Teatro do Atlántico leva a poesía á escena no seu novo espectáculo

Baixo o título De abrentes e ocasos, Teatro do Atlántico presenta un recital dramático de poesía galega contemporánea, escolleita e trabada segundo o motivo fundamental da reivindicación da lingua, da súa riqueza e da súa capacidade para a expresión tanto dos grandes problemas da condición humana como das esixencias e inquedanzas da actualidade. O espectáculo […]

“Lingua á Escena”, un programa destinado a promover o uso do galego

Os concellos poderán solicitar até o vindeiro 20 de febreiro os espectáculos da Rede Cultural da Deputación da Cultura que se inclúen nesta edición dentro do programa “Lingua á Escena” destinado a promover o uso do galego. Desde a Deputación da Coruña animan os concellos a ofrecer na súa programación os trece espectáculos do catálogo […]

Dinamo Producións estrea ‘Eu queríame casare’ con Pedro Brandariz e Lucía Veiga

Mañá, sábado 3 de febreiro, ás 20:00, Dinamo producións estreará no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, Eu queríame casare, unha comedia de Jose Prieto dirixida por Marita Martínez Arcay e protagonizada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga. Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón […]

camiños de ButacaZero

#camiños

O universal e o uniforme | Manuel Xestoso | | Foto: Javier Lojo |   Os procesos que nos conducen cara a iso que chamamos globalización poden tirar de nós cara a dúas realidades opostas: a universalidade e a uniformidade. Parece claro que non temos nada en contra de recibir culturas alleas nun intercambio xusto […]

O corazón do teatro galego

O FIOT presenta a programación da súa 26 edición O festival participa na produción de tres espectáculos: Muiñada de Galeatro, La última cena de Reckless Sleepers & Atresbandes, e Fillos do Sol de Contraproducións. O apoio a creadores emerxentes tradúcese na aparición de novos espazos como o Microteatro Metro Cadrado (M²). O programa inclúe 34 obras, […]

Comeza a XXXIII MIT Ribadavia 2017

A XXXIII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chega do 15 ao 24 de xullo cunha nova edición na que continúa coa aposta por prestar atención aos grandes mestres da escena mundial e a puxante tendencia de hibridación de xéneros escénicos.     De igual xeito, neste 2017 a MIT acolle un apartado especial adicado […]

Golem

Teatro 2.0   | Manuel Xestoso | | Foto: Bernhard Mueller |   É unha parábola de significado obvio: o Golem é ese ser mitolóxico que, creado a partir da materia inerte, foi concibido para servir ao ser humano e, ao final, acaba xerando máis problemas dos que resolve. O mito da tecnoloxía (ou, máis concretamente, […]

Son

Revisión homoerótica e mestiza da tradición | Afonso Becerra de Becerreá |     Pensar en danza galega, ou mesmo dicir «danza galega», alén da adscrición ás formas folclóricas e tradicionais da muiñeira e doutros paus, implica ir na busca de algo que estea máis alá do simple feito de producir no territorio de Galiza. […]

Textos editados

Textos publicados na RGT “2132” (Exercicios para debuxantes intrépidos) Roberto Vidal Bolaño [RGT nº 8] Dito da herbería, Ruteboef / O arqueiro franco de Bagnolet, anónimo; traducción, Henrique Harguindey [RGT Nº 9] Mulieribus Dorotea Bárcena [RGT nº 10] Revelación e rebelión do teatro: misterio polemístico (sobre Gordon Craig) nunha xornada traducción, Yolanda Álvarez e Manuel Docampo [RGT […]

Resaca

Teatro líquido | Manuel Xestoso | | Foto: Aitor Uve |     En Perplexo, a penúltima montaxe de ilMaquinario, filtrábase o pensamento de Zygmunt Bauman como sustento da idea de que o individuo contemporáneo perdeu os vínculos que o vencellaban coa sociedade e coas súas orixes. Os conceptos emanados do capitalismo globalizador –mobilidade, emprendemento, flexibilidade– […]