| Foto: Tragaluz / AAAG | A MIT reunirá á escena galega e ao público nun acto institucional e civil que quere recordar o legado e a memoria da Asociación Cultural Abrente, que tanto significou para a vida teatral de Ribadavia e a historia do teatro galego, e para homenaxear ao finado actor ribadaviense […]
Procurando resultados para: ernesto is
Galicia Escena PRO comeza mañá en Compostela con seis espectáculos galegos
A carteleira inaugural ofrece as obras infantís Mai Mai, de Baobab, e Ummm!! de Avento; as montaxes Liberto, de Marelas, e Despois das ondas, de Butaca Zero; a peza de teatro-danza A Gala, de Licenciada Sotelo, e a proposta de rúa Oh!Limpiadas, a cargo de Sincronacidas. Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes […]
María Peinado: “Non ten sentido unha axuda á produción se despois a compañía non ten funcións”
Teatro da Ramboia vén de acadar o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais con O meu Mundo non é deste Reino, “unha proposta de gran coherencia co universo dramático do poeta lugués”, segundo a resolución do xurado. A compañía, formada por María Peinado, Fran Lareu e Anxo García, estreará a obra no próximo mes […]
María Casares regresa á Coruña como protagonista de ‘Despois das Ondas’
Este venres, no Teatro Colón, ás 20:30, a actriz María Casares volverá á escena como protagonista da obra Despois das ondas, de Ernesto Is, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña que agora converte en espectáculo teatral en coprodución con ButacaZero. As actrices Belén Constenla e Nerea Brey dan vida á actriz nunha […]
Narradorxs orais reclámanlle á Xunta a mellora da rede de contratación nas bibliotecas
O Colectivo de Narradoras e Narradores Orais de Galicia –integrado por 52 profesionais, asociacións, empresas galegas e cooperativas dedicadas á narración oral e que habitualmente desenvolven parte importante do seu traballo nas bibliotecas de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais– vén de asinar un manifesto […]
Obituario: Ernesto Chao
Ernesto Chao: un teatro nacional | Manuel Xestoso | A memoria adoita ser feble. A memoria do teatro, ademais, ten que encomendarse a instancias que non dependen exactamente da vivencia persoal: a crónicas, críticas ou relatos que van flanqueando a súa historia e que só ofrecen un reflexo imperfecto do que foi unha obra […]
Repulsa da AAAG ao titular de El Correo Gallego na morte de Ernesto Chao
A AAAG vén de facer público un comunicado en resposta ao tratamento informativo do falecemento de Ernesto Chao por parte de El correo gallego. Reproducimos aquí o contido íntegro da nota. Estimado director: A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión […]
AAAG lamenta o falecemento de Ernesto Chao
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fixo público un comunicado no que lamenta a morte de Ernesto Chao, no que lembra a valía da súa traxectoria, o seu papel fundamental na creación do teatro galego profesional e o seu compromiso coa defensa do sector. A AAAG manifesta o seu pesar polo […]
Convocado o XIII Premio Abrente de Textos Teatrais
A MIT de Ribadavia convoca a nova edición do Premio Abrente para textos teatrais, cunha dotación de 3.500 euros. A resolución da obra gañadora darase a coñecer no marco da 34ª edición do festival, que terá lugar entre os días 14-22 de xullo de 2018. O Premio Abrente, como se demostra coa obra dalgunhas autoras e autores […]
Rosa Álvarez recibe o Premio de Honra Marisa Soto
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Rosa Álvarez o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta actriz e directora teatral, auténtica pioneira do teatro profesional galego. O premio será entregado durante a gala dos XXII Premios María Casares, que se celebrará o vindeiro […]
Comeza a V edición do Metro Cadrado no FIOT de Carballo
Mañá, día 9, abrirán a mostra ‘A/O pesar do tempo’, de David Rodas González, e ‘Des-abonar’, de Arroutadas. O sábado 16 poderán verse ‘Na sombra, unha árbore’, de Ana Abad de Larriva; e ‘Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos’, de Núñez&Is (Jimmy Núñez e Ernesto Is). E o sábado 23 será a quenda de ‘A miña casa é un palco de música’, de Sara Guerrero; e de ‘OldPlay’, de Antón Coucheiro.
Agadic abre o proceso para a coprodución de ‘Relato para un incendio’
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou onte, na súa páxina web, a Resolución do 4 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral na temporada 2021-2022 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego. A peza, Relato para un incendio, do dramaturgo e membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, Ernesto Is, está dispoñible para consultar en liña ata a fin do prazo de presentación de propostas recollido nas bases.
Presentación do volume ‘DramaturGA 20’ en Pontevedra
O volume, publicado en Ediciones Invasoras, inclúe textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, Esther F. Carrodeguas, Julio Fernández, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte e constitúe unha escolma da literatura dramática contemporánea galega.
Á Feira Edicións publica catro obras en Dramaturxia Galega Actual vol. II
Esta edición supón unha aposta pola dramaturxia de novos autores e autoras que atopan dificultades para publicar as súas pezas teatrais. Trátase do segundo volume da colección de Dramaturxia Galega Actual que xa publicou no 2018 obras de autores como Ernesto Is, Esther Carrodeguas, Inherente Teatro ou Miguel Sande.
O FIOT de Carballo abre a convocatoria para a sexta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado
As propostas poderán ser tanto pezas orixinais como pezas xa estreadas, aínda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes escénicas) terá en conta a nova creación e, especialmente, a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia.
Ana Abad de Larriva obtén a bolsa de dramaturxia da Agadic co proxecto ‘Bailar no ceo’
A comisión de valoración destacou “o uso de diversas linguaxes á hora de artellar a proposta, así como unha temática atractiva e innovadora que permite a recuperación de figuras históricas en relación co noso tempo presente e potencia as figuras de mulleres pioneiras en distintos campos”.
A Agadic convoca a segunda edición da bolsa de dramaturxia do CDG
O prazo de presentación de proxectos de escrita dramática para participar na selección, que resultará na contratación da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do CDG, é de 20 días naturais a partir de hoxe.
Inversa Teatro estrea ‘O Péndulo’ dentro da programación de Vigocultura
Inversa Teatro estrea O Péndulo, unha obra de teatro-documento que ten como referencia temporal e conceptual a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia.
Roberto Pascual gaña o Premio Rafael Dieste cun texto sobre o papel da muller na inmigración
A obra Sophie non é o meu nome de guerra de Roberto Pascual foi a elixida polo xurado como gañadora do XX Premio Rafael Dieste 2021.
Maricón. No 21 do XXI e no 101
Maricón non debería ser un insulto nin unha sentenza de morte, como aconteceu hai uns días na Coruña e como leva acontecendo desde hai moito tempo. Estamos no ano 21 do século XXI e os discursos da ultradereita animan e alimentan a xenofobia, o machismo, a homofobia e outros xeitos de odio e terror. A educación, os escenarios, o cinema, a televisión… seguen a difundir e facer proselitismo, encuberto ou non, da norma heterosexual e da superioridade do home e do masculino e iso acaba por ter consecuencias.
A MIT de Ribadavia presenta DraMITurga
A actividade, organizada pola Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, e e MIT de Ribadavia, co apoio do Centro Dramático Galego, busca contribuír ao impulso da dramaturxia.
Unha nova etapa para a Asociación Galega de Dramaturxia
“Queremos, sobre todo, afirmarnos como interlocutores dentro do sector. Sabemos que o noso oficio ten moitas vertentes e queremos buscar o debido recoñecemento a todas elas”, expresa Zé Paredes, o novo presidente de DramaturGA.
Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria
Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
María Casares volve ao Salón Teatro no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego
Teatro e cinema mestúranse en escena. En vivo e en directo asistimos á xeración da película que vemos en pantalla. Anacos de documentais e filmes proxectados axudan a contar a vida da grande actriz. Tralo parón provocado pola Covid19, o I Congreso Internacional de Teatro Galego retoma o seu oco na axenda compostelana, e, […]