CDG

A nova produción do CDG contará cun elenco integramente feminino

Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron seleccionadas no proceso aberto pola compañía pública.   O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa única produción propia deste ano, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o […]

A Marabunta toma o Teatro Colón contra a violencia de xénero

Hoxe 23 de novembro, a partir das 18:00, A Marabunta tomará diversos espazos do Teatro Colón da Coruña. As áreas de Cultura e de Igualdade da Deputación da Coruña organizan esta proposta en que diferentes creadoras do panorama galego desenvolven performances especificamente pensadas para o espazo do Teatro Colón. Movemento, corpo, interacción co público, discurso… para […]

Nómades

Anécdota e efecto | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Foto Estudio |   O asunto da identidade de xénero ten tantas arestas que cómpre ter claro cal é o relato que queremos transmitir para ter éxito en vencer esas resistencias ao cambio de que facemos gala os seres humanos. A identidade adoita ser unha construción […]

Atenea García, de Xarope Tulú: “En Nómades tentamos definir moldes para logo cuestionalos”

Xarope Tulú desembarca esta tarde no Auditorio de Cangas ás 21.00 horas coa estrea de Nómades dentro da 35 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Dirixida por Gena Baamonde e cun elenco formado por Atenea García, Diego Martínez e María Roja, Nómades explora a diversidade e cuestiona o binarismo do ser home […]

Oito novos proxectos de danza nas Residencias RPM

Seleccionáronse as propostas de Javier Martín, Cris Balboa, Ánxela Blanco, Marco Antonio Regueiro Fariña, Luz Prado, Gena Baamonde, Laura Iturralde con Montse Piñeiro, e Federico Vladimir Strate Pezdirc con Pablo Esbert Lilienfeld   A organización de Residencias Paraíso deu a coñecer onte os oito proxectos de danza que recibirán apoio económico e técnico na segunda […]

O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017

O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal […]

Martes de Carnaval

A balsa do noso tempo | Laura Porto |     Logo dun longo barbeito por fin o público galego pode ver agromar os froitos do traballo de Valle-Inclán, na súa lingua propia e cunha equipa artística de aquí. Gostariamos de telo escoitado un pouco máis, por ser este o ano en que podemos facelo […]

El cuello de la jirafa

Físgoas de baleiro. (A elegancia da mirada). Roi Vidal Ponte   Hai cousas que existen e non se ven. Como o tempo. Como a impermanencia do presente. Ou como todo o que se agocha entre as fendas que unen e separan. Matarile é unha desas cousas. Raras. Polémicas. Únicas. Imprescindibles. Matarile non se ve, experiméntase. […]

30 e tantos ósos

Mulleres e circunstancias | Camilo Franco |   Todo ocorre dun xeito cruzado. Como se coherencia ou organización fosen marcas de orientación máis que sistemas. Pode ser que todo ocorra cun sentido, pero que nós o ignoremos. Nós que chamamos azar a todas as cousas das que ignoramos as causas. O azar como esa arañeira […]

Té con Kant

Luces, democracia, acción! | Roi Vidal Ponte |   Facer participar ás destinatarias é un dos clixés do mundo contemporáneo. Vémolo nas mensaxes sobreimpresionadas dos programas televisivos e nas acampadas nas prazas do Movemento Indignado. Tanto no Gran Irmán como na televisión á carta, agora é a audiencia a que decide. No teatro, hai xa […]

Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia

Segundo o xurado, Profetas “presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e física”. O xurado indica que “esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida, vemos que entre eles se acabou o amor, son conscientes, pero aos personaxes cústalles romper ese vínculo. O texto, maxistralmente escrito, ten un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz”.

Ernesto Is

‘Relato para un incendio’, de Ernesto Is, é o proxecto seleccionado na Bolsa de Dramaturxia da AGADIC

A Bolsa de Dramaturxia e Creación da AGADIC pretende favorecer a produción de dramaturxia galega contemporánea, impulsar a creación de espectadores para a dramaturxia galega, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, a busca da excelencia nos produtos culturais galegos. ‘Relato para un incendio’, o proxecto de Ernesto Is seleccionado nesta primeira convocatoria, desenvolverase nunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG).

‘Elisa e Marcela’ de A Panadaría, Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura

Elisa e Marcela, a montaxe da compañía A Panadaría, vén de recibir o Premio Las Horas do Festival Internacional de Cine LGBT de Extremadura. A gala de entrega dos premios será este sábado 16 ás 22:00 no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badajoz. Gena Baamonde, directora do espectáculo, recollerá o premio. Elisa e Marcela é unha […]