Fernando Saldaña

O Festival Atlántica expándese por Ferrol, Teo e Ourense nesta fin de semana

Ferrol O Festival Atlántica volve encher de contos Ferrol este ano con media ducia de funcións gratuítas grazas á colaboración da Deputación da Coruña e do Concello da vila. Os narradores Sandra Araguas, Fernando Saldaña, José Luis Gutiérrez ‘Guti’, Aline Cântia e Chicó do Céu van protagonizar as funcións para nenos e maiores programadas entre […]

Guillermo Heras

Seminario de Dramaturxia e Lectura Dramatizada con Guillermo Heras en Viana do Castelo

Actualización [9 de marzo]: De acordo coas medidas de prevención actuais, o Seminário de Dramaturgia e Leitura Dramatizada impartido por Guillermo Heras queda adiadio para o mes de novembro.   O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana organiza o Seminário de Dramaturgia e Leitura Dramatizada dirixido por Guillermo Heras, do 10 ao 14 […]

Viana do Castelo recebe un Seminario sobre Teatro Contemporáneo de Alexandra Moreira da Silva

Este sábado, 22 de febreiro, ás 15:00, no Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo, terá lugar o Seminário “Tendências do Teatro Contemporâneo”, dirixido por Alexandra Moreira da Silva.   Promovido polo Projeto Comunidade do Teatro do Noroeste – CDV, este é o primeiro dunha serie de Seminarios Teórico-Prácticos que […]

‘Elisa e Marcela’ de A Panadaría, Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura

Elisa e Marcela, a montaxe da compañía A Panadaría, vén de recibir o Premio Las Horas do Festival Internacional de Cine LGBT de Extremadura. A gala de entrega dos premios será este sábado 16 ás 22:00 no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badajoz. Gena Baamonde, directora do espectáculo, recollerá o premio. Elisa e Marcela é unha […]

Fin de semana ateigada de novidades no FIOT de Carballo

O festival estrea O electo, trae o Hamlet do Chapitô, e despide o III Certame de Micro-escenas Metro Cadrado, entre outras actividades. Ademais, o FIOT propón a presentación aberta ao público do texto teatral da obra Habitada, escrita pola carballesa Olívia Pena e editada pola erregueté.   O 28º Festival Internacional Outono de Teatro afronta desde mañá a […]

La Quintana estrea a versión en galego de ‘Desde o invisible’ en Compostela

Á primeira representación seguirá un coloquio co equipo artístico e a do sábado será precedida da película A gran voda 2.0.   A compañía La Quintana Teatro traerá esta semana a Santiago de Compostela Desde o invisible, a súa primeira e aplaudida produción, gañadora do premio Max a mellor espectáculo revelación en 2008 e que […]

Carlos Labraña

“Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza”, en Lisboa, con Carlos Labraña

Carlos Labraña visitará Lisboa nun acto organizado polo Centro Estudos Galegos da Universidade Nova Lisboa. Na súa estadía en Portugal Carlos Labraña participará nun coloquio con formato de conversa aberta co título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Será este sábado 28 de setembro, ás 19:00, na Fábrica Braço da Prata, […]

Quince compañías internacionais enchen Redondela de Títeres este sábado

A programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela refórzase este sábado con máis espectáculos itinerantes e música con compañías de El Salvador, Arxentina, Bélxica, Euskadi, Cataluña, Castela e León e Cantabria.   O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) desprega hoxe sábado un completo programa con 25 actividades a cargo […]

‘Eroski Paraíso’ gaña o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron onte a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Eroski Paraíso, de Chévere, editada por Kalandraka, foi a obra gañadora na categoría de Teatro. […]