Nós

Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean ‘Semente de Nós’ en Ourense

Co gallo do centenario da publicación do Boletín Nós (1920-1936) o pasado ano, Sarabela Teatro e a produtora audiovisual Ollo Vivo presentan esta fin de semana Semente de Nós, un “docu-drama” co que indagar e celebrar a historia desta revista de enorme interese social e cultural. Este proxecto, que se poderá ver no Teatro Principal de Ourense o venres 29 e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado 30, “achega e espalla, desde unha perspectiva actual, unha parte representativa do legado inxente de Nós”, segundo as creadoras do mesmo. “Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos”, engaden. 

Escenas do cambio 2021

A sétima edición de Escenas do Cambio xa ten programación

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.

Thesaurus

A danza volve á escena co Festival de Primavera de TRC Danza, no Rosalía de Castro da Coruña

Despois dun peche histórico provocado polas medidas cautelares ante a pandemia da Covid-19 e no medio dunha situación sen precedentes o Teatro Rosalía de Castro, dentro do seu programa TRC Danza, reabre as súas portas á danza. O Festival de Primavera, os días 25, 26 e 27 de xuño, ofreceralle ao público a oportunidade de […]

Danza Alfaia

TrasPediante e a Universidade Vigo organizan un Día da Danza nas redes

A asociación de danza de Galicia trasPediante Cultura, organizadora do Festival corpo(a)terra, coordina un Día Internacional da Danza nas redes. | Foto: Angel Sousa |   O laboratorio de danza da Universidade de Vigo Doutras, que cumpre 10 anos, colabora coa Universidade Carlos III, o Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia, a Escola Danza […]

Espida

Mover os marcos do corpo | Ana Abad de Larriva |   Que é ser normal? Que escondemos cando dicimos que somos normais, que todo é normal? En moitas ocasións, agochamos o que suporía a nosa “anormalidade” social para adoptarmos comportamentos e accións repetitivas, compulsivas e frenéticas con que ocupamos as nosas rutinas, e que […]

O TRCDanza da Coruña afondará na relación entre xénero e corpos

TRCDanza, o programa do Teatro Rosalía de Castro da Coruña que afonda na visibilización e posta en valor das artes do movemento, comeza esta semana. Nesta ocasión, serán 14 os espectáculos que se representen, entre os que haberá propostas de gran e pequeno formato, iniciativas experimentais, así como figuras consolidas ou novas e novos creadores, […]