Nós

Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean ‘Semente de Nós’ en Ourense

Co gallo do centenario da publicación do Boletín Nós (1920-1936) o pasado ano, Sarabela Teatro e a produtora audiovisual Ollo Vivo presentan esta fin de semana Semente de Nós, un “docu-drama” co que indagar e celebrar a historia desta revista de enorme interese social e cultural. Este proxecto, que se poderá ver no Teatro Principal de Ourense o venres 29 e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado 30, “achega e espalla, desde unha perspectiva actual, unha parte representativa do legado inxente de Nós”, segundo as creadoras do mesmo. “Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos”, engaden. 

Sala Ártika de Vigo

O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo

O Centro Dramático Galego (CDG) participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo: Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.   Nononon é un novo espazo de creación e investigación […]

Incendiaria estrea en Cangas ‘Microspectivas dun marica millennial’

A compañía Incendiaria estrea este sábado 14 de marzo ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo o espectáculo Microspectivas dun marica millennial. Davide González protagoniza esta peza unipersoal creada en co-produción co Centro Dramático Galego que afonda na memoria desde a música ao vivo e as artes do movemento.   Microspectivas dun marica […]

Xerpo Cultural chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Casquería e outras vísceras’

Irene Moreira é a creadora e directora desta proposta, que lle propón ao público unha reflexión sobre a incapacidade social para detectar o talento e sobre a supervivencia das minorías   O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu […]

Os escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso, Premios de Honra da Mostra de Ribadavia

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de concederlles o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” aos escenógrafos Suso Montero e Carlos Alonso [na imaxe], nun ano en que o festival lle outorgará un especial protagonismo á escenografía. Suso Montero traballa tanto no ámbito das Artes Escénicas como no sector audiovisual ou no deseño […]

Oito novos proxectos de danza nas Residencias RPM

Seleccionáronse as propostas de Javier Martín, Cris Balboa, Ánxela Blanco, Marco Antonio Regueiro Fariña, Luz Prado, Gena Baamonde, Laura Iturralde con Montse Piñeiro, e Federico Vladimir Strate Pezdirc con Pablo Esbert Lilienfeld   A organización de Residencias Paraíso deu a coñecer onte os oito proxectos de danza que recibirán apoio económico e técnico na segunda […]

Oops! I did it again

Oops! Xa o fixen outra vez ou O erro compulsivo. | Laura Porto |     A sociedade posmoderna, ou hipermoderna, ou o que queira que sexamos a estas alturas (se é que acaso somos máis que un tránsito entre épocas que non terá nome nin lle importará a ninguén) caracterízase principalmente porque todo o […]

Resaca

Teatro líquido | Manuel Xestoso | | Foto: Aitor Uve |     En Perplexo, a penúltima montaxe de ilMaquinario, filtrábase o pensamento de Zygmunt Bauman como sustento da idea de que o individuo contemporáneo perdeu os vínculos que o vencellaban coa sociedade e coas súas orixes. Os conceptos emanados do capitalismo globalizador –mobilidade, emprendemento, flexibilidade– […]

Ganas de ouvear

A admiración e a sospeita | Manuel Xestoso |   Hai médicos que dubidan da existencia do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, pero hai poucas dúbidas de que o que ese longo nome define é un mal que atinxe a unha gran parte da poboación nas sociedades contemporáneas. A multiplicación de estímulos tecnolóxicos […]

O feo

O espello da alma | Manuel Xestoso |     Que a aparencia externa –iso que os anuncios por palabras chaman “boa presenza”– se converteu nunha obsesión na nosa sociedade é algo que non admite dúbida. Tanto que xa case ninguén se atreve a repetir aquilo de que a verdadeira fermosura reside no interior (ou […]

Historia de amor

Esa historia do amor | Roi Vidal Ponte |     Desde a invención da luz eléctrica a tecnoloxía formou parte dese todo que é o teatro. Desde a invención da roda. Teatrocinema bota man de elementos propios da tecnoloxía cinematográfica e o resultado é un espectáculo absorbente onde os efectos especiais (movementos de cámara […]