Colectivo Glovo, galardoado no festival italiano CORPO MOBILE

Marrafa de Colectivo Glovo

A coreografía premiada foi ‘MARRAFA’, un extracto da peza ‘EM·NA’, estreada no 2021 e na que o xurado destacou o ambiente espiritual e a linguaxe coreográfica empregada.

Colectivo Glovo celebra o Día da Danza estreando ‘Alleo’

Alleo colectivo glovo

A compañía afincada en Lugo presenta a súa nova peza, ‘Alleo’, por primeira vez ante o público. Será en dous municipios da Costa da Morte.

O Colectivo Glovo presenta ‘Tabú’ no Teatro Ensalle

GLOVO

Os pases desta nova obra creada por Esther Latorre e Hugo Pereira, que tamén comparten escena con Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez, continuarán o sábado 2 e o domingo 3 no mesmo horario.

Colectivo Glovo convoca as residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando

Atopemonos bailando

As residencias van dirixidas a que profesionais da danza e artes do movemento, con sede en Portugal e España, presenten os seus proxectos para a realización dun máximo de 6 residencias artísticas e/ou de investigación (exclúense residencias técnicas) para ser realizadas entre os meses de maio e outubro de 2022 en Lugo.

A peza de videodanza ‘Materia Gris’, do Colectivo Glovo, foi seleccionada no Festival de Almada

Colectivo Glovo

A obra de videodanza ‘Materia Gris’, do Colectivo Glovo, foi seleccionada para participar no Festival de Almada. A peza é o resultado dunha colaboración da compañía de danza coa firma de moda Adolfo Domínguez.  En outubro de 2019, a compañía colaborou por primeira vez coa marca no desfile AD Runway FW19 OU, celebrado no casco […]

O CCG coproducirá as novas pezas de Elahood, Nova Galega de Danza e Colectivo Glovo

Atopemonos Bailando Lugo Elahood

Os novos espectáculos de danza ‘Nó’, da compañía Elahood; ‘Credo’, de Nova Galega de Danza, e ‘Tabú’, de Colectivo Glovo, serán coproducidos polo Centro Coreográfico Galego (CCG), segundo recolle a resolución publicada na web da AGADIC.

Atopémonos bailando (co Colectivo Glovo)… e bailemos para atoparnos

Atopémonos Bailando

A danza é xenerosa. Máis aínda, semella que non pode haber danza sen xenerosidade, sen esa entrega do corpo, da presenza, que nos remite a un aquí e un agora compartido.

Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza

Colectivo Glovo EM·NA

Colectivo Glovo ennmarca este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”.

‘Mapa’, do Colectivo Glovo, premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY.

Mapa

O Colectivo Glovo, formado pola galega Esther Latorre e o portugués Hugo Pereira, vén de recibir o primeiro premio pola súa coreografía Mapa na segunda edición de “Bailando con Piedras”, a competición de pezas de rúa do Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY. Mapa foi estreada no 2016 en Lados Danza en Valencia e […]

O Centro Coreográfico Galego estrea as coproducións ‘Credo’, ‘Tabú’ e ‘Figuras do limiar’

Figuras do limiar

Preséntanse ‘Credo’, de Nova Galega de Danza; ‘Tabú’, do Colectivo Glovo, e ‘Figuras do limiar’, de Javier Martín.

O Festival Cartografía en Movemento inicia hoxe en Lugo a súa décima edición

Cartografía en movemento

Obradoiros, proxeccións e artes vivas en espazos non convencionais son as propostas desta cita organizada pola Asociación 3monos e o Colectivo Glovo coa colaboración do Concello de Lugo, que se celebrará entre o 23 e o 24 de outubro.

‘Atopémonos Bailando’ leva a Lugo varias propostas de danza contemporánea galega

Colectivo Glovo

As xornadas, organizadas polo Colectivo Glovo, terán lugar os días 13, 16 e 17 de abril en distintos espazos da cidade.

EM·NA

Colectivo Glovo

EM·NA é a segunda peza do Colectivo Glovo de Lugo, formado por Esther Latorre (Lugo, 1990) e Hugo Pereira (Porto, 1994). Estreouse no Teatro Ensalle de Vigo, dentro do Festival Isto Ferve, o 26 de marzo de 2021, e puido verse tamén, nesa fin de semana, o 27 e o 28. EM·NA estivo en residencia na sala viguesa, onde Pedro Fresneda incorporou a acción lumínica. Un deseño de luz que redondea e amplifica aínda máis ese sentido dramatúrxico relacionado coa vibración e pulsado pola coreografía e polo envolvente espazo sonoro, que xera a música de BabyKatze.

Comeza unha nova edición do festival Isto Ferve

ABRAZO720ppp©JuanCarlosToledo 2 1024x683 1

O Teatro Ensalle acolle pezas de Provisional Danza, Elena Córdoba, Cambaleo Teatro, celeste González e Colectivo Glovo.

Xornadas de danza en Lugo

Colectivo Glovo

21 de decembro (de 17 a 19 h.): Obradoiro do Colectivo Glovo. Na sala de danza e teatro da USC, para todos os públicos, cun máximo de 10 participantes. Reserva de praza no correo [email protected]

22 de decembro: mostra aberta “Fin de residencia artística de MAPA” do Colectivo Glovo. Patio do Vello Cárcere. Para todos os públicos e con reserva de praza no teléfono 982 29 7195 ou no correo [email protected]

Danza no Claustro celebra 10 anos bailando nos mosteiros ourensans

Programación Danza no Claustro

Os días 5, 6 e 7 de agosto celebrarase unha nova edición do Danza no Claustro, que este ano cumpre 10 anos. O festival organizado pola plataforma SóLODOS volverá levar a danza aos claustros dos mosteiros de Ourense.

‘Estancia paisaje’ estréase en Galicia

imaxe principal 2

Hoxe pode verse ás 21.00 horas  praza da Igrexa de Portomarín e mañá ás 20.00 horas na fachada do Mosteiro San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.

Nace o festival Abanea para encher de danza os veráns de Gondomar e Allariz

Festival Abanea danza

O festival Abanea está organizado por Marta Alonso Tejada, Manu Lago, Paula Quintas e Lilian Portela, entre outros, e se desenvolverá entre o 28 e o 31 de xullo cunha ampla programación.

Estas son as propostas seleccionadas no Galicia Escena PRO 2022

Galicia Escena PRO

O mercado galego das artes escénicas terá lugar do 6 ao 9 de xuño en Compostela e contará con espectáculos en vivo e presentacións en formato pitching.

A Agadic abre a convocatoria para tres coproducións de danza co Centro Coreográfico Galego

Festina Lente

Dispón para este fin dun orzamento máximo de 54.000 euros, establecéndose un límite de 18.000 euros por proxecto.

‘Atopémonos Bailando’ dá a coñecer aos artistas seleccionados entre 93 propostas de España e Portugal

Atopémonos Bailando 2022

O programa recibiu un total de 93 proxectos dos que 32 son de Galicia, 50 do resto do Estado e 11 de Portugal, o que confirma o éxito da proposta de consolidación e reactivación da danza e as artes do movemento.

ESCORA 2022 leva 6 compañías de danza á Costa da Morte no Día da Danza 2022

'Intempestiva'. Elahood Danza.

As actuacións de 6 compañías de danza galegas poderán verse durante a fin de semana do 22, 23 e 24 de abril en 6 concellos da Costa da Morte: Fisterra, Muxía, Laxe, Camariñas, Malpica de Bergantiños e A Laracha (Caión)

‘Intempestiva’, de Elahood, gaña o primeiro premio no Certamen Coreográfico de Madrid

Intempestiva, de Elahood

Ademais dese recoñecemento, que ía acompañado dunha dotación económica de 5.000 €, Elahood fíxose tamén co Premio da Crítica, cunha residencia no Centro Coreográfico de La Gomera, cunha residencia de creación e técnica en L’Estruch, Sabadell e cunha Residencia de Creación en Sacra Experience, en Chantada.

A Coruña énchese de danza coa quinta edición do Festival Quincegotas

Festival Quincegotas

A danza escapa dos seus escenarios habituais e instálase nas rúas e nas prazas da Coruña para se converter nun elemento máis nos espazos de convivencia cotiá da cidade un ano máis. O Festival Quincegotas leva a danza lonxe das butacas dos teatros e preto da veciñanza na súa quinta edición, na que agrupa algunhas das máis destacadas compañías de danza de Galicia e de fóra da comunidade.

Presentado o programa de ‘Propulsa Danza’

Colectivo Glovo

Ofrecerá unha trintena de actuacións de danza entre o 2 de xullo ao 29 de agosto en 27 espazos singulares de toda Galicia. Consulta o programa completo.