacional-comeza-a-sua-14a-edicion-en-ourense/): O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) chega á súa decimocuarta edición neste 2021. Desde o xoves 14 ao vindeiro domingo 24 de outubro, doce espectáculos de teatro, rúa, danza e circo pasarán polas táboas da vila auriense que volverá acoller, ademais das compañías galegas, creadoras estatais e internacionais. Atrás queda a edición de 2020, marcada pola pandemia e as restricións derivadas da Covid-19. - [Olga Cameselle recibe o premio a mellor actriz en Turquía](https://erreguete.gal/2021/10/11/olga-cameselle-mellor-actriz-turquia-servame-servabote/): O III Festival Internacional de Teatro de Maltepe de Turquía entregou o premio a mellor actriz de reparto a Olga Cameselle por Serva me, servabo te do CDG. - [Pallasos en Rebeldía estrea 'FOOT' no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2021/10/11/pallasos-en-rebeldia-estrea-foot-no-fiot-de-carballo/): Escrita polo dramaturgo palestino-americano Ismail Khalidi, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei, na natureza de FOOT está a natureza da asociación galega Pallasos en Rebeldía. Isto é, sensibilizar á cidadanía desde a cultura sobre as terribles situacións que están a sufrir pobos que padecen opresión, como o palestino. "Queremos abrir procesos de esperanza e transformación dende aquí cara eses mesmos territorios en conflito, mediante accións que entenden a arte como linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos a través do teatro e o circo", afirma Iván Prado, director da peza e voceiro de Pallasos en Rebeldía. - [Casilda Alfaro xa é 'Xograresa de Outono' do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2021/10/10/casilda-alfaro-xa-e-xograresa-de-outono-do-fiot-de-carballo/): A actriz e membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro, Casilda Alfaro, recolleu onte, no Pazo da Cultura de Carballo, o Premio 'Xograresa de Outono 2021' do FIOT. Segundo o festival carballés, Alfaro é "unha das grandes traballadoras das artes escénicas en Galicia, impulsora de numerosas producións e fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)". Con este nomeamento honorífico, o FIOT valora "a súa gran calidade como intérprete e o seu forte compromiso empresarial no sector das artes escénicas no noso país". - [Canto vale unha concesión?](https://erreguete.gal/2021/10/10/canto-vale-unha-concesion/): Vou escribir aquí sobre algunha directora e algún director de escena que coñezo que, para poder facer algo, ou sexa, para poder traballar, tivo que ir facendo concesións respecto aos seus valores, ideolóxicos e estéticos, no eido da creación. Evidentemente, isto podería facerse extensivo a calquera outra persoa que para exercer a súa profesión teña que ceder en certos aspectos, nomeadamente naqueles que singularizan o que e o como. - [A Coruña énchese de danza coa quinta edición do Festival Quincegotas](https://erreguete.gal/2021/10/10/as-ruas-da-coruna-enchense-de-danza-coa-quinta-edicion-do-festival-quincegotas/): A danza escapa dos seus escenarios habituais e instálase nas rúas e nas prazas da Coruña para se converter nun elemento máis nos espazos de convivencia cotiá da cidade un ano máis. O Festival Quincegotas leva a danza lonxe das butacas dos teatros e preto da veciñanza na súa quinta edición, na que agrupa algunhas das máis destacadas compañías de danza de Galicia e de fóra da comunidade. - [Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG](https://erreguete.gal/2021/10/09/seleccionados-os-elencos-para-as-novas-producions-do-centro-dramatico-galego/): O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares. - [A 26ª edición do Festival Galicreques recupera o seu cariz máis internacional](https://erreguete.gal/2021/10/09/chega-a-26a-edicion-do-festival-galicreques/): O festival internacional de títeres, que comeza hoxe en Santiago de Compostela, ofrecerá máis de 50 funcións a cargo de 25 compañías procedentes dunha decena de países entre o 9 e o 17 de outubro. O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE, celebrará máis de 50 funcións entre os días 9 e 17 de outubro. Deste xeito, o Galicreques volverá converter Santiago un ano máis na capital do […] - [Comeza a V edición do Metro Cadrado no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2021/10/08/comeza-a-v-edicion-do-metro-cadrado-do-fiot/): Mañá, día 9, abrirán a mostra 'A/O pesar do tempo', de David Rodas González, e 'Des-abonar', de Arroutadas. O sábado 16 poderán verse 'Na sombra, unha árbore', de Ana Abad de Larriva; e 'Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos', de Núñez&Is (Jimmy Núñez e Ernesto Is). E o sábado 23 será a quenda de 'A miña casa é un palco de música', de Sara Guerrero; e de 'OldPlay', de Antón Coucheiro. - [Diana Sieira estrea 'The Witch: un espectáculo ritual' na Coruña](https://erreguete.gal/2021/10/08/diana-sieira-estrea-the-witch-na-coruna/): The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, Ela-Actriz, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano. - [Arranca o Festival Transfronteiriço de Teatro Amador – PLATTA en Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2021/10/08/arranca-o-festival-transfronteirico-de-teatro-amador-platta-en-viana-do-castelo/): Unha nova edición do Festival Transfronteiriço de Teatro Amador – PLATTA decorrerá esta finde semana de outubro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo. O PLATTA forma parte dos tres festivais anuais que se celebran en Zamora (Castela e León), Galicia e Portugal. - [Festina Lente](https://erreguete.gal/2021/10/07/festina-lente/): Máis aló de todas as interpretacións posibles, o bo traballo dramatúrxico de Festina Lente permite saber con certeza que hai un desexo: Sentirse no mesmo espazo e compartir vibras. En varias ocasións elas deixan de estar xuntas. Por exemplo, a mediados da peza a luz treme, unha se separa e a outra impídello, da man, e parece que ningunha sabe onde están, impedindo que a dinámica que construíran continúe, algo vai mal e se escoita un son branco estrano e un pouco incómodo. Logo todo volve a ser como antes, festivo, con movementos de cadeira marcados, certo descontrol, etc., pero, continuando co ciclo, se dá un novo impedimento, e robotízanse lixeiramente, segméntase o corpo aínda enérxico, e volven a darse de conta de que están separadas e deben procurarse e darse a man, o cal semella unha tarefa imposible. Por sorte, moitas veces puideron disfrutar a unha da outra, case de xeito ritual, mostrando un ensaio teórico-escénico sobre a experiencia de estar xunto a outres, experimentando pola quinosfera propia e allea. - [Os espectáculos culturais amplían aforos até o 90% este sábado](https://erreguete.gal/2021/10/06/ampliacion-aforo-teatros-90-galicia/): Os recintos interiores como ao aire libre, poderán ampliar a capacidade de público do 75 ao 90% de aforo - [Agadic abre o proceso para a coprodución de 'Relato para un incendio'](https://erreguete.gal/2021/10/06/agadic-abre-o-proceso-de-seleccion-de-proxectos-para-coproducir-relato-para-un-incendio/): A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou onte, na súa páxina web, a Resolución do 4 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral na temporada 2021-2022 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego. A peza, Relato para un incendio, do dramaturgo e membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, Ernesto Is, está dispoñible para consultar en liña ata a fin do prazo de presentación de propostas recollido nas bases. - [O FIOT acolle as xornadas profesionais de Escena Galega](https://erreguete.gal/2021/10/06/o-fiot-acolle-as-xornadas-profesionais-de-escena-galega/): Será o xoves 14 de outubro, en horario de 9.30 a 18.30 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, e a inscrición está aberta ata o mércores 13. - [Primeira finde no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2021/10/05/fiot-de-carballo-primeira-finde/): Entre o jazz melancólico das “follas mortas” e o sentido comunitario dos rituais, coa súa circular corrente, emerxe, como cada outono, o salvavidas artístico do FIOT, “eterno retorno” onde o costume nunca se torna rutina. Seguindo a máxima de Heráclito, as artes escénicas en Carballo xamais se bañan no mesmo Anllóns. Precisamente esa tensión entre o inevitable fluxo do cotiá e a necesidade humana de transcender a súa inercia foi, en fondo e forma, o punto común das tres pezas da programación do FIOT ás que asistín a fin de semana que inaugurou o mes de outubro. Tras unha complicada elección entre a variada oferta, decidinme: o venres 1 de outubro, polo espectáculo de rúa familiar A corda, de A vela circo; o sábado 2, por Déjà vu, de Manolo Alcántara, no marco da programación de Sala; e o domingo 3, por Camiños, de Paula Carballeira na Rúa dos Contos. - [Iván Villar gaña o Premio Max ao Mellor Intérprete Masculino de Danza por ‘Leira’, de Nova Galega de Danza](https://erreguete.gal/2021/10/04/ivan-villar-gana-o-premio-max-ao-mellor-interprete-masculino-de-danza/): A peza competía tamén ao Premio Max ao Mellor Espectáculo de Danza. - [Déjà vu](https://erreguete.gal/2021/10/02/deja-vu/): é unha peza de teatro físico que emprega elementos circenses e na que destacan as accións físicas precisas pero cunha fondura poética, que conectan e xogan coa escenografía e os obxectos, nun delicado diálogo onírico. - [Convocado o VIII Premio de Textos Teatrais Varela Buxán](https://erreguete.gal/2021/09/29/convocado-o-viii-premio-de-textos-teatrais-varela-buxan/): Conta cunha dotación económica de 1.200 euros e a publicación da obra gañadora da man de Edicións Fervenza. - [A verdade da tía Concha](https://erreguete.gal/2021/09/29/a-verdade-da-tia-concha/): Para enganar usamos moitos recursos: un pouco de verdade na información, estéticas con distanciamento, invocar a empatía do público, engaiolar coa interpretación, anestesiar con datos… Se cambio a palabra enganar por mentir, esaxerar… Xa nos recoñecemos no feito ou non é fascinante deixármonos arrastrar cando a  audiencia está entregada a escoitarnos unha anécdota?  Aquí, atopamos en nós a clave do pracer do engano. Ese vicio que se coa inesperadamente na vida cotiá e, despois, fai complexa a volta á honestidade. Ben, pois ese pracer no teatro é propio, por iso queremos facelo ben, enganar con permiso,  supoño que é unha perversión máis que sumar na listaxe. - [Gustavo del Río: “Para min é moi importante traballar sobre a diferenza. A necesidade de contar cousas que non son visíbeis”](https://erreguete.gal/2021/09/28/gustavo-del-rio-para-min-e-moi-importante-traballar-sobre-a-diferenza-a-necesidade-de-contar-cousas-que-non-son-visibeis/): Charlamos con Gustavo del Río (A Coruña, 1979) xusto despois da estrea na Casa da Cultura de Neda de Hugo, a nova peza d’Os Náufragos Teatro coa que continúan a explorar o universo da diversidade. Falamos con este actor, director e dramaturgo da importancia de amosar o diferente como algo “normal”, da necesidade dun teatro que fale dunha sociedade máis aberta e, en concreto, da súa contribución persoal e profesional para o colectivo LGTBIQ+. - [Any attempt will end in crushed bodies and shattered bones](https://erreguete.gal/2021/09/27/any-attempt-will-end-in-crushed-bodies-and-shattered-bones/): Asistimos en Any attempt will end in crushed bodies and shattered bones a unha sucesión de tentativas, de movementos que apenas se inician convértense xa en remuíños de reiteración constante, dos que xs bailarínxs xa non poden fuxir e que se acumulan na retina dx espectador/x grazas ás incesantes repeticións que dos mesmos movementos fan outrxs bailarínxs. Os remuíños van ademais acompasados polo bucle sonoro do Concerto para Clave e Corda Op. 40 de Henryk Gorécki, música que de tanto volver unha e outra vez acaba por entrar nos miolos do público e ficar aí por longo tempo, tamén repetida en bucle. - [O CDG e AveLina Pérez estrean 'ECO', unha peza inspirada nas mensaxes que deixaron os presos da Guerra Civil no Mosteiro de Oia](https://erreguete.gal/2021/09/26/o-cdg-e-avelina-perez-estrean-eco/): Haberá tres funcións ao longo da tarde de hoxe, cunha cabida total de 90 prazas e para as que xa non quedan entradas dispoñibles. - [Serva me, servabo te](https://erreguete.gal/2021/09/26/serva-me-servabo-te/): Serva me, servabo te é unha peza intensa e, ao tempo, unha peza demorada. Unha peza de tensións que se van desenvolvendo paseniño, paseniño, ata que baten, como dous trens, nesa viaxe que nos leva a outro plano, outra dimensión. - [O museo como performance](https://erreguete.gal/2021/09/26/o-museo-como-performance/): A sétima edición do ciclo “O Museu como performance” do Museo Serralves do Porto deu un paso máis na afirmación do lugar da performance no espazo do museo. - [O outono carballés énchese de teatro co inicio do FIOT](https://erreguete.gal/2021/09/24/o-outono-carballes-enchese-de-teatro-co-inicio-do-fiot/): A trixésima edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) decorrerá entre o 24 de setembro e o 29 de outubro na vila coruñesa. Os bonos do Programa de Sala do FIOT30 poderán adquirirse en Ataquilla.com a partir do martes 28 de setembro ás 10.00 h.  - ['Tres Tristes 2.0', de Kirenia Danza, estréase na Coruña](https://erreguete.gal/2021/09/23/tres-tristes-2-0-de-kirenia-danza-estrease-na-coruna/): Tres Tristes 2.0, da compañía Kirenia Danza, estréase este xoves, 23 de setembro, ás 21.00h no Centro Ágora da Coruña. Este proxecto, unha das coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) deste ano, testa, segundo a compañía, "a metodoloxía de recuperación de repertorios como alternativa viable para o sector dancístico contemporáneo nun contexto de crise sanitaria e económica de especial impacto para a danza, que dificulta a distribución de proxectos de nova creación pola superposición da distribución das mesmas, adiadas por reprogramacións de temporadas previas afectadas pola pandemia". - [Feira de teatro de bonecos, marionetas e formas animadas de Freixo de Espada à Cinta](https://erreguete.gal/2021/09/23/feira-de-teatro-de-bonecos/): Nesta feira participaron tres compañías galegas e a súa presenza foi extensa e intensa. A programación incluíu a presentación de espectáculos de compañías portuguesas, galegas e do resto do estado español e tamén de Venezuela. - [Vigocultura arranca a programación de outono que contará con 37 funcións](https://erreguete.gal/2021/09/23/vigocultura-presenta-a-programacion-do-ultimo-trimestre-de-2021/): O programa de Vigocultura para os últimos meses de 2021, está composto por 22 compañías que realizarán un total de 37 funcións, con 22 espectáculos diferentes e 28 días de programación que se desenvolverá durante 2 meses: desde o último fin de semana de setembro ata o último de novembro. - [O Festival Internacional de Teatro de Ourense convoca cinco bolsas de creación](https://erreguete.gal/2021/09/22/o-festival-internacional-de-teatro-de-ourense-convoca-cinco-bolsas-de-creacion/): A 14ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, que terá lugar entre os días 14 e 24 de outubro deste ano acollerá, xunto coa exhibición de espectáculos, os froitos  de 5 bolsas de creación de pezas a escala que porán o acento nas creadoras e nos creadores ourensáns buscando e promovendo o diálogo entre disciplinas artísticas e apoiando a fortaleza e o pulo creativo do sector na cidade e na provincia. - [Comeza o Festival Internacional de Teatro É-Aqui-in-Ócio](https://erreguete.gal/2021/09/21/comeza-o-festival-internacional-de-teatro-e-aqui-in-ocio/): O festival desenvolverase na vila portuguesa de Póvoa de Varzim dende mañá, día 22 de setembro, ata o sábado 2 de outubro. Entre as pezas que pasarán polo festival está 'Microspectivas dun marica millennial', da compañía galega Incendiaria, - [Pallasos en Rebeldía lanza un crowdfunding para levar un circomóbil a Gaza](https://erreguete.gal/2021/09/20/pallasos-en-rebeldia-fai-un-crowdfunding-para-levar-un-circomobil-a-gaza/): O proxecto Circo Móbil nace para chegar ás zonas máis devastadas de Gaza e proporcionar a través do circo unha parte do apoio psicolóxico e psicosocial que precisan os nenos e as súas familias. Para conseguilo, a asociación galega Pallasos en Rebeldía e a escola de circo Gaza Stars veñen de lanzar un crowdfunding para financiar un microbús que leva espectáculos circenses por toda a franxa de Gaza, especialmente en zonas fronteirizas marxinadas e destruídas. A primeira fase do crowdfunding, onde xa levan 2.000 euros nunha semana, ten como obxectivo conseguir os 20.000 euros que custa o microbús. Unha vez alcanzada esta primeira parada, continuarán a financiación para sufragar […] - [Barbara Morgan. Xesto, danza e expresionismo](https://erreguete.gal/2021/09/17/barbara-morgan-xesto-danza-e-expresionismo/): Durante a década dos vinte, Barbara Morgan decidiu dedicarse á fotografía coincidindo co nacemento da nova disciplina artística. Interesada nas danzas tradicionais dos indios do suroeste americano, coincide con Martha Graham na atención á dimensión ritual da danza. Morgan recoñece a  inmensa calidade da coreógrafa, e no 1941 publica o seu primeiro libro de fotografías titulado Dezaseis Danzas en Fotografías - [A segunda edición de Habitación Peregrina Pro finaliza con 160 encontros entre profesionais](https://erreguete.gal/2021/09/17/habitacion-escena-pro-camino-escena-norte-160-encontros/): Camiño Escena Norte continúa a súa andaina en Galicia esta fin de semana con funcións do espectáculo Abre el ojo, da compañía asturiana A66 Producciones, que achegará a clásica comedia de Fernando de Rojas Zorrilla os días 18 e 19 de setembro ás localidades de Mondoñedo e Lugo. - [O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán arranca o venres con oito representacións](https://erreguete.gal/2021/09/16/xx-festival-agustin-magan-teatro-afeccionado-fegatea/): A Federación Galega de Teatro Afeccionado FEGATEA organiza os días 17, 18, 19, 24 e 25 de setembro e os días 1, 2 e 3 de outubro o XX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán en Santiago. - [Chévere estrea N.E.V.E.R.M.O.R.E. sobre a crise do Prestige no Centro Dramático Nacional](https://erreguete.gal/2021/09/15/chevere-estrea-nevermore-sobre-a-crise-do-prestige-no-cdn/): O obxectivo de NEVERMORE, segundo Xron, é recordar cal foi a catástrofe do Prestige e a crise de xestión gobernamental que o acompañou, así como a resposta cidadá a esa xestión do accidente. - [Identidade. A normalidade do non común](https://erreguete.gal/2021/09/13/nee-barros-identidade-a-normalidade-do-non-comun/): Identidade non é teatro sobre o bullying, senón que é unha presentación dun camiño que toda persoa trans percorre, perseguindo rachar cos moldes impostos, cos demarcados roles nos que incluso as persoas cisxénero (isto é, persoas non-trans) teñen problemas para encaixar, e é que é extremadamente complicado ser "a muller perfecta" ou "o home perfecto". - [Títeres Cachirulo levará os monicreques a Sete Parroquias de Santiago de Compostela](https://erreguete.gal/2021/09/13/programacion-sete-parroquias-monicreques-cachirulo/): Unha proposta que intenta fortalecer o tecido veciñal nos barrios da vila e no rural. Un circuíto de teatro de monicreques de carácter gratuíto e para todos os públicos, con actividades culturais e de inclusión social para rapaces, mozos e terceira idade. - ['Ilomilo' da coruñesa Tuatha seleccionado no festival Quinzena de Dança de Almada](https://erreguete.gal/2021/09/12/ilomilo-da-corunesa-tuatha-seleccionado-no-festival-quinzena-de-danca-de-almada/): O videodanza da cía. Tuatha, Ilomilo, é seleccionado no festival Quinzena de Dança de Almada. Tuatha é unha compañía de danza emerxente situada na Coruña. Provén das danzas urbanas e evoluciona cara á creación contemporánea. Tamén se enfoca na realización de videodanza e a súa última peza audiovisual Ilomilo foi seleccionada na sección oficial da 29 edición da Mostra de Videodança de Almada. Ilomilo baséase na soidade e a compañía como forzas equitativas. O movemento flúe individualmente, observando as diferentes formas de xestionar esta soidade en forma de métafora: o espazo aberto e amplo en contraposición co espazo pechado, escuro. Unha porta […] - [Sarabela convértese na gran triunfadora duns Premios María Casares moi distópicos](https://erreguete.gal/2021/09/10/ganadores-premios-maria-casares-2021/): 'A lingua das bolboretas' leva o premio ao mellor espectáculo e 'Os nenos da varíola' faise co premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala ambientada nunha distopía e dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira. - [A Sala Ártika consolidase cunha ampla programación para o último semestre de 2021](https://erreguete.gal/2021/09/09/sala-artika-teatro-vigo-programacion-2021/): Cultura quente para tempos fríos é o lema da programación que a Sala Ártika de Vigo prepara para o último semestre do 2021. Trinta e tres compañías pasarán sala, situada na rúa Beiramar en Vigo e que traerá á cidade 75 representacións. - [Marta Núñez recibe moi emocionada o Premio de Honra do Fetega 2021](https://erreguete.gal/2021/09/08/marta-nunez-vigocultura-premio-honra-fetega/): Recolleu o premio durante una gala de peche da 32º edición do FETEGA e mostrouse moi emocionada e agradecida por una mención que considera é “una oportunidade transcendental para reivindicar e por en valor un traballo tan descoñecido como a de programador”. - [O 32 FETEGA concédelle o Premio ao Mellor Espectáculo a ‘Bailar agora’ de Marta Alonso Tejada](https://erreguete.gal/2021/09/08/o-32-fetega-concedelle-o-premio-ao-mellor-espectaculo/): O Premio Dorotea Bárcena á Mellor Actriz foi para Victoria Teijeiro e ao Mellor Actor para Xurxo Cortázar, polas súas interpretacións en O Premio de A Quintana Teatro. - [Incendiaria e A Quinta do Cuadrante estrean 'A lúa vai encuberta' en Ourense](https://erreguete.gal/2021/09/08/incendiaria-e-a-quinta-do-cuadrante-estrean-a-lua-vai-encuberta-en-ourense/): Tito Asorey dirixe esta co-produción que conta coa dramaturxia de Vanesa Sotelo e con música orixinal de Davide González, integrantes tamén do elenco xunto coa actriz Melania Cruz. Completan a equipa artística nomes destacados da escena galega como son a iluminadora Laura Iturralde e o escenógrafo Carlos Alonso. - [O FIOT 2021 presenta a súa programación con 11 estreas e máis dun mes de actividades](https://erreguete.gal/2021/09/08/programacion-fiot-2021-teatro-carballo/): O Festival Internacional Outono de Teatro celebrarase entre os días 24 de setembro e 29 de outubro e ofrecerá unha programación diversa, coa presenza de propostas innovadoras e arriscadas, e con espazo para novas linguaxes artísticas e a creación contemporánea. - [A Gala dos María Casares 2021 emitirase por Internet celebrando o reencontro do sector teatral galego](https://erreguete.gal/2021/09/07/gala-premios-maria-casares-2021/): A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e serán emitidos en directos a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.00 h. Trece obras compiten en calidade de finalistas polos María Casares. - [Camiño Escena Norte levará as artes escénicas por nove municipios galegos](https://erreguete.gal/2021/09/06/camino-escena-norte-levara-as-artes-escenicas-por-nove-municipios-galegos/): A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, a partir do vindeiro 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas e formatos por nove localidades galegas. - [A peza de videodanza ‘Materia Gris’, do Colectivo Glovo, foi seleccionada no Festival de Almada](https://erreguete.gal/2021/09/05/a-peza-de-videodanza-materia-gris-do-colectivo-glovo-foi-seleccionada-no-festival-de-almada/): A obra de videodanza ‘Materia Gris’, do Colectivo Glovo, foi seleccionada para participar no Festival de Almada. A peza é o resultado dunha colaboración da compañía de danza coa firma de moda Adolfo Domínguez.  En outubro de 2019, a compañía colaborou por primeira vez coa marca no desfile AD Runway FW19 OU, celebrado no casco vello de Ourense. Este desfile outono-inverno presentaba unha colección sobre o concepto do gender fluid ou a non identificación de xénero, e foi protagonizado por 60 modelos non profesionais de tódalas idades e tallas, incluíndo actuacións de música tradicional galega e diferentes performances en vivo, entre […] - [Roberto Pascual gaña o Premio Rafael Dieste cun texto sobre o papel da muller na inmigración](https://erreguete.gal/2021/09/03/roberto-pascual-gana-o-premio-rafael-dieste-cun-texto-sobre-o-papel-da-muller-na-inmigracion/): A obra Sophie non é o meu nome de guerra de Roberto Pascual foi a elixida polo xurado como gañadora do XX Premio Rafael Dieste 2021. - [A Bella Otero do Ballet Nacional](https://erreguete.gal/2021/09/03/22929/): O biopic de dúas horas faise excesivamente longo. Seguimos sen descubrir quen foi Carolina Otero, raíña pop da Belle Époque, artista francesa de acollida, bailarina exótica emigrante que decidiu mudar a súa pertenza de Valga a Cádiz. Hai modas que sempre volven. A Otero finxiu un marcado acento andaluz, modo de ocultación persistente que aínda hoxe escoitamos con diversos acentos imposibles nas capitais. - [O FETEGA presenta a súa programación coa estrea de 'Serva me Servabo te'](https://erreguete.gal/2021/09/01/programacion-fetega-2021-teatro-danza-monologos/): A 32ª edición do FESTIVAL DO TEATRO GALEGO "Celso Parada", que se celebrará no Carballiño do domingo 5 ao martes 7 de setembro presentou a súa programación  con diferentes actividades como obradoiros, mesas redondas, monólogos e teatro de sala. - [O V Certame Metro Cadrado do FIOT desvela as súas pezas finalistas](https://erreguete.gal/2021/08/31/pezas-finalistas-v-certame-metro-cadrado-fiot/): As creacións inéditas de Ana Abad de Larriva, Núñez&Is Socios Limitados (Jimmy Núñez e Ernesto Is), Sara Guerrero, David Rodas, Arroutadas (Lydia Prada e Mario Rodríguez) e Antón Coucheiro poderán verse en Carballo no mes de outubro. - [O XI Corpo(a)terra múdase de Ourense para Gondomar e Allariz](https://erreguete.gal/2021/08/31/o-xi-corpo-a-terra-mudase-de-ourense-a-gondomar-e-allariz/): DESPOIS DE 10 ANOS DE CORPOATERRA: UNHA  PRIMEIRA EDICIÓN MÁIS DESLOCALIZADA E O INICIO DUNHA NOVA ETAPA EN GONDOMAR. Corpo(a)terra, festival de danza e artes do corpo referencia en Galicia, celebrarase entre os días 31 de Agosto e 4 de setembro. - [Companhia do Chapitô e Ghazafelhos, premios do público na XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño](https://erreguete.gal/2021/08/30/companhia-do-chapito-e-ghazafelhos-premios-do-publico-na-xliii-mostra-de-teatro-galego-de-carino/): Companhia do Chapitô e Ghazafelhos, gañadores dos premios do público na XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño - [Carlos Alves gaña o III Premio PLATTA de teatro breve](https://erreguete.gal/2021/08/30/carlos-alves-gana-o-iii-premio-platta-de-teatro-breve/): O actor, director e dramaturgo, Carlos Alves vén de gañar coa súa obra 13 de Maio o III Prémio PLATTA de Peças Curtas de teatro que desde hai tres anos convoca en galego, portugués e castelán a erregueté. O xurado, formado por Rosa María Gantes, Santiago Cortegoso e Xoán Carlos Riobó, valorou especialmente a súa proposta aberta na que se suxire, máis que indica, unha analoxía entre a festividade da Virxe de Fátima, a orixe simbólica das personaxes con nomes bíblicos e unha aproximación ao conflito de xénero desde unha posición orixinal e poética. - [O teatro outro](https://erreguete.gal/2021/08/29/o-teatro-outro/): Pensar ao outro preséntasenos como unha tarefa problemática, por non dicir imposible porque todo o que dicimos sobre o outro dicímolo dende o eu. O outro entón, non ten ningún contacto comigo. O problema é que cando o definimos facémolo pensando en todo o que excede de modo absoluto: todo o que non son eu nin está determinado por min, é un outro. Todo o que é, existe soamente para min, sempre para un eu que os categoriza previamente. Entón a pregunta é: podemos achegarnos ao outro librándonos absolutamente do que somos? Acceder a outro na súa outredade? É posible? Se […] - [noradanze: "Soño cunha escena onde poidamos ver espectáculos de linguaxe urbana, profundos de contido, cunha estrutura de profesionais propia.”](https://erreguete.gal/2021/08/28/noradanze-sono-cunha-escena-onde-poidamos-ver-espectaculos-de-linguaxe-urbana-profundos-de-contido-cunha-estrutura-de-profesionais-propia/): noradanze é unha artista moi nova que está a piques de presentar o seu primeiro traballo ligado á súa nova imaxe escénica, "NoDa". - ['Intempestiva' de Elahood no Festival C de Compostela o 30 de agosto](https://erreguete.gal/2021/08/27/intempestiva-de-elahood-no-festival-c-de-compostela-o-30-de-agosto/): O vindeiro luns 30 de agosto ás 20.00h no Cemiterio de Bonaval, dentro da programación do Festival C de Compostela Cultura, a compañía Elahood presenta o seu traballo arredor da voz de Xela Arias tras a súa estrea no ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio.  - [Freixo de Espada à Cinta celebra a súa primeira feira de formas animadas do 2 ao 4 de setembro](https://erreguete.gal/2021/08/26/freixo-de-espada-a-cinta-celebra-primeira-feira-formas-animadas/): Desenvolverase nas rúas da vila portuguesa e nela participarán as compañías galegas Monicreques de Kukas, Tanxarina e Trécola Producións. - [Casilda García Alfaro recibe o Premio Xograresa de Outono 2021](https://erreguete.gal/2021/08/25/casilda-garcia-alfaro-recibe-o-premio-xograresa-de-outono-2021/): A actriz e activista cultural Casilda García Alfaro acaba de recibir o máximo galardón do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) 2021, que organiza a entidade Telón e Aparte. - [‘A Contenda’ de 1671 volve á Caldelas de Tui en 2021](https://erreguete.gal/2021/08/24/a-contenda-de-1671-volve-a-caldelas-de-tui-en-2021-2/): Este venres, sexta-feira, 27 de agosto de 2021, o Centro Dramático Galego (CDG), en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga (CTB), van representar en Caldelas, Tui, á beira do Miño, A contenda dos labradores de Caldelas ouEntremés famoso da pesca no río Miño, de Gabriel Feixóo de Araúxo. - [Marta Alonso Tejada: “O que me salva é a miña identidade na danza”](https://erreguete.gal/2021/08/21/entrevista-marta-alonso-tejada-me-salva-identidade-danza/): Bailar Agora de Marta Alonso Tejada é a primeira peza de danza candidata aos Premios de Teatro María Casares. Falamos con ela dos novos proxectos nos que anda bailando. - [Titirideza volve a Lalín do 20 ao 22 de agosto](https://erreguete.gal/2021/08/20/22811/): Titirideza celebrara a súa vixésima edicion coa vocación de seguir mantendo a comarca do Deza, en xeral, e Lalin, en particular, como un referente no mundo dos monicreques en Galicia e na peninsula. Os dias 20, 21 e 22 de agosto, en Lalin ofrecerase unha variada oferta con espectaculos de marionetas dirixidas a público infantil e familiar. - [SóLODOS celebra a 9ª edición de Danza no Claustro](https://erreguete.gal/2021/08/19/solodos-celebra-a-9a-edicion-de-danza-no-claustro/): Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo. - [Francisco Pillado Maior e o teatro](https://erreguete.gal/2021/08/18/francisco-pillado-maior-e-o-teatro/): Non son as cousas nin os bens materiais o que permanece, son os feitos e os bens inmateriais. “Car la mort et les choses sont liées, car la mort e la matière morte ne font qu’un: comme le dit si magnifiquement Bossuet: Tout ce qui se mesure périt”, como escribe o dramaturgo Valère Novarina (Porque a morte e as cousas están ligadas, porque a morte e a materia morta son unha, como o di magnificamente Bossuet: Todo o que se mesura perece). O que quero compartir aquí non se pode medir, nin pertence ao ámbito do que caduca, do que se compra ou do que se vende, vai alén das modas e das tendencias. Quero tentar describir o legado vital que nos deixa un ser excepcional, con quen tiven a sorte de compartir algunhas teimas e algúns momentos inesquecíbeis. Trátase de Francisco Pillado Maior (1941-2021). - [O Festival de Títeres de Redondela programa máis de 40 actividades do 1 ao 5 de setembro](https://erreguete.gal/2021/08/17/presentacion-festival-titeres-redondela-2021-programacion/): As prazas e rúas da vila volverán recuperar a cor e a ledicia coas propostas de 25 compañías de Rusia, Francia, Madrid, Castela e León, Valencia, Cataluña e Galicia. Os aforos para os espectáculos de sala e rúa serán limitados e será preciso ter entrada e máscara para acudir a calquera das representacións. - [Habitación Peregrina PRO busca tecer sinerxias entre compañías e axentes do sector da franxa norte](https://erreguete.gal/2021/08/13/habitacion-peregrina-pro-buscara-tecer-sinerxias-entre-companias-e-axentes-do-sector-da-franxa-norte/): O proceso de inscrición está aberto ata o día 30 de agosto con prezos que van dos 20 aos 180 euros dependendo dos días de asistencia e con descontos para socios das asociacións promotoras. - [Falece Francisco Pillado Mayor, figura clave na dignificación do teatro galego](https://erreguete.gal/2021/08/12/falece-francisco-pillado-mayor-figura-clave-do-teatro-galego/): A súa maior achega foi o apoio a autores galegos mediante a edición dos seus textos en Edicións Laiovento. Dirixiu a editorial, creada en 1991 xunto con Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Couceiro, González Millares e Afonso Ribas, ata o ano 2014. A intensa dedicación a esta tarefa fixeron de Laiovento unha editorial de referencia, que publicou un amplo número de obras de ensaio, narrativa e teatro que, ben seguro, nunca terían visto a luz. - [O que fracasa](https://erreguete.gal/2021/08/11/o-que-fracasa/): Que algo poida gustarlle a moita xente, de moitas idades e realidades diversas, é, se o pensas con algo de perspectiva, case un milagre. Atinar en elementos que nos conecten como seres humanos é cada vez máis complexo. - [AGADIC apoiará a 30 compañías coas axudas á creación escénica 2021](https://erreguete.gal/2021/08/10/resolucion-axudas-agadic-a-creacion-escenica-2021/): Segundo a resolución de adxudicación, a dotación de 800.000 euros distribúese entre 16 propostas na modalidade de teatro, novo circo e maxia, sete na de nova creación, cinco na de danza de artes do movemento e dúas na destinada á actividade escénica de carácter trianual. - [O Festival Manicómicos cumpre vinte edicións enchendo de bo humor A Coruña](https://erreguete.gal/2021/08/09/festival-manicomicos-2021-programacion/): O Festival Manicómicos, organizado pola Asociación Cultural Manicómicos volve, un ano máis, a levar o humor ás rúas de A Coruña. Xa son vinte as edicións deste festival, todo un referente na cidade herculina, que se levará a cabo do 12 ao 15 de agosto no anfiteatro do Parque de Santa Margarida dende as 12.00 ata as 22.00 horas.   Programa Festival Manicómicos 2021 XOVES 12 12:00 – 13:00. Rolando Rondinelli  ”TIP TAP POUM” (Familiar / Manicómicos) 17:00 – 18:00 Simone Romanó ”HOP HOP” (Familiar / Manicómicos) 22:00 – 23:00 Cía. Al Grano ”KALDI” (Todos os públicos / Manicómicos) VENRES 13 12:00 – […] - [O Festaclown regresa un ano máis con clown e circo ás rúas de Vilagarcía](https://erreguete.gal/2021/08/08/festaclown-festiclown-vilagracia-programacion-2021-circo-clown/): O Festaclown 2021 converterá Vilagarcía, un ano máis, na capital galega do clown e das risas do 16 ao 21 de agosto.  - [A Mostra de Cariño 2021 encherá a vila con teatro infantil e adulto durante dúas semanas](https://erreguete.gal/2021/08/07/a-mostra-de-carino-2021-programacion/): A  XLIII  Mostra de Teatro Galego de Cariño celebrarase do 8 ao 20 de agosto e contará con compañías teatrais de público infantil e adulto que actuarán durante dúas semanas en diferentes espazos do municipio. O día inaugural da Mostra de Cariño, domingo 8 de agosto, Barafunda Animación representará Barcos de Ortegal, outra creación específica da compañía para Cariño que comezará a partir das 12:30 horas de modo itinerante polas rúas do municipio acompañados polos músicos de Os Bregadiers. Ás 20:30 horas terá lugar o acto oficial de presentación na  Praza  do  Campín, no que se entregará o premio do público […] - [Discurso sobre o filho-da-puta](https://erreguete.gal/2021/08/06/discurso-sobre-o-filho-da-puta/): A congregação teatral na qual participamos ajuda-nos, com humor e sarcasmo, não só a reconhecer as diversas feições do filho-da-puta, mas também a ficar mais cientes doutras, das quais, se calhar, ainda não tínhamos notícia. Aliás, até colabora em nos fazer duvidar se esse nosso apreço pelas preocupações da vida, ou, às vezes, a aceitação do sacrifício, não será um sintoma do vírus. - [O teatro comunitario como estratexia de creación de público na Sala Ingrávida](https://erreguete.gal/2021/08/05/o-teatro-comunitario-como-estratexia-para-a-creacion-de-publico-nunha-sala/): Recuperamos este artigo publicado na erregueté #91 do verán de 2017. Unha posta en valor do teatro comunitario que xera xinerxias e públicos a través dos ollos de Irene Moreira e a súa sala Ingrávida.  - [Os formatos teatrais de Voadora](https://erreguete.gal/2021/08/04/os-formatos-teatrais-de-voadora/): Desde a súa formación, hai xa case 10 anos, Voadora definiu como un dos seus obxectivos explorar as fronteiras teatrais a todos os niveis: xeográficas, estilos, xéneros, temáticas, linguaxes, xeitos de produción, fontes de financiamento, targets de público, imaxe, publicidade e distribución. Non quere dicir que sempre o conseguiramos, pero si que esa foi a intención. O obxectivo, como en calquera outra compañía ou grupo de creación, é dar resposta ás inquedanzas artísticas dos seus membros. Mais a permanente ubicación na fronteira en todos estes ámbitos permitiunos coñecer (ou ás veces mesmo descubrir) alternativas ao noso traballo e ao noso modus […] - [Reencontro Celso Parada](https://erreguete.gal/2021/08/03/encontro-celso-parada-misterio-comico/): No 30º aniversario da estrea do Misterio Cómico de Dario Fo, dirixida por Julio Cardoso. Amigos e xentes do teatro recordan a Celso Parada: un home de encontros, de brazos abertos á amizade, á solidariedade e á fraternidade. - [Multitarefa](https://erreguete.gal/2021/08/02/multitarefa/): A cuestión é que ningún profesional das artes escénicas, en Galiza, pode conseguir que o seu traballo funcione limitándose ás competencias exclusivas do seu perfil laboral e a un horario xusto. - ['Leira', de Nova Galega de Danza, finalista en dúas categorías dos Premios Max](https://erreguete.gal/2021/07/29/leira-nova-galega-danza-premios-max/): Os Premios Max das Artes Escénicas, organizados pola Fundación SGAE, desvelaron hoxe a listaxe de finalistas da súa XXIV edición, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro no Teatro Arriaga de Bilbao. Nela destaca a presenza de Nova Galega de Danza co seu espectáculo Leira, co cal competirán en dúas categorías: Mellor Espectáculo de Danza e Mellor Intérprete Masculino de Danza para Iván Villar.  - [Elvedon](https://erreguete.gal/2021/07/29/elvedon/): A onda vén e vai, seguindo un ritmo permanente que nos leva á idea do fluír. Este é un dos conceptos que dirixe Elvedon, peza estreada no 2015 e que, por primeira vez, puidemos ver no Estado grazas ao esforzo da organización da MIT de Ribadavia. O fluír lévanos á idea da vida, un movemento no que nos vemos inseridxs dende que nacemos e ata a nosa fin. Semella que non hai moito que facer neste ir e vir continuo, mais que deixarse levar polo mesmo. Pero os seres humanos facemos algo que impide o noso fluír natural coa vida. Pelexamos con el, tentamos dobregalo, controlalo, poñémoslle canles e encoros ao tempo que sentímo-lo degoiro de volver a deixarnos levar polo natural. O ritmo vital pode ser tan poderoso, que non nos deamos conta da necesidade de pausa, de parada, de descanso. - [Felipe Díaz 'Caxoto': "O problema é a non aceptación, incluso nos niveis máis sutís"](https://erreguete.gal/2021/07/28/felipe-diaz-caxoto/): Quixemos falar con Caxoto a propósito do seu espectáculo Planeta LGTB, centrado na diversidade afectivo-sexual e de xénero, e co que se pretende achegar a naturalidade desta diversidade a grandes e cativxs a través da narrativa oral, espazo onde ata o de agora non se ten explorado moito este universo. - [Os pequenos obxectos deste mundo](https://erreguete.gal/2021/07/28/os-pequenos-obxectos-deste-mundo/): Dende pequeno teño a mira desviada do foco de atención. Para os adultos era un despistado e supoño que podía parecer un pouco frustrante, pero a min paréceme divertido, e involuntariamente rebelde, observar en dirección contraria. Certamente, agora de adulto, xa o tema é menos involuntario pero non todo o rebelde que me gustaría. Todos somos conservadores ata certo punto, aceptémolo. Pero co afán de selo un pouco menos, quero falar e descubrir o mundo dos obxectos pequenos que envolven as artes escénicas. - [Manolo Alcántara, El Espejo Negro e Roi Vidal, premiados no final da 37ª MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2021/07/27/manolo-alcantara-a-cia-el-espejo-negro-e-roi-vidal-galardonados-no-ultimo-dia-da-37a-mit-de-ribadavia/): A MIT de Ribadavia "seguirá apostando pola esixencia, a non cancelación de todo canto se poida levar a cabo e imaxinar, a calidade fronte á cantidade e a distinción da coherencia e do risco, o que permite o debate, alenta a crítica e fomenta os valores de respecto e convivencia. Cada vez é máis importante reafirmar os valores comunitarios e a MIT seguirá sendo ese festival popular e reflexivo onde recalar por un tempo prolongado para vivir unha experiencia concentrada de innovación e apertura, fronte aos individualismos e a insolidaridade", apuntan desde a organización. - [The Mountain](https://erreguete.gal/2021/07/26/the-mountain/): Un tanto desta maxia é o recendo que deixa a peza da Agrupación Sr. Serrano, The Mountain, que vén de presentarse na 37ª Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia (MIT). Subir á montaña como a mítica expedición de Norton, Mallory e Irvine que tentou acadar o cumio da Terra no 1924, o Monte Everest, e na que faleceron os dous últimos cando fixeron a súa derradeira tentativa por coroar a cima. - [A 37ª edición da MIT de Ribadavia despídese con DraMITurga](https://erreguete.gal/2021/07/25/a-37a-edicion-mit-de-ribadavia-bota-o-peche-con-dramiturga/): DraMITurga, proxecto no que seis dramaturgos/as (3 de Portugal e 3 de Galicia), escribiron cadansúa peza breve orixinal para esta ocasión. A partir desas 6 pezas, desenvolveuse un xogo no cal cada unha das 6 dramaturgas fai unha reescrita de cada unha das pezas das súas compañeiras. Isto estivo a xerar unha multiplicación de versións e reescritas que terá como resultado 36 pezas breves. DraMITurga anima, deste xeito, non só a creación contemporánea, senón tamén as conexións entre poéticas, estéticas e voces diferentes, dentro do eixo atlántico galego-portugués. - [Molly Bloom](https://erreguete.gal/2021/07/24/molly-bloom/): Um dos feitos da revolução feminista foi tirar a mulher do âmbito restrito do doméstico e fazer com que ocupasse lugares públicos, na ciência, na política, nos âmbitos académicos e do trabalho. Até nas artes, as mulheres ocupavam um lugar secundário, pensemos, por exemplo, na história do teatro e no escasso rol de encenadoras, no que diz respeito ao cânone de encenadores que marcaram tendência. Um facto está relacionado com o outro. Neste sentido, a personagem de Molly Bloom, no último capítulo do Ulisses (1922) de James Joyce, intitulado “Penélope”, acomete uma transgressão. - [Duas personagens](https://erreguete.gal/2021/07/22/duas-personagens/): Em Duas personagens, este espetador esteve a confundir, por momentos, no jogo meta teatral, as atrizes com as personagens. Ora parecia que a Carla e a Sara nos estavam a olhar e a falar, diretamente, a nós, como público. Ora parecia que duas personagens estavam a levar-nos pelos quintais oníricos da ficção. E esse jeito de ambiguidade ou confusão produzia uma inquietação muito cativante. - [Maria Callas: Lettres et mémoires](https://erreguete.gal/2021/07/22/maria-callas-lettres-et-memoires/): O gancho deste espetáculo é, sem dúvida, a reunião de dois mitos, duas vedetas, Maria Callas e Monica Belluci, também o Tom Volf, diretor de cinema especialista na biografia da Callas. De facto, o Volf é o autor do filme Maria by Callas, estreado em 45 países em 2018, e do livro que leva o mesmo título do espetáculo, Maria Callas. Lettres et mémoires. - [Corpo suspenso / Um gajo nunca mais é a mesma coisa](https://erreguete.gal/2021/07/21/corpo-suspenso-um-gajo-nunca-mais-e-a-mesma-coisa/): Para quem escreve, e certamente também para quem lê, as guerras, afortunadamente, ficam longe. As contendas bélicas são um evento económico e político, antes do que humano, que fica como pano de fundo nos telejornais ou pertence aos livros de história. Porém, em Portugal e também no Estado espanhol, há guerras que deixaram rastos vivos na genética da população. No Estado espanhol continua a haver conflitos com o cumprimento da Lei da Memória Histórica e com a restituição da justiça. Um exemplo claro é que em 2021 ainda não se conseguiram recuperar os restos de Federico García Lorca, assassinado pela Ditadura por causa das suas ideias políticas de esquerda, contrárias ao regime, e pela sua homossexualidade manifesta. Por outra parte, temos partidos de ultradireita que já entraram nas instituições públicas de governo, que reivindicam e coincidem em muitos aspetos com as linhas ideológicas da Ditadura franquista, partidos que representam uma parte da população atual. - [Estrea galega na MIT de Ribadavia: #2Pilgrims, de Redrum Teatro](https://erreguete.gal/2021/07/21/2pilgrims-estrea-redrum-teatro-mit/): #2Pilgrims, a décimo quinta produción de Redrum Teatro, encaixa no marco do chamado teatro social, unha liña de traballo que a compañía leva desenvolvendo nos últimos anos a través de obras como A nena que quería navegar, que trata sobre o acoso escolar, ou Invisibles, montaxe que aborda a violencia de xénero. En #2Pilgrims atoparemos unha comedia de autoficción con grandes doses de absurdo que terá como pano de fondo o Camiño de Santiago para tratar temas como as novas masculinidades, o feminismo ou concienciación fronte á violencia de xénero. - [Entre festivais: Cangas, Almada e Ribadavia](https://erreguete.gal/2021/07/20/entre-festivais-cangas-almada-e-ribadavia/): O verán chegou e con el os festivais de artes escénicas. Neste mes, ademais do traballo escolar que, para algúns docentes, non remata, como quen di, até agosto, súmanse os festivais, facendo do período estival un dos máis intensos. Isto para quen, coma min, traballa sobre a enxeñaría das artes escénicas, a dramaturxia, como docente e investigador, e para quen, ademais, gusta e necesita dos desafíos que nos colocan os espectáculos. - [Comeza o VI Festival Titiriberia en Rianxo](https://erreguete.gal/2021/07/20/comeza-o-vi-festival-titiriberia-en-rianxo/): O programa de Titiriberia inclúe dúas grandes estreas nesta sexta edición. A primeira delas chegará o venres 23 de xullo da man de Indignati (Asociación Galega de Commedia dell’Arte) que, coa colaboración na produción da Asociación Morreu o Demo, presentará o seu espectáculo Maldita Máscara, montaxe de Commedia dell’arte que mestura contos, música, acrobacia e máscara. A estrea terá lugar no Pazo do Rianxiño ás 20.30 h. A segunda estrea será ás 21.00 h. no mesmo espazo e correrá a cargo da compañía Babaluva, que dará a coñecer a súa peza Feira de sementes. - [Convocado o III Premio PLATTA de Teatro Breve en portugués](https://erreguete.gal/2021/07/20/convocado-o-iii-premio-platta-de-teatro-breve-en-portugues/): Co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (PLATTA), convócase o III Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas: galego, castelán e portugués. O prazo de admisión dos orixinais remata o 20 de agosto de 2021. - [Billy's Violence](https://erreguete.gal/2021/07/19/billys-violence/): O maxistral da montaxe de Lawers é que vai introducindo estas escenas aos poucos e, case sen decatarte, atópaste xa amoladx por unha chea de tusidos que violentan os teus oídos (e máis nos tempos COVID). Case sen decatarte, asistes en directo á prostitución dunha rapaza, que de súpeto se converte en tódalas rapazas. Case sen decatarte, Desdémona está xa morta entre as túas mans, e aínda queres máis. Entón a peza sobe a marcha e entramos na orxía. Disque unha orxía é unha reunión de persoas que cometen excesos e iso é precisamente o que estamos a ver. Tamén, que é unha das festas dedicadas a Dionisos (en Grecia) ou a Baco (en Roma). Este vínculo meta-teatral cingue a saturación de estímulos co rito. A orxía é de sangue porque este é o material máis prezado polxs deusxs, o último que o ser humano pode ofrecer. Mais a orxía é tamén de teatro e o artificio do rito aparece exposto sen pudor, unha e outra vez, como parte da ofrenda. - [A contenda do río Miño](https://erreguete.gal/2021/07/19/a-contenda-dos-labradores-de-caldelas-entremes/): A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida. - [O compromiso de Xosé Manuel Pazos coa Revista Galega de Teatro](https://erreguete.gal/2021/07/17/o-compromiso-de-xose-manuel-pazos-coa-erreguete/): Pezas de teatro – María Soliño. Crónica de Pantagruel. A partir do Pantagruel de Rabelais. Dramaturxia en colaboración con Alberto Bokos. (nº 18 Primavera-Verán 1998) – ACT-TRESS Tres pezas de café teatro: C@ntando @s coarenta; Trío de tango; Cocó Glamour en cantada (da vida). (nº 45 Inverno 2005) – Ida e volta (nº 58 Primavera 2009) – INRI: Iniciativa polos Recortes no Idioma. Publicado en Micropezas con outras autoras e autores (nº 76 Outono 2013) Traducións – Lexión de Juan Mayorga. Mariana de José Ramón Fernández (nº 16 Outono1997) – Holliday Aut (postal de mar) de Itziar Pascual (nº 21 Outono-Inverno 1999) […] - [A danza chega á Sala Rebullón con 'Primeiro a vida!'](https://erreguete.gal/2021/07/17/a-danza-chega-a-sala-rebullon-con-primeiro-a-vida/): Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén. Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade. Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda ‘Primeiro a Vida’ ou ‘Antes a Vida’ ou ‘Elixir a Vida’; tres posibles traducións do verso de André Bretón, transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio de 1968 en Francia. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a vida! - [Marta Pazos e Cándido Pazó dirixirán as novas producións do Centro Dramático Galego](https://erreguete.gal/2021/07/16/marta-pazos-e-candido-pazo-dirixiran-as-novas-producions-do-centro-dramatico-galego/): O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos nunha nova aposta pola dramaturxia galega contemporánea e polos clásicos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d'A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, ao abeiro dunha convocatoria que se anunciará este venres día 16 no Diario Oficial de Galicia, e un investimento de case 600.000 euros. - [Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2021/07/15/ernesto-is-gana-o-xvi-premio-abrente-da-mit-de-ribadavia/): Segundo o xurado, Profetas "presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física". O xurado indica que "esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz". - [Aberta a convocatoria da sexta edición das Residencias Paraíso](https://erreguete.gal/2022/02/10/aberta-a-convocatoria-da-sexta-edicion-das-residencias-paraiso/): A convocatoria das Residencias Paraíso 2022 está aberta ata o 28 de febreiro, para artistas de Galicia, do resto da Península e de Portugal. - [A Casa Museo de Quiroga Casares acolle a presentación de 'Sophie non é o meu nome de guerra'](https://erreguete.gal/2022/02/09/a-casa-museo-de-quiroga-casares-acolle-a-presentacion-de-sophie-non-e-o-meu-nome-de-guerra-a-obra-ganadora-do-xx-premio-rafael-dieste-de-textos-teatrais/): A presentación da obra gañadora do XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais terá lugar mañá, día 10 de febreiro, ás 19horas, na Casa Museo de Quiroga Casares, nun acto aberto ao público con acceso libre ata completar a cabida. - [Pablo Reboleiro gaña o Premio Maruxa Villanueva do Concello de Padrón](https://erreguete.gal/2022/02/08/pablo-reboleiro-gana-o-premio-maruxa-villanueva-do-concello-de-padron/): Pablo Reboleiro Rama (1977) foi o candidato escollido por unanimidade para o XXI Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva 2021 do Concello de Padrón. - [A Xunta inicia a súa programación especial polo centenario da actriz María Casares cun ciclo de conferencias](https://erreguete.gal/2022/02/07/a-xunta-inicia-a-sua-programacion-especial-polo-centenario-da-actriz-maria-casares-cun-ciclo-de-conferencias/): Desenvolverase desde o 9 de febreiro ata o 22 de novembro no Museo de Belas Artes da Coruña, con entrada de balde ata completar a cabida. - [Começa a 11ª edição do GUIdance em Guimarães, de 3 a 12 de fevereiro](https://erreguete.gal/2022/02/03/comeca-a-11a-edicao-do-guidance-em-guimaraes-de-3-a-12-de-fevereiro/): O espanto do corpo e a vontade de mudar o mundo (através da dança) emergem de 3 a 12 de fevereiro em Guimarães. A 11ª edição do GUIdance – Festival Internacional de Dança Contemporânea está prestes a apresentar 10 criações, incluindo 3 coproduções d'A Oficina e 2 estreias nacionais, com Sofia Dias & Vítor Roriz em destaque e nomes como Moritz Ostruschnjak, Maria Fonseca, Peeping Tom, Vera Mantero, Catarina Miranda, Anastasia Valsamaki e Wim Vandekeybus a juntarem-se a esta celebração. - [After the Party](https://erreguete.gal/2022/02/02/after-the-party/): "Con 'After the Party' Thomas Noone volve aos escenarios como bailarín, nun 'só para dous' no que o coreógrafo observa a relación cun outro que é el mesmo, representado por un monicreque que manipula en directo." - [A Deputación de Pontevedra estrea 'Un biolo na noite', a peza gañadora do I Premio de Microteatro da Memoria](https://erreguete.gal/2022/01/31/a-deputacion-de-pontevedra-estrea-un-biolo-na-noite-a-peza-ganadora-do-i-premio-de-microteatro-da-memoria/): Ademais da estrea da peza de microteatro 'Un biolo na noite', da dramaturga e actriz Ana Abad de Larriva, que gañou en 2021 o I Premio de Microteatro da Memoria, organizado pola Deputación e a ESAD de Galicia; o departamento de Memoria Histórica do organismo provincial aproveitará o acto para facer entrega do galardón da edición de 2022, consistente nun agasallo institucional e 500 euros, á dramaturga Sara Rey pola súa obra 'A patente do sol'. - [O FETEGA abre o prazo de aceptación de propostas para a 33ª edición do festival](https://erreguete.gal/2022/01/31/o-fetega-abre-o-prazo-de-aceptacion-de-propostas-para-a-33-edicion-do-festival/): O prazo de aceptación de propostas está aberto ata o martes 15 de febreiro ás 20 horas, e distínguense seis categorías diferentes. - [Falar todo o mundo do mesmo](https://erreguete.gal/2022/01/30/falar-todo-o-mundo-do-mesmo/): Entre a rebelión contra termos que falar todo o mundo do mesmo, e o clamor popular contra a decisión dun xurado da televisión española de deixar fóra o primeiro e exitoso tema que se presentaba en lingua galega para ir a Eurovisión. - [There are no borders](https://erreguete.gal/2022/01/29/there-are-no-borders/): "(...) O mesmo pobo que conquistaba o Obradoiro armado de paraugas como se fosen as árbores do bosque de Birnam entrando no castelo de Dunsinane agora ergue as súas pandeiretas para conquistar Madrid, España e Europa. Ao final de cada espectáculo, cantareiras e intérpretes intercambian os seus roles (Actúa ti, actuarei eu) e amosan unha frontalidade fachendosa mentres entoan un canto liberador coas pandeiretas ben agarradas e cos pés chantados no proscenio (ese limiar que une palcos e plateas, ficcións e realidades, platós e salóns, espectáculos e catástrofes, inxustizas e soños) para demostraren que no fandom do teatro xa levamos tempo afirmando que nin nos nosos mapas físicos, nin nos políticos, nin nos mentais existen as fronteiras, ese delirio". - [Teatro Ensalle de Vigo estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill](https://erreguete.gal/2022/01/28/teatro-ensalle-de-vigo-estrea-sin-la-soga-al-cuello-de-gonzalo-cunill/): Esta fin de semana (28, 29 e 30 de xaneiro) a compañía Ensalle Teatro estrea, na súa sala da Rúa Chile de Vigo, 'Sin la soga al cuello', de Gonzalo Cunill. - [Profesionais das artes escénicas poden concorrer ás bolsas da Xunta e Fulbright para estudos nos EEUU](https://erreguete.gal/2022/01/27/profesionais-das-artes-escenicas-poden-concorrer-as-bolsas-da-xunta-e-fulbright-para-estudos-nos-eeuu/): Cinco profesionais galegos da cultura poderán completar a súa formación nos Estados Unidos ao abeiro do programa de bolsas convocado pola Xunta de Galicia e a Comisión Fulbright. Os beneficiarios realizarán estadías de formación académica, de investigación artística ou de desenvolvemento de proxectos cun sólido compoñente investigador nas áreas de artes audiovisuais, escénicas, plásticas e visuais, á música e musicoloxía, á museoloxía e conservación do patrimonio e á xestión cultural. As estadías terán unha duración de entre 6 e 12 meses e realizaranse entre xuño de 2022 e decembro de 2022. - [Aarón Navia dirixirá a Compañía de Teatro da USC en Lugo](https://erreguete.gal/2022/01/26/aaron-navia-dirixira-a-compania-de-teatro-da-usc-en-lugo/): As xornadas de portas abertas serán os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, de 20.00 a 22.00 horas na Aula de Teatro e Danza da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo. - [Laura Iturralde e Fran Sieira acompañan as Tanxugueiras para chegar a Eurovisión](https://erreguete.gal/2022/01/25/laura-iturralde-e-fran-sieira-acompanan-as-tanxugueiras-para-chegar-a-eurovision/): Por primeira vez na historia de Eurovisión, un grupo galego consegue posicionarse como aspirante a representar a todo o Estado español, cun tema en lingua galega. Trátase de Tanxugueiras, un grupo de mulleres que fan música de raíz tradicional galega actualizada. Acompáñanas, para a posta en escena, o coreógrafo Fran Sieira e a iluminadora, escenógrafa e videocreadora Laura Iturralde. - [Helena Salgueiro estrea unha adaptación da obra 'Come and Go', de Samuel Beckett](https://erreguete.gal/2022/01/25/helena-salgueiro-estrea-unha-adaptacion-da-obra-come-and-go-de-beckett/): Será este venres, 28 de xaneiro, no Teatro Colón da Coruña, e irá seguida dun coloquio posfunción. - [A gala de SóLODOS en Danza na catedral do Gaiás](https://erreguete.gal/2022/01/24/a-gala-de-solodos-en-danza-na-catedral-do-gaias/): A Quinta Gala de SóLODOS en Danza, na Cidade da Cultura, puxo en escena unha escolma de catro actuacións (en realidade eran cinco pero un dos grupos non puido asistir), elixidas entre as pezas gañadoras das cinco edicións celebradas en distintas cidades estatais. - [O lobby do teatro](https://erreguete.gal/2022/01/23/o-lobby-do-teatro/): O teatro fai presión. Empurra o falso, o que non é, para achegar claridade e saúde. E quen se pode sentir aludido? Pois non o sei. Quen queira que garde o lixo baixo a alfombra e camiñe por ela coma se nada. - [Diego Anido estrea ‘O deus do pop’ no Principal de Compostela](https://erreguete.gal/2022/01/22/diego-anido-estrea-o-deus-do-pop-no-principal-de-compostela/): Despois dun extenso proceso de creación, que supuxo varias residencias artísticas en diferentes espazos, como o Teatro Ensalle de Vigo, esta fin de semana, Diego Anido estrea no Teatro Principal de Santiago de Compostela O deus do pop. - [A Isadora Duncan de Jérôme Bel e a pedagoxía radical da danza libre](https://erreguete.gal/2022/01/18/a-isadora-duncan-de-jerome-bel-apuntes-dunha-pedagoxia-radical-da-danza-libre/): Despois de 'Disabled Theater' e 'Gala', Jérôme Bel busca o minimalismo contemplativo no repertorio dancístico da inmensa 'Isadora Duncan' (2019). Isadora, precursora; Bel, renovador. Na historia da danza repítese unha e outra vez esta adxectivación por xéneros. Poucos renovadores coma Bel recuperan na actualidade o repertorio desaparecido das grandes coreógrafas. Isadora foi unha pensadora radical do movemento libre, endexamais quixo que as súas alumnas bailasen copiando, calcando os seus movementos. Contrariamente ó implícito repetido, a súa vocación foi intensamente didáctica e durante vinte anos proxectou unha escola para facer realidade o nacemento da danza do futuro. Hoxe as danzas de Isadora retornan a través do redescubrimento da figura renovadora de Jérôme Bel e, con abraio, contemplamos a Elisabeth Schwartz, despois de escoitar repetidamente que a danza da Duncan era coma a poesía de Safo: uns fragmentos ruinosos imposibles de recuperar. - [O CDG estrea a 'A peste', a súa nova produción, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó a partir da novela de Camus](https://erreguete.gal/2022/01/17/o-cdg-estrea-a-peste/): Estará en cartel no Salón Teatro ata o 13 de marzo, con funcións os mércores, xoves, venres, sábados e domingos. - [Títulos, titulite e confusionite](https://erreguete.gal/2022/01/16/titulos-titulite-e-confusionite/): O colectivo dedicado ás artes escénicas, sobre todo á creación e investigación práctica, non adoita darlle prioridade ou importancia aos títulos e méritos que a oficialidade determina. Non obstante, de aí a que non nos importe a discriminación histórica, sufrida polos estudos no ámbito das artes escénicas, hai unha diferenza. No BOE do 1 de xaneiro de 2022, determínase que o Título Superior de Arte Dramática, “correspondente á ordenación educativa derivada da derogada Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro”, LOGSE, e o Real Decreto 754/1992, do 28 de xuño, que establecía os aspectos básicos do currículo das ensinanzas superiores de arte dramática, corresponde ao nivel 3, Máster, do MECES. O Título Superior de Arte Dramática, dos planos de estudos posteriores, correspóndense co nivel 2, Grao, do MECES. - [Juancho Gianzo: "Matarile está tendo unha boa aceptación, pero a min gustaríame o que é xusto o meu traballo: conseguir que todo vaia a mellor”](https://erreguete.gal/2022/01/15/juancho-gianzo-matarile-esta-tendo-unha-boa-aceptacion-pero-a-min-gustariame-o-que-e-xusto-o-meu-traballo-conseguir-que-todo-vaia-a-mellor/): Tiven a sorte de falar con Juancho Gianzo (Santiago de Compostela, 1980), durante o tempo de ensaios do novo espectáculo de Matarile, e puiden así falar con el de aspectos que, se cadra, teñen que ver co que acontece máis alá do palco, e que resultan imprescindíbeis para que unha produción poida chegar ao escenario. - [Circo de Nadal](https://erreguete.gal/2022/01/14/circo-de-nadal/): "Grazas ao Circo de Nadal, somos quen de volver a crer na maxia, algo que xs cativxs teñen a man, pero que nós adultxs, se cadra, esquecemos e que está moi ben lembrar de cando en vez. Volvemos a soñar?" - [Vigocultura presenta a súa nova programación, que leva a Vigo 20 pezas de artes escénicas entre os meses de xaneiro e abril](https://erreguete.gal/2022/01/11/vigocultura-presenta-a-sua-nova-programacion-que-leva-a-vigo-20-espectaculos-entre-os-meses-de-xaneiro-e-abril/): Dúas estreas mundiais de dúas compañías viguesas, 'Hotel Europa', de Señora Supina, e 'O Péndul'o, de Inversa Teatro; unha estrea en Galicia con Turistas, de Meridional Producciones; pezas de compañías como A panadaría, ArtesaCía Transmedia, Ibuprofeno Teatro, Teatro En Vilo ou Teatro do Noroeste, e dous espectáculos de danza como 'Bailar agora', de Marta Alonso ou 'DeMente', de Fran Sieira, conformarán a oferta dos venres no auditorio municipal, destinada ao público adulto. - [O título alén da titulite](https://erreguete.gal/2022/01/09/o-titulo-alen-da-titulite/): O sábado 1 de xaneiro de 2022, o Boletín Oficial do Estado inaugurou o ano novo publicando a Resolución do 23 de decembro da Secretaría Xeral de Universidades, sobre un Acordo do Consello de Ministros do 7 de decembro, polo que se determina que o Título Superior de Arte Dramática, en todas as súas especialidades, se corresponde co nivel 3, Máster, do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, que, á súa vez, se corresponde co nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións. Noutras palabras, as persoas que temos o Título Superior de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, temos, a partir de agora un título de Grao (antes chamado Licenciatura) e de Máster. Noutras palabras, a titulación de catro anos que, en Galiza, expide a Escola Superior de Arte Dramática é unha titulación de Grao e Máster con validez, desde agora, en toda Europa. - [O coreógrafo Xián Martínez, camiño de Canadá para unha residencia creativa na EDCM de Montreal](https://erreguete.gal/2022/01/07/o-coreografo-xian-martinez-camino-de-canada-para-unha-residencia-creativa-na-edcm-de-montreal/): O bailarín e coreógrafo Xián Martínez, director da compañía iXa Universos de Movemento, realizará unha residencia creativa na Escola de Danza Contemporánea de Montreal (EDCM), xunto con outrxs 23 bailarinxs que están alá rematando os seus estudos superiores de danza, e onde desenvolverá a súa próxima creación, 'Yellow Lemon'. - [ButacaZero prepara unha peza sobre a figura de Manuel Fraga Iribarne no centenario do seu nacemento](https://erreguete.gal/2022/01/05/butacazero-prepara-unha-peza-sobre-a-figura-de-manuel-fraga-iribarne-no-centenario-do-seu-nacemento/): Estrearase en 2023, despois dunha fase de investigación a través de entrevistas que se desenvolverá ao longo de 2022, ano no que se celebra o centenario do nacemento do político galego e os dez anos do seu pasamento. - [Un novo 'Circo de Nadal' estréase en Cangas](https://erreguete.gal/2022/01/04/un-novo-circo-de-nadal-estrease-en-cangas/): Trátase dun novo formato da peza da compañía La fiesta escénica, que cumpre 25 anos de traxectoria.  A función, dirixida ao público familiar, encádrase dentro dunha xira por Galicia dunha nova adaptación deste espectáculo que xa percorreu diferentes lugares do mundo. - [Transverse Orientation](https://erreguete.gal/2021/12/30/transverse-orientation/): "'Transverse Orientation' fala do que son as ruínas de Europa. Asistimos a un eterno bucle no que o Home (atendendo ao antropocentrismo da cultura europea) tropeza ao longo dos séculos, unha e outra vez coa mesma pedra, converténdose esta, se cadra, nunha condena. O impacto visual pervive e mesmo prevalece sobre toda a superposición de significantes. Papaioannou utiliza con mestría os símbolos e, mesmo así, o impacto maior é a plástica, a obra de arte viva que se ofrece ante nós con xenerosidade orxiástica." - [A Agadic convoca unha liña de axudas para a modernización dos teatros, auditorios e salas escénicas e musicais](https://erreguete.gal/2021/12/29/a-agadic-convoca-unha-lina-de-axudas-para-a-modernizacion-dos-teatros-auditorios-e-salas-escenicas-e-musicais/): As destinatarias destas axudas son as entidades xestoras de espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, tanto privadas como integrantes da Administración local, que deberán levar a cabo os proxectos de modernización antes de que finalice o ano que vén. - [José Luis Baños de Cos gaña a oitava edición do premio de textos teatrais Varela Buxán](https://erreguete.gal/2021/12/28/jose-luis-banos-de-cos-gana-a-oitava-edicion-do-premio-de-textos-teatrais-varela-buxan/): O xurado, que estaba formado por Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Esther Carrodeguas, escolleu esta obra, 'Segunda morte', por unanimidade de entre as 19 obras que se presentaran ao concurso. - [A MOTI celebra a súa 18ª edición](https://erreguete.gal/2021/12/27/a-moti-celebra-a-sua-18a-edicion/): Esta entrega da Mostra de Teatro Infantil de Ourense acollerá nove representacións de sete compañías, que se desenvolverán no Teatro Principal de Ourense e no Campus, ademais de animacións promocionais de rúa. - [Xián Martínez: “'Pioneiras' é algo que construímos entre todas, con achegas de cada unha de nós”](https://erreguete.gal/2021/12/26/xian-martinez-pioneiras-e-algo-que-construimos-entre-todas-con-achegas-de-cada-unha-de-nos/): Falamos con Xián Martínez e co equipo creativo de 'Pioneiras / The Power of Women' sobre coreografía, posicionamento político, compromiso social, feminismo… así como do momento actual que está a vivir a danza no noso país. - [Proxectos, ideas e demais maquinacións](https://erreguete.gal/2021/12/22/proxectos-ideas-e-demais-maquinacions/): "As directoras escénicas temos no noso haber moitos proxectos que non deixaron de ser iso, proxectos. Algúns en fase de documentación, outros con ensaios feitos sen chegar a estrear, e un cento de ideas para escenificar que non saíron da cabeza pero tampouco deixaron de vagar nela. Antes de morrer deberiamos ter un tempo extra para escoller un feixe deles e levalos ata o final. Mais vexo iso difícil de negociar, polo que propoño que por un intre pensemos… Onde están?". - [A Sala Ártika acolle a sétima entrega do festival Pequeártiko](https://erreguete.gal/2021/12/21/a-sala-artika-acolle-a-setima-entrega-do-festival-pequeartiko/): Nesta ocasión acolle 24 funcións de teatro de obxectos e marionetas, musicais e clowns dirixidos ao público familiar. Despois do arranque esta fin de semana, a programación da sala viguesa estenderase ata o día 30 de decembro. - [Sara Rey gaña o II Premio de Microteatro da Memoria](https://erreguete.gal/2021/12/21/sara-rey-gana-o-ii-premio-de-microteatro-da-memoria/): 'A patente do sol' destaca “un aspecto histórico descoñecido como é o da epidemia da polio, así como as marcas físicas da posguerra desde a perspectiva da poboación civil”. Segundo a propia autora, trátase dunha peza de “autoficción” posto que xurde a raíz da reflexión sobre as secuelas da enfermidade que tivera o seu pai cando era cativo e da análise da xestión da epidemia durante a ditadura, que non prestou atención ás persoas enfermas. - [La Scortecata](https://erreguete.gal/2021/12/20/la-scortecata/): "É uma comédia triste, uma paródia melancólica sobre oportunidades perdidas, sonhos nunca realizados e nostalgia de uma juventude saudosa que não foi como se sonhava. Uma história de uma sociedade cruel para a mulher, que a faz acreditar que precisa de um príncipe para ser feliz. É um espectáculo de teatro que trouxe para o século XXI um texto antigo, sem ser anacrónico, mas transformando-o em imagens belas e, às vezes, comoventes e cruéis". - [Homenaxe a Manuel Lourenzo](https://erreguete.gal/2021/12/19/homenaxe-a-manuel-lourenzo/): Palabras de agarimo e admiración para Manuel Lourenzo, no día en que a federación de asociacións culturais Galiza Cultura celebra unha grande homenaxe ao dramaturgo do Valadouro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. - [O Teatro Rosalía de Castro acolle unha festa en homenaxe a Manuel Lourenzo](https://erreguete.gal/2021/12/19/o-teatro-rosalia-de-castro-acolle-unha-festa-en-homenaxe-a-manuel-lourenzo/): O evento, organizado pola federación de asociacións culturais Galiza Cultura, celébrase esta tarde ás sete, con entrada libre. - [Cárcere | Damas da noite](https://erreguete.gal/2021/12/17/arte-e-libertacao-v-festival-de-teatro-de-viana-do-castelo/): Novembro trouxe o 5º Festival de Teatro de Viana do Castelo, organizado pelo Teatro Municipal Sá de Miranda (TMSM) e a companhia residente nele, o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana. No dia 17 de novembro houve dois espetáculos muito diversos a refletir sobre liberdade, 'Cárcere' de Vinícius Piedade e 'Damas da noite. Uma farsa de Elmano Sancho'. - [Chicas y Chicos](https://erreguete.gal/2021/12/15/chicas-y-chicos/): "'Chicas y Chicos' é un monólogo para actriz no que unha muller (Ella) relata a serie de feitos biográficos que desembocan nunha terrible traxedia. Fala o texto do que se coñece como “aniquilación familiar”, no que un dos membros da parella de pais asasina os fillos da mesma para logo quitarse a vida. Ou, polo menos, tentalo". - ['Intempestiva', de Elahood, gaña o primeiro premio no Certamen Coreográfico de Madrid](https://erreguete.gal/2021/12/13/intempestiva-de-elahood-gana-o-primeiro-premio-no-certamen-coreografico-de-madrid/): Ademais dese recoñecemento, que ía acompañado dunha dotación económica de 5.000 €, Elahood fíxose tamén co Premio da Crítica, cunha residencia no Centro Coreográfico de La Gomera, cunha residencia de creación e técnica en L'Estruch, Sabadell e cunha Residencia de Creación en Sacra Experience, en Chantada. - [Querida segunda persoa do singular](https://erreguete.gal/2021/12/12/querida-segunda-persoa-do-singular/): Esta profesión miña é un pouco así, sucia. E claro, a travesía en solitario non é posible. Especialmente se non interpretas ós personaxes cos que soñabas de neno ou non escribes o que queres ou como queres ou, simplemente, non escribes. - [Preséntase en Compostela unha guía de boas prácticas en xénero á hora de programar un festival](https://erreguete.gal/2021/12/10/presentase-en-compostela-a-guia-de-boas-practicas-en-xenero-a-hora-de-programar-un-festival/): O espazo gastro-cultural en Compostela A Casa do Taberneiro acolle hoxe ás 13.00 horas a presentación dunha guía de boas prácticas en xénero á hora de programar un festival e a presentación da que é a nova web da Asociación Profesional de Galicia (APCG). - [A Real Filharmonía de Galicia estrea a ópera 'A sombra de Cristal', de Fernando Buide, con texto e dirección escénica de Quico Cadaval](https://erreguete.gal/2021/12/09/a-real-filharmonia-de-galicia-estrea-a-opera-a-sombra-de-cristal/): Hoxe hai unha función para as persoas abonadas, coa posibilidade de ser seguida tamén en streaming a través da canle de Youtube da Real Filharmonía de Galicia, e hai outra mañá para o público xeral, as dúas ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. - [Cubo](https://erreguete.gal/2021/12/08/cubo/): "'Cubo' de Elefante Elegante. No escenario, un cubo de madeira do que saen unha parella de seres que o habitan, conformando ese cubo o seu fogar e espazo de seguranza. Cunha posta en escena sinxela e moi versátil, conseguiron coller a atención do público de comezo a fin." - [Perfect Match](https://erreguete.gal/2021/12/07/perfect-match/): "'Perfect Match' interpela o público diretamente, procurando a sua cumplicidade através de uma linguagem coloquial e familiar, utilizando músicas, coreografias, narrações na primeira pessoa que mostram a diversidade das situações das pessoas, sem, contudo, fugir a temas mais delicados". - [O Teatro do Noroeste -CDV celebra o seu trixésimo aniversario coa estrea de 'Hantígona'](https://erreguete.gal/2021/12/06/o-teatro-do-noroeste-cdv-celebra-o-seu-trixesimo-aniversario-coa-estrea-de-hantigona/): A peza, con con texto e dirección de Guillermo Heras, estará en cartel ata o día 18 de decembro. - [Encher os teatros](https://erreguete.gal/2021/12/05/encher-os-teatros/): A importancias de apoiar e coidar as publicacións que se ocupan da difusión e o coñecemento das artes escénicas, cando os teatros e auditorios invisten diñeiro en publicidade. - [Cariño](https://erreguete.gal/2021/12/03/carino-vaiembora/): Grial arrástrase polo chan de terra, baila, transita entre a luz e as sombras, xoga co equilibro, ri e chora. Sentada no chan, fronte ao público, ábrese ao drama dunha Sara que conseguiu fuxir dos seus males grazas á danza. - [O Centro Coreográfico Galego estrea as coproducións 'Credo', 'Tabú' e 'Figuras do limiar'](https://erreguete.gal/2021/12/03/esta-fin-de-semana-estreanse-tres-coproducions-do-centro-coreografico-galego/): Preséntanse 'Credo', de Nova Galega de Danza; 'Tabú', do Colectivo Glovo, e 'Figuras do limiar', de Javier Martín. - [Pioneiras](https://erreguete.gal/2021/12/03/pioneiras-ixa-universos-de-movemento/): Pioneiras/The Power of Women, unha peza ideada e coreografada polo tamén vigués Xián Martínez, un novísimo bailarín que tivo que marchar a formarse a Madrid e alí xuntou un grupo de colaboradorxs cos que naceu iXa, a compañía na que se xestou esta peza e as outras dúas que compoñen a triloxía coa que exploran o universo feminino e feminista: Inmarcesible e Raíñas. - [As coreografías de Alejandra Balboa, Elahood e Marcia Vázquez foron premiadas no Festival DZM de Cáceres](https://erreguete.gal/2021/12/01/as-coreografias-de-alejandara-balboa-elahood-e-marcia-vazquez-foron-premiadas-no-festival-dzm-de-caceres/): Foi na IV Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM, celebrada en Cáceres os días 27 e 28 de novembro. - [Volven a Lugo os Microefectos Dramatúrxicos](https://erreguete.gal/2021/12/01/volven-a-lugo-os-microefectos-dramaturxicos/): Será mañá, o venres e o sábado no Clube Clavicémbalo en Lugo, en pases de 20:30 e 22:30. - [Nova Galega de Danza estrea 'Credo'](https://erreguete.gal/2021/11/30/nova-galega-de-danza-estrea-credo/): A peza fai referencia á viaxe interior que supón o Camiño de Santiago mediante unha peza escénica que combina música e danza, unindo na mesma liña conceptual os cruceiros de pedra que se atopan na paisaxe galega do percorrido xacobeo. - [A Coruña acolle o III Festival FTV de Teatro Valacar](https://erreguete.gal/2021/11/29/a-coruna-acolle-o-iii-festival-ftv-de-teatro-valacar-dirixido-a-integracion-nas-artes-escenicas/): Este ano, a gañadora do Premio FTV 2021 é a  Asociación Poten100mos, por impulsar a plataforma DIVESIDARTE para a promoción, produción e difusión das artes escénicas realizada por persoas e artistas con diversidade intelectual, física, psíquica, sensorial ou en risco de exclusión social. - [Virus](https://erreguete.gal/2021/11/28/virus/): "Hai que lembrar, como lembran as células os virus que xa pasaron, como lembra o corpo cada golpe e como lembran as táboas de cada teatro as funcións que se fixeron sobre elas". - [Drop](https://erreguete.gal/2021/11/26/drop/): "É un espectáculo para todos os públicos (a partir dos 10 anos) onde non só podemos gozar da mestría dun grupo de malabaristas, senón tamén atopar a humanidade do artista que está baixo do foco". - [Vigocultura desenvolve unha programación especial polo 25-N](https://erreguete.gal/2021/11/24/vigocultura-desenvolve-unha-programacion-especial-polo-25-n/): As tres pezas encádranse dentro do programa especial para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. - [Sobre a necesidade dun teatro comprometido](https://erreguete.gal/2021/11/21/sobre-a-necesidade-dun-teatro-comprometido/): "Estamos a vivir tempos complexos e a loita polos dereitos civís, posta en cuestión e en dúbida por tentativas parafascistas, fai que sexa preciso que a nosa posición teña que ser clara e radical (do latín "radicalis", “relativo á raíz”), é dicir: ben plantada no chan das nosas conviccións". - [A Panadaría recibe o Premio Plumas y Látigo 2021 polo seu activismo lésbico na escena](https://erreguete.gal/2021/11/19/a-panadaria-premio-plumas-y-latigo-lgbti/): A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais, Intersexuales e máis ( FELGTBI+), volve, como cada ano, a entregar os seus Premios Plumas e Látigo. Uns premios que recoñecen o activismo e o compromiso de persoas, organizacións e proxectos co colectivo LGBTIQ+ Este ano, a compañía galega A Panadaría reciben o galardón polo seu incansable traballo desde o activismo cultural lésbico. Xunto elas reciben o premio tamén, a xornalista Noemí López Trujillo, de Newtral, porque desde o seu labor profesional ha desmentido bulos e desinformacións, especialmente sobre as persoas Trans. A actriz, guionista e directora de cine, Abril Zamora, que fixo […] - [Alejandra Balboa danza ao son da Orquesta Barroca Vigo 430 no seu peche da xira Xacobeo](https://erreguete.gal/2021/11/19/alejandra-balboa-orquesta-barroca-vigo-430/): A OV430 clausura esta semana a súa xira Xacobeo 21-22. Tras os seis primeiros concertos, esta fin de semana, Betanzos, A Coruña e Vilalba terán a oportunidade de gozar do Programa III, unha proposta interdisciplinar que combina unha selección de arias da ópera Alcina de Händel coa danza das coreografías de Alejandra Balboa. Ademais, a Orquestra Barroca Vigo 430 interpretará o programa xunto á soprano Eugenia Boix, e contará con Pavel Amilcar como director. Unha illa afastada onde nada é o que parece. Bellísimas flores e animais exuberantes que algunha vez foron humanos, amantes de Alcina, feiticeira e matriarca da illa. […] - [Convocado o IV Premio Laudamuco 2022 cunha contía de 7.000 euros para o texto gañador](https://erreguete.gal/2021/11/19/bases-premio-laudamuco-2022/): Nas súas tres primeiras edicións, o galardón recaeu no lucense Xavier Lama López por “Na miña alma ouvea un lobo” (2019), no coruñés Raúl Dans por “Só un home bo” (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por “A vinganza de Fortimbrás” (2021).   - [A compañía VAIEMBORA estrea en Vigo 'Cariño'](https://erreguete.gal/2021/11/18/a-compania-vaiembora-estrea-en-vigo-carino/): A primeira peza da compañía estará na Sala Ártika os días 19, 20 e 21 de novembro e trátase dunha coprodución co Centro Dramático Galego. - [Este sábado celébrase o festival de artes escénicas da AELG](https://erreguete.gal/2021/11/17/celebrase-o-festival-de-artes-escenicas-da-aelg-como-viveiro-de-creacion/): O evento vai estar acompañado por un dos directores máis relevantes do teatro contemporáneo portugués, Gonçalo Amorim, quen ademais  ofrecerá unha aula maxistral sobre os retos das artes escénicas no actual contexto. - [Premio da Crítica](https://erreguete.gal/2021/11/14/premio-da-critica/): A erregueté | Revista Galega de Teatro recibiu o Premio da Crítica 2021 en Artes escénicas polo seu número 100. E eu imaxino que ese prestixioso premio é un recoñecemento á revista en xeral e a todas as persoas que lle dedicaron e lle dedicamos tempo (vida). Así que ese galardón correspóndelle ao milleiro de colaboradoras e colaboradores que, desde hai 39 anos, desde os oitenta até a actualidade, fixeron e facemos posible que exista unha publicación destas características. - ['Cigarreiras'](https://erreguete.gal/2021/11/14/critica-cigarreiras/): Pasa Dona Emilia por 'Cigarreiras' a modo de narradora omnisciente, xogando nos pregues temporais do presente e do pasado (e mesmo dos tempos ficcionais da súa propia novela), intervindo tanto nos acontecementos que ela mesma narra como comentando a xogada ao público. - ['Cigarreiras', de Contraproducións, gaña o Premio do Público da 30ª edición do FIOT](https://erreguete.gal/2021/11/14/cigarreiras-de-contraproducions-gana-o-premio-do-publico-da-30a-edicion-do-fiot/): No segundo lugar, a peza máis valorada foi 'Solo un metro de distancia', de Serena Producciones, e 'Greenpiss', de Yllanna, completa o podio deste FIOT. - [A erregueté recibe o Premio da Crítica de Galicia 2021 polo número 100 da publicación](https://erreguete.gal/2021/11/13/a-erreguete-recibe-o-premio-da-critica-de-galicia-2021-polo-numero-100/): O Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas recaeu este ano na erregueté | Revista Galega de Teatro. Un galardón outorgado á edición do número 100 da publicación que supuxo un fito importante na historia da revista. - [A compañía A Antena vai coproducir co CDG 'Relato para un incendio', de Ernesto Is](https://erreguete.gal/2021/11/12/a-compania-a-antena-vai-coproducir-co-cdg-relato-para-un-incendio-de-ernesto-is/): A Agadic vén de publicar a resolución da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación. - [Desafíos e liñas de acción das artes escénicas galegas](https://erreguete.gal/2021/11/12/desafios-e-linas-de-accion-das-artes-escenicas-galegas/): Crónica das Xornadas Profesionais de Escena Galega, celebradas o 14 de outubro en Carballo, dentro do marco do FIOT, na que se recollen tamén as conclusións das mesas de traballo. - [Marta Pazos estrea a 'Comedia sin título' de Lorca no CDN](https://erreguete.gal/2021/11/12/marta-pazos-estrea-a-comedia-sin-titulo-de-lorca-no-cdn/): A peza estará en cartel no Teatro María Guerrero dende hoxe ata o 26 de decembro. - [A Sala Ártika acolle a estrea de 'Fogo-fátuo', da compañía portuguesa Tremor Teatro](https://erreguete.gal/2021/11/10/a-sala-artika-acolle-a-estrea-de-fogo-fatuo-da-compania-portuguesa-tremor-teatro/): A peza proponse pensar o valor, a importancia e o lugar que o café ocupou na vida de portugueses, españois e brasileiros, así como a súa contribución para a creación das relacións e vínculos comunitarios. - [‘As paisaxes de Camille’: acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural](https://erreguete.gal/2021/11/09/as-paisaxes-de-camille/): É unha colaboración da compañía de artes vivas ABAR co grupo de artes escénicas da Asociación Ambar co gallo do 25N. A peza, producida pola Asociación Ambar, conta coa dirección de Helena Salgueiro e con Miguel Gendre como asistente de dirección. O elenco está composto integramente por mulleres con diversidade funcional de localidades rurais na zona de Ribeira. - [Rocío González recolle moi emocionada o Premio Maruxa Villanueva en Padrón](https://erreguete.gal/2021/11/08/rocio-gonzalez-actriz-premio-maruxa-villanueva-padron/): Rocío González amosouse “moi emocionada” durante a súa intervención, que comezou agradecendo ao Concello de Padrón “por terme concedido este premio pero, sobre todo, por seguir apostando polo teatro e axudar dalgunha maneira á nosa profesión, que é ás veces algo precaria. - [Buscar unha profesión, buscar un oficio](https://erreguete.gal/2021/11/07/buscar-unha-profesion-buscar-un-oficio/): Nunha vida finita, non ten sentido deixar de buscar o xogo das cousas. - [Matarile volve ao gran formato con INLOCA en coprodución co CDN](https://erreguete.gal/2021/11/06/inloca-matarile-gran-formato-cdn-ensaios/): A compañía galega Matarile, dirixida por Ana Vallés, estreará a segunda parte da Trilogía de la Fragilidad no madrileño Teatro María Guerrero. - [O Teatro Municipal Sá de Miranda acolle a quinta edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo](https://erreguete.gal/2021/11/06/o-teatro-municipal-sa-de-miranda-acolle-a-quinta-edicion-do-festival-de-teatro-de-viana-do-castelo/): O festival desenvolverase do 10 a 20 de novembro e a apertura correrá a cargo da produción do Centro Dramático Galego 'O charco de ulises', de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso. - ['O charco de Ulises' inicia unha xira por vinte concellos de Galicia e Portugal](https://erreguete.gal/2021/11/03/charco-de-ulises-inicia-unha-xira-por-vinte-concellos-de-galicia-e-portugal/): A produción do CDG, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, arranca este venres en Tui unha xira que percorrerá unha vintena de concellos galegos e portugueses. - [Nova Galega de Danza galardoada co Premio da Cultura Galega 2021](https://erreguete.gal/2021/11/03/nova-galega-de-danza-galardoada-co-premio-da-cultura-galega-2021/): O Goberno autonómico recoñece un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección cultural de Galicia - [Leonardo e os biosbardos](https://erreguete.gal/2021/11/03/leonardo-e-os-biosbardos/): As crianzas, como público, aman a xustiza e, preguntados, deciden perdoar aos opresores. Leonardo e os biosbardos pecha cunha mensaxe final que di: ante o medo a valentía. - [A confrontación do ser humano como punto de partida para o cambio](https://erreguete.gal/2021/10/29/a-confrontacion-para-o-cambio/): Xoán Carlos Riobó e Antón Lamapereira escriben sobre o Festival Internacional de Teatro É-aqui-in-Ócio e os espectáculos que viron na súa última edición, celebrada en Póvoa de Varzim entre o 22 de setembro e o 2 de outubro deste ano. - [Cámara Negra Teatro estrea 'Repóker de ases' na sala Ártika](https://erreguete.gal/2021/10/29/camara-negra-estrea-repoker-de-ases/): Repóker de ases é un canto á amizade e un berro de odio desgarrado cara os opresores do pobo. Drogas, punk e Rock and Roll para despedirse dos soños que tivemos, dos amigos e de todos aqueles miserables que esnaquizaron as vidas de millóns de seres humanos. Un solo escénico de Paco de Luna, con música de Jasio Velasco e dirección de Álvarez-Ossorio. - [ESAD de Galicia e Deputación de Pontevedra convocan a segunda edición do certame 'Microteatro da Memoria'](https://erreguete.gal/2021/10/28/segunda-edicion-microteatro-da-memoria/): A segunda edición do certame 'Microteatro da Memoria' xa está en marcha trala sinatura dun novo convenio de colaboración entre a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) e o Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. A deputada de Memoria Histórica, María Ortega, e o novo director da ESAD de Galicia, Roberto Relova, renovaron o compromiso deste certame co que buscan “facer memoria” e abordar a nosa historia "desde unha perspectiva de xénero, país e clase”, segundo palabras das entidades convocantes. - [Introdución do 'drag' na Galiza](https://erreguete.gal/2021/10/28/introducion-do-drag-na-galiza/): O drag na Galiza contemporánea non é unha semente porque xa brotaron follas pequenas á disposición de todes nós. O interesante do drag, así como do transformismo en xeral, é que nel interveñen a deconstrución e a reconcepción, neste caso dun rol (feminino, masculino ou neutro) asociado ae propie intérprete/performer —maquillaxe facial e corporal, perruquería, moda, etc.—, e tamén ao espazo no que desenvolve a súa arte —cafés, teatros, prazas, etc.—. Si, é unha sementiña que, basexada fortemente na experiencia estadounidense, no contexto galego ten unha reivindicación moi grande cara a todos os públicos, e o máis importante é que é habitual a fusión entre a cultura galega e os estereotipos das drag queens, como acontece de xeito extremadamente explícito no caso da autodenominada «drag pandereteira», Meiga-I (colaboradora de MarikasXLaFiesta). - [O IV Festival 'Pezas dun Teatro do Porvir' recibe propostas ata o 1 de novembro](https://erreguete.gal/2021/10/27/iv-pezas-dun-teatro-do-porvir-da-aelg/): A cuarta edición do Festival 'Pezas dun Teatro do Porvir' (Galiza + Portugal) abre convocatoria, ata o luns 1 de novembro, para a recepción de proxectos de escrita dramática ou dramaturxia para teatro, danza, circo ou outras modalidades escénicas, individuais ou colectivas, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público, achegando un fragmento ou unha mostra desta. O festival, que se enmarca dentro da VI Xornada de Literatura Dramática da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, terá lugar o vindeiro 20 de novembro no Fórum Metropolitano da Coruña. - [O grupo Mevadeus gaña o Xuventude Crea 2021 de teatro](https://erreguete.gal/2021/10/27/o-grupo-mevadeus-gana-o-xuventude-crea-2021-na-categoria-de-teatro/): É salientable que os tres grupos finalistas desta edición do Xuventude Crea están formados por tituladas e titulados da ESAD de Galicia, e os espectáculos presentados no certame xurdiron dos seus respectivos Traballos de Fin de Estudos. Non é a primeira vez que unha compañía formada por exalumnas da Escola de Arte Dramática presenta os seus traballos no Xuventude Crea, abríndolles, en moitas ocasións, as portas da profesionalización no sistema teatral galego. Son os casos de Pálido Domingo, A Panadaría ou Señora Supina.   - [Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean 'Semente de Nós' en Ourense](https://erreguete.gal/2021/10/26/sarabela-teatro-e-ollo-vivo-estrean-semente-de-nos-en-ourense/): Co gallo do centenario da publicación do Boletín Nós (1920-1936) o pasado ano, Sarabela Teatro e a produtora audiovisual Ollo Vivo presentan esta fin de semana Semente de Nós, un "docu-drama" co que indagar e celebrar a historia desta revista de enorme interese social e cultural. Este proxecto, que se poderá ver no Teatro Principal de Ourense o venres 29 e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado 30, "achega e espalla, desde unha perspectiva actual, unha parte representativa do legado inxente de Nós", segundo as creadoras do mesmo. "Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos", engaden.  - [Escena Galega organiza a 1ª Xornada Escénica de Promoción Profesional no Gaiás](https://erreguete.gal/2021/10/25/escena-galega-organiza-a-1a-xornada-escenica-de-promocion-profesional-no-gaias/): Escena Galega, co apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia por medio Agadic e da Cidade da Cultura, organiza a 1ª Xornada Escénica de Promoción Profesional e Venda de Galicia o vindeiro martes 9 de novembro no Monte Gaiás. O prazo de inscrición para compañías está aberto na web de Escena Galega ata este venres 29 de outubro. Esta nova actividade, que a asociación de compañías profesionais de Galicia pon en marcha como "proba piloto", trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías e profesionais da programación para axudar a facilitar o labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra. - [Los Remedios](https://erreguete.gal/2021/10/25/los-remedios/): Los Remedios é unha confrontación co pasado e unha revisión do mesmo. Sometidos a unha crianza clásica, os dous protagonistas da peza pasan de novo por episodios importantes da súa biografía, cuestionándose o pertinente dos valores e tradicións adquiridos, máis tragados que dixeridos. Impostos polo que “ten que ser” ou o “é así porque si”, porque “foi así toda a vida”, convertéronse en sentencias que afastan da reflexión e do discernimento, do que podemos entender que nos convén ou non. Sentencias que impoñen un modo de vida que se cadra, non queremos xa para nós. - [Volver ao Born de Teatre](https://erreguete.gal/2021/10/24/volver-ao-born-de-teatre/): A vinculación a lugares e a persoas fainos o que somos. E hai lugares e persoas benéficos para o ser. Ese é o caso do Cercle Artístic de Ciutadella (Menorca). Neste caso un grupo de xente filántropa e voluntarista que mantén, con esmero, o premio para textos teatrais máis valorado do Estado. - [Luis Manuel Soriano Ochando gaña o XLVI Premi Born de Teatre 2021](https://erreguete.gal/2021/10/24/luis-manuel-soriano-ochando-gana-o-xlvi-premi-born-de-teatre-2021/): O prestixioso Premi Born de Teatre, organizado polo Cercle Artístic de Ciutadella de Menorca, recaeu no dramaturgo de Murcia Luis Manuel Soriano Ochando (1979), pola súa obra El desmoronamiento de la ternura. - [O Festival Cartografía en Movemento inicia hoxe en Lugo a súa décima edición](https://erreguete.gal/2021/10/23/o-festival-cartografia-en-movemento-inicia-hoxe-en-lugo-a-sua-decima-edicion/): Obradoiros, proxeccións e artes vivas en espazos non convencionais son as propostas desta cita organizada pola Asociación 3monos e o Colectivo Glovo coa colaboración do Concello de Lugo, que se celebrará entre o 23 e o 24 de outubro. - [Ítaca Teatro estrea 'Formigas no peto', un espectáculo emocional sobre a infancia](https://erreguete.gal/2021/10/22/itaca-estrea-formigas-no-peto/): Formigas no peto é un espectáculo unipersoal de Ítaca Teatro, destinado a público mozo e adulto, que propón unha viaxe polas emocións, no que se mesturan tres códigos diferentes: teatro de actor, narración oral e teatro de imaxes. - [O certame 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO desvela os proxectos seleccionados](https://erreguete.gal/2021/10/22/o-certame-67-graos-ourense-fervescenica-do-fito-desvela-os-proxectos-seleccionados/): Ana Abad de Larriva, Helena Salgueiro, Carlota Mosquera, Andrés Seara, Amanda Von Blank e Xián Martínez son as creadoras e creadores que están detrás dos proxectos beneficiarios das cinco bolsas de creación. - [Celébrase o I Congreso de Teatro Amador na Coruña](https://erreguete.gal/2021/10/19/celebrase-o-i-congreso-de-teatro-amador-na-coruna/): A Deputación da Coruña, en colaboración coa Federación de Teatro Amador Galego, AMATEGA, organizan o I Congreso de Teatro Amador, o venres 22 e o sábado 23 de outubro de 2021 no Auditorio do I.E.S. Rosalía Mera da cidade herculina. - [Janet Novás gaña o premio El Ojo Crítico de RNE na categoría de danza](https://erreguete.gal/2021/10/19/janet-novas-o-premio-el-ojo-critico-de-rne-na-categoria-de-danza/): A coreógrafa e bailarina do Porriño, Janet Novás (1982) vén de gañar o premio El Ojo Crítico de RNE na categoría de danza, na XXXII edición destes prestixiosos galardóns. - [Greenpiss](https://erreguete.gal/2021/10/19/greenpiss/): Greenpiss, de Yllana, componse dunha sucesión de sketches onde aparecen as escenas míticas do ecoloxismo moderno: a empresa que contamina o entorno natural, o exceso de plástico nos mares, a tala indiscriminada e deshumanizada, o maltrato aos animais, a dificultade de ser verdadeiramente ecoloxista nestes tempos… Todos eles, propostos cun referente humano que os fai próximos, no que todxs nos podemos recoñecer, xa que interpelan ás emocións básicas. Todo iso a un ritmo trepidante, xa que a velocidade é característica da comedia, e ligado cunha gran profesionalidade, onde o elenco pode mesmo improvisar e xogar co público. De feito, un dos grandes momentos da peza acontece cando se convida a unha persoa do público a subir á escena e participar nunha das súas bromas. Tamén, o xogo do reciclado envolve ax espectador/x, que participa indicando onde mellor reciclar cada elemento do lixo, chegando ás mesmas contradicións que chegamos todxs nas nosas casas cando o que queres tirar é confuso de máis para saber de que está feito, onde reciclalo. - [Unha imaxe a pé de páxina](https://erreguete.gal/2021/10/17/unha-imaxe-a-pe-de-paxina/): O teatro salva. A pouco que se lle deixa espazo, aparece como un forte de inmenso poder positivo. Por iso pregunto: Puido o teatro algunha vez xerar algo tan negativo que xustifique quedar relegado a unha nota a pé de páxina no libros de texto? - [Nuria Sotelo estrea 'Mortais e vulnerables' no FITO de Ourense](https://erreguete.gal/2021/10/17/nuria-sotelo-estrea-mortais-e-vulnerables-no-fito/): FURIA SOTELO presenta o solo MORTAIS E VULNERABLES este domingo 17 de Outubro, no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) ás 19h. no Teatro Principal de Ourense. - [Volve o FITEI a Viana do Castelo cun espectáculo sobre o xenocidio indíxena no Brasil](https://erreguete.gal/2022/05/12/volve-o-fitei-a-viana-do-castelo-cun-espectaculo-sobre-o-xenocidio-indixena-no-brasil/): 'Figueiredo', de Pedro Vilela, presenta un documento oculto por máis de 40 anos que serve como punto de partida para esta proposta performativa que procura transitar entre historia e memoria. - [Redondela énchese de monicreques co comezo do Festival de Títeres de Redondela 2022](https://erreguete.gal/2022/05/11/redondela-enchese-de-monicreques-co-comezo-do-festival-de-titeres-2022/): Os espectáculos itinerantes volverán percorrer o centro da vila no Festival de Títeres de Redondela. Animarase a toda a veciñanza a participar activamente disfrazada de exploradores ou de personaxes fantásticas. - [Isabel Risco e Fran Rei estrean unha obra de teatro inclusivo sobre Castelao coa Asociación Avante](https://erreguete.gal/2022/05/11/isabel-risco-e-fran-rei-estrean-unha-obra-de-teatro-inclusivo-coa-asociacion-avante-sobre-castelao/): '(Algunhas) Cousas de Castelao' é a nova obra de Culturactiva Producións e a Asociación Avante, que se estreará o 20 de maio. - [Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Gala dos María Casares 2022 que conmemorará o centenario da actriz](https://erreguete.gal/2022/05/11/carlos-alvarez-ossorio-dirixe-a-gala-dos-maria-casares-2022-que-conmemorara-o-centenario-da-actriz/): A gala contará cun elenco conformado por mulleres que se encargarán de poñer voz ás palabras da propia María Casares, xa que o espectáculo recollerá fragmentos das súas memorias. - [GALERÍA | 'Escenas (Con)Textualizadas' no Escenas do Cambio 2022](https://erreguete.gal/2022/05/08/galeria-escenas-contextualizadas-no-escenas-do-cambio-2022/): En Escenas do Cambio 2022, 5 creadoras de Galicia xeran 5 propostas moi diferentes para 5 espazos da Cidade da Cultura. - [O Festival de Títeres de Redondela abre a billeteira para os espectáculos de sala](https://erreguete.gal/2022/05/08/o-festival-de-titeres-de-redondela-abre-a-billeteira-para-os-espectaculos-de-sala/): A XXIII edición vén marcada pola recuperación da normalidade e contará con 31 compañías e 80 representacións teatrais ao longo da súa celebración. - [Sobre os males que provoca a ansiedade e outros síntomas](https://erreguete.gal/2022/05/08/sobre-os-males-que-provoca-a-ansiedade-e-outros-sintomas/): O problema da ansiedade é que funciona coma unha droga: non sabes que es adicto, provoca violencia e sofres abstinencia cando a calma intenta aparecer. Particularmente, este último punto é o que máis me preocupa porque é o que impide con maior ímpeto que apareza un elemento fundamental para entender a beleza do mundo: a curiosidade. - [A Agadic resolve as subvencións para a modernización e xestión sustentable de espazos escénicos](https://erreguete.gal/2022/05/05/a-agadic-resolve-as-subvencions-para-a-modernizacion-e-xestion-sustentable-de-espazos-escenicos/): As destinatarias destas axudas son as entidades xestoras de espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, tanto privadas como integrantes da Administración local, situadas en 29 concellos das catro provincias. - [Pistoletazo de saída das Residencias Paraíso coa performance de Maria R. Soares](https://erreguete.gal/2022/05/04/pistoletazo-de-saia-as-residencias-paraiso-coa-performance-da-portuguesa-maria-r-soares/): Poderemos ver unha mostra aberta do seu traballo no Festival Primavera TRC Danza no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 12 de maio. - [O Certame Manuel María confirma o seu éxito abrindo a terceira edición a novos proxectos teatrais](https://erreguete.gal/2022/05/04/bases-iii-certame-manuel-maria-proxectos-teatrais/): Na primeira edición foron 26 representacións as que tivo o proxecto gañador, mentres que na segunda pasaron a 30. - [Estas son as propostas seleccionadas no Galicia Escena PRO 2022](https://erreguete.gal/2022/05/03/estas-son-as-propostas-seleccionadas-no-galicia-escena-pro-2022/): O mercado galego das artes escénicas terá lugar do 6 ao 9 de xuño en Compostela e contará con espectáculos en vivo e presentacións en formato pitching. - ['Acciona o rural' leva o teatro ás mulleres do rural con obradoiros de creación e un documental](https://erreguete.gal/2022/05/03/acciona-o-rural-teatro-mulleres-do-rural/): Toda a experiencia será rexistrada pola cineasta Anxos Fazáns e dará lugar a unha curtametraxe documental, que se prevé preestrear a finais deste año. - [O Día de](https://erreguete.gal/2022/05/01/o-dia-de/): "Un pobo sen danza non é un pobo, é unha miseria. Un pobo e unha cultura que marxina a danza, anque sexa sen decatarse de que a marxina, fica empobrecido, por moita literatura, moito turismo ou moita industria que teña". - [O Teatro Principal de Santiago acolle 'O raro é que bailar sexa raro' no Día Internacional da Danza](https://erreguete.gal/2022/04/29/o-teatro-principal-de-santiago-celebra-o-dia-internacional-da-danza-con-o-raro-e-que-bailar-sexa-raro/): Esta creación entende a danza como algo contaxioso e convida a bailar nun espazo no que tódolos corpos son posibles. - [A Agadic abre a convocatoria para tres coproducións de danza co Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2022/04/29/a-agadic-abre-a-convocatoria-para-tres-coproducions-de-danza-co-centro-coreografico-galego/): Dispón para este fin dun orzamento máximo de 54.000 euros, establecéndose un límite de 18.000 euros por proxecto. - [Mensaxe para o Día Internacional da Danza 2022](https://erreguete.gal/2022/04/29/mensaxe-para-o-dia-internacional-da-danza-2022/): A Mensaxe para o Día Internacional da Danza 2022 foi encargada, polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro, á directora do Ballet Nacional de Corea e bailarina principal do Ballet de Stuttgart, Sue Jin Kang (Seúl, 1967). “A catástrofe da Covid-19 detivo a vida libre tal e como a coñeciamos e estar no medio desta traxedia fainos repensar o significado de “danza” e “danzantes”.  Nun pasado afastado, a danza era un medio primordial de expresión e comunicación a través dos xestos, converténdose nunha arte escénica que conmovía a alma e inspiraba ao público.  É unha arte momentánea que […] - [Un total de 14 espectáculos son finalistas nos XXVI Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2022/04/27/un-total-de-14-espectaculos-son-finalistas-nos-xxvi-premios-de-teatro-maria-casares/): Os espectáculos ‘Othello’, de Voadora, e ‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatro Romea, contan con 8 finalistas; mentres que ‘A lúa vai encuberta’, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, acada 7, e ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego, logra 6 finalistas. - [Unha exposición sobre María Casares percorrerá as principais cidades galegas](https://erreguete.gal/2022/04/27/unha-exposicion-sobre-maria-casares-percorrera-as-principais-cidades-galegas/): A exposición 100% María Casares. O teatro é o refuxio contribúe a difusión desta figura en todo o territorio galego e súmase ás iniciativas coas que arrincou a programación conmemorativa da Xunta co gallo do centenario da actriz. - ['Atopémonos Bailando' dá a coñecer aos artistas seleccionados entre 93 propostas de España e Portugal](https://erreguete.gal/2022/04/26/atopemonos-bailando-da-a-conecer-os-artistas-seleccionados-entre-93-propostas-de-espana-e-portugal/): O programa recibiu un total de 93 proxectos dos que 32 son de Galicia, 50 do resto do Estado e 11 de Portugal, o que confirma o éxito da proposta de consolidación e reactivación da danza e as artes do movemento. - [Galicia é a comunidade autónoma convidada na 45ª edición do Festival de Almagro](https://erreguete.gal/2022/04/25/galicia-e-a-comunidade-autonoma-convidada-na-45-edicion-do-festival-de-almagro/): A programación prevista inclúe a estrea absoluta de 'La Toffana', de Vanessa Montfort e con dirección de María Herrero, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con La Quintana Teatro e Proyecto Barroco. - [Os María Casares dan a coñecer as candidaturas finalistas](https://erreguete.gal/2022/04/25/premios-maria-casares-festa-finalistas-2022/): Un total de 30 espectáculos e máis de 320 profesionais concorren aos XXVI Premios de Teatro María Casares. - [Roberto Pascual recolle o Rafael Dieste na Gala dos premios culturais da Deputación da Coruña](https://erreguete.gal/2022/04/24/roberto-pascual-gala-premios-cultura-deputacion-coruna/): A Gala foi especial e atípica ao agrupar premiados e premiadas dos dous exercicios nos que non se puido realizar o habitual acto de entrega anual. - [En primeira liña de pensamento](https://erreguete.gal/2022/04/24/en-primeira-lina-de-pensamento/): "A ilusión é un sentimento irremediablemente revolucionario. Porque desterra a apatía, ilumina a mirada e, ademais, contaxia" - [Colectivo Glovo celebra o Día da Danza estreando 'Alleo'](https://erreguete.gal/2022/04/23/colectivo-glovo-alleo-danza/): A compañía afincada en Lugo presenta a súa nova peza, 'Alleo', por primeira vez ante o público. Será en dous municipios da Costa da Morte. - [Calixto Bieito chega á Coruña cun Shakespeare e con José María Pou como protagonista](https://erreguete.gal/2022/04/22/calixto-bieito-chega-a-coruna-cun-shakespeare-e-con-jose-maria-pou-como-protagonista/): Calixto Bieito opta por unha adaptación que sintetiza as traxedias de William Shakespeare e aposta por manter a esencia, o básico na obra do autor inglés: a súa linguaxe, a súa violencia e a súa poesía. - [A produción do Teatro Arriaga 'Erresuma/Kingdom/Reino', dirixida por Calixto Bieito, chega a Galicia](https://erreguete.gal/2022/04/22/a-producion-do-teatro-arriaga-erresuma-kingdom-reino-dirixida-por-calixto-vieito-chega-a-galicia/): O Teatro Rosalía de Castro da A Coruña acolle dúas funcións, hoxe e mañá, ás 20.30 horas. Trátase dun espectáculo baseado nas principais traxedias de William Shakespeare, con versión, dirección e espazo escénico do director de escena e director artístico do Teatro Arriaga. - [O Festival de Títeres de Redondela 2022 contará con 31 compañías internacionais](https://erreguete.gal/2022/04/22/festival-titeres-de-redondela-2022/): Nesta edición daranse cita compañías procedentes de países como Italia, Francia, Israel, Eslovenia ou Arxentina  e tamén doutras comunidades autónomas, como Madrid, Aragón ou Castela-León. - [Isla](https://erreguete.gal/2022/04/21/isla/): "En 'Isla' asistimos ao naufraxio nunha illa deserta de tres navegantes dun barco de recreo. O que de primeiras semella unha competición por acadar un espazo propio e exclusivo dentro da illa, remata por converterse nunha actitude colaborativa cando os náufragos entenden que a supervivencia non ten sentido se non é acompañada". - [Escenas do cambio volve en maio a Santiago cun programa que inclúe oito creacións inéditas](https://erreguete.gal/2022/04/21/escenas-do-cambio-volve-en-maio-a-santiago-cun-programa-que-inclue-oito-creacions-ineditas/): O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou onte na presentación do programa as cinco novas propostas de artistas e compañías galegas que contaron co apoio da Xunta para o seu desenvolvemento: 'Hoax Hamlet', de Voadora; a peza colectiva 'Escenas (Con)Textualizadas', construída coas voces das artistas, actrices e dramaturgas Helena Varela, Helen Bertels, Ana Vallés, Ana Abad de Larriva e Gena Baamonde; e as tres obras froito das residencias artísticas realizadas no Gaiás por Mateo Feijóo, Mercé de Rande e Ramón Souto. - [Menos mal que discriminamos!](https://erreguete.gal/2022/04/20/menos-mal-que-discriminamos/): A velocidade nas formas de participación do público no teatro son coma un Ferrari, de 0 a 100 en menos do que a prudencia nos dita, e, sacando modas e tendencias, creo que nos nosos días, conviven. E digo creo, porque hai algún estilo teatral que nin practico, nin consumo. - [A programación da MITEU 2022 enche Ourense de teatro universitario](https://erreguete.gal/2022/04/19/programacion-da-miteu-2022-ourense/): A programación da Miteu 2022 de Ourense ten na cabeza do cartel, ao actor Pepe Viyuela con 'Encerrona' e ao italiano Leo Bassi co espectáculo 'Eu, Mussolini', o 2 e 4 de maio respectivamente no Teatro Principal. - [ESCORA 2022 leva 6 compañías de danza á Costa da Morte no Día da Danza 2022](https://erreguete.gal/2022/04/19/programa-escora-danza-2022/): As actuacións de 6 compañías de danza galegas poderán verse durante a fin de semana do 22, 23 e 24 de abril en 6 concellos da Costa da Morte: Fisterra, Muxía, Laxe, Camariñas, Malpica de Bergantiños e A Laracha (Caión) - [As voces das árbores: palabra e ecoloxía na obra dramática de Julio Fernández](https://erreguete.gal/2022/04/18/as-voces-das-arbores-palabra-e-ecoloxia-na-obra-dramatica-de-julio-fernandez/): "Nos textos do dramaturgo e director palpita a idea de que a deterioración do planeta é tráxico e irreversible e que camiña parello coas catástrofes e inxustizas da humanidade. Así, as súas obras dramáticas semellan mostrar a contestación perante ese baleiro que avanza de xeito inexorable, e que desertiza espazos e conciencias." - [Profesións e afeccións](https://erreguete.gal/2022/04/18/profesions-e-afeccions/): "Teimo en pensar que as actrices e actores, por exemplo, pertencen a un sector profesional que, dalgún modo, forxa un carácter especial. Unha personalidade relacionada coa empatía, coa capacidade de poñerse nos zapatos dos demais, coa resiliencia e a resistencia." - [Laboratorio Escénico recorda as casas refuxio e as mulleres libertarias en ‘As Mapoulas’](https://erreguete.gal/2022/04/15/laboratorio-escenico-estrea-as-mapoulas-na-coruna/): 'As mapoulas' de Laboratorio Escénico se estrea o 17 de abril no Teatro Colón da Coruña. Un espectáculo gañador do Premio Luisa Villalta 2021 a proxectos pola Igualdade. - [O Teatro Gorrilla volve en abril cos 'Contos invertidos' de Nico Elsker](https://erreguete.gal/2022/04/15/o-teatro-gorrilla-volve-en-abril-cos-contos-invertidos-de-nico-elsker/): Nela ofrécese unha viaxe de quince minutos a través do mundo dos contos dende unha perspectiva diversa, a través dunha realidade ficcionada que mestura danza, palabra e transformismo; "porque o mundo dos contos é moito máis diverso do que vos imaxinades”, en palabras do propio autor. - ['Ás oito da tarde, cando morren as nais', a estrea máis esperada nesta Semana Santa](https://erreguete.gal/2022/04/14/as-oito-da-tarde-cando-morren-estrea/): O espectáculo estará en cartel en Santiago ata o 1 de maio con 14 sesións e logo xirará ata xuño polos concellos de Cee, Cedeira, Catoira e A Estrada, así como polas localidades portuguesas de Beja e Coímbra. - [Supernormales](https://erreguete.gal/2022/04/13/supernormales/): Somos quen de privar do pracer e do goce ás persoas con diversidade funcional? Supernormales fainos esa pregunta, de moitas maneiras ao longo da peza, mentres enfronta ao espectador a verdadeiras puñaladas emocionais. - [N.E.V.E.R.M.O.R.E.](https://erreguete.gal/2022/04/12/n-e-v-e-r-m-o-r-e/): "Non coñeciamos a neglixencia, a toma de decisións completamente improvisada, o mirar para outro lado, e, sobre todo, a non asunción das responsabilidades. Non eramos conscientes de que o dano non quedou só no medioambiental." - [Os lugares pequenos](https://erreguete.gal/2022/04/11/os-lugares-pequenos/): A beleza de compartir sen barreiras é do máis fermoso que nos agasalla este oficio. Aprendamos a aprecialo. - ['História da Dança', 'República Sideral' e 'Ese silencio' entre os nomeados nos Premios do Libro Galego](https://erreguete.gal/2022/04/09/premios-follas-novas-libro-galego-teatro-2022/): Máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorías trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns. - [Elefante Elegante estrea 'Alma de tigre'](https://erreguete.gal/2022/04/08/elefante-elegante-estrea-alma-de-tigre/): Alma de tigre é un espectáculo que transita entre as artes visuais, a danza e o cine mudo.  Propón unha fantasía onírica a partir da historia de dúas irmás e un irmán que, logo de anos sen contacto, se reencontran na casa familiar após a morte da súa nai, unha figura que se revela fortemente autoritaria. - [Primeiras imaxes de 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' a nova produción do CDG](https://erreguete.gal/2022/04/08/primeiras-imaxes-de-as-oito-da-tarde-cando-morren-as-nais-cdg/): Nas primeiras imaxes facilitadas polo Centro Dramático Galego podemos ver a impactante parte plástica de cores contrastadas e ton subrealista, un traballo escenográfico de Blanca Añón  e vestiario de Pier Paolo Álvaro. - [O Colectivo RPM desvela os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2022](https://erreguete.gal/2022/04/08/o-colectivo-rpm-desvela-os-proxectos-seleccionados-para-as-residencias-paraiso-2022/): A comisión de valoración estivo formada por cinco persoas: Nuria Sotelo (bailarina e creadora galega, responsable de A Casa Vella), Marta Valverde (artista visual galega e artista Paraíso 2021) e Iara Solano (artista, produtora escénica e comisaria independente vasca) como profesionais independentes e Caterina Varela (directora Residencias Paraíso) e Rut Balbís (co-coordinadora Residencias Paraíso) por Colectivo RPM. - [Un total de 30 espectáculos na carreira polos María Casares deste ano](https://erreguete.gal/2022/04/08/premios-maria-casares-2022-30-espectaculos/): A primeira rolda de votacións está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. A finais de abril daranse a coñecer a relación de finalistas das catorce categorías nas que se estruturan os galardóns. - [Paula Carballeira gaña o Premio Laudamuco coa obra 'Dentes de coello'](https://erreguete.gal/2022/04/07/paula-carballeira-premio-laudamuco-dentes-de-coello/): O xurado destacou “a atmosfera da peza na que o soño, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosférica”. - [Marta Pazos volve á ópera dirixindo 'Alexina B' no Liceu de Barcelona](https://erreguete.gal/2022/04/07/opera-alexina-b-marta-pazos/): ‘Alexina B.’ é un dos principais proxectos que Marta Pazos afrontará esta tempada, na que tamén sumará novas direccións como ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ do CDG. - [DramaturGA presenta o libro 'Cartoturxia incompleta da represión' en Santiago e Vigo](https://erreguete.gal/2022/04/06/dramaturga-presenta-cartoturxia-incompleta-da-represion/): Este primeiro volume é unha cartoturxia incompleta, pois son moitos os lugares onde en Galicia se exercitou a represión e só un puñado de dramaturgos e dramaturgas para rememorala, pero é un proxecto que está aberto para seguir completándose e nutríndose co achegamento dramatúrxico a outros espazos, para recuperar tamén a súa memoria. - [O CDG estrea a súa nova produción, 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', de AveLina Pérez](https://erreguete.gal/2022/04/05/o-cdg-estrea-as-oito-da-tarde-cando-morren-as-nais-de-avelina-perez-o-dia-14-de-abril/): A peza estará en cartel no Salón Teatro ata o día 1 de maio, con funcións os xoves, venres e sábados ás 20.00 horas, e os domingos ás 18.00 horas. Ademais, os mércores 20 e 27 de abril haberá funcións descontraídas ás 18.00 horas.  - [Man Up](https://erreguete.gal/2022/04/05/man-up/): "Man Up" é unha peza que fala da masculinidade e dos mitos e clixés que a conforman aínda a día de hoxe. Unha revisión dos medos e inseguridades que agochamos os homes, e tamén das crenzas que moitos de nós aínda mantemos, contribuíndo á crueldade deste sistema machista e heteropatriarcal. E non é pouca cousa, xa que un home cuestionándose a si mesmo en público adoita ser xulgado como “pouco home”. - [Mudarmos o panorama](https://erreguete.gal/2022/04/03/mudarmos-o-panorama/): Supoño que se entende que abrir un teatro de martes ou mércores a domingo é un gasto e non un investimento. Porque hoxe queremos igualar as obras artísticas, os espectáculos, a calquera produto funxible de consumo. E nesa equiparación, se cadra, efectivamente, as artes vivas, algunhas de formatos que requiren da proximidade e non da masa, non resultan rendibles economicamente. Iso si, despois eses mesmos concellos, deputacións e outros organismos de goberno e xestión, non lles importa gastar noutras cousas nas que os cartos si que se perden. - [Ultimamente non vou moito ao teatro](https://erreguete.gal/2022/04/02/ultimamente-non-vou-moito-ao-teatro/): Existe. Abofé que existe. O teatro como idea. O teatro como soño. Ou como pesadelo. A posibilidade do teatro. O teatro como proxecto. O teatro como utopía. O teatro como promesa. O teatro como amante. O teatro como cita furtiva de Tinder. O teatro como vicio. O teatro como obscenidade. O teatro imposible. O teatro como tabú. O teatro como futuro. O teatro como esperanza. O teatro como horizonte. O teatro como sentido da vida. O teatro como casa. - [O Colectivo Glovo presenta 'Tabú' no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2022/03/31/o-colectivo-glovo-presenta-tabu-no-teatro-ensalle/): Os pases desta nova obra creada por Esther Latorre e Hugo Pereira, que tamén comparten escena con Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez, continuarán o sábado 2 e o domingo 3 no mesmo horario. - ['Ningún hombre me llevará a la cumbre' Releitura queer um ano depois](https://erreguete.gal/2022/03/31/ningun-hombre-me-llevara-a-la-cumbre-releitura-queer-um-ano-depois/): E quando por fim vim a Celeste só me saíu um abraço, nom me saíam as palavras. E isto é o melhor que podo escrever sobre esta obra, melhor que qualquer análise estética. - [Illas desertas](https://erreguete.gal/2022/03/30/illas-desertas-2/): "En "Illas desertas" Artesa Cía mestura con delicadeza a poesía visual co emprego dunha técnica posta ao servizo da dramaturxia da interacción, facendo que o público suba os chanzos que o separan do escenario sen sequera erguerse do seu asento." - [Producións Teatrais Excéntricas estrea 'O porco de pé', a partir do texto de Vicente Risco](https://erreguete.gal/2022/03/30/producions-teatrais-excentricas-estrea-o-porco-de-pe-a-partir-do-texto-de-vicente-risco/): O elenco da montaxe está formado por  Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Detrás da arte plástica da peza está Carlos Alonso; no mundo sonoro, Piti Sanz; na luz, Octavio Mas, e na dramaturxia Pepe Sendón e Quico Cadaval. Na parte gráfica, están Javier de la Rosa no deseño, Sabela Eiriz na fotografía e Natasha Lelenco no vídeo. - [A Agadic convoca a segunda edición da bolsa de dramaturxia do CDG](https://erreguete.gal/2022/03/28/a-agadic-convoca-a-segunda-edicion-da-bolsa-de-dramaturxia-do-cdg/): O prazo de presentación de proxectos de escrita dramática para participar na selección, que resultará na contratación da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do CDG, é de 20 días naturais a partir de hoxe. - [O teatro como perigo para algo non identificado](https://erreguete.gal/2022/03/27/o-teatro-como-perigo-para-algo-non-identificado/): O teatro é paz porque enriba do escenario os conflitos tenden a topar unha resolución. Un común punto de encontro onde os personaxes apoian os seus desexos de que todo vaia mellor. Creo niso porque é o que me toca. A paz é inherente a todas as cousas. Só se precisa de persoas honradas e honestas capaces de manter a súa integridade cando todo se complique. - [Escena Galega homenaxea a Ancora Producións, Lagarta lagarta e Tanxarina](https://erreguete.gal/2022/03/25/escena-galega-homenaxea-a-ancora-producions-lagarta-lagarta-e-tanxarina/): Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrará o vindeiro luns, 28 de marzo, un acto no que quere render tributo á traxectoria de tres compañías, Ancora Producións, Lagarta lagarta e Tanxarina, que foron escollidas como Socias de Honra da entidade pola  importancia que tiveron para o desenvolvemento do sistema escénico galego contemporáneo, así como o seu traballo a prol do sector, aínda que as dúas primeiras non continúen en activo na actualidade. A traxectoria das tres compañías está vencellada ao arranque de Escena Galega como asociación sectorial, que actualmente aglutina a máis de medio cento de produtoras […] - [Fernando Dacosta asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2022/03/24/fernando-dacosta-asina-o-manifesto-galego-do-dia-mundial-do-teatro/): AAAG promove cada ano a elaboración do manifesto galego para conmemorar o 27 de marzo, o Día Mundial do Teatro. - [Os Monicreques de Kukas celebran o seu 43º aniversario cun programa que inclúe diversas representacións e exposicións](https://erreguete.gal/2022/03/22/os-monicreques-de-kukas-celebran-o-seu-43-aniversario-cun-programa-que-inclue-diversas-representacions-e-exposicions/): Desde o pasado mes de febreiro e ata o 30 de abril, a compañía Os Monicreques de Kukas está a celebrar os corenta e tres anos desde a súa creación cunha serie de representacións e exposicións dentro da Rede de Centros Socioculturais e na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Os espectáculos que poderá ver a veciñanza compostelá son De trebellos, perellos e fedellos; Xan Perillán, compra queixo, compra pan e Xan Perillán e a maleta máxica. No que respecta ás exposicións, estas ensinarán unha boa parte do patrimonio teatral da compañía por medio de instalacións (sobre todo de […] - [Os homes que contan a nosa historia](https://erreguete.gal/2022/03/22/os-homes-que-contan-a-nosa-historia/): "As historias que analizan a feminidade e a experiencia das mulleres dende o feminismo son cada vez máis comúns, pero, cantos son os produtos culturais que buscan deconstruír a masculinidade dende esta mesma perspectiva? Ao final, que unha historia sexa sobre mulleres ou para mulleres non a fai feminista." - [A Agadic convoca as axudas á creación para compañías profesionais e as subvencións ás salas de titularidade privada](https://erreguete.gal/2022/03/21/a-agadic-convoca-as-axudas-a-creacion-para-companias-profesionais-e-as-subvencions-as-salas-de-titularidade-privada/): O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de abril. As dúas liñas de subvencións suman un investimento de 950 000 euros, dos cales 800 000 euros corresponden ás primeiras e os 150 000 restantes ás segundas. - [O Jorge Silva Melo](https://erreguete.gal/2022/03/20/o-jorge-silva-melo/): Porque é que a morte do Jorge Silva Melo me impressionou tanto? Era uma pessoa muito amável e muito aberta para conhecer por quem se aproximava dele. Um homem generoso. À sua olhada curiosa e meiga somava-se aquela voz profunda e sincera, aquela maneira de falar, olhos nos olhos, tão certeira e atenta. Nas minhas visitas a Lisboa vai faltar-me algo muito importante! - [Galeatro estrea 'Arte sen guión', o volume 4 do ciclo Clásicas desfeitas](https://erreguete.gal/2022/03/19/galeatro-estrea-arte-sen-guion-o-volume-catro-do-ciclo-clasicas-desfeitas/): Ademais da función de hoxe ás 18.00 horas, haberá outra tamén mañá ás 12.00 horas no Xardín Literario da Cidade da Cultura. - [Camiño Escena Norte abre o prazo de inscrición de espectáculos para o Itinerario Constelacións](https://erreguete.gal/2022/03/18/camino-escena-norte-abre-o-prazo-de-inscricion-de-espectaculos-para-o-itinerario-constelacions/): Poderán presentar os seus traballos as compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, e as pezas, que poden abranguer diversas linguaxes escénicas, formatos, estéticas e tipos de público, poderán estar en galego, asturianu, castelán e euskera. - [Un programa especial que inclúe unha trintena de espectáculos conmemora o Día Internacional da Narración Oral](https://erreguete.gal/2022/03/18/un-programa-especial-que-inclue-unha-trintena-de-espectaculos-conmemora-o-dia-internacional-da-narracion-oral/): Entre as e os artistas participantes figuran Vero Rilo e Penadique, José Luis Gutierrez Guti, Erica González, Raquel Queizás, Dani Blanco, Cristina Collazo, Charo Pita, Pablo Díaz, Atenea García, Celso F. Sanmartín, Anxo Moure, Servando Barreiro, Ramiro Neira, Larraitz Urruzola, Mirari Urruzola, Cris de Caldas, Iseo a Moura, Candido Pazó, Quico Cadaval, Sole Felloza, Paula Carballeira, Tarabelos, Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento. - [Mensaxe do Día Internacional do Teatro 2022](https://erreguete.gal/2022/03/17/mensaxe-do-dia-internacional-do-teatro-2022/): O teatro é a creación na terra dun espazo de igualdade entre seres humanos, deuses, plantas, animais, horas de chuvia, lágrimas e rexeneración. O espazo de igualdade e escoita profunda é iluminado pola beleza escondida, mantida viva nunha interacción profunda de perigo, ecuanimidade, sabedoría, acción e paciencia. - [Como traducir unha catedral. Sobre a tradución de Lois Tobío do 'Fausto' de Goethe.](https://erreguete.gal/2022/03/15/como-traducir-unha-catedral-sobre-a-traducion-de-lois-tobio-do-fausto-de-goethe/): Que poidamos gozar do Fausto de Goethe en galego desde o ano 1997 debémosllo en primeiro lugar aos 22 anos de esforzoso traballo de tradución de Lois Tobío, que non en van foi merecedor por Premio de Tradución Plácido Castro polo seu labor neste ámbito (tamén traduciu outro texto dramático canónico como Nai coraxe e máis os seus fillos, de Bertolt Brecht, ademais de Os sonetos de Orfeu de Rainer María Rilke); en segundo lugar, debémosllo á existencia dunha editorial como Laiovento, fundada e dirixida por outro incansable como foi o recentemente desaparecido teatreiro Francisco Pillado Mayor. - [Parte de lesións](https://erreguete.gal/2022/03/13/parte-de-lesions/): Bebo un pouco de café pensando na recta final. En que levo varias semanas sen escribir nada e que isto non está todo o pensado que me gustaría. Pero a cabeza tamén está no límite. Tal vez esaxero con este parte de lesións e queixas lastimeiras, pero fágoo porque me parece que é o máis honesto que podo escribir agora mesmo sobre o feito teatral. - [O triunfo do fracaso](https://erreguete.gal/2022/03/12/o-triunfo-do-fracaso/): "Xa saberedes polas tazas de café de Mr. Wonderful o que nos últimos anos da súa vida deixou escrito Beckett, que xa en Esperando a Godot demostrara que a el tamén, como a Camus, lle ía iso de ter en Sísifo un modelo, un arquetipo no que a paixón e a teimosía na consecución da meta eran máis importantes que a propia meta inalcanzable: “Fracasa outra vez. Fracasa mellor.” - [Talía Teatro estrea 'Morte accidental dun anarquista'](https://erreguete.gal/2022/03/11/talia-teatro-estrea-morte-accidental-dun-anarquista/): Haberá unha función hoxe, venres 11 de marzo, e outra mañá, ambas ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. - [Colectivo Glovo convoca as residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando](https://erreguete.gal/2022/03/11/colectivo-glovo-convoca-as-residencias-artisticas-e-de-investigacion-atopemonos-bailando/): As residencias van dirixidas a que profesionais da danza e artes do movemento, con sede en Portugal e España, presenten os seus proxectos para a realización dun máximo de 6 residencias artísticas e/ou de investigación (exclúense residencias técnicas) para ser realizadas entre os meses de maio e outubro de 2022 en Lugo. - [Corpos, Xénero e Sexualidade programa a Celeste González este sábado na Coruña](https://erreguete.gal/2022/03/10/corpos-xenero-e-sexualidade-da-rede-galega-de-estudos-queer-programa-a-celeste-gonzalez-este-sabado-na-coruna/): A artista Celeste González presentará o seu espectáctulo teatral Ningún hombre me llevará a la cumbre, como parte da programación do I Congreso Internacional Corpos, Xénero e Sexualidade, o sábado 12 de marzo, ás 20h30, no Centro Ágora da Coruña. - [Ragazzo](https://erreguete.gal/2022/03/08/ragazzo/): "Este rapaz, este Ragazzo, este rapaz calquera é calquera porque podería ser calquera de nós. Mais non é calquera porque a proposta de Barrosanta fai que Ragazzo sexa alguén especial, memoria viva do abuso de poder e da inxustiza dun sistema que non foi capaz nin de condenar ao seu asasino." - [eu sou medíocre, tu és medíocre, ...](https://erreguete.gal/2022/03/07/eu-sou-mediocre-tu-es-mediocre/): 'Exercício para Performers Medíocres' gira à volta da criação teatral, da formação académica nesta área, de estar em palco e do talento (ou a ausência do mesmo). Falar em mediocridade, frente a uma plateia, é uma provocação e uma defesa. A mediocridade é quase o pior dos males para umx artista. Quem é que define o que é talento, o que é arte, o que é umx artista? O que se espera de uma atriz talentosa, como se deve comportar, qual é a formação de uma artista? Assim, como se de uma mostra de talentos se tratasse, Tita Maravilha levanta estas questões e ironiza sobre elas, criando pontes com o público através da músicas populares, como Lo tuyo es puro teatro de La Lupe, ou músicas brasileiras, jogando com os estereótipos sobre a sua nacionalidade. - [A guerra e o teatro](https://erreguete.gal/2022/03/06/a-guerra-e-o-teatro/): Os réximes autoritarios e as guerras, independentemente da época, sempre atenazaron a cultura e a educación. Esta é a demostración máis evidente do enorme poder que ambas teñen para moldear a poboación. Habería que engadir tamén os medios de comunicación. - [A Xunta abre as Residencias Artísticas do Gaiás, REGA 22](https://erreguete.gal/2022/03/05/24586/): A Xunta deu a coñecer o programa de Residencias Artísticas do Gaiás deste ano (REGA 22) que se desenvolverá na Cidade da Cultura co obxectivo de apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea, tanto galega como internacional. O REGA favorecerá “o xermolo e crecemento desde o Gaiás de 25 novas propostas de vangarda que abranguen múltiples disciplinas artísticas, desde a danza e as artes escénicas, ata a música, a literatura, as artes plásticas ou audiovisuais e o multimedia”.  - [Os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2022/03/03/os-microefectos-dramaturxicos-voltan-ao-clavicembalo-de-lugo/): Logo de tres meses dende a sesión de decembro os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión van presentarse catro pezas novas. - [Inversa Teatro estrea ‘O Péndulo’ dentro da programación de Vigocultura](https://erreguete.gal/2022/03/03/inversa-teatro-estrea-o-pendulo-dentro-da-programacion-de-vigocultura/): Inversa Teatro estrea O Péndulo, unha obra de teatro-documento que ten como referencia temporal e conceptual a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. - [Culturactiva Producións estrea 'As alumnas'](https://erreguete.gal/2022/03/02/culturactiva-producions-estrea-as-alumnas/): Anabell Gago e Mónica Camaño, dirixidas por Fina Calleja e con texto de Paula Carballeira, métense na pel de dúas antigas alumnas de María Barbeito que volven atoparse trala morte da mestra, en 1970. - [Condetrespés estrea unha nova montaxe de 'Rastros', de Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2022/03/02/condetrespes-estrea-unha-nova-montaxe-de-rastros-de-roberto-vidal-bolano/): A adaptación da obra está dirixida por Lois Blanco Araúxo e interpretada por Antea Rodríguez, Mateo Franco, Muriel Pernas e Pablo Carrera; mentres que  Diego Valeiras dirixe o espazo escénico, Dani Juncal asina o deseño de iluminación e Javier Gey Fungueiriño o de son. - [A MIT de Ribadavia convoca o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2022/03/01/a-mit-de-ribadavia-convoca-o-17o-premio-abrente-de-textos-teatrais/): O prazo de recepción está aberto ata o día 17 de xuño de 2022. - [O CDG estrea un sistema pioneiro de teatro inclusivo en todas as funcións do Salón Teatro](https://erreguete.gal/2022/02/28/o-cdg-estrea-un-sistema-pioneiro-de-teatro-inclusivo-en-todas-as-funcions-do-salon-teatro/): As persoas con discapacidade visual ou auditiva poden asistir a calquera representación e terán á súa disposición audiodescrición a través de receptores individuais proporcionados polo CDG, interpretación en lingua de signos proxectada sobre as columnas situadas a ambos lados do escenario e subtítulos que poden descargar nos seus dispositivos móbiles. - [O humor e non a guerra](https://erreguete.gal/2022/02/26/o-humor-e-non-a-guerra/): Facer rir é moito máis difícil que facer chorar. Pero que é máis necesario? O calendario pode darnos algunha pista. O 25 de febreiro é o Día Internacional da Commedia dell’Arte. E aínda que neste sintagma o termo ‘comedia’ non remita a un subxénero teatral concreto, oposto á traxedia, senón ao oficio teatral en si mesmo, non é menos certo que os canovaccios conservados dan boa conta do caracter netamente cómico, satírico e grotesco deste particular estilo de facer teatro saído das cidades italianas do quatrocento. E, que se saiba, non existe un día internacional da traxedia. Facer rir é moito […] - [A Casa Vella abre unha convocatoria internacional para residencias artísticas e de investigación](https://erreguete.gal/2022/02/25/a-casa-vella-abre-unha-convocatoria-internacional-para-residencias-artisticas-e-de-investigacion/): Convócanse residencias de investigación e creación de artistas individuais ou equipos de máximo 3 persoas, de curta ou media traxectoria profesional, que fundamenten o seu traballo artístico arredor do movemento e o corpo. - [Fugas e Interferencias recibe propostas de comunicacións para o seu VII congreso sobre a arte de acción](https://erreguete.gal/2022/02/24/fugas-e-interferencias-recibe-propostas-de-comunicacions-para-o-seu-vii-congreso-sobre-a-arte-de-accion/): O congreso terá lugar de xeito presencial os días 16, 17 e 18 de setembro de 2022. - [Primeiras citas en tempos de Tinder e a composición escénica](https://erreguete.gal/2022/02/23/primeiras-citas-en-tempos-de-tinder-e-a-composicion-escenica/): Como nos compoñemos para unha cita no Grinder/Brenda ou Tinder pode extrapolarse a como nos enfrontamos á composición escénica. - [Falece o actor Pedro Brandariz tras unha indisposición nunha función escolar](https://erreguete.gal/2022/02/22/falece-o-actor-pedro-brandariz/): O humorista tiña unha ampla experiencia nos escenarios galegos e tamén na televisión, onde era habitual do programa da TVG Luar. - [O conto do progreso](https://erreguete.gal/2022/02/20/o-conto-do-progreso/): A ausencia de progreso, no que atinxe ao pensamento, á política e aos xeitos de vivir en común e de relacionarnos entre nós e co planeta, resúltame incrible. Faime pensar que o mundo non ten sentido ningún. Como se pode concibir un mundo con sentido sen que a sociedade aprenda dos seus erros, da educación, das artes, das ciencias para progresar e mellorar? - [O Teatro Gorrilla volve a Vigo cunha nova edición en formato festival](https://erreguete.gal/2022/02/19/o-teatro-gorrilla-volve-a-vigo-cunha-nova-edicion-en-formato-festival/): Os bares da zona de Churruca transfórmanse hoxe, sábado 19 de febreiro, en teatros alternativos, acollendo unha programación de artes escénicas para todos os públicos. - [Ártika Cía estrea 'A illa da deslembranza'](https://erreguete.gal/2022/02/18/artika-cia-estrea-a-illa-da-deslembranza/): A peza estará en cartel os venres 18 e 25 de febreiro ás 20:00 horas; os sábados 19 e 26 de febreiro tamén ás oito da tarde, e os domingos 20 e 27 de febreiro de 2022 ás 18:00 horas. - [Elahood estrea 'NÓ' no Concello de Oleiros](https://erreguete.gal/2022/02/17/elahood-estrea-no-no-concello-de-oleiros/): Será mañá, venres 18 de febreiro, no Auditorio Gabriel García Márquez do Concello de Oleiros, ás 20.30 horas. - [Pilar Portela é a nova directora do Centro Coreográfico Galego e coordinadora do departamento de música e danza da Agadic](https://erreguete.gal/2022/02/17/pilar-portela-e-a-nova-directora-do-centro-coreografico-galego-e-coordinadora-do-departamento-de-musica-e-danza-da-agadic/): A xestora cultural pontevedresa Pilar Portela ocupará o posto de Coordinación do novo Departamento de Música e Danza da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), creado e incorporado á estrutura do organismo da Xunta de Galicia desde a recente modificación do seu Estatuto de funcionamento. Entre as tarefas asignadas a este posto están as de desenvolver as accións necesarias para a promoción e o fomento da música e da danza en Galicia, a dirección do Centro Coreográfico Galego, impulsar as relacións entre os distintos axentes culturais nestes sectores e establecer alianzas con outras entidades de fóra da nosa Comunidade.  - [A AAAG convoca os XXVI Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2022/02/16/a-aaag-convoca-os-xxvi-premios-de-teatro-maria-casares/): Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor/actriz en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. Ademais, as obras estreadas no último trimestre de 2020 que non concorresen xa aos premios na edición anterior, poderán participar nesta convocatoria. - [A Agadic convoca unha nova edición dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde de textos teatrais](https://erreguete.gal/2022/02/15/a-agadic-convoca-unha-nova-edicion-dos-premios-de-textos-teatrais-alvaro-cunqueiro-manuel-maria-e-barriga-verde/): O prazo de participación está aberto dende hoxe ata o día 2 de maio. Os premios suman unha dotación económica de 26 000 euros - [O café de antes de seguir](https://erreguete.gal/2022/02/13/o-cafe-de-antes-de-seguir/): O café invita a pensar en voz alta. A dicir o que se pensa sobre o que se acaba de probar, sobre o que se acaba de facer ou, tamén, sobre o que non se fixo, non se dixo ou non se probou. - [O que ten orixes](https://erreguete.gal/2022/02/12/o-que-ten-orixes/): "Na primeira xornada do I Congreso Internacional do Teatro Galego (do cal acaban de saír publicadas as actas para consulta gratuíta na web do Consello da Cultura Galega) un dos temas nos que máis se enlearon as persoas intervintes foi o da desconexión entre o alumnado saído das aulas da ESADdG e o resto da profesión teatral galega". - [A Sala Ártika acolle a estrea de 'Ragazzo', da nova compañía Barrosanta](https://erreguete.gal/2022/02/11/a-sala-artika-acolle-a-estrea-de-ragazzo-da-nova-compania-barrosanta/): Trátase dunha peza reivindicativa con texto de Lali Álvarez, dirixida por dirixida por Xavier Castiñeira e protagonizada por Anxo Outumuro, na que Violeta Martínez asina a iluminación e Diego Chamizo a axudantía de dirección. - [Ibuprofeno Teatro estrea 'Smoke on the Water'](https://erreguete.gal/2022/02/11/ibuprofeno-teatro-estrea-smoke-on-the-water/): A obra preséntase como unha "traxicomedia sórdida; unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor". - [A programación do Festaclown 2022 converte Vilagarcía nunha carpa de circo](https://erreguete.gal/2022/08/05/programacion-do-festaclown-2022-festiclown-vilagarcia/): A programación do Festaclown 2022 de Vilagarcía terá lugar do 17 ao 21 de agosto e todas as actividades serán gratuitas e de entrada libre. - [O CDG e Ainé inician os ensaios de 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'](https://erreguete.gal/2022/08/04/o-cdg-e-aine-inician-os-ensaios-de-recortes-caneos-e-outras-formas-de-driblar/): Baixo a dirección de Tito Asorey, o espectáculo 'Recortes, caneos e outras formas de driblar' ofrecerá un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol, cun elenco formado por Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta. - [Evaristo Calvo galardoado co Xogrador de Outono do FIOT de Carballo 2022](https://erreguete.gal/2022/08/04/evaristo-calvo-xogrador-outono-fiot-carballo-2022/): O Xogrador de Outono entregarase a Evaristo Calvo durante a celebración da nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo en outubro. - [El mar: visión de unos niños que no lo han visto nunca | 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/08/03/el-mar-vision-de-unos-ninos-que-no-lo-han-visto-nunca-38a-mit-ribadavia/): “Unha lección sobre loitar polos ideais que fagan da sociedade un lugar acolledor onde poder soñar e expandir as nosas almas tanto como a inmensidade do océano sen límites no horizonte”. - [Danza no Claustro celebra 10 anos bailando nos mosteiros ourensans](https://erreguete.gal/2022/08/03/programacion-danza-no-claustro-10-anos-solodos/): Os días 5, 6 e 7 de agosto celebrarase unha nova edición do Danza no Claustro, que este ano cumpre 10 anos. O festival organizado pola plataforma SóLODOS volverá levar a danza aos claustros dos mosteiros de Ourense. - [Margem ǀ 38 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/08/03/margem-%c7%80-38-mostra-internacional-de-teatro-de-ribadavia/): "Margem" é o nome que a produtora portuguesa Nome Próprio deu para este espectáculo de danza e teatro que puidemos ver na 38ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, falando xusto do espazo liminal onde habita un grupo de rapaces botados fóra do sistema por diversos motivos. Os límites mestúranse nesta peza estreada no 2018 e premiada en diversos certames como mellor espectáculo de danza, outorgándolle a "Margem" o aire dunha estrutura liminal, non precisa, que navega entre as tebras do pasado e o presente. - [Arranca o festival internacional de maxia Galicia Ilusiona](https://erreguete.gal/2022/08/02/arranca-o-festival-internacional-de-maxia-galicia-ilusiona/): Vén de comezar a súa primeira edición, que se estenderá ata o 15 de outubro. - [O festival PLATTA de Nigrán crea vencellos entre as tres linguas](https://erreguete.gal/2022/08/01/o-festival-platta-de-nigran-crea-vencellos-entre-as-tres-linguas/): "Como lle dicía o raposo ao Principiño, os encontros do Platta son necesarios para crear vencellos, e así, segundo se aproxime o tempo, descubrir o que custa a felicidade. Agardamos atopar a felicidade nun novo encontro que se organizará entre o 16 e 18 de setembro en Viana do Castelo". - [Titiriberia di adeus á edición 2022 con Fantoches Baj, Alakrán e A Cova das Letras](https://erreguete.gal/2022/07/30/final-titiriberia-rianxo-2022-fantoches-baj-titeres-alakran-cova-letras/): O festival Titiriberia de títeres tradicionais celebrouse entre os días 24 e 31 de xullo en Rianxo. Na súa sétima edición contou cunha programación de espectáculos, mostras, obradoiros para a cativada e a participación dunha trintena de compañías, formacións e artistas - [O Cultura no Camiño enche o verán con 298 actuacións nos concellos da ruta Xacobea](https://erreguete.gal/2022/07/29/cultura-no-camino-2022-actuacions-ruta-xacobea/): O circuíto de espectáculos de Cultura no Camiño, que chega este ano á súa 10ª edición, celebra 27 eventos en 24 concellos desde hoxe ata o domingo para despedir a carteleira de xullo. - [O Salón Teatro do CDG acolle unha mostra aberta de 'Ser, estar, parecer: atributos do verbo artístico'](https://erreguete.gal/2022/07/29/o-salon-teatro-do-cdg-acolle-unha-mostra-aberta-de-ser-estar-parecer-atributos-do-verbo-artistico/): O colectiva Pura y Fachada, nado en marzo de 2022, está formado pola galega Eva Antelo e a andaluza Sara Gema Domínguez. - [O público premia as marxes na 38ª MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/29/o-publico-premia-as-marxes-na-38a-mit-de-ribadavia/): A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, vén de dar a coñecer que o Premio do Público deste ano foi para 'Hamlet', da compañía peruana Teatro La Plaza. Dentro das actividades paralelas, a MIT tamén destaca a relevancia e transcendencia social e profesional que tivo o 1º Encontro Interxeracional de Profesionais das Artes Escénicas de Galicia. - [Naxos I. Drama en tres lamentos e un par de actos](https://erreguete.gal/2022/07/28/naxos-i-drama-en-tres-lamentos-e-un-par-de-actos-%c7%80-corufest-2022/): Dentro do marco de presentacións teatrais do CoruFest deste ano, tivemos ocasión de asistir á estrea en Galicia da primeira parte da Trilogía de Naxos, proposta da escritora e activista LGTBI Brigitte Vasallo. - [La infamia | 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/24/la-infamia-38a-mit-ribadavia/): "A escuridade que se agocha nas cloacas ou jacuzzis do mundo" - [Queimado](https://erreguete.gal/2022/07/24/queimado/): Non é fácil escribir un artigo de opinión sobre artes escénicas cando se sente unha certa angustia e o ar cheira a fume. Arden as paisaxes que me constitúen desde a infancia e tamén eu fico queimado. - [A xornada de clausura da 38ª MIT de Ribadavia céntrase na memoria e no encontro interxeracional](https://erreguete.gal/2022/07/24/clausura-da-38a-edicion-da-mit-de-ribadavia/): Ás 19.30 horas, no patio do Museo Etnolóxico, terá lugar un acto aberto de coloquio con diferentes xeracións do teatro galego, das máis novas ás voces máis expertas. - [Las aves](https://erreguete.gal/2022/07/24/las-aves-%c7%80-38a-mit-ribadavia/): "Las aves" chega á 38ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia precedida do seu éxito de crítica e público cunha revisión do texto orixinal de Aristófanes do que conserva partes da trama orixinal e, sobre todo, o acedo humor crítico á sociedade do seu (noso) tempo. Con este material, o dramaturgo Joan Yago crea un texto co foco posto na crítica ao sistema neo-liberal, populista e consumista, exento de valores humanos e que utiliza axs demais como meros obxectos de usar e tirar. - [A Agadic impulsa os novos espectáculos de 28 compañías a través das súas axudas á creación](https://erreguete.gal/2022/07/23/a-agadic-impulsa-os-novos-espectaculos-de-28-companias-a-traves-das-suas-axudas-a-creacion/): cómpre sumarlle o proxecto beneficiario no apartado de actividade escénica de carácter plurianual. A través desta última categoría, procúrase facilitar unha planificación a medio prazo das actividades das compañías. Desta volta, Elefante Elegante é a única adxudicataria desta modalidade. - ['Relato para un incendio' ǀ 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/23/relato-para-un-incendio-%c7%80-38-mostra-internacional-de-teatro-de-ribadavia/): Adaptada ao espazo da igrexa da Madalena de Ribadavia, "Relato para un incendio" estréase entretecendo pasado e presente para poñer en relación os estudos que o antropólogo danés Gustav Hennigsen fixera durante os anos sesenta pola zona de Ordes e os incendios provocados por Carmen García Grela, veciña de Cerceda, no ano 2016. - [Hamlet - 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/22/hamlet-38a-mit-ribadavia/): Unha peza rompedora de estereotipos, de mitos, de crenzas,... Unha peza sobre o poder da autodeterminación. - ['Estancia paisaje' estréase en Galicia](https://erreguete.gal/2022/07/21/estancia-paisaje-estrease-en-galicia/): Hoxe pode verse ás 21.00 horas  praza da Igrexa de Portomarín e mañá ás 20.00 horas na fachada do Mosteiro San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. - [aAntena estrea 'Relato para un incendio' de Ernesto Is na MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/21/estrea-relato-para-un-incendio-aantena-ernesto-is/): 'Relato para un incendio' de Ernesto Is parte de dos estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen sobre os últimos vestixios da bruxería en Galicia e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016. - [Nace o festival Abanea para encher de danza os veráns de Gondomar e Allariz](https://erreguete.gal/2022/07/21/programacion-festival-abanea-danza-gondomar-allariz/): O festival Abanea está organizado por Marta Alonso Tejada, Manu Lago, Paula Quintas e Lilian Portela, entre outros, e se desenvolverá entre o 28 e o 31 de xullo cunha ampla programación. - [Hamlet ǀ 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/21/hamlet-%c7%80-38a-mit-ribadavia/): "Hamlet" é o vehículo que emprega Teatro La Plaza para falar das dificultades que atopan un grupo de 9 rapazxs con Síndrome de Down para adaptarse a un mundo que os marxina. Así o príncipe de Dinamarca habita tamén nas marxes dun mundo que non o entende e no que a súa presenza resulta molesta. - [O raro é que bailar sexa raro | Somnole](https://erreguete.gal/2022/07/19/o-raro-e-que-bailar-sexa-raro-somnole/): "Andrea Quintana como Boris Charmatz trabalhárom na dança mais académica e canônica. Acho que tinham a necessidade de fazer estes solos porque precisavam fugir desse mundo, descansar do sistema e criar a sua dança como um jogo, nom como umha reproduçom ao serviço do sistema - [Selvagem | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/18/selvagem-39-festival-de-almada/): "Selvagem não é um espetáculo habitual em nenhum dos seus aspetos. A mim pareceu-me um convite à contemplação de raízes, de fundamentos imateriais que, cada vez, ficam mais afastados." - [Xacarandaina estrea 'Endaterra' con máis de 80 artistas, teatro e baile tradicional](https://erreguete.gal/2022/07/18/endaterra-xacarandaina-estrea/): 'Endaterra' conta con baile tradicional, música e teatro, a peregrinación feita en 1900 por unha aristócrata inglesa e a súa doncela a Santiago de Compostela. - [Matarile estrea en Galicia 'INLOCA'](https://erreguete.gal/2022/07/17/matarile-estrea-en-galicia-inloca/): Esta é por agora a única función prevista na comunidade. - [Sobre o peche da Librería Hobbit](https://erreguete.gal/2022/07/17/sobre-o-peche-da-libreria-hobbit/): Dentro do ecosistema capitalista existe un lugar que merece a pena. Chámolle ecosistema pero non é precisamente “eco” a partícula máis acertada para referirse ao monstro ese… En todo caso, o que quero é destacar que entre tendas de roupa, bancos que desafiuzan e supermercados coa inflación disparada, están as librerías. - [Entremáns estrea 'Minguantes' no Rúa Ext-Cénica de Oleiros](https://erreguete.gal/2022/07/17/entremans-estrea-minguantes-no-rua-ext-cenica-de-oleiros/): A Compañía Entremáns estrea Minguantes, este domingo 17 de xullo 2022, no Festival Rúa Ext-Cénica de Oleiros. Unha nova peza en formato curto para espazos non convencionais. O seu título, Minguantes, fai referencia ao que empeza a esgotarse, a escasear, a faltar, desde a perspectiva do corpo humano como maquinaria case perfecta á que o tempo vai desgastando. - [Ana Abad de Larriva gaña o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/07/15/ana-abad-de-larriva-gana-o-17-premio-abrente-de-textos-teatrais-da-mit-de-ribadavia/): O xurado decidiu por unanimidade conceder o premio ao texto titulado 'A nunca vista', cuxa autora resultou ser Ana Abad de Larriva - [Presentación do número 103 e do libro en Cangas](https://erreguete.gal/2022/07/14/presentacion-do-numero-103-e-do-libro-en-cangas/): Se aínda non estás subscrita/o e queres recibir na casa o número 103 e o libro, podes facelo a través do portal de subscrición. - [A PreMIT acolle a presentación de 'Profetas', de Ernesto Is](https://erreguete.gal/2022/07/14/a-premit-acolle-a-presentacion-de-profetas-de-ernesto-is/): É o primeiro dramaturgo que consegue por segunda vez este recoñecemento, e este texto preséntase agora editado dentro da colección Abrente da editorial Difusora. - ['Em casa, no zoo' | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/13/em-casa-no-zoo-39-festival-de-almada/): Teatro de fórmula dramática realista, muito bem conseguido, cheio de pormenores e com uma interpretação magistral, o que significa que a encenação, de Jorge Silva, também o foi. - [Blast](https://erreguete.gal/2022/07/12/blast-cdn/): "Blast afirma estar composta a través das inquietudes e realidades dos sete actores menores de 26 anos que a protagonizan. Realmente sete rapaces de familia media acomodada poden estar tan fartos e rebotados coa vida?" - ['Renacimiento' | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/11/renacimiento-39-festival-de-almada/): La Tristura, na sua criação coletiva intitulada Renacimiento e apresentada no 39.º Festival de Almada, acho que quis virar o foco do teatro para além de si mesmo, a olhar para as relações humanas mais diretas e, em alguma medida, casuais. Por isso, o que vemos em palco é o trabalho dos técnicos de cena, de luz, som e maquinaria. Os invisíveis dos teatros e, no entanto, aqueles sem os quais não se pode fazer nenhum espetáculo. - [Para quen sinta paixón](https://erreguete.gal/2022/07/10/para-quen-sinta-paixon/): Dubido que as artes escénicas permitan relacións desafectadas, mornas, de xente illada tras pantallas ou parapetada en compartimentos ríxidos e estancos. Chegou o solsticio de verán cos festivais de estío. Polo San Xoán arrincou a 39 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, que vai até o 9 de xullo. O 4 de xullo arrinca o 39 Festival de Almada, que vai até o 18 deste mes. Do día 15 ao 24 de xullo temos a 38 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Isto no Eixo Atlántico peninsular. - [Presentación do número 103 da erregueté na 39 MITCF de Cangas](https://erreguete.gal/2022/07/09/presentacion-do-numero-103-da-erreguete-na-39-mitcf-de-cangas/): Hoxe, sábado, 9 de xullo, ás 19h30, dentro da programación da 39 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, preséntase o número 103 da erregueté | Revista Galega de Teatro, correspondente ao primeiro semestre de 2022. O acto vaise celebrar na Capela do Hospital, nos Xardíns do Señal, á beira do mar, en pleno centro da vila de Cangas. - ['Museo Pasolini' | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/09/museo-pasolini/): Para quem gosta muito do texto no teatro, para quem gosta que lhe contem histórias no teatro, a versão de Museo Pasolini, de Ascanio Celestini, apresentada no 39.º Festival de Almada foi, com certeza, uma proposta satisfatória. - [Rianxo prepárase para a volta internacional do Titiriberia](https://erreguete.gal/2022/07/08/programacion-titiriberia-rianxo-2022/): As titiriteiras lusas de Teatro e Marionetas de Mandrágora e a artista transalpina Irene Vecchia formarán parte da programación do Titiriberia 2022, que volverá apostar pola creación de públicos, os espectáculos de rúa e a descentralización polas parroquias de Rianxo. - ['Smashed2' | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/07/smashed2/): Oitenta laranjas, sete melancias e nove malabaristas ofereceram-nos, no palco grande da Escola D. António da Costa, uma divertida comédia frutal e musical. Smashed2 brinca com o virtuosismo circense dos malabarismos e com o empenho do ser humano em vencer, em atingir o sucesso seja como for. - [O Salón Teatro acolle hoxe a estrea galega do 'Tartufo', dentro do Próxecto Nós/NOUS](https://erreguete.gal/2022/07/07/o-salon-teatro-acolle-hoxe-a-estrea-galega-do-tartufo-dentro-do-proxecto-nos-nous/): Poderá verse dende hoxe, xoves 7 de xullo, ata este sábado 9 de xullo, ás 20.30 horas. O acceso será gratuíto, previa retirada de entradas no despacho de billetes do Salón Teatro dende dúas horas antes de cada función. - ['Noite de Reis' | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/07/noite-de-reis-da-companhia-de-teatro-de-almada/): Noite de Reis, de William Shakespeare, na encenação de Peter Kleinert com a Companhia de Teatro de Almada, que se estreou esta terça-feira, 5 de julho, no palco grande do Teatro Municipal Joaquim Benite, inserido na programação do 39º Festival de Almada. Uma dramaturgia que diz muito pelos olhos, pela estética e pela dimensão visual e também através dos números musicais. Acho que o sentido principal desta encenação vem mais pelo que podemos ver no palco do que pelo próprio texto de Shakespeare. - [Raquel Castro gaña o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2022/07/07/raquel-castro-gana-o-vi-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): Eva Vila e Salvador del Río foron os intérpretes da peza gañadora. - [A Mostra de Teatro Galego de Cariño recupera en agosto o seu formato habitual](https://erreguete.gal/2022/07/06/a-mostra-de-teatro-galego-de-carino-recupera-en-agosto-o-seu-formato-habitual/): Celebrarase do 12 ao 19 de agosto e, aínda que non parou pola pandemia, nesta edición recuperará o seu formato de festival habitual en canto a duración, aforos e organización. - ['Aucune Idée' | 39 Festival de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/05/aucune-idee-de-christoph-marthaler/): Começou o 39º Festival de Almada e voltou o convívio e a festa à esplanada da Escola D. António da Costa. Adorei poder ver uma peça tão sui generis quanto 'Aucune Idée', de Christoph Marthaler, com o Théâtre Vidy-Lausanne (Lausanne, Suíça). Um género de brincadeira incomum, entre o Marthaler, o prodigioso ator Graham F. Valentine e o músico Martin Zeller, sobre a família, a convivência, a vizinhança, o consumismo e tudo o que o nosso mundo pode fazer chegar à nossa caixa de correio. - [Peter Brook n’O espazo baleiro](https://erreguete.gal/2022/07/03/peter-brook-no-espazo-baleiro/): O espazo baleiro, aquel texto do que tanto aprendemos, nunca estivo tan cheo, grazas á intercesión do seu autor, nesa concepción na que o teatro pode ser cando hai conexión de enerxías, pensamentos, imaxinacións e emocións. Un xogo que nos expresa e que expresa as inquedanzas que nos habitan. O espazo baleiro de ruídos e adobíos innecesarios, que non permiten a concentración e o florecemento da acción, como entidade humana, en colaboración, que abre cuestións na procura do inalcanzable sentido. Pero nin esta nin a enerxía se crean nin se destrúen, por iso as que abriu Peter Brook continúan. - [Un novo encontro coa Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público de Almada](https://erreguete.gal/2022/07/03/un-novo-encontro-coa-mostra-internacional-de-artes-para-o-pequeno-publico-de-almada/): A programación incluíu unha grande diversidade artística posta en escena por compañías portuguesas de Almada, Avanca, Lisboa, Loulé, Póvoa do Varzim e Ovar, e tamén doutros países como Bélxica, España, Canadá, Italia, e como non, unha vez máis, os galegos de Tanxarina. - [O CDG inicia en Noruega o proxecto europeo 'Phone’](https://erreguete.gal/2022/06/30/o-cdg-inicia-en-europa-o-proxecto-europeo-phone/): Nel, estruturas teatrais de sete países desenvolven varias iniciativas conxuntas para a posta en valor de linguas minoritarias a través das artes escénicas. O primeiro dos encontros presenciais terá lugar esta fin de semana na cidade de Tromso (Noruega), país que forma parte deste proxecto xunto con Holanda, Francia, Romanía, Italia, Irlanda e Alemaña, ademais de España. - [Paula Carballeira e Quico Cadaval abren o X Festival Atlántica](https://erreguete.gal/2022/06/29/paula-carballeira-e-quico-cadaval-abren-o-x-festival-atlantica/): Ocuparán o escenario que se vai instalar no Parque de Bonaval para celebrar co público os ‘10 anos do mar de contos’. Será a partir das 21:30 horas e con entrada gratuíta. - [Vitola, a única](https://erreguete.gal/2022/06/29/vitola-a-unica-maria-casares/): "Unha muller que foi moito máis que filla e amante, moito máis que eterna descoñecida. María foi por ela mesma. Actriz, tempestade, océano, historia, pasión, aplauso, intensidade, emoción, escenario, loita, musa, vida." - [Programación escénica do Orgullo 2022 en Galiza. Por un Orgullo libre de violencias](https://erreguete.gal/2022/06/28/programacion-escenica-do-orgullo-2022-en-galiza-por-un-orgullo-libre-de-violencias/): Co gallo do Día do Orgullo LGTBIQ+, conmemorado internacionalmente o 28 de xuño, dende a erregueté ǀ Revista Galega de Teatro queremos sumarnos a estas reivindicacións e así compartimos con vós a axenda de actividades escénicas ao redor deste evento en Galiza. - [Sobre a importancia de manter o entusiasmo](https://erreguete.gal/2022/06/26/sobre-a-importancia-de-manter-o-entusiasmo/): A liberdade é tamén non esconder as paixóns. Procuro ser apaixonado cada vez con máis cousas. A vida está chea de asuntos fascinantes. Si, aquí falo principalmente de teatro porque, en fin, é a revista galega de teatro. E aos do teatro encántanos falar de movidas de teatro. Somos capaces de estar horas rodeando o mesmo asunto. Tampouco creo que se poida pertencer a un oficio así sen paixón, porque nos momentos de crise, que non son poucos, é o único sostén que temos. - ['Amantis', de Rebordelos, preséntase en Cangas](https://erreguete.gal/2022/06/25/amantis-de-rebordelos-presentase-en-cangas/): 'Amantis' indaga en como as redes sociais, o selfie, e o sexting inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é. - [A MITCFC inaugura a súa 39ª edición cunha homenaxe especial a Lino Braxe](https://erreguete.gal/2022/06/24/a-mitcfc-inaugura-a-sua-39a-edicion-cunha-homenaxe-especial-a-lino-braxe/): Os actos inclúen a inauguración da exposición da súa obra plástica e poemas visuais, a presentación do seu libro póstumo 'Poemas Guardados', ás 19.30 horas,  o espectáculo poético-musical 'Poeta nas ondas', ás 20.00 horas, e ás 22.30 horas a súa peza 'Eurovisión. O fake show'. - [A Agadic acorda co sector as medidas que desenvolverá o plan integral para a danza de Galicia](https://erreguete.gal/2022/06/23/a-agadic-acorda-co-sector-as-medidas-que-desenvolvera-o-plan-integral-para-a-danza-de-galicia/): Coincidiron en sinalar entre os obxectivos que debe desenvolver o Plan Integral para a Danza o impulso da exhibición desta disciplina nos escenarios galegos e o desenvolvemento de programas de residencias artísticas, nas súas diversas tipoloxías, así como a revisión das bases das convocatorias de subvencións e de coproducións ou a ampliación dos obxectivos do Centro Coreográfico Galego cara a intensificar as colaboracións nacionais e internacionais. - [Danza cítrica](https://erreguete.gal/2022/06/23/danza-citrica/): Ese amarelo do vestiario, composto por traxes de baño, camisas floridas, bermudas, etc. vai alén da cor cara a unha danza cítrica, na que os matices críticos son como un resaibo no fondo do padal, sen impoñerse nunca ao goce exultante do baile. Unha danza cítrica fresca e vitamínica, que se bota en falta nos escenarios galegos. - [ButacaZero, Kirenia e Olivas Negras nos Cruzamentos de creación do Camiño Escena Norte 2022](https://erreguete.gal/2022/06/21/butacazero-kirenia-olivas-negras-cruzamentos-camino-escena-norte-2022/): Os Cruzamentos de Camiño Escena Norte desenvolverase entre o 11 de agosto e o 10 de setembro en Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias. - [Fran Sieira, Marta Alonso Tejada e Antón Coucheiro: a proposta galega do Camiño Escena Norte 2022](https://erreguete.gal/2022/06/20/fran-sieira-marta-alonso-tejada-anton-coucheiro-camino-escena-norte-2022/): O programa do Camiño Escena Norte celebrarase do 10 de setembro ao 9 de outubro en máis de 40 localidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. - [Por fin unha feira normal](https://erreguete.gal/2022/06/20/por-fin-unha-feira-normal/): Pode que estes dous anos de recesión influísen na creación dos e das artistas que traballan as innumerables formas animadas. Pode que consciente ou inconscientemente, estes dous anos de peche e corentenas, dirixisen a mirada dos e das artistas cara ao exterior, cara á natureza e aos moradores dos distintos hábitats que a compoñen. - [Gurús nas aulas](https://erreguete.gal/2022/06/18/gurus-nas-aulas/): O perfil de profesor “gurú”, na miña opinión, é perigoso e pode prestarse ao abuso. Penso que o coñecemento baséase no respecto, a confianza, o esforzo, a constancia, o traballo, o gusto, a escoita e, sobre todo, na estimulación dunha conciencia crítica. Todas as persoas ignoramos máis do que sabemos e, por tanto, non vexo ningún motivo para alimentar endeusamentos. - [A Academia Galega de Teatro presenta as actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego](https://erreguete.gal/2022/06/17/a-academia-galega-de-teatro-presenta-as-actas-do-i-congreso-internacional-do-teatro-galego/): A asociación tamén entregou o Premio da A.G.T. 2022 a Luciano Fernández Vicente, director técnico do Pazo da Cultura de Narón. - [Os iluminadores galegos súmanse á Asociación de Autores de Iluminación (AAI)](https://erreguete.gal/2022/06/17/presentacion-aai-asociacion-autores-iluminacion-galicia/): A Asociación de Autores de Iluminación representa a máis de 298 profesionais do sector do deseño de iluminación e a videoescena de todo o país. - [BE A CRASH DUMMY!](https://erreguete.gal/2022/06/16/be-a-crash-dummy-menu-do-dia-chamizobellovila/): "Servir un corpo queer en escena, sen máis artificio, xa que estar presentes é ser existentes. Un corpo que se converte nun crash-dummy, un boneco de proba-erro para medir a dureza das carrocerías dos coches pero a través de experiencias vitais, da violencia que predomina na nosa sociedade e das políticas ditadas polos partidos de ultradereita." - [Nohorizontes](https://erreguete.gal/2022/06/16/nohorizontes/): "Pero a realidade da peza, a verdade da peza, sobre todo, é ver a un Julio feliz, gozando do que fai, actuando e facendo sorrir o seu neno interior (e o noso), que xoga coa pelota do mundo no que lle tocou vivir, coidar e respectar, como el sente que ten que facelo: sobre as táboas horizontais dos escenarios, para que o eco da súa voz chegue moi lonxe, ata o cumio das montañas de cadeiras". - [Nigrán acolle unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador PLATTA](https://erreguete.gal/2022/06/16/nigran-acolle-unha-nova-edicion-do-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador-platta/): Outra das actividades que se van desenvolver neste festival son as lecturas dramatizadas dun texto publicado pola erregueté. Nesta ocasión terase a oportunidade de escoitar en castelán, portugués e galego, Os doces anos da guerra (RGT nº 29), da autora galega falecida en 2004, Luísa Villalta, muller á que A Sega dedica este ano o Día das Galegas nas Letras. - [O Festival Atlántica desvela o programa da súa décima edición](https://erreguete.gal/2022/06/15/o-festival-atlantica-desvela-o-programa-da-sua-decima-edicion/): Máis de corenta artistas actuarán nas 94 funcións de narración oral previstas para que se desenvolvan entre o 30 de xuño e o 9 de xullo ao longo de 24 concellos repartidos polas catro provincias galegas. - [As marxes sociais centran a programación da MIT de Ribadavia 2022](https://erreguete.gal/2022/06/15/programacion-mit-ribadavia-2022-marxes-sociais/): Do 15 ao 24 de xullo, a MIT de Ribadavia porá no centro a escena máis innovadora, con estreas de espectáculos multidisplinares e de gran formato que deixan atrás a pandemia da COVID. - [Festival Transfronteirizo de Teatro Afeccionado PLATTA La Bañeza 2022](https://erreguete.gal/2022/06/13/festival-transfronteirizo-platta-la-baneza-2022/): o festival celebrouse entre os días 13 e 15 de maio de 2022 nun marco agrícola como é o da localidade leonesa de La Bañeza. - [Sobre a importancia dun oficio sen violencias](https://erreguete.gal/2022/06/12/sobre-a-importancia-dun-oficio-sen-violencias/): Deberiamos estar falando de teatro. Deberíamos estar falando de como facer que unha escena funcione, de como equilibrar o espazo ou de como iluminar tal secuencia. Deberíamos estar falando diso. Eu debería estar escribindo sobre algunha cousa teatral, pero ás veces non se pode. E non pasa nada. Se hai que falar disto, pois falamos disto o tempo que sexa necesario. - [O CGAC acolle unha mostra dedicada ás artes vivas](https://erreguete.gal/2022/06/12/o-cgac-acolle-unha-mostra-dedicada-as-artes-vivas/): A partir das propostas de Rosana Antolí, Marta Pazos e Berio Molina, os espazos do CGAC convértense nos próximos meses nun lugar de produción e experimentación. - [Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” galardoado co Premio de Honra da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/06/10/tatan-premio-honra-mit-ribadavia-2022-tanxarina/): O Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño da MIT de Ribadavia de 2022 recoñece a figura solidaria, amable, inqueda e sensible do actor Eduardo Cunha "Tatán. - [María Roja e Vanesa Varela estrean a performance 'Leçons du Vendredi'](https://erreguete.gal/2022/06/09/maria-roja-e-vanesa-varela-estrean-a-performance-lecons-du-vendredi/): O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña NORMAL acolle hoxe a conferencia 'De cuerpos ausentes', da profesora, escritora e investigadora Maite Garbayo Maeztu, e mañá, venres, a estrea de 'Leçons du Vendredi', unha performance de María Roja e Vanesa Varela. As actividades están organizadas por De corpos presentes. - [Elvi Balboa seleccionada na rede estatal ACIELOABIERTO](https://erreguete.gal/2022/06/03/elvi-balboa-seleccionada-na-rede-estatal-acieloabierto/): Elvi Balboa, coreógrafa galega nacida en Sanxenxo, foi seleccionada para formar parte da rede estatal ACIELOABIERTO, coa súa peza AM I WHAT? - [O IES Chapela, a Asociación Xaruma e a ESAD de Galicia estrean 'Pon o teu propio título'](https://erreguete.gal/2022/06/03/o-ies-chapela-a-asociacion-xaruma-e-a-esad-de-galicia-estrean-pon-o-teu-propio-titulo/): As tres entidades estiveron a colaborar ao longo do curso académico 2021-2022 na realización dun proxecto de teatro comunitario, empregando o teatro como ferramenta de aprendizaxe, expresión, inclusión e transformación social. - [XXVI Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2022/06/03/xxvi-premios-de-teatro-maria-casares/): Os XXVI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores. ‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatre Romea, faise con tres premios (espectáculo, dirección para Cándido Pazó e escenografía para Dani Trillo), mentres que ‘Hugo’, de Os Náufragos Teatro, acada o premio na categoría de espectáculo infantil. ‘Terceiro acto’, do CDG, leva dous galardóns (actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduardo R. Cunha ‘Tatán’), igual que ‘Othello’, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau) e 'Comando Comadres', de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe). - [O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala dos XXVI Premios María Casares](https://erreguete.gal/2022/06/02/o-teatro-rosalia-castro-da-coruna-acolle-a-gala-dos-xxvi-premios-maria-casares/): O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos XXVI Premios de Teatro María Casares Un total de 14 espectáculos compiten este xoves a partir das 20.45 h. polos galardóns durante a gala que, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, se pode seguir pola canle de youtube da AAAG: https://www.youtube.com/c/PremiosdeTeatroMaríaCasares Marián Bañobre, Nerea Brey, Marta Pérez, Rosa Puga Davila, Mónica de Nut e Sheyla Fariña conforman o elenco. O Proxecto X (Virxilio da Silva, Paco Charlín, Diogo Silva e a propia De Nut) poranlle música á cerimonia de entrega. - [Os Microefectos Dramatúrxicos volven a Lugo](https://erreguete.gal/2022/06/02/os-microefectos-dramaturxicos-volven-ao-clavicembalo-de-lugo/): Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Club Clavicémbalo de Lugo. Os pases terán lugar este xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xuño nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas. - [Óscar Cobos estrea 'Bailador' con música de Berrogüeto](https://erreguete.gal/2022/06/02/oscar-cobos-estrea-bailador-con-musica-de-berrogueto-en-lugo/): 'Bailador' é un espectáculo de danza galega contemporánea baseado nas músicas de Berrogüetto. Trátase dunha obra coreográfica que rende homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada. A danza de raíz galega mestúrase con outras linguaxes do movemento, para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de entender o son da nosa terra. - [O programa de intercambios escénicos Cruzamentos acepta solicitudes de artistas e compañías](https://erreguete.gal/2022/06/01/o-programa-de-intercambios-escenicos-cruzamentos-acepta-solicitudes-de-companias-galegas/): É unha iniciativa incluída dentro da programación expandida Camiño Expandido, de Camiño Escena Norte, consistente nunha rede de estancias de intercambio escénico, artístico e profesional entre Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi, que este ano acada a súa 2ª edición dentro do proxecto. - [O FIOT de Carballo abre a convocatoria para a sexta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado](https://erreguete.gal/2022/05/31/o-fiot-abre-a-convocatoria-para-a-sexta-edicion-do-certame-de-microescenas-metro-cadrado/): As propostas poderán ser tanto pezas orixinais como pezas xa estreadas, aínda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes escénicas) terá en conta a nova creación e, especialmente, a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia. - [As conmemoracións mandan](https://erreguete.gal/2022/05/29/as-conmemoracions-mandan/): "Entre as colegas das artes escénicas, tan dependentes, por lóxica, do diñeiro público, as efemérides convértense nunha especie de condición ou garantía de traballo" - [A Barraca de Barriga Verde volve ás Festas da Ascensión de Santiago](https://erreguete.gal/2022/05/26/a-barraca-de-barriga-verde-volve-as-festas-da-ascension-de-santiago/): Deste xeito, o público compostelán poderá ver por vez primeira as únicas cinco montaxes de títeres actualmente existentes que teñen a Barriga Verde como protagonista. - [Ana Abad de Larriva obtén a bolsa de dramaturxia da Agadic co proxecto 'Bailar no ceo'](https://erreguete.gal/2022/05/25/ana-abad-de-larriva-obten-a-bolsa-de-dramaturxia-da-agadic-co-proxecto-bailar-no-ceo/): A comisión de valoración destacou "o uso de diversas linguaxes á hora de artellar a proposta, así como unha temática atractiva e innovadora que permite a recuperación de figuras históricas en relación co noso tempo presente e potencia as figuras de mulleres pioneiras en distintos campos". - [Anómico Teatro estrea 'Nohorizontes' en Vigo](https://erreguete.gal/2022/05/25/anomico-teatro-estrea-nohorizontes-en-vigo/): Julio Fernández Peláez asume o texto, a dirección artística e interpretación deste traballo, que foi escrito a finais de 2021 e principios de 2022, e que recolle tamén a implosión provocada pola guerra de Ucraína na propia capacidade de reacción fronte á crise climática. - [A AAAG concede o Premio de Honra Marisa Soto a Lino Braxe](https://erreguete.gal/2022/05/25/a-aaag-concede-o-premio-de-honra-marisa-soto-a-lino-braxe/): A AAAG concede por segunda vez o Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo, algo que só aconteceu previamente en 2014 cando o homenaxeado foi Xosé Manuel Olveira, Pico. - [Xián Martínez estrea 'Yellow Lemon' en Montreal](https://erreguete.gal/2022/05/24/xian-martinez-estrea-yellow-lemon-en-montreal/): Será representada no teatro Tangente Danse de Montreal os días 25, 26, 27 e 28 de Maio e estará dispoñible en streaming o sábado 28 ás sete da tarde de Montreal (unha da madrugada en Galicia) e logo poderá verse en diferido do luns 30 ao sábado 4 de xuño. - [En tránsito](https://erreguete.gal/2022/05/24/en-transito/): ""En tránsito" fala da loita universal pola liberdade de elección. E a liberdade, como sabemos, non é facer o que cada quen queira, senón a capacidade intrínseca de decidir que facer co que temos nas mans, algo que ninguén nos pode quitar. Salienta ademais o machismo no que vivimos, facendo evidente que a loita das mulleres trans é tan feminista como a de todas as demais mulleres." - [Sobre o teatro nos institutos e a necesidade das artes escénicas](https://erreguete.gal/2022/05/22/sobre-o-teatro-nos-institutos-e-a-necesidade-das-artes-escenicas/): Non ten sentido un mundo construído de costas aos escenarios. Teño por seguro que o teatro é tan importante como calquera outra materia. As humanidades son imprescindibles. Se non sabemos ser humanos, que sabemos? - [A Mostra de Cangas dá a coñecer o programa da súa 39ª edición](https://erreguete.gal/2022/05/20/a-mitcfc-da-a-conecer-o-programa-da-sua-39a-edicion/): Durante 16 días, do 24 de xuño ao 9 de xullo, a vila de Cangas acollerá teatro, danza, coloquios, presentacións, performance e exposicións - [As novas producións do CDG falarán de fútbol, Shakespeare e Xohana Torres](https://erreguete.gal/2022/05/19/as-novas-producions-do-cdg-falaran-de-futbol-shakespeare-e-xohana-torres/): A cara oculta do deporte de elite centrará a primeira das estreas, con dirección de Tito Asorey a partir de textos de José L. Prieto e Nacho Carretero. - [Matarile paraliza a estrea de 'INLOCA' en Galicia por enfermidade dunha das actrices](https://erreguete.gal/2022/05/19/matarile-paraliza-a-estrea-de-inloca-en-galicia-por-enfermidade/): Así o comunicou en redes sociais a compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño a escasas horas da estrea no Auditorio de Galicia en Santiago. - [Colectivo Glovo, galardoado no festival italiano CORPO MOBILE](https://erreguete.gal/2022/05/16/o-colectivo-glovo-galardoado-no-festival-italiano-corpo-mobile/): A coreografía premiada foi 'MARRAFA', un extracto da peza 'EM·NA', estreada no 2021 e na que o xurado destacou o ambiente espiritual e a linguaxe coreográfica empregada. - [Da danza ás ‘Constantes do porvir’](https://erreguete.gal/2022/05/15/da-danza-as-constantes-do-porvir/): "É importante que se escriba sobre danza, sobre teatro, sobre circo, sobre calquera modalidade escénica ou sobre calquera experiencia artística que as hibride". - [Melania Cruz e Tito Asorey estrean 'Continente María' sobre a vida de María Casares](https://erreguete.gal/2022/05/15/melania-cruz-e-tito-asorey-estrean-continente-maria-sobre-a-vida-de-maria-casares/): O espectáculo procura achegar ao público galego a figura da icónica actriz galega que acadou a fama internacional nos escenarios e cinema franceses. - ['Credo', unha viaxe polo Camiño de Santiago da man de Nova Galega de Danza](https://erreguete.gal/2022/05/14/nova-galega-de-danza-credo/): A agrupación, creada en 2003, naceu coa vocación de innovar ao tempo que fusiona en vivo a danza e música de raíces galegas. - [A MIT de Ribadavia desvela as datas, o lema e a imaxe da súa 38ª edición](https://erreguete.gal/2022/05/13/a-mit-de-ribadavia-desvela-as-datas-o-lema-e-a-imaxe-da-sua-38-edicion/): a liña de coherencia xirará arredor dos "territorios nas marxes, eses espazos artísticos, sociais, xeográficos e políticos que nos estimulan, que nos cuestionan, que nos convidan a ver a complexidade da realidade sen caer en discursos simplistas. Aquí queremos asentar a liña conceptual desta MIT 2022. O marxinal, o marxinalizado, a marxinación, a marxinalidade…". - [O Auditorio Municipal de Cangas levará o nome de Xosé Manuel Pazos Varela](https://erreguete.gal/2022/05/13/o-auditorio-municipal-de-cangas-levara-dende-hoxe-o-nome-de-xose-manuel-pazos-varela/): Esta distinción une o nome do exalcalde ao do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela. - [Antón Coucheiro estrea 'Home, comedia deconstruída' en Vigo](https://erreguete.gal/2022/05/12/anton-coucheiro-estrea-home-comedia-deconstruida-en-vigo/): A peza poderá verse dentro da segunda edición do festival Artiklown. - ['Emigrados', da Aula de Teatro do Campus de Vigo](https://erreguete.gal/2022/05/12/emigrados-da-aula-de-teatro-do-campus-de-vigo/): O 28 de abril tiven o pracer de asistir á representación de Emigrados, a cargo da Aula de Teatro do Campus de Vigo e dentro da Mostra Internacional de Teatro Universitario, organizada por Teatro de Ningures. Esta produción está feita a partir de textos perfectamente fiados e que crean unha atmosfera da que o público é participe. O elenco logra manter esa aura dramática con algúns tintes de comedia durante toda a obra e isto pon en valor o necesario e fermoso que é o teatro universitario. - [Dúas montaxes galegas optan a mellor espectáculo internacional da crítica de Uruguai](https://erreguete.gal/2022/11/25/premios-florencio-2022-uruguay-karelu-o-charco-de-ulises/): A gala dos Premios Florencio se celebrará o 5 de decembro en Montevideo, onde as montaxes galegas competirán con outras dúas propostas que optan ao premio. - [Galicia e Portugal mostran os espectáculos que virán no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir](https://erreguete.gal/2022/11/25/programacion-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-2022-aelg/): O Festival de Pezas, tenta servir como viveiro e estímulo para as creadoras e creadores que están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os palcos. - [Guerrilla 2022, o festival da loita social celebra unha nova edición en Pontevedra](https://erreguete.gal/2022/11/23/programacion-festival-guerrilla-2022-pontevedra/): Nesta segunda edición do Festival Guerrilla de Pontevedra pasarán espectáculos como 'Encerrona' de Pepe Viyuela, 'Grándola de mi querer' de Luís Pastor, ou a obra teatral 'As Alumnas', con Anabell Gago e Mónica Caamaño e baixo un texto de Paula Carballeira. - [Mortais e vulnerables](https://erreguete.gal/2022/11/23/mortais-e-vulnerables/): "A danza de Mortais e vulnerables de Furia Soltelo apela o recoñecemento de que os nosos corpos se entenden, incluso a pesar de nós mesmos e das nosas convencións" - [Excéntricas gaña o Certame Manuel María e porá en escena 'Auto do Castromil' en 40 concellos galegos](https://erreguete.gal/2022/11/22/excentricas-gana-certame-manuel-maria-auto-do-castromil/): A obra contará con un mínimo de 40 representacións nas cidades e vilas galegas grazas á colaboración de concellos e Deputacións. Ademais, a Fundación Manuel María achegará 4000 euros e o Centro Dramático Galego coproducirá a obra gañadora. - [A lucense Ítaca Teatro estrea a versión en castelán de 'Cinco minutos sen respirar'](https://erreguete.gal/2022/11/21/a-lucense-itaca-teatro-estrea-a-version-en-castelan-de-cinco-minutos-sen-respirar/): A compañía profesional Ítaca Teatro creouse en Lugo en 2018, produto do reencontro de Carlos Rebolo e Elea López. - [Teatro Escoitade: 50 anos por un teatro cívico](https://erreguete.gal/2022/11/21/teatro-escoitade-50-anos-por-un-teatro-civico/): Teatro Escoitade, de Valladares, está a celebrar nestas datas diferentes actos para conmemorar o seu 50 aniversario. Co gallo desta conmemoración falamos por videoconferencia con Manuel Dasilva e Raúl Alonso, dous dos antigos membros do grupo que ocupan no presente distintas funcións. Tamén contamos coa participación de Doro Piñeiro, fundador do grupo. - [Chévere gaña o Premio da Crítica coa obra NEVERMORE sobre a catástrofe do Prestige](https://erreguete.gal/2022/11/21/chevere-gana-o-premio-da-critica-coa-obra-nevermore-sobre-a-catastrofe-do-prestige/): A compañía Chévere reforza en N.E.V.E.R.M.O.R.E a súa liña pioneira de teatro documento, do teatro sociopolítico con grande impacto social, causando sempre a plena comuñón co público. - [Entre as luces de Vigo, a de N.E.V.E.R.M.O.R.E.](https://erreguete.gal/2022/11/20/entre-as-luces-de-vigo-a-de-n-e-v-e-r-m-o-r-e/): Sería fermoso que o espectáculo das luces tamén alimentase a nosa sensibilidade e que as endorfinas xeradas, en vez de anestesiar o noso espírito crítico o animasen, facéndonos crecer. Algo semellante ao que fai N.E.V.E.R.M.O.R.E., nesa demostración de que a estética e a ética poden camiñar xuntas para facernos felices desde o coñecemento. - [El viento es salvaje](https://erreguete.gal/2022/11/19/el-viento-es-salvaje-fedra-y-medea-en-cadiz/): "Partindo dunha dramaturxia propia e escrita en verso de xeito que por veces nos lembra ás rimas dunha chirigota, chegamos a unha historia enfocada na gargallada doada a través da graza, da broma escatolóxica e da ridiculización dx desfavorecidx." - [Petróleo](https://erreguete.gal/2022/11/18/petroleo-piel-de-lava/): Petróleo de Piel de Lava supón un sopro de aire fresco tan potente que deixou ao público do Festival de Otoño de Madrid aplaudindo durante varios minutos. - [Preséntase o libro 'Chévere: trinta e cinco anos de axitación cultural'](https://erreguete.gal/2022/11/18/presentase-o-libro-chevere-trinta-e-cinco-anos-de-axitacion-cultural/): O volume reúne a historia vivencial e gráfica da compañía e do seu proxecto máis senlleiro de animación e residencia teatral, a Sala Nasa. - [Laboratorio Escénico Coop. celebra unha 'Tarde de Danza' na Coruña](https://erreguete.gal/2022/11/18/laboratorio-escenico-coop-celebra-unha-tarde-de-danza-na-coruna/): Esta é a primeira edición de 'Tarde de Danza': un programa triplo de tres pezas curtas, que poñen o peche a unha xornada con dous obradoiros intensivos de movemento. - ['1888. Señorita Julia', de Estudo Momento, continúa a súa xira galega](https://erreguete.gal/2022/11/15/1888-senorita-julia-de-estudo-momento-continua-a-sua-xira-galega/): Volve tamén ás táboas do Teatro Lara de Madrid o vindeiro 20 de novembro, con tres meses de representacións durante novembro, decembro e xaneiro, que se suman aos máis de sete meses que xa estivo na carteleira. - [Se fose un lugar, sería un furancho](https://erreguete.gal/2022/11/13/se-fose-un-lugar-seria-un-furancho/): "Pois non está ben apropiarse de ideas alleas en ningunha profesión, mais nunha artística elévase a broma a un delito. Exemplos disto hai moitos descoñecidos e menos coñecidos". - [Continente María](https://erreguete.gal/2022/11/12/continente-maria/): Dentro das celebracións en torno ao centenario de María Casares, a estrea dunha peza como "Continente María" convértese nun acto imprescindíbel. O espectáculo é unha declaración de amor ao teatro, coa figura de María Casares como eixo e nexo conector, catalizado a través do corpo, alma e talento da actriz Melania Cruz. - [‘Eclipse total’, de Pont Flotant, obtén o Premio do Público do FIOT](https://erreguete.gal/2022/11/07/eclipse-total-de-pont-flotant-obten-o-premio-do-publico-do-fiot/): O FIOT31, que se volveu confirmar como cita de referencia das artes escénicas en Galicia, ofreceu total de 39 espectáculos que se representaron en 60 funcións enmarcadas en diferentes ciclos - [Sobre pertencer adecuadamente](https://erreguete.gal/2022/11/06/sobre-pertencer-adecuadamente/): "Dende hai un tempo veño reafirmando a necesidade de apostar sempre pola calidade humana fronte a calidade artística. Quedeime no teatro pola xente e non foron poucas as ocasións en que pensei en deixalo precisamente polo mesmo" - [Os grupos Palimoco e Vórtice Escénico gañan o primeiro premio do Xuventude Crea 2022](https://erreguete.gal/2022/11/05/os-grupos-palimoco-e-vortice-escenico-ganan-o-primeiro-premio-do-xuventude-crea-2022/): As propostas 'E se todo se reducise ao amor', da Asociación Palimoco Teatro, e 'Asfixia', de Vórtice Escénico, foron galardoadas co primeiro premio. - [Colectivo Glovo multipremiado no Festival DZM por 'Alleo'](https://erreguete.gal/2022/11/04/o-colectivo-glovo-recibe-varios-premios-no-festival-dzm-por-alleo/): O espectáculo, coreografado e interpretado por Esther Latorre e Hugo Pereira, baséase na idea da atalaia e na posición privilexiada destas torres e de quen desempeñaba o papel da vixilancia. - [O colectivo #ChamizoBelloVila gaña o 67º Ourense Fervescénica con 'Menú-do día'](https://erreguete.gal/2022/11/03/o-colectivo-chamizobellovila-gana-o-67o-ourense-fervescenica-con-menu-do-dia/): Os demais proxectos seleccionados no certame, que obtiveron unha bolsa de creación de 250 € e que tamén foron amosados no Teatro Principal de Ourense o 18 de outubro, foron 'Primavera', de Ana Abad de Larriva; 'Subterránea', de Mónica Sueiro; 'Tempo', de Amanda Von Blank e 'Su-Misión', de  Ainhoa Linaza. - [8º Festival Dos Modos Nascem Coisas](https://erreguete.gal/2022/10/31/8o-festival-dos-modos-nascem-coisas/): As manifestacións artísticas que este ano nos ofreceu Dos Modos Nascen Coisas, en Albergaria-a-Velha, achégannos á cultura portuguesa, a afondar no seu modo de facer, de relacionarse. - [O sometemento da arte](https://erreguete.gal/2022/10/30/o-sometemento-da-arte/): O politicamente correcto invade a arte, invade o teatro, invade a programación, invade as salas, as mentes, os escenarios, as creacións..., e cando o que reivindicamos se converte no correcto, no que hai que dicir, no que hai que exhibir, no que hai que amosar, deixa de ser arte para converterse noutra cousa, non sei en que. Parafraseando a Angélica, “todo está politizado ata a náusea, ou é inmensamente banal, ou inmensamente vulgar”. - [Experiencia vital de mestizaxe e fraternidade no 5º Festival Transfronteirizo de Teatro Amador](https://erreguete.gal/2022/10/30/experiencia-vital-de-mestizaxe-e-fraternidade-no-5o-festival-transfronteirizo-de-teatro-amador/): Viana do Castelo deu acubillo á última parada deste 5º Festival Transfronteirizo de Teatro Amador, que se desenvolveu entre os días 16 e 18 de setembro na Sala Experimental do Teatro Municipal Sá de Miranda. - [O FIOT 2022 bota o pano coas entradas esgotadas](https://erreguete.gal/2022/10/29/o-fiot-2022-bota-o-pano-coas-entradas-esgotadas/): O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, bota o pano esta fin de semana con todas as entradas esgotadas para o seu Programa de Sala, que ofrecerá tres espectáculos das grandes voces das escenas galega e estatal: Juan Mayorga, Blanca Portillo, Pablo Messiez e Xosé A. Touriñán. O sábado 29 acollerá representacións de catro montaxes, todas elas estreas galegas ou absolutas; ademais da derradeira sesión ao vivo da Escola do espectador nas ondas. O día comezará coas últimas funcións das pezas que participan no VI Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado: ’Viaxar é un pracer’, de Assircópatas (Dani Blanco e Antón Coucheiro), unha […] - [Do pequeno, do teatro que non se ve](https://erreguete.gal/2022/10/29/do-pequeno-do-teatro-que-non-se-ve/): Á marxe medran eventos de grande interese artístico e activista lgtbiq+ que son concibidos con escasos recursos económicos, moitas veces custeados polos propios petos dos seus organizadores ou apoiados e amparados pola colaboración desinteresada de artistas e público. - [A muller como ventre da nosa humanidade no É-Aqui-in-Ócio 2022](https://erreguete.gal/2022/10/29/a-muller-como-ventre-da-nosa-humanidade-no-e-aqui-in-ocio-2022/): A Associação Varazim Teatro, organizadora do festival, conmemorou o seu 25 aniversario nesta XIII edición do É-aqui-in-Ócio, celebrada entre o 23 de setembro e o 1 de outubro na localidade portuguesa de Póvoa de Varzim. Se na anterior edición, o núcleo temático foi o ser humano, nesta, baixo o lema de Uma mesma Origem Un só Ventre A Nossa Humanidade, Muller, a temática versa sobre a muller e a súa condición na sociedade, aínda que, a equidade, sempre está presente nesta programación. Outra das características que se manteñen e se acentúan no festival é a práctica inclusiva, ao dispoñer de espectáculos […] - [O Salón Teatro acolle a segunda edición das 'Quintas do Camões'](https://erreguete.gal/2022/10/25/o-salon-teatro-acolle-a-segunda-edicion-das-quintas-do-camoes/): O programa deste ano volve poñer o foco nas raíces comúns dos idiomas galego e portugués, ademais de incidir no papel do teatro como espazo para o encontro cultural. - [Teatro, danza e inclusión no Festigual da Coruña](https://erreguete.gal/2022/10/25/teatro-danza-e-inclusion-no-festigual-da-coruna/): O 2 de novembro, os escolares da Coruña poderán disfrutar tamén da obra teatral Hugo de Os Náufragos Teatro. - [Carlos Labraña gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil cun texto en galego sobre a memoria histórica](https://erreguete.gal/2022/10/24/carlos-labrana-gana-o-premio-sgae-de-teatro-infantil-cun-texto-en-galego-sobre-a-memoria-historica/): Labraña constrúe un relato que reivindica a memoria histórica e lévanos, segundo o xurado do premio, a “un belo e inesperado desenlace”. - [O tempo, Cunillé e o can](https://erreguete.gal/2022/10/23/o-tempo-cunille-e-o-can/): Traducín 'O tempo' hai máis dunha década e esta fin de semana de outubro de 2022, cando a Cunillé acada, por terceira vez, o Born con 'El gos', paréceme que foi onte. - [XLVII Premi Born de Teatre 2022 para 'O can' de Lluïsa Cunillé Salgado](https://erreguete.gal/2022/10/22/xlvii-premi-born-de-teatre-2022-para-o-can-de-lluisa-cunille-salgado/): Este sábado 22 de outubro, nunha gala celebrada no Teatre Des Born de Ciutadella, Menorca, desvelouse que a obra El gos de Lluïsa Cunillé Salgado, foi a gañadora do XLVII Premi Born de Teatre 2022, que organiza o Cercle Artístic de Ciutadella. - [Fran Martínez estrea 'Transfixión' no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2022/10/21/fran-martinez-estrea-transfixion-no-teatro-ensalle/): Transfixión é “unha peza sobre o facer. Un exercicio de misticismo de baixa intensidade. Un ir e vir: o adentro, todo escuridade, e o de fóra que, de tan visible, indescifrable”. - [A Panadaría regresa a Vigo con seis funcións de 'As que limpan' na Sala Ártika](https://erreguete.gal/2022/10/19/a-panadaria-regresa-a-vigo-con-seis-funcions-de-as-que-limpan-na-sala-artika/): A enorme acollida de As que limpan en Vigo, d' A Panadaría, reflictese na billeteira pois para esta fin de semana xa está colgado o cartaz de entradas esgotadas. - [Sabela Hermida publica 'María Casares fronte ao espello', unha retrospectiva da actriz no seu centenario](https://erreguete.gal/2022/10/17/sabela-hermida-publica-maria-casares-fronte-ao-espello-unha-retrospectiva-da-actriz-no-seu-centenario/): A obra de Sabela Hermida, na que se aborda dun xeito moi completo a figura dunha personalidade tan complexa como é María Casares, supón unha retrospectiva da biografía, da evolución artística, do legado filosófico e da concepción da arte dramática da actriz, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa da que se nutre no exilio. - [A escola Vagalume cumpre 35 anos iniciando no teatro aos vigueses](https://erreguete.gal/2022/10/17/35-anos-escola-vagalume-vigo/): Vagalume imparte clases de interpretación, voz, teatro musical e actor frente a cámara en todos os niveles adaptables ás necesidades do alumnado.  - [Cena Lusofona presenta en Galicia a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo](https://erreguete.gal/2022/10/17/cena-lusofona-presenta-en-galicia-a-antoloxia-do-teatro-galego-contemporaneo/): A obra agora publicada está dividida en dous volumes que poden ser adquiridos separadamente, e conta cun total de 1.900 páxinas. - [Non me contes a túa vida... ou si...](https://erreguete.gal/2022/10/16/non-me-contes-a-tua-vida-ou-si/): "As historias son coma as crianzas, para cada quen a súa filla é a máis guapa, o seu can o máis intelixente e simpático, o seu loro o que máis e mellor fala..." - [A sensibilidade de ser](https://erreguete.gal/2022/10/15/a-sensibilidade-de-ser/): "Non critiquen ás persoas sensibles. Estas almas poden vivir a vida e a cultura dunha maneira que outras moitas desexarían" - [O FIOT acolle a estrea en Galicia de pezas de Leo Bassi, Titzina e David Espinosa](https://erreguete.gal/2022/10/14/o-fiot-acolle-a-estrea-en-galicia-de-pezas-de-leo-bassi-titzina-e-david-espinosa/): O sábado poderanse ver ata catro funcións de dous espectáculos de breve duración: ‘Menú-do día’, do Colectivo #ChamizoBelloVila, e ‘Cinecleta, cinema doméstico a pedais’, de Sr. Lili. - [O Festival Galicreques acolle a estrea galega de 'Tolo' de Cinema Sticado](https://erreguete.gal/2022/10/14/o-festival-galicreques-acolle-a-estrea-galega-de-tolo/): 'Tolo' xunta teatro de actor e de monicreques para crear un mundo absurdo, en clave de humor, que aborda un tema cada vez máis vixente: as ansias de recoñecemento social e os seus efectos sobre a saúde mental. - [Redrum volve apostar pola obra de Juan Mayorga para a súa nova produción](https://erreguete.gal/2022/10/14/redrum-volve-apostar-pola-obra-de-juan-mayorga-para-a-sua-nova-producion/): O elenco de 'Hamelin' de Redrum está conformado por Machi Salgado, Belén Constenla, Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Rubén Porto e Fran Lareu. - [Xunta e UVigo lanzan unha app para crear información accesible dos eventos culturais](https://erreguete.gal/2022/10/14/xunta-e-uvigo-lanzan-unha-app-para-crear-informacion-accesible-dos-eventos-culturais/): O desenvolvemento desta iniciativa enmárcase na nova Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia . - [O FITO de Ourense arranca a súa 15ª edición](https://erreguete.gal/2022/10/13/o-fito-de-ourense-arranca-a-sua-15a-edicion/): O festival inclúe 10 espectáculos, 9 de sala  e un de rúa; así como a segunda edición do 67 Graos Ourense Fervescénica, que acollerá a estrea absoluta de varias pezas escénicas de pequeno formato. Tamén acolle a presentación de dúas publicacións. - [A arte do extraescolar](https://erreguete.gal/2022/10/11/a-arte-do-extraescolar/): "Unha persoa motivada e ilusionada cun proxecto sente que pode ofrecer algo ao mundo e ese algo contáxiase ao resto de deberes". - [GALERÍA | Entrega do Xograr de Outono a Evaristo Calvo no FIOT 2022](https://erreguete.gal/2022/10/10/galeria-entrega-do-xograr-de-outono-a-evaristo-calvo-no-fiot-2022/):   O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgou este 2022 o premio Xograr de Outono a Evaristo Calvo. O actor recibe este galardón do FIOT de Carballo que pretende salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas galegas co recoñecemento de figuras imprescindibles do sector de xeito anual.  O premio vén acompañado da estrea absoluta de ‘Pirolíticos’, co que FIOT celebra os 30 anos de Mofa e Befa coa exposición ‘Trinta anos de Mofa e Befa’, que percorre as tres décadas de traxectoria sobre os escenarios do dúo cómico conformado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. A mostra poderase visitar até o […] - [O Galicreques abre hoxe a programación escolar en Santiago](https://erreguete.gal/2022/10/10/o-galicreques-abre-hoxe-a-programacion-escolar-en-santiago/): O programa escolar do Galicreques conta cunha gran demanda por parte do centros de ensino e estenderase máis aló da marxe do festival, programando funcións entre o luns 17 e o mércores 19. - [Marketing, comunicación, mediación e política](https://erreguete.gal/2022/10/09/marketing-comunicacion-mediacion-e-politica/): Ao meu ver, non hai moita diferenza en como se orquestran as campañas de imaxe dos políticos, en perpetua campaña electoral, na busca de aumentar o número de votantes e, por tanto, de poder, respecto á doutros produtos industriais, cando dentro desta categoría, a dos produtos industriais, incluímos unha “produción teatral”, a oferta de graos e posgraos dunha universidade ou as virtudes dun cosmético. - [Comeza a 3ª edición da curadoría colectiva do TRC Danza no Teatro Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2022/10/07/comeza-a-3a-edicion-da-curadoria-colectiva-do-trc-danza-no-teatro-rosalia-de-castro-da-coruna/): O proceso de curadoría colectiva desenvolverase ao longo de tres sesións, que terán lugar os sábados 8, 15 e 22 de outubro (de 10 a 13 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro). - [GALERÍA | Homenaxe a Pedro Brandariz no FIOT 2022](https://erreguete.gal/2022/10/07/galeria-homenaxe-a-pedro-brandariz-no-fiot-2022/): Na gala, conducida por Isabel Risco e Fran Rei, moitos dos seus amigos da cultura fixeron tributo a figura de Pedro Brandariz. As fillas de Portaberta fixeron un espectáculo de danza, Antón Reixa un recital poético, a improvisación chegou con Izquierdo Sisters e con Marta Iglesias, Tito Rober e Víctor Grande, Caxoto lembrou unha anécdota con Pedro. Tamén proxectouse un breve documental sobre a webserie "Mataría", dirixida por Javi Sega. E houbo música con Pablo Díaz e Diana Sieira. - [A compañía de teatro físico Mevadeus estrea en Vigo 'Outrora Nós'](https://erreguete.gal/2022/10/06/a-compania-de-teatro-fisico-mevadeus-estrea-en-vigo-outrora-nos/): O traballo está dirixido por Alba Villar e a escenografía, a indumentaria e a iluminación foron desenvolvidas por María Torres e Carmen Casal, As dúas e punto. - [Teatro del Andamio celebra 20 anos cunha programación especial e un documental](https://erreguete.gal/2022/10/06/teatro-del-andamio-20-anos-aniversario/): Dentro da programación anual permanente de Teatro del Andamio, que se celebra todos os domingos, haberá unha serie de actividades complementarias que servirán para celebrar este vixésimo aniversario con todos os habitantes da Coruña. - [Focos, semiótica e outras formas de intromisión](https://erreguete.gal/2022/10/06/focos-semiotica-e-outras-formas-de-intromision/): "Estender a visión da xestión das políticas públicas coma unha produtora é froito do xiro que vai dando a consideración da cultura, máis como ben liberal, de ocio e consumo en base ás selváticas leis da oferta e da demanda, ca coma un dereito social" - [A programación do Galicreques 2022 aposta polos monicreques para adultos](https://erreguete.gal/2022/10/05/a-programacion-do-galicreques-2022-aposta-polos-monicreques-para-adultos/): O Festival Internacional Galicreques celebrará a súa 27ª edición entre o 8 e o 16 de outubro cun total 60 funcións. - [A AELG fai públicas as bases para participar no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir](https://erreguete.gal/2022/10/05/a-aelg-fai-publicas-as-bases-para-participar-no-v-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir/): A AELG fai públicas as bases para participar no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir. Nesta 5ª edición contémplase un premio consistente na estrea nun teatro da Coruña. A VII Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG ten como centro o V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal, que se vai celebrar no Centro Ágora da Coruña, o sábado 26 de novembro de 2022, co patrocinio do Concello e a Deputación da Coruña, CEDRO e a complicidade do Centro Camões de Vigo. - [Melania Cruz galardoada co Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2022/10/05/melania-cruz-galardoada-co-premio-da-cultura-galega-de-artes-escenicas/): Cos Premios da Cultura Galega, a Xunta distingue cada ano a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural galego. - [A MOTI de Ourense deixa en pausa a súa 19ª edición](https://erreguete.gal/2022/10/03/a-moti-de-ourense-deixa-en-pausa-a-sua-19a-edicion/): Porén, expresan que deixan a posibilidade aberta de volver: "Quedan moitos soños, moitas historias, moitas gañas de contar e de coñecer. Por iso, mantemos o espírito da MOTI vivo e, se hai algún cambio favorable, volveremos coa 19ª edición da Mostra de Teatro Infantil de Ourense, coa MOTI". - [Ferrol acolle a estrea de 'Inventio'](https://erreguete.gal/2022/09/30/ferrol-acolle-a-estrea-de-inventio/): 'Inventio' permanecerá en Ferrol ata o 2 de outubro, onde brindará un total de cinco funcións antes de comezar a xira polo resto de Galicia e localidades seleccionadas de España e Portugal. - [El Espejo Negro leva a Pontevedra o multipremiado espectáculo sobre os nenos trans 'Cris, pequeña valiente'](https://erreguete.gal/2022/09/30/el-espejo-negro-leva-a-pontevedra-o-multipremiado-espectaculo-sobre-os-nenos-trans-cris-pequena-valiente/): O domingo 2 de outubro comezan os Domingos do Principal co multipremiado espectáculo de monicreques sobre a tranxexualidade "Cris pequeña valiente" da compañía andaluza El Espejo Negro. - [Culturgal celebra o seu 15º aniversario nunha edición renovada](https://erreguete.gal/2022/09/29/culturgal-celebra-o-seu-15o-aniversario-nunha-edicion-renovada/): Culturgal celebrarase entre o 24 e 27 de novembro en Pontevedra co apoio da Xunta como institución patrocinadora principal. - [Ás oito da tarde, cando morren as nais](https://erreguete.gal/2022/09/29/as-oito-da-tarde-cando-morren-as-nais/): "Ás oito da tarde, cando morren as nais" ofrece unha visión aceda do diálogo público/artista… a peza amosa a dobre face de quen senta na butaca sen compaixón, desmontando a hipocrisía do sistema cultural e da figura dx “cultureta”. - [A narración oral e o público infantil protagonizan o comezo da programación do FIOT 2022](https://erreguete.gal/2022/09/26/a-narracion-oral-e-o-publico-infantil-protagonizan-o-comezo-da-programacion-do-fiot-2022/): A nova edición do FIOT Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo comeza o venres 30 cunha xornada marcada polas estreas absolutas de ‘Os contos de William Shakespeare’, e Pedras de Cartón, e ‘Patrón’, de Alberte Montes. - [Lugo acolle o Camiño Escena Norte coas obras 'Fake (trampantojo)' e 'Del otro lado'](https://erreguete.gal/2022/09/26/lugo-camino-escena-norte-fake-del-otro-lado/): A compañía vasca Erre Produkzioak e a cántabra Escena Miriñaque levarán os seus espectáculos ao escenario do Auditorio Gustavo Freire de Lugo dentro da programación do Camiño Escena Norte 2022. - [Diferenza e identidade](https://erreguete.gal/2022/09/24/diferenza-e-identidade/): "Creo que, a risco de parecer un neorromántico, para a Dramaturxia, como creación ou recreación de mundos, ou como enxeñaría de espectáculos teatrais (incluíndo todas as modalidades posibles), igual que para a arte en xeral, a atención aos detalles e ás diferenzas, nos seus aspectos máis sutís, é de radical importancia". - [O FIOT de Carballo lanza 'Onda FIOT'](https://erreguete.gal/2022/09/23/o-fiot-de-carballo-lanza-onda-fiot/): Así, o público poderá escoitar, por fin e desde calquera dispositivo, as últimas obras gañadoras do Certame do Teatro Lido; as ficcións sonoras do FIOT Fónico (‘A lúa, válvula de spray’ e ‘O espello que arde’) ou mesmo a Escola do Espectador. - [Póvoa de Varzim acolle a 13ª edición do festival É-Aqui-in-Ócio](https://erreguete.gal/2022/09/21/povoa-do-varzim-acolle-a-13a-edicion-do-festival-e-aqui-in-ocio/): Esta décimo terceira edición constrúese sobre o tema Uma mesma Origem Um só Ventre A nossa Humanidade, Mulher, con actividades que propoñen unha reflexión sobre a muller e a súa condición na sociedade. - [O CDG e Ainé Producións estrean 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'](https://erreguete.gal/2022/09/21/o-cdg-e-aine-producions-estrean-recortes-caneos-e-outras-formas-de-driblar/): A obra teatral sobre o mundo do fútbol, 'Recortes, caneos e outros formas de driblar', será o primeiro espectáculo que se estree durante a temporada 2022/2023 no CDG. - [Berrobambán comeza a segunda temporada de 'Facer memoria'](https://erreguete.gal/2022/09/19/berrobamban-comeza-a-segunda-temporada-de-facer-memoria/): Trátase dun proxecto escénico e vivencial no que se dilúen os límites entre escenario e patio de butacas, de xeito que se  brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas. - [No 17º aniversário do Centro Cultural Vila Flor](https://erreguete.gal/2022/09/18/no-17-aniversario-do-centro-cultural-vilaflor/): No dia 17 de setembro, para celebrar o 17º aniversário, o CCVF ofereceu-nos uma experiência hipnótica e transcendental: 'Larsen C', do coreógrafo grego Christos Papadopoulos. Foram sessenta minutos de uma eternidade propiciada pelos ciclos de repetições de movimentos de sete bailarinas e bailarinos excecionais. O ondular aquoso dos sete corpos, e a sensação de fluência e facilidade, fez-nos flutuar num mar de imagens oníricas de beleza cativante. - [O Teatro Municipal Sá de Miranda acolle unha nova edición do festival da PLATTA](https://erreguete.gal/2022/09/16/o-teatro-municipal-sa-de-miranda-acolle-unha-nova-edicion-do-festival-da-platta/): O domingo, día 18, ás 12.00 horas, desenvolveranse as lecturas dramatizadas do texto O Pequeno Ogro, de Suzanne Lebeau, en galego, en portugués e en castelán. - [A 31ª edición do FIOT aposta pola singularidade e a identidade](https://erreguete.gal/2022/09/15/a-31a-edicion-do-fiot-aposta-pola-singularidade-e-a-identidade/): Haberá propostas para todos os públicos a través das diferentes liñas de programación que conforman o festival: Programa de Sala, OTNI, FIOT en Ruta, Teatro de Rúa, Rúa dos Contos, Metro Cadrado, FIOTeen e Fiotiño. - ['O Péndulo', de Inversa Teatro, gaña o Premio Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo no FETEGA](https://erreguete.gal/2022/09/14/o-pendulo-de-inversa-teatro-gana-o-premio-dorotea-barcena-ao-mellor-espectaculo-no-fetega/): Nesta peza, Marta Pérez, codramaturga, xunto con Ernesto Is, e actriz, traslada á escena a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da Cañiza que foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. - [A nova programación da Sala Ártika inclúe 51 funcións para todos os públicos](https://erreguete.gal/2022/09/13/a-nova-programacion-da-sala-artika-inclue-51-funcions-para-todos-os-publicos/): Coa III edición do Festival Comediártiko dará comezo a nova tempada teatral na Sala Ártika de Vigo. - [Javier Martín abre a temporada de outono do TRC Danza](https://erreguete.gal/2022/09/13/javier-martin-abre-a-temporada-de-outono-do-trc-danza/): En 'Figuras do limiar', Javier Martín inspírase no arquetipo do "gardián do limiar". Un limiar referido ao tránsito, concepto característico de ritos e cerimonias de paso, presentes en multitude de culturas dende tempos ancestrais. - [Eduardo Rodríguez "Tatán" recibe o Premio Dorotea Bárcena do FETEGA pola súa ampla traxectoria](https://erreguete.gal/2022/09/08/premio-honra-dorotea-barcena-fetega-eduardo-rodriguez-cunha-tatan/): O FETEGA, Festival do Teatro Galego do Carballiño outorga o Premio de Honra Dorotea Bárcena 2022 a Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán".  - [José Luis Baños de Cos gaña por segunda vez o Premio Vidal Bolaño con 'Lume'](https://erreguete.gal/2022/09/08/lume-jose-luis-banos-de-cos-gana-premio-vidal-bolano/): A obra gañadora do V Premio Vidal Bolaño de Teatro 2022 é 'Lume', de José Luis Baños de Cos segundo anunciou a editorial Galaxia. - [ButacaZero estrea a ópera 'Papagena' nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra](https://erreguete.gal/2022/09/07/estrea-opera-papagena-butacazero-pontevedra-iago-hermo/): Iago Hermo asina a música orixinal e o libreto de 'Papagena', ópera de creación contemporánea e pequeno formato dirixida por ButacaZero e que este outono xirará por unha ducia de localidades galegas - [Vigocultura abre a programación de outono con 19 espectáculos de teatro, danza, circo e maxia](https://erreguete.gal/2022/09/06/vigocultura-presenta-a-sua-nova-programacion/): Durante estes meses 19 compañías realizarán un total de 29 funcións en 27 días de programación, que se desenvolverán desde o 23 de setembro ata a última fin de semana de novembro. - [O Festival Agustín Magán programa seis obras de teatro amador en Santiago](https://erreguete.gal/2022/09/05/festival-agustin-magan-teatro-amador-2022/): As propostas do Festival Agustín Magán 2022 comezaron o pasado día 3 de setembro e regresarán ao Teatro Principal de Santiago o día 17 con Achádego Teatro e a súa farsa para público familiar «Nadal na casa dos Lamelo». - [O FETEGA mantén a aposta polo teatro galego con catro días de programación](https://erreguete.gal/2022/09/05/programacion-fetega-premio-honra-tatan/): A programación do FETEGA comeza coa obra 'O péndulo' de Inversa Teatro. Unha edición na que Eduardo Cunha "Tatán" recibirá o Premio de Honra Dorotea Bárcena. - [Cartografía en movemento](https://erreguete.gal/2022/09/04/cartografias-en-movemento/): Unha cartografía en movemento grazas ás artes vivas e á danza. Un xeito máxico, emocionante e poético de abrir unha cidade. Así comezou setembro! - [Cena Lusófona publica a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo con 12 obras en galego e portugués](https://erreguete.gal/2022/09/02/cena-lusofona-publica-antoloxia-do-teatro-galego-contemporaneo-dramaturxia/): A Antoloxía conta con 12 pezas de Xohana Torres, Euloxio R. Ruibal, Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, Luísa Villalta, Raúl Dans, Gustavo Pernas Cora, Cándido Pazó, Marcos Abalde, Esther F. Carrodeguas, Vanesa Sotelo e AveLina Pérez. - [Un Camiño Escena Norte máis ambicioso procura os sorrisos do público en 38 sedes](https://erreguete.gal/2022/09/02/programacion-camino-escena-norte-2022/): A parte galega da programación do Camiño Escena Norte desenvolverase do 10 setembro ao 9 de outubro en Santiago de Compostela, Arzúa, Lugo, Ames, Vilalba, Viveiro e Carballo cos espectáculos de oito formacións artísticas do resto de comunidades. - [O Festival Cartografía en Movemento celebra a súa 11ª edición](https://erreguete.gal/2022/08/31/o-festival-cartografia-en-movemento-celebra-a-sua-11a-edicion/): Celebrarase os días 2, 3 e 4 de setembro en Lugo con tres xornadas de artes vivas en espazos non convencionais e baixo o lema ‘palíndroma’. - [A Panadaría e Teatro del Andamio gañan os premios do público na Mostra de Cariño](https://erreguete.gal/2022/08/31/a-panadaria-e-teatro-del-andamio-ganan-os-premios-do-publico-na-mostra-de-carino/): Os premios entregaranse o vindeiro ano nunha Mostra de Cangas que celebrará 45 edicións. - [Contos e historias para os máis cativos no Festival Narratí](https://erreguete.gal/2022/08/26/contos-e-historias-para-os-mais-cativos-no-festival-narrati/): As actividades do primeiro Festival Narratí de narración oral son de balde e realizaranse os venres, sábados e domingos da primeira quincena de setembro. A programación conta con seis espectáculos de profesionais de toda Galicia. O Narratí nace sendo o primeiro Festival de Narración Oral para cativos. Unha actividade que levará seis espectáculos aos máis pequenos de Gondomar e Meis durante os días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de setembro, ou o que é o mesmo, os venres, sábados e domingos da primeira quincena de setembro. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación […] - [Morre o deseñador de luz portugués José Álvaro Correia aos 45 anos](https://erreguete.gal/2022/08/23/morre-o-desenador-de-luz-portugues-jose-alvaro-correia-aos-45-anos/): O deseñador de iluminación portugués José Álvaro Correia faleceu en Lisboa por mor dun cancro. Tiña 45 anos. - [Diversidade e democracia](https://erreguete.gal/2022/08/23/diversidade-e-democracia/): "As nosas democracias, a portuguesa e a española, aínda son moi novas e aínda temos partidos políticos e unha boa morea de xente que bota de menos aos ditadores e que, se puidesen, nos volverían levar a aqueles tempos escuros" - [POI](https://erreguete.gal/2022/08/21/poi-39a-mitcfc/): “A poesía de facer danzar unha árbore, a través do espazo e do tempo, achegándonos á esencia natural da vida e da interpretación”. - [Volve o festival Castelo Conta de Culleredo](https://erreguete.gal/2022/08/19/comeza-a-vii-edicion-do-castelo-conta/): Durante toda a semana, Castelo encherase de espectáculos de humor, teatro, música, actividades para os cativos e cativas, xuntanzas coa veciñanza, accións orientadas á conservación do patrimonio natural… - [Menu-do día ǀ 39ª MITCFC](https://erreguete.gal/2022/08/19/menu-do-dia-39a-mitcfc/): O colectivo #CHAMIZOBELLOVILA presentan con "Menu-do día" un acto de resistencia, un manifesto de conciencia humana e disidencia política, no que o "dummie" abaneado polo sistema, prato de menú diario para os agresores homófobos, fai un acto de rebeldía apodereándose da súa propia vida. - [ButacaZero ensaia 'Papagena' coa que dan o salto á ópera electrónica](https://erreguete.gal/2022/08/18/opera-papagena-butacazero/): ButacaZero ensaia Papagena con música orixinal do compositor galego Iago Hermo e que contará coa soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes Castelo. - [O Festaclown de Vilagarcía arranca con éxito de público](https://erreguete.gal/2022/08/18/primeiro-dia-festaclown-de-vilagarcia-festiclown-exito-publico/): O Festaclown de Vilagarcía 2022 arrancou con rotundo éxito de público e con nomes como Fran Boza, Troula e Dani García na súa programación. - [Amantis | 39ª MITCFC](https://erreguete.gal/2022/08/17/amantis-39a-mitcfc/): "En Amantis, o mundo real parece un escenario de mentira no que construír “a verdade” que se sobe ao mundo virtual." - [Comeza a XLIV Mostra de Teatro Galego de Cariño](https://erreguete.gal/2022/08/12/comeza-a-xliv-mostra-de-teatro-galego-de-carino/): A Mostra de Teatro Galego de Cariño está a celebrar hoxe a xornada inaugural da súa 44ª edición, que se estenderá ata o 19 de agosto e que  recuperará o seu formato habitual en canto a duración, cabida e organización. - [O Ciclo MEXER de performance de Lugo contará con María Roja, Noel Quintela e Ariezzz](https://erreguete.gal/2022/08/10/programa-ciclo-mexer-performance-lugo/): O sábado 20 e domingo 21 de agosto terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo unha nova edición do Ciclo Mexer de performance que organiza a Galería de Arte Solaina. - [O circo (tamén) encheu as rúas portuguesas no 8º Festival Vaudeville Rendez-Vous](https://erreguete.gal/2022/08/09/8-festival-vaudeville-rendez-vous/): Polo Festival Vaudeville Rendez-Vous pasaron máis de 5.500 persoas, que desfrutaron dos distintos espectáculos nas cidades de Barcelos, Braga, Famalicão e Guimarães. - [Desde Londres](https://erreguete.gal/2022/08/07/desde-londres/): "Mes de agosto e practicamente todos os teatros funcionando a tope. Case todo teatro de texto e moitos musicais. Hai unha efervescencia nas rúas, arredor dos teatros, que me sorprende. Parecen lugares moi integrados na vida da cidade. Un dos seus valores de prestixio." - [AMA. La terrible belleza | 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/08/06/ama-la-terrible-belleza-38a-mit-ribadavia/): “Unha peza que amosa sen filtros, sen maquillaxe verbal, a verdade das accións físicas dos corpos” - [Conservando memoria | 38ª MIT Ribadavia](https://erreguete.gal/2022/08/05/conservando-memoria-38a-mit-ribadavia/): "A memoria adoita ser fuxidía, e máis co paso dos anos, e El Patio Teatro fai en 'Conservando memoria' un fermoso rito para honrar a vida e para gardar a memoria viva dos avós de Izaskun, para que siga vivindo ao longo do tempo, e toca especialmente a quen coñeceu os seus avós e avoas e compartiu moito con eles e elas e a quen aínda ten algún avó ou avoa vivo, movéndonos a compartir máis tempo con elas ou eles para conservar nós tamén o seu recordo. É, xa que logo, un traballo que fala do medo á morte e ao esquecemento, pero sobre todo un canto á vida, á memoria e ao amor". - [Tempo de polarizacións](https://erreguete.gal/2023/04/09/tempo-de-polarizacions/): Os algoritmos das redes sociais e dos distintos servizos dixitais, que parecen o principal medio de relación, fóronnos xuntando cos da nosa corda e retroalimentándonos nas nosas conviccións. Pouco a pouco, esas conviccións, retroalimentadas en bucle entre a nosa tribo de palmeiros e seareiros, fóronse afiando esquematizadas en tópicos, keywords (xeralmente en inglés) e cancelos (hashtags), que esgrimimos como carta de autoridade e como armas, até constituír ortodoxias. Poñemos cancelos e cancelamos todo aquilo que escape do noso rego ou que mova os nosos marcos. Cadrámonos e cadramos a vida en ismos que reducen a mirada, que a polarizan. - [Sentido e sensibilidade](https://erreguete.gal/2023/04/03/sentido-e-sensibilidade/): As mulleres somos a metade, como mínimo, da poboación e como me ensinou a miña amiga a actriz Arantxa Treus nos milleiros de conversas que tivemos este Marzo, o humor só se pode facer dende a túa condición, para rirte das persoas xudías, por exemplo, tes que ser xudía, e así con todo, e esta é unha lección importante porque todas, e non erro, todas as mulleres sufrimos algún tipo de abuso sexual ao longo da nosa vida, por iso disfrazarse de muller para facer rir, sendo home, non é humor intelixente, é humor que adoece de sentido e de falta de sensibilidade, amigos. - [O CDG estrea 'Un hotel de primeira sobre o río'](https://erreguete.gal/2023/03/31/o-cdg-estrea-un-hotel-de-primeira-sobre-o-rio/): Baixo a dirección escénica de Guerreiro e Torres, que asinan tamén a escenografía e os textos complementarios, respectivamente, as interpretacións corren a cargo de Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Merche Pérez, Nicolás Otero, Pablo Sánchez e Lidia Veiga. - [A programación da MITEU de Ourense 2023 contará con 20 espectáculos](https://erreguete.gal/2023/03/31/a-programacion-da-miteu-de-ourense-2023-contara-con-20-espectaculos/): Serán 20 os espectáculos da programación da MITEU 2023 de Ourense de Colombia, Guinea, Portugal, Euskadi, Andalucía, Madrid, Castela-León, Navarra, ademais de Galicia. - [A Panadaría triunfa nuns María Casares 2023 moi repartidos](https://erreguete.gal/2023/03/31/ganadores-premios-maria-casares-2023/): ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro, gaña no apartado de mellor espectáculo infantil e ‘Xela contra o Dragón Traga-verbas’, na nova categoría de espectáculos de monicreques, obxectos e figuras animadas - [A MIT de Ribadavia recibe o Premio Rodolfo Prada nos 50 anos da primeira mostra Abrente](https://erreguete.gal/2023/03/31/a-mit-de-ribadavia-recibe-o-premio-rodolfo-prada-nos-50-anos-da-primeira-mostra-abrente/): A MIT de Ribadavia recibe o Premio Rodolfo Prada da Deputación de Ourense pola xestión cultural na edición 2023. - [O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos XXVII Premios María Casares](https://erreguete.gal/2023/03/30/o-teatro-rosalia-castro-da-coruna-acolle-a-gala-de-entrega-dos-xxvii-premios-maria-casares/): A gala poderase seguir a través da canle dos Premios de Teatro María Casares. Durante a cerimonia de entrega, a xastra Cloti Vaello recibirá o Premio de Honra Marisa Soto e Clara Gayo lerá o Manifesto Galego do Día mundial do Teatro. - [A Cidade de Cultura acolleu 'Diálogos de Danza'](https://erreguete.gal/2023/03/28/a-cidade-de-cultura-acolleu-dialogos-de-danza/): O xestor cultural Manu Lago, especializado na produción e distribución de espectáculos de danza contemporánea, e a coreógrafa, bailarina e investigadora Paula Quintas coordinaron esta xornada dirixida a compañías de danza, programadores do sector cultural privado, técnicos de cultura e programadores públicos, e profesionais da danza e as artes do movemento. - [O CDG coproducirá coa compañía Xerpo a montaxe de 'Bailar no ceo'](https://erreguete.gal/2023/03/28/o-cdg-coproducira-coa-compania-xerpo-a-montaxe-de-bailar-no-ceo/): Irene Moreira dirixirá esta proposta multidisciplinar, que combinará a pintura en directo, o canto e o deseño de trebellos a partir das interpretacións de Cora Velasco, Álex Sobrino e a propia Ana Abad de Larriva, e os audiovisuais de Roi Fernández - [Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2023](https://erreguete.gal/2023/03/27/manifesto-galego-do-dia-mundial-do-teatro-2023/): Este quere ser o Manifesto do agradecemento, da xenerosidade, da consciencia, da revisión. O Manifesto do desapercibido, do contraditorio, diso que é pequeno e anecdótico, diso que é humilde e sorprendentemente amador. O Manifesto dun Teatro libre, presente, aberto. Un Teatro que acolle e que se esforza, que comprende e que compadece, que baila, que anima o inanimado, que conmove e que nunca deixa de aprender. Un Teatro que proclama, que describe, que incomoda ou que se fai querer. Un Teatro que inclúe a diferenza, que evidencia a inxustiza e que acariña a nosa humanidade. Un Teatro que sinala, que se atreve, que contravén as tendencias do mercado porque se empeña en non ser produto. Un Teatro, por fin, que fai o que sempre fixo: Acompañar, cuestionar, revelar, padecer... Un Teatro do Ser. - [Canta máis luz, máis sombra](https://erreguete.gal/2023/03/26/canta-mais-luz-mais-sombra/): Desde hai uns anos, as Residencias Artísticas no Gaiás (REGA) da Cidade da Cultura, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), organizan un ciclo titulado “Clásicas desfeitas”, que parece consistir en ofrecerlle a equipas artísticas multidisciplinares, no ámbito das artes escénicas, xogar con textos, personaxes e autorías clásicas. Este ano, por primeira vez, puiden asistir aos volumes 7 e 8 deste ciclo, co foco en Rosalía de Castro e Sor Juana Inés de la Cruz, nun díptico espectacular titulado Canta máis luz, máis sombra. Unha proposta teatral que xuntou á Compañía Nacional de Teatro de México (CNT) e a súa directora artística, Aurora Cano, e ao CDG e o seu director Fran Núñez. - [CAOS](https://erreguete.gal/2023/03/26/caos/): En xeral tratamos de que as cousas saian ben. E como na vida iso non sempre é posible, ou non sempre depende de nós, tratamos que na arte si que pase. E claro, isto fai que me pregunte se semellante idea é unha temeridade. - [Galicia é a convidada especial no 55º Festival Internacional de Teatro de Manizales](https://erreguete.gal/2023/03/22/galicia-e-a-convidada-especial-no-55o-festival-internacional-de-teatro-de-manizales/): Galicia e as súas artes escénicas serán as convidadas especiais na 55ª edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales, en Colombia, que terá lugar do 21 ao 28 de outubro, coa participación de cinco compañías galegas de teatro, danza e novo circo. - [Humor celta mofa-befánico](https://erreguete.gal/2023/03/19/humor-celta-mofa-befanico/): Trinta anos de humor celta autóctono, de curral, alimentado na casa, e perralleirismo enxeñoso. Dous actores, con funcións de pallasos e bufóns, que xogan ao teatro máis lúdico e teatral, o de recrear situacións polémicas des-dramatizándoas, para atizar o pensamento e divertirse divertíndonos. - [Susana Villaverde gaña o III Certame de Microteatro da Memoria](https://erreguete.gal/2023/03/15/susana-villaverde-gana-o-iii-certame-de-microteatro-da-memoria/): A peza "fala dun feito real, unha revolta de mulleres no Saviñao en 1946 na defensa do gran de centeo que precisaban para comer e dar de comer ás súas familias, así como a súa relación coa loita guerrilleira e a resistencia ante o réxime e os abusos da Garda Civil". - [Coliño](https://erreguete.gal/2023/03/15/colino/): A Xanela do Maxín estrea no IX Festival das Núbebes, o seu último traballo para bebés, 'Coliño', "un agarimo para a unidade familiar". - [ReVolta](https://erreguete.gal/2023/03/12/revolta/): Un show cunha comicidade de estética “perralleira”, cun espírito irreverente próximo ao do entroido e unha caracterización que nunca constrúe personaxes en escena, senón que é como a dos carnavais menos preciosistas. Un show que pode lembrar ao agitprop theatre, no que se mestura cachondeo, chiste e reivindicación. - [Be Real](https://erreguete.gal/2023/03/12/be-real/): Hai dous días coñecín o Be Real e non deixo de maquinar. Para evitar a busca fago, como diría o meu pai, un esbozo rápido. - [Esta fin de semana comeza o XIX festival Isto Ferve](https://erreguete.gal/2023/03/11/esta-fin-de-semana-comeza-o-xix-festival-isto-ferve/): O teatro Ensalle de Vigo arrinca esta fin de semana, do 10 de marzo, a 19ª edición do festival de danza contemporánea Isto Ferve. - [A dramaturga Esther Carrodeguas, finalista nos Premios Max a mellor autoría](https://erreguete.gal/2023/03/07/a-dramaturga-esther-carrodeguas-finalista-nos-premios-max-a-mellor-autoria/): A dramaturga, actriz, directora e perfomer, Esther F. Carrodeguas é unha das finalistas na categoría de mellor autoría teatral por Supernormales, dentro dos Premios Max 2023. - [Cloti Vaello, unha vida de teatro e costura que recibe o Premio de Honra Marisa Soto](https://erreguete.gal/2023/03/07/premio-de-honra-marisa-soto-premios-maria-casares-cloti-vaello/): O premio Marisa Soto seralle entregado a Cloti Vaello na gala dos Premios de Teatro María Casares 2023. - [Shakespeare en Roma](https://erreguete.gal/2023/03/05/shakespeare-en-roma/): No Salón Nobre de Fonseca, cerna da Universidade de Compostela, un espazo non convencional, que non é un teatro, o CDG xoga ás guerras. O elenco, entregado a tope e cunha afoutada convicción, defende as posicións de xogo, como unha equipa de fútbol de primeira división, ideado por catro dramaturxias e catro direccións para catro traxedias. Un catro por catro que é un tour de force para Xurxo Cortázar, Sheyla Fariña, Cris Iglesias, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Fran Peleteiro, Santi Romay e Toño Salgado. Volodymyr Snegurchenko e Rui Madeira parecen diluír a historia de CORIOLANO no pensamento a que pode dar lugar a intensificación dunha violencia que non pode acougar nin lavar o acto do baño, repetido en tres variacións. Ana Carreira e María Barcala con Xulio Lago comprimen a historia de XULIO CÉSAR para facernos partícipes dese xogo de poder no que as estratexias do discurso, a retórica, poden ser tanto ou máis importantes que a forza bélica. Tamén nos fan ver que o poder pode gañar adulación, pero non amizade. Ana Abad de Larriva e Sara Rey déixannos desfrutar dos contrastes entre paixón e comenencia, política e amor, forza e tenrura, a través da historia de dous amantes poderosos, ANTONIO E CLEOPATRA. Incluso nos fan ver a beleza plástica de todas esas vendas e lazos que xoncen as nosas paixóns. Lorena Conde e Quico Cadaval fannos un truco de maxia e converten a traxedia de TITO ANDRÓNICO nun xoguete cómico, no que a truculencia é unha brincadeira non só aberta ao noso goce, senón tamén a unha esperanza que desafíe ou poña en cuestión o fado tráxico. - [Competir ou soster?](https://erreguete.gal/2023/03/03/competir-ou-soster/): "Quen ten máis recursos, quen ofrece máis pluralidade de accións (non só de espectáculos) e quen integra mellor semella non estar tanto na boca da xente" - [Os Premios María Casares 2023 xa teñen finalistas](https://erreguete.gal/2023/03/02/os-premios-maria-casares-2023-xa-tenen-finalistas/): ‘As que limpan’, ‘O Deus do pop’ e ‘O porco de pé’ compiten como finalistas no apartado de mellor espectáculo. Na categoría de espectáculo infantil, as finalistas son ‘Wombo combo’, de Galeatro; ‘Ninja’, de Teatro Ghazafelhos e ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro - [Olivas Negras estrea 'O rapto da Befana' en Gondomar](https://erreguete.gal/2023/02/26/olivas-negras-estrea-o-rapto-da-befana-en-gondomar/): Olivas Negras estrea 'O rapto da Befana' o domingo 26 de febreiro de 2023, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 18:00hA estrea ten lugar o domingo 26 de febreiro de 2023 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 18:00h - [Á COMMEDIA](https://erreguete.gal/2023/02/26/a-commedia/): Eu non sei se foi amor a primeira vista, a primeiro pase ou a que, pero foi rápido, directo e confuso. - [Mensaxe para o Día da Commedia dell’Arte 2023](https://erreguete.gal/2023/02/26/mensaxe-para-o-dia-da-commedia-dellarte-2023/): Commedia dell’Arte é unha forma de arte arriscada, que require actores un pouco loucos. Só estes temerarios aventureiros poden encher de sol un domingo gris de febreiro. Só eles terían o valor de navegar ata Bali, ata os confíns do mundo, para difundir esta forma de arte, que debemos apreciar tanto como poidamos. - [Ensalle estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill](https://erreguete.gal/2023/02/25/ensalle-estrea-sin-la-soga-al-cuello-de-gonzalo-cunill/): A fin de semana do 24 ao 26 de febreiro, no Teatro Ensalle de Vigo, a compañía residente nesta sala estrea Sin la soga al cuello de Gonzalo Cunill. - [Teatro Gorrilla e A Artística de Vigo ofrecen unha programación especial de danza](https://erreguete.gal/2023/02/25/teatro-gorrilla-e-a-artistica-de-vigo-ofrecen-unha-programacion-especial-de-danza/): O sábado 25 de febreiro Teatro Gorrilla e A Artística de Vigo ofrecen una programación especial de danza con Amparo Martínez e Ainhoa Linaza. - [O Salón Teatro acolle a estrea de 'Soños'](https://erreguete.gal/2023/02/24/o-salon-teatro-acolle-a-estrea-de-sonos/): A obra, escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa, e que conta cun elenco formado polo actor Anxo Outumuro e polas actrices Vicky Pérez e Sara Ferro, busca "rematar co estigma que cargan as mozas e os mozos tutelados". - [Dramaturxia, proceso, concepto e ‘Pussy Cake’](https://erreguete.gal/2023/02/19/dramaturxia-proceso-concepto-e-pussy-cake/): Nas dramaturxias de proceso a dirección non é a mesma ca no teatro dramático que escenifica historias, nas dramaturxias de concepto. Aquí a dirección, en vez de ser hexemónica, pasa a estar ao mesmo nivel ou, incluso, a poñerse ao servizo desa dramaturxia colaborativa de proceso. Nela conxúganse diferentes miradas, ópticas e perspectivas, primando, moitas veces, a contigüidade e a diverxencia das mesmas, na súa diversidade intrínseca, fronte á unidade (drama), á continuidade e á converxencia. - [3240](https://erreguete.gal/2023/02/16/3240-deborah-vukusic/): "Contada en clave de comedia en aires de rock, "32402 comeza cunha declaración de amor a Nick Cave. Esta presentación conecta coa mensaxe de universalidade da peza: o que a ela lle aconteceu pode acontecernos a todxs nós, non estamos tan lonxe de caer nas redes dunha estafa por amor." - [Redrum sobe a escena os abusos infantís no espectáculo 'Hamelin' de Juan Mayorga](https://erreguete.gal/2023/02/15/redrum-sobe-a-escena-os-abusos-infantis-no-espectaculo-hamelin-de-juan-mayorga/): A obra, dirixida e adaptada por Alex Sampayo, está protagonizada por un elenco de sete intérpretes formado por Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Machi Salgado, Belén Constenla, Fran Lareu e Rubén Porto. - [Cómo hemos llegado hasta aquí](https://erreguete.gal/2023/02/15/como-hemos-llegado-hasta-aqui/): "'Cómo hemos llegado hasta aquí' combina o formato de programas “de sofá” televisivos, emparellando intelixentemente así a crítica á forma de facer espectáculo das miserias privadas e alleas, cunha serie de “probas” que, de ser superadas, asegurarán o futuro benestar emocional da nosa convidada. Isto, aderezado con diversos números musicais que convidan á participación do público, seguindo a fórmula de teatro de intervención social e integración cidadá de Teatro del Barrio." - [Os xestores culturais reúnense en Soutomaior nas xornadas 'Coidar de nós para coidar da cultura'](https://erreguete.gal/2023/02/13/os-xestores-culturais-reunense-en-soutomaior-nas-xornadas-coidar-de-nos-para-coidar-da-cultura/): A Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organizan o encontro “Coidar de Nós para Coidar da Cultura. Cara a uns Modelos máis Sustentables de Traballo na Xestión Cultural” o 2 de marzo no Castelo de Soutomaior. - [Matarile enche a Sala Ártika de Vigo de beleza e provocación en 'Pussy Cake'](https://erreguete.gal/2023/02/13/pussy-cake-matarile-teatro-sala-artika-vigo/): Matarile Teatro estará na Sala Ártika de Vigo con 'Pussy Cake'. Será o xoves e o venres na Sala Ártika de Vigo ás 20.00h. - [Julio Anguita, o destino e o ano da coella](https://erreguete.gal/2023/02/12/julio-anguita-o-destino-e-o-ano-da-coella/): Teño moitas e queridas amizades que cren en poderes máxicos superiores, chamados destino, sorte, brahma e algunha, debo conservar, das de misa os domingos pola mañá. Pero para min é inasumíbel que un poder superior controle o meu sino, chamádeme tola, descrida ou levádeme á fogueira, pero non hai nada na vida que me faga crer na maxia. - [Por que deixei ‘Pussy Cake’ de Matarile Teatro](https://erreguete.gal/2023/02/12/por-que-deixei-pussy-cake-de-matarile-teatro/): Carta aberta da creadora escénica Helena Salgueiro falando da súa experiencia no proceso creativo de 'Pussy Cake' de Matarile Teatro, expresando a súa opinión fundada na crítica feminista da arte e nos contradiscursos feministas. - [Paula Quintas estrea Multiperspectivas#2 combinando instalación, teatro, danza e circo](https://erreguete.gal/2023/02/10/paula-quintas-estrea-multiperspectivas2-combinando-instalacion-teatro-danza-e-circo/): Multiperspectivas#2 de Paula Quintas combina instalación, improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. - [A dramaturga Esther F. Carrodeguas súmase á Escola de Letras da Deputación de Pontevedra](https://erreguete.gal/2023/02/09/a-dramaturga-esther-f-carrodeguas-sumase-a-escola-de-letras-da-deputacion-de-pontevedra/): A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra comeza o 1 de marzo e estenderase ata finais de outubro con seis obradoiros literarios. - [Primeiras fotos de 'Shakespeare en Roma', produción do CDG que se estrea esta semana](https://erreguete.gal/2023/02/08/estrea-shakespeare-en-roma-cdg/): A nova produción do CDG poderá verse no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, do 9 de febreiro ao 2 de abril. - [Camiño Escena Norte abre a inscrición de espectáculos e crea un catálogo de recomendacións](https://erreguete.gal/2023/02/08/camino-escena-norte-abre-a-inscricion-de-espectaculos-e-crea-un-catalogo-de-recomentacions/): Camiño Escena Norte editará por vez primeira o ‘Catálogo de espectáculos recomendados Camiño Escena Norte’ para a súa promoción tanto nas cinco comunidades participantes coma no resto de España. - [Pussy Cake (put your hands over me)](https://erreguete.gal/2023/02/06/pussy-cake-put-your-hands-over-me/): ""Pussy Cake" de Matarile foxe do “concepto de concepto”, unha idea pechada sobre da que nacería a peza, e aposta pola suma de materiais. Isto favorece a impresión dunha peza aberta, composta pola sucesión de números de baile e escenas performativas que non, necesariamente, teñen que ter conexión entre si. Non temos, entón, un discurso político que o suxeite ou que nos indique, senón unha mirada (obviamente masculina) que propón un traballo de exploración a través do corpo da muller. Algo que pode resultar empoderante e liberador, ou todo o contrario." - [A acción da emoción](https://erreguete.gal/2023/02/05/a-accion-da-emocion/): Dicir non é facer. A existencia é un conxunto de accións que dan sentido a un texto completo, un texto que cadaquén vai facendo ao seu modo porque nada hai escrito. - [La Bañeza convoca o XI Certamen Nacional de Teatro Amateur In Vino Veritas](https://erreguete.gal/2023/02/05/la-baneza-convoca-o-xi-certamen-nacional-de-teatro-amateur-in-vino-veritas/): As compañías teatrais interesadas en presentar as súas propostas para o XI Certamen Nacional de Teatro Amateur In Vino Veritas poderán facelo ata as 23:59 horas do día 12 de febreiro de 2023. - [O FIOT de Carballo encabeza o ranking de mellores proxectos culturais de Galicia](https://erreguete.gal/2023/02/04/o-fiot-de-carballo-encabeza-o-ranking-de-mellores-proxectos-culturais-de-galicia/): O FIOT de Carballo encabeza a listaxe de mellores iniciativas culturais de Galicia que anualmente elabora o ‘Observatorio de la Cultura’ e obtén a distinción de ‘Insignia Cultural’ de honra da comunidade galega. - [Colectivo Glovo convoca as residencias Atopémonos Bailando](https://erreguete.gal/2023/02/02/colectivo-glovo-convoca-as-residencias-atopemonos-bailando/): A convocatoria está dirixida a profesionais da danza e das artes do movemento, que poden presentar os seus proxectos para a realización dun máximo de 6 residencias artísticas e/ou de investigación para ser realizadas entre os meses de abril a novembro de 2023. - [A MIT de Ribadavia publica as bases do Premio Abrente 2023 no seu 50 aniversario](https://erreguete.gal/2023/02/01/bases-do-premio-abrente-2023-mit-ribadavia/): O anuncio das bases do Premio Abrente 2023 é un dos primeiros pasos de cara á organización das actividades que terán lugar na edición de 2023 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se celebrará entre o 15 e o 23 de xullo. - [As salas privadas de artes escénicas galegas reciben 200.000 euros para o seu funcionamento](https://erreguete.gal/2023/02/01/axudas-salas-privadas-artes-escenicas-galicia-xunta/): O prazo para a presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta estenderase ata o vindeiro 27 de febreiro. - [Cheirumes](https://erreguete.gal/2023/01/29/cheirumes/): Está o cheiro das gasolineiras, o dos libros, o dos calcetíns usados, o dunha camiseta suada, o cheiro da terra mollada, dun can mollado, o do mar, o cheiro a fritanga, a gofre… e logo está o do teatro. - [Patricia Vázquez recibe o Premio Maruxa Villanueva pola súa traxectoria como actriz](https://erreguete.gal/2023/01/26/patricia-vazquez-recibe-o-premio-maruxa-villanueva-pola-sua-traxectoria-como-actriz/): O fallo do Premio Maruxa Villanueva destaca a traxectoria de Patricia Vázquez no teatro e o seu “sólido compromiso coa escena galega”. - [O CDG reestrea 'A contenda do río Miño'](https://erreguete.gal/2023/01/26/o-cdg-reestrea-a-contenda-do-rio-mino/): Faranse nove pases no Salón Teatro do xoves 26 de xaneiro ao domingo 5 de febreiro, programados ás 18.00 horas o mércores e os domingos e ás 20.00 horas os xoves, venres e sábados. - [Matarile estrea 'Pussy Cake'](https://erreguete.gal/2023/01/26/matarile-estrea-pussy-cake/): Baltasar Patiño asume a dirección desta montaxe na que conta cun equipo de mulleres formado pola actriz e performer Andrea Dunia, e as bailarinas Raquel Esteller e Alejandra Balboa. - [Un total de 36 espectáculos optan aos Premios María Casares 2023](https://erreguete.gal/2023/01/25/un-total-de-36-espectaculos-optan-aos-premios-maria-casares-2023/): Un total de 36 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXVII Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados de forma anual pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). - [Os galegos candidatos nos Premios Max 2023](https://erreguete.gal/2023/01/25/os-galegos-candidatos-nos-premios-max-2023/): Case unha vintena de profesionais das artes escénicas galegas soñan con alzarse o vindeiro 17 de abril en Cádiz cun dos Premios Max 2023 que se entregará nunha gala na cidade andaluza. - [Casting transfake](https://erreguete.gal/2023/01/22/casting-transfake/): Além duma questão de méritos, as artes também devem ter uma base em valores éticos e na justiça. Eu não sou capaz de conceber as artes cénicas sem uma tendência humanista, embora seja consciente de que isso não sempre é a norma. Aliás, há sensibilidades, perspetivas e maneiras de olhar o mundo que, na sua mais rica complexidade de pormenores, não são passíveis de ser incorporadas ou interpretadas por pessoas que não têm essa experiência vital, mais ainda quando é essa experiência, sensibilidade e maneira de olhar o mundo que são objeto ou tema da ação e narrativa cénica. - [Os retos do asociacionismo profesional nas artes escénicas](https://erreguete.gal/2023/01/20/os-retos-do-asociacionismo-profesional-nas-artes-escenicas/): O salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo acolleu o martes 20 de decembro de 2022 as xornadas profesionais anuais de Escena Galega, dentro do programa A Cultura é un Dereito da Deputación da Coruña e da programación estendida do FIOT de Carballo. - ['Vox Pupuli', o agardado musical rock de Malasombra estréase en Narón](https://erreguete.gal/2023/01/19/vox-populi-malasombra-estrea-naron/): Vox Populi é unha das máis agardadas estreas teatrais deste semestre, por ser unha produción de gran formato cun elenco de 12 actrices, actores e músicos que interpretan este musical que reflexiona sobre o poder e os discursos populistas. - [A programación de Vigocultura ofrece 27 espectáculos de teatro, danza e circo ata finais de abril](https://erreguete.gal/2023/01/19/programacion-de-vigocultura-2023-xaneiro-abril/): A programación de Vigocultura para o primeiro semestre de 2023 conta cun total de 27 espectáculos que pasarán polo Auditorio Municipal de Vigo grazas á programación de espectáculos do Concello de Vigo. - [O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso](https://erreguete.gal/2023/01/19/o-colectivo-rpm-convoca-unha-nova-edicion-das-residencias-paraiso-2/): A convocatoria Residencias Paraíso 2023 estará aberta ata o 31 de xaneiro de 2023, e a selección final farase pública a finais do mes de febreiro na web do Colectivo RPM. - [A Agadic convoca as axudas á creación escénica](https://erreguete.gal/2023/01/17/a-agadic-convoca-as-axudas-a-creacion-escenica/): Divídese en catro categorías: espectáculos de empresas de nova creación, montaxes de teatro, novo circo e maxia, de danza e artes do movemento e actividade escénica plurianual. - [Oes Siri, cal é a miña teima?](https://erreguete.gal/2023/01/15/oes-siri-cal-e-a-mina-teima/): Teño comprobado que as artistas en xeral sempre falamos do mesmo. E non me refiro ao falar sen cancelas da barra do bar, senón ao falar do discurso. Explícome. Penso que posuímos unha grande dose de auto engano, porque cremos que facemos abordaxes diversas e anovadoras en cada novo proxecto. Pode ser que algo diso haxa, pero non tanto como pensamos. - [Recortes, caneos e outras formas de driblar](https://erreguete.gal/2023/01/13/recortes-caneos-e-outras-formas-de-driblar/): Devezo por acompañar ao meu pai ao patio de butacas, porque como gran seareiro deste deporte, preciso que me responda á pregunta coa que Sara Rey, asistente de dirección da peza, me abordou á saída: “É unha crítica a favor ou en contra do fútbol?” Ao que eu continúo respondendo: “Seguinte pregunta.” - [Avanza o Estatuto do Artista coa aprobación da prestación por desemprego dos artistas](https://erreguete.gal/2023/01/11/prestacion-especial-por-desemprego-dos-artistas/): Estas medidas, como a prestación especial por desemprego dos artistas, teñen potencial para chegar aos 70.000 afiliados actualmente clasificados como artistas tanto no Réxime Xeral como no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. - [A Xunta defende a "equiparación real" das ensinanzas artísticas coa universidade](https://erreguete.gal/2023/01/11/a-xunta-defende-a-equiparacion-real-das-ensinanzas-artisticas-coa-universidade/): Dende a Xunta afirman estar traballando nun abano de iniciativas concretas para impulsar, promocionar e darlle unha maior visibilidade ás ensinanzas artísticas galegas. - [Microefectos Dramatúrxicos celebra 10 anos apostando polo microteatro lucense](https://erreguete.gal/2023/01/11/microefectos-dramaturxicos-celebra-10-anos-apostando-polo-microteatro-lucense/): Ademais das habituais sesións trimestrais, o grupo Microefectos Dramatúrxicos de Lugo, fará dúas sesións de grandes éxitos en xaneiro e en outubro. - [O bullying sobe a escena en 'Mosca' de Ártika Cía e Gustavo del Río](https://erreguete.gal/2023/01/11/o-bullying-sobe-a-escena-en-mosca-de-artika-cia-e-gustavo-del-rio/): A obra somérxese na vida de Pedro, un neno de once anos que sofre acoso escolar homófobo e vive no temor, nos prexuízos e o non saber que facer para solucionalo. - ['Relato para un incendio': unha historia de piromanía e bruxería](https://erreguete.gal/2023/01/10/relato-para-un-incendio-unha-historia-de-piromania-e-bruxeria/): A proposta escénica de aAntena, cunha decidida aposta polo teatro documento, expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva. - [Presentación da erregueté en Compostela](https://erreguete.gal/2023/01/10/presentacion-da-erreguete-en-compostela/): O mércores, 11 de xaneiro de 2023, preséntase o número 104 da erregueté | Revista Galega de Teatro e o terceiro libro da súa colección de dramaturxia, coas pezas Lenda escandinava de Manuel Lourenzo e Paxaros no cabo de Clara Gayo. A presentación vaise celebrar no Salón Teatro de Compostela, sede do Centro Dramático Galego, ás 20h., con entrada de balde. A presentación do número 104 e do libro, este mércores, 11 de xaneiro, no Salón Teatro de Compostela, ás 20h. é un acto de celebración e tamén de apoio á existencia da única revista de artes escénicas que temos en Galicia. Unha revista que, neste 2023, cumpre corenta anos, desde aquel Boletín de Información Teatral, que saíra en 1983. - [Teatro do Noroeste lévanos aos anos 60 en 'Último verán en Santa Cristina'](https://erreguete.gal/2023/01/10/teatro-do-noroeste-levanos-aos-anos-60-en-ultimo-veran-en-santa-cristina/): 'Último verán en Santa Cristina' é un texto firmado polo dramaturgo Eduardo Alonso, ambientado nos anos 60, que aborda as sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista - [Conciencia](https://erreguete.gal/2023/01/08/conciencia/): A conciencia é o exercicio persoal máis importante. Un exercicio que nos achega ó ben, á beleza e á xustiza. E ante o inxusto: conciencia. - [I Encontro Interxeracional das Artes Escénicas de Galicia](https://erreguete.gal/2023/01/07/i-encontro-interxeracional-das-artes-escenicas-de-galicia/): Como poden establecer pontes as diferentes xeracións das artes escénicas galegas para coñecerse, traballar xuntas e colaborar para impulsar a mellora do sector? O 24 de xullo de 2022 celebrouse en Ribadavia o I Encontro Interxeracional das Artes Escénicas de Galicia no patio interior do Museo Etnolóxico, dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro. - [A Agadic abre o proceso de selección de proxectos para a coprodución de 'Bailar no ceo'](https://erreguete.gal/2023/01/03/a-agadic-abre-o-proceso-de-seleccion-de-proxectos-para-a-coproducion-de-bailar-no-ceo/): O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir de hoxe. Ademais, o vindeiro martes 10 de xaneiro, ás 20.00 horas, o Salón Teatro do CDG, en Santiago de Compostela, acollerá unha lectura dramatizada do texto baixo a dirección de Gena Baamonde. - [Os textos dos últimos dous espectáculos do CDG xa forman parte da colección O papel do teatro](https://erreguete.gal/2023/01/02/os-textos-dos-ultimos-dous-espectaculos-do-cdg-xa-forman-parte-da-coleccion-o-papel-do-teatro/): Os novos títulos seguen o formato de peto dos números anteriores, con fotografías a cor das postas en escena, artigos de presentación, fichas artísticas e os textos finais sobre os que se construíron as montaxes. - [Palcos Disidentes](https://erreguete.gal/2022/12/30/palcos-disidentes/): "Neste artigo de final de ano, un 2022 tan inestábel por outra banda, reflexiono sobre a presenza de espectáculos LGTBIQ+ sobre os palcos máis “estábeis” do noso país e penso na nosa precariedade." - [Queridas Raíñas Magas](https://erreguete.gal/2022/12/25/queridas-rainas-magas/): Queridas raíñas magas: Este ano fun boa (aínda que non sexa certo, non se pode prescindir desta forma de comezar calquera petición real, que é o punto de partida para que as raíñas se apiaden de ti e decidan colmarte cos agasallos que estás pregando). Quero unha clase política implicada coa cultura, que defenda as artes escénicas do país e apoie o tecido artístico que hai en Galicia, que é moito, que é bo. Quero concelleiros e concelleiras de cultura que non veñan de rebote cando non saiban a quen meter nesta carteira, sen ningún tipo de formación, sensibilidade e empatía coa cultura. Quero políticos e políticas cuxa prioridade non sexa encher teatros, senón encher as cabezas e os corazóns de emocións, de experiencias vividas, de historias, de sensacións, de arte. - [A Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia convocan o III Certame de Microteatro da Memoria](https://erreguete.gal/2022/12/21/a-deputacion-de-pontevedra-e-a-esad-de-galicia-convocan-o-iii-certame-de-microteatro-da-memoria/): Na primeira edición, a peza gañadora foi 'Un biolo na noite', de Ana Abad de Larriva; e na segunda foino 'A patente do sol', de Sara Rey Seoane. - [O proxecto Phōnē anuncia máis de 170 accións vinculadas coas artes escénicas](https://erreguete.gal/2022/12/21/o-proxecto-phone-anuncia-mais-de-170-accions-vinculadas-coas-artes-escenicas/): Supón a primeira gran colaboración internacional de teatros públicos e privados traballando polas linguas minorizadas, e nel estarán representados xunto co galego o frisón, o alto e o baixo sorobio, o yiddish, o ladino, o gaélico, o bretón e o kven.. - [Hotel Paraíso](https://erreguete.gal/2022/12/20/hotel-paraiso/): Hotel Paraíso pode ser também considerado uma ironia, no que diz respeito a essa vida turística e de hotel em que parece que queremos transformar a nossa existência. Os SillySeason têm a arte de oferecer-nos em comédia amarga a tragédia, o fatum, da burguesia aparente destes anos vinte: a frustração que gera esse contínuo e exacerbado exercício de ficção que fazemos para nos salvar, embora afinal nos condene. Uma ficção-frivolização que torna em paraíso um mundo de violência, concorrência e precariedades várias. - [Escribir sobre espectáculos, corenta anos](https://erreguete.gal/2022/12/18/escribir-sobre-espectaculos-corenta-anos/): Remata o 22 e encamiñámonos, felices, cara ao 23, en que imos celebrar os 40 anos desde aquel primeiro Boletín de Información Teatral, que saíu en 1983, até o número 105 da erregueté, que se vai publicar no primeiro semestre de 2023. Corenta anos e máis dun cento de números que constitúen a enciclopedia das artes escénicas galegas. Como non imos estar felices! - [The Witch](https://erreguete.gal/2022/12/17/the-witch/): Diana Sieira é unha feiticeira que se transfigura elegantemente por transicións delicadas e máxicas, para subirnos á montaña rusa apaixonada dunha serie de varietés, abrindo e pechando fiestras e espellos enerxéticos polos que nos vai mostrando, en corpo e ánima, o trauma abraiante das torturas, as violacións e os abusos, a traizón de mulleres contra outras mulleres (todo un clásico), pero tamén a sororidade que percorre transversalmente a historia feminina. - [A AAAG convoca os XXVII Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2022/12/16/a-aaag-convoca-os-xxvii-premios-de-teatro-maria-casares/): As compañías teñen até o 9 de xaneiro para presentar os seus espectáculos aos 16 galardóns nos que se dividen a partir de agora os María Casares. - [DeMente](https://erreguete.gal/2022/12/16/demente/): "DeMente" é unha viaxe, unha balsa da Medusa que Fran Sieira pon en escena non só como unha mostra doente, senón tamén, unha viaxe cara á liberdade. Así vemos, neste feixe de corpos despersonalizados por un vestiario uniforme que canto máis se deixan levar pola súa tolemia, pola mesma vibración do seu movemento, máis preto están de ser libres das súas cadeas. - [Nadal no Gaiás programa obradoiros e teatro de monicreques para as familias](https://erreguete.gal/2022/12/14/nadal-no-gaias-programa-obradoiros-e-teatro-de-monicreques-para-as-familias/): Rematará o ano coa peza de teatro de marionetas Ás para Álex, na que se aborda a necesidade da esperanza e o xogo para superar os atrancos e dificultades da vida, e neste caso concreto para soportar unha enfermidade. - [HUGO](https://erreguete.gal/2022/12/13/hugo/): "Hugo, interpretado por Jimmy Núñez, é o personaxe dun cativo que ten un trastorno do espectro autista (TEA), mentres Laia, interpretada por María Roja, a súa veciña, que quere ser a súa amiga, é “neurotípica”, segundo o propio Hugo lle di." - [A danza chega ós bares de Vigo nunha edición especial do Teatro Gorrilla](https://erreguete.gal/2022/12/13/a-danza-chega-os-bares-de-vigo-nunha-edicion-especial-do-teatro-gorrilla/): Teatro Gorrilla volve cunha edición especial para rematar o ano centrada na danza. A programación inclúe tres pezas para tres espazos alternativos e non convencionais como son A Morada, A Casa de Arriba e a Sala Kominsky en Vigo. - [As orixes do poder, o alumnado da ESAD e a nai que me pariu!](https://erreguete.gal/2022/12/11/as-orixes-do-poder-o-alumnado-da-esad-e-a-nai-que-me-pariu/): Na prehistoria existía outra forma de organizarse, onde as mulleres estaban ao mando, nunha relixiosidade que se rexía por render culto ao corpo da muller, a través da deusa, por iso a presenza de todas as estatuínas que mal chamaron, a partir no XIX, venus. Se tivemos outra forma de vernos entre nós que non se fundamentara na dominación, senón na colaboración, aínda temos futuro común como especie. - [A pseudocrítica en 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'](https://erreguete.gal/2022/12/11/a-pseudocritica-en-recortes-caneos-e-outras-formas-de-driblar/): Quiger driblar a masculinidade, mas semelha impossível. O teatro é o lugar no que eu caneava, dende que assistim a umha obra profissional por primeira vez aos 17 anos, as violências do patriarcado e a cisheteronorma. O futebol representa todo isso. É o espetáculo masculino por excelência. - [As ás das marxes](https://erreguete.gal/2022/12/06/as-as-das-marxes/): Sempre fun de marxes. Cada vez máis. Cada vez atráenme máis as propostas híbridas, alternativas, fronteirizas. Aquelas que arriscan e experimentan, que mesturan linguaxes, que emanan de verdades imposibles de ocultar. É nese cruce de estradas secundarias onde nacen, ao meu ver, os proxectos artísticos máis auténticos e interesantes, máis esixentes na súa recepción e que moitas veces reflicten mellor a complexidade humana. - [Sobre a liberdade da comedia](https://erreguete.gal/2022/12/04/sobre-a-liberdade-da-comedia/): “A comedia é por definición unha forma de protesta ante o inxusto. Non hai máis que ler os clásicos para ver como unha boa historia de humor era un pretexto para pasar pola navalla social a todos eses mequetrefes que abusaban do pobo.” - [Transfixión](https://erreguete.gal/2022/12/03/transfixion/): "As obras que contan co compoñente relixioso gratuitamente adoitan renxer. Pero non é o caso de "Transfixión", precisamente porque todos vemos a nosa experiencia reflectida na de Fran Martínez. Comprendemos a súa dor, o seu pracer e a súa éxtase porque todos pasamos por eles. Non só observamos e gozamos da beleza que a peza ofrece, tamén sentimos con ela, porque todos somos, ata certo punto, Fran". - [Teatro Escoitade recibe en Portugal o Premio Palco de Terra polos seus 50 anos](https://erreguete.gal/2022/12/03/premio-palco-de-terra-teatro-escoitade/): Teatro Escoitade recibe o Premio Palco de Terra, galardóns concedidos anualmente para recoñecer o traballo no ámbito do teatro realizado no medio rural e da creación artística sobre o norte de Portugal e Galicia. - [Shakespeare chega á Universidade de Santiago da man do CDG](https://erreguete.gal/2022/12/02/shakespeare-chega-a-universidade-de-santiago-da-man-do-cdg/): A USC cederá o Salón Nobre do Colexio de Fonseca para os ensaios e a representación do espectáculo 'Shakespeare en Roma' e a Agadic permitirá a celebración do Festival Internacional de Teatro Universitario e do Festival USCénica no Salón Teatro. - [Iphixenia: unha nini de barrio na multipremiada obra que ensaia Compañía Humana](https://erreguete.gal/2022/12/02/iphixenia-na-porta-do-super-compania-humana-comezo-ensaios/): Premiado como o mellor texto teatral de 2015 no Reino Unido, 'Iphixenia na porta do súper' estará interpetado na súa versión galega por Alba Caneda baixo dirección de Sara Rey. - [Escena Galega celebra os vinte anos analizando os retos das Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2022/12/02/programacion-xornadas-escena-galega-20-anos/): Escena Galega cumpre 20 anos traballando polo sector escénico profesional e o celebra cunhas xornadas de análise e reflexión sobre o sistema teatral galego. - [Os Premios de Literatura Dramática xa teñen gañadores](https://erreguete.gal/2022/12/01/os-premios-de-literatura-dramatica-xa-tenen-ganadores/): Fernando Castro Paredes alzouse co XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais co monólogo 'O traxe' e Ana Carreira obtivo o XII Manuel María de literatura dramática infantil por 'Nin me amoles'. José Luis Baños de Cos e Eva Mejuto acadaron o Barriga Verde. - [Comezan os ensaios de 'Un hotel de primeira sobre o río', a produción do CDG](https://erreguete.gal/2022/12/01/comezan-os-ensaios-de-un-hotel-de-primeira-sobre-o-rio-a-producion-do-cdg/): Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Nicolás Otero, Merche Pérez, Pablo Sánchez Pérez e Lidia Veiga conforman o elenco de 'Un hotel de primeira sobre o río' do CDG. - [Criaçom de comunidade no Festival Agrocuir](https://erreguete.gal/2022/11/30/criacom-de-comunidade-no-festival-agrocuir/): Quando em junho se celebra o Orgulho por muitos lugares do mundo ocidentalizado sempre xordem vozes críticas, ou até Orgulhos que se qualificam de críticos, a dizer que “o Orgulho nom se vende”. Questiona-se assim o modelo que se promove desde o capitalismo, desde as instituiçons, as mesmas que nalgum momento eram explicitamente queerfóbicas e agora defendem e financiam os Orgulhos hegemónicos nos que normalmente se esquece que o Orgulho nasceu com queers racializadas a lhe tirar tijolos à policia em Stonewall e dirigidos maioritariamente a um público masculino gay normativo, todo num ambiente de festividade urbana apolítica. - [Existe o teatro infantil?](https://erreguete.gal/2022/11/27/existe-o-teatro-infantil/): Teatro infantil vs Teatro familiar "O teatro familiar, incluso dentro do propio sector, sempre foi considerado de segunda división. [...] Os propios profesionais da xestión cultural facemos diferencias á hora de contratar este tipo de espectáculos." - [As vivencias e historias da veciñanza soben a escena no peche de Facer Memoria 2022](https://erreguete.gal/2022/11/26/facer-memoria-berrobanban-paula-carballeira-chiqui-pereira-2022/): Xuntanzas abertas nos centros sociais, entrevistas persoais, reunións con escolares, difusión dun podcast e un encontro-espectáculo final conformaron os eixos de Facer Memoria que conduce a narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira. - [Fantoches Baj estrea 'Pedro e o Lobo'](https://erreguete.gal/2023/08/18/fantoches-baj-estrea-pedro-e-o-lobo/): Fantoches Baj, unha das compañías teatrais máis consolidadas do panorama galego, vén de presentar un novo espectáculo. Trátase dunha adaptación do clásico conto de Pedro e o Lobo, desta volta representada con marionetas manipuladas coa técnica do bunraku, acompañadas coa música do clásico de Prokofiev. - [Cucaracha con paisaje de fondo](https://erreguete.gal/2023/08/16/cucaracha-con-paisaje-de-fondo/): "'Cucaracha con paisaje de fondo' é unha observación da obsesión pola maternidade e unha aceda crítica ao uso do amor como escusa para as nosas vilezas, contrapondo o uso egoísta da amizade e a desesperación por ser nai, como dous xeitos diferentes de xustificar unha existencia baleira. De fondo, unha paisaxe de mulleres encirradas nun balneario, onde o aire de repouso vai construíndo unha atmosfera cada vez máis claustrofóbica, acompañando o desenvolvemento da trama." - [Danza no claustro 2023](https://erreguete.gal/2023/08/12/danza-no-claustro-2023/): Danza no Claustro consegue, nesta edición, un programa único en canto a calidade, diversidade e conexión co público asistente. Esperemos que este festival, cun formato tan especial nos claustros galegos, siga medrando e acabe por converterse nun referente estatal en canto a coidado do equipo, público e artistas. Danza no Claustro é, sen dúbida, unha cita obrigada cada verán para toda a cidadanía galega, os xa amantes das artes do movemento e as persoas curiosas, que seguro quedarán prendidas desta disciplina nun contexto tan máxico e favorecedor como é o que conseguen Erik e Maruxa en Danza no Claustro. - [Kirenia Martínez é a nova directora do festival Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2023/08/12/kirenia-martinez-e-a-nova-directora-do-festival-escenas-do-cambio/): A Consellería de Cultura designou á coreógrafa e mediadora cultural Kirenia Martínez (Cuba, 1980) como nova directora artística deEscenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción que ten lugar na Cidade da Cultura e que o próximo ano celebrará a súa décima edición. - ['QUEIXA (què volem aquesta gent)' de Brigitte Vasallo](https://erreguete.gal/2023/08/08/queixa-que-volem-aquesta-gent-de-brigitte-vasallo/): Brigitte Vasallo di que quer fazer um ensaio oral e nom escrito, porque quer falar para aquelas às que chamárom analfabetas. O analfabetismo é umha ideia classista criada polo capitalismo que ignora a literatura oral, de aí parte a forma desta conferência performática. - [Non hai orzamento para garantir a liberdade de expresión](https://erreguete.gal/2023/08/06/non-hai-orzamento-para-garantir-a-liberdade-de-expresion/): "A nosa profesión está no punto de mira. O teatro provoca medos e ira como non provocan outras artes menos comunitarias e de carácter social ou ritual". - [O Titiriberia congregou 3000 persoas en Rianxo](https://erreguete.gal/2023/08/01/o-titiriberia-congregou-3000-persoas-en-rianxo/): O festival de títeres tradicionais ofreceu 24 funcións e 11 obradoiros durante unha semana. - [ABANEA 2023. Festival de Danza e Movemento](https://erreguete.gal/2023/07/30/abanea-2023-festival-de-danza-e-movemento/): A Asociación IS.MO Cultura, co apoio da Xunta de Galicia, da Rede estatal AcieloAbierto e o INAEM, e os Concellos implicados de Gondomar, Foz, Outes e Allariz, ademais de A Casa Vella e SóLODOS, coa dirección de Marta Alonso Tejada, Manu Lago, Lilian Portela e Paula Quintas, van pola segunda edición de ABANEA, un espazo para o excepcional, que se abre á xente destas vilas e a quen nos quixemos achegar, porque a visita merece a pena e nada ten que ver co turismo plano de consumo, paparota e verbena. - [FRÁXIL handle with care](https://erreguete.gal/2023/07/27/fraxil-handle-with-care/): 'FRÁXIL handle with care' é unha festa escénica que fala dunha outra festa, a festa que xa rematou, a festa que era esa nosa Europa que criamos intocábel, suprema, superior e superlativa, fachendoses da nosa cultura e da nosa historia e por iso mesmo desleixades, descoidades e por fin, desaparecides. - [O festival Castelo Conta celebra a súa oitava edición](https://erreguete.gal/2023/07/25/o-festival-castelo-conta-celebra-a-sua-oitava-edicion/): A cullerdense parroquia de Castelo acollerá do 21 ao 27 de agosto a VIII edición do festival Castelo Conta, dirixido por Xosé Antonio Touriñán. - ['As que limpan', de A Panadaría, gaña o Premio do público da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2023/07/24/as-que-limpan-de-a-panadaria-gana-o-premio-do-publico-da-mit-de-ribadavia/): O Premio Abrente de Textos Teatrais desta edición é para a actriz Nerea Brey, que obtén o recoñecemento pola súa primeira obra, 'Manual de Patronaxe'. - [Aquellas que no deben morir](https://erreguete.gal/2023/07/23/aquellas-que-no-deben-morir/): 'Aquellas que no deben morir' pon enriba das táboas o noso desleixo coa morte. A través de diferentes cadros, esta peza reflexiona sobre a morte, a nosa relación coa mesma, o abuso institucional e o negocio que supón, dende unha creación ecléctica, que mestura códigos teatrais seguindo a súa filosofía como colectivo de artistas" - [Mujer en cinta de correr sobre fondo negro](https://erreguete.gal/2023/07/22/mujer-en-cinta-de-correr-sobre-fondo-negro/): "Alessandra García propón unha peza onde o humor corrosivo e a rabia aparecen a partes iguais, bailando dunha emoción a outra ou mesturando as dúas, coa intención de bater nos fuciños dunha sociedade anestesiada con programas de entretemento e desexos de ser o que non é. Espertarnos, facernos pensar." - [O Titiriberia celebra a súa oitava edición](https://erreguete.gal/2023/07/22/o-titiriberia-celebra-a-sua-oitava-edicion/): O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta e a Deputación da Coruña, celebrará en Rianxo entre o 24 e o 30 de xullo a súa oitava edición. - [Os Laboratorios de Creación da SGAE aceptan proxectos de escritura teatral](https://erreguete.gal/2023/07/21/os-laboratorios-de-creacion-da-sgae-aceptan-proxectos-de-escritura-teatral/): A proposta seleccionada será titorizada por José Prieto e contará cunha bolsa de 1500 euros. - [MENU-DO DÍA](https://erreguete.gal/2023/07/20/menu-do-dia-2/): "Alberte era o nosso menu do dia naquela sala de exposiçons. O menu do dia dumha sociedade merdenta cheia de purpurina. Umha sociedade na que matam a Samuel, na que tiram umha rapaza trans da muralha de Lugo, na que agridem a Alberte por ser maricom. Umha sociedade que normaliza que um partido LGBTfóbico poida governar-nos." - [Grande acollida de 'Shakespeare en Roma', do CDG, no Festival de Mérida](https://erreguete.gal/2023/07/19/grande-acollida-de-shakespeare-en-roma-do-cdg-no-festival-de-merida/): O espectáculo chegaba ao Teatro Romano de Mérida cunha grande expectación, ao converterse nun dos espectáculos con maior éxito de venda de entradas anticipadas dos últimos anos no festival, e obtivo onte na súa primeira función en Mérida unha grande acollida e moi boa resposta por parte do público asistente. - [O Centro Coreográfico Galego coproducirá tres novas pezas de danza](https://erreguete.gal/2023/07/19/o-centro-coreografico-galego-coproducira-tres-novas-pezas-de-danza/): A Xunta de Galicia impulsará a través do seu Centro Coreográfico Galego os novos espectáculos de danza de Elvi Balboa, da compañía La Macana e de Cris Vilariño e Diego M. Buceta. - [‘La vida es sueño’ por Declan Donnellan](https://erreguete.gal/2023/07/18/la-vida-es-sueno-por-declan-donnellan/): A Compañía Nacional de Teatro Clásico de Espanha, junto de LAZONA e Cheek by Jowl, com a encenação do também muito conceituado Declan Donnellan, com dramaturgia de Pedro Villora, trazem ao 40º Festival de Almada um drama que quer ser comedia ou brinquedo teatral. A ideia é boa, porque, embora isso a que chamamos realidade sempre supere qualquer ficção no que diz respeito à verosimilhança ou à lógica, a história de La vida es sueño não deixa de ser uma espécie de brinquedo fantástico. Um brinquedo que parece ser feito para o desfrute popular e não para dar lições elevadas e grandiloquentes para às elites. - [Os perigos da cultura do entusiasmo: traballar gratis](https://erreguete.gal/2023/07/18/os-perigos-da-cultura-do-entusiasmo-traballar-gratis/): "O entusiasmo en si mesmo é algo marabilloso, axúdate a fluír na vida e tamén no traballo. Porén, cada vez me decato máis de que esta ferramenta tan marabillosa para a creación e para a vida pode converterse tamén na propia kryptonita da persoa que a posúe, se alguén —ou ata nós mesmas— se decide a empregala para manipularnos. E, o problema, é que, nesta sociedade, isto é algo que acontece con bastante frecuencia, e de xeitos aparentemente inocentes, pero bastante perversos". - [‘Ulysse de Taourirt’ | Compagnie Nomade in France](https://erreguete.gal/2023/07/18/ulysse-de-taourirt-compagnie-nomade-in-france/): Ulysse de Taourirt da Compagnie Nomade in France, propõe-nos uma viagem epopeica, musical e humorística, entre épocas e culturas. Ulysse de Taourirt é uma alegria que nos explica coisas duras, tristes, terríveis até, mas também exemplares no que diz respeito à capacidade para sobreviver, para amar e até para mudar as perspetivas. - [‘A equipa’ de Afonso Cruz e Rui M. Silva | Dentro do Covil](https://erreguete.gal/2023/07/17/a-equipa-de-afonso-cruz-e-rui-m-silva-dentro-do-covil/): O espetáculo do Rui M. Silva é simples, direto e poético ao mesmo tempo, sóbrio e emocionante. A equipa traz-nos reflexões dessas que a humanidade, para ser mais humanidade, necessita de voltar a colocar sobre os palcos, sobre as páginas dos livros, nos ecrãs etc. Todavia só no teatro vai haver um afeto e uma energia em interação, como se demonstra neste caso. - [Fuck Me](https://erreguete.gal/2023/07/17/fuck-me/): "Fuck Me" é unha sucesión de conmocións que acontecen no escenario grazas ao compromiso da artista e o seu equipo co momento presente, algo que achega unha vida á escena que fai que, como espectadores, non desconectemos nin un segundo do que acontece, sen importar realmente o que ou o como." - [‘Everywoman’ de Milo Rau e Ursina Lardi | Schaubühne Berlin](https://erreguete.gal/2023/07/16/everywoman-de-milo-rau-e-ursina-lardi-schaubuhne-berlin/): O 40º Festival de Almada ofereceu-nos a possibilidade de ver 'Everywoman' de Milo Rau e Ursina Lardi (Scahubühne Berlin), em que podemos experienciar um incrível equilíbrio entre a emoção chocante que suscita o tema da morte, e a serenidade que promove a ação e a reflexão da atriz Ursina Lardi e a não-atriz Helga Bedau, nos seus últimos meses de vida. A história é verídica e impressiona. - [Convócase o IV Premio PLATTA de Teatro Breve](https://erreguete.gal/2023/07/15/convocase-o-iv-premio-platta-de-teatro-breve/): Este certame nace á beira das actividades que se desenvolven na Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador formada pola FETACyL, Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA-Teatro em Iniciativa Associativa, FEGATEA e a erregueté, co obxectivo de estimular a escrita de textos teatrais e promover a súa  publicación e tradución, así como a súa difusión dentro do contexto do teatro amador. - [‘MOMO’ de Ohad Naharin | Batsheva Dance Company](https://erreguete.gal/2023/07/15/momo-de-ohad-naharin-batsheva-dance-company/): Atrever-me-ia a dizer que a coesa poética de Ohad Naharim em Momo é um convite para alargar e estender o tempo fora de preocupações quotidianas, de ideologias e posicionamentos políticos. Uma porta aberta ao prazer mais vinculado à espiritualidade, promovido por um movimento que, exceto nalguns contrapontos subtis, se apresenta quase como uma dança litúrgica. - [‘Minuit’ de Yoann Bourgeois Art Company](https://erreguete.gal/2023/07/14/minuit-de-yoann-bourgeois-art-company/): O 40º Festival de Almada ofereceu-nos a possibilidade do fascínio com Minuit de Yoann Bourgeois Art Company, uma peça que é pura magia no seu desafio às forças da gravidade. - [A 39ª MIT de Ribadavia arranca esta fin de semana](https://erreguete.gal/2023/07/14/a-39a-mit-de-ribadavia-arranca-esta-fin-de-semana/): A 39ª Mostra Internacional de Ribadavia, MIT, inaugúrase mañá, 15 de xullo, ás 20.30 horas, e desenvolverase ata o domingo 23 de xullo. No acto de inauguración, ademais dos espectáculos da arxentina Marina Otero e do multipremiado clown galego Roi Borrallas, tamén se fará entrega do Premio de Honra ao xornalista Luís Álvarez Pousa e ao director de escena Eduardo Alonso. - [‘O aniversário’ de Harold Pinter. Encenação de Peter Stein](https://erreguete.gal/2023/07/13/40o-festival-de-almada-o-aniversario-de-harold-pinter-encenacao-de-peter-stein/): Uma das montagens mais esperadas da 40ª edição do Festival de Almada foi Il compleanno (O aniversário) de Harold Pinter, por Tieffe Teatro Milano, na encenação do grande mestre Peter Stein. Aquele que se pode considerar como um dos nomes fundamentais do teatro contemporâneo alemão. - [Teatro Aberto estrea 'A trenza dos feitos amargos'](https://erreguete.gal/2023/07/13/teatro-aberto-estrea-a-trenza-dos-feitos-amargos/): O grupo amador Teatro Aberto de Cangas estrea a obra A trenza dos feitos amargos mañá, venres 14 de xullo, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela. A peza, dirixida por Xoán Carlos Riobó está baseada no libro 'Lola, filla de Cangas', de Asun Bernárdez Rodal. - [Festival Sementes: 28 anos sementando o presente e o futuro](https://erreguete.gal/2023/07/12/festival-sementes-28-anos-sementando-o-presente-e-o-futuro/): Crónica de Xoán Carlos Riobó e Antón Lamapereira da 28ª edición de Sementes, a Mostra Internacional de Artes para O Pequeno Público, que nesta 28ª edición acolleu os traballos de 26 compañías portuguesas e internacionais. - [‘CALVÁRIO’ de Rodrigo Francisco | Companhia de Teatro de Almada](https://erreguete.gal/2023/07/12/40o-festival-de-almada-calvario-de-rodrigo-francisco/): O teatro como metáfora e reflexo do mundo, sob a perspetiva da comedia, oferece nesta nova criação de Rodrigo Francisco – a 187ª produção da Companhia de Teatro de Almada, estreada a 5 de julho de 2023 – questões sem resposta e, nalguma medida, uma libertação pelo humor. - [Atalaya Teatro gaña o Premio do Público da MITCFC por 'El avaro'](https://erreguete.gal/2023/07/11/atalaya-teatro-gana-o-premio-do-publico-da-mitcfc-por-el-avaro/): A segunda e terceira obra máis votadas polo público foron, respectivamente, 'In petto', de Okidok, e 'Los Días Ajenos de Bob Pop', de El Terrat. - [O voto](https://erreguete.gal/2023/07/09/o-voto/): gora que estamos en época de pensar no exercicio do voto, vou tentar facer outro que é moi típico de opinadores e tertulianas de programas de televisión e radio ou mesmo de xornais. Propóñome analizar, vaiche boa!, o voto do público no teatro, niso que, segundo din, é un espello do mundo. Ao mellor até non descubro nada! - [40º Festival de Almada, referência principal no eixo atlântico peninsular](https://erreguete.gal/2023/07/08/40o-festival-de-almada-referencia-principal-no-eixo-atlantico-peninsular/): O Festival de Almada celebra a sua 40.a edição com alguns dos mais destacados criadores e companhias nacionais e internacionais. Vinte espectáculos de teatro, dança e novo circo (oito portugueses, doze estrangeiros) serão apresentados em nove palcos de Almada (Teatro Municipal Joaquim Benite, Escola D. António da Costa, Fórum Romeu Correia, Incrível Almadense, Academia Almadense) e Lisboa (Centro Cultural de Belém). - ['Isadora, Fala!' de Rita Lello](https://erreguete.gal/2023/07/07/isadora-fala-de-rita-lello/): O espectáculo de Rita Lello, Isadora, Fala! é uma criação de vozes sobrepostas que reivindica o corpo de mulher como pauta e como “lugar de fala”. - [Preséntase a erregueté #105 e o libro coas obras de Gustavo del Río e Lluïsa Cunillé na MITCFC](https://erreguete.gal/2023/07/06/presentase-a-erreguete105-e-o-seu-libro-de-dramaturxia-actual-na-40-mitcf-de-cangas/): A erregueté cumpre 40 anos en 2023 e presenta na Capela do Hospital de Cangas do Morrazo, o seu número 105, correspondente ao primeiro semestre deste ano. O acto enmárcase dentro da programación da 40ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. - [Deborah Vukusic gaña o VII Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2023/07/05/deborah-vukusic-gana-o-vii-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): Os outros textos que participaron neste Torneo foron: O inesperado encontro entre William Henry Gates III e o incerto señor Stephen William Hawking I, escrito por Manuel Cortés; Os robots non saben abrazar, de Ana Abad de Larriva, ; e Uxhía ou a falta de amor, de J. L. Baños de Cos. - [A MITCFC acolle a VII edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2023/07/04/a-mitcfc-acolle-a-vii-edicion-do-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): Deborah Vukusic, Ana Abad de Larriva, Manuel Cortés e José Luis Baños de Cos son as dramaturgas e dramaturgos participantes nesta edición, na que Esther F. Carrodeguas volverá exercer como mestra de cerimonias. - [A vedete e a corista na 40ª MITCF de Cangas](https://erreguete.gal/2023/07/02/a-vedete-e-a-corista-na-40a-mitcf-de-cangas/): Nunha homenaxe ao teatro frívolo de revista, transgresor e multidisciplinar antes ca outras poéticas contemporáneas, Sol Picó tócanos facendo emerxer, entre a diversión e o entretemento, a reivindicación da muller traballadora no ámbito artístico, a que se ten que ganar as lentellas e a que quere comer algo máis ca lentellas, igual que a corista que soña con ser vedete. A muller emancipada e creadora que se permite a alegría, a que se defende soa, a que se busca a vida, a que sae adiante malia o contexto adverso, a que pode brillar. - [O Teatro Gorrilla celebra o Orgullo cunha edición especial](https://erreguete.gal/2023/06/30/o-teatro-gorrilla-celebra-o-orgullo-cunha-edicion-especial/): As actuacións de Meiga-i, Nenaza, Fran Martínez, Paula Pier, Sorolla e Ceibe e O Rabelo conforman a programación especial do Teatro Gorrilla para a celebración do Orgullo, que este venres, 30 de xuño, percorrerá os bares da zona de Churruca, en Vigo. - [Festival PLATTA. Dez anos no fío das linguas](https://erreguete.gal/2023/06/30/dez-anos-festival-platta-teatro-amador/): O teatro amador celebra dez anos de unión entre Castela e León, Galicia e Portugal nunha nova edición do Festival Platta en O Carballiño. - ['40 anos de teatro' na MITCFC](https://erreguete.gal/2023/06/29/40-anos-de-teatro-na-mitcfc/): A erregueté | Revista Galega de Teatro participa neste encontro xunto coa propia MITCFC e compañías como a galega Tanxarina, a andaluza Atalaya, a madrileña Cambaleo ou a asturiana Teatro del Norte; todos eles proxectos que cumpren, veñen de cumprir ou están a piques de cumprir as catro décadas. - [A compañía SÖA estrea 'Fogar'](https://erreguete.gal/2023/06/29/a-compania-soa-estrea-fogar/): A compañía galega SÖA, formada por Marta Velázquez, Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo, estrea a súa peza 'Fogar' o día 30 de xuño, en Catoria; e levará a peza tamén a Ribadumia, o 14 de xullo. - [Elisa, Marcela e todas as demais](https://erreguete.gal/2023/06/28/elisa-marcela-e-todas-as-demais/): "Como un tren que avanza cara ao seu destino, a xira de "Elisa e Marcela" achégase á súa conclusión. E aínda que é triste vela chegar, debemos apreciar estes últimos anos, onde se pode observar o poder transformador do teatro. Como unha canción que deixa unha pegada indeleble nos nosos corazóns, Elisa e Marcela deixa unha impresión duradeira." - [Erro](https://erreguete.gal/2023/06/25/erro/): Normal está ben. Normal é o que ten que ser. E dende aí, tal vez, dende a normalidade das cousas, pode, en certas ocasións, aparecer o excepcional. - [A dramaturga Esther F. Carrodeguas recibe o premio Hai unha voz](https://erreguete.gal/2023/06/23/a-dramaturga-esther-f-carrodeguas-recibe-o-premio-hai-unha-voz/): Esther F. Carrodeguas, Marilar Aleixandre e Rexina Vega son as tres autoras premiadas no certame Hai unha voz, que a Deputación de Pontevedra promove en colaboración coa asociación Clásicas e Modernas, - [O Salón Teatro acolle a 'Ifixenia' do Proxecto NÓS/NOUS](https://erreguete.gal/2023/06/23/o-salon-teatro-acolle-a-ifixenia-do-proxecto-nos-nous/): A sede do Centro Dramático Galego acollerá dúas funcións da peza, unha mañá, sábado 24 de xuño, ás 20.00 horas, e outra o domingo, 25 de xuño, ás 19.00 horas. - [25 anos de teatro no ensino secundario do Morrazo](https://erreguete.gal/2023/06/22/25-anos-de-teatro-no-ensino-secundario-do-morrazo/): A MOTESMO foi e é un xermolo de arte, de construción de vida para algúns, de experiencias vividas para outras... A por outros 25 máis! - [A Agadic subvenciona as novas montaxes de 29 compañías galegas](https://erreguete.gal/2023/06/21/a-agadic-subvenciona-as-novas-montaxes-de-29-companias-galegas/): A Xunta distribúe estes fondos entre as dúas compañías beneficiarias na modalidade de proxectos plurianuais, as sete propostas escollidas na categoría de formacións de recente fundación, as cinco pezas seleccionadas no ámbito da danza e os 15 futuros espectáculos elixidos na categoría xeral que engloba as disciplinas de maxia, novo circo e teatro. - [O CDG celebrará o seu 40º aniversario cun espectáculo especial](https://erreguete.gal/2023/06/19/o-cdg-celebrara-o-seu-40o-aniversario-cun-espectaculo-especial/): O Centro Dramático Galego conmemorará en 2024 o seu 40º aniversario coa estrea no mes de abril dunha produción propia de gran formato que será unha das máis ambiciosas da súa historia, ao requirir en escena 20 actores e actrices. As bases do procedemento de selección pódense consultar na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais. - [A MIT de Ribadavia presenta o programa da súa 39ª edición](https://erreguete.gal/2023/06/19/a-mit-de-ribadavia-presenta-o-programa-da-sua-39a-edicion/): Abrirá coa estrea en Galicia da recoñecida directora arxentina Marina Otero o día 15 de xullo e pechará coa estrea do proxecto gañador do III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, 'O Auto do Castromil', o día 23 de xullo. - [Heredarás el cosmos](https://erreguete.gal/2023/06/19/heredaras-el-cosmos-viaxe-ao-cosmos/): "(...) O que máis me fascina das súas obras é iso: como mantén vivo e coleando o seu neno, a pesar do paso do tempo, a pesar de estar queimado, a pesar de todo...; o peso non é unha carga que non lle permita seguir avanzando polo camiño que lle indica o ronsel da súa estrela (...)". - [Berrobambán prepara un novo proxecto sonoro e teatral sobre ‘Mulleres que viven soas’](https://erreguete.gal/2023/06/19/berrobamban-prepara-un-novo-proxecto-sonoro-e-teatral-sobre-mulleres-que-viven-soas/): A compañía que encabezan Paula Carballeira e Chiqui Pereira está a liberar nas últimas semanas un 'podcast' titulado 'Mulleres que viven soas'. Trátase dunha serie de entregas nas que se difunde a experiencia vital de dez mulleres de diferentes perfís que servirán como base para o próximo espectáculo teatral de Berrobambán.  - [Anxo Eiriz e a Banda das Nogais](https://erreguete.gal/2023/06/18/anxo-eiriz-e-a-banda-das-nogais/): Esta é unha historia que até podería ser un mito, polo que pode ter de exemplar, aínda que estas cousas, hoxe en día, na época do dixital e das présas, parecen doutros tempos. Trátase dunha historia cun anti-protagonista. Todas as historias teñen que ter un protagonista arredor do que xira a acción. Pero esta non é unha historia ao uso porque esa figura nunca buscou o protagonismo, nunca quixo ser centro. Tampouco se trata dun personaxe, senón dunha persoa, Anxo Eiriz, o cura das Nogais (Lugo), que sempre cedeu o protagonismo ao pobo, á comunidade. - [O Centro Coreográfico Galego impartirá oito cursos formativos](https://erreguete.gal/2023/06/16/o-centro-coreografico-galego-impartira-oito-cursos-formativos/): Os diferentes obradoiros abordarán un amplo abano de aspectos desta disciplina artística, xa que van desde a posta en escena á distribución de espectáculos, pasando pola inclusión do xénero tradicional en todo tipo de montaxes ou polo papel da danza na terapia educativa e na saúde emocional. - [Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso, Premio de Honra da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2023/06/16/luis-alvarez-pousa-e-eduardo-alonso-premio-de-honra-da-mit-de-ribadavia/): A Mostra Internacional de Ribadavia, MIT, vén de dar a coñecer as dúas persoas homenaxadas co seu Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño na súa 39ª edición. O acto de recoñecemento desenvolverase o 15 de xullo, dentro do acto de inauguración da mostra. - [O Festival Atlántica de narración oral desvela o programa da súa 11ª edición](https://erreguete.gal/2023/06/14/o-festival-atlantica-de-narracion-oral-desvela-o-programa-da-sua-11a-edicion/): Os 42 espectáculos desta edición chegarán ata 24 sedes repartidas polas catro provincias galegas e representaranse máis de 80 funcións. - [A compañía Al Lío xira coa peza de danza-teatro 'HabitarMe'](https://erreguete.gal/2023/06/14/a-compania-al-lio-xira-coa-peza-de-danza-teatro-habitarme/): A Deputación de Pontevedra e a Fundación Igual Arte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, están a levar o espectáculo de danza e teatro 'HabitarMe' neste mes de xuño a cinco concellos da provincia. - ['JOSÉ, O PAI' de Elmano Sancho](https://erreguete.gal/2023/06/13/jose-o-pai-de-elmano-sancho/): Os espetáculos de autoria e encenação de Elmano Sancho que tenho visto, incluindo este, parecem sempre guardar algum segredo. Há neles um halo de mistério. Talvez seja porque a espetacularidade e os brilhos teatrais são sempre acompanhados por forças opostas e um halo de ritual religioso. - [AveLina Pérez estrea ‘Segunda man. Estado aceptable’ no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2023/06/10/avelina-perez-estrea-segunda-man-estado-aceptable-no-teatro-ensalle/): A artista residente do Teatro Ensalle de Vigo estrea esta fin de semana 'Segunda man. Estado aceptable'. Venres 9, sábado 10 e domingo 11 de xuño, ás 20h. na sala da Rúa Chile, 15 de Vigo. - [Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos](https://erreguete.gal/2023/06/07/metodoloxias-carroneras-para-corpos-invertidos/): "Para quem está feito "Metodoloxías carroñeras"? Para corpos invertidos? Creio que, em primeira instáncia, sim, porque o merecemos. Em princípio, parece que tem um nicho de público bastante reduzido, gente interessada em filosofia queer e a sua representaçom cénica." - [Galicia Escena PRO propiciou máis de medio milleiro de xuntanzas profesionais](https://erreguete.gal/2023/06/05/galicia-escena-pro-propiciou-mais-de-medio-milleiro-de-xuntanzas-profesionais/): Galicia Escena Pro superou este ano o medio millar de xuntanzas concertadas entre os máis de 180 profesionais acreditados co fin de dinamizar a contratación de espectáculos galegos. - [IA](https://erreguete.gal/2023/06/04/ia/): Ante a parálise son necesarios os estimulantes culturais que vertebran os elementos significativos da nosa dignidade. Porque unha das tarefas máis fundamentais da cultura, na forma que sexa, é emocionar no máis amplo sentido da palabra. - [A 35ª edição dos Festivais Gil Vicente decorre de 1 a 10 de junho em Guimarães](https://erreguete.gal/2023/06/02/a-35a-edicao-dos-festivais-gil-vicente-decorre-de-1-a-10-de-junho-em-guimaraes/): A 35ª edição dos Festivais Gil Vicente decorre de 1 a 10 de junho em Guimarães. Apoio a novas criações, estreias absolutas, trabalho em rede e coproduções marcam a edição que se apresenta no Centro Cultural Vila Flor e no Centro Internacional das Artes José de Guimarães. - ['Onde está o Relâmpago que Vos Lamberá as Vossas Labaredas'](https://erreguete.gal/2023/05/31/onde-esta-o-relampago-que-vos-lambera-as-vossas-labaredas/): Em 'Onde está o Relâmpago que Vos Lamberá as Vossas Labaredas', a heterodoxia da dança é saudável e prazenteira. O movimento diverso, complexo, cheio de pormenores, faz com que os tormentos se aclarem após as tormentas. - [Negligências cishetero na traduçom](https://erreguete.gal/2023/05/29/negligencias-cishetero-na-traducom/): "Um trabalho comparando as diferentes traduçons existentes de 4.48 Psychosis ao galego, português e espanhol de Manuel Vieites (2009), de Pedro Marques (2007), e as de Rafael Spregelburd (2006), Mª Eugenia Matamala (2014) e Eva Varela (2019), ainda que esta análise céntrase mais na de Vieites e na de Varela. Se calhar, os resultados da análise merecem algumha relfexom." - [Heredarás el cosmos](https://erreguete.gal/2023/05/29/heredaras-el-cosmos/): "En "Heredarás el cosmos" a proposta é a dun teatro que poderiamos chamar “ecolóxico” non só pola temática relacionada coa terra e con como o ser humano se comporta co entorno, senón pola mesma feitura da proposta: austera, achegada, que interpela directamente ao público." - [Eleccións](https://erreguete.gal/2023/05/28/eleccions/): "A cultura e as artes escénicas non importan, por iso na cidade máis populosa de Galiza, por exemplo, o seu teatro público está pechado máis de medio ano. Por iso, por exemplo, os edificios construídos co diñeiro de todas permanecen pechados máis días ao ano do que abertos á cultura e ás artes escénicas." - [Backstage](https://erreguete.gal/2023/05/27/backstage/): '"Backstage" é unha peza que diriamos feita a medida para a compañía NegroLópez, xa que aproveita os talentos propios dos seus integrantes (as habilidades para o teatro físico e o clown de Iván Davila e a pericia musical de Brais Iriarte) para construír con elas un espectáculo cuxa vis cómica é ben agradecida polo público'. - [Galicia Escena Pro celebra a súa 10ª edición](https://erreguete.gal/2023/05/26/galicia-escena-pro-celebra-a-sua-10a-edicion/): Congregará durante catro días en Santiago de Compostela máis de 180 axentes do sector co obxectivo de dinamizar a contratación dos espectáculos de produción galega, ao tempo que impulsar a súa proxección social. - [As compañías galegas Caramuxo, Rebordelos e Xampatito Pato no Camiño Escena Norte 2023](https://erreguete.gal/2023/05/25/as-companias-galegas-caramuxo-rebordelos-e-xampatito-pato-no-camino-escena-norte-2023/): As compañías galegas Caramuxo Teatro, Rebordelos e Xampatito Pato son as elexidas no Itinerario Constelacións cos seus espectáculos 'Crisálida', 'Amantis' e 'Só'. - [A Academia Galega de Teatro pide que 'Shakespeare en Roma' soe en galego no Festival de Mérida](https://erreguete.gal/2023/05/25/academia-galega-de-teatroshakespeare-en-roma-festival-de-merida/): Para a asociación galega, o contexto dos encontros internacionais como o Festival de Mérida, é o propicio para mostrar as capacidades das linguas. Piden que 'Shakespeare en Roma' se realice en galego. - [O Certame Metro Cadrado do FIOT acepta novas propostas](https://erreguete.gal/2023/05/23/o-certame-metro-cadrado-do-fiot-acepta-novas-propostas/): Convida as compañías ou artistas emerxentes a crear ou deseñar un espectáculo (de teatro físico, música, clown, performance, danza, manipulación de obxectos...) de entre 10 e 20 minutos, que se poida poñer en escena, especificamente, nun espazo non teatral. - [Che Mariño](https://erreguete.gal/2023/05/21/che-marino/): "Todos os premios a persoas que os merecen son unha alegría, porque sempre é bonito ver á xente contenta. Non obstante, no ámbito da cultura e, nomeadamente, das artes escénicas, aínda dan máis ledicia polo activismo e a xenerosidade que adoita implicar o traballo nesas áreas." - [O Teatro Gorrilla pecha tempada cun festival especial](https://erreguete.gal/2023/05/20/o-teatro-gorrilla-pecha-tempada-cun-festival-especial/): O Teatro Gorrilla pecha a tempada este sábado 20 de maio co clásico Festival Teatro Gorrilla, onde varios bares da zona de Churruca, en Vigo, acollen pezas de teatro, danza e varietés. - [Celébrase o III Certame Coreográfico Compostela](https://erreguete.gal/2023/05/19/celebrase-o-iii-certame-coreografico-de-compostela/): Este venres 19 de Maio de 2023 celébrase o III Certame Coreográfico Compostela no Teatro Principal de Santiago, promovido e realizado por Can Cun Quinqué, baixo a dirección de Isabel Sánchez Temprano e Leodan Rodríguez Casas, co apoio do Concello de Santiago. - [Necesidade dun Teatro Galego](https://erreguete.gal/2023/05/17/necesidade-dun-teatro-galego/): "Queremos sumarnos dende a Erregueté a esta vasta e en moitos casos sorprendente achega á figura dun divulgador, activista ou mesmo obreiro para algúns estudosos, da cultura e do galeguismo. Un pensador, del Riego, que tamén adicou o seu tempo, a súa sensibilidade e esforzo ao teatro". - [Anómico Teatro estrea 'Heredarás el cosmos' no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2023/05/16/anomico-teatro-estrea-heredaras-el-cosmos-no-teatro-ensalle/): A obra recolle unha serie de textos narrativos e autobiográficos, diálogos, poemas, cancións, aforismos e breves ensaios sobre o esgotamento de recursos, o estremecemento que corresponde á nova era de colapso, o esquecemento dese “facer coas mans” que caracterizaba unha época pre-industrial e que desapareceu coa frenética globalización do consumo ao instante. - [FITEI trauma e bravura](https://erreguete.gal/2023/05/15/fitei-trauma-e-bravura/): Na 46ª edición do FITEI, Gonçalo Amorim colocou dous conceptos: “Trauma e Bravura”, que a min me parecen clave para a comprensión e a intervención neste territorio, que ampliou ás comunidades afro-ibero-americanas. “Os ataques á democracia en diferentes partes do mundo, en particular, nos países da América do Sur, a crise migratoria, nas fronteiras dos países do norte cos do sur do mundo, o recente pasado colonial en África ou aínda a guerra que atravesamos en territorio próximo ao noso, son algunhas das cuestións que impulsan aos nosos artistas convidados a dar visibilidade, forma e significado a estas recorrentes experiencias marcadas pola violencia. Como podemos entón restablecer a bravura para confrontarmos todos estes traumas?”, reflexiona Gonçalo para explicarnos a programación dos 14 espectáculos que conforman o FITEI 46, con 7 coproducións e 4 residencias artísticas, porque o festival é, cada vez máis, casa de acollida para artistas cunha perspectiva de compromiso sociopolítico. - [Sal do Teatro estrea 'Brokeback Sabucedo'](https://erreguete.gal/2023/05/13/sal-do-teatro-estrea-brokeback-sabucedo/): 'Brokeback Sabucedo' é unha historia de amor entre dous amigos da infancia que se reencontran na Rapa das Bestas vinte anos despois, e dunha amizade comezan a aflorar outro tipo de sentimentos. Trátase dunha traxicomedia romántica que aborda a diversidade sexual no ámbito rural galego. - [FITEI 46: O Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica está de regresso de 10 a 21 de maio](https://erreguete.gal/2023/05/10/fitei-46-o-festival-internacional-de-teatro-de-expressao-iberica-esta-de-regresso-de-10-a-21-de-maio/): FITEI 46: O Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica está de regresso de 10 a 21 de maio ● “Trauma e Bravura” é o tema que molda a programação da 46ª edição do FITEI ● O festival tem como palco a cidade do Porto, mas também em Matosinhos, Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo, num total de 11 salas ● Serão apresentados 14 espetáculos, dos quais 7 são coproduções FITEI, com 4 estreias nacionais e 3 absolutas. - [O Salón Teatro acolle dez novas funcións de 'Fráxil. Handle with Care'](https://erreguete.gal/2023/05/09/o-salon-teatro-acolle-dez-novas-funcions-de-fraxil-handle-with-care/): Ana Vallés dirixe esta nova proposta de Matarile, coa que pecha unha triloxía en homenaxe á fraxilidade que deu comezo na pandemia con 'El diablo en la playa', de 2020, e que tivo a súa continuidade en 2022 con 'Inloca'. - [Marcia Vázquez estrea 'Vaivén' no Festival Primavera TRC Danza](https://erreguete.gal/2023/05/09/marcia-vazquez-estrea-vaiven-no-festival-primavera-trc-danza/): A bailarina viguesa Marcia Vázquez estrea o seu primeiro espectáculo para teatro, titulado Vaivén, no Teatro Rosalía Castro o vindeiro venres 12 de maio no marco do Festival Primavera TRC Danza. Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea que fai navegar ao público en mareas vivas. Na sinopse sinálase que “trala tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea?” - [Teatro Lento](https://erreguete.gal/2023/05/07/teatro-lento/): "No Teatro Lento non se pensa na data de estrea. Os días non teñen horario. Non require madrugar nin deitarse tarde. Pódese facer durmindo. Pero non é un soño". - [A MITCFC desvela a programación da súa 40ª edición](https://erreguete.gal/2023/05/07/a-mitcfc-desvela-a-programacion-da-sua-40a-edicion/): Dende o 25 de xuño até o 8 de xullo, Cangas acollerá teatro, danza, coloquios, presentacións, e exposicións, todo arredor das artes escénicas e do humor. - [A produción do CDG 'Un hotel de primeira sobre o río' inicia a súa xira](https://erreguete.gal/2023/05/04/a-producion-do-cdg-un-hotel-de-primeira-sobre-o-rio-inicia-a-sua-xira/): 'Un hotel de primeira sobre o río' é a segunda produción propia para 2023 do Centro Dramático Galego, na que se abordan temas como a especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigamento. - [Comeza a 6ª edición do CoruFest](https://erreguete.gal/2023/05/04/comeza-a-6a-edicion-do-corufest/): O CoruFest celébrase do 4 ao 14 de maio con figuras “emerxentes e referentes” das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ - [O festival Escenas do Cambio arranca a súa novena edición](https://erreguete.gal/2023/05/03/o-festival-escenas-do-cambio-arranca-a-sua-novena-edicion/): Do xoves 4 ao sábado 6 de maio, a novena edición de Escenas do cambio programa un total de dez creacións contemporáneas de danza, teatro, perfomance, música e poesía escénica nas que as transformacións e conflitos sociais actuais teñen un papel protagonista. - [Entende como é a cousa](https://erreguete.gal/2023/04/30/entende-como-e-a-cousa/): Gustaríame abordar os límites, as fronteiras e as tarefas da dirección escénica neses marcos. Que escapelo utilizamos para separar a dramaturxia na escenificación da dramaturxia en palco? Cales son as encomendas da dirección nun traballo de creación colectiva? Que diferencia a unha creadora dunha directora de escena? Porque se usa en moitos procesos artísticos o eufemismo da mirada externa, ata nos programas de man? O exceso de intrusismo lévanos a invisibilizar unha profesión ou a falta de rigor está levándonos a un todo vale na dirección ou a algo moito peor, un DIY (Do it yourself), faino ti mesma, só con ver este titorial en Youtube. - [Mensaxe do Día Internacional da Danza 2023, por Yang Liping](https://erreguete.gal/2023/04/29/mensaxe-do-dia-internacional-da-danza-2023-por-yang-liping/): A linguaxe corporal é a forma máis instintiva de comunicación que ten a humanidade. Xa como bebés acabados de nacer usamos as nosas mans e pés para realizar xestos similares á danza, mesmo antes de aprender a pronunciar unha palabra. É entón cando xorde a danza desta “lingua primitiva”. - [Ambición](https://erreguete.gal/2023/04/23/ambicion/): Imaxinades o mundo xirando con outro sistema económico? Complicado. Claro que máis complicado será facer o teatro nun futuro turbio, seco e tremendamente machista. - [Comeza a XII edición do TRCDanza 2023](https://erreguete.gal/2023/04/22/comeza-a-xii-edicion-do-trcdanza-2023/): Comeza a XII edición do TRCDanza 2023 co FESTIVAL PRIMAVERA, este sábado 22 de abril ás 20h30 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña coa peza Demente da Cía. Fran Sieira. - [A MITCFC presenta o cartel e as datas da súa 40ª edición](https://erreguete.gal/2023/04/21/a-mitcfc-presenta-o-cartel-e-as-datas-da-sua-40a-edicion/): Para conmemorar esta importante data, a organización da MITCFC quixo encargar o cartel “a un artista colaborador e cómplice da Mostra”, como é Diego Seixo, quen xa no ano 2016 fora o encargado de deseñar a imaxe da XXXIII edición. - [Arrinca a 36ª Dansa València, a cita estatal de referencia no sector](https://erreguete.gal/2023/04/19/arrinca-a-36a-dansa-valencia-a-cita-estatal-de-referencia-no-sector/): Arrinca a 36 edición de Dansa València, o festival organizado por Cultura da Generalitat, a través do IVC. Ademais dun festival de danza, trátase dun espazo de reflexión, encontro e promoción das artes do movemento facturadas no noso país. A Rede de Teatros Alternativos comeza as súas actividades para a celebración do seu 30 aniversario en 2023. Ao longo do curso desenvolveranse diversos obradoiros, abertos ao público, nos que se reflexionará e repasarán modelos e historia, pasado, presente e futuro, sobre diversos temas arredor da exhibición, formación e creación en salas alternativas. - ['Ás oito da tarde' recibe o Premio Max a mellor vestiario para Pier Paolo Alvaro](https://erreguete.gal/2023/04/17/as-oito-da-tarde-recibe-o-premio-max-a-mellor-vestiario-para-pier-paolo-alvaro/): Pier Paolo Alvaro acada o Premio MAX a mellor vestiario pola producción do CDG, Ás oito da tarde, cando morren as nais. Durante a gala de premios celebrada en Cádiz, Alvaro quixo agradecer ao CDG a oportunidade, así como a todo o elenco e xastras do equipo. O Centro Dramático Galego (CDG) estreou a montaxe Ás oito da tarde, cando morren as nais, con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, no Salón Teatro de Santiago de Compostela en abril de 2022. A montaxe levou a escena o texto da dramaturga AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e contou […] - [Tras da pegada dun teatro infantil LGTBQ+](https://erreguete.gal/2023/04/16/tras-da-pegada-dun-teatro-infantil-lgtbq/): "Cantos espectáculos de temática LGTBIQ+ explícita se fixeron nesta pasada tempada na nosa comunidade? Cantos coñecedes? Que falen sobre diversidade, tolerancia, compañeirismo e de que todxs somos diferentes hai moitos. Que traten de asuntos centrados na comunidade LGBTIQ+ claro que os hai, pero non tan visibles e en número suficiente. Esta é unha das reflexións á que nos pode levar esta pequena análise. A outra é que se nos abre un amplo camiño de investigación por diante." - [Cruzamentos de Camiño Escena Norte abre o prazo de presentación de solicitudes](https://erreguete.gal/2023/04/13/cruzamentos-de-camino-escena-norte-abre-o-prazo-de-presentacion-de-solicitudes/): Cruzamentos establece un tecido de espazos cómplices ao longo das cinco comunidades autónomas participantes no proxecto (Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra), a través de oito sedes que posibilitan unha rede de estadías profesionais que pretenden conectar o traballo de creadores e creadoras e compañías dos cinco territorios. - [O Salón Teatro acolle o espectáculo 'Quentando motores para Atlántica'](https://erreguete.gal/2023/04/12/o-salon-teatro-acolle-o-espectaculo-quentando-motores-para-atlantica/): A colombiana Carolina Rueda e o galego Quico Cadaval van protagonizar o espectáculo 'Quentando motores para Atlántica', un adianto do encontro de narración oral que se celebrará en xullo. Será o vindeiro 18 de abril no Salón Teatro de Santiago ás 20 horas. - [Lugo acolle a mostra de 'Universo Reich'](https://erreguete.gal/2023/04/10/lugo-acolle-a-mostra-de-universo-reich/): Será o vindeiro martes 11 de abril as 20.00 horas, no auditorio Gustavo Freire de Lugo, no marco do XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons que organiza a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, - [A humanidade no centro da dança](https://erreguete.gal/2024/02/04/a-humanidade-no-centro-da-danca/): A semana pasada comezou a 13ª edición do GUIdance, o festival internacional de danza contemporánea de Guimarães (Portugal), cun ollo posto nas corporalidades diversas e en como estas poden xerar tamén outras danzas igualmente diversas, fóra dos formatos e dos xustillos da danza académica ou de estilos predefinidos que someten e moldean os corpos. Danzas da humanidade ou a Humanidade que danza e que, polo seu amplo espectro, parecen non coller nunha Historia da danza. - [A MIT de Ribadavia convoca o 19º Premio Abrente de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2024/02/03/a-mit-de-ribadavia-convoca-o-19o-premio-abrente-de-textos-teatrais/): O Premio Abrente de Textos Teatrais aumenta este ano a súa dotación ata os 4 000€ e segue garantindo o apoio da edición e da escenificación das obras dramáticas gañadoras. O prazo de admisión de orixinais está aberto ata o día 15 de xuño de 2024. - [A nova programación de Vigocultura arranca con 'O bosque vivente'](https://erreguete.gal/2024/02/02/a-nova-programacion-de-vigocultura-arranca-con-o-bosque-vivente/): A programación municipal de artes escénicas do Concello de Vigo, Vigocultura, inaugura mañá a súa nova temporada, que acollerá 28 espectáculos entre este sábado, 3 de febreiro, e o vindeiro 28 de abril. - [A Agadic abriu unha nova convocatoria das axudas á creación escénica](https://erreguete.gal/2024/02/02/a-agadic-abriu-unha-nova-convocatoria-das-axudas-a-creacion-escenica/): A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de convocar unha nova edición das axudas á creación escénica de novos espectáculos producidos en Galicia, cunha dotación de 800 000 euros. - [Entrevista a Anne Plantagenet, escritora e tradutora francesa, sobre María Casares](https://erreguete.gal/2024/01/31/entrevista-a-anne-plantagenet-escritora-e-tradutora-francesa-sobre-maria-casares/): Na celebración do centenario do nacemento de María Casares, dirixín o ciclo de conferencias: "María Casares, do exilio ao escenario" no Museo de Belas Artes da Coruña a poucos metros da súa casa natal. Foi neste tempo de preparación cando descubrín a biografía de Anne Plantagenet sobre María: 'L'Unique Maria Casarés', publicada en Francia en 2021. Lin, creo, case todo o que se publicou sobre ela, pero nesta biografía encontrei á María que coñecín , o seu ritmo, o seu alento e a súa enerxía. Sabiamos que publicar en galego A ÚNICA, MARIA CASARÉS era o conxuro perfecto para que fixese a viaxe de volta do francés á súa lingua nova, aprendida e adoptada a súa lingua materna e facer así que as súas gargalladas e a súa voz voen libres na forza dos nosos ventos. - [Começa o XIII GUIdance 2024 de Guimarães de 1 a 10 de fevereiro](https://erreguete.gal/2024/01/31/comeca-o-xiii-guidance-2024-de-guimaraes-de-1-a-10-de-fevereiro/): Prestes a chegar às 13 edições, de 1 a 10 de fevereiro, o GUIdance vai exercitar uma vivência, tão larga quanto possível, com o corpo e a humanidade no centro da dança criada e protagonizada por artistas de diversas e distantes origens como Victor Hugo Pontes, Panaibra Gabriel Canda, Gio Lourenço, Wayne McGregor, Beatriz Valentim, Piny, Gaya de Medeiros, Shimmering Production, Diana Niepce, e Tjimur Dance Theatre. - [Impresións arredor da investigación sobre a identidade de xénero](https://erreguete.gal/2024/01/30/impresions-arredor-da-investigacion-sobre-a-identidade-de-xenero/): "A investigación teatral sobre identidade de xénero foi un proxecto impulsado pola EFFEA en colaboración co Festival Galicreques e que consistiu en seis sesións de investigación teatral gratuíta, unha sesión de recompilación de materiais e dúas mostras a público: unha no teatro Constante Liste de Teo e unha na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Esta investigación centrouse na identidade de xénero dende a expresión teatral." - [Nus](https://erreguete.gal/2024/01/29/nus/): O espectáculo 'Nus' (nós) da trapecista Celia Marcé é unha proposta de circo que explora a perda dun ser querido e a dor que esta produce. Ela soa (xeralmente) enche o escenario con acrobacias, humor e poesía. Tiven a oportunidade de ver esta peza o venres 2 de decembro na VIII edición do D10!, organizado por PistaCatro. - [O ciclo Clásicas Desfeitas renova o Hamlet de Cunqueiro facendo mestizaxe de teatro e videoxogos na Cidade da Cultura](https://erreguete.gal/2024/01/29/o-ciclo-clasicas-desfeitas-renova-o-hamlet-de-cunqueiro-facendo-mestizaxe-de-teatro-e-videoxogos-na-cidade-da-cultura/): O grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, adapta o escritor de Mondoñedo nunha obra itinerante e interactiva que bebe tamén de Shakespeare e do brasileiro Machado de Assis Trátase dunha produción internacional que terá a súa estrea en febreiro no Gaiás coas compañías brasileira Boccaccione e a galega Marinita y sus Maromas - [Doce uvas](https://erreguete.gal/2024/01/28/doce-uvas/): Estamos máis aburridos que nunca. Facemos e facemos e facemos, pero pola noite seguimos co corpo mal, con feridas, ansiedade, pouco apetito e sono. - [O Teatro Rosalía Castro acolle este venres 26 de xaneiro a estrea absoluta de ‘Non é unha canción’, da compañía Souvenir](https://erreguete.gal/2024/01/25/o-teatro-rosalia-castro-acolle-este-venres-26-de-xaneiro-a-estrea-absoluta-de-non-e-unha-cancion-da-compania-souvenir/): Souvenir, compañía galega de teatro contemporáneo e artes do movemento dirixida por David Alonso e María de las Llanderas presenta na Coruña o texto premiado no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A peza poderá verse o venres 26 de xaneiro, ás 20.30h. En ‘Non é unha canción’ Souvenir explora o universo do turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor ácedo e absurdo. - [Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia](https://erreguete.gal/2024/01/23/os-premios-maria-casares-rexistran-a-maior-participacion-da-sua-historia/): Os Premios de Teatro María Casares veñen de rexistrar a maior participación da súa historia ao inscribírense 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. - [Iribarne](https://erreguete.gal/2024/01/22/iribarne-2/): "Iribarne" é, ante todo, un traballo arqueolóxico, un labor de investigación masivo no que entender o noso pasado axúdanos a entender o noso presente e, se cadra, mesmo o noso futuro. Por que? Porque estamos ante unha das figuras que configurou o como sería España logo da ditadura (e mesmo durante), algo que nos afecta a día de hoxe queiramos ou non, pois vivimos nun estado deseñado conscientemente para que, logo de movelo todo, non se movese nada." - [Os tempos e o fracaso](https://erreguete.gal/2024/01/21/os-tempos-e-o-fracaso/): Como raza somos do peor, á vista está, o peor para os nosos iguais e o peor para o que nos arrodea. Non respectamos os tempos da aprendizaxe, só queremos resultados, éxitos e así nos vai como sociedade, acugulada de pílulas, a pílula para durmir, para espelirse, para centrarse, para relaxarse… en fin Pilarín que só queremos o resultado! - [Que Seria](https://erreguete.gal/2024/01/19/que-seria/): "Outra peza dunha artista negra que denuncia o racismo estrutural. Que preguiza. Ninguén quere ir ao teatro para que lle chamen racista. Ben, haberá xente que o faga, si? Eu non. Abúrreme sentarme na platea a escoitar un discurso que xa máis ou menos coñezo. E se a maioría da xente experimenta o mesmo rexeitamento ca min, para que serve subir unha denuncia ao escenario?". - [Autocrítica](https://erreguete.gal/2024/01/14/autocritica/): A autocrítica vén sendo un espello no que podemos mirarnos e arranxar aquilo que non nos fica ben ou que non funciona. É case como o teatro dramático, aquel que Aristóteles parecía ligar coa competencia da mímese e coa utilidade pedagóxica que esta nos podía reportar a través da catarse. Claro, o pracer e a dor xónguense na catarse dramática, igual que se xonguen na autocrítica. - [A Sala Ártika acolle a estrea de 'Penélope: destecendo o vínculo'](https://erreguete.gal/2024/01/12/a-sala-artika-acolle-a-estrea-de-penelope-destecendo-o-vinculo/): A estrea de 'Penélope, destecendo o vínculo', da compañía Constance Hurlé, abre esta fin de semana a nova programación escénica da Sala Ártika, en Vigo. Vinte e unha compañías pasarán nos próximos meses polo espazo situado na rúa Beiramar, que traerán á cidade 36 representacións de teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza. - [Paula Pier estrea 'Eu, fraude!' no Teatro Rosalía de Castro da Coruña](https://erreguete.gal/2024/01/12/paula-pier-estrea-eu-fraude-no-teatro-rosalia-de-castro-da-coruna/): A actriz Paula Pier estrea ‘Eu, fraude!’ este venres, 12 de xaneiro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. En palabras da creadora teatral: “trátase dunha experiencia única que invita ao espectador a agarrarse forte á vida e a berrarlle ao mundo coa voz do seu propio ser.” - [A Agadic convoca unha nova edición dos seus premios de literatura dramática](https://erreguete.gal/2024/01/10/a-agadic-convoca-unha-nova-edicion-dos-seus-premios-de-literatura-dramatica/): Xa está aberta a nova convocatoria dos tres premios de literatura dramática que a Xunta de Galicia convoca con periodicidade bienal: XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto. - [Maxia en movemento](https://erreguete.gal/2024/01/10/maxia-en-movemento/): "Os festivais de teatro de obxectos, marionetas, títeres e outras formas animadas como o Galicreques ou o Festival de Títeres do Carballiño, son eventos importantes e necesarios xa que fomentan a apreciación das artes escénicas como feito cultural. Son atractivos para persoas de todas as idades, desde a infancia ata persoas adultas, e permiten que pais, nais e fillas e fillos gocen en familia dunha experiencia teatral única". - [Crítica, dramaturxia e cuestións de pel](https://erreguete.gal/2024/01/07/critica-dramaturxia-e-cuestions-de-pel/): Nunca chove a gusto de todos, di o refrán. E leva boa razón. Hai tempo, un dramaturgo galego expresaba nas súas redes sociais unha sorte de queixa, respecto á desaparición da crítica teatral. No ámbito da literaria e doutras artes, nun xornal estatal, tamén aparecía un artigo no que se afirmaba que xa non había crítica que criticase e analizase ofrecendo perspectivas de disensión ou poñendo de relevo aspectos controvertidos. - [Aumentou nun 56%, en 2023, a programación das salas privadas de artes escénicas de Galicia](https://erreguete.gal/2024/01/07/aumentou-nun-56-en-2023-a-programacion-das-salas-privadas-de-artes-escenicas-de-galicia/): Tatiana Lickacheva, de Teatro del Andamio; Marcos Alonso e Anxo Fernández, da Sala Ártika, e Pedro Fresneda, de Teatro Ensalle e a Sala Gurugú achegaron cifras de resultados das respectivas salas, que no seu conxunto  programaron un total de 355 funcións, ás que acudiron 15.773 persoas. Estes números supoñen un incremento de algo máis do 56% con respecto ao ano anterior. - [Iribarne](https://erreguete.gal/2024/01/03/iribarne/): Who the fuck is Iribarne? Pida o reembolso do bilhete se nom se contestou à pergunta ao remate do espetáculo. Assim começa este documentário de 3 horas. Pero nom é um biopic. Esta peça é um diálogo entre dona Esther e dom Manuel. - [Adeus 23](https://erreguete.gal/2023/12/31/adeus-23/): Fixen unha listaxe con todas as noticias de estreas que chegaron á redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro durante o ano, tamén lle botei un ollo ao que se estreou nos diferentes festivais, visitei as páxinas web de algunhas compañías e volvín mirar as miñas redes sociais, nas que anoto as primeiras impresións de todos os espectáculos que fun ver. Saíame unha lista enorme que de ningunha maneira podía entrar en dez minutos de radio, nin sequera nun balance. Porque iso do balance, penso eu, deberá ter algún tipo de “balance”, na acepción inglesa, ou sexa, de equilibrio. Total, que para atallar tal cantidade de espectáculos decidín cortar polo san, como di a expresión castelá, ou vai ti saber se o que fixen foi, ao revés, cortar polo insán. - [Iván Fernández gaña o Premio Fin de Carreira en Arte Dramática e Ignacio Illán o Premio Extraordinario de Danza](https://erreguete.gal/2023/12/31/ivan-fernandez-gana-o-premio-fin-de-carreira-en-arte-dramatica-e-ignacio-illan-o-premio-extraordinario-de-danza/): Iván Fernández Diéguez vén de ser distinguido co Premio Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores en Arte Dramática, na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia, cursada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Ignacio Illán Sastre acadou o Premio Extraordinario de Ensinanzas Artísticas Profesionais en Danza, na especialidade de Danza Contemporánea, cursada no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.  Ambas distincións foron concedidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a unha ducia de estudantes das modalidades de Ensinanzas Artísticas Superiores e Profesionais de Galicia. - [O raro é que bailar sexa raro](https://erreguete.gal/2023/12/29/o-raro-e-que-bailar-sexa-raro/): "O corpo que nos presenta Andrea Quintana en "O raro é que bailar sexa raro" é o seu corpo e, ao mesmo tempo, algo máis que o seu corpo, xa que a bailarina e coreógrafa emprega o seu corpo como ferramenta de expresión e discurso político." - [O raro de bailar](https://erreguete.gal/2023/12/24/o-raro-de-bailar/): Se alguén me preguntase, agora mesmo, que é bailar?, non respondería o que estipularon os señores da Real Academia Galega: “mover o corpo segundo as regras do baile”. Eu diría: bailar é unha liberación, ou polo menos iso é o que experimentei con O raro é que bailar sexa raro. Felices festas! Bailemos! - [Arranca o IX Festival Pequeártiko](https://erreguete.gal/2023/12/22/arranca-o-ix-festival-pequeartiko/): O IX Festival Pequeártiko de Nadal arranca hoxe, 22 de decembro, e desenvolverase ata o día 31 deste mes, cun total de 12 funcións de teatro, títeres e danza dirixidas ao público familiar. - [O público ‘desde ese silencio’](https://erreguete.gal/2023/12/17/o-publico-desde-ese-silencio/): O sistema de produción, en xeral, as industrias, as do metal ou as culturais, por só citar dous exemplos, diríxense, despregando o marketing correspondente, a un público canto máis numeroso e amplo, mellor. Diríxense a un público consumidor. Por iso, aquí, importa o colectivo público e non a espectadora e o espectador, como singularidades. É como os medicamentos da industria farmacéutica, feitos para doenzas xenéricas ou xerais e non para doentes. A cantidade, a este respecto, evidentemente, importa. Cantos máis consumidores, canto máis público, mellor. A billeteira importa. - [TEP, Teatro Experimental do Porto celebra 70 anos](https://erreguete.gal/2023/12/15/tep-teatro-experimental-do-porto-celebra-70-anos/): Este ano, o Teatro Experimental do Porto comemora 70 anos de atividade. Com o Museu do Porto, no Palacete dos Viscondes de Balsemão, a companhia de teatro mais antiga do país inaugura uma exposição que revisita o seu arquivo. “70 anos TEP - Um arquivo vivo” inaugura este sábado, 16 de dezembro, às 16 horas, nas salas Triplex do Museu do Porto. - [O peso do Nadal](https://erreguete.gal/2023/12/10/o-peso-do-nadal/): O Nadal pesa e sae caro. Sabémolo ben quen vivimos no centro de Vigo e cando se achegan as fins de semana, a ponte de decembro ou algún festivo, nos encontramos sitiados, con dificultade para entrar ou saír co coche e até para camiñar e facer os recados máis básicos. - [Pallasos en Rebeldía estrea 'Vía morta' en Teo](https://erreguete.gal/2023/12/09/pallasos-en-rebeldia-estrea-via-morta-en-teo/): Pallasos en Rebeldía e Cultura Activa estrean 'Vía morta', este domingo 10 de decembro, no Auditorio Constante Liste de Teo. - [ADICTOS](https://erreguete.gal/2023/12/07/adictos/): Afundación trouxo aos seus teatros de Vigo, o García Barbón, o 6 de decembro, e Pontevedra, o 7 de decembro, unha peza cun aquel futurista que, non obstante, parece fincarse na actualidade máis próxima, xogando coa teoría da conspiración. Refírome a Adictos. Jugando a ser dioses de Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez, dirixida por Magüi Mira e cun reparto de actrices moi coñecidas, a nivel estatal, polos seus traballos no audiovisual e no teatro: Ana Labordeta, Lola Baldrich e a grande dama do teatro Lola Herrera, cuns sesenta anos de táboas e achegándose aos 90 anos de idade. - [Faz-se pública a programação da 13ª edição do GUIdance de Guimarães](https://erreguete.gal/2023/12/06/faz-se-publica-a-programacao-da-13a-edicao-do-guidance-de-guimaraes/): A 13ª edição do GUIdance – Festival Internacional de Dança Contemporânea emerge de 1 a 10 de fevereiro, em Guimarães. Através do corpo, e num mundo que se deseja mais tolerante e empático, a dança consubstanciada por espetáculos de Victor Hugo Pontes, Panaibra Gabriel Canda, Gio Lourenço, Wayne McGregor, Beatriz Valentim, Piny, Gaya de Medeiros, Shimmering Production, Diana Niepce, e Tjimur Dance Theatre, proporciona-nos uma viagem por outras culturas e identidades, encorpando um programa que amplia o nosso olhar sobre a natureza humana. A edição de 2024 do festival propõe assim uma experiência sensorial, imersiva e transformadora, cuja força criadora e misteriosa nos apela a fazer parte da sua existência. - [INK](https://erreguete.gal/2023/12/04/ink/): "En "Ink", Papaioannou reafirma a súa forza como creador de imaxes, obras de arte efémeras destinadas para a memoria do espectador e coas que vai compoñendo unha peza de dixestión tan frontal como esquiva. Se cadra sexa este o traballo no que o creador grego nos amose máis de si mesmo. Se cadra mesmo sen pretendelo, esteamos entrevendo os seus recunchos máis escuros e atormentados, a súa necesidade de loita contra unha luz que non o deixa en paz, a auga perturbadora e creadora de monstros, a redención pola beleza." - [Si tú te vas](https://erreguete.gal/2023/12/03/si-tu-te-vas/): "'Si tú te vas' fala da importancia da amizade e da comunidade nun momento tan singular como pode ser unha guerra. Unha idea de autoría e dirección conxunta entre a propia Pepa Plana e Nan Valentí que introduce, entre número cómico e número cómico, temas como a miseria que acompaña a calquera guerra, o fracaso do estamento militar ou a soidade e marxinación das persoas refuxiadas, obrigadas a deixar os seus fogares polo desastre." - [A compañía Nauta arranca unha investigación sobre a identidade de xénero](https://erreguete.gal/2023/11/30/a-compania-nauta-arranca-unha-investigacion-sobre-a-identidade-de-xenero/): "A compañía de teatro Nauta, en colaboración co artista drag Nico Elsker, organiza unhas sesións de teatro comunitario co obxectivo de investigar sobre a identidade de xénero dende a expresión teatral, en concreto a máscara teatral dende diferentes perspectivas." - [O CDG abre ao público o proceso creativo da peza ‘Vai e ven’](https://erreguete.gal/2023/11/28/o-cdg-abre-ao-publico-o-proceso-creativo-da-peza-vai-e-ven/): O CDG e os teatros nacionais en lingua irlandesa (Fíbín - An Taibhdhearc) e galesa (Theatr Genedlaethol Cymru) están a sentar as bases creativas para a futura coprodución do espectáculo 'Vai e ven, Teacht Agus Imeacht, Dod Ac Mynd'. A mostra da creación en proceso poderá verse hoxe, 28 de novembro, ás 20.00 horas, no Salón Teatro do CDG, en Santiago de Compostela. - [Chega a Compostela a VIII Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo](https://erreguete.gal/2023/11/28/chega-a-compostela-a-viii-edicion-do-d10-encontro-de-formacion-e-innovacion-en-circo/): Chega a Compostela e a Galicia a VIII Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo que a compañía Pistacatro vén organizando dende que cumpriu unha década. Pistacatro, compañía e produtora de novo circo máis relevante do noroeste da Península, con case 18 anos ás súas costas e traballando polo circo en Galicia, celebra a oitava edición dun proxecto centrado netamente na produción de coñecemento sobre o circo e en convertelo nunha plataforma destinada á mellora e innovación do sector circense en Galicia, en conexión con outras partes do mundo. - [Nuria Sotelo é galardoada nos 14º Premios ao Desenvolvemento Rural](https://erreguete.gal/2023/11/28/nuria-sotelo-e-galardoada-nos-14o-premios-ao-desenvolvemento-rural/): Nuria Sotelo é galardoada nos 14º Premios ao Desenvolvemento Rural pola dirección feminina do proxecto A Casa Vella outorgados pola Xunta de Galicia a través de Agader. - [Blues de medianoite](https://erreguete.gal/2023/11/27/blues-de-medianoite/): Alba pregúntanos se sabemos o que é a corchea de Swing. Na sala semella que non hai ninguén que o saiba. Entón aprendemos e sentimos, experimentamos e gozamos o que é a corchea de Swing e, dacabalo dela, entramos noutra dimensión que nos pon en contacto con aquelas estrelas que nos regalaron o Blues e o Swing. - [Cando tes que vender a moto](https://erreguete.gal/2023/11/26/cando-tes-que-vender-a-moto/): Ana Vallés, na súa performance 'Confundídesme con outra', cuxo texto vai saír publicado no número 106 da 'erregueté | Revista Galega de Teatro', en papel, afirmaba que non pensamos sos, que pensamos xuntos. Mais para dicirnos isto mirábanos directamente e incluso nos pediu se queriamos bailar con ela. Dubido que isto se poida facer coa mediación tecnolóxica, mirando para os nosos “smartphones”. - [Silvia Penas & Samuel Merino (Galiza) e Alexandre Sá (Portugal) gañan o II Premio Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023](https://erreguete.gal/2023/11/25/silvia-penas-samuel-merino-galiza-e-alexandre-sa-portugal-ganan-o-ii-premio-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-2023/): 'Vida útil da porcelana' de Silvia Penas e Samuel Merino (Galiza) terá a súa estrea no Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, e 'Neste momento' de Alexandre Sá (Portugal) terá a súa estrea no Forum Metropolitano da Coruña, como propostas escénicas merecedoras do II Premio Festival Pezas dun Teatro do Porvir Galiza + Portugal 2023, que organiza a AELG. - [Iphixenia na porta do súper](https://erreguete.gal/2023/11/23/iphixenia-na-porta-do-super/): "'Iphixenia na porta do súper' é un espectáculo que xira en torno á actriz que interpreta a Ifi, unha Alba Caneda que é quen de facernos viaxar con ela a través das paisaxes e sucesos que nos conta, do mesmo xeito que vai abrindo o seu corazón aos poucos, malia que o que amose sexa unha coiraza de dureza". - [Este sábado celébrase na Coruña o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal](https://erreguete.gal/2023/11/17/este-sabado-celebrase-na-coruna-o-vi-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-galiza-portugal/): A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, desde a súa Sección de Literatura Dramática, organizan o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal, este sábado, 18 de novembro de 2023, no Forum Metropolitano da Coruña, co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, Deputación Provincial da Coruña e o Centro Cultural Português em Vigo do Instituto Camões. - [Síbaris](https://erreguete.gal/2023/11/16/sibaris/): "Estreouse en Vigo 'Síbaris', a única peza escrita para o teatro polo novelista Domingo Villar, falecido de xeito súbito hai un ano e coñecido creador do detective galego Leo Caldas. Sen dúbida, o meirande atractivo da peza está na súa autoría e no feito de ser esta a única ocasión na que poderemos ver un texto teatral escrito por Villar. Unha homenaxe sinalada xa dende o comezo, co seu retrato proxectado no pano do escenario do teatro Afundación de Vigo, e ao que acudiron familiares e amigos, así como un enorme número de fans do autor, até mesmo encher a última butaca." - [Pelotas](https://erreguete.gal/2023/11/12/pelotas/): O peloteo non é outra cousa máis que outro exemplo de corrupción. É unha corrupción en primeira persoa, pero igual de nociva que calquera outra e que explica moitas cousas. - [Estréase 'Almar' no Auditorio Municipal do Carballiño](https://erreguete.gal/2023/11/11/estrease-almar-no-auditorio-municipal-do-carballino/): ALMAR. O SEGREDO DE ALBERT EINSTEIN E A ESPÍA RUSA MARGARITA. Este sábado 11 e domingo 12 de novembro ás 20:00h estrea no Auditorio Municipal do Carballiño Almar, un texto que recrea a despedida entre dous namorados: Albert Einstein e a espía soviética Margarita Konionkova. - [Cómo ser Superwoman y no morir en el intento](https://erreguete.gal/2023/11/11/como-ser-superwoman-y-no-morir-en-el-intento/): "'Como ser Superwoman y no morir en el intento, de Impulso Teatral, fala da presión social de ser unha muller en pleno 2023. Unha muller normal con traballo, fillos, casa, parella, afeccións e responsabilidades". - [O grupo As Guapilongas gaña os Premios Xuventude Crea de Teatro](https://erreguete.gal/2023/11/09/o-grupo-as-guapilongas-gana-os-premios-xuventude-crea-de-teatro/): O xurado outorgou o primeiro premio ao grupo As Guapilongas, de Vigo, pola obra 'Prázdno'. En segundo lugar quedou a compañía Sarabia Teatro, de Arteixo, que puxo en escena 'Diario dun tolo', e o lucense Teatro D’o Carón fíxose co terceiro premio coa peza 'Ao fin, Hamlet'. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo Erantres, de Arteixo,  pola obra 'Tres mistos'. - [Teatro do Noroeste estrea 'As damas de Ferrol'](https://erreguete.gal/2023/11/08/teatro-do-noroeste-estrea-as-damas-de-ferrol/): A compañía galega Teatro do Noroeste vai estrear o seu novo espectáculo, 'As damas de Ferrol'. Trátase dun texto en clave feminista, que está dirixido por Clara Gayo, con dramaturxia de Eduardo Alonso. A veterana compañía presenta así unha proposta coa que revisita un dos textos máis senlleiros do seu repertorio, que xa montara hai máis de 20 anos, entón baixo a dirección do propio Eduardo Alonso, abrindo agora unha nova senda estética e escénica. - [O CDG estrea o espectáculo 'Manuela Rey Is In Da House'](https://erreguete.gal/2023/11/08/o-cdg-estrea-o-espectaculo-manuela-is-in-da-house/): O CDG estrea en Portugal, en colaboración co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto, a súa próxima produción, 'Manuela Rey Is In Da House'. A montaxe inaugurará mañá, venres día 10 de novembro, a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado, día 11. - [Ellos y yo o esa extraña sensación de que los árboles te miran](https://erreguete.gal/2023/11/07/ellos-y-yo-o-esa-extrana-sensacion-de-que-los-arboles-te-miran/): "'Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran' fala da infancia, da inocencia, do imaxinario dun neno que creceu nos noventa con Son Goku, as Tartarugas Ninja e co troque de cromos no patio do colexio". - [Conciliar as preposicións co teatro](https://erreguete.gal/2023/11/05/conciliar-as-preposicions-co-teatro/): Nestes días lembrei unha conversa que tiven cun dos meus fillos, porque me serviu de panca para falar nesta nova irreverencia sobre as estreas teatrais nos seus momentos pre e pos, é dicir, no antes e no despois da voráxine. - [Nasce em Braga o festival Utopia](https://erreguete.gal/2023/11/02/nasce-em-braga-o-festival-utopia/): Nasce em Braga o festival Utopia. De 2 a 12 de novembro reúne mais de 100 convidados com diversas atividades e espetáculos. Em Braga, toda a literatura é uma Utopia – é este o mote do festival literário que, pela primeira vez, transforma a Cidade dos Arcebispos em Amarout, a capital da Utopia imaginada por Thomas More. Entre 2 e 12 de novembro, uma programação eclética vai inundar diferentes espaços da cidade, do Theatro Circo à Capela Imaculada, sempre com a literatura como ponto de partida e de encontro. Para todas as faixas etárias e para todos os gostos, conversas, espetáculos, oficinas, workshops, sessões em escolas e, até, passeios literários são algumas das opções que estarão ao dispor dos visitantes. - [Que vinte anos é algo](https://erreguete.gal/2023/10/29/que-vinte-anos-e-algo/): Na vida o tempo pasa rapidamente, tempus fugit. Ou iso parece, especialmente na era da "multitarefa" de produtividade e consumo desenfreados. Tamén acontece rapidamente cando facemos o que nos gusta. “Que veinte años no es nada”, din na famosa canción. Pero, palabra de galego, todo depende. - [Teatro Ensalle de Vigo recibe o Premio da Crítica de Artes Escénicas 2023](https://erreguete.gal/2023/10/29/teatro-ensalle-de-vigo-recibe-o-premio-da-critica-de-artes-escenicas-2023/): Na gala da 46 edición do Premios da Crítica de Galicia, celebrada este sábado 28 de outubro, o Teatro Ensalle de Vigo recibiu o Premio da Crítica de Artes Escénicas 2023. - [Run, Baby, Run](https://erreguete.gal/2023/10/27/run-baby-run/): "Run, Baby, Run traslada-nos esta realidade a umha atleta intersexual de Laça, Alba Loureiro. Alba perde a luita, a história acaba mal, a protagonista nom consegue o seu objetivo. E alegro-me, porque essa é a realidade. A realidade é que, no mundo transfóbico e misógino no que vivemos, Alba só poderá correr no Entroido de Laça como peliqueira, mas nunca a vam deixar competir a nom ser que passe polo aro do sistema." - [VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal](https://erreguete.gal/2023/10/26/vi-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-2023-galiza-portugal/): Dirixido ás creadoras e creadores que están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os escenarios, a AELG convoca o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal, co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, a subvención da Deputación Provincial da Coruña e a complicidade do Centro Cultural Português em Vigo do Instituto Camões. Nesta sexta edición, o festival acollerá 7 proxectos (4 galegos e 3 portugueses), que serán amosados e compartidos en público. Prazo para a presentación de propostas: 3 de novembro de 2023. - [MicroEscena Lab](https://erreguete.gal/2023/10/26/microescena-lab/): "A Morada ofrece de xeito regular o MicroEscena Lab, onde o seu espazo pasa a ser habitado por espectáculos en formato breve (uns 15 minutos cada un), desenvoltos en diferentes fases (investigación, composición, confrontación co público) e exhibidos en diferentes espazos da mesma casa, de xeito simultáneo." - [XLVIII Premi Born de Teatre 2023 para Miguel A. González](https://erreguete.gal/2023/10/23/xlviii-premi-born-de-teatre-2023-para-miguel-a-gonzalez/): Nunha cerimonia celebrada o sábado 21 de outubro de 2023, no Teatre des Born de Ciutadella de Menorca, a presidenta do Cercle Artístic de Ciutadella, entidade organizadora e promotora do Premi Born de Teatre, Lina Pons Massanet, e as secretarias do Premi Born, Rosa Gornés Gomis y Roser Garcia, deron a coñecer a obra gañadora da XLVIII edición, a que se presentaron 245 textos, procedentes de 23 países distintos. O xurado da XLVIII edición do Premi Born, en 2023, decidiu, por unanimidade, concederlle este galardón a 'Y que nunca he llorado' de Miguel Ángel González González. - [O Premi Born é máis ca un premio](https://erreguete.gal/2023/10/22/o-premi-born-e-mais-ca-un-premio/): Volvemos a Ciutadella de Menorca para celebrar o XLVIII Premi Born de Teatre 2023, que promove o Cercle Artístic desa cidade. Alí presentamos, o venres 20 de outubro, Carlos Gil e máis eu as edicións da peza gañadora na edición do ano pasado, 'El gos' de Lluïsa Cunillé Salgado. O colega e amigo Carlos Gil presentou a tradución castelá, 'El perro', feita pola propia dramaturga, e a tradución ao éuscaro, 'Txakurra', feita por Aizpea Goenaga, ambas publicadas por Artezblai. Eu presentei a tradución ao galego, 'O can', publicada no volume 4 da colección de dramaturxia contemporánea da erregueté. - ['Fronterizas' pecha en Santiago a quinta edición de Camiño Escena Norte](https://erreguete.gal/2023/10/22/fronterizas-pecha-en-santiago-a-quinta-edicion-de-camino-escena-norte/): Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, despídese do público esta fin de semana, co espectáculo 'Fronterizas', da compañía cántabra Mari Paula Danza & Performance. - [O FIOT acolle esta fin de semana varias estreas en Galicia](https://erreguete.gal/2023/10/20/o-fiot-acolle-esta-fin-de-semana-varias-estreas-en-galicia/): Vicky Luengo, co multipremiado texto de Suzie Miller 'Prima Facie';  a compañía vasca Kulunka Teatro e a súa nova creación, 'Forever'; a última peza de Diego Anido, que foi premiada con dous premios María Casares 2023; o regreso do mito de Iphixenia ao festival, entre outras propostas, son algunhas das citas imprescindibles destes días no FIOT. - [Outras dramaturxias con obxectos no FIMP'23](https://erreguete.gal/2023/10/15/outras-dramaturxias-con-obxectos-no-fimp23/): O sábado 14 de outubro asistín á penúltima xornada do FIMP'23, o Festival Internacional de Marionetas do Porto (Portugal) e puiden gozar de catro espectáculos moi diferentes que combinaban poéticas obxectuais, das cales o monicreque, como o concibimos tradicionalmente, é só unha parte mínima, a do boneco, máis ou menos antropomórfico, que actúa como metáfora da persoa, ao igual que as convencións xerais da ficción no teatro dramático. - [Dádeme unha canizaría, que xa monto eu a festa](https://erreguete.gal/2023/10/15/dademe-unha-canizaria-que-xa-monto-eu-a-festa/): Encher un teatro está ben. Seguro que o sabe facer moita xente. Non só un alcalde ou un concelleiro. Moita xente. A Dirección Artística dun centro cultural, ou dun teatro, ou dun museo, iso xa non calquera. Seguro que o Ministro de Cultura francés non sabe dirixir o festival de Avignon. Non pasa nada... Encher un teatro é un éxito. Garantir a pluralidade na cultura, é unha responsabilidade pública. - [Redrum Teatro estrea 'O pequeno poni' no FIOT](https://erreguete.gal/2023/10/13/redrum-teatro-estrea-o-pequeno-poni-no-fiot/): O Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, de Carballo acolle hoxe, 13 de outubro, ás 21.00 horas, a estrea absoluta do espectáculo 'O pequeno poni', da compañía Redrum Teatro, a partir dun texto asinado polo dramaturgo Paco Bezerra. - [ButacaZero estrea 'Iribarne' no teatro Valle-Inclán de Madrid](https://erreguete.gal/2023/10/12/butacazero-estrea-iribarne-no-teatro-valle-inclan-de-madrid/): ButacaZero estrea a súa nova proposta escénica, 'IRIBARNE', hoxe, 12 de outubro, noTeatro Valle-Inclán de Madrid. A peza, unha revisión da figura de Fraga en clave de humor, é unha coprodución de ButacaZero co Centro Dramático Nacional (CDN) e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e estará en cartel na Sala Francisco Nieva ata o 12 de novembro. - [O FITO inaugura hoxe a súa 16ª edición](https://erreguete.gal/2023/10/12/o-fito-inaugura-hoxe-a-sua-16a-edicion/): A décimo sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, arranca hoxe, cunha programación que se desenvolverá ata o domingo 22 de outubro. - [O FIOT de Carballo acolla a estrea do espectáculo inclusivo 'É meu amigo!'](https://erreguete.gal/2023/10/11/o-fiot-de-carballo-acolla-a-estrea-do-espectaculo-inclusivo-e-meu-amigo/): 'É meu amigo!' é un espectáculo inclusivo para persoas xordas e ouvintes, no que a lingua de signos e lingua oral contan e se integran por igual grazas ao traballo  conxunto, para a creación desta peza, de Gema Santos e Caxoto, - [Camiño Escena Norte chega a Viveiro, Carballo, Vimianzo e Portomarín](https://erreguete.gal/2023/10/10/camino-escena-norte-chega-a-viveiro-carballo-vimianzo-e-portomarin/): Do venres 13 ao domingo 15, a veciñanza destes municipios poderá gozar coas representacións de 'Sexpiertos', da compañía vasca Tanttaka Teatroa, 'Misery,' da asturiana Saltantes Teatro, ou de 'Circus Magníficus', da cántabra Malabaracirco.  - [A 28ª edición do Festival Galicreques arrancou esta fin de semana](https://erreguete.gal/2023/10/08/a-28a-edicion-do-festival-galicreques-arrancou-esta-fin-de-semana/): O Festival Galicreques arrancou esta fin de semana a súa 28ª edición, que se desenvolverá ata o 15 de outubro, ofrecendo máis de sesenta funcións. - [Jon Fosse, Premio Nobel](https://erreguete.gal/2023/10/08/jon-fosse-premio-nobel/): Rematei a aula lembrándolles que o itinerario de Dramaturxia é o único, dentro das especialidades da ESADg (Interpretación, Escenografía, Dirección escénica), que pode conducir ao Premio Nobel, que non cho conceden por ser actor, directora de escena nin escenógrafa. A brincadeira non sei se tivo algún efecto, non obstante, é pertinente nun contexto como o noso, no que a dramaturxia, malia ser a nai de calquera espectáculo de teatro, parece a invisible, a esquecida e a menos considerada. - ['Sobe aos teus soños' abre a nova temporada de Vigocultura](https://erreguete.gal/2023/10/06/sobe-aos-teus-sonos-abre-a-nova-temporada-de-vigocultura/): O espectáculo de rúa 'Sobe aos teus soños: Rock in the Ai'r, de Pablo Méndez Performances abre hoxe ás 20.00 horas a nova programación cultural municipal do Concello de Vigo Vigocultura. A función farase na rúa do Príncipe, ao igual que mañá, á mesma hora, a do espectáculo 'Psychodelia', de Troula, facendo un percorrido entre o museo MARCO e a Porta do Sol, - [Arranca o IV Festival Comediártiko](https://erreguete.gal/2023/10/06/arranca-o-iv-festival-comediartiko/): A cuarta edición do Festival Comediártiko arranca este fin de semana na Sala Ártika, en Vigo. A primeira peza que ofrece o programa é 'Cómo ser superwoman y no morir en el intento', da compañía madrileña Impulso teatral, con funcións este sábado e este domingo. - [O FIOT rende homenaxe ao Xestal coa estrea de 'Apaga o candil'](https://erreguete.gal/2023/10/03/o-fiot-rende-homenaxe-ao-xestal-coa-estrea-de-apaga-o-candil/): A 32ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro rende homenaxe á figura de Carlos Díaz ‘O Xestal’ coa estrea absoluta, esta fin de semana, do espectáculo 'Apaga o candil'. A peza, coproducida por Contraproducións e o propio FIOT, está dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por Avelino González e Toni Salgado. - [Carta á verdade máis grande](https://erreguete.gal/2023/10/01/carta-a-verdade-mais-grande/): É a verdade máis grande, ou polo menos unha das verdades máis grandes. Mentira non é. O teatro nunca podería ser mentira porque as accións, palabras e emocións son reais. Cando se discute, cando se ri, chora, fala, berra, camiña, abraza, cando se vive enriba dun escenario, todo é de verdade. Porque é o que di, o que fai, o que sente a personaxe e no tempo que dura a función é a personaxe a que existe. - [Nova Galega de Danza estrea 'BERRO' en Narón](https://erreguete.gal/2023/09/30/nova-galega-de-danza-estrea-berro-en-naron/): Nova Galega de Danza cumpre vinte anos este ano e comeza os actos de celebración coa presentación dunha nova peza, 'BERRO'. A estrea terá lugar no Pazo da Cultura de Narón hoxe, sábado 30 de setembro, ás 20.00 horas. - [Ibuprofeno Teatro estrea 'Deadpan Karaoke' na Estrada](https://erreguete.gal/2023/09/30/ibuprofeno-teatro-estrea-deadpan-karaoke-na-estrada/): Ibuprofeno Teatro estrea hoxe 'Deadpan Karaoke', a súa primeira montaxe cunha directora convidada. Patricia Rodríguez asina a dirección deste espectáculo interpretado por Marián Bañobre, no que a actriz explora os límites do humor nunha proposta multidisciplinar dirixida a público adulto. A estrea terá lugar no Teatro Principal da Estrada esta tarde ás 20:30 horas e a montaxe conta co apoio da Xunta de Galicia. - [Encontro de artistas LGBT+](https://erreguete.gal/2023/09/29/encontro-de-artistas-lgbt/): "A representación do noso traballo, afonda na liberdade creativa e das persoas. A nosa obra exemplifica unha realidade cultural diversa, que é quen de dialogar coa cidadanía e ofrecerlle máis opcións e outros puntos de vista, que fan que a cultura sexa un exemplo de convivencia e siga tento unha capacidade transformadora dentro da sociedade." - [A Rúa dos Contos inaugura a 32ª edición do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2023/09/28/a-rua-dos-contos-inaugura-a-32a-edicion-do-fiot-de-carballo/): A 32ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro arranca hoxe, xoves, 28 de setembro. Faino, como é habitual, con enerxía e troula grazas á Rúa dos Contos, o ciclo de narración oral que espallará o humor polos bares e espazos de encontro de Carballo ao longo de todo o festival. - [A Xunta impulsará a profesionalización de grupos teatrais gañadores do Xuventude Crea](https://erreguete.gal/2023/09/27/a-xunta-impulsara-a-profesionalizacion-de-grupos-teatrais-ganadores-do-xuventude-crea/): A Xunta de Galicia ofreceralles aos grupos gañadores do programa Xuventude Crea, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude, a posibilidade de formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral. - [Quico Cadaval celebra os seus trinta anos na narración oral](https://erreguete.gal/2023/09/26/quico-cadaval-celebra-os-seus-trinta-anos-na-narracion-oral/): O Teatro Principal de Santiago acolle hoxe un espectáculo especial de Quico Cadaval, en celebración e homenaxe aos trinta anos que leva dedicándose á narración oral. A Asociación Memoria Atlántica, organizadora do Festival Atlántica, argallou coa colaboración da Agrupación Cultural O Galo e o patrocinio do Concello de Santiago esta función que aspira a ser "unha homenaxe, un agradecemento e unha celebración das boas historias". - [Ás voltas co teatro comunitario](https://erreguete.gal/2023/09/24/as-voltas-co-teatro-comunitario/): Chega setembro e con el as voltas; á escola, ás programacións culturais, ás rutinas persoais e tamén a nosa sección en forma de cita mensual, como a regra. Pois ao pensar nos hábitos saudábeis lembrei que non escribín sobre o teatro comunitario, práctica que levo realizando dende hai moitos anos e que abordarei hoxe dende unha perspectiva informal e, como non, irreverente. - [Antagonista Teatro estrea 'Insubmisa' no Carballiño](https://erreguete.gal/2023/09/23/antagonista-teatro-estrea-insubmisa-no-carballino/): Antagonista Teatro estrea hoxe, sábado 23 de setembro, no Auditorio Manuel María do Carballiño o seu novo espectáculo, 'Insubmisa'. Trátase dunha montaxe baseada nun texto propio escrito por Jose Vaquero, que se inspira no personaxe mitolóxico de Medea - [Xerpo e o CDG estrean 'Bailar no ceo'](https://erreguete.gal/2023/09/22/xerpo-e-o-cdg-estrean-bailar-no-ceo/): Cangas acolle a preestrea e Sanxenxo a estrea da montaxe de 'Bailar no ceo' dirixida por Irene Moreira a partir do texto de Ana Abad de Larriva. - [O Salón Teatro acollerá a estrea absoluta de 'Run Baby Run'](https://erreguete.gal/2023/09/16/o-salon-teatro-acollera-a-estrea-absoluta-de-run-baby-run/): 'Run Baby Run' terá a súa estrea absoluta o vindeiro 6 de outubro no Salón Teatro do Centro Dramático Galego (CDG) de Santiago de Compostela, que acollerá tamén outras dúas funcións: unha o 7 e outra o 8 de outubro. Fátima Delgado asina o texto desta peza dirixida por Jana Pacheco que contará tamén cunha xira por diferentes espazos da xeografía española - [Alberto Ramos gaña o XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2023/09/12/alberto-ramos-gana-o-xxi-premio-rafael-dieste-de-textos-teatrais/): A obra, 'Conxo, non restraint', xira arredor da violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo. - [Coimbra acolle a Mostra de Teatro Galego](https://erreguete.gal/2023/09/12/coimbra-acolle-a-mostra-de-teatro-galego/): A Mostra de Teatro Galego en Coimbra está coproducida pola compañía portuguesa A Escola da Noite e a asociación Cena Lusófona e acollerá artistas e compañías como Quico Cadaval, Cándido Pazó, Excéntricas Producións, Contraproducións, Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Os Náufragos Teatro e AveLina Pérez, así como o Centro Dramático Galego. - [Metodologias e práticas colaborativas na criação cénica](https://erreguete.gal/2023/09/10/metodologias-e-praticas-colaborativas-na-criacao-cenica/): Na natureza das artes cénicas está o facto relacional. Nos atos teatrais, em qualquer modalidade cénica (dança, teatro, circo, performance e hibridações várias), quer nos teatros e salas dedicadas a espetáculos, quer em espaços não convencionais, o encontro e a partilha são bases fundamentais. É evidente, portanto, que a realização e o desfrute das artes cénicas ou também intituladas, por influência francesa, “artes vivas”, dependem da colaboração. - [O FIOT desvela a programación da súa 32ª edición](https://erreguete.gal/2023/09/09/o-fiot-desvela-a-programacion-da-sua-32a-edicion/): A nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, festexará a súa 32ª edición entre os días 28 de setembro e 31 de outubro, cun programa rico e diverso que se estenderá ao longo dun mes de funcións e actividades de mediación para todos os públicos, da man de figuras ou compañías da escena actual como Vicky Luengo, Ariadna Gil, Andrés Lima, Paco Bezerra, Pepe Viyuela, Javier Gutiérrez, Kulunka Teatro, Cándido Pazó, Diego Anido o Redrum Teatro, entre moitas outras. O FIOT preséntase un ano máis “como unha cita escénica que leva a singularidade no seu ADN, […] - [Sebastián Moreno gaña o IV Premio PLATTA de Teatro Breve con 'Sakura'](https://erreguete.gal/2023/09/04/sebastian-moreno-gana-o-iv-premio-platta-de-teatro-breve-con-sakura/): O xurado decidiu por unanimidade conceder o IV Premio PLATTA de Teatro Breve a Sebastián Moreno pola obra “[Sakura] La flor del cerezo”. - [Comeza o curso escolar e todas as persoas somos as alumnas](https://erreguete.gal/2023/09/03/comeza-o-curso-escolar-e-todas-as-persoas-somos-as-alumnas/): Comeza setembro e o curso escolar, e con el tamén os teatros fan públicas as súas programacións de espectáculos para o derradeiro cuadrimestre do ano. A familia do teatro galego e, máis concretamente, a da dramaturxia, comezamos o curso coa ledicia dunha moi boa nova: Paula Carballeira (1972) vén de recibir o Premio Estatal de Literatura Dramática 2023 pola súa obra As alumnas. A primeira dramaturga galega en facerse con este prestixioso e ben dotado galardón. Recíbeo precisamente cunha peza que pon en valor a educación. - [Paula Carballeira gaña o Premio Nacional de Literatura Dramática](https://erreguete.gal/2023/09/01/paula-carballeira-gana-o-premio-nacional-de-literatura-dramatica/): A dramaturga galega Paula Carballeira vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática, correspondente ao ano 2023, pola súa obra As alumnas, a proposta do xurado, que se reuniu hoxe. - [O XXII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán arranca mañá](https://erreguete.gal/2023/09/01/o-xxii-festival-de-teatro-afeccionado-agustin-magan-arranca-mana/): Participarán na programación seis compañías: Desfeita Teatro, Teatro de Cámara Ditea, Hipócrita Teatro, Avelaíña Teatro, Pico do Castro e Ditirambo. - [Os Microefectos Dramatúrxicos volven ao Club Clavicémbalo](https://erreguete.gal/2023/09/01/os-microefectos-dramaturxicos-volven-ao-club-clavicembalo/): Os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo esta fin de semana, con catro novas pezas. - ['Lingoreteira', de Xarope Tulú, pecha o ciclo 'Tras as ameas'](https://erreguete.gal/2023/08/28/lingoreteira-de-xarope-tulu-pecha-o-ciclo-tras-as-ameas/): O Castelo de Sobroso en Mondariz acolle este martes 29 de agosto o peche da actual edición do programa da Deputación de Pontevedra “Tras as ameas”, co espectáculo de contacontos Lingoreteira, da man de Xarope Tulú, - [O paradoxo maravilhoso: o teatro, a dança e o museu](https://erreguete.gal/2023/08/27/o-paradoxo-maravilhoso-o-teatro-a-danca-e-o-museu/): Em Lisboa há um paradoxo maravilhoso num palácio do século XVIII, o Palácio de Monteiro-Mor, na zona do Lumiar. Nesse lugar encontra-se o Museu Nacional do Teatro e da Dança de Portugal. Eis o belo paradoxo: as artes vivas, tão efémeras e delicadas, a procurar a eternidade através de testemunhos diretos: objetos, materiais e documentos que fazem parte da história das artes do espetáculo. - ['Os Gigantes da Montanha' de Pirandello por António Pires (Teatro do Bairro)](https://erreguete.gal/2023/08/22/os-gigantes-da-montanha-de-luigi-pirandello-por-antonio-pires-teatro-do-bairro/): Não é fácil ver, nos palcos, Os gigantes da montanha, a derradeira peça de Luigi Pirandello. Uma obra sobre o lugar onde os humanos são infinitos: os sonhos e a arte; sobre a magia, que nunca está do lado dos gigantes. Por isso, eu não queria perder esta oportunidade, em que a magia temática, da qual se fala no texto, também surge na harmonia divina entre a encenação e o espaço em que se celebra: as ruínas do convento do Carmo, no miolo de Lisboa. - [‘Une Cérémonie’ de Raoul Collectif](https://erreguete.gal/2023/08/20/une-ceremonie-de-raoul-collectif/): A necessidade de decidir, em comunidade, fazer qualquer coisa que nos faça sentir mais vivos, sem que ninguém decida por nós. A necessidade de procurar o sentido da nossa vida. Estas poderiam ser algumas das pulsões que animam Une Cérémonie de Raoul Collectif (Bélgica), o espetáculo que encerrou o 40º Festival de Almada 2023. - [Galicia Escena Pro recibirá máis de 200 profesionais do 27 ao 30 de maio](https://erreguete.gal/2024/05/25/galicia-escena-pro-recibira-mais-de-200-profesionais-do-27-ao-30-de-maio/): Máis de 200 profesionais da produción, distribución e programación das artes escénicas daranse cita en Santiago de Compostela dende o próximo luns, día 27, ata o xoves, 30 de maio, para participar na 11ª edición de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta de Galicia para favorecer a contratación de espectáculos galegos por parte de espazos culturais, circuítos e mostras de dentro e fóra da Comunidade. - [Cris Balboa mostra a súa 'Residencia Paraíso' no Vello Cárcere de Lugo](https://erreguete.gal/2024/05/24/cris-balboa-mostra-a-sua-residencia-paraiso-no-vello-carcere-de-lugo/): Esta tarde, ás 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala, a creadora galega Cris Balboa ofrecerá no Vello Cárcere de Lugo unha mostra aberta do seu traballo en proceso desenvolvido nas Residencias Paraíso. - [A Academia Galega de Teatro celebra as súas II Xornadas](https://erreguete.gal/2024/05/24/a-academia-galega-de-teatro-celebra-as-suas-ii-xornadas/): A II Xornadas da Academia Galega de Teatro no Pazo de Mariñán arrancaron onte, 23 de maio, á tarde, coa chegada das persoas e entidades participantes. Estanse a desenvolver ao longo do día de hoxe, baixo o título “O deseño das programacións teatrais galegas: na procura dun modelo cooperativo", e rematarán mañá, sábado 25, coa elaboración das conclusións. - [O Certame Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT abre unha nova convocatoria](https://erreguete.gal/2024/05/23/o-certame-micro-escenas-metro-cadrado-do-fiot-abre-unha-nova-convocatoria/): O Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, de Carballo abre a convocatoria para participar na nova edición do Certame Micro-Escenas Metro Cadrado, unha das súas principais liñas de programación e que ofrece ao público a posibilidade de gozar de creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade. - [De Vilatriste a Vilalegre](https://erreguete.gal/2024/05/23/de-vilatriste-a-vilalegre/): "'De Vilatriste a Vilalegre' é o novo espectáculo itinerante da compañía Teatro ó Cubo, dentro do seu proxecto 'Utópica rodante' que pretende achegar o teatro ao rural galego, e cumpre coas máximas do teatro de rúa e de monicreques: ser unha peza entretida, que consegue manter a atención dun público tan esixente como o infantil e que aínda por riba ofrece unha lección ética e moral importante". - [Valladolid 2024: Presente, pasado e futuro da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador](https://erreguete.gal/2024/05/22/valladolid-2024-presente-pasado-e-futuro-da-plataforma-transfronteiriza-de-teatro-amador/): O primeiro Festival PLATTA deste ano transcorreu en Valladolid entre os días 8 e 10 de marzo de 2024. A sala experimental Fernando Urdiales do Teatro Zorrilla, enclavado na Praza Maior da cidade, foi o espazo onde se desenvolveron os espectáculos e as lecturas dramatizadas programadas pola Federación de Grupos Aficionados de Castilla y León (FETACyL). - [Rosalía Fernández Rial: "O único que nos pode salvar da barbarie é a axuda mutua, compartir uns valores e establecer uns límites que nos protexan"](https://erreguete.gal/2024/05/21/rosalia-fernandez-rial-o-unico-que-nos-pode-salvar-da-barbarie-e-a-axuda-mutua-compartir-uns-valores-e-establecer-uns-limites-que-nos-protexan/): Uns días despois da resolución do premio, a dramaturga e docente Raquel Castro, que formou parte do mesmo como secretaria, con voz e sen voto, conversou para a erregueté con Rosalía Fernández Rial arredor de 'Fóra de campo'. - [Vanesa Sotelo e Tito Asorey son finalistas aos Premios Max 2024](https://erreguete.gal/2024/05/20/vanesa-sotelo-e-tito-asorey-son-finalistas-aos-premios-max/): A XXVII edición dos Premios Max das Artes Escénicas vén de desvelar os espectáculos candidatos a optar a un galardón dentro das diferentes categorías que contempla. A candidatura galega vén da man de Vanesa Sotelo e Tito Asorey, que foron seleccionados como finalistas á mellor adaptación ou versión de obra teatral ou coreográfica polo seu traballo na montaxe 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. - [Julio Fernández estrea 'Soñar al borde del precipicio'](https://erreguete.gal/2024/05/20/julio-fernandez-estrea-sonar-al-borde-del-precipicio/): “Por que seguimos camiñando a cegas ata chegar ao abismo sen que poidamos reaccionar como especie?”. Esa é unha das preguntas que xorden e se expanden en 'Soñar al borde del precipicio', a última peza do dramaturgo, poeta e creador escénico multidisciplinar Julio Fernández, que a estrea esta fin de semana no Teatro Ensalle, en Vigo, con Anómico Teatro. A sala acollerá tres funcións: unha o venres, 24; outra o sábado, 25; e outra o domingo, 26 de maio; as tres ás 20.00 horas. - [Activismos, (co)responsabilidades e substrato cultural](https://erreguete.gal/2024/05/19/activismos-coresponsabilidades-e-substrato-cultural/): "(...)Dentro do Programa Concomitentes, o mediador cultural Fran Quiroga pregúntase nun vídeo divulgativo: ¿como o valor do patrimonio acarrea unha responsabilidade de coidado colectiva? Esta pregunta, que tamén é unha chamada á reflexión conxunta sobre o papel da arte e das accións artísticas nos seus contextos cercanos, tamén foi formulada e estivo presente nas conversas das xornadas “Activistas – Performance Lab”, organizadas pola ESAD de Galicia, os días 14 e 15 de maio, dentro do proxecto Nós / Nous (...)". - ['Pulgarcita', de Abismo Caracol, chega a Vigo](https://erreguete.gal/2024/05/19/pulgarcita-de-abismo-caracol-chega-a-vigo/): O Teatro Salesianos de Vigo acolle hoxe unha función de 'Pulgarcita', de Abismo Caracol. Faino nesta fin de semana do Día das Letras Galegas na que xa pasou onte tamén polo Teatro La Salle de Santiago de Compostela, e poderá verse de novo o 9 de xuño no Auditorio Municipal do Carballiño, e o 29 de xuño no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. - [FETEN 2024: Memoria para navegar o presente](https://erreguete.gal/2024/05/18/feten-2024-memoria-para-navegar-o-presente/): "Excelente marea a que veu nos aparellos da 33ª Edición de FETÉN, Feria Internacional de Artes Escénicas para Niñas, Niños y Familias, celebrada na mariñeira vila de Xixón entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo. Unha manchea de creatividade con sabor a sal". - [Mateo Feijóo: "Interésame moito activar a memoria dende un punto de vista que ten moito que ver coa etnografía e a antropoloxía"](https://erreguete.gal/2024/05/17/mateo-feijoo-interesame-moito-activar-a-memoria-dende-un-punto-de-vista-que-ten-moito-que-ver-coa-etnografia-e-a-antropoloxia/): A pesar de que moitas persoas din que son un xestor, eu nunca me defino como xestor. É unha palabra que detesto. Ademais non creo nos xestores. Non creo en como están pensados aquí, e iso que din aulas en másteres de xestión cultural. Creo que é moi raro que existan tantos másteres en xestión cultural cando non existe a carreira. Eu vexo que se educa para dicir que un xestor cultural é un director, e eu non estou de acordo. Un xestor cultural é alguén que ten que axudar na xestión para poder conseguir os fins que propón unha dirección artística, e eu si me defino coma un director artístico, ademais de facer traballo de artista. - [A MITCFC dá a coñecer a programación dá súa 41ª edición](https://erreguete.gal/2024/05/14/a-mitcfc-da-a-conecer-a-programacion-da-sua-41a-edicion/): A programación da 41ª MITCFC arrancará o xoves 27 de xuño co pregón da actriz galega Patricia Vázquez, e, entre as pezas que se ofrecen para todos os público, hai 7 estreas absolutas, 7 estreas en Galicia e 4 coproducións. - [O CDG e Teatro ó Cubo estrean o espectáculo itinerante 'De Vilatristre a Vilalegre'](https://erreguete.gal/2024/05/12/o-cdg-e-teatro-o-cubo-estrean-o-espectaculo-itinerante-de-vilatristre-a-vilalegre/): O Centro Dramático Galego avanza na celebración do seu 40º aniversario coa estrea dun novo proxecto escénico: o espectáculo itinerante 'De Vilatriste a Vilalegre'. Esta coprodución con Teatro ó Cubo arranca o seu percorrido esta tarde en Negueira de Muñiz (Lugo) e, entre os meses de maio e setembro, chegará a máis de cen concellos do rural galego. - [A Casa Colorida](https://erreguete.gal/2024/05/12/a-casa-colorida-2/): "Descoñecer a nosa historia lévanos a desprezar todo o que as anteriores xeracións fixeron por nós ou, cando menos, a non ter a elección de valorar ou non o seu legado. Pero máis aló, descoñecer a nosa historia lévanos a non saber como colocarnos no noso presente. E iso si que é perigoso." - [Voice Noise](https://erreguete.gal/2024/05/10/voice-noise/): "'Voice Noise' nace da reflexión de como a voz da muller ten sido desprezada ao longo da historia. A partires de aí, Martens propón unha serie de temas onde voces femininas que marcan o paso da reivindicación fronte ao silencio imposto polo sistema heteropatriarcal. Unha selección de temas musicais implican non só unha reivindicación política, senón que marcan tamén unha potencia sonora, que envolve directamente aos corpos des bailarines. Persoalmente, teño a impresión de ter asistido a un acto practicamente relixioso, a un ritual onde os corpos, as voces, os berros, as sombras e a música falan dun intre absolutamente excepcional que Jan Martens e a GRIP nos ofrecen como agasallo". - [Elahood inaugura a sétima edición do Corufest](https://erreguete.gal/2024/05/09/elahood-inaugura-a-setima-edicion-do-corufest/): Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo-sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, estatal e internacional. - [A MIT de Ribadavia presenta os carteis e o lema da súa 40ª edición](https://erreguete.gal/2024/05/08/a-mit-de-ribadavia-presenta-os-carteis-e-o-lema-da-sua-40a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia presentou hoxe a serie de tres carteis que conforman o tríptico co cal a MIT quere celebrar a súa 40ª edición, e fixo tamén un avance da súa programación, así como do seu enfoque. - [O FITEI presenta no Salón Teatro a programación completa da súa 47ª edición](https://erreguete.gal/2024/05/08/o-fitei-presenta-no-salon-teatro-a-programacion-completa-da-sua-47a-edicion/): O FITEI, o Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica, celebra este ano a súa 47ª edición, e hoxe presenta en Santiago de Compostela a programación completa. Vai ser no Salón Teatro do Centro Dramático Galego; e é a primeira vez que o FITEI, o festival de teatro máis antigo de teatro en Portugal, e un gran referente no espazo iberoamericano e lusófono, presenta a súa programación fóra de Portugal, e, en concreto, en Galicia. - [A Barraca de Barriga Verde estará nas festas da Ascensión de Santiago de Compostela](https://erreguete.gal/2024/05/07/a-barraca-de-barriga-verde-estara-nas-festas-da-ascension-de-santiago-de-compostela/): As festas da Ascensión de Santiago de Compostela contarán unha vez máis cunha programación de monicreques. A Barraca de Barriga Verde fai de novo parte do programa das festas, que empezan mañá, día 8, e se desenvolverán ata o domingo,  12 de maio. - [Comando dramatúrxico EDC10](https://erreguete.gal/2024/05/06/comando-dramaturxico-edc10/): Pódese facer unha dramaturxia dun festival? Traballar en que non sexa un expositor de espectáculos, vinculados por temáticas ou estéticas de actualidade. Que non sexa como un aeroporto no que aterran e despegan compañías, artistas e públicos, como un simple lugar de paso nunca habitado. Facer unha dramaturxia dun festival: crear unha rede de acción, sensible, porosa, dinamizadora, de escoita, de ofrecemento, que procure ou reforce o sentido do festival, facendo del unha experiencia artística orgánica, un todo interconectado. - [Álvaro Murillo: "O tecido galego de danza contemporánea ten un peso significativo no meu desenvolvemento profesional"](https://erreguete.gal/2024/05/05/alvaro-murillo-para-min-o-tecido-galego-de-danza-contemporanea-e-moi-importante-ten-un-peso-significativo-no-meu-desenvolvemento-profesional/): "En 'DUAL' a xente vai atoparse cun cadro en branco, que van ir poder pintando con nós. Un cadro en branco e unha pintura moi abstracta, un espazo baleiro no que nos metemos Daniel Muñoz e máis eu, no que comezamos a pintar co son." - [David Loira: "A miña relación coa danza galega é dende a emigración"](https://erreguete.gal/2024/05/04/david-loira-a-mina-relacion-coa-danza-galega-e-dende-a-emigracion/): "Elixín participar no proxecto de Kirenia, 'Emigrantas', por estar nun lugar que me interpela, un traballo sobre a emigración, a diáspora, polo que colocarme no escenario, coa miña propia experiencia no tema, pareceume moi interesante. Entón a miña relación coa danza galega é dende aí, dende a emigración". - [Vigo acolle unha función solidaria de 'Antón, un neno diferente'](https://erreguete.gal/2024/05/04/vigo-acolle-unha-funcion-solidaria-de-anton-un-neno-diferente/): O Auditorio de Teis, en Vigo, acolle hoxe unha función solidaria de Antón, un neno diferente, un espectáculo de teatro de monicreques realizado en coprodución entre Barafunda Teatro e Luart Teatro e Monicreques. As compañías doarán parte da recadación da venda de billetes á asociación Galiclown Pallasos de hospital.  - [Ay, Cariño!: "'Millo vello' tenta abrir unha fiestra ao natural nun espazo como un teatro, unha caixa pechada"](https://erreguete.gal/2024/05/03/ay-carino-millo-vello-tenta-abrir-unha-fiestra-ao-natural-nun-espazo-como-un-teatro-unha-caixa-pechada/): "'Millo vello' tenta abrir unha fiestra ao natural nun espazo como un teatro, unha caixa pechada. Interésanos non tanto unha afirmación unilateral: isto é bo, isto é malo, senón a tensión e a colisión entrámbolos mundos. E a aceptación, que entendemos é fundamental: aceptar a realidade na que vivimos e abrazar o que hai ao noso favor. No canto de pelexarnos, abrazar o que hai e do que temos, tentar facer o mellor posible." - [O festival Escenas do Cambio celebra a súa décima edición](https://erreguete.gal/2024/05/03/o-festival-escenas-do-cambio-celebra-a-sua-decima-edicion/): Un programa que celebra a traxectoria do festival e a súa capacidade transformadora. Con esa vontade arranca a décima edición do Escenas do Cambio, na Cidade da Cultura. Dende hoxe, venres 3 de maio, ata este domingo, acollerá 13 propostas de vangarda, seis delas estreas absolutas, de danza, teatro e arte en acción. - [PRECÁRIAS II, ou cando o queer tomou o teatro mentres a ultradereita se manifestaba nas rúas](https://erreguete.gal/2024/05/01/precarias-ii-ou-cando-o-queer-tomou-o-teatro-mentres-a-ultradereita-se-manifestaba-nas-ruas/): O pasado 6 de abril tivo lugar no Teatro Municipal do Porto a segunda edición do festival da performance PRECÁRIAS II, concibido pola actriz, cantante e performer Tita Maravilha. Esa noite, os diferentes espazos do teatro foron desacralizados por aqueles corpos e identidades que sempre estiveron marxinadas nos escenarios (e temos que lembrar neste intre a denuncia contra o transfake que Keyla Brasil realizou no Teatro Municipal São Luiz de Lisboa hai un ano). - [Emigrantas](https://erreguete.gal/2024/04/30/emigrantas-2/): "'Emigrantas' é unha peza crúa, espida de artificios audiovisuais ou lumino-técnicos, onde as protagonistas son as persoas e a dificultade de estar sempre en movemento, confundidas cos outros milleiros de emigrantas que se moven polo mundo na procura de mellores circunstancias vitais e coa tensión de dialogar con todo aquilo que ficou atrás." - [A Xunta abre a convocatoria para as novas coproducións do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2024/04/29/a-xunta-abre-a-convocatoria-para-as-novas-coproducions-do-centro-coreografico-galego/): A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe, Día Internacional da Danza, as bases dunha nova convocatoria do programa anual de coproducións que desenvolve neste ámbito a través do Centro Coreográfico Galego. - [Producións Teatrais Excéntricas celebran o seu 20º aniversario en Rianxo](https://erreguete.gal/2024/04/28/producions-teatrais-excentricas-celebran-o-seu-20o-aniversario-en-rianxo/): Co motivo do 20º aniversario de Producións Teatrais Excéntricas e en colaboración co Concello de Rianxo e a súa Concellería de Cultura, a compañía está a desenvolver unha programación especial no Auditorio Municipal de Rianxo. - [Día Internacional da Danza 2024. Estado da cuestión](https://erreguete.gal/2024/04/28/dia-internacional-da-danza-2024-estado-da-cuestion/): Xa choveu desde que, en 1982, o Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI), socio da UNESCO, instaurou o 29 de abril como Día Internacional da Danza, escollendo esta data en homenaxe a Jean-Georges Noverre (1727-1810), creador do ballet moderno. Sen dúbida “o día de” nunca é só unha celebración ou exaltación, senón unha reivindicación e unha posta en valor. E cando isto acontece sobra dicir que é porque hai unha fraxilidade, un desequilibrio ou unha eiva no ámbito ao que se lle dedica “o día de”. - [A segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas destaca seis traxectorias](https://erreguete.gal/2024/04/28/a-segunda-edicion-dos-reconecementos-escena-galega-das-artes-escenicas-destaca-seis-traxectorias/): Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, está a promover a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. As traxectorias destacadas este ano son Títeres Cachirulo, Fátima Rodríguez-Consultoría Promove, Madó Santos, A Casa Vella, a Erregueté e Ana Díaz Calvo. - [A Sala Ártika acolle a estrea de 'Perder a lingua'](https://erreguete.gal/2024/04/26/a-sala-artika-acolle-a-estrea-de-perder-a-lingua/): 'Perder a lingua' é un espectáculo para público adulto que combina movemento, son, imaxes e luz en tempo real que se poderá ver mañá, sábado 27, e pasado mañá, domingo 28 de abril Sala Ártika, en Vigo. A peza, creada, producida e interpretada por Eva Comesaña, Rubén Fernández e Eva Antelo, reflexiona arredor de se relación a lingua e a paisaxe. - [A Coruña convértese na capital do humorismo na cuarta edición do EMHU](https://erreguete.gal/2024/04/26/a-coruna-convertese-na-capital-do-humorismo-na-cuarta-edicion-do-emhu/): Ata o 5 de maio, o EMHU 2024 reunirá na cidade herculina figuras moi destacadas da escena humorística estatal e galega, como Álex Clavero, Ana Morgade, Carolina Iglesias, David Amor, David Cepo, David Perdomo, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Henar Álvarez, Ignasi Taltavull, Javier Veiga, Juan Dávila, Juan Herrera, Jordi Moltó, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Raquel Martos, Roberto Vilar, Sílvia Abril, Tomàs Fuentes, Xosé Antonio Touriñán ou o trío As R(h)umorosas. - [O Colectivo D'elas leva 'É difícil fotografar o baleiro' á Coruña](https://erreguete.gal/2024/04/25/o-colectivo-delas-leva-e-dificil-fotografar-o-baleiro-a-coruna/): O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este sábado, 27 de abril, unha función de 'É difícil fotografar o baleiro', do Colectivo D’elas. Será ás 20.30 horas, dentro da programación TRC Danza. - [A Xunta abre unha nova convocatoria das Axudas REGA a proxectos artísticos](https://erreguete.gal/2024/04/23/a-xunta-abre-unha-nova-convocatoria-das-axudas-rega-a-proxectos-artisticos/): A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Fundación Cidade da Cultura, vén de convocar, por terceiro ano consecutivo, as axudas REGA ao desenvolvemento de proxectos artísticos vinculados ás artes visuais, escénicas, musicais e de deseño dentro do programa das Residencias Artísticas do Gaiás. - [A Biblioteca Municipal de Carballo acolle a estrea de 'Vicki e a felicidade'](https://erreguete.gal/2024/04/23/a-biblioteca-municipal-de-carballo-acolle-a-estrea-de-vicki-e-a-felicidade/): A Biblioteca Municipal de Carballo será mañá, 24 de abril, o escenario para a estrea de 'Vicki e a felicidade', o novo espectáculo para público familiar da compañía Bandullo Azul. - [O corpo que roxe en Dansa València](https://erreguete.gal/2024/04/22/o-corpo-que-roxe-en-dansa-valencia/): Sen dúbida, foi un pracer deixarse levar polo ruxir dos corpos, a través destes quince espectáculos que puiden ver nos catro días que estiven nesta 37 edición de Dansa València. Un festival que tamén é feira, festa e punto de encontro de máis dun centenar de profesionais da dirección artística e da programación de teatros e doutros festivais, dende Epidauro en Grecia, pasando por Alemaña, Francia e cunha presenza moi importante tamén de Portugal e Galicia. Nesta edición tamén celebramos os 15 anos do Circuíto de Danza de La Red. E, en Galicia, celebramos o intercambio entre Dansa València e Galicia Escena Pro (GEP24), a feira de artes escénicas, organizada pola AGADIC da Xunta de Galicia e Escena Galega. - [Carlos Labraña presenta 'Ícaras' en Santiago de Compostela](https://erreguete.gal/2024/04/22/carlos-labrana-presenta-icaras-en-santiago-de-compostela/): A libraría Cronopios, en Santiago de Compostela, acollerá este xoves, 25 de abril, a presentación do libro de 'Ícaras', o texto teatral co que o dramaturgo Carlos Labraña gañou no ano 2022 o Premio O Facho de teatro infantil, e que vén de ser publicado pola editorial Galaxia. - [Non é unha canción](https://erreguete.gal/2024/04/20/non-e-unha-cancion/): "'Non é unha canción' é unha creación que nace do baleiro creativo, dese espazo que, sen pretendelo, acaba enchéndose de contido. Conta Souvenir que esta produción nace dos encontros entre os intérpretes en sesións de adestramento actoral a través de improvisacións de materiais que atopaban no seu cotiá. Será por iso que este espectáculo fala da vida mesma, de persoas normais en situacións extraordinarias". - [O XXV Festival de Títeres de Redondela celebrarase en maio](https://erreguete.gal/2024/04/19/o-xxv-festival-de-titeres-de-redondela-celebrarase-en-maio/): O XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo-2024 celebrarase do 13 ao 19 de maio. Nesta edición serán 28 as compañías internacionais que dean forma ao programa. - [Elvi Balboa estrea 'ANÖA' na Coruña](https://erreguete.gal/2024/04/18/elvi-balboa-estrea-anoa-na-coruna/): O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá, mañá, venres 19 de abril, a estrea de 'ANÖA', o novo espectáculo de Elvi Balboa, compañía galega residente en Barcelona. Será ás 20.30 horas, a través do programa TRC Danza. - [O 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais acepta propostas](https://erreguete.gal/2024/04/17/o-4o-certame-manuel-maria-de-proxectos-teatrais-acepta-propostas/): A Casa-Museo Manuel María, en colaboración con diferentes concellos galegos, Deputacións Provinciais e a Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Dramático Galego, vén de convocar a 4ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. - [Arranca en Cangas a 12ª edición do CITEAMOR](https://erreguete.gal/2024/04/16/arranca-en-cangas-a-12a-edicion-do-citeamor/): A 12ª edición do Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) arranca mañá,  mércores 17 de abril. Será ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas. - [A Compañía de Teatro Universitario de Lugo estrea 'Deixando a pel'](https://erreguete.gal/2024/04/16/a-compania-de-teatro-universitario-de-lugo-estrea-deixando-a-pel/): A Compañía de Teatro Universitario de Lugo estrea hoxe, martes 16 de abril, a peza Deixando a pel. Será ás 20.30 horas, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, dentro do Festival de Teatro Universitario de Lugo, que arrancou onte e que se desenvolverá ata o próximo domingo, 21 de abril. - [Os actos e as profecías](https://erreguete.gal/2024/04/15/os-actos-e-as-profecias/): "'Os actos e as profecías' é a peza de produción propia elixida polo Centro Dramático Galego para celebrar o seu 40º aniversario, un texto orixinal de Xacio Baño en colaboración con Tamara Canosa, quen firma tamén a dirección, e que nesta ocasión collen o Salón Teatro para reformular a súa disposición, nun espectáculo que coloca ao público no centro, rodeado dun elenco de 20 intérpretes, algo inédito até o de agora nesta sala." - [Opino de que. Invisibilidades escénicas](https://erreguete.gal/2024/04/14/opino-de-que-invisibilidades-escenicas/): Para colectivos artísticos LGTBIQ+, resulta cada vez máis inviable chegar aos escenarios, incluso con pezas e espectáculos que mesmo teñen acadado premios. Os traballos que ofrecen visións doutras realidades, que non son as heteronormativas, quedan practicamente, en moitos casos, relegadas a programacións relacionadas cos actos do Orgullo Lgtbiq+. - [Elefante Elegante estrea 'Un momento precioso'](https://erreguete.gal/2024/04/12/elefante-elegante-estrea-un-momento-precioso/): O escenario do Teatro Jofre de Ferrol transformarase hoxe nunha sorte de xardín idílico para acoller a estrea da peza 'Un momento precioso', a última creación de Elefante Elegante, a compañía de teatro físico liderada por María Torres e Gonçalo Guerreiro. - [Arranca a 29ª edición da MITEU de Ourense](https://erreguete.gal/2024/04/11/arranca-a-29a-edicion-da-miteu-de-ourense/): "Esta tarde arranca a 29ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, de Ourense, que dirixe Fernando Dacosta. Será na porta do Liceo de Ourense, ás 19.00 horas, cun espectáculo de rúa do 1º nivel da Aula de Teatro do Campus de Ourense (Grupo Rosaura) que irá ata os Xardíns de Padre Feijoo, e ás 20.00 no Teatro Principal o grupo Sin Mente Teatro de Colombia presentará a peza 'Tomás'". - [O Salón Teatro acolle a estrea da nova produción do CDG, 'Os actos e as profecías'](https://erreguete.gal/2024/04/11/o-salon-teatro-acolle-a-estrea-da-nova-producion-do-cdg-os-actos-e-as-profecias/): O Centro Dramático Galego (CDG) estrea hoxe, xoves 11 de abril, 'Os actos e as profecías', a produción central do seu 40º aniversario. O Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá a función inaugural esta tarde, ás 20.00 horas, e despois poderá seguirse vendo ata o 26 de maio, nun total de 48 representacións. - [Manuela Rey is in da house](https://erreguete.gal/2024/04/09/manuela-rey-is-in-da-house/): "Manuela "is in da house", está na casa, grazas a esta homenaxe que lle rende o Centro Dramático Galego. Alguén podería dicir que volve, logo de tantos anos -séculos, dende o seu pasamento no 1866- á súa terra, á Galicia que a viu nacer na vila de Mondoñedo alá por 1842. Finalmente, logo de tantos anos, a que foi primeira figura do teatro portugués recita, ao fin, na súa terra." - [O estado dos nosos teatros](https://erreguete.gal/2024/04/07/o-estado-dos-nosos-teatros/): Pois si, vou falar deste tema tan incómodo: o estado dos teatros galegos. Un estado que, como sabemos, na maioría dos espazos é mais que mellorábel e iso dificulta e moito o traballo das artistas e das compañías nas funcións e tamén hai que puntualizar que dificulta moitas veces a recepción da pezas. - [A MITCFC dá a coñecer as datas e o cartel da súa 41ª edición](https://erreguete.gal/2024/04/06/a-mitcfc-da-a-conecer-as-datas-e-o-cartel-da-sua-41a-edicion/): Xa se coñecen as datas da 41ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que se celebrará entre o 27 de xuño e o 7 de xullo de 2024. Ademais, a Mostra vén de dar tamén a coñecer o cartel desta edición, cuxa autora é Loreto Blanco Salgueiro, - [O Colectivo RPM resolve os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2024](https://erreguete.gal/2024/04/03/o-colectivo-rpm-resolve-os-proxectos-seleccionados-para-as-residencias-paraiso-2024/): O Colectivo RPM vén de seleccionar a Sergio Marey, Fran Rodríguez & Brais Pombo, Ana Cotoré, Desgarradura, Noela Covelo Velasco & Élise Moreau, Cris Balboa, Lucas Damiani, José Ramón Hernández / Osikán - vivero de creación e Furia Sotelo como "Artistas Paraíso 2024".  - [Encontros na Escola do Espetador Emancipado](https://erreguete.gal/2024/03/31/encontros-na-escola-do-espetador-emancipado/): Com base na teoria de Le spectateur émancipé (2008) do filósofo Jacques Rancière, o Colectivo 84 de Portugal, com a direção do dramaturgo Mickael de Oliveira, organiza a Escola do Espetador Emancipado (EEE) dentro do Festival Encontros de Novas Dramaturgias (END). A este evento fomos convidados alunado e professorado de escolas e cursos de teatro e de artes performativas de Portugal e do Estado espanhol. - [Ceibe](https://erreguete.gal/2024/03/29/ceibe/): 'Ceibe' é un espectáculo de danza e musica tradicional no que asistimos a unha liberación fronte aos roles de xénero, dende a posta en escena, a caracterización, o vestiario, os pasos de baile… Todo pon en tela de xuízo o rol de xénero preconcibido dentro do baile tradicional e tamén, por extensión, da sociedade hetero patriarcal e machista na que vivimos. - [Jon Fosse asina a mensaxe internacional do Día Mundial do Teatro 2024](https://erreguete.gal/2024/03/27/jon-fosse-asina-a-mensaxe-internacional-do-dia-mundial-do-teatro-2024/): Jon Fosse, Premio Nobel de Literatura en 2023, é quen asina a mensaxe internacional do Día Mundial do Teatro de 2024, que se celebra hoxe, 27 de marzo. O dramaturgo noruegués asumiu a súa redacción a petición do International Theatre Institute, ITI. A erregueté recolle a mensaxe completa, traducida ao galego por Ana Abad de Larriva. - [O CDG presenta a programación completa do seu 40º aniversario](https://erreguete.gal/2024/03/26/o-cdg-presenta-a-programacion-completa-do-seu-40o-aniversario/): O Salón Teatro acolleu hoxe a presentación do programa conmemorativo dos 40 anos do Centro Dramático Galego. No acto, celebrado en Santiago na sede do CDG, que este ano tamén cumpre 20 anos, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, estivo acompañado no escenario por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Fran Núñez, actual director do Centro Dramático Galego; Manuela Domínguez, extraballadora da compañía pública durante 36 anos, e Tamara Canosa, directora d’Os actos e as profecías, produción central desta celebración, que se estreará o vindeiro 11 de abril nese mesmo espazo. En representación […] - [José Luis Baños de Cos gaña o Premio Laudamuco para textos teatrais](https://erreguete.gal/2024/03/26/jose-luis-banos-de-cos-gana-o-premio-laudamuco-para-textos-teatrais/): O escritor José Luis Baños de Cos é o gañador da sexta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, un certame literario convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. Foi coa obra 'A porta. Un relato de violencia', pola que recibirá un premio de 7000 euros e a edición da peza. - [Os María Casares](https://erreguete.gal/2024/03/24/os-maria-casares/): Boto en falta uns Premios María Casares das Artes Escénicas de Galiza que celebren, reivindiquen e visibilicen, por igual, o Mellor espectáculo de Danza, o Mellor espectáculo de Circo, o Mellor espectáculo de Maxia, a Mellor curta escénica (de danza, teatro, circo e híbridos), porque unha peza breve pode ser unha alfaia artística tan lexítima e rica como unha de duración estándar ou de grande formato. Igual que nos festivais de cinema son consideradas as curtametraxes como un xénero importante. - [ButacaZero estrea en Galicia 'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada'](https://erreguete.gal/2024/03/22/butacazero-estrea-en-galicia-o-unico-que-verdadeiramente-quixen-toda-a-vida-e-ser-delgada/): O Festival Internacional de Monólogo Teatral Singular de Narón acolle a estrea en galego deste espectáculo hoxe, venres 22 de marzo, ás 20:30 horas. - [Os Premios de Teatro María Casares 2024 xa teñen gañadoras](https://erreguete.gal/2024/03/22/os-premios-de-teatro-maria-casares-2024-xa-tenen-ganadoras/): Os XXVIII Premios de Teatro María Casares resolvéronse onte. Un total de 19 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos 16 galardóns nos que se dividen os premios, e foron 9, finalmente, entre os que se repartiron. - [O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle a gala dos Premios María Casares 2024](https://erreguete.gal/2024/03/21/o-teatro-rosalia-de-castro-da-coruna-acolle-a-gala-dos-premios-maria-casares-2024/): Os Premios María Casares celebran hoxe a súa 28ª edición, nunha gala de entrega na que homenaxearán o xénero do teatro musical, e na que o mar será o tema que estará de fondo. Será a partir das 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e Sara Fandiño, a directora artística da cerimonia de entrega, conta cun elenco integrado por Alba Tojeiro, Germán Prenta, Iván L. Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e Verónica Peiteado. - [A Xunta ofrece unha actividade formativa gratuíta sobre o deseño de programacións de artes escénicas](https://erreguete.gal/2024/03/20/a-xunta-ofrece-unha-actividade-formativa-gratuita-sobre-o-deseno-de-programacions-de-artes-escenicas/): A Xunta ofrece o curso Deseño de Programacións de Artes Escénicas en Galicia que, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), desenvolverá unha ampla proposta de contidos dirixidos a dotar os axentes do sector de recursos que lles permitan asumir con solvencia o deseño de actividades de calidade e mellorar a oferta de espectáculos de artes escénicas para  os seus públicos. - [O Festival Atlántica, NOGA e Sete Falares celebran o Día Internacional da Narración Oral](https://erreguete.gal/2024/03/20/o-festival-atlantica-noga-e-sete-falares-celebran-o-dia-internacional-da-narracion-oral/): O Festival Atlántica, o Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) e o festival Sete Falares veñen  de unirse para celebrar o Día Internacional da Narración Oral, que se conmemora hoxe, 20 de marzo. Para iso, veñen de difundir o manifesto deste ano, asinado por Paula Carballeira, e están a desenvolver unha axenda de actividades ateigada de propostas. - [A Casa Colorida](https://erreguete.gal/2024/03/17/a-casa-colorida/): "Ultimamente, estamos a asistir á proliferación de pezas do teatro galego que empregan a burla e a denigración sobre colectivos minorizados e marxinados. Se cadra, o feito máis grave de todo isto sexa a normalización que vai parella ao emprego do humor como cortina de fume para agochar o racismo, a homofobia ou a xenofobia. Por iso compre lembrar a importancia da pedagoxía teatral. Toda obra de teatro emite unha mensaxe e, polo tanto, ten un posicionamento ideolóxico e político ante o mundo no que vivimos. Amosamos o noso sentir ante unha audiencia e somos responsábeis do que dicimos e de como o dicimos." - [Manekineko estrea 'Cancións amarelas, flores tristes' en Vigo](https://erreguete.gal/2024/03/14/manekineko-estrea-cancions-amarelas-flores-tristes-en-vigo/): A compañía Manekineko estrea 'Cancións amarelas, flores tristes', a súa primeira produción, este venres, 15 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo, dentro da programación de Vigocultura. Trátase do primeiro proxecto teatral conxunto da directora e actriz Nerea Brey e o dramaturgo Ernesto Is. - [O CDG estrea en Galicia 'Manuela Rey Is In Da House'](https://erreguete.gal/2024/03/14/o-cdg-estrea-en-galicia-manuela-rey-is-in-da-house/): O Centro Dramático Galego estrea en Galicia esta fin de semana o espectáculo Manuela Rey Is In Da House. Faino cunha serie de funcións para público xeral que terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela dende hoxe, xoves 14, ata este sábado, 16 de marzo. - [A AAAG concédelle o Premio de Honra Marisa Soto a María Barcala](https://erreguete.gal/2024/03/13/a-aaag-concedelle-o-premio-de-honra-marisa-soto-a-maria-barcala/): A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de concederlle á actriz María Barcala o Premio de Honra Marisa Soto, galardón dirixido a distinguir o labor de persoas ou de institucións que traballan a prol  sector escénico. - [Hellen Keller, a muller marabilla?](https://erreguete.gal/2024/03/12/hellen-keller-a-muller-marabilla/): "Chévere escolle á icona xordocega Hellen Keller como foco para o seu novo traballo (unha idea orixinal da actriz e pedagoga teatral Chusa Pérez de Vallejo) e lánzanos unha pregunta á que debemos atopar resposta durante o espectáculo: Era realmente Hellen Keller a Muller Marabilla? Unha peza chea de barreiras para o público como están cheas de barreiras as vidas diarias das persoas con diversidades. A asunción dun xeito “maioritario” na recepción é unha porta aberta ás políticas exclusivas, e así foi que converter a Hellen Keller nunha icona de superación, nun “modelo” ou exemplo a seguir, afastouna do seu propio público, convertida en referencia inalcanzábel." - [Nancy](https://erreguete.gal/2024/03/10/nancy/): A Commedia lémbranos todo o tempo que aínda que haxa clases sociais, abusos de poder, violencia, corrupción, mentiras, enganos e desenganos, se o pobo está unido… xa sabedes. - [As damas de Ferrol](https://erreguete.gal/2024/03/09/as-damas-de-ferrol/): "A realidade sempre se impón se mire desde onde se mire. 'As Damas de Ferrol' complementa unha visión do que podemos denominar o repertorio teatral galego en feminino, que está construído con textos que protagonizan ou que están baseados na muller ou nas mulleres, cuxas historias tocan diversos aspectos e referencias da vida e dos seus dramas (...)". - [Os Premios Max 2024 teñen candidaturas galegas](https://erreguete.gal/2024/03/07/os-premios-max-2024-tenen-candidaturas-galegas/): Tras esta primeira selección, un xurado escollerá as candidaturas finalistas que optarán aos Premios Max 2024. Os Premios Max están organizados pola SGAE a través da Fundación SGAE e este ano celebraranse en Tenerife o 1 de xullo.  - [Diego Anido gaña o XXIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva](https://erreguete.gal/2024/03/06/diego-anido-gana-o-xxiii-premio-de-interpretacion-teatral-maruxa-villanueva/): O xurado valorou "o seu traballo de creación, investigación e interpretación na peza O deus do pop, así coma a súa dilatada traxectoria nos ámbitos do teatro de obxectos e físico". - [Celebra-se a 6ª ed. Festival Encontros de Novas Dramaturgias](https://erreguete.gal/2024/03/06/celebra-se-a-6a-ed-festival-encontros-de-novas-dramaturgias/): A 6ª edição do Festival Encontros de Novas Dramaturgias (END) apresenta-se com um programa duplo: o primeiro a decorrer  de 18 a 20  de Março em Guimarães (Teatro Oficina/A Oficina) e o segundo de 21 a 23 de Março em Coimbra (Teatro Académico de Gil Vicente/Universidade de Coimbra), continuando dedicado à promoção, divulgação e sensibilização da dramaturgia portuguesa contemporânea junto de todos os públicos. Ao longo de 6 dias de programação intensa, o festival propõe a mostra de projetos em fase de criação e a exibição de espectáculos (teatro, dança, performance), bem como oferece um conjunto de atividades oficinais, no âmbito do projeto a Escola do Espectador Emancipado. - [O dragón de ouro](https://erreguete.gal/2024/03/03/o-dragon-de-ouro/): Ánxeles Cuña Bóveda, continuando en liña ascendente despois daquel prodixioso Arraianos, incrementa aínda máis a creatividade escénica, mesturando realismo cruel, polas situacións terribles, até o punto do cómico, dos textos que escolle, tanto aqueles contos de Ferrín como estoutros ensarillados na trama de O dragón de ouro. Aqueles, os de Arraianos, de xenética máis ancestral e local, e estes, os de O dragón de ouro, máis da aldea global actual, pero nos que tamén se deixa sentir esa ancestralidade e o peso do arcaico, porque as bestas tamén alancan nos cidadáns da sociedade tecnolóxica e nas súas relacións, incluso nas persoais e de parella. - [O marabilloso e o terríbel](https://erreguete.gal/2024/03/03/o-marabilloso-e-o-terribel/): Sempre sospeitei que os responsables da explotación humana, os responsables das guerras, son xente cunha deriva psicópata e sen humor. Sempre pensei que o humor nos humaniza. O humor e a diversión son tan necesarios! O marabilloso e o terríbel poden ser un dragón, representación áurea da creatividade coa que o ser humano se pode transcender a si mesmo. Igual que se pode transcender dacabalo do humor. - [Fran Sieira Compañía de Danza estrea 'CEIBE' en Cangas do Morrazo](https://erreguete.gal/2024/03/02/fran-sieira-compania-de-danza-estrea-ceibe-no-xose-manuel-pazos-varela-de-cangas-do-morrazo/): Fran Sieira Compañía de Danza presenta 'CEIBE', unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. A nova proposta dirixida polo bailador Fran Sieira e o bailarín Sergio R. Suárez estréase o 2 de marzo, ás 20 horas, no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas. En 'CEIBE' oito bailadoras e bailadores abordan as identidades de xénero e a tradición a través da linguaxe do movemento. A peza busca comprender como o xénero que nos atravesa socialmente e, de forma concreta, no baile tradicional. - [Os Microefectos Dramatúrxicos celebran unha nova edición](https://erreguete.gal/2024/03/01/os-microefectos-dramaturxicos-celebran-unha-nova-edicion/): Logo de tres meses dende a última sesión, esta fin de semana os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo, en Lugo. - [Atlas da boca](https://erreguete.gal/2024/02/29/atlas-da-boca/): "En 'Atlas da boca', os corpos non só falan, tamén danzan. Si, eses corpos errados para moitas persoas invaden a escena con movementos precisos que nos convidan a ollar con precisión, dende outra perspectiva". - [Colectivo Glovo convoca as residencias Atopémonos bailando 2024](https://erreguete.gal/2024/02/28/colectivo-glovo-convoca-as-residencias-atopemonos-bailando-2024/): Colectivo Glovo, en colaboración co Concello de Lugo e co apoio da Agadic, vén de presentar as bases da terceira convocatoria de residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando para profesionais de danza e artes do movemento. - [Entrega en man](https://erreguete.gal/2024/02/26/entrega-en-man/): "O punto de partida de 'Entrega en man' é o texto 'A Behanding in Spokane', do dramaturgo británico, de orixe irlandesa, Martin McDonagh. Publicada en 2010, a peza do autor d’'A raíña da beleza de Leenane' (levada á escena en Galicia por Teatro do Atlántico no 2006) acadou cedo a fama de polémica polos seus comentarios e chistes racistas". - [20 Irreverencias, vai camiño de ser un hábito](https://erreguete.gal/2024/02/25/20-irreverencias-vai-camino-de-ser-un-habito/): Pois estiven repasando as irreverencias por medo a repetirme como o chourizo no cocido nestes tempos de coresma e resulta que esta vai ser a miña irreverencia número vinte, así que vou debullala mentres lle tomo un licor café que é o único que me reconcilia con Ourense nestes momentos postelectorais…porque cagonacona… 1 para Jácome, non me sae do siso! - [Producións Teatrais Excéntricas estrea 'Monstros'](https://erreguete.gal/2024/02/22/producions-teatrais-excentricas-estrea-monstros/): 'Monstros' é un espectáculo familiar, especialmente recomendado para nenas e nenos de 8 a 14 anos, que fala dos medos dende un punto de vista humorístico e musical. - [O dramaturgo catalán Josep Maria Miró imparte un obradoiro de escritura teatral en Compostela](https://erreguete.gal/2024/02/21/o-dramaturgo-catalan-josep-maria-miro-imparte-un-obradoiro-de-escritura-teatral-en-compostela/): A Fundación SGAE vén de convocar en Galicia un obradoiro de escritura teatral co dramaturgo e docente catalán Josep Maria Miró. O taller celebrarase os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo na sede de SGAE en Santiago de Compostela. - [A AAAG desvela as candidaturas finalistas dos Premios de Teatro María Casares de 2024](https://erreguete.gal/2024/02/21/a-aaag-desvela-as-candidaturas-finalistas-dos-premios-de-teatro-maria-casares-de-2024/): Un total de 19 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala dos Premios de Teatro María Casares de 2024, que este ano se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. - [As que limpan](https://erreguete.gal/2024/02/19/as-que-limpan-2/): "Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, fundadoras da compañía, interpretan con destreza e axilidade a máis de dez personaxes, que as tres intercambian ao longo da obra, incluíndo ao público coma un personaxe máis". - [Sarabela Teatro estrea 'O dragón de ouro', de Schimmelpfennig](https://erreguete.gal/2024/02/17/sarabela-teatro-estrea-o-dragon-de-ouro-de-schimmelpfennig/): Sarabela Teatro trae ao galego por vez primeira a obra do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, ao levar a escena un dos textos máis destacados do que é o autor xermano vivo máis representado a nivel internacional: 'O dragón de ouro'. - [A Agadic convoca as axudas para a distribución das artes escénicas](https://erreguete.gal/2024/02/17/a-agadic-convoca-as-axudas-para-a-distribucion-das-artes-escenicas/): No caso das viaxes fóra de Galicia, cada empresa ou formación artística poderá beneficiarse dunha axuda de ata 15 000 euros a través desta liña de apoio. - [Bernardo Santareno X2](https://erreguete.gal/2024/02/17/bernardo-santareno-x2/): As vivências dos personagens estão nas atrizes e nos atores de uma forma empática, com as intensidades necessárias, na proporção adequada para gerar uma imersão no que ali se passa e para nos levar a uma catarse purificadora. Aliás, a fisicalidade acentuada da interpretação do elenco acompanha a dramaticidade, fornecendo uma frescura e, simultaneamente, uma conexão – a dos corpos – com energias de linhagem ancestral em que o local e o universal se tocam. - [O Colectivo RPM convoca as Residencias Paraíso 2024](https://erreguete.gal/2024/02/15/o-colectivo-rpm-convoca-as-residencias-paraiso-2024/): O programa Residencias Paraíso 2024 diríxese a artistas de Galicia, España e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigación ou creación durante dúas ou tres semanas. - [Antón Reixa e Antela Cid levan a traxedia grega ao Gaiás](https://erreguete.gal/2024/02/14/anton-reixa-e-antela-cid-levan-a-traxedia-grega-ao-gaias/): Baixo o título 'Míticas pero secundarias', este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición de Clásicas Desfeitas, o ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás. - [Paula Mayor asina o cartel dos XXVIII Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2024/02/14/paula-mayor-asina-o-cartel-dos-xxviii-premios-de-teatro-maria-casares/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén de dar a coñecer o cartel dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, asinado por Paula Mayor. Os espectáculos e profesionais finalistas desta edición daranse a coñecer o 20 de febreiro, na Festa de Finalistas que se celebrará en Santiago, na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. A gala de entrega terá lugar o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. - [Emoções fortes, da dança, que aclaram a olhada](https://erreguete.gal/2024/02/12/emocoes-fortes-da-danca-que-aclaram-a-olhada/): Caso a palavra e as suas estratégias se esgotassem na interação social, se calhar são os corpos e a dança uma possibilidade para voltar sobre o fundamental: a humanidade, a necessidade de articular uma olhada humana, a necessidade de que haja uma escuta dos corpos em movimento. Quando isto acontecer, o afeto e a conexão vão-nos levar a esse lugar emocionante do encontro com a diferença, com a riqueza imensa da diversidade, com uma valorização do principal: estarmos bem. - [Penélope: Destecendo o vínculo](https://erreguete.gal/2024/02/10/penelope-destecendo-o-vinculo/): "Penélope: Destecendo o vínculo é unha peza de danza-teatro contemporáneo da compañía Constance Hurlé. Hurlé, como directora e dramaturga, fálanos sobre a saúde mental, somérxenos na teoría do apego, nas redes de afecto, nos vínculos afectivos, e sitúanos dentro mundo académico". - [A ESAD de Galicia viaxa a Nancy para participar na Giornata Mondiale della Commedia dell'Arte](https://erreguete.gal/2024/02/07/a-esad-de-galicia-viaxa-a-nancy-para-participar-na-giornata-mondiale-della-commedia-dellarte/): "Estarán presentes as máis grandes personalidades do eido da Commedia dell’arte, como Carlo Boso ou Ferruccio Soleri, e a ESAD de Galicia, participará ofrecendo tres funcións do seu obradoiro cuadrimestral de Commedia dell’Arte, nesta ocasión coa peza 'A Pousadeira', de Carlo Goldoni, que tiven o privilexio de dirixir". - [A sexta edición de Camiño Escena Norte abre o seu prazo de inscrición](https://erreguete.gal/2024/02/06/a-sexta-edicion-de-camino-escena-norte-abre-o-seu-prazo-de-inscricion/): Camiño Escena Norte vén de abrir o prazo de inscrición de espectáculos para xirar no Itinerario Constelacións da súa sexta edición, que se celebrará do 13 de setembro ao domingo 27 de outubro. As compañías interesadas teñen de prazo até o 16 de febreiro para presentar as súas candidaturas. - [Clásicas desfeitas vol. 9: Hamlet, o de Cunqueiro](https://erreguete.gal/2024/02/06/clasicas-desfeitas-vol-9-hamlet-o-de-cunqueiro/): "'Hamlet, o de Cunqueiro' é un espectáculo que nos leva polas entrañas da Cidade da Cultura do mesmo xeito que nos leva pola historia do príncipe de Dinamarca, nun acertado xogo de simbiose entre texto e espazo, onde a arquitectura industrial e o cemento, ou elementos como o eco, o frío ou a vertixe participaban da dramatuxia de xeito fundamental". - [O CDG intensifica a súa programación neste trimestre](https://erreguete.gal/2024/02/05/o-cdg-intensifica-a-sua-programacion-neste-trimestre/): O Centro Dramático Galego, que celebra este ano o seu 40º aniversario, ten programada unha intensa actividade en Santiago de Compostela para este primeiro trimestre do ano. As actividades de creación e exhibición culminarán en abril coa estrea de 'Os actos e as profecías', o espectáculo central que a compañía pública de teatro está a crear para a conmemoración das súas catro décadas de historia. - [A Mostra de Teatro no Mosteiro inaugura a súa primeira edición](https://erreguete.gal/2024/09/24/36380/): A asociación cultural Catro Gatos, co apoio da Deputación da Coruña e mais do Concello de Bergondo, celebrará este venres e este sábado a primeira edición da Mostra de Teatro no Mosteiro. - [A AELG convoca o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024, Galiza + Portugal](https://erreguete.gal/2024/09/24/a-aelg-convoca-o-vii-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-2024-galiza-portugal/): A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a través da súa Sección de Literatura Dramática, convoca o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal. O festival vai celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o domingo 27 de outubro, e a recepción dos proxectos péchase o venres 11 de outubro. Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas que utilicen textos en galego ou portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización. - [O CDG estrea 5 novas coproducións](https://erreguete.gal/2024/09/23/o-cdg-estrea-5-novas-coproducions/): O Centro Dramático Galego estrea a comezos deste outono cinco das coproducións impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración do seu 40º aniversario. Trátase dos espectáculos Territórios de liberdade, Entrepalav-bras, As formas do amor, Lémbrame, Spominaj na Mnje e Frágua de amor, para os que a unidade teatral da Xunta de Galicia estableceu alianzas con tres compañías galegas, oito portuguesas e unha alemá. - [Beleza e Revolução. Suores de Mel](https://erreguete.gal/2024/09/22/beleza-e-revolucao-suores-de-mel/): “A beleza tem um génio, como tudo. E o génio é o que não cabe na época. O que se nega a ser encarcerado nos moldes de uma pose engendrada pelo medo de pensar. Porque a beleza faz pensar. Não serve para outra coisa. O seu milagre é pôr a imaginação a funcionar ao serviço do mistério que ela sugere. Por isso a beleza é como a poesia. A autêntica. Quem a sabe ler fica mais inteligente. (…) Porque a pose, acreditem,é o álibi do que não é belo, o estilo em voga de um texto sem conteúdo.” Estas palavras da escritora Natália Correia abrem a folha de sala de uma peça de dança da Nuisis Zobop intitulada 'Suores de Mel e a Morte Não Terá Domínio', coreografia de Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão. - [A Illa de San Simón acolle unha nova edición do Encontro Paraíso](https://erreguete.gal/2024/09/20/a-illa-de-san-simon-acolle-unha-nova-edicion-do-encontro-paraiso/): Esta fin de semana celébrase unha nova edición do Encontro Paraíso na Illa de San Simón. Dende hoxe ata o domingo, 22 de setembro, o Colectivo RPM desenvolve a súa cita anual das Residencias Paraíso, na que participarán as e os artistas seleccionados en 2024 na iniciativa, ademais de profesionais da danza e as artes escénicas convidadas pola organización. - [Código Azul presenta 'Tolóptica'](https://erreguete.gal/2024/09/19/codigo-azul-presenta-toloptica/): A compañía de teatro emerxente Código Azul arranca a súa andaina coa representación da súa primeira produción, 'Tolóptica', que estreou o pasado 15 de setembro no Teatro Jofre de Ferrol e que se poderá ver de novo o vindeiro sábado, 21 de setembro, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano da Coruña. - [O Vello Cárcere de Lugo acolle unha nova edición de Habitación Peregrina PRO](https://erreguete.gal/2024/09/19/o-vello-carcere-de-lugo-acolle-unha-nova-edicion-de-habitacion-peregrina-pro/): Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, está a celebrar dende o pasado martes e ata hoxe, xoves, 19 de setembro, unha nova edición do encontro profesional Habitación Peregrina PRO. - [O Festival Internacional É-Aqui-in-Ócio celebra a súa 15ª edición](https://erreguete.gal/2024/09/18/o-festival-internacional-e-aqui-in-ocio-celebra-a-sua-15a-edicion/): O vindeiro domingo, día 22 de setembro, dará comezo en Póvoa de Varzim a 15ª edición do Festival Internacional É-aqui-in-Ócio, organizado pola Varazim Teatro-Associação Cultural, baixo o lema “Caminhando por paisagens de Humanidade, em horizontes de Liberdade”. A apertura oficial será co espectáculo 'Territórios de Liberdade', un texto de Zé Paredes coproducido pola Companhia Certa, da Varazim Teatro, Tanxarina Títeres, de Redondela e o Centro Dramático Galego, baixo a dirección de Quico Cadaval. - [Volver ás aulas](https://erreguete.gal/2024/09/15/volver-as-aulas/): "Comeza o curso e os teatros galegos, unha vez máis, elixen facer unha didáctica da exclusión e non da inclusión. Das 221 funcións programadas para a tempada de outono que puidemos consultar nas carteleiras dos máis importantes teatros municipais galegos, festivais e salas alternativas, tan só 5 (si, 5) presentan contido abertamente LGTBIQ+. 221 fronte a 5." - [Camiño Escena Norte inicia a programación en Galicia da súa sexta edición](https://erreguete.gal/2024/09/13/camino-escena-norte-inicia-a-programacion-en-galicia-da-sua-sexta-edicion/): Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra inicia hoxe, 13 de setembro, a súa programación en territorio galego, que se desenvolverá ata o vindeiro 27 de outubro. - [O CDG convoca a selección de 22 intérpretes para a súa tempada 2024/2025](https://erreguete.gal/2024/09/12/o-cdg-convoca-a-seleccion-de-22-interpretes-para-a-sua-tempada-2024-2025/): O Centro Dramático Galego vén de abrir a convocatoria dun novo proceso de selección no que se elixiran 22 intérpretes para configurar os elencos das dúas producións propias da súa temporada 2024-2025. Lorena Conde e Pablo Reboleiro dirixirán estas novas producións, que iniciarán os ensaios en novembro e decembro deste ano se estrearán o ano que vén. - [O programa +Escénicas acepta solicitudes](https://erreguete.gal/2024/09/11/o-programa-escenicas-acepta-solicitudes/): A Deputación de Pontevedra pecha o vindeiro luns, 16 de setembro, o prazo para que os Concellos soliciten algunha das propostas de +Escénicas, un novo programa da institución provincial destinado a apoiar a programación de danza e teatro en galego nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. - [Vigocultura presenta a súa nova programación](https://erreguete.gal/2024/09/10/vigocultura-presenta-a-sua-nova-programacion-2/): O Concello de Vigo vén de desvelar o programa completo da nova temporada de Vigocultura, a súa programación municipal de artes escénicas. Dende hoxe, martes 10 de setembro, están xa á venda as entradas para as 26 funcións, que se desenvolverán entre o vindeiro 27 de setembro e finais de novembro. - [O FIOT de Carballo desvela o programa da súa 33ª edición](https://erreguete.gal/2024/09/09/o-fiot-de-carballo-desvela-o-programa-da-sua-33a-edicion/): Cinco semanas de teatro co foco posto na relación entre a tradición e o contemporáneo. Así se vén de presentar a nova edición do Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo, que se desenvolverá do 26 de setembro ao 31 de outubro. - [Amigos da Ópera da Coruña estrean 'La Bohème’ de Puccini](https://erreguete.gal/2024/09/08/este-domingo-8-de-setembro-estrease-la-boheme-de-puccini-de-amigos-da-opera-da-coruna/): Douscentos profesionais dan vida ao París do século XIX en ‘La Bohème’, coa que se inicia a Temporada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña Este domingo, 8 de setembro, La Bohème volve á Temporada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña no Palacio da Ópera e faino con 200 profesionais, que farán posible que se represente unha das óperas máis recoñecidas de Giacomo Puccini, no ano no que se cumpre o centenario da súa morte. - [Comeza o curso. Estudamos a fondo o teatro de obxectos?](https://erreguete.gal/2024/09/08/comeza-o-curso-estudamos-a-fondo-o-teatro-de-obxectos/): A nosa cultura contemporánea e o proceso de normalización lingüística tiveron unha profunda relación co teatro de títeres, na dimensión creativa, comunitaria e con repercusión na identidade dunha cultura que, despois da ditadura franquista, quere recuperar, poñer en valor, actualizar e dignificar todo un rico patrimonio cultural da tradición oral ou do títere tradicional, da cultura popular e das formas artesanais, en sintonía cun activismo latente (moitas veces tamén en defensa do territorio e do medio), que tiña lugar nas rúas e nas romarías. Eran lugares de sociabilización e encontro coa nosa tradición a través do títere. Toda aquela actividade dos anos 70 tivo unha influencia e unha relevancia máis alá do ámbito escénico. A nosa cultura actual non se pode entender sen todas as iniciativas daqueles profesionais pioneiros do que hoxe podemos incluír na ampla etiqueta de teatro de formas animadas. - [Un achegamento ao Centro de Creación Escénica La Parrala](https://erreguete.gal/2024/09/04/un-achegamento-ao-centro-de-creacion-escenica-la-parrala/): "(...) En palabras da actual presidenta da Xunta Directiva, Estrella R., debería existir unha Parrala en cada cidade, un espazo onde desenvolver as artes escénicas dedicado á necesidade universal de conta". - [O vello teatro dos soños](https://erreguete.gal/2024/09/01/o-vello-teatro-dos-sonos/): O que máis importa, tanto no teatro como no fútbol, é a identificación. Queremos vernos representados no que vemos. Ao teatro esixímoslle que fale de nós, dos nosos problemas, da nosa vida, etc. Queremos vernos representados no que se pon en escena. E é perfectamente comprensible. - [Celta 3. Valencia 1](https://erreguete.gal/2024/08/25/celta-3-valencia-1/): O fútbol, igual ca o teatro, é un xogo no que se sublima un conflito. No fútbol parece entre o nós e o vós, a nosa equipa e a vosa. No teatro poden sublimarse infinidade de conflitos vinculados a diferentes temas, ideas, percepcións e perspectivas sobre o mundo. No teatro as emocións moven pensamentos e ideas. No fútbol paréceme a min que non. - [Nada se sabe](https://erreguete.gal/2024/08/21/nada-se-sabe/): "'Nada se sabe parte' da reflexión de canto inclusiva é a nosa sociedade e de como tratamos realmente as persoas con diversidade. Algo exposto dende a dramaturxia, que aproveita as vidas e características propias do mesmo elenco para ofrecer un abano de diferentes xeitos de aproximarse á realidade, como poden ser a xordeira, a cegueira, a diversidade funcional, ou o trastorno de espectro autista. Unha pregunta que, por desgraza, ten unha resposta obvia". - [29ª edición de Sementes: Paseando polo Parque da Paz de Almada](https://erreguete.gal/2024/08/20/29a-edicion-de-sementes-paseando-polo-parque-da-paz-de-almada/): A compañía celebra este ano o seu 30 aniversario e tamén a 29 edición do Sementes, Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público, que se desenvolveu en Almada e nas freguesías de Loures, Montemor-o-Novo, Palmela e Seixal entre o 17 de maio e o 2 de xuño. - [Vilagarcía de Arousa acolle o Festaclown](https://erreguete.gal/2024/08/20/vilagarcia-de-arousa-acolle-o-festaclown/): Hoxe comezan os días grandes do Festaclown, o festival organizado por Culturactiva que arrancou onte en Vilagarcía e que se desenvolverá ata o próximo día 24 de agosto. - [‘Nada se sabe’ ou sábese pouco](https://erreguete.gal/2024/08/18/nada-se-sabe-ou-sabese-pouco/): Vai sendo hora de que os dereitos humanos e os avances na igualdade, a eles asociados, se cumpran en todos os ámbitos. O teatro e a danza non poden ser refractarios a este respecto. Aínda son poucas as experiencias das que temos coñecemento, nas que os escenarios son un espazo de integración da diversidade funcional etc. - [Sólodos estrea 'Mover cenizas', a primeira das coproducións anuais do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2024/08/15/solodos-estrea-mover-cenizas-a-primeira-das-coproducions-anuais-do-centro-coreografico-galego/): Sólodos, a compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez, abre este domingo, 18 de agosto a temporada de estreas do programa anual de coproducións do Centro Coreográfico Galego cos primeiros pases públicos do espectáculo 'Mover cenizas'. A peza poderá verse no Neveiro do Eirado do municipio ourensán de Xunqueira de Espadanedo en sesión dobre, ás 19.00 e ás 20.00 horas. - [Alberto Velasco: "Hai algo no símbolo que ten moito peso na nosa sociedade e que coido que é preciso romper"](https://erreguete.gal/2024/08/14/alberto-velasco-hai-algo-no-simbolo-que-ten-moito-peso-na-nosa-sociedade-e-que-coido-que-e-preciso-romper/): "Vivimos nun mundo no que decotío che din que tes un corpo feo, que es horrible, que se estás enfermo e así todo o tempo, algo que é moi difícil de levar. Neste espectáculo, que pretende transmitir moita alegría e beleza, tiña que estar presente este corpo meu contestatario, dunha forma poderosa e firme, poñéndoo sobre a mesa e sendo exposto en público". - [O Titiriberia iniciou a súa novena edición](https://erreguete.gal/2024/08/13/o-titiriberia-iniciou-a-sua-novena-edicion/): O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, arrancou onte, 12 de agosto, e desenvolverase ata o próximo día 18 cun cartel que inclúe 30 funcións da man de 20 compañías, ademais de obradoiros, mesas redondas e proxeccións. - [O FIOT de Carballo desvela as pezas finalistas do VIII Certame Micro-Escenas Metro Cadrado](https://erreguete.gal/2024/08/13/o-fiot-de-carballo-desvela-as-pezas-finalistas-do-viii-certame-micro-escenas-metro-cadrado/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo vén de dar a coñecer os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados polo seu xurado de profesionais das artes escénicas como finalistas da VIII edición do Certame Micro-Escenas Metro Cadrado, que poderán verse este outubro durante a celebración da 33ª edición do festival. - [Alberto Velasco a mover montañas](https://erreguete.gal/2024/08/11/alberto-velasco-a-mover-montanas/): 'Mover montañas', no patio que hai ao lado da igrexa da Madalena de Ribadavia, cos montes do Ribeiro de fondo, alumeados polas últimas raiolas do solpor, foi maxia pura. Unha peza de danza na que Velasco, por veces, podería parecer un medium, unha canle a través da que nos chegan as enerxías primixenias das artes e da vida, ecuánimes respecto á liberdade das persoas. - [En mitad de tanto fuego](https://erreguete.gal/2024/08/10/en-mitad-de-tanto-fuego/): 'En mitad de tanto fuego' chega á MIT de Ribadavia para facernos revivir a historia da guerra de Troia. Desta vez, o foco recae no personaxe de Patroclo quen vai  contar e reconstruír a súa propia vida a través dun intenso monólogo, interpretado por Rubén de Eguía (candidato os Premios MAX 2024 na categoría de Mellor Interpretación Masculina), onde fala sobre o amor, o sexo, a violencia, a guerra, ou a morte. - [Dos Modos Nascem Coisas: Do contemporáneo á raíz](https://erreguete.gal/2024/08/09/dos-modos-nascem-coisas-do-contemporaneo-a-raiz/): Dos Modos Nascem Coisas é un festival multidisciplinar con características de acción social e integración comunitaria organizado pola Associação Cultural AlbergARTE. Esta nova edición transcorreu nos arredores da praza 5 De Outubro de Albergaria-a-Velha nos días 18 e 19 de maio deste ano. - [Suevia Rojo e a poesía do movemento](https://erreguete.gal/2024/08/05/suevia-rojo-e-a-poesia-do-movemento/): O traballo de Suevia é un descubrimento fascinante pola calidade e a orixinalidade do movemento. Parecía coma se estivese a inventar un novo estilo, con momentos xestuais sinxelos e unha forza helicoidal que se despregaba desde a terra e ascendía polo corpo ata o máis aló. Mirada limpa, de intensidade e beleza ecuánimes, capaz de crear horizontes e de mudar a nosa maneira de estar mentres baila. - [Santiago Cortegoso gaña a Bolsa de Dramaturxia do CDG](https://erreguete.gal/2024/07/31/santiago-cortegoso-gana-a-bolsa-de-dramaturxia-do-cdg/): O proxecto 'Santa Bárbara', do autor, director e actor Santiago Cortegoso, é o gañador da terceira edición da Bolsa de Dramaturxia da Xunta de Galicia, iniciativa desenvolvida polo Centro Dramático Galego en colaboración cunha ducia de colectivos culturais co fin de seleccionar unha proposta de escrita dramática destinada a ser coproducida pola compañía pública. - [A 40ª MIT de Ribadavia resolve o Premio do Público e o Premio Abrente](https://erreguete.gal/2024/07/31/a-40a-mit-de-ribadavia-resolve-o-premio-do-publico-e-o-premio-abrente/): O xurado do Premio Abrente de 2024 decidiu conceder por unanimidade o premio ao texto titulado 'Os servizos prestados', que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Alberto Ramos Ríos. O Premio do Público recaeu "por escasas décimas" no espectáculo 'Iribarne', de ButacaZero. - [Deixando a pel](https://erreguete.gal/2024/07/30/deixando-a-pel/): “'Deixando a pel', da Compañía de teatro universitario USC-Lugo é unha peza que xoga entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada”. - [Eclipse Total](https://erreguete.gal/2024/07/29/eclipse-total/): A compañía valenciana Pont Flotant chega á MIT de Ribadavia co seu espectáculo 'Eclipse Total', gañadora nos premios MAX 2023 á mellor autoría teatral. Un espectáculo que pon sobre a mesa un tema tabú: a morte. - [40 MIT Ribadavia e Roberto Pascual](https://erreguete.gal/2024/07/28/40-mit-ribadavia-e-roberto-pascual/): O sábado 27 de xullo, xusto antes da derradeira función de teatro deste ano, a de Iribarne de ButacaZero, escoitaba con sorpresa a voz de Roberto Pascual anunciando que deixaba a dirección artística da MIT, despois de 15 anos e 16 festivais baixo a súa responsabilidade. - [Teatro Caracol representa a primeira obra sen Olga González](https://erreguete.gal/2024/07/27/teatro-caracol-representa-a-primeira-obra-sen-olga-gonzalez/): O  IES Francisco Asorey de Cambados acolleu a estrea de Buuuuuu, a primeira obra sen Olga González Vilas, alma máter e directora da compañía durante máis de tres décadas. - [Paüra](https://erreguete.gal/2024/07/26/paura/): 'Paüra', da Cía. Lucas Escobedo, é un espectáculo de humor, que nos somerxe no mundo da comedia da man do clown para abordar o tema principal: o medo. A comedia, o musical, o canto, a danza, forman parte desta peza composta por catro artistas multidisciplinares: Raquel Molano, Alfonso Rodríguez, Paula Lloret e o propio Lucas Escobedo, actor, dramaturgo e director da peza. - [Othelo (termina mal)](https://erreguete.gal/2024/07/25/othelo-termina-mal/): "Atención, "spoiler", Othelo termina mal. Buendia (director e compañía) presentan a traxedia como unha farsa, grotesca e esaxerada, a través dun ritmo frenético e con constantes cambios de personaxe e espazo, onde a propia desmedida humana é a que nos vai levando cara ao fado fatal. Así ten sentido toda retranca que van metendo polo medio como referencia á actualidade, amosándonos que o ser humano é unha "drama queen" cuxa traxedia está, precisamente, en perder o siso na súa esaxeración emocional." - [O Centro Dramático Galego e Culturactiva estrean 'Nada se sabe'](https://erreguete.gal/2024/07/24/o-centro-dramatico-galego-e-culturactiva-estrean-nada-se-sabe/): A estrea absoluta de 'Nada se sabe', coprodu será este venres 26 de xullo, ás 23.00 horas, no Auditorio Rubén García do Castelo de Ribadavia, dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro, MIT de Ribadavia, - [PLATTA 2024 no Carballiño](https://erreguete.gal/2024/07/24/platta-2024-no-carballino/): O Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño acolleu as actuacións das tres comunidades transfronteirizas e das lecturas dramatizadas nos tres idiomas, actividades que se desenvolveron entre os días 14 e 16 de xuño baixo un clima de fraternidade. (...) O proceso de construción desa federación tan desexada por todas as partes segue a súa dinámica e finalmente, as catro patas que compoñen o PLATTA asinamos un novo convenio provisional. - [Zona Franca](https://erreguete.gal/2024/07/23/zona-franca/): "'Zona Franca' é un espectáculo que recolle a vibración vital do momento sociopolítico que está a vivir o Brasil e a pon en movemento como un convite a mergullarse nese río diverso que é a vida, tal como o elenco nos convida a participar nesta festa dende o mesmo intre de sentarnos nas butacas, nun desbalde artístico que foi xustamente recompensado cunha grande ovación ao final da presentación." - [O Titiriberia muda de datas e avanza a súa nova programación](https://erreguete.gal/2024/07/23/o-titiriberia-muda-de-datas-e-avanza-a-sua-nova-programacion/): O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, vén de anunciar un cambio nas datas desta edición, ademais de facer un avance da programación e inaugurar a exposición 'Marionetas do mundo' nos escaparates de diferentes locais de Rianxo. - [Dique](https://erreguete.gal/2024/07/22/dique/): "Dentro do panorama da escena galega, e para ser máis concretos da danza galega, unha produción como 'Dique' é considerada por forza unha súper produción: un espectáculo con oito bailarinas en escena, que pretende pór en valor o traballo e a significación daquelas mulleres ferrolás que construíron o propio Dique da campá hai 150 anos, nun contraste explícito entre a figura da muller (entendido como arquetipo) e a pedra, nun duelo de forza, resistencia e dureza." - [Calidade e calidez no 41º Festival de Almada](https://erreguete.gal/2024/07/21/calidade-e-calidez-no-41o-festival-de-almada/): Está claro que todo o que concirne ao teatro, cando funciona, nos afecta e nos implica até ao fondo e iso acaba por translucirse no que somos e no que facemos. Por iso, que o Festival de Almada estea feito por xente do teatro, inflúe directamente na calidade e na calidez e acaba por implicarnos, porque é a partir de aí, do compromiso vital, dende onde se fai. - [Sobre o extravío ou A arte de perderse](https://erreguete.gal/2024/07/21/sobre-o-extravio-ou-a-arte-de-perderse/): "'Sobre o extravío ou A arte de perderse' foi unha estrea absoluta para a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Pensada para espazos non convencionais, esta proposta convida a perderse na contemplación do espazo e do que vai máis alá do espazo: aquel lugar que, nas sombras, convida a extraviarse dos camiños coñecidos." - [Crisi di nervi, tre atti unici di Anton Cechov](https://erreguete.gal/2024/07/21/crisi-di-nervi-tre-atti-unici-di-anton-cechov/): O público que lotou a Sala Principal do Teatro Joaquim Benite para ver 'Crisi di nervi, tre atti unici di Anton Cechov' do Tieffe Teatro Milano, com encenação de Peter Stein (1937), divertiu-se imenso com este tríptico cómico. O grande mestre alemão, fundador da Schaubühne am Lehniner Platz de Berlim, faz dessas três breves peças de Anton Tchecov três brinquedos divertidos sobre os caprichos e os disparates que as pessoas provocam sem se aperceber, sobre as relações heterossexuais e sobre os construtos de género atribuidos a homens e mulheres, quer na Rússia de finais do século XIX, onde se situa a ação destas peças, quer ainda nos nossos dias e nos nossos países. - [O Salón Teatro acolle unha mostra aberta do proxecto 'Do outro lado'](https://erreguete.gal/2024/07/19/o-salon-teatro-acolle-unha-mostra-aberta-do-proxecto-do-outro-lado/): Fran Rodríguez e Brais Pombo ofrecerán hoxe unha mostra aberta do seu traballo en proceso desenvolvido nas Residencias Paraíso, que terá lugar no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela, esta tarde, ás 20.00 horas - [A MIT de Ribadavia inaugura a súa 40ª edición](https://erreguete.gal/2024/07/19/a-mit-de-ribadavia-inaugura-a-sua-40a-edicion/): O programa co que a MIT de Ribadavia celebra o seu 40ª aniversario concentra un total de 21 espectáculos, tres cursos de formación escénica, unha exposición e máis de 10 actividades paralelas. - [Entrelinhas](https://erreguete.gal/2024/07/19/entrelinhas/): A dupla Tiago Rodrigues e Tónan Quito trouxe ao 41º Festival de Almada, literalmente, uma experiência teatral assim titulada: 'Entrelinhas'. Neste espetáculo podemos encontrar vários jogos muito característicos da poética de Rodrigues, próximos do gosto por contar histórias que se conectam com outras, numa dinâmica de bucle, de mise en abyme ou de Matrioska (boneca russa). Isto produz, nas entrelinhas, ecos e reflexos que multiplicam interpretações daquilo que esboçam. Aliás, na sua justa medida justa fazem com que o texto acabe numa espécie de sortilégio ou de fórmula mágica, porque a sua matéria se encontra sujeita a uma estrutura espiral e especular que nos atira para dentro dela, absorvendo-nos. - [Morre o actor Xabier Deive aos 54 anos](https://erreguete.gal/2024/07/18/morre-actor-xabier-deive/): O actor galego Xabier Deive, recoñecido polas súas interpretacións en series como Matalobos e Águila Roja, faleceu aos 54 anos, segundo informou o seu representante, Alejandro Albaiceta. - [O Festival Abanea celebra a súa terceira edición](https://erreguete.gal/2024/07/16/o-festival-abanea-celebra-a-sua-terceira-edicion/): Abanea 2024 desenvolverase entre o 17 e o 21 de xullo cun programa que se espalla por espazos diversos e singulares de todo o territorio galego, levando pezas de non máis de 20 minutos de duración, de base contemporánea, que dialogan con outros estilos. - [Afonso Becerra gana o Premio Internacional de Xornalismo Carlos Porto 2024](https://erreguete.gal/2024/07/15/afonso-becerra-gana-o-premio-internacional-de-xornalismo-carlos-porto-2024/): Afonso Becerra de Becerreá recibe o Premio Internacional de Xornalismo Carlos Porto 40º Festival de Almada, dedicado á prensa especializada, polo artigo “A equipa de Afonso Cruz e Rui M. Silva | Dentro do Covil. Volta à equipa para nos reconhecer”, publicado o 17 de xullo de 2023. Na acta, o xurado destaca: “Um texto que enquadra o ponto de partida do espetáculo sem explicar demasiado e através da opinião estimula o público a assistir.” - [Pensar con Orgullo](https://erreguete.gal/2024/07/15/pensar-con-orgullo/): "Non podemos deixar de ver o panorama xeral no que estamos, nun país onde a política inxire directamente na xestión cultural, pretendendo adoutrinar a cidadanía, e exercendo a censura como ferramenta directa de abuso de poder. No caso de Galicia, non é preciso sequera botar man da censura para pechar a presenza da comunidade cuir na escena: basta con sometela ao sistema precarizado e precarizante das artes para ver como unha comunidade xa de por si marxinada, fica aínda máis ás marxes do sistema. Non fai falla xa facer presión nin censurar directamente: xa o propio sistema e a maioría de compañeiras da profesión encárganse de deixarnos de lado". - [Relative Calm](https://erreguete.gal/2024/07/14/relative-calm/): Houve, portanto, aquilo que nos anunciava o próprio título da peça: uma calma relativa. Essa que se pode experimentar numa meditação ou num relax, mas aqui, realmente, seria devida a uma libertação de conteúdos, de ideias, de preocupações e até da nossa perceção caracterizadora, a que nos faz ser como somos. Relative Calm pede uma outra perceção que para nada é a habitual, nem sequer a que costumamos utilizar no teatro e na dança, treinada pelas suas convenções mais à moda. - [Full Moon](https://erreguete.gal/2024/07/13/full-moon/): Full Moon é telurismo puro em movimento, que se faz visível com formas cinéticas de hipnótica beleza plástica. Pelos corpos em movimento dos sete bailarinos acontece a lua nas suas quatro fases e em todos os seus ciclos. Acontecem o fogo e a água, em forma de rio ou de chuva. Acontecem o vento e os animais: os pássaros, os primatas.... Acontecem os caçadores com arcos e setas. Acontecem as preces e as celebrações. Acontece a vida nos seus pilares. - [ButacaZero fai un ensaio aberto do seu novo proxecto internacional no Salón Teatro](https://erreguete.gal/2024/07/12/butacazero-fai-un-ensaio-aberto-do-seu-novo-proxecto-internacional-no-salon-teatro/): EntrePalav·bras son dúas pequenas pezas escénicas nas que ButacaZero e Teatro Ensaio cruzan o seus equipos para a xestación dun experimento escénico transnacional. A primeira das pezas, chamada ‘Fracturas’ poderá verse nun ensaio aberto, con entrada libre, este domingo 14 de xullo ás 19 horas no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela. - [Além da dor](https://erreguete.gal/2024/07/12/alem-da-dor/): Ao entrar na Sala Experimental do Teatro Municipal Joaquim Benite o ar está fresco. Embora a luz se concentre nos lugares do público, enquanto não começa a função, a cenografia de Céline Demars, que reproduz de maneira naturalista o local de uma fábrica, também gera uma sensação física de frieza e de uma certa inquietação. Sento-me na primeira fila e, de repente, cresce em mim outra sensação, a de estar dentro dessa fábrica. Olho para o espaço e apercebo-me de que, numa certa maneira, estamos dentro dessa fábrica da indústria alimentar. Começa o espetáculo como se se iniciasse uma jornada laboral do pessoal de limpeza e higienização desse local industrial. - [Black Lights](https://erreguete.gal/2024/07/11/black-lights/): Black Lights com texto e coreografia de Mathilde Monnier traz ao palco luz sobre as sombras e a escuridão das violências, em muitos casos subtis e quase invisíveis para a maioria da sociedade, que são exercidas sobretudo por homens cisgénero heterossexuais sobre as mulheres. Para isso toma como ponto de partida a série televisiva H24 transmitida pelo canal Arte em 2021, constituída por 24 filmes feitos a partir de outros tantos e breves guiões, escritos por 24 autoras. - [Sans tambour](https://erreguete.gal/2024/07/11/sans-tambour/): Estamos ante um teatro musical e iconoclasta que mistura tendências de ar romântico, com o lado onírico-fantástico de quem sofre de amor, com tendências de ar concreto e materialista, intercetadas por sketches quase circenses, em que o humor e a colagem de histórias são fundamentais para elevar a dimensão do conflito. A hibridação dos Lieder de Schumann, com toda a sua exaltação da tristeza e do amor, o mito erótico-tanático de Tristão e Isolda, a performance cenográfica, etc., dão uma complexidade surpreendente. - [Os Andares presenta seis viaxes sonoras por concellos dos Ancares](https://erreguete.gal/2024/07/08/os-andares-presenta-seis-viaxes-sonoras-por-concellos-dos-ancares/): Artistas vencellados ás artes escénicas, ao audiovisual e á poesía como Iria Azevedo, Marcos PTT, Avelina Pérez, Clara Gayo, José Díaz ou María Lado crean viaxes sonoras a medio camiño entre a ficción e o documental para visitar enclaves singulares das Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, Becerreá e Pedrafita. Os seis audioitinerarios, pensados para vivir unha experiencia artística en movemento, brindan unha vía de dinamización do rural a través da cultura e están dispoñibles tanto na Rede (www.osandares.com) como nos traxectos físicos a través de carteis con código QR - [Có(s)mico e festivo](https://erreguete.gal/2024/07/07/cosmico-e-festivo/): Relixiosa e gozosamente acudo á 41ª Mostra de Teatro de Cangas, que se celebrou entre o 27 de xuño e o 7 de xullo de 2024. Fágoo nos últimos días da Mostra e, efectivamente, na programación deseñada pola dramaturga María Armesto e consensuada polo seu equipo: Salvador del Río, Casilda Alfaro, Xoán Carlos Riobó e Che Mariño, descubro esa pluralidade simbolizada polo “S” que este ano se introduciu no cómico, e descubro tamén a dimensión cósmica, máis aló das continxencias do presente. - [O Festival Atlántica clausura a súa XII edición](https://erreguete.gal/2024/07/07/o-festival-atlantica-clausura-a-sua-xii-edicion/): A duodécima edición do Festival Atlántica pecha hoxe despois dunha  intensa programación que estivo a espallar esta fin de semana a arte da narración oral por unha ducia de puntos de Galicia e Portugal, e que se suma a todas as actividades xa desenvolvidas dende que arrancou o pasado 1 de xullo. - [A MITCFC acolle a presentación do libro coas pezas 'Amantis' e 'Pyka', publicado pola erregueté](https://erreguete.gal/2024/07/04/a-mitcfc-acolle-a-presentacion-do-libro-coas-pezas-amantis-e-pyka-publicado-pola-erreguete/): Achegarse ás pezas 'Amantis', de Tamara Canosa e Xacio Baño, e 'Pyka', de Cinema Sticado (Helena Varela e Xosel Díez) e Julio Fer, con música de Brais González, nun encontro coas autoras e autores. Isto é o que propón a presentación que desenvolverá esta tarde a erregueté | Revista Galega de Teatro, a partir das 18:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, dentro da programación da 41ª MITCFC. - [Gustavo del Río gaña o VIII Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2024/07/03/gustavo-del-rio-gana-o-viii-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): Despois de asistir á lectura dramatizada dos catro textos que combatían, o público do VIII Torneo de Dramaturxia de Galicia escolleu como gañador PEC, que resultou ser da autoría de Gustavo del Río. Foi onte á noite, no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas, nunha gala presentada por Déborah Vukusic e nunha edición cuxo lema de partida era "Isto hai que paralo". - [A 41ª MITCFC acolle o VIII Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2024/07/02/a-41a-mitcfc-acolle-o-viii-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): O Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acolle esta noite, ás 22.00 horas, unha nova edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, a oitava xa; un evento que se segue a consolidar como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a dramaturxia galega, creando un nexo directo entre autoras e autores e público. - [Resolución dos Premios Max das Artes Escénicas 2024](https://erreguete.gal/2024/07/02/resolucion-dos-premios-max-das-artes-escenicas-2024/): O Auditorio de Tenerife Adán Martín acolleu onte a celebración da gala dos Premios Max das Artes Escénicas 2024. Consulta aquí a listaxe de espectáculos e profesionais que resultaron gañadores. - [Tenerife acolle a gala de entrega dos XXVII Premios Max das Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2024/07/01/tenerife-acolle-a-gala-de-entrega-dos-xxvii-premios-max-das-artes-escenicas/): A cerimonia dos XXVII Premios Max das Artes Escénicas celebrarase hoxe ás 20.00 horas e emitirase de xeito diferido en La 2 de RTVE, Canal Internacional e RTVE Play, a partir das 22.00 hora. Tito Asorey e Vanesa Sotelo constitúen a presenza galega nas candidaturas finalistas. - [O Festival Atlántica inaugura a súa duodécima edición](https://erreguete.gal/2024/07/01/o-festival-atlantica-inaugura-a-sua-duodecima-edicion/): O XII Festival Atlántica de Narración Oral abre hoxe, 1 de xullo, a súa duodécima edición con actividades en Santiago e Portugal. A programación estenderase a outras localidades ao longo desta semana, ata a súa clausura o 7 de xullo. - [Patadas no cu](https://erreguete.gal/2024/06/30/patadas-no-cu/): Como a vida me foi botando cara ó teatro, fun tratando de explicarme o mundo a través del. Decisión que non para de darme dores de cabeza e, á vez, unha profunda satisfacción porque as artes son un filtro que se volve bastante revelador sobre a realidade. - [Vergoña de que? Orgullo sempre!!!](https://erreguete.gal/2024/06/28/vergona-de-que-orgullo-sempre/): "Probablemente lendo isto, pensades que son un esaxerado. Gustaríame darvos a razón, pero lamentablemente non o podo facer. Quero vivir nun mundo mellor, formar parte dunha sociedade que progresa. Un lugar no que as persoas podan ter unha identidade propia, lonxe do binarismo; na que podas escoller o que queres ser, sen que ninguén diga como debes ser. No que as miñas amigas non teñan medo camiñando, para chegar as súas casas logo dunha noite de esmorga; na que as mulleres teñan os mesmos dereitos que os homes. Unha utopía, na que as discapacidades vivan nun mundo accesible; na que as persoas migrantes non sexan tratadas coma mercadoría e na que as guerras rematen. Un espazo seguro no que non me peguen unha malleira, ao berro de "maricón de merda"; no que o progreso coma sociedade nos faga estar cheas de orgullo, e no que outras historias sexan protagonistas no teatro e nas táboas." - [Arranca a 41ª edición da MITCFC](https://erreguete.gal/2024/06/27/arranca-a-41a-edicion-da-mitcfc/): O Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acollerá hoxe ás 21.00 horas a inauguración da 41ª Mostra Internacional da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC. - [A MIT de Ribadavia outorga o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño 2024 a Nova Galega de Danza](https://erreguete.gal/2024/06/25/a-mit-de-ribadavia-outorga-o-premio-de-honra-roberto-vidal-bolano-2024-a-nova-galega-de-danza/): A MIT de Ribadavia vén de dar a coñecer que Nova Galega de Danza recibirá o Premio de Honra Roberto VIdal Bolaño 2024 ao mérito nas artes escénicas. - [Fin de curso, verán e circo](https://erreguete.gal/2024/06/23/fin-de-curso-veran-e-circo/): Parece ser que este venres, 21 de xuño, acabou o curso escolar e comezou o verán! Isto dáme pé para falar de teatro e fin de curso, concretamente dos Traballos Fin de Grao (TFG) que se están a presentar por estas datas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG). Trátase de espectáculos teatrais cos que os novos profesionais do sector saen do acubillo da academia para encontrarse co mundo laboral das nosas artes escénicas. - [Eu.Experimento do Camões – Centro Cultural Português en Vigo presenta o seu espectáculo ‘Eu.Camões’ este 26 de xuño](https://erreguete.gal/2024/06/22/eu-experimento-do-camoes-centro-cultural-portugues-en-vigo-presenta-o-seu-espectaculo-eu-camoes-este-26-de-xuno/): Este mércores 26 de xuño de 2024, quarta-feira, o grupo de teatro Eu.Experimento do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, que dirixe Afonso Becerra, vai pechar o curso escolar, o ano letivo, e súa temporada teatral co espectáculo titulado Eu.Camões. A entrada é gratuíta, pero está suxeita a reserva previa, a través do correo electrónico: ccp-vigo@camoes.mne.pt ou no teléfono (+34) 986 430370, para as dúas sesións que se van realizar o día 26 de xuño de 2024, na Casa Arines de Vigo: unha ás 19h e a outra ás 20h30. A asistencia ao espectáculo farase por orde de inscrición até esgotar os 20 lugares de capacidade para cada unha das sesións. - [Cadernos de](https://erreguete.gal/2024/06/22/cadernos-de/): A dramaturga e encenadora monçanense Raquel S, que vive no Porto, recebeu de uma amiga, como presente mais do que curioso, ou mais do que estranho, uma caixa cheia de cadernos, que essa amiga tinha escrito desde a sua adolescência, na década de oitenta, até metade da primeira década de dois mil, aproximadamente. Esses quarenta cadernos impressionaram Raquel. Neles deve ter achado muita coisa e acabou por escrever uma peça e realizar um belo espetáculo, junto com a atriz Maria Jorge - [A Compañía de teatro universitario da USC- Lugo gaña o premio á mellor obra na 35ª Muestra de Teatro Joven de Donostia](https://erreguete.gal/2024/06/21/a-compania-de-teatro-universitario-da-usc-lugo-gana-o-premio-a-mellor-obra-na-35a-muestra-de-teatro-joven-de-donostia/): A 35ª Mostra de Teatro Joven de Donostia, na que participaron un total de 180 mozas e mozos, divididos en 18 grupos, vén de resolver os seus premios. O xurado, composto pola actriz Maria Blanco e os actores Luix Mitxelena e Omar Somai, decidiu outorgar o premio á mellor obra á peza 'Deixando a pel',  da Compañía de teatro universitario da USC- Lugo. - [Faise pública a programación do 41º Festival de Almada, que inclúe 'Manuela Rey Is In Da House'](https://erreguete.gal/2024/06/18/faise-publica-a-programacion-do-41o-festival-de-almada-que-inclue-manuela-rey-is-in-da-house/): Entre o 4 e o 18 de xullo celébrase a 41ª edición do Festival de Almada, que reúne a algúns dos creadores que marcaron as artes escénicas nas últimas décadas, así como a un grupo de artistas e compañías, portuguesas e estranxeiras, que determinan a creación contemporánea. Entre eles, o 14 de xullo, no grande palco da Escola D. António da Costa, a produción do Centro Dramático Galego Manuela Rey Is In Da House, con dramaturxia e dirección de Fran Núñez. - ['Summertime Sadness' dirixido por Myriam González, seleccionado na Quinzena de Dança de Almada 2024](https://erreguete.gal/2024/06/17/summertime-sadness-dirixido-por-myriam-gonzalez-seleccionado-na-quinzena-de-danca-de-almada-2024/): O pasado mes de marzo Myriam González coreografou o proxecto de videodanza Summertime Sadness, unha peza de Waacking con 25 bailarinxs, estudantes das escolas May Dance Studio (Fene) e da Escola Municipal de Danza de Oleiros, onde Myriam é docente. Summertime Sadness é unha das pezas seleccionadas para o festival internacional Quinzena de Dança de Almada, na súa 32 edición. - [A Casa Colorida](https://erreguete.gal/2024/06/16/a-casa-colorida-3/): "Ler 'A defunción dos sexos', de Daniela Ferrández, é un exercicio de memoria, de coñecemento e recoñecemento de historias individuais e colectivas, de liberdade e represión, do que conforma a identidade plural do colectivo LGTBIQ+ en Galiza. Porque a disidencia non só estaba presente nos núcleos de Madrid e Barcelona, senón que Galiza ten unha extensa historia queer que podemos descubrir neste libro." - [Cancións amarelas, flores tristes](https://erreguete.gal/2024/06/14/cancions-amarelas-flores-tristes/): "(...) 'Cancións amarelas, flores tristes' é unha peza que nos propón saír do illamento imposto por esta sociedade e as veces por nós mesmos, porque, como dirían en 'Fleabag', a xente é todo o que temos" - [O Salón Teatro acolle a estrea de 'Na hora dos cans', do Proxecto NÓS/NOUS](https://erreguete.gal/2024/06/13/o-salon-teatro-acolle-a-estrea-de-na-hora-dos-cans-do-proxecto-nos-nous/): O Salón Teatro acolle esta fin de semana a estrea galega de 'Na hora dos cans', espectáculo que o Centro Dramático Galego coproduce xunto a outras compañías institucionais e centros de ensino teatral superior de Galicia, Francia e Portugal, dentro do Proxecto NÓS/NOUS. - [O XII Festival Atlántica celebrarase do 1 ao 7 de xullo](https://erreguete.gal/2024/06/13/o-xii-festival-atlantica-celebrarase-do-1-ao-7-de-xullo/): O Festival Atlántica vén de presentar hoxe, 13 de xuño, o programa completo da súa duodécima edición, que se vai celebrar entre o 1 e o 7 de xullo. - [A Agadic convoca a terceira edición da bolsa de dramaturxia do CDG](https://erreguete.gal/2024/06/12/a-agadic-convoca-a-terceira-edicion-da-bolsa-de-dramaturxia-do-cdg/): A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de abrir a terceira edición da Bolsa de Dramaturxia para a selección dun proxecto de escrita dramática a partir do que poñer en marcha unha nova coprodución do Centro Dramático Galego. - [SóLODOS EN DANZA en Ourense, Amiadoso e Xunqueira de Espadanedo](https://erreguete.gal/2024/06/12/solodos-en-danza-en-ourense-amiadoso-e-xunqueira-de-espadanedo/): SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2024 terá lugar os días 13 e 14 de xuño, celebrando a súa novena edición en Ourense, Amiadoso e Xunqueira de Espadanedo.  - [Posgalicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2024/06/09/posgalicia-escena-pro/): En todo caso: que queres ver? Pois, nada, que che dean o que queres ver. O que se supón que queremos ver. E así, todos tan contentos. Ben sabido é que, igual que non escoitamos todo o que se nos di (oído selectivo), tampouco vemos todo o que hai. Só vemos o que queremos ver. - [Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos](https://erreguete.gal/2024/06/08/metodoloxias-carroneras-para-corpos-invertidos-2/): "'Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos' é unha chamada á atención, á acción e mesmo á interacción: á atención, porque nos leva a reflexionar sobre a construción da nosa identidade; á acción porque nos interpela sobre as bases desa construción e a tomar responsabilidade das nosas decisións; e á interacción porque salienta a importancia da comunidade como sostén do individuo nunha sociedade moito máis diversa do que se nos vende." - [Os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2024/06/07/os-microefectos-dramaturxicos-regresan-ao-club-clavicembalo-de-lugo/): Logo de tres meses dende a súa última celebración, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo de Lugo esta fin de semana. O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración. - [A MIT de Ribadavia desvela o programa da súa 40ª edición](https://erreguete.gal/2024/06/06/a-mit-de-ribadavia-desvela-o-programa-da-sua-40a-edicion/): O Salón Teatro do Centro Dramático Galego acolleu esta mañá a presentación oficial do programa completo da 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia. “Novos nomes da escena internacional que nunca estiveron en Galicia, estreas e reafirmado apoio a aquelas voces que emerxeron do noso panorama escénico da man do festival tamén co recoñecemento do público da MIT, como pode ser a dobremente premiada (en 2017 e 2020) Nova Galega de Danza”; así recolle a Mostra a programación deste ano. De feito, despois do seu 20 aniversario, a nova andaina da compañía Nova Galega de Danza será a […] - [Avelaíña Teatro estrea 'As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos que nunca foi'](https://erreguete.gal/2024/06/05/avelaina-teatro-estrea-as-mascaras-de-ibanez-o-marques-de-sargadelos-que-nunca-foi/): Coincidindo coa cuarta edición das xornadas de Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Turismo de Ribadeo, Avelaíña Teatro estrea As máscaras de Ibáñez. O Marques de Sargadelos que nunca foi. A representación será este venres, día 7 de xuño, ás 20.30h no Auditorio Municipal  Hernán Naval de Ribadeo. - [Nova Galega de Danza estrea 'Dique'](https://erreguete.gal/2024/06/04/nova-galega-de-danza-estrea-dique/): 'Dique' é un espectáculo coproducido por Nova Galega de Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego, que pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. - [Os monicreques volveron á Ascensión](https://erreguete.gal/2024/06/03/os-monicreques-volveron-a-ascension/): "Aproveitar o interese do público e a boa reacción ás montaxes para xerar interese e demanda por este patrimonio e conseguir que as persoas que asisten ás obra sintan que fan parte deste legado e que poden contribuír á súa continuidade, é o desafío que enfronta a Asociación Morreu o Demo de cara ao futuro". - [Cultura fake. Vilas e comunidade](https://erreguete.gal/2024/06/02/cultura-fake-vilas-e-comunidade/): As programacións “culturais” que poñen nesas lonas enormes na praza do concello e que repiten nunha desas pantallas de leds, que están moi de moda e que temos tamén no meu concello. Pareime a ver que había, que tanto anuncio tiña, e quedei desencaixada… Temos todo tipo de exhibicións de escolas privadas e municipais de música e baile, unha serie de traballos comunitarios feitos por asociacións, como son o Corpus ou os Maios e outra ración de festas gastronómicas organizadas pola asociación de hostalería, en resumo: nin unha programación feita por unha profesional, nin música, nin cinema, nin poesía, nin teatro…. Neste tipo de concellos deben crer que as artistas vivimos do aire! - [Confi. O golfiño Manoliño](https://erreguete.gal/2024/05/30/confi-o-golfino-manolino/): Con aires de construír unha vida mellor, A Xanela do Maxín ofrécenos en 'Confi. O golfiño Manoliño' ampla información da vida do golfiño e da súa especie, e sensibiliza o público sobre a necesidade de coidar e defender o espazo natural e a vida salvaxe. - [Crónica de Mariñán II](https://erreguete.gal/2024/05/29/cronica-de-marinan-ii/): Co lema “O deseño das programacións teatrais galegas: Na procura dun modelo cooperativo", desenvolvéronse a pasada fin de semana as II Xornadas da Academia Galega de Teatro no Pazo de Mariñán en colaboración coa deputación da Coruña e co apoio da Xunta de Galicia a través da Agadic. - [O Sete Falares celebra a súa 12ª edición](https://erreguete.gal/2024/05/28/o-sete-falares-celebra-a-sua-12a-edicion/): Sete días de propostas de narración oral. A programación da doceava edición do  Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares desenvolverase entre o 2 e o 8 de xuño en diferentes lugares de Pontevedra. - [O Corufest consolídase como festival LGTBIQ+ de referencia](https://erreguete.gal/2024/05/28/o-corufest-consolidase-como-festival-lgtbiq-de-referencia/): "Un ano máis e dende hai sete, o Corufest encheu de propostas escénicas e culturais diferentes espazos da cidade da Coruña cunha clara vocación: achegar ao público a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, estatal e internacional. A sétima edición do Festival pola Liberdade afectiva e Sexual, Corufest, celebróuse do 9 ao 19 de maio na cidade da Coruña." - [O antes e o despois en acción. Experiencias EDC10](https://erreguete.gal/2024/05/26/o-antes-e-o-despois-en-accion-experiencias-edc10/): É curioso como, ao lado dos momentos máis plásticos e impresionantes dun espectáculo, tamén se fixan no noso recordo eses pequenos xestos, miradas e encontros que non pertencen aos espectáculos. Os que se dan antes e despois, neses momentos de pasaxe, que resultan claves para a experiencia artística: como entramos e como saímos, quen nos rodea, como é o lugar e que é o que acontece ou pode acontecer antes e despois. Antes, no lugar da expectativa, na tensión da espera. Despois, no lugar do eco, na transición cara á dixestión do que acabamos de ver. Aí é onde o Comando Dramatúrxico tentou xerar espazos especiais, para quen quixese, para quen estivese dispoñible ou o necesitase. - [Raquel Ferradás estrea 'Mesura' no festival Escora](https://erreguete.gal/2024/05/26/raquel-ferradas-estrea-mesura-no-festival-escora/): A localidade coruñesa de Carnota acolle hoxe a estrea de 'Mesura', da bailarina viguesa Raquel Ferradás. Será ás 19.00 horas, no marco do Festival Escora, organizado pola Deputación da Coruña. - [Ártika Cía estrea 'Pum! Pum! Quen hai?'](https://erreguete.gal/2024/05/26/artika-cia-estrea-pum-pum-quen-hai/): A compañía viguesa Ártika CIA estrea esta fin de semana o seu novo espectáculo para público familiar, titulado Pum! Pum! Quen hai?. A sala da compañía, a Sala Ártika acolleu unha primeira función onte, sábado, e hoxe, domingo, acollerá outra, ás 18.00 horas. - [Camiño Escena Norte acepta candidaturas para a súa sétima edición](https://erreguete.gal/2025/02/12/camino-escena-norte-acepta-candidaturas-para-a-sua-setima-edicion/): Camiño Escena Norte celebrará a súa sétima edición do 12 de setembro ao 26 de outubro de 2025, e vén de abrir o prazo de inscrición para que as compañías presenten as súas candidaturas para ser parte do seu eixe central: o Itinerario Constelacións. - [Fado Alexandrino](https://erreguete.gal/2025/02/12/fado-alexandrino/): "O "Fado Alexandrino" de Nuno Cardoso é, ao meu parecer, unha tentativa de achegarse á esencia, ás raíces da historia contemporánea portuguesa sen adornos, sen idealizacións, de forma descarnada. Ao modo dos fados tradicionais, chamados alexandrinos en homenaxe ao poeta francés Alexandre Berné, esta posta en escena ensina como un mosaico os piares sobre os que se sustenta a sociedade portuguesa: unha mestura de tradición e modernidade que non sempre casa ben." - [E que eu vivo disto](https://erreguete.gal/2025/02/09/e-que-eu-vivo-disto/): Hai uns días asistín a unha peza na Área Panorámica de Tui dun director portugués que non vou amentar. A peza tiña unha duración de catro horas e a expectativa arredor do tema da Revoluçao dos Cravos xeraba moita expectativa. - [Ibuprofeno Teatro estrea 'Reconversión'](https://erreguete.gal/2025/02/07/ibuprofeno-teatro-estrea-reconversion/): A montaxe máis ambiciosa da historia da compañía Ibuprofeno Teatro estréase esta fin de semana no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Este acollerá unha primeira función hoxe, venres, ás 20.30 horas, e outra mañá, sábado, á mesma hora, deste novo traballo, 'Reconversión', que conta con oito actores-músicos en escena e un amplo equipo artístico. - [Revolução, hormonas, história e Fado Alexandrino](https://erreguete.gal/2025/02/02/revolucao-hormonas-historia-e-fado-alexandrino/): É a vida a partir e a estourar as costuras do relato bem feito, a estilhaçar com palavrões, apaixonamentos, embebedamentos e outras vergonhas inconfessáveis a grandiloquência da épica dos heroicos factos da História que se quer escrever com maiúsculas. - [Viagem à Lua](https://erreguete.gal/2025/02/02/viagem-a-lua/): Primeiro espetáculo de 2025. Na sexta-feira, 10 de janeiro, fizemos uma Viagem à Lua com André Murraças, Francisco Goulão, Gonçalo Santos e João Lara, inspirada na vida e na obra do genial Federico García Lorca. Foi a estreia teatral, pela primeira vez em Portugal, de 'Viagem à Lua', o guião cinematográfico surrealista, nunca realizado em filme, numa coprodução do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima. - [Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia](https://erreguete.gal/2025/01/29/os-premios-maria-casares-rexistran-a-maior-participacion-da-sua-historia-2/): Os Premios de Teatro María Casares rexistraron este ano a maior participación da súa historia, ao inscribirse 48 espectáculos e preto de 400 profesionais na súa 29ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. - [Menú-do día](https://erreguete.gal/2025/01/28/menu-do-dia-3/): "A palabra importa polo seu significado e pola intención coa que se di. Por iso o silencio que a rodea é tamén tan importante, xa que pode ser un silencio cómplice, que axude ao poder destrutivo da palabra, ou ser un silencio delator, que axude a salientar o seu significado. Acaso por iso o corpo de Alberte Bello acada unha nova dimensión na súa performatividade, non só pola cantidade de accións que realiza sobre (ou arredor de) o escenario, senón porque o feito de non articular palabra fai que o patio de butacas se confronte coa incomodidade do silencio e esperte así as preguntas no seu pensamento". - [Respecto, grazas](https://erreguete.gal/2025/01/26/respecto-grazas/): Sobre todo non perdades nunca a conciencia de clase. Somos traballadores aínda que nos chamen actores. Somos parte do mesmo nivel da pirámide. Soamente facemos un tipo de traballo. - [Xerar comunidade arredor da escena](https://erreguete.gal/2025/01/26/xerar-comunidade-arredor-da-escena/): "(...) As xornadas profesionais de Escena Galega levan unha década consolidándose como un deses importantes puntos de encontro estable para abranguer diferentes cuestións de interese para o sector, escollendo cada ano unha temática concreta arredor da cal compartir experiencias e reflexionar. Este ano xiraron arredor da relación entre as artes escénicas profesionais e os seus públicos, abordando o paso do concepto de espectador ao de comunidade arredor da escena. Celebráronse o 22 de outubro no que vén sendo o seu marco nos últimos anos, dentro da programación do Festival Internacional de Outono, FIOT, de Carballo, no Pazo de Cultura da localidade (...)". - [O coreógrafo Javier Martín estrea 'Beltenebros'](https://erreguete.gal/2025/01/24/o-coreografo-javier-martin-estrea-beltenebros/): O Teatro Colón da Coruña acolle hoxe, venres 24 de xaneir,o a estrea de 'Beltenebros', a nova peza do coreógrafo Javier Martín. A entrada é gratuíta, a través de convite, que se pode reservar en liña. - [Empacho de aninovo](https://erreguete.gal/2025/01/19/empacho-de-aninovo/): "O teatro, co seu poder espectacular, é unha ferramenta que nos axuda a chamar a atención sobre a nosa condición humana, precisamente grazas á súa capacidade especular, que nos reflicte a nós mesmes como sociedade e provoca, polo tanto, un impacto emocional e unha reflexión intelectual. No punto oposto, as políticas conscientes que fomentan a sociedade do scroll e a mingua na nosa competencia reflexiva, sabedoras de que unha persoa saturada de estímulos non pode parar a pensar nin no que está a ver." - [Bernardino Graña e a súa literatura para o teatro](https://erreguete.gal/2025/01/19/bernardino-grana-e-a-sua-literatura-para-o-teatro/): Hoxe, domingo 19 de xaneiro de 2025, en Cangas do Morrazo, é o enterro laico do escritor Bernardino Graña. Nós queremos renderlle homenaxe recuperando un capítulo que escribín para o libro artellado por Héitor Mera en 2007 e publicado por Edicións Xerais: Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario. - [O Rato Pérez](https://erreguete.gal/2025/01/18/o-rato-perez/): "No vasto universo das historias infantís, poucas figuran con tanta forza no imaxinario das crianzas como a do Rato Pérez. Esta figura emblemática é moito máis que un simple recolledentes, é un símbolo da transición, unha ponte entre a infancia e o crecemento. Nesta última reinterpretación do personaxe presentada por A Xanela do Maxín, o Rato Pérez realiza un traballo máis complicado do que pensamos". - [VigoCultura desvela a súa nova programación para este semestre](https://erreguete.gal/2025/01/17/vigocultura-desvela-a-sua-programacion-para-este-semestre/): O Concello de Vigo deu a coñecer hoxe o programa de VigoCultura para o primeiro semestre de 2025, que antes do verán ofrecerá funcións de 27 espectáculos no Auditorio Municipal. - ['MENÚ-DO-DÍA' percorre varios concellos da Coruña](https://erreguete.gal/2025/01/17/menu-do-dia-percorre-varios-concellos-da-coruna/): Neste mes de xaneiro, a peza 'MENÚ-DO-DÍA', do #ColectivoCBV, está a xirar por diferentes concellos da provincia da Coruña grazas á programación Liberdade de ser e sentir da Deputación de Coruña. - [Teatro do Noroeste estrea 'Guerra'](https://erreguete.gal/2025/01/17/teatro-do-noroeste-estrea-guerra/): Teatro do Noroeste ofrecerá esta fin de semana dúas funcións no Teatro Principal de Santiago de Compostela de estrea absoluta do seu novo espectáculo, Guerra: unha hoxe, venres, día 17, e outra mañá, sábado, 18 de xaneiro, ás 20.30 horas. - ['Nada se sabe' chega ao Salón Teatro](https://erreguete.gal/2025/01/16/nada-se-sabe-chega-ao-salon-teatro/): O espectáculo de teatro inclusivo Nada se sabe, coproducido polo Centro Dramático Galego e Culturactiva, terá mañá, xoves 16 de xaneiro a súa estrea compostelá no Salón Teatro, despois da súa estrea absoluta na pasada edición da MIT de Ribadavia. - [As formas do amor](https://erreguete.gal/2025/01/15/as-formas-do-amor/): "(...) Nesta historia posmoderna, cambiamos (xa era hora) as tornas.  Así pois afastámonos da muller que ansía ser nai por encima de todo para sentirse realizada e atopámonos unha muller cotiá, que non ten instinto maternal. Vemos unha red flag, unha liña vermella que Ela, malia as insistencias de El, non está disposta a cruzar. A peza suxire un punto de inflexión, que nos leva á reflexión sobre os desexos de ser nai. Máis formula tamén a cuestión e os desexos de ser pai (...)". - [O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada](https://erreguete.gal/2025/01/14/o-unico-que-verdadeiramente-quixen-toda-a-vida-e-ser-delgada/): "'O único que verdadeiramente quixen ser toda a vida é ser delgada' é o espectáculo máis "queer" que levo visto en toda esta tempada teatral. E digo "queer" no seu sentido orixinal de “estraño”, “pouco usual”, “raro”, é dicir, do teatro que habita nas marxes do sistema, dando voz a todas aquelas que habitualmente non a temos nos palcos. Neste caso, Esther F. Carrodeguas fai unha alegación autoafirmativa a través da súa viaxe vital arredor da gordofobia". - [Unha inimiga do pobo](https://erreguete.gal/2025/01/13/unha-inimiga-do-pobo/): "'Unha inimiga do pobo' é unha peza que consegue enfrontar o espectador coas súas propias contradicións, e iso amosa unha honestidade e capacidade de autoanálise por parte dos creadores digna de ter en conta". - [Etelvino Vázquez e a consagración do teatro](https://erreguete.gal/2025/01/12/etelvino-vazquez-e-a-consagracion-do-teatro/): O 31 de xaneiro de 2025, no teatro Jovellanos de Xixón, a Asociación de Empresas de Artes Escénicas EscenAsturias entrégalle o Premio Oh! De Honor 2025 a Etelvino Vázquez (1950), cuxa compañía, Teatro del Norte (1985), cumpre 40 anos en 2025. - [A Sala Ártika acolle a estrea do espectáculo 'O último home'](https://erreguete.gal/2025/01/11/a-sala-artika-acolle-a-estrea-do-espectaculo-o-ultimo-home/): A Sala Ártika de Vigo acolle hoxe e mañá ás 20.00 horas dúas funcións de estrea da peza 'O último home', o novo espectáculo de Ainé Producións con Manuel Cortés. Trátase dunha obra que mestura a poesía, o teatro e a música e que sitúa o público na extinción da humanidade. - ["O teatro é un viveiro para o desenvolvemento intelectual e afectivo"](https://erreguete.gal/2025/01/11/o-teatro-e-un-viveiro-para-o-desenvolvemento-intelectual-e-afectivo/): "Marina Gómez Pose e Fernando Castro Paredes son profesores de Lingua Española no IES Fernando Blanco de Cee. Desde hai 13 anos son responsables de dirección do grupo Tuéjele Teatro, formado por alumnado do centro e desde 2018 dirixen o grupo de teatro amador Farándula Velutina. A súa experiencia achéganos ao traballo feito coa mocidade desde a perspectiva do teatro escolar e amador". - [O Salón Teatro abre a súa programación de 2025 con 'Frágua de amor'](https://erreguete.gal/2025/01/10/o-salon-teatro-abre-a-sua-programacion-de-2025-con-fragua-de-amor/): O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego, ofrece hoxe en función única a montaxe 'Frágua de amor', o clásico da literatura portuguesa escrito polo dramaturgo Gil Vicente, coproducida pola compañía pública galega xunto a seis estruturas culturais lusas. Abre con esta función a súa programación de 2025. - [Ana Vallés e a beleza](https://erreguete.gal/2025/01/05/ana-valles-e-a-beleza/): Gustaríame dedicarlle o meu primeiro artigo de 2025 a alguén moi especial e valiosa, a Ana Vallés. Aproveito a escusa extraordinaria e excepcional da concesión, por parte do Ministerio de Cultura, da Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024, concedida na última xuntanza do Consello de Ministros do 23 de decembro. Un ano antes daba a lección inaugural do curso 2023/2024 da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e facíao cunha performance que era toda unha declaración de principios sobre a ilimitada e marabillosa escola de vida e de humanidade que é a festa das artes escénicas. - [Poi](https://erreguete.gal/2025/01/04/poi/): "Guillem consegue abraiar os espectadores coa súa destreza en algo, aparentemente, sinxelo, coma unha buxaina, e descóbrenos todas as posibilidades que esta pode ofertar. Todo dentro dunha estética moi coidada e fermosa, e que estaba moi ben acompañada polo medio que o rodeaba." - [Julio César](https://erreguete.gal/2025/01/03/julio-cesar/): "O achegamento do Chapitô á traxedia de Julio César está empapada da súa personalidade. É divertida, pero ácida, aparentemente sinxela, e proba a universalidade do clásico. Todo isto con só tres actores, luvas prateadas, papel de agasallo vermello e unha boa iluminación". - [La lengua incompleta](https://erreguete.gal/2025/01/02/la-lengua-incompleta/): "'La lengua incompleta' é un espectáculo feito con agarimo, honestidade e coidado que consegue conmover o espectador grazas á súa historia, aparentemente sinxela, pero que nos deixa con interrogantes, e con certo calor na pel". - [Ibiza 80’](https://erreguete.gal/2025/01/01/ibiza-80/): "O seu xeito de contar cativa o espectador, e agárrao ate o remate do conto. Ademais, a historia que comparte con nós é moi divertida. En verdade non, non o é. É divertido o xeito de contala, porque pode resultar tremendamente dramática, pero a simpatía e humor de Félix faina moito máis suave de dixerir". - [O meu balance das artes escénicas galegas en 2024](https://erreguete.gal/2024/12/30/o-meu-balance-das-artes-escenicas-galegas-en-2024/): Acaba 2024 e toca facer balance. O meu balance das artes escénicas é, necesariamente, subxectivo, por iso é importante colocarlle diante “o meu”, porque o contrario sería pretensioso. Durante este ano vin e escribín sobre uns 124 espectáculos de artes escénicas (teatro, danza, circo, ópera), en diferentes lugares, incluíndo algúns programados en 12 festivais. Aquí quero centrarme nas 24 pezas de artes escénicas galegas, estreadas en 2024, que puiden ver. - [Os XXIX Premios de Teatro María Casares aceptan candidaturas](https://erreguete.gal/2024/12/30/os-xxix-premios-de-teatro-maria-casares-aceptan-candidaturas/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convocou este mes os XXIX Premios de Teatro María Casares. A inscrición está aberta ata o mércores 8 de xaneiro. Poden concorrer a eles todos os espectáculos profesionais de teatro de actriz/actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. - [Ser diferentes é ser existentes!](https://erreguete.gal/2024/12/28/ser-diferentes-e-ser-existentes/): Achégase o final do ano e, a todes ou case, dános por poñer cousa por cousa na balanza e facer ao noso modo, ao de cadaquén, un axuste de contas, ou como di a canción cantada pola marquesa y sus amigos: “[…] hacemos el balance de lo bueno y malo… cinco minutos antes de la cuenta atrás [...]”. Eu son máis de tomar as uvas coas badaladas dende a Praza do Obradoiro, e aproveitando que me quedan algo máis de cinco minutos para a conta atrás e para que chegue o aninovo, gostaríame facer tamén unha valoración deste ano nesta “Casa Colorida”, neste lugar de disidencia: Palcos LGBTIQ+, no que escribimos ao abrigo da erregueté. - [A Agadic convoca as axudas á creación escénica para 2025](https://erreguete.gal/2024/12/26/a-agadic-convoca-as-axudas-a-creacion-escenica-para-2025/): A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes á convocatoria de subvencións á creación escénica para o ano 2025. Esta liña anual de apoio ao sector que aglutina teatro, danza, circo e maxia incrementouse nesta edición nun 8,7% respecto a 2024, situándose nos 870.000 euros. - [Ana Vallés recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno do Estado](https://erreguete.gal/2024/12/24/ana-valles-recibe-a-medalla-de-ouro-ao-merito-nas-belas-artes-do-goberno-do-estado/): O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura, Ernest Urtasun, aprobou o 23 de decembro a concesión das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes correspondentes ao ano 2024 a 38 personalidades e institucións do mundo da cultura. En teatro, foille concedida a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes á dramaturga, directora e actriz Ana Vallés. - [Henrique Harguindey Banet in memoriam](https://erreguete.gal/2024/12/22/henrique-harguindey-banet-in-memoriam/): Esta semana morreu Henrique Harguindey Banet (Lugo, 1946 – Cangas do Morrazo, 2024), unha persoa fundamental para o teatro galego. Un activista da lingua e da cultura galegas desde neno, tal cal expón na biografía que se pode ler na súa páxina web palabrasdesconxeladas.gal. - [Antoloxía de Nova Galega de Danza no Teatro Colón da Coruña en xaneiro](https://erreguete.gal/2024/12/19/antoloxia-de-nova-galega-de-danza-no-teatro-colon-da-coruna-en-xaneiro/): A compañía, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, bota o pano da celebración do seu 20 aniversario -iniciada a finais de 2023- cun fito único na cidade herculina: o Teatro Colón acollerá tres noites seguidas, do 17 ao 19 de xaneiro de 2025, ás 20.00h, as pezas de danza 'Leira', 'Berro' e 'Dique' - [E Q+?](https://erreguete.gal/2024/12/15/e-q/): "Nestes momentos nos que vemos moitos dos nosos dereitos na corda frouxa, ollemos aos movementos disidentes co sistema sexo-xénero e aos feminismos e fagamos do noso teatro un teatro vivo que dinamite as relacións de desigualdade nos procesos de creación, que renove as historias que pensamos que merecen ser contadas, que abanee os vimbios do humor. Vaiamos na procura dun teatro máis colectivo e máis empático, no que se escoiten as opinións dos intérpretes durante o proceso; un teatro menos xerárquico, no que non se normalicen situacións de abuso e maltrato; un teatro que provoque a quen ten que provocar, no que a quen se ridiculice sexa ao racista, ao machirulo, ao explotador; un teatro de todes e para todes, con equipos artísticos e técnicos máis diversos." - [PLATTA en Arcos de Valdevez, "onde Portugal se fez"](https://erreguete.gal/2024/12/14/platta-en-arcos-de-valdevez-onde-portugal-se-fez/): O festival transcorreu entre os días 25 e 27 de outubro e foi organizado polo Grupo de Teatro do Vez con Margarida Dias, Albertina Fernandes e Victor Fernandes como estandartes, e coa axuda económica da Câmara. Á presentación asistiron os responsables das catro patas da PLATTA (GTV, FETACyL, FEGATEA e a erregueté), acompañados do Presidente da Câmara Municipal João Manuel Esteves, que eloxiou a unión entre pobos fronteirizos, e do director da Casa das Artes, Nuno Soares. - [Primeira edición dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego](https://erreguete.gal/2024/12/14/primeira-edicion-dos-premios-manu-lago-do-novo-circo-galego/): O día 10 de decembro de 2024 foi un día histórico para as nosas artes escénicas. A Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) celebrou a primeira gala dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego no Teatro Principal de Compostela, amosando a consolidación e o alto nivel artístico desta disciplina, na que Galiza é unha potencia. - [O 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais entrega o premio a 'Berenguela na gaiola'](https://erreguete.gal/2024/12/13/o-4o-certame-manuel-maria-de-proxectos-teatrais-entrega-o-premio-a-berenguela-na-gaiola/): O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o mércores a entrega do premio correspondente á 4ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Nesta ocasión o premio recaeu na obra 'Berenguela na gaiola', con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira e presentada conxuntamente a concurso polas compañías Galeatro e Xarope Tulú sobre o texto teatral de Manuel María Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. - [Fin de semana de Microefectos Dramatúrxicos no Club Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2024/12/13/fin-de-semana-de-microefectos-dramaturxicos-no-club-clavicembalo-de-lugo/): Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/26996/entradas- microefectos-dramaturxicos-2024 Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases. - [O Camões – Centro Cultural Português em Vigo apresenta o espetáculo Eu.Camões](https://erreguete.gal/2024/12/13/o-camoes-centro-cultural-portugues-em-vigo-apresenta-o-espetaculo-eu-camoes/): O Camões – Centro Cultural Português em Vigo apresenta, nos dias 19 (às 19h e às 20h) e 20 de dezembro (às 18h) três sessões do espetáculo Eu.Camões, desenvolvido pelo seu grupo de teatro amador Eu.Experimento, com encenação de Afonso Becerra de Becerreá. - [Escribir sobre espectáculos e sustentabilidade](https://erreguete.gal/2024/12/08/escribir-sobre-espectaculos-e-sustentabilidade/): É domingo. Acabo de escribir o editorial para o número 108 da erregueté, a revista en papel con contidos exclusivos, diferentes aos que hai na edición online aberta da erreguete.gal. O número 108 corresponde ao segundo semestre de 2024 e sae polas datas do Nadal, para despedir o ano e darlle a benvida a 2025. Seica a revista en papel erregueté é a única publicación de artes escénicas das chamadas Comunidades Autónomas que forman o Estado español. Lembro a desaparecida La ratonera dos curmáns e irmáns asturianos ou Hamlet en Catalunya... habería máis, pero parece que non aguantaron. - [Quico Cadaval dirixe 'Bonecos', de Red Cloud Teatro de Marionetas](https://erreguete.gal/2024/12/07/quico-cadaval-dirixe-bonecos-de-red-cloud-teatro-de-marionetas/): O director, dramaturgo, actor e narrador oral galego Quico Cadaval dirixe a nova produción da compañía portuguesa Red Cloud Marionetas, que se estrea esta fin de semana en Aveiro. A peza combina o teatro de monicreques coa narración oral nunha proposta multidiscipinar baseada nos contos tradicionais de varios lugares do mundo. - [O Teatro Gorrilla celebra unha nova edición do seu festival](https://erreguete.gal/2024/12/07/o-teatro-gorrilla-celebra-unha-nova-edicion-do-seu-festival/): O barrio vigués de Churruca acolle hoxe unha nova entrega do festival organizado por Teatro Gorrilla, seguindo co seu obxectivo de converter os bares da zona en salas de teatro alternativas, acollendo 5 propostas escénicas en 5 espazos diferentes. - [Bota a andar a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago](https://erreguete.gal/2024/12/05/bota-a-andar-a-primeira-edicion-dos-premios-de-novo-circo-galego-manu-lago/): A Asociación Profesional de Circo de Galicia organiza a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Lago o 10 de decembro no Teatro Principal de Compostela. A APCG inaugura a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago, uns premios que promocionan a calidade e o talento das artistas e compañías galegas de circo e que recoñecen o esforzo das súas profesionais. - [Dramaturgia e heterodoxia na dança](https://erreguete.gal/2024/12/01/dramaturgia-e-heterodoxia-na-danca/): A chave se calhar está na singularidade heterogénea das pessoas que integram a equipa artística e na sua colaboração de-hierarquizada, com a escuta integral como lei fundamental de interação. Através dessa dinâmica vai ser mais fácil que possam surgir ações impensadas e surpreendentes, e que se possam abrir caminhos para lugares inexplorados. - [Celébrase a 17ª edición de Culturgal](https://erreguete.gal/2024/11/30/celebrase-a-17a-edicion-de-culturgal/): Centos de profesionais das industrias culturais galegas e público xeral danse cita ata este domingo en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que abriu as portas da súa 17ª edición no Pazo da Cultura de Pontevedra. O Pazo da Cultura pontevedrés acolle 200 actividades nesta 17ª edición da feira, que conta tamén cun centenar de expositores e a participación de 500 artistas. - [CEIB3](https://erreguete.gal/2024/11/30/ceib3/): "Logo de "DeMente" (2022), Fran Sieira volve apostar por un espectáculo no que mergullarse nas profundidades do ser humano e, en concreto, do ser humano en relación con outros seres humanos, en relación co social. "CEIB3" leva impresa no seu título unha obvia declaración de intencións, xa que é un canto de liberdade, onde o baile nos leva a soltar as cadeas que nos apreixan, tanto por dentro como por fóra de nós." - [O 25N e os parches feministas](https://erreguete.gal/2024/11/24/o-25n-e-os-parches-feministas/): "A discriminación positiva non é ningunha solución, e eu concordo con ela. A solución é que os espectadores, programadores e artistas abramos a nosa propia perspectiva. Precisamos ver a vida dende outras olladas, e asumilas un chisco como propias". - [Ártika Cía. estrea 'Non pasarán'](https://erreguete.gal/2024/11/24/artika-cia-estrea-non-pasaran/): A Sala Ártika, sita en Vigo, está a acoller esta fin de semana a estrea do espectáculo “Non pasarán", da súa compañía Ártika Cía. Despois dunha primeira función onte, sábado, hoxe ofrecerán unha segunda función ás 20.00 horas que irá seguida dun coloquio co equipo artístico. - [Aula Chévere](https://erreguete.gal/2024/11/17/aula-chevere/): "O pasado mes de outubro tivo lugar a lección inaugural do curso 2024-25 na ESAD de Galicia e o acto de nomeamento dunha aula, por segundo ano consecutivo. Despois da Aula Ana Vallés, o curso pasado, a Escola conta, para o bo recordo e xusta homenaxe de profesionais referentes, tamén de futuras xeracións, coa aula Chévere". - [Una parte de mí](https://erreguete.gal/2024/11/16/una-parte-de-mi/): "A peza faite transitar emocionalmente xunto ao acróbata, coas súas subidas e baixada, e a música achégate ese sentir, en perfecta harmonía co corpo. A pesar da brevidade do espectáculo, a viaxe é moi rica, grazas ás tensións e distensións que producen ambos artistas". - [Camiño Escena Norte fai balance dunha "edición de resistencia"](https://erreguete.gal/2024/11/15/camino-escena-norte-fai-balance-dunha-edicion-de-resistencia/): Despois de finalizar o pasado 27 de outubro a súa sexta edición, Camiño Escena Norte (CEN) fai un balance da mesma. A que comezou como a edición máis expansiva finalizou no que definen como "unha edición de resistencia", debido á exclusión do proxecto das Ayudas para la acción y la promoción cultural do Ministerio de Cultura, e á diminución en máis dun 50 % da axuda da convocatoria de teatro e circo do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM). - [AveLina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid Freire gañan os premios de literatura dramática da Agadic](https://erreguete.gal/2024/11/14/avelina-perez-carlos-labrana-e-andrea-cid-freire-ganan-os-premios-de-literatura-dramatica-da-agadic/): Dúas autoras e un autor veñen de alzarse coas diferentes modalidades dos tres premios de literatura dramática que convoca bienalmente a Xunta de Galicia a través da Agadic. Trátase de AveLina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid Freire. AveLina Pérez levou o Álvaro Cunqueiro, Andrea Cid Freire o Barriga Verde de monicreques para público infantil, e Carlos Labraña resultou dobremente galardoado, obtendo o Manuel María e o Barriga Verde para público adu - ['Casting Lear' gaña o Premio do Público do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2024/11/11/casting-lear-gana-o-premio-do-publico-do-fiot-de-carballo/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo vén de dar a coñecer que 'Casting Lear', de Andrea Jiménez, Barco Pirata e Teatro de la Abadía, foi o espectáculo máis valorado polo público na  súa 33ª edición - [Estrea absoluta da ópera galega ‘Pálido punto azul’ de Javier Otero Neira](https://erreguete.gal/2024/11/10/estrease-a-opera-galega-palido-punto-azul-de-javier-otero-neira/): Amigos da Ópera da Coruña programa a estrea absoluta de 'Pálido punto azul' o martes, 12 de novembro, no Teatro Rosalía de Castro (19 horas). Con música de Javier Otero Neira e libreto, dirección escénica, escenografía e vestiario de Iria Azevedo e produción de José Díaz, a obra en galego trata a evolución do ser humano nun mundo en constante mudanza. Segundo o propio compositor e a libretista Iria Azevedo esta é “unha viaxe que percorre o Ser, o Estar e o Parecer en busca de “instrucións” para saber diferencialos”. - [O teatro e as expectativas: un matrimonio por poderes](https://erreguete.gal/2024/11/10/o-teatro-e-as-expectativas-un-matrimonio-por-poderes/): Mais alá dos compromisos, sexamos sinceras, o que nos fai ir ao teatro son as expectativas. Ben sexa para comprobar que non acertaron coa escenificación, ben para volver abraiadas pola marabilla da proposta. De feito, non esaxero, se digo que as expectativas moven o mundo tanto como a avaricia. - [A convocatoria Da man acepta propostas para a súa segunda edición](https://erreguete.gal/2024/11/09/a-convocatoria-da-man-acepta-propostas-para-a-sua-segunda-edicion/): As persoas seleccionadas na segunda convocatoria de artistas emerxentes en danza Da man, convocada por AMARELO e Manu Lago, co patrocinio da Agadic, a través do Centro Coreográfico Galego, serán acompañadas durante un novo proceso de creación durante o ano 2025. - [Teatro de Ningures estrea en Cangas 'As gardiás'](https://erreguete.gal/2024/11/08/teatro-de-ningures-estrea-en-cangas-as-gardias/): A compañía canguesa Teatro de Ningures volve aos escenarios con 'As gardiás'. Tras Unhas poucas picadelas, producido no 2016, estrea esta nova montaxe, que dirixe Cristina Domínguez a partir do texto de Násser Djemaï, mañá, sábado 9 de novembro, no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, en Cangas. Trátase da primeira posta en escena que se fai no Estado dun texto do autor, actor e director francés de orixe alxeriana Násser Djemaï. - [De feiras e mareantes](https://erreguete.gal/2024/11/07/de-feiras-e-mareantes/): Un ano máis, Titiriberia botouse á rúa. Espallouse por Rianxo como unha marea de monicreques e de celebración, na semana máis festeira do verán. Entre o 12 e o 18 de agosto, en Rianxo non se sentiron os ecos das verbenas, nin as atraccións eléctricas competiron en vatios pola atención das crianzas. - [Colectivo Glovo no Busan International Performing Arts Market 2024](https://erreguete.gal/2024/11/06/colectivo-glovo-no-busan-international-performing-arts-market-2024/): En outubro de 2024, Colectivo Glovo foi seleccionado para participar no Busan International Performing Arts Market (BPAM), celebrado na cidade de Busan, Corea do Sur. BPAM é un evento clave para a difusión e promoción das artes escénicas a nivel internacional, onde compañías de todo o mundo presentan os seus traballos ante programadores e profesionais do sector. - [Microescena Lab abre a súa convocatoria de novembro](https://erreguete.gal/2024/11/05/microescena-lab-abre-a-sua-convocatoria-de-novembro/): "O evento consiste na mostra de catro pezas de carácter escénico, en proceso de creación, e cunha duración aproximada de quince minutos. As propostas amósanse de xeito simultáneo, nas diferentes zonas de A Morada Cooperativa (...)". - [Territórios de Liberdade](https://erreguete.gal/2024/11/03/territorios-de-liberdade/): "Convidados pola Varazim Teatro-Associação Cultural, organizadora do festival É-Aqui-in-Ócio en Póvoa de Varzim, atopámonos alí, o día 22 de setembro, cun abundante número de espectadoras galegas para asistir á estrea de Territórios de Liberdade, unha coprodución do Centro Dramático Galego, a Compañía Certa da Varazim Teatro e Tanxarina Títeres". - [Cómo me convertí en árbol](https://erreguete.gal/2024/11/02/como-me-converti-en-arbol/): "Nesta peza (Pepa) amósanos esa ferida, e é probable que moitas de nós atopemos algunha semellante no noso propio corpo, e de que xeitos a comunidade fallou á hora de axudar a curala (ou directamente, previla). Así, consegue ser política, pero non un panfleto, porque é honesta e moi particular, á par que universal". - [O teatro do futuro | VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024](https://erreguete.gal/2024/10/31/o-teatro-do-futuro-vii-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-2024/): A proposta escollida para estrear nun dos teatros municipais da Coruña, de entre as sete presentadas, foi Ninguén tira fotos nos enterros de Carlota Mosquera. Un solo en clave de comedia, con participación directa do público dun xeito divertido e non invasivo, sobre a morte vista polos ollos dunha nena de once anos. Unha peza humorística que coloca a cuestión de por que afastamos ás crianzas dun feito tan natural e importante na vida como é o da morte dos seres queridos. - [O FIOT de Carballo pecha a súa 33ª edición con 'Vania x Vania'](https://erreguete.gal/2024/10/31/o-fiot-de-carballo-pecha-a-sua-33a-edicion-con-vania-x-vania/): O Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, de Carballo bota o pano da súa 33ª edición hoxe, xoves, 31 de outubro, ás 21.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura, coa estrea en Galicia de Vania x Vania (versión 1), de Teatro Kamikaze. As entradas para a función están xa esgotadas. - [Coidadobastón! e Ska-Rnio Escénico gañan o primeiro premio do Xuventude Crea de Teatro](https://erreguete.gal/2024/10/30/coidadobaston-e-luscofusco-ganan-o-primeiro-premio-do-xuventude-crea-de-teatro/): A Xunta de Galicia vén de dar a coñecer os grupos gañadores da especialidade de teatro do certame Xuventude Crea 2024, despois das representacións que tiveron lugar durante a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Na fase final desta categoría o xurado outorgou o primeiro premio na modalidade Amador a Ska-Rnio Escénico, de Rianxo (A Coruña), coa obra 'Fraktal', e no apartado Pro a Coidadobastón!, de Redondela (Pontevedra), coa peza 'Recordari'. - [Brokeback Sabucedo (paixón entre bestas)](https://erreguete.gal/2024/10/29/brokeback-sabucedo-paixon-entre-bestas/): "De igual xeito que "Barbie", o éxito cinematográfico do verán, ofrece un achegamento accesible ao feminismo, "Brokeback Sabucedo" consegue mesturar algo que pode resultar descoñecido para parte do público con elementos que conectan coa realidade das vilas galegas." - [Elena Santiago gaña o Premi Born 2024 con 'El silenci'](https://erreguete.gal/2024/10/28/elena-santiago-gana-o-premi-born-2024-con-el-silenci/): O Teatre des Born de Ciutadella de Menorca acolleu a noite do pasado sábado, 26 de outubro, o acto de resolución e entrega do Premi Born 2024, organizado polo Cecle Artístic. A obra gañadora desta edición do galardón, xa a 49ª da súa historia, resultou ser 'El silenci', da andorrana Elena Santiago. O venres a erregueté presentou tamén en Ciutadella 'E que nunca chorei', a edición en galego de 'Y que nunca he llorado', de Miguel A. González, a peza que se fixera co premio na edición anterior. - [Do terrible e o risible](https://erreguete.gal/2024/10/26/do-terrible-e-o-risible/): A humanidade, nunha proporción considerable, que desexamos que sexa baixa, caracterizouse dende tempos inmemoriais pola súa inhumanidade, crueldade, abuso, violencia e mesmo destrución. O estigma tráxico parece formar parte do noso ADN. - [Celébrase o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal](https://erreguete.gal/2024/10/25/celebrase-o-vii-festival-pezas-dun-teatro-do-porvir-2024-galiza-portugal/): O domingo 27 de outubro terá lugar o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, que se vai celebrar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Esta actividade, organizada pola AELG, conta coa colaboración do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, CEDRO e Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. A entrada é libre e gratuíta. - [A Ramboia estrea no FITO ‘Un tal Romeo’](https://erreguete.gal/2024/10/24/a-ramboia-estrea-no-fito-un-tal-romeo/): Este xoves, 24 de outubro, ás 20h. no Teatro Principal de Ourense, dentro do FITO, A Ramboia estrea 'Un tal Romeo'. 'Un tal Romeo' é un espectáculo de A Ramboia con texto e dirección de María Peinado e os intérpretes Fran Lareu e Anxo García. Unha proposta de linguaxes contemporáneas que gra- vita ao redor dun dos personaxes Shakesperianos mais canónicos. - [A compañía arxentina El Rayo Misterioso trae 'Buenos Días Señorita Lelia' a Vigo](https://erreguete.gal/2024/10/24/a-compania-arxentina-el-rayo-misterioso-trae-buenosdiassenoritalelia-a-vigo/): A Sala Ártika, sita en Vigo, acolle hoxe, xoves 24 de outubro, a presentación da peza 'BuenosDíasSeñoritaLelia', da compañía arxentina El Rayo Misterioso, a partir das 20.00 horas.  - [Camiño Escena Norte pecha a súa sexta edición con 'Ada Byron: la tejedora de números'](https://erreguete.gal/2024/10/24/camino-escena-norte-pecha-a-sua-sexta-edicion-con-ada-byron-la-tejedora-de-numeros/): A sexta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega hoxe, xoves 24 de outubro, ao seu fin. A Mariña lucense acollerá a función de despedida. Será no Teatro Municipal Pastor Díaz de Viveiro, cunha representación do espectáculo 'Ada Byron: la tejedora de números'. - [Loia Producións debuta no FITO con 'María Visitación Consolación Amadora'](https://erreguete.gal/2024/10/22/loia-producions-debuta-no-fito-con-maria-visitacion-consolacion-amadora/): A compañía Loia Producións presenta o seu primeiro espectáculo: María Visitación Consolación Amadora. O título ten nome de muller ou de mulleres para darlles protagonismo ás voces femininas, un dos obxectivos desta compañía creada por Aida Cobas, quen ten unha forte conexión co teatro comunitario, co mundo do tradicional e co rural. - [Teatro Gorrilla X Síntese](https://erreguete.gal/2024/10/21/teatro-gorrilla-x-sintese/): "A xente quere ver cousas que lle movan, independentemente da súa estética, porque a cultura é un espello no que vernos a nós mesmos e aos outros. Só precisaban que llo achegasen". - [Diversidade sexual e de xénero nos teatros galegos](https://erreguete.gal/2024/10/20/diversidade-sexual-e-de-xenero-nos-teatros-galegos/): O pasado sábado 19 de outubro, fun convidado a participar na VI Xornada de Formación Pinto e Maragota 2024, orientada, sobre todo, para profesorado de primaria e secundaria, cun relatorio titulado: “O teatro, espazo seguro. Propostas didácticas para a diversidade”. Foi no Teatro Principal de Pontevedra, entre outros relatorios e exposicións sumamente enriquecedoras e estimulantes no que eu considero un asunto, basicamente, de dereitos humanos. Propóñome aquí, compartir a primeira parte do meu relatorio, no que intentei describir o estado da cuestión respecto aos escenarios e a diversidade sexual e de xénero. - [O CDG e o Concello de Santiago traen a Galicia 'As bruxas de Salem’](https://erreguete.gal/2024/10/17/o-cdg-e-o-concello-de-santiago-traen-a-galicia-as-bruxas-de-salem/): Este sábado 19 e outubro o Auditorio de Galicia acollerá a estrea estatal da produción do Teatro Nacional São João do Porto As bruxas de Salem, dirixida por Nuno Cardoso a partir do texto orixinal de Arthur Miller. O Centro Dramático Galego, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, posibilita esta representación no marco das liñas de traballo abertas entre a unidade de produción teatral da Xunta coa escena lusa e da carteleira Quintas do Camoẽs. - [O FITO de Ourense inaugura a súa 17ª edición](https://erreguete.gal/2024/10/16/o-fito-de-ourense-inaugura-a-sua-17a-edicion/): O Liceo de Ourense acolle esta tarde, ás 20.00 horas, a inauguración da 17ª edición do FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense, coa función de Vía Morta, de Culturactiva. A programación desenvolverase dende hoxe ata o domingo 27 de outubro, e ofrecerá catro propostas chegadas desde Arxentina, Portugal, Cataluña e Madrid xunto coas de 13 compañías galegas. - [O Galicreques acolle a estrea de 'Lémbrame. Spominaj na mnje'](https://erreguete.gal/2024/10/15/o-galicreques-acolle-a-estrea-de-lembrame-spominaj-na-mnje/): O Festival Internacional de Títeres Galicreques acolle hoxe a estrea de 'Lémbrame. Spominaj na mnje', coprodución do Centro Dramático Galego e o Bautzen Theater de Alemaña. Será no Salón Teatro ás 18.00 horas e terá unha función previa para público escolar ás 10.00 horas. - [O FIOT de Carballo acolle unha nova edición das xornadas profesionais de Escena Galega](https://erreguete.gal/2024/10/14/o-fiot-de-carballo-acolle-unha-nova-edicion-das-xornadas-profesionais-de-escena-galega/): O Pazo da Cultura de Carballo será o escenario, un ano máis, das xornadas profesionais de Escena Galega. A súa nova edición desenvolverase o vindeiro martes 22 de outubro dentro do marco do FIOT de Carballo,  baixo o título As artes escénicas profesionais e os públicos: do concepto de espectador ao de comunidade arredor da escena. - [Ha, ha, é gai, que gracioso](https://erreguete.gal/2024/10/13/ha-ha-e-gai-que-gracioso/): "As maricas, cando imos ao teatro, sobre todo a ver unha comedia, facémolo cun certo punto de cautela pois non é estraño atopar recursos, bromas e propostas cunha certa tintura homófoba. Temos o ouvido adestrado, porque sufrimos esta homofobia no noso día a día e cuestións que en ocasións pasan desapercibidas ao ollo heterosexual, a nós fannos saltar as alarmas. Neste artigo trato algúns deses lugares comúns na representación do marica na cultura." - [Os Premios da Cultura Galega 2024 traen dobre recoñecemento para a escena](https://erreguete.gal/2024/10/12/os-premios-da-cultura-galega-2024-traen-dobre-premio-para-a-escena-galega/): Os Premios da Cultura Galega 2024 xa teñen gañadoras e gañadores. O xurado reuniuse onte en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia, para outorgar os recoñecementos desta edición. Ao remate da xuntanza, que estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fíxose pública a resolución nas distintas categorías propostas. Resolución por categorías Letras: Manuel Lourenzo. Artes Visuais: Xosé María Pérez Barro Artes Escénicas: Marta Pazos Música: Joaquín Martínez Audiovisual: Ficción Producións Lingua: Julia Díaz Patrimonio Cultural: Xosé Manuel González Proxección exterior: Real Club Celta de Vigo O xurado Do xurado tamén formaron parte o […] - [Amorodio Teatro estrea 'Cortello de amor'](https://erreguete.gal/2024/10/12/amorodio-teatro-estrea-cortello-de-amor/): O auditorio municipal de Vigo, sito na Praza do Rei, acolle esta tarde ás 20.00 horas, dentro do programa Vigocultura, a estrea de 'Cortello de amor', o novo traballo escénico da compañía Amorodio Teatro.  - [Cordeiros de Deus ou Soldados da Esperança](https://erreguete.gal/2024/10/10/cordeiros-de-deus-ou-soldados-da-esperanca/): “Esta peça é um curioso híbrido entre teatro político ¬— que expõe testemunhos vivos e, simultaneamente, reflexivos do massacre, dos genocídios e das guerras — e rapsódia religiosa para esconjurar os males que nos rodeiam. Fá-lo através de uma modulação cénica muito estética ao nível visual e, por vezes, até coreográfica, no movimento e na importância dos corpos.” - [A UNIMA recoñece o traballo polo patrimonio da Asociación Morreu o Demo](https://erreguete.gal/2024/10/08/a-unima-reconece-o-traballo-polo-patrimonio-da-asociacion-morreu-o-demo/): UNIMA Internacional, ONG asociada á UNESCO, vén de facer pública a listaxe das persoas de 37 propostas de todo o mundo que obtiveron o seu Certificado de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio Titiriteiro. Dentro destas, atópanse os seis membros fundadores da Asociación Morreu o Demo, proxecto galego que traballa pola recuperación do monicreque tradicional do país e, en particular, do personaxe Barriga Verde. - [O Galicreques celebra a súa 29ª edición](https://erreguete.gal/2024/10/07/o-galicreques-celebra-a-sua-29a-edicion/): O Festival Internacional de Títeres Galicrequeinaugurará o vindeiro sábado, 12 de outubro, a súa 29ª edición, que se desenvolverá ata o domingo 20 de outubro. A programación inclúe, entre outras actividades e funcións, 12 estreas e tamén a entrega do premio de honra do festival, que vén de dar a coñecer que llo concede a Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, - [Ficción e identificación no fútbol e no teatro](https://erreguete.gal/2024/10/06/ficcion-e-identificacion-no-futbol-e-no-teatro/): Gústanme os espectáculos. O fútbol tamén é un espectáculo. Así que aquí vai outra de fútbol, como no artigo titulado “Celta 3. Valencia 1”. Naquel establecía algúns paralelismos entre o xogo do teatro e o do balón e poñía o acento na importancia radical da identificación para chegar á catarse. Neste quérome deter un pouco máis nese aspecto. - [Festival Agrocuir da Ulloa 2024](https://erreguete.gal/2024/10/05/festival-agrocuir-da-ulloa-2024/): "Como nas súas anteriores edicións, o Festival Agrocuir reflicte a intensidade de vivir nunha utopía de igualdade e respecto, algo que me axuda a pensar que existe un mundo mellor do que cremos e que nalgún momento o que hoxe é unha excepción poida chegar a ser o noso día a día". - [EducaTeatro estrea 'Circo de Pinocho'](https://erreguete.gal/2024/10/05/educateatro-estrea-circo-de-pinocho/): Educateatro Producións vén de estrear o seu novo espectáculo en carpa, 'Circo de Pinocho'. Representouse por primeira vez onte, venres 4 de outubro, na carpa Educateatro instalada no Aparcadoiro da Marisma de Redondela, onde ofrecerá funcións ata o día 13. - [O Salón Teatro acolle a reestrea de 'Terceiro acto'](https://erreguete.gal/2024/10/03/o-salon-teatro-acolle-a-reestrea-de-terceiro-acto/): O Salón Teatro acolle esta tarde, ás 20.00 horas, a reestrea de 'Terceiro acto', a produción propia do Centro Dramático Galego de 2021 que regresa aos escenarios como parte da recta final da actividade que a unidade teatral da Xunta de Galicia ten programada para conmemorar o seu 40º aniversario. - [O CDG abre a inscrición para as novas visitas teatralizadas ao Salón Teatro](https://erreguete.gal/2024/10/02/o-cdg-abre-a-inscricion-para-as-novas-visitas-teatralizadas-ao-salon-teatro/): O CDG vén de abrir a inscrición para participar nas visitas dramatizadas de celebración do 25º aniversario da recuperación e reapertura do Salón Teatro. Nelas, da man da compañía Galeatro, o público poderá somerxerse na historia deste edificio, que pasou a ser teatro público e sede do Centro Dramático Galego en 1999. - [Berrobambán estrea 'Mulleres que viven soas' no FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2024/10/02/berrobamban-estrea-mulleres-que-viven-soan-no-fiot-de-carballo/): A estrea absoluta da nova peza da compañía Berrobambán, en coprodución co FIOT de Carballo, 'Mulleres que viven soas', terá lugar este sábado, 5 de outubro, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo. Será a función de apertura do Programa de Sala da 33ª edición do festival, - [A Sala Ártika acolle pezas de Murcia e Cataluña da Red de Teatros Alternativos](https://erreguete.gal/2024/09/29/a-sala-artika-acolle-pezas-de-murcia-e-cataluna-da-red-de-teatros-alternativos/): Esta fin de semana e o próximo, a Sala Ártika, en Vigo, está a acoller o XXIII Circuíto de la Red de Teatros Alternativos. Esta está a representarse o proxecto 'Rumbo a Farout', de Onírica Mecánica, e a que vén será a quenda de 'Blink Magic', de Blink Flash. - [Manual de extorsión a pseudoseñoros](https://erreguete.gal/2024/09/29/manual-de-extorsion-a-pseudosenoros/): No verán falei cunha amiga, que manterei no anonimato porque tamén se adica ao teatro, sobre Byung-Chul Han porque ten unhas reflexións sobre as novas formas de narrar que me deron por pensar, a miña colega espetou: - E dálle co coreano de marras que manía lle teño! - Pero se fuches ti quen me agasallou un libro del hai tres anos, por iso o coñecín! - Xa, pero estou farta de que opine de todo, sabe de todo. Sobre calquera tema ten unha lección. E quedei pensando no que dixo a miña amiga que sempre vai ser máis interesante que o que diga o coreano de nome impronunciábel para nós. E que queredes que vos diga? Pois que ten razón porque os tipos adoitan opinar de todo, e non falo dos señoros de manual, senón dos que non parecen señoros e son máis ca os outros, si os da esquerda, os da coleta cortada, os que se adican ao teatro. - [Os Náufragos Teatro estrea 'Bulebule'](https://erreguete.gal/2024/09/27/os-naufragos-teatro-estrea-bulebule/): O Auditorio do Centro Ágora da Coruña acolle hoxe ás 19.00 horas a estrea de Bulebule, de Os Náufragos Teatro. A nova proposta da compañía de Gustavo del Río segue a liña de Hugo, Premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo para á infancia, e aborda o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Sinopse Candela e Bruno son as protagonistas da peza, dirixida a público infantil e familiar, a partir de 4 anos. “A Candela encántalle o mar e soña con ser a patroa dun barco que quere construír ela mesma. Chámana Bulebule porque non para un segundo: ten […] - [A Rúa dos Contos inaugura a 33ª edición do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2024/09/26/a-rua-dos-contos-inaugura-a-33a-edicion-do-fiot-de-carballo/): O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, inaugura a súa 33ª edición hoxe coa inauguración da súa Rúa dos Contos, que celebra as súas vodas de prata tras 25 anos de traxectoria ás súas costas. Chega esta fin de semana ao Mercado Municipal e aos bares de Carballo coas propostas de Evaristo Calvo, Miki Dkai, Walter Velázquez, Federico Pérez, Jazmín Abuín e Leti da Taberna. - [O Festival Teatro Gorrilla x Síntese Vigo danza no barrio de Bouzas](https://erreguete.gal/2024/09/26/36395/): Despois dun mes cunha campaña de micromecenado aberta recadando fondos para a celebración dun festival en espazos urbano do barrio vigués de Bouzas, o Teatro Gorrilla conseguiu chegar ao mínimo para, contando coa colaboración de Síntese Vigo, poder facer realidade este festival de tres días que arrancou hoxe e que se desenvolverá ata o sábado, 28 de setembro. - [O Teatro Gorrilla celebra unha nova edición](https://erreguete.gal/2025/05/17/teatro-gorrilla-celebra-unha-nova-edicion/): Esta tarde os bares do barrio vigués de Churruca volven converterse en salas, grazas ao Teatro Gorrilla, para acoller tres propostas escénicas en tres espazos diferentes, co gallo do Día das Letras Galegas. - [As residencias Atopémonos Bailando 2025 dan a coñecer os proxectos seleccionados](https://erreguete.gal/2025/05/17/as-residencias-atopemonos-bailando-2025-dan-a-conecer-os-proxectos-seleccionados/): Entre as novidades desta edición, destaca a incorporación do Festival LABO XL (Donostia / San Sebastián) como novo espazo de intercambio dentro do Estado, sumándose aos xa consolidados Taller Nacional de Danza de Costa Rica, teatromosca (Sintra, Portugal), Teatro Experimental Flaviense (Chaves, Portugal) e Quinzena de Dança de Almada. - [A ESAD acolleu a presentación do texto 'A teteira de Kabul', publicado pola erregueté](https://erreguete.gal/2025/05/15/a-esad-acolleu-a-presentacion-do-texto-a-teteira-de-kabul-publicado-pola-erreguete/): A cafetería da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia acolleu onte ás 11.00 da mañá unha presentación do volume publicado pola 'erregueté | Revista Galega de Teatro' que inclúe o texto 'A teteira de Kabul', de Atenea García, e 'E que nunca chorei', de Miguel Ángel González. - [O Centro Coreográfico Galego abre unha nova convocatoria para o seu programa de coproducións](https://erreguete.gal/2025/05/15/o-centro-coreografico-galego-abre-unha-nova-convocatoria-para-o-seu-programa-de-coproducions/): A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de publicar a convocatoria da novena edición do seu programa de coproducións no ámbito da danza e as artes do movemento, que desenvolve cada ano a través do Centro Coreográfico Galego. - [A Fundación Paideia e a Xunta impulsan o ciclo ENTRE FORMAS E PALABRAS coa danza como protagonista](https://erreguete.gal/2025/05/14/a-fundacion-paideia-e-a-xunta-impulsan-o-ciclo-entre-formas-e-palabras-coa-danza-como-protagonista/): As conversas do ciclo, que combinarán relatorios con actuacións ao vivo, celebraranse entre maio e outubro en diferentes localidades galegas co obxectivo de favorecer o intercambio, o debate e a reflexión arredor do papel dos/as profesionais da danza en Galicia e das novas tendencias do sector. - [Cry Why](https://erreguete.gal/2025/05/13/cry-why/): Ali estavam, no palco do Grande Auditório Francisca Abreu, Miyuki Shimitsu e Guido Badalamenti, a dançar dentro de um conto fantástico que não se contava, mas que lá estava, entre dois pianos verticais e o músico Reiner van Houdt, entre dois patins em linha separados que se queriam juntar, entre duas solidões que lá estavam embora se procurassem. - [Si fuese una película](https://erreguete.gal/2025/05/12/si-fuese-una-pelicula/): Os espectáculos de Macarena sempre van alén de calquera previsión. En todo o que lle teño visto sempre me sorprende. Consegue fascinar ao mesmo tempo que investiga e transita polos lindes da danza, do teatro, das artes do movemento. Penso que, ademais, as súas propostas tamén sempre implican unha certa dimensión meta-teatral, unha reflexión práctica sobre os modos, formas e discursos artísticos. - [A cuarta edición de Escora Danza desenvolverase entre o 25 de maio e o 8 de xuño](https://erreguete.gal/2025/05/12/escora-danza-na-costa-da-morte-entre-o-25-de-maio-e-o-8-de-xuno/): ESCORA DANZA, un proxecto da Deputación da Coruña, encamíñase cara a súa cuarta edición entre o 25 de maio e o 8 de xuño nos concellos de Corcubión, Malpica de Bergantiños, Muxía, Vimianzo e Zas. Trátase dun programa social, comunitario e interxeneracional que traballa en mediación xunto co tecido cultural e social na Costa da Morte, coa danza contemporánea como eixo vertebrador. - [VACAburra abre o proceso de FAMILIA NIJINSKA en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2025/05/11/vacaburra-abre-o-proceso-de-familia-nijinska-en-escenas-do-cambio/): Cremos que o traballo de VACAburra ten moi claro o aquí e agora, tecendo dende o  pasado, as disidencias, a memoria e a recuperación de xenealoxías como é o caso desta familia. Familia de bailaríns que nos valen de punto de partida para atravesar moitas derivas que nos ocupan e preocupan como a saúde mental, cuestións territoriais, conflitos bélicos, exilios e diásporas e o valor da danza e das familias artísticas, esas outras familias que tamén son familias. - [Cristina Balboa e Roland mon amour](https://erreguete.gal/2025/05/10/cristina-balboa-e-roland-mon-amour/): 'Roland mon amour' é a evolución de moitos anos de busca na miña traxectoria persoal nas artes vivas. Mestura as miñas actuais obsesións creativas: palabra, música, plasticidade e movemento. Este traballo vai do meu amor á música, ao desexo e á festa, pero sobre todo vai da miña busca da resiliencia nun camiño creativo cheo de frustracións e dúbidas, pero cunha intuitiva aposta pola conexión. - [Encontro con artistas en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2025/05/09/encontro-con-artistas-en-escenas-do-cambio/): Este venres 9 de maio ás 13h30 no balcón do hall de tirantes do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. O Comando Dramatúrxico de Escenas do Cambio organiza un encontro aberto á cidadanía coas compañías e artistas que presentaron os seus espectáculos na primeira xornada do festival: o Colectivo d’Elas, que estreou Velaiquich amoorch; a compañía de danza portuguesa Nuisis Zobop, que fixo a ante-estrea de Fuga para o Tempo Presente. O Leve Poder da Lua Apenas Queima os Olhos; a compañía coreana Chumpan Yamoo, que fixo a estrea estatal de Worn Out; e Reinaldo Ribeiro, que presenta Black Through Red no Bosque de Galicia ás 12h. - [Elvi Balboa: "Entendo o corpo como un territorio de exploración crítica e a escena como un espazo onde abrir outras realidades posibles"](https://erreguete.gal/2025/05/09/elvi-balboa-prenseta-baunsbak-en-escenas-do-cambio/): Elvi Balboa é unha creadora multidisciplinar que traballa desde a danza, o son, a instalación e a arquitectura da luz. Entendo o corpo como un territorio de exploración crítica, e a escena como un espazo onde abrir outras realidades posibles. Os meus proxectos habitan un lugar híbrido, sempre en diálogo co sensorial, coa ciencia ficción e coa musicalidade do movemento. - [A 42ª edición da MITCFC acollerá 26 espectáculos](https://erreguete.gal/2025/05/08/a-42a-edicion-da-mitcfc-acollera-26-espectaculos/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou esta mañá a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, e que acollerá 26 espectáculos e un amplo programa de "actividades lúdicas e sectoriais". - [O FIOT de Carballo convoca unha nova edición do Certame Metro Cadrado](https://erreguete.gal/2025/05/07/o-fiot-de-carballo-convoca-unha-nova-edicion-do-certame-metro-cadrado/): A novena edición do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado do Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo vén de abrir a convocatoria para recibir propostas. - [A MITEU chegou tamén a Pontevedra](https://erreguete.gal/2025/05/07/a-miteu-chegou-tamen-a-pontevedra/): O Teatro Principal de Pontevedra está a acoller o programa da XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) de Pontevedra, que está a permitir coñecer tanto as montaxes das aulas e grupos dos tres campus da Universidade de Vigo, como dous espectáculos chegados de Portugal e México. - ['Manuela Rey Is In Da House' continúa a súa xira por Galicia](https://erreguete.gal/2025/05/06/manuela-rey-is-in-da-house-continua-a-sua-xira-por-galicia/): O Centro Dramático Galego está a desenvolver unha xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, para percorrer oito escenarios das catro provincias coa coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. - [Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão, da Nuisis Zobop](https://erreguete.gal/2025/05/05/entrevista-com-joana-von-mayer-trindade-e-hugo-calhim-cristovao-da-nuisis-zobop/): Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão, da Nuisis Zobop do Porto, vão apresentar o seu último trabalho: 'Fuga para o Tempo Presente. O Leve Poder da Lua Apenas Queima os Olhos' no XI festival Escenas do Cambio 2025 na Cidade da Cultura, na quinta-feira, 8 de maio às 18h15, na Sala 1 do Museu Centro Gaiàs. - [Mala vida e pior morte do rei Ricardo III](https://erreguete.gal/2025/05/05/mala-vida-e-pior-morte-de-ricardo-iii/): "(...) Evaristo Calvo está sublime, interpreta a todos os personaxes da obra, a si mesmo como Cómico, e o propio Ricardo III, cambiando de rexistro vocal (e composición física) a unha velocidade asombrosa e case na mesma liña de texto. Ben é certo que asociamos o personaxe inglés coa traxedia, mais é de destacar o ton de comedia que nos envolve de inicio a fin (...)". - [Velaiquich Amoorch, aquí e agora](https://erreguete.gal/2025/05/04/velaiquich-amoorch-aqui-e-agora/): Nunha semana de apagón e confusión, o ensaio ao que íamos asistir para coñecer máis de cerca o proceso creativo do Colectivo D'Elas, traballando na súa obra Velaiquich Amoorch!, cancelouse. A entrevista presencial que tiñamos prevista post-ensaio, mudou a unha das tantas plataformas virtuais que, desde la última pandemia, cobraron protagonismo nas nosas vidas e na nosa comunicación. Pero conseguímolo. Benvidas sexan as posibilidades de encontro en todas as súas formas!  - [O Teatro Gorrilla afiánzase en Vigo](https://erreguete.gal/2025/05/04/o-teatro-gorrilla-afianzase-en-vigo/): "O Teatro Gorrilla volve demostrar que a xente quere cultura accesible e de todas as formas posibles. Ás veces as cousas son moi sinxelas, se non hai espectadores no patio de butacas, hai que buscar os espectadores, porque habelos hainos". - [A Agadic convoca a segunda fase da III Bolsa de Dramaturxia e Creación do CDG](https://erreguete.gal/2025/05/01/a-agadic-convoca-a-segunda-fase-da-iii-bolsa-de-dramaturxia-e-creacion-do-cdg/): A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de abrir o prazo de solicitude do proceso de selección para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral para a temporada 2025-2026 a partir do proxecto Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso, gañador da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego. - [Mensaxe do Día Internacional da Danza, por Mikhail Baryshnikov](https://erreguete.gal/2025/04/29/mensaxe-do-dia-internacional-da-danza-por-mikhail-baryshnikov/): “Acostuma dicirse que a danza pode expresar o indescritíbel. A alegría, a dor e a desesperación fanse visibles; expresións encarnadas da nosa fraxilidade compartida. Neste sentido, a danza pode espertar empatía, inspirar bondade e espertar o desexo de curar en lugar de prexudicar." Mikhail Baryshnikov. - [La violación de Lucrecia](https://erreguete.gal/2025/04/29/la-violacion-de-lucrecia/): "Que fai que un espectáculo, aínda dispondo de todos os materiais e predisposicións de forma propicia, acabe por non resultar? (..) Como público afeito ao teatro e á análise do mesmo e dos mecanismos que axudan a que un espectáculo acade a atención do público e remova —dalgún xeito— as nosas almas, penso que esta foi unha ocasión que tiña todos os ingredientes para acadar ese efecto mais non o logrou". - [Rosalía, a pulga que escribía](https://erreguete.gal/2025/04/28/rosalia-a-pulga-que-escribia/): "Como espectáculo para crianzas paréceme fermoso para levar a cativada ao teatro. Pensado para nenos a partir dos dous anos, a peza mostra unha estética sumamente cativadora para o seu público, así como tamén unha interpretación que está á altura das esixencias do pequeno público". - [É o capital, amigos](https://erreguete.gal/2025/04/27/e-o-capital-amigos/): O tempo pasa e nuns anos veremos que estabamos facendo, dicindo e escribindo. Nuns anos veremos que palabras estabamos usando para chamar ás cousas. E lembrade que a palabras reducidas, mundo reducido. - [O CDG e ASTA-Teatro e Outras Artes presentan en Galicia 'Rosalía, cartografía de ásperas ortigas'](https://erreguete.gal/2025/04/26/o-cdg-e-asta-teatro-e-outras-artes-presentan-en-galicia-rosalia-cartografia-de-asperas-ortigas/): O Centro Dramático Galego, CDG, e o colectivo portugués ASTA-Teatro e Outras Artes presentan esta fin de semana en Galicia a súa coprodución Rosalía, cartografía de ásperas ortigas. O Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá tres funcións entre hoxe e o luns. - [O CDG e Ítaca Teatro estrearon 'Profetas' en Lugo](https://erreguete.gal/2025/04/25/o-cdg-e-itaca-teatro-estrearon-profetas-en-lugo/): O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo acolleu onte, 24 de abril, a estrea do espectáculo 'Profetas', a nova coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro. A montaxe chegará ao Salón Teatro de Santiago de Compostela a vindeira semana, con funcións para público xeral o sábado 3 de maio ás 20.00 horas e o domingo 4 ás 18.00 horas, así como un pase especial para escolares o luns 5 en horario de mañá.  - [Galicia Escena Pro abre o prazo de inscrición para asistir á súa 12ª edición](https://erreguete.gal/2025/04/25/galicia-escena-pro-abre-o-prazo-de-inscricion-para-asistir-a-sua-12a-edicion/): A 12ª edición do mercado Galicia Escena PRO, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Escena Galega, que terá lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025, vén de abrir o prazo de inscrición para profesionais do sector das artes escénicas que desexen asistir a ela. - [A PAM fai un convite para celebrar o Día Internacional da Danza](https://erreguete.gal/2025/04/24/pam-dia-internacional-da-danza/): A Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM) está a facer un convite aberto a cidadanía, profesionais e público en xeral para conmemorar o Día Internacional da Danza. Será o vindeiro domingo, 27 de abril, en Santiago de Compostela. - [A MITEU arranca hoxe tamén en Ourense](https://erreguete.gal/2025/04/23/a-miteu-arranca-hoxe-tamen-en-ourense/): A MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario, de Ourense, inicia hoxe a súa 30ª edición, que se desenvolverá ata o 10 de maio. - [A 27ª MITEU inicia a súa programación en Vigo](https://erreguete.gal/2025/04/23/a-27a-miteu-inicia-a-sua-programacion-en-vigo/): A Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, inicia hoxe a programación da súa 27ª edición no Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo ás 18.30 con 'Medea, unha e todas', de Noelia Nuño, da man da Escola Superior de Arte Dramática, ESAD, de Galicia. - [DEBUT](https://erreguete.gal/2025/04/22/debut/): "A proposta de Rosa Romero é (..) un camiño de inicio cara ao descoñecido, que abre en plena confrontación co público a través do convite directo a que este lle “dea” algo. Un acto de entrega mutua, entón, que ela converte en danza e en movemento, e que deriva nun delirio de fantasía onde a artista nos amosa acaso as súas máis sanguinarias fantasías de destrución persoal e allea." - [A MOTESMO chega á súa 27ª edición](https://erreguete.gal/2025/04/22/a-motesmo-chega-a-sua-27a-edicion/): A Mostra de Teatro no Ensino Secundario do Morrazo, MOTESMO, reúne esta semana a 8 grupos de teatro dos centros educativos desta comarca para celebrar a súa 27ª edición. A dirección do IES María Soliño de Cangas, centro organizador, decidiu finalmente trasladala ao Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela despois de valorar os graves danos causados nas súas instalacións pola borrasca Martinho. - [CITEAMOR celebra a súa 13ª edición](https://erreguete.gal/2025/04/21/citeamor-celebra-a-sua-13a-edicion/): O Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acolle este mes e o que vén unha a 13ª edición do Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR). A programación inaugurarase mañá, martes 22 de abril, e desenvolverase cada martes e mércores ata o vindeiro 28 de maio. - [Galicia en Dansa València](https://erreguete.gal/2025/04/20/galicia-en-dansa-valencia/): Vén de celebrarse a 38ª edición de Dansa València, entre o 5 e o 13 de abril de 2025,  con dirección artística de María José Mora. Por alí estivemos unha delegación galega considerable: Kirenia Martínez (coreógrafa, bailarina e directora do festival Escenas do Cambio), Pilar Portela (directora do Centro Coreográfico Galego), Lilian Portela (Amarelo Distribucións), Jorge Linheira (xestor cultural), Xosé Paulo Rodríguez (director do Teatro Rosalía de Castro e membro de La Red). Ademais, tiñamos a estrea da versión de rúa de Transeúntede Daniel Rodríguez, ao comezo do festival, e Trïade do Colectivo Glovo (Esther Latorre e Hugo Pereira), no último día, que colleitaron éxitos rotundos. - [A burra, a mesa e o pau](https://erreguete.gal/2025/04/20/a-burra-a-mesa-e-o-pau/): "'Trátase dunha obra en mutación constante: non é un drama, nin un conto de fadas, nin unha visita guiada, nin un traballo audiovisual, nin unha fábula, nin unha parodia, nin un musical, nin unha protesta, nin un estudo sociocultural; é todo isto á vez.  (...) 'A burra, a mesa e o pau' é, en definitiva, unha obra que convida o público a mirar ao seu redor, a preguntarse canto da súa realidade é verdadeiramente inmutábel e a reflexionar sobre as cenorias cara ás cales quere camiñar." - [Día Mundial do Circo 2025](https://erreguete.gal/2025/04/19/dia-mundial-do-circo-2025/): A Federación Mundial de Circo (Fédération Mondiale du Cirque), FMC, estableceu no terceiro sábado do mes de abril de cada ano, que neste 2025 coincide o 19 de abril, o Día Mundial do Circo. - [Hide to Seek](https://erreguete.gal/2025/04/18/hide-to-seek/): Uma das questões/inquietações que nos acompanha, se calhar desde que temos consciência do ser, é a da identidade: o relato pessoal e coletivo que vamos criando desde o nascimento. Há quem diga que isso acontece desde o momento em que somos engendrados. Reagindo a isto e ao mistério que contorna a identidade, Júlio Cerdeira pôs em dança 'HIDE TO SEEK', com Maria R. Soares, Suevia Rojo e Rafael Pinto. - [O Corufest celebra a súa oitava edición](https://erreguete.gal/2025/04/16/o-corufest-celebra-a-sua-oitava-edicion/): "Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, celebra este ano a súa oitava edición entre os próximos días 8 e 18 de maio cunha quincena de actividades culturais e artísticas que achegarán á cidade da Coruña a figuras emerxentes e consolidadas das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+". - [Casting Lear](https://erreguete.gal/2025/04/15/casting-lear/): ""Casting Lear" é moitas cousas, (..) pero antes que nada, é unha verdadeira lección de teatro. Teatro e puro teatro. Teatro en directo e teatro sobre o teatro. Unha representación dentro dunha representación pero que ademais fala tanto do traballo de creación como do de investigación como da transformación persoal que se pode acadar a través dun proceso artístico." - [Fernando Pessoa, aliade?](https://erreguete.gal/2025/04/13/fernando-pessoa-aliade/): "Como para moitas persoas fóra da cis-heteronorma, Fernando Pessoa resulta tremendamente suxestivo. A multiplicidade dos seus heterónimos, ese desdobramento da personalidade e esa diversidade de identidades é algo que resoa coas vivencias queer. E eu, como unha mosca cara á luz, síntome atraído por Pessoa en diferentes momentos da miña vida. O primeiro, estudando para a selectividade con 17 anos. O último, a raíz de 'PESSOA – Since I’ve Been Me', de Robert Wilson, que se converteu nun novo achegamento á súa figura, omnipresente en Lisboa. Porén, máis que responder á imposible pregunta de se Pessoa era homosexual ou bisexual, preguntábame: foi aliado das persoas queer da Lisboa de comezos do século pasado?” - [A MITCFC dá a coñecer o cartel e as datas da súa 42ª edición](https://erreguete.gal/2025/04/12/a-mitcfc-da-a-conecer-o-cartel-e-as-datas-da-sua-42a-edicion/): A Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) celebrará a súa 42ª edición entre os días 22 de xuño e o 6 de xullo deste ano, e o seu cartel foi deseñado pola muralista, pintora e ilustradora.galega Xoana Almar. - [As desterradas](https://erreguete.gal/2025/04/09/as-desterradas/): "Acaso "As desterradas", máis que da loita de poderes entre un convento de monxas galegas e a coroa de Castela, pinte unha pasaxe, sendo esta unha paisaxe emocional: a dunha vida interior interrompida polas forzas inapelábeis da vida externa e do que cada quen decide facer, nese intre." - [Lucinda Childs en Serralves](https://erreguete.gal/2025/04/06/lucinda-childs-en-serralves/): O Museo de Serralves do Porto deunos a oportunidade de aproximarnos á poética minimalista dunha das pioneiras da danza pos-moderna, a norteamericana Lucinda Childs (Nova York, 1940), a través dos seus ‘Early Works’. Foi o domingo 30 de marzo de 2025. - [Teatro Airiños estrea en Rianxo 'A vida de Brais'](https://erreguete.gal/2025/04/05/teatro-airinos-estrea-en-rianxo-a-vida-de-brais/): O Auditorio de Rianxo acolle esta fin de semana a estrea da nova montaxe de Teatro Airiños, A vida de Brais. Haberá un primeiro pase hoxe, sábado, 5 de abril, ás 20:30, e outro mañá, domingo, día 6, ás 19:00 horas. - [Marta Alonso Tejada estrea a nivel estatal Dance Join](https://erreguete.gal/2025/04/05/marta-alonso-tejada-estrea-a-nivel-estatal-dance-join/): Tras a estrea oficial en Galicia, celebrada o pasado 20 de marzo na Casa da Cultura de Milladoiro, Ames, o espectáculo Dance Join  vai, este sábado 5 de bril ás 20h., á Sala Central Lechera de Cádiz. Esta función foi seleccionada como unha das propostas do “PROYECTO GARABATO” (alianza entre o “Proyecto Perceptómetros” e o Festival Internacional Cádiz en Danza), unha iniciativa do Concello de Cádiz en colaboración co proxecto Ornitorrinco e a Red Española de Teatros. O “PROYECTO GARABATO” cruza competencias entre cultura e educación como vectores fundamentais na construción da cidadanía. - [A 41ª MIT de Ribadavia xa ten datas, lema e liñas de programación](https://erreguete.gal/2025/04/05/a-41a-mit-de-ribadavia-xa-ten-datas-lema-e-linas-de-programacion/): A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, vén de fixar as datas para a súa 41ª edición. O festival, consolidado como unha das citas imprescindibles en Galicia no panorama das artes escénicas contemporáneas, desenvolverase do 18 ao 26 de xullo de 2025. Ademais, está aberto tamén o prazo de presentación de orixinais para o 20º Premio Abrente de Textos Teatrais. - [O Colectivo RPM desvela o nome das persoas seleccionadas para as Residencias Paraíso 2025](https://erreguete.gal/2025/04/04/o-colectivo-rpm-desvela-o-nome-das-persoas-seleccionadas-para-as-residencias-paraiso-2025/): As Residencias Paraíso veñen de desvelar o nome das persoas seleccionadas para a súa 9ª edición, que se desenvolverá ao longo deste 2025 en 8 espazos de toda Galicia. - [Os Premios de Teatro María Casares 2025 xa teñen gañadoras e gañadores](https://erreguete.gal/2025/04/04/premios-de-teatro-maria-casares-2025/): Os 16 galardóns dos XXIX Premios de Teatro María Casares resolvéronse onte á noite, nunha gala celebrada no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Finalmente 'Iribarne', de ButacaZero, converteuse na gran triunfadora da noite ao facerse con nove dos doce premios aos que aspiraba: - [O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala dos XXIX Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2025/04/03/o-teatro-rosalia-castro-da-coruna-acolle-a-gala-dos-xxix-premios-de-teatro-maria-casares/): Os XXIX Premios de Teatro María Casares entregaranse hoxe, xoves, 3 de abril, no Teatro Rosalía Castro da Coruña, a partir das 20.30 horas. A gala será retransmitida a través da canle de Youtube dos Premios, e estará conducida por Sarabela Teatro. - [Lugo acolle o seu XXXI Festival de Teatro Universitario](https://erreguete.gal/2025/04/02/lugo-acolle-o-seu-xxxi-festival-de-teatro-universitario/): A programación Primavera Cultural da Universidade de Santiago de Compostela, acolle dende hoxe ata o vindeiro 11 de abril o XXXI Festival de Teatro Universitario, coordinado por An González, directora da Aula de Teatro da USC- Lugo. - [Rosa Victòria Gras](https://erreguete.gal/2025/04/01/rosa-victoria-gras/): Souben, por Oriana Bonet, a súa filla, que Rosa-Victòria Gras (Vallgorguina, 1933) morreu este 26 de marzo 2025. Escoito a mensaxe de Oriana e fico impresionado e incrédulo. Os seres humanos debemos de ser a única especie capaz de pensar ou de sentir que a morte non existe, aínda que teñamos certeza e probas dela. Desde que a coñecín en 1996, sempre sentín que Rosa-Victòria era eterna e que sempre ía estar aí, para cando quixese ila visitar e encontrarme na súa mirada intensa e radiante, de meiga de Vallgorguina. Ante todo, Rosa-Victòria Gras era un ser de luz. - [Há Qualquer Coisa Prestes a Acontecer](https://erreguete.gal/2025/03/31/ha-qualquer-coisa-prestes-a-acontecer/): A revolução, qualquer que seja, começa no corpo. Isso foi o que me fez sentir e pensar Há Qualquer Coisa Prestes a Acontecer da Cia. Nome Próprio/Victor Hugo Pontes, vista no Teatro Nacional São João do Porto, a 2 de março de 2025. A forma é o conteúdo, portanto as dezanove pessoas nuas a dançar em palco fazem com que os corpos tenham uma presença direta e deixem ver as alterações e as pulsões, enquanto podem recriar imagens e cenas míticas da história da arte, gravadas já no inconsciente coletivo. - [Medea-Mamá-Monstro](https://erreguete.gal/2025/03/30/medea-mama-monstro/): "Vai frío na Cidade da Cultura. É a penúltima tardiña de febreiro despois duns días de relativa calor, e o solpor ameaza con rebaixar aínda máis a temperatura. Camiño cara ao Museo Centro Gaiás, para chegar ao punto de encontro da obra que vou ver: 'Medea-Mamá-Monstro'. Crúzome con pouca xente, pero cando chego a ter o espazo REGA 1 de vista, vexo que xa hai unha boa cantidade de persoas agardando fóra del. Entro (...)". - [La Maestra](https://erreguete.gal/2025/03/29/la-maestra/): "Se algo pode evitar que a historia se repita é a súa ensinanza, e esta peza consegue enganchar ás crianzas coa súa historia, pero tamén achegalas a estes momentos tan duros da nosa historia". - [Antón Reixa e Kirenia M. Acosta estrean CICATRIZ, primeira coprodución de danza inclusiva do Centro Coreográfico Galego](https://erreguete.gal/2025/03/28/anton-reixa-e-kirenia-m-acosta-estrean-cicatriz-primeira-coproducion-de-danza-inclusiva-do-centro-coreografico-galego/): Unha fusión de danza e poesía que explora o desexo como motor vital, co debut na danza do veterano poeta e performer galego xunto á bailarina galegocubana. Este venres 28 e o sábado 29 de marzo, ás 20.30 h, a Sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Santiago de Compostela acollerá a estrea de CICATRIZ, un espectáculo de danza contemporánea que xorde da colaboración entre Kirenia Danza, Artestudio e o Centro Coreográfico Galego. - [Desconfigurando o xénero](https://erreguete.gal/2025/03/28/desconfigurando-o-xenero/): "A danza convértese nun espazo onde todo (..) se disolve, onde o corpo se expresa sen restricións e conecta cun saber ancestral que me lembra que antes de que existisen estas categorías: xa había corpos que vibraban e ritmos que falaban por si sós. O importante non é nomealo, senón sentilo e, sobre todo, respectalo" - [Theodoros Terzopoulos asina a mensaxe internacional do Día Mundial do Teatro 2025](https://erreguete.gal/2025/03/27/theodoros-terzopoulos-asina-a-mensaxe-internacional-do-dia-mundial-do-teatro-2025/): O director e autor de teatro, educador, director e fundador da compañía teatral Attis, inspirador das Olimpíadas teatrais e presidente do seu comité internacional, Theodoros Terzopoulos, é quen asina a mensaxe internacional do Día Mundial do Teatro de 2025, que se celebra hoxe, 27 de marzo. Nela reflexiona sobre as preocupacións do teatro e a súa participación activa no ecosistema global - [Belén Regueira reflexiona no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro sobre a relación entre a escena e o xornalismo](https://erreguete.gal/2025/03/27/belen-regueira-reflexiona-no-manifesto-galego-do-dia-mundial-do-teatro-sobre-a-relacion-entre-a-escena-e-o-xornalismo/): A xornalista Belén Regueira asina este ano o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro promovido pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O seu texto reflexiona arredor dos paralelismos entre o teatro e o xornalismo, dúas ferramentas "que actúan nas súas mellores versións como fiscalizadores críticos do poder” ao tempo que axudan a "construír a esfera pública imprescindible en toda sociedade democrática". - [O IES de Rodeira rende homenaxe a Dorotea Bárcena](https://erreguete.gal/2025/03/27/o-ies-de-rodeira-rende-homenaxe-a-dorotea-barcena/): O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Rodeira (Cangas), coa colaboración do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Municipal de Cangas, organiza unha exposición simultánea sobre a traxectoria artística de Dorotea Bárcena co gallo do Día Mundial do Teatro. Esta mostra desenvólvese en tres espazos diferentes: o instituto, a Biblioteca Municipal e o Auditorio, feito que dá conta da inmensa carreira artística que levou a cabo Dorotea.  - [Morraoconto debutou coa estrea de 'TROMSØ'](https://erreguete.gal/2025/03/25/morraoconto-debutou-coa-estrea-de-tromso/): O pasado venres 21 de marzo, a compañía de teatro e artes do movemento MORRAOCONTO, formada por Miguel Gendre, Rafa Martínez e Lara Pouso, debutou co seu primeiro traballo escénico, 'TROMSØ ', na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames), coas entradas esgotadas. - [En Serralves](https://erreguete.gal/2025/03/24/en-serralves/): É curioso como neste mundo, para sentirnos cómodos, hai que ter todo atado. Controlar a situación dános unha certa tranquilidade e unha sensación de seguridade. Pero, ao mesmo tempo, é precisamente este control e seguridade o que pode converter a nosa existencia nun lugar plano, aburrido, carente de todo aliciente. Vivimos en contradición porque, no fondo, esa é a nosa natureza. Buscamos confort. A quen non lle gustaría unha vida cómoda e sen sobresaltos? Pero tamén sabemos os perigos de non saír da nosa zona de confort, caer na monotonía, a apatía e, en definitiva, a infelicidade. Sempre pensei e comprobei que as artes escénicas son espazos liminais propicios para saír das nosas zonas de confort e ampliar os nosos horizontes. - [Ensalle estrea BALEIRO xunto a Juan Navarro](https://erreguete.gal/2025/03/23/ensalle-estrea-baleiro-xunto-a-juan-navarro/): Os días vernes 21, sábado 22 e domingo 23 de marzo ás 20 horas, no Teatro Ensalle (Rúa Chile 15, baixo, Vigo) a estrea do novo traballo da compañía homónima. Baleiro é a 27ª produción deste colectivo escénico de longo percorrido. - [O Colectivo Glovo estrea 'TRÏADE' en dFERIA 2025](https://erreguete.gal/2025/03/20/o-colectivo-glovo-estrea-triade-en-dferia-2025/): O Colectivo Glovo, dirixido polo portugués Hugo Pereira e pola galega Esther Latorre, estreou hoxe a súa nova creación 'TRÏADE' no marco de dFERIA 2025, a feira de artes escénicas de Donostia. - [Os Mestre Mateo en danza](https://erreguete.gal/2025/03/20/os-mestre-mateo-en-danza/): A gala dos XXIII Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, que se celebrou en Lalín (Pontevedra) o 15 de marzo de 2025, sorprendeunos non só pola vizosidade dese ámbito, senón tamén porque colocou no centro da gala a explosión cinética, sensual e máxica da danza contemporánea galega. - [Galicia celebra o Día Internacional da Narración Oral](https://erreguete.gal/2025/03/20/galicia-celebra-o-dia-internacional-da-narracion-oral/): Un ano máis, Sete Falares, o Colectivo Narración Oral Galega (NOGA) e o Festival Atlántica xuntáronse para celebrar o 20 de marzo o Día Internacional da Narración Oral. Nesta ocasión, o manifesto galego, "que fai unha chiscadela ao Día das Letras Galegas", foi escrito por Ana Rodríguez de Leilía. - [Preséntase o programa do festival Escenas do Cambio 2025](https://erreguete.gal/2025/03/19/presentase-o-programa-do-festival-escenas-do-cambio-2025/): O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou o luns 17 de marzo a programación de Escenas do cambio 2025, festival que aposta este ano máis ca nunca por transcender os límites físicos de territorios e escenarios para a creación escénica de vangarda. Do 8 ao 11 de maio, Escenas do cambio convoca na Cidade da Cultura e o Salón Teatro a artistas procedentes de oito países (España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza) para dar forma a unha programación composta por 15 espectáculos que hibridan danza, teatro, música e artes vivas. - [A AAAG concédelle a Xabier Deive o Premio de Honra Marisa Soto](https://erreguete.gal/2025/03/18/a-aaag-concedelle-a-xabier-deive-o-premio-de-honra-marisa-soto/): A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de dar a coñecer que lle concede ao actor Xabier Deive, a título póstumo, o Premio de Honra Marisa Soto, galardón co que distinguen cada ano o labor de persoas e institucións a prol do sector escénico galego. - [Aurora Boreal](https://erreguete.gal/2025/03/18/aurora-boreal/): "(...) 'Aurora Boreal' é unha peza de danza pensada para sala, algo que se cadra pode parecer obvio, mais tendo en conta a traxectoria de Paula Quintas non o é tanto. Dividida en tres partes, a peza ofrece unha reflexión sobre a fugacidade ou o efémero da vida, contrastada coa súa conxelación: un combate entre as forzas da natureza e o pensamento humano sobre as cousas e sobre o tempo (...)". - [O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada](https://erreguete.gal/2025/03/17/o-unico-que-verdadeiramente-quixen-toda-a-vida-e-ser-delgada-2/): "(...) Digo que é contestataria, mais é crítica consigo mesma e coa sociedade; facendo uso do castelán cando interpreta as voces colectivas que lle din como vestir, como ser, como comportarse ou como sentirse. Carrodeguas aproveita o espazo da peza para espirse, literal e metaforicamente como un xeito de expresarse libremente e facer o que lle dá a gana: pasando por diferentes estados (...)". - [O Salón Teatro acolle a estrea de 'Fábrica de fume'](https://erreguete.gal/2025/03/16/o-salon-teatro-acolle-a-estrea-de-fabrica-de-fume/): O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá hoxe, 16 de marzo, ás 12.00 horas, a estrea do espectáculo 'Fábrica de fume', unha proposta de teatro comunitario que afonda no concepto de arte e industria a través da historia de Sargadelos. Celina Fernández Ponte e Ana Fontenla asinan a dramaturxia e a dirección de escena deste traballo que tivo a súa orixe no proxecto internacional de teatro en linguas minoritarias Phone; e que coproduce agora o Centro Dramático Galego co financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado. - [Mala vida e pior morte do rei Ricardo III](https://erreguete.gal/2025/03/16/mala-vida-e-pior-morte-do-rei-ricardo-iii/): "Collendo como punto de partida o texto tráxico do que é epónimo, Ricardo, interpretado por Evaristo Calvo, vai acto por acto, narrando a súa versión dos eventos principais da súa vida. Para facer isto, Calvo, o único actor que aparece no escenario, dá unha actuación maxistral interpretando a non menos de 16 personaxes ao longo da peza, cada un cunha voz, xestualidade e perspectiva distinta". - [O Colectivo Glovo convoca a cuarta edición de Atopémonos Bailando](https://erreguete.gal/2025/03/14/o-colectivo-glovo-convoca-a-cuarta-edicion-de-atopemonos-bailando/): Transformar a cidade de Lugo nun espazo de experimentación e intercambio para a danza e as artes do movemento". Con esa vontade veñen de convocar o Colectivo Glovo e a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, co apoio da Axencia Galegia das Industrias Culturais, as Ayudas INJUVE para la Creación Joven e a vicepresidencia da Deputación de Lugo, un ano máis, o programa de residencias Atopémonos Bailando. - [O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2025](https://erreguete.gal/2025/03/11/o-cercle-artistic-convoca-o-premi-born-de-teatro-2025/): O Premi Born de Teatro celebra neste 2025 a súa quincuaxésima edición, para a que vén de abrir o prazo de admisión de obras. O certame, convcado polo Cercle Artístic, outorgará 14.000 € á obra gañadora, que será tamén editada nas catro linguas oficiais do Estado Español. - [Sabela Mendoza obtén a maior puntuación na licitación da dirección artística da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2025/03/10/sabela-mendoza-obten-a-maior-puntuacion-na-licitacion-da-direccion-artistica-da-mit-de-ribadavia/): A xestora cultural, investigadora e creadora Sabela Mendoza vén de obter a maior puntuación na licitación para a contratación da nova dirección artística da Mostra Internacional de Teatro, MIT de Ribadavia. - [Pessoa Robert Wilson](https://erreguete.gal/2025/03/10/pessoa-robert-wilson/): A estética wilsoniana dos sonhos e o seu teatro ultraterreno de geometrias e aparições mágicas combinam às mil maravilhas com a poesia e com o pensamento de Fernando Pessoa, povoados de visões e fulgurações reveladoras. Isso foi o que pudemos comprovar em 'PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME' de Robert Wilson, com Maria de Medeiros, Aline Belibi, Rodrigo Ferreira, Klaus Martini, Sofia Menci, Gianfranco Poddighe e Janaína Suaudeau, no Teatro São Luiz de Lisboa, sábado 8 de março de 2025. - [Galicia Escena PRO acepta propostas para participar na súa 12ª edición](https://erreguete.gal/2025/03/07/galicia-escena-pro-acepta-propostas-para-participar-na-sua-12a-edicion/): A 12ª edición do encontro profesional Galicia Escena Pro vén de poñer en marcha a convocatoria para a selección do seu programa de espectáculos. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude volve organizar este mercado galego das artes escénicas xunto coa asociación empresarial Escena Galega co obxectivo de "dinamizar a contratación das producións das compañías galegas tanto dentro como fóra de Galicia", así como de "impulsar a súa proxección social". - [Non pasarán](https://erreguete.gal/2025/03/07/non-pasaran/): "Dende o propio neofascismo levan anos avisándonos do que van facer ao chegaren ao poder e seguímoslles abrindo as portas da casa. As grandes empresas tecnolóxicas coma Google, Amazon ou Meta son chave no auxe desta ideoloxía mais todes usamos produtos seus no noso día a día. Parece que somos incapaces de non usalos, de non alimentar o monstro, de non sermos conscientes das consecuencias directas de meter estas compañías nas nosas casas. Na casa na que ten lugar a acción está omnipresente Alexa, produto de Amazon." - [Lidia Veiga é a gañadora do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva](https://erreguete.gal/2025/03/06/lidia-veiga-e-a-ganadora-do-xxiv-premio-de-interpretacion-teatral-maruxa-villanueva/): Lidia Veiga foi recoñecida co XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón en recoñecemento a súa interpretación na obra Iribarne. O seu papel nesta peza co-producida pola compañía Butaca Zero e polo Centro Dramático Nacional valeulle a candidatura aos Premios Max á Mellor Interpretación Feminina, así como a nominación aos premios María Casares como mellor actriz protagonista. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón Anxo Arca, salientou a calidade e versatilidade interpretativa da actriz natural de Arzúa ademais da súa capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade “mantendo como valor a lingua galega como fórmula de elaboración interpretativa e artística”. - [Seguimos enteras](https://erreguete.gal/2025/03/05/seguimos-enteras/): "'Seguimos enteras' xira ao redor de dous corpos en escena e como estes se relacionan. Dous corpos que non son alleos entre si, senón todo o contrario: o que aparece é que a relación entre as dúas bailarinas é centro e acaso orixe da mesma creación artística, como unha forma de amosar a súa propia intimidade, a súa forma de atoparse en escena". - [O CDG estrea 'A burra, a mesa e o pau'](https://erreguete.gal/2025/03/05/o-cdg-estrea-a-burra-a-mesa-e-o-pau/): O Centro Dramático Galego estrea este xoves no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, a primeira das súas producións propias de 2025, 'A burra, a mesa e o pau'. Trátase dunha montaxe para a que conta cun elenco interxeracional de 15 intérpretes baixo a dirección e a dramaturxia de Lorena Conde. - [O entroido, o teatro e o infinito](https://erreguete.gal/2025/03/02/o-entroido-o-teatro-e-o-infinito/): O entroido amplía e desborda o noso ego pechado, abríndoo á festa de mudar a nosa aparencia externa. Ao igual que o teatro, pode consistir nun exercicio para ampliar tamén a nosa empatía situándonos, aínda que sexa mediante os mecanismos cómicos da hipérbole ou da caricatura, na pel e nos zapatos da “outredade”. Saír un pouco do ser (do relato) que levamos posto continuamente, para facelo estourar na diversión e na fantasía de sermos calquera outra cousa ou calquera outro ser. - [Talía Teatro inicia a xira da peza 'Un deus salvaxe'](https://erreguete.gal/2025/03/02/talia-teatro-inicia-a-xira-da-peza-un-deus-salvaxe/): Despois dun ano cheo de recoñecementos á súa montaxe 'Unha inimiga do pobo', Talía Teatro estreou esta fin de semana 'Un deus salvaxe', da dramaturga francesa Yasmina Reza, na Casa da Cultura de Cee. a súa primeira fase de distribución a posta en escena de Talía Teatro da peza 'Un deus salvaxe' inicia unha xira que percorrerá localidades como Ames, Carballo, Vimianzo, A Coruña, Santiago de Compostela, Oleiros e Ourense. - [Helena Varela e Laura Porto presentan 'Medea-Mamá-Monstro' en Clásicas Desfeitas](https://erreguete.gal/2025/03/01/helena-varela-e-laura-porto-presentan-medea-mama-monstro-en-clasicas-desfeitas/): O volume XIII do ciclo Clásicas Desfeitas, conformado pola peza 'Medea-Mamá-Monstro', creación da actriz e produtora Helena Varela e a dramaturga Laura Porto, estréase esta fin de semana na Cidade da Cultura. - [Influencers](https://erreguete.gal/2025/02/28/influencers/): A chave da comicidade deste espectáculo está na parodia da competitividade “influencer” e na habelencia circense da tríade formada por Brais Iriarte, Iván Davila e Elsa Comesaña para xogar con axilidade e bo ritmo diferentes tipos, en combinación cun dispositivo audiovisual no que pantallas e mundo virtual son fundamentais. - [Xián Martínez fai a estrea galega de 'NIK·EU 2.0' en Vigocultura](https://erreguete.gal/2025/02/28/xian-martinez-estrea-galega-de-nikeu-vigocultura/): O 28 de febreiro ás 20h., no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, iXa presenta 'NIK·EU 2.0', unha peza para catro intérpretes, onde Claudia, Miguel e Raul acompañan a Xián nunha viaxe sobre a identidade e a perspectiva do director sobre a masculinidade e como esta marcou o seu crecemento. Acompañados polo deseño de son e composición orixinal de Aire e Fernando Careaga e a iluminación de Fermin Izko, vaise poder ver esta obra, dentro do marco da programación de Vigocultura. - [A AAAG desvela os espectáculos finalistas dos XXIX Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2025/02/26/a-aaag-desvela-os-espectaculos-finalistas-dos-xxix-premios-de-teatro-maria-casares/): Xa se coñecen as pezas que poden optar a facerse cun premio nalgunha das 16 categorías que conforman os Premios de Teatro María Casares na súa XXIX edición. Son un total de 17 espectáculos finalistas, e os gañadores daranse a coñecer na gala de entrega, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 3 de abril. - [Último verán en Santa Cristina](https://erreguete.gal/2025/02/24/ultimo-veran-en-santa-cristina/): "'Último verán en Santa Cristina' fala da importancia da memoria, especialmente en dous aspectos: da memoria individual, do rapaz que vive ese espazo de verán na súa adolescencia e experimenta as marabillas da vida; e da histórica, pois estando ambientada nos anos 60, a lembranza da guerra civil e da represión está aínda presente e marca de xeito considerable o decorrer dos feitos". - [Que move a danza ‘Transeúnte’](https://erreguete.gal/2025/02/23/que-move-a-danza-transeunte/): A emoción no paso e no que trae consigo. A emoción como tensión ou intensidade do estar na simetría do ser singular. A tensión rítmica do contraste entre a singularidade e a pluralidade do ser. A singularidade biográfica, física, topográfica, cultural, territorial, do substrato no que nace e medra a personalidade, que non é máis que unha planta, unha árbore ou un animal. O lugar onde un se cría reverbera, despois nas creacións de quen non se rende ás modas ou tendencias alleas, de quen escoita a raíz e, desde esa cerna, voa libre e transita polo mundo adiante, como un arrieiro que leva cantares por onde pasa. - [Isabel Risco estrea un novo espectáculo protagonizado por Nabiza Girl](https://erreguete.gal/2025/02/23/isabel-risco-estrea-un-novo-espectaculo-protagonizado-por-nabiza-girl/): Isabel Risco volve enfundarse neste 2025 na pel da súa personaxe Nabiza Girl no espectáculo 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da cultura minguante', que estrea hoxe, domingo 23 de febreiro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. - [aAntena estrea 'Sol Fuerza' en Vimianzo](https://erreguete.gal/2025/02/22/aantena-estrea-sol-fuerza-en-vimianzo/): O Auditorio de Vimianzo acolle hoxe, 22 de febreiro, a estrea de 'Sol Fuerza', da compañía aAntena. Trátase dunha comedia contemporánea "que combina retranca, historia e crítica social cunha fonda conexión coa identidade galega". - [Excéntricas presenta 'Mala vida e pior morte de Ricardo III' no ciclo Clásicas Desfeitas](https://erreguete.gal/2025/02/21/excentricas-presenta-mala-vida-e-pior-morte-de-ricardo-iii-no-ciclo-clasicas-desfeitas/): O actor Evaristo Calvo protagoniza 'Mala vida e pior morte de Ricardo III', un espectáculo unipersoal de Producións Teatrais Excéntricas, coproducido polo CDG e co apoio da  Fundación Cidade da Cultura, impulsoras do Ciclo Clásicas Desfeitas, no que se estrea esta fin de semana a peza, - [Daniel Rodríguez estrea ‘Transeúnte’, danza contemporánea de cerna galega](https://erreguete.gal/2025/02/21/daniel-rodriguez-estrea-transeunte-danza-contemporanea-de-cerna-galega/): Este venres 21 de febreiro estréase 'Transeúnte' de Daniel Rodríguez, en coprodución co Centro Coreográfico Galego (Agadic/Xunta de Galicia) no Teatro Municipal de Tui ás 21h. O equipo artístico de Transeúnte  está composto por catro bailarinas e bailaríns en escena: Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez e o propio Daniel Rodríguez; a música e o canto en directo de Aida Tarrío, de Tanxugueiras, e Artur Puga, de Mondra, que tamén bailan; o acompañamento artístico de Arnau Pérez; a iluminación de Mauricio Pérez Fayos; o vestiario de Sheila Pérez; e a produción musical de Carreño e Acacia. - ['Absurdia' volve a Galicia tras ser premiado no Orilla Impro Fest de Alacante](https://erreguete.gal/2025/02/21/absurdia-volve-a-galicia-tras-ser-premiado-no-orilla-impro-fest-de-alacante/): O espectáculo de improvisación 'Absurdia', de The Momento Impro, regresa con novas funcións a Galicia despois de gañar a semana pasada o premio ao mellor espectáculo na categoría Mar do novo festival de improvisación Orilla Fest, en Alacante - [A “outralidade” dos corpos em dança no 14º GUIdance de Guimarães](https://erreguete.gal/2025/02/18/a-outralidade-dos-corpos-em-danca-no-14o-guidance-de-guimaraes/): A 14ª edição do Festival Internacional de Dança Contemporânea GUIdance de Guimarães, de 6 a 15 de fevereiro de 2025, está a colocar em foco a radical importância de reconhecer e de aceitar a diferença e a diversidade enriquecedoras do gênero humano. A condição misteriosa e desconhecida do outro percebe-se como fator necessário e indispensável não só para a convivência social, mas também para a própria aceitação daquilo que há em nós, no “eu”, de ignoto e de “outro”. - [As Residencias Paraíso aceptan propostas para a súa novena edición](https://erreguete.gal/2025/02/18/as-residencias-paraiso-aceptan-propostas-para-a-sua-novena-edicion/): O Colectivo RPM lanza por noveno ano consecutivo unha nova convocatoria das Residencias Paraíso, o seu programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no territorio. As persoas e colectivos interesados poderán presentar a súa proposta ata o vindeiro 7 de marzo. - [Un xeito diferente de facer teatro](https://erreguete.gal/2025/02/17/un-xeito-diferente-de-facer-teatro/): O 1 de febreiro asistín a un espectáculo de improvisación, 'Improconas', na nova Librería artística A Merendeira Studio situada en Noia. Había tempo que non asistía ao teatro na periferia, fóra da metrópole, onde a vida leva outro ritmo afastado do balbordo que se percibe nas cidades. Unha forma diferente de ver e facer teatro que conecta co público dun xeito máis íntimo e informal. - [Por unha escena desviada](https://erreguete.gal/2025/02/16/por-unha-escena-desviada/): "Segue a estar establecido que as contribucións máis valiosas no mundo da arte e a cultura -igual que nos demais mundos- teñen sido realizadas por ese pequeno grupo da poboación (o home-cis-branco-heterosexual-burgués-occidental), idea reforzada e transmitida polo sistema educativo, a historiografía, os medios, as estruturas artísticas e un longo blablablá ao que lle presta ocultar outras existencias, seres e saberes." - [Bengala Teatro Físico de Lugo debuta con ‘En carne viva’](https://erreguete.gal/2025/02/14/bengala-teatro-fisico-de-lugo-debuta-con-en-carne-viva/): 'En carne viva', a primeira obra da compañía emerxente Bengala Teatro Físico, invita a reflexionar a través da arte na súa estrea o domingo 16 de febreiro no Auditorio lucense Fuxan os Ventos. - [A Cidade da Cultura abre convocatoria para o Comando Dramatúrxico](https://erreguete.gal/2025/02/12/a-cidade-da-cultura-abre-convocatoria-para-o-comando-dramaturxico/): A Cidade da Cultura de Galicia vén de abrir a convocatoria para o Comando Dramatúrxico do XI festival Escenas do Cambio 2025, que se vai celebrar do 8 ao 11 de maio deste ano. A convocatoria está aberta até o 3 de marzo. - [Janet Novás gaña o Premio Nacional de Danza 2025 na modalidade de Interpretación](https://erreguete.gal/2025/10/03/janet-novas-gana-o-premio-nacional-de-danza-2025-na-modalidade-de-interpretacion/): A bailarina, creadora e actriz porriñesa Janet Novás vén de ser galardoada co Premio Nacional de Danza 2025, na modalidade de Interpretación, mentres que o correspondente á modalidade de Creación recaeu no coreógrafo onubense Guillermo Weickert. - [O FIOT e Ainé teñen que cancelar a estrea de 'Territorio Regueifa'](https://erreguete.gal/2025/10/02/o-fiot-e-aine-tenen-que-cancelar-a-estrea-de-territorio-regueifa/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo e Ainé Producións veñen de comunicar a cancelación da estrea absoluta do espectáculo 'Territorio Regueifa' prevista para esta fin de semana –para mañá, venres 3, e para o sábado, 4 de outubro– no Pazo da Cultura de Carballo. Para ofrecer unha proposta alternativa, o festival decidiu programar mañá, venres 3 de outubro, no Auditorio Pazo da Cultura, ás 21.00 horas, o espectáculo 'Aquí tou!', un monólogo de Xosé A. Touriñán, - [Dramaturxia e Danza. Inmersión na Fraxilidade e no Presente](https://erreguete.gal/2025/10/01/dramaturxia-e-danza-inmersion-na-fraxilidade-e-no-presente/): Saio deste laboratorio convencido, pola propia práctica, da necesidade do binomio danza-dramaturxia, despois de comprobar a reciprocidade entre elas e a capacidade de impulso e potenciación. Saio deste laboratorio convencido de que non hai danza, como obxecto artístico, como xogo, sen dramaturxia, aínda que quizais lle chamemos por outros nomes. - [O FIOT acolle a estrea de 'Berenguela na gaiola'](https://erreguete.gal/2025/09/27/o-fiot-acolle-a-estrea-de-berenguela-na-gaiola/): O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) de Carballo será hoxe o marco da estrea absoluta de 'Berenguela na gaiola', de Galeatro, Xarope Tulú e Paula Carballeira, coproducida polo CDG, a Casa-Museo Manuel María e o propio FIOT. A función, que se realizará a partir das 18.30 horas no Pazo da Cultura de Carballo, dentro do FIOTiño, protagoniza a primeira semana da 34ª edición do FIOT, que arrancou o pasado xoves e que se desenvolverá ata o vindeiro 31 de outubro.   - [Ancoraxe, Vórtice Escénico e o CDG estrean 'Heroes en decembro'](https://erreguete.gal/2025/09/26/ancoraxe-vortice-escenico-e-o-cdg-estrean-heroes-en-decembro/): Ás 21:15 horas, o Auditorio Municipal acollerá a estrea galega de 'Heroes en decembro', un texto de Eva Mir, dirixido, traducido e adaptado por Sara Rey, e producido por Ancoraxe, Vórtice Escénico e o Centro Dramático Galego, despois de realizaren unha residencia artística nos días previos e ofreceren onte unha función escolar de preestrea para os centros educativos da vila. - [Vigocultura presenta a súa programación para o segundo semestre de 2025](https://erreguete.gal/2025/09/24/vigocultura-presenta-a-sua-programacion-para-o-segundo-semestre-de-2025/): O alcalde de Vigo, Abel Caballero presentou hoxe o programa da nova temporada de VigoCultura, que desenvolverá o Concello durante os meses de outubro e novembro. Inclúe 26 espectáculos, dos cales dous se realizarán na rúa do Príncipe e en Porta do Sol, e o resto no Auditorio Municipal, con 15 actuacións para público adulto e 9 para toda a familia. - [A Deputación clausura a 32ª Bienal de Arte de Pontevedra cunha actuación de La Ribot](https://erreguete.gal/2025/09/24/a-deputacion-clausura-a-32a-bienal-de-arte-de-pontevedra-cunha-actuacion-de-la-ribot/): Cun acto no Salón de Actos do Pazo provincial no que actuará a compañía La Ribot e que tamén servirá para pechar o ciclo Artes Vivas. Dese xeito porá fin a Deputación á 32ª Bienal de Arte de  Pontevedra este venres, 26 de setembro, a partir das 20:00 horas. - [Cambados acolle unha nova edición do festival DESFOGA](https://erreguete.gal/2025/09/24/cambados-acolle-unha-nova-edicion-do-festival-desfoga/): A vindeira edición do festival de artes vivas DESFOGA desenvolverase en Cambados os días 2, 3, 4 e 5 de outubro. Os espazos que acollerán a programación serán a Cultural, a Krazzy Kay e o Auditorio da Xuventude. - [O FIOT de Carballo celebra unha xornada previa ao arranque da súa 34ª edición](https://erreguete.gal/2025/09/23/o-fiot-de-carballo-celebra-unha-xornada-previa-ao-arranque-da-sua-34a-edicion/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo desenvolverá mañá unha tarde de actividades abertas ao público, con entrada de balde, no Pazo da Cultura, na xornada previa á inauguración da súa 34ª edición. - [Vinte anos da Esadg](https://erreguete.gal/2025/09/22/vinte-anos-da-esadg/): Sopran novos ventos e a nave avanza a bo ritmo, cunha comunidade chea de ilusión e empeño! Iso foi o que se respiraba o primeiro día na nosa escola deste curso 2025/2026! Un espazo no que o futuro pinta ben! - [A serie clopen](https://erreguete.gal/2025/09/21/a-serie-clopen/): "(...) O público sairá da sala impactado, divertido e convencido de que o circo non só pertence ao toldo, nin só á rúa, senón tamén ás táboas de calquera escenario. Esta é unha aposta para todos os públicos —non exclusivamente infantil—, na que as persoas adultas teñen tanto ou máis que desfrutar e descubrir que as crianzas. O que sucede nesta nova produción do CDG debe ser visto de primeira man, porque as palabras non alcanzan para resumilo". - [Castelao, un corazón á intemperie](https://erreguete.gal/2025/09/19/castelao-un-corazon-a-intemperie/): "As historias de crianzas, homes e mulleres do pobo que Castelao trasladou nas súas 'Cousas' eran tamén libretos dun espectáculo de cachaporra, onde o heroe das subalternas ten que valerse das únicas armas das que dispón: o enxeño, a retranca e a dignidade. Por iso levar a Castelao a un teatriño de monifates resulta orgánico a tal  punto que nos preguntamos como é que ninguén o fixo antes". - [Creación teatral e dixestión](https://erreguete.gal/2025/09/14/creacion-teatral-e-dixestion/): Había tempo que non me metía nunha sala de ensaios para facer un espectáculo. Os espectáculos teatrais comezan moito antes de que nos xuntemos no laboratorio da sala de ensaios. Imaxinamos, documentámonos, ideamos, trazamos unha posible estrutura dalgunhas hipotéticas accións escénicas... Facemos un proxecto. Pero o mellor e o máis importante vaicho dicir o propio escenario, se o escoitas. Escoitar o escenario non é fácil porque require unha atención plena, que depende da colaboración sinérxica do equipo artístico. - [O CDG estrea 'A serie clopen'](https://erreguete.gal/2025/09/11/o-cdg-estrea-a-serie-clopen/): O Centro Dramático Galego inaugura a súa nova temporada escénica coa estrea, hoxe, 11 de setembro, do espectáculo A serie clopen. Trátase da primeira produción propia da compañía pública que ten as artes circenses como eixo central. permanecerá en cartel en Santiago de Compostela ata o 26 de outubro, con cinco funcións semanais, de mércores a domingos, ás 18.00 horas. - [O final do verán e o inicio da temporada teatral](https://erreguete.gal/2025/09/07/o-final-do-veran-e-o-inicio-da-temporada-teatral/): Aínda estamos no verán, pero xa hai un sabor outonal. As borrascas que foron entrando a finais de agosto e na primeira semana de setembro, que tanta falta nos facían, contribúen a ese ambiente. Tamén o comezo da temporada teatral, que fai que algúns espazos de artes escénicas saian do seu letargo estival. Neste sentido, o comezo do curso académico sempre ten un halo primaveral, polas estreas de espectáculos que florecen nos escenarios nesta época. Velaí un dos aspectos que fan bonita a volta á escola. - [Os Microefectos Dramatúrxicos presentan catro pezas novas](https://erreguete.gal/2025/09/06/os-microefectos-dramaturxicos-presentan-catro-pezas-novas/): Logo de tres meses dende a súa última celebración, os Microefectos Dramatúrxicos regresaron esta semana ao Club Clavicémbalo de Lugo. Despois dunha sesión o xoves e outra onte, hoxe, sábado, desenvolverán novos pases ás 20:30 e 22:30, nos que presentarán catro novas pezas. - [Sarabela Teatro estrea 'A metamorfose'](https://erreguete.gal/2025/09/06/sarabela-teatro-estrea-a-metamorfose/): A veterana compañía de teatro ourensá Sarabela Teatro estrea estes días no Teatro Principal de Ourense a súa nova montaxe, 'A metamorfose', adaptación escénica de Carlos Álvarez-Ossorio da novela homónima de Franz Kafka. Despois dunha función o xoves e outra onte, o Teatro Principal de Ourense acolle hoxe unha terceira representación, ás 21.00 horas, antes de que a peza inicie unha xira por diferentes localidades galegas. - [A proposta de ocio familiar Cidade Imaxinaria volve ao Gaiás](https://erreguete.gal/2025/09/06/a-proposta-de-ocio-familiar-cidade-imaxinaria-volve-ao-gaias/): Volve a proposta de ocio familiar Cidade Imaxinaria, organizada pola Xunta de Galicia co apoio da Deputación da Coruña. A Cidade da Cultura acolle hoxe, sábado 6 de setembro unha nova edición, que contará coa participación de máis de medio centenar de artistas e 14 compañías galegas, estatais e internacionais. A cita terá  desde as 17.00 horas ata as 22.00 horas, con entrada libre e de balde. - [Camiño Escena Norte presenta a súa sétima edición](https://erreguete.gal/2025/09/06/camino-escena-norte-presenta-a-sua-setima-edicion/): A programación da sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que decorrerá do 12 de setembro ao 26 de outubro e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), achegará dez espectáculos de danza, teatro e circo a outras tantas localidades de Galicia. Serán pezas para públicos de todas as idades de compañías orixinarias de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, - [O FIOT desvela o programa completo da súa 34ª edición](https://erreguete.gal/2025/09/05/o-fiot-desvela-o-programa-completo-da-sua-34a-edicion/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo, que celebrará a súa 34ª edición entre o 25 de setembro ao 31 de outubro deste ano, presentou onte o seu programa completo. Este incluirá 45 espectáculos, dos cales 11 serán estreas absolutas, 11 serán estreas en Galicia e 2 serán coproducións do propio festival. - [O CDG presenta a súa nova tempada](https://erreguete.gal/2025/09/04/o-cdg-presenta-a-sua-nova-tempada/): O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu onte a presentación da nova temporada, 2025-2026, do Centro Dramático Galego. O acto congregou no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, unha trintena de representantes de compañías, Concellos e entidades culturais coas que a compañía publica colabora no desenvolvemento desta programación que ten como lema O teatro, punto de encontro. - [Moeche acolle a inauguración do festival 'Reino de Galicia á escena'](https://erreguete.gal/2025/09/04/moeche-acolle-a-inauguracion-do-festival-reino-de-galicia-a-escena/): A compañía teatral Galeatro pon en marcha esta semana, co patrocinio da Deputación da Coruña, o proxecto Reino de Galicia á escena, un festival histórico-teatral que ten como obxectivo "dinamizar espazos con gran valor patrimonial, dar a coñecer a historia do noso país e sacar as artes escénicas dos seus recintos de exhibición habituais". - [Estou facendo un proxecto escénico, pero non se pode dicir](https://erreguete.gal/2025/08/31/estou-facendo-un-proxecto-escenico-pero-non-se-pode-dicir/): No mes de agosto que remata, comecei os ensaios e a investigación práctica dun espectáculo, no que asumo a dramaturxia e a dirección de escena. En realidade, o proceso de creación comezou moito antes coa ideación e imaxinación (sen imaxes non hai teatro) do proxecto. Normalmente, en nome da discreción, cando alguén inicia un proxecto escénico acostuma a non comentalo nin dicirllo a ninguén, excepto ás persoas directamente implicadas no equipo artístico, das que vai a depender. - [Actualités Éditions publica 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', de AveLina Pérez](https://erreguete.gal/2025/08/26/actualites-editions-publica-as-oito-da-tarde-cando-morren-as-nais-de-avelina-perez/): "A obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, da dramaturga galega AveLina Pérez, pasou este ano 2025 a formar parte da colección 'Les Incorrigibles', da editorial Actualités Éditions, na tradución ao francés de David Ferré. (...) Trátase do primeiro texto galego que integra a colección". - [Facer público | Sae o 109 da erregueté](https://erreguete.gal/2025/08/24/facer-publico-sae-o-109-da-erreguete/): Esta na imprenta o número 109 da 'erregueté', que recolle boa parte da actividade escénica galega do primeiro semestre de 2025. Antes de que remate o verán chegará ás persoas que apoian este proxecto coa súa subscrición anual. E a todas as outras persoas que se queiran facer cun exemplar a través da tenda en liña que poden encontrar en erreguete.gal. - [Vilagarcía de Arousa acolleu unha nova edición do Festaclown](https://erreguete.gal/2025/08/24/vilagarcia-de-arousa-acolleu-unha-nova-edicion-do-festaclown/): Esta semana Vilagarcía de Arousa converteuse no escenario da gran festa da risa grazas ao Festaclown, que se desenvolveu entre o pasado luns 18 de agosto e onte, 23 de agosto. Arrancou o luns co espectáculo Minotauro, de Nacho Flores, e a gala Circo Contra a Barbarie, a favor de Palestina, e pechou onte á tarde coa Cía A Tope e a súa proposta de teatro físico e circo  Shhhh! e co Mago Teto e o seu GaleRock & Magic, un espectáculo que mestura maxia, humor e música galega en directo.  - [Stand-up comedy en Edimburgo](https://erreguete.gal/2025/08/24/stand-up-comedy-en-edimburgo/): "Nas grandes cidades é ben fácil poder asistir ao teatro todos os días da semana se queres. O mes de xullo paseino en Edimburgo por motivos laborais alleos á escena mais tiven tempo de desfrutar e asistir ao teatro. Dá gusto ter unha ampla variedade de espectáculos de luns a domingo para escoller. A industria cultural aquí, a diferenza das pequenas cidades, funciona todo o ano, achegando economía e entremetemento a partes iguais". - [Areta Bolado será a nova Xograresa de Outono do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2025/08/20/areta-bolado-sera-a-nova-xograresa-de-outono-do-fiot-de-carballo/): O Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2025 o premio Xograresa de Outono a Areta Bolado. Con esta concesión o FIOT quere "seguir poñendo en valor e o recoñecemento de figuras imprescindibles do sector cultural galego" mantendo a entrega anual dun galardón que busca "salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas". - [Como deseñar experiencias escénicas inclusivas e accesibles](https://erreguete.gal/2025/08/20/como-desenar-experiencias-escenicas-inclusivas-e-accesibles/): "Un espazo no que reflexionar, conversar, compartir recursos, dúbidas e experiencias e establecer liñas de acción arredor de temas de interese para o sector. Así son concibidas as xornadas profesionais que a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, celebra cada ano de xeito estable dende hai máis de quince anos. Este ano desenvolveunas arredor de cuestións tan necesarias como o son a accesibilidade e a inclusión nas artes escénicas, e fíxoo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, que acolleu o evento no salón de plenos do seu Pazo provincial o pasado 17 de xuño, dentro da vontade da asociación de descentralizar as súas actividades".   - [A novena edición do certame Metro Cadrado do FIOT xa ten finalistas](https://erreguete.gal/2025/08/15/a-novena-edicion-do-certame-metro-cadrado-do-fiot-xa-ten-finalistas/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo vén de dar a coñecer os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados como finalistas da IX edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado. Poderán verse o vindeiro mes de outubro durante a celebración da 34º edición do festival.  - [Arranca a décima edición do Titiriberia](https://erreguete.gal/2025/08/12/arranca-a-decima-edicion-do-titiriberia/): O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, inaugura hoxe en Rianxo a súa décima edición, que se desenvolverá ata o  vindeiro domino, 17 de agosto. Este ano, o programa incluirá unha trintena de espectáculos da man de 19 compañías procedentes de Galicia, Portugal, Euskadi, Navarra, Aragón e Valencia. - [Manuel Lourenzo, os dramaturgos non morren](https://erreguete.gal/2025/08/10/manuel-lourenzo-os-dramaturgos-non-morren/): Vaise un amigo especial. Especial porque non era un amigo de todos os días, nin de darlle a lata, ou el darma a min, coas continxencias diarias. Era un amigo deses que, cando te encontras con el moi de Pascuas en Ramos, parece como se non pasase o tempo e como se, neses poucos encontros, tocases a cerna das cousas e, entrambos, lle désemos a volta ao mundo. Non quero escribir sobre Manuel en modo erudito, facendo aquí unha revisión académica do seu inmenso legado, que supera as trescentas obras dramáticas. - [Manuel Lourenzo: Séculos a escribir teatro](https://erreguete.gal/2025/08/10/manuel-lourenzo-seculos-a-escribir-teatro/): En outubro do ano pasado, Afonso Becerra entrevistou a Manuel Lourenzo para o número 108 da erregueté | Revista Galega de Teatro. Recóllese aquí esa entrevista, de xeito especial, en lembranza agarimosa de Manuel, figura fundamental do teatro galego, ao coñecerse a súa partida. - [Falece o dramaturgo Manuel Lourenzo, figura pioneira e central do teatro galego](https://erreguete.gal/2025/08/10/falece-o-dramaturgo-manuel-lourenzo-figura-pioneira-e-central-do-teatro-galego/): O máis prolífico e premiado dramaturgo e figura pioneira e central do teatro galego, Manuel Lourenzo, vén de falecer na Coruña aos 82 anos de idade, deixando unha fondísima pegada persoal e profesional no eido da cultura galega.  - [Costa da morte, cartografía dun naufraxio](https://erreguete.gal/2025/08/05/costa-da-morte-cartografia-dun-naufraxio/): "Cartografía dun naufraxio pon en valor a historia popular de Galicia, xa que, encarnando ás afectadas, a actriz se torna nun altofalante para as persoas que sempre son esquecidas da Historia de Galicia con maiúsculas, poñendo o foco no común, e no contexto do Museo do Mar de Galicia, isto resulta especialmente valioso". - [Ética, inspiración e cervexa de media noite](https://erreguete.gal/2025/08/03/etica-inspiracion-e-cervexa-de-media-noite/): É fundamental a construción dun discurso artístico claro porque iso é definitorio para establecernos como persoas no mundo. A realidade é demasiado permanente como para pretender construírnos socialmente á marxe. - [Arranca a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño](https://erreguete.gal/2025/08/03/arranca-a-xlvii-edicion-da-mostra-de-teatro-galego-de-carino/): O espectáculo 'Moby Dick', da compañía Pedras de Cartón inaugurará hoxe a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego do Concello de Cariño, na Praza da Pulida, partir das 13:00 horas. A programación desenvolverase ata o vindeiro sábado, 9 de agosto, e levará ao municipio 14 representacións, que se desenvolverán entre os dous escenarios habituais: o Auditorio Municipal da Casa da Cultura e a Praza da Pulida. - [30ª edición de Sementes: Sempre gozando e aprendendo](https://erreguete.gal/2025/08/02/30a-edicion-de-sementes-sempre-gozando-e-aprendendo/): "(...) Con todos os atrancos que o Sementes ten, a mingua de orzamento ou mesmo a sorprendente contraprogramación do concello no Día das Crianzas... este festival coida con mimo e calidade a súa programación ofrecendo ao público variados espectáculos de distintos formatos e xéneros".  - [O festival Danza no Claustro acolle o encontro "Tecendo redes"](https://erreguete.gal/2025/08/02/o-festival-danza-no-claustro-acolle-o-encontro-tecendo-redes/): A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, impulsan o ciclo de conversas 'Entre formas e palabras'. O terceiro encontro do ciclo, que leva por título "Tecendo redes" celébrase hoxe, 2 de agosto, a partir das 11:30 horas no marco do Festival Danza no Claustro, no Salón de Plenos do Concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense). - [Foco Galicia Danza pecha hoxe o prazo de presentación de propostas](https://erreguete.gal/2025/07/30/foco-galicia-danza-pecha-hoxe-o-prazo-de-presentacion-de-propostas/): As compañías profesionais galegas de danza que desenvolvan traballos escénicos contemporáneos ou en diálogo con outros estilos, como as danzas urbanas, tradicionais ou híbridas, e conten cunha peza de duración máxima de 20 minutos, poden enviar ata hoxe as súas propostas para participar no Foco Galicia Danza da 33ª Quinzena de Dança de Almada -International Dance Festival, que terá lugar do 2 ao 5 de outubro de 2025 no marco do evento que se celebrará na localidade portuguesa. - [Unha historia do Noitebús](https://erreguete.gal/2025/07/30/unha-historia-do-noitebus/): "(...) A peza retrotráenos ao transporte nocturno que implantou no seu día a Xunta do PSOE-BNG, e que levaba a mocidade de ruta polas discotecas da contorna. Como o propio colectivo afirma 'esta historia do Noitebús é a historia dunha xeración marcada polas discotecas do rural, os metros de chupitos e os botellóns nos aparcadoiros, cargada de emoción e moitas, moitas risas'". - [As desterradas](https://erreguete.gal/2025/07/29/as-desterradas-2/): "'As desterradas' cóntanos a historia das derradeiras monxas do Mosteiro de San Salvador de Albeos, que foron desterradas pola raíña de Castela a Santiago de Compostela. O espectáculo retrata a desidia destes últimos días, máis tamén aparece a forza e resiliencia destas monxas, que, a pesar de todo, loitaron por quedar no seu fogar. Grazas a isto, 'As desterradas' resulta ser unha lección de historia para todos os seus espectadores". - [Artes vivas e pobos vivos: 20 anos do Premio Abrente](https://erreguete.gal/2025/07/27/artes-vivas-e-pobos-vivos-20-anos-do-premio-abrente/): "Estivemos en Ribadavia, acompañando, observando, reivindicando, desfrutando, abrazando o novo, recordando o Abrente, soñando cun país mellor, denunciando que a neutralidade ideolóxica é un oxímoron e que é preciso seguir coidando con forza espazos de liberdade de creación coma este, onde poidamos facer resoar todas as voces, dende as de fóra ata as máis cercanas, as que denuncian o xenocidio en Gaza ou a manipulación e censura máis preto de nós, as que rescatan, as que devolven a memoria, constrúen a distopía, o riso, a ironía, a festa, o facho, a vida. A VIDA." - [A MIT de Ribadavia clausura a súa 41ª edición](https://erreguete.gal/2025/07/26/a-mit-de-ribadavia-despide-a-sua-41a-edicion/): As dúas funcións de hoxe clausurarán a 41ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia. A primeira comezará ás 20:00 horas no Auditorio ‘Manuel María’ da Casa da Cultura, coa posta en escena de 'Spooky', unha proposta da creadora María Jurado que mestura "performance, estética trash e códigos do cine de suspense para construír un espazo teatral onde a incerteza, o humor e a deconstrución do individuo dialogan en tempo real co público". O peche da Mostra chegará ás 23:00 horas no Auditorio Rubén García do Castelo coa compañía de danza contemporánea Malpelo e a súa proposta 'Bach', interpretada por María Muñoz, - [Isabel Fernández González gaña o 20º Premio Abrente da MIT de Ribadavia](https://erreguete.gal/2025/07/24/isabel-fernandez-gonzalez-gana-o-20o-premio-abrente-da-mit-de-ribadavia/): O texto 'O miradoiro', da autora leonesa Isabel Fernández González (nada en La Valduerna no ano 1993) resultou ser o escollido, por unanimidade, polo xurado do 20º Premio Abrente da MIT de Ribadavia. Este, que estaba formado Ana Romaní, Arantza Villar e Sara Rey, destacou da obra premiada “a profundización dos personaxes e a intelixencia dos diálogos como espello das relacións humanas actuais”. - [O Titiriberia celebrará a súa décima edición entre o 12 e o 17 de agosto](https://erreguete.gal/2025/07/23/o-titiriberia-celebrara-a-sua-decima-edicion-entre-o-12-e-o-17-de-agosto/): A asociación Morreu o Demo, co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, celebrará en Rianxo a décima edición do festival de monicreques tradicionais Titiriberia. Será entre o 12 e 17 de agosto cun programa que se centrará en brindarlle ao público rianxeiro unha radiografía do xénero escénico dos monicreques que se está a desenvolver na actualidade na Península Ibérica. - [A Rede Galega de Teatros e Auditorios inicia a súa nova programación](https://erreguete.gal/2025/07/21/a-rede-galega-de-teatros-e-auditorios-inicia-a-sua-nova-programacion/): O circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado entre a Xunta e as entidades locais asociadas, Rede Galega de Teatros e Auditorios, ofrecerá de xullo a decembro en 40 concellos galegos un total de 219 novas representacións a cargo de 115 formacións artísticas. Por disciplinas, haberá 181 actuacións de teatro, 14 concertos, 13 funcións de danza, oito de maxia e tres de novo circo. - [Entre o National Theatre e The Old Vic](https://erreguete.gal/2025/07/20/entre-o-national-theatre-e-the-old-vic/): Volvo ás Illas Británicas para mellorar o idioma, porque as linguas hai que traballalas, igual que se traballa a horta, o corpo ou o teatro, organismos todos eles – teatro, lingua, corpo ou horta – que o mesmo que se forman se deforman, porque son organismos vivos e a ciencia infusa non existe. Non existe, como mínimo, desde que Eva e Adán foron expulsados do Paraíso. Para min o paraíso son as artes escénicas, cando o obxecto artístico é un organismo vivo, coidado e cultivado como unha horta ou un xardín. Escribo desde o meu cuarto nunha residencia de estudantes en […] - [É difícil fotografar o baleiro](https://erreguete.gal/2025/07/20/e-dificil-fotografar-o-baleiro/): "O traballo busca tocar a pel, non atravesala, pero iso non quita que deixe impacto, xa que as imaxes que se xeran na escena permiten ao público entrar nun transo estético". - [O FIOT de Carballo dá a coñecer as datas da súa 34ª edición](https://erreguete.gal/2025/07/16/o-fiot-de-carballo-da-a-conecer-as-datas-da-sua-34a-edicion/): O Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, de Carballo, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo, vén de anunciar que celebrará a súa 34ª edición do 25 de setembro ao 1 de novembro de 2025, e vén de desvelar tamén algúns dos espectáculos que formarán parte do programa. - [A MIT de Ribadavia outorga o Premio de Honra 2025 a Roberto Pascual](https://erreguete.gal/2025/07/15/a-mit-de-ribadavia-outorga-o-premio-de-honra-2025-a-roberto-pascual/): A 41ª edición da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, organizada polo Concello de Ribadavia, e baixo a nova dirección formada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, vén de anunciar hoxe que o Premio de Honra 2025 do festival recae en Roberto Pascual. - [Há Qualquer Coisa Prestes a Acontecer](https://erreguete.gal/2025/07/13/ha-qualquer-coisa-prestes-a-acontecer-2/): 'Há Qualquer Coisa Prestes a Acontecer' é uma coreografia que desafia, na estética e nas suas derivações éticas, o estado de liberdades em que nos achamos. Ou, por outras palavras, trata-se de uma peça de dança que não se poderia fazer num pais com restrições em liberdades básicas. - [La Tempesta](https://erreguete.gal/2025/07/11/la-tempesta/): A dramaturgia sintetiza o texto da obra original, porque sabe que o seu máximo poder reside na dimensão processual das imagens. Trata-se de uma espécie de banda desenhada, em postais deliciosas, protagonizadas por cento e cinquenta marionetes de fio e de móveis cenografias pintadas. - [Telhados de Vidro](https://erreguete.gal/2025/07/09/telhados-de-vidro/): Assim sendo, estamos perante um espetáculo que joga, na encenação, com as convenções mais tradicionais e até comerciais do teatro dramático realista, muito próximas da imagem e dos jeitos da realização das novelas televisivas. Nisto não há surpresa, inovação nem riscos artísticos, só simples repetição de uma fórmula de encenar que funciona bem, quando a obra é boa, como acontece neste caso com o texto do prestigioso dramaturgo David Hare, e quando os atores são excelentes, como também é o caso com um brilhantíssimo elenco, formado por Benedita Pereira, Diogo Infante e Tomás Taborda. - [Um Adeus Mais-Que-Perfeito](https://erreguete.gal/2025/07/08/um-adeus-mais-que-perfeito/): Tinha de ser uma mulher, com um longo percurso vital e artístico, Teresa Gafeira, quem pegasse nesse romance de Peter Handke e decidisse, corajosa, transforma-lo numa peça de teatro tão crua quanto poética e emocionante. [...] A leitura cénica que Teresa Gafeira faz do texto narrativo de Peter Handke é uma leitura que encerra, nas suas profundezas, a compreensão existencial do que foi, e ainda é a muitos níveis, ser mulher numa época terrivelmente machista. - [Friends of Forsythe](https://erreguete.gal/2025/07/07/friends-of-forsythe/): Tudo isto está a colocar em foco essa maravilhosa possibilidade que têm os seres humanos para se relacionar e se entender sem palavras, além das nossas diferenças culturais, estéticas e, se calhar, embora mais difíceis, até as ideológicas. Porque, como é sabido, toda estética equivale a uma ética, e esta tem a raiz no mundo das ideias e dos valores. - [QUI SOM](https://erreguete.gal/2025/07/06/qui-som/): Baro d’Evel, com 'QUI SOM?', interpela-nos oferecendo-nos beleza, diversão e festa. Fá-lo tendo muito presente a dúvida e a incerteza, mas tendo também muita clareza sobre o rol da arte para nos unir, para acordar a nossa consciência sem nos dar lições, e para nos convidar a agir por um presente e um futuro dos quais temos a responsabilidade. - [Les Gros patinent bien. Cabaret de carton](https://erreguete.gal/2025/07/05/les-gros-patinent-bien-cabaret-de-carton/): Este cabaré mistura banda desenhada animada, números cantados, “grammelot”, circo, pela dimensão clown da dupla atoral e, por suposto, de repente e sem faze-lo obvio, envolvimento político, como sempre aconteceu no melhor cabaré. - [Raquel Crespo e o CDG inician a xira de 'Punto en boca'](https://erreguete.gal/2025/07/01/raquel-crespo-e-o-cdg-inician-a-xira-de-punto-en-boca/): Un novo título vén de sumarse ao programa anual de coproducións do Centro Dramático Galego coa estrea o pasado sábado en Culleredo de Punto en boca: entre fíos anda o lío; un espectáculo itinerante da creadora Raquel Crespo que xirará ata finais de agosto por unha trintena de localidades, maioritariamente en núcleos rurais das catro provincias. - [Camiño Escena Norte desvela as compañías do itinerario Constelacións](https://erreguete.gal/2025/07/01/camino-escena-norte-desvela-as-companias-do-itinerario-constelacions/): O programa de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, Camiño Escena Norte (CEN), vén de dar a coñecer que serán 18 as compañías participantes no itinerario Constelacións da súa sétima edición, que se celebrará do 12 de setembro ao 26 de outubro. Estas ofrecerán espectáculos e actividades en escenarios situados polos distintos territorios que conforman o proxecto. - [Zarandeados en Cangas](https://erreguete.gal/2025/06/29/zarandeados-en-cangas/): Cheguei correndo, entrei pola primeira porta lateral. A platea estaba a escuras e, baixo un cenital, desde o escenario, un actor cos xeitos de Max Estrella – aquel cego visionario, escritor bohemio, da obra mestra do de Vilanova de Arousa – soltaba frases filosóficas relucentes como raios. Non era Max Estrella, era o personaxe que os outros alcumaban de idiota e que citaba a Dostoievski e a Shakespeare, que carretaba libros vellos e unha cadeira de rodas, como a barca de Caronte. - [David Gun Gundas gañou o IX Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2025/06/28/david-gun-gundas-ganou-o-ix-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): Despois de numerosos ganchos dialécticos e reveses dramatúrxicos, David Gun Gundas (nome artístico de David Gundín) proclamouse vencedor da novena edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia grazas ao seu texto 'Superego te absolvo', interpretado no escenario polos actores Sergio Macías e Sergio Alfonso. - [O Grande Incêndio](https://erreguete.gal/2025/06/28/o-grande-incendio/): A parábola é um dos géneros prediletos do dramaturgo alemão Schimmelpfennig. Ocupa-se a narração de um acontecimento de ficção que permite deduzir, por comparação ou semelhança, uma verdade importante ou uma ensinança moral. Aqui, em 'O Grande Incêndio', a moral ou a verdade relevante são constituídas pelas maneiras como mudam as atitudes das pessoas perante as adversidades. - [Non hai camiño de volta cara ás marxes](https://erreguete.gal/2025/06/28/non-hai-camino-de-volta-cara-as-marxes/): "Chegou o día do Orgullo, o día no que saír ás rúas e manifestar, de novo, a necesidade dunha igualdade real e necesaria no noso país, onde os dereitos da comunidade LGBTIQ+ están, tamén -e como no resto do mundo- ameazados. Sabemos todes que aínda non hai igualdade real, mais é certo que a maioría de nós entendiamos que estabamos a camiñar cara a ela, até a irrupción velenosa das ultra-dereitas e as súas mensaxes populistas e enganosas que dirixen a xenreira e a frustración cara os colectivos máis vulnerábeis -coma sempre-, seguindo unha estratexia nefanda cuxa única sorpresa é que aínda funciona." - [O programa da 41ª MIT de Ribadavia inclúe máis de 35 actividades](https://erreguete.gal/2025/06/28/o-programa-da-41a-mit-de-ribadavia-inclue-mais-de-35-actividades/): O programa desta edición da MIT de Ribadavia, que se desenvolverá entre o 18 e o 26 de xullo, acolle máis de 35 actividades entre funcións, obradoiros, encontros, foros e accións abertas á comunidade, repartidas en máis dunha ducia de espazos escénicos. Entre elas presentará 23 espectáculos escénicos de teatro, danza, performance, circo e artes vivas, coa participación de compañías procedentes de Galicia e o resto do Estado español, ademais de compañías vidas de Portugal, Italia e Brasil. - [Bravura e presenza no arranque da 42ª edición da MITCFC](https://erreguete.gal/2025/06/25/bravura-e-presenza-no-arranque-da-42a-mitcfc/): "Unha noite marcada pola presenza de mulleres afoutas no escenario do Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas. Coido que podería así resumir o acto inauguración da 42ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. E digo "presenza" en toda a magnitude do seu termo". - [O grupo de teatro Eu Experimento do Camões de Vigo estrea novo espectáculo](https://erreguete.gal/2025/06/24/o-grupo-de-teatro-eu-experimento-do-camoes-de-vigo-estrea-novo-espectaculo/): O grupo de teatro amador Eu.Experimento do Camões Centro Cultural Portugués en Vigo estrea o seu novo espectáculo a vindeira terza-feira, martes, 1 de xullo de 2025, ás 19h. nas súas instalacións na cidade olívica. Trátase de 'Conclave de Amores em Farsa – A Ceia dos Cardeais de Júlio Dantas à moda de Almada Negreiros', con dramaturxia e dirección de Afonso Becerra de Becerreá. Un xoguete cómico, a partir da peza A Ceia dos Cardeais de Júlio Dantas, interpretado por Carmen Lois, Noela Martínez e Nuria Otero, ocupándose esta última, tamén, do asesoramento coreográfico - [Concentração e fuga para o tempo presente](https://erreguete.gal/2025/06/22/concentracao-e-fuga-para-o-tempo-presente/): Utilizo metade do título de uma peça de dança da Nuisis Zobop para cabeçalho deste artigo sobre a importância da concentração e da atenção para uma vida plena. Mas, também, para pensar sobre a dança que nos traz Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão, da Nuisis Zobop do Porto, junto com Sara Miguelote, neste prodígio intitulado 'Fuga Para o Tempo Presente – O Leve Poder da Lua Apenas Queima os Olhos'. - [Fundación Paideia Galiza e Agadic organizan o encontro A arte de narrar o movemento](https://erreguete.gal/2025/06/22/fundacion-paideia-galiza-e-agadic-organizan-o-encontro-a-arte-de-narrar-o-movemento/): A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, impulsan o ciclo de conversas Entre formas e palabras que xira arredor da temática da danza e que celebrará o vindeiro 26 de xuño ás 18:00 h na Cidade da Cultura de Galicia o seu segundo encontro titulado A arte de narrar o movemento. - [O Festival Atlántica desvela o programa da súa 13ª edición](https://erreguete.gal/2025/06/19/o-festival-atlantica-desvela-o-programa-da-sua-13a-edicion/): Galicia volverá mergullarse nun mar de contos grazas á 13ª edición do Festival Atlántica, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 6 de xullo deste ano, e que vén de desvelar o seu programa completo. Un total de 80 funcións e outras actividades paralelas conforman unha programación que se desenvolverá a longo da xeografía galega. - [Unha tradución de 'Terra baixa' que compracería a Àngel Guimerà](https://erreguete.gal/2025/06/18/unha-traducion-de-terra-baixa-que-compraceria-a-angel-guimera/): A tradución de Afonso Becerra é a primeira de 'Terra baixa' que se edita nunha lingua do Estado español que non sexa o castelán. Unha cuestión que viría a compensar a anomalía histórica que foi implicando o pouco ou o nulo recoñecemento cara á diversidade lingüística que, malia loables excepcións, se tornou crónico. - [Reconversión](https://erreguete.gal/2025/06/18/reconversion/): "Nacido no contexto dos XI Laboratorios de Escrita Teatral da SGAE no 2023, o texto orixinal de Santiago Cortegoso é unha pescuda da memoria dentro da memoria: o achegamento dun fillo ao seu pai, que está a perder as lembranzas, a través da viaxe deste ao pasado do seu proxenitor. Por este motivo, e malia que en moitos artigos e escritos varios se fale da peza como dunha homenaxe ao peche dos estaleiros de Ascón, en realidade "Reconversión" é un exercicio de amor." - [A MIT de Ribadavia presenta o cartel e os primeiros nomes da súa 41ª edición](https://erreguete.gal/2025/06/16/a-mit-de-ribadavia-presenta-o-cartel-e-os-primeiros-nomes-da-sua-41a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, celebrou hoxe un acto no que deu a coñecer o cartel da súa 41ª edición, que se celebrará do 18 ao 26 de xullo deste ano, así como algúns dos nomes que formarán parte da programación do festival. - [Arnau Obiols: "a tradición sempre foi pop. É agora cando non o é"](https://erreguete.gal/2025/06/16/arnau-obiols-a-tradicion-sempre-foi-pop-e-agora-cando-non-o-e/): "A tradición sempre foi pop. É agora cando non o é". - [Parentalidade trans](https://erreguete.gal/2025/06/15/parentalidade-trans/): O teatro como espazo seguro, de afectos e de encantamento, no cal Gaya nos pon en relación con aspectos humanos fundamentais, que adoitan pasar desapercibidos. Aspectos como a maternidade ou a paternidade, alén das determinacións tradicionais heteropatriarcais. Entón, indo alén deses condicionantes, que o sistema social con esa base heteropatriarcal e capitalista impón, descubrimos que “parentalidade” e filiación poden ser algo máis de pel e de afectos. - [A Deputación de Pontevedra convoca o Premio Castelao de textos teatrais](https://erreguete.gal/2025/06/15/a-deputacion-de-pontevedra-convoca-o-premio-castelao-de-textos-teatrais/): Na conmemoración do 75º aniversario do falecemento do escritor e dramaturgo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a Deputación de Pontevedra vén de convocar a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais. A persoa gañadora recibirá 12.000 euros, e o certame tamén inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición da obra ata un máximo de 800 exemplares. - [Unha peza con anxo de Anne Teresa De Keersmaeker](https://erreguete.gal/2025/06/09/unha-peza-cun-anxo-de-anne-teresa-de-keersmaeker/): Por moita comenencia que medie nas nosas relacións, os seres humanos necesitan a maxia. Búscana, intúena, chéirana. Estamos mediados por necesidades urxentes que nos condicionan. Pero, ao final, non son o que máis importa na vida. - [Corufest 2025](https://erreguete.gal/2025/06/08/corufest-2025/): "O Corufest 2025 chegou un ano máis á cidade da Coruña para dar o disparo de saída ás programacións dos orgullos do país e do Estado español. Este ano, na súa oitava edición, do 8 ao 18 de maio, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo-sexual, dirixido por Gustavo del Río e Xosé Leis, reivindicaba a identidade, a diversidade e a memoria cunha programación que achegou á cidade da Coruña figuras emerxentes e consolidadas das artes escénicas e do activismo cultural pola diversidade sexual. Nesta edición, puxéronse de manifesto as múltiples facetas da identidade e a reivindicación de relatos históricos esquecidos para conformar novas historias dende a expresión artística, cultural e da diversidade afectivo-sexual." - [O CDG abre o proceso de selección dos elencos das súas novas producións](https://erreguete.gal/2025/06/06/o-cdg-abre-o-proceso-de-seleccion-dos-elencos-das-suas-novas-producions/): A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de publicar as bases do proceso para elixir os elencos das novas producións propias do Centro Dramático Galego. A unidade teatral da Xunta de Galicia porá en escena 'Memorias dun neno galego', de Xosé Neira Vilas, con Cándido Pazó á fronte da dramaturxia e da dirección, e 'Hamlet', de William Shakespeare, con Tito Asorey como director, quen adaptará tamén o texto en colaboración con Vanesa Sotelo. Estas dúas montaxes serán as producións centrais da próxima temporada 2025-2026. - [Mariña Lestón e o CDG estrean 'Costa da morte, cartografía dun naufraxio'](https://erreguete.gal/2025/06/03/o-cdg-e-marina-leston-estrean-costa-da-morte-cartografia-dun-naufraxio/): Diferentes espazos singulares ao longo da costa galega serán o escenario dunha nova coprodución teatral do Centro Dramático Galego que, baixo o título 'Costa da Morte, cartografía dun naufraxio', ten xa programadas 17 representacións entre os meses de xuño e xullo. A creadora Mariña Lestón asina a dramaturxia, dirección e produción desta montaxe, que ela mesma pon en escena para propoñer unha viaxe pola historia marítima de Galicia a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. A peza estréase o 5 de xuño na Guarda como inicio dunha ampla xira por espazos singulares do litoral galego. - [1936](https://erreguete.gal/2025/06/03/1936/): "Hai que salientar (...) a dificultade de poñer este texto en pé: un resumo de tres cruentos anos en tres actos. Unha peza que primeiro mostra para analizarse a si mesma despois. Unha peza que malia facerse longa, medra até o final. Unha peza que non deixa indiferente a ninguén." - [Arranca a 12ª edición de Galicia Escena Pro](https://erreguete.gal/2025/06/02/arranca-a-12a-edicion-de-galicia-escena-pro/): O mercado de artes escénicas Galicia Escena Pro, que organizan a Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega, iniciou hoxe en Santiago de Compostela a programación da súa 12ª edición, que inclúe catro días de actividade con 21 funcións de teatro, danza e circo, 12 presentacións de proxectos, máis de 500 reunións profesionais, dúas mesas redondas e un concerto a cargo de Capital Voskov. - [Sobre Ensalle](https://erreguete.gal/2025/06/01/sobre-ensalle/): O sábado 31 de maio, volvín ver, por terceira vez, 'SOBRE, 14 propostas temáticas por se ti tamén te aburres' de Ensalle Teatro e Juan Navarro e confirmei que nas artes vivas, cando realmente son e están vivas, non hai “spoiler”. - [A Escola da Noite e Sarabela Teatro estrean 'O Grande Incêndio', de Roland Schimmelpfennig](https://erreguete.gal/2025/05/29/a-escola-da-noite-e-sarabela-teatro-estrean-o-grande-incendio-de-roland-schimmelpfennig/): Ánxeles Cuña Bóveda dirixe a montaxe da peza 'O Grande Incêndio', de Roland Schimmelpfennig, coproducida pola compañía portuguesa A Escola da Noite e a compañía galega Sarabela Teatro, que se estrea hoxe, 29 de maio, no Teatro da Cerca de São Bernardo, en Coimbra. - [Escena Galega e a Deputación de Pontevedra organizan unha xornada sobre accesibilidade e inclusión nas artes escénicas](https://erreguete.gal/2025/05/29/escena-galega-e-a-deputacion-de-pontevedra-organizan-unha-xornada-sobre-accesibilidade-e-inclusion-nas-artes-escenicas/): “Accesibilidade e inclusión nas artes escénicas: construíndo experiencias accesibles dende o primeiro clic ata a butaca” é o título da xornada organizada por Escena Galega e a Deputación de Pontevedra que acollerá o vindeiro 17 de xuño o salón de plenos do Pazo provincial. - [O CDG e Os Monicreques de Kukas estrean 'O carteiro de Ximaraos'](https://erreguete.gal/2025/05/28/o-cdg-e-os-monicreques-de-kukas-estrean-o-carteiro-de-ximaraos/): O equipo artístico gañador do Premio Xuventude Crea 2024 na modalidade de teatro, baixo a coordinación do equipo do Centro Dramático Galego (CDG), desenvolveu unha montaxe, coproducida polo CDG e Os monicreques de Kukas a partir do texto de Carlos Labraña 'O carteiro de Ximaraos', gañador en 2024 do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O Salón Teatro do CDG, sito en Santiago de Compostela, acolle entre hoxe e o vindeiro venres, 30 de maio, tres funcións de estrea da obra, ás tres ás 18:00 horas. - [O Teatro Ensalle acolle a presentación dunha escolma teatral de Pedro Fresneda editada pola erregueté](https://erreguete.gal/2025/05/27/o-teatro-ensalle-acolle-a-presentacion-dunha-escolma-teatral-de-pedro-fresneda-editada-pola-erreguete/): Un volume que inclúe unha selección de cinco textos do dramaturgo madrileño afincado en Galicia Pedro Fresneda, traducidos ao galego por Avelina Pérez e Afonso Becerra. Ese é o novo libro que vén de publicar a 'erregueté | Revista Galega de Teatro' e que se presentará o vindeiro sábado, 31 de maio, no Teatro Ensalle, en Vigo (rúa Chile, 15). - [A Arxentina do FITEI](https://erreguete.gal/2025/05/26/a-arxentina-do-fitei/): Lonxe da Arxentina do da motoserra está a que nos trouxo o 48 FITEI do Porto, estendido a Matosinhos, Vila Nova de Gaia, Viana do Castelo e Monção. O Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica, na súa 48ª edición, coa dirección artística de Gonçalo Amorim, despregou unha ampla programación arredor do título “Espectros. Eros. Sacrificio”. Porén, eu quería centrarme en dúas propostas procedentes de Arxentina. Por unha banda 'KILL ME' de Marina Otero. Por outra banda, 'GAIVOTA' de Guillermo Cacace - [Carmina Burana](https://erreguete.gal/2025/05/25/carmina-burana/): "La Fura dels Baus monta unha versión escénica da cantata de Carl Orff, "Carmina Burana", coñecida historicamente por unha das súas páxinas máis célebres, O Fortuna. (..) O espectáculo ten percorrido medio mundo ante unha concorrencia de case medio millón de espectadores, chegando agora a Vigo, nunha xira nacional, recalando no Teatro Afundación da nosa cidade. (..) Con tan ampla traxectoria e contrastada experiencia, non acabamos de entender como chegaron ao acordo de poñer esta proposta en pé ou en que condicións. Primeiro, porque no apartado de posta en escena saímos coa sensación de ter asistido a unha función de teatro escolar sobrepasada de medios. Segundo, porque a versión musical lembra máis a un musical puramente comercial que á cantata orixinal." - [A Asociación Cultural Morreu o Demo viaxa a Corea do Sur para participar no Congreso da UNIMA](https://erreguete.gal/2025/05/24/a-asociacion-cultural-morreu-o-demo-viaxa-a-corea-do-sur-para-participar-no-congreso-da-unima/): A Unión Internacional da Marioneta (UNIMA)  entregará o Certificado de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio de Monicreques á Asociación Cultural Morreu o Demo no congreso que celebrará en Chuncheon, Corea do Sur, entre o 26 e o 30 de maio.  - [A Lonxa Literaria de Moaña acolle un faladoiro sobre 'A nunca vista', de Ana Abad de Larriva](https://erreguete.gal/2025/05/23/a-lonxa-literaria-de-moana-acolle-un-faladoiro-sobre-a-nunca-vista-de-ana-abad-de-larriva/): Os encontros da Lonxa Literaria de Moaña seguen a incorporar faladoiros arredor de libros de textos teatrais, dentro da súa programación. Esta tarde, ás 20.30 horas, acollerán un coloquio arredor da peza 'A nunca vista', de Ana Abad de Larriva, gañadora do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia en 2023, na súa 17ª convocatoria, e editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas.  - [Falece o músico e compositor Piti Sanz](https://erreguete.gal/2025/05/23/falece-o-musico-e-compositor-piti-sanz/): Esta mañá deuse a coñecer a través de diferentes medios e redes sociais o falecemento do músico e compositor Piti Sanz. Nado en Huelva no ano 1966 pero arraigado en Galicia dende hai moitos anos e residente en Lugo, estivo moi vinculado coa escena e o audiovisual galegos, compoñendo numerosos espazos e bandas sonoras. - [Hamlet](https://erreguete.gal/2025/05/23/hamlet-3/): “Cómpre aínda agradecer a Nuno Cardoso que, traendo o Hamlet aos nosos días, o faga ofrecendo uns códigos visuais e artísticos recoñecibles para o espectador, pero sen entrar nun didactismo ou nunha apropiación discursiva da actualidade política ou cultural, que, na maioría dos casos, fala moito do texto escénico, pero moi pouco do clásico que se pretende evocar” - [Elefante Elegante estrea 'Alta costura' nas Pontes](https://erreguete.gal/2025/05/23/elefante-elegante-estrea-alta-costura-nas-pontes/): A industria da moda rápida é o tema arredor do cal xira 'Alta costura', a última creación da compañía de teatro físico Elefante Elegante. Esta nova montaxe de María Torres e Gonçalo Guerreiro. que terá a súa estrea absoluta mañá, sábado 24 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio do Cine Alovi das Pontes. - [Iván Caloto gaña o VIII Concurso de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño](https://erreguete.gal/2025/05/22/ivan-caloto-gana-o-viii-concurso-de-textos-teatrais-roberto-vidal-bolano/): "'Os rapaces só se tocan para darse de hostias' é o título da peza coa que Iván Caloto (Lugo, 1976) resultou premiado na VIII edición do Concurso de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño, un certame que nace "pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato" e fomentado pola conxunción de institucións como o IES Ribeira do Louro, a Editorial Galaxia e o Concello do Porriño, "coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do ensino secundario.”" - [A Panadaría anuncia a súa disolución](https://erreguete.gal/2025/05/22/a-panadaria-anuncia-a-sua-disolucion/): A compañía de teatro A Panadaría, formada polas actrices e creadoras escénicas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, vén de anunciar mediante un comunicado nos seus perfís en redes sociais, o peche do seu "forno teatral". Nel comunican que a disolución da compañía a farán ao remate do ano 2025 e en breve darán a coñecer as datas das funcións de despedida d'As que limpan, o seu último e agora si que xa derradeiro espectáculo. - [As compañías galegas Valacar e Muxicas participan na 19ª Bienal de Teatro da ONCE](https://erreguete.gal/2025/05/21/as-companias-galegas-valacar-e-muxicas-participan-na-19a-bienal-de-teatro-da-once/): Unha compañía coruñesa e outra ourensá están a representar a Galicia na 19ª Bienal de Teatro da ONCE, que se está a celebrar esta semana en Madrid. Trátase dos grupos Valacar e Muxicas, integrados maioritariamente por persoas cegas ou con discapacidade visual. - [Melancolía e utopía en Escenas do Cambio 2025](https://erreguete.gal/2025/05/19/melancolia-e-utopia-en-escenas-do-cambio-2025/): Na décima e na décimo primeira edicións a súa directora artística foi a coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez Acosta e deuse conta, quizais por vir da danza contemporánea, que é a modalidade escénica máis marxinada nas programacións regulares dos teatros, de que non bastaba con facer un festival cunha programación potente. Deuse conta de que ese espazo de risco artístico e de exploración de novos xeitos de facer e de pensar as artes escénicas e a súa relación cos públicos necesitaba un Comando Dramatúrxico, un grupo de persoas plural, comprometido e cómplice que apoiara, acompañara e despregara un plan de acción. - [Recuperar as memorias emplumadas da Galiza](https://erreguete.gal/2025/05/19/recuperar-as-memorias-emplumadas-da-galiza/): "Os longos anos do franquismo imprimiron en nós a sensación de que o pasado sempre estivo mediado pola moral do Réxime. Os relatos únicos tentáronnos transmitir que nunca existiron posibilidades á hora de vivir fóra da norma, que ninguén o entendería, que ninguén o apoiaría. Con todo, baixo ese duro manto de pedra que tentaron impoñer, aparece un pasado composto por espazos libres, momentos de diversión, comunidades e afectos que fuxían do ditaminado". - [Redrum Teatro estrea 'Sophie non é o meu nome de guerra'](https://erreguete.gal/2025/05/18/redrum-teatro-estrea-sophie-non-e-o-meu-nome-de-guerra/): O Teatro Colón da Coruña acollerá o venres 23 de maio, ás 20.00 horas, a estrea de Sophie non é o meu nome de guerra, espectáculo de Redrum Teatro a partir do texto homónimo de Roberto Pascual. Con esta peza Pascual acadou en 2021 o Premio Rafael Dieste, certame convocado de forma bienal pola Deputación da Coruña, quen financia tamén a montaxe. - [O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026](https://erreguete.gal/2026/03/09/o-cercle-artistic-convoca-o-premi-born-de-teatro-2026/): O Premi Born de Teatro celebra neste 2026 a súa quincuaxésimo primeira edición, para a que vén de abrir o prazo de admisión de obras. O certame, que está convocado polo Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Concello de Ciutadella de Menorca, o Consell Insular de Menorca e o Goberno das Illas Baleares, outorgará catorce mil euros á obra gañadora, que será tamén editada nas catro linguas oficiais do Estado español. A edición en galego será publicada pola erregueté | Revista Galega de Teatro. - [Memorias dun neno labrego](https://erreguete.gal/2026/03/09/memorias-dun-neno-labrego-3/): "(...) Non son obxectivo porque son actor e monicrequeiro e respecto moitísimo o traballo dos compañeiros e compañeiras da profesión pero si que estou moi "parcializado" polo que vin e sentín durante a representación no CDG do espectáculo Memorias dun neno labrego, dirixido con terra e memoria por Cándido Pazó.  Longa vida a esta obra necesaria e atraente para grandes e pequenas. Parabéns". - [A serie clopen](https://erreguete.gal/2026/03/08/a-serie-clopen-2/): “O fio condutor é umha serie de Tiktok de divulgaçom matemática dumha rapaza adolescente à que atacam constantemente os filhos sans do patriarcado. Polo médio, diversas escenas circenses que criam umha atmosfera liminar onírica. Estas escenas nom se introduzem de forma abrupta, a dramaturgia é circense teatral, e nom teatral com elementos circenses. Nom estamos pois perante umha estética conservadora que promova caixons estancos entre disciplinas, entre artes, entre géneros.” - [Movimento não ego centrado e libertador](https://erreguete.gal/2026/03/08/movimento-nao-ego-centrado-e-libertador/): Pergunto-me se olhar para a natureza pode ser importante para nós? Já não por causa de aprender qualquer coisa concreta e diretamente útil, mas por abrir a nossa perceção, e relaxar as nossas inquietações pessoais, políticas, económicas etc. - [Un deus salvaxe](https://erreguete.gal/2026/03/06/un-deus-salvaxe/): Talía Teatro representa a exitosa peza de Yasmina Reza reproducindo de xeito realista e primoroso o espazo, o salón burgués, e os personaxes individualizados, coidando a evolución dramática dese encontro para solucionar dun xeito civilizado o problema. Pero o devir do propio diálogo vai facendo que caian as máscaras do comportamento socialmente aceptable, para descubrirmos, con diversión non exenta de gravidade e abraio, como detrás do personaxe civilizado se acazapa a besta. - [O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026](https://erreguete.gal/2026/03/06/o-teatro-gorrilla-inicia-a-sua-temporada-de-2026/): Unha nova programación no barrio de Churruca dará comezo mañá, sábado 7 de marzo, á nova temporada deste ano 2026 do Teatro Gorrilla. A nova edición do proxecto, autoxestionado e organizado por  Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña, contará con cinco propostas escénicas en cinco bares, que se transformarán en escenarios para acoller as artistas. - [Paula Quintas estrea 'ROYAL'](https://erreguete.gal/2026/03/06/paula-quintas-estrea-royal/): Unha mestura do clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios en movemento de Paula Quintas. Así se presenta o espectáculo ROYAL, que terá a súa estrea mañá, sábado 7 de marzo, ás 18 horas, na Casa das Máquinas, en Santiago de Compostela. - [Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas](https://erreguete.gal/2026/03/05/os-xxx-premios-maria-casares-xa-tenen-finalistas/): Un total de 17 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o mércores 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. - [Quando Vem a Taciturna de Limiar em Limiar O Presente Frágil](https://erreguete.gal/2026/03/04/quando-vem-a-taciturna-de-limiar-em-limiar-o-presente-fragil/): A personagem alegórica da morte flutua nesta peça, mas não é sombria nem triste, é a afirmação de um presente frágil que a ética/estética intensifica e enche de luz. Eis o paradoxo da Taciturna que, aqui, vem pelo limiar para nos extasiar e nos dar prazer. - [Refuxio Creativo abre a 3ª convocatoria de Residencias Artísticas Ana Mendieta](https://erreguete.gal/2026/03/02/refuxio-creativo-abre-a-3a-convocatoria-de-residencias-artisticas-ana-mendieta/): O pasado 17 de febreiro Refuxio Creativo abriu o prazo de presentación de solicitudes para a súa III edición de Residencias Artísticas Ana Mendieta. O prazo para presentar propostas está aberto ata o 30 de marzo. - [Como estar no teatro sen mirar para o teléfono?](https://erreguete.gal/2026/03/01/como-estar-no-teatro-sen-mirar-para-o-telefono/): Creo que boa parte do meu alumnado de Arte Dramática non vai moito ao teatro. E podo entendelo, pezas dun minuto, tipo story de Tiktok, non hai moitas. Ademais, como estar no teatro sen mirar para o teléfono? - [Oh, Mammi Blue](https://erreguete.gal/2026/03/01/oh-mammi-blue/): "(...) O que enche o espazo é Helena e a súa apertura. Ela consegue achegarse ao público dun xeito moi honesto, e os espectadores reaccionamos a iso, non só rindo". - [Laboratorio Escénico estrea 'MONTE- Versión Estendida'](https://erreguete.gal/2026/02/28/laboratorio-escenico-estrea-monte-version-estendida/): O novo espectáculo da compañía Laboratorio Escénico estréase hoxe, 28 de febreiro, ás 20.00 horas no Auditorio Cine Alovi das Pontes. 'MONTE - Versión Estendida' é un traballo escénico que combina a danza e a música en directo dirixido pola coreógrafa cubana arraigada en Alemania Maura Morales e interpretado por tres bailarinas e cinco músicos en directo. - [Ibuprofeno Teatro estrea 'Bio Construción'](https://erreguete.gal/2026/02/27/ibuprofeno-teatro-estrea-bio-construcion/): A Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames, acolle esta fin de semana a estrea da nova produción de Ibuprofeno Teatro, 'Bio Construción'. Trátase dun texto de Santiago Cortegoso para un actor, unha actriz e unha violonchelista no que a compañía quere seguir explorando o teatro absurdo. As funcións serán hoxe, venres 27, e mañá, sábado 28 de febreiro, ás 20:30 horas. - [A 13ª edición de Galicia Escena Pro ten aberta a súa convocatoria de inscrición](https://erreguete.gal/2026/02/23/a-13a-edicion-de-galicia-escena-pro-ten-aberta-a-sua-convocatoria-de-inscricion/): O encontro profesional organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a asociación empresarial Escena Galega, Galicia Escena PRO, vén de abrir convocatoria para que as compañías profesionais galegas do sector escénico presenten os seus espectáculos para formar parte do programa da súa 13ª edición. O evento desenvolverase en distintos escenarios de Santiago de Compostela entre os vindeiros 25 e 28 de maio. - [Memorias dun neno labrego](https://erreguete.gal/2026/02/23/memorias-dun-neno-labrego-2/): "(...) Na nova coprodución do Centro Dramático Galego e Contraproducións, Memorias, dun neno labrego, unha adaptación da novela de Xosé Neira Vilas realizada e dirixida por Cándido Pazó, esta elaboración de identidade do rural galego cristalízase ao redor dunha característica rexedora: a violencia (...). Por suposto, ao ler calquera escrito crítico e as análises contidas nel, cómpre ter en conta quen está detrás das palabras. Neste caso: Eu son Tyler. Un artista guiri. Coma quen di, un ninguén". - [Entrevista a Alba González](https://erreguete.gal/2026/02/22/entrevista-a-alba-gonzalez/): "(...) A nosa relación con Galicia vén a través de Ana Erdozain, quen viviu ata os sete anos en Ferrol. Sempre fomos de forma continuada e desde hai un tempo sentiamos a necesidade de construír un pouco máis alá e, sobre todo, de que Ana puidese achegarse ás súas raíces e recoñecelas de novo (...)". - [As Residencias Paraíso aceptan propostas para participar na súa décima edición](https://erreguete.gal/2026/02/20/as-residencias-paraiso-aceptan-propostas-para-participar-na-sua-decima-edicion/): O Colectivo RPM vén de abrir unha nova convocatoria anual das Residencias Paraíso, dirixidas a proxectos de danza e as artes vivas. O prazo está aberto ata o vindeiro 8 de marzo. - [Myriam González estrea 'TÁNGUELA'](https://erreguete.gal/2026/02/17/myriam-gonzalez-estrea-tanguela/): A nova produción en solitario da creadora emerxente Myriam González, que conta coa codirección de Julia Laport, codirectora da compañía Elahood e directora do Colectivo D’elas, estréase o vindeiro domingo, 22 de febreiro, ás 19:00, na Casa Vella, en Amiadoso, Allariz. Trátase de TÁNGUELA, un solo de danza para espazos non convencionais que explora "a beleza dentro do roto". - [Natalia Outeiro 'Pajarito' gaña o XXV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva](https://erreguete.gal/2026/02/13/natalia-outeiro-pajarito-gana-o-xxv-premio-de-interpretacion-teatral-maruxa-villanueva/): Natalia Outeiro Romay, coñecida como Pajarito, vén de ser recoñecida co XXV Premio de Intepretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón, en recoñecemento pola súa interpretación no espectáculo A serie clopen, do Centro Dramático Galego (CDG).  - [A Fundación SGAE organiza dúas actividades formativas en Santiago de Compostela](https://erreguete.gal/2026/02/12/a-fundacion-sgae-organiza-duas-actividades-formativas-en-santiago-de-compostela/): A sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela (rúa Salvadas 2, Parque Vista Alegre) vai acoller nos vindeiros meses dúas novas actividades formativas dirixidas ao sector das artes escénicas. Unha delas é o 'Taller de creación coreográfica dende a tradición', unha proposta formativa impartida polo bailarín e coreógrafo vasco Jon Maya; e a outra é o 'Curso de capacitación profesional en inglés para profesionais do audiovisual e da escrita teatral', ensinado pola tradutora e intérprete xurada Lucía Miranda-Morla. - [Camiño Escena Norte busca novos espectáculos para o seu itinerario Constelacións](https://erreguete.gal/2026/02/09/camino-escena-norte-busca-novos-espectaculos-para-o-seu-itinerario-constelacions/): O prazo de inscrición de propostas escénicas para xirar dentro do itinerario Constelacións da oitava edición de Camiño Escena Norte está aberto ata o vindeiro luns, 16 de febreiro. O programa celebrarase este ano do 18 de setembro ao 29 de novembro en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, ampliando nun mes a duración habitual do programa. - [Corenta e cinco espectáculos concorren á 30ª edición dos Premios María Casares](https://erreguete.gal/2026/02/06/corenta-e-cinco-espectaculos-concorren-a-30a-edicion-dos-premios-maria-casares/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de dar a coñecer que son un total de 45 espectáculos e preto de 400 profesionais os que concorren aos 30º Premios de Teatro María Casares. A entrega celebrarase o vindeiro 8 de abril no Teatro Rosalía Castro. - [Class Enemy](https://erreguete.gal/2026/02/05/class-enemy/): Foi um elenco excecional na interpretação de seis adolescentes descartados do sistema educacional. Bernardo Gavina, Daniel Silva, Gonçalo Botelho, Lisa Reis, Tiago Araújo e Sérgio Sá Cunha, interpretam com uma verossimilhança e um realismo extraordinários essa turma, que certifica uma fenda insondável. - [José Luis Baños de Cos gañou o I Premio Castelao de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2026/02/05/jose-luis-banos-de-cos-ganou-o-i-premio-castelao-de-textos-teatrais/):  “A temática social, que amosa problemas do noso tempo; a calidade na escrita reflectida a través dos diálogos e da caracterización das personaxes; e a axilidade da súa estrutura”, foron os argumentos esgrimidos polo xurado do I Premio Castelao de Textos Teatrais para elixir como gañadora a peza do dramaturgo Jose Luis Baños de Cos titulada Khora. - [Balfour Reparations](https://erreguete.gal/2026/02/03/balfour-reparations/): "(...) 'Balfour Reparations' é un traballo revolucionario e moi valioso. Un traballo que presenta a dureza do que sucede sen renunciar á esperanza. Ao que lle desexo que contaxie os seus modos de facer. Porque será a resonancia de múltiples exercicios de imaxinación política —de maior ou menor escala— os que poidan axudarnos a cambiar de rumbo cara a un mundo máis habitable". - [Disforia de clase](https://erreguete.gal/2026/02/01/disforia-de-clase/): Este virus instalouse na cultura galega sobre todo na relación espiñenta entre o teatro e as institucións, por iso cando sofres disforia de clase pensas que o “carghiño” é para ti por ser ti ad eternum, o que provoca situacións delirantes na realidade, propias do medievo, onde se explicaba a realidade a través das crenzas, onde a ciencia aínda non sabía. - [Teatro Permanente estrea 'ÜBERSCHACH 1937'](https://erreguete.gal/2026/01/30/teatro-permanente-estrea-uberschach-1937/): Esta fin de semana Teatro Permanente estrea 'ÜBERSCHACH 1937', un espectáculo escrito e dirixido por Alberte Alonso a partir de "Concerto para cámara: apertura", unha obra plástica orixinal do artista moañés Diego Seixo que pode percorrerse ao inicio da función. 'ÜBERSCHACH 1937' está interpretado pola actriz Sonia Salgado, tamén protagonista das últimas edicións do espectáculo A defensa da Vila, María Soliña, de Teatro de Ningures. Son tres as funcións programadas na sala de Teatro Permanente en Vigo, para as que se esgotaron as entradas. - [Memorias dun neno labrego](https://erreguete.gal/2026/01/30/memorias-dun-neno-labrego/): "A adaptación teatral do clásico de Neira Vilas, 'Memorias dun neno labrego', a cargo do Centro Dramático Galego, en consorcio, con Contraproducións, é unha lograda homenaxe ao texto e ao autor. Só por esa razón paga a pena asistir a esta montaxe teatral, a primeira deste imprescindible da literatura galega. Diría tamén que consegue penetrar emocionalmente no público, mais iso dependerá loxicamente das lecturas, sensibilidades e experiencias vitais e artísticas de cadaquén (...)". - [O CDG e Contraproducións inician a xira de 'Memorias dun neno labrego'](https://erreguete.gal/2026/01/29/o-cdg-e-contraproducions-inician-a-xira-de-memorias-dun-neno-labrego/): O espectáculo Memorias dun neno labrego, co que a Xunta de Galicia conmemora o 65º aniversario da publicación da emblemática novela de Xosé Neira Vilas e o décimo do pasamento do autor, está a acadar unha gran resposta por parte do público. Coas entradas xa esgotadas para a segunda quenda de funcións programadas no Salón Teatro do 11 ao 15 de febreiro (despois dunha primeira quenda de representacións entre o 8 e o 25 de xaneiro na que tamén vendeu todos os billetes), o equipo inicia tamén mañá, venres 30 de xaneiro, unha xira por nove escenarios das catro provincias galegas. - [Carta de (h)amor á Panadaría](https://erreguete.gal/2026/01/25/cartadehamorapanadaria/): O libro (h)amor amigas (en Continta me tienes) comeza con esta cita do libro de Simone Weil De la amistad: “[La amistad] Consiste en amar a un ser humano como se querría amar a toda la humanidad”. Ailén, Noelia e Areta fixeron do seu proxecto cultural un símbolo dende os inicios até o final, un proceso consciente e de coidados, onde nada resultou banal nin superficial, abrazaron as persoas dende a empatía do amasado cotián no seu forno creativo, habilidoso, na súa visión crítica e festiva dunha escena que a moitas persoas emocionou e transformou. Que difícil. Que ben. Que complexidade tan doada, que sinxeleza tan complexa. - [O FIOT estrea 'Territorio Regueifa'](https://erreguete.gal/2026/01/21/o-fiot-estrea-territorio-regueifa/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo, acollerá en febreiro a estrea absoluta do espectáculo 'Territorio Regueifa', que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o venres 6, ás 21.00 horas. A peza é unha coprodución do  xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. - [Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación](https://erreguete.gal/2026/01/16/vigocultura-da-a-conecer-a-sua-nova-programacion/): O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe o programa da nova temporada de VigoCultura. Arrancará o vindeiro 30 de xaneiro na Porta do Sol con Carman e desenvolverase ata o mes de abril, con propostas que inclúen unha variedade de xéneros e estilos escénicos dirixidos a diferentes públicos. - [Carlota Mosquera estrea 'Ninguén tira fotos nos enterros'](https://erreguete.gal/2026/01/15/carlota-mosquera-estrea-ninguen-tira-fotos-nos-enterros/): Carlota Mosquera propón unha reflexión colectiva sobre a morte dende a mirada da infancia no seu novo espectáculo 'Ninguén tira fotos nos enterros', do cal o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle mañá, venres, 16 de xaneiro, a estrea, ás 20.30 horas. - [Colectivo Glovo estrea 'ALÉN'](https://erreguete.gal/2026/01/14/colectivo-glovo-estrea-alen/): Colectivo Glovo presenta a súa nova creación de danza contemporánea, 'ALÉN', que poderá verse por primeira vez este venres, 16 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, no Teatro Ensalle, en Vigo. A sala viguesa albergará dúas funcións máis: unha o sábado, 17 de xaneiro, e outra o domingo, 18 de xaneiro; as dúas tamén ás 20.00 horas.  - [Ábrese o pano e ábrese un libro](https://erreguete.gal/2026/01/11/abrese-o-pano-e-abrese-un-libro/): Quen le sobre artes escénicas? A quen lle interesa? (Pausa) Logo tamén estaría a pregunta sobre quen le literatura dramática e a quen lle pode interesar? (Pausa) Imos pensalo un pouco. (Pausa) Vou deixar as pausas, que isto non é unha obra de teatro! É simplemente un pensar a partir dun proído e seguramente dunha necesidade que non se acaba de saciar. - [O CDG estrea 'Memorias dun neno labrego'](https://erreguete.gal/2026/01/08/o-cdg-estrea-memorias-dun-neno-labrego/): A Xunta de Galicia abre a súa actividade deste 2026 no Centro Dramático Galego (CDG) coa estrea, hoxe, ás 18.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, do espectáculo 'Memorias dun neno labrego'. Trátase dunha nova versión teatral da novela de Xosé Neira Vilas producida coa compañía Contraproducións baixo a dirección escénica de Cándido Pazó. - [Cando o espectáculo desborda nas rúas](https://erreguete.gal/2026/01/06/cando-o-espectaculo-desborda-nas-ruas/): Vivo no casco vello de Vigo. Atraveso o centro e as rúas parecen un decorado. Estamos no Nadal, que aquí case dura dous meses. A xente, como un rabaño, acude á chamada da publicidade e posa nos renos e nas zorras de luces. Atravesar o centro supón ir esquivando as cámaras dos teléfonos. O espazo público converteuse nunha especie de “plató” onde nos obxectualizamos. As rúas son como centros comerciais e todo nelas parece adquirir a dimensión de produto nun escaparate. - [Manual de patronaxe](https://erreguete.gal/2026/01/04/manual-de-patronaxe/): "(...) Satisfeitos por esta nova produción de Teatro do Noroeste da que agardamos, pola súa versatilidade de adecuación a espazos máis pequenos, volver ver en calquera dos espazos das redes teatrais que sen dúbida xogarán a favor da intimidade e proximidade necesarias para facilitar a comunicación entre as actrices e o respectable". - [O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición](https://erreguete.gal/2026/01/03/o-festival-internacional-galicia-magic-fest-esta-a-celebrar-a-sua-novena-edicion/): O festival internacional de ilusionismo Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición que, dende o pasado 20 de decembro e ata o vindeiro día 11 de xaneiro, está a reunir as actuacións de seis figuras vencelladas á elite mundial da maxia e do ilusionismo. - [Falece o actor Miquel Insua](https://erreguete.gal/2025/12/31/falece-o-actor-miquel-insua/): A Academia Galega do Audiovisual vén de informar do falecemento do actor galego Miguel Insua López, coñecido como Miquel Insua. Nado en Valdoviño no ano 1961 participou en numerosos proxectos audiovisuais e tamén en múltiples proxectos de teatro, en Galicia e en Madrid, onde residía.  - [2025 pecha o pano](https://erreguete.gal/2025/12/31/2025-pecha-o-pano/): “Acaba o ano e sucumbo ao ritual de facer balance. Estamos en época de rituais, celebrando as presenzas e invocando as ausencias nos nosos brindes. O ceo dos xustos é a memoria dos vivos. Nela non morre quen compartiu a experiencia auténtica do amor. O teatro é iso tamén. É compartir, é unha experiencia artística, é amor e é memoria, sendo, sobre todo, unha celebración ritual das presenzas e das ausencias. Unha experiencia compartida fundamentada na empatía e na sensibilización edificantes.” - [Cicatriz](https://erreguete.gal/2025/12/30/cicatriz/): "Cicatriz é unha obra arriscada, que defende a danza como un espazo de expresión independentemente da técnica, idade e corpo, e faino de xeito coherente". - [ButacaZero despide 'IRIBARNE'](https://erreguete.gal/2025/12/30/butacazero-despide-iribarne/): ButacaZero vén de anunciar as funcións de peche para o seu espectáculo 'IRIBARNE', nunha xira de despedida bautizada “Hai que ir morrendo” e que se desenvolverá ao longo do primeiro semestre de 2026. Con ela percorrerán diversas vilas galegas e viaxarán tamén ao País Vasco e a Madrid. - [Súper obxectivo: esa mesa](https://erreguete.gal/2025/12/29/super-obxectivo-esa-mesa/): “Quero mirar cara atrás sen lamentar o que non foi e os plans que non saíron. Quero pensar que xa ninguén volve a casa completamente só logo dunha función. Agora, por fin, o teatro é tamén algo así como unha familia.” - [O grupo De Vacas estrea 'Vacanal Sinfónica' en Santiago](https://erreguete.gal/2025/12/28/o-grupo-de-vacas-estrea-vacanal-sinfonica-en-santiago/): O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle hoxe, domingo 28 de decembro, a estrea do espectáculo Vacanal Sinfónica, ás 20:30 horas. Con el conmemora o grupo musical De Vacas o seu décimo aniversario, nunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. - [Redondela acolle a estrea de 'Creepy Circus Cabaret Resurrection'](https://erreguete.gal/2025/12/27/redondela-acolle-a-estrea-de-creepy-circus-cabaret-resurrection/): "Unha viaxe de hora e media pola escuridade, o absurdo e o espectacular". Iso é o que promete  Creepy Circus Cabaret “Resurrection”, un espectáculo para adultos onde o circo, o cabaré e o humor se entrelazan. O Multiusos de Chapela, en Redondela, acollerá mañá, 28 de decembro, a partir das 19:30 horas, a estrea desta proposta. - [Constitúese a asociación Casa Museo Xosé Manuel Pazos Varela](https://erreguete.gal/2025/12/20/constituese-a-asociacion-casa-museo-xose-manuel-pazos-varela/): A casa natal do dramaturgo Xosé Manuel Pazos Varela, chamada casa da Inquisición, no número 20 da rúa Boubeta, na parroquia de Coiro, en Cangas do Morrazo, foi o escenario da reunión e sinatura da acta de constitución da asociación Casa-Museo Xosé Manuel Pazos Varela, este sábado 20 de decembro de 2025. Un espazo que se vai dedicar a preservar difundir, estudar e poñer en valor a figura e a obra do dramaturgo, tradutor, escritor, político, activista cultural e mestre, que tamén foi alcalde de Cangas do Morrazo e que dá nome ao Auditorio Municipal desta vila. - [A AAAG convoca a 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares](https://erreguete.gal/2025/12/20/a-aaag-convoca-a-30a-edicion-dos-premios-de-teatro-maria-casares/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de convocar a trixésima edición dos Premios de Teatro María Casares. A inscrición está aberta até o xoves 8 de xaneiro. - [O Salón Teatro acolle o espectáculo 'José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983'](https://erreguete.gal/2025/12/16/o-salon-teatro-acolle-o-espectaculo-jose-afonso-ao-vivo-nos-coliseus-1983/): A sede do Centro Dramático Galego, CDG, recibe hoxe na súa sede, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, o espectáculo José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983, no que participa xunto con catro institucións culturais de Portugal - [O Eu.Experimento do Camões CCP en Vigo homenaxea á súa actriz Ana Sousa, recentemente falecida](https://erreguete.gal/2025/12/16/o-eu-experimento-do-camoes-ccp-en-vigo-homenaxea-a-sua-actriz-ana-sousa-recentemente-falecida/): O grupo de teatro amador do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, dirixido por Afonso Becerra de Becerreá, vai dedicar a representación de parte do espectáculo que estaban a preparar, titulado Ai, Mário Viegas, Ai!, á memoria da actriz Ana Sousa. - [20 anos do festival Catropezas de Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2025/12/14/20-anos-do-festival-catropezas-de-teatro-ensalle/): “No XX festival Catropezas 2025 do Teatro Ensalle, celebrado nos fins de semana de novembro, puidemos desfrutar de espectáculos moi especiais, algúns deles xerados ad hoc ou modelados coa participación colaborativa de artistas diversos, de Galiza e doutros lugares. [...] Catro pezas aparentemente pequenas, nun festival aparentemente pequeno, nun espazo tamén pequeno en aparencia. Porén, a grandeza e a profundidade da experiencia artística resulta dificilmente explicable.” - [O Colectivo D’elas é galardoado co Premio do Público no 39 Certame Coreográfico de Madrid](https://erreguete.gal/2025/12/07/o-colectivo-delas-e-galardoado-co-premio-do-publico-no-39-certame-coreografico-de-madrid/): 'Velaiquich, amoorch!' do Colectivo D'elas foi galardoado co Premio do Público e co Premio de Programación de 21 Distritos no 39 Certame Coreográfico de Madrid. - [O xoguete da danza contemporánea](https://erreguete.gal/2025/12/07/o-xoguete-da-danza-contemporanea/): “Non acostuma ser habitual encontrar espectáculos de danza contemporánea orientados especialmente para iso que se chama público familiar, ou sexa, para crianzas, nenas e nenos, e as persoas que os acompañan. Isto débese, penso eu, a que a danza contemporánea, pásalle tamén á arte contemporánea en xeral, ten o sambenito de ser críptica e difícil de comprender [...]” - [Volven os Microefectos Dramatúrxicos ao Club Clavicémbalo de Lugo](https://erreguete.gal/2025/12/04/volven-os-microefectos-dramaturxicos-ao-club-clavicembalo-de-lugo/): Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, como sempre, catro pezas novas. - ['Hoxe si!' e 'Bagaxe' gañan os II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego](https://erreguete.gal/2025/12/03/hoxe-si-e-bagaxe-ganan-os-ii-premios-manu-lago-do-novo-circo-galego/): Os grandes triunfadores da noite na II edición dos Premios Manu Lago do Novo Circo Galego foron Mellor Espectáculo de Rúa: 'Hoxe si!' da Cía. Sempre Arriba e Mellor Espectáculo de Sala: 'Bagaxe' de Arturo Covas Cía. - [Celébrase a gala dos II Premios Manu Lago do Novo Circo Galego](https://erreguete.gal/2025/11/30/celebrase-a-gala-dos-ii-premios-manu-lago-do-novo-circo-galego/): A Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG) celebra este domingo 30 a II edición dos Premios Manu Lago, a cita anual que recoñece o talento, a traxectoria e a calidade do circo contemporáneo galego. - [Cando era El Zorro](https://erreguete.gal/2025/11/30/cando-era-el-zorro/): Igual fago comedia porque é a única forma que atopei de poder seguir estando enmascarado para darlle patadas no cu ós “mafiosillos”. - [‘Fábrica de Fume’ preséntase en Bos Aires](https://erreguete.gal/2025/11/29/fabrica-de-fume-presentase-en-bos-aires/): A obra teatral 'Fábrica de Fume', publicada pola Editorial Elvira e impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG), dá un novo paso e preséntase en formato libro tras a súa experiencia como proxecto de teatro comunitario. - [Vicus Teatro estrea 'Conto de Nadal'](https://erreguete.gal/2025/11/28/vicus-teatro-estrea-conto-de-nadal/): Durante as festas de Nadal, Vigo contará dentro da súa oferta cultural coa representación do espectáculo Conto de Nadal, de Vicus Teatro, que estará en cartel dende hoxe, 28 de xaneiro ata o día 4 de xaneiro. Trátase dunha revisión do clásico de Charles Dickens dirixida ao público familiar para a que a compañía contou coa colaboración da Asociación Aproimppa, e as funcións faranse na súa sede, localizada no número 10 da rúa Segunda República. - [Chechu Riquelme é a artista seleccionada para o programa Da Man 2026](https://erreguete.gal/2025/11/26/chechu-riquelme-e-a-artista-seleccionada-para-o-programa-da-man-2026/): A terceira edición do programa galego Da Man vén de dar a coñecer o proxecto seleccionado. Trátase de Na outra banda, de Chechu Riquelme, e o acompañamento desenvolverase durante o ano 2026. Da Man é un proxecto impulsado por Amarelo co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego - [Cris Balboa presenta no KVS de Bruxelas ‘Roland Mon Amour’](https://erreguete.gal/2025/11/26/cris-balboa-presenta-no-kvs-de-bruxelas-roland-mon-amour/): Cris Balboa, creadora escénica galega de Cambados, presenta en Bruxelas, o vindeiro xoves 27 de novembro de 2025 no KVS (Koninklijke Vlaamse Schouwburg), a peza Roland Mon Amour, dentro do Festival Territorio, un escaparate europeo de artistas escénicos do Estado español seleccionados por Europalia. - [Teatro do Noroeste estrea 'Manual de Patronaxe' en Narón](https://erreguete.gal/2025/11/24/teatro-do-noroeste-estrea-manual-de-patronaxe-en-naron/): A compañía galega Teatro do Noroeste presentará os días 5 e 6 de decembro a súa nova creación escénica: 'Manual de patronaxe'. Trátase dunha montaxe dirixida por Clara Gayo a partir do texto homónimo de Nerea Brey, gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia no ano 2023. O Pazo da Cultura de Narón será o escenario que albergará esta estrea, con dúas funcións, unha o venres, día 5, e outra o sábado, día 6 de decembro; o venres ás 20.30 horas e o sábado ás 20.00 horas. - [O que hai e o que buscamos](https://erreguete.gal/2025/11/23/o-que-hai-e-o-que-buscamos/): Nesta cultura de consumo compulsivo de produtos novos e “obsolescentes” non é nada usual encontrarnos no teatro con reposicións de espectáculos de hai anos. Os festivais e os teatros, igual que as librarías e as tendas de roupa, queren renovar os seus escaparates e ofrecer novidades de temporada. Despois, resulta que esas novidades, en realidade, non son para nada novidosas senón simple repetición de fórmulas comerciais e, por suposto, de modas. - [MasterClass Danza e Filosofía na ESAD de Galicia](https://erreguete.gal/2025/11/23/masterclass-danza-e-filosofia-na-esad-de-galicia/): Dentro das actividades abertas que programa a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, coordinadas por Roberto Pascual, subdirector da escola, este luns 24 de novembro ofrécese a MasterClass “Danza e Filosofía”, impartida polos coreógrafos Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão, da Cía. de danza Nuisis Zobop do Porto (Portugal). O acto, organizado polo profesor Afonso Becerra, vai ter lugar na Sala de Profesorado da ESAD, das 14h. ás 15h30 e conta co apoio da Direção-Geral das Artes do Goberno de Portugal. - [A Xunta convoca as axudas ás salas privadas de artes escénicas](https://erreguete.gal/2025/11/21/a-xunta-convoca-as-axudas-as-salas-privadas-de-artes-escenicas/): O Diario Oficial de Galicia publicou onte e as bases das subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada, coas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha a primeira das convocatorias do seu programa de axudas ás industrias culturais galegas para 2026 nos sectores profesionais das artes escénicas, o audiovisual e a música. - [Constance Hurlé estrea 'Miña pequena' no MARCO de Vigo](https://erreguete.gal/2025/11/21/constance-hurle-estrea-mina-pequena-no-museo-marco-de-vigo/): A compañía de artes vivas Constance Hurlé presenta a súa nova produción de pequeno formato, titulada 'Miña pequena'. A estrea deste espectáculo de danza-teatro para espazo non convencional terá lugar no museo vigués MARCO, hoxe, 21 de novembro, ás 19:00 horas, a estrea, dentro da programación do 25N da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.    - [Domingo no teatro da man do Gorrilla](https://erreguete.gal/2025/11/21/domingo-no-teatro-da-man-do-gorrilla/): "(Teatro Gorrilla) volve encher Churruca de propostas moi especiais, que non atopamos noutro lugar, e achegando á poboación de Vigo todas as posibilidades que ten o chan dun bar". - [A MITCFC obtén o Premio Boas Prácticas en Igualdade](https://erreguete.gal/2025/11/20/a-mitcfc-obten-o-premio-boas-practicas-en-igualdade/): Neste mes de novembro, o labor da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)  foi dobremente galardoado. Despois de facerse público que obtivera o Premio da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas, A MITCFC recolleu tamén a semana pasada un dos Premios ás Boas Prácticas en Igualdade que outorga anualmente a Deputación de Pontevedra; no seu caso o da modalidade de Cultura.  - [O corpo a vontade e o ser](https://erreguete.gal/2025/11/16/o-corpo-a-vontade-e-o-ser/): O sábado 15 de novembro foi um dia ideal para fugir de Vigo, sobretudo para quem mora no centro da cidade, transformada num parque temático-turístico do Natal mais estereotipado e populista. Assim sendo, escapei para a bela Ponte de Lima e o seu Teatro Diogo Bernardes, que fez a coprodução de 'La Voluntad de un Cuerpo' com a ITZ-Intranzyt Cia. - [Redrum Teatro estrea 'Nas nubes'](https://erreguete.gal/2025/11/13/redrum-teatro-estrea-nas-nubes/): O Teatro Principal de Ourense acolle o vindeiro sábado, 15 de novembro, a estrea do novo espectáculo de Redrum Teatro, Nas nubes. Nel, a compañía pon sobre as táboas o texto homónimo de José Luis Baños de Cos, que resultou gañador do XV Premio Barriga Verde. - ['Medida por medida (La culpa es tuya)' gaña o Premio do Público do FIOT](https://erreguete.gal/2025/11/12/medida-por-medida-la-culpa-es-tuya-gana-o-premio-do-publico-do-fiot/): O espectáculo Medida por medida (La culpa es tuya), de Gabriel Chamé Buendía, é o traballo escénico gañador do Premio do Público da 34ª edición do Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo. Este recoñecemento global únese aos propios do Certame Metro Cadrado, dos que o Premio do Público ao Mellor Espectáculo fora para Gracias por su visita, de Uxía Algarra, e o Premio do Público á Mellor Interpretación para Estrella Tomé, do espectáculo Alicia Wants To, de Bengala Teatro Físico. - [A Deputación de Pontevedra afonda na figura do dramaturgo José Ruibal](https://erreguete.gal/2025/11/11/a-deputacion-de-pontevedra-afonda-na-figura-do-dramaturgo-jose-ruibal/): Á exposición sobre José Ruibal, aberta no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, únese un seminario que se celebrará hoxe, 11, e o vindeiro xoves, 13 de novembro. Este busca facer un achegamento ás contribucións á literatura e o teatro universais do dramaturgo nado en Xeve hai cen anos; cunha programación que inclúe conferencias e un espectáculo poético e teatral. - [A MITCFC gaña o Premio da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2025/11/07/a-mitcfc-gana-o-premio-da-cultura-galega-na-modalidade-de-artes-escenicas/): O xurado dos Premios da Cultura Galega, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse onte en Santiago de Compostela para distinguir os galardoados e galardoadas da edición deste ano; recaendo o recoñecemento da modalidade de Artes Escénicas na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. - [Atopémonos Bailando de Lugo celebra a súa IV edición](https://erreguete.gal/2025/11/06/atopemonos-bailando-de-lugo-celebra-a-sua-iv-edicion/): O programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando, impulsado pola compañía galego-portuguesa Colectivo Glovo en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Lugo, celebra este ano a súa 4ª edición, consolidándose como un proxecto de referencia no ámbito das artes do movemento e da creación contemporánea. - [O Culturgal fai un avance da súa programación](https://erreguete.gal/2025/11/05/o-culturgal-fai-un-avance-da-sua-programacion/): A organización de Culturgal vén de avanzar os pratos fortes da súa 18ª edición, que se desenvolverá do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. - [Quincegotas. O extraordinario está nas pequenas cousas](https://erreguete.gal/2025/11/02/quincegotas-o-extraordinario-esta-nas-pequenas-cousas/): No QUINCEGOTAS, a mañá do 11 de outubro de 2025, baixo a cúpula do parque de Eirís, puidemos desfrutar dunha selección de catro pezas breves de catro artistas emerxentes con poéticas moi singulares e sorprendentes. Foi unha mostra de talento e de traballo que nos descubriu novas inflexións en temáticas e estilos que están no ar, que se enraízan na nosa actualidade, aquí e agora. - [Do reino (e) dos amores proscritos](https://erreguete.gal/2025/10/29/do-reino-e-dos-amores-proscritos/): Hai noites no teatro que se converten nunha especie de revelación. Iso foi o que aconteceu en Ribeira con Do reino (e) dos amores proscritos, o novo espectáculo de Afonso Becerra, unha peza que se move entre a erudición e a emoción, entre a beleza da palabra e a enerxía viva da escena. - [Paula Quintas e Andrea Jiménez clausuran a 34ª edición do FIOT de Carballo](https://erreguete.gal/2025/10/29/paula-quintas-e-andrea-jimenez-clausuran-a-34a-edicion-do-fiot-de-carballo/): Esta semana, o FIOT, o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo, despide a súa 34ª edición. - [As IAs non coñecen as estacións](https://erreguete.gal/2025/10/26/as-ias-non-conecen-as-estacions/): “Cando foi a última vez que puiden vivir un verán con inocencia? Diso xa non queda nada, agora soamente se poden tomar decisións de supervivencia. E no medio de tanto puto caos, manter viva, un pouco, a coherencia.” - [O porvir xa está aquí, nos escenarios](https://erreguete.gal/2025/10/26/o-porvir-xa-esta-aqui-nos-escenarios/): Non se trata dun festival ao uso, senón dunha festa na que se celebra o teatro do porvir, que se cifra nos proxectos de pezas que se están agora mesmo a elaborar por parte de artistas e compañías emerxentes, independentemente da idade. Unha compañía ou artista emerxente, entre outras cousas, é aquela que non ten unha plataforma empresarial para presentarse ás axudas públicas e para chegar aos teatros. Así pois, grazas ao respaldo de Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña e deste festival, existe a posibilidade de que un dos proxectos escénicos presentados poida chegar a estrearse. - [Barrosanta e ButacaZero estrean no FITO 'Xoguetes rotos'](https://erreguete.gal/2025/10/24/barrosanta-e-butacazero-estrean-no-fito-xoguetes-rotos/): A compañía do actor Anxo Outumuro, Barrosanta, estrea hoxe o seu segundo espectáculo, 'Xoguetes rotos', que coproduce con ButacaZero. Será ás 20.00 horas, no Teatro Principal de Ourense, no marco do Festival Internacional de Ourense, FITO. - ['As gardiás ou o nó do tecelán' obtén o Premio da Crítica de Galicia](https://erreguete.gal/2025/10/22/as-gardias-ou-o-no-do-tecelan-obten-o-premio-da-critica-de-galicia/): "Pola dilatada traxectoria profesional de Teatro de Ningures, non só polos trinta espectáculos creados senón tamén por impulsar o teatro comunitario e pola súa vinculación coa formación artística", destacou o xurado sobre a compañía que obtivo o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas. Déronllo pola súa última montaxe, As gardiás ou o nó do tecelán, estreada en outubro 2024; unha peza "que cuestiona o sistema residencial e abre as portas a novos modelos de autoxestión vital propoñendo un necesario debate sobre os coidados na vellez". - [Chévere inaugura a Mostra Galiza Coimbra 2025](https://erreguete.gal/2025/10/22/chevere-inaugura-a-mostra-galiza-coimbra-2025/): Coimbra acolle dende hoxe, 22 de outubro, ata o vindeiro 1 de novembro a Mostra Galiza Coimbra 2025, o festival internacional de artes organizado por A Escola da Noite e Cena Lusófona. A programación desenvolverase en varios espazos da cidade e inclúe espectáculos, exposicións, obradoiros e conversas arredor do teatro, a música, a narración oral, a danza, a poesía e as artes visuais.' Helen Keller: a muller marabilla?', do Grupo Chévere, será o espectáculo de abertura. - [O FITO desvela as novas propostas seleccionadas para 67 Graos Ourense Fervescénica](https://erreguete.gal/2025/10/21/o-fito-desvela-as-novas-propostas-seleccionadas-para-67-graos-ourense-fervescenica/): O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) vén de anunciar as catro propostas seleccionadas no concurso de ideas para a creación escénica de pequeno formato 67 Graos Ourense Fervescénica; unha iniciativa que busca "impulsar e dar visibilidade aos novos talentos da escena galega". - [O FIOT ten que cancelar a función de '14.4'](https://erreguete.gal/2025/10/21/o-fiot-ten-que-cancelar-a-funcion-de-14-4/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo vén de comunicar a cancelación, por causas alleas ao festival, do espectáculo dirixido por Sergio Peris-Mencheta '14.4', cuxa representación no Pazo da Cultura estaba prevista para este venres, 24 de outubro, no marco do Programa de Sala da 34ª edición do Festival. - [Camiño Escena Norte despide a súa sétima edición](https://erreguete.gal/2025/10/20/camino-escena-norte-despide-a-sua-setima-edicion/): Vimianzo e Ribadeo acollerán na vindeira fin de semana as derradeiras funcións da sétima edición de Camiño Escena Norte. Así, o sábado 25, a compañía cántabra de artes escénicas e audiovisuais El Tejo Producciones presentará en Vimianzo El jardin de las posibilidades, e o domingo 26 será a quenda de ZigZag Danza, con Postales Rotas, en Ribadeo. - [Ferran Joanmiquel Pla gaña o L Premi Born de Teatre 2025](https://erreguete.gal/2025/10/18/ferran-joanmiquel-pla-gana-o-l-premi-born-de-teatre-2025/): ‘La solitud dels cossos celestes’ foi a peza coa que Ferran Joanmiquel Pla conqueriu o L Premi Born de Teatre 2025. - [Os personaxes e ‘O silencio’ de Elena Santiago](https://erreguete.gal/2025/10/18/os-personaxes-e-o-silencio-de-elena-santiago/): Ten razón Elena, no teatro dramático, dentro da esfera dos realismos, os personaxes son os que nos rouban o corazón. E fano porque, seguramente, son o corazón do drama. Aí temos os d’O silencio, unha obra con moito gancho, cunha trama dramática infalible e cuns personaxes cheos de complexidade e profundidade. Unha obra con emoción e dilema ético, onde o persoal é político, como en Ibsen. Aí tedes a peza, no libro da erregueté, para desfrutala na lectura ou, aínda mellor, para xogala enriba das táboas. - [Mofa e Befa estrean 'Os dous de sempre'](https://erreguete.gal/2025/10/17/mofa-e-befa-estrean-os-dous-de-sempre/): O Auditorio Municipal de Rianxo acollerá hoxe, venres 17 de outubro, ás 21:00 horas, a estrea d'Os dous de sempre, a posta en escena feita por Mofa e Befa a partir da novela homónima de Castelao. A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo, previa recollida de convites no mesmo auditorio hoxe a partir das 20:00 horas. - [O FITO cumpre 18 anos](https://erreguete.gal/2025/10/16/o-fito-cumpre-18-anos/): O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) inaugura hoxe a súa 18ª edición, que se desenvolverá ata o vindeiro día 26 de outubro. - [ALOMAIS Teatro estrea 'Ca-Co-Flex!'](https://erreguete.gal/2025/10/15/alomais-teatro-estrea-ca-co-flex/): Unha comedia sobre a non vivenda e o estado actual do mercado inmobiliario. Así se presenta o primeiro espectáculo da compañía ALOMAIS Teatro, titulado 'Ca-Co-Flex!', que estrean mañá, xoves 16 de Outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, dentro da programación semestral de teatro e danza do Concello de Lugo.  - [ALÓproducións estrea ‘Do reino (e) dos amores proscritos’ en Ribeira](https://erreguete.gal/2025/10/15/aloproducions-estrea-do-reino-e-dos-amores-proscritos-en-ribeira/): A Mostra de Teatro de Ribeira acolle a estrea do espectáculo Do reino (e) dos amores proscritos de ALÓproducións (Alberte Bello), este xoves 16 de outubro de 2025 ás 21h15 no Auditorio Municipal de Ribeira. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Afonso Becerra de Becerreá, recibiu un premio no III Certame Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña. Ademais, contou coa colaboración das áreas de cultura do Concello de Lugo e da Deputación de Lugo, cidade esta última na que se realizaron os ensaios ao final do verán. - [A nova edición do 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO busca propostas](https://erreguete.gal/2025/10/14/a-nova-edicion-do-67-graos-ourense-fervescenica-do-fito-busca-propostas/): A 18ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, que terá lugar entre os días 16 e 27 de outubro deste ano acollerá, xunto coa exhibición de espectáculos, os froitos de 4 bolsas de creación de pezas a escala "que porán o acento nas creadoras e nos creadores ourensáns buscando e promovendo o diálogo entre disciplinas artísticas e apoiando a fortaleza e o pulo creativo do sector". - [A ESAD de Galicia inaugura o curso académico 2025/2026](https://erreguete.gal/2025/10/14/a-esad-de-galicia-inaugura-o-curso-academico-2025-2026/): A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) acolle hoxe, 14 de outubro, ás 11:00 horas, o acto de homenaxe e lección inaugural do curso a cargo do dramaturgo, director e actor Cándido Pazó. - [Pistacatro gaña o Premio Nacional de Circo 2025](https://erreguete.gal/2025/10/09/pistacatro-gana-o-premio-nacional-de-circo-2025/): "Polo seu destacado labor na creación e difusión de propostas circenses dunha enorme presenza escénica, rigor e carisma, con importantes fitos en 2024, como a xira de Drop, unha montaxe sorprendente cunha linguaxe propia, e a consolidación do seu espectáculo Orquestra de malabares, no que fusionan a música e o circo, un traballo de gran formato co que lograron unha ampla proxección nacional e internacional”. Así vén de xustificar o xurado do Premio Nacional de Circo 2025 a concesión deste galardón á compañía galega Pistacatro. - [O Festival Galicreques celebra a súa 30ª edición](https://erreguete.gal/2025/10/09/o-festival-galicreques-celebra-a-sua-30a-edicion/): Cunha programación que inclúe 16 estreas. Así soprará as 30 candeas o Festival Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio e patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Industrias Culturais, o Concello de Santiago; a Deputación da Coruña; o Ministerio de Cultura e Deporte, a través do Inaem; e a Fundación SGAE, para celebrar o seu trixésimo aniversario. Será entre o 11 e o 19 de outubro, na capital galega. - [O Teatro Gorrilla inicia unha nova temporada](https://erreguete.gal/2025/10/05/o-teatro-gorrilla-inicia-unha-nova-temporada/): Os bares da zona de Churruca volverán a converterse en salas de exhibición escénica, acollendo 4 propostas escénicas en 4 espazos diferentes ao longo da tarde de hoxe, domingo, 5 de outubro. Será grazas a unha nova edición do Teatro Gorrilla, o proxecto autoxestionado e alternativo que desenvolven en Vigo Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña. - [Síntese Vigo celebra unha nova edición](https://erreguete.gal/2025/10/04/sintese-vigo-celebra-unha-nova-edicion/): O festival de danza e performance independente Síntese Vigo está a celebrar unha nova edición en espazos singulares da cidade. Trátase dunha proposta aberta ao público con programación para todas as idades. O bailarín e coreógrafo Chevi Muraday pechará esta tarde a programación, ás 19.00 horas, no museo MARCO, amosando o seu último solo de danza, titulado 'Lo que queda', unha reflexión sobre os seus últimos 30 anos de carreira.  - [A Estrada acolle a quinta edición do festival 6coreógrafas](https://erreguete.gal/2025/10/04/a-estrada-acolle-a-quinta-edicion-do-festival-6coreografas/): O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas está a celebrar a súa quinta edición no concello da Estrada. O evento, que conta co apoio da Xunta de Galicia e se inaugurou onte,  desenvolverase tamén durante o día de hoxe, cunha ampla programación que combina espectáculos e actividades formativas. - [A Bienal de Artes Vivas de Pontevedra confirma a súa continuidade](https://erreguete.gal/2026/07/14/a-bienal-de-artes-vivas-de-pontevedra-confirma-a-sua-continuidade/): Cun balance "moi positivo" tras reunir máis de dous mil cincocentas persoas asistentes ao longo dos once días de programación desenvolvida no Convento de Santa Clara. Así se clausurou a primeira edición da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, organizada pola Deputación de Pontevedra. Baixo o título Nas marxes e co comisariado de Iñaki Martínez Antelo, a Bienal converteu o espazo patrimonial nun lugar de encontro entre a creación contemporánea e a cidadanía, cun programa que esgotou as entradas e confirmou o interese do público por este novo formato cultural na capital pontevedresa", segundo vén de poñer en valor a Deputación. - [VARIEDADES](https://erreguete.gal/2026/07/14/variedades/): VARIEDADES não é bem um espetáculo de variedades, pois não combina diferentes modalidades cénicas do tipo sketches, ventriloquismo, dança, ilusionismo, artes circenses, etc. Trata-se, porém, de uma espécie de musical informativo para prestar homenagem e celebrar o centenário do Teatro Variedades, no Parque Mayer, em Lisboa. - [TEATRO DELUSIO](https://erreguete.gal/2026/07/13/teatro-delusio/): Na minha opinião, o mais maravilhoso do trabalho artístico da Familie Flöz é o texto e o subtexto — o próprio tecido da obra —, feitos de ternura e compreensão no que diz respeito às personagens que retratam, caricaturam e com as quais brincam. Eles colocam nas suas criações um espelho que, sem fugir ao lado crítico, se edifica sempre sobre a compaixão humana. Um valor implícito, tanto nesta como noutras peças que já lhes conheço, muito necessário nestes tempos de isolamento digital, em que as pessoas se remetem para ecrãs que apenas devolvem imagens superficiais e vazias, ao mesmo tempo que sucumbimos ao poder dos algoritmos e do marketing. - [DIALOGUES DANS LE RÊVE](https://erreguete.gal/2026/07/13/dialogues-dans-le-reve/): Em conjunto, Nadj e Fatjo oficiam um sortilégio cénico de beleza e mistério encantatórios, no qual se pode sentir uma raiz muito profunda que vincula o ser humano aos outros seres e entidades do planeta e do cosmos. - [MUSSOLINI](https://erreguete.gal/2026/07/12/mussolini/): Mussolini é um espetáculo histórico-cómico que, nalgumas linhas e sobretudo nas entrelinhas, nos dá a ver as estratégias do populismo e da manipulação por parte de um homem que se erigiu em todo-poderoso. Ele sabia que o povo não quer lógica, nem dúvidas, nem debilidades. Ele sabia que o povo gosta de homens fortes, assertivos e que digam de uma vez aquilo que o povo está à espera de ouvir. - [BURN BURN BURN](https://erreguete.gal/2026/07/12/burn-burn-burn/): O tema é complexo e ultrapassa, com certeza, as possibilidades de esclarecimento num artigo que visa apenas refletir sobre um espetáculo como Burn Burn Burn de Os Possessos. Esta companhia pega no romance clássico Fahrenheit 451, de Ray Bradbury, e tenta refletir sobre as censuras e cancelamentos atuais a partir dessa história distópica, em que os livros eram queimados pelos bombeiros. Uma obra literária que é já quase um mito, no qual a liberdade intelectual e de expressão são confrontadas com os perigos da censura, a manipulação dos meios de comunicação de massas e o conformismo acrítico. - [A Coruña está a acoller a VII Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT)](https://erreguete.gal/2026/07/11/a-coruna-esta-a-acoller-a-vii-mostra-internacional-area-de-teatro-miat/): Catro noites de teatro baixo as estrelas, cunha programación que reúne compañías galegas e unha proposta chegada desde Valencia, é o que está a propor a  VII Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT). O evento, patrocinado polo Concello da Coruña e pola Deputación da Coruña, e que conta coa colaboración da compañía coruñesa Noite Bohemia e do Club del Mar de San Amaro, estase a desenvolver na praia coruñesa de San Amaro dende o pasado xoves, 9 de xullo, ata mañá, 12 de xullo.  - [FRATTO_X](https://erreguete.gal/2026/07/11/fratto_x/): Assim sendo, estamos perante um humor tão brincalhão e irreverente quanto naïf e até ridículo. Rezza parece uma criança a gozar connosco, alguém politicamente incorreto que se diverte enquanto nos diverte, fugindo de qualquer sofisticação intelectual ou teatral. Aquilo até não parece sério, até poderia ser uma peça pirilesca. - [Ansioliticamente Falando](https://erreguete.gal/2026/07/11/ansioliticamente-falando/): “O contraste e os reflexos entre as crises presentes em A Gaivota (frustrações pessoais, desmotivação, vidas em falência) e as das gerações atuais que andam entre os 30 e os 40 anos (habitação, precariedade laboral e económica, autoexploração e autoexigência exacerbadas, intolerância ao fracasso, aumento das doenças mentais) revelam-se impressionantes e até cómicos.” - [HAPPY DAYS](https://erreguete.gal/2026/07/10/happy-days/): O magnífico rosto de Mónica Garnel é, em si próprio, um teatro de profundo magnetismo. A sua Winnie é a expressão objetiva da coreografia do olhar, das sobrancelhas, dos lábios, dos dentes, das bochechas e até do mais ínfimo músculo facial, conjurando uma subjetividade delicadíssima que também se exprime através das subtis modulações da voz. - [Danza no Camiño chega a cinco concellos galegos na súa oitava edición](https://erreguete.gal/2026/07/10/danza-no-camino-chega-a-cinco-concellos-galegos-na-sua-oitava-edicion/): A creación coreográfica contemporánea chegará a espazos abertos de cinco concellos galegos coa oitava edición de Danza no Camiño, festival itinerante que forma parte da campaña de verán da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Para gustos, cultura. O programa desenvolverá en Ferreira de Pantón, Tui, Ourense, Portomarín e Muxía a súa recta final entre o 12 e o 17 de xullo. - [SAUDAÇÕES](https://erreguete.gal/2026/07/09/saudacoes/): Correia traz-nos uma visão mais do que realista do que somos. Aliás, há uma estilização teatral com um tom que nos pode lembrar a obra pictórica de René Magritte: elementos figurativos reconhecíveis em contextos com os quais acabam por estabelecer relações desassossegadoras. - [O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición](https://erreguete.gal/2026/07/09/o-festival-de-danza-e-artes-do-movemento-abanea-celebra-a-sua-quinta-edicion/): De xeito itinerante en distintos espazos dos concellos de Ames, Outes, A Guarda, Foz e Celanova, cun programa de 15 espectáculos de creación contemporánea, arrancou onte a quinta edición do Festival de Danza e de Movemento Abanea. O festival, que se desenvolverá ata o vindeiro domingo, 12 de xullo, está dirixido por Marta Alonso Tejada e Paula Quintas e conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, e coa colaboración dos Concellos implicados. - [Entre Hamlet e D. João, o Platónov de Peter Stein](https://erreguete.gal/2026/07/08/entre-hamlet-e-d-joao-o-platonov-de-peter-stein/): Entre um existencialismo hamletiano, com citações diretas de Shakespeare, e o hedonismo, sedução irresistível e irrefreável de um D. João, Platónov é uma personagem cheia de energia contagiante, atração, espírito lúdico e festivo. A sua excentricidade e o seu carácter jovial, irónico e até cínico em alguns momentos, resultam explosivos nesse contexto onde toda a população se rege por normas e costumes muito restritivos. - [Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas](https://erreguete.gal/2026/07/07/sete-persoas-e-entidades-foron-distinguidas-nos-iv-reconecementos-de-escena-galega-das-artes-escenicas/): Sete persoas, colectivos e entidades "que representan ámbitos esenciais para a creación, a exhibición, a técnica, a xestión cultural e o desenvolvemento do sector escénico galego" foron as receptoras dos Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas, na súa cuarta edición. En concreto, recaeron en Teatro de Ningures,  Salvador Forján, Moisés González, Luciano Fernández, Carlos Lorenzo, o Colectivo RPM e a Sala Ártika.  - [O buscador de illas](https://erreguete.gal/2026/07/05/o-buscador-de-illas/): "(...) A peza deixa un pouso agradable, cómico e deseñado tanto para as crianzas como as persoas adultas. O teatro de rúa chega á sociedade quizais máis axiña que o propio teatro convencional, porque está presente, xorde de maneira inesperada, e fai de unión entre o teatro e a comunidade (...)". - [Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu](https://erreguete.gal/2026/07/03/moana-acolle-a-primeira-edicion-do-festival-internacional-das-culturas-mar-da-illa-de-samertolameu/): O  parque de Samertolameu de Meira será esta fin de semana o escenario da primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu. O programa inaugúrase hoxe, venres 3 de xullo, cunha función de Titiricircus, de Tanxarina Títeres e desenvolverase entre hoxe e mañá.  Contará con zona de lecer, mostra de artesanía e con diferentes actuacións. - [O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra](https://erreguete.gal/2026/07/03/o-convento-de-santa-clara-acolle-a-bienal-de-artes-vivas-de-pontevedra/): Como un espazo específico para as prácticas vivas e contemporáneas, en diálogo directo co proxecto xeral da Bienal de Pontevedra, impulsouse este ano a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra. O proxecto, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, naceu a partir da experiencia previa do programa de artes vivas que se incluíu na Bienal de Arte o ano pasado, e o programa inaugurouse onte, 2 de xullo, coa estrea absoluta nos xardíns do Convento de Santa Clara do concerto-acción Clo Pau Plas Pedra, de Clo Pau Plas, Diego Vites e Javi Álvarez. - [Velaquí o número 111 da erregueté](https://erreguete.gal/2026/07/02/velaqui-o-numero-111-da-erreguete/): Cun lixeiro cheiro a tinta fresca, acabado de chegar da imprenta, amosouse onte por primeira vez o número 111 da erregueté | Revista Galega de Teatro. Foi nun encontro informal na taberna cultural canguesa O Adro, dentro da programación da 43ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). - [O Camões Centro Cultural Portugués en Vigo presenta UM COPO COM MÁRIO VIEGAS](https://erreguete.gal/2026/07/02/o-camoes-centro-cultural-portugues-en-vigo-presenta-o-espectaculo-um-copo-com-mario-viegas/): O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo presenta, o día 2 de xullo, ás 19:00 h, o espectáculo UM COPO COM MÁRIO VIEGAS, desenvolvido polo grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento, con dramaturxia e dirección de Afonso Becerra de Becerreá. A interpretación corre a cargo de António Barreiro, Patrícia de la Fuente, Carmen Lois e Letícia Monteiro. - [Roberto Salgueiro gaña o X Torneo de Dramaturxia de Galicia](https://erreguete.gal/2026/07/01/roberto-salgueiro-gana-o-x-torneo-de-dramaturxia-de-galicia/): Cunha velada na que Esther Carrodeguas fixo de mestra de cerimonias na que competiron catro textos que xa foran premiados nalgunha das anteriores edicións. Así celebrou onte en Cangas, no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCFC), o Torneo de Dramaturxia de Galicia o seu décimo aniversario. Desenvolveuse na taberna cultural O Adro, a partir das 22.00 horas e foi finalmente o dramaturgo Roberto Salgueiro quen gañou este combate co texto titulado Jessy & Johnny, - [O bo do CARIÑO MALO en Cangas](https://erreguete.gal/2026/06/29/o-bo-do-carino-malo-en-cangas/): “A tríade prodixiosa dos suxeitos e as súas subxectividades, os actores, trae consigo para o escenario a comprensión e a tenrura que fan do obxecto artístico, os personaxes e a historia que representan, unha obra chea de graza e humanidade. Se callar, iso é a sublimación e o camiño a unha catarse, desde a parodia do melodrama, que nos sirva para respectarnos máis. Así dá gusto!” - [Ártika Cía, Teatro de Ningures e Teatro O Cubo participarán na oitava edición de Camiño Escena Norte](https://erreguete.gal/2026/06/29/artika-cia-teatro-de-ningures-e-teatro-o-cubo-participaran-na-oitava-edicion-de-camino-escena-norte/): O programa de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participa Galicia xunto a Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, Camiño Escena Norte, vén de dar a coñecer as compañías galegas seleccionadas para participar na súa oitava edición. Serán Ártika Cía, Teatro de Ningures e Teatro O Cubo. - [O Festival Atlántica desenvolve a súa 14ª edición](https://erreguete.gal/2026/06/28/o-festival-atlantica-desenvolve-a-sua-14a-edicion/): Trala súa inauguración o venres en Vimianzo, o Festival Atlántica continúa esta fin de semana celebrando a súa décimo cuarta edición, que se desenvolverá ata o vindeiro 10 de xullo por diferentes lugares da xeografía galega. - [Ana Abad de Larriva estrea 'Nela estaba a forza do mar'](https://erreguete.gal/2026/06/26/ana-abad-de-larriva-estrea-nela-estaba-a-forza-do-mar/): A Capela do Hospital, en Cangas de Morrazo, acollerá hoxe a estrea absoluta de Nela estaba a forza do mar, de Ana Abad de Larriva, a partir das 20:00 horas. Trátase dunha peza performativa que combina a música, a narración oral cantada e falada, as artes do movemento e as artes visuais para mergullarse dun xeito sensorial na realidade dunhas mulleres cheas de forza que foron marcadas polo tempo. - [A MITCFC inaugura a súa 43ª edición](https://erreguete.gal/2026/06/24/a-mitcfc-inaugura-a-sua-43a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebra hoxe o acto oficial de apertura da súa 43ª edición. Será no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas, a partir das 21.00 horas, e o pregón inaugural correrá a cargo de Noemi Rodríguez. Deseguido, abrirase tamén a programación de sala da Mostra, cunha función de El peor espectáculo del mundo... de momento!, de Zanguango Teatro.  - [O CDG contratará 35 intérpretes na súa nova temporada](https://erreguete.gal/2026/06/24/o-cdg-contratara-35-interpretes-na-sua-nova-temporada/): O Centro Dramático Galego (CDG) contará para os seus proxectos da próxima temporada escénica 2026-2027 coa contratación de 35 actores e actrices, entre os que se atopan os dos dous elencos das súas vindeiras novas producións: Isto tamén é Sargadelos, a partir do texto de Ana Fontenla, e Eurídice, de Sarah Ruhl; así como os das reposicións de A serie clopen, Hamlet e Memorias dun neno labrego. - [Teatro de Ningures estrea 'O buscador de illas'](https://erreguete.gal/2026/06/20/teatro-de-ningures-estrea-o-buscador-de-illas/): A veterana compañía morracense Teatro de Ningures estrea mañá, domingo 21 de xullo, o seu novo espectáculo, O buscador de illas,  en colaboración coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Será a partir das 20:00 horas, na Alameda Vella de Cangas de Morrazo. - [Amparo Martínez estrea Domitila no Teatro Ensalle](https://erreguete.gal/2026/06/19/amparo-martinez-estrea-domitila-no-teatro-ensalle/): Amparo Martínez Paz (Vigo, 1958), pioneira da danza contemporánea en Galicia, estrea a peza titulada Domitila no Teatro Ensalle de Vigo, este sábado 20 de xuño de 2026, ás 20h., onde tamén ofrecerá unha segunda función á mesma hora o domingo 21 de xuño. Domitila é unha peza de danza, duns 50 minutos de duración, inspirada no texto homónimo publicado no libro Pandrama (Laiovento, 2022), no que o dramaturgo Afonso Becerra de Becerreá recolle a historia dunha veciña e amiga da súa adolescencia na vila dos Ancares: Domitila Guitierrez Alba, que foi torturada e condenada a prisión durante o franquismo. - [Sara Somoza e Ismael Eirexas Romeü abren ao público 'Monxa Millo Sentinela'](https://erreguete.gal/2026/06/19/sara-somoza-e-ismael-eirexas-romeu-abren-ao-publico-monxa-millo-sentinela/): O tándem artístico composto por Sara Somoza e Ismael Eirexas Romeü ofrecerá hoxe unha mostra aberta do seu traballo en proceso desenvolvido nas Residencias Paraíso deste ano. Será no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela, ás 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala. - [A MIT de Ribadavia presenta o cartel e o programa completo da súa 42ª edición](https://erreguete.gal/2026/06/17/a-mit-de-ribadavia-presenta-o-cartel-e-o-programa-completo-da-sua-42a-edicion/): Ribadavia volverá converterse este verán nun dos grandes puntos de encontro das artes escénicas contemporáneas coa celebración da 42ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT).  Será do 17 ao 25 de xullo, e neses nove días a vila do Ribeiro acollerá unha programación composta por 25 espectáculos de teatro, danza, artes vivas, circo, performance e creacións híbridas, ademais de 10 actividades paralelas, repartidas entre quince espazos históricos, rúas, prazas e aldeas do concello. - [Xoguetes rotos](https://erreguete.gal/2026/06/16/xoguetes-rotos/): “Tal e como está montada agora, esta produción de Xoguetes rotos fai dano á comunidade lgbtqia+, especialmente ás persoas trans. Promove unha visión reducionista e anticuada da experiencia trans, condensándoa ao redor do travestismo, o traballo sexual, o morbo e as infeccións de transmisión sexual. Presenta unha historia que, aparte de caer nestes estereotipos, se contradí tanto dentro da propia dramaturxia como entre esta, a posta en escena e o labor actoral.” - [O Festival Atlántica segue a expandir a súa programación](https://erreguete.gal/2026/06/16/o-festival-atlantica-segue-a-expandir-a-sua-programacion/): Cun programa máis extenso, novas sedes e unha maior presenza de artistas e proxectos vinculados ao patrimonio cultural e á tradición oral. Así se presentou onte a décimo cuarta edición do Festival Atlántica, que se desenvolverá entre o 26 de xuño e o 10 de xullo deste ano. - [Festivais Gil Vicente de Teatro Contemporâneo de Guimarães 2026](https://erreguete.gal/2026/06/14/festivais-gil-vicente-de-teatro-contemporaneo-de-guimaraes-2026/): Se calhar aqui, em Guimarães, Cidade Berço de Portugal, com os Festivais Gil Vicente podem passar coisas tão extraordinárias quanto em Avignon, berço do teatro europeu pelo seu prestigiado festival. Porque, onde se ativa a máquina do teatro, tudo é possível. - [Arranca Ribeirocreques, o I Festival de Monicreques do Ribeiro](https://erreguete.gal/2026/06/11/arranca-ribeirocreques-o-i-festival-de-monicreques-do-ribeiro/): O Concello de Ribadavia vén de promover a posta en marcha dunha nova iniciativa cultural a prol do teatro de marionetas, en colaboración cos Concellos de Leiro e Beade e coa produción de Luart Producciones. Trátase do I Festival de Monicreques do Ribeiro, Ribeirocreques 2026, que xurdiu coa vocación de converterse nun evento escénico de referencia na provincia de Ourense e no conxunto de Galicia. - [O Sete Falares inaugura hoxe unha nova edición](https://erreguete.gal/2026/06/07/o-sete-falares-inaugura-hoxe-unha-nova-edicion/): O Festival Internacional de Contadores de Historias Sete Falares inicia hoxe en Pontevedra unha nova edición. Apaga o candil, de Contraproducións, en coprodución co FIOT de Carballo, é a proposta encargada de inaugurar o programa, cunha función ás 20:30 horas no auditorio do Pazo da Cultura. - [Vimianzo acolle a inauguración de Escora Danza](https://erreguete.gal/2026/06/06/vimianzo-acolle-a-inauguracion-de-escora-danza/): unha programación que mestura danza contemporánea, música tradicional e creación escénica internacional inaugúrase hoxe en Vimianzo a quinta edición de Escora Danza.  A Casa da Cultura acollerá desde as 18:30 horas a primeira das catro xornadas deste ciclo, impulsado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, que volverá percorrer diferentes concellos da Costa da Morte apostando pola mediación cultural, a participación social e o diálogo co territorio. - [OS Microefectos Dramatúrxicos volven a Lugo](https://erreguete.gal/2026/06/05/os-microefectos-dramaturxicos-volven-a-lugo/): Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan esta fin de semana ao Club Clavicémbalo con catro pezas novas. Logo dunha primeira xornada que se celebrou onte, hoxe, venres, e mañá, sábado, volverá a haber pases ás 20:30 e ás 22:30 horas. - [O CDG e Redrum Teatro estrean 'A furia da amanita'](https://erreguete.gal/2026/06/05/o-cdg-e-redrum-teatro-estrean-a-furia-da-amanita/): O Salón Teatro acolle hoxe ás 18.00 horas a estrea da coprodución do Centro Dramático Galego coa compañía Redrum Teatro A furia da amanita, con dramaturxia de Santiago Cortegoso e dirección de Guillermo Carbajo e Alex Sampayo. A montaxe, que conta tamén coa colaboración do Concello de Teo, ofrecerá outras dúas funcións durante a fin de semana: o sábado 6 e o domingo 7, tamén ás 18.00 horas. - [Polamiúda celebra en Chantada o festival Polas Bravas](https://erreguete.gal/2026/06/05/polamiuda-celebra-en-chantada-o-festival-polas-bravas/): A asociación feminista de Chantada Polamiúda inaugura hoxe, 5 de xuño, a cuarta edición do seu festival Polas Bravas, que se desenvolverá ata o sábado "con propostas culturais vangardistas feitas por mulleres bravas galegas". O evento conta coa colaboración do Concello de Chantada, a Deputación de Lugo e o tecido empresarial e o pequeno comercio local. - [A poética de Sofia Dias & Vítor Roriz](https://erreguete.gal/2026/06/01/a-poetica-de-sofia-dias-e-vitor-roriz/): “No passado dia 29 de maio fui convidado por Sofia Dias & Vitor Roriz para participar como cúmplice na 1ª edição da Formação Avançada em Artes Performativas - Interpretaçao & Criação - Teatro e Dança, organizada por José Laginha na DeVIR/CAPa (Centro das Artes Performativas do Algarve), em Faro (Portugal). Partilho aqui o texto que redigi com esse motivo, para todas aquelas pessoas com curiosidade não só no trabalho de Sofia Dias & Vítor Roriz, mas também numa maneira de conceber a dramaturgia que pode ampliar os nossos horizontes percetivos e artísticos.” - [A MIT de Ribadavia desvela os primeiros nomes do programa da súa 42ª edición](https://erreguete.gal/2026/05/28/a-mit-de-ribadavia-desvela-os-primeiros-nomes-do-programa-da-sua-42a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia vén de desvelar hoxe os primeiros nomes que forman parte do programa, así como algunhas das liñas definidas pola dirección artística para a nova convocatoria do festival. Esta celebrarase do 17 ao 25 de xullo de 2026, no segundo ano da dirección artística encabezada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, que continúan a apostar "pola creación contemporánea, a diversidade de linguaxes e formatos e a capacidade da escena para activar pensamento crítico e experiencia colectiva". - [Reconversión](https://erreguete.gal/2026/05/24/reconversion-ibuprofeno/): “A concepción teatral aplicada por Ibuprofeno á obra, a partir dun texto de Santiago Cortegoso publicado por Edicións Positivas é dun hibridismo tan ben conseguido e tan compacto que impresiona, […]” - [Galicia Escena Pro celebra a súa 13ª edición con récords de participación](https://erreguete.gal/2026/05/23/galicia-escena-pro-celebra-a-sua-13a-edicion-con-records-de-participacion/): A Xunta de Galicia reunirá dende o luns 25 e ata o xoves 28 de maio, en Santiago de Compostela, 252 profesionais da programación, distribución e produción de espectáculos con motivo da 13ª edición de Galicia Escena PRO. Esta nova convocatoria do mercado das artes escénicas organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xunto coa asociación Escena Galega, acada o seu récord de participación ata o momento, tanto nas cifras de profesionais acreditados como nas de propostas artísticas recibidas. - [Bengala Teatro Físico celebra o seu primeiro ano de traxectoria con novas funcións de 'Alicia Wants To'](https://erreguete.gal/2026/05/22/bengala-teatro-fisico-celebra-o-seu-primeiro-ano-de-traxectoria-con-novas-funcions-de-alicia-wants-to/): A compañía luguesa Bengala Teatro Físico vén de celebrar o primeiro aniversario do seu proxecto escénico con novas datas de funcións do seu espectáculo Alicia Wants To. O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu onte unha función desta peza na que se combinan diferentes disciplinas artísticas que ten como obxectivo principal "investigar e reflexionar arredor de diversas problemáticas sociais que perpetúan un sistema desigual no que as oportunidades e os recursos non son iguais para todas". A vindeira semana Santiago de Compostela acollerá unha nova función da peza. Será o xoves, 28 de maio, no Auditorio Abanca, ás 12:00 horas, dentro da programación de Galicia Escena Pro. - [O CDG estrea dúas novas coproducións](https://erreguete.gal/2026/05/21/o-cdg-estrea-duas-novas-coproducions/): O Centro Dramático Galego, CDG, vén de de impulsar dúas novas coproducións dentro da súa liña de participación en espectáculos promovidos por compañías galegas e portuguesas que se terán a súa estrea esta semana. Trátase de Somos os monstros, con texto e dramaturxia de Paula Carballeira e dirección de Magda Labarga; e A Fortaleza, creación de Raquel S. e a compañía A Feroz. - [Ailén Kendelman e Areta Bolado crean a compañía Torta Torta](https://erreguete.gal/2026/05/20/ailen-kendelman-e-areta-bolado-crean-a-compania-torta-torta/): Baixo a premisa “teatro, música e outras deformidades”, vén de nacer Torta Torta, a nova compañía de Areta Bolado e Ailén Kendelman. Preséntase como unha "troupe", coa que as dúas creadoras e intérpretes galegas continúan a súa traxectoria de creación en común mesturando música, teatro e humor acedo e reivindicativo.  - [A Academia Galega de Teatro desenvolve as xornadas '2000-2025: Sumando Primaveras'](https://erreguete.gal/2026/05/16/a-academia-galega-de-teatro-desenvolve-as-xornadas-2000-2025-sumando-primaveras/): O presidente da Academia Galega de Teatro, Miguel Pernas Cora, coa participación de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, inaugurou onte as IV Xornadas do Pazo de Mariñán 2026, que se seguen a desenvolver ao longo da xornada de hoxe. - [Dramaturxia da Revelesencia en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/16/dramaturxia-da-revelesencia-en-escenas-do-cambio/): Quen tivemos a oportunidade de estar en todo o festival puidemos experimentar a “Revelesencia”. Unha transformación sutil capaz de reactivarnos, de xuntarnos, de sentir que comunidade e arte son un vieiro luminoso e caloroso e que, si, é posible e está nas nosas mans que o que parece ir para peor, vaia para mellor. - [O FIT de Redondela está a celebrar a súa 27ª edición](https://erreguete.gal/2026/05/15/o-fit-de-redondela-esta-a-celebrar-a-sua-27a-edicion/): A programación de sala continuará hoxe e estenderase ao longo da fin de semana ata o domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas. Nestes días pasarán por Redondela Arteria Producciones, de Aragón, coa súa obra Gloria Bendita, e Teatro dei Piedi, procedente de Italia, con Érase unha vez...dous pés!, e volverá actuar Jordi Bertran con outra peza, Clàssics. Ademais, o sábado e o domingo desenvolverase a programación de rúa. - [ALÓproducións re-estrea ‘Do reino (e) dos amores proscritos’ en Lugo](https://erreguete.gal/2026/05/13/aloproducions-re-estrea-do-reino-e-dos-amores-proscritos-en-lugo/): Este xoves, 14 de maio, ás 20h30, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, ALÓproducións re-estrea o espectáculo titulado Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida. Unha peza teatral que pon en escena os trobadores da ría de Vigo, Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, interpretados por Henry Vidal, músico cubano-galego especializado no repertorio medieval, que vai acompañarse por instrumentos de época para evocar aquel período de esplendor da lingua galega, no século XIII. O espectáculo é conducido por Ana Carreira Varela, que oficia de mestra de cerimonias. Como narradora oral vai utilizando o rexistro documental e o do conto para evocar e invocar ás orixes de Galicia, remontándose aos primeiros poboamentos do Noroeste Peninsular, pasando pola lenda dos Celtas, polos séculos de romanización e recuncando no primeiro reino de Europa: o Reino de Galicia, até chegar ao século XIII co esplendor da lingua galega e o tesouro das cantigas. - [Teatro do Noroeste estrea 'Polo de Franco'](https://erreguete.gal/2026/05/13/teatro-do-noroeste-estrea-polo-de-franco/): Brión acollerá esta fin de semana coa estrea absoluta do novo espectáculo unipersoal de Teatro do Noroeste, que leva por título Polo de Franco. Será o sábado 16 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Social Polivalente. A peza está protagonizada por Luma Gómez, quen vén de gañar o Premio Marisa Soto 2026 nos XXX Premios María Casares. A obra, que xira arredor da figura histórica de Carmen Polo, está escrita e dirixida por Eduardo Alonso. - [Hugo Torres pecha o XII festival Escenas do Cambio con BLACK BOX. UNHA SAGA ÉPICA](https://erreguete.gal/2026/05/10/hugo-torres-pecha-o-xii-festival-escenas-do-cambio-con-black-box-unha-saga-epica/): Hugo Torres volve ás táboas, despois duns anos dedicándose á creación de música e espazos sonoros, xunto á súa compañeira Marta Pazos. Agora volve a situarse como actor e creador escénico, nun desafío nunca antes asumido: facelo el todo, nun solo teatral titulado Black Box. Unha saga épica, que vai estrear pechando o XII Festival Escenas do Cambio 2026, o domingo 10 de maio ás 20h30 no Salón Teatro de Compostela. - [A MITCFC desvela as datas e o programa completo da súa 43ª edición](https://erreguete.gal/2026/05/09/a-mitcfc-desvela-as-datas-e-o-programa-completo-da-sua-43a-edicion/): A vila de Cangas de Morrazo acollerá este ano a cuadraxésimo terceira edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Será entre o 21 de xuño e o 5 de xullo, tal e como deu a coñecer onte a organización do festival.  - [La Intrusa celebra o seu 30 aniversario en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/09/la-intrusa-celebra-o-seu-30-aniversario-en-escenas-do-cambio/): Como encaixa 'Este himno llevará la palabra euforia' na traxectoria que construístes? Sitúase en continuidade coa nosa investigación sobre o corpo e a emoción, pero profunda no post-acontecemento, no que fica despois. É unha peza máis radical na súa exploración do baleiro e a persistencia. - [Óscar Cruz e Compañía Colombiana de Danza Contemporánea en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/08/oscar-cruz-e-compania-colombiana-de-danza-contemporanea-en-escenas-do-cambio/): 'La Cura' e 'El Vacío' son dúas propostas moi físicas, que lle sucede ao corpo nestas dúas pezas? Hai algo moi poético no xeito de traballar de Julio, é que cando cres que o teu corpo non pode máis, é cando comeza a dar o que é real. Cando non estás canso vas á forma, ao estético… pero cando o teu corpo e a túa mente entran en modo supervivencia, aí é onde aparece o que somos como seres humanos, a verdade. - [Incendio, memorias, perdas e segredos en ARDER ÉPICA de Reinaldo Ribeiro en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/08/incendio-memorias-perdas-e-segredos-en-arder-epica-de-reinaldo-ribeiro-en-escenas-do-cambio/): “Este é un proceso existencial e familiar. Hai tres anos descubrín un segredo de familia moi potente que conto nesta peza. Comecei a fabular para entender as miñas preguntas raciais e sentín que aquí estaba o capítulo 1. Uso o incendio do Museo Nacional de Brasil (onde arderon 200 anos de historia) como metáfora para falar de memorias, perdas e segredos. Pregúntome: a quen protexemos cando gardamos un segredo familiar? É un paralelismo co Estado machista e patriarcal que se protexe a si mesmo.” - [Vera González e Tolo Ferrà traen LA CALIDESA a Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/07/vera-gonzalez-e-tolo-ferra-traen-la-calidesa-a-escenas-do-cambio/): “[...] O discurso estruturado por fases quere activar ao público para motivar unha serie de sensacións e relacións entre eles. O teatro relacional como dispositivo, se non ten que ver co discurso, ao final convértese nunha mera escusa. La Calidesa está con cada grupo en concreto, o dispositivo é maleable e modifícase en relación das necesidades. Hai unha voz que guía que é transmitida en directo, non é unha voz gravada, e a actriz que dá vida a esa voz fai dúctil a peza atendendo a como responde o público.” - [ENTRECRUZAD@S de Opsis e Juliana Reyes en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/06/entrecruzads-de-opsis-e-juliana-reyes-en-escenas-do-cambio/): Interesábame que a obra tivese dous momentos. Ese mundo perfecto onde todos se dedican a facer footing e ao "buenismo", todos facendo xestos perfectos, onde todo é cara á cámara, e que pasa se de aí é de onde xorde a diferenza. Que pasa cando nos quitamos as máscaras? Todo o tempo hai que ter a nosa mellor cara. A cara da rede é a cara perfecta. Interesábame profundar e crear un loop onde parece que nada cambia, un continuo no que todo é igual. Facemos footing, corremos. Unha gran estabilidade que nada rompe. E de súpeto chega algo estraño, ese estranxeiro que non é coma nós e empezamos a descubrir o diferentes que somos os uns dos outros e como nesa diferenza e nas especificidades do universo interno de cada un, somos capaces de atoparnos e de vivir en comunidade. - [Laura Aris e Jakob Jautz abren HORIZONTES ERRANTES en Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/05/laura-aris-e-jakob-jautz-abren-horizontes-erranres-en-escenas-do-cambio/): “Recordo especialmente cando tres agricultores viñeron ver a peza a Friburgo. Un deles, Christoph, díxonos que lle daba esperanza ver como, desde outra linguaxe, recoñecíamos o mesmo ca eles: non só a beleza, senón tamén a necesidade dunha relación máis equilibrada coa natureza. E para min foi recíproco. As súas palabras reafirmaron a miña intuición de iniciar esta viaxe, a pesar da miña mentalidade urbanita. Reciprocidade: quizais esa sexa unha palabra clave para crer e crear un mundo mellor. [...] Para min, durante este proceso creativo a paisaxe pasou de ser un contexto a converterse nun axente activo. Non é un fondo nin un escenario, senón algo que afecta, propón e mesmo desestabiliza. Isto require unha calidade específica de escoita, o que activa unha narrativa menos antropocéntrica.” - [O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado](https://erreguete.gal/2026/05/04/o-fiot-convoca-a-decima-edicion-do-certame-metro-cadrado/): O Festival Internacional de Outono de Teatro, FIOT, de Carballo vén de abrir a convocatoria para participar na décima edición do seu Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado. Trátase dunha das súas principais liñas de programación e que ofrece ao público a posibilidade de gozar de creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade. - [52-BLAU de iXa abre Escenas do Cambio](https://erreguete.gal/2026/05/04/52-blau-de-ixa-abre-escenas-do-cambio/): O festival Escenas do cambio arrinca a súa XII edición, que leva como lema Revelesencia, con 52-BLAU, da compañía interterritorial iXa. Xián Martínez, co-director artístico da obra xunto con Elena Castellanos, coméntanos acerca da peza. - [Carta para a miña nena](https://erreguete.gal/2026/05/03/carta-para-a-mina-nena/): "(...) Quero contarche, filla, que o teatro será a nosa salvación. Será o único capaz de demostrar que a vida existe. Nada poderá substituílo nin corrompelo. E eu voucho ensinar, levareite a que o contemples cos teus enormes ollos que o observan todo. Para que te namores del, para facer máis fermosa a túa vida e sexa imprescindible nela. Non deixes de ir nunca ao teatro, miña nena, será o teu refuxio". - [PAM convida a celebrar o Día da Danza](https://erreguete.gal/2026/04/28/pam-convida-a-celebrar-o-dia-da-danza/): A Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM) conmemorará o Día da Danza o próximo venres 1 de maio en Vigo. Será cun programa aberto a todas as persoas afíns á danza.  - [Frágil](https://erreguete.gal/2026/04/28/fragil/): "Non sempre se ten a oportunidade de falar cos creadores dun espectáculo que se vai ver. Pero iso foi o que pasou coa Compañía Nómada, que presentou a súa peza Frágil na sala Ensalle de Vigo. Falar con eles sobre a súa obra e que se interesasen por saber que foi o que sentimos o público estableceu unha maior conexión co tema principal que quixeron transmitir: o paso do tempo (...)". - [Romeo Castellucci, Isabelle Huppert e a química em Bérénice](https://erreguete.gal/2026/04/27/romeo-castellucci-isabelle-huppert-e-a-quimica-em-berenice/): O espetáculo é de uma beleza quase abstrata, embora transborde elementos entre a simbologia e o enigma que o aproximam do poema cénico, passível de diferentes leituras. Trata-se, uma vez mais, como em todas as peças que tenho visto de Castellucci, de um universo de ações cénicas de grande incidência sensorial, onde o som e a imagem geram uma vibração muito tangível, que nos fascina e faz com que os nossos sentidos entrem noutra maneira de compreensão do mundo. - [O Teatro das Cortes acolle a xornada 'Onde foi Barriga Verde?'](https://erreguete.gal/2026/04/24/o-teatro-das-cortes-acolle-a-xornada-onde-foi-barriga-verde/): O Teatro das Cortes, na aldea de Cabanas (O Vicedo), acolle mañá, sábado 25 de abril, a inauguración do programa Da Barraca á Aula: A memoria das festas. Será coa xornada Onde foi Barriga Verde?, que inclúe unha exposición, un obradoiro de creación de monicreques para persoas adultas, unha representación de Barriga Verde a cargo de Viravolta Títeres e un Sketch da Brigada Teatral das Cortes sobre o 25 de abril portugués. - [Oh, Mammi Blue](https://erreguete.gal/2026/04/22/oh-mammi-blue-2/): (...) Oh, Mammi Blue (...) é irreverente, máxica e desafiante. Dende o minuto un sabemos o que estamos a ver, ou iso cremos. Pero a peza vai máis alá. Lévanos cara a un relato íntimo que consegue manter a atención e a intriga ao longo de toda a peza cando descubrimos non só un parto senón unha ferida (...). - [A MITEU Ourense abre a súa 31ª edición](https://erreguete.gal/2026/04/21/a-miteu-ourense-abre-a-sua-31a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) de Ourense dará inicio este xoves, 23 de abril, á súa trixésimo primeira edición. A programación inclúe un total de vinte espectáculos e desenvolverase na cidade auriense ata o vindeiro 8 de maio. - [A MITCFC concede a Antonio Durán 'Morris' o Premio Xiria ao Labor Teatral 2026](https://erreguete.gal/2026/04/17/a-mitcfc-concede-a-antonio-duran-morris-o-premio-xiria-ao-labor-teatral-2026/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) vén de dar a coñecer que acordou conceder o Premio Xiria ao Labor Teatral 2026 a Antonio Durán, Morris. A organización declara que quixo outorgar este galardón ao actor vigués "en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional como actor, tanto no eido da comedia como do drama, cunha capacidade creativa excepcional que lle permite interpretar personaxes complexos ou populares e conmover os públicos máis diversos”. - [O catálogo dixital 'Danza Galicia' está dispoñible na súa terceira edición](https://erreguete.gal/2026/04/14/o-catalogo-dixital-danza-galicia-esta-disponible-na-sua-terceira-edicion/): A Xunta de Galicia vén de publicar a terceira edición do catálogo dixital Danza Galicia, co obxectivo de seguir impulsando a proxección da produción coreográfica e das artes do movemento feitas na comunidade autónoma. - [O teatro une o Porto e Galicia nun novo protocolo de cooperación](https://erreguete.gal/2026/04/14/o-teatro-une-o-porto-e-galicia-nun-novo-protocolo-de-cooperacion/): O Teatro Nacional São João e a Axencia Galega das Industrias Culturais/Centro Dramático Galego asinan, o vindeiro día 17 de abril, un protocolo de cooperación que reforza a colaboración entre as dúas institucións culturais. - [A 28ª MITEU inaugúrase hoxe en Vigo](https://erreguete.gal/2026/04/09/a-28a-miteu-inaugurase-hoxe-en-vigo/): A Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, inaugura hoxe, 9 de abril, a súa 28ª edición no Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo. Será a partir das 18.30 horas, cunha función de 'Insurrección', de Fernando Dacosta, levada á escena pola Aula de Teatro do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, "Maricastaña". - [Os XXX Premios María Casares xa teñen gañadores](https://erreguete.gal/2026/04/09/os-xxx-premios-maria-casares-xa-tenen-ganadores/): O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu onte á noite a gala de entrega dos XXX Premios de Teatro María Casares, na que a obra 'Reconversión', da compañía Ibuprofeno Teatro, se converteu na gran gañadora da edición ao conseguir un total de seis galardóns. - [A compañía ferrolá Opaí Teatro é galardoada nos Gil Vicente European Amateur Theatre Awards](https://erreguete.gal/2026/04/08/a-compania-ferrola-opai-teatro-e-galardoada-nos-gil-vicente-european-amateur-theatre-awards/): A compañía de teatro amador contemporáneo de Canido (Ferrol) Opaí Teatro vén de ser galardoada co premio ao mellor proxecto artístico nos Gil Vicente European Amateur Theatre Awards (Premios Europeos de Teatro Amador Gil Vicente) que organiza o Teatro de Balugas. - [O Fim](https://erreguete.gal/2026/04/08/o-fim/): O drama está além do(s) palco(s), essa parece a grande verdade do teatro simbolista. No palco ficam os ecos e os estertores, as ruínas. Carlos Pimenta oferece-nos uma encenação d’O Fim de António Patrício muito esteticista, de geometrias limpas que transparecem essa mística na qual, como na tragédia, já sabemos o final desde o início. - [O Teatro Rosalía Castro acolle a gala dos XXX Premios María Casares](https://erreguete.gal/2026/04/08/o-teatro-rosalia-castro-acolle-a-gala-dos-xxx-premios-maria-casares/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrará hoxe, mércores 8 de abril de 2026, a partir das 20:30 horas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña, a gala dos XXX Premios de Teatro María Casares. O acto será presentado por Gloria Rico e ao longo del homenaxearase a figura de Manuel Lourenzo, falecido o ano pasado, e entregarase o Premio de Honra Marisa Soto á actriz e activista Luma Gómez. Ademais, resolveranse as candidaturas gañadoras das 16 categorías nas que se dividen os Premios.  - [As Residencias Paraíso desvelan os proxectos seleccionados para o ano 2026](https://erreguete.gal/2026/04/07/as-residencias-paraiso-desvelan-os-proxectos-seleccionados-para-o-ano-2026/): A décima edición das Residencias Paraíso conta xa coas e cos artistas seleccionadas e seleccionados. Entre os 209 proxectos recibidos na actual convocatoria, a cifra máis elevada da súa historia, o Colectivo RPM vén de escoller a Álvaro Corral Cid & Gabi Reboredo; Blanca Gómez Terán; BFlecha, Mwëslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir & Pablo Lilienfeld; Darío Bardam; Disiden.Cia; Fran Martínez; Jandross Rodríguez; Óscar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza & Ismael Eirexas Romeü como "Artistas Paraíso 2026". - [O CITEAMOR celebra a súa 14ª edición](https://erreguete.gal/2026/04/06/o-citeamor-celebra-a-sua-14a-edicion/): O Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) inaugura mañá, martes 7 de abril, unha nova edición, que se desenvolverá ata o vindeiro 26 de maio. - [Riazor Ostia](https://erreguete.gal/2026/04/05/riazor-ostia/): "(...) 'Riazor Ostia' é, en definitiva, unha proposta comprometida que conecta pasado e presente para denunciar a violencia e a intolerancia, que, por desgraza, seguen presentes. “A memoria dun é a memoria de todos” afírmase na obra. Ese debería ser o obxectivo, que estes feitos non caian no esquecemento". - [Hamlet](https://erreguete.gal/2026/04/03/hamlet-4/): "A programación do CDG volve, con produción propia, a un texto de Shakespeare. Se anos atrás o fixo co cuarteto de traxedias Shakespeare en Roma, agora incorpora o clásico por antonomasia, 'Hamlet'. O resultado reforza a aposta do teatro público por textos que forman parte do canon dramático universal e a incorporación da dramaturxia (galega) contemporánea, materializada, neste caso, por Vanesa Sotelo e Tito Asorey, tamén director. (...) É unha adaptación conseguida e un espectáculo notable, pero irregular, máis centrado na conversión escénica da historia –levada aos nosos días– ca na potenciación dramática, lírica e simbólica do texto, que a miúdo se dilúe (...)". - [Escenas do Cambio celebrará a súa 12ª edición entre 7 e o 10 de maio](https://erreguete.gal/2026/04/02/escenas-do-cambio-celebrara-a-sua-12a-edicion-entre-7-e-o-10-de-maio/): A nova edición de Escenas do cambio, o festival de artes escénicas de vangarda impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, desenvolverase entre o 7 e o 10 de maio na Cidade da Cultura (no Gaiás) e no Salón Teatro. Nel participarán artistas e compañías de Alemaña, Bélxica, Brasil, Colombia, Cuba, Guinea Ecuatorial, México, Portugal, Lituania e España. - [O CDG desenvolve unha programación paralela arredor de 'Hamlet'](https://erreguete.gal/2026/04/01/o-cdg-desenvolve-unha-programacion-paralela-arredor-de-hamlet/): O Centro Dramático Galego vén de ampliar a experiencia de exhibición do seu novo espectáculo, Hamlet, cunha programación paralela arredor do universo creativo de William Shakespeare. Esta inclúe pases de 'Mala vida e pior morte de Ricardo III' e 'A propósito de William'. - [A Deputación de Pontevedra convoca o II Premio Castelao de Textos Teatrais](https://erreguete.gal/2026/04/01/a-deputacion-de-pontevedra-convoca-o-ii-premio-castelao-de-textos-teatrais/): O Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra vén de convocar o II Premio Castelao de Textos Teatrais. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de setembro - [UTE-pías Feministas recibirá o Premio Mulleres en Acción da MITCFC](https://erreguete.gal/2026/03/31/ute-pias-feministas-recibira-o-premio-mulleres-en-accion-da-mitcfc/): A organización da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC, vén de dar a coñecer que o colectivo UTE-pías Feministas, composto polas entidades Atalia, Arabías, Feitoría Verde, Illa Bufarda e a libraría Lila De Lilith, recibirá o Premio Mulleres en Acción 2026. Será polo seu proxecto 'Saúde, pracer, república e terra malva', arredor do legado de Lola Ferreiro Díaz - [O XXVII Festival Internacional de Títeres de Redondela celebrarase no mes de maio](https://erreguete.gal/2026/03/28/o-xxvii-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-celebrarase-no-mes-de-maio/): Do 11 ao 17 maio. Esas son as datas nas que se desenvolverá a XXVIIª edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela, FIT. Memorial Juanjo Amoedo. A asociación Xente Titiriteira, organizadora do festival, quixo dálo a coñecer no marco do Día Mundial do Teatro, avanzando que eses días Redondela se encherá de novo de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes e instalacións, entre outros elementos que conforman cada ano este encontro.  - [Carlos Callón asina o manifesto da AAAG polo Día Mundial do Teatro](https://erreguete.gal/2026/03/27/carlos-callon-asina-o-manifesto-da-aaag-polo-dia-mundial-do-teatro/): A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de facer público o seu Manifesto do Día Mundial do Teatro, un texto que este ano encargou ao escritor, profesor e activista Carlos Callón. Baixo o título Galego no Día Mundial do Teatro 2026, Callón conxuga nel a memoria histórica coa denuncia da diglosia e un chamamento á acción para o futuro das artes escénicas en Galicia. O manifesto será lido oficialmente durante a vindeira gala dos Premios María Casares, o 8 de abril deste ano. - [A MIT de Ribadavia anuncia as datas da súa 42ª edición](https://erreguete.gal/2026/03/27/a-mit-de-ribadavia-anuncia-as-datas-da-sua-42a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro co anuncio das datas da súa 42ª edición, que terá lugar do 17 ao 25 de xullo de 2026, cun total de 9 días de programación. Ademais, vén de facer pública a convocatoria do 21º Premio Abrente de Textos Teatrais. - [Colectivo Glovo convoca unha nova edición das residencias Atopémonos Bailando](https://erreguete.gal/2026/03/25/colectivo-glovo-convoca-unha-nova-edicion-das-residencias-atopemonos-bailando/): A compañía de danza Colectivo Glovo vén de presentar as bases daconvocatoria de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando para 2026, dirixidas ás artistas e compañías profesionais de danza e artes do movemento. Trátase dun programa impulsado en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Lingua do Concello de Lugo, e co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia. - [Sincronizar a diversidade através da dança](https://erreguete.gal/2026/03/23/sincronizar-a-diversidade-atraves-da-danca/): “Aceitar e apreciar a diversidade, nos tempos bélicos atuais, é o mais difícil. Porém, é a diversidade a única chave que nos pode abrir a mente e o coração. É a diversidade sinónimo de complexidade. Ela é o fundamento da democracia e não o “apartheid” dos povos, dos grupos fechados, dos correligionários, dos meus, dos do meu gosto... O mais difícil é fazer comunidade no diverso. Mas, como é que se pode conseguir romper esta deriva perigosa sem dar lições, e sem utilizar as mesmas armas de quem divide, fustiga ou, simplesmente, ignora?” - [Elefante Elegante estrea 'Coralinda' en Rianxo](https://erreguete.gal/2026/03/20/elefante-elegante-estrea-coralinda-en-rianxo/): Un espectáculo para público familiar que aborda a inmigración e o medo ao diferente. Así presentou esta semana a compañía Elefante Elegante 'Coralinda', a súa nova creación escénica, que estreará en Galicia mañá, sábado 21 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo.   - [Brazaletes](https://erreguete.gal/2026/03/20/brazaletes/): Aínda que o tema é o fútbol, desta vez nas bancadas non hai maioría masculina nin se berran slogans agresivos. O que inunda o espazo hoxe é silencio, memoria e unha loita compartida. Non estamos no estadio. O xogo é outro: o teatro. - [A compañía Os Náufragos Teatro presenta 'RIAZOR OSTIA' en Vigo](https://erreguete.gal/2026/03/19/os-naufragos-teatro-presenta-riazor-ostia-en-vigo/): A Sala Ártika acolle esta fin de semana tres funcións da peza Riazor Ostia, da compañía Os Náufragos Teatro, en colaboración coa Agadic. A primeira, hoxe, xoves 19; a segunda, mañá, venres 20; e a terceira, o sábado, 21 de marzo; as tres ás 20:00 horas. O espectáculo está a xirar por diferentes teatros galegos, logo da súa estrea no Teatro Rosalía Castro da Coruña o pasado 27 de febreiro, dentro do marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios e do Ciclo Principal de Primavera 2026. - [O Festival Atlántica, Sete Falares e NOGA celebran o Día Internacional da Narración Oral](https://erreguete.gal/2026/03/19/festival-atlantica-sete-falares-noga-celebran-dia-narracion-oral/): O Festival Atlántica, o festival Sete Falares e NOGA (Asociación de Narración Oral Galega) convidan a celebrar mañá, 20 de marzo, o Día Mundial da Narración Oral. Para iso, organizaron unha xornada cunha programación especial para que Galicia se sume a esta celebración internacional, reivindicando a narración oral como "unha arte escénica viva, contemporánea e profesional". - [O CDG estrea 'Hamlet'](https://erreguete.gal/2026/03/16/o-cdg-estrea-hamlet/): O Salón Teatro do Centro Dramático Galego acollerá o vindeiro xoves, 19 de marzo, ás 18:00 horas, a estrea da súa nova produción, 'Hamlet', de William Shakespeare. Trátase dunha nova versión galega deste clásico da literatura dramática universal dirixida por Tito Asorey, con dramaturxia asinada por el e por Vanesa Sotelo e cun elenco formado por 16 actores e actrices.  - [A Colónia](https://erreguete.gal/2026/03/15/a-colonia/): Às vezes, o teatro constitui-se numa experiência que nos serve para conhecer. Eis o caso de 'A Colónia' de Marco Martins. Uma forma espectacular de contar a história da colónia para crianças de presos políticos durante a Ditadura em Portugal, com a intervenção direta do arquivo vivo dos adultos que foram aquelas crianças. - [Talía Teatro estreou ‘Artur Ui, o ovo da serpe’ no Rosalía](https://erreguete.gal/2026/03/15/talia-teatro-estreou-artur-ui-o-ovo-da-serpe-no-rosalia/): O Teatro Rosalía de Castro acolleu os días 13 e 14 de marzo a estrea absoluta de 'Artur Ui, o ovo da serpe', a nova produción de Talía Teatro, dirixida por Quico Cadaval a partir do texto 'A resistible ascensión de Artur Ui' de Bertolt Brecht. Na nota de prensa a compañía sinala: “Bertolt Brecht, o dramaturgo mais importante do século XX, dicía que no tempos escuros a misión dos artistas e falar desa escuridade. Nos peores tempos de Europa, cando o terror nazista desangraba o noso continente, Brecht escribe esta divertida obra sobre o horror fascista. Chamoulle 'A Resistible ascensión de Artur Ui', e nela conta o ascenso de Hitler, comparado coa toma de poder por unha banda de mafiosos.” - [Maggie O’ Farrel, Agnes, Chloe Zhao e Jessie Buckley](https://erreguete.gal/2026/03/15/maggie-o-farrel-agnes-chloe-zhao-e-jessie-buckley/): A historia da humanidade endexamais vai ser contada con ecuanimidade se evitamos á metade do xénero humano, ás mulleres. É por iso que temos que agradecer a estas catro mulleres que teñamos unha nova perspectiva arredor de Hamlet e tamén de Shakespeare. - [Matres](https://erreguete.gal/2026/03/15/matres/): "(...) O espectáculo aborda tres grandes temas: a infancia, a maternidade e a morte. Todos eles son tratados dende a naturalidade e o humor, como unha homenaxe a todas as mulleres que coidan e lideran as familias". - [A MITCFC dá a coñecer as datas e o cartel da súa 43ª edición](https://erreguete.gal/2026/03/14/a-mitcfc-da-a-conecer-as-datas-e-o-cartel-da-sua-43a-edicion/): A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebrará a súa 43ª edición ao longo de quince días, entre o 21 de xuño e o 5 de xullo. Así o deu a coñecer onte a organización do festival, nun acto no que se presentou o cartel desta edición, asinado pola artista moañesa Yaiza Santomé. ## Pages - [FTMC. Boletín Informativo nº 40](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-40/): Benvidas e benvidos a unha nova edición do noso boletín*, xa o número 40. Nesta ocasión, mergullámonos na profunda relación entre as artes escénicas e a memoria a través de catro publicacións e obras fundamentais que, cada unha á súa maneira, desafiaron o silencio, a censura e o esquecemento. Neste número especial, propoñémosvos unha viaxe literaria e escénica que demostra como o teatro foi, e segue sendo, unha arma vital de reivindicación política e cultural. O fío condutor das nosas recensións de hoxe é a resistencia: desde o humor subversivo que fixo tremer o tardofranquismo en Madrid, pasando pola vital recuperación […] - [FTMC. Boletín Informativo nº 39](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-39/): Xaneiro – febreiro – marzo 2026 Neste novo boletín do Fondo Teatral María Casares, presentamos* unha escolma de obras que transitan entre a memoria íntima, a experimentación vangardista e a pedagoxía actoral. Abrimos esta entrega coa voz de Carmen Abizanda, quen converte a vivencia da enfermidade nun camiño de resiliencia e luz, seguida pola proposta filosófica de Bieito Vidal, que explora a identidade e o poder a través dunha ollada distópica e política. Completa esta oferta un recurso imprescindible para a formación escénica da man de Alberto Miralles, que reúne a experiencia de grandes figuras do teatro contemporáneo para o traballo […] - [FTMC. Boletín Informativo nº 38](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-38/): Outubro- Novembro- Decembro 2025 Neste último Boletín Informativo de 2025, predomina a presentación dunha bibliografía basicamente dirixida ao ámbito da educación primaria e secundaria. Un feito que non exclúe a súa utilidade, tanto teórica como práctica, para estudantes de arte dramática e grupos de teatro afeccionado. Bo Nadal e Feliz 2026. O teatro tamén se le na Biblioteca Pública Central de Cangas! - [FTMC. Boletín informativo nº 37](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-37/): Xullo-agosto-setembro 2025 Velaquí, por unha banda, a historia dun grande actor emigrante na Arxentina que aprendeu o seu oficio sobre as táboas, e por outra, a oportunidade que hai na actualidade para a formación teatral en Galicia. Completa esta entrega do boletín de verán-outono, un texto bilingüe en francés e galego dunha comedia e unha peza dun autor portugués que arrequece o noso coñecemento da dramaturxia portuguesa contemporánea. - [FTMC. Boletín informativo nº 36](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-36/): Abril-maio-xuño 2025 Se o futuro do teatro está na infancia e a mocidade velaquí ofrecemos dous títulos que axudarán a sementar, sobre todo a mestres e educadores, este porvir. Completa esta oferta a invitación para participar na conversa cun dos máis interesantes autores do século XX e, xa para concluír, un estudo teórico sobre dramaturxia realizado por Juan Antonio Hormigón, un home de teatro que sempre alentou a creación e mantenza do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. - [FTMC. Boletín Informativo nº 35](https://erreguete.gal/boletin-ftmc-35/): Xaneiro-Febreiro-Marzo 2025 Para este primeiro trimestre de 2025, o convite vai para a lectura de dúas obras de teatro. Ámbalas dúas, partindo de feitos históricos moi diferentes e por medio de poéticas tamén dispares, vannos interrogar sobre a condición humana e as súas miserias. A invitación inclúe tamén deter a vista e saborear as páxinas do último número da erregueté | Revista Galega de Teatro e igualmente aproximarse a coñecer as inmensas posibilidades pedagóxicas que ofrece o teatro. - [FTMC. Boletín Informativo nº 34](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-34/): Outubro-Novembro-Decembro 2024 Nesta última entrega de 2024 do Boletín Informativo do FTMC ofrecemos un variado menú de lectura sobre teatro. Pódese elixir entre saber algo máis sobre o teatro de rúa, achegarse a unha persoa que vive para a escena, indagar sobre unha metodoloxía de interpretación ou sinxelamente gozar coñecendo un evento teatral que agarda sempre por nós durante os veráns á beira dun río… Bo Nadal 2024! - [FTMC. Boletín Informativo nº 33](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-33/): Xullo – agosto – setembro 2024 Abrimos este boletín de verán cunha versión en lingua galega dun clásico francés, para presentar deseguido dous textos en castelán dunha dramaturga canguesa. E péchase esta divulgación dos fondos de teatro existentes na Biblioteca Pública de Cangas, cun monólogo e un texto de investigación sobre o teatro galego. Ámbolos dous, publicados por Invasoras, un exemplo de editorial militante en beneficio do Teatro. - [FTMC. Boletín Informativo nº 32](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-32/): Abril- Maio-Xuño 2024 Esta primavera ofrece a posibilidade de que, se visitas  a Biblioteca Pública de Cangas, poidas desfrutar da lectura, ou da consulta no FTMC, da historia do teatro escolar no Morrazo; ler a peza de teatro Iribarne, que hai pouco se representou no Auditorio de Cangas pola Compañía ButacaZero; que voe a túa imaxinación cunha peza de teatro infantil escrita por un autor da vila ou que admires o traballo das xentes da  Mariña Lucense  “facedoras de teatro”. - [FTMC. Boletín Informativo nº31](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no31/): Xaneiro-febreiro- marzo 2024 En 2024 este Boletín seguirá, con periodicidade trimestral, informando dos fondos existentes sobre Artes Escénicas na Biblioteca Pública Central de Cangas. Neste primeira entrega salientamos cinco comedias dun autor brasileiro; un texto sobre as posibilidades pedagóxicas que ofrece o teatro para o ensino das linguas; unha historia do teatro cunha ollada especial ao seu desenvolvemento en Latinoamérica e un diálogo con Augusto Boal e a súa obra dunha profunda e actual proposta de liberación social. - [FTMC. Boletín Informativo nº 30](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-30/): Outubro-novembro-decembro 2023 Neste último boletín de 2023 presentamos catro novidades que entraron a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Novidades con temática variada: Investigación sobre a historia do teatro, recreación en banda deseñada da aventura da Sala Nasa de Chévere en Compostela, e tres textos dramáticos contemporáneos. Boa lectura, bo nadal e que o próximo ano 2024 veña cheo de teatro! - [FTMC. Boletín Informativo nº 29](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-29/): Xullo-agosto-setembro 2023 Tal e como anunciamos no anterior Boletín, seguimos neste número difundindo a hemeroteca teatral que forma parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Nesta ocasión presentamos as revistas Escaramuza (Galicia)  Sinais de cena (Portugal) ADE, teatro e El Público (España) Aínda que aquí comentamos un número concreto, no FTMC pódense consultar diferentes exemplares habendo, nalgúns casos, coleccións incompletas que tentamos ir completando, na medida das nosas posibilidades. A súa lectura ben podería ser unha enriquecedora experiencia para comprender a historia das artes escénicas en diferentes países. E concretamente en Galicia a través das páxinas de […] - [FTMC Boletín Informativo nº 28](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-28/): Abril- maio- xuño 2023 Velaquí unha nova edición, o número 28, deste Boletín Informativo, que coincide coa primavera e a entrada  do verán. Este trimestre e o vindeiro, imos dedicarllo á difusión dunha pequena xoia esquecida que hai á disposición do público  no FTMC da Biblioteca Pública de Cangas: A hemeroteca teatral. Nos seus andeis poderedes consultar revistas de teatro editadas na actualidade como Artez ou Primer Acto mais tamén outras xa desaparecidas como El Público ou Escaramuza. Nesta primeira entrega presentamos Art Teatral editada en Valencia, Pipirijaina de Madrid, CasaHamlet de Galicia e Artistas Unidos de Portugal. - [MEC Organizer Details Single Page](https://erreguete.gal/mec-organizer-details-single-page/): [advanced-organizer-single-public] - [MEC Location Details Single Page](https://erreguete.gal/mec-location-details-single-page/): [advanced-location-single-public] - [FTMC. Boletín Informativo nº 27](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-27/): Xaneiro – febreiro – marzo 2023 Comezamos este ano 2023 animando a visitar o FTMC na Biblioteca Pública de Cangas na Casa de Cultura. Seguro que alí, lectora ou lector,  se che gusta o teatro, atoparás algo que che interese. Para abrir o apetito e visitar a biblioteca teatral  podes consultar antes os boletíns anteriores editados nesta web. Nesta 27 entrega do Boletín ofrecemos: un fermoso conto en portugués e castelán de Moncho Rodríguez,  actor e director recentemente falecido; as actas do Congreso sobre Rafael Dieste; unha profunda investigación sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño e unha moi interesante crónica […] - [FTMC. Boletín Informativo nº 26](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-26/): Outubro-novembro- decembro 2022 Rematamos con esta entrega a edición deste Boletín Informativo en 2022 presentando 6 títulos sobre teoría e técnica teatral, de ensaio e investigación e un bo feixe de textos dramáticos en lingua galega, portuguesa e castelá. O noso é puro teatro! - [Últimos artigos](https://erreguete.gal/ultimos-artigos/): Últimos artigos Novas A compañía de teatro físico Mevadeus estrea en Vigo ‘Outrora Nós’ Novas Teatro del Andamio celebra 20 anos cunha programación especial e un documental Opinión Focos, semiótica e outras formas de intromisión Festivais A programación do Galicreques 2022 aposta polos monicreques para adultos Certames A AELG fai públicas as bases para participar no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir Ver máis Facebook Twitter Linkedin Instagram - [Axenda](https://erreguete.gal/axenda/): Consulta a axenda de espectáculos e actividades Queres ver o teu evento na nosa axenda? Podes enviarnos a información mediante o noso formulario de eventos.   [MEC_fes_list]     - [FTMC – Boletín Informativo nº 25](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-no-25/): Xullo-Agosto-Setembro 2022 Neste boletín, convidámosvos a un gratificante baño de verán. Mergullándose, atoparedes un torneo de dramaturxia, a memoria histórica e persoal dunha actriz, unha trama chea de terror e surrealismo, o drama dunha muller emigrante africana e algunhas outras historia que poderedes descubrir nese mergullo. Glupp! - [Enviar evento](https://erreguete.gal/enviar-evento/) - [Anúnciate na erregueté](https://erreguete.gal/como-anunciarse/): Anúnciate connosco! A única publicación de artes escénicas de Galicia Web ou papel? Solicítanos información sen compromiso Queres anunciarte na erregueté? Iso alédanos! Cada unha das nosas versións ten un público específico, polo que podes optar por anunciarte na web ou na revista en papel —ou nas dúas á vez—. Se tes dúbidas, ponte en contacto connosco. Envíanos un correo electrónico a publicacion@erreguete.gal ou cubre este sinxelo formulario especificando onde queres anunciarte: web ou revista. En canto poidamos, porémonos en contacto contigo. Consulta as nosas tarifas, pero lembra tamén contactar connosco para ver todas as posibilidades. Consulta as nosas tarifas Falamos? Por favor, activa […] - [FTMC - Boletín Informativo nº 24](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-no-24/): Abril-Maio-Xuño 2022 Ibsen, Valle Inclán, Manuel María, clásicos recreados cunha mirada contemporánea por artistas deste país. E unha aproximación, desde o teatro, para procurar o camiño da identidade, individual e colectiva, da identidade galega. Velaquí cal é o noso convite para entrar neste boletín 24 do Fondo Teatral María Casares. - [FTMC - Boletín Informativo #23](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-23/): Xaneiro-Febreiro-Marzo 2022 Debido a cuestións organizativas, durante este ano 2022 a periodicidade deste Boletín será trimestral. De todos os xeitos os seus obxectivos seguirán a ser os mesmos: dar conta dos fondos de libros e revistas de teatro e danza que están a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca Central Pública de Cangas. Tentarase que esta información recolla tanto os materiais xa existentes coma as novas achegas e asemade en cada un dos boletíns a escolma prestará atención ao que lle poida interesar aos profesionais, aos afeccionados e ao teatro escolar. Unha orientación xurídica para a creación artística en […] - [FTMC Boletín Informativo # 22](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-22/): Novembro-decembro 2021 Nesta última entrega de 2021, facemos referencia en primeiro lugar a un volume que recolle diferentes achegas teóricas sobre un tema que coidamos de sumo interese para o futuro do teatro galego: a residencia teatral. A memoria histórica sobre o traballo xa realizado cómpre tela en conta para seguir avanzando. Recomendamos de novo a lectura, ou a consulta, dun novo estudo sobre o Teatro Popular Portugués. Se no boletín anterior citamos o patrimonio teatral da rexión de Trás os Montes agora é a quenda das representacións populares entre o Douro e o Miño. Unha intrigante historia dramática escrita por […] - [FTMC Boletín informativo #21](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-21/): Comunicámoslle a todas as persoas interesadas que a partir  deste número  vinte e un, a periodicidade do Boletín será bimensual. Abrimos con dous libros de mulleres galegas, unha dramaturga e actriz a outra, xa falecida, mais de feliz memoria no teatro galego. Nos andeis do FTMC da Biblioteca Pública de Cangas é posible atopar auténticas alfaias bibliográficas. Esta que agora salientamos forma parte dun tesouro sobre o teatro popular portugués. E seguen as presentacións cun libro que indaga sobre as relacións entre filosofía e traxedia para rematar cun dramaturgo francés do século XVIII. - [FTMC – Boletín informativo # 20](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-20/): Os tres primeiros títulos que presentamos neste vixésimo  boletín son novidades absolutas que irán a engrosar o FTMC da Biblioteca Pública de Cangas. Unha mostra da continúa renovación, tanto en libros como na súa hemeroteca teatral, deste específico servizo bibliotecario. Os dous volumes seguintes, que xa formaban parte del, destacámolos sobre todo polo seu interese pedagóxico. - [FTMC – Boletín informativo # 19](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-19/): Xullo 2021 Abrimos este boletín de verán do Fondo Teatral María Casares coa presentación de dúas obras escritas por autoras latinoamericanas e un texto teórico-práctico, sobre o traballo coa voz, dun profesor de conservatorio. Deseguido, vai un volume sobre a danza, dous ensaios sobre teatro popular e pechamos coa lembranza dunha revista de teatro de Galicia e do norte de Portugal. Bo verán e proveitosas lecturas de teatro! - [FTMC – Boletín informativo # 18](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-18/): Xuño 2021 Ofrecemos para este mes de xuño un saboroso e nutricio cóctel de lecturas teatrais nunha nova entrega do Fondo Teatral María Casares. Os seus ingredientes: dramaturxia galega contemporánea mesturada con contos portugueses (moi axeitados para levar ao teatro) e humor francés. Bo proveito! - [FTMC – Boletín informativo # 17](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-17/): Maio 2021 Comezamos esta entrega do boletín de maio do Fondo Teatral María Casares, con dúas referencias ao tema “Teatro e Segunda República Española” que deixamos pendentes no anterior boletín. Deseguido, presentamos un estudo sobre Álvarez Blázquez, importante figura da cultura galega; dous textos dramáticos contemporáneos de Teatro en Vilo e Roi Vidal; e un libro conmemorativo do Festival Cómico de Maia, en Portugal. - [FTMC – Boletín informativo # 16](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-16/): Abril 2021 14 de Abril de 1931. Neste 2021 celebramos o 90 aniversario da proclamación da II República Española. Na súa memoria -e reivindicación- presentamos dúas revistas e dous libros do Fondo Teatral María Casares que fan referencia, desde diferentes perspectivas, a ese período crucial da nosa historia. Faremos, tamén, referencia a un texto en lingua portuguesa, rematando esta nova entrega do boletín co comentario de dous libros en galego. - [FTMC – Boletín informativo # 15](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-15/): Marzo 2021 Para esta primavera recomendamos que procuredes entre os andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas, no Fondo Teatral María Casares, os seguintes libros en castelán e galego, así como unha revista en portugués.    - [FTMC – Boletín informativo # 14](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-14/): Febreiro 2021 Nesta nova entrega do Fondo Teatral María Casares, presentamos catro títulos sobre as artes escénicas que se poden consultar na Biblioteca Pública Central de Cangas. Un texto en galego, O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte; dous  2 textos en castelán, La máquina de abrazar de José Sanchis Sinisterra e Baile de huesos de Elena Belmonte; e, finalmente, unha revista brasileira, Ouvirouver, dedicada á investigación en artes escénicas. O teatro tamén se le!  - [FTMC – Boletín informativo # 13](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/ftmc-boletin-informativo-13/): Xaneiro 2021 Imos continuar neste ano 2021 coa publicación mensual deste Boletín Informativo. O seu obxectivo é duplo: por unha banda, informar sobre as novas adquisicións de libros e revistas de teatro que van enriquecendo o Fondo Teatral María Casares; mais, tamén, lembrar títulos significativos que foron conformando o FTMC ao longo dos últimos vinte e cinco anos. Convidamos a abrir as portas dos números anteriores do Boletín para descubrir a variada oferta de teatro para ler e, por que non, para representar. Todos eles, na Biblioteca Pública de Cangas. Neste número 13 presentamos como novas achegas: La sorpresa del amor/La […] - [Inicio](https://erreguete.gal/inicio/) - [FTMC - Boletín informativo # 12](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-12/): Decembro 2020 Rematamos o último boletín deste malfadado ano 2020, animando a visitar o FTMC que se enriquece con tres novos títulos: Malcriada, Paisajes escénicos e Violência. Ademais de salientar Unha rosa é unha rosa e Seis personajes en busca de autor, dúas obras que xa formaban parte dos máis de novecentos volumes de teatro que se poden consultar na Biblioteca Pública de Cangas. - [Aviso Legal e Política de Cookies](https://erreguete.gal/aviso-legal/): Aviso Legal e Política de Cookies   LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.) , dáse a coñecer a seguinte Información Xeral: Que o dominio www.erreguete.gal a partir de agora sitio web está rexistrado a nome de Asociación Cultural Entre Bambalinas con CIF: G36209062 e domicilio social en r/Fuxón, 15 36950 Moaña (Galicia). CONDICIÓNS DE USO I.- USUARIOS/AS O acceso a e/ou uso do sitio web de https://www.erreguete.gal, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, […] - [Política de Privacidade](https://erreguete.gal/politica-privacidade/): Política de Privacidade 1. QUEN INFORMA REVISTA GALEGA DE TEATRO, ERREGUETÉ é unha publicación web e en papel editada e xestionada pola  Asociación Cultural Entre Bambalinas con CIF: G36209062 é a responsábel do tratamento dos datos persoais dos nosos/as usuarios/as. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais, ou Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. A ERREGUETÉ comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal […] - [Subscrición ao boletin](https://erreguete.gal/subscribete-boletin/): Erregueté no teu email Subscríbeteao boletín - [A miña conta](https://erreguete.gal/a-mina-conta/) - [FTMC – Boletín informativo # 11](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-11/) - [FTMC - Boletín informativo # 10](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-10/): Outubro 2020 Nesta décima entrega do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas, correspondente ao mes de outubro, achegámonos aos oficios do teatro a través da obra do dramaturgo e guionista Enrique Jardiel Poncela; ás pezas do coruñés Raúl Dans, Unha corrente salvaxe e Historia dunha descoñecida, publicadas recentemente por Laiovento; á programación dun obradoiro de expresión dramática deseñado por Fernando Bercebal; e, finalmente, á adaptación escénica de José Caldas dos contos tradicionais dos irmáns Grimm. - [FTMC – Boletín informativo # 9](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-9/): Setembro 2020 Novena entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, na que descubrimos o teatro semiprofesional de Porto nas décadas dos 70 e 80; adentrámonos no universo de Antonio Piazza coa novela La actriz; coñecemos o teatro de Xosé Vázquez Pintor da man de Manuel Lourenzo; e repasamos a carreira dunha das grandes actrices da escena e das pantallas galegas, Marisa Soto.   - [FTMC – Boletín informativo # 8](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-8/): Agosto 2020 Seguimos informando sobre os libros e revistas de teatro que integran o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Nesta entrega falamos dunha obra que aínda está xirando por varias zonas de la península e que axiña estará en Galicia: Rottweiler, de Guillermo Heras; do vixésimo quinto aniversario da compañía Sarabela, unha das que posúen máis historia no nosos país; dun ensaio sobre música escénica de Tomás Marco, un compositor cunha dilatada carreira neste campo; e, finalmente, de ADE, a revista da asociación española de directores de escena, que xa vai polo seu número 180. - [FTMC – Boletín informativo # 7](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-6-2/): Xullo 2020 Sétima entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, onde descubrimos recursos relacionados cos títeres tradicionais (Morreu o demo, acabouse a peseta con realización da Asociación Cultural Morreu o demo; co teatro afeccionado (Vinte obras de teatro afeccionado, de Pepe Peinó, con prólogo de Manuel Lourenzo e Ilustracións de Pepe Blanco; coa mecánica da carne do poder (105 PASOS o la mecánica de la carne, de Pedro Fresneda, con prólogo de Julio Fernández Peláez); e coa obsolescencia programada (O Fim do Fim de Joâo García Miguel).   - [Fondo Teatral María Casares](https://erreguete.gal/fondo-teatral-maria-casares/): Fondo Teatral María Casares (FTMC) O Fondo Teatral María Casares está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo (Praza de San Xoán nº 10) e é o resultado dun convenio impulsado por Xosé Manuel Pazos Varela e asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da erregueté | Revista Galega de Teatro e a Compañía Teatro de Ningures. Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dúas entidades vaise enriquecendo progresivamente grazas ás continuas achegas de libros e revistas que, recibidas na redacción, se reseñan na erregueté […] - [FTMC – Boletín informativo # 6](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-6/): Xuño 2020 Neste entrega do boletín presentamos recursos en galego, castelán, francés e portugués, mostra da diversidade que se pode atopar dentro do fondo. En particular falamos de A casa de Grey Gardens de Manuel Román (tradución ao galego de Antela Cid), Tadeusz KANTOR – Photographies de Caroline Rose, Fiestacultura: Revista especializada en teatro de calle y fiesta (verano 2020 nº 83) e Aquilo que os olhos vêem ou Adamastor de Manuel António Pina. - [FTMC - Boletín informativo # 5](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-5/): Maio 2020 Aínda que o estado de alarma sanitaria polo Covid 19 segue vixente, nós “resistiremos” mantendo a periodicidade mensual informando sobre os libros e revistas de teatro que integran o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Nesta entrega falamos dos Cadernos da Escola de Imaxe e Son da Coruña, da versión de Manuel Guede Oliva e Eduardo Alonso de Tagen Ata (de X.L. Méndez Ferrín), de En el hoyo de las agujas de José Luis Miranda e Recreo de Manuel Veiga, gañadora e finalista respectivamente dos Premios Lope de Vega de 1995 e Artez, la revista de […] - [FTMC - Boletín informativo # 4](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-4/): Abril 2020 Estamos xa no mes de abril e aínda estamos confinados nas nosas casas pola pandemia do Coronavirus. Mais xa se albisca o remate do túnel e mentres tanto continuamos resistindo e agardando pola vida que se agocha nos libros de teatro. Na entrega deste cuarto boletín seguimos informando dalgúns libros especialmente dedicados para a infancia e a mocidade. En particular Teatro por y para niños de Dant Bont, Xogando con gatos de Antón Cortizas (ilustracións de Leandro Lamas) e O Rei Lear. Romeo e Xulieta de William Shakespeare e a versión de Eduardo Alonso/ Cándido Pazó. - [FTMC - Boletín informativo # 3](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-3/): Marzo 2020 Publicar o número 3 deste Boletín Informativo nestes días de confinamento nas nosas casas debido a pandemia da Covid-19, é un xeito de resistencia, de afirmación da vida e de esperanza. Algún día, que non está lonxe, poderemos de novo visitar o Fondo Teatral María Casares (FTMC) da Biblioteca Pública de Cangas para ler e representar xuntos TEATRO! - [FTMC - Boletín informativo # 2](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-2/): Febreiro 2020 Nesta segunda entrega do Boletín Informativo continuamos recomendando algúns libros de teatro dirixidos fundamentalmente ao profesorado de ensino primario e secundario que se poderán atopar nos andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas onde está ubicado o FTMC. - [FTMC - Boletín informativo # 1](https://erreguete.gal/ftmc-boletin-informativo-1/): Xaneiro 2020 Comezamos este boletín informando sobre algúns libros de teatro que poden interesar tanto ao profesorado de ensino primario como secundario. Este nº 1 do boletín está dedicado a libros de teatro para a infancia e a mocidade porque, xa o sabemos, todo agroma nestes primeiros anos da vida. E o TEATRO, así con letras maiúsculas , é un recurso pedagóxico fundamental. - [Cadernos PLATTA](https://erreguete.gal/cadernos-platta/): Os CADERNOS PLATTA nacen directamente ligados ao Premio Platta de Teatro Breve impulsado desde a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que conforman a erregueté | Revista Galega de Teatro, a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo / TEIA – Teatro em Iniciativa Associativa. O Premio naceu como resposta natural á demanda de textos cos que nutrir os obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas (galego, castelán e portugués) que cada ano se celebran no marco dos festivais transfronteirizos da Plataforma e […] - [Cadernos Pygmalión](https://erreguete.gal/cadernos-pygmalion/): Coa intención de reforzar a presenza do teatro e da literatura dramática entre o público adolescente, a erregueté | Revista Galega de Teatro colabora dende 2018 coa Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo coa edicion dos textos premiados no Certame de Teatro Breve. A intención é iniciar unha colección de dramaturxia breve ligada a este concurso que poida ser accesible dende a web e de cuxa impresión se encargue o centro organizador de cada edición.   Cadernos Pygmalión 01: A derradeira mentira, de Ana Díaz Sticotti e Pedra, papel e tesoira! de Yaiza Portela Costa. Cadernos Pygmalión 02: A metamorfose forzada ou xuízo nun […] - [Colección Banda Deseñada](https://erreguete.gal/coleccion-banda-desenada/):                                                      A Asociación Cultural Entre Bambalinas e a erregueté, guiadas sempre polo obxectivo fundamental de espertar o interese pola arte dramática, decidiu convocar, con caracter bianual, este certame que procura enriquecer, desde a linguaxedo cómic, o feito teatral. Como resultado deste certame a colección Banda Deseñada sobre Teatro está formada por:  Doentes de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Brais Rodríguez Hamster de Santiago Cortegoso, en versión de Diego Campos Belicosario de Manuel Lourenzo, en versión de Juan Molina; 2132 de Roberto […] - [How to disable adblockers?](https://erreguete.gal/how-to-disable-adblockers/): Thank you for deciding to whitelist out site. Here’s how to do it: Adblock Plus To whitelist us with Adblock Plus please do the following steps: Click the Adblock Plus icon. Click “Enabled on this site”. In Firefox Click “disable on the site”. Reload the page. Adblock To whitelist us with Adblock please do the following steps: Click the Ad Block icon. Click “Don’t run on pages on this domain”. Reload the page. Ghostery To whitelist us with Ghostery please do the following steps: Click the Ghostery icon. Click “Whitelist site” or “trust site” depending on the version of the plugin. Reload […] - [Textos](https://erreguete.gal/textos-2/): Edición de textos   A partir do número 8, a RGT comezou a editar, dentro da mesma publicación, textos dramáticos. Inaugurou a colección 2132 un texto que nos ofreceu Roberto Vidal Bolaño cando lle comentamos o proxecto; a súa factura pode resultar dramaticamente heterodoxa xa que o propio autor o definiu como “fragmentos dun guión para un cómic”. Tamén de Vidal Bolaño é Memoria de mortos e ausentes, edición de Pedro P. Riobó, publicado nun número especial dobre que lle dedicamos. Seguindo cos creadores galegos, apareceron textos, entre outros, de Euloxio R. Ruibal, Jenaro Mariñas do Val, Luísa Villalta, Manuel Forcadela, Xesús Pisón, Liño Braxe, Constantino Rábade, […] - [Premios](https://erreguete.gal/premios-2/): Premios   Ao longo da súa traxectoria, a revista recibiu os seguintes premios: VII Premio Xiria ao Labor Teatral 1993 Medalla ADE 2006 Medalla CELCIT 2010 Premio FEGATEA 2010 Premio MÁCARA Teatro 2011 Premio de Honra ABRENTE 2013 Premio de Honra Marisa Soto 2016 da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Premio da Crítica de Galicia en Artes Escénicas 2021         Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro:   A Revista Edición de textos dramáticos Certame Galego de BD sobre teatro Fondo Teatral María Casares PLATTA Encontro Ibérico de Revistas de Teatro Difusión da dramaturxia […] - [PLATTA](https://erreguete.gal/platta/): IV Premio Platta de Teatro Breve IV Premio Platta de Teatro Breve Bases Premio PLATTA O premio ten o obxectivo de estimular a escrita teatral e a súa difusión en galego, castelán e portugués. BASES Premio PLATTA 2023 00Días 00Horas 00Min 00Seg Presentación de obras Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.Nome e apelidos / Nombre y apellidos / Nome e sobrenome *Email *Título obra *Obra (formato .pdf) * Arrastra os arquivos ou preme aquí Cargar archivos Upload upto 1 Files. Tamaño máximo100 MB O nome do arquivo debe ser o título da obra. El nombre del […] - [Formación de públicos](https://erreguete.gal/formacion-de-publicos/): Formación de públicos   A formación de públicos constituiu sempre unha das principais preocupacións do programa da erregueté | Revista Galega de Teatro, que comezou facendo lecturas dramatiadas dos textos que publicaba. Coa intención de difundir a revista, mais tamén de achegar ao público o teatro que contén, con cada número organizouse , dende o principio, unha presentación acompañada dunha actividade determinada (obradoiros, coloquios, performances, lecturas dramatizadas…). Ao longo dos anos, a erregueté multiplicou as accións neste eido, e nos últimos anos ten realizado en diferentes puntos de Galicia e Portugal intervencións de diversa índole, dentro dos cales se poden mencionar, […] - [Encontro Ibérico de Revistas](https://erreguete.gal/encontro-iberico-de-revistas/): Encontro Ibérico de Revistas de Teatro   Coa intención de dar a coñecer a realidade das diferentes publicacións periódicas sobre artes escénicas e reflexionar sobre a súa propia condición, a erregueté – Revista Galega de Teatro, en colaboración con Cena Lusófona, de Coimbra, organizou diferentes encontros ibéricos de publicacións periódicas sobre artes escénicas: 2008, no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas no 2010, tamén no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas no 2011 dentro do Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica do Porto no 2011. Nos dous primeiros encontros, celebrados en Cangas, asistiron publicacións […] - [Difusión da dramaturxia](https://erreguete.gal/difusion-da-dramaturxia/): Difusión da dramaturxia contemporánea   A erregueté – Revista Galega de Teatro aproveita a aparición de cada número da revista para dar a coñecer, por medio de lecturas dramatizadas, os autores e a súa obra, tanto en Galicia coma fóra dela. Preparamos as lecturas de tal xeito que poidan participar nelas tanto actrices e actores profesionais como afeccionados. Algúns casos de especial repercusión foron: a lectura na RESAD de Madrid da obra Terra polo medio de Ernesto Caballero, na que participaron intérpretes galegos estudantes de Arte Dramática con dirección de Ricardo Solveira; no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, a lectura do texto Act-Tress, de Xosé […] - [Banda Deseñada](https://erreguete.gal/banda-desenada/): Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro    A Asociación Cultural Entre Bambalinas guiada sempre polo obxectivo fundamental de espertar o interese pola arte dramática, decidiu convocar, con caracter bianual, este certame que procura enriquecer, desde a linguaxe do cómic, o feito teatral. Como resultado deste certame a colección Banda Deseñada sobre Teatro está formada por: Doentes de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Brais Rodríguez; Hamster de Santiago Cortegoso, en versión de Diego Campos; Belicosario de Manuel Lourenzo, en versión de Juan Molina;  2132 de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Diego Blanco; Imundação de Marta Freitas, en versión de Diego Blanco; e Caixa negra, de Fernando Epelde, en versión de […] - [Update Billing Card](https://erreguete.gal/update-billing-card/): [rcp_update_card] - [Your Membership](https://erreguete.gal/your-membership/): [subscription_details] - [Welcome](https://erreguete.gal/welcome/): Welcome! This is your success page where members are redirected after completing their registration. - [Register](https://erreguete.gal/register/) - [Members](https://erreguete.gal/members/) - [Todos os artigos](https://erreguete.gal/todos-os-artigos/) - [Textos editados](https://erreguete.gal/textos/): Textos publicados na RGT “2132” (Exercicios para debuxantes intrépidos) Roberto Vidal Bolaño [RGT nº 8] Dito da herbería, Ruteboef / O arqueiro franco de Bagnolet, anónimo; traducción, Henrique Harguindey [RGT Nº 9] Mulieribus Dorotea Bárcena [RGT nº 10] Revelación e rebelión do teatro: misterio polemístico (sobre Gordon Craig) nunha xornada traducción, Yolanda Álvarez e Manuel Docampo [RGT nº 11] Tratado mínimo da arte da escena, Rafael Dieste; traducción, Trinidad González [RGT nº 11] A gaiola Jenaro Mariñas del Valle [RGT nº 12] Desourentación Fernando Osorio do Campo [RGT nº 13] Ourense empalme Vicente Montoto [RGT nº 14] Camiña xogando Alfonso Armada; traducción, María Lourdes Vega […] - [Quen somos?](https://erreguete.gal/historia/): A Revista A erregueté | Revista Galega de Teatro existe dende 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas. A revista está editada por unha asociación cultural sen ánimo de lucro, Entre Bambalinas. A liña editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro sempre estivo marcada pola independencia, a honestidade e o rigor informativo e o seu obxecto preferente son as artes escénicas, na súa ampla diversidade e heteroxeneidade. A erregueté | Revista Galega de Teatro conxuga información, creación, divulgación e estudo. Así, publica críticas, reportaxes, crónica de festivais, recensións de libros, ensaios sobre un determinado aspecto relacionado […] - [Contacto](https://erreguete.gal/contacto/): erregueté | Revista Galega de Teatro   Enderezo Apartado 210 | 36940 Cangas   Mail Redación e notas de prensa comunicacion@erreguete.gal Xestión de subscricións subscricions@erreguete.gal Publicidade e facturación publicacion@erreguete.gal   Na rede www.erreguete.gal Facebook | Twitter | Instagram | YouTube - [Os máis lidos](https://erreguete.gal/mais-lidos/) - [Page without sidebar](https://erreguete.gal/page-without-sidebar/): Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Suspendisse facilisis eros risus. Nam massa sem, commodo ut tellus et, venenatis fermentum sapien. Aenean id augue hendrerit, rhoncus augue eget, vulputate risus. Quisque ultricies eros sem, dapibus imperdiet lorem gravida ac. Curabitur sit amet quam pellentesque nisi faucibus tempus. Integer eu lacus risus. Morbi eleifend ut enim eget ornare. Nunc ultrices nisi ipsum, elementum dictum nulla porta ac. Nam vitae lacinia odio. Aenean mattis in ex ut pulvinar. Integer eget imperdiet magna. Pellentesque erat purus, dignissim sit amet hendrerit non, scelerisque sed ante. Suspendisse vel ante dolor. Sed id odio eu ante […] - [Page with sidebar](https://erreguete.gal/page-with-sidebar/): Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Suspendisse facilisis eros risus. Nam massa sem, commodo ut tellus et, venenatis fermentum sapien. Aenean id augue hendrerit, rhoncus augue eget, vulputate risus. Quisque ultricies eros sem, dapibus imperdiet lorem gravida ac. Curabitur sit amet quam pellentesque nisi faucibus tempus. Integer eu lacus risus. Morbi eleifend ut enim eget ornare. Nunc ultrices nisi ipsum, elementum dictum nulla porta ac. Nam vitae lacinia odio. Aenean mattis in ex ut pulvinar. Integer eget imperdiet magna. Pellentesque erat purus, dignissim sit amet hendrerit non, scelerisque sed ante. Suspendisse vel ante dolor. Sed id odio eu ante […] - [Ocorreu algo inesperado](https://erreguete.gal/yorick/): Iso é o que parece… Cada minuto, os usuarios de YouTube cargan centos de horas de vídeo novo e os usuarios de Instagram comparten máis de 10.000 fotos novas. Non se che ocorra mirar ao usuarios de Twitter que envían máis de 100.000 chíos… Tamén os usuarios de Facebook comparten máis de 1.000.000 de pezas de contido. É un xogo de números… Pero ti non! Oh nooon, ti es diferente. Es totalmente diferente! Decidiches ler a erregueté | Revista Galega de Teatro, a única publicación especializada en Artes Escénicas de Galicia —agora espera, porque aquí vén a mellor parte— decidiches facer […] - [Tendencia](https://erreguete.gal/trending/) - [Popular](https://erreguete.gal/popular/) ## Optional - [Agent (MCP protocol)](websites-agents.hostinger.com/erreguete.gal/mcp) [comment]: # (Generated by Hostinger Tools Plugin)