O corazón do teatro galego

O FIOT presenta a programación da súa 26 edición O festival participa na produción de tres espectáculos: Muiñada de Galeatro, La última cena de Reckless Sleepers & Atresbandes, e Fillos do Sol de Contraproducións. O apoio a creadores emerxentes tradúcese na aparición de novos espazos como o Microteatro Metro Cadrado (M²). O programa inclúe 34 obras, […]

Comeza a XXXIII MIT Ribadavia 2017

A XXXIII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chega do 15 ao 24 de xullo cunha nova edición na que continúa coa aposta por prestar atención aos grandes mestres da escena mundial e a puxante tendencia de hibridación de xéneros escénicos.     De igual xeito, neste 2017 a MIT acolle un apartado especial adicado […]

Golem

Teatro 2.0   | Manuel Xestoso | | Foto: Bernhard Mueller |   É unha parábola de significado obvio: o Golem é ese ser mitolóxico que, creado a partir da materia inerte, foi concibido para servir ao ser humano e, ao final, acaba xerando máis problemas dos que resolve. O mito da tecnoloxía (ou, máis concretamente, […]

Son

Revisión homoerótica e mestiza da tradición | Afonso Becerra de Becerreá |     Pensar en danza galega, ou mesmo dicir «danza galega», alén da adscrición ás formas folclóricas e tradicionais da muiñeira e doutros paus, implica ir na busca de algo que estea máis alá do simple feito de producir no territorio de Galiza. […]

Textos editados

Textos publicados na RGT “2132” (Exercicios para debuxantes intrépidos) Roberto Vidal Bolaño [RGT nº 8] Dito da herbería, Ruteboef / O arqueiro franco de Bagnolet, anónimo; traducción, Henrique Harguindey [RGT Nº 9] Mulieribus Dorotea Bárcena [RGT nº 10] Revelación e rebelión do teatro: misterio polemístico (sobre Gordon Craig) nunha xornada traducción, Yolanda Álvarez e Manuel Docampo [RGT […]

Resaca

Teatro líquido | Manuel Xestoso | | Foto: Aitor Uve |     En Perplexo, a penúltima montaxe de ilMaquinario, filtrábase o pensamento de Zygmunt Bauman como sustento da idea de que o individuo contemporáneo perdeu os vínculos que o vencellaban coa sociedade e coas súas orixes. Os conceptos emanados do capitalismo globalizador –mobilidade, emprendemento, flexibilidade– […]

Um punhado de terra

Alén do odio um punhado de terra   | Afonso Becerra de Becerreá | | Foto: Marcos Montelo |   Ás veces, no teatro, prodúcese unha incandescencia enriba do palco, que nos engaiola, como se fose unha lareira. De súpeto a actuación convértese nun alumear que parte da sinxeleza de elementos materiais, físicos, e tan […]

Dramaturxia das mulheres

Insubordinación posdramática das mulheres | Afonso Becerra de Becerreá |     O mundo, a visión do mundo, do mundiño pequeno no que vivimos, é unha necesidade perentoria para tropezarmos menos ou para tropezarmos mellor, ou sexa, con menos dor. Pero para iso non nos basta só cos nosos ollos e coas nosas entendedeiras, precisamos […]

Las Cervantas

Agora como entón | Camilo Franco |     Cervantes debería ser galego. De Cervantes, primeiro. Con ese apelido Saavedra e co patrocinio do Conde de Lemos. Con moitos oficios na súa biografía, de soldado a recadador de impostos, coa última opción da literatura e con esa inclinación á ironía imposible de disimular. Tan galego […]

Kairos, sísifos y zombis

A utilidade do teatro Manuel Xestoso   Resulta pouco probable que atopemos un zombi segundo os canons da cinematografía popular: un corpo acabado de exhumar, vestido con galdrapos, que deambula buscando alguén a quen morder. Pero vaiamos aos grandes almacéns e observemos as multitudes desorientadas, errando entre os expositores na procura de algo que consumir: […]

Noiteboa

Unha desgraza lixeira Roi Vidal Ponte   Iso que finalmente demos en chamar ‘audiovisual’ entrounos na vida dun xeito tan insistente que acabamos por aceptalo. Álex Sampayo procede dese mundo irmán e con Noiteboa dá no cravo dunha fórmula que debería achegar bastantes beneficios: rostros televisivos + comedia lixeira + toques emotivos. Na folla de […]

Fémina Sapiens

Un horizonte moral de doce mil euros | Manuel Xestoso |   Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por […]

Strpts. Mirlo & Rula

Transparencia | Manuel Xestoso | Georges Méliès –xunto cos irmáns Lumière, un dos pais do cinema moderno– procedía do mundo do teatro. Un teatro no que primaba o fantástico e a prestidixitación, con espectáculos nos que se combinaban pantomimas e lanternas máxicas, efectos especiais e ilusionismo. O importante era manter a fascinación do público, ocultándolle […]

Eurozone

A banca gaña | Manuel Xestoso |   Case dous anos despois da súa estrea, Eurozone segue amosando a súa pertinencia. Hoxe incluso podemos afirmar que o seu discurso se adiantou aos telexornais ao presentar realidades que na actualidade circulan polos medios de comunicación cunha desvergoña que xa non é quen de escandalizar: é o […]