Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria

Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.

Othello

Voadora estrea ‘Othello’ no Teatro de La Abadía

Tras A tempestade e O soño dunha noite de verán, Othello será o terceiro Shakespeare na traxectoria de Voadora. A compañía, dirixida por Marta Pazos, regresa ao madrileño Teatro de La Abadía, o cal coproduce a peza xunto á MIT de Ribadavia, o Teatro Nacional São João de Porto e Voadora. Nesta adaptación do clásico asinada polo dramaturgo Fernando Epelde, a compañía compostelá ofrece unha versión transgresora e atravesada pola posverdade e as violencias machistas, sen renunciar á hibridación de linguaxes e á plástica, selo de identidade das montaxes de Pazos.

Lara Hierro en FIOT en pausa

‘Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento’ gaña o Premio do Público do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado

Os asistentes recoñeceron tamén a actriz Iria Pinheiro como Mellor Intérprete desta edición do M2 polo seu papel no espectáculo Croquetas.   O público asistente á cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para […]

Prostitución | Andrés Lima | Carmen Machi, Nathalie Poza y Carolina Yuste

‘A xente 2.0’, ‘Liberto’ e ‘Prostitución’ pechan esta fin de semana o FIOT en pausa

O Fiot en pausa pecha esta fin de semana a súa programación. O programa promovido pola Asociación Cultural Telón e Aparte en colaboración co Concello de Carballo acolle desde este venres 16 ao domingo 18 de outubro unha intensa oferta para a fin de semana que inclúe espectáculos destacados do panorama escénico galego e estatal […]

Velocíclopes

O Festival Galicreques comeza mañá a súa 25ª edición con seis espectáculos

O XXV Festival Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde, celébrase entre o 10 e 18 de outubro.   O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña e do Instituto […]