Cuarta edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”

A cuarta edición do programa Mulleres en acción. Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, comezou o pasado sábado 23 de novembro en Vigo, coa performance Nosotras de Nieves Correa. O programa continuará hoxe, 26 de novembro, na Praza da Peregrina de Pontevedra, ás 12:00 h, a través da acción escénica Amor de Helen Bertels, creadora, actriz, autora e […]

A Marabunta toma o Teatro Colón contra a violencia de xénero

Hoxe 23 de novembro, a partir das 18:00, A Marabunta tomará diversos espazos do Teatro Colón da Coruña. As áreas de Cultura e de Igualdade da Deputación da Coruña organizan esta proposta en que diferentes creadoras do panorama galego desenvolven performances especificamente pensadas para o espazo do Teatro Colón. Movemento, corpo, interacción co público, discurso… para […]

Xa se coñecen as compañías seleccionadas para Galicia Escena Pro

A sexta edición do mercado profesional de artes escénicas Galicia Escena PRO ofrecerá do 11 ao 14 de xuño en Santiago os novos espectáculos de 17 compañías galegas de teatro e de danza. Organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta programación completarase cunha sesión de […]

Textos editados

Textos publicados na RGT “2132” (Exercicios para debuxantes intrépidos) Roberto Vidal Bolaño [RGT nº 8] Dito da herbería, Ruteboef / O arqueiro franco de Bagnolet, anónimo; traducción, Henrique Harguindey [RGT Nº 9] Mulieribus Dorotea Bárcena [RGT nº 10] Revelación e rebelión do teatro: misterio polemístico (sobre Gordon Craig) nunha xornada traducción, Yolanda Álvarez e Manuel Docampo [RGT […]

Fémina Sapiens

Un horizonte moral de doce mil euros | Manuel Xestoso |   Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por […]

Té con Kant

Luces, democracia, acción! | Roi Vidal Ponte |   Facer participar ás destinatarias é un dos clixés do mundo contemporáneo. Vémolo nas mensaxes sobreimpresionadas dos programas televisivos e nas acampadas nas prazas do Movemento Indignado. Tanto no Gran Irmán como na televisión á carta, agora é a audiencia a que decide. No teatro, hai xa […]

CDG

Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG

O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.

Inicio

Gustavo del Río: “Para min é moi importante traballar sobre a diferenza. A necesidade de contar cousas que non son visíbeis” Posted on28 Setembro, 202125 Setembro, 2021 ACTUALIDADE O CDG e AveLina Pérez estrean ‘ECO’, unha peza inspirada nas mensaxes que deixaron os presos da Guerra Civil no Mosteiro de Oia 26 Setembro, 2021 Serva […]

Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.